ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2007/10/31_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.375/3.2007-10-31_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/10/31_Ordinaria

  • Data(s) 2007-10-31 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día trinta e un de outubro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela e D. José Carlos Silva Mariño. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, escusando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.15522.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 24 de outubro de 2007. ------ Folla: 2.15523.- DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CETSSA SEGURIDAD, S.A. (NIF A- 27.032.671) • A constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de mil seiscentos oitenta e catro euros con sesenta e catro céntimos (1.684,64 €), para responder do servizo de seguridade e custodia na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/07/2003 con número de operación 200300054652, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CETSSA SEGURIDAD, S.A. (NIF A- 27.032.671) • A constituída en metálico, por importe de setenta euros con catro céntimos (70,04 €), para responder da revisión de prezos do contrato de servizo de seguridade e custodia na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/11/2006 con número de operación 200600099200, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TRANSGALAICA, S.L. (NIF B- 15.312.838). • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de dous mil euros (2.000,00 €), para responder dos servizos de asistencia técnico educativa dos campamentos no Centro de Vacacións de “A Lanzada”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/06/2006 con número de operación 200600058405, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CEPSA, S.A. (NIF A- 82.741.067). • A constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de cincocentos oitenta euros con corenta e seis céntimos (580,46 €), para responder do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e recollida selectiva de papel, vidro e bolsa amarela nas instalacións da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/06/2006 con número de operación 200600053314, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EXCAVACIONES EXPANO, S.A. (NIF A- 36.112.720) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de dous mil cento vinte euros (2.120,00 €), para responder do subministro de materiais do plan de inversións do ano 2007, lote 64; e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04/05/2007 con número de operación 200700036761, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSULTORES INFORMÁTICOS DE PONTEVEDRA, S.L. (NIF B- 36.100.337) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil setecentos oitenta e seis euros con corenta céntimos (1.786,40 €), para responder do subministro de equipos informáticos para o proxecto Cidade +, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 31/05/2006 con número de operación 200600049433, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TALLERES FONTIÑAS, S.L. (NIF B- 36.234.979) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cento noventa euros con corenta céntimos (1.190,40 €), para responder do subministro e colocación de 24 farois para a iluminación do parque e anexos do Castelo de Soutomaior, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 29/08/2005 con número de operación 200500082147, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. COVSA, CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (NIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de cinco mil catrocentos sesenta e sete euros con sete céntimos (5.467,07 €), para responder das obras na EP 8404 Piñeiro-Arcos (Cuntis), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/04/2003 con número de operación 200300027990, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. COVSA, CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (NIF A- 36.008.886). • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil cento trinta e seis euros (2.136,00 €), para responder das obras de Afirmado do ensanche na EP Samieira- Busto (Sanxenxo), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 06/03/2006 con número de operación 200600019818, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. COVSA, CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (NIF A- 36.008.886). • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 €), para responder das obras de Muros de contención e sostemento EP 8201 Moraña- Santa Xusta- Couso (Moraña), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/01/2006 con número de operación 200600001519, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (NIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de once mil oitenta e seis euros con oitenta céntimos (11.086,80 €), para responder do pavimentado de capa de rodaxe e substitución saneamento e abastecemento na rúa Urzaiz “dende Gran Vía ata Gregorio Espino” (Vigo) do plan de inversións 2006, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/07/2004 con número de operación 200400051628, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (NIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de once mil cincocentos setenta e cinco euros con oitenta e nove céntimos (11.575,89 €), para responder da humanización da rúa Velázquez Moreno “Treito Príncipe- Policarpo Sanz” (Vigo), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/09/2005 con número de operación 200500083286, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TOPOGRAY- TOPOGRAFÍA Y SERVICIOS, S.L. (NIF B- 36.028.215). • A constituída en valores, mediante aval de BANCO SABADELL, por importe de oitocentos once euros (811,00 €), para responder do proxecto de mellora E.P. Mosende- Morgadanes e ACC. A Chenlo (Gondomar), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 18/09/2002 con número de operación 200200075526, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TOPOGRAY- TOPOGRAFÍA Y SERVICIOS, S.L. (NIF B- 36.028.215) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO SABADELL ATLÁNTICO, por importe de mil cento noventa e nove euros con oitenta céntimos (1.199,80 €), para responder do levantamento topográfico na E.P. Callobre- Ponteledesma (A Estrada), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/09/2005 con número de operación 200500085721, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SETGA, S.L. (NIF B- 36.699.064) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO POPULAR, por importe de mil novecentos dezaoito euros con vinte e un céntimos (1.918,21 €), para responder das obras de instalación de columnas de iluminación no enlace E.P. 9305 Coirón- Ribadumia- Leiro coa estrada de alta capacidade do Salnés (Ribadumia), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 07/06/2006 con número de operación 200600052041, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO, S.L. (NIF B- 36.290.963) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de dous mil trescentos noventa e dous euros (2.392,00 €), para responder das obras de dotación de servizos, rotonda e beirarrúas en ponte Ribadumia, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 19/07/2005 con número de operación 200500070532, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. UTE OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO- CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. (NIF G- 36.419.174) • A constituída en valores, mediante aval de CAJA MADRID, por importe de dezaoito mil oitocentos vinte e tres euros con setenta céntimos (18.823,70 €), para responder das obras de dotación de servizos, rotonda e beirarrúas en ponte Ribadumia, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/09/2002 con número de operación 200200076523, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. UTE OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO- CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. (NIF G- 36.418.176) • A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de catro mil catrocentos catro euros con vinte e dous céntimos (4.404,22 €), para responder das obras de E.P. 7103 Cerdedo- Castro- Quireza (Cerdedo), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 02/09/2002 con número de operación 200200071742, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. UTE OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO- CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. (NIF G- 36.418.176) • A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de dez mil novecentos catorce euros con trinta e oito céntimos (10.914,38 €), para responder das obras de E.P. 9407 Goulla- Porranes (Barro), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 02/09/2002 con número de operación 200200071744, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. NAROM, S.L. (NIF B- 36.163.418) • A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de dous mil trescentos cincuenta e sete euros con sesenta e oito céntimos (2.357,68 €), para responder das obras de formación de ensanche e plataforma en Barreiro E.P. 4201 Vide- San Cipriano (As Neves), e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/01/2006 con número de operación 200600003640, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 3.15524.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA DA FACTURA EMITIDA POR CONTENUR ESPAÑA, S.L. A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial acordou, en sesión do día 7 de abril de 2006, adxudicar o subministro e instalación de áreas infantís na provincia de Pontevedra polos prezos unitarios por área infantil que a continuación se analizan: Área infantil tipo grande. 24.454,28 € Tipo mediano. 20.202,54 € Para nenos de ata 5 anos. 18.736,05 € Integración con nenos discapacitados. 47.823,80 € Practica deportiva para idades entre 8 e 16 anos. 28.207,41 € Así mesmo, tamén acordouse financiar o contrato en tres anualidades, 2006, 2007 e 2008, en relación coas seguintes cantidades 1.327.000 €, 2.526.000 € e 2.147.000 €, respectivamente. A empresa adxudicataria presenta no Rexistro da Deputación, con data de entrada 10 de outubro de 2007, a factura con referencia RI 7003087, de data 28 de setembro do ano en curso, por importe de 473.756,44 €, en concepto de subministro e instalación de diversas áreas de práctica deportiva, tipo grande e para nenos de ata 5 anos en varios concellos da provincia de Pontevedra. Resultando que a facturación total realizada por Contenur durante a presente anualidade excede da cantidade consignada para este ano, non se poderá proceder ó pagamento ó non existir crédito suficiente no ano 2007, podéndose recoñecer a obriga ó ter cumprido de forma satisfactoria e con antelación o estipulado no contrato, de conformidade co visto e prace da factura emitido polo Enxeñeiro director de Vías e Obras. Por todo o exposto, a teor da base 17.1 a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga da factura remitida pola empresa Contenur España, S.L. con referencia RI 7003087, e por importe de catrocentos setenta e tres mil cincocentos setenta e seis euros con corenta e catro céntimos, (473.576,44 €). O importe da factura cargarase, se é o caso, á partida 08/451.452.662.00 do próximo exercicio orzamentario. ------ Folla: 4.15525.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE RODEIRO, PARA A XUSTIFICACIÓN DE DIVERSAS OBRAS INCLUÍDAS NO PAM/06. Vista a solicitude de prórroga do Concello de Rodeiro, para xustificar diversas obras incluídas no PAM/06, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder dita prórroga ata o 30 de abril de 2008, con carácter improrrogable, das obras que a continuación se relacionan: OBRA Núm. PLAN SUBVENCIÓN Acondicionamento do CPI e do Centro de Saúde de Rodeiro, 1ª, 2ª e 3ª fase 92/679 PAM/06 16.000,00 Equipamento ximnasio municipal de Rodeiro, 1ª e 2ª fase 93/680 PAM/06 2.000,00 Acondicionamento dos campos de fútbol de Rodeiro e Río, 1ª e 2ª fase 94/674 PAM/06 6.000,00 Iluminación pública nos núcleos rurais do Concello 95/1033 PAM/06 14.000,00 Pavimentación vías públicas municipais en As Pobanzas, A Ermida, Lamazares, Carboentes, Río de Camba, Fafíán, Trasulfe, Vilameá (Camba), etc. 100/532 PAM/06 10.000,00 ------ Folla: 5.15526.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE TOMIÑO, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “INSTALACIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS EN TEBRA”, INCLUÍDA NO PAM/06. Vista a solicitude de prórroga do Concello de Tomiño, para xustificar a obra incluída no PAM/06, con núm. 108/677, denominada “Instalación de servizos públicos en Tebra”, subvencionada con 44.999,83 euros, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder dita prórroga ata o 30 de abril de 2008, con carácter improrrogable. ------ Folla: 6.15527.- COMUNICACIÓNS Queda enterada da comunicación do Enxeñeiro Xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento, de data 25/10/07 (nº Rex. entrada 35821, de 25/10/07), no que manifesta que remite Resolución da Excma. Sra. Ministra pola que se aproba o expediente de Información Pública e definitivamente o Estudo Informativo “Variante de trazado. Tramo: Porriño-Vigo (Pontevedra)”. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.15528.- APROBACIÓN DO PROXECTO “MELLORA DE TRAZADO E PAVIMENTO E.P. PONTE DO VAL-BARCIADAMERA (MODARIZ-COVELO)” (REMANENTES PPC 2007) Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o pasado día 3 dos correntes, polo que se adxudicaron as obras incluídas no Plan Provincial de Cooperación 2007, producíndose uns remanentes de 231.490,39 €, dos que se solicitou ó MAP a súa aplicación na obra “Mellora de trazado e pavimento E.P. Ponte do Val-Barciadamera (Mondaríz-Covelo) (remanentes PPC-2007). E, visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras relativo a dita obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de “Mellora de trazado e pavimento E.P. Ponte do Val-Barciadamera (Mondariz-Covelo)” (remanentes PPC 2007) por importe de 231.490,39 €, IVE incluído, con cargo á partida 07/911.511-611.09 do vixente orzamento provincial. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.15529.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DE “URBANIZACIÓN RÚA CONCEPCIÓN ARENAL EN A GUARDA” Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 15/07/2005, polo que se adxudicou a MOVEX VIAL, S.L. a obra “Urbanización rúa Concepción Arenal na Guarda” na suma de 401.184,00 €, IVE incluído. Visto o proxecto modificado de dita obra redactado polo Servizo de Vías e Obras como consecuencia de que iniciadas as obras se observou a necesidade de introducir diversas modificacións que afectan ós capítulos correspondentes ás redes de saneamento, abastecemento e alumado, e cuxo importe ascende, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, á suma de 476.606,58 €, supoñendo un incremento sobre o contrato primitivo de 75.422,58 €. E, visto o informe emitido por Intervención relativo á existencia de crédito dispoñible na partida 07/511.511-612.02 do vixente Orzamento Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto modificado de “Urbanización rúa Concepción Arenal en A Guarda”, por importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, de 476.606,58 €, supoñendo un incremento sobre o contrato primitivo de 75.422,58 €. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.15530.- RENUNCIA DA ASOC. CULTURAL LA BLANCA DE BORBÉN DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN RESPECTO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “OBRAS DE REHABILITACIÓN DA CASA CULTURAL” APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 1 DE XUÑO DE 2007 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 01/07/2007 unha subvención a favor da Asoc. Cultural La Blanca de Borbén do concello de Pazos de Borbén por un importe de 5.016,00 € para “Obras de rehabilitación da casa cultural” con cargo á partida 07/451.451.789.04, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 29/10/07, da citada Asociación renunciando á subvención por carecer de medios económicos suficientes para levar a cabo a obra solicitada, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.15531.- RENUNCIA DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CLUB DE LOITA CIDADE DE VIGO PARA “COMPRA DE COLCHONETAS E LONA” Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 8 de xuño de 2007 unha subvención a favor do Club de Loita Cidade de Vigo do concello de Vigo por un importe de 560,00 € para “Compra de colchonetas e lona” con cargo á partida 07/451.452.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 23 de outubro de 2007, do citado club renunciando á subvención concedida no seu día dado que non poden acreditar o gasto, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.15532.- CONSTITUCIÓN DE DEPÓSITOS OU GARANTÍAS ANTE A TESOURERÍA DA DEPUTACIÓN OU AS DOS OO.AA., NOS CASOS EN QUE A NORMATIVA PRECONSTITUCIONAL ESIXA A SÚA CONSTITUCIÓN ANTE A CAIXA XERAL DE DEPÓSITOS DA ADMINISTRACIÓN CENTRAL A Xunta de Goberno da Deputación, en virtude das facultades de asistencia ó Presidente no exercicio das súas atribucións de dirección e administración da provincia (artigos 35-2, a; e 34-1, a da LRBRL), e en relación coa constitución de depósitos ou garantías a favor de particulares pola Deputación ou os seus OO.AA., nas súas tesourerías respectivas, en lugar de facelo ante a Caixa Xeral de Depósitos; nos supostos nos que a normativa aplicable, por ser anterior a Constitución Española, sinale que se deben constituír na Caixa Xeral de Depósitos da Administración Central, e á vista do informe de Intervención de data 25 de outubro , acorda por unanimidade adoptar o seguinte acordo: Cando sexa necesaria a constitución (consignación) de depósitos ou garantías a favor de particulares no seno dos procedementos, coma o expropiatorio, nos que a normativa aplicable sexa anterior á Constitución Española e dispoña que se constituirán ante a Caixa Xeral de Depósitos, constituiranse ante a Tesourería da Deputación ou nas dos OO.AA. que corresponda. A operativa destes depósitos ou garantías axustaranse, no seu caso, ó previsto na normativa propia da Deputación e OO.AA. aplicándose con carácter supletorio a normativa que regula a Caixa Xeral de Depósitos da Administración Central. As cantidades que se depositen en efectivo ingresaranse nas contas restrinxidas que a tal efecto se abran pola Deputación e os seus OO.AA. Este acordo terá efectos dende a mesma data da súa aprobación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.15533.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 3.15453 DA XUNTA DE GOBERNO DE 10 DE OUTUBRO DE 2007 No acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 10 de outubro de 2007 relativo á devolución dunha garantía definitiva á empresa ÁRIDOS DE CURRO S.L.- (ARICUR) para responder do subministro de 4.300 m3 de material seleccionado de préstamo cargado en camión para traballos imprevistos a realizar polo Parque de Maquinaria, detectáronse uns erros tipográficos no número de operación, na data e na entidade bancaria garante do aval. Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 de 13 de xaneiro, permite ás administracións públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 10 de outubro de 2007 relativo á devolución da garantía definitiva constituída pola empresa ÁRIDOS DE CURRO- ARICUR, S.L. para responder do contrato para o subministro de 4.300 m3 de material seleccionado de préstamo cargado en camión para traballos imprevistos para realizar polo Parque de Maquinaria no sentido seguinte: Onde di: “ÁRIDOS DE CURRO- ARICUR, S.L. (C.I.F. B- 36.010.205) - A constituída en valores, mediante aval de BANCO POPULAR, por importe de mil cento oitenta e seis euros con oitenta céntimos (1.186,80 €), para responder do subministro de 4.300 m3 de material seleccionado de préstamo, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/07/2005 co número de operación 200500070968, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa.” Debe dicir: “ÁRIDOS DE CURRO- ARICUR, S.L. (C.I.F. B- 36.010.205) - A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cento oitenta e seis euros con oitenta céntimos (1.186,80 €), para responder do subministro de 4.300 m3 de material seleccionado de préstamo, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/08/2006 co número de operación 200600070411, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa.” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.15534.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 16.15270 DA XUNTA DE GOBERNO DE 18 DE XULLO DE 2007 Advertido erro no acordo nº 16.15270 adoptado na Xunta de Goberno de 18 de xullo de 2007 relativo á “Concesión de subvencións a asociacións culturais para adquisición de instrumentos e vestiario (Programa A/07)”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade facer a seguinte corrección: - No concello de A Illa de Arousa, figura a subvención concedida á Asoc. Cultural Dorna, con CIF: G-36031292, onde di, por erro, “adquisición de vestiario”, debe dicir “adquisición de instrumentos”, deixando subsistente o acordo en todo o demais. ------ Folla: 14.15535.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición