ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2008/12/10_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.377/2.2008-12-10_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/12/10_Ordinaria

  • Data(s) 2008-12-10 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día dez de decembro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal nin a Sra. Deputada Dona Mª Corina Porro Martínez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1. 16696.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de novembro do ano de 2008. ------ Folla: 2.16697.- ANULACIÓN DA SUBVENCIÓN APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 25/06/2008, EN FAVOR DA FEDERACIÓN NACIONAL DE ASOCIACIÓNS DE AXUDA Ó DROGODEPENDENTE (FENAD), PARA O X CONGRESO-XORNADA DA DEVANDITA ASOCIACIÓN A Xunta de Goberno do 25/06/2008 acordou concederlle unha subvención polo importe de 1.500,00 € á Federación Nacional de Asociacións de Axuda ó Drogodependente (FENAD), condicionada á cumprimentación do requisito erixido na Base 5.4 da convocatoria no senso de achegar o documento acreditativo de estar rexistrada na Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Centros da Xunta de Galicia, e á vista de que a pesares do tempo transcorrido dende tal concesión, non se procedeu á modificación dos estatutos de FENAD para facilitar o trámite do devandito rexistro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a anulación da subvención, por importe de 1.500,00 € que aprobou a Xunta de Goberno do 25/06/2008, en favor da Federación Nacional de Asociacións de Axuda ó Drogodependente (FENAD) para o X Congreso-Xornada da devandita Federación. ------ Folla: 3.16698.- ANULACIÓN DA SUBVENCIÓN APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 25/06/2008, EN FAVOR DA ASOCIACIÓN “ESCOLA TEMPO LIBRE PASPALLÁS”, PARA CURSO DE DIRECTOR/AS DE TEMPO LIBRE Acordada pola Xunta de Goberno do 25/06/2008, a concesión dunha subvención polo importe de 4.500,00 €, en favor da Asociación “Escola de Tempo libre Paspallás”, para Curso Formativo de Directores/as de Tempo libre; estando dita concesión condicionada ó cumprimento do requisito esixido na Base 5.4 da convocatoria en canto a inscrición no rexistro da Subvención Xeral de Autorización e Inspección de Centros da Xunta de Galicia, e non completándose o mesmo a pesares do tempo transcorrido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a anulación da subvención por importe de 4.500,00 €, aprobada pola Xunta de Goberno do 25 de xuño de 2008, en favor da Asociación “Escola de Tempo Libre Paspallás”, para Curso formativo de Directores/as de tempo libre. ------ Folla: 4.16699.- RECOÑECEMENTO POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CANGAS NO PAM/06-08, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº188-161-138/928, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN BARRIO DO FORTE E DOTACIÓN DE SERVIZOS” Retírase da orde do día pendente de mellor estudo expte. relativo ó “Recoñecemento polo procedemento extraxudicial de crédito e declaración de aboo de cantidade para o pago da subvención concedida ó concello de Cangas no PAM/06-08, para a realización da obra nº 188-161-138/928, denominada “Pavimentación Barrio do Forte e dotación de servizos”. ------ Folla: 5.16700.- RECOÑECEMENTO POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CANGAS NO PSA/07, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 93/911 DENOMINADA “SANEAMENTO FECAIS DARÍNS” Retírase da orde do día pendente de mellor estudo expte. relativo ó “Recoñecemento polo procedemento extraxudicial de crédito e declaración de aboo de cantidade para o pago da subvención concedida ó concello de Cangas no PSA/07, para a realización da obra nº 93/911 denominada “Saneamento fecais Daríns”. ------ Folla: 6.16701.- RECOÑECEMENTO POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE COTOBADE NO PSA/07, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº65/964, DENOMINADA “SANEAMENTO EN SAN XURXO DE SACOS” (CERTIFICACIÓN 1) Dada conta da solicitude de aboo da certificación núm. un, correspondente ó investimento nº 65/964 denominado “Saneamento en San Xurxo de Sacos” do concello de Cotobade, á vista do informe de Intervención de data 27 de novembro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar e recoñecer a obriga de vinte e dous mil cento trinta e tres euros con vinte e sete céntimos (22.133,27 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do citado concello. - Declarar o aboo da cantidade de vinte e dous mil cento trinta e tres euros con vinte e sete céntimos (22.133,27 €), con cargo á partida 08/911.441-762.45.2007 como pago da subvención concedida ó concello de Cotobade para a obra nº 65/964 denominada “Saneamento en San Xurxo de Sacos”, incluída no Programa de Saneamento e Abastecemento de Augas en Pequenos Núcleos Rurais 2006/08, anualidade 2007. ------ Folla: 7.16702.- RECOÑECEMENTO POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE COTOBADE NO PSA/07, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº65/964, DENOMINADA “SANEAMENTO EN SAN XURXO DE SACOS” (CERTIFICACIÓN 2) Dada conta da solicitude de aboo da certificación núm. dous, correspondente ó investimento nº 65/964 denominado “Saneamento en San Xurxo de Sacos” do concello de Cotobade, á vista do informe de Intervención de data 27 de novembro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar e recoñecer a obriga de dezasete mil setecentos oitenta euros con sesenta céntimos (17.780,60 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do citado concello. - Declarar o aboo da cantidade de dezasete mil setecentos oitenta euros con sesenta céntimos (17.780,60 €), con cargo á partida 08/911.441-762.45.2007 como pago da subvención concedida ó concello de Cotobade para a obra nº 65/964 denominada “Saneamento en San Xurxo de Sacos”, incluída no Programa de Saneamento e Abastecemento de Augas en Pequenos Núcleos Rurais 2006/08, anualidade 2007. ------ Folla: 8.16703.- RECOÑECEMENTO POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA OBRIGA DERIVADA DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA Ó CLUBE MARIÑO A REIBOA DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS-2007 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 26/12/2007, no que se conceden as axudas correspondentes ó programa “Axudas a embarcacións tradicionais 2007”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Dirección Orzamento Axuda Investimento Importe a inicial concedida xustificado pagar Clube Mariño (B36381408) Avda. A Seca, 17 6.875,00 € 5.500,00 € 6.875,00 € 5.500,00 € A Reiboa 36995 Poio Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno por xustificarse fóra de prazo; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, correspondente ó programa “Axudas a embarcacións tradicionais 2007”, con cargo á partida 08/711.711.779.02.2007 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Observacións Clube Mariño A Reiboa B36381408 Avda. A Seca, 17 5.500,00 € - 36995 Poio TOTAL 5.500,00 € ------ Folla: 9.16704.- RECOÑECEMENTO POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA OBRIGA DERIVADA DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA Á ASOCIACIÓN DE MARISQUEO, PESCA E ACUICULTURA PEDRA DA OLIVEIRA PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTE NO ANO 2007 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 05/12/2007, no que se concede unha axuda para adquisición de semente á Asociación de marisqueo, pesca e acuicultura “Pedra da Oliveira”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Dirección Orzamento Axuda Investimento Importe a inicial concedida xustificado pagar Asoc. de marisqueo, (G36293272) Muíño – 19.270,00 € 6.000,00 € 19.260,00 € 6.000,00 € pesca e acuicultura Peirao, 49Sta. Cristina de “Pedra da Oliveira” Cobres 36141 Vilaboa Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno e unha vez subsanados os reparos sinalados; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 08/711.711.479.01.2007 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Observacións Asoc. de marisqueo, G36293272 Muíño – Peirao, 49 pesca e acuicultura Sta. Cristina de Cobres “Pedra da Oliveira” 36141 Vilaboa 6.000,00 € TOTAL 6.000,00 € ------ Folla: 10.16705.- RECOÑECEMENTO POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA OBRIGA DERIVADA DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES SAN CIPRIÁN DE ALDÁN PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTE NO ANO 2007 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 08/06/2007, no que se conceden as axudas correspondentes ó programa “Axudas á adquisición de semente 2007”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Dirección Orzamento Axuda Investimento Importe a inicial concedida xustificado pagar Confraría de (F36007714) Muelle de Aldán, s/n 19.200,00 € 9.000,00 € 9.700,00 € 4.382,53 € pescadores Edificio da lonxa San Ciprián 36945 Cangas Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno e unha vez subsanados os reparos sinalados; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, correspondente ó programa “Axudas á adquisición de semente 2007”, con cargo á partida 08/711.711.479.01.2007 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Observacións Confraría de pescadores F36007714 Muelle de Aldán, s/n 4.382,53 € Descóntase a San Ciprián Edificio da lonxa cantidade 36945 Cangas proporcional ó investimento non xustificado ------ Folla: 11.16706.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO SUBMINISTRO DE DIVERSOS REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE, DURANTE O ANO 2009 A Xefa de Servizo da Finca Mouriscade mediante escrito de data 5 de novembro de 2008, no que figura o conforme do Deputado Delegado, solicita que se proceda a tramitar a contratación do subministro de reactivos para o Laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2009, achegando para iso o informe e prego de prescricións técnicas onde se detallan os diversos tipos de reactivos a subministrar. No citado prego relaciónanse os reactivos que se precisan utilizar en dito laboratorio, clasificados nos seguintes lotes: LOTE DENOMINACIÓN IMPORTE 1 Reactivos para a realización de análise de pensos e materias primas............. 58.000,00 € 2 Reactivos para a determinación de salmonela ssp en pensos, materias primas ou outros alimentos seguindo o protocolo do equipo minividas existente no centro............ 50.000,00 € 3 Reactivos para a identificación de xermes e realización de antibiogramas en mostras de leite, seguindo as instrucións do equipo vitek 2 de que dispón o centro....................................................... 16.000,00 € 4 Reactivos para a realización de varias determinacións microbiolóxicas en pensos, materias primas e outras matrices... 40.000,00 € TOTAL............... 164.000,00 € Resultando que a efectos de cumprimentar o estipulado no artigo 94.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, na cláusula 2 do citado prego relativa ó financiamento do contrato establécese que “O prezo do contrato financiarase con cargo á correspondente partida do orzamento provincial de 2009, quedando condicionada a adxudicación á existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigacións derivadas deste contrato”. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación da data 27 de novembro de 2008. Resultando que con data 2 de decembro de 2008, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, e polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación do subministro de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade. Resultando que con data, 5 de decembro de 2008, polo Sr. Interventor emítese o informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 9 tipifica a este contrato como “de subministro” ó ter por obxecto a adquisición de produtos ou bens mobles e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da referenciada Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministro, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento para 2008, concretamente na Base 16ª, 2, a), onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, do subministro de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da finca Mouriscade durante o ano 2009, ata un importe máximo de cento sesenta e catro mil euros (164.000,00 €), IVE incluído, desagregado nos lotes e polos prezos unitarios máximos, por cada lote e tipo de reactivo, que a continuación se detalla: LOTE Nº 1.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISE DE PENSOS E MATERIAS PRIMAS.................................ATA UN MÁXIMO DE 58.000,00 EUROS. TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) SOLUCIÓN ÁCIDA DETERXENTE RE 5 LITROS 38,79 € 6,21 € 45,00 € SOLUCIÓN NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS 30,17 € 4,83 € 35,00 € POTASIO HIDRÓXIDO 0.23 N 5 LITROS SV 27,59 € 4,41 € 32,00 € SULFÚRICO 0.1275 M SV 5 LITROS 39,66 € 6,34 € 46,00 € SODIO HIDRÓXIDO 32% PA 5 LITROS 27,59 € 4,41 € 32,00 € POTASIO SULFATO PA 5 KG 71,55 € 11,45 € 83,00 € COBRE II SULFATO V-HIDRATO 500G PA 15,52 € 2,48 € 18,00 € ÁCIDO BÓRICO 4% 5 LITROS RV 40,52 € 6,48 € 47,00 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.1N SV 1 LITRO 6,90 € 1,10 € 8,00 € ÁCIDO SULFÚRICO 95-97% PA 2.5 LITROS 22,41 € 3,59 € 26,00 € ETER PETRÓLEO 40-60º PA 5 LITROS 51,72 € 8,28 € 60,00 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.310 M (1.128%P/V) SV 5 LITROS 23,28 € 3,72 € 27,00 € CLORURO DE CESIO PA 100 G 99,14 € 15,86 € 115,00 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 37% 1 LITRO 10,34 € 1,66 € 12,00 € ACETONA, P. SÍNTESIS 5 LITROS 34,48 € 5,52 € 40,00 € ÁCIDO ACÉTICO GLACIAL, PA 1 LITRO 18,10 € 2,90 € 21,00 € ÁCIDO CLORHÍDRICO, SOLUCIÓN 3 mol/l (3 N), 10 LITROS 68,97 € 11,03 € 80,00 € ÁCIDO NÍTRICO MIN. 65 %, PA 15,52 € 2,48 € 18,00 € AMONIO TIOCIANATO 0,1 M (0,1 N), SV x 1 LITRO 15,52 € 2,48 € 18,00 € ETER DIETÍLICO, PA 5 LITROS 81,90 € 13,10 € 95,00 € FERRO (III) AMONIO SULFATO 12 HIDRATO, SOL. SATURADA, 1 LITRO 38,79 € 6,21 € 45,00 € PRATA NITRATO, 0,1 N, SV 1 LITRO 27,59 € 4,41 € 32,00 € REACTIVO CARREZ I , 5 LITROS 73,28 € 11,72 € 85,00 € REACTIVO CARREZ II, 5 LITROS 73,28 € 11,72 € 85,00 € SODIO HIDRÓXIDO 0,01 M (0,01 N), SV x 1 LITRO 10,34 € 1,66 € 12,00 € SODIO HIDRÓXIDO, SOLUCIÓN 0,1 MOL/L (0,1), SV 1 LITRO 10,34 € 1,66 € 12,00 € SODIO SULFITO, PA 1 KG 17,24 € 2,76 € 20,00 € LOTE Nº 2.- REACTIVOS PARA A DETERMINACIÓN DE SALMONELA SSP EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS OU OUTROS ALIMENTOS SEGUINDO O PROTOCOLO DO EQUIPO MINIVIDAS EXISTENTE NO CENTRO............ATA UN MÁXIMO DE 50.000,00 EUROS. TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOJA 20X10 ML 21,55 € 3,45 € 25,00 € CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML 21,55 € 3,45 € 25,00 € CALDO M 20X10 ML 20,69 € 3,31 € 24,00 € VIDAS Immuno - Concentratión Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 225,00 € 36,00 € 261,00 € VIDAS Salmonela (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 283,62 € 45,38 € 329,00 € LOTE Nº 3.- REACTIVOS PARA A IDENTIFICACIÓN DE XERMES E REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMAS EN MOSTRAS DE LEITE, SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DO EQUIPO VITEK 2 DE QUE DISPÓN O CENTRO.............................ATA UN MÁXIMO DE 16.000,00 EUROS TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) TARXETAS DE IDENTIFICACIÓN E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES, CAIX DE 20 UNIDADES. 118,10 € 18,90 € 137,00 € LOTE Nº 4.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE VARIAS DETERMINACIÓNS MICROBIOLÓXICAS EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS E OUTRAS MATRICES.....................ATA UN MÁXIMO DE 40.000,00 EUROS. TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 3 L 16,38 € 2,62 € 19,00 € AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 5 L 21,55 € 3,45 € 25,00 € MEDIO CROMOXÉNICO PARA E. COLI ,AGAR 100 ML 4,40 € 0,70 € 5,10 € MEDIO CROMOXÉNICO PARA E. COLI ,AGAR 200 ML 8,62 € 1,38 € 10,00 € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 100 ML 2,33 € 0,37 € 2,70 € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 200 ML 4,31 € 0,69 € 5,00 € MEDIO BAIRD PARKER + RPF, 100 ML 13,79 € 2,21 € 16,00 € MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 100 ML 3,45 € 0,55 € 4,00 € MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 200 ML 6,90 € 1,10 € 8,00 € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 100 ML 2,59 € 0,41 € 3,00 € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 200 ML 4,31 € 0,69 € 5,00 € 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3. Autorizar o gasto polo importe máximo de 164.000,00 euros, con cargo á correspondente partida do orzamento provincial para o exercicio de 2009. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do subministro de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2009, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 143.2 da citada Lei 30/2007. 5. A adxudicación definitiva dos diversos lotes de reactivos para o laboratorio da finca Mouriscade durante o ano 2009 quedará condicionada á aprobación definitiva do Orzamento provincial para o exercicio de 2009 e á existencia de crédito adecuado e suficiente en dito orzamento para financiar as obrigas derivadas destes contratos. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE DIVERSOS TIPOS DE REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE DURANTE O ANO 2009. 1.- OBXECTO.- O subministro de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade de conformidade coas características que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado pola Xefa do Servizo da Finca Mouriscade e desagregado nos seguintes lotes: LOTE Nº 1.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISE DE PENSOS E MATERIAS PRIMAS.  SOLUCIÓN ÁCIDA DETERXENTE RE 5 LITROS  SOLUCIÓN NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS  POTASIO HIDRÓXIDO 0.23 N 5 LITROS SV  SULFÚRICO 0.1275 M SV 5 LITROS  SODIO HIDRÓXIDO 32% PA 5 LITROS  POTASIO SULFATO PA 5 KG  COBRE II SULFATO V-HIDRATO 500G PA  ÁCIDO BÓRICO 4% 5 LITROS RV  ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.1N SV 1 LITRO  ÁCIDO SULFÚRICO 95-97% PA 2.5 LITROS  ETER PETROLEO 40-60º PA 5 LITROS  ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.310 M (1.128%P/V) SV 5 LITROS  CLORURO DE CESIO PA 100 G  ÁCIDO CLORHÍDRICO 37% 1 LITRO  ACETONA, P. SINTESIS 5 LITROS  ÁCIDO ACÉTICO GLACIAL, PA 1 LITRO  ÁCIDO CLORHÍDRICO, SOLUCIÓN 3 mol/l (3 N), 10 LITROS  ÁCIDO NÍTRICO MIN. 65 %, PA  AMONIO TIOCIANATO 0,1 M (0,1 N), SV x 1 LITRO  ETER DIETÍLICO, PA 5 LITROS  FERRO (III) AMONIO SULFATO 12 HIDRATO, SOL. SATURADA, 1 LITRO  PRATA NITRATO, 0,1 N, SV 1 LITRO  REACTIVO CARREZ I , 5 LITROS  REACTIVO CARREZ II, 5 LITROS  SODIO HIDRÓXIDO 0,01 M (0,01 N), SV x 1 LITRO  SODIO HIDRÓXIDO, SOLUCIÓN 0,1 MOL/L (0,1), SV 1 LITRO  SODIO SULFITO, PA 1 KG LOTE Nº 2.- REACTIVOS PARA A DETERMINACIÓN DE SALMONELA SSP EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS OU OUTROS ALIMENTOS SEGUINDO O PROTOCOLO DO EQUIPO MINIVIDAS EXISTENTE NO CENTRO.  CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOIA 20X10 ML  CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML  CALDO M 20X10 ML  VIDAS Inmuno - Concentratión Salmonela (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS  VIDAS Salmonela (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIÓNS LOTE Nº 3.- REACTIVOS PARA A IDENTIFICACIÓN DE XERMES E REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMAS EN MOSTRAS DE LEITE, SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DO EQUIPO VITEK 2 DE QUE DISPÓN O CENTRO.  TARXETAS DE IDENTIFICACIÓN E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XÉRMES, CAIXA DE 20 UNIDADES LOTE Nº 4.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE VARIAS DETERMINACIÓNS MICROBIOLÓXICAS EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS E OUTRAS MATRICES.  AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 3 L  AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 5 L  MEDIO CROMOXÉNICO PARA E. COLI ,AGAR 100 ML  MEDIO CROMOXÉNICO PARA E. COLI ,AGAR 200 ML  MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 100 ML  MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 200 ML  MEDIO BAIRD PARKER + RPF, 100 ML  MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 100 ML  MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 200 ML  MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 100 ML  MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 200 ML O subministro destes reactivos poderá ser ampliado sempre que exista consignación no Orzamento do exercicio de 2009 e informe favorable de Intervención, previa autorización do órgano de contratación, mantendo o prezo de adxudicación do procedemento aberto. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á correspondente partida do orzamento provincial para o exercicio do ano 2009 quedando condicionada a adxudicación á existencia do crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigacións derivadas deste contrato. O crédito máximo a reservar para cada un dos lotes é o que figura detallado na cláusula 5ª deste prego. 3.- PAGO.- O pago do prezo do subministro efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado o subministro e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PRAZO E LUGAR DE ENTREGA.- O subministro dos reactivos efectuarase na Finca Mouriscade sita no termo municipal de Lalín (Pontevedra), nun prazo de 24 horas dende que o persoal do laboratorio o solicite, durante o ano 2009. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario, tal como sinala o artigo 273 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- Ante a imposibilidade de determinar a cantidade exacta de reactivos que se precisan utilizar durante o ano 2009, o orzamento do contrato fíxase nas cantidades máximas que figuran para cada un dos lotes, sen embargo a adxudicación efectuarase en base ós prezos unitarios, por cada tipo de reactivos, que oferten os licitadores, cuxo tipo máximo de licitación se establece nas seguintes cantidades: LOTE Nº 1.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISE DE PENSOS E MATERIAS PRIMAS.................................ATA UN MÁXIMO DE 58.000,00 EUROS. TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) SOLUCIÓN ÁCIDA DETERXENTE RE 5 LITROS 38,79 € 6,21 € 45,00 € SOLUCIÓN NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS 30,17 € 4,83 € 35,00 € POTASIO HIDRÓXIDO 0.23 N 5 LITROS SV 27,59 € 4,41 € 32,00 € SULFÚRICO 0.1275 M SV 5 LITROS 39,66 € 6,34 € 46,00 € SODIO HIDRÓXIDO 32% PA 5 LITROS 27,59 € 4,41 € 32,00 € POTASIO SULFATO PA 5 KG 71,55 € 11,45 € 83,00 € COBRE II SULFATO V-HIDRATO 500G PA 15,52 € 2,48 € 18,00 € ÁCIDO BÓRICO 4% 5 LITROS RV 40,52 € 6,48 € 47,00 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.1N SV 1 LITRO 6,90 € 1,10 € 8,00 € ÁCIDO SULFÚRICO 95-97% PA 2.5 LITROS 22,41 € 3,59 € 26,00 € ETER PETRÓLEO 40-60º PA 5 LITROS 51,72 € 8,28 € 60,00 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.310 M (1.128%P/V) SV 5 LITROS 23,28 € 3,72 € 27,00 € CLORURO DE CESIO PA 100 G 99,14 € 15,86 € 115,00 € ÁCIDO CLORHÍDRICO 37% 1 LITRO 10,34 € 1,66 € 12,00 € ACETONA, P. SÍNTESIS 5 LITROS 34,48 € 5,52 € 40,00 € ÁCIDO ACÉTICO GLACIAL, PA 1 LITRO 18,10 € 2,90 € 21,00 € ÁCIDO CLORHÍDRICO, SOLUCIÓN 3 mol/l (3 N), 10 LITROS 68,97 € 11,03 € 80,00 € ÁCIDO NÍTRICO MIN. 65 %, PA 15,52 € 2,48 € 18,00 € AMONIO TIOCIANATO 0,1 M (0,1 N), SV x 1 LITRO 15,52 € 2,48 € 18,00 € ETER DIETÍLICO, PA 5 LITROS 81,90 € 13,10 € 95,00 € FERRO (III) AMONIO SULFATO 12 HIDRATO, SOL. SATURADA, 1 LITRO 38,79 € 6,21 € 45,00 € PRATA NITRATO, 0,1 N, SV 1 LITRO 27,59 € 4,41 € 32,00 € REACTIVO CARREZ I , 5 LITROS 73,28 € 11,72 € 85,00 € REACTIVO CARREZ II, 5 LITROS 73,28 € 11,72 € 85,00 € SODIO HIDRÓXIDO 0,01 M (0,01 N), SV x 1 LITRO 10,34 € 1,66 € 12,00 € SODIO HIDRÓXIDO, SOLUCIÓN 0,1 MOL/L (0,1), SV 1 LITRO 10,34 € 1,66 € 12,00 € SODIO SULFITO, PA 1 KG 17,24 € 2,76 € 20,00 € LOTE Nº 2.- REACTIVOS PARA A DETERMINACIÓN DE SALMONELA SSP EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS OU OUTROS ALIMENTOS SEGUINDO O PROTOCOLO DO EQUIPO MINIVIDAS EXISTENTE NO CENTRO............ATA UN MÁXIMO DE 50.000,00 EUROS. TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOIA 20X10 ML 21,55 € 3,45 € 25,00 € CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML 21,55 € 3,45 € 25,00 € CALDO M 20X10 ML 20,69 € 3,31 € 24,00 € VIDAS Immuno - Concentratión Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 225,00 € 36,00 € 261,00 € VIDAS Salmonela (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 283,62 € 45,38 € 329,00 € LOTE Nº 3.- REACTIVOS PARA A IDENTIFICACIÓN DE XERMES E REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMAS EN MOSTRAS DE LEITE, SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DO EQUIPO VITEK 2 DE QUE DISPÓN O CENTRO.............................ATA UN MÁXIMO DE 16.000,00 EUROS TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) TARXETAS DE IDENTIFICACIÓN E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES, CAIX DE 20 UNIDADES. 118,10 € 18,90 € 137,00 € LOTE Nº 4.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE VARIAS DETERMINACIÓNS MICROBIOLÓXICAS EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS E OUTRAS MATRICES...............ATA UN MÁXIMO DE 40.000,00 EUROS. TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 3 L 16,38 € 2,62 € 19,00 € AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 5 L 21,55 € 3,45 € 25,00 € MEDIO CROMOXÉNICO PARA E. COLI, AGAR 100 ML 4,40 € 0,70 € 5,10 € MEDIO CROMOXÉNICO PARA E. COLI, AGAR 200 ML 8,62 € 1,38 € 10,00 € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 100 ML 2,33 € 0,37 € 2,70 € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 200 ML 4,31 € 0,69 € 5,00 € MEDIO BAIRD PARKER + RPF, 100 ML 13,79 € 2,21 € 16,00 € MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 100 ML 3,45 € 0,55 € 4,00 € MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 200 ML 6,90 € 1,10 € 8,00 € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 100 ML 2,59 € 0,41 € 3,00 € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 200 ML 4,31 € 0,69 € 5,00 € 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 66 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 49 de devandita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizou a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigacións que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Os licitadores interesados en participar na adxudicación deste contrato quedan dispensados da constitución da garantía provisional en consonancia co disposto no artigo 91 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles contados a partir do seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obrigación, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, nese caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no parágrafo anterior. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN. 9.1º.-Lugar e prazo de presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (sede de Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), en horario de 9 a 13 horas, durante un prazo de quince días naturais (artigo 143.2 da LCSP), a contar dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: “Proposición económica para participar no procedemento aberto para a contratación da subministración de diversos reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2009”. Neste sobre incluirase a documentación obxecto de ser valorada neste procedemento aberto, polo que no mesmo deberá figurar a seguinte documentación: 1. Oferta económica segundo o modelo que figura na cláusula final do prego. 2. Melloras ofertadas. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir ningunha proposta de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicional polo empresario do contido da totalidade de devanditas cláusulas ou condicións, sen excepción ou reserva algunha. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: “Documentos xerais para participar no procedemento aberto para a contratación da subministración de diversos reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2009”. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado. 3. Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4. Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Declaración de cifras de negocio globais das subministracións realizadas nos tres últimos exercicios. c) Declaración do material, instalacións e equipo técnico do que dispoña o empresario para a realización do contrato. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos apartados anteriores (puntos 1, 2 e 5) poderase realizar mediante a certificación, orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada do seguinte xeito: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Deputación. -O Interventor da Deputación. -A Xefa do Servizo da Finca Mouriscade. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Deputación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores no sobre B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, en acto público, o Presidente da Mesa de Contratación procederá á apertura do sobre A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios que servirán de base para a adxudicación deste procedemento aberto, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1. Menor prezo ofertado, ata un máximo de seis puntos. Puntuándose en función da seguinte fórmula: P = (L-O)*6/(L-B) Onde: * P: Puntuación * L: Orzamento de Licitación * O: Oferta do licitador * B: Oferta máis baixa das consideradas 2. Melloras ofertadas, ata un máximo de catro puntos. Para a súa valoración teranse en conta as seguintes: - A cantidade de reactivos sen cargo. - Outras melloras. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, á vista da proposta da Mesa de Contratación, clasificará as proposicións presentadas e admitidas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra (www.depo.es). 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometeron a dedicar ou adscribir á execución do contrato, que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. No obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizara o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación de Pontevedra difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 18.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista estará obrigado a entregar os reactivos que solicite o persoal do laboratorio da Finca Mouriscade, todo iso no tempo e lugar fixados no contrato e de conformidade coas prescricións técnicas e cláusulas administrativas. O adxudicatario non terá dereito a indemnización por causa de perdas, avarías ou prexuízos ocasionados nos reactivos antes da súa entrega á Deputación de Pontevedra, salvo que esta incorrese en mora ó recibilos. 19.- GARANTÍA E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS OU DEFECTOS DURANTE O PRAZO DE GARANTÍA.- O prazo de garantía fíxase ata o 31 de xaneiro de 2010. Se durante o prazo de garantía se acreditase a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados terán dereito a Administración a reclamar do contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación de ditos bens non serán bastantes para lograr aquel fin, poderá, antes de expirar dito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obriga de pago ou tendo dereito, no seu caso, á recuperación do prezo satisfeito. Terminado o prazo de garantía sen que a Administración teña formalizado algún dos reparos ou a denuncia a que nos referimos, o contratista quedará exento de responsabilidade por razón dos bens subministrados. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 206 e 275 da LCSP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 22.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don..................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa.........................con C.I.F. número................ e domicilio en ...................., teléfono.................... fax.................segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Estando interesado en tomar parte no procedemento aberto con multiplicidade de criterios convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra para a “Subministración de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade durante o ano 2009, lote número......................”, fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas económicas-administrativas e técnicas que rexe dito contrato e que se compromete a realizar a subministración con subxección ó mesmo, de acordo ó seguinte detalle: LOTE Nº 1.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISE DE PENSOS E MATERIAS PRIMAS.................................ATA UN MÁXIMO DE 58.000,00 EUROS. TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) SOLUCIÓN ÁCIDA DETERXENTE RE 5 LITROS SOLUCIÓN NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS POTASIO HIDRÓXIDO 0.23 N 5 LITROS SV SULFÚRICO 0.1275 M SV 5 LITROS SODIO HIDRÓXIDO 32% PA 5 LITROS POTASIO SULFATO PA 5 KG COBRE II SULFATO V-HIDRATO 500G PA ÁCIDO BÓRICO 4% 5 LITROS RV ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.1N SV 1 LITRO ÁCIDO SULFÚRICO 95-97% PA 2.5 LITROS ETER PETRÓLEO 40-60º PA 5 LITROS ÁCIDO CLORHÍDRICO 0.310 M (1.128%P/V) SV 5 Litros CLORURO DE CESIO PA 100 G ÁCIDO CLORHÍDRICO 37% 1 LITRO ACETONA, P. SÍNTESIS 5 LITROS ÁCIDO ACÉTICO GLACIAL, PA 1 LITRO ÁCIDO CLORHÍDRICO, SOLUCIÓN 3 mol/l (3 N),10Litros ÁCIDO NÍTRICO MIN. 65 %, PA AMONIO TIOCIANATO 0,1 M (0,1 N), SV x 1 LITRO ETER DIETÍLICO, PA 5 LITROS FERRO (III) AMONIO SULFATO 12 HIDRATO, SOL. SATURADA, 1 LITRO PRATA NITRATO, 0,1 N, SV 1 LITRO REACTIVO CARREZ I , 5 LITROS REACTIVO CARREZ II, 5 LITROS SODIO HIDRÓXIDO 0,01 M (0,01 N), SV x 1 LITRO SODIO HIDRÓXIDO, SOLUCIÓN 0,1 MOL/L (0,1), SV 1 LITRO SODIO SULFITO, PA 1 KG LOTE Nº 2.- REACTIVOS PARA A DETERMINACIÓN DE SALMONELA SSP EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS OU OUTROS ALIMENTOS SEGUINDO O PROTOCOLO DO EQUIPO MINIVIDAS EXISTENTE NO CENTRO............ATA UN MÁXIMO DE 50.000,00 EUROS. TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOJA 20X10 ML CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML CALDO M 20X10 ML VIDAS Immuno - Concentratión Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS VIDAS Salmonela (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIÓNS LOTE Nº 3.- REACTIVOS PARA A IDENTIFICACIÓN DE XERMES E REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMAS EN MOSTRAS DE LEITE, SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DO EQUIPO VITEK 2 DE QUE DISPÓN O CENTRO...........ATA UN MÁXIMO DE 16.000,00 EUROS TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) TARXETAS DE IDENTIFICACIÓN E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XERMES, CAIX DE 20 UNIDADES. LOTE Nº 4.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE VARIAS DETERMINACIÓNS MICROBIOLÓXICAS EN PENSOS, MATERIAS PRIMAS E OUTRAS MATRICES.................................................ATA UN MÁXIMO DE 40.000,00 EUROS. TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 3 L AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 5 L MEDIO CROMOXÉNICO PARA E. COLI ,AGAR 100 ML MEDIO CROMOXÉNICO PARA E. COLI ,AGAR 200 ML MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 100 ML MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 200 ML MEDIO BAIRD PARKER + RPF, 100 ML MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 100 ML MEDIO XELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 200 ML MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 100 ML MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 200 ML Melloras ofertadas (achegar documentación para valorar as mesmas. (Data e sinatura do propoñente)”. ------ Folla: 12.16707.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN NÚMERO 1 DA OBRA “SINALIZACIÓN EP 8001 CALDAS-CARRACEDO-CATOIRA (CALDAS DE REIS-CATOIRA)” Vista a certificación núm. 1 relativa á obra da “Sinalización EP 8001 Caldas – Carracedo – Catoira (Caldas de Reis - Catoira)”, adxudicada no seu día á Empresa Barreras de Seguridad, S.L. e visto o informe favorable do servizo de Intervención de data 7 de novembro e así mesmo de acordo coa Base 17ª de execución do orzamento provincial 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: BARRERAS DE SEGURIDAD, S.L. (CIF. A-32.204.620) 08/511.511-612.02 (Deputación) 194.374,21 € SUBTOTAL ………. 194.374.21 € Taxa Técnicos Directores (4 %) 5.632,40 € Control de calidade (0.28%) 394,27 € Seguridade e Saúde (0.72%) 1.013,83 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR ……………….. 187.333,71 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes ós técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. ------ Folla: 13.16708.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA Mª CARMEN VIDAL RODRÍGUEZ EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DON MANUEL QUINTÁNS EIRÍN, POR DANOS EN VEHÍCULO NA RÚA ARÍS DE POIO Dada conta que con data de rexistro 03/04/2008 (nº 012976) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Mª María del Carmen Vidal Rodríguez en nome e representación de D. Manuel Quintáns Eirín, con enderezo de notificacións en rúa Oliva nº 6-3ºC de Pontevedra, por danos padecidos en automóbil da súa propiedade, matrícula 4490 BGG na rúa Arís de Poio o día 13/10/2007, por importe de 6.004,58 €. Resultando.- Que con data 04/04/2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 05/05/2008, co seguinte contido: “... 1. La calle Arís, en Poio, forma parte de la carretera provincial 0607 C-550-Convento-Arís-Sartal. 2. Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, en fechas anteriores o posteriores a la que es objeto del presente informe. 3. Es cierto que el ayuntamiento de Poio puso en conocimiento de la Diputación Provincial de Pontevedra –a través de dos escritos con fecha 15 de marzo y 8 de mayo del 2007– el deterioro de un tramo del vial de referencia a consecuencia de la erosión producida por las aguas, deterioro que fue objeto de reparación en su día empleando mezcla bituminosa en frío. 4. Por último señalar que en el atestado levantado por la policía local de Poio se indica literalmente “…se pode observar que o asfalto cedeu posiblemente a consecuencia de que por dita cuneta discorren augas fluviales as cales foron arrastrando o recheo que existe debaixo do asfalto deixando a este oco, provocando así a caída do vehículo en dita cuneta”. Considerando que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70,30,31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando que o consignado no informe resulta suficiente no presente suposto para apreciar a responsabilidade desta Deputación ó resultar probada a relación de causalidade esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 29/93. Considerando que con data 02/12/2008 emitiuse documento RC pola Intervención desta Deputación Provincial. Considerando que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando que neste caso cumpriméntanse os requisitos esixidos no artigo 139.1 e 2 da Lei 30/92, é dicir, dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado en relación ó prexudicado, e 2, apartado 1, do R.d. 429/93, que aprobou o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial, o que, unido á proba da relación de causalidade, impón no presente suposto a apreciación de responsabilidade patrimonial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º.- Estimar a reclamación presentada por Dona Mª Carmen Vidal Rodríguez en nome e representación de D. Manuel Quintáns Eirín, con NIF nº 35.296.097-K, por danos en automóbil da súa propiedade marca Seat Ibiza matrícula 4490-BGG, como consecuencia do fundamento do firme no borde da rúa Arís de Poio, valorados en 6.004,58 €. 2º.- En consecuencia, aprobar o gasto, recoñecer a obriga e declarar de aboo a citada cantidade de 6.004,58 € con cargo a partida 08/511.511.210.00 do orzamento segundo documento RC da Intervención de data 02/12/2008, sometido á condición suspensiva da achega polo interesado de copia autenticada do NIF ou CIF así como número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria así como factura orixinal ou debidamente cotexada, no prazo de DEZ DÍAS a partir da notificación de presente acordo. 3º.- Dar traslado do presente acordo a CASER, con enderezo na rúa Rosalía de Castro, nº 2 de Pontevedra, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita, proceda ó ingreso da cantidade de 5.404,58 €, unha vez descontado o importe establecido na mesma como franquía de 600,00 €, na conta que esta Deputación ten aberta na entidade CAIXANOVA co número 2080.0401.68.0040106618. 4º.- Dar traslado así mesmo ó interesado a Intervención e á Tesourería, ós efectos oportunos. ------ Folla: 14.16709.-COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 15.16710.- REPARTO DAS AXUDAS ECONÓMICAS PARA OS CULTIVOS BAIXO ABRIGO E Ó AIRE LIBRE NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA-08 Dada conta das Bases reguladoras das axudas económicas para os Cultivos Baixo Abrigo e Aire Libre da Provincia de Pontevedra – 2008, aprobadas na sesión da Xunta de Goberno celebrada o día 02/07/08 e publicadas no BOP o 11/08/08. Vistos os informes emitidos polo enxeñeiro técnico do servizo Agrario e do servizo de Intervención e a restante documentación que obra nos expedientes. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o reparto das axudas económicas ós cultivos baixo abrigo e ó aire libre da Provincia de Pontevedra- 2008, por un importe total de 150.000,00 € e con cargo á partida 08/711.711.789.00, documento RC nº:200800043272, da forma que figuran no seguinte listado: PROGRAMA DE AXUDAS ÓS CULTIVOS BAIXO ABRIGO E Ó AIRE LIBRE 2008 SOLICITANTE / SUP. BAIXO AGRIGO / SUP. AIRE LIBRE / FINALIDADE / SUBVENCIÓN / INVERSIÓN CÁRITAS VILAGARCÍA 1.000 m2. 1.700 m2. 1.000 m2. PLÁSTICO TÉRMICO 1.700 m2. REGO. A.L. 755 € 1.510 € JUAN M. PREGO VÁZQUEZ 1.000 m2.1.000 m2. PLÁSTICO TÉRMICO. 1.000 m2. MANTA ANTIHERBA. 725 € 1.450 € CONSTANTINA SOTELO ARES 1.160 m2. 1.500 m2. 600 m2. PLÁSTICO TÉRMICO. 1.500 m2. REGO A.L. 1.500 m2. PLÁSTICO ACOLCHADO A.L. 1.500 m2. MALLA ENTUTORAR. A.L. 805 € 1.610 € ROSA CHAVES PADÍN 1.800 m2. 1.800 m2. PLÁSTICO TÉRMICO 800 m2. REGO. 420 m2. MANTA ANTIHERBA. 600 m2. PLÁSTICO ACOLCHADO. 1.190 € 2.380 € CARMEN VIEITES RIBADOMAR 2.040 m2. * 540 m2. PLÁSTICO TÉRMICO. 270 € 540 € FLORENTINA PÉREZ PONTE 1.000 m2. * 3.000 m2. 580 m2. PLÁSTICO TÉRMICO. 580 m2. MANTA ANTIHERBA. 3.000 m2. MALLA ENTUTORAR. A.L. 605 € 1.210 € Mª JOSÉ VARELA MOSTEIRO 1.480 m2. 1.480 m2. PLÁSTICO TÉRMICO 1.480 m2. REGO. 960 € 1.920 € Mª CARMEN ARAGUNDE ABALO 1.200 m2. 1.500 m2. * 1.200 m2. REGO. 600 m2. MANTA ANTIHERBA. 500 m2. MALLA ENTUTORAR. A.L. 345 € 690 € MERCEDES CHAVES BLANCO 2.100 m2. * 700 m2. PLÁSTICO TÉRMICO. 700 m2. REGO. 1.400 m2. MANTA ANTIHERBA. 2.000 m2. MALLA ENTUTORAR. 895 € 1.790 € VICENTE GRANDE REBOEIRAS 1.300 m2. 2.500 m2. * 1.300 m2. PLÁSTICO TÉRMICO. 1.300 m2. MANTA ANTIHERBA. 1.600 m2. MANTA ANTIHERBA.A.L. 1.300 € 2.600 € ISABEL C. OSORIO RAMÍREZ 1.050 m2. 1.500 m2. * 1.050 m2. PLÁSTICO TÉRMICO BOMBA 800 m2. REGO. A.L. 800 m2. MANTA ANTIHERBA. A.L. 1.125 € 2.250 € MARINA AMIL ESTÉVEZ 2.230 m2. 2.230 m2. PLÁSTICO TÉRMICO 2.230 m2. REGO. 1.450 € 2.900 € RAMÓN MONTOTO PÉREZ 3.900 m2. * 1.600 m2. PLÁSTICO TÉRMICO. 1.600 m2. MANTA ANTIHERBA. VÉNTURI ( 2 ) 1.310 € 2.620 € ROSA RODRÍGUEZ FEIJOO 7.000 m2. * 1.470 m2. MANTA ANTIHERBA. 330 € 660 € JUAN CALO NÚÑEZ 1.080 m2. * 2.580 m2. 450 m2. PLÁSTICO TÉRMICO. 745 m2. MANTA ANTIHERBA. 2.430 m2. REGO. A.L. 775 € 1.550 € Mª CRUZ CHAVES AMIL 1.700 m2. 1.500 m2. 1.700 m2. PLÁSTICO TÉRMICO. 1.700 m2. REGO + VÉNTURI. 1.700 m2. PLÁSTICO ACOLCHADO. 1.500 m2. MANTA ANTIHERBA. A.L. 1.730 € 3.460 € BENITO ALBA EIRÍN 1.800 m2. 2.400 m2. 1.800 m2. PLÁSTICO TÉRMICO. 1.008 m2. REGO + BOMBA. 1.200 m2. PLÁSTICO ACOLCHADO.A.L 1.600 m2. MANTA ANTIHERBA.A.L 1.860 € 3.720 € ROSA CALO PAZ 1.000 m2. * 600 m2. PLÁSTICO TÉRMICO. 300 € 600 € ROSA REY RODRÍGUEZ 1.100 m2. * 1500 m2. * 486 m2. PLÁSTICO TÉRMICO. 945 m2. MANTA ANTIHERBA. 486 m2. REGO. 800 m2. MALLA ENTUTORAR.A. L. 580 € 1.160 € CARMEN PAZOS CHARLÍN 1.460 m2. * 580 m2. PLÁSTICO TÉRMICO. 1.030 m2. MANTA ANTIHERBA. 1.460 m2. REGO. 740 € 1.480 € ALBERTO QUINTÁNS CORES 1.430 m2. * 400 m2. PLÁSTICO TÉRMICO. 200 € 400 € J. EMILIO ALMEIDA FRESCO 1.550 m2. * 530 m2. PLÁSTICO TÉRMICO. 1.550 m2. REGO. 1.740 m2. MANTA ANTIHERBA. BOMBA 1.185 € 2.370 € ANGELES PIRAS LEDE 1.200 m2. * 1.200 m2. PLÁSTICO TÉRMICO 1.200 m2. REGO. 1.200 m2. MANTA ANTIHERBA. 1.200 m2. MALLA ENTUTORAR. 1.125 € 2.250 € ISIDORO ABAL CASTRO 1.080 m2. 1.080 m2. PLÁSTICO TÉRMICO. 540 € 1.080 € CARMEN VIÑAS PORTAS 1.270 m2. * 1.270 m2. PLÁSTICO TÉRMICO 1.270 m2. REGO. 1.270 m2. PLÁSTICO ACOLCHADO. 985 € 1.970 € CARLOS SABARÍS CORES 3.200 m2. 2.300 m2. PLÁSTICO TÉRMICO. 3.200 m2. REGO. 2.000 m2. MANTA ANTIHERBA. 2.080 € 4.160 € Mª CARMEN POZA FARIÑA 1.200 m2. * 1.500 m2. 600 m2. PLÁSTI

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición