ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2008/06/04_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.376/2.2008-06-04_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/06/04_Ordinaria

  • Data(s) 2008-06-04 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día catro de xuño do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Julio Souto Diz. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.16105.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de maio de 2008. ------ Folla: 2.16106.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA “CONTACTO COA NATUREZA, ANO 2008” (5º GRUPO) Aprobadas pola Xunta de Goberno desta Excma. Deputación Provincial de 27 de febreiro de 2008, as Bases Reguladoras do Programa “Contacto coa Natureza” 2008, dirixido ós alumnos de 1º de Bacharelato dos Centros Públicos da nosa Provincia, constituíndo en pasar 5 días en hospedaxe rural, en pleno contacto coa natureza practicando deporte de aire libre, excursións, xogos de orientación, sendeirismo, etc. e á vista do informe de fiscalización emitido polo Sr. Interventor o 29/05/08, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder as subvencións do programa “Contacto coa Natureza” 2008, por un importe de 1.050,00 euros para un total de 14 alumnos/as (5º grupo), segundo o cadro que se xunta. SAÍDA COLEXIO CONCELLO ADHESIÓN Nº ALUMNOS TOTAL 30 xuño/ 4 xullo CONCELLO RIBADUMIA RIBADUMIA SI 2 150 30 xuño/ 4 xullo IES LAXEIRO LALÍN SI 12 900 TOTAL 14 1.050 ------ Folla: 3.16107.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº15 DA OBRA “CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN (PONTEVEDRA)” Vista a certificación núm.15 relativa á obra do “Campo de Fútbol de Pasarón (Pontevedra)”, adxudicada no seu día á Empresa ORECO, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención, de data 19 de maio de 2008, e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do presuposto provincial 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: ORECO, S.A. (C.I.F. A-36.614.691) 08/451.452.662.02.2007 (Deputación) 654.564,90 € SUBTOTAL 654.564,90 € Taxa técnicos directores (4% PEM) 18.967,40 € Control de calidade (2% PEM) 9.483,70 € Seguridade e saúde (0,72% PEM) 3.414,13 € TOTAL DESCONTOS (Certf.14) 31.865,23 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 622.699,67 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulamento ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 4.16108.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DA EXECUCIÓN DAS OBRAS RELATIVAS Ó PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ANO 2008. (1ª PARTE) Retírase da orde do día pendente de mellor estudo expediente relativo á “Aprobación do expediente, mediante procedemento aberto, para a contratación da execución das obras relativas ó Plan Provincial de Cooperación ano 2008. (1ª parte)”. ------ Folla: 5.16109.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE SISTEMAS DE CONTENCIÓN PARA A PROTECCIÓN DE MOTORISTAS NA REDE PROVINCIAL A Deputación de Pontevedra coa finalidade de mellorar e aumentar a seguridade vial das súas estradas decide acometer as obras de adecuación das barreiras de seguridade de diferentes tramos de estradas provinciais da provincia para dotalas dun sistema de seguridade adicional para protección de motocicletas localizados en tres zonas de actuación. Por este motivo, o Director de Infraestruturas da Deputación solicita, con data de 20 de maio de 2008, ó servizo de contratación que inicie os trámites oportunos para contratar o subministro e instalación de sistemas de contención para protección de motoristas na rede provincial, cuxo custo se estima en seiscentos mil euros (600.000,00 €), IVE incluído. Visto o informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerán na contratación, e vistos así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Considerando o disposto nos artigos 34-1,f) da Lei 7/85, de 2 de abril, 185 do TRLRHL, de 5 de marzo de 2004, 117 e concordantes do R.d.l. 781/86, de 18 de abril e 61 do R.d. 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16, apartado segundo das bases de execución do presuposto para o ano 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, do subministro e instalación de sistemas de contención para a protección de motoristas na rede provincial, cos seguintes presupostos máximos en relación coas zonas de actuación: Presuposto Ive máximo Total pres + Ive LOTE 1 185.344,83 € 29.655,17 € 215.000,00 € LOTE 2 185.344,83 € 29.655,17 € 215.000,00 € LOTE 3 146.551,72 € 23.448,28 € 170.000,00 € Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda: - Autorizar o gasto da cantidade de 600.000,00 € que irá con cargo á partida 08/511.511.612.02. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o Concurso como Lei fundamental. - Iniciar o prazo de presentación de proposicións para dito procedemento, coa publicación do anuncio no Boletín Oficial da Comunicade Europea e cunha antelación mínima de corenta días, ademais da súa publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia e Estado. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE SISTEMAS DE CONTENCIÓN PARA A PROTECCIÓN DE MOTORISTAS NA REDE PROVINCIAL 1.- OBXECTO. O subministro e instalación de sistemas de contención para a protección de motoristas na rede provincial, de conformidade coas características mínimas que figuran no prego de prescricións técnicas que se une como anexo. A Deputación non se compromete a realizar un número mínimo de peticións de subministro de material, senón que irá en función das necesidades desta institución, e sempre sen que poida exceder a cantidade máxima estimada establecida na cláusula 5 deste prego. 2.- FINANCIAMENTO. O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente Presuposto Provincial. 3.- PAGO. O pago do prezo do subministro efectuarase contra as presentacións das correspondentes facturas, unha vez se entregou e instalou o material onde se indicou e prestou a conformidade de cumprimento satisfactorio por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO E LUGAR DE ENTREGA. O subministro e instalación dos sistemas de contención deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, a contar dende o día seguinte que se solicite polo responsable do contrato e nas ubicacións que se indiquen dentro da provincia de Pontevedra. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o art. 273 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 5.- TIPO DE LICITACIÓN. Ante a imposibilidade de determinar as cantidades dos sistemas de contención para as vías provinciais que se van a utilizar, fíxanse os seguintes presupostos máximos estimados do contrato en relación cos seguintes lotes: Presuposto Ive máximo Total pres + Ive LOTE 1 185.344,83 € 29.655,17 € 215.000,00 € LOTE 2 185.344,83 € 29.655,17 € 215.000,00 € LOTE 3 146.551,72 € 23.448,28 € 170.000,00 € A Licitación e adxudicación do contrato efectuarase en base ós prezos unitarios (sen Ive), por cada tipo de sinais que oferten os licitadores, e cuxo tipo máximo de licitación fíxase no prego de prescricións técnicas que se une como anexo. Os licitadores deberán ofertar a cada un dos produtos referenciados, sen incluír o Ive. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR. Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 66 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizou a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA. O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no Boletín Oficial da Provincia ou no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obrigación, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, nese caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial, das 9 ás 13 horas, durante un prazo de corenta días naturais (art. 143 LCSP), a partir da data do envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación de plicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE SISTEMAS DE CONTENCIÓN PARA A PROTECCIÓN DE MOTORISTAS NA REDE PROVINCIAL Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase a documentación obxecto de ser valorada no concurso, polo que no mesmo deberá figurar a seguinte documentación: 1. Oferta económica segundo o modelo que figura na cláusula final do prego. 2. Documentación que sirva para valorar a calidade dos bens a subministrar. 3. Proposta mantemento e asistencia post venda. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade de ditas cláusulas ou condicións, sen excepción ou reserva algunha. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA O SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE SISTEMAS DE CONTENCIÓN PARA A PROTECCIÓN DE MOTORISTAS NA REDE PROVINCIAL. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Proposta económica e técnica que servirá de base para que o órgano contratación avalíe e negocie os termos estipulados na cláusula 9. O licitador deberá establecer un prezo unitario de todos os produtos, sen Ive, e o prezo global de todo o subministro, coa partida do Ive de forma independente. 2.- Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, no seu caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 3.- Poder debidamente bastanteado. 4.- Os que acrediten a solvencia económica, financeira e técnica ou profesional. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, na súa falta seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración de cifras de negocio globais dos subministros realizados nos tres últimos exercicios. d) Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 5.-Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN. Estará integrada do seguinte xeito: - PRESIDENTE: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. - VOGAIS: -O Secretario. - O Interventor. - O Enxeñeiro Director de Infraestruturas. - SECRETARIO: O Técnico Adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, en acto público, o Secretario da Mesa de Contratación procederá á apertura dos Sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN Os criterios que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decreciente de importancia, serán os seguintes: 1. Menor prezo ofertado, ata un máximo de catro puntos. Puntuándose en función da seguinte fórmula: P = (L-O)*4/(L-B) Onde: P: Puntuación. L: Presuposto de Licitación. O: Oferta do licitador. B: Oferta máis baixa das consideradas. 2.- Calidade dos bens a subministrar, ata un máximo de tres puntos. 3.- Menor prazo de entrega e instalación, ata un máximo de dous puntos. A ponderación efectuarase conforme á seguinte formula: P = (L-O)*2/(L-B) Onde: P: Puntuación. L: Prazo máximo establecido. O: Prazo ofertado polo licitador. B: Menor prazo ofertado. 4.- Mantemento ou asistencia de Post venda, ata un máximo dun punto. 12.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL. O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas podendo solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, en función dos criterios establecidos no artigo anterior, clasificaraas por orde decrecente, en cuxo efecto, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. Aquel licitador que sexa adxudicatario dun lote non poderá ser adxudicatario dos demais por motivos organizativos e evitar a dependencia nun só empresario que tería que cubrir unha gran cantidade de quilómetros e dispersión de zonas nas que hai que situar os sistemas de contención. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación ou no Boletín Oficial da Provincia. Os licitadores poderán interpor o recurso especial en materia de contratación no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel en que se notifique ou publique o acto impugnado. No caso de que o acto recorrido sexa o de adxudicación provisional do contrato, o prazo contarase dende o día seguinte a aquel en que se publique o mesmo nun diario oficial ou no perfil de contratante do órgano de contratación. A presentación do escrito de interposición deberá facerse no rexistro da Deputación para a resolución do recurso. A subsanación dos defectos deste escrito deberá efectuarse, no seu caso, no prazo de tres días hábiles. 13.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA. A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometeron a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. No obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizou o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 15.- RESPONSABLE DO CONTRATO. Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE. Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 17.- OBRIGACIÓNS DO CONTRATISTA. O contratista estará obrigado a entregar os bens obxecto de subministro no tempo e lugar fixados no contrato e de conformidade coas prescricións técnicas e cláusulas administrativas. O adxudicatario non terá dereito a indemnización por causa de perdas, avarías ou prexuízos ocasionados nos bens antes da súa entrega á Administración, salvo que esta incorrese en mora ó recibilos. Cando o acto formal da recepción dos bens, de acordo coas condicións do prego, sexa posterior á súa entrega, a Administración será responsable da custodia dos mesmos durante o tempo que medie entre unha e outra. Unha vez recibidos de conformidade pola Administración bens, será esta responsable da súa xestión, uso ou caducidade, sen prexuízo da responsabilidade do subministrador polos vicios ou defectos ocultos dos mesmos. 18.- GARANTÍA E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS OU DEFECTOS DURANTE O PRAZO DE GARANTÍA.- O prazo de garantía fíxase, como mínimo, nun ano dende a entrega e instalación do subministro. Se durante o prazo de garantía se acreditase a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados terá dereito a Administración a reclamar do contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a reparación dos mesmos se fose necesario. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación de ditos bens non serán bastantes para lograr aquel fin, poderá, antes de expirar dito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obrigación de pago ou tendo dereito, no seu caso, á recuperación do prezo satisfeito. Terminado o prazo de garantía sen que a Administración formalice algún dos reparos ou a denuncia a que nos referimos, o contratista quedará exento de responsabilidade por razón dos bens subministrados. 19.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO. O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 275 da LCSP. 20.- RÉXIME XURÍDICO. En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. 21.- XURISDICIÓN COMPETENTE. As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN Don..............................................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ......, ...........................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa.............................con C.I.F.-número.................... e domicilio en ........................, teléfono....................segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Informado do anuncio, para adxudicar mediante concurso o contrato correspondente á SUBMINISTRO E INSTALACIÓN DE SISTEMAS DE CONTENCIÓN PARA A PROTECCIÓN DE MOTORISTAS NA REDE PROVINCIAL., LOTE Nº _____________(indicar lote ó que se licita) comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo cos seguintes prezos unitarios: DESCRICIÓN PREZO UNITARIO Barreira de seguridade tipo BMSNA4/120ª de aceiro laminado e galvanizado en quente , de 3 mm de espesor, con postes metálicos cada 4 m tipo C-120 de 1,50 m de lonxitude, Sistema de protección de motociclistas en barreira metálica de seguridade, composta por un perfil interior tipo SPM-ES4 de chapa de aceiro laminado e galvanizado en quente , de 1,8 mm de espesor e 4 metros de lonxitude útil Terminal de sistema de protección de motociclistas tipo SPM-ES4 de chapa de aceiro laminado e galvanizado en quente Abatimento corto de 4 m de lonxitude con barreira metálica de dobre onda de 3 mm de espesor , galvanizada en quente , tipo BM SNA2/120, con postes rectangulares 120*55 mm de 1,50 m de lonxitude de lonxitude fincados Abatimento corto de 12 m de lonxitude con barreira metálica de dobre onda de 3 mm de Udespesor, galvanizada en quente , tipo BM SNA2/120, con postes rectangulares 120*55 mm de 1,50 m de lonxitude fincados Solape de terminal sobre pretil de ponte con barreira metálica de dobre onda de 3 mm de espesor, galvanizada en quente, tipo BM SNA2/120, incluso desmontaxe e montaxe de terminal cola de pez existente, captafaros, parafusería e pezas especiais O prazo para subministrar e instalar os sistemas de contención dende a petición da Deputación será de _________________________” ------ Folla: 6.16110.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE COVELO NO PAM/04, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº342/767, DENOMINADA “GARDERÍA INFANTIL” Dada conta da solicitude de aboo da certificación dous/final, do Concello de Covelo, á vista do informe de Intervención de data 28 do presente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de 12.844,24 €, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito Concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911.911.762.45.2004, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº342/767, denominada “Gardería Infantil”, incluída no PAM/04. ------ Folla: 7.16111.- ADXUDICACIÓN DE DÚAS BOLSAS DE LICENCIADOS/AS EN HISTORIA PARA O SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora de dúas Bolsas de licenciados/as en Historia con destino ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, convocada no Boletín Oficial da Provincia nº 64 de data 03 de abril de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar estas bolsas a D. Julio Rafael Pereira Bernárdez e D. Roberto Rodríguez Álvarez, por importe de 1.000,00 €/mes, con efectos 16 de xuño de 2008 e polo período dun ano, podendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos en total, á vista do informe favorable do Xefe do Servizo e por acordo da Xunta de Goberno. A cantidade total que ascende a 13.000,00 €, para o exercicio económico 2008, imputaranse á partida 08/454.451.481.01 do presuposto provincial. A aceptación e disfrute desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó citado Organismo. ------ Folla: 8.16112.- COMUNICACIÓNS Queda enterada da comunicación do Enxeñeiro Xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento, de data 29/05/08 (nº Rex. entrada 022006, de 30/05/08), enviando Resolución da Excma. Sra. Ministra pola que se aproba o expediente de Información Pública e definitivamente o proxecto de trazado “Remodelación do nudo de O Pino N-550 e PO-10”. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.16113.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DA REDACCIÓN DO PROXECTO E EXECUCIÓN DA OBRA “ACCESO OESTE DE MONTECELO TRAMO 1-PO 223 AVENIDA DE BOS AIRES Vista a acta de cualificación da documentación e apertura das diversas ofertas económicas presentadas ó concurso para a contratación da redacción do proxecto e execución da obra “Acceso Oeste a Montecelo. Tramo I PO-223 a Avda. de Bos Aires (Pontevedra)” formulada pola mesa de contratación; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Infraestruturas relativo ás ofertas presentadas de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación da mesa de contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar á UTE SERCOYSA PROXECTOS Y OBRAS, S.A.-TRAIMA, S.L. a redacción do proxecto e execución da obra de “Acceso Oeste a Montecelo. Tramo I PO-223 a Avda. de Bos Aires (Pontevedra)” na suma de 4.639.493,03 €, IVE incluído, que oferta un prazo de execución de doce meses, melloras valoradas en 1.045.454,32 € e o 2 % do presuposto de execución material para control de calidade. A adxudicación efectúase por ser a empresa que presentou a oferta mais vantaxosa para a administración e para o interese público, ó ter obtido a máxima puntuación de acordo cos criterios de valoración establecidos na base trece do prego económico-administrativo que rexeu o concurso, ademais de ser a única empresa que alcanzou os 2/3 da puntuación. O adxudicatario depositará unha garantía definitiva equivalente ó 4 % do prezo de adxudicación de acordo co establecido no art. 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se prestou aprobación ó Texto Refundido da LCAP, que é de aplicación dado que a disposición transitoria primeira da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que os expedientes de contratación iniciados antes da súa entrada en vigor rexeranse pola normativa anterior. Dita garantía depositarase na Tesourería da Deputación Provincial dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación deste acordo. Caso de non cumprirse este requisito declararase deserto o contrato. Así mesmo, a empresa adxudicataria debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 20ª do prego de cláusulas administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 391,88 €, correspondente á publicación do anuncio do concurso no B.O.P. e D.O.G. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.16114.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICO EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS DE A LANZADA PARA O VERÁN DO ANO 2008 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 16 de abril de 2008 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante concurso, procedemento aberto, do servizo de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada durante o ano 2008, por un tipo máximo de licitación de 76.500,00 euros, IVE incluído, a razón dun prezo unitario máximo de 9.562,50 euros por cada quenda de campamento realizado. Resultando que o anuncio do concurso para a contratación do servizo de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada durante o ano 2008, foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número, 79 de data 24 de abril de 2008. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas efectuouse o día 13 de maio de 2008, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das ofertas presentadas polas empresas, TRANSGALAICA, S.L. e “XIANA ZAPATA CRIADO, RECURSOS GALICIA, S.L., e GALICIA MULTIGESTIÓN DEPORTIVA, S.L., UNIÓN TEMPORAL DE EMPRESAS, LEI 18/82 de 26 de maio”, as cales foron admitidas ó concurso, pasándose o expediente a informe dos correspondentes servizos técnicos da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 3 de xuño de 2008 formula proposta para que se lle adxudique o concurso á empresa, TRANSGALAICA, S.L., por resultar a oferta máis vantaxosa das presentadas e admitidas, de acordo co informe emitido pola Directora de Xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, de data 29 de maio de 2008, así como por reunir os requisitos esixidos nos pregos de condicións que rexen dito concurso. Considerando que a disposición transitoria primeira da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, que entrou en vigor o pasado día 30 de abril de 2008, recolle no seu apartado número 1 o seguinte: “Os expedientes de contratación iniciados antes da entrada en vigor desta Lei rexeranse pola normativa anterior. A estes efectos entenderase que os expedientes de contratación foron iniciados se se publicase a correspondente convocatoria do procedemento de adxudicación do contrato”. Considerando que a publicación do anuncio do concurso para a contratación do servizo de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada durante o ano 2008, foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número, 79 de data 24 de abril de 2008, e que de acordo co disposto na citada disposición transitoria primeira da Lei 30/2007, a adxudicación deste contrato débese efectuar seguindo o establecido no Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, ó ser a normativa vixente nese momento en materia de contratación. Considerando que a disposición adicional segunda da citada Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta a esta Presidencia para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto para 2008, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Adxudicar á empresa, TRANSGALAICA, S.L. (C.I.F.- B-15.312.838), o concurso convocado para a contratación dos servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2008, polo prezo global ofertado de setenta e seis mil cincocentos euros (76.500,00 €), IVE incluído, a razón de 9.562,50 euros, IVE incluído, por cada quenda de campamento e coas melloras ofertadas pola empresa. A adxudicación a favor de Transgalaica, S.L., motívase por resultar a empresa que presenta a oferta máis vantaxosa, así como por reunir os requisitos esixidos nos pregos de condicións que rexen dito concurso. A asistencia técnica educativa efectuarase de conformidade co establecido nos pregos de condicións aprobados pola “Xunta de Goberno” na sesión do día 16 de abril de 2008 e terá lugar dende o día 1 de xullo ó 29 de agosto do ano 2008, ambos incluídos. Os campamentos desenvolveranse en oito quendas cun máximo de 160 menores por quenda e nas datas que se detallan a seguir. UBICACIÓN INICIO-FIN PERSOAS DÍAS PRAZAS 1º Campamento 01-07-08 ó 07-07-08 160 7 160 2º Campamento 08-07-08 ó 14-07-08 160 7 160 3º Campamento 16-07-08 ó 22-07-08 160 7 160 4º Campamento 23-07-08 ó 29-07-08 160 7 160 5º Campamento 01-08-08 ó 07-08-08 160 7 160 6º Campamento 08-08-08 ó 14-08-08 160 7 160 7º Campamento 16-08-08 ó 22-08-08 160 7 160 8º Campamento 23-08-08 ó 29-08-08 160 7 160 TOTAL........... 1.280 O pagamento dos servizos de asistencia técnico educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2008, efectuarase á empresa adxudicataria, contra a presentación das correspondentes facturas debidamente conformadas que se presentarán acompañadas da memoria resumo das actividades desenvolvidas, unha vez finalizado cada unha das quendas de campamentos, con cargo á partida 08/452.452.227.20, do vixente Presuposto Provincial. O adxudicatario deberá constituír unha garantía definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación, por importe de 3.060,00 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo acórdase a devolución das garantías provisionais constituídas polos licitadores que non resultaron adxudicatarios. A garantía provisional da empresa adxudicataria será devolta unha vez constitúa a garantía definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 136,65 euros, en concepto de gastos por inserción do anuncio do concurso no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.16115.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DE “VESTIARIOS NO CAMPO DE FÚTBOL DA PELADA-FAXILDE (VILAGARCÍA) Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 26/07/2007, polo que se adxudicou a NOVO LAR DE AROUSA, S.L. a obra “Vestiarios no campo de fútbol da Pelada-Faxilde (Vilagarcía)” na suma de 85.600,00 €. Visto o proxecto modificado de dita obra redactado polo Servizo de Arquitectura como consecuencia de que, iniciada a obra, detectáronse diferenzas entre o proxecto inicial e o estado da obra en determinados aspectos do cimento e estrutura observándose a necesidade de realizar muros de contención de formigón armado, pola diferenza de cotas existente entre a rúa e o edificio non reflectidas no proxecto, así como se constatou a necesidade de realizar unha soleira e muro de formigón armado para contención entre fachada e área de xogo, así como a adaptación da cuberta existente ó novo edificio, contemplándose ademais a posibilidade de realizar melloras nas instalacións (fachada, soportais, urbanización, etc.) que solucionen as deficiencias detectadas nestes e nos acabados da obra. E, visto o informe emitido por Intervención relativo á existencia de crédito adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto na vinculación da partida 08/123.452-668.05 (documento RC 200800047984), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado de “Vestiarios non campo de fútbol da Pelada-Faxilde (Vilagarcía)” por importe de 152.245,51 €, supoñendo un incremento sobre o contrato primitivo de 66.645,51 €. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.16116.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE TERMINACIÓN E.P. 2606 PONTE CALDELAS- SAN VICENTE-XUSTÁNS (PONTE CALDELAS)” (PPC 2008) Visto o proxecto, remitido polo Director de Infraestruturas, redactado polo Servizo de Vías e Obras para a execución da obra “Terminación E.P. 2606 Ponte Caldelas-San Vicente-Xustáns (Ponte Caldelas)”, incluída no Plan Provincial de Cooperación 2008, cuxo importe ascende á suma de 288.000,00 €, IVE incluído, que ten por obxecto a formación da explanación para 12 m. de largura total, limpeza de cunetas e taludes, construción de muros de contención e sostemento, e o afirmado da zona ensanchada. E, visto o informe emitido por Intervención relativo á existencia de crédito adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto na partida 08/911.511-611.09, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto e iniciar o correspondente expediente para proceder á súa contratación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.16117.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA OBRA “SINALIZACIÓN EP 8001 CALDAS-CARRACEDO-CATOIRA (CALDAS DE REIS-CATOIRA)” Visto o escrito remitido a contratación polo Servizo de Vías e Obras, con data 14 de maio de 2008, no que se solicita que se inicie o expediente para contratar as obras de “Sinalización E.P. 8001 Caldas-Carracedo-Catoira (Caldas de Reis-Catoira)”, estimándose e custo máximo en 207.001,29 €, IVE incluído Visto o acordo da Xunta de goberno, adoptado en sesión de 21 de maio de 2008, polo que se aprobou o proxecto anteriormente mencionado. Resultando que polo Servizo de Intervención se emite o documento RC con número de operación 2008000442590, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente Presuposto Provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. Resultando que o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, polo que con idéntica data elabórase o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación. Resultando que polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido na disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector publico, no artigo 111 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 6, 155 d) e 161.2 da LCSP. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto para 2008, concretamente na Base 16ª, en onde figura que a autorización destes gastos é competencia da Presidencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, da execución da obra “Sinalización E.P. 8001 Caldas-Carracedo-Catoira (Caldas de Reis-Catoira)” por un importe de cento setenta e oito mil catrocentos corenta e nove euros con trinta e nove céntimos (178.449,39 €), excluído o IVE partida do imposto sobre o valor engadido estímase nunha cantidade máxima de vinte e oio mil cincocentos cincuenta e un euros con noventa céntimos (28.551,90 €). 2. Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento negociado. 3. Autorizar o gasto por importe de 207.001,29 €, con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente presuposto provincial. 4. Dar traslado deste acordo, acompañado dunha copia do prego de condicións económico-administrativas, a tres empresas para invitalas a presentar, no caso de estar interesados, as correspondentes proposicións económicas para optar á adxudicación deste contrato. Dito prego é como segue: PREGO DE CLAUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE DA OBRA “SINALIZACION E.P. 8001 CALDAS-CARRACEDO-CATOIRA (CALDAS DE REIS-CATOIRA)”. CPV 45230000 1.- OBXECTO. A execución da obra “Sinalización E.P. 8001 Caldas-Carracedo-Catoira (Caldas de Reis-Catoira)”, cuxo proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno en sesión de 21/5/2008. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado polo órgano de contratación e integrado polos documentos enumerados no artigo 107 do LCSP, e artigos 125 a 132 do RGLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considéranse como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO. A obra obxecto deste contrato conta cun presuposto de cento setenta e oito mil catrocentas corenta e nove euros con trinta e nove céntimos (178.449,39 €), excluído o IVE. A partida do Imposto sobre o Valor Engadido estímase nunha cantidade máxima de vinte e oito mil cincocentos cincuenta e un euros con noventa céntimos (28.551,90 €). O presuposto de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o presuposto de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do presuposto de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o presuposto de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do presuposto de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licencias, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. 3.- FINANCIAMENTO. O prezo da obra financiarase con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente presuposto Provincial. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN. O prazo máximo para a execución da obra de referencia será de SEIS MESES, contado dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, excepto que exista razón fundada que impida o seu comezo. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obra que van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que comporta a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO. Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntaria. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización por danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR. Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias diante da Administración debendo nomear perante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no BOP ou no perfil de contratante do órgano de contratación. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 10 días naturais contados dende o día seguinte á recepción do convite a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratación@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións presentaranse en sobre pechado, que poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; debendo conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA “SINALIZACIÓN E.P. 8001 CALDAS-CARRACEDO-CATOIRA (CALDAS DE REIS-CATOIRA)” Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade de ditas cláusulas ou condicións, sen salvidade ou reserva algunha. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Proposta económica e técnica que servirá de base para que o órgano contratación avalíe e negocie os termos estipulados na cláusula 9. Así mesmo, deberase establecer a porcentaxe que se aplicará ó control de calidade, que deberá ser expresado con dous decimais e será aplicado sobre o presuposto de execución material da obra. 2.- Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal diante da Administración. 3.- Poder debidamente bastanteado. 4.- Certificación expedida por Organismo competente relativa á clasificación empresarial, esixíndose a seguinte: Grupo G, subgrupo 5, categoría d, quedando xustificados os requisitos da súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional. Se a empresa se atopase pendente de clasificación, deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso, debendo xustificar o estar en posesión da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para a subsanación de defectos ou omisións na documentación. 5.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia a executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: Cando a acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores se realicen mediante a certificación dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 9.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR. -Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato. -Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado. -Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. -Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. 10.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL. O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas e negociados os aspectos técnicos e económicos clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. Cando o único criterio a considerar sexa o prezo, entenderase que a oferta economicamente máis vantaxosa é a que incorpora o prezo máis baixo. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 11.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA. A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no BOP ou no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 12.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 13.- RESPONSABLE DO CONTRATO. Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada á Deputación ou allea a ela. 14.- PERFIL DO CONTRATANTE. Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO. Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a dirección de obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO. A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó Director facultativo das obras. 17.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA. As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxe

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición