Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2008-06-18_Ordinaria. Acta de sesión 2008/06/18_Ordinaria
Acta de sesión 2008/06/18_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.376/2.2008-06-18_Ordinaria
Título Acta de sesión 2008/06/18_Ordinaria
Data(s) 2008-06-18 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dezaoito de xuño do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.16151.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 11 de xuño de 2008. ------ Folla: 2.16152.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE MOS NO PSA/06, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº26/885, DENOMINADA “REDE DE SUMIDOIROS EN CABALEIROS” (CERTIFICACIÓN UN) Dada conta da solicitude de aboo da certificación un, do concello de Mos, á vista do informe de Intervención de data 9 de xuño presente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de 9.614,03 euros, seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911.441.762.45.2006, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº 26/885, denominada “Rede de sumidoiros en Cabaleiros”, incluída no PSA/06. ------ Folla: 3.16153.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE MOS NO PSA/06, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 26/885, DENOMINADA “REDE DE SUMIDOIROS EN CABALEIROS” (CERTIFICACIÓN DOUS/FINAL) Dada conta da solicitude de aboo da certificación dous/final, do concello de Mos, á vista do informe de Intervención de data 10 de xuño presente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de 17.164,76 euros, seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello e declarar de aboo dita cantidade, con cargo á partida 08/911.441.762.45.2006, como pago da subvención concedida á mesma, para a obra nº 26/885, denominada “Rede de sumidoiros en Cabaleiros”, incluída no PSA/06. ------ Folla: 4.16154.- MODIFICACIÓN DO ORZAMENTO DA OBRA “SANEAMENTO EN NÚCLEOS RURAIS DE A BOUZA, OS CRUCEIROS, A BARCIA E GÁNDARA (SAN MARTIÑO DE MEIS)”, DO CONCELLO DE MEIS, INCLUÍDA NO PSA/2006-08, ANUALIDADE 2006, APROBADA NA XUNTA DE GOBERNO DE 21 DE ABRIL DE 2006 Vista a petición do concello de Meis, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a modificación do presuposto da obra nº 61/1197 “Saneamento en núcleos rurais de A Bouza, Os Cruceiros, A Barcia e Gándara (San Martiño de Meis”, incluída no PSA/06-08, cun presuposto de 7.991,40 €, sendo o importe do novo presuposto de 18.001,38, e quedando suxeita ás condicións establecidas no acordo da Xunta de Goberno nº 12.13922, de 21 de abril de 2006. A relación de obras subvencionadas ó concello de Meis con cargo ó PSA/06-08, distribuída por anualidades queda como a continuación se relaciona: Denominación obra Anualidade 2006 Anualidade 2007 Anualidade 2008 Anualidades Orzam. Subv. Orzam. Subv. Orzam. Subv. 2006-2008 TOTAL TOTAL TOTAL Total Subv. Saneamento en núcleos rurais de A Bouza, Os Cruceiros, A Barcia e Gándara (San Martiño de Meis) 18.001,38 5.993,55 5.993,55 Abastecemento auga rede secundaria San Vicente 12.020,05 9.015,04 9.015,04 Conexión saneamento en San Martiño 29.730,28 22.297,71 22.297,71 Saneamento en Lamas 18.321,55 6.277,13 6.277,13 Saneamento en Zacande 27.871,16 20.903,37 20.903,37 Saneamento en Saramagoso 5.026,14 3.386,95 3.386,95 30.021,43 15.008,59 48.051,83 28.574,84 32.897,30 24.290,32 67.873,75 ------ Folla: 5.16155.- PRÓRROGA DE DÚAS BOLSAS DE LICENCIADOS PARA DESENVOLVER TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN NA ÁREA DE MICROBIOLOXÍA NA FINCA MOURISCADE Visto o escrito de data 30 de maio de 2008, presentado pola Xefe de Servizo da Finca Mouriscade, na que solicita a prórroga das Bolsas de Licenciados concedidas a Dona Isaura Gómez Márquez e D. Sergio Sueiro Quinteiro, informando que ambos desenvolven a cabo os seus traballos de investigación con interese e dedicación, na área de investigación de Microbioloxía, colaborando na posta a punto de novas técnicas para a identificación de Microorganismos e as novas propiedades da fariña de soia, respectivamente. Considerando que unha vez examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que por Acordo da Xunta de Goberno de 24 de marzo de 2006, número 9.13830 aprobáronse as bases que rexerían a Convocatoria de dúas Bolsas para a realización de Tarefas de Investigación no Laboratorio da Finca Mouriscade. Considerando que a cláusula Oitava das Bases establece no apartado a) que “a Bolsa terá unha duración dun ano, contado dende a data na que o adxudicatario comezou a facer uso da mesma e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro anos, a petición e co informe favorable do Xefe de Servizo e Acordo da Xunta de Goberno.” Considerando que o 09 de xuño de 2006, a Xunta de Goberno, en acordo número 9.14043, acordou a adxudicación de ditas Bolsas a favor de Dona Isaura L. Gómez Márquez e D. Sergio Sueiro Quinteiro, con efectos 16 de xuño de 2006. Resultando que a prórroga de ambas Bolsas finaliza o próximo 15 de xuño, se ben de acordo co establecido nas Bases que rexeron dita Convocatoria, é posible prorrogar o disfrute das Bolsas por un novo período anual que abarcaría dende o 16 de xuño de 2008 ata o 15 de xuño de 2009. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a prórroga das Bolsas concedidas a Dona Isaura L. Gómez Márquez e D. Sergio Sueiro Quinteiro, con efectos 16 de xuño de 2008 e ata o 15 de xuño de 2009. A dotación económica de cada Bolsa ascende a 1.000,00 €/mes, o que supón un total de 13.000,00€ para o período comprendido entre o 16 de xuño ó 31 de decembro de 2008, cantidade que se imputará á partida 08/712.712.481.01, do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 6.16156.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA DE DIPLOMADO UNIVERSITARIO, PROFESOR COA ESPECIALIDADE DE MÚSICA, PARA O SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO Visto o escrito de data 29 de maio de 2008, presentado polo Xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico no que solicita a prórroga da Bolsa de Diplomado Universitario, Profesor coa especialidade de Música, da que é beneficiario D. Óscar Ibáñez García, informando que leva a cabo o seu traballo de forma satisfactoria. Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que por Acordo da Xunta de Goberno de 09 de xuño de 2006, número 8.14042 acordouse a adxudicación dunha Bolsa de Profesor especialidade en Música, con destino ó Servizo de patrimonio Documental e Bibliográfico, resultando beneficiario D. Oscar Ibáñez García. A cláusula Oitava das Bases da Convocatoria, publicadas no B.O.P. nº 70 de 10 de abril de 2006, establece no apartado a) que “a Bolsa terá unha duración dun ano, contado dende a data na que o adxudicatario comezou a facer uso da mesma e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro anos, a petición e co informe favorable do Xefe de Servizo e Acordo da Xunta de goberno.” A prórroga desta Bolsa finaliza o próximo 15 de xuño, se ben de acordo co establecido nas Bases, é posible a súa prórroga por un novo período anual que abarcaría dende o 16 de xuño de 2008 ata o 15 de xuño de 2009. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias que lle conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a prórroga da Bolsa concedida a D. Óscar Ibáñez García, con efectos 16 de xuño de 2008 e ata o 15 de xuño de 2009. A dotación económica de cada Bolsa ascende a 1.000,00 €/mes, o que supón un total de 6.500,00€ para o período comprendido entre o 16 de xuño ó 31 de decembro de 2008, cantidade que se imputará á partida 08/454.451.481.01, do vixente presuposto provincial. ------ Folla: 7.16157.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS A) Con data 6 de xuño de 2008, remítese ó Servizo de Recursos Humanos e Formación a solicitude de 28 de maio de 2008, de Intervención, na que se expón que o próximo día 17 de xuño desenvolverase en Barcelona unha Xornada impartida pola empresa T-Systems, relativa ó desenvolvemento do novo programa de contabilidade, utilizado pola Deputación Provincial de Pontevedra e Organismos Autónomos dela dependentes, co fin de analizar as alternativas para a súa implantación. Dita actividade levarase a cabo na data sinalada, durante toda a xornada, nas instalacións da devandita empresa en Barcelona. Para iso, é necesario que asistan D. Julio J. Souto Díz, Xefe de Servizo de Contabilidade e D. Amancio Varela García, responsable do Servizo de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, ambos funcionarios de carreira. A solicitude é informada favorablemente polo Deputado Provincial, D. José Juan Durán Hermida. 2º.- D. Julio J. Souto Diz, desprazarase dende o aeroporto da Coruña, e D. Amancio Varela García dende o aeroporto de Santiago. Os gastos de desprazamento en avión serán sufragados pola empresa adxudicataria do programa de contabilidade, polo que solicitan autorización para a realización do devandito desprazamento, así como as indemnizacións por razón do servizo que legalmente lles correspondan en concepto de dietas por manutención, desprazamento en vehículo propio ata o aeroporto (ida e volta), peaxe e aparcadoiro, así como os gastos dende o aeroporto de Barcelona, en taxi, ata a sede da empresa T-Systems, situada na r/ Espronceda 254 de Barcelona. De acordo co exposto, e ó amparo do establecido no R.d. 462/2002 de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das competencias atribuídas polo artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, autorizar a D. JULIO J. SOUTO DIZ, Xefe de Servizo de Contabilidade e a D. AMANCIO VARELA GARCÍA, Responsable do Servizo de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, para que se despracen o próximo 17 de xuño á sede da empresa T-Systems en Barcelona, e con dereito a que se lle aboen os gastos solicitados e que se especifican segundo o seguinte detalle: Solicitante Destino Km Total Peaxe Autoest A Aparcam. ½ Manut Taxi Santiago AMANCIO VARELA GARCÍA Aeroporto 138 26,22 € 8,40 € 12,00 € 14,11 € 30 € JULIO SOUTO DIZ Aeroporto Alvedro 242 45,98 € 18,30 € 12,00 € 26,67 € 30 € O importe estimado ascende a un total de 223,68 €, que se imputarán ás seguintes partidas: JULIO J. SOUTO DIZ -DESPRAZAMENTOS: 106,28 €, Partida: 08/611.611.231.01 -DIETAS: 26,67 €, Partida: 08/611.611.230.01 AMANCIO VARELA GARCÍA -DESPRAZAMENTOS: 76,62 €, Partida: 08/132.121.231.01 -DIETAS: 14,11 €, Partida: 08/132.121.230.01 Así mesmo, e a teor do disposto no Acordo da Xunta de Goberno número 14.15813, de data 23 de xaneiro de 2008 sobre “Aprobación dos modelos de xustificación de gastos para o aboo das Indemnizacións por Razón do Servizo”, deberán achegar a correspondente xustificación documental, unha vez finalizada a Comisión. B) Con data 09 de xuño de 2008, D. Agustín Hernández Fernández de Rojas, Director de Infraestruturas, presentou escrito no que expón que con motivo da reunión de coordinación dos membros do Secretariado Permanente dos Congresos VYODEAL, convocada pola Asociación Española de la Carretera, que se celebrará o próximo 11 de xuño de 2008 en Barcelona, coincidindo coa celebración do Congreso Mobilidad Local y Territorio, polo que solicita autorización para asistir á mesma, en avión, con saída ás 8:55 horas desde Santiago de Compostela e regreso o mesmo día ás 21:45 horas, así como que se lle aboen os gastos que legalmente lle correspondan, cuxa previsión é a seguinte: - Billete de avión ida-volta, desde Santiago de Compostela-Barcelona: 234,74 € - Desprazamentos taxis: 40 €. TOTAL: 274,74 €. A solicitude é informada favorablemente polo Deputado Delegado de Cultura, D. José Juan Durán Hermida. Examinados os antecedentes que obran no expediente, non consta que o solicitante fora autorizado para este tipo de licenzas con anterioridade ó longo do ano 2008. Visto o programa da Xornada, achegado polo solicitante, e de acordo co establecido no apartado 8 do Acordo da Xunta de Goberno de 09 de marzo de 2007, nº 9.14880, existe unha correlación directa entre o contido e obxecto da actividade formativa e o traballo desenvolvido polo interesado no Servizo. A normativa reguladora das “Licenzas e Axudas Económicas para Asistencia a Cursos, Conferencias e Congresos, Xornadas e Reunións”, aprobada pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 09 de marzo de 2007, establece na súa Cláusula 11ª) que “a axuda económica que se poderá conceder ós solicitantes comprenderá os gastos de matrícula e inscrición, gastos de desprazamento e as axudas por aloxamento e manutención do grupo ó que pertenza o funcionario, que terán a consideración de residencia eventual.” Tendo en conta os importes fixados no R.d. 462/2002 de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, o importe total solicitado, cuantifícase nun total de 301,41 € de acordo co seguinte detalle: Desprazamentos: - Gastos de avión Santiago de Compostela-Barcelona: 234,74 € - Desprazamento en taxi: 40 € - Total: 274,74 €, partida orzamentaria: 08/511.511.231.01. ½ Manutención, Grupo 1: 26, 67 €, partida orzamentaria: 08/511.511.230.01 Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a Xornada, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma, os gastos e axudas de manutención, nos termos e condicións establecidas no real Decreto 462/2002, de 24 de maio. Ó amparo do establecido na normativa reguladora das “Licenzas e axudas económicas para asistencia a cursos, conferencias e congresos, xornadas e reunións” aprobada pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 09 de marzo de 2007, tendo en conta os importes fixados no R.d. 462/2002, de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, a Xunta de Goberno, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, acorda por unanimidade autorizar a licenza solicitada co aboo dos importes que legalmente corresponden e que se especifican nos parágrafos anteriores. C) Mediante escrito de data 28 de maio de 2008, número de rexistro de entrada 21657, con data 5 de xuño de 2008, D. J. Pedro Mansilla Vázquez, Xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, expón que con motivo da celebración do XIV Congreso da Sociedade Española de Fitopatoloxía, entre os días 15 á 19 de setembro de 2008, de acordo co programa que se adxunta, presentaranse os traballos realizados pola Estación Fitopatolóxica, detallados na súa solicitude. Para a súa presentación, resulta necesario que se inscriban e asistan dúas persoas, polo que solicita que se conceda autorización para a asistir a D. Pedro Mansilla Vázquez e a Dona Adela Abelleira Argibay, en representación do Centro, os días 16, 17 e 18 de setembro, así como que se aboen os gastos de desprazamento e dietas que se xeren. D. Pedro Mansilla Vázquez forma parte do Comité Organizador, polo que asistirá en horarios distintos a Dona Adela Abelleira Argibay, o que implica que se desprazarán en vehículos diferentes. A solicitude é informada favorablemente por D. José Juan Durán Hermida, Vicepresidente. De acordo co exposto, e ó amparo do establecido no R.d. 462/2002 de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, e en virtude das competencias atribuídas polo artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade autorizar a D. Pedro Mansilla Vázquez e Dona Adela Abelleira Argibay, funcionarios da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, para que asistan ó XIV Congreso da Sociedade Española de Fitopatoloxía, que se celebrará en Lugo, os días 16, 17 e 18 de setembro, co fin de que presenten os traballos realizados polo Centro, e a que se lle aboen os gastos xerados, nos termos que se detallan a seguir: A) Pedro Mansilla Vázquez: DESPRAZAMENTOS: - Kilometraxe (Pontevedra-Lugo-Pontevedra): 380 Km x 3 días x 0,19 €: 216,60 € - Peaxe (Pontevedra-Lugo-Pontevedra): 20 € x 3 viaxes 60,00 € DIETAS: - 3 ½ Manutenciones Grupo 1: 26,67 € x 3 días 80,01 € GASTOS DE INSCRICIÓN: 200,00 € B) Adela Abelleira Argibay: DESPRAZAMENTOS: - Kilometraxe (Pontevedra-Lugo-Pontevedra): 380 Km x 3 días x 0,19 €: 216,60 € - Peaxe (Pontevedra-Lugo-Pontevedra): 20 € x 3 viaxes 60,00 € DIETAS: - 3 ½ Manutenciones Grupo 2: 18,70 € x 3 días 56,10 € GASTOS DE INSCRICIÓN: 200,00 € As cantidades detalladas, que ascenden a un total de 1.089,31 €, imputaránselle ás seguintes partidas orzamentarias: - 08/714.714.230.01: 136,11 €. - 08/714.714.231.01: 553,20 €. - 08/122.314.162.00: 400,00 €. Finalmente a teor do disposto no Acordo da Xunta de Goberno número 14.15813, de data 23 de xaneiro de 2008 sobre “Aprobación dos modelos de xustificación de gastos para o abono das Indemnizacións por Razón do Servizo”, deberán achegar a correspondente xustificación documental, unha vez finalice o Congreso. ------ Folla: 8.16158.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JUAN JOSÉ LLERENA ORGAZ, POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA QUE VAI DENDE PONTECESURES A VILAGARCÍA NO LUGAR DE CAMPAÑA (VALGA) Dada conta que con data de rexistro 11/12/07 (nº 40811) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por JUAN JOSE LLERENA ORGAZ, con enderezo, en Avda. de Lugo, nº 223, 1º Izqda, Santiago, por danos en vehículo da súa propiedade, marca Ford Escort, matricula PO-4721-BC, na estrada que vai dende Pontecesures a Vilagarcía no lugar de Campaña o día 1/2/07, achegando factura de reparación do vehículo por importe de 437,11 €, segundo factura de reparación do vehículo que achega xunto coa súa instancia. Resultando.- Que con data 12/12/07 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.D. 429/93, relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 4/4/08, con seguinte contido: “1.- La carretera que va de Pontecesures a Vilagarcía, en el lugar de Campaña-Valga es la E.P. 8502 Valga-Baño y está incluida en la red de carreteras provinciales. 2.- Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia del accidente de referencia; tampoco se ha tenido conocimiento de la existencia de otros accidentes provocados por la misma causa en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. 3.- El día del accidente- 1 de febrero de 2007- la canalización de aguas en el tramo del vial en el que se produjo el siniestro era provisional, estando pendiente su ejecución definitiva de la finalización de los trabajos de mejora en la carretera provincial 8502 Valga-Baño. 4.- A la vista de la documentación gráfica que obra en el expediente se puede observar como el tubo de recogida de pluviales estaba al descubierto- para que el agua no se embalsara en la zona de circulación- en tanto no se colocaba el sumidero definitivo, a consecuencia de lo cual se produjeron los daños denunciados”. Considerando que a instancia que se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos no artigos 6.1 do R.D. 429/03 en relación co 70,30,31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que o consignado no informe resulta suficiente no presente suposto para apreciar a responsabilidade desta Deputación ó resultar probada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93. Considerando que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85,223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando que neste caso cumpriméntanse os requisitos esixidos no artigo 139.1 e 2 da Lei 30/92, é dicir, dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado en relación o prexudicado, 2, apartado 1, do R.d. 429/93, que aprobou o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial, o que, unido á proba da relación de causalidade, impón no presente suposto a apreciación de responsabilidade patrimonial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º.- Estimar a reclamación presentada por Don Juan José Llerena Orgaz, con D.N.I. nº 35.390.319-N, por danos en automóbil da súa propiedade marca Ford Escort matrícula PO-4721-BC, como consecuencia da existencia dunha focha na estrada valorados en 437,11 euros, segundo factura de reparación do vehículo que figura no expediente. 2º.- En consecuencia, aprobar o gasto, recoñecer a obriga e declarar de aboo a citada cantidade de 437,11 euros con cargo a partida 08/511.511.210.00 do Presuposto, sometido á condición suspensiva da achega polo interesado de copia autenticada do NIF ou CIF así como factura orixinal ou copia autenticada da mesma e número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria no prazo de DEZ DIAS a partir da notificación do presente acordo. 3º.- Dar traslado así mesmo a Intervención e á Tesourería, ós efectos oportunos. ------ Folla: 9.16159.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PLAN PARCIAL DE DESENVOLVEMENTO DO S.U. 14, EN MONTE FARO – NOALLA, DO CONCELLO DE SANXENXO Dada conta da comunicación do Sr. Xerente Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, de data 2 de abril de 2008 (rexistro de entrada núm. 13009, de data 03/04/08), pola que se remite copia do expediente sobre Plan Parcial de desenvolvemento do S.U. 14, en Monte Faro – Noalla, do Concello de Sanxenxo, a efectos de informe, por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Director de Infraestruturas, de data 6 de xuño de 2008, no que manifesta, entre outros: “I.- ANTECEDENTES: El plan parcial objeto de este informe se corresponde con el ámbito denominado S.U.14 del Plan General de ordenación del Concello de Sanxenxo. El terreno constituye un polígono sensiblemente rectangular que limita al norte y noroeste con la vía rápida Sanxenxo-O Grove. Topográficamente, el terreno está conformado por dos protuberancias en los extremos este y oeste que alcanzan la cota 115. De norte a sur presenta un descenso gradual dese la cota 105, lindante con la referida Vía Rápida Sanxenxo-O Grove hasta el Sur que se encuentra a la cota 50. El sector de suelo urbanizable SU-14 se apoya fundamentalmente sobre la Vía Rápida Sanxenxo-O Grove con la cual conecta en dos puntos: en el extremo noroeste con un enlace a distinto nivel y que será el soporte de la nueve vía de comunicación de esta Vía Rápida con la carretera autonómica PO-308 y en la parte noreste del sector también mediante el enlace a distinto nivel con la carretera provincial EP 9206 Portonovo-Vichona. II.- ESTRADAS PROVINCIAIS AFECTADAS: El ámbito del SU-14 afecta de forma directa a dos carreteras provinciales: la EP 9206 Portonovo-Vichona, en la que se plantea la construcción de una rotonda para conectar la zona residencial este, con el viario exterior; y la EP 9208 Noalla-Aios en la que se plantea la construcción de un pequeño tramo en variante y una rotonda para conectar la zona residencial oeste con el viario general. En esa futura rotonda conectará también un nuevo vial del plan general que servirá de eje de unión entre la Vía Rápida Sanxenxo-O Grove y la carretera de la costa PO-308. III.- INFORME SOBRE LAS AFECCIONES A LAS VÍAS PROVINCIALES: Tal y como se ha indicado en el apartado anterior, son dos las carreteras provinciales afects por la actuación: EP-9206: Se plantea la ejecución de una rotonda que daría acceso al viario interior. Este diseño no se considera adecuado al penalizar de forma notoria al tráfico que discurre por la estrada provincial, especialmente el que se dirige de la vía rápida hacia Portonovo. Se considera que para resolver este acceso sería más adecuado la construcción de un acceso a nivel directo, dotado de los correspondientes carriles centrales de espera que se ajusten a lo establecido en la “Instrucción de acceso a las estradas convencionales de titularidad de la Comunidad Autónoma de Galicia”, a falta de una normativa propia de la Diputación. A la vista de la documentación sometida a informe, se observa que la modificación planteada en el párrafo anterior (la inclusión de cuñas, cambio de sentido y carriles centrales de espera) se podría encajar de forma aproximada sin producir nuevas afecciones, ni un incremento de la superficie ocupada sobre el ámbito inicialmente previsto para el desarrollo del plan. EP-9208: Se plantea la construcción de un tramo en variante y una rotonda para conectar la referida vía provincial con el vial nuevo previsto en le plan. Las dimensiones y el diseño de la rotonda se ajustan a las prescripciones de la “Instrucción de acceso a las estradas convencionales de titularidad de la Comunidad Autónoma de Galicia” (a nivel del diseño incluido en el documento). Especialmente se ha comprobado que las dimensiones de los planos son superiores a las mínimas establecidas en la instrucción anteriormente señalada. En base a esta circunstancia se considera adecuado el diseño planteado para la conexión con al EP 9208 a expendas de que en su momento, tanto en este diseño como en el correspondiente a la EP 9206, se solicite a este Organismo la oportuna autorización para ejecución de las obras, aportando los correspondientes proyectos constructivos de la conexiones, al objeto de comprobar su correcto diseño y proceder a la autorización correspondiente. IV.- CONCLUSIÓN: De acuerdo con los antecedentes indicadas en los puntos anteriores y en lo relativo a la red viaria titularidad de la Diputación, se informa favorablemente el plan parcial de referencia, siempre y cuando se realicen los ajustes indicados, es decir se sustituya la rotonda en la EP 9206 por una intersección con cuñas, cambio de sentido y carriles centrales de espera. Asimismo el diseño definitivo deberá ser facilitado a los servicios técnicos de la Diputación, como paso previo a la autorización y ejecución de las obras que afectan a la red provincial.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo. ------ Folla: 10.16160.- INFORME EN RELACIÓN COA AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO “AUTOVÍA A-54 N-547 ENLACE ARZÚA OESTE- ENLACE DE PALAS DE REI OESTE A CORUÑA-LUGO”, REMITIDO POLA DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL DO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE E MEDIO RURAL E MARIÑO Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, de data 25 de abril de 2008, recibida nesta Deputación o día 15 de maio de 2008 (Rex. de entrada núm. 20155), remitindo proxecto “Autovía A-54 N-547 enlace de Arzúa oeste – enlace de Palas de Rei oeste A Coruña – Lugo, ós efectos de emisión de informe de avaliación de impacto ambiental por parte desta Deputación, e Resultando que o Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, co visto e prace do Director de Infraestruturas, emite informe con data 10 de xuño de 2008, no que manifesta, entre outros: “1.- ANTECEDENTES: Con fecha 6 de junio de 2007 la Dirección General de Carreteras emite una Resolución por la que se anuncia la adjudicación del contrato de consultoría y asistencia técnica de Estudio Informativo “Estudio Adicional al Estudio Informativo. Vía de conexión Santiago-Lugo. Tramo: Enlace Arzúa oeste-Enlace de Palas de Rei oeste. Provincias de A Coruña y Lugo.” El “Documento Comprensivo para Consultas Ambientales” tiene como objetivo iniciar la tramitación ambiental a través de consultas previas. Dichas consultas se tendrán en cuenta en la redacción del correspondiente Estudio de Impacto Ambiental. En este informe se valora desde la perspectiva de la Diputación Provincial el documento de referencia. “2.- DESCRIPCIÓN DE LA ACTUACIÓN Y DE LAS SOLUCIONES PROPUESTAS: El tramo objeto del presente será una alternativa a la carretera N-547 entre Arzúa y Palas de Rei, discurriendo por los siguientes puntos significativos: • Inicio en la localidad de Arzúa 8 cruce de la N-547 con la AC-234 Arzúa-As Corredoiras. • Cruce del río Iso (Arzúa). • Cruce con el Rego Ribeiral y un afluente del mismo. • Cruce con el río Boente antes de entrar en dicha localidad. • Tramo urbano en el concello de Melide cruzando con la AC-840 Betanzos-Agolada. • Cruce con el río Furelos y entrada en la “Serra do Careón”. • Polígono Industrial de la Madanela en el Concello de Melide detro del LIC “Serra do Careón”. • Final en Palas de Rei, donde la N-547 cruza la carretera provincial LU-221 Monterroso-Palas de Rei. El área que conforma la zona de estudio se ubica en los municipios de Arzúa, Santiso y Melide en la provincia de A Coruña, en el municipio de Agolada en la provincia de Pontevedra, y en los municipios de Antas de Ulla y Palas de Rei en la provincia de Lugo. A nivel ambiental cabe destacar que el territorio comprendido entre Arzúa y Palas de Rei se encuentra enmarcado al norte por los Montes de Bocelo, Serra do Careón y Serra de Lingote, al sur por el embalse de Portodemouros, Serra do Farelo. Una vez inventariada y catalogada el área de estudio bajo los puntos de vista del medio físico, biótico y cultural, humano y territorial, y a partir de la caracterización global recogida en la síntesis y de los corredores incluidos desde el punto de vista técnico, se han trazado los corredores lo más compatibles con la planificación prevista por la Dirección General de Carreteras para el resto del itinerario. Para ello se han evitado las afecciones más graves, como son áreas de especial protección medioambiental y zonas de orografía compleja. El Estudio Informativo tendrá como objetivo estudiar los posibles corredores viables para la construcción de la autovía A-54 Lugo-Santiago, entre los enlaces de Arzúa y Pala de Rei. E esta su fase A (“Documento Comprensivo para Consultas Ambientales”) se recopilan los datos básicos necesarios para definir el área de estudio, con especial atención a los aspectos ambientales, con el fin de definir y seleccionar los corredores funcionalmente adecuados y compatibles con el medio físico y natural, socioeconómico, territorial y cultural. Se indican a continuación las posibles carreteras provinciales dentro de la provincia de Pontevedra afectadas por las alternativas sugeridas: • E.P. 6304 Orrea – Val – Brocos. • E.P. 6302 Berredo – Brantega. • E.P. 6306 Agolada – Cruces. • E.P. 6403 Cruces – Brocos. 3.- ANÁLISIS DE LA CONCEPCIÓN GLOBAL DEL TRAZADO: Para la definición de los diferentes corredores se han considerado 3 zonas (norte, sur y centro) y cuatro tramos (1, 2, 3 y 4), con lo que se describen 9 corredores obtenidos a partir de las 10 alternativas según las posibles combinaciones. Se destaca la alternativa del CORREDOR SUR 2-3-4, que coincide sensiblemente con la alternativa seleccionada en el Estudio Informativo “Autovía Santiago – Lugo” del año 2003, sometido ya a evaluación de impacto ambiental con dicho Estudio Informativo. (Altenativa 5 y 10). Se consigue co cualquiera de estas soluciones alejar la solución adoptada del L.I.C. Srra do Careón preservando así este espacio natural perteneciente a la Red Natura 2000. La importancia de la presencia de este lugar condiciona el planteamiento del resto de corredores en los concellos afectados de Melide, Santiso y Palas de Rei. 4.- CONCLUSIONES: Esta Dirección de Infraestructuras de la Diputación Provincial de Pontevedra considera que la denominada alternativa nº 5 es la opción idónea en lo que respecta a la concepción global del trazado y al impacto ambiental del Estudio Informativo de la vía de conexión Santiago – Lugo. Tramo: Enlace Arzúa oeste – Enlace de Palas de Rei oeste “que se superpone a la alternativa seleccionada en el Estudio Informativo “Autovía Santiago – Lugo” del año 2003, sometido ya a evaluación de impacto ambiental. El referido trazado respecta los L.I.C. perteneciente a la Red Natura 2000. Es por esta razón por la que se considera que este trazado sería el ambientalmente más respetuoso. Con este trazado se mejorarían las conexiones de la zona norte de la comarca del Deza con el resto de Galicia y España.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariña. ------ Folla: 11.16161.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.16162.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Á FUNDACIÓN MARCO DE VIGO Visto o escrito da Fundación Marco e Vigo con domicilio social na Rúa Príncipe, 54, do concello de Vigo (36202) e CIF: G-36.909.885, solicitando axuda económica para “Gastos de funcionamento ano 2008”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización e o compromiso de gasto así como o recoñecemento da obriga e a ordenación do pago da cantidade de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €) para o citado fin, con cargo á partida 08/451.451.489.15 – RC núm. 200800027866. O beneficiario deberá remitir unha vez recibido o importe da achega, certificado acreditativo da toma de razón na contabilidade da Fundación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.16163.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A “CONGREGACIÓN SIERVAS DE LA PASIÓN” DE VIGO, PARA DOTACIÓN DE EQUIPAMENTO NO FOGAR SANTA ISABEL Atopándose o Centro Asistencial “Fogar Santa Isabel” de Vigo, para mulleres xestantes e os seus fillos menores de dous anos, en fase de acometida de obras de ampliación e reforma das súas instalacións, preténdese pola Deputación de Pontevedra subscribir un Convenio de Colaboración coa Congregación das “Siervas de la Pasión”, que xestiona o citado Centro Asistencial, para contribuír ó equipamento do mesmo coa dotación dun ascensor, polo que á vista dos informes emitidos o 18/04/08 e 26/05/08 polo Sr. Secretario Xeral e polo Sr. Interventor, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Congregación “Siervas de la Pasión cunha dotación orzamentaria de 30.000,00 € para equipamento de ascensor no Centro Asistencial Fogar Santa Isabel de Vigo, para mulleres xestantes e os seus fillos menores de dous anos, que se atopen sen recursos ou en situación de desamparo. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A CONGREGACIÓN “SIERVAS DE LA PASIÓN” DE VIGO PARA DOTACIÓN DE EQUIPAMENTO No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra o ---- de ----- de 2008, reunidos D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en nome e representación da mesma, en virtude do art. 34.1 b da Lei 7/85 de 2 abril, e Sor Laura Hoyos Ibáñez, Directora do Fogar Santa Isabel de Vigo, con código de identificación fiscal Q0800086-A e domicilio social na Rúa Doctor Corbal 33 do Concello de Vigo. As dúas partes recoñécense con capacidade legal e representación suficiente para subscribiren o convenio de colaboración de acordo coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- Obxecto. A través do presente Convenio establécense as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA e a CONGREGACIÓN DE SIERVAS DE LA PASIÓN DE VIGO para dotación de equipamento do centro de atención a mulleres xestantes ou con fillos menores de dous anos, que se atopan sen recursos ou en situación de desamparo. SEGUNDA.- Obrigas das Partes. De acordo co presente Convenio • A CONGREGACIÓN DE SIERVAS DE LA PASIÓN comprométese a: 1. Destinar a subvención que se lles conceda, a finalidade, obxecto do Convenio. 2. Unha vez rematadas as obras de ampliación e reforma do Fogar Santa Isabel, a poñer novamente en marcha o Centro de atención a mulleres xestantes con ou sen fillos menores de dous anos, que se atopen sen recursos e en situación de desamparo. 3. Xestión do Fogar Santa Isabel. 4. Atención de balde das mulleres ingresadas e a dos seus fillos. 5. A contratación de aqueles profesionais esixidos pola Xunta de Galicia na orde do 1 de abril de 1997 da Consellería de Familia Muller e Xuventude, cando carezan deles e non teñan asinados convenios de colaboración cos servizos Sociais Municipais ou autónomos que existan na localidade. 6. A facer constar a colaboración da Deputación Provincial, área de Acción Social, en toda a publicidade que elabore sobre ó mesmo. 7. Presentar Memoria anual do investimento realizado. • A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA comprométese a: Entregar á Asociación a cantidade de 30.000,00 € para a adquisición e instalación dun ascensor no Fogar Santa Isabel. TERCEIRA.- Duración. O presente convenio terá unha vixencia dun ano natural, entrará en vigor o día 1 de xaneiro e finalizará o 31 de decembro de 2008. CUARTA.- Financiamento. A achega económica por parte da Deputación Provincial de Pontevedra para a realización do presente convenio será como máximo de 30.000,00 euros consignados na partida 08/313.313.789.00. A devandita contía aboarase nun único pago, unha vez xustificados os gastos, ata acadar o total da mesma a través das correspondentes facturas, ou outros documentos válidos legalmente a tal fin, xunto coa presentación da memoria final do investimento realizado. As obrigas e accións asumidas no devandito convenio deberán ser xustificadas ata o 15 de decembro de 2008. QUINTA – Forma de Terminación das Actuacións. O presente Convenio pode rematar por finalización do prazo de vixencia, ou por resolución. Neste último caso, as causas poden deberse ó incumprimento dalgunha das partes en relación ó contido do Convenio, ou por incumprimento da xustificación da subvención por parte da Congregación de Siervas de la Pasión. SEXTA – Réxime Xurídico Aplicable. - Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. - Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - E demais lexislación aplicable. SÉTIMA.- Publicidade. A Congregación de Siervas de la Pasión comprométese polo presente convenio a facer constar a colaboración e participación da DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA en toda a publicidade que elabore, calquera que sexa o medio de difusión. A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA resérvase o dereito de publicar os resultados, parciais ou finais, obtidos durante a execución do Convenio. Estando as partes conformes co senso deste documento, asínano no Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra na data arriba indicada. O Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra Santa Isabel de Vigo Asdo.: D. Rafael Louzán Abal A Directora do Fogar Asdo.: Sor Pilar Hoyos Ibáñez” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.16164.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN PAZO DE MOS” PARA A RECUPERACIÓN E POSTA EN USO DO PAZO DE MOS Visto que os convenios que poden celebrar as Administracións Públicas coas Corporacións Locais ou con outros entes de dereito público e con persoas físicas ou xurídicas suxeitas ó dereito privado son o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, preténdese asinar un Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e Fundación Pazo de Mos para a recuperación e posta en uso do Pazo de Mos, cun custo total estimado na cantidade de trescentos mil euros (300.000,00 €), financiada ó 50% entre ambas Institucións. E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Fundación Pazo de Mos para levar a cabo a recuperación e posta en uso do Pazo de Mos. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A “FUNDACIÓN PAZO DE MOS” PARA A RECUPERACIÓN E POSTA EN USO DO PAZO DE MOS. En Mos, a ……………. de 2008 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. E D. Ramón Lago Alvarez, con DNI 36.038.715S, Presidente da “Fundación Pazo de Mos”, cargo para o que foi elixido na reunión do día 8 de setembro de 2007 e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúen os estatutos de dita fundación. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir os acordos, e MANIFESTAN I.- Que de conformidade co disposto nos artigo 36 da Lei 7/85, Reguladora das Bases do Réxime Local, as Deputacións Provinciais teñen atribuídas as competencias de desenvolvemento económico e social, e o fomento dos intereses peculiares da provincia. Un dos obxectivos prioritarios da Deputación de Pontevedra é establecer o fomento e a difusión da cultura en todas as súas manifestacións, posto que unha sociedade culta é sinónimo dun pobo vivo e dinámico, sendo necesario para a súa expresión e promoción a existencia dunhas instalacións adecuadas nas parroquias dos concellos. II.- Que as Administracións Públicas poden celebrar convenios de colaboración coas Corporacións Locais ou con outros entes de dereito público e con persoas físicas ou xurídicas suxeitas ó dereito privado ó abeiro do disposto no art. 6 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. III.- Que a “Fundación Pazo de Mos” figura inscrita co nº 102 no Rexistro correspondente da Consellería de Cultura, sendo clasificada como de interese cultural por Orde da Consellería da Presidencia de 27 de setembro de 2002 e declarada, así mesmo, de interese galego por Orde da Consellería de Cultura de 18 de outubro de 2002. Como propietaria do inmoble levou a cabo a restauración integral do “Pazo dos Marqueses” coa finalidade de destinalo a actividades de tipo cultural. Para iso leváronse a cabo obras, tanto das fachadas como no interior do edificio, respectando a súa estrutura orixinal onde se pode apreciar con claridade os blasóns do marquesado de Mos. Este edificio, de estilo renacentista, atópase situado na parroquia de Mos, barrio da Rúa, ó carón da igrexa de Santa Eulalia, dispoñendo dunha praza na súa fachada sur e lindando co camiño portugués de Santiago. Na praza interior destacan os arcos, as columnas e os pórticos así como as primitivas chemineas rematadas cos seus correspondentes pináculos. A Fundación levou a cabo unha inxente labor para conseguir a recuperación deste edificio emblemático para esta zona, invertendo na súa restauración máis de oitocentos mil de euros. Para poder utilizalo agora para fins culturais é necesario completar a súa infraestrutura dotándoo dos elementos esenciais para o seu funcionamento, como son, entre outros, dotación do sistema de calefacción, mobiliario e decoración, tanto interior como exterior, acondicionamento do salón de actos, capela, etc. Todas estas actuacións supoñen un esforzo económico moi importante de trescentos mil euros, que a Fundación non pode abordar cos seus propios medios. A vista do que antecede é polo que se subscribe este Convenio de Colaboración de conformidade coas seguintes, CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a “Fundación Pazo de Mos” é realizar as inversións necesarias para a posta en uso do citado Pazo, a fin de dotalo da infraestrutura necesaria nas súas instalacións para dispoñer dun centro que sirva de elemento catalizador das actividades culturais de toda esta zona. Para elo dotarase de salas de exposición, biblioteca, sala de informática, auditorio e demais instalacións complementarias. A inversión total de todas estas actuacións é de trescentos mil euros (300.000,00 €). Segunda.- O Pazo de Mos é titularidade da Fundación de dito nome, en virtude da cesión efectuada pola Asociación de Veciños “Santa-Baia” e segundo consta na escritura de constitución outorgada con data 24 de xullo de 2002, ante o notario de Porriño D. Ernesto Regueira Nuñez. Terceira.- A Excma. Deputación Provincial de Pontevedra achegará para o financiamento do obxecto deste convenio a cantidade de 150.000,00 euros con cargo á partida 08/123.453.789.02 do vixente presuposto ordinario. Cuarta.- A Fundación Pazo de Mos comprométese as seguintes obrigas: 1.- Achegar a cantidade de 150.000,00 euros para realizar as inversións necesarias previstas na cláusula Primeira deste convenio. 2.- Levar a cabo a contratación, execución e recepción das instalacións necesarias para a súa posta en uso, así como a adquisición do mobiliario e demais elementos complementarios. 3.- Comprométese, así mesmo, a obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. 4.- Deberán dar a adecuada publicidade da subvención obtida en todos os ámbitos de actuación deste convenio. 5.- Xustificar o gasto da inversión total no prazo máximo de catro meses dende o remate da súa realización. Quinta.- O importe a que se refire o presente convenio comprenderá todos os gastos que derivan das inversións a realizar. Sexta.- A “Fundación Pazo de Mos”, unha vez dotado o inmoble citado das instalacións e mobiliario necesarios para o seu funcionamento, comprométese ó mantemento do mesmo destinándoo ós fins culturais que se perseguen. Sétima- O pagamento da subvención realizarase, previa xustificación do gasto mediante a achega das facturas, xustificantes ou recibos dos gastos realizados, efectuando unha transferencia bancaria á conta da asociación. Oitava.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, R.d. 887/2006 de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo. Asemade, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. Novena.- O presente convenio entrará en vigor na data da sinatura do correspondente convenio e estará vixente ata o cumprimento das súas obrigas e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2008. Decima.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas do mesmo. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación de Pontevedra Polo Presidente da Fundación Pazo de Mos Asdo. D. Rafael Louzán Abal Asdo. D. Ramón Lago Alvarez” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.16165.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “CAPA DE RODAXE, PASOS ELEVADOS E SINALIZACIÓN E.P. 9802 ESTRADA- AS ACEÑAS (ILLA DE AROUSA) Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 21 de maio de 2008, prestouse aprobación ó expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra “Capa de rodaxe, pasos elevados e sinalización E.P. 9802 Estrada As Aceñas (Illa de Arousa)”, por un importe total de 226.387,08 euros, IVE incluído. Resultando que no citado acordo invitábase para a presentación de ofertas ás empresas, CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A., CONSTRUCIONES RAMIREZ, S.L. e CONSTRUCIONES E.C. CASAS, S.L., presentandoas no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que ó non estar prevista nos pregos a constitución da Mesa de Contratación solicitouse ó Sr. Enxeñeiro Director de Infraestruturas a elaboración dun informe valorando as ofertas presentadas polas empresas invitadas. Resultando que o Sr. Enxeñeiro Director de Infraestruturas en informe de data 16 de xuño de 2008, unha vez valoradas as ofertas, cualifica como oferta economicamente máis vantaxosa a formulada pola empresa CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Rectificar o acordo adoptado en sesión de 21/05/2008, polo que se prestou aprobación ó expediente de contratación por procedemento negociado sen publicidade da obra “Capa de rodaxe, pasos elevados e sinalización E.P. 9802 Estrada As Aceñas (Illa de Arousa)” no sentido de que a autorización do gasto é por importe de 226.387,80 €. 2.- Adxudicar provisionalmente a CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. (CIF A-36008886) a obra “Capa de rodaxe, pasos elevados e sinalización E.P. 9802 Estrada As Aceñas (Illa de Arousa)”, por ser a proposición máis vantaxosa das formuladas de acordo co referido informe técnico, que oferta a cantidade de 194.828,00 €, máis 31.172,00 € correspondente ó IVE; un prazo de execución de seis meses, melloras valoradas en 1.071,00 €, e, unha porcentaxe do 1,50 % sobre o presuposto de execución material destinado a control de calidade. 3.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ó no perfil do contratante, con obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 9.741,40 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometeron a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 4.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, considerarase elevada a definitiva esta adxudicación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.16166.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO COMPLEMENTARIO “DOTACIÓN DE PLUVIAIS, ALUMEADO E BEIRARRÚAS NA E.P. 9802 DAS ACEÑAS (ILLA DE AROUSA) A Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 23 de setembro de 2005 acordou adxudicar a obra “Dotación de pluviais, alumeado e beirarrúas na E.P. 9802 As Aceñas (Illa de Arousa)” a empresa CONSTRUCIÓNS OBRAS E VIAIS, S.A., na suma de 502.786,96 IVE incluído, ofertando un prazo de execución de dous meses e diversas melloras que figuran na oferta. O Enxeñeiro Técnico de Vías e Obras D. Alfredo Montero Vaz, redacta un proxecto complementario debido ó estado non apto do colector de saneamento existente nos tramos edificables da marxe esquerda da E.P. 9802 así como as condicións do terreo. Estas variacións supón un aumento do presuposto adicional líquido de 100.557,99 euros. Visto o documento RC emitido por Intervención no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 08/511.511.612.02. A Xunta de Goberno, en sesión do día 20 de febreiro 2008, acorda aprobar, con cargo á partida antes citada, o proxecto complementario da citada obra por importe de 100.557,99 €, IVE incluído. Visto o escrito de Construcións Obras e Viais, S.A., adxudicataria da obra inicial, e no que presta conformidade ás medicións e presuposto do proxecto complementario. O Sr. Secretario Xeral, con data 12 de xuño de 2008, informa favorablemente do procedemento de adxudicación proposto polo Servizo de Contratación. Considerando que a iniciación do expediente tivo lugar antes da entrada en vigor da Lei 30/2007, do 30 de outubro, LCSP, e que a disposición transitoria 1ª desta Lei establece que nestes expedientes rexerá a R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño. Polo exposto e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Adxudicar, segundo o establecido no artigo 141.d do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, a Construcións Obras e Viais, S.A., a obra comprendida no proxecto complementario de “Dotación de Pluviais, alumeado e beirarrúas na E.P. 9802, As Aceñas (Illa de Arousa), por un importe de 100.557,99 €, IVE incluído. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.16167.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA OBRA “VARANDA, RECUPERACIÓN DE FIRME E CAPA DE RODAXE EN E.P.9702 AS SINAS-VILANOVA (VILANOVA DE AROUSA) Visto o escrito remitido a contratación polo Servizo de Vías e Obras, con data 5 de xuño de 2008, no que se solicita que se inicie o expediente para contratar as obras de “Varanda, recuperación de firme e capa de rodaxe en E.P. 9702 Ás Sinas-Vilanova (Vilanova de Arousa)”, estimándose o custo máximo en 182.724,27 €, IVE incluído. Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión do 11 de xuño de 2008, polo que se aprobou o proxecto anteriormente mencionado. Resultando que por Intervención se emite informe relativo á existencia de saldo de crédito axeitado e suficiente para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato na partida 08/511.511-612.02 (documento RC nº 200800051626). Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, se confeccionou o proxecto de prego de condicións administrativas que han de rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. Resultando que o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación. Resultando que polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido na disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector publico, no artigo 111 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 6, 155 d) e 161.2 da LCSP. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto para 2008, concretamente na Base 16ª, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, da execución da obra “Varanda, recuperación de firme e capa de rodaxe en E.P. 9702 Ás Sinas-Vilanova (Vilanova de Arousa)” por un importe de cento cincuenta e sete mil cincocentos vinte euros con noventa e dous céntimos (157.520,92 €), excluído o IVE. A partida do Imposto sobre o Valor Engadido estímase nunha cantidade máxima de vinte e cinco mil douscentos tres euros con trinta e cinco céntimos (25.203,35 €). 2. Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá no devandito procedemento negociado. 3. Autorizar o gasto por importe de 182.724,27 €, con cargo á partida 08/511.511.612.02 (documento RC nº 200800051626) do vixente presuposto provincial. 4. Dar traslado deste acordo, acompañado dunha copia do prego de condicións económico-administrativas, a tres empresas para invitalas a presentar, no caso de estar interesados, as correspondentes proposicións económicas para optar á adxudicación deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERAN A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE DA OBRA “ARANDA, RECUPERACIÓN DE FIRME E CAPA DE RODAXE EN E.P. 9702 ÁS SINAS-VILANOVA (VILANOVA DE AROUSA)”. CPV 45230000 1.- OBXECTO.- A execución da obra “Varanda, recuperación de firme e capa de rodaxe en E.P. 9702 Ás Sinas-Vilanova (Vilanova de Arousa)”, cuxo proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno en sesión de 11/06/2008. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado polo órgano de contratación e integrado polos documentos enumerados no artigo 107 do LCSP, e artigos 125 a 132 do RGLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considéranse como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- A obra obxecto deste contrato conta cun presuposto de cento cincuenta e sete mil cincocentos vinte euros con noventa e dous céntimos (157.520,92 €), excluído o IVE. A partida do Imposto sobre o Valor Engadido estímase nunha cantidade máxima de vinte e cinco mil douscentos tres euros con trinta e cinco céntimos (25.203,35 €). O presuposto de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o presuposto de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72% do presuposto de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o presuposto de execución material. 3. Ive, que se aplicará sobre a suma do presuposto de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. 3.- FINANCIAMENTO.- O prezo da obra financiarase con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente Presuposto Provincial. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo para a execución da obra de referencia será de OITO MESES, a contar dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obra que van realizar en cada prazo. O contratista esta obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista con informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que leva consigo a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, por proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. A devandita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 65 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas en algunha das prohibicións que considera o art. 49 da devandita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción de este, sen prexuízo da existen
Ãrea de notas
Nota