Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2008-09-24_Ordinaria. Acta de sesión 2008/09/24_Ordinaria
Acta de sesión 2008/09/24_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.377/1.2008-09-24_Ordinaria
Título Acta de sesión 2008/09/24_Ordinaria
Data(s) 2008-09-24 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e catro de setembro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.16421.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 17 de setembro de 2008. ------ Folla: 2.16422.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE TOMIÑO, PARA XUSTIFICAR A OBRA Nº154/550 DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO PONTE EN SOLVADO-BARRANTES”, INCLUÍDA NO PAM/06-08, ANUALIDADE 2007 Vista a petición do Concello de Tomiño solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 154/550 denominado “Acondicionamento ponte Solvado-Barrantes” incluído no Programa de Acción Municipal/06-08, anualidade 2007, motivada pola imposibilidade de adxudicación do contrato de obras ó quedar o procedemento de adxudicación deserto e considerando que a base oitava, das Bases do Programa de Acción Municipal 2006, aprobadas polo Pleno da Deputación en sesión ordinaria o día 25 de xaneiro de 2006 e publicadas no BOP de data 8 de febreiro de 2006, contempla a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A concesión do aprazamento na xustificación da obra nº 154/550 denominada “Acondicionamento ponte en Solvado-Barrantes”, incluída no Programa de Acción Municipal/06-08, anualidade 2007, ata o 30 de abril de 2009, con carácter improrrogable. ------ Folla: 3.16423.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE “PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE VALGA” Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Valga, de data 24 de xuño de 2008 (rexistro de entrada núm. 25484, de data 30/06/08), pola que se remite expediente do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Valga, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Director de Infraestruturas, de data 18 de setembro de 2008, no que manifesta, entre outros: “Con fecha 24 de junio el Alcalde del Concello de Valga solicita informe al respecto del plan general de ordenación Municipal. El Concello de Valga cuenta con las siguientes vías provinciales: EP. 8501 Valga - Martores EP 8502 Valga – Baño EP 8503 Cordeiro – Senín EP 8504 Forno – Cernadas EP 8505 Ferreiros-Vilar EP 8506 Baño – C.550 Ninguna de estas carreteras pertenece a la red primaria. En el plan se ha previsto una franja lateral a ambos lados de los viales, calificado como “suelo rústico de protección de infraestructuras”. Esta franja de suelo rústico, de acuerdo con los planos del documento, tiene una anchura total de 30 mts. (excepto en las zonas calificadas como suelo de núcleo rural). La ordenanza reguladora del uso y defensa de las carreteras provinciales establece la existencia de una línea de edificación situada a 7 metros de la arista exterior de la explanación; lo que implica una banda de 14 mts., más la anchura de la vía provincial (que en ninguna de las vías del concello de Valga es mayor de 16 mts). En atención a esta circunstancia se informa favorablemente el referido documento.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Sr. Alcade-Presidente do Concello de Valga. ------ Folla: 4.16424.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA RAMONA VICENTE GONZÁLEZ POR DANOS EN ACCIDENTE PADECIDOS NA AVDA. GREGORIO ESPINO DE VIGO Dada conta que con data de rexistro 14/05/2008 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Ramona Vicente González con enderezo de notificacións en rúa Badajoz nº 30-2º de Vigo, por danos persoais padecidos o día 2 de abril de 2007, na beirarrúa da Avenida Gregorio Espino de Vigo e que individualiza economicamente en 19.099,08 €. Resultando.- Que con data 16/05/08 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 27/05/2008 co seguinte contido: “1…. El técnico que suscribe no tiene constancia que el día 2 de abril de 2007 se estuvieran llevando a cabo obras de reparación en la Avda. Gregorio Espino a la altura del nº 14. 2. Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa- existencia de una tabla en la acera- en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 3. La Diputación Provincial de Pontevedra, en virtud de un Convenio firmado con el Ayuntamiento de Vigo y aprobado por la Junta de Gobierno el 9 de marzo de 2007, adjudicó cinco obras de reparación de aceras en cinco zonas del centro urbano de Vigo según el siguiente detalle: ZONA EMPRESA ADJUDICATARIA 1 Pavimentaciones Álvarez Feijoo S.L.( CAFSA) 2 Pavimentaciones Álvarez Feijoo S.L.( CAFSA) 3 Construcciones Rey Solla S.L 4 Construcciones Rey Solla S.L 5 Hidroestructuras S.L. 4. Ninguna de las cinco zonas de reparación de aceras citadas contemplaba actuación alguna en el tramo de la Avda. Gregorio Espino en el que supuestamente ocurrió el accidente, tal y como acreditan los planos de planta de las zonas de actuación contratadas por la Diputación que se adjuntan al presente escrito. 5. Por otro lado si como informa el Ingeniero Técnico de la oficina de supervisión de proyectos e inspección técnica de obras del Ayuntamiento de Vigo “En la fecha en la que ocurrió el accidente la empresa Hidorestructuras S.L. estaba realizando trabajos de reparación de aceras en la zona donde ocurrió el accidente…”, éstas no se corresponden con ninguna de las zonas contratadas por la Diputación Provincial de Pontevedra y mucho menos con la que correspondería a Hidroestructuras S.L- que tenía adjudicada la zona 5 en los alrededores del estadio de Balaidos-.En consecuencia se puede concluir que la Diputación Provincial de Pontevedra no ha ejecutado ningún tipo de obra donde supuestamente ha ocurrido el accidente- Avda. Gregorio Espino a la altura del nº 14- 6. En este punto es preciso mencionar la aparente contradicción que existe entre el informe de la Oficina de supervisión de proyectos y el informe emitido por el Servicio de Mobilidad y Seguridad del Ayuntamiento de Vigo, cuando éste último señala que” Feitas algunas averiguacións o respecto parece ser que o Departamento de O.S.P.I.O (oficina de supervisión de proxectos e inspección técnica de obras) realizou algunha obra na zona, descoñecendo si existe algunha relación directa cos feitos denunciados”. 7. En cualquier caso el balizamiento y señalización correcta de las obras sería responsabilidad de la empresa adjudicataria de las mismas, de acuerdo con lo dispuesto en el Plan de Seguridad y Salud correspondiente así como en el artículo 57 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 marzo y en el artículo 198 de la Ley 30/2007, de 30 de octubre, de Contratos del Sector Público.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo pois é suficientemente clarificador o feito de que o informe emitido polo Servizo de Mobilidade e Seguridade do Concello de Vigo sinala que “…o Departamento de Supervisión de Proxectos e Inspección Técnica de Obras (do propio Concello de Vigo) REALIZOU ALGUNHA OBRA NA ZONA”, polo que a reclamación debe ser rexeitada. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 5.16425.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. MANUEL FRAGUAS FRAGUAS POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA EP 7101 (CERDEDO) Dada conta que con data de rexistro17/03/08 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona María Jesús Ardao Fernández en nome de Don Manuel Fraguas Fraguas con enderezo de notificacións en rúa Castelao nº 9 de Pontevedra, por danos en accidente de circulación padecidos o día 6/07/2007, na EP-7101 á EP-7102 (Cerdedo) a consecuencia da irrupción dun xabarín na calzada e que individualiza económicamente en 1.102,00 €. Resultando.- Que con data 8/05/2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 9/05/2008 co seguinte contido: “…1. El punto kilométrico 0+000 de la E.P. 7102 de Serrapio a la EP 7101, por Tresaldeas, esá incluido dentro de la red provincial de carreteras. 2. Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni de otos ocurridos por la misma causa, irrupción de un jabalí en la calzada, en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 3. En este punto se hace preciso traer a colación un extracto de la reclamación de parte cuando en la misma se afirma, entre otras cuestiones, que “La Diputación Provincial de Pontevedra es responsable de los daños en el vehículo de mi representado como consecuencia de la irrupción de un jabalí en la carretera…puesto que teniendo conocimiento la Administración… de la existencia de fauna salvaje en la zona debería haber adoptado las medidas necesarias para evitar que los animales puedan irrumpir en la vía…” No obstante lo anterior y al objeto de desvirtuar dichas afirmaciones cabe señalar lo siguiente: Primero. De acuerdo con lo dispuesto en el artículo 9 de la Ley 4/1997, de 25 de junio, de Caza de Galicia, “1. Los terrenos de carácter cinegético pueden estar sujetos a un régimen cinegético común o especial. 2. Los terrenos sujetos a régimen cinegéticos especial pueden pertenecer a alguna de las siguientes categorías: Reservas de caza; refugios de fauna; terrenos cinegeticamente ordenados (Tecor), terrenos cinegético deportivos o explotaciones cinegéticas. 3. Los no comprendidos en alguna de las categorías relacionadas en el párrafo anterior quedarán sujetos al régimen cinegético común y, en los mismos, el ejercicio de la caza será libre, sin más limitaciones que las contenidas en la presente Ley y disposiciones que la desarrollen”. Segundo. Según la información que aporta la reclamante –facilitada desde la propia Consellería de Medio Ambiente- el tramo del vial en el que se produce el accidente es un terreno sujeto a régimen cinegético común, por lo tanto, zona libre de tecores. Es por ello que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 23 de la Ley de Caza de Galicia, en su redacción dada por la Ley 6/2006, de 23 de octubre, la responsabilidad de indemnizar los daños provocados en accidente de tráfico por la irrupción de una especie cinegética en un terreno de aprovechamiento común correspondería, en su caso, a la Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. “1. En accidentes de tráfico ocasionados por el atropello de especies cinegéticas los daños personales y patrimoniales se atendrán a lo dispuesto en la normativa estatal en materia de seguridad vial existente al respecto. 2. Los titulares de aprovechamientos cinegéticos de terrenos sujetos a régimen cinegético especial responderán en los demás casos de los daños ocasionados por las especies cinegéticas. La Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, previa instrucción del correspondiente expediente de valoración, indemnizará los daños efectivamente producidos por las especies cinegéticas de los terrenos cinegéticos de aprovechamiento común, de los tecor autonómicos de su administración, de las reservas de caza, de los refugios de fauna y de cualquier otro terreno cuya administración y gestión le correspondan” Tercero. En cuanto a las afirmaciones relativas a una ausencia de señales que advirtiesen de la presencia de animales salvajes en la vía, cabe resaltar que de acuerdo con lo dispuesto en el anexo 9.9.2 de la Orden de 28 de diciembre de 1999, por la que se aprueba la norma 8.1-IC “Señalización vertical” de la Instrucción de Carreteras, en el tramo en cuestión no es necesaria la presencia de la señal P-24 “animales sueltos” ya que según dicho anexo “La posible presencia de animales sueltos, al atravesar la carretera cotos, reservas, parques nacionales etc…, se advertirá mediante la señal P-24, complementada en su caso por un panel indicativo de la longitud afectada”, circunstancia que no concurre en este supuesto ya que el tramo de carretera en el que se produjo el accidente es terreno de aprovechamiento cinegético común y no atraviesa ninguno de esos lugares- que en cualquier caso tendrían la consideración de terrenos cinegéticos sujetos a un régimen especial. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois tratándose dun terreo suxeito a réxime cinexético común a responsabilidade o é da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible previa instrución do expediente para indemnización do dano, feito que o propio reclamante parece suxerir cando que presentou reclamación polos mesmos feitos perante a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 6.16426.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA EVA Mª FONTENLA BUCETA POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA E.P. 9403 (MEIS) Dada conta que con data de rexistro 11/03/2008 (rex.010354) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Eva María Fontenla Buceta con enderezo de notificacións en rúa Peregrina, nº 50 de Pontevedra, por danos en accidente de circulación padecidos o día 22/10/2008, na EP-9403 e que individualiza economicamente en 249,95 €. Resultando.- Que con data 8/05/2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 28/05/2008 co seguinte contido: “… La E.P. 9403 Santo Tome-San Salvador-Meis pertenece a la red provincial de carreteras. 2. Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, colisión con una piedra de gran tamaño existente en la calzada, en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 3. No obstante lo anterior es preciso resaltar que la E.P. 9403 Santo Tomé-San Salvador es una de las carreteras provinciales que se han visto afectadas por las obras de desdoblamiento de la Autovía del Salnés, obras que está llevando a cabo la empresa Salnés U.T.E. (S.A. de obras y servicios COPASA-PUENTES y Calzadas Infraestructuras S.L.U.) y que han sido adjudicadas por la Xunta de Galicia. En concreto dicho vial ha sufrido -desde finales de 2006- un incremento notable en la circulación de vehículos pesados debido a la necesidad de la citada empresa de suministrar materiales a los tajos de estructuras y acceder a vertederos, camiones que suelen ir cargados de escombros o piedras derivados de los movimientos de tierras ejecutados. 4. Es por ello que todos los indicios apuntan a que la presencia de una piedra de gran tamaño en la calzada pudiera deberse a la ejecución de las obras de desdoblamiento de la Autovía del Salnés, al haberse caído la misma de alguno de los numerosos camiones de gran tonelaje que circulaban a diario por el vial provincial 9403. Resultando.- Que con data de 8/07/2007 déuselle traslado do anterior informe técnico á empresa adxudicataria das obras “Salnés U.T.E.”, co fin de que alegara o que tivera por conveniente, esta emitiu informe con data 24/07/2008 co seguinte contido literal: “…Que recibido en fecha 16 de julio de 2008 escrito referente a una reclamación patrimonial por daños a un vehículo por impacto con una piedra en la carretera provincial EP-9403, con registro de salida 10625 de 9 de julio de 2008 expone: - Que si bien es verdad que SALNÉS U.T.E. es ejecutora de las obras de desdoblamiento de la Autovía del Salnés, no tenemos constancia de la caída de ninguna piedra en la carretera EP-9403. -Que si bien es verdad que SALNES U.T.E. es ejecutora de las obras de desdoblamiento de la Autovía del Salnés, no tenemos con++-stancia de la caída de ninguna piedra en la carretera EP-9403. -Que además de las obras de desdoblamiento de la Autovía del Salnés, se han ejecutado en la zona otras obras (destierres para edificación en obras privadas, etc.) donde el control de carga es menor que en las obras de la Autovía, por lo que entendemos que adjudicar la aparición de una piedra a las obras ejecutadas por nosotros es aleatorio y carente de fundamento. -Por todo lo anterior, y con la documentación recibida, entendemos que SALNES U.T.E. carece de responsabilidad en los hechos que se señalan.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, a lo menos inicialmente agás algún medio de proba que poida achegarse, de selo caso, con posterioridade incluso no ámbito dun hipotético procedemento abreviado na vía xudicial, pois o único dato da demanda dispoñible o é a existencia dunha pedra na calzada a teor do atestado da Garda Civil, que non recolle si verificou por ela mesma dita existencia ou llo dixo a reclamante, dato por outro lado, que choca co informe do Servizo de Vías e Obras e que indiciariamente atribúe a causa do sinistro á caída dunha pedra carrexada polos camións das “UTES” que traballaron no desdobramento da autovía do Salnés. Como queira que o atestado da Garda Civil di que o punto onde se produciu o accidente atopábase nun tramo recto da mesma estrada, o propio tenor da reclamación revela unha seria contradición, pois se a pedra era de “grande tamaño” (como se di), o lóxico era que o condutor reparase nela para evitar a colisión minorando a velocidade ou detendo incluso o vehículo. O anteriormente exposto obriga a rexeitar a reclamación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. ------ Folla: 7.16427.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.16428.- APROBACIÓN DE BASES REGULADORAS DE AXUDAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES, FEDERACIÓN PROVINCIAL E ASOCIACIÓNS DE CONFRARÍA DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ANO 2008 Dada conta das Bases reguladoras de axudas económicas a Confrarías de Pescadores, Federación Provincial e Asociacións de Confrarías. Visto os informes emitidos pola Secretaría Xeral e Intervención no que se certifica a existencia de crédito RC 200800025898. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases reguladoras de axudas económicas a Confrarías de Pescadores, Federación Provincial e Asociacións de Confrarías, cunha dotación de 125.000,00 €, con cargo á partida orzamentaria 08/711.711.779.02. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES REGULADORAS DE AXUDAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES, FEDERACIÓN PROVINCIAL E ASOCIACIÓNS DE CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. ANO 2008 A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, correspondendo a presenta convocatoria ó exercicio 2008. 1.- OBXECTO: Constitúe o obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas que outorga a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, cun crédito inicial de cento vinte e cinco mil (125.000,00.-) euros con cargo á partida orzamentaria 07/711.711.779.02, para a mellora de infraestruturas e equipamento. Materia Programa Partida Presuposto PESCA Axudas a confrarías de pescadores, federación provincial e asociacións de confrarías de pescadores da provincia 08/711.711.779.02 125.000,00 € 2.- TIPOS DE INVESTIMENTOS QUE PODERÁN ACCEDER A UNHA AXUDA: As axudas destinaranse ó financiamento de proxectos que melloren a infraestrutura e equipamento destas entidades nas seguintes materias: Mellora na comercialización, equipamento das lonxas, puntos de control, etc. Inversións relativas á seguridade, hixiene e saúde no traballo. Reparación e equipamento dos edificios sociais. Equipamento para a execución das labores de vixilancia. Estas axudas serán compatibles con outras cós mesmos obxectivos, de tal maneira que o importe da subvención concedida en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade a desenvolver polo beneficiario. O importe da axuda non poderá superar o 50% do custo da finalidade que se subvenciona, salvo casos especiais debidamente acreditados, nos que por razóns de interese público, económico ou social da provincia se poida conceder unha porcentaxe superior. 3.- BENEFICIARIOS: Poderán solicitar estas axudas as confrarías de pescadores e asociacións de confrarías da provincia de Pontevedra. 4.- SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN: As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, no Servizo Agrario ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es. Ditas solicitudes asinadas polo patrón maior da confraría ou presidente da entidade, dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, achegando a seguinte documentación: Proxecto da inversión proposta cara ó ano 2008, asinada polo patrón maior da confraría ou presidente da federación ou asociación, no seu caso, cunha memoria explicativa das accións a desenvolver, os obxectivos que se pretenden acadar, prezos descompostos das distintas actividades a desenrolar, cronograma dos traballos, accións de seguimento e número de persoas beneficiadas polo proxecto. No caso que os gastos subvencionables superen os 30.000,00 € no caso de execución de obras, ou 12.000,00 € no caso de subministracións de bens de equipo, servizos, etc, deberan presentarse tres ofertas xustificando a preferencia da adxudicación efectuada. Declaración das axudas económicas solicitadas e/ou concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin. Declaración asinada polo patrón maior da confraría ou polo presidente da asociación conforme a confraría ou asociación que representa non está incursa en causa de incompatibilidade ou incapacidade para poder percibir subvencións da administración, conforme ó disposto no artigo 13 da Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, e coñece e acepta as Bases da convocatoria. Certificado de estar ó corrente de pagos coa Seguridade Social e das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas. Certificación bancaria na que conste o titular, o número e conta e as claves do banco e da sucursal, para efectos do pagamento da axuda. As entidades poderán solicitar só unha subvención por cada proxecto con cargo á presente convocatoria. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. O Servizo Agrario da Deputación Provincial poderá solicitar as aclaracións ou ampliacións da información, así como propoñer que se condicione a concesión da subvención a aceptar as modificacións que se establezan sobre a actuación proposta. 5.- VALORACIÓN E CONCESIÓN DAS AXUDAS: Os proxectos serán valorados polo órgano competente da Deputación, unha vez vistas as solicitudes correspondentes, e tendo en conta os seguintes criterios de valoración: - nº de persoas beneficiadas pola actuación ata un máximo de 10 puntos. - características e interese da actuación ata un máximo de 20 puntos. As propostas de concesión de subvencións someteranse ó informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños. O Ilmo. Sr. Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial queda facultado para a concesión destas axudas, de acordo cas Bases de Execución do Presuposto, previo informe da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños. 6.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN: As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma establecida no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Concédese un prazo de trinta (30) días naturais a partir da publicación destas Bases no Boletín Oficial da Provincia para presentar as solicitudes correspondentes. 7.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS: Aprobadas as axudas, cos informes previos da Intervención Provincial, estas serán aboadas ós solicitantes previa xustificación da realización das accións previstas, que deberá facerse tendo en conta o establecido no artigo 30 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, relativo á xustificación das subvencións públicas. Os técnicos do Servizo Agrario informarán sobre a realidade do investimento. Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no presuposto inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. Para o pago da subvención terase en conta o seguinte: a) No caso de que se xustifique gasto polo 100% do presuposto subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. b) No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da mesma. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: Memoria xustificativa conforme as accións obxecto do proxecto foron realizadas cumprindo as condicións impostas na concesión da axuda. Conta xustificativa dos gastos, asinada polo representante legal da entidade, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda. Xustificación con facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura, número de unidades, prezos unitarios destas e custo total de cada unidade. Nestas mesmas facturas deberá figurar o aceptado, conforme e recibido, asinado polo patrón maior da confraría ou polo presidente da asociación coa data do día no que se presente dita xustificación. Relación detallada das axudas económicas concedidas por outras Administracións Públicas con este mesmo fin, para dar cumprimento ó establecido no artigo 72.1 do regulamento da Lei Xeral de Subvencións. Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de tela feito. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. A documentación xustificativa á que se fai referencia presentarase nun prazo de seis meses a partir da data de concesión da axuda, polo Presidente ou a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial se ben antes de finalizar o prazo, este poderá ampliarse, un máximo de tres meses, solicitando a entidade interesada por escrito prórroga do mesmo. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non poderá exceder de seis meses, transcorrido o cal os interesados entenderán desestimada, por silencio administrativo, a solicitude de concesión da axuda. 8.- CONTROL E SEGUIMENTO DAS SUBVENCIÓNS: Os técnicos do Servizo Agrario da Deputación Provincial velarán por que se cumpran as condicións que se esixen para a concesión das subvencións e para que se realicen correctamente as actuacións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflectindo o resultado no correspondente informe, así como solicitar a información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. 9.- RESPONSABILIDADES. O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nestas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e a devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. 10.- DEREITO SUPLETORIO: Para o non previsto nestas bases, rexerá o disposto nas bases de execución do presuposto xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2008, o disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e demais normativa de pertinente aplicación.” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.16429.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DO PREMIO ENTRECULTURAS 2008 1.- A Xunta de Goberno queda enterada da acta do Xurado cualificador do Premio Entreculturas-2008 despois da reunión mantida o pasado 22 de setembro e que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DO PREMIO ENTRECULTURAS 2008 Na Sala de Xuntas desta Deputación de Pontevedra, sendo as 11,00 horas do 22 de setembro de 2008, reúnese o xurado cualificador do Premio Entreculturas 2008, presidido por: Rafael Louzán Abal, presidente da Deputación, e os vogais: José Juan Durán Hermida, vicepresidente e presidente da Comisión de Cultura, Mª Teresa Pedrosa Silva, vicepresidenta e presidenta da Comisión de Benestar Social e Muller, Perfecto Rodríguez Muíños, alcalde do Concello de Ponte Caldelas, Georgina Bortolotto, Cónsul Xeral Adxunto de Arxentina, Benito Vila Tejo, ex-presidente do Fogar de Ribadumia en Bos Aires, Miguel Pereira Figueroa, Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, Mercedes Costas Fernández, funcionaria, en representación do Servizo de Cultura e actuando como secretario Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura e Deportes desta Deputación. Aberto o acto o Presidente manifesta que, convocado o referido Premio Entreculturas 2008, dotado coa cantidade de 12.000,00 € e aprobadas as bases por R.P. nº 10829 de 15/07/08 e publicadas no BOP núm. 141 de 22/07/08, rematou o prazo de presentación de candidatos/as o 20 de setembro do presente ano. De acordo co establecido na base 4ª da convocatoria, o xurado xa constituído propón como candidatos ó premio os seguintes: No apartado primeiro, para premiar a unha entidade ou persoa do mundo hispano e da emigración ó Centro de Lalín en Bos Aires-Arxentina, entidade con fins culturais, filantrópicos e sociais en beneficio de todos os galegos emigrantes en Arxentina e que lles serve como centro de intercambio entre arxentinos e galegos.O Centro de Lalín fomenta os vínculos de amizade e camaradería entre os asociados, establece relacións con outras entidades , ó mesmo tempo que impulsa as actividades que levan ó recordo e coñecemento do espírito de Galicia. Este ano celebrase ó centenario deste Centro que en 1982 os seus fundadores levaron a cabo a integración dos centros de Lalín que se atopaban espallados pola Arxentina, e así na actualidade o Centro de Lalín en Bos Aires é o referente para todos aqueles emigrantes da Comarca do Deza. No apartado segundo, para premiar a unha persoa ou entidade de ámbito galego, Concello de Ponteareas, cunha admirable labor social no campo da emigración e inmigración. Leva a cabo proxectos destinados a protexer os dereitos dos emigrantes, conta cun gabinete de asesoramento para estranxeiros que entre as súas función está a de asesorar e axudar sobre tramites, convenios, vivenda, pensións, etc. Outra da súa labor social é a de impartir cursos de formación e inserción laboral, facilitar información para a creación de autoemprego e bolsa de traballo. Axudas económicas en casos de extrema necesidade e que non están contempladas por outros organismos. Apoio integral nos procesos educativos: impartindo cursos de galego, reforzo escolar, axuda cos trámites para: homologación de títulos, convalidación de estudios, etc. Cooperación e sensibilización social: Fomentar aptitudes positivas en todos os ámbitos da sociedade ponteareá, apoio a asociación de emigrantes e inmigrantes, axudar a erradicar conflitos e actitudes xenófobas ou racistas entre os ponteareáns. Vistos os dossiers das dúas candidaturas e previa deliberación o xurado acorda por unanimidade dos seus membros concederlles o Premio Entreculturas 2008 ás seguintes institucións: 1. Dotado coa cantidade de 6.000,00 € ó Centro de Lalín en Bos Aires-Arxentina pola súa intensa actividade a favor dos emigrantes galegos en Arxentina. 2. Dotado coa cantidade de 6.000,00€ ó Concello de Ponteareas polo seu labor a favor dunha boa causa como é a labor social que leva a cabo cos emigrantes e inmigrantes. E, non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, sendo as 11,55 horas do mencionado día, do que eu, como secretario dou fe.” 2.- Ditos premios achegaranse con cargo á partida 08/451.451.481.01 do Presuposto Provincial. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.16430.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA AAVV NOSA TERRA DO CONCELLO DE MOS DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE VESTIARIO”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 25/06/08 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 25/06/08 unha subvención a favor da AA.VV. Nosa Terra do concello de Mos, por un importe de 869,00 €, para “Adquisición de vestiario” con cargo á partida 08/451.451.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 17/09/08, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día ante a imposibilidade de facer fronte ó gasto previsto, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.16431.- CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE RODEIRO DA OBRA Nº 103-85/616 INCLUÍDA NO PAM/2006-08 DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO DOS LOCAIS SOCIAIS DAS PARROQUIAS DE ALCEME (A LATIZA), ARNEGO E PEDROSO-1ª FASE” APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 7 DE ABRIL DE 2006 PARA A OBRA Nº 362-322/1218 DENOMINADA “CONSTRUCCIÓN E CONDICIONAMENTO DOS LOCAIS SOCIAIS DE GUILLAR, ANEGO E PEDROSO” Vista a petición do concello de Rodeiro e o informe de Intervención de data 16 de setembro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación da obra núm. 103-85/616 denominada “Acondicionamento dos locais sociais das parroquias de Alceme (A Latiza), Arnego e Pedroso, 1ª fase” incluída no PAM/06-08 cunha subvención de 52.000,00 € e aprobada pola Xunta de Goberno de data 7 de abril de 2006, acordo núm. 17.13887, para a obra nº 362-322/1218 denominada “Construción e acondicionamento dos locais sociais de Guillar, Arnego e Pedroso” por idéntica subvención e con suxeición ás condicións establecidas no acordo núm. 17.13887 da Xunta de Goberno de data 7 de abril de 2006. A obra subvencionada ó concello de Rodeiro con cargo ó PAM/06-08 distribuída por anualidades queda como se establece de seguido: Denominación obra Anualidade 200 Anualidade 2008 Anualidades 2006-2008 Orzam. Subv. Orzam. Subv. Total Subv. TOTAL TOTAL Construción e acondicionamento dos Locais Sociais de Guillar, Arnego e Pedroso 69.333,33 12.000,00 69.333,33 40.000,00 52.000,00 ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.16432.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE FORCAREI PARA A CONSTRUCIÓN DUN EDIFICIO MULTIUSOS NO CIRCUITO DE KARTING EXISTENTE NO MUNICIPIO A Deputación de Pontevedra coa finalidade de fomentar e facilitar o deporte está realizando diversas actuacións para mellorar e ampliar as infraestruturas deportivas da provincia. Entre os deportes de maior auxe están os relacionados co mundo do motor, onde a provincia carece das infraestruturas axeitadas polo que se pretende mellorar as existentes no Concello de Forcarei coa construción dun edificio multiusos. Considerando que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, preténdese subscribir un Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Forcarei para a construción dun edificio multiusos no circuíto de karting. O Sr. Secretario da Corporación informa, con data 14 de agosto do ano en curso, o mencionado convenio de colaboración. Visto o informe de intervención, de 23 de setembro do 2008, e considerando o disposto no disposición adicional segunda da Lei de Contratos do Sector Publico, e na base 16, apartado segundo das bases de execución do presuposto para o ano 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Forcarei para a construción dun edificio multiusos no circuíto de karting existente no municipio. Facúltase ó Presidente para que formalice o mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE FORCAREI PARA A CONSTRUCIÓN DUN EDIFICIO MULTIUSOS NO CIRCUITO DE KARTING EXISTENTE NO MUNICIPIO En Pontevedra, a ………de …………. de 2008 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. E D. David Raposeiras Correa, na súa condición de Alcalde-Presidente do Concello de Forcarei, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir os acordos MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que de conformidade co disposto nos artigo 36 da Lei 7/85, Reguladora das Bases do Réxime Local, as Deputacións Provinciais teñen atribuídas as competencias de desenvolvemento económico e social, e o fomento dos intereses peculiares da provincia. Un dos obxectivos prioritarios da Deputación de Pontevedra é establecer o fomento e a difusión do deporte en todas as súas manifestacións, colaborando con todos os concellos da provincia na construción e adecuación de instalacións deportivas. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Forcarei e a construción dun edificio multiusos no circuíto de karting existente no municipio, cun custo de cento cincuenta mil catrocentos sesenta e tres euros con sesenta céntimos (150.463,60 €). Segunda.- O importe a que se refire o presente convenio comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do Proxecto. No caso de que se produza unha baixa na adxudicación, unha modificación ou revisión de prezos do contrato, se aplicará ou financiará nas mesmas porcentaxes das achegas iniciais das entidades. Terceira.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Forcarei, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: 2008 2009 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 44.254,00 € 30.977,80 € 75.231,80 € Concello de Forcarei 12.000,00 € 63.231,80 € 75.231,80 € Investimento total 150.463,60 € As cantidades a achegar polo concello, que son un ingreso de dereito público, xerarán crédito na partida 123.452.662.00 debendo ingresar a cantidade correspondente a anualidade 2008 á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. A cantidade da anualidade 2009 debe ser ingresada no primeiro trimestre do exercicio correspondente, e en todo caso, unha vez notificado, nos prazos de pago que establece o artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. No caso de falta de ingreso destas cantidades ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. Cuarta.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico que serán financiadas, na súa anualidade 2008, con cargo á partida 08/123.452.662.00 do vixente presuposto provincial. A anualidade de 2009 financiarase con cargo á partida correspondente do exercicio futuro, quedando condicionado á aprobación do presuposto. Quinta.- O Concello de Forcarei obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. A entidade deberá dar ó convenio a conveniente publicidade. Sexta.- Unha vez recibida a obra pola Deputación, realizarase un acto formal de entrega da mesma ó Concello de Forcarei. O Concello de Ponteareas comprométese o mantemento do inmoble obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da realización da acta de entrega. Sétima.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2009. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido a Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sexta, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. Undécima.- Será de aplicación o presente convenio a seguinte normativa: - Bases Reguladoras da Execución do Presuposto da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2008, así como as que se aproben para os exercicios 2009 e 2010. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Lei, 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. - Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. - Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. - Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. - Demais normativa de aplicación a este convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación de Pontevedra, Polo Concello de Forcarei, Rafael Louzán Abal David Raposeiras Correa” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.16433.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE MOBILIARIO PARA A SALA DE CONFERENCIAS DO MUSEO DE PONTEVEDRA Para poñer en funcionamento a sala de conferencias do Museo de Pontevedra resulta necesario dotala do mobiliario adecuado, polo cal se inicia o pertinente expediente para contratalo, que se estima nun custo de cento corenta e sete mil trescentos setenta e oito euros (147.378,00 €), IVE incluído. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que terán que rexer na contratación, e vistos así mesmo, o documento RC e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Considerando o disposto no disposición adicional segunda da Lei de Contratos do Sector Publico, e na base 16, apartado segundo das bases de execución do presuposto para o ano 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar, mediante procedemento aberto, a subministración de mobiliario na sala de conferencias do Museo de Pontevedra, cun tipo de licitación de cento vinte e sete mil cincuenta euros (127.050,00 €), sen IVE, mais a cantidade correspondente ó IVE que se estima en vinte mil trescentos vinte e oito (20.328,00 €). O prezo unitario de cada butaca establécese nun máximo de cincocentos vinte e cinco euros (525,00 €), sen IVE, mais a cantidade correspondente ó IVE de oitenta e catro euros (84,00 €). Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: - Autorizar dito gasto con cargo á partida 08/455.845.625.01.2006 do vixente presuposto provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o procedemento aberto como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta licitación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE MOBILIARIO NA SALA DE CONFERENCIAS DO MUSEO DE PONTEVEDRA 1.- OBXECTO.- A subministración e instalación de butacas na sala de conferencias do Museo de Pontevedra, de conformidade coas características establecidas no prego de prescricións técnicas. 2.- FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase con cargo á partida 08/455.845.625.01.2006 do vixente Presuposto provincial. 3.- PRAZO E LUGAR DE ENTREGA.- Deberase entregar as butacas e instalalas nun prazo máximo de SESENTA DÍAS naturais, na sala de conferencias do museo de Pontevedra, que se sitúa nos límites do núcleo histórico de Pontevedra, na mazá composta pola rúa Sarmiento, arcos de San Bartolomé, Padre Amoedo e Sierra. 4.- TIPO DE LICITACIÓN.- Establécese na cantidade de cento vinte e sete mil cincuenta euros (127.050,00 €), sen IVE, mais a cantidade correspondente ó IVE que se estima en vinte mil trescentos vinte e oito (20.328,00 €). O prezo unitario de cada butaca establécese nun máximo de cincocentos vinte e cinco euros (525,00 €), sen IVE, mais a cantidade correspondente ó IVE de oitenta e catro euros (84,00 €). 5- PAGAMENTO.- O pagamento efectuarase tras a subministración e instalación da totalidade do mobiliario, co visto e prace dos técnicos que determine a Deputación, e contra a presentación das correspondentes facturas. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante da Administración debendo nomear perante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 83 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase pechado e deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE MOBILIARIO NA SALA DE CONFERENCIAS DO MUSEO DE PONTEVEDRA Dito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1.-Proposición económica que se axustará ó modelo contido na cláusula final. 2.-Compromiso do prazo de entrega. 3.-Características dos produtos ofertados. (descrición e catálogos). 4.-Compromiso e características da extensión da garantía. 5.-Servizo de Post-venda. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE MOBILIARIO NA SALA DE CONFERENCIAS DO MUSEO DE PONTEVEDRA O devandito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fore, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia a executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica. a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Declaración de cifras de negocio globais das subministracións realizadas nos tres últimos exercicios. c) Certificacións establecidas polos institutos ou servizos oficiais ou homologados encargados do control de calidade. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -Un Técnico designado pola Deputación. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto público que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores en sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, o Secretario da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 11.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do procedemento aberto, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1. Redución do prezo sobre o presuposto máximo do contrato, ata un máximo de 40 puntos. Puntuándose en función da seguinte formula: P = (L-O)*40/(L-B) Onde: P: Puntuación. L: Presuposto de Licitación. O: Oferta do licitador. B: Oferta máis baixa das consideradas. 2. Menor prazo de execución, ata un máximo de 10 puntos. A ponderación efectuarase conforme á seguinte formula: P = (L-O)*10/(L-B) Onde: P: Puntuación. L: Prazo máximo establecido no prego. O: Prazo ofertado pola licitador. B: Menor prazo ofertado. 3.-Características da butaca e adaptabilidade ó contorno onde van ser
Ãrea de notas
Nota