ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2008/12/30_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.377/2.2008-12-30_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2008/12/30_Ordinaria

  • Data(s) 2008-12-30 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e dez minutos do día trinta de decembro do ano dous mil oito, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: ------ Folla: 1.16795.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 10 de decembro de 2008. ------ Folla: 2.16796.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “BEIRARRÚAS, SERVIZOS E ALUMEADO E.P. 8503 CORDEIRO-SENÍN (VALGA) FASE II” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 29 de outubro de 2008, prestouse aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Beirarrúas, servizos e alumeado en E.P. 8503 Cordeiro – Senín (Valga) fase II”, por un importe de 550.833,66 €, IVE incluído. Resultando que, con data 9 de decembro, reuniuse a Mesa de Contratación para proceder a examinar a documentación e proposicións das seguintes empresas admitidas: Sercoysa Proyectos y Obras, S.A.; Indeza Edificación y Obra Civil, S.L.; Ute Construcciones Eiriña, S.L.- Imesapi, S.A.; Ute Instalaciones Eléctricas de Sanxenxo – Pavimentos de Meaño, S.L.; Construccións, Obras E Viais, S.A.; Construccións Crespo, S.A.; Construcciones Vale, S.L., Ibersilva, S.A.; Ute Belypa Construcciones, S.L. – Cymel, S.L.; Ute Antalsis Construcción e Servizos, S.L. e Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L. Resultando que polo Director de Infraestruturas emítese informe relativo ás diversas ofertas presentadas de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeron no procedemento aberto, estimando a oferta máis vantaxosa a formulada por Ute Instalaciones Eléctricas de Sanxenxo – Pavimentos de Meaño, S.L. Resultando que a Mesa de Contratación, reunida o día 26 de decembro, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas, fórmula proposta de adxudicación da obra a favor de Ute Instalaciones Eléctricas de Sanxenxo – Pavimentos de Meaño, S.L. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a Ute Instalaciones Eléctricas de Sanxenxo – Pavimentos de Meaño, S.L. a obra de “Beirarrúas, servizos e alumeado E.P. 8503 Cordeiro – Senín (Valga) Fase II”, na suma de 387.008,13 €, máis 61.921,30 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de 6 meses e o 2 % do presuposto de execución material para control de calidade. A empresa proposta obtivo a maior puntuación segundo os criterios de adxudicación establecidos no prego de condicións e cumprir con todos os requisitos esixidos no procedemento. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no art. 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 19.350,41 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. O contrato financiarase con cargo á partida 08/511.511.612.02 do vixente presuposto provincial. Así mesmo, ingresará na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 17 do prego de condicións económico-administrativas que rexeron o concurso, a cantidade de 120,47 €, en concepto de gastos de anuncio no BOP. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, considerarase elevada a definitiva esta adxudicación. ------ Folla: 3.16797.- INFORME EN RELACIÓN CO ESTUDO INFORMATIVO COMPLEMENTARIO DO ACCESO NORTE A VIGO DO TRAMO VIGO-PONTEVEDRA DO EIXE ATLÁNTICO DE ALTA VELOCIDADE QUE REMITE A DIRECCIÓN XERAL DE FERROCARRÍS DO MINISTERIO DE FOMENTO Retírase da orde do día pendente de mellor estudo o expediente relativo ó “Informe en relación co estudo informativo complementario do acceso norte a Vigo do tramo Vigo-Pontevedra do eixe atlántico de alta velocidade que remite a Dirección Xeral de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento”. ------ Folla: 4.16798.- COMUNICACIÓNS. Non houbo. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 5.16799.- PROPOSTA DE REPARTO DAS AXUDAS ECONÓMICAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES, FEDERACIÓN PROVINCIAL E ASOCIACIÓNS DE CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA -2008 Dada conta das Bases Reguladoras das axudas económicas a confrarías de pescadores, Federación Provincial e asociacións de confrarías de pescadores da provincia de Pontevedra - 2008, aprobadas na sesión da Xunta de Goberno celebrada o día 24/09/2008 e publicadas no BOP de data 21/10/08, número 204, páxina 46, anuncio 2008010346. Vistos os informes emitidos polo enxeñeiro director do Servizo Agrario, a bióloga da Sección de Pesca e Asuntos Mariños e da Intervención e a restante documentación que obra nos expedientes. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o reparto das axudas económicas a confrarías de pescadores, Federación Provincial e asociacións de confrarías de pescadores da provincia de Pontevedra - 2008, por un importe total de cento dezaseis mil noventa e tres euros (116.093,00 €) e con cargo á partida 08/711.711.779.02 da forma na que figuran no listado que se achega. “AXUDAS A CONFRARÍAS DE PESCADORES, FEDERACIÓN PROVINCIAL E ASOCIACIÓN DE CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA. ANO 2008 CONFRARÍA CONCELLO INVERSIÓN ORZAMENTO AXUDA C.P. SANTA TECLA C.I.F.: G36014173 A GUARDA PC´s e monitores 4.384,80 REXEITADA C.P. SANTA TECLA C.I.F.: G36014173 A GUARDA Equipamento lonxa Palets, chan, etiquetadora 8.865,27 4.432,63 € C.P. SANTA TECLA C.I.F.: G36014173 A GUARDA Mellora edificio social Rep. Fogar Pensionista 14.024,89 7.012,44 € C.P. SAN JUAN GF36010916 REDONDELA Equipamento vixilancia Reparación lanchas – GPS 2.170,82 1.085,41 € C.P. SAN JUAN GF36010916 REDONDELA Reparación guindastre galeón 11.379,60 5.689,80 € C.P. SAN JUAN GF36010916 REDONDELA Reparación rampa varadero 1.983,60 991,80 € C.P. VIRXE DO CARME G36012821 ARCADE SOUTOMAIOR Motor 50 Hp para embarcación de transporte e vixilancia 8.187,28 4.093,64 € C.P. VIRXE DO CARMEG36012821 ARCADE SOUTOMAIOR Equipamento lonxa Báscula 1.359,40 679,70 € C.P. VIRXE DO CARMEG36012821 ARCADE SOUTOMAIOR Mellora edificio social Armario oficinas 2.436,00 1.218,00 € FEDERACIÓN PROVINCIAL G36621282 ARCADE SOUTOMAIOR Mellora edificio social Mobiliario 10.275,28 5.137,64 € C.P. SAN MARTÍN G36015212 MOAÑA Equipamento lonxa Etiquetadora 3.949,80 1.975,00 € C.P. SAN XOSÉ G36014389 CANGAS Equipamento vixilancia Casco embarcación 42.224,00 12.000,00 € C.P. SAN CIPRÍANO F36007714 ALDÁN CANGAS Equipamento lonxa Adquisición de caixas Mellora do edificio 5.280,32 2.640,16 € C.P. SAN MARTIÑO G36013712 BUEU Equipamento vixilancia Adquisición motor 27.552,32 12.000,00 € C.P. SAN MARTIÑO G36013712 BUEU Mellora edificio social Mobiliario 5.054,39 2.527,19 € C.P. SAN TELMO G36016962 PONTEVEDRA Mellora edificio social Saneamento exterior 17.519,71 8.759,85 € LONXA DE CAMPELO G36362879 POIO Equipamento lonxa Mesa clasificadora, palets, losetas 6.459,90 3.229,95 € C.P. SAN GREGORIO G39020261 POIO Mellora edificio social 8.808,50 4.404,25 € C.P. SAN GREGORIO G39020261 POIO Semente 6.000,00 REXEITADA C.P. SAN ROQUE G36012839 PORTONOVO SANXENXO Mellora edificio social Rep. Fogar Pensionista 1.950,00 975,00 € C.P. SAN ANTONIO B36012847 CAMBADOS Equipamento lonxa Mesas expositoras 24.708,00 12.000,00 € C.P. SAN XULIÁN G36014124 ILLA AROUSA Mellora edificio social reparación aulas e material administración 2.315,00 1.157,50 € C.P. A PASTORIZA G36013597 VILANOVA Equipamento lonxa Caixas e cestos 4.909,70 2.454,85 € C.P. A PASTORIZA G36013597 VILANOVA Equipamento vixilancia Adquisición motor 13.612,60 6.803,60 € C.P. A PASTORIZA G36013597 VILANOVA Mellora edificio social Acondicionamento das oficinas 21.124,19 10.262,09 € C.P. SANTIAGO APOSTOL CARRIL VILAGARCÍA Equipamento vixilancia. Disp. Visión nocturna 5.076,68 2.538,34 € C.P. SANTIAGO APOSTOL CARRIL VILAGARCÍA Mellora edificio social Mobililario 4.048,40 2.024,20 € C.P. SANTIAGO APOSTOL CARRIL VILAGARCÍA Equipamento lonxa 1.136,80 REXEITADA MAR DO MORRAZO, S.COOP,GALEGA MOAÑA Equipamento lonxa Carretillo elevador 29.000,00 REXEITADA TOTAL 116.093,00 €” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.16800.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a intervención desta Deputación, de data 29 de decembro de 2008, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para execución do presuposto de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200800001641 e que conten catorce facturas, sendo a primeira de Estación de Servicio Mollabao, S.L., por importe de 5.563,92 € e a derradeira de Villalobos Ferrer, Nelson, por importe 1.840,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total .................................................................................................. 40.149,29 € Descontos do IRPF....................................................................................... 600,00 € Descontos do IVE soportado deducible................................................... 0 € Total liquido.................................................................................................... 39.549,29 € ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.16801.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE LALÍN, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS PARA A REALIZACIÓN DE DIVERSAS ACTUACIÓNS DE ESTABLECEMENTO E RECUPERACIÓN DE INFRAESTRUTURAS HIDRÁULICAS E ACONDICIONAMENTO DO RÍO PONTIÑAS O SEU PASO POLO CONCELLO DE LALÍN Visto que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra, o Concello de Lalín e a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos para a realización de diversas actuacións de establecemento e recuperación de infraestruturas hidráulicas e acondicionamento do río Pontiñas ó seu paso polo Concello de Lalín, cun custe total estimado na cantidade de setecentos trece mil trescentos cincuenta e nove euros con cincuenta e dous céntimos (713.359,52 €), financiando cada unha das tres Administracións participantes un terzo do custo total da obra, o que supón a cantidade de 237.786,50 €. E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o convenio de colaboración entre o Concello de Lalín, a Deputación Provincial de Pontevedra e a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos para a realización de diversas actuacións de establecemento e recuperación de infraestruturas hidráulicas e acondicionamento do río Pontiñas ó seu paso polo Concello de Lalín. A eficacia do convenio queda condicionada á aprobación do presuposto provincial correspondente ó ano 2009, no que se incluirá a consignación nominal deste gasto. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito Convenio é o que segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE LALÍN, A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS PARA A REALIZACIÓN DE DIVERSAS ACTUACIÓNS DE ESTABLECEMENTO E RECUPERACIÓN DE INFRAESTRUTURAS HIDRÁULICAS E ACONDICIONAMENTO DO RIO PONTIÑAS Ó SEU PASO POLO CONCELLO DE LALÍN En Santiago de Compostela, a …………de …………..…. de dous mil nove R E U N I D O S Dunha parte o Sr. D. Jose Luis Romero Valeiras na súa condición de Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, actuando en nome e representación deste ente público. Doutra o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. E doutra o Sr. D. Xosé Crespo Iglesias, na súa condición de Alcalde-Presidente do Concello de Lalín, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 61.1.a) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da administración local de Galicia. Todas as partes, na calidade en que cada unha intervén, recoñécense reciprocamente a capacidade legal para obrigarse a outorgar o presente convenio e ó efecto, E X P O Ñ E N O concello de Lalín, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 80.2 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración local de Galicia pretende acometer diversas actuacións de acondicionamento e saneamento no canle do río Pontiñas ó seu paso polo devandito concello, co obxecto de adecuar o entorno do citado río ás necesidades medioambientais esixidas pola normativa ambiental, mellorando así a calidade, neste eido, dos veciños deste concello. Pola súa banda, á Administración hidráulica de Galicia, correspóndelle, segundo dispón o artigo 4.1.ch) da lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, a regulación e o outorgamento de auxilios económicos ás corporacións locais, para a promoción, execución e explotación de obras de carácter hidráulico. A súa vez, a Deputación Provincial de Pontevedra ten entre as súas atribucións a de asistir e cooperar técnica e economicamente ós concellos. Constatadas as carencias que neste sentido ten o concello de Lalín e a necesidade de levar a cabo as distintas actuacións de implantación e recuperación de infraestruturas hidráulicas e levar a cabo o acondicionamento das marxes do río Pontiñas, sobre todo a raíz do empeoramento da situación por causa do socavón e desplome dun tramo importante da Avda. Xosé Cuíña, en concreto o que coincide coa canalización do río, e que afectou ós servizos de abastecemento, saneamento, circulación rodada acceso ó centro comercial e de ocio Pontiñas-Halley, as Administracións e entidades citadas ut supra deciden levar a cabo a citada actuación. Á vista do exposto, as partes acordan establecer o presente convenio de colaboración, segundo as seguintes C L Á U S U L A S PRIMEIRA. OBXECTO.- O concello de Lalín pretende acometer, no ámbito das súas competencias, determinadas actuacións no entorno do río Pontiñas, como son a construción dunha ponte -que sería a solución definitiva, xa que o antigo sistema de canalización do río non cumpría cos requisitos esixidos pola normativa vixente na materia-, a reposición de conducións de saneamento, a reposición e iluminación de diversas sendas, o encauzamento deste río, e outras de distinta natureza. Como queira que algunha destas actuacións, entran no ámbito de competencias da Administración Hidráulica de Galicia, é vontade da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, subscribir o presente convenio de colaboración, co obxecto de acondicionar o canle do río Pontiñas e dar solución ós problemas do sistema de saneamento que, no entorno deste río, vense producindo pola recente ruptura dun dos colectores e do sistema de impulsión. Esta situación provoca que se deba actuar con carácter urxente e xustifica plenamente a colaboración da Administración Hidráulica de Galicia para dar solución a un problema de especial interese público. O presuposto de execución desta obra estímase en setecentos trece mil trescentos cincuenta e nove euros con cincuenta e dous céntimos (713.359, 52 €, IVE incluído). Neste presuposto inclúense o presuposto de execución por contrato, os honorarios de redacción do proxecto, da dirección de obra e da coordinación de seguridade e saúde. SEGUNDA. OBRIGA DAS PARTES.- Cada unha das tres Administracións participantes neste Convenio obrígase a sufragar un terzo do custe total de realización da obra, consonte co presuposto enriba referenciado, o que supón a cantidade de 237.786,50 €. Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación do proxecto, ou incremento do seu custo, se o houbera, será financiado na mesma proporción polas Administracións participantes. Igualmente, serán beneficiarias se houbera unha baixa. ORGANISMO AUTÓNOMO AUGAS DE GALICIA Participar no financiamento destas actuacións recollidas neste convenio cunha achega de 237.786,50 € dos presupostos xerais da Comunidade Autónoma a cargo da partida orzamentaria 740., número de proxecto ................... A EPOSH reservarase o dereito de inspeccionar as obras, tanto durante a súa execución como o seu remate. CONCELLO DE LALÍN O Concello de Lalín obrígase a: 1.- Redactar o proxecto técnico das obras. 2.- O concello asumirá a realización das xestións pertinentes ante os organismos que correspondan para a obtención dos permisos, licenzas e autorizacións regulamentarias, segundo a lexislación vixente que resulte aplicable, correndo cos custos que se xeren entre os que non haberá liquidación algunha de tributo municipal á que puidera dar lugar a execución das obras, ó ser o concello o promotor e beneficiario destas actuacións. 3.- Levar a cabo as actuacións de contratación, execución, dirección, control e recepción das obras descritas no documento técnico e formalizar os actos de recepción das mesmas, así como asumir as obrigas económicas que excedan do importe reflectido na cláusula primeira. 4.- Constatar a previa dispoñibilidade dos terreos necesarios para o cumprimento dos obxectivos deste convenio. 5.- Comunicar á EPOSH a data de recepción das obras para o efecto de que envíe un representante que estará presente para o efecto do previsto no artigo 30.2, da Lei 9/2007. 6.- Comunicarlle ó Organismo Autónomo Augas de Galicia, se fose o caso, as alteracións nas condicións tidas en conta para a concesión da axuda obxecto do presente acordo e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais ós efectos de propoñer, se procedera, a modificación das condicións establecidas neste Convenio. 7.- O concello de Lalín, presta expresamente o seu consentimento, para que se lle dea, o presente convenio, a publicidade que establecen ós apartados 3 e 4 do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas practicas na Administración Publica galega, e na forma establecida, e nos rexistros públicos regulados no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, rexistros creados polos artigos 44 e 45 da lei 7/2005, do 21 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o 2006. Polo tanto, o convenio será obxecto de publicación na paxina web oficial con expresión da contía e a súa finalidade, de acordo co disposto na citada normativa. 8.- Participar no financiamento destas actuacións recollidas neste convenio cunha achega de 237.786,50 €, con cargo á partida núm. 511.601.56 do presuposto do Concello de Lalín para o ano 2008. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Segundo o establecido no artigo 36.2 b) na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local “a Deputación asegura o acceso da poboación da provincia ó conxunto dos servizos mínimos de competencia municipal e a maior eficacia e economía na prestación destes mediante calquera fórmula de asistencia e cooperación municipal. Con esta finalidade, as Deputacións poderán outorgar subvencións e axudas con cargo ós seus fondos propios para a realización e o mantemento de obras e servizos municipais que se instrumentarán a través de plans especiais ou outros instrumentos específicos”. Xa que logo a Deputación de Pontevedra comprométese a participar no financiamento destas actuacións recollidas neste convenio cunha achega de 237.786,50 €, con cargo á partida núm. 09/911.911.762.14 do presuposto do ano 2009. TERCEIRA. PROCEDEMENTO DE XESTIÓN.- A participación no financiamento da Administración hidráulica de Galicia e da Deputación de Pontevedra farase efectiva mediante transferencia bancaria ó Concello de Lalín, contra a presentación por este das certificacións de obra correspondentes. Unha vez rematadas as actuacións, por parte do concello deberá ser xustificado o cumprimento das condicións da execución, coma a consecución dos obxectivos previstos, na forma establecida nos artigo 28 e 29 da Lei 9/2007. A referida xustificación consistirá entre outras, na certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control, acreditando o cumprimento da finalidade para a que foi outorgada. Asemade, e ó tratarse dunha actividade financiada ademais de coa subvención, con fondos propios deberá acreditarse na xustificación o importe, procedencia e aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas. Todo o anterior de conformidade co disposto nos apartados 5 e 6 do mencionado artigo 28. O incumprimento desta xustificación, ou a súa xustificación insuficiente, implicará o reintegro desta axuda, nos termos fixados no artigo 33 da Lei 9/2007. CUARTA. COMISIÓN DE SEGUIMENTO.- Constituírase unha Comisión de Seguimento que estará formada por un representante de cada unha das partes. As súas funcións serán: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Interpretar, en caso de dúbida, o contido do presente convenio. - Propoñer ás partes a resolución das posibles controversias que puideran xurdir na aplicación do convenio. Esta comisión reunirase as veces que se estimen oportunas para o cumprimento do presente convenio. Todas as incidencias, que poidan xurdir deste convenio serán formuladas a través da Comisión de Seguimento, que resolverá de mutuo acordo. En todo caso, a solución das incidencias estará condicionada polas limitacións orzamentarias indicadas na cláusula primeira. QUINTA. CAUSAS DE RESOLUCIÓN.- Serán causas de resolución: a) O cumprimento do seu obxecto. b) A inviabilidade da realización das actuacións descritas neste convenio por causas non imputables ás partes. c) O incumprimento de carácter total ou parcial de calquera das cláusulas do presente convenio. Entenderase por incumprimento parcial aquel que implica en maior ou menor grao a non consecución dos fins propios do convenio ou impidan de xeito directo ou indirecto as actuacións previstas no presente convenio. SEXTA. INTERPRETACIÓN E CUMPRIMENTOS.- 1.- O presente convenio ten natureza administrativa. A sala do Contencioso-Administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia será competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse como consecuencia do mesmo. 2.- A EPOSH limitará en todo caso a súa achega económica ó pactado no presente convenio polo que non asumirá os aumentos que se puideran producir, limitándose a súa contribución económica ós limites pactados no presente convenio. 3.- En todo o non disposto por este instrumento, no que o réxime da axuda se refire, estarase o disposto na normativa de aplicación, en materia de axudas e subvencións, e mais concretamente na citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. SÉTIMA. VIXENCIA DO CONVENIO.- A vixencia deste convenio manterase ata a entrega das obras no prazo sinalado no documento técnico e en todo caso ata o 31 de decembro de 2009. Non obstante seguirá xurdindo efectos en tanto en canto non se liquiden as obrigas que puideran quedar pendentes. O presente convenio obriga ó cumprimento do expresamente pactado, someténdose todas as partes ó acordado en todas as estipulacións. Así o outorgan no lugar e data do encabezamento subscribindo o presente convenio por triplicado exemplar. O ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE LALÍN O DIRECTOR XERAL DE AUGAS DE GALICIA Xosé Crespo Iglesias Jose Luis Romero Valeiras O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, Rafael Louzán Abal” ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.16802.- CONCESIÓN DUNHA ÁREA INFANTIL E UNHA PISTA DEPORTIVE Ó CONCELLO DE RIBADUMIA A Xunta de Goberno desta Deputación, en sesión celebrada o día 19 de xaneiro de 2007, adxudicou á empresa Contenur, S.L. o concurso convocado para a subministración e instalación de parques infantís e áreas deportivas. Coa finalidade de que os concellos da provincia participaran neste plan de renovación dos parques infantís, participóuselles a posibilidade de que presentaran a solicitude correspondente, indicando os tipos de áreas que necesitaban e que asumirán o compromiso de financiar o 10% do custo de cada unha delas. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Xunta de Goberno, unha vez valoradas as peticións e en base ás memorias explicativas achegadas, acordou conceder as áreas infantís a cada un dos concellos na sesión celebrada o día 2 de marzo de 2007. O total de parques infantís concedidos foron os seguintes: ata nenos de 5 anos 93, áreas infantís tipo grande (opción A e B) 89 e áreas deportivas 53. En consecuencia, existindo parques dispoñibles para acceder á petición, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Conceder ó concello de Ribadumia unha área infantil tipo grande (opción A) e unha pista deportiva, a instalar ambas na Praza Pública de Barrantes. 2.- De conformidade coas bases da convocatoria, o concello debe achegar a cantidade de 5.280,00 € correspondentes ó 10% do custo total desta área infantil e pista deportiva e ingresala nas arcas provinciais no prazo dun mes dende a notificación deste acordo. 3.- Así mesmo, o concello deberá poñer a disposición da Deputación o terreo necesario, debidamente preparado e acondicionado, onde a empresa adxudicataria instalará a área infantil e a pista deportiva e obter a correspondente licenza municipal, se fora precisa, e tramitar ante outros Organismos as autorizacións pertinentes. O acondicionamento da parcela onde se asente o parque infantil efectuarase de acordo coas indicacións técnicas que se achegan no traslado do acordo da concesión. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.16803.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABETO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO CORPORATIVO DE TELECOMUNICACIÓNS E A CREACIÓN DUNHA REDE MULTISERVIZO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E CENTROS DEPENDENTES A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 10 de setembro de 2008, prestou aprobación ó expediente relativo á contratación, mediante procedemento aberto, do servizo corporativo de telecomunicacións e a creación da rede multiservizo da Deputación de Pontevedra e centros dependentes. Establecéronse dous lotes; o lote 1, relativo á rede de voz, datos e Internet, contando cun tipo de licitación de dous millóns sesenta e oito mil novecentos sesenta e cinco euros con cincuenta céntimos (2.068.965,52 €), máis a partida correspondente ó IVE de trescentos trinta e un mil trinta e catro euros con corenta e oito céntimos (331.034,48 €). O lote 2, relativo á rede móbil, contando cun tipo de licitación de cincocentos vinte mil cento oitenta e sete euros con cincuenta céntimos (520.187,50 €), máis a partida correspondente ó IVE de oitenta e tres mil douscentos trinta euros (83.230,00 €). O anuncio da convocatoria pública de licitación enviouse ó DOCE o 10 de setembro de 2008, e foi publicado no BOP número 179, de data 16 de setembro de 2008, e no BOE, número 232, de data 25 de setembro de 2008. Con data 4 de novembro de 2008, reuniuse a mesa de contratación para proceder a examinar a documentación e proposición das empresas presentadas ó Lote 1, TELEFÓNICA DE ESPAÑA, S.A.U. e R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A. Así mesmo, procedeuse á apertura de lote 2, sendo as seguintes empresas as que presentaron proposicións e foron admitidas ó procedemento: TELEFÓNICA MÓVILES ESPAÑA, S.A.U.; R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A. e VODAFONE, S.A.U. Exclúese a FRANCE TELECOM ESPAÑA, S.A. por non cumprir coas prescricións establecidas no Prego de Condicións económico-administrativas que rexe o procedemento. Visto o informe técnico emitido polo responsable do servizo de novas tecnoloxías valorando as distintas ofertas presentadas e admitidas, e de acordo cos criterios que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu o procedemento aberto, e vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Adxudicar provisionalmente: A) O lote 1, relativo á rede de voz, datos e Internet, á empresa R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A. (A-15.474.281) polo prezo global (catro anos) dun millón oitocentos setenta e nove mil seiscentos cincuenta e cinco euros con dezasete céntimos (1.879.655,17 €), máis a partida correspondente ó IVE de trescentos mil setecentos corenta e catro euros con oitenta e tres céntimos (300.744,83 €). A empresa proposta obtivo a maior puntuación segundo os criterios de adxudicación establecidos no prego de condicións e cumpre con todos os requisitos esixidos no procedemento. En segunda posición sitúase TELEFÓNICA DE ESPAÑA, S.A.U. B) O lote 2, relativo á rede móbil, á empresa TELEFÓNICA MÓVILES ESPAÑA, S.A.U. (A-78.923.125) polo prezo global (catro anos) de trescentos trinta e cinco mil novecentos setenta euros con vinte e oito céntimos (335.970,28 €), máis a partida correspondente ó IVE de cincuenta e tres mil setecentos cincuenta e cinco euros con vinte e catro céntimos (53.755,24 €). Os importes anuais do contrato serán os que se determinan a continuación: ANO IMPORTE, CON IVE 2009 80.420,72 € 2010 90.767,77 € 2011 102.555,14 € 2012 115.981,89 € A empresa proposta obtivo a maior puntuación segundo os criterios de adxudicación establecidos no prego de condicións e cumpre con todos os requisitos esixidos no procedemento. A orde en base á mencionada puntuación é a que segue: - TELEFÓNICA MÓVILES ESPAÑA, S.A.U. - VODAFONE, S.A.U. - R CABLE E TELECOMUNICACIONES DE GALICIA, S.A. Segundo.- Conceder ós adxudicatarios provisionais un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, con obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector publico e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se comprometeron a dedicar ou adscribir á execución do contrato. As empresas adxudicatarias deberán constituír as garantías definitivas na caixa da Deputación na forma que determina o art. 84 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, polos seguintes importes: LOTE IMPORTE 1 93.982,75 € 2 16.798,51 € Así mesmo, ingresarán na Tesourería de Deputación, de acordo coa base do prego de condicións económico-administrativas que rexeu o procedemento, as cantidades que se determinan a continuación, en concepto de gastos de anuncio no BOP: EMPRESA IMPORTE R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A 868,76 € TELEFÓNICA MÓVILES ESPAÑA, S.A.U. 218,56 € O contrato pagarase con cargo ás partidas correspondentes ós distintos centros da Deputación nas anualidades 2009, 2010, 2011 e 2012, con arranxo ás seguintes cantidades: Lote 1: CENTRO CIF 2009 2010 2011 2012 IMPORTE TOTAL Deputación Provincial P3600000H 433.399,93 € 433.399,93 € 433.399,93 € 433.399,93 € 1.733.599,70 € de Pontevedra Escola de Enfermería P8600002C 4.542,50 € 4.542,50 € 4.542,50 € 4.542,50 € 18.170,00 € Escola de Canteiros G36017283 9.085,00 € 9.085,00 € 9.085,00 € 9.085,00 € 36.340,00 € Museo Provincial G36013159 27.255,00 € 27.255,00 € 27.255,00 € 27.255,00 € 109.020,00 € OO.AA. de Turismo Rías Baixas G36029106 17.715,75 € 17.715,75 € 17.715,75 € 17.715,75 € 70.863,00 € ORAL P8690002D 49.967,50 € 49.967,50 € 49.967,50 € 49.967,50 € 199.870,00 € IPESPO P3600024H 3.134,33 € 3.134,33 € 3.134,33 € 3.134,33 € 12.537,30 € TOTAL………….. 545.100,00 € 545.100,00 € 545.100,00 € 545.100,00 € 2.180.400,00 € Lote 2: CENTRO CIF 2009 2010 2011 2012 IMPORTE TOTAL Deputación Provincial P3600000H 66.864,08 € 75.466,92 € 85.267,27 € 96.430,66 € 324.028,94 € de Pontevedra Escola de Enfermería P8600002C 172,33 € 194,50 € 219,76 € 248,53 € 835,13 € Escola de Canteiros G36017283 1.723,30 € 1.945,02 € 2.197,61 € 2.485,32 € 8.351,26 € Museo Provincial G36013159 1.723,30 € 1.945,02 € 2.197,61 € 2.485,32 € 8.351,26 € OO.AA.de Turismo G36029106 8.042,07 € 9.076,78 € 10.255,51 € 11.598,19 € 38.972,55 € Rías Baixas ORAL P8690002D 1.723,30 € 1.945,02 € 2.197,61 € 2.485,32 € 8.351,26 € IPESPO P3600024H 172,33 € 194,50 € 219,76 € 248,53 € 835,13 € TOTAL………….. 80.420,72 € 90.767,77 €102.555,14 € 115.981,89 € 389.725,52 € Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de 15 días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación, por este mesmo órgano. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.16804.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO NEGOCIADO PARA A CONTRATACIÓN DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO XORNAL “DIARIO DE AROUSA” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 23 de decembro de 2008 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade no xornal “Diario de Arousa”, por importe de 70.000,00 €, correspondendo 60.344,83 € ó prezo do contrato e 9.655,17 € ó IVE. Resultando que no citado acordo tamén se acordou iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa, “Editorial La Capital, S.L.” ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato, a cal presentou a mesma no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que o Xefe do Gabinete de Prensa, con data 26 de decembro de 2008, elaborou un informe valorando a oferta presentada pola empresa invitada manifestando que cumpre co estipulado nos pregos de condicións. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 29 de decembro de 2008 e en base ó informe emitido polo Sr. Xefe do Gabinete de Prensa, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa, Editorial La Capital, S.L., ó cumprir dita empresa cos requisitos esixidos neste procedemento negociado. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público , no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto para 2008, concretamente na Base 16ª. 2, a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 €. De conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar, provisionalmente, á empresa Editorial La Capital, S.L. (C.I.F.- A-15162068) o contrato para prestación de servizos de publicidade no xornal “O Diario de Arousa”, por un importe total de setenta mil euros (70.000,00 €), IVE incluído, (do importe total, 60.344,83 € corresponden ó prezo do contrato e 9.655,17 € ó IVE), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: TIPO DE PÁXINA NÚM. P. UNITARIO IVE IMPORTE TOTAL Páxinas publicidade institucional 18 1.485,82 237,73 1.723,55 31.023,90 Páxinas información específica 20 1.680,00 268,80 1.948,80 38.976,10 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación desta resolución no perfil do contratante, con obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 3.017,24 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometeron a dedicar ou adscribir á execución do contrato. ------ Folla: 11.16805.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as nove horas e corenta e dous minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario, ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición