ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2008/05/21_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.376/2.2008-05-21_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/05/21_Ordinaria

  • Data(s) 2008-05-21 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día vinte e un de maio do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.16061.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 14 de maio de 2008. ------ Folla: 2.16062.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO “PROGRAMA CONTACTO COA NATUREZA, ANO 2008” (2º GRUPO) Aprobadas pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 27/02/08, as Bases Reguladoras do Programa “Contacto coa Natureza” 2008, dirixido ós alumnos de 1º de Bacharelato dos Centros Públicos da nosa Provincia, consistindo en pasar 5 días en hospedaxe rural, en pleno contacto coa natureza practicando deportes de aire libre, excursións, xogos de orientación, sendeirismo, etc. e á vista dos informes de fiscalización emitidos polo Sr. Interventor o 12/05/08 e o 15/05/08, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder as subvencións do Programa “Contacto coa natureza” 2008, por un importe de 1.800,00 euros para un total de 24 alumnos/as (2º grupo) e 450,00 euros para un total de 6 alumnos/as (3º grupo), segundo os cadros adxuntos. SAÍDA COLEXIO CONCELLO ADHESIÓN Nº ALUMNOS TOTAL 26 ó 30 de maio IES ANTON LOSADA A ESTRADA NON 24 1.800 TOTAL 24 1.800 SAÍDA COLEXIO CONCELLO ADHESIÓN Nº ALUMNOS TOTAL 23 ó 27 de xuño IES RAMÓN CABANILLAS CAMBADOS SI 6 450 TOTAL 6 450 ------ Folla: 3.16063.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA FORMULADA POLO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA PARA A XUSTIFICACIÓN DA AXUDA ECONÓMICA PARA DOTACIÓN DE “SERVIZOS BÁSICOS A PRAIAS-2007” Dada conta do escrito formulado por D. Julio Varela Núñez, Alcalde accidental do concello de Vilanova de Arousa, polo que solicita unha segunda prórroga para a xustificación da axuda concedida para Dotación de Servizos Básicos a Praias no ano 2007. Resultando que a Xunta de Goberno de data 23 de marzo de 2007 acorda entre outros a concesión dunha axuda ó concello de Vilanova de Arousa por importe de 15.000,00 € para “Equipamento da praia do Terrón-Punta Nouxida: duchas e mellora do ilumminación pública da zona” (cambio de aplicación e primeira prórroga concedidos en Xunta de Goberno de 26/03/08). Visto o informe emitido pola Técnica da Sección de Medio Ambiente do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade concédese prórroga para a xustificación de dita axuda ata o 30 de xuño de 2008. ------ Folla: 4.16064.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de corenta e catro mil cincocentos cincuenta e sete euros (44.557,00 €), para responder das “Obras de E.P. 2909 Arcade- Viso (Soutomaior)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 21/10/2005 con número de operación 200500097353, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GERAL, por importe de dous mil trescentos noventa e cinco euros con noventa e un céntimos (2.395,91 €), para responder das “Obras aparcadoiro e zonas adxacentes o monumento da Virxe da Roca na E.P. Baiona- O Rosal (Ribadumia)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/12/2006 con número de operación 200600111361, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DISTRIBUCIONES FROIZ, S.A. (CIF A- 36.036.739) • A constituída en metálico, por importe de mil catrocentos noventa e tres euros con setenta e cinco céntimos (1.493,75 €), para responder do subministro de produtos alimenticios para o centro de vacacións de A Lanzada, ano 2007, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 4/07/2007 con número de operación 200700055265. DISTRIBUCIONES FROIZ, S.A. (CIF A- 36.036.739) • A constituída en metálico, por importe de oito mil novecentos sesenta e seis euros con doce céntimos (8.966,12 €), para responder do subministro de produtos alimenticios para a Cidade Infantil Príncipe Felipe, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 7/03/2007 con número de operación 200700012020. LÉREZ EDICIONES, S.L. (CIF B- 36.003.549) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de seis mil catrocentos corenta e catro euros con doce céntimos (6.444,12 €), para responder do “Contrato de prestación de servizos de publicidade no periódico Diario de Pontevedra”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/05/2006 con número de operación 200600047363, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CANAL UNO DE COMUNICACIÓN, S.L. (CIF B- 36.723.450) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO SABADELL, por importe de oito mil trescentos noventa e seis euros con cincuenta e catro céntimos (8.396,54 €), para responder do “Contrato de servizos para a elaboración e desenvolvemento de campañas publicitarias relativas á difusión das actuacións da Deputación de Pontevedra”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/07/2006 con número de operación 200600061663, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. RADIO PONTEVEDRA, S.A. (CIF A- 36.005.346) • A constituída en metálico, por importe de dous mil douscentos corenta euros (2.240,00 €), para responder do contrato de prestación de servizos de publicidade nas emisoras de Radio Pontevedra e Radio Arosa, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 31/10/2006 con número de operación 200600093725, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. TELEVISIÓN PONTEVEDRA, S.A. (CIF A- 36.064.228) • A constituída en metálico, por importe de oitocentos setenta e seis euros con noventa e seis céntimos (876,96 €), para responder do contrato de prestación de servizos de publicidade no canal de televisión Localia Pontevedra, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 9/01/2007 con número de operación 200700002475. ------ Folla: 5.16065.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE RIBADUMIA NO PAM/05, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº268/723, DENOMINADA “MELLORA DE SERVIZOS NA TRAVESÍA DE BARRANTES” Dada conta da solicitude de aboo da certificación un/final, do Concello de Ribadumia, e á vista do informe de Intervención de data 14 do presente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de 17.558,69 euros, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911.911-762.45.2005, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº 268/723, denominada “Mellora de Servizos na travesía de Barrantes”, incluída no PAM/05. ------ Folla: 6.16066.- CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE A LAMA DE DIVERSAS OBRAS INCLUÍDAS NO PAM/2006-08, ANUALIDADE 2008, APROBADAS NA XUNTA DE GOBERNO DE 7/04/06 Vista a petición do Concello de A Lama, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación das seguintes obras incluídas no PAM/2006-08, anualidade 2008, a nº 176/678 “Pavimentación Berducido-As Gándaras” cunha subvención de 30.000,00 € para as obras nº 301/1190 “Iluminación pública en Paradela de Xende e Verducido”, cunha subvención de 7.500,00 € e a nº 317/1189 “Modificación puntual 1/2008 das NN.SS. do concello de A Lama para ampliación do parque empresarial en Racelo”, cunha subvención de 22.500,00 €; a nº 177/772 “Pavimentación rúa Fontecoba” cunha subvención de 30.000,00 €, para a nº 311/1170 “Ensanche e pavimentación camiño de Fontecoba” coa mesma subvención que a anterior, a nº 178/646 “Pavimentación rúa Sucastro-Cavada” coa subvención de 30.000,00 €, para a nº 318/1173 “Acondicionamento viais Ladeira e Sucastro” coa mesma subvención, a nº 179/645 “Pavimentación r/ Mouta (A Lama)” cunha subvención de 15.000,00 €, para a nº 312/1171 “Pavimentación camiño de Ladeira” coa mesma subvención; e a nº 180/644 “Pavimentación r/ A Portela (A Lama)” cunha subvención de 15.481,51 €, para a nº 313/1172 “Pavimentación Sucastro-Pontillón”, coa mesma subvención que a anterior, quedando suxeitas ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 17.13887, de 7 de abril de 2006. A relación de obras subvencionadas ó Concello de A Lama con cargo ó PAM/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades Orzam. Subv. Orzam. Subv. Orzam. Subv. 2006-2008 TOTAL TOTAL TOTAL Total Subv. 57/119 Acceso Racelo 30.000,00 30.000,00 30.000,00 58/118 Acceso Verdugo 30.000,00 30.000,00 30.000,00 59/120 Acceso Ladeira 16.000,00 16.000,00 16.000,00 60/155 Acceso Racelo- Toxa 16.924,53 16.924,53 16.924,53 208/1120 Pavimentación R/ Peso (Escuadra) 30.000,00 30.000,00 30.000,00 209/771 Pavimentación R/ Outeiro (Xesta) 30.000,00 30.000,00 30.000,00 210/795 Pavimentación R/ Cambeses (A Barcia) R/ Racelo (A Lama) 30.000,00 30.000,00 30.000,00 211/770 Pavimentación Cambeses-Ponte dos Arcos 30.000,00 30.000,00 30.000,00 212/1054 Centro Social Municipal.en Berducido Fase III 29.998,24 22.500,00 22.500,00 213/769 Pavimt. Rua Porteliña e rúa Carreiros (Antas) 27.038,54 27.038,54 27.038,54 350/1053 Iluminación pública en Cambeses 7.500,00 7.500,00 7.500,00 255/955 Pavimentación en Covelo, rúa Laxedo 30.000,00 30.000,00 30.000,00 301/1190 Iluminación públ. en Paradela de Xende e Verducido 7.500,00 7.500,00 7.500,00 311/1170 Ensanche e pavimentación camiño Fontecoba 30.000,00 30.000,00 30.000,00 312/1171 Pavimentación camiño de Ladeira 15.000,00 15.000,00 15.000,00 313/1172 Pavimentación Sucastro-Pontillón 15.481,51 15.481,51 15.481,51 317/1189 Modificación puntual 1/2008 das NN.SS do concello da Lama para ampliación do parque empresarial de Racelo 30.000,00 22.500,00 22.500,00 318/1173 Acondicionamento viais Ladeira e Sucastro 30.000,00 30.000,00 30.000,00 92.924,53 92.924,53 184.536,78 177.038,54 157.981,51 150.481,51 420.444,58 ------ Folla: 7.16067.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 13 de maio de 2008, para o recoñecemento extraxudicial das obras, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do presuposto de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboo: A relación de facturas, que figuran coa referencia 200800000534 e que conten dez facturas, sendo a primeira de Industrias de Panificación Campelos do Coto, S.L. por importe de 1.273,92 € e a derradeira de Viajes Marsáns, S.A. por importe de 3.908,35 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 33.592,47 € Descontos do IRPF 0 € Descontos do IVE soportado deducible 0 € Total líquido 33.592,47 € ------ Folla: 8.16068.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.16069.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS “EXPO-ZARAGOZA 2008” Coa finalidade de fomentar o asociacionismo entre os diferentes colectivos de persoas da nosa provincia, e contribuír ó seu enriquecemento cultural, a Deputación de Pontevedra pretende por en marcha o “Programa Expo-Zaragoza 2008”, consistente en pasar 2 días visitando tal evento en réxime de pensión completa con aloxamento en hotel de tres estrelas, e viaxe ida e volta en autocar, cunha dotación orzamentaria de 60.000,00 €, e unha oferta de 1.000 prazas, polo que a vista dos informes emitidos o 19/05/08 e 20/05/08 pola Asesoría Xurídica e mais polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación das Bases Reguladoras das Subvencións do Programa Expo-Zaragoza 2008, cunha dotación orzamentaria de 60.000,00 € con cargo á partida 08/313.313.227.09 do vixente Presuposto provincial. Ditas bases son como seguen: “BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS “EXPO ZARAGOZA 2008”  LEXISLACIÓN APLICABLE 1. Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). 2. Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións (RLXS) 3. Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. 4. R.d.l. 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. 5. Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. 6. Lei 30/1992 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. 7. Bases de execución do presuposto de 2008.  FUNDAMENTOS XURÍDICO-ECONÓMICOS As presentes Bases regulan a concesión dunhas axudas que van destinadas a todas as asociacións de mulleres, maiores, mozos, etc. da provincia de Pontevedra. Para a súa selección deberán seguirse criterios obxectivos establecidos nas Bases Reguladoras, e de acordo cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación (art. 8, 9, 17 e concordantes da LXS). A Deputación de Pontevedra, subvencionará parte do custo que supón a realización do mesmo. A cantidade restante deberá aboala o beneficiario. Para a organización do programa a Deputación contratará a unha empresa especializada na organización de viaxes. 1. OBXECTO A Deputación Provincial de Pontevedra, consciente da importancia de fomentar o asociacionismo e ofertar programas, recursos e actividades para todos os membros das mesmas, convoca para o ano 2008, axudas destinadas a subvencionar programas para os diferentes colectivos co fin de potenciar o compañeirismo, a convivencia, á par que acadar un maior enriquecemento cultural, e a súa vez concienciar e sensibilizar á poboación sobre a importancia da auga e o desenvolvemento sostible. 2. DESCRICIÓN DO PROGRAMA O programa terá unha duración de 4 días: un autocar recollerá ás persoas participantes nos seus concellos, e trasladaraas ata Zaragoza, onde visitarán durante dous días a Expo (con entradas incluídas), o cuarto día o mesmo autocar levaraas ó punto de destino. No prezo inclúese a pensión completa con bebidas, (excepto as comidas dos días de visita a Expo que correrán por conta do usuario/a) o aloxamento nun hotel de 3 estrelas próximo ó recinto da Expo, así coma visitas guiadas nos traxectos de ida e volta, seguro, etc. 3. PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS POLOS POSIBLES BENEFICIARIOS A presentación de instancias das Asociacións farase no Rexistro da Deputación, dende o día seguinte á publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia, ata o día 12 de xuño. 4. REQUISITOS DOS/DAS PARTICIPANTES Poderán participar tódalas asociacións de mulleres, maiores, xoves, etc. da provincia de Pontevedra. Todas as persoas participantes deberán ter total autonomía. 5. PUBLICIDADE En toda publicidade que se elabore, deberase facer constar a colaboración da Deputación, Área de Acción Social, segundo establece o artigo 31 do RLXS. As medidas de difusión do financiamento público da actividade, consistirán en dípticos informativos, editados pola empresa adxudicataria e carteis coa imaxe do Programa. 6. PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A concesión de subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva, correspondéndolle a instrución ó Servizo de Acción Social e a adxudicación á Xunta de Goberno. No caso de que a demanda supere a oferta de prazas do programa, se terá en conta para a selección dos participantes, a orde de rexistro de entrada das instancias. 7. DOCUMENTACIÓN Todas as Asociacións que desexen participar deberán presentar no Rexistro da Deputación un listado nominativo dos participantes, no que se indique o DNI, e o número de teléfono dos mesmos. O listado deberá estar debidamente asinado polo presidente ou presidenta, co nome, dirección, teléfono, número de fax e correo electrónico da Asociación. 8. FINANCIAMENTO A contía consignada para a realización do Programa ascende a 60.000,00 €, cantidade que representa o máximo de obrigas que se poden asumir neste programa de axudas, con cargo á partida 08/313.313.227.09 do presuposto ordinario da Deputación Provincial, sen prexuízo de que sexa ampliado o crédito da mesma ó longo do ano 2008. Se na contratación da asistencia técnica encargada da organización deste Programa, se producise unha baixa da adxudicación, con respecto ó prezo de licitación, dita baixa aplicaríase a unha maior oferta de prazas para participantes, non obstante os prezos establecidos van ser os seguintes: O prezo máximo por cada praza ascende a 360 euros, dos cales: • A Deputación fará unha achega de 60 euros/praza. • A cantidade restante será aboada polo usuario/a participante, (no caso de minorarse o prezo pola empresa adxudicataria, a cantidade a pagar pólo usuario/a será minorada na mesma proporción). 9. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DA SUBVENCIÓN Conforme establece o artigo 17.3.i) da LXS, para proceder ó pago da subvención, a empresa adxudicataria presentará xunto coas facturas, os listados dos participantes por saída, cun prazo máximo dun mes a partir da última saída. O pago das subvencións realizarase directamente no número de conta da empresa especializada en xestión de viaxes, así como tamén o pago do importe dos usuarios/as. 10. PRAZO DE VIXENCIA As presentes Bases terán unha vixencia correspondente a todo o exercicio do 2008.” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.16070.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN NINO MIRÓN PONTEVEDRA C.F., PARA A EXTENSIÓN CULTURAL E APOIO DEPORTIVO Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Asesoría Xurídica e Intervención, relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa Fundación NINO Mirón Pontevedra, C.F., co obxecto de intensificar as relacións culturais e deportivas e apoio deportivo a esta Fundación, mediante a achega de cento oitenta mil euros (180.000,00 €), e con cargo á partida 08/451.452.489.04 do vixente presuposto a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN NINO MIRÓN PONTEVEDRA C.F. PARA A EXTENSIÓN E APOIO DEPORTIVO ÓS XOVES DE TODA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Pontevedra, a de de REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Excma. Deputación de Pontevedra, en virtude do seu cargo de Presidente de conformidade co establecido no art. 34.1b) da lei 7/85 de 2 de abril. D. Saturnino Mirón Gutiérrez, en calidade de presidente da FUNDACIÓN NINO MIRÓN PONTEVEDRA C.F., con CIF G-36508851 e domicilio social en r/ Benito Corbal, 16-1º, do Concello de Pontevedra (36001). EXPOÑEN Que a Fundación Nino Mirón Pontevedra, C.F. e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra senten a necesidade de intensificar as relacións culturais e deportivas entre ambas institucións, ó estares preocupadas pola divulgación e o recoñecemento dos seus valores. Que a Deputación de Pontevedra comprométese a xuntar esforzos para mellorar a capacidade de xestión dos recursos humanos e económicos desta entidade, así como da divulgación, promoción e patrocinio da súa actividade deportiva, apoiando esta entidade de xeito para que fagan difusión e práctica do deporte o seu obxectivo principal. Para levar a cabo este Convenio de Extensión Deportiva, ámbalas dúas institucións, ACORDAN 1º.-A FUNDACIÓN NINO MIRÓN PONTEVEDRA C.F., obrigase, durante o ano 2008, a portar nas camisetas e roupa deportiva de todos os xogadores o logo da Deputación Provincial de Pontevedra, en todos os encontros de competición, sexan do carácter que sexan, tanto si actúan como locatario ou como visitante, cos seguintes requisitos: I. Na camiseta oficial de cor granate, a superficie máxima da publicidade será de 200 cm. cadrados, sendo as letras impresas de cor branca, e na suplente de cor azul claro, a superficie máxima de publicidade será de 200 cm. cadrados, sendo as letras de cor negro. II. A publicidade será lucida polos deportistas do primeiro equipo. Así mesmo, figurará o logotipo da Institución, en todas as prendas deportivas da Fundación e no equipamento de todas as concentracións, adestramentos e actos protocolarios. III. A Fundación obrigase a favor desta institución a non lucir máis publicidade no frontal da camiseta, que a agora contratada, salvo a correspondente a propia indumentaria, debendo prohibir os seus xogadores lucir outras mensaxes, a excepción do disposto na quinta estipulación. IV. A Fundación recoñece o patrocinador o dereito a utilizar a imaxe dos seus diferentes equipos para a publicidade das súas campañas durante a duración do presente convenio. V. A Deputación poderá colocar o seu logotipo ou outra mensaxe publicitaria no marcador do Estadio Municipal de Pasarón, así como dous valados situados o máis preto posible das porterías do campo. VI. A mascota do equipo vestirá a camiseta oficial co logotipo da Deputación Provincial de Pontevedra. VII. O logotipo da Deputación Provincial de Pontevedra deberá figurar en calquera evento organizado pola Fundación, no anverso dos carteis anunciadores dos partidos, no anverso das entradas dos partidos semanais, torneos ou outros actos nos que participen todos os equipos da Fundación. VIII. O logotipo ou outro medio de imaxe que decida a Deputación Provincial figurará na presentación, cartelería, tarxetas ou outro material de difusión das iniciativas, propostas ou eventos culturais que organice a Fundación. IX. A Deputación disporá da contraportada das publicacións que edite a Fundación, para inserir a publicidade que considere conveniente e figurará en lugar preferente na páxina web da Fundación, así como disporá de link á páxina web desta Institución. X. A Deputación comprometese á maior difusión posible en todos os medios locais, provinciais e autonómicos á firma deste acordo e ó longo de toda a temporada. XI. Os traballadores da Deputación Provincial disfrutarán dun 20% de desconto no carné de socio e no material deportivo da FUNDACIÓN NINO MIRÓN PONTEVEDRA C.F. XII. A Deputación disporá permanentemente de 6 pases de palco e 10 de tribuna e en cada partido serán enviadas á institución 100 entradas de preferencia para acudir ós encontros que se celebren no Estadio Municipal de Pasarón. Os traballadores da Deputación Provincial de Pontevedra poderán acudir gratuitamente a todos os partidos da Liga Nacional ou Galega de todos os equipos da FUNDACIÓN NINO MIRÓN PONTEVEDRA C.F. a excepción do equipo profesional. Serviría para o acceso ós campos da tarxeta de identificación do empregado da Deputación Provincial de Pontevedra. XIII. A Fundación compromé00tese a colocar unha lona publicitaria xigante da Deputación no Estadio Municipal de Pasarón. XIV. O logotipo da Deputación Provincial de Pontevedra, aparecerá de forma visible e preferente, nos paneis da sá de prensa da Fundación, no autobús oficial do equipo profesional, nos petos que durante os partidos oficiais son obrigatorios para a prensa e fotógrafos, no uniforme dos empregados de mantemento, porteiro e acomodadores do Estadio Municipal e nos vehículos de que dispoña a Fundación. XV. A Fundación comprometese a realizar a fotografía oficial da tempada no edificio da institución. XVI. As catro torretas de iluminación personalizaranse coa publicidade desta Institución. 2º.- Todos os colexios da provincia poderán solicitar entradas para asistir ós partidos celebrados no estadio de Pasarón e disputados pola FUNDACIÓN NINO MIRÓN PONTEVEDRA C.F. o número de 300 entradas por xornada. Establécense, a estes efectos, unha coordinación conxunta entre a Fundación Nino Mirón Pontevedra C. F. e os representantes dos alumnos para a asistencia ós encontros. 3º.- A Fundación comprométese a colaborar nas actividades culturais-deportivas organizadas en centros educativos con técnicos, xogadores e directivos e coordinadas entre a Fundación Nino Mirón Pontevedra C.F. e a Excma. Deputación Provincial. 4º.- A Deputación Provincial de Pontevedra aboará a cantidade de CENTO OITENTA MIL EUROS (180.000,00 €) unha vez que a Fundación Nino Mirón Pontevedra C.F. xustifique a contribución con: a.- Fotografías da publicidade inserta no Estadio Municipal de Pasarón e da vestimenta do equipo có logotipo da Institución. b.- Certificación da Fundación de que a referida publicidade estivo exposta no Estadio ó longo do actual 2008. c.- Memoria sobre as actividades culturais-deportivas realizadas segundo a cláusula cuarta do presente Convenio e fotocopia das tarxetas-invitación para o palco do Estadio. 5º.- A vixencia do presente convenio remata o 31 de decembro do 2008. 6º.- Este convenio non comporta ningunha relación laboral, contractual ou de calquera tipo entre a FUNDACIÓN NINO MIRÓN PONTEVEDRA C.F. e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de forma que non se poderá esixir ningunha responsabilidade, directa, indirecta ou subsidiaria polos actos ou feitos acaecidos no seu desenvolvemento. As partes acordan a submisión do presente convenio á orde xudicial contencioso-administrativo é expresamente o xulgados do contencioso de Pontevedra. 7º.- Para o non disposto nas presentes bases, contemplarase o establecido nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2008 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/2003), e demais lexislación de desenvolvemento. E como proba da firme vontade de fomentar o desenvolvemento cultural e deportivo de Galicia e en particular da provincia de Pontevedra asínase o presente Convenio no lugar e data do encabezado. O PRESIDENTE FUNDACIÓN NINO MIRÓN PONTEVEDRA C.F. Asdo.- Rafael Louzán Abal Asdo.- Saturnino Mirón Gutiérrez” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.16071.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CLUB LEIS 26 PONTEVEDRA, F.S., PARA O APOIO Ó DEPORTE DE COMPECIÓN FEDERADO 2008-CATEGORÍA NACIONAL Vista a proposta do Servizo de Xuventude e Deportes e o informe de Intervención, relativo á axuda ó deporte de competición federado 2008 (Categoría nacional), ó Club Leis 26 Pontevedra, F.S. con CIF G-36109163, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade concederlle unha subvención de sesenta e nove mil euros (69.000,00 €), con cargo á partida 08/451.452.489.20 do vixente presuposto. Para efectuar o pago, deberán achegar a toma de razón na súa contabilidade así como unha declaración de ter recibido ou non outra axudas. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.16072.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PLAN ESPECIAL DE REFORMA INTERIOR DA UNIDADE DE EXECUCIÓN 02 DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Salceda de Caselas, de data 24 de marzo (rexistro de entrada núm. 12016, de data 27/03/08), pola que se remite copia do expediente sobre Plan Especial de Reforma Interior da Unidade de Execución 02 previstas nas Normas Subsidiarias do Concello de Salceda de Caselas, a efectos de informe, por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Director de Infraestruturas, de data 7 de maio de 2008, no que manifesta, entre outros: “1.- ANTECEDENTES El Concello de Salceda de Caselas somete a informe de la Diputación Provincial, el Plan Especial de Reforma Interiore (PERI) de la UE.0.2. que abarca un único polígono de actuación delimitado por la antigua carretera PO-410, la carretera de Caldelas (EP2505), frente a la piscina municipal y la calle que une la referida antigua PO-410, con la carretera de Paramos en la zona de Devesa. El ámbito de la actuación supone una superficie total de 32.026,69 m2. 2.- CARACTERÍSTICAS DE LA ACTUACIÓN La actuación se plantea sobre la superficie de 32.026,69 m2 en la que la edificabilidad será de 31.283,80 m2 y la superficie edificable de 26.591,23 m2. En lo relativo a la red viaria y los aparcamientos, el plan plantea una red interior de calles de doble sentido con zonas de aparcamiento. El plan prevé un total de 532 plazas de aparcamiento de las que el 25% se sitúan en los viales. En lo relativo a las conexiones exteriores, es decir a la conexión con el entramado urbano de Salceda de Caselas, el documento especifica que se realizará a través de las calles Vigo, Avda. de Galicia y la carretera a Entienda, que es la única vía, de todas las calles indicadas, titularidad de la Diputacion Provincial de Pontevedra. El PERI contempla, además de las parcelas con el correspondiente aprovechamiento lucrativo, que son en total 4 con una superficie de 6.297,17 m2 (Edificabilidad de 26.591,23 m2), una superficie de 6.902,96 m2 para equipamientos públicos, que se concretan en un centro de salud, un centro de Día, una ludoteca infantil y una zona de equipamiento público sin definir de forma concreta. Además hay previstos 8.243,14m2 de espacios libres públicos y 8.918,42 m2 dedicados a sistema viario. 3.- CONCLUSIÓN Tal y como se ha descrito anteriormente, la actuación recogida en el PERI de referencia va a suponer un cambio sustancial de la zona con una incidencia muy notable en todo el entorno y especialmente en la red viaria. A pesar de que uno de los accesos al PERI se va a efectuar a través de una carretera provincial y de que la actuación lleva aparejada un importante incremento de la circulación de vehículos (además del incremento debido a las viviendas, el centro de día y el de salud, es evidente, que generarán un incremento muy notable de circulación), el documento no aborda de ninguna manera esta cuestión, ni plantea ninguna solución para la conexión del PERI con la carretera provincial. Entendemos que dada la naturaleza de la actuación y los efectos que, sin duda, producirá sobre la carretera provincial, es imprescindible que se analicen los mismos y se diseñe, de forma concreta la conexión del denominado vial 2 con la EP 2505, proponiendo una solución con glorieta, carriles de espera o regulación semafórica y analizando el impacto, de dicha intersección, en la carretera provincial. De acuerdo con lo indicado, este centro directivo informa desfavorablemente el expediente de referencia, por producir un efecto inadmisible en la carretera EP 2505”. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de Salceda de Caselas. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.16073.- INFORME SOBRE PLAN PARCIAL DE DESENVOLVEMENTO DO S.U. 13, EN MONTE FARO-NOALLA, DO CONCELLO DE SANXENXO Dada conta da comunicación do Sr. Xerente Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, de data 9 de abril de 2008 (rexistro de entrada núm. 14789, de data 14/04/08), pola que se remite copia do expediente sobre Plan Parcial de Desenvolvemento do S.U. 13, en Monte Faro – Noalla, do Concello de Sanxenxo, a efectos de informe de Sostibilidade Ambiental, por parte desta Deputación, e Considerando o disposto no artigo 7.5 da Lei 6/2007, de 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia. Visto o informe do Sr. Director de Infraestruturas, de data 7 de maio de 2008, no que manifesta, entre outros: “1.- ANTECEDENTES: El Concello de Sanxento remite el documento de referencia, para informe de este centro Directivo. El informe del documento se realiza en el ámbito de las competencias que, en materia de vías y obras, ostenta la Diputación de Pontevedra. 2.- INFORME: El plan parcial de referencia se apoya sobre un único eje viario constituido por la vía de alta capacidad Sanxenxo – O Grove, titularidad de la Xunta de Galicia. La red viaria del sector del suelo urbanizable nº 13 conecta con la red viaria general del municipio en varios puntos: La conexión principal se establece con la red viaria de alta capacidad mediante dos enlaces a distinto nivel con la vía de alta capacidad Sanxenxo – O Grove. En el primero de ellos, en la parte central de la actuación se habilita el enlace existente, complementando los giros que en estos momentos no existen. En el segundo de ellos, se dispone de una glorieta en la margen derecha de la citada vía y se remodela la existente en la margen izquierda. Desde este punto, se podrá acceder en el futuro desde el sector a la zona de playas, a través de la estrada provincial EP 9208 Noalla-Aios, que se encuentra en condiciones aceptables de trazado y de sección transversal. En todo caso, la actuación de urbanización prevista no afecta directamente a esta vía provincial ni a ninguna otra. En atención a las circunstancias indicadas, se informa favorablemente el expediente indicado.” Visto o informe da Técnica de Medio Ambiente, de data 15 de maio de 2008, no que manifesta, entre outros: “... El informe de sostenibilidad ambiental se estructura en aplicación de la ley 9/2006, de 28 de abril, sobre evaluación de los efectos de determinados planes y programas en el medio ambiente. Esta ley tiene como objetivo promover un desarrollo sostenible, conseguir un elevado nivel de protección del medio ambiente y contribuir a la integración de los aspectos ambientales en la preparación y adopción de planes y programas, mediante la realización de una evaluación ambiental de aquellos que puedan tener efectos significativos sobre el medio ambiente. La zona objeto de estudio no presenta zonas de especial protección desde el punto de vista ambiental y no se detectan tampoco problemas ambientales significativos relacionados con el Plan Parcial que nos ocupa. Sí hay que destacar que en la zona norte del emplazamiento se han catalogado elementos de protección arqueológica que se deben tener en cuenta a la hora del planteamiento. De las alternativas consideradas en el estudio, la más adecuada desde el punto de vista ambiental es la nº 3: propuesta de subdivisión de la zona residencial en 2 zonas en las partes este y oeste del sector, integración de las zonas residenciales en los núcleos de población existentes y disposición de un espacio para el campo de golf totalmente independiente. El análisis ambiental refleja que los impactos provocados por el Plan son en todos los casos moderados y compatibles. Sí hay que indicar una imposición de ciertas cautelas y un seguimiento del desarrollo de las obras que se encuentran perfectamente reflejados en el estudio, por lo que informa favorablemente el mismo.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ós citados informes, e a súa remisión á Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.16074.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO “ENSANCHE E MELLORA DE TRAZADO E.P.2908 ARCADE-AMOEDO (PAZOS DE BORBÉN) 2ª FASE A Comisión de Goberno, en sesión do día 20/06/2002, adxudicou a CONSTRUCCIONES CRESPO S.A. á obra de “ENSANCHE E MELLORA DO TRAZADO E.P. ARCADE – AMOEDO (PAZOS DE BORBÉN)”, na cantidade de 890.000,00, IVE incluído. Polo Servizo de Vías e Obras, redactouse un proxecto co obxecto de recoller unha serie de modificacións que se estiman convenientes introducir para adecuar as discrepancias existentes entre a realidade a executar e as previsións contidas no proxecto primitivo, cun presuposto de 1.066.235,53 euros, o que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 176.235,53 euros. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 12/03/2008, no que se aproba o aumento do presuposto adicional líquido de 176.235,53, con cargo á partida 08/511.511.612.02. A empresa CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A., adxudicataria da obra inicial, presta conformidade as medicións e presuposto do proxecto modificado. De acordo co informe favorable do Sr. Secretario Xeral en cuanto ó procedemento de adxudicación proposto polo Servizo de Contratación, e visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o gasto. 2. Adxudicar, segundo o establecido no artigo 146.3 do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, a CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A., a obra comprendida no proxecto modificado de “ENSANCHE E MELLORA DE TRAZADO E.P. 2908 ARCADE – AMOEDO (PAZOS DE BORBÉN)” por un importe de 176.235,53 €, IVE incluído. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.16075.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO Nº2 DE INFRAESTRUTURA BÁSICA PARA A CONSTRUCIÓN DE 30 CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 24/06/2005, polo que se adxudicou a CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra de “Infraestrutura básica para construción de 30 campos de fútbol” na suma de 3.736.650,00 €. Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión de 7/05/2008, polo que se aprobou o proxecto modificado nº 2 “Infraestrutura básica para construción de 30 campos de fútbol” por importe de 747.306,08 €, prestándose conformidade ó mesmo pola empresa adxudicataria da obra inicial. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario Xeral sobre o procedemento a utilizar para a adxudicación da obra. E, visto o informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Adxudicar, de acordo co establecido no art. 146.2 do TRLCAP, a CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A., adxudicataria da obra inicial, a obra comprendida no proxecto modificado nº 2 de “Infraestrutura básica para construción de 30 campos de fútbol de herba sintética”, na suma de 747.306,08 €, IVE incluído. O expediente financiarase con cargo ás partidas 08/123.452-662.08.2007, por importe de 588.625,52 €, e 08/123.452-662.08, por importe de 158.680,56 €. O adxudicatario debe constituír unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o art. 36 do R.d.l. 2/2000, que establecerá na Tesourería da Deputación Provincial dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta Resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase deserto o contrato. O expediente tramítase de acordo co Texto Refundido da LCAP, aprobado polo R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, dado que a disposición transitoria primeira da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que os expedientes de contratación iniciados antes da súa entrada en vigor rexeranse pola normativa anterior. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.16076.- ADXUDICACIÓN DA AMPLIACIÓN DE 44 LOTES DO ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE, E DE 15 LOTES DO SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO CONCURSO DO ANO 2008 O Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria, mediante escrito de data 24 de abril de 2008, no que figura o conforme do Sr. Vicepresidente, propón que se autorice a ampliación de 44 lotes de “Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte” e de 15 lotes do “Subministro de materiais” do concurso do ano 2008, adxudicados pola Xunta de Goberno nas sesións ordinarias celebradas o 2 de xaneiro e 13 de febreiro de 2008. O motivo para ampliar os lotes débese a que se están esgotando as cantidades adxudicadas no seu día e necesítase dispoñer da maquinaria de aluguer e dos materiais para poder continuar efectuando traballos de infraestruturas, bens naturais e outras obras que se lle demandan que realice o Parque de Maquinaria durante o ano en curso. Resultando que nos pregos que rexeron este concurso, aprobados pola “Xunta de Goberno” na sesión ordinaria do día 14 de novembro de 2007, figuraba na cláusula I, que os lotes podían ser ampliados sempre que existise consignación no Presuposto do exercicio de 2008 e informe favorable de Intervención, previa autorización do Órgano de Contratación, mantendo o prezo de adxudicación do concurso. Resultando que para facer fronte ó pagamento de ditas ampliacións que ascenden a un total de 820.122,26 euros para a ampliación dos 44 lotes de “Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte” e de 693.557,30 euros para os 15 lotes de “Subministro de materiais”, por Intervención con data 12/05/2008, foi expedido documento RC, número de operación 200800040413, certificando a existencia de saldo de crédito dispoñible para facer fronte ós gastos indicados, con cargo á partida 08/511.511.210.00, do vixente Presuposto Provincial. Considerando que na disposición transitoria primeira da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, figura que os contratos administrativos adxudicados con anterioridade á entrada en vigor desta Lei rexeranse, no que fai ós seus efectos, cumprimento e extinción, incluída a súa duración e réxime de prórrogas, pola normativa anterior. Considerando que a adxudicación dos lotes do concurso de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais correspondentes ó ano 2008, efectuouse de conformidade co establecido no Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, vixente ata a entrada da nova Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Considerando que o artigo 189 do citado Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, permitía a ampliación dos lotes ó non modificar o prezo de adxudicación do contrato inicial, e idéntico contido normativo recolle o artigo 272 da vixente Lei 30/2007. Visto o informe favorable emitido polo Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 14 de maio de 2008, para a ampliación de ditos lotes ás mesmas empresas adxudicatarias do concurso do ano 2008, polos mesmos prezos unitarios ofertados, así como infórmelos do Secretario Xeral e o de fiscalización do expediente emitido por Intervención. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Aprobar a contratación da ampliación dos lotes que a continuación se relacionan do concurso de “Aluguer de maquinaria e vehículos de transporte” e “Subministro de materiais”, adxudicados pola “Xunta de Goberno” nas sesións ordinarias celebradas o 2 de xaneiro e 13 de febreiro de 2008, polas seguintes cantidades e ás empresas que se indican: ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE. LOTE ADXUDICATARIO NÚM. PREZO HORA TOTAL EUROS HORAS 1 ESCAVACIONES TABOA, S.L. (C.I.F.- B-36.544.518) Por aluguer de motoniveladora de 125 CV. 477 55,68 €/h 26.559,36 € 2 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) Por aluguer de motoniveladora de 125 CV. 225 57,00 €/h 12.825,00 € 4 MODESTO ABAL VARELA (N.I.F.- 35416586-J) Por aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 750 29,00 €/h 21.750,00 € 5 ESCAVACIONES TABOA, S.L. (C.I.F.- B-36.544.518) Por aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 580 29,00 €/h 16.820,00 € 6 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Por aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 650 31,48 €/h 20.462,00 € 7 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) Por aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 385 31,90 €/h 12.281,50 € 8 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. (B-36123800) Por aluguer de retro pala 4 x 4 de 70 CV. 375 29,45 €/h 11.043,75 € 9 EULOGIO PUCEIRO RODIÑO. (N.I.F.- 76868427-N) Por aluguer de retro pala 4 x 4 de 70 CV. 495 29,50 €/h 14.602,50 € 10 MOREIRA GÓMEZ, S.L. (B-36267649) Por aluguer de retro pala 4 x 4 de 70 CV. 460 29,50 €/h 13.570,00 € 11 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Por aluguer de retro pala 4 x 4 de 70 CV. 600 32,18 €/h 19.308,00 € 12 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) Por aluguer de retro pala 4 x 4 (con martillo) 420 36,95 €/h 15.519,00 € 13 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construcciones y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) Por aluguer de retro Exc.(1 m3. cazo) de 100 CV. 800 44,00 €/h 35.200,00 € 14 OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. (C.I.F.- B-36371227) Por aluguer de retro Exc.(con martelo) 150 CV 465 56,55 €/h 26.295,75 € 15 EMDESFOR 2002, S.L. (C.I.F.- B-36404218) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 400 36,00 €/h 14.400,00 € 17 DESBROCES DEZA, S.L. (B-36282010) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 300 35,50 €/h 10.650,00 € 18 DESBROCES DEZA, S.L. (B-36282010) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 300 35,00 €/h 10.500,00 € 19 MOREIRA GÓMEZ, S.L. (B-36267649) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 265 36,00 €/h 9.540,00 € 20 PENOURIÑO, S.L. (B-15739626) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 600 36,95 €/h 22.170,00 € 21 PENOURIÑO, S.L. (B-15739626) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 650 36,95 €/h 24.017,50 € 22 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L. (C.I.F.- B-36468239) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 600 37,12 €/h 22.272,00 € 23 EXPLOTACIONES AGROPECUARIAS DEL DEZA, S.C. (G-36418952) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 300 39,44 €/h 11.832,00 € 24 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L. (C.I.F.- B-36468239) Por aluguer de tractor cortamalezas hidráulica de 110 CV. brazo 5 mts. 120 37,12 €/h 4.454,40 € 25 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) Por aluguer de pala rodas (2 m3.cazo) 130 CV. 975 40,00 €/h 39.000,00 € 27 DIONISIO ALONSO BELLO (N.I.F.- 36035.971-P) Por aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 350 35,96 €/h 12.586,00 € 28 PAFOTRANS, S.L. (B-36333839) Por aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 425 35,49 €/h 15.083,25 € 29 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construcciones y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) Por aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 875 35,00 €/h 30.625,00 € 30 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (B-36006716) Por aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 650 38,00 €/h 24.700,00 € 31 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) Por aluguer de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 800 35,00 €/h 28.000,00 € 32 JULIO CASTRO CARMUEGA (N.I.F.-35254201-P) Por aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 325 32,50 €/h 10.562,50 € 33 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Por aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 350 32,47 €/h 11.364,50 € 34 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Por aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 32,48 €/h 22.736,00 € 35 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Por aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 400 32,48 €/h 12.992,00 € 36 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) Por aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 950 32,00 €/h 30.400,00 € 37 PAFOTRANS, S.L. (B-36333839) Por aluguer de camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 175 32,79 €/h 5.738,25 € 38 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Por aluguer de cisterna asfáltica de 8 Tm. 600 38,49 €/h 23.094,00 € 39 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) Por aluguer de camión góndola de 40 Tm. 342 46,25 €/h 15.817,50 € 40 TRANSPORTES AMANCIO BLANCO E HIJOS, S.L. (B-36439404) Por aluguer de camión art. PMA 36/40 Tm. 250 44,08 €/h 11.020,00 € 41 MANUEL PAZ GUIMIL (N.I.F.- 35445788-M) Por aluguer de camión art. PMA 36/40 Tm. 475 44,08 €/h 20.938,00 € 42 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Por aluguer de camión art. PMA 36/40 Tm. 475 44,08 €/h 20.938,00 € 43 MONTSERRAT PAZOS MARTÍNEZ (N.I.F.-.53112825-Y) Por aluguer de camión art. PMA 36/40 Tm. 600 44,66 €/h 26.796,00 € 44 BALBALÉN, S.L. (B-36265924) Por aluguer de camión art. PMA 36/40 Tm. 500 44,50 €/h 22.250,00 € 45 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (B-36006716) Por aluguer de camión art. PMA 36/40 Tm. 355 44,80 €/h 15.904,00 € 46 ÁRIDOS Y TRANSPORTES MANUEL CRISÓSTOMO, S.L. (B-36248169) Por aluguer de camión art. PMA 36/40 Tm. 485 44,90 €/h 21.776,50 € 47 PEDREIRA BATAN, JOSÉ LUIS 000030211A S.L.N.E. (B-36439644) Por aluguer de camión art. PMA 36/40 Tm. 485 44,80 €/h 21.728,00 € TOTAL AMPLIACIÓN LOTES ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE....................................................... 820.122,26 € SUBMINISTRO DE MATERIAIS LOTE ADXUDICATARIO CANTIDADE PREZO TOTAL EUROS 48 PRODUCTOS ASFÁLTICOS, S.A. (CEPSA) (A-28072809) Subministro de emulsión ECM-1 150 301,64 €/Tm 45.246,00 € 50 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA). (A-36008886) Subministro de emulsión ECM-1 165 321,32 €/Tm 53.017,80 € 51 REPSOL YPF LUBRICANTES Y ESPECIALIDADES, S.A. (A-28201523) Subministro de emulsión ECR-2 100 288,00 €/Tm 28.800,00 € 52 PROBISA, TECNOLOGÍA Y CONSTRUCCIÓN, S.A. (A-28.105.120) Subministro de emulsión ECR-2 145 286,00 €/Tm 41.470,00 € 53 PRODUCTOS BITUMINOSOS DE GALICIA , S.A. (A-32226037) Subministro de emulsión ECR-2 150 267,30 €/Tm 40.095,00 € 55 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA). (A-36008886) -Por subministro de emulsión ECM-Especial 350 310,00 €/Tm 108.500,00 € -Por subministro de árido 0/6 en betún quente 650 30,00 €/Tm 19.500,00 € 57 ÁRIDOS PUENTEAREAS, S.L. (B-36011419) Subministro de árido 2/6 ó 6/12 1.500 15,00 €/Tm 22.500,00 € 58 GRANITOS TRITURADOS, S.L. (C.I.F.-B.-36158665) Subministro de árido 2/6 ó 6/12 1.500 14,79 €/Tm 22.185,00 € 59 GRANITOS Y ÁRIDOS DE ATIOS, S.L. (B-36023133) Subministro de árido 2/6 ó 6/12 1.500 15,15 €/Tm 22.725,00 € 61 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (C.I.F.- A-36.319.622) Subministro de árido 2/6 ó 6/12 1.000 15,15 €/Tm 15.150,00 € 62 CANTEIROS DO PORRIÑO REUNIDOS, S.A. (A-36027480) Subministro de árido 40/63 4.850 15,08 €/Tm 73.138,00 € 63 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (C.I.F.- A-36.319.622) Subministro de árido 40/63 4.850 14,35 €/Tm 69.597,50 € 64 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (B-36006716) Subministro de árido 40/63 1.550 15,10 €/Tm 23.405,00 € 66 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) Subministro de mestura bituminosa en quente tipo D-12 con árido granítico 2.500 29,00 €/Tm 72.500,00 € 70 SEÑALIZACIONES Y BALIZAMIENTOS DE GALICIA, S.A. (SEBAGASA) (C.I.F.- A- 36.617.942) Subministro de pintura cebreados, simboloxía, stop, etc. 1.400 25,52 €/m2 35.728,00 € TOTAL AMPLIACIÓN SUBMINISTRO DE MATERIAIS........... 693.557,30 € -Así mesmo apróbase o gasto por importe global de 1.513.679,56 euros para facer fronte a ditas adxudicacións, con cargo á vinculación xurídica das partidas 08/511.511.210.00, 08/511.511.210.01 e 08/511.511.210.02 do vixente Presuposto Provincial. -Ditas ampliacións efectúanse conforme ó previsto nas bases polas que se rexeu o concurso publicadas no B.O.P. nº 227 do 23/11/2007 e en DOGA nº 229 do 27/11/2007, para poder atender ás previsións de traballos a realizar durante o ano 2008 correspondentes a infraestruturas, bens naturais e outras obras. -As empresas adxudicatarias deberán constituír unha garantía definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación do acordo de adxudicación. Esta garantía definitiva será ingresada na Tesourería desta Deputación e no caso de non cumprirse este requisito, declararase resolto o contrato. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.16077.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA OBRA “CAPA DE RODADURA, PASOS ELEVADOS E SINALIZACIÓN E.P. 9802 ESTRADA-ACEÑAS (ILLA DE AROUSA) Visto o escrito remitido a contratación polo Servizo de Vías e Obras, con data 7 de maio de 2008, no que se solicita que se inicie o expediente para contratar as obras de “Capa de rodadura , pasos elevados e sinalización en EP 9802 As Aceñas (Illa de Arousa)”, estimándose e custo máximo en 226.387,08 €, IVE incluído. A Xunta de goberno, en sesión de 14 de maio de 2008, acordou aprobar o proxecto anteriormente mencionado. Resultando que polo Servizo de Intervención se emite o documento RC con número de operación 200800040235, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente Presuposto Provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que terán que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. Resultando que o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, polo que con idéntica data elabórase o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación. Resultando que polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido na disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector publico, no artigo 111 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 6, 155 d) e 161.2 da LCSP. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto para 2008, concretamente na Base 16ª, en onde figura que a autorización destes gastos é competencia da Presidencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, da execución da obra “CAPA DE RODAXE , PASOS ELEVADOS E SINALIZACIÓN EN EP 9802 AS ACEÑAS (ILLA DE AROUSA)” por un importe de CENTO NOVENTA E CINCO MIL CENTO SESENTA E UN EUROS CON NOVENTA CENTIMOS (195.161,90 €), excluído o IVE. A partida do Imposto sobre o Valor Engadido estímase nunha cantidade máxima de trinta e un mil douscentos vinte e cinco euros con noventa céntimos (31.225,90 €). 2. Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento negociado. 3. Autorizar o gasto por importe de 226.387,08 €, con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente presuposto provincial. 4. Tendo coñecemento de que os empresarios e empresas que a continuación se relacionan operan no ramo obxecto desta contratación, daráselles traslado deste acordo, acompañado dunha copia do prego de condicións económico-administrativas, para invitarlles a presentar, no caso de estar interesados, as correspondentes proposicións económicas para optar á adxudicación deste contrato. Empresarios e empresas convidadas: - CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A.; CONSTRUCIONES RAMIREZ, S.L. e CONSTRUCIONES E.C. CASAS, S.L. O prego condicións económico-administrativas que rexerá o procedemento é o seguinte: “PREGO DE CLAUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERAN A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE DA OBRA “CAPA DE RODADURA, PASOS ELEVADOS E SINALIZACIÓN EN E.P. 9802 ESTRADA ACEÑAS (ILLA DE AROUSA)”. CPV 45230000 1.- OBXECTO.- A execución da obra “Capa de rodadura, pasos elevados e sinalización en E.P. 9802 Estrada Aceñas (Illa de Arousa)”. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado polo órgano de contratación e integrado polos documentos enumerados no artigo 107 do LCSP, e artigos 125 a 132 do RGLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considéranse como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- A obra obxecto deste contrato conta cun presuposto de CENTO NOVENTA E CINCO MIL CENTO SESENTA E UN EUROS CON NOVENTA CENTIMOS (195.161,90 €), excluído o IVE. A partida do Imposto sobre o Valor Engadido estímase nunha cantidade máxima de trinta e un mil douscentos vinte e cinco euros con noventa céntimos (31.225,90 €). O presuposto de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o presuposto de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do presuposto de execución material. • Porcentaxe ofertado relativo ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o presuposto de execución material. 3. Ive, que se aplicará sobre a suma do presuposto de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licencias, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. 3.- FINANCIAMENTO.- O prezo da obra financiarase con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente presuposto Provincial. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo para a execución da obra de referencia será de OITO MESES, contado dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que van realizar en cada prazo. O contratista este obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que comporta a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización por danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias diante da Administración debendo nomear perante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no BOP ou no perfil de contratante do órgano de contratación. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso se conced

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición