Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2008-04-30_Ordinaria. Acta de sesión 2008/04/30_Ordinaria
Acta de sesión 2008/04/30_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.376/2.2008-04-30_Ordinaria
Título Acta de sesión 2008/04/30_Ordinaria
Data(s) 2008-04-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e cinco minutos do día trinta de abril do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela e D. José Carlos Silva Mariño. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. Julio Alén Montes e D. Jesús Vázquez Almuíña. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.16103.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO “PROGRAMA CONTACTO COA NATUREZA”, ANO 2008 (1º GRUPO) Aprobadas pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 27/02/08, as Bases Reguladoras do Programa Contacto coa Natureza 2008, dirixido ós alumnos de 1º de bacharelato dos Centros Públicos da nosa Provincia, consistindo en pasar 5 días en hospedaxe rural, en pleno contacto coa natureza practicando deportes de aire libre, facendo excursións, xogos de orientación, sendeirismo, á vista do informe de fiscalización emitido polo Sr. Interventor o 28/04/08, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de subvencións do Programa “Contacto coa Natureza 2008” (1º grupo), por un importe de 5.625,00 € para un total de 75 participantes, segundo o cadro adxunto. 1º LISTADO DE SAÍDAS “CONTACTO COA NATUREZA” 2008 Día de Saída Colexio Concello Adhesión nº alumnos Euros 5 ó 9 de maio IES MENDIÑO REDONDELA NO 41 3.075 5 ó 9 de maio IES PINTOR COLMEIRO SILLEDA SI 18 1.350 * Sen determinar IES GARCÍA BARROS ESTRADA, A NO 16 1.200 TOTAIS 75 Alumnos 5.625 Euros ------ Folla: 2.16104.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E CRUZ VERMELLA PONTEVEDRA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA DE RESPIRO E ANIMACIÓN HOSPITALARIA 2008 A Deputación de Pontevedra consciente do proceso desintegrador que sofren os nenos/as e mozos hospitalizados por mor das súas enfermidades, pretende subscribir un Convenio de colaboración con Cruz Vermella, Oficina Provincial de Pontevedra, para a posta en marcha do “Programa de respiro e animación hospitalaria, 2008” cunha dotación orzamentaria provincial de 18.000,00 €, para o desenvolvemento de actividades de tempo libre dirixidas a eses nenos/as e mozos, e para o servizo de respiro familiar dirixido ós familiares que os acompañan, polo que á vista dos informes de 02/03/08 e 11/04/08 emitidos polo Sr. Secretario Xeral e polo Sr. Interventor, respectivamente, e con arranxo o ditame favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e Cruz Vermella, Oficina Provincial de Pontevedra, para a posta en marcha do “Programa de respiro e animación hospitalaria, 2008”, cunha dotación orzamentaria de 18.000,00 €, con cargo á partida 08/313.413.480.02. Dito Convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA OFICINA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA POÑER EN MARCHA O PROXECTO DE RESPIRO E ANIMACIÓN HOSPITALARIA ANO 2008 No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra o -------------------------, reunidos D. Rafael Louzán Abal, en calidade de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude do art. 34.1 b da Lei 7/85 de 2 abril, e D. Jorge Araujo Cortegoso, como Presidente Provincial de Cruz Vermella, Oficina Provincial de Pontevedra, con CIF: Q-2866001-G. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribiren o convenio de colaboración, polo que, MANIFESTAN As institucións asinantes do presente convenio, pretenden favorecer o desenvolvemento integral e as relacións persoais do neno e do seu contorno, cando este sofre enfermidades de media ou longa duración hospitalizado, xa que estiman que para calquera menor o feito de permanecer ingresado nun hospital, aínda que por pouco tempo, é un proceso desintegrador, provocando cambios na súa vida cotiá: abandono da casa, escola, contactos reducidos coa familia e os amigos, exceso de protección ... a isto hai que engadir que, debido a súa situación de malestar e ó ambiente do centro, el ou a paciente pode tender ó illamento. Por iso consideran necesario a posta en marcha dun programa de respiro e de animación hospitalaria con nenos e mozas orientado por unha banda a complementar os servizos que ofrecen os centros sanitarios, a transformar o tempo libre e desocupado dos menores nun tempo creativo, potenciar as actitudes de relación e creativas, e doutra banda establécese o servizo de respiro dirixido ós pais, nais ou coidadores destes nenos e mozas de tal forma que as familias poidan atender os seus asuntos persoais sen preocuparse de que o menor quede sen compañía. A animación hospitalaria consiste na realización de actividades lúdicas cos nenos e mozas ingresados no Hospital Provincial de Pontevedra. Asumindo as competencias previstas nos artigos 36 da Lei 7/85 de Bases de Réxime local, e 22 da Lei 4/93 dos Servizos Sociais da Comunidade Autónoma Galega e ó amparo do Real Decreto 415/96, de 1 de marzo, coas modificacións introducidas neste polo R.d. 2219/96, de 11 de outubro, sobre o ordenamento da Cruz Vermella Española, e en cumprimento da Recomendación R (85) de 9 a 21 de xuño, do Consello de Ministros do Consello de Europa, sobre o traballo voluntario en actividades sociais, as partes asinantes consideran que Cruz Vermella Española - Oficina Provincial de Pontevedra, é unha entidade idónea para contribuír ó desenvolvemento da política social e asistencial da proposta do presente Convenio. En base ás anteriores consideracións as dúas partes acordan establecer o presente convenio, coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto.- As institucións asinantes, Deputación Provincial de Pontevedra e Cruz Vermella Española - Oficina Provincial de Pontevedra, levarán a cabo de mutuo acordo o contido das prestacións especificadas no programa de Respiro e de Animación Hospitalaria, obxecto deste convenio. Obxectivo xeral: - Complementar os servizos que ofrece o hospital incidindo principalmente nas relacións persoais e no desenvolvemento integral. Obxectivos específicos: - Paliar a ruptura co medio social que padece o/a menor durante o seu ingreso, facilitando a estancia do/a neno/a no centro hospitalario. - Desenvolver no hospital un clima rico en relacións humanas entre os/as pacientes evitando situacións de illamento e soidade do/a neno/a. - Asegurar unha oferta plural de actividades lúdicas: xogos, actividades manuais, cancións, conta-contos. - Desenvolver a creatividade e sensibilidade no/a neno/a sobre temas e actividades realizadas nun espazo lúdico e educativo. - Ofrecernos como un recurso estable de apoio ás familias con menores hospitalizados. Accións: As accións principais que se levarán a cabo dende o programa consistirán en: - Ludotecas e aula de xogos. Con actividades de animación, de expresión, psicomotricidade, xogos, talleres, festas, préstamo de xoguetes, animación á lectura e conta-contos, visualización de películas, apoio escolar... - En habitación: acompañamento en habitación, actividades de lecer e tempo libre en habitación, servizo de biblioteca, préstamos de xogos, xoguetes, etc,... apoio escolar, servizo de soporte e respiro a familias e acompañantes. As actividades terán sempre unha mesma estrutura, que se poderá variar en función das demandas dos usuarios/as e das avaliacións; agora ben os contidos de devanditas actividades si variarán ó longo das semanas. O desenvolvemento das actividades farase tanto de forma individual coma en grupo. Isto é, sempre que sexa posible involucrará a amigos, familiares, do neno ou nena na dinámica. Formación: ó comezo da tempada realizarase un curso para voluntariado no que se impartirán os fundamentos básicos do programa, intervención no hospital, técnicas de animación e manexo de grupos, planificación de actividades e características da etapa infantil. Ó longo do ano realizaranse monográficos de reciclaxe sobre a temática do programa. Recursos Humanos: 1) Técnico. Monitor de lecer e tempo libre, 20 horas semanais. Funcións: - Captación de voluntarios/as. - Seguimento das diferentes fases e avaliación do proxecto. - Organización da formación e actividades. - Facilitar e desenvolver o programa e o ambiente de grupo de traballo entre o equipo de monitores. 2) Equipo de 8 monitores voluntarios e voluntarias de Cruz Vermella Xuventude formados nas áreas de lecer e de tempo libre e vinculados directamente a este programa. Funcións: - Participar na formación, información, programación, intervención, seguimento e avaliación. - Participar e colaborar na programación das actividades. - Traballo en equipo e coordinado co responsable e mais o hospital. Recursos materiais: O programa conta coa infraestrutura de Cruz Vermella Pontevedra, e inclúe: - Aulas para formación e reunións. - Almacén para o material. - Oficina dotada de material diverso, como un ordenador con impresora, máquina de escribir, teléfono... - Material bibliográfico. - Material de papelería. - Material lúdico... - Tamén é necesaria a utilización de diverso material funxible para os talleres de manualidades. Na memoria xustificativa (anexo I) descríbense as respectivas constitucións e competencias de cada unha de devanditas institucións, así como a xustificación, os obxectivos para cubrir, as achegas materiais e en recursos humanos dos fins propostos e a avaliación. SEGUNDA. Destinatarios.- O perfil dos destinatarios deste proxecto serían: Nenos, nenas e mozos de ata 18 anos de idade con enfermidades de media e longa duración hospitalizados ou en situación de convalecencia domiciliaria. Os menores poden estar situados na planta de pediatría ou noutra zona do hospital. As patoloxías que poden sufrir estes nenos e nenas poden ser de diversa índole: óseas, musculares, intestinais, respiratorias, renais, politraumatismos, etc. TERCEIRA. Duración.- O presente convenio entrará en vigor na data en que sexa asinado e finalizará o 31 de decembro de 2008, podendo prorrogarse expresamente sempre que se acorde con dous meses de antelación. A duración total do convenio, incluídas as prórrogas, non poderá exceder de catro anos. CUARTA. Financiamento.- A achega económica por parte da Deputación Provincial de Pontevedra para a realización do presente convenio será como máximo de 18.000,00 € consignados na partida 08/313.413.480.02. A devandita contía aboarase nun único pago, unha vez xustificados os gastos, ata acadar o total da mesma a través das correspondentes facturas, nóminas ou outros documentos válidos legalmente a tal fin, xunto coa presentación da memoria final das actividades desenvolvidas ou servizos prestados. As obrigas e accións asumidas no devandito convenio deberán ser xustificadas ata o 15 de decembro de 2008. QUINTA. Participación de Cruz Vermella.- A achega da Cruz Vermella Española - Oficina Provincial de Pontevedra, concrétase nas actividades previstas no programa, captación e emprego de recursos voluntarios, selección e contratación de persoal e xestión do programa. Ademais proporciónaselles un seguro de cobertura de accidentes e de responsabilidade civil ós voluntarios durante o desempeño da actividade. Os menores ingresados no hospital contarán co seguro habitual do complexo hospitalario. Durante o transcurso do programa Cruz Vermella non manexará datos persoais dos menores ingresados, agás os meramente identificativos a nivel estatístico como son o número de nenos atendidos, franxa de idade e sexo. SEXTA. Comisión de seguimento. Acórdase a creación dunha Comisión de Seguimento Técnico - formada por representantes de ambas institucións - consistindo as súas funcións no seguimento técnico das actuacións e avaliación do proceso e a finalización do programa. Esta comisión estará formada por parte da Deputación por un representante do Servizo de Acción Social, actuando como secretario o titular desta ou persoa en quen delegue, e por parte de Cruz Vermella, pola secretaria provincial ou a persoa en quen delegue, e o técnico do programa de Cruz Vermella, e mais por un responsable do Hospital que actúe como enlace entre este e a coordinación do proxecto. As reunións da comisión de seguimento serán bimensuais ou antes se os membros que a forman o consideran necesario. Para a correcta marcha do programa é imprescindible que o Hospital designe a un responsable que actúe como enlace entre a coordinación do proxecto e o Hospital, e que terá que participar nas reunións. SÉTIMA. Ámbito de aplicación.- O ámbito de aplicación do presente convenio é o Hospital Provincial de Pontevedra, desenvolvéndose a través da asemblea comarcal de Cruz Vermella Española en Pontevedra. OITAVA. Publicidade.- Cruz Vermella Española comprométese a facer constar a colaboración da Deputación Provincial, área de Servizos Sociais, en toda a publicidade que elabore sobre o programa. A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA resérvase o dereito de publicar os resultados, parciais ou finais, obtidos durante a execución do Convenio. Estando as partes conformes co sentido deste documento, asínano no pazo da Deputación Provincial na data do encabezado. O PRESIDENTE DA EXCMA. DEPUTACIÓN O PRESIDENTE DE CRUZ VERMELLA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA ESPAÑOLA DE PONTEVEDRA Asdo.: Rafael Louzán Abal Asdo.: D. Jorge Araujo Cortegoso” ------ Folla: 3.16105.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VIGO PARA A UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DA CASA DE ACOLLIDA E PISO TUTELADO PARA MULLERES MALTRATADAS, ANO 2008 A Deputación de Pontevedra consciente do incremento dos casos de violencia de xénero e a grave problemática das mulleres maltratadas, pretende subscribir un Convenio de colaboración co Concello de Vigo, para mantemento e utilización dos servizos da Casa de Acollida e Piso Tutelado para este colectivo de mulleres; polo que á vista dos informes do 07/02/08 e 07/03/08 emitidos polo Sr. Secretario Xeral e o Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo para mantemento e utilización dos servizos da Casa de Acollida e Piso Tutelado para Mulleres Maltratadas, cunha dotación orzamentaria de 107.752,68 €, con cargo á partida 08/313.313.480.02 do vixente orzamento provincial. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O EXCMO. CONCELLO DE VIGO PARA A UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DA CASA DE ACOLLIDA E PISO TUTELADO PARA MULLERES MALTRATADAS ANO 2008 No Concello de Vigo reúnese o día , pola Excma. Deputación, Dna. Mª Corina Porro Martínez, en calidade de Vicepresidenta, e D. Santiago Domínguez Olveira en calidade de Tenente de Alcalde do Excmo. Concello de Vigo, con código de identificación fiscal P-3605700-H, coa representación que ostenta de conformidade coa lexislación vixente. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribir o convenio de colaboración de acordo cos seguintes ANTECEDENTES As institucións asinantes do presente convenio ante a grave problemática que sofren as mulleres maltratadas consideran de suma importancia a utilización de recursos que contribúan a facer fronte a ditas situacións, polo que, asumindo as competencias previstas nos artigos 21 e 36 da Lei 7/ 85 de Bases de Réxime Local, nos artigos 15, 21 e 22 da Lei 4/93 de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia e consonte co disposto na Orde do 1 de abril de 1997 da Consellería de Familia, Muller e Xuventude pola que se regulan os requisitos específicos que deberán reunir os centros de acollida para mulleres vítimas de malos tratos e co “Regulamento interno da Casa de Acollida e do Piso Tutelado” e no “Prego de prescricións técnicas” que rexen a prestación do servizo da mesma, acordan establecer o presente CONVENIO, coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- Obxecto.- A Deputación de Pontevedra mediante a sinatura do presente Convenio, establece apoio económico para o mantemento do servizo especializado da Casa de Acollida, e o Piso Tutelado, para a atención das mulleres maltratadas, a dos seus fillos e persoas dependentes, en situación de emerxencia, que reúnan os requisitos esixidos, para o ingreso nestes centros. Asemade, establecerase a reserva de 10 prazas para as usuarias dos distintos Concellos da Provincia. SEGUNDA.- Ámbito de actuación.- O ámbito de actuación do presente convenio comprende a totalidade da Provincia de Pontevedra. TERCEIRA.- Ingresos na Casa de Acollida ou Piso Tutelado, estadías e baixas.- Poderán ingresar na Casa de Acollida de Vigo, as mulleres maltratadas física e psicoloxicamente, maiores de idade, con ou sen fillos que sexan capaces de valerse por si mesmas e que presenten a correspondente denuncia contra o seu agresor, tal como ven recollida na normativa da Consellería de Familia Muller e Xuventude, e no regulamento de funcionamento da Casa de Acollida, publicado no BOP do día 27 de setembro de 1999. Non poderán ingresar: - As mulleres con problemáticas de carácter psiquiátrico grave. - As mulleres que presenten algún tipo de adicción: alcohol, drogas, etc... - As mulleres que padezan enfermidade infecto-contaxiosa. Para o ingreso na Casa de Acollida esixirase a cada usuaria a sinatura do compromiso e aceptación do Regulamento interno desta. A permanencia no centro disporase inicialmente por tres meses podendo prorrogarse a mesma de acordo á lexislación vixente. Para ingresar no Piso Tutelado darase prioridade ás usuarias da Casa de Acollida xa que supón a última fase de atención ás mulleres maltratadas antes da súa inserción socio e/ou laboral, sendo o procedemento administrativo o mesmo co da Casa de Acollida. Tanto o Concello solicitante como o de Vigo e a Deputación comprometeranse a velar pola confidencialidade das informacións que afecten á vida das mulleres e a súa prole. Para os ingresos, establécense dous tipos de procedementos: a) procedemento ordinario: O ingreso ordinario na Casa de Acollida solicitarase á Deputación mediante escrito do alcalde ou alcaldesa solicitante acompañado do informe da traballadora social do Concello. A Deputación, oído o Concello de Vigo, disporá o ingreso con cargo ó convenio, comunicándollo ó Concello solicitante e ó de Vigo. Este notificará á Deputación a data do ingreso. b) procedemento de urxencia: No caso de ingreso de urxencia poderá procederse mediante solicitude razoada, verbal ou escrita, dos Servizos Sociais de Atención Primaria do Concello solicitante ó Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller (CMIDM) de Vigo e fora do seu horario de atención, á dirección da casa de acollida. Aquel dará conta inmediatamente deste feito á Deputación seguíndose a partir deste momento o procedemento recollido no apartado anterior. No suposto, de que por causas excepcionais, fose denegada algunha solicitude de ingreso na Casa de Acollida, o Concello de Vigo deberá informar por escrito a Deputación, das causas que motivaron a denegación. O Concello de Vigo arbitrará un teléfono de urxencia que atenderá a demanda da Casa de Acollida fora do horario do Centro Municipal de Información dos dereitos da muller. (CMIDM). Calquera ingreso será provisional durante quince días, en tanto o equipo técnico e a dirección do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller, estuden a conveniencia do mesmo e, se é o caso, condicións de estadía. En calquera caso, durante a permanencia das persoas acollidas no centro, e ata o momento no que se produzan as súas baixas no mesmo, a intervención farase coordinadamente entre os equipos técnicos da Casa de Acollida e o Concello demandante da axuda. O Concello de Vigo comunicará a baixa a Deputación. CUARTA.- Vixencia.- O presente Convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2008 rematando o 31 de decembro do mesmo ano, podendo prorrogarse expresamente polas partes un ano máis e comunicando cun mínimo dun mes de antelación. QUINTA.- Financiamento.- A achega económica por parte da Deputación para a Casa de Acollida e Piso Tutelado será ata 107.752,68 euros o ano que se consignarán na partida 08/313.313.480.02. Dita achega estará baseada nos seguintes criterios: 1ª.- Para axuda de mantemento de gastos da Casa de Acollida Municipal, a Deputación achegará a cantidade de 60.667,68 euros ó ano. 2ª.- Polo servizo da Casa de Acollida e Piso Tutelado a disposición dos Concellos da provincia, unha reserva de 10 prazas (estean ou non ocupadas), fixando a cantidade de 12,90 euros praza/365 días, que ascende a un total de 47.085,00 €. A contribución ós gastos do centro será compatible con outras axudas públicas ou privadas, se o importe das mesmas non excede os custos anuais da actividade. SEXTA.- Compromiso do Concello de Vigo.- A achega económica da Deputación ó Concello de Vigo garantirá o funcionamento permanente do servizo e atención a todos os concellos da provincia. O Concello de Vigo proporcionará os Concellos da provincia un teléfono de urxencia que funcione as 24 horas do día, atendido por persoal especializado, asegurando unha información precisa sobre o recurso da Casa de Acollida, fora do horario do CMIDM e atención as demandas. As mulleres que ingresen na Casa de Acollida, procedentes dos concellos da provincia beneficiaranse dos servizos e recursos que o Concello de Vigo pon a disposición das mulleres vítimas de violencia de xénero, co obxecto de proporcionarlles unha atención integral, entre outras: servizo de atención domiciliaria a infancia, un diñeiro de peto as mulleres que se atopan nunha situación económica precaria durante a súa estancia na casa, bolsas de axuda económica á saída da muller da Casa de Acollida, favorecer a inserción das mulleres no mercado laboral, etc. Asemade o Concello de Vigo comprometerase a remitir a Deputación, unha memoria anual sobre o servizo da Casa de Acollida. Por último o Concello de Vigo, comprométese a acreditar no expediente o cumprimento dos requisitos esixidos no artigo 14 da Lei 38/03, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. SÉTIMA.- Pagamento.- O pago destas cantidades polos conceptos expresados faranse efectivos en dous prazos con cargo a partida orzamentaria 08/313.313.480.02 do orzamento provincial vixente, logo da petición presentada polo Concello. No primeiro trimestre do ano, farase efectiva a achega correspondente a axuda para gastos de mantemento da Casa de Acollida, e ó primeiro prazo correspondente a seis meses das prazas reservadas pola Deputación. Para facer efectivo o pago, o Concello xunto ca petición, deberá remitir informe sobre a evolución do servizo de reserva de prazas e do orzamento previsto da Casa de Acollida, para o exercicio en curso. O segundo pago do custo das prazas reservadas, poderase solicitar unha vez transcorrido o primeiro semestre do ano, remitindo igualmente a Deputación un informe sobre a evolución das prazas reservadas. OITAVA.- Participación de Concellos.- Os Concellos interesados en que poidan ingresar mulleres na Casa de Acollida deberán adherirse a este Convenio dirixindo un escrito ó Presidente da Deputación no que tamén fagan constar o seu apoio económico a aquelas familias que carezan de recursos, e así o fagan constar no informe social as/os Traballadores Sociais dos concellos, a fin de cubrir tanto os seus gastos de desprazamento ó Centro como os derivados da adquisición de artigos de primeira necesidade. NOVENA.- Comisión de Seguimento.- Acórdase a creación dunha Comisión de Seguimento consistindo as súas funcións na análise e control da demanda, seguimento técnico das actuacións e adopción de pequenas medidas que poidan repercutir no desenvolvemento cotiá do centro. Dita Comisión estará integrada por: Pola Deputación: Presidenta da Comisión Informativa da Muller, un funcionario técnico do Servizo de Acción Social e por unha traballadora social. Polo Concello de Vigo: Concelleira de Igualdade, a Técnica da Oficina da Muller, e a Traballadora Social do Servizo de Orientación da Muller. A devandita Comisión de Seguimento designará o seu presidente. As reunións de dita Comisión manteranse como mínimo semestralmente ou coa periodicidade que fixen os seus membros, sendo o Concello o responsable da convocatoria. DÉCIMA.- Publicidade.- A Deputación encargarase de difundir entre os concellos da provincia os termos deste Convenio e principalmente entre as Traballadoras Sociais de Atención Primaria, como profesionais que canalizan e tramitan a demanda de ingreso. O Concello de Vigo comprométese a facer constar a colaboración da Deputación Provincial, Área de Servizos Sociais, en toda a publicidade que elabora da Casa de Acollida. UNDÉCIMA.- Dereito supletorio.- O presente Convenio estará suxeito á Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e demais dereito supletorio que sexa aplicable. Estando as partes conformes co senso deste documento, asinado no Pazo da Excma. Deputación na data do encabezado da que como secretario dou fe. A VICEPRESIDENTA DA EXCMA. O TENIENTE DE ALCALDE DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE DO CONCELLO DE VIGO PONTEVEDRA Asdo.- Mª Corina Porro Martínez Asdo.- Santiago Domínguez Olveira” ------ Folla: 4.16106.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN DA AXUDA CONCEDIDA A COAFOR SCG POLA XUNTA DE GOBERNO DO 9/03/07 E PRÓRROGA PARA A SÚA XUSTIFICACIÓN Dada conta da comunicación (núm. de rexistro 12465/08) do 31/03/2008 asinada por D. Ricardo Villaverde Iglesias, en calidade de presidente de COAFOR SCG, CIF núm. F36173599 e domicilio social na rúa Regueira, 47, CP 36550 do Concello de Forcarei, na que solicita o cambio de aplicación da axuda que se lle concedeu pola Xunta de Goberno do 09/03/2007, por importe de 10.000,00 €, para adquirir mobiliario de oficina e a prórroga para a súa xustificación. Vistos os informes do enxeñeiro director do Servizo Agrario, do 08/04/2008, e da Intervención, do 24/04/2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o cambio de aplicación da axuda concedida pola Xunta de Goberno do 09/03/2007 á cooperativa COAFOR SCG, CIF núm. F36173599, de maneira que a nova finalidade da axuda sexa a compra de mobiliario de oficina, adquisición de equipos informáticos e o arranxo da entrada e instalación dun portal. 2.- Conceder unha prórroga para xustificar a axuda segundo a nova finalidade ata o 30/06/2008, segundo o disposto no art. 49 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común. ------ Folla: 5.16107.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº2 RELATIVA Á OBRA DE “TERMINACIÓN E.P.9407 GOULLA-PORRÁNS (MEIS-BARRO-PORTAS) Vista a certificación núm.2 relativa á obra “Terminación E.P. 9407 Goulla – Porráns (Meis – Barro – Portas)”, adxudicada no seu día á Empresa CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención, de data 17 dos correntes e así mesmo, de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2006, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (C.I.F. A-36.008.886) 08/511.511-612.02 (Deputación) 169.560,03 € SUBTOTAL 169.560.03€ Taxa técnicos directores 4.913,36 € Control de calidade 2.456,68 € Seguridade e saúde 884,40 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 161.305,59 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulamento ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 6.16108.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº2 DA OBRA DO “PROXECTO MODIFICADO DE URBANIZACIÓN RÚA CONCEPCIÓN ARENAL (A GUARDA)” Vista a certificación núm.2 relativa á obra do “Proxecto modificado de urbanización Rúa Concepción Arenal (A Guarda)”, adxudicada no seu día á Empresa MOVEX VIAL, S.L., e visto o informe do Servizo de Intervención, de data 17 dos correntes e así mesmo, de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: MOVEX VIAL, S.L. (C.I.F. B-36.684.157) 08/511.511-612.02.2006 08/511.511-612.02.2007 (Deputación) 179.699,88 € Taxa técnicos directores (4% PEM) 6.311,74 € Control de calidade (1,50% PEM) 2.366,90 € Seguridade e saúde (0,5% PEM) 788,97 € TOTAL DESCONTOS (Certf.2) 9.467,61 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 170.232,27 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulamento ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 7.16109.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº13 DA OBRA “CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN (PONTEVEDRA) Vista a certificación núm.13 relativa á obra do “Campo de Fútbol de Pasarón (Pontevedra)”, adxudicada no seu día á Empresa ORECO, S.A., e visto o informe do Servizo de Intervención, de data 15 dos correntes onde sinala que se detectaron erros nas retencións practicadas en anteriores certificacións en concepto de dirección de obra, control de calidade e coordinación de seguridade e saúde, procede deducir da presente certificación a cantidade de 15.325,23 €, resultante de restar á cantidade non retida en concepto de coordinación de seguridade e saúde (26.130,63 €) a cantidade retida en excedo en concepto de dirección de obra e control de calidade (10.805,40 €). Polo que, visto o informe de intervención, o importe que corresponde aboar ascende a 818.665,47 €. De conformidade coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: ORECO, S.A. (C.I.F. A-36.614.691) 08/451.452.662.02.2006 (Deputación) 876.668,27 € SUBTOTAL 876.668,27 € Taxa técnicos directores (4% PEM) 25.403,31 € Control de calidade (2% PEM) 12.701,66 € Seguridade e saúde (0,72% PEM) 4.572,60 € TOTAL DESCONTOS (Certf.13) 42.677,57 € TOTAL NETO CERTIFICACIÓN 13 833.990,70 € RECTIFICACIÓN RETENCIÓNS -15.325,23 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 818.665,47 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulamento ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 8.16110.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 14 DA OBRA “CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN (PONTEVEDRA) Vista a certificación núm.14 relativa á obra do “Campo de Fútbol de Pasarón (Pontevedra)”, adxudicada no seu día á Empresa ORECO, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención, de data 15 de abril de 2008, e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: ORECO, S.A. (C.I.F. A-36.614.691) 08/451.452.662.02.2006 (Deputación) 402.783,83 € SUBTOTAL 402.783,83 € Taxa técnicos directores (4% PEM) 11.671,51 € Control de calidade (2% PEM) 5.835,76 € Seguridade e saúde (0,72% PEM) 2.100,87 € TOTAL DESCONTOS (Certf.14) 19.608,14 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 383.175,69 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulamento ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 9.16111.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (CIF B- 36.239.945) A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de cinco mil setecentos sesenta euros (5.760,00 €), para responder das “Obras de E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño, travesía de Lores (Meaño)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 29/09/2004 co número de operación 200400066574, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. (CIF B- 36.052.702) A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de oito mil cincocentos vinte e sete euros con setenta e sete céntimos (8.527,77 €), para responder das “Obras de E.P. 0407 Borela- Ponte Caldelas (Cotobade)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 8/01/2003 co número de operación 200300000005, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. (CIF B- 36.052.702) A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de mil trescentos doce euros con oitenta céntimos (1.312,80 €), para responder das “Obras de reposición de pontón E.P. 7104 Cerdedo- Santo Domingo (Cerdedo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 8/09/2006 co número de operación 200600077039, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. (CIF B- 36.052.702) A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de mil novecentos vinte e oito euros (1.928,00 €), para responder das “Obras de ensanche ramal convento Acibeiro (Forcarei)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 29/08/2005 co número de operación 200500082142, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de dous mil trescentos oitenta e seis euros con noventa e dous céntimos (2.386,92 €), para responder das “Obras de drenaxe transversal de varias seccións E.P. 6103 Vidueiros- Amedo (Dozón)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 8/09/2006 co número de operación 200600077043, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de mil catrocentos oitenta e tres euros con vinte céntimos (1.483,20 €), para responder das “Obras de acceso a Forcarei (Forcarei)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/08/2006 co número de operación 200600069458, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) A constituída en valores, mediante aval de BANCO CAIXA GERAL, por importe de dous mil trescentos vinte euros con setenta e seis céntimos (2.320,76 €), para responder das “Obras de terminación C.P. 0002 Pontevedra- Tomeza- C-550 (Pontevedra)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/01/2007 co número de operación 200700004167, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) A constituída en valores, mediante aval de BANCO CAIXA GERAL, por importe de dous mil trescentos oitenta e sete euros con trinta e dous céntimos (2.387,32 €), para responder das “Obras de actuación de mellora na estrada PO-303 Samieira- Castrelo, tramo Simes- Alto de Dorrón (Meaño)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/01/2007 co número de operación 200700004166, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de mil cincocentos corenta e tres euros con trece céntimos (1.543,13 €), para responder das “Obras de pavimentación estrada PO- 303 Samieira- Castrelo, tramo P.K. 6+100 a 6+376 Simes (Meaño)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 25/01/2007 co número de operación 200700004460, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DAGO, S.A. (CIF A- 36.007.847) A constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de corenta e cinco mil noventa e dous euros (45.092,00 €), para responder das “Obras de E.P. 7204 Soutelo- Ratel (Forcarei)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 27/10/2005 co número de operación 200500098928, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (COVSA) (CIF A- 36.008.886) A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de sete mil seiscentos trinta e dous euros con vinte e catro céntimos (7.632,24 €), para responder das obras de EP 9703 Vilanova-Pontearnelas, variante Pontearnelas”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/10/2005 co número de operación 200500097517, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (C.O.V.S.A.) (CIF A- 36.008.886) A constituída en valores, mediante aval de HCC EUROPE, por importe de dous mil vinte e catro euros (2.024,00 €), para responder das obras de Reposición en EP 9305 Coirón- Ribadumia- Leiro (Ribadumia)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 1/12/2006 co número de operación 200600105341, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 10.16112.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE SANXENXO NO PAM/06-08, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº31/145 DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN DE VARIAS PISTAS NAS PARROQUIAS DE DORRÓN E VILALONGA” Dada conta da solicitude de aboo da certificación núm. catro/final do Concello de Sanxenxo, e á vista do informe de Intervención de data 16 de abril de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de cento oitenta e seis mil cincocentos dez euros con oito céntimos (186.510,08 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito Concello e declarar o aboo de dita cantidade, con cargo á partida 08/911.911.762.45, como pago da subvención concedida ó mesmo, para a obra denominada “Pavimentación de varias pistas nas parroquias de Dorrón e Vilalonga”, incluída no PAM/06-08. - Anular a Resolución Presidencial núm. de rexistro de saída 6384, de data 22/04/08. ------ Folla: 11.16113.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 24 de abril de 2008, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polo Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200800000430 e que conten setenta facturas, sendo a primeira de Distribuciones Froiz, S.A. por importe 9.408,16€ e derradeira de Betrigo, S.L., por importe de 608,80 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 97.517,71 € Descontos do IRPF 0 € Descontos do IVE soportado deducible 0 € Total líquido 97.517,71 € ------ Folla: 12.16114.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON CÉSAR OUTERELO GONZÁLEZ, EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DON ESTEBAN FERNÁNDEZ GARCÍA POR DANOS EN MOTOCICLETA PADECIDOS EN CAMIÑO (VIGO) Dada conta que con data de rexistro 27/02/08 (rex. núm. 007898) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. César Outerelo González, en nome e representación de D. ESTEBAN FERNANDEZ GARCIA con enderezo de notificacións en República Argentina, nº 20 – 5º, oficina 28, por danos padecidos o día 27/02/07, no Camiño da Raposa (Vigo) e que individualiza economicamente en 3.612,87 €. Resultando.- Que con data 28/2/08 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 3/3/08 co seguinte contido: 1.- La calle Camiño da Raposa no está incluida dentro de la red provincial de carreteras siendo una vía de titularidad municipal. 2.- El Servicio de Vías y Obras -a través del Parque Central de Maquinaria- tiene constancia de las obras de asfaltado en la citada calle ya que, en fecha 25 de enero de 2007, tiene entrada en el Registro General de la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra un escrito, remitido desde el Ayuntamiento de Vigo, solicitando la concesión de ayuda de maquinaria y material aglomerado para el acondicionamiento de diversas calles de la parroquia de Coia, entre las cuales se encuentra la de Camiño da Raposa. 3.- Tal y como pone de manifiesto el documento que se adjunta al presente informe del Ayuntamiento de Vigo se hacía responsable, entre otras cuestiones, de la señalización y seguridad durante la ejecución de los trabajos, limitándose la participación de la Diputación en dichas obras a la concesión de maquinaria y material –no de personal-, ayuda enmarcada dentro de los principios de lealtad institucional, cooperación y colaboración que rigen las relaciones entre Administraciones Públicas. 4.- A la vista de lo expuesto el técnico que suscribe concluye que ninguna responsabilidad cabe achacar a la Diputación Provincial de Pontevedra en este accidente al ser competencia municipal tanto el mantenimiento en perfecto estado de conservación de la calle en la que se produjo el accidente como la responsabilidad en la señalización y seguridad durante la ejecución de los trabajos.“ Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois do documento anexo, rexistro do Concello de Vigo, saída, núm. 1.161 dedúcese claramente que o Concello de Vigo facíase responsable da sinalización e seguridade dos traballos, nos que o único que fixo a Deputación foi colaborar no exercicio dunha competencia propia co antedito Concello, polo que nada se lle pode reclamar a administración provincial, debendo seguir a reclamación a vía da desestimación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 13.16115.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.16116.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº2 DE “AMPLIACIÓN E REHABILITACIÓN DO EDIFICIO SARMIENTO (MUSEO DE PONTEVEDRA)” Visto o acordo adoptado polo Pleno da Corporación Provincial, en sesión celebrada o día 03/11/2006, que prestou aprobación ó proxecto modificado de “Ampliación do Museo de Pontevedra e Rehabilitación do Edificio Sarmiento” por importe de 18.306.306,84 €, supoñendo un incremento sobre o proxecto primitivo de 3.050.901,08 €, resultando un orzamento de contrata, ó aplicar a baixa de adxudicación da obra inicial, de 2.577.706,32 €. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 17/11/2006, polo que se adxudicou a DRAGADOS, S.A., adxudicataria da obra inicial, a obra comprendida no proxecto modificado de “Ampliación do Museo de Pontevedra e Rehabilitación do Edificio Sarmiento” na suma de 2.577.706,32 €. Vista a Resolución Presidencial, de data 20/02/2008, pola que se autorizou a redacción do proxecto modificado nº 2 de “Ampliación e Rehabilitación do Museo de Pontevedra, como consecuencia de que pola Dirección de Obra se puxera de manifesto que durante a execución da obra realizáronse unha serie de adaptacións sobre as unidades definidas inicialmente no proxecto, motivadas pola optimización e racionalización de sistemas, que afectan ás instalacións do edificio (produción de enerxía para climatización, sistema de transporte en baixa tensión ata cadros de zona, modelos de luminarias, …), adaptacións de carpinterías e outros acabados, así como cambios na urbanización debido á unificación de pavimentos co Concello de Pontevedra. Visto o proxecto modificado nº 2 de “Ampliación e Rehabilitación do Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra”, redactado polos Arquitectos Directores da obra, cuxo importe ascende á suma de 18.306.306,84 €, que non supón incremento sobre o orzamento do proxecto modificado aprobado polo Pleno de 03/11/2006, e que foi supervisado polo Servizo de Arquitectura. E, visto o escrito de DRAGADOS, S.A. no que mostra a súa conformidade ó proxecto modificado nº 2, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado nº 2 de “Ampliación e Rehabilitación do Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra” por importe de 18.306.306,84 €, toda vez que non supón incremento algún sobre o proxecto modificado aprobado polo Pleno de 03/11/2006, e manténdose a adxudicación efectuada no seu día a favor de DRAGADOS, S.A. por importe de 2.577.706,32 €. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.16117.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO PLAN AGRUPADO 2008 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión extraordinaria do día 2 de abril de 2008 acordou a aprobación do expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto e trámite de urxencia, dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2008, distribuídas en función da modalidade e lugar de realización nos seguintes lotes: Lote nº 1: Accións formativas On Line………………… 73.350,00 € Lote nº 2: Accións formativas Zona Pontevedra-Sur………… 73.350,00 € Lote nº 3: Acciónss formativas Zona Salnés, Norte, Semipresenciais e Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) …………….………… 54.750,00 € Resultando que o anuncio do concurso para contratar, por trámite de urxencia, os servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2008, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 65, de data 4 de abril de 2008, e que o prazo de presentación de documentación e proposicións económicas rematou o día 12 de abril de 2008. Resultando que a Mesa de Contratación se constituíu o día 17 de abril de 2008 para examinar a documentación e apertura das proposicións económicas presentadas polas empresas, IDEAS POSIBLES, S.L. (Lotes núms. 1, 2 e 3); CENTRO DE FORMACIÓN ICA, S.L. (Lote nº 1); RECURSOS GALICIA, S.L. (Lote nº 1); PC CARRIER, S.L. (Lote nº 1); INICIA, FORMACIÓN Y CONSULTORÍA, S.L. (Lotes núms. 2 e 3); FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVIZOS, S.L. (Lote nº 2); INSTITUTO GALLEGO DE FORMACIÓN Y DESARROLLO, S.L. (INGAFOR) (Lote nº 2); FORAMA CONSULTORES, S.L. (Lote nº 3) e FORMADE, S.L. (Lote nº 3), as cales foron admitidas pasándose o expediente a informe dos técnicos do Servizo de Recursos Humanos e Formación desta Deputación. Considerando o establecido no artigo 34. 1 apartado k) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no artigo 117 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 196 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2000 polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas no referente ós contratos de consultoría e asistencia e os de servizos que celebre a Administración. Considerando, así mesmo, o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial para 2008, concretamente na Base 16ª. 2, a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición dos gastos precisos para efectuar contratos de consultoría e asistencia que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. Vista a proposta formulada pola Mesa de Contratación na reunión do día 29 de abril de 2008, para que se lle adxudique os lotes números 1, 2 e 3 ás empresas, Centro de Formación ICA S.L.; Formagal, Formación e Servizos, S.L. e Forama Consultores, S.L., respectivamente, por resultar as ofertas mais vantaxosas de entre as presentadas e admitidas a cada un dos lotes ó obter a maior puntuación segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e por reunir os requisitos esixidos neste concurso. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Adxudicar o lote número 1 do concurso convocado para contratar os servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2008, á empresa CENTRO DE FORMACIÓN ICA, S.L. (C.I.F. B-36.995.934), para realizar as accións formativas “On line”, polo prezo ofertado de setenta e dous mil cincocentos trinta e cinco euros (72.535,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: Zona Curso Nº Horas Prezo Hora Importe On line Word 2007. Básico 40 89,00 € 3.560,00 € On line Word 2007. Avanzado 40 89,00 € 3.560,00 € On line Excell 2007. Básico 40 89,00 € 3.560,00 € On line Excell 2007. Avanzado 40 89,00 € 3.560,00 € On line Access 2007. Básico 40 89,00 € 3.560,00 € On line Access 2007. Avanzado 40 89,00 € 3.560,00 € On line Inglés Principiante 60 89,00 € 5.340,00 € On line Inglés Intermedio 60 89,00 € 5.340,00 € Distancia cd Francés Principiante 60 89,00 € 5.340,00 € Distancia cd Axente de Igualdade 75 89,00 € 6.675,00 € On line Maltrato Infantil 50 89,00 € 4.450,00 € Distancia cd Lei de Protección de Datos 60 89,00 € 5.340,00 € On line Lei de Dependencia 75 89,00 € 6.675,00 € On line Xestión da calidade na Administración Pública 60 89,00 € 5.340,00 € Distancia cd Estranxeiría. Intervención social con inmigrantes 75 89,00 € 6.675,00 € - Adxudicar o lote número 2 do concurso convocado para contratar os servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2008, á empresa FORMAGAL, FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L., (C.I.F. B-36.477.677), para efectuar as accións formativas zona Pontevedra-Sur, polo prezo ofertado de setenta e un mil cento corenta e nove euros con cincuenta céntimos (71.149,50 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: Zona Curso Nº horas Prezo hora Importe Pontevedra Microsoft Word 2007. Básico 20 145,50 € 2.910,00 € Pontevedra Microsoft Excell 2007. Básico 20 145,50 € 2.910,00 € Pontevedra A Contratación Administrativa (Nova Lei 30/2007) 20 145,50 € 2.910,00 € Pontevedra Curso Básico de información e procedementos catastrais 20 145,50 € 2.910,00 € Pontevedra Novas tecnoloxías para bibliotecas municipais 25 145,50 € 3.637,50 € Pontevedra Taller de técnicas de comunicación. Curso especializado para cargos públicos: capacidade de comunicación. O uso da palabra e as relacións cos medios. Protocolo práctico 20 145,50 € 2.910,00 € Pontevedra As normas vixentes en lingua galega: modificacións ortográficas, morfosintácticas e léxicas 30 145,50 € 4.365,00 € Zona Curso Nº horas Prezo hora Importe Sur Microsoft Word 2007. Básico 20 145,50 € 2.910,00 € Sur Curso de Técnico en Desenvolvemento Local 30 145,50 € 4.365,00 € Sur Microsoft PowerPoint 2007 20 145,50 € 2.910,00 € Sur A Contratación Administrativa (Nova Lei 30/2007) 20 145,50 € 2.910,00 € Sur Lei 7/2007 do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público 20 50 € 2.910,00 € Zona Curso Nº Horas Prezo Hora Importe Unitario Organización e xestión de tarefas Outlook 15 145,50 € 2.182,50 € Unitario Microsoft Excel 2007. Básico 20 145,50 € 2.910,00 € Unitario Catalogación de documentación audiovisual (Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico) Bloque I 20 145,50 € 2.910,00 € Unitario Conservación preventiva de fondos históricos e artísticos (Museo) 25 145,50 € 3.637,50 € Unitario As normas vixentes en lingua galega: modificacións ortográficas, morfosintácticas e léxicas 30 145,50 € 4.365,00 € Unitario Arquivo de oficina: xestión e organización da documentación 16 145,50 € 2.328,00 € Unitario Tratamento das materias primas na cadea de fabricación de pensos (Mouriscade) 7 145,50 € 1.018,50 € Unitario Manexo de animais de alta produción, rutina de muxidura (Mouriscade) 6 145,50 € 873,00 € Unitario Técnicas de abordaxe terapéutica 20 145,50 € 2.910,00 € Unitario Técnicas e recursos sobre animación de grupos e a organización de actividades extraescolares 20 145,50 € 2.910,00 € Unitario Curso de xardinaría 20 145,50 € 2.910,00 € Unitario Módulo de Soldadura (Parque de Maquinaria) 25 145,50 € 3.637,50 € - Adxudicar o lote número 3 do concurso convocado para contratar os servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2008, á empresa FORAMA CONSULTORES, S.L., (C.I.F. B-15.614.696), para efectuar as accións formativas zona Salnés, Norte, semipresenciais e Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), polo prezo ofertado de cincuenta e catro mil trescentos oitenta e cinco euros (54.385,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: Zona Curso Nº horas Prezo hora Importe Semipresencial A Administración do persoal 30 149,00 € 4.470,00 € Semipresencial Prevención de Riscos Laborais na Administración Local. Nivel básico 30 149,00 € 4.470,00 € Semipresencial Afiliación e cotización do persoal na Administración Local 30 149,00 € 4.470,00 € Zona Curso Nº Horas Prezo Hora Importe Norte As normas vixentes en lingua galega: modificacións ortográficas, morfosintácticas e léxicas 30 149,00 € 4.470,00 € Norte A Contratación Administrativa (Nova Lei 30/2007) 20 149,00 € 2.980,00 € Norte Curso de Técnico en desenvolvemento local 30 149,00 € 4.470,00 € Zona Curso Nº horas Prezo hora Importe Salnés Microsoft Word 2007. Básico 20 149,00 € 2.980,00 € Salnés Microsoft Excell 2007. Básico 20 149,00 € 2.980,00 € Salnés Microsoft PowerPoint 2007 20 149,00 € 2.980,00 € Salnés A Contratación Administrativa (Nova Lei 30/2007) 20 149,00 € 2.980,00 € Salnés. Deseño e planificación de plans locais de igualdade 15 149,00 € 2.235,00 € Salnés Lei 7/2007 do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público 20 149,00 € 2.980,00 € Zona Curso Nº horas Prezo hora Importe AGASP Operativa policial nos casos de violencia sexista 20 149,00 € 2.980,00 € AGASP Actualización normativa en tráfico e seguridade viaria (Sanxenxo) 20 149,00 € 2.980,00 € AGASP Actualización normativa en tráfico e seguridade viaria (Nigrán) 20 149,00 € 2.980,00 € AGASP Técnicas de defensa persoal e detención 20 149,00 € 2.980,00 € As actividades formativas dos tres lotes deste concursos atópanse exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. A adxudicación dos lotes números 1, 2 e 3 a favor das empresas, Centro de Formación ICA, S.L.; Formagal, Formación e Servicios, S.L. e Forama Consultores, S.L., respectivamente, motívase, en todos os casos, por resultar as ofertas mais vantaxosas de entre as presentadas e admitidas a cada un dos lotes ó obter a maior puntuación segundo os criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e por reunir os requisitos esixidos neste concurso. O pagamento do prezo do contrato efectuarase as empresas adxudicatarias de cada un dos lotes do concurso contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez finalizadas as accións formativas e sexa prestada a conformidade polos técnicos do Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación de Pontevedra, con cargo á partida 08/122.314.165.00, do vixente Orzamento Provincial. As empresas adxudicatarias de cada un dos lotes deberán constituír unha garantía definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación polos importes seguintes: Polo lote número 1 correspondente ás accións formativas “On Line”, 2.901,40 €. Polo lote número 2 correspondente ás accións formativas da zona Pontevedra-Sur, 2.845,98 €. Polo lote número 3 correspondente ás accións formativas da zona Salnés, Norte, semipresenciais e Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), 2.175,40€. Estas garantías definitivas ingresaranse na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non se cumprir este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Os gastos xerados no expediente por inserción do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra cífranse en 152,83 €, correspondendo ás empresas adxudicatarias ingresar na Caixa desta Deputación as seguintes cantidades: A empresa Centro de Formación ICA, S.L (lote nº 1), 55,65 €. A empresa Formagal, Formación e Servicios, S.L (lote nº 2), 55,65 €. A empresa Forama Consultores, S.L (lote nº 3), 41,53 euros. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.16118.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO Nº2 DE “TERMINACIÓN DO AUDITORIO DE O ROSAL Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 28/10/2005, polo que se ratificou a R.P. de data 25/10/2005, pola que se adxudicaba a MOVEX VIAL, S.L. a obra de “Reforma e ampliación do Auditorio de O Rosal” na suma de 477.194,00 €. Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 16/04/2008, polo que se aprobou o proxecto modificado nº 2 “Terminación do Auditorio de O Rosal” por importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, de 532.860,10 €. Visto o escrito de MOVEX VIAL, S.L., adxudicataria da obra inicial, no que manifesta a súa conformidade ó proxecto modificado. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral relativo ó procedemento proposto para a adxudicación da obra do proxecto modificado. E, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Adxudicar, de acordo co establecido no art. 146.2 do TRLCAP, a MOVEX VIAL, S.L., adxudicataria da obra inicial, a obra comprendida no proxecto modificado nº 2 de “Terminación do Auditorio de O Rosal”, na suma de 532.860,10 €, IVE incluído. O adxudicatario debe constituír unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, que
Ãrea de notas
Nota