Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2008-10-29_Ordinaria. Acta de sesión 2008/10/29_Ordinaria
Acta de sesión 2008/10/29_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.377/2.2008-10-29_Ordinaria
Título Acta de sesión 2008/10/29_Ordinaria
Data(s) 2008-10-29 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e nove de outubro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal e a señora deputada Dona María Corina Porro Martínez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.16517.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE A LAMA, PARA XUSTIFICAR A OBRA Nº 308/1110 DENOMINADA “CENTRO SOCIAL MUNICIPAL EN BERDUCIDO, FASE II”, INCLUÍDA NO PAM/06-08, ANUALIDADE 2007 Dada conta da petición do Concello de A Lama solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 308/1110 denominado “Centro Social Municipal en Berducido, fase II” incluído no Programa de Acción Municipal/06-08, anualidade 2007, motivada polos retrasos na tramitación e execución da citada obra ó tratarse dun cambio de aplicación da prevista inicialmente e polas dificultades para obter en prazo determinadas subministracións, e considerando que a Base Oitava, das Reguladoras do Programa de Acción Municipal 2006, aprobadas polo Pleno da Deputación en sesión ordinaria o día 25 de xaneiro de 2006 e publicadas no BOP de data 8 de febreiro de 2006, contempla a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - A concesión do aprazamento na xustificación da obra nº 308/1110 denominada “Centro Social Municipal en Berducido, fase II”, incluída no PAM/06-08, anualidade 2007, ata o 30 de abril de 2009, con carácter improrrogable. ------ Folla: 2.16518.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE A LAMA, PARA XUSTIFICAR A OBRA Nº 212/1054 DENOMINADA “CENTRO SOCIAL MUNICIPAL EN BERDUCIDO, FASE III”, INCLUÍDA NO PAM/06-08, ANUALIDADE 2007 Dada conta da petición do Concello de A Lama solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 212/1054 denominado “Centro Social Municipal en Berducido, fase III” incluído no Programa de Acción Municipal/06-08, anualidade 2007, motivada polos retrasos na tramitación e execución da citada obra ó tratarse dun cambio de aplicación da prevista inicialmente e polas dificultades para obter en prazo determinadas subministracións, e considerando que a Base Oitava, das Reguladoras do Programa de Acción Municipal 2006, aprobadas polo Pleno da Deputación en sesión ordinaria o día 25 de xaneiro de 2006 e publicadas no BOP de data 8 de febreiro de 2006, contempla a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - A concesión do aprazamento na xustificación da obra nº 212/1054 denominada “Centro Social Municipal en Berducido, fase III”, incluída no PAM/06-08, anualidade 2007, ata o 30 de abril de 2009, con carácter improrrogable. ------ Folla: 3.16519.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE MOAÑA, PARA XUSTIFICAR A OBRA Nº22/1123 DENOMINADA “SANEAMENTO DO CANTIÑO E A REGUEIRA (O CASAL)”, INCLUÍDA NO PSA/06-08, ANUALIDADE 2007. Dada conta da petición do Concello de Moaña solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 22/1123 denominado “Saneamento do Cantiño e A Regueira (O Casal)” incluído no Programa de Saneamento e Abastecemento de Augas en Pequenos Núcleos Rurais/06-08, anualidade 2007, cun presuposto de 37.207,73 €, motivada polas dificultades para dispoñer dunha parte dos terreos que forman parte do vial onde se instala o saneamento, e considerando que a Base oitava, das reguladoras do Programa de Saneamento e Abastecemento de Augas en Pequenos Núcleos Rurais/06-08, aprobadas polo Pleno da Deputación de Provincial en sesión ordinaria o día 25 de xaneiro de 2008 e publicadas no BOP de data 8 de febreiro de 2008, contemplan a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - A concesión do aprazamento na xustificación da obra nº 22/1123 denominada “Saneamento do Cantiño e A Regueira (O Casal)” ata o 30 de abril de 2009, con carácter improrrogable. ------ Folla: 4.16520.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS VIRGEN DE LA GUÍA (PORRIÑO), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “BALAUSTRADA NA IGREXA DE ATIOS”, INCLUÍDA NO PAC/2007 CO NÚMERO 26 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a prórroga solicitada pola Asociación de Veciños Virgen de la Guía (Porriño) para xustificar a obra incluída no PAC/2007, co núm. 26, denominada “Balaustrada na Igrexa de Atios”, subvencionada con 22.000,00 euros. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2009, con carácter improrrogable. ------ Folla: 5.16521.- SOLICITUDE DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DE BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA, RELATIVA Á ACHEGA DESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL Ó ORZAMENTO DO CITADO CONSORCIO PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO CUARTO TRIMESTRE DO ANO 2008 E PARA AFRONTAR O AUMENTO NO ORZAMENTO DO CITADO CONSORCIO ORIXINADO POLO INCREMENTOS SALARIAIS, TRAS A ENTRADA EN VIGOR DA LEI 5/2007, DE 7 DE MAIO, DE EMERXENCIAS DE GALICIA Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento das Comarcas de Baixo Miño, Condado e Louriña CIF: P-3600027-A, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Excma. Deputación, que ascende a 65.793,23 €, como consecuencia do aumento no presuposto do mencionado Consorcio orixinado polos incrementos salariais do persoal, tras a entrada en vigor da Lei 5/2007 de 7 maio, de Emerxencias de Galicia, e o informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Autorizar e recoñecer a obriga de 65.793,23 € como achega da Deputación correspondente ó ano 2008 ó Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento das Comarcas de Baixo Miño, Condado e Louriña como consecuencia do aumento no presuposto de dito Consorcio orixinado polos incrementos salariais do persoal, trala entrada en vigor da Lei 5/2007 de 7 de maio, de emerxencias de Galicia. 2.- Declarar de aboo a favor do citado Consorcio a cantidade de 65.793,23 € con cargo á partida 08/911.223.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 200800023990. ------ Folla: 6.16522.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN DUN CAMIÓN CON CUÑA QUITANEVES E ESPARCIDOR DE SAL PARA UTILIZAR NA SONA NORTE DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA O Sr. Director de Infraestruturas, a través de escrito de data 20 de outubro de 2008, conformado polo Deputado Delegado de Vías e Obras e polo Ilmo. Sr. Presidente, solicita que se contrate a subministración dun camión 4x4 de gasóleo, con cuña quitaneves e esparcidor de sal para utilizar na zona norte da provincia de Pontevedra. Resultando que para efectuar a contratación da subministración do citado camión o Director de Infraestruturas elaborou un prego de prescricións técnicas en onde fixa en 150.800,00 euros, IVE incluído, o custo total do vehículo, cantidade que se desagrega en 130.000,00 euros que corresponden ó prezo do contrato e 20.800,00 euros ó IVE. Resultando que polo Servizo de Intervención emítese o documento RC de data 21 de outubro de 2008, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 150.800,00 euros, para facer fronte ás obrigas derivadas desta contratación, con cargo á partida 08/511.511.623.01 do vixente Presuposto Provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación proponse que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 21 de outubro de 2008. Resultando que con data 21 de outubro de 2008, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da subministración dun camión con cuña quitaneves e esparcidor de sal para utilizar na zona norte da provincia de Pontevedra. Resultando que con data, 23 de outubro de 2008, polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 9 tipifica a este contrato como “de subministración” ó ter por obxecto a adquisición de produtos ou bens mobles e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto para 2008, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da subministración dun camión con cuña quitaneves e esparcidor de sal para utilizar na zona norte da provincia de Pontevedra, por importe máximo de 150.800,00 euros, IVE incluído, segregado nas seguintes cantidades: Prezo do contrato .................... 130.000,00 € IVE (16%) ............................... 20.800,00 € IMPORTE TOTAL ................... 150.800,00 € 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito procedemento aberto. 3.- Autorizar o gasto polo importe máximo de 150.800,00 euros, con cargo á partida 08/511.511.623.01 do vixente presuposto provincial. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da subministración dun camión con cuña quitaneves e esparcidor de sal para utilizar na zona norte da provincia de Pontevedra, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 143.2 da citada Lei 30/2007. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DUN CAMIÓN CON CUÑA QUITANEVES E ESPARCIDOR DE SAL PARA UTILIZAR NA ZONA NORTE DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. 1.- OBXECTO.- A subministración dun camión 4x4 de gasóleo, con cuña quitaneves e esparcidor de sal para a zona norte da provincia de Pontevedra, que cumpra, como mínimo, coas características que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado polo Director de Infraestruturas e que se une como anexo a este prego. 2.- FINANCIAMENTO.- O financiamento do contrato efectuarase con cargo á partida 08/511.511.623.01 do vixente presuposto provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo da subministración efectuarase contra a presentación da correspondente factura, unha vez recepcionado o mesmo e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO E LUGAR DE ENTREGA.- O camión entregarase nas instalacións do Parque Central de Maquinaria desta Deputación, sito no Paseo Domingo Fontán número 28 da cidade de Pontevedra, no prazo que figure na oferta seleccionada e en todo caso no prazo máximo de catro meses, contados a partir da sinatura do contrato de subministración. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o artigo 273 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto máximo de licitación co camión matriculado é o seguinte: Prezo do contrato sen IVE: CENTO TRINTA MIL EUROS (130.000,00 €). Imposto sobre o valor engadido (IVE): VINTE MIL OITOCENTOS EUROS (20.800,00 €). 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 66 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 49 d edita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante da Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Os licitadores interesados en participar na adxudicación deste contrato quedan dispensados da constitución da garantía provisional en consonancia co disposto no artigo 91 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles contados a partir do seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no parágrafo anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN. 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), en horario de 9 a 13 horas, durante un prazo de quince días naturais (artigo 143.2 da LCSP), contado dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DUN CAMIÓN CON CUÑA QUITANEVES E ESPARCIDOR DE SAL PARA UTILIZAR NA ZONA NORTE DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase a documentación obxecto de ser valorada neste procedemento aberto, polo que no mesmo deberá figurar a seguinte documentación: 1. Oferta económica segundo o modelo que figura na cláusula final do prego. 2. Documentación que sirva para valorar as melloras ofertadas. 3. Prazo de entrega. 4. Proposta mantemento e asistencia post venda. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das devanditas cláusulas ou condicións, sen salvidade ou reserva algunha. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DUN CAMIÓN CON CUÑA QUITANEVES E ESPARCIDOR DE SAL PARA UTILIZAR NA ZONA NORTE DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante da Administración. 2. Poder debidamente bastanteado. 3. Os que acrediten a solvencia económica, financeira e técnica ou profesional. 3.1. Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, seguro de indemnización por riscos profesionais. 3.2. Para as sociedades, balance ou extractos de balances. 3.3. Declaración de cifras de negocio globais das subministracións realizados nos tres últimos exercicios. 3.4. Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 4. Unha declaración responsable de non estar incurso na prohibición de contratar de conformidade co estipulado no artigo 49 da LCSP. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: • PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. • VOGAIS: -O Secretario Xeral da Deputación. -O Interventor da Deputación. -O Director Xeral de Infraestruturas da Deputación. • SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Deputación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores en sobre B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A seguir, en acto público, o Presidente da mesa de contratación procederá á apertura de sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios que servirán de base para a adxudicación deste procedemento aberto, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1. Menor prezo ofertado, ata un máximo de catro puntos. Puntuándose en función da seguinte fórmula: P = (L-O)*4/(L-B) Onde: • P: Puntuación • L: Presuposto de licitación • O: Oferta do licitador • B: Oferta máis baixa das consideradas 2. Melloras ofertadas, ata un máximo de tres puntos. Para a súa valoración teranse en conta as seguintes: - Melloras dos equipos exteriores para manexo, carga e descarga de material. - Melloras dos equipamentos mecánicos do vehículo (equipos de control, equipamento mecánico). - Melloras dos equipamentos auxiliares do vehículo. 3. Menor prazo de entrega, ata un máximo de dous puntos. A ponderación efectuarase conforme á seguinte fórmula: P = (L-O)*2/(L-B) Onde: • P: Puntuación • L: Prazo máximo establecido • O: Prazo ofertado pola licitador • B: Menor prazo ofertado 4. Mantemento ou asistencia de Post venda, ata un máximo dun punto. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, á vista da proposta da mesa de contratación, clasificará as proposicións presentadas e admitidas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra (www.depo.es) ou no Boletín Oficial da Provincia. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación de Pontevedra difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 18.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista estará obrigado a entregar o camión matriculado e rotulado co logotipo da Deputación de Pontevedra, todo iso no tempo e lugar fixados no contrato e de conformidade coas prescricións técnicas e cláusulas administrativas. O adxudicatario non terá dereito a indemnización por causa de perdas, avarías ou prexuízos ocasionados no camión antes da súa entrega á Deputación de Pontevedra, salvo que esta incorrese en demora ó recibilos. Cando o acto formal da recepción do camión, de acordo coas condicións do prego, sexa posterior á súa entrega, a Deputación de Pontevedra será responsable da custodia do mesmo durante o tempo que medie entre unha e outra. 19.- GARANTÍA E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS OU DEFECTOS DURANTE O PRAZO DE GARANTÍA O prazo de garantía fíxase, como mínimo, nun ano dende a entrega da subministración. Se durante o prazo de garantía se acreditase a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados terá dereito a Administración a reclamar do contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación dos devanditos bens non serán bastantes para lograr aquel fin, poderá, antes de expirar dito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, se é o caso, á recuperación do prezo satisfeito. Terminado o prazo de garantía sen que a Administración formalice algún dos reparos ou a denuncia a que nos referimos, o contratista quedará exento da responsabilidade por razón dos bens subministrados. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 206 e 275 da LCSP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto a súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 22.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións agotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN.-Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa..........................................con C.I.F.- número........................ e domicilio en .............................., teléfono.................... fax……….segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Estando interesado en tomar parte no procedemento aberto con multiplicidade de criterios convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra para a SUBMINISTRACIÓN DUN CAMIÓN CON CUÑA QUITANEVES E ESPARCIDOR DE SAL PARA UTILIZAR NA ZONA NORTE DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas económicas-administrativas e técnicas que rexe dito contrato e que se compromete a realizar a subministración con suxeición ó mesmo, de acordo ó seguinte detalle: A) Prezo sen IVE ............................................ _ _ _ _ _ _ _ _ euros. B) Imposto sobre o valor engadido (IVE) ....... _ _ _ _ _ _ _ _ euros. C) TOTAL OFERTADO (A+B) ....................... _ _ _ _ _ _ _ _ euros. • Prazo de entrega (indicar o mesmo). • Proposta mantemento e asistencia post venda. (indicar a mesma). • Melloras ofertadas (achegar documentación para valorar as mesmas). (Data e sinatura do propoñente)”. ------ Folla: 7.16523.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN DUNHA RETRO PA DE RODAS PARA O PARQUE DE MAQUINARIA O Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria, a través de escrito de data 3 de setembro de 2008, solicita que se contrate a subministración dunha retro pa de rodas, co obxecto de renovar unha retro pa adquirida no ano 1988, marca FAI, matrícula PO-34589-VE que dado o seu elevado custo de mantemento, debido á súa antigüidade e á imposibilidade de conseguir repostos orixinais, fan que non sexa apta para executar os traballos que se lle demandan que realice coa súa maquinaria ó Centro Xestor do Parque de Maquinaria. Resultando que para efectuar a contratación da subministración dunha retro pa de rodas, o Xefe do Parque de Maquinaria elaborou un prego de prescricións técnicas en onde fixa en 75.000,00 euros, IVE incluído, o presuposto máximo de licitación e propón que se financie o contrato da seguinte forma: • Mediante un pagamento en efectivo ata un importe máximo de 73.840,00 euros con cargo á partida 08/511.511.633.01 do vixente Presuposto Provincial. • Mediante un pagamento en especie que se concreta na entrega da retro pa marca FAI, matrícula PO-34589-VE, valorada en 1.160,00 euros. Resultando que polo Servizo de Intervención se emite o documento RC de data 23 de outubro de 2008, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 73.840,00 euros para facer fronte ás obrigas derivadas do pagamento en efectivo da subministración dunha retro pa de rodas para o Parque de Maquinaria, con cargo á partida 08/511.511.633.01 do vixente Presuposto Provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación proponse que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 23 de outubro de 2008. Resultando que con data 27 de outubro de 2008, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data elabórase o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da subministración dunha retro pa de rodas para o Parque de Maquinaria. Resultando que con data, 28 de outubro de 2008, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 9 tipifica a este contrato como “de subministración” ó ter por obxecto a adquisición de produtos ou bens mobles e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto para 2008, concretamente na Base 16ª. 2, a) en onde figura que lle compete á “Xunta de Goberno” a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da subministración dunha retro pa de rodas para o Parque de Maquinaria, por importe máximo de 75.000,00 euros, IVE incluído, desagregado nas seguintes cantidades: Prezo do contrato .................................. 64.655,17 € IVE (16%) .............................................. 10.344,83 € IMPORTE TOTAL ................................. 75.000,00 € O financiamento deste contrato realizarase da seguinte forma: • Cun pagamento en efectivo ata un importe máximo de 73.840,00 euros. • Mediante un pagamento en especie que se concreta na entrega dunha retro pa marca FAI, matrícula PO-34589-VE, propiedade da Deputación Provincial de Pontevedra, valorada en 1.160,00 euros. 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito procedemento aberto. 3.- Autorizar o gasto polo importe máximo a aboar en efectivo, cifrado en 73.840,00 euros, con cargo á partida 08/511.511.633.01 do vixente presuposto provincial. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da subministración dunha retro pa para o Parque de Maquinaria, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 143.2 da citada Lei 30/2007. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DUNHA RETRO PA DE RODAS PARA O PARQUE DE MAQUINARIA. 1.- OBXECTO.- A subministración dun retro pa de rodas para o Parque de Maquinaria, que cumpra coas características que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado polo Xefe Xeral do Parque de Maquinaria e que se une como anexo a este prego. 2.- FINANCIAMENTO.- O financiamento do contrato efectuarase da seguinte forma: • Mediante un pagamento en efectivo ata un importe máximo de 73.840,00 euros con cargo á partida 08/511.511.633.01 do vixente Presuposto Provincial. • Mediante un pagamento en especie que se concreta na entrega dunha retro pa marca FAI, matrícula PO-34589-VE, valorada en 1.160,00 euros. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo da subministración efectuarase contra a presentación da correspondente factura, unha vez recepcionado o mesmo e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. Na factura farase mención á retro pa marca FAI, matrícula PO-34589-VE, que forma parte do pagamento en especie e á cantidade a aboar en efectivo. 4.- PRAZO E LUGAR DE ENTREGA.- O retro pa de rodas entregarase nas instalacións do Parque Central de Maquinaria desta Deputación, sito no Paseo Domingo Fontán número 28 da cidade de Pontevedra, no prazo que figure na oferta seleccionada e en todo caso no prazo máximo de cento vinte días naturais, contados a partir da sinatura do contrato de subministración. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o artigo 273 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O presuposto máximo de licitación coa retro pa matriculada é o seguinte: • Prezo do contrato sen IVE: SESENTA E CATRO MIL SEISCENTOS CINCUENTA E CINCO EUROS CON DEZASETE CÉNTIMOS (64.655,17 €). • Imposto sobre o valor engadido (IVE): DEZ MIL TRESCENTOS CORENTA E CATRO EUROS CON OITENTA E TRES CÉNTIMOS (10.344,83 €). • Valoración mínima da retro pa usada matrícula PO-34589-VE: MIL CENTO SESENTA EUROS (1.160,00 €). 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 66 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 49 da devandita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante da Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Os licitadores interesados en participar na adxudicación deste contrato quedan dispensados da constitución da garantía provisional en consonancia co disposto no artigo 91 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles contados a partir do seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no parágrafo anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN. 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), en horario de 9 a 13 horas, durante un prazo de quince días naturais (artigo 143.2 da LCSP), contado dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DUNHA RETRO PA DE RODAS PARA O PARQUE DE MAQUINARIA. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase a documentación obxecto de ser valorada neste procedemento aberto, polo que no mesmo deberá figurar a seguinte documentación: 1. Oferta económica segundo o modelo que figura na cláusula final do prego. 2. Documentación que sirva para valorar as melloras ofertadas. 3. Prazo de entrega. 4. Proposta mantemento e asistencia post venda. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das devanditas cláusulas ou condicións, sen salvedade ou reserva algunha. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DUNHA RETRO PA DE RODAS PARA O PARQUE DE MAQUINARIA. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante da Administración. 2. Poder debidamente bastanteado. 3. Os que acrediten a solvencia económica, financeira e técnica ou profesional. 3.1. Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. 3.2. Para as sociedades, balance ou extractos de balances. 3.3. Declaración de cifras de negocio globais das subministracións realizados nos tres últimos exercicios. 3.4. Declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato. 4. Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar de conformidade co estipulado no artigo 49 da LCSP. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: • PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. • VOGAIS: -O Secretario Xeral da Deputación. -O Interventor da Deputación. -O Director Xeral de Infraestruturas da Deputación. • SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Deputación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, en acto público, o Presidente da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios que servirán de base para a adxudicación deste procedemento aberto, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1. Menor prezo ofertado, ata un máximo de catro puntos. Puntuándose en función da seguinte fórmula: P = (L-O)*4/(L-B) Onde: P: Puntuación L: Presuposto de licitación O: Oferta do licitador B: Oferta máis baixa das consideradas 2. Melloras ofertadas, ata un máximo de tres puntos. Para a súa valoración teranse en conta as seguintes: - Potencia do motor en CV/HP. - Cazo retro de 30 cm. - Mando pilotado (joystick ou equivalente). - Aire acondicionado cabina. - Enganche rápido cazo retro. - Outras melloras. 3. Menor prazo de entrega, ata un máximo de dous puntos. A ponderación efectuarase conforme á seguinte fórmula: P = (L-O)*2/(L-B) Onde: P: Puntuación L: Prazo máximo establecido O: Prazo ofertado pola licitador B: Menor prazo ofertado 4. Mantemento ou asistencia de Post venda, ata un máximo dun punto. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, á vista da proposta da mesa de contratación, clasificará as proposicións presentadas e admitidas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra (www.depo.es) ou no Boletín Oficial da Provincia. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación de Pontevedra difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 18.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista estará obrigado a entregar a retro pa de rodas matriculada e rotulada co logotipo da Deputación de Pontevedra, todo iso no tempo e lugar fixados no contrato e de conformidade coas prescricións técnicas e cláusulas administrativas. O adxudicatario non terá dereito a indemnización por causa de perdas, avarías ou prexuízos ocasionados na retro pa de rodas antes da súa entrega á Deputación de Pontevedra, salvo que esta incorrese en demora ó recibilos. Cando o acto formal da recepción da retro pa de rodas, de acordo coas condicións do prego, sexa posterior á súa entrega, a Deputación de Pontevedra será responsable da custodia da mesma durante o tempo que medie entre unha e outra. 19.- GARANTÍA E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS OU DEFECTOS DURANTE O PRAZO DE GARANTÍA O prazo de garantía fíxase, como mínimo, nun ano dende a entrega da subministración. Se durante o prazo de garantía se acreditase a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados terá dereito a Administración a reclamar do contratista a reposición dos que resulten desaxeitados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación dos devanditos bens non serán bastantes para lograr aquel fin, poderá, antes de expirar dito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, se é o caso, á recuperación do prezo satisfeito. Terminado o prazo de garantía sen que a Administración formalice algún dos reparos ou a denuncia a que nos referimos, o contratista quedará exento de responsabilidade por razón dos bens subministrados. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 206 e 275 da LCSP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 22.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don ................., maior de idade, veciño de ..........., con domicilio en .......... titular do DNI..........., expedido en data .........., actuando en nome propio ou en representación da empresa ........... con C.I.F.- número ........... e domicilio en ............., teléfono ........., fax ……., segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Estando interesado en tomar parte no procedemento aberto con multiplicidade de criterios convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra para a SUBMINISTRACIÓN DUNHA RETRO PA DE RODAS PARA O PARQUE DE MAQUINARIA, fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas económicas-administrativas e técnicas que rexe dito contrato e que se compromete a realizar a subministración con suxeición ó mesmo, de acordo ó seguinte detalle: A) Prezo sen IVE ................................................................. _ _ _ _ _ _ _ _ _ euros. B) Imposto sobre o valor engadido (IVE) ............................ _ _ _ _ _ _ _ _ _ euros. C) Valoración retro pa usada matrícula PO-34589-VE ....... _ _ _ _ _ _ _ _ _ euros. D) TOTAL OFERTADO (A+B-C) ........................................ _ _ _ _ _ _ _ _ _ euros. • Prazo de entrega (indicar o mesmo). • Proposta mantemento e asistencia post venda. (indicar a mesma). • Melloras ofertadas (achegar documentación para valorar as mesmas). (Data e sinatura do propoñente).” ------ Folla: 8.16524.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA “BEIRARRÚAS, SERVIZOS E ALUMEADO E.P. 8503 CORDEIRO - SENÍN (VALGA), FASE II” Aprobándose pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 16/04/2008, ó convenio de colaboración co Concello de Valga para a execución da obra “Beirarrúas, servizos e alumeado en E.P. 8503 Cordeiro-Senín (Valga)” con presuposto de 550.833,66 €. Aprobándose pola Xunta de Goberno, en sesión de 03/09/2008, o proxecto correspondente á referida obra. Emitíndose polo Sr. Secretario Xeral informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento aberto para a contratación da obra, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. E, á vista do informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de cláusulas administrativas e o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra “Beirarrúas, servizos e alumeado en E.P. 8503 Cordeiro-Senín (Valga)” con presuposto de 550.833,66 €, IVE incluído (presuposto de 474.856,60 €, máis 75.977,06 € correspondentes ó IVE). A obra obxecto do expediente financiarase coas achegas do Concello de Valga e da Deputación Provincial de acordo coa seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2008 2009 2010 Total Deputación 191.594,33 134.116,01 114.956,58 440.666,92 Concello 47.898,60 33.529,00 28.739,14 110.166,74 Total 239.492,93 167.645,01 143.695,72 550.833,66 En canto ás achegas da Deputación na partida 08/511.511-612.02 existe crédito para facer fronte á anualidade de 2008. As anualidades de 2009 e 2010 contabilizaranse con cargo ás correspondentes partidas dos seus respectivos presupostos quedando condicionadas á súa aprobación. As achegas do Concello de Valga xerarán crédito na partida 08/511.511.612.02 unha vez se dea o acto formal do compromiso firme da súa achega ou de recoñecemento do dereito. O anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas que rexerá no procedemento aberto publicarase no Boletín Oficial da Provincia. Os gastos de inserción de anuncios, e outros que se deriven do expediente, serán por conta dos adxudicatarios. A adxudicación e execución da obra quedará condicionada a que o Concello de Valga proceda ó ingreso da súa achega, que para a anualidade de 2008 é de 47.898,60€. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLAUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁ NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA EXECUCIÓN DA OBRA “BEIRARRÚAS, SERVIZOS E ALUMEADO EN E.P. 8503 CORDEIRO-SENIN (VALGA) FASE II”. CPV 45230000 1.- OBXECTO.- A execución, mediante convenio co Concello de Valga, da obra de “Beirarrúas, servizos e alumeado en E.P. 8503 Cordeiro-Senín (Valga) Fase II”, cuxo proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno en sesión de 3 de setembro de 2008. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado polo órgano de contratación e integrado polos documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e artigos 125 a 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considérase como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- A obra obxecto deste contrato conta cun presuposto de 550.833,66 €, IVE incluído (presuposto de 474.856,60 €, máis 75.977,06 € correspondentes ó IVE). O presuposto de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o presuposto de execución material, e comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do presuposto de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do presuposto de execución material. • Porcentaxe ofertado relativo ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o presuposto de execución material. 3. Ive, que se aplicará sobre a suma do presuposto de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. 3.- FINANCIAMENTO.- O contrato obxecto do presente prego financiarase entre a Deputación Provincial e o Concello de Valga de acordo coa seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2008 2009 2010 Total Deputación 191.594,33 134.116,01 114.956,58 440.666,92 Concello 47.898,60 33.529,00 28.739,14 110.166,74 Total 239.492,93 167.645,01 143.695,72 550.833,66 En canto ás achegas da Deputación na partida 08/511.511-612.02 existe crédito para facer fronte á anualidade de 2008. As anualidades de 2009 e 2010 contabilizaranse con cargo ás correspondentes partidas dos seus respectivos presupostos quedando condicionadas á súa aprobación. As achegas do Concello de Valga xerarán crédito na partida 08/511.511.612.02 unha vez se do acto formal do compromiso firme da súa achega ou de recoñecemento do dereito. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución da obra, contado dende o día seguinte á sinatura do acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, é de quince meses. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que comporta a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización por danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da devandita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que s
Ãrea de notas
Nota