Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2008-10-08_Ordinaria. Acta de sesión 2008/10/08_Ordinaria
Acta de sesión 2008/10/08_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.377/2.2008-10-08_Ordinaria
Título Acta de sesión 2008/10/08_Ordinaria
Data(s) 2008-10-08 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día oito de outubro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal e os señores deputados D. Xosé Crespo Iglesias e Dona María Corina Porro, escusando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1. 16458.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do 1 de outubro de 2008. ------ Folla: 2.16459.- APROBACIÓN DA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, A FAVOR DE DNA. CATALINA TOBÍO RODRÍGUEZ, VECIÑA DO CONCELLO DE COTOBADE, POLO PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Aprobada pola Xunta de Goberno de 18/07/07 unha subvención para arranxo de vivenda a favor de Dª Catalina Tobío Rodríguez, veciña do concello de Cotobade, por importe de 771,95 euros, concedida prórroga para tal subvención pola Xunta de Goberno de 19/12/07, presentada xustificación da mesma, e á vista do informe de fiscalización emitido o 29/09/08 polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar, polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, con cargo á partida 08/313.313.780.01-2007 a xustificación da subvención para arranxo de vivenda que polo importe de 771,95 euros, aprobada no seu día pola Xunta de Goberno de data 18/07/07, a favor de Dª Catalina Tobío Rodríguez, veciña do Concello de Cotobade. ------ Folla: 3.16460.- ANULACIÓN DA SUBVENCIÓN, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DE 22/06/07, A FAVOR DA “FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA” PARA PROXECTO DE “INFORMACIÓN E SENSIBILIDADE CARA O EMPREGO DE PERSOAS CON T.E.A.” Aprobada pola Xunta de Goberno de 22/06/08 unha subvención de 2.100,00 euros a favor da “Federación Autismo de Galicia”, para un “Proxecto de Información e Sensibilidade cara ó emprego de persoas con Trastorno de Espectro Autista”, emitido informe por Intervención o 1/04/08 sobre a fiscalización da xustificación de tal subvención e non completándose a mesma coa correspondente conta xustificativa a pesares dos requirimentos que se lle fixeron a tal Federación; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade anular a subvención de 2.100,00 euros que foi aprobada pola Xunta de Goberno de data 22/06/07 a favor da “Federación Autismo Galicia”, para un “Proxecto de Información e Sensibilidade cara o emprego de persoas con Trastornos do Espectro Autista”. ------ Folla: 4.16461.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE MOAÑA PARA XUSTIFICAR A OBRA Nº 217/706 DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DE BEIRARRÚAS DA ESTRADA AS BARXAS-BERDUCEDO”, INCLUÍDA NO PAM/06-08, ANUALIDADE 2007 Vista a petición do Concello de Moaña solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 217/706 denominado “Construción de beirarrúas da estrada As Barxas-Berducedo” incluído no Programa de Acción Municipal /06-08, anualidade 2007, cun orzamento de 231.659,64 €, motivada pola interrupción dos trámites de licitación á espera da remisión do proxecto provincial debido a que a Deputación de Pontevedra, titular do vial sobre o que se pretende actuar, decidiu asumir un proxecto de urbanización na totalidade do mesmo e considerando que a Base oitava, das Bases do Programa de Acción Municipal 2006, aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en sesión ordinaria o día 25 de xaneiro de 2008 e publicadas no BOP de data 8 de febreiro de 2008, contemplan a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - A concesión do aprazamento na xustificación da obra nº 217/706 denominada “Construción de beirarrúas da estrada As Barxas-Berducedo” ata o 30 de abril de 2009, con carácter improrrogable. ------ Folla: 5.16462.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA, PARA XUSTIFICAR A OBRA Nº 343/1177 DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO DA CASA DE CULTURA DE ANDRÁS”, INCLUÍDA NO PAM/06-08, ANUALIDADE 2007 Vista a petición do Concello de Vilanova de Arousa solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 343/1177 denominado “Acondicionamento da Casa da Cultura de András” incluído no Programa de Acción Municipal /06-08, anualidade 2007, motivada polas dificultades na tramitación do expediente de contratación e considerando que a Base oitava das Bases do Programa de Acción Municipal 2006, aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en sesión ordinaria o día 25 de xaneiro de 2008 e publicadas no BOP de data 8 de febreiro de 2008, contemplan a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razón excepcionais debidamente acreditadas polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - A concesión do aprazamento na xustificación da obra nº 343/1177 denominada “Acondicionamento da Casa da Cultura de András” ata o 30 de abril de 2009, con carácter improrrogable. ------ Folla: 6.16463.- COMUNICACIÓNS Queda enterada de escrito do Club Financiero Vigo (Rexistro de entrada nº33536 de data 30/09/08), polo que informa o acordo adoptado na súa reunión da Xunta Directiva de data 24/03/08, de rexistrar e incorporar á súa denominación á de Círculo de Empresarios de Galicia. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.16464.- CONVOCATORIA PARA A ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA LICENCIADOS/AS UNIVERSITARIOS/AS EN CIENCIAS BIOLÓXICAS: ESPECIALIDADE VEXETAL, PARA A REALIZACIÓN DE TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN EN ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - SECCIÓN FITOPATOLOXÍA Vista a proposta de data 26 de setembro de 2008, presentada polo Xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, na que solicita a convocatoria dunha Bolsa de Licenciado Universitario en Ciencias Biolóxicas, Especialidade Vexetal, para a realización de tarefas de investigación na Sección de Fitopatoloxía, ó amparo do establecido no artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a Convocatoria e Bases dunha BOLSA de Licenciado/a Universitario/a en Ciencias Biolóxicas, Especialidade Vexetal, polo procedemento de concorrencia competitiva, para a realización de tarefas de investigación na Sección de Fitopatoloxía da Estación Fitopatolóxica do Areeiro. O custo desta Bolsa para o exercicio 2008 ascenden a un total mensual de 1.000,00 €, que se imputará á partida orzamentaria 08/714.714.481.01, e outorgaranse con efectos da data da adxudicación e por un período dun ano, podendo prorrogarse anualmente ata un período máximo de catro anos Ditas bases son do seguinte teor: “BASES PRIMEIRA.- OBXECTO Estas bases regulan o procedemento para a concesión, por concurso de méritos, dunha bolsa, que ten por obxecto a realización de Tarefas de Investigación na Área de Fitopatolóxica da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, destinada a Licenciados/as Universitarios/as en Ciencias Biolóxicas. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES Poderá ser beneficiario/a desta bolsa aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión do título que se especifica a continuación, ou estar condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. - Licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, especialidade Vexetal. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. d) Non estar incapacitado físicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA Esta bolsa figura cunha dotación económica de 1.000,00 €/mes por beneficiario/a, que se imputará á partida 08/714.714.481.01 do orzamento provincial. O pagamento da bolsa ó beneficiario/a realizarase a partir da incorporación do bolseiro/a, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da mesma para os casos nos que o bolseiro/a inicie ou remate a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O disfrute da bolsa será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partires da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 4.1.- As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. c) Certificado do expediente académico, curriculum vitae e documentación acreditativa deste. d) Méritos relacionados cos traballos de investigación que se vaian a desenvolver, debidamente xustificados. e) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa. f) Certificado que acredite non estar incapacitado físicamente ou paceder enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. 4.2.- En canto á presentación das solicitudes,ademáis do recollido no apartado primeriro desta clásusula, os/as solicitantes estarán ó disposto no artigo 23.puntos 3,4 e 5 da Lei 38/2003 de 17 de novembro Xeral de Subvencións, en todo aquello que lles sexa de aplicación. QUINTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros: - Presidente: o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue. - Vogais: - Un deputado provincial. - O xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica. - Un funcionario Técnico Superior pertenencente a Deputación Provincial de Pontevedra. - Secretario: O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituirse nin actuar sen a asistencia de máis da mitade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. Ós mesmos aboaráselle as contías establecidas a estos efectos no R.d. 462/2002, de 24 de maio, sobre Indemnizacións por razóns do Servizo. SEXTA.- SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A A selección do bolseiro/a efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados segundo o seguinte BAREMO: a) EXPEDIENTE ACADÉMICO: Ata un máximo de (2) dous puntos. o No caso de que no expediente académico non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.D. 1497/1987, modificado polo R.d. 1267/1994, será valorado con 0,00 (cero puntos). b) MÉRITOS ESPECÍFICOS: Ata un máximo de (2) dous puntos. b.1.- Por ter asistido a cursos de doutoramento relacionados coas actividades obxecto da Convocatoria, ata un máximo de (2) dous puntos, computados do xeito que se especifica a continuación: CRÉDITOS PUNTUACIÓN 1. De entre 3 e 5 créditos 0,30 puntos/curso 2. De entre 1 e 2 créditos 0,20 puntos/curso *No suposto de non acreditarse a duración dos cursos, estes valoraranse a razón de 0,05 puntos por curso. c) Por acreditar EXPERIENCIA LABORAL relacionada coas materias obxecto da Bolsa, ata un máximo de (3) tres puntos, computados do xeito que se especifica a continuación: DURACIÓN PUNTUACIÓN 1. De 12 ou máis meses 0,15 puntos/mes 2. De entre 6 e 9 meses 0,10 puntos/mes 3. De entre 3 e 5 meses 0,05 puntos/mes A experiencia profesional deberá acreditarse mediante certificación acreditativa, expedida pola Administración Pública na que prestou servicios, facendo constar o posto de traballo que desempeñou e o cómputo total de días, meses ou anos traballados. Para tales efectos, non se terán en conta as fotocopias de contratos de traballo, nin a vida laboral expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. d) ENTREVISTA E PROXECTO: Ata un máximo de tres (3)puntos. Manterase con cada un/unha dos/as aspirantes unha Entrevista Persoal, relacioada co obxecto da bolsa, e na que entre outras cousas, solicitarase a descripción dun Proxecto de Fitopatoloxía. SÉTIMA.- RESOLUCIÓN A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ó aspirante que consideren máis idóneo e que acadara a máxima puntuación de acordo có baremo especificado na cláusula sexta das presentes Bases. O acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial. OITAVA.- CONDICIÓNS XERAIS Establécense as seguintes condicións xerais: a) A bolsa terá unha duración dun ano, a contar dende a data na que o/a adxudicatario/a comezara o seu desempeño na Estación Fitopatolóxica do Areeiro e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro (4) anos, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e o acordo da Xunta de Goberno. b) A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c) O beneficiario/a da bolsa comprometerase a observar o horario de traballo e disciplina da Estación Fitopatolóxica do Areeiro co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado. d) A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo. e) O beneficiario/a da Bolsa deberá suscribir unha Póliza de Seguro de Asistencia Médica, no caso de non estar xa cuberto pola Seguridade Social ou por outro Seguro Privado. f) A Comisión poderá convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación cos seus currículos. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcurrido este plazo, esta Diputación Provincial resérvase o dereito a destruir dita documentación. DÉCIMA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases. UNDÉCIMA.- RÉXIME XURÍDICO A convocatoria da Bolsa e a selección do bolseiro/a así como a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitarase ó previsto nas presentes Bases, e ademais, ó disposto na Lei Xeral de Subvencións ( Lei 38/2003 de 17 de novembro) e na Lei 30/1992 de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e procedemento administrativo común ( Lei 30/1992 de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999).” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.16465.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO Con data 26 de setembro de 2008, Dna. María del Carmen Crespo Blanco, xefa do Servizo de Prevención de Riscos Laborais, presenta solicitude na que expón que con motivo da presentación do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA), o día 26 de setembro de 2008, debe desprazarse a Santiago de Compostela, polo que solicita autorización para realizar dito desprazamento en vehículo particular. A solicitude é informada favorablemente por D. José Juan Durán Hermida, Vicepresidente. De acordo con todo o exposto, e ó amparo do establecido no artigo 67.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, convalidar o presente expediente e autorizar a Dona María del Carmen Crespo Blanco, xefa do Servizo de Prevención de Riscos Laborais a que asista á presentación do Instituto Galego de Seguridade e Saúde laboral, que se celebrou en Santiago de Compostela o 26 de setembro de 2008, e a que se lle aboen os gastos xerados, en concepto de desprazamento, nos termos que se detallan a seguir: O importe total estimado ascende a 31,20 €, que se imputarán con cargo á partida orzamentaria 08/134.121.231.01, e desagregados segundo o seguinte detalle: - Pontevedra-Santiago-Pontevedra 120 Km x 0,19 €:……..….22, 80 €. - Gastos de Autoestrada: ……...……………… ……………..8,40 €. Finalmente a teor do disposto no Acordo da Xunta de Goberno número 14.15813, de data 23 de xaneiro de 2008 sobre “Aprobación dos modelos de xustificación de gastos para o aboo das Indemnizacións por Razón do Servizo”, deberá achegar a correspondente xustificación documental, unha vez finalice a presentación. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.16466.- APROBACIÓN DO PROXECTO “CONCLUSIÓN, MELLORA E REPOSICIÓN DE SERVIZOS E.P. COVELO-BARCIADAMERA (COVELO) Visto o proxecto de “Conclusión, mellora e reposición de servizos E.P. 5106 Covelo-Barciademera (Covelo)”, redactado polo Servizo de Vías e Obras, cuxo importe ascende á suma de 195.830,91, IVE incluído, e que ten por obxecto a explanación do terreo necesario para a consecución da obra, a demolición de muros e peches, a instalación de redes de fecais, pluviais e de distribución de auga, así como a instalación dunha rede de media e baixa tensión e de comunicacións. E, visto o informe emitido por Intervención relativo á existencia de saldo adecuado e suficiente na partida 08/511.511-612.02 para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de “Conclusión, mellora e reposición de servizos E.P. 5106 Covelo-Barciademera (Covelo)” por importe de 195.830,91 €, IVE incluído. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.16467.- APROBACIÓN DO PROXECTO “CONCLUSIÓN E MELLORA DE TRAZADO E RODAXE DA E.P. 2606 PONTE CALDELAS-PARADA (PONTE CALDELAS) Visto o proxecto de “Conclusión de mellora de trazado e rodaxe E.P. 2606 Ponte Caldelas-Parada (Ponte Caldelas)”, redactado polo Servizo de Vías e Obras, cuxo importe ascende á suma de 147.180,34, IVE incluído, e que ten por obxecto o retranqueo de varios peches para obter unha anchura total de 12 m, o afirmado das zonas ensanchadas e a execución dunha nova capa de rodaxe. E, visto o informe emitido por Intervención relativo á existencia de saldo axeitado e suficiente na partida 08/511.511-612.02.2007 para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de “Conclusión de mellora de trazado e rodaxe E.P. 2606 Ponte Caldelas-Parada (Ponte Caldelas)” por importe de 147.180,34 €, IVE incluído.” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.16468.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE PAVIMENTACIÓN DO ADRO DA IGREXA DE SAN MIGUEL DE BOUZAS EN VIGO Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 09/04/2008, polo que se prestou aprobación ao convenio de colaboración coa Diocese de Tui-Vigo para a execución e desenvolvemento do proxecto básico de “Pavimentación do Adro da Igrexa de San Miguel de Bouzas en Vigo”, cun orzamento de 116.600,76 €, IVE incluído, financiándose entre ambas institucións ó 50 %, e que foi subscrito o día 21/07/2008. Visto o proxecto redactado ó efecto cuxo importe ascende á suma de 116.600,76 €, IVE incluído. E, visto o informe emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o proxecto de “Pavimentación do Adro da Igrexa de San Miguel de Bouzas en Vigo” por importe de 116.600,76 € (orzamento por importe de 100.517,90 € máis 16.082,86 € correspondentes ó IVE), e iniciar o expediente para a contratación da obra. 2.- Rectificar os acordos da Xunta de Goberno nº 21.16049, adoptado en sesión de 09/04/2008, e nº 11.16332, adoptado en sesión de 13/08/2008, no sentido da a partida orzamentaria con cargo á que se financia o expediente é a 08/451.453.668.02. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.16469.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL DESIGNANDO MEMBRO DA MESA DE CONTRATACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA ADXUDICAR O SERVIZO DE LIMPEZA DA C.I. PRÍNCIPE FELIPE A Xunta de Goberno, queda enterada e ratifica o contido da Resolución Presidencial número 14.733, de data 6 de outubro de 2008, cuxo contido literal é o seguinte: “La “Xunta de Goberno” de esta Diputación Provincial en la sesión ordinaria del día 13 de agosto de 2008, acordó aprobar el expediente para la contratación del servicio de limpieza de la Ciudad Infantil “Príncipe Felipe”, mediante procedimiento abierto, por un importe global 960.000,00 euros, IVA incluido, así como los pliegos de cláusulas económico-administrativas y técnicas que regirán en dicho procedimiento abierto. Resultando que en la cláusula 12 del pliego de condiciones económico-administrativas figura que la Mesa de Contratación procederá al examen de la documentación presentada por los licitadores y a la apertura de las proposiciones económicas en un acto que tendrá lugar el día 7 de octubre a las 10,00 horas, HE RESUELTO que la Mesa de Contratación del procedimiento abierto correspondiente a la contratación del servicio de limpieza de la Ciudad Infantil “Príncipe Felipe” esté formada por los siguientes miembros; • PRESIDENTE: D. José Juan Durán Hermida. • VOCALES: D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario General de la Diputación. D. Antonio Graña Gómez, Interventor de la Diputación. Dª Sonia Mateos Escudero, Directora de Gestión de la Ciudad Infantil “Príncipe Felipe”. • SECRETARIO: D. José Antonio Gulías Varela, Jefe de Negociado del Servicio de Contratación Hacienda y Patrimonio de la Diputación. De esta resolución se dará cuenta a la “Xunta de Goberno” de esta Diputación Provincial en la próxima sesión que se celebre”. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.16470.- CORRECCIÓN DE ERROS NO ACORDO Nº 19.16388 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 10/09/08 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 10 de setembro de 2008, prestou aprobación ó expediente relativo á contratación, mediante procedemento aberto, do servizo corporativo de telecomunicacións e á creación da rede multiservizo da Deputación de Pontevedra e centros dependentes, aprobando os pregos de cláusulas administrativas e técnicas. Na cláusula 7ª fíxase a garantía provisional para o lote nº 1 en 56.896,56 € e para o lote nº 2 en 15.605,63 €, non coincidindo a primeira delas coa esixencia prevista do 3% do orzamento do contrato excluído o IVE, polo que existe unha contradición. A Lei de Contratos do Sector Público de 30 de outubro de 2007, establece no seu art. 91 que a Administración, tendo en conta as causas concorrentes en cada contrato poderán esixir ós licitadores a constitución dunha garantía que responda do mantemento das súas ofertas ata a adxudicación provisional, sinalando que non poderá exceder do 3%. Nos anuncios de licitación, tanto da Comunidade Europea, como do BOE e da Provincia, esíxese a garantía provisional na contía arriba indicada sen especificar porcentaxe algunha con respecto ós tipos de licitación. Estas garantías enténdense que son suficientes para responder da finalidade que perseguen, que non é outra que manter a oferta ata a adxudicación provisional. Á vista diso, e coa finalidade de evitar ter que efectuar novas publicacións que demorarían en exceso a resolución do procedemento aberto co conseguinte prexuízo que suporía para o interese xeral, e non habendo, por outra parte, prexuízos de terceiras persoas, nin para a Administración, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar a cláusula 7ª do prego no sentido de suprimir a referencia ó 3% e quedando redactada da seguinte forma: “Considerando las circunstancias de este contrato se exigen las siguientes garantías: 56.896,56 € para el lote 1, y 15.605,63 € para el lote 2, que responderán del mantenimiento de las ofertas presentadas por los licitadores hasta la adjudicación provisional del contrato, de conformidad con lo previsto en el art. 91 de la LCSP. Esta garantía provisional responderá también del cumplimiento de las obligaciones que conlleva la adjudicación provisional a favor de un contratista La garantía provisional habrá de ser ingresada exclusivamente en la Caja de la Diputación, en cualquiera de las formas previstas en el art. 84 de la LCSP.” Así mesmo, e dado que se padeceu erro, rectifícanse as cláusulas 9.2.5., subapartado OFERTA TECNICA MEJORAS, e 9.3.5.. subapartado OFERTA TECNICA MEJORAS, do prego de cláusulas administrativas que quedan redactadas como segue: Cláusula 9.2.5., subapartado OFERTA TECNICA MEJORAS: “En cada apartado, se otorgará la máxima puntuación a la oferta técnicamente más adecuada, el resto se valorará en función de ella y en base a una regla de tres directa según la siguiente fórmula: Donde: Vi : Puntuación referida a la propuesta técnica i-ésima. Ofertai : Orden de idoneidad de la propuesta técnica i-ésima. Oferta0 : Orden de idoneidad de la propuesta técnica más adecuada. K: Puntuación otorgada al apartado. Donde la oferta i-èsima es aquella que técnicamente encuentra en la posición i en cuanto a idoneidad técnica.” Cláusula 9.3.5., subapartado OFERTA TECNICA MEJORAS: “En cada apartado, se otorgará la máxima puntuación a la oferta técnicamente más adecuada, el resto se valorará en función de ella y en base a una regla de tres directa según la siguiente fórmula: Donde: Vi : Puntuación referida a la propuesta técnica i-ésima. Ofertai : Orden de idoneidad de la propuesta técnica i-ésima. Oferta0 : Orden de idoneidad de la propuesta técnica más adecuada. K: Puntuación otorgada al apartado. Donde la oferta i-èsima es aquella que técnicamente encuentra en la posición i en cuanto a idoneidad técnica.” ------ Folla: 14.16471.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------
Ãrea de notas
Nota