Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2008-11-12_Ordinaria. Acta de sesión 2008/11/12_Ordinaria
Acta de sesión 2008/11/12_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.377/2.2008-11-12_Ordinaria
Título Acta de sesión 2008/11/12_Ordinaria
Data(s) 2008-11-12 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día doce de novembro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal nin a señora deputada Dona María Corina Porro Martínez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.16580.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do 29 de outubro de 2008. ------ Folla: 2.16581.- DAR CONTA DA RENUNCIA DE DNA. HERMINIA TANOIRA OTERO, VECIÑA DO CONCELLO DE A ESTRADA, Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA NO SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DO 23/07/08 Aprobada pola Xunta de do 23/07/08 unha subvención para arranxo de vivenda, polo importe de 255,55 €, a favor de Dona Herminia Tanoira Otero, veciña do concello da Estrada, e comunicada o 22/10/2008 polo citado concello a renuncia da beneficiaria de tal subvención, ante a imposibilidade de facer fronte ó custe total da obra, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia de Dona Herminia Tanoira Otero, á subvención de arranxo de vivenda, que polo importe de 255,55 € aprobara no seu favor a Xunta de Goberno de 23/07/2008. ------ Folla: 3.16582.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 23/07/08, A FAVOR DE DNA. Mª CARMEN VALLADARES MILLAN, VECIÑA DO CONCELLO DE A ESTRADA Aprobada pola Xunta de do 23/07/08 unha subvención para arranxo de vivenda, polo importe de 2.500,00 €, a favor de Dona Mª Carmen Valladares Millán, veciña do concello da Estrada, e comunicada o 22/10/2008 polo citado concello a solicitude de prórroga formulada por tal beneficiaria da subvención, ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 31 de marzo de 2009, respecto á subvención para arranxo de vivenda que polo importe de 2.500,00 €, aprobara a Xunta de Goberno do 23/07/2008 a favor Dona Mª Carmen Valladares Millán, veciña do concello da Estrada. ------ Folla: 4.16583.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DA OBRIGA DERIVADA DA CONCESIÓN DUNHAS AXUDAS ÓS PARQUISTAS DE CARRIL-2006 Vistos os acordos da Xunta de Goberno do día 27 de abril de 2007, na que se conceden unhas “Axudas os Parquistas de Carril para paliar os efectos dos temporais do mes de abril de 2006”. Vista a documentación xustificativa do gasto dos seguintes expedientes: Beneficiario NIF/CIF Dirección Concepto Axuda Concedida Carmen Muñiz Maneiro 35.326.248-L Cervantes – Carril, Adquisición de semente 100,00 € nº 54 36610 de cría de ameixa Vilagarcía de Arousa – Pontevedra Elvira Rodríguez 35.418.499-V Cervantes – O Adquisición de semente 1.145,00 € Carril, nº 3 - 36610 de cría de ameixa Sánchez Vilagarcía de Arousa Pontevedra Herminda Porto 5.445.896-K San Miguel de Deiro, Adquisición de semente 655,00 € Falcón nº 7 36627 Vilanova de cría de ameixa de Arousa - Pontevedra Adquisición de semente 310,00 € Elvira Chaves Lago 35.420.109-V Avda. Juan Carlos I, nº de cría de ameixa 9 – 2ºB 36620 Vilanova de Arousa - Pontevedra Josefa García 35.399.364-H C/ Campanario, nº 37 Adquisición de semente 100,00 € García – Bamio 36618 Vilagarcía de cría de ameixa de Arousa - Pontevedra Vistos os informes emitidos pola Intervención que fiscalizan o recoñecemento das obrigas relacionadas e no que se informa a necesidade de proceder ó seu recoñecemento extraxudicial pola Xunta de Goberno. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, as obrigas derivadas da concesión das axudas relacionadas a continuación, correspondente ó programa “Axudas ós Parquistas de Carril 2006”, por un importe de dous mil trescentos dez euros (2.310,00 €), con cargo á partida 08/711.711.479.01.2006, e nas condicións seguintes: Beneficiario NIF/CIF Dirección Importe a pagar + Obsv. Carmen Muñiz Maneiro 35.326.248-L Cervantes – Carril, nº 54 36610 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra 100,00 € Elvira Rodríguez Sánchez 35.418.499-V Cervantes – Carril, nº 3 - 36610 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra 1.145,00 € Herminda Porto Falcón 35.445.896-K San Miguel de Deiro, nº 7 36627 Vilanova de Arousa, Pontevedra 655,00 € Elvira Chaves Lago 35.420.109-V Avda. Juan Carlos I, nº 9 – 2ºB 36620 Vilanova de Arousa - Pontevedra 310,00 € Josefa García García 35.399.364-H C/ Campanario, nº 37 – Bamio 36618 Vilagarcía de Arousa - Pontevedra 100,00 € ------ Folla: 5.16584.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE LALÍN NO PAM/08, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº68/790 DENOMINADA “ACCESO A NÚCLEOS RURAIS” Dada conta da solicitude de aboo da certificación nº tres/final do Concello de Lalín, correspondente ó investimento nº 68/790 denominado “Acceso a núcleos rurais”, á vista do informe de Intervención de data 3 de novembro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de douscentos trinta mil euros (230.000,00 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do citado concello. Declarar de aboo da cantidade de douscentos trinta mil euros (230.000,00 €), con cargo á partida 08/911.911.762.45, como pago da subvención concedida ó Concello de Lalín para a realización da obra denominada “Acceso a núcleos rurais”, incluída no Plan de Acción Municipal 2006/08, anualidade 2008. ------ Folla: 6.16585.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 1 DA OBRA “CAPA DE RODADURA, PASOS ELEVADOS E SINALIZACIÓN EP 9802 ESTRADA – ACEÑAS (A ILLA DE AROUSA) Vista a certificación núm. 1 relativa as obras da “Capa de rodadura, pasos elevados e sinalización EP 9802 Estrada – Aceñas (A Illa de Arousa)”, adxudicada no seu día á empresa Construcciones Obras y Viales, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 23 de outubro e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2008, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 08/511-511-612.02 (Deputación) 169.453,54 € SUBTOTAL …. 169.453.54 € Taxa Técnicos Directores (4%) 4.910,27 € Control de Calidade (1,5%) 1.841,35 € Seguridade e saúde (0,72%) 883,85 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR ……….. 161.818,07 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por cando trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 7.16586.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 1 FINAL DA OBRA “REPOSICIÓN DE SERVIZOS AFECTADOS NA E.P. 4202 RUBIÓS-CARRASQUEIRA PK-0 A 3+120 E E.P. 2001 CALVARIO-A GARRIDA (TRAMOS M. GARRIDO ANTIGA N-120, TRAMO COLEXIO MOSTEIRO E TRAMO PRESAS IGREXA DE BEADE) VIGO Vista a certificación núm. 1 - final relativa as obras da “Reposición de servizos afectados na E.P. 4202 Rubiós – Carrasqueira PK-0 A 3+120 e E.P. 2001 Calvario – A Garrida (Tramo M. Garrido antiga N-120) (Tramo Colexio Mosteiro) e (Tramo presas igrexa de Beade) Vigo”, adxudicada no seu día á empresa Construcciones Obras y Viales, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 30 de outubro e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2008, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 08/511-511-612.02 (Deputación) 231.000,00 € SUBTOTAL ………. 231.000.00 € Taxa Técnicos Directores (4%) 6.693,71 € Control de Calidade (1,5%) 2.510,14 € Seguridade e saúde (0,72%) 1.204,87 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR …… 220.591,28 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por cando trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 8.16587.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 1 FINAL DA OBRA “MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA E SERVIZOS AFECTADOS E.P. 2605 REBULLÓN-CUVI, E.P. 2402 PORRIÑO-TORNEIROS, E.P. 2405 CERQUIDO-BUDIÑO, E.P. 2602 PEINADOR-OS VALOS Vista a certificación núm. 1 - final relativa as obras da “Mellora da seguridade viaria e servizos afectados E.P. 2605 Rebullón – CUVI, E.P. 2402 Porriño – Torneiros, E.P. 2405 Cerquido – Budiño, E.P. 2602 Peinador - Os Valos (Capela Santiaguiño de Guizán)”, adxudicada no seu día á empresa Construcciones Obras y Viales, S.A., visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 22 de outubro e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2008, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 08/511-511-612.02 (Deputación) 231.000,00 € SUBTOTAL ………. 231.000.00 € Taxa Técnicos Directores (4%) 6.693,71 € Control de Calidade (1,5%) 2.510,14 € Seguridade e saúde (0,72%) 1.204,87 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR .. 220.591,28 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por cando trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 9.16588.- CONCESIÓN DUNHA PISTA DEPORTIVA Ó CONCELLO DO ROSAL A Xunta de Goberno desta Deputación, en sesión celebrada o día 19 de xaneiro de 2007, adxudicou á empresa Contenur, S.L. o concurso convocado para a subministración e instalación de parques infantís e áreas deportivas. Coa finalidade de que os concellos da provincia participaran neste plan de renovación dos parques infantís, participóuselles a posibilidade de que presentaran a solicitude correspondente, indicando os tipos de áreas que necesitaban e que asumirán o compromiso de financiar o 10% do custo de cada unha delas. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Xunta de Goberno, unha vez valoradas as peticións e en base ás memorias explicativas achegadas, acordou conceder as áreas infantís a cada un dos concellos na sesión celebrada o día 2 de marzo de 2007. O total de parques infantís concedidos foron os seguintes: ata nenos de 5 anos 93, áreas infantís tipo grande (opción A e B) 89 e áreas deportivas 53. En consecuencia, existindo pistas dispoñibles para acceder á petición, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Conceder ó Concello de O Rosal unha pista deportiva. 2.- De conformidade coas bases da convocatoria, o concello debe achegar a cantidade de 2.830,00 euros correspondentes ó 10% do custo total desta pista deportiva e ingresala nas arcas provinciais no prazo dun mes dente a notificación deste acordo. 3.- Así mesmo, o Concello deberá poñer a disposición da Deputación o terreo necesario, debidamente preparado e acondicionado, onde a empresa adxudicataria instalará a pista deportiva e obter a correspondente licenza municipal, se fora precisa, e tramitar ante outros Organismos as autorizacións pertinentes. O acondicionamento da parcela onde se asente a pista deportiva efectuarase de acordo coas indicacións técnicas que se achegan no traslado do acordo da concesión. ------ Folla: 10.16589.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE CATRO DESBROZADORAS HIDRÁULICAS DE BRAZO LATERAL PARA O PARQUE DE MAQUINARIA A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 3 de setembro de 2008 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración de catro desbrozadoras hidráulicas de brazo lateral para o Parque de Maquinaria por importe de 85.000,00 euros, correspondendo 73.275,86 euros ó prezo do contrato e 11.724,14 ó IVE. Resultando que nos pregos que rexen esta contratación establécese que o contrato se financie mediante un pagamento en efectivo ata un importe máximo de 84.145,00 euros con cargo á partida 08/511.511.623.01 do vixente Orzamento Provincial e o resto cun pagamento en especie consistente na entrega de cinco desbrozadoras usadas, valoradas no seu conxunto cun importe mínimo de 855,00 euros e que se concretan en 1 unidade, marca BOMFORD, nº de serie 3093 do ano 1981 e 4 unidades, marca BERGNANI, serie 550-44496 do ano 1996. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración de catro desbrozadoras hidráulicas de brazo lateral para o Parque de Maquinaria publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 177 de data 12 de setembro de 2008. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas efectuouse o día 1 de outubro de 2008, a cuxo efecto reniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das ofertas presentadas polas empresas, Comercial Vazpe, S.L.; Agrícola Orensana, S.L.; Depuradoras Zool, S.L.; Comercial Veiras, S.A.; Atica Maquinaria, S.L. e Ramón Lois Simáns, as cales foron admitidas ó procedemento aberto para a contratación da subministración de catro desbrozadoras hidráulicas de brazo lateral para o Parque de Maquinaria, excepto a de Ramón Lois Simáns que foi excluída por presentarse fóra de prazo. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 21 de outubro de 2008 e en base ó informe emitido polo Sr. Xefe do Parque de Maquinaria, con data 8 de outubro de 2008, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa, Comercial Vazpe, S.L. motivado todo iso por cumprir os requisitos esixidos neste procedemento aberto e por resultar a oferta máis vantaxosa de entre as presentadas e admitidas. Resultando que pola “Xunta de Goberno” na sesión ordinaria do día 22 de outubro de 2008 adxudicouselle provisionalmente á empresa Comercial Vazpe, S.L., (B-36.020.196) o contrato para efectuar a subministración de catro desbrozadoras hidráulicas de brazo lateral para o Parque de Maquinaria. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 24 de outubro de 2008 e que a empresa Comercial Vazpe, S.L., presentou a documentación requirida, entre a que se atopa unha garantía definitiva por importe de 3.660,00 euros depositada na Tesourería desta Deputación con data 29/10/2008 e número de operación 200800094149, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público , no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento para 2008, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á “Xunta de Goberno” a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar definitivamente á empresa Comercial Vazpe, S.L. (C.I.F. B-36.020.196), o procedemento aberto convocado para contratar a subministración de catro desbrozadoras hidráulicas de brazo lateral para o Parque de Maquinaria coas melloras, prazo de entrega e prezo que figura na proposición económica presentada por dita empresa, a cal figura no expediente e cuxo detalle é o seguinte: A) Prezo sen IVE 73.200,00 € B) Imposto sobre o valor engadido (IVE) 11.712,00 € C) Valoración desbrozadoras usadas 2.912,76 € D) TOTAL OFERTADO (A+B-C) 81.999,24 € 2. O pagamento desta subministración efectuarase mediante un aboo de 81.999,24 euros, con cargo á partida 08/511.511.623.01 do vixente Orzamento Provincial e o resto coa entrega de cinco desbrozadoras usadas (1 unidade, marca BOMFORD, nº de serie 3093 do ano 1981 e 4 unidades, marca BERGNANI, serie 550-44496 do ano 1996) valoradas no seu conxunto pola empresa adxudicataria en 2.912,76 euros, as cales serán dadas de baixa no inventario de bens de conformidade co estipulado no artigo 270. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 3. A empresa adxudicataria Comercial Vazpe, S.L., deberá aboar na Caixa desta Deputación a cantidade de 145,64 euros en concepto de gastos do anuncio relativo á convocatoria deste procedemento aberto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. ------ Folla: 11.16590.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A.- COVSA (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de dous mil trescentos setenta e cinco euros (2.375,00 €), para responder do “Pavimentado capa rodamento r/Alfonso XIII (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/09/2004 con número de operación 200400065274, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A.- COVSA (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de nove mil cincocentos oito euros con vinte e seis céntimos (9.508,26 €), para responder das “Obras de pavimentación centro urbano de Ponteareas (Rúa Vidales Tomé, Mestre Alfonso Vázquez Fraile, Alcalde D. Ojea e Estrada)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12/06/2007 con número de operación 200700048354, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A.- COVSA (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de nove mil cento oitenta e dous euros con vinte céntimos (9.182,20 €), para responder das “Obras de pavimentación centro urbano de Ponteareas (Rúa Ciclista E. Rodríguez, Pombas, Virxe Remedios e Severiano Soutullo”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 12/06/2007 con número de operación 200700048352, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A.- COVSA (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de dous mil trescentos vinte e tres euros con dous céntimos (2.323,02 €), para responder das “Obras de ensanche e afirmado na E.P. Coirón- Ribadumia- Leiro, vía rápida- Variante”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/07/2003 con número de operación 200300054712, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.A. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de dous mil douscentos quince euros con trinta e tres céntimo (2.215,33 €), para responder das “Obras de acceso ó mosteiro de Carboeiro- Silleda”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 25/06/2001 con número de operación 200100030341, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.A. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO GALLEGO, por importe de vinte e dous mil corenta e nove euros con corenta e oito céntimos (22.049,48 €), para responder das “Obras na E.P. 7106 Folgoso- Forcarei”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04/12/2002 con número de operación 200200102682, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.A. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de corenta e oito mil seiscentos oitenta euros con trinta e nove céntimos (48.680,39 €), para responder das “Obras de ensanche, drenaxe e mellora da seguridade viaria nos accesos ó cemiterio de Lalín”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 07/07/2003 con número de operación 200300049987, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SERCOYSA, PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF A- 36.319.622) • A constituída en valores, mediante aval da CAM, por importe de vinte mil oitocentos un euros con dezaoito céntimos (20.801,18 €), para responder das “Obras de execución de colectores fecais e pluviais no casco urbano de Ponteareas”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/11/2006 con número de operación 200600098685, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SERCOYSA, PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF A- 36.319.622) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de nove mil douscentos cincuenta e catro euros con oitenta e un céntimos (9.254,81 €), para responder das “Obras de rehabilitación Praza de España (Mondariz)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 02/06/2006 con número de operación 200600050576, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, S.A. (CIF A- 36.888.931) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil cento oitenta euros (2.180,00 €), para responder das “Obras de instalación peche para EDAR en núcleos de Castrelo (Cambados) e Villadesuso (Oia)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/06/2007 con número de operación 200700053789, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAVIMENTACIONES ÁLVAREZ & FEIJOO, S.L.- CAFSA CONSTRUCTORA (CIF B- 36.955.631) • A constituída en valores, mediante aval de ACC SEGUROS, por importe de dous mil trescentos noventa e oito euros (2.398,00 €), para responder das “Obras de reparación de beirarrúas no centro urbano de Vigo- Zona 1”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 07/05/2007 con número de operación 200700038318, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAVIMENTACIONES ÁLVAREZ & FEIJOO, S.L.- CAFSA CONSTRUCTORA (CIF B- 36.955.631) • A constituída en valores, mediante aval de ACC SEGUROS, por importe de dous mil trescentos noventa e oito euros (2.398,00 €), para responder das “Obras de reparación de beirarrúas no centro urbano de Vigo- Zona 2”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 07/05/2007 con número de operación 200700038319, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de quince mil cincocentos sesenta e dous euros con corenta céntimos (15.562,40 €), para responder das “Obras de acondicionamento entorno do pavillón deportivo de Leirado- Salvaterra de Miño”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 16/12/2004 con número de operación 200400088073, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXAGALICIA, por importe de douscentos oitenta e un euros con setenta e nove céntimos (281,79 €), para responder das “Obras de acondicionamento entorno do pavillón polideportivo de Leirado- Salvaterra de Miño (Modificación 1)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 02/12/2005 con número de operación 200500110166, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil douscentos setenta e tres euros con sesenta céntimos (1.273,60 €), para responder das “Obras de pavimentación da Rúa Palencia (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 30/05/2007 con número de operación 200700045008, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil novecentos trinta e catro euros con vinte e oito céntimos (1.934,28 €), para responder das “Obras de pavimentación da Rúa Sagunto (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 30/05/2007 con número de operación 200700045009, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------Folla: 12.16591.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DNA. MERCEDES CASTRO VARELA, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA E.P.9205 (SANXENXO) Dada conta que con data de rexistro 29/01/08 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Mercedes Castro Varela con enderezo de notificacións en rúa Baldosa, nº 4 – 1º Vilagarcía de Arousa, por danos en accidente de circulación padecidos o día 10/02/07, na E.P. 9205 e que individualiza economicamente en 626,19 €. Resultando.- Que con data 18/02/08 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 05/05/08 co seguinte contido: 1.- La E.P. 9205 Sanxenxo- Meaño pertenece a la red provincial de carreteras. 2.- Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, “existencia de varios socavones en la calzada sin señalizar”, en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 3.- En los últimos años la carretera provincial 9205 Sanxenxo- Meaño ha sido objeto de distintas actuaciones tendentes a mejorar la seguridad vial, encontrándose dicha carretera en obras en la fecha del accidente (10 de febrero de 2007) llevadas a cabo por la empresa Construcciones E.C. Casas, S.L. 4.- En consecuencia y de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 57 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo “La responsabilidad de la señalización de las obras que se realicen en la vías objeto de esta Ley corresponderá a los organismos que las realicen o las empresas adjudicatarias de las mismas, de acuerdo con lo que reglamentariamente se determine. Los usuarios de la vía están obligados a seguir las indicaciones del personal destinado a la regulación del tráfico en dichas obras” (en el mismo sentido cabe señalar que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 97 del Real Decreto Legislativo 2/2000, de 16 de junio, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Contratos de las Administraciones Públicas “Será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato”). 5.- Sin perjuicio de lo dispuesto en el párrafo anterior y según información facilitada por la empresa de referencia- cuya exactitud ha sido comprobada por el técnico que suscribe- en la fecha del accidente y al inicio de la carretera, en ambos sentidos de la vía, se encontraban instalados paneles informativos en los que se advertía de la presencia de un tramo de carretera en OBRAS, acompañado de las siguientes señales: TP-18 Obras: peligro por la proximidad de un tramo de vía en obras. TR-301-Velocidad máxima 20 Km/hora: prohibición de circular a velocidad superior, en kilómetros por hora, a la indicada en la señal. TP-17 Estrechamiento de calzada: Peligro por la posibilidad de una zona de la vía en la que se estrecha la calzada. TP-19 Pavimento deslizante: Peligro por la proximidad de una zona de la calzada cuyo pavimento puede resultar muy deslizante. Además en un tramo de 150 metros, en cada sentido de circulación, también se desplegaron las siguientes señales hormigonadas: TP 18 Obras, TR 301 Velocidad máxima 20 Km/hora, TP-17 Estrechamiento calzada, TP-30 Escalón lateral, TP-19 Pavimento deslizante, TP-28 Proyección de gravilla. 6.- En este punto es preciso recordar que la señalización de una carretera en obras tiene por objeto modificar el comportamiento del usuario para que éste lo adapte a una situación no habitual representada por las obras y sus circunstancias específicas; en este sentido dispone el artículo 19 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990. de 2 de marzo que “Todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos- en el presente supuesto 20 Km/hora- y a tener en cuenta, además, sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características de la vía- tramo curvo- y su estado- en el momento del accidente EN OBRAS- del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar la velocidad de su vehículo a las mismas, de manera que siempre pueda detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier obstáculo que pueda presentarse” ( en el mismo sentido el artículo 45 del Real Decreto 1428/2003, de 21 de Noviembre , por el que se aprueba el Reglamento General de Circulación para aplicación y desarrollo del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial). 7.- Por último señalar que según se desprende del atestado levantado por la policía local el conductor del vehículo D. José Alberto Dadín Casal reside en Nantes- lugar en el que se produce el accidente- y que por tanto era conocedor del vial y de las obras que en el mismo se estaban acometiendo. Resultando.- Que con data 23/06/2008 solicitouse informe á empresa Construcciones E.C. Casas, S.L. co fin de que emitira informe en relación ó posto de manifesto polo Servizo de Vías e Obras desta Deputación, o cal foi recibido nesta Asesoría Xurídica o 08/07/2008 co seguinte contido literal: “… En primer lugar decir que, el adjudicatario de la obra “E.O. 9205 Sanxenxo-Meaño” es Caldevergazo, estando la empresa Construcciones E.C. Casas, S.L. realizando trabajos como subcontrata. La empresa Construcciones E.C. Casas, S.L. no tenía constancia de lo ocurrido en el lugar, puesto que dicho accidente se ha producido el 10 de febrero de 2007, un sábado, fuera del horario de trabajo. En cuanto a señalización, a continuación se listan el conjunto paneles informativos y señales existentes a lo largo de la traza del tramo en obras: Al inicio, en ambos sentidos de la vía, se encuentran instalados unos paneles informativos, en los que se refleja: TRAMO EN OBRAS, acompañado de las siguientes señales_ TP-18 OBRAS TR-301 VELOCIDAD LIMITADA 20 TP-17 ESTRECHAMIENTO DE CALZADA TP-19 PAVIMENTO DESLIZANTE A continuación, se desplegaron en un tramo de 150 m., también en cada sentido de circulación, las siguientes señales hormigonadas: TP-18 OBRAS TR-301 VELOCIDAD LIMITADA 20 TP-17 ESTRECHAMIENTO DE CALZADA TP-30 ESCALON LATERAL TP-19 PAVIMENTO DESLIZANTE TP-28 PROYECCION DE GRAVILLA Además de esta señalización vertical, se ha procedido a realizar el pintado del eje con marca vial amarilla.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois das alegacións evacuadas pola empresa dedúcese que a obra se atopaba ben sinalizada. Considerando.- Que nembargantes o expresado no apartado inmediatamente anterior, de existir responsabilidade esta seríalle imputable á empresa en virtude do artigo 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas, en relación coa sentenza de 31 de xullo de 1989 e co D.C.E. 3.425/2001, o que obriga á Deputación a facer pronunciamento expreso neste sentido. Considerando.- Que a empresa contratista “Caldevergazo” non comunicou á Deputación a subcontratación feita a “Construcciones E.C. Casas, S.L.”; obriga dimanante do artigo 114.2-a en relación co 115.3 do R.d.l. 2/2000 que aprobou o TRLCCAAPP e que, polo tanto, queda como única obrigada fronte a Deputación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación, podendo o interesado reclamante, de consideralo oportuno dirixirse á empresa “Caldevergazo” accionando contra ela na vía que estime procedente. ------ Folla: 13.16592.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON ANTONIO ABELAIRA ARRIANDIAGA EN NOME DE DNA. PATRICIA RODRÍGUEZ ROCHA, POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA E.P.2406 (AS NEVES) Dada conta que con data de rexistro 29/07/2008 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Antonio Abelaira Arriandiaga en nome de Dona Patricia Rodríguez Rocha, con enderezo de notificacións en rúa Enrique Dequidt, nº 10-1º dereita de A Coruña, por danos en accidente de circulación padecidos o día 27/07/08, na EP-2406 (As Neves) e que individualiza economicamente en 1.723,30 €. Resultando.- Que con data 30/07/2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 04/08/2008 co seguinte contido: “…1.La que denominan en la reclamación de referencia carretera 2406 es en realidad la E.P. 4006 Ponteareas-As Neves, vial que pertenece a la red provincial de carreteras. 2. Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia. 3. En este punto se hace preciso desvirtuar los argumentos de la parte reclamante cuando intenta hacer nacer la responsabilidad de la Administración con fundamento en la disposición adicional 9 de la Ley 17/2005, de 19 de julio, de modificación del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de vehículos a motor y Seguridad Vial, cuando se dispone –en el apartado responsabilidad en accidentes de tráfico por atropellos de especies cinegéticas- que “En accidentes de tráfico ocasionados por atropello de especies cinegéticas será responsable el conductor del vehículo cuando se le pueda imputar incumplimiento de las normas de circulación. Los daños personales y patrimoniales en estos siniestros, sólo serán exigibles a los titulares de aprovechamientos cinegéticos o, en su defecto, a los propietarios de los terrenos, cuando el accidente sea consecuencia directa de la acción de cazar o de una falta de diligencia en la conservación del terreno acotado. También podrá ser responsable el titular de la vía pública en la que se produce el accidente como consecuencia de su responsabilidad en el estado de conservación de la misma y en su señalización” Sin embargo en el escrito presentado por el representante de Dª Patricia Rodríguez Rocha no se tienen en cuenta los siguientes datos: Primero. De acuerdo con lo dispuesto en el artículo 9 de la Ley 4/1997, de 25 de junio, de Caza de Galicia, “1. Los terrenos de carácter cinegético pueden estar sujetos a un régimen cinegético común o especial.” 2. Los terrenos sujetos a régimen cinegético especial pueden pertenecer a alguna de las siguientes categorías: Reservas de caza; refugios de fauna, terrenos cinegeticamente ordenados (Tecor), terrenos cinegético deportivos o explotaciones cinegéticas. 3. Los no comprendidos en alguna de las categorías relacionadas en el párrafo anterior quedarán sujetos al régimen cinegético común, y en los mismos el ejercicio de la caza será libre, sin más limitaciones que las contenidas en la presente Ley y disposiciones que la desarrollen” Segundo. Hechas las comprobaciones oportunas y según información facilitada desde la Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible- y que se adjunta al escrito de reclamación- el lugar donde se produjeron los daños, en el punto Kilométrico 10+800 de la carretera provincial 4006 Ponteareas-As Neves, está dentro de un terreno de aprovechamiento común- zona libre de caza- Es por ello que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 23 Ley 4/1997, de 25 de junio, de Caza de Galicia, en la redacción dada por la Ley 6/2006, de 23 de octubre-Indemnizaciones por daños- “1. En accidentes de tráfico ocasionados por el atropello de especies cinegéticas los daños personales y patrimoniales se atendrán a lo dispuesto en la normativa estatal en materia de seguridad vial existente al respecto. 2. Los titulares de aprovechamientos cinegéticos de terrenos sujetos a régimen cinegético especial responderán en los demás casos de los daños ocasionados por las especies cinegéticas. La Consellería de Medio Ambiente y Desarrollo Sostible, previa instrucción del correspondiente expediente de valoración, indemnizará los daños efectivamente producidos por las especies cinegéticas de los terrenos cinegéticos de aprovechamiento común, de los tecor autonómicos de su administración, de las reservas de caza, de los refugios de fauna y de cualquier otro terreno cuya administración y gestión le corresponda.” En este supuesto es evidente que al tratarse de un terreno de aprovechamiento cinegético común –zona libre de caza- la responsabilidad de los daños provocados por la irrupción de un jabalí en la calzada no corresponde a la Diputación Provincial de Pontevedra. Tercero. Sin perjuicio de lo dispuesto en el párrafo anterior, cabe resaltar que de acuerdo con lo dispuesto en el anexo 9.9.2 de la Orden de 28 de diciembre de 1999, por la que se aprueba la norma 8.1-IC “Señalización vertical” de la Instrucción de Carreteras, en el tramo en cuestión no es necesaria la presencia de la señal P-24 “animales sueltos” ya que según dicho anexo” la posible presencia de animales sueltos, al atravesar la carretera cotos, reservas, parques nacionales etc., se advertirá mediante la señal P-24, complementada en su caso por un panel indicativo de la longitud afectada”, circunstancia que no concurre en este supuesto ya que el tramo de carretera en el que se produjo el accidente no atraviesa ninguno de esos lugares, que tendrían la consideración de terrenos cinegéticos sujetos a un régimen especial y no común como es el caso. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que neste ente presentouse reclamación de responsabilidade patrimonial o 29/07/08, que a estrada E.P.4006 é de titularidade provincial sendo a sinalización correcta e o estado da vía bo, non sendo preceptivo o valado, solo demandable de autoestradas e autovías. Neste sentido interesa invocar a recentísima sentenza firme do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra, na que o Maxistrado-Xuiz, nos autos nº 204/08 razoa a non imputabilidade da Deputación pola ausencia de sinalización P-24 pola non habitualidade na irrupción inopinada de fauna salvaxe, extremo que é igualmente predicable do suposto respecto do que a Consellería pedía informe e que, a citada habitualidade ven esixida polo artigo 149 apartado 5 do R.d. 1.428/03, de 21 de novembro, que aprobou o regulamento xeral de circulación. Considerando Que o artigo 23 da Lei 4/97, de Caza de Galicia establece que a Consellería indemnizará os danos causados por especies cinexéticas en terreos de aproveitamento común, e que tal é a natureza do terreo contiguo á PO-4006 no p.q. 10+800. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación, servindo polo seu contido expreso, de cumplimentación á información solicitada ó abeiro do artigo 4.1-c e “d” da Lei 30/92, de 26 de novembro, pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite a reclamación, sinalando como Administración competente para interpoñela perante da mesma á Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. ------ Folla: 14.16593.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR TRANSPORTES LA UNIÓN, S.A., POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA PO-225 (ALBA-SAN CAETANO) Dada conta que con data de rexistro 23/10/2008 (rex. nº 036137) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Transportes La Union, S.A., con enderezo a efectos de notificacións en rúa Xeneral Gutiérrez Mellado nº 15-6ºA de Pontevedra por danos en vehículo matrícula 0773-FFN na estrada PO-225 (Alba-San Caetano) o día 21/11/2007 e que cuantifica economicamente en 28.730,04€. Resultando.- Que con data 27/10/2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 27/10/2008 co seguinte contido: “...pongo en su conocimiento que el citado vial no pertenece a la red de carreteras provinciales, siendo de titularidad autonómica”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 15.16594.- COMUNICACIÓNS Non houbo ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.16595.- INFORME EN RELACIÓN CO PLAN DIRECTOR DE ESTRADAS DE GALICIA, REMITE A DIRECCIÓN XERAL DE OBRAS PÚBLICAS DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES DA XUNTA DE GALICIA Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, de data 5 de setembro de 2008, recibida nesta Deputación o día 15 de setembro de 2008 (Rex. de entrada núm. 32126), remitindo Plan Director de Estradas de Galicia, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que o Director de Infraestruturas, emite informe con data 10 de novembro de 2008, no que manifesta: “I.- ANTECEDENTES.- O 5 de setembro de 2008 a Dirección Xeral de Obras Públicas remite á Deputación Provincial de Pontevedra unha copia do “Plan Director de Estrada de Galicia”, ó obxecto de sometelo a consultas. O referido escrito do día 5 de setembro, tivo entrada no Rexistro Xeral da Deputación Provincial o 15 do mesmo mes, coincidindo coa publicación no DOG do correspondente anuncio. Tendo en conta co prazo de consultas estableceuse en 60 días, a finalización do mesmo prodúcese o 25 de novembro do 2008. A dirección Xeral de Obras Públicas remitiu á Deputación unha carpeta cun documento resumen de presentación, o documento de sostenibilidade ambiental e o documento de síntese. No presente informe valórase o contido de ditos documentos, por ser os únicos facilitados para a súa consulta e alegación. O presente informe estruturase en cinco apartados adicionais ó presente: II.- Valoración Global do documento. III.- Actuacións a reformular e/ou eliminar. IV.- Actuacións non prevista que é necesario incorporar. V.- Transferencia de estradas. VI.- Conclusións. II.- VALORACIÓN GLOBAL DO DOCUMENTO.- O documento sometido a exame considerase que é un documento correcto e coherente. O contido do mesmo é completo e pódese considerar que esta ben estruturado. Consideramos, polo tanto que o presente plan constitúe un bo punto de partida para planificar as estradas de Galicia. Sen embargo fronte a esta solvencia e coherencia, obsérvanse algunhas deficiencias no contido que é imprescindible por de manifesto: - O propio documento, na súa páxina nº 8, especifica co “Plan Director de Estradas en Galicia” nace coma unha planificación sectorial de “PITGAL” (Plan Integral de Transportes de Galicia)”. Polo tanto parecería coherente co plan de estradas fora posterior ó PITGAL, xa que debe ser este último o que estableza as estratexias de mobilidade a nivel da Comunidade Autónoma. Unha vez definidas ditas estratexias, así como os grandes eixes de desenrolo e fomento de todos os modos de transporte, deberíase concretar o plan de estradas, como unha planificación sectorial. En todo caso, ante o retraso na confección e tramitación do PITGAL, a tramitación do Plan Director de Estradas pódese considerar unha actuación positiva, sempre e cando as súas premisas e propostas sexan compatibles coas do PITGAL (é de supor que así será, ó corresponder a redacción de ambos documentos de planificación ó mesmo centro Directivo da Xunta de Galicia). - O documento establece unha clasificación funcional da rede que responde a criterios funcionais e de relación co territorio. Este plantexamento conleva, de xeito inevitable, a unha proposta de transferencia de vías entre organismos. Consideramos que este plantexamento, que nunca se realizou de forma global no ámbito territorial de Galicia, é altamente positivo. Sen embargo esta valoración positiva, deixa de selo ante a falla de coordinación entre os organismos con anterioridade á aprobación inicial do plan. A pesar dos requirimentos efectuados dende a Deputación de Pontevedra (tanto na esfera técnica, como na política), así como a pesar do que se di no propio documento (páx. 13: “… Neste senso cabe destacar a intensa coordinación mantida cos seguintes organismos: …, as Deputacións Provinciais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra”), a realidade é que ata a data non se realizou ningún intercambio de información técnica. Esta circunstancia é dobremente grave xa que: • Algunhas das estradas a transferir da Xunta á Deputación non se identifican correctamente, nin tampouco se identifican as razóns polas que se propón a transferencia. • A lei de estradas vixente establece de xeito inequívoco cos cambios de titularidade de estradas efectuaranse “previo acordo entre as administracións afectadas” (artigo 5), polo que non parece razoable que a proposta de intercambio non fora previamente pactada. III.- ACTUACIÓNS A REFORMULAR E/OU ELIMINAR.- Neste apartado é importante realizar unha referencia ós informes deste centro directivo relativos ós expedientes do Plan Vigo Integra, así como do treito de Tomiño da VAC Tui – A Guarda, e da variante de A Guarda. Na medida no que ditos expedientes se refiren ás actuacións que están incluídos no presente plan, pero cun grado de detalle maior, ratificámonos no contido dos referidos informes. Así mesmo, no que respecta á conexión de Vigo coa A-57, ratificámonos no posicionamento da Deputación no senso de manifestar que a solución máis vantaxosa é a que conecta coa A-57 en Amoedo, evitando a construción de dous treitos de autovía paralelos, así como o impacto ambiental negativo nos municipios de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. En relación co resto de actuacións a reformular e/ou eliminar temos as seguintes observacións: - Lalín – Alto do Faro: Débese realizar un auténtico desdobramento fronte á proposta de acondicionamento que aparece no documento. - Variante de Rodeiro: Incrementar a dotación orzamentaria que parece moi escasa para construír un auténtico corredor. - Variante Norte de Lalín: incluír o trazado completo, fronte á inclusión no documento do treito entre a N-640 e a PO- 533. Esta variante conta cun estudo informativo aprobado no seu día. - Circunvalación de Gondomar Leste; Circunvalación de Cangas e Circunvalación de Moaña: tal e como se indicou no informe relativo ó Plan Vigo Integra, estas tres actuacións deberíanse reformular e modificar en canto a súa concepción e trazado. Trátase de tres actuacións necesarias que deben abordarse con rigor, con cartografía actualizada e cunha visión realista do territorio sobre o que discorren. - Corredor Tomiño-AG-57: debería eliminarse xa que non se entende nin a súa necesidade, nin a súa oportunidade, nin o seu trazado. - As actuacións “Nova vía de conexión da VG-4.8 en Poio con V.G - 4.1 (enlace PO-504)”; “Variante de Bueu. Nova vía de conexión entre VG-4.4 e VG-4.6”; “Nova vial alternativo á PO-548 (conexión VG-4.7 N-550 en Valga)” deberían avaliarse de xeito sectorial, á vista do PITGAL e do resto de planificacións, ó obxecto de determinar se a súa execución íntegra é técnica, ambiental e funcionalmente viable, o se, polo contrario, débense executar treitos concretos das mesmas ou incluso se é mellor, para os intereses xerais, a non execución das mesmas e a realización doutras melloras nas vías xa existentes. - A actuación da ampliación da AP-9 en Vigo debe incluír o treito dende a boca norte dos túneles de Candean ata o enlace do aeroporto. - A autovía Vigo-Porriño debe axustarse ó trazado conforme co planeamento de Vigo. - A actuación de conexión do vial da universidade coa autovía Vigo-Porriño deberá eliminarse por ser innecesaria. - Consideramos imprescindibles co plan plantexe a reformulación da AP-9 na provincia e neste senso consideramos necesaria a inclusión de: • Terceiro carril entre Pontevedra Norte e o nó Curro. • Reformulación do enlace de Pontevedra Norte. • Reformulación do enlace de Carracedo. • Reformulación do enlace de Vilaboa para conectar co peche sur da ronda de Pontevedra e a variante de Marín. IV.- ACTUACIÓNS NON PREVISTAS QUE É NECESARIO INCORPORAR.- No ámbito territorial da Provincia de Pontevedra consideramos que se deixaron de incluír infraestruturas que deberían figurar no plan polo seu factor estruturante e incluso, por responder a actuacións que están actualmente en marcha: - Vial de conexión de Monteporreiro con la N-550: Trátase dunha actuación que inclúe un novo ponte sobre o Lérez en Monteporreiro. A actuación conta cun informe favorable da Dirección Xeral de Obras Públicas e esta incluída nun convenio de infraestruturas asinado entre o Concello de Pontevedra e a Deputación. O importe da actuación (sen incluír expropiacións) é de: 5.773.140,98 €. - Nova conexión entre A Lama-Caroi (Cotobade) e a N-541 (Cerdedo): Esta actuación se apoiaría na estrada da Deputación EP 0307 no tramo A Lama-Caroi e nunha estrada de titularidade municipal entre Caroi e a N-541 en Cerdedo. Trátase dunha actuación que da servizo a tres Concellos e serviría para vertebrar unha zona importante do interior da provincia. A devandita actuación deberíase incluír dentro da rede titularidade da Xunta de Galicia. - Prolongación da AG – 59 ( Santiago – A Estrada) hasta a N-541: O plan establece a autovía de Santiago con final na Estrada. Entendemos que para acadar unha correcta vertebración do territorio e o imprescindible reequilibrio territorial das zonas interiores da Provincia, deberase incluír esta actuación. - Conexión de Rodeiro coa N-525 en Piñor: Trátase dunha estrada de novo trazado que completaría o eixo “Melide- Agolada –Rodeiro-N-525- AG – 53”. A Deputación remitiu un estudo do trazado ó concello de Rodeiro a petición deste. O estudo previo redactado en agosto deste mesmo ano 2008, analiza dúas alternativas posibles, decantándose pola que ten unha lonxitude de 15,3 km. e unha inversión prevista de 11,4 millóns de €. A alternativa estudada propón un vial de características C-60, cun 45,55% de treitos rectos, unha pendente máxima do 6,80 % e cun tramo con rampa para vehículos lentos de 1.900 m. - Peche da ronda de Pontevedra e conexión da variante de Marín coa A-57 e AP-9: Deberíase considerar esta actuación que completaría a vertebración do entorno urbano de Pontevedra e evitaría a saturación do nó do Pino. - Autovía Pontevedra-Cerdedo-Lalín-Lugo: Esta actuación non está incluída no plan. Sen embargo considérase ca mesma posibilitará a xeración dun eixo transversal que canalizaría os tráficos do sur de Galicia hacia o Cantábrico, desconxestionando o eixo Atlántico. Así mesmo esta actuación permitiría articular unha comunicación de primeiro orde entre a comarca do Deza, a capital da provincia e o área de Vigo. No seu momento a Xunta de Galicia redactou diversos estudos para analizar a actuación, existindo diversos encaixes entre os que encóntranse a posibilidade de executar unha autovía entre Pontevedra e Cerdedo para logo construír dous corredores, un en dirección a Lalín e outro hacia o Carballiño. Con independencia da solución final que se adopte, consideramos que o plan debería incluír entre a rede de altas prestacións a referida autovía Pontevedra-Lugo. V.- TRANSFERENCIAS DE ESTRADAS.- Tal e como se indicou no apartado II do presente informe, a proposta de intercambio que figura no documento facilitado dende a Xunta de Galicia, non se viu precedida de ningún tipo de negociación nin de intercambio de posicionamientos técnicos. Polo tanto o presente informe confeccionouse sen poder realizar un contraste. A proposta da Consellería, tal e como foi trasladada ó Presidente da Deputación, parte de que a Deputación asuma as estradas da Xunta, previa actuación de pavimentación nas mesmas e que a Xunta asuma as da Deputación no seu estado actual. Este punto de partida, que pode parecer a simple vista, moi vantaxoso para a Deputación, debe analizarse caso por caso xa que as vías da Deputación susceptibles de ser transferidas son en xeral as de maior tráfico e, polo tanto, as de mellor situación e, sen embargo, as propostas pola Xunta para pasar á Deputación, son estradas secundarias, restos de vias melloradas e, en xeral, estradas cunhas condicións moi deficientes. No Anexo I do presente informe identificáronse e relacionáronse a totalidade das estradas autonómicas que se pretenden transferir á Deputación. Os servizos da Deputación analizaron a proposta e, en función do tipo de vía e da súa funcionalidade, determinaron a procedencia o non procedencia da transferencia. Deste xeito inclúense neste anexo dous cadros resumen coa proposta da Consellería e a contraproposta da Deputación. Así mesmo incluíuse un Anexo II no que figuran as estradas da Deputación que pasarán a Xunta, así como a relación das estradas provinciais que a noso xuízo deberían pasar á Xunta (a pesar de non incluírse na relación facilitada pola Consellería). Tal e como se desprende da relación incluída no Anexo I, as estradas de titularidade autonómica que serían susceptibles de ser transferidas á Deputación, sumarían un total de 66,80 km. Para acondicionar esas estradas de xeito que tiveran parámetros asimilables ó resto da rede da Deputación, estimamos que sería necesario unha inversión de 37.823.800 € (acondicionamento como rede secundaria de acordo co propio plan director). En relación coas estradas provinciais a transferir á Xunta, os Km. totais serían 123, 685. Tendo en conta a situación dos viais, a inversión necesaria para que os ,mesmos teñan unhas condicións axeitadas para a súa transferencia, sería de 16.162.000 €. De acordo co indicado, para que a transferencia se realizará dun xeito equilibrado, sería necesaria unha inversión de 37.823.800 € nas estradas da Xunta de Galicia, e de 16.162.000 € nas desta Deputación (diferenza de: 21,66 M€). Consideramos, polo tanto, que o mecanismo axeitado para levar ó efecto a redistribución de titularidades, no ámbito da provincia de Pontevedra, sería a sinatura dun convenio mediante o cal a Xunta transferiría as Estradas indicadas no Anexo I (proposta da Deputación) e a Deputación as recollidas no Anexo II (proposta da Deputación) e así mesmo a Xunta realizará unha transferencia de fondos á Deputación por importe de 21.661.800 € que podería distribuírse en varias anualidades (de 3 a 5). Dende o momento da sinatura as estradas quedarían “reasignadas”, e cada administración se encargaría da mellora das estradas da súa competencia. Por último sinalar que, para que o funcionamento da rede de estradas de Galicia fora realmente homoxéneo e unitario con independencia da titularidade da rede, debería articularse un mecanismo de coordinación das catro Deputacións e da Xunta de Galicia ó obxecto de homoxeneizar a sinalización. Desta forma, respectando a imaxe corporativa das Deputacións, a rede secundaria tería un tratamento similar nas catro provincias e a sinalización se realizaría tendo en conta os percorridos e as conexións, e non en función da titularidade da vía. VI.- CONCLUSIÓNS.- O plan de Estradas é un documento útil, válido e positivo como punto de partida para establecer un esquema xeral de estradas en Galicia. No ámbito da Provincia de Pontevedra consideramos que deberían reformularse e/ou eliminarse as actuacións sinaladas no apartado III do presente documento. Así mesmo é necesario incorporar as actuacións recollidas no apartado IV. No que atinxe á transferencia de estradas, os técnicos da Deputación consideramos que a Deputación debería asumir 66,80 km de rede da Xunta e, por outra banda ceder a Xunta un total de 123,685 km. Para que a transferencia sinalada anteriormente sexa equitativa para as dúas Administracións, a Deputación debería recibir da Xunta unha transferencia de capital, para actuar nas estradas transferidas, de 21.661.800 €. ANEXO I: ESTRADAS A TRANSFERIR DA XUNTA DE GALICIA Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. PROPOSTA DO PLAN DIRECTOR DE ESTRADAS DE GALICIA ESTRADAS A TRANSFERIR DA XUNTA DE GALICIA Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Nº CÓDIGO DENOMINACIÓN LONXITUDE DEPUTACION CONCELLO 1 PO-180 PO-532-VILARCHÁN-PO-532 1,550 1,550 Pontecaldelas 2 PO-181 PO-841-SOUTO DE VEA-PO-841 0,930 0,930 A Estrada 3 PO-184 PO-840-BERREDO-PO-840 1,710 1,710 Agolada 4 PO-185 PO-840-BORRAXEIROS-PO-841 1,350 1,350 Agolada 5 PO-190 PO-548-ALTO DO CORDEIRO-PO- 548 4,090 4,090 Valga 6 PO-191 PO-548-A
Ãrea de notas
Nota