ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2008/11/19_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.377/2.2008-11-19_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/11/19_Ordinaria

  • Data(s) 2008-11-19 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dezanove de novembro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.16608.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do 5 de novembro de 2008. ------ Folla: 2.16609.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 23/07/2008, A FAVOR DE D. JORGE ESTÉVEZ FONTES, DO CONCELLO DE PORTAS Aprobada pola Xunta de do 23/07/08 unha subvención para arranxo de vivenda, polo importe de 2.307,69 €, a favor de D. Jorge Estévez Fontes, veciño do Concello de Portas, para instalación eléctrica no seu domicilio, e remitida o 13/11/2008 polo Sr. Alcalde do citado concello solicitude de prórroga para tal subvención, a fin de poder realizar as obras e xustificación da axuda, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 1 de abril de 2009, respecto á subvención para arranxo de vivenda que polo importe de 2.307,69 €, aprobara a Xunta de Goberno do 23/07/2008 a favor D. Jorge Estévez Fontes, veciño do Concello de Portas. ------ Folla: 3.16610.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 23/07/2008, A FAVOR DE D. MANUEL ALONSO FERNÁNDEZ, DO CONCELLO DE PORTAS Aprobada pola Xunta de do 23/07/08 unha subvención para arranxo de vivenda, polo importe de 3.076,92 €, a favor de D. Manuel Alonso Fernández, veciño do Concello de Portas, para arranxo de cuberta no seu domicilio, e comunicada o 13/11/2008 polo Sr. Alcalde de dito concello solicitude de prórroga pra tal axuda, a fin de poder rematar as obras e completar a xustificación da subvención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 1 de abril de 2009, respecto á subvención para arranxo de vivenda que polo importe de 3.076,92 €, aprobara a Xunta de Goberno do 23/07/2008 a favor D. Manuel Alonso Fernández, veciño do Concello de Portas. ------ Folla: 4.16611.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 23/07/2008, A FAVOR DE D. JAVIER TARRIO DE VILLAR, DO CONCELLO DE PORTAS Aprobada pola Xunta de do 23/07/08 unha subvención para arranxo de vivenda, polo importe de 2.307,69 €, a favor de D. Javier Tarrio Villar, veciño do Concello de Portas, e comunicada o 13/11/2008 polo Sr. Alcalde de tal concello solicitude de prórroga formulada polo beneficiario da subvención, a fin de poder rematar as obras e xustificación a subvención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 1 de abril de 2009, para subvención de arranxo de vivenda que polo importe de 2.307,69 €, aprobara a Xunta de Goberno do 23/07/2008 a favor D. Javier Tarrio Villar, veciño do concello de Portas. ------ Folla: 5.16612.- PROPOSTA DE REPARTO DAS AXUDAS ECONÓMICAS A COOPERATIVAS, SOCIEDADES AGRARIAS DE TRANSFORMACIÓN E ORGANIZACIÓNS DE PRODUTORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA-2008 Dada conta das Bases Reguladoras das axudas económicas a cooperativas, sociedades agrarias de transformación e organizacións de produtores da provincia de Pontevedra para financiar as melloras nos servizos que presten ós seus socios - 2008, aprobadas na sesión da Xunta de Goberno celebrada o día 02/07/2008 e publicadas no BOP de data 07/05/08, número 152, páxina 6, anuncio 2008008194. Vistos os informes emitidos polo enxeñeiro director do Servizo Agrario e da Intervención e a restante documentación que obra nos expedientes. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o reparto das axudas económicas a cooperativas, sociedades agrarias de transformación e organizacións de produtores da provincia de Pontevedra para financiar as melloras nos servizos que presten ós seus socios - 2008, por un importe total de 247.294,00 € e con cargo á partida 08/711.711.789.00, documento RC núm. 200800100319, da forma na que figuran no listado que se achega e condicionada á subsanación das observacións sinaladas pola Intervención: BENEFICIARIO CIF FINALIDADE IMPORTE Xuncoga SCL F36334092 Maquinaria 40.666,00 € Campodeza SCL F36047058 Mobiliario e aire acondicionado 8.595,00 € Valle del Deza SCAL F36165082 Maquinaria e obra civil 24.979,00 € Coop. Gan. de Dozón F36181659 Maquinaria 14.225,00 € Cobideza SC F36211019 Obra civil 10.166,00 € Servipor SCG F36437820 Sementais e instalación persiana 10.720,00 € Coafor SCG F36173599 Obra civil 14.866,00 € Indega SCG F36463776 Obra civil 18.343,00 € Gandeiros do Deza SC F36393775 Maquinaria 11.700,00 € Aprodeza SCG F36188829 Maquinaria 7.500,00 € Coop. Gan. de Botos F36257558 Maquinaria 4.779,00 € SAT 3626 Monte Soto F36004612 Material informático e aforro enerxético 4.214,00 € Horsal SCG F36033132 Obra civil e mobiliario 5.870,00 € Horticultores del Umia F36037976 Mobiliario e pintura 6.730,00 € Forvi SCG F36580116 Obra civil 63.941,00 € TOTAL 247.294,00 € ------ Folla: 6.16613.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº1 DE “MELLORA DE TRAZADO E PAVIMENTO E.P. PONTE DO VAL-BARCIADEMERA (MONDARIZ-COVELO) Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o día 28/11/2008, polo que se adxudicou a NAROM, S.L. a obra de “Mellora de trazado e pavimento E.P. Ponte do Val-Barciademera (Mondariz-Covelo)(Remanentes PPC 2007)”, na suma de 202.711,52 €. Visto o proxecto modificado nº 1 da devandita obra redactado polo Servizo de Infraestruturas como consecuencia de que iniciadas as obras constatouse a necesidade de construír novos accesos a camiños municipais, escavación e desmonte de rocha mediante voadura non proxectada inicialmente, incrementos na lonxitude de muros, reposición de servizos afectados e a ampliación do enlace coa estrada da Xunta de Galicia Mondaríz-Moscoso, ascendendo o seu importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, á suma de 238.068,11 €, supoñendo un incremento sobre o contrato primitivo de 35.356,59 €. E, visto o informe emitido por Intervención relativo á existencia de crédito adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto na partida 08/511.511-612.02 (documento RC nº 200800098808), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado nº 1 de “Mellora de trazado e pavimento E.P. Ponte do Val-Barciademera (Mondariz-Covelo)(Remanentes PPC 2007)”, por importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, de 238.068,11 €, supoñendo un incremento sobre o contrato primitivo de 35.356,59 €. ------ Folla: 7.16614.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: ESTRATEXIA PLUS, S.L. (CIF B- 36.395.317) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitocentos noventa e catro euros (894,00 €), para responder da “Asistencia técnica para realización de dous proxectos dentro das liñas 1 e 2 da convocatoria para a adhesión de centros comerciais urbanos dentro do Proxecto Mercurio”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 15/06/2007 con número de operación 200700049782, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. BERNARDO ACEVEDO LÓPEZ- ICE (CIF 76.826.612-B) • A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de dous mil cincocentos vinte e un euros con cincuenta e cinco céntimos (2.521,55 €), para responder da “Organización da II edición da Copa do Futuro”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/07/2008 con número de operación 200800061994, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MERLÍN COMUNICACIÓN, S.L. (CIF B- 36.842.516) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de novecentos trinta e oito euros con oitenta céntimos (938,80 €), para responder da “Edición e publicación do libro Náutico”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/09/2007 con número de operación 200700074605, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. XESTIÓN CULTURAL ÁUREA, S.L. (CIF B- 36.394.203) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de catro mil euros (4.000,00 €), para responder da “Realización das actividades do programa social “Ti Tamén Contas”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/04/2008 con número de operación 200800027831, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PRODUCCIONES AUDIOVISUALES FEDERICO DE LA PEÑA SANTOS (CIF 35.290.149- F) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de cincocentos corenta e cinco euros con cincuenta e un céntimos (545,51 €), para responder da “Elaboración do vídeo Vida e obra de Julio Camba e edición de 500 copias do mesmo en formato DVD”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 05/07/2007 con número de operación 200700055723, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. RADIO PONTEVEDRA, S.A.- GRUPO SER (CIF A- 36.005.346) • A constituída en metálico, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 €), para responder da “Prestación de servizos de publicidade en Radio Pontevedra AM-FM e Radio Arosa”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/12/2007 con número de operación 200700101880. LÉREZ EDICIONES, S.L. (CIF B- 36.003.549) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de seis mil catrocentos corenta e catro euros con doce céntimos (6.444,12 €), para responder da “Prestación de servizos de publicidade no periódico Diario de Pontevedra”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/12/2007 con número de operación 200700107252, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. NUESTROS MAYORES PUBLICACIONES, S.L. (CIF B- 36.885.6060) • A constituída en metálico, por importe de setecentos vinte euros (720,00 €), para responder da “Prestación de servizos de publicidade no periódico EM”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/05/2007 con número de operación 200700043406. FARO DE VIGO, S.A. (CIF A- 36.600.815) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de seis mil euros (6.000,00 €), para responder da “Prestación de servizos de publicidade no periódico Faro de Vigo (X.G. de 26/12/2007)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/12/2007 con número de operación 2007000107254, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FARO DE VIGO, S.A. (CIF A- 36.600.815) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de cinco mil cincocentos catorce euros con setenta céntimos (5.514,70 €), para responder da “Prestación de servizos de publicidade no periódico Faro de Vigo (X.G. de 25/08/2006)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 31/08/2006 con número de operación 2006000074454, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SEBAGASA, SEÑALIZACIONES Y BALIZAMIENTOS DE GALICIA, S.A. (CIF A- 36.617.942) • A constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de vinte mil euros (20.000,00 €), para responder do “Deseño, fabricación, subministración e instalación de sinalización turística para a provincia de Pontevedra”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/04/2006 con número de operación 2006000040243, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A.- COVSA (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de SABADELL ATLÁNTICO, por importe de dezanove mil cincocentos vinte e seis euros (19.526,00 €), para responder das “Obras de pavimentado tramo Colexio- Mosteiro da estrada Calvario- Garrida (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 18/01/2005 con número de operación 200500002477, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SERCOYSA, PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF A- 36.319.622) • A constituída en valores, mediante aval da SOGARPO, por importe de dous mil cen euros (2.100,00 €), para responder da “Obra de enlace variante de Crecente coa estrada antiga P.K. 0+260 (Crecente)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/06/2006 con número de operación 200600058404, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GERAL, por importe de cincuenta e nove mil setecentos noventa e tres euros con oitenta e dous céntimos (59.793,82 €), para responder das “Obras de mellora nas interseccións, enlaces Cañiza- Crecente no núcleo da Cañiza”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 07/08/2007 con número de operación 200700067282, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. BELYPA CONSTRUCCIONES, S.L. (CIF B- 36.324.234) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO POPULAR, por importe de mil douscentos corenta e catro euros (1.244,00 €), para responder das “Obras de ordenación do entorno do concello de Salceda (Salceda de Caselas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/06/2006 con número de operación 200600058278, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ------ Folla: 8.16615.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POLA AGRUPACIÓN MUTUAL ASEGURADORA (AMA) POR DANOS EN VEHÍCULO, NA ESTRADA QUE VAI DE MEIS Ó CAMPO DE GOLF Dada conta que con data de rexistro 24/09/08 (rex. nº 033001) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Agrupación Mutual Aseguradora (AMA) con enderezo de notificacións en rúa Echegaray, nº 23 de Pontevedra por danos padecidos en vehículo na estrada que vai de Meis ó campo de golf o día 11/03/2008 e que cuantifica economicamente en 1.185,13 €. Resultando.- Que con data 4/11/2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 12/11/08 co seguinte contido: “..Pongo en su conocimiento que el tramo del vial en el que se produjo el siniestro no pertenece a la red de carreteras provinciales”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. ------ Folla: 9.16616.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.16617.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE A ESTRADA NO PAM/06, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº281/855 DENOMINADA “DOTACIÓN DE SERVIZOS NA RÚA IRYDA” Dada conta da solicitude de aboo da xustificación por “Honorarios de redacción de proxecto”, correspondente ó investimento nº 281/855 denominado “Dotación de servizos na rúa Iryda” do Concello da Estrada, á vista do informe de Intervención de data 11 de novembro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar e recoñecer a obriga de mil trescentos oitenta e sete euros con sesenta e tres céntimos (1.387,63€), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do citado Concello. - Declarar o aboo da cantidade mil trescentos oitenta e sete euros con sesenta e tres céntimos (1.387,63€), con cargo a partida 08/911.911-762.45.2006, como pago da subvención concedida ó Concello de A Estrada polos Honorarios de Redacción do Proxecto da obra nº 281/855 “Dotación de servizos na Rúa Iryda”, incluída no Plan de Acción Municipal 2006/08, anualidade 2006. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.16618.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE GONDOMAR, PARA XUSTIFICAR A OBRA Nº107/1029 DENOMINADA “EXTENSIÓN REDE AUGA POTABLE POLÍGONO DE A PASAXE”, INCLUÍDA NO PSA/06-08, ANUALIDADE 2007 Dada conta da petición do Concello de Gondomar solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 107/1029 denominado “Extensión rede auga potable polígono de A Pasaxe” incluído no Programa de Saneamento e Abastecemento de Augas en Pequenos Núcleos Rurais /06-08, anualidade 2007, libre disposición, cunha subvención de 40.000,00 €, motivada pola demora na execución das obras por razóns sobrevenidas e considerando que a Base Oitava, das reguladoras do Programa de Saneamento e Abastecemento de Augas en Pequenos Núcleos Rurais 2006, aprobadas polo Pleno da Deputación en sesión ordinaria o día 22 de febreiro de 2006 e publicadas no BOP de data 3 de marzo de 2006, contempla a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A concesión do aprazamento na xustificación da obra nº 107/1029 denominada “Extensión rede auga potable polígono de A Pasaxe”, ata o 30 de abril de 2009, con carácter improrrogable. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.16619.- DAR CONTA DO FALLO DO XURADO DO PREMIO CARMEN FERRO 2008 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión do 25 de Abril de 2008, aprobou as Bases Reguladoras do Premio Carmen Ferro 2008, dirixido ás Asociacións que traballen no ámbito da integración sociolaboral e social das persoas con discapacidade. Ditas Bases Reguladoras foron publicadas no B.O.P. nº 97 do 21 de maio do presente ano. O premio Carmen Ferro 2008, conta cunha dotación orzamentaria de 18.000,00 €, estruturándose en dúas categorías: • CATEGORÍA A- PROXECTOS DE INSERCIÓN SOCIOLABORAL Con dous premios: un 1º premio de 7.500,00 € e 2º premio de 6.000,00 €. • CATEGORÍA B - PROXECTOS DE INSERCIÓN SOCIAL Cun premio de 4.500,00 €. Concluído o prazo de presentación dos proxectos ó 22 de xullo de 2008, contabilizáronse 13 proxectos baixo diferentes lemas. Constituído o Xurado Cualificador do devandito Premio o pasado 16 de outubro de 2008, entregáronse nese acto ós membros do xurado, fotocopia dos traballos presentados para o seu estudo pormenorizado. Convocado o citado Xurado para o 17 de novembro de 2008, a fin de fallar o Premio Carmen Ferro 2008, celebrouse a reunión de debate sobre os traballos ás 13:30 hs. do día sinalado, na sala de Xuntas desta Deputación Provincial. Unha vez avaliados os traballos polo Xurado, por unanimidade chegouse ó seguinte acordo: - Conceder o “Premio Carmen Ferro 2008, modalidade de Inserción Social”, a AMFIV (Asociación de Minusválidos Físicos de Vigo), cunha dotación económica de 4.500,00 € polo seu traballo “Integración polo deporte”. . - Conceder o “1º Premio Carmen Ferro 2008, modalidade de insersión sociolaboral”, á Asociación Juan XXIII de Pontevedra, cunha dotación económica de 7.500,00 € polo seu traballo “Ensinando a convivir, axúdanos a traballar”. - Conceder o “2º Premio Carmen Ferro 2008, modalidade de insersión sociolaboral”, á Asociación B.A.T.A. de Tratamento de Autismo; de Vilanova de Arousa, cunha dotación económica de 6.000,00 €, polo seu traballo “Brigadas Forestais”. Polo que á vista da acta do 18 de novembro de 2008, da reunión do xurado do premio Carmen Ferro 2008, a Xunta de Goberno queda enterada do fallo do mesmo, en todas as súas categorías. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.16620.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á CULTURA-2008 1.- A Xunta de Goberno queda enterada da acta do Xurado dos Premios Provinciais á Cultura-2008 despois da reunión mantida o pasado 14 de novembro e que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á CULTURA-2008 PARA PROPOSTA DE CONCESIÓN DOS CATRO PREMIOS Reunido o Xurado dos “Premios Provinciais á Cultura-2008”, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial o día 14 de novembro de 2008, ás 10:30h e composto por: Presidente: D. José Juan Durán Hermida, vicepresidente e presidente da Comisión Informativa de Cultura, Vogais: D. Jesús Mª Fernández Portela, Deputado e presidente da Comisión de Desenvolvemento Industrial, Urbanismo e Vivenda, D. Rafael Fontoira Surís, Director da Escola de Canteiros; D. Carlos García Suárez Otero, en representación da Fundación Laxeiro, D. Antonio Montero Carro, en representación da Fundación Fernández Florez, D.Juan Laguarta Badia, Profesor de Música, Dª Encarna Rivas Díaz, Asesora de Urbanismo, Dª Mercedes Costas Fernández, funcionaria, en representación do Servizo de Cultura, Secretario; D. Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura. Ten por obxecto a reunión, emitir o fallo para adxudicar os catro premios por importe de nove mil euros (9.000,00€) cada un, previsto na base terceira da convocatoria. Despois dun detallado estudo e deliberación dos dossiers presentados, o xurado por unanimidade acordou : 1.- Salientar a calidade dos dossiers presentados por todas as asociacións participantes así como o recoñecemento pola súa labor no eido da cultura galega. 2.- Conceder por unanimidade os premios: 1.- Proxecto Cultural máis Innovador/ Vangardista 9.000,00€ Museo Etnográfico “Casa do Patrón” (Lalín) Polo proxecto máis innovador levado a cabo por un Museo Etnográfico 2.- Traxectoria Cultural 9.000,00€ Asociación Dúos Pontes(Pontevedra) Pola súa labor dende o ano 1942 no eido da recuperación, investigación e catalogación da cultura popular tradicional. 3.-Premio César Dios “Diosiño” 9.000,00€ O xurado xa constituído, acorda por unanimidade, propoñer a concesión neste apartado o premio a: Coral Casablanca do Circulo Mercantil e Industrial (Vigo) En recoñecemento a súa labor, dende o ano 1957, de integración, difusión e desenvolvemento da música coral de Galicia. 4.- Á Protección ou Recuperación do Patrimonio Público 9.000,00€ Mancomunidade do Salnés (A Segorella) Pola restauración dos Muiños do Salnés promovidos polos concellos de: Meis, Meaño e Ribadumia. E non habendo mais asuntos que tratar e sendo as 13,00 horas do indicado día, dáse por concluída a reunión, do que eu, Secretario, dou fe.” 2.- Ditos premios achegaranse con cargo á partida 08/451.451.481.01 do orzamento provincial. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.16621.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS Con data 17 de novembro de 2008, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, funcionaria de carreira, Técnico de Administración Xeral, adscrita ó Servizo de Recursos Humanos e Formación, presenta solicitude na que expón que “no BOE nº 275 de 14 de novembro publícase a Resolución de 05 de novembro de 2008, do Instituto Nacional de Administración pública, pola que se convoca o Curso “O novo Estatuto Básico do empregado Público e a Xestión dos Recursos Humanos nas Entidades Locais”, que se celebrará na Deputación Provincial de Granada, os próximos 1 á 4 de decembro de 2008”, polo que solicita a concesión de licenza para asistir a dito curso que se celebrará na Deputación Provincial de Granada entre os días 1 á 4 de decembro, desprazándose para iso en avión. A saída producirase o día 30 de novembro, despois das 14:00 horas, e o regreso o día 4 de decembro antes das 22:00 horas. Na solicitude, informada favorablemente polo Vicepresidente D. José Juan Duran Hermida, a Xefa de Servizo de Recursos Humanos e Formación, fai constar expresamente que de acordo co establecido na normativa reguladora das licenzas e axudas económicas para asistencia a Cursos, Conferencias, Congresos, Seminarios, Xornadas e Reunións, a concesión da devandita licenza non prexudicará o normal funcionamento do traballo no Servizo. Así mesmo, non consta que a interesada fixera uso de anteriores licenzas deste tipo. A asistencia ó curso incidirá de forma positiva na mellora da formación da funcionaria e redundará na mellora do rendemento nas funcións e desempeño do seu posto de traballo, e en último termo no Servizo. A normativa reguladora das “Licenzas e Axudas Económicas para Asistencia a Cursos, Conferencias e Congresos, Xornadas e Reunións”, aprobada pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 09 de marzo de 2007, establece na a súa Cláusula 11ª) que “a axuda económica máxima que se poderá conceder ós solicitantes comprenderá os gastos de matrícula e inscrición, gastos de desprazamento e as axudas por aloxamento e manutención do grupo ó que pertenza o funcionario(…)”. De acordo con todo o exposto, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a licenza solicitada á funcionaria Dna. Begoña Estévez Bernárdez, Técnico de Administración Xeral, adscrita ó Servizo de Recursos Humanos e Formación, para que asista ó curso “O novo Estatuto Básico do Empregado Público e a xestión dos Recursos Humanos nas Entidades Locais”, que se celebrará na Deputación Provincial de Granada, os días 1 á 4 de decembro de 2008, e a que se lle aboen os gastos xerados, en concepto de desprazamento en avión aloxamento e manutención, co carácter de “a xustificar”. Ó abeiro do establecido no R.d.462/2002, de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, o importe total estimado ascende a 771,47 € desagregados segundo detalle: - Avión Vigo-Madrid-Granada (ida/volta): 360,00 € - Desprazamentos en Taxi aeroporto-hotel: 60,00 € TOTAL DESPRAZAMENTOS: 420,00 € Partida Orzamentaria: 08/122.121.231.01 - Día saída (30/11/2008) Aloxamento e ½ manutención Grupo 2: 84,67 € - Días intermedios (1,2,3/12/08) 80% Residencia Eventual:(82,70 x 3): 248,10 € - Día regreso (4/12/08) ½ manutención Grupo 2: 18,70 € TOTAL ALOXAMENTO-MANUTENCIÓN: 351,47 € Partida Orzamentaria: 08/122.121.230.031 Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno número 9.14880, de 9 de marzo de 2007, unha vez finalice o Congreso, para que se aboe a axuda económica proposta, a interesada deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma. Finalmente a teor do disposto no Acordo da Xunta de Goberno número 14.15813, de data 23 de xaneiro de 2008 sobre “Aprobación dos modelos de xustificación de gastos para o aboo das Indemnizacións por Razón do Servizo”, deberá achegar a correspondente xustificación documental, unha vez finalice o Curso. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.16622.- APROBACIÓN DO PROXECTO BÁSICO DE EXECUCIÓN DE CONSTRUCIÓN DE CENTRO CULTURAL EN NÚCLEO URBANO DE CERDEDO Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 06/08/2008, polo que se prestou aprobación, unha vez emendadas as salvidades que daban carácter suspensivo ó informe emitido ó efecto por Intervención, a un convenio de colaboración co Concello de Cerdedo para a construción dun Centro Cultural no núcleo urbano de Cerdedo, correspondendo á Deputación Provincial o financiamento das obras relativas ós módulos de auditorio, sala de exposicións, biblioteca e edificio de servizos, cun orzamento de 1.262.310,36 €. Visto o proxecto básico e de execución de “Centro Cultural no núcleo urbano de Cerdedo”, cuxo importe ascende á suma de 1.262.310,36 €, IVE incluído. E, visto o informe emitido por Intervención relativo ó financiamento da obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto básico e de execución de “Centro Cultural no núcleo urbano de Cerdedo” por importe de 1.262.310,36 €, IVE incluído, e iniciar o correspondente expediente para a súa contratación. A obra financiarase de acordo coa seguinte distribución por anualidades: 2008 2009 2010 Total 548.830,60 384.181,41 329.298,35 1.262.310,36 Na partida 08/911.911-662.09 existe crédito adecuado e suficiente para facer fronte á anualidade de 2008. As anualidades de 2009 e 2010 contabilizaranse nas partidas 09/911.911.662.09 e 10/991.911.662.09, quedando condicionadas á aprobación dos seus respectivos orzamentos. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 16.16623.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTECESURES PARA A DOTACIÓN DE NOVO ALUMEADO NAS ESTRADAS PROVINCIAIS DE PONTECESURES Visto que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Ponteareas para a dotación de novo alumeado nas estradas provinciais de Pontecesures, cun custo total estimado na cantidade de douscentos trinta e oito mil novecentos cincuenta e sete euros con vinte e seis céntimos (238.957,26 €). E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontecesures para a dotación de novo alumeado nas estradas provincias de Pontecesures. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTECESURES PARA A DOTACIÓN DE NOVO ALUMEADO NAS ESTRADAS PROVINCIAIS DE PONTECESURES En Pontecesures, a …... de ........... de 2008 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. A Sra. Dna. Mª Isabel Castro Barreiro, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Pontecesures, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontecesures é a dotación de novo ilumminación pública nas estradas provinciais de Pontecesures. SEGUNDA.- O importe a que se refire o presente convenio ascende á cantidade de douscentos trinta e oito mil novecentos cincuenta e sete euros con vinte e seis céntimos (238.957,26 €) e comprenderá todos os gastos que se derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do Convenio os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. TERCEIRA.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontecesures, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: 2008 2009 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 126.506,78 € 88.554,75 € 215.061,53 € Concello de Pontecesures 14.056,31 € 9.839,42 € 23.895,73 € TOTAL 238.957,26 € As cantidades a achegar polo Concello, que son un ingreso de dereito público, xerarán crédito na partida 511.511.612.02 debendo ingresar a cantidade correspondente á anualidade 2008 á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. A cantidade da anualidade 2009 debe ser ingresada durante o primeiro trimestre do exercicio correspondente, e en todo caso, unha vez notificado, nos prazos de pago que establece o artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. No caso de falta de ingreso destas cantidades ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na Entidade provincial. Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación do proxecto, ou incremento do seu custo, se o houbera, será financiado por ambas Institucións na mesma proporción que o contrato inicial. No caso de que se produza unha baixa na adxudicación, aplicarase a partes iguais entre ambas Entidades. CUARTA.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción da obra contemplada no proxecto técnico que será financiada, na súa anualidade 2008, con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente orzamento provincial. Financiarase con cargo á partida correspondente de exercicios futuros a anualidade do ano 2009. QUINTA.- O Concello de Pontecesures obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución da obra relacionada na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. A Entidade municipal deberá dar ó convenio a conveniente publicidade. SEXTA.- O Concello comprométese ó mantemento do inmoble obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras. SÉTIMA.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. OITAVA.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2009. NOVENA.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste Convenio. DÉCIMA.- O presente Convenio ten natureza administrativa, aceptándoo así ambas partes e obrigándose ó seu estrito cumprimento, recoñecendo así mesmo á xurisdición contencioso-administrativa como a competente para resolver calquera discrepancia que puidese suscitarse. UNDÉCIMA.- Será de aplicación ó presente convenio a seguinte normativa: Bases Reguladoras da Execución do Orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2008, así como as dos exercicios posteriores, Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Común,Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e demais normativa de aplicación a este convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Polo Concello de Pontecesures Rafael Louzán Abal Mª Isabel Castro Barreiro” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 17.16624.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA CONTRATAR MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, A PÓLIZA DE SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL-PATRIMONIAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno, en sesión de 5 de xaneiro de 2008, aprobou a adxudicación da contratación dunha póliza de seguro de responsabilidade civil-patrimonial da Deputación á empresa Caja de Seguros Reunidos, cía de seguros y reaseguros, S.A.-CASER (CIF A-28.013.050), posteriormente foi prorrogado o contrato por ambos acordos do mesmo órgano. Estando próxima ó seu vencemento, resulta necesario que a Deputación de Pontevedra teña un contrato de Seguro que garanta as consecuencias económicas derivadas da responsabilidade civil e patrimonial, conforme ó ordenamento xurídico en vigor, que poidan corresponder directa, subsidiaria ou solidariamente ó asegurado polos danos corporais, materiais e prexuízos como consecuencia de eles, ocasionados involuntariamente a terceiros como persoa xurídica de dereito público, por feitos que teñan relación directa e deriven do risco do exercicio das súas competencias na administración da provincia e das instalacións e propiedades provinciais. Por todo iso, iníciase un novo procedemento de contratación dunha póliza, estimándose o seu custo en cento cincuenta e oito mil euros, IVE incluído (158.000,00 €). Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ten que rexer na contratación, e vistos así mesmo o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Considerando o disposto na disposición adicional segunda da Lei de Contratos do Sector Publico, e na base 16, apartado segundo das bases de execución do orzamento para o ano 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente para contratar unha póliza de seguro de responsabilidade civil-patrimonial da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, cun tipo de licitación de cento cincuenta e oito mil euros (158.000,00 €), impostos incluídos. O importe máximo anual do contrato é de setenta e nove mil euros (79.000,00€/ano), impostos incluídos. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Autorizar dito gasto do exercicio 2009 con cargo á partida 09/123.453.224.01 e as dos futuros exercicios con cargo ás correspondentes partidas, sempre condicionado á aprobación dos devanditos orzamentos. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o procedemento aberto como Lei fundamental. -Iniciar o prazo de presentación de proposicións para dito procedemento concedendo un prazo de 15 días dende a publicación da convocatoria no BOP. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA POLIZA DE SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL-PATRIMONIAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. 1.- OBXECTO.- A contratación dunha póliza de seguro de responsabilidade civil-patrimonial da Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo co Prego de Prescricións técnicas que se une como anexo. 2.- FINANCIAMENTO.- A contratación da póliza financiarase con cargo á partida 09/123.453.224.01 para o exercicio 2009, e para os seguintes exercicios con cargo ás partidas correspondentes. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo da devandita póliza, efectuarase contra a presentación da correspondente factura ou recibo, unha vez presentada a conformidade por esta Deputación. 4.- DURACIÓN.- O contrato terá unha duración de dous anos, con entrada en vigor dende o día 1 de xaneiro de 2009 ata o 31 de decembro de 2010, ambos días incluídos, podendo prorrogarse a vixencia por mutuo acordo das partes antes do remate da mesma, sen que a duración total do contrato incluídas as posibles prórrogas expresas- poida exceder de tres anos, todo iso de conformidade co estipulado no artigo 279 LCSP. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento total do contrato, polos dous anos iniciais, fíxase nunha cantidade máxima de cento cincuenta e oito mil euros (158.000,00 €), impostos incluídos. O importe máximo anual do contrato é de setenta e nove mil euros (79.000,00€/ano), impostos incluídos. 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da LCSP. De conformidade co previsto no artigo 94.2 da LCSP, ultimarase o expediente de contratación, incluso coa adxudicación e formalización do contrato, aínda cando o inicio da execución do mesmo comece o 1 de xaneiro de 2009. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante da Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Considerando as circunstancias deste contrato, esíxese a constitución dunha garantía provisional do 3% do orzamento do contrato, o que equivale a catro mil oitenta e seis euros con vinte céntimos (4.086,20 €), que responderá do mantemento das ofertas presentadas polos licitadores ata a adxudicación provisional do contrato, de conformidade co previsto no artigo 91 de LCSP. 9.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación 10.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 10.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, (Sede Pontevedra, luns a sábado; Vigo, luns a venres), durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 10.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA POLIZA DE SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL-PATRIMONIAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Este sobre deberá conter a seguinte documentación cun índice: 1) Modelo de proposición económica, seguindo estritamente o establecido na cláusula final. 2) Proposta técnica. Descrición das coberturas ofertadas, e dos medios aplicados especificamente ó contrato, e demais condicións. 3)Descrición das melloras ofertadas. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS A PRESENTAR NO PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DA POLIZA DE SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL-PATRIMONIAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Declaración de cifras de negocio globais dos servizos realizados nos tres últimos exercicios. c) Declaración que indique o termo medio anual de persoal e cadro de persoal directivo durante os últimos tres anos. d) Relación das pólizas concertadas con organismos públicos, durante os últimos cinco anos, que se leven sobre responsabilidade civil-patrimonial distinta á da Deputación Provincial de Pontevedra. e) Relación de profesionais que como letrados leven a defensa xurídica. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores (do punto 1, 2 e 5) poderase realizar mediante a certificación, orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 11- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Asesor Xurídico da Deputación. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 12.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A seguir, en acto público, o Secretario da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A, dando lectura ás proposicións económicas formuladas e trasladando as ofertas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 13.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: a) O menor prezo ponderarase cun máximo de 30 puntos. b) Menor contía da franquía, ata un máximo de 20 puntos. c) Implantación e medios directamente aplicables á realización do contrato, ata un máximo de 25 puntos. Só serán tidos en conta os medios aplicados especificamente ó contrato, con exclusión daqueles dos que dispoña o licitador con carácter xeral. Na valoración dos medios atenderase especificamente ás dispoñibles na provincia de Pontevedra. d) Melloras de cobertura e propostas complementarias ás esixidas nas condicións mínimas establecidas no Prego de prescricións técnicas, como sumas aseguradas por cobertura, sinistro e/ou vítima, ampliación do ámbito temporal de cobertura, oferta dun servizo de intermediación por corredor/axente de seguros, posibles bonificacións por baixa siniestrabilidade, etc., ata un máximo de 25 puntos. Os apartados a e b serán valorados aplicando a seguinte fórmula: 14.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 15.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A garantía provisional depositada polos licitadores para responder da súa oferta, será devolta ós interesados inmediatamente despois da adxudicación definitiva do contrato. En todo caso, a garantía será retida ó adxudicatario ata que proceda á constitución da garantía definitiva, sendo incautada ás empresas que retiren inxustificadamente a súa proposición antes da adxudicación. A documentación incluída no Sobre B de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, aviso previo ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no email contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, agás que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 1.500,00 euros. 20.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, se é o caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 21.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- Para a resolución do contrato estarase, ademais do disposto no presente Prego, ó establecido na Lei 50/80, de 8 de outubro, do Contrato de Seguro, e Lei 30/95, de 8 de novembro, de Ordenación e Supervisión dos Seguros Privados. 22.- NATUREZA DO CONTRATO.- O contrato terá a consideración de contrato privado. A orde xurisdicional contencioso administrativo será a competente para resolver as controversias que xurdan entre as partes respecto á preparación e adxudicación do contrato. Así mesmo, a orde xurisdicional civil será o competente para resolver as controversias xurdidas entre as partes referidas á execución e efectos do contrato. 23.- DEREITO SUPLETORIO.- No non previsto neste Prego de Condicións, estarase ó disposto na Lei 7/85, de 2 de abril de 1985, Lei de Bases de Réxime Local; Real decreto lexislativo 781/1986 de 18 de abril; Texto Refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño; Lei 50/80, de 8 de outubro, do Contrato de Seguro; Lei 30/95, de 8 de novembro de Ordenación e Supervisión dos Seguros Privados, modificada pola Lei 34/2003, de 4 de novembro, de Modificación e Adaptación á Normativa Comunitaria da Lexislación de Seguros Privados; demais lexislación vixente sobre a materia, así como no prego de condicións Técnicas, en todo aquilo que non estea en contradición co presente prego, ó que queda expresamente supeditado. 24.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don......................., maior de idade, veciño de....................., con

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición