ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/01/07_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.378/1.2009-01-07_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/01/07_Ordinaria

  • Data(s) 2009-01-07 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte e cinco minutos do día sete de xaneiro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Corina Porro Martínez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Acctal., e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.16806.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 17 de decembro de 2008. 2.16807.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE VILA DE CRUCES NO PAM/07, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚMERO 248/682 DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN DE VÍAS PÚBLICAS CUMEIRO, SABREXO, OBRA” Dada conta da solicitude de aboo da certificación nº dous/final do concello de Vila de Cruces, correspondente ó investimento nº 248/682 denominado “Pavimentación de vías públicas, Cumeiro, Sabrexo, Obra”e, á vista do informe de Intervención de data 29 de decembro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de cincuenta e oito mil catrocentos corenta e oito euros con vinte e oito céntimos (58.448,28 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do citado concello. - Declarar o aboo da cantidade de cincuenta e oito mil catrocentos corenta e oito euros con vinte e oito céntimos (58.448,28 €), con cargo a partida 08/911.911-762.45.2007, como pago da subvención concedida ó concello de Vila de Cruces para a realización da obra denominada “Pavimentación de vías públicas, Cumeiro, Sabrexo, Obra”, incluída no Plan de Acción Municipal 2006/08, anualidade 2007. 3.16808.- DAR CONTA DE SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 193/08 PROMOVIDOS POR D. BENITO LAGE FERREIRO CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN POLA NON REALIZACIÓN DE OBRAS DE ACCESO A FINCA DA SÚA PROPIEDADE SITA EN MEAÑO Dada conta que con data 15 de xullo de 2008 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 10 de xullo anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 193/08 promovidos por D. Benito Lage Ferreiro contra desestimación por silencio a reclamación de responsabilidade patrimonial por importe de 2.000,00 €, pola non realización de obras de acceso a finca da súa propiedade sita en Meaño, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 4.16809.- DAR CONTA DE SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 101/2008 PROMOVIDOS POR DNA. MARÍA CASAL BENAVIDES CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN VIVENDA SITA EN O GROVE Dada conta que con data 19 de xullo de 2008 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 26 de xuño anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 101/2008 promovidos por Dna. María Casal Benavides contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por importe de 4.855,53 €, por danos en vivenda sita en O Grove, como consecuencia de obras de ensanche, pavimentación e dotación de servizos e Virxe das Mareas, na que se desestima dito recurso e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 5.16810.- DAR CONTA DE SENTENZA E AUTO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 100/2008 PROMOVIDOS POR D. MANUEL ANSELMO MELÓN E DNA. MILAGROS SANTOS PAULOS CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN VIVENDA SITA EN OUBIÑA (CAMBADOS) Dada conta que con data 6 de outubro de 2008 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 30 de setembro anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 100/2008 promovidos por D. Manuel Anselmo Melón e Dna. Milagros Santos Paulos contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en vivenda sita en Oubiña (Cambados), como consecuencia das obras “Variante de Pontearnelas incluída a ponte sobre o río Umia (Ribadumia)”, por importe de 7.355,72 €, na que se desestima dito recurso e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. Así mesmo, dada conta do Auto ditado con data 8 de outubro de 2008 polo que o Xulgado rectifica de oficio a sentenza antes sinalada no senso de que a mesma non é susceptible de recurso de apelación. A Xunta de Goberno queda enterada dos contidos favorables das citadas resolucións xudiciais. 6.16811.- DAR CONTA DE SENTENZA DO XULGADO DE 1ª INSTANCIA Nº 1 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 197/2005 SOBRE ACCIÓN REIVINDICATORIA DE PROPIEDADE DUN CADRO ADQUIRIDO POLO MUSEO PROVINCIAL, PROMOVIDOS POR D. CARLOS LARRAURI CHALBAUD Dada conta que con data 15 de xullo de 2008 tivo entrada nesta Deputación sentenza de 9 de xullo anterior, do Xulgado de Primeira Instancia nº 1 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento ordinario núm. 197/2005, sobre acción reivindicatoria de propiedade dun cadro adquirido polo Museo Provincial, promovida por D. Carlos Larrauri Chalbaud, cuxo prezo foi de 48.080,97 €, na que se desestima dita demanda, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 7.16812.- DAR CONTA DE SENTENZA DO XULGADO DE INSTRUCIÓN Nº 2 DE PONTEVEDRA, DITADA EN XUÍZO DE FALTAS NÚM. 191/08 POR INXURIAS CONTRA O FUNCIONARIO PROVINCIAL D. MANUEL CALVO ÁLVAREZ Dada conta que con data 12 de xullo de 2008 tivo entrada no Rexistro Xeral sentenza ditada polo Xulgado de Instrución nº 2 de Pontevedra en Xuízo de Faltas núm. 191/08 por inxurias contra o funcionario provincial D. Manuel F. Calvo Álvarez, na que se condena a D. Carlos Veiga García como autor responsable dunha falta de inxurias á pena de 15 días de multa cunha cota diaria de 6 euros, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 8.16813.- DAR CONTA DE SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 151/08 PROMOVIDOS POLA XUNTA DE PERSOAL DESTA DEPUTACIÓN CONTRA CONVOCATORIA DE PROVISIÓN DE POSTO DE TRABALLO DE ADXUNTO/A Á XEFATURA DE RECURSOS HUMANOS Dada conta que con data 30 de xullo de 2008 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 23 de xullo anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 151/08 promovidos pola Xunta de Persoal desta Deputación contra convocatoria de provisión de posto de traballo de Adxunto/a á Xefatura de Recursos Humanos, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 9.16814.- DAR CONTA DE AUTO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, DITADO EN PROCEDEMENTO DE AUTORIZACIÓN XUDICIAL PARA ENTRADA EN DOMICILIO DE D. ANTONIO MARTÍNEZ PAZ, EN CANGAS, PARA EXECUCIÓN DE OBRAS DE MELLORA E AMPLIACIÓN DA ESTRADA PROVINCIAL 1003 RODEIRA-BOUBETA Dada conta que con data 24 de xuño de 2008 tivo entrada Auto de 18 de xuño anterior, ditado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra en procedemento de autorización xudicial para entrada en domicilio de D. Antonio Martínez Paz, sito no núm. 55 da Rúa Espiritu Santo de Cangas, para execución de obras de mellora e ampliación da estrada provincial 1003 Rodeira-Boubeta, no que se acorda acceder á solicitude efectuada pola Asesoría Xurídica para entrada na finca e execución das obras citadas. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do Auto. 10.16815.- DAR CONTA DE AUTO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, POLO QUE DECLARA DESISTIDA Á EMPRESA JOSÉ MARÍA DAPORTA LEIRO E HIJOS, S.L. NO RECURSO NÚM. 304/2008 PROMOVIDO CONTRA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL SANCIONADORA POR INFRACCIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO USO E DEFENSA DAS ESTRADAS PROVINCIAIS Dada conta que con data 26 de setembro de 2008 notifícase Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, polo que declara desistida á empresa José María Daporta Leiro e Hijos, S.L. no recurso núm. 304/2008 promovido contra Resolución Presidencial de 28 de maio de 2008 ditada no expediente sancionador 126/2007 por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, declarando terminado o procedemento, a Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable de dito Auto. 11.16816.- DAR CONTA DE SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 253/2008 PROMOVIDOS POR DNA. ADRIANA MARTI BUCETA CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL 9402 (MOSTEIRO-BARRANTES) Dada conta que con data 18 de novembro de 2008 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 30 de outubro anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 253/2008 promovidos por Dna. Adriana Martí Buceta contra desestimación de reclamación de responsabilidade patrimonial por importe de 1.300,78 €, por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 9402 (Mosteiro-Barrantes), na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 12.16817.- DAR CONTA DE SENTENZA DA SECCIÓN 2ª DA SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TSX, RECAÍDA EN RECURSO DE APELACIÓN PROMOVIDO POR D. ERNESTO ROA CORRAL CONTRA A DITADA POLO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA NOS AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 20/2006 SOBRE EXPEDIENTE SANCIONADOR POR INFRACCIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO USO E DEFENSA DAS ESTRADAS PROVINCIAIS A Xunta de Goberno queda enterada e acorda a execución nos seus propios termos de sentenza ditada pola Sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en recurso de apelación promovido por D. Ernesto Roa Corral contra a ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra nos autos de procedemento ordinario núm. 20/2006 sobre expediente sancionador por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, na que se estima en parte dito recurso declarando non caducada a actividade procedimental desenvolta e anulando a Resolución Presidencial recaída no expediente sancionador 5/05 de 30 de agosto de 2005, debendo darse traslado do presente acordo ó Servizo de Vías e Obras ós efectos oportunos. 13.16818.- DAR CONTA DE SENTENZA DA SECCIÓN 2ª DA SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TSX, RECAÍDA EN RECURSO NÚM. 4154/2006, PROMOVIDO POR ESTA DEPUTACIÓN CONTRA EXPEDIENTE SANCIONADOR INCOADO POLA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO NORTE Dada conta que con data 11 de decembro de 2008 ten entrada no Rexistro Xeral sentenza da Sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en autos de procedemento ordinario núm. 4154/2006 promovidos por esta Deputación contra a Confederación Hidrográfica do Norte sobre multa coercitiva imposta no expediente sancionador incoado por incumprimento das condicións de autorización de obras no río Fragón (Ponteareas), na que se desestima o recurso, confirmando a multa de 240,40 €. A Xunta de Goberno queda enterada da devandita sentenza. 14.16819.- DAR CONTA DE PROVIDENCIA DO XULGADO DO PENAL Nº 1 DE PONTEVEDRA ORDENANDO O PAGO DE INDEMNIZACIÓN ACORDADA EN SENTENZA DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NUM. 1/2008 PROMOVIDOS POR ESTA DEPUTACIÓN CONTRA D. JUAN CARLOS TORRES SANTIAGO POR UN DELITO DE DANOS EN MAQUINARIA PROVINCIAL Dada conta que con data 26 de novembro de 2008 o Xulgado do Penal nº 1 de Pontevedra dita Providencia ordenando o pago da indemnización acordada en sentenza favorable a esta Deputación, ditada en procedemento abreviado núm. 1/2008 contra D. Juan Carlos Torres Santiago por un delito de danos nunha máquina retroexcavadora en A Devesa (Ponteareas), valorados en 1.060,00 €. A Xunta de Goberno queda enterada de dita Providencia, así como do ingreso nas arcas provinciais da citada indemnización de 1.060,00 €. 15.16820.- DAR CONTA DE SENTENZA DO XULGADO DE INSTRUCIÓN Nº 3 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN XUÍZO DE FALTAS NÚM. 381/08 PROMOVIDO POR D. JOSÉ MARCIAL BOULLOSA CURRÁS E DNA. MARÍA DOLORES VIRTUDES SALGADO RAMALLO CONTRA ESTA DEPUTACIÓN POR DANOS INFRINXIDOS A ANIMAIS DA SÚA PROPIEDADE POR PARTE DE DOUS CANS DO PARQUE DE MAQUINARIA Dada conta que con data 22 de decembro de 2008 ten entrada no Rexistro Xeral sentenza do Xulgado de Instrución nº 3 de Pontevedra, recaída en Xuízo de Faltas 381/08, promovido por D. José Marcial Boullosa Currás e Dna. María Dolores Virtudes Salgado Ramallo contra esta Deputación por danos infrinxidos a animais da súa propiedade como consecuencia do presunto ataque de dous cans do Parque de Maquinaria, na que se acorda a absolución do funcionario encargado da custodia dos cans ó non terse probado que foran aqueles os que atacaron ós animais propiedade dos denunciantes. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable de dita sentenza. 16.16821.- DAR CONTA DE AUTO DO XULGADO DE INSTRUCIÓN Nº 1 DE LEÓN, DITADO EN DILIXENCIAS PREVIAS NÚM. 7078/2008 EN RELACIÓN CON D. ENRIQUE VELASCO VIÉITEZ, DA ESCOLA DE CANTEIROS, POLO QUE SE ACORDA O SOBRESEIMENTO PROVISIONAL DAS ACTUACIÓNS POR NON SER COÑECIDO O AUTOR DOS FEITOS CONSTITUTIVOS DA INFRACCIÓN PENAL Dada conta que con data 19 de decembro de 2008 ten entrada no Rexistro Xeral auto do Xulgado de Instrución nº 1 de León, ditado en Dilixencias Previas 7078/2008 nas que se viu involucrado o traballador da Escola de Canteiros D. Enrique Velasco Viéitez, e no que se acorda o sobreseimento provisional por non ser coñecido o autor dos feitos constitutivos da infracción penal. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do citado auto. 17.16822.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 18.16823- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DA OBRA DE EXECUCIÓN DE MELLORA DA SEGURIDADE VIAL E DOTACIÓN DE SERVIZOS NO ANTIGO ACCESO A CRECENTE E.P. 5005 A Xunta de Goberno, en sesión de 6 de agosto de 2008, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Crecente para a mellora da seguridade vial e dotación de servizos no antigo acceso a Crecente EP 5005, por un importe total de 753.054,46 €, en tres anualidades 2008, 2009 e 2010. O alcalde do Concello de Crecente propón un cambio nas cantidades a financiar que é aceptado polo goberno provincial, polo que a Xunta de Goberno, en sesión do día 10 de decembro de 2008, modifica o mencionado convenio de colaboración. Así mesmo, en sesión celebrada o día 17 de decembro de 2008, prestouse aprobación ó proxecto “Mellora da seguridade vial e dotación de servizos no antigo acceso a Crecente EP 5005”. Resultando que por Intervención se emite informe relativo á existencia de saldo de crédito adecuado e suficiente para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que rexerán no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. Resultando que o Sr. Secretario Xeral emite informe relativo ó prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá a contratación da obra, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. Resultando que no informe de fiscalización se sinala que nun informe ulterior, de data 9 de decembro de 2008, facíase mención á necesidade de acreditar a plena dispoñibilidade de todas as cantidades, tendo en conta o disposto no artigo 93.5 da LCSP, e a data do informe, por parte do Concello non se ingresou cantidade algunha. Determínase o informe con carácter suspensivo, podendo, non obstante, a Xunta de Goberno aprobar o expediente se así o considera oportuno, quedando condicionado á emenda do mesmo. Considerando o establecido na disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector publico, no artigo 111 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 6, 122, 141 e seguintes da LCSP. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento para 2008, concretamente na Base 16ª, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, para a execución da obra de “Mellora da seguridade vial e dotación de servizos no antigo acceso a Crecente EP 5005” Expediente D08/0059 por importe de seiscentos corenta e nove mil cento oitenta e catro euros con oitenta e oito céntimos (649.184, 88 €), máis a cantidade de cento tres mil oitocentos sesenta e nove euros con cincuenta e oito céntimos (103.869,58 €) correspondente ó IVE. 2.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento aberto. 3.- Autorizar o gasto por importe de 753.054,46 €, a anualidade 2008 financiarase con cargo á partida 09/511.511.612.02.2008 unha vez incorporados os remanentes de crédito ó vixente orzamento provincial. Respecto á anualidade de 2009, contabilizarase na partida 09/511.511.612.02 quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento ou á existencia de crédito adecuado e suficiente no orzamento prorrogado de 2008. A anualidade do 2010, contabilizarase na correspondente partida, que será no seu caso, a 10/511.511.612.02, quedando condicionada a aprobación do seu respectivo orzamento. As cantidades por anualidade son as que se establecen a continuación: Anualidades 2008 2009 2010 Total Deputación 294.673,48 206.271,44 176.804,08 677.749,00 Concello 15.000,00 30.152,73 30.152,73 75.305,46 Total 309.673,48 236.424,17 206.956,81 753.054,46 Este acordo quedará condicionado ó ingreso das cantidades comprometidas para o ano 2008 polo Concello de Crecente. O anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas que rexerá no procedemento aberto publicarase no Boletín Oficial da Provincia. Os gastos de inserción de anuncios, e outros que se deriven do expediente, serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA DE “MELLORA DA SEGURIDADE VIAL E DOTACIÓN DE SERVIZOS NO ANTIGO ACCESO A CRECENTE EP 5005”. CPV 45230000 (EXPEDIENTE D08/0059). 1.- OBXECTO.- A execución da obra que se detalla na base 2 deste prego, cuxo proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno en sesión de 17 de decembro de 2008. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado polo órgano de contratación e integrados polos documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e artigos 125 a 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos considérase como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- A obra, obxecto do expediente, a executar mediante convenio co Concello de Crecente, ten como finalidade a mellora da seguridade vial e a dotación de servizos no antigo acceso a Crecente, e conta cun orzamento de 753.054,46 €, IVE incluído (orzamento de 649.184,88 €, máis 103.869,58 € correspondentes ó IVE). O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material, e comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. 3.- FINANCIAMENTO.- A obra financiarase, segundo o establecido no convenio, con cargo á partida 511.511.612.02, de acordo coa seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2008 2009 2010 Total Deputación 294.673,48 206.271,44 176.804,08 677.749,00 Concello 15.000,00 30.152,73 30.152,73 75.305,46 Total 309.673,48 236.424,17 206.956,81 753.054,46 Na partida 08/511.511-612.02 existe crédito adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto da anualidade de 2008. As anualidades de 2009 e 2010 contabilizaranse nas partidas 09/511.511.612.02 e 10/511.511.612.02, quedando condicionadas á aprobación dos seus respectivos orzamentos. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, contado dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, agás que exista razón fundada que impida o seu comezo, é de catorce meses. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola Dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que comporta a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 € do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do Enxeñeiro Director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización por danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva terá que ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, de luns a sábado, ou na Sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro do prazo de vinte e seis días naturais a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra “(especificar o nome da obra)”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, no seu caso, a súa representación. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.-Certificado acreditativo de estar en posesión da clasificación empresarial que será: Grupo G, subgrupo 4, categoría c. Se a empresa se atopase pendente de clasificación, deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso, debendo xustificar o estar en posesión da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para a emenda de defectos ou omisións na documentación. 4. Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.- Acreditación da solvencia técnica, polos seguintes medios: a) Declaración indicando os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras, especialmente os responsables do control de calidade, acompañada dos documentos acreditativos correspondentes. b) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución das obras, á que se xuntará a documentación acreditativa pertinente. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia a executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: Cando a acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación estendida dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifesta as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento no que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar, Sobre B: Proposición económica, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra “(especificar nome da obra)”. Presentarase pechado e lacrado, contendo os seguintes documentos: 1. Índice de documentos que integran o sobre, constará dentro do sobre como primeira páxina e en folla independente. 2. Modelo de proposición económica, formulada estritamente conforme ó modelo establecido na cláusula 29 deste prego. 3. Memoria construtiva e programa de traballo. 4. Melloras ofertadas. 5. Memoria de seguridade e saúde. 6. Plan de control de calidade, a porcentaxe que se aplicará a tal fin deberá ser expresada con dous decimais aplicado sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. 7. Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (no seu caso). A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, dita empresa terá que acreditar a disposición dun certificado de calidade. Importante: As retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos en que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro, traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 9.- MESA DE CONTRATACION.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: - O titular da Corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario Xeral. - O Interventor. - O Director de Infraestruturas. SECRETARIO: - O Técnico Adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- A cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A continuación se procederá á apertura de proposicións presentadas ó procedemento aberto, de conformidade co previsto no artigo 144 LCSP. 11.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa deberá atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 40 puntos. - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Menor prazo de execución, ata un máximo de 10 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, ata un máximo de 10 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. - Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 40 puntos. Puntuándose en función da seguinte fórmula: 11.2) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das subministracións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se comprometa adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. No caso de que as obras teñan un gasto plurianual, o contratista deberá especificar ademais do prazo total de execución no modelo de proposición, o prazo de execución correspondente para cada unha das anualidades. 11.3) Menor prazo de execución, ata un máximo de 10 puntos. A ponderación efectuarase conforme á seguinte fórmula: P = (L-O)*10/(L-B) Onde: P: Puntuación. L: Prazo máximo establecido no prego. O: Prazo ofertado pola licitador. B: Menor prazo ofertado. 11.4)Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, ata un máximo de 10 puntos. Deberase presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. 11.5) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai a ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.d. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra dos devanditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnen os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de siniestralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de siniestralidade, así como a análise dos mesmos en comparanza cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acontecidos en obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar en obra. Neste apartado conseguirase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpre a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, así como se terá que presentar a documentación acreditativa das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento das devanditas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, que terán que contemplar os traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI's. Terase que presentar a proposta de como realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos na mesma. Terase que reflectir o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Do mesmo modo, presentarase o protocolo da forma de entregar os equipos de protección individual, así como se definirá como se realizará a información da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se terá que definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.6) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste senso valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías que sexan desenvolvidas polo contratista no marco de proxectos de I+D+i que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Dita xustificación poderá realizarse mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.7) Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). 11.8) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valorásense as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requisitos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requisitos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra fose realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó Regulamento Comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais a utilizar polo licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun SQ%, consonte certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais a utilizar polo licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, consonte certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra contémplase algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por verteduras, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. Nota importante: O contrato será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas. Aquelas ofertas con valores anormais ou desproporcionados que non sexan xustificadas polo licitador tras dárselle audiencia, e que a xuízo dos técnicos sexa inviable a súa execución, non se terán en conta á hora de establecer a acotación determinada no parágrafo anterior. 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aqueles cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a seguir en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: -Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. -Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. -Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Sen embargo, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. -Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque bm = (b1 + b2) • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda de Estado. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que sexan clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula undécima, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran dez días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario terá que presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional terá que elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó Director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o Director facultativo, e no seu caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato. (art. 196.1 LCSP). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato. (art. 198.1 LCSP). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se atopan insertados na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra. En caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- REVISION DE PREZOS.- Será de aplicación, se é o caso, a fórmula de revisión de prezos nº 5 das comprendidas no cadro de fórmulas tipo xerais. 22.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado d dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase a seguir á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados coa final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se atopan no momento da recepción, para os efectos de inventario. 23.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se xuntará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 24.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado das mesmas fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade debida ó contratista. 25.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos deterioros producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 26.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICION.- Don.............................., maior de idade, veciño de..........................., con domicilio en .............................. titular do DNI.. ............................., expedido en data ....................., actuando en nome propio ou en representación da empresa ......................... (C.I.F.- nº .......................) e con domicilio en .................................., teléfono ....................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Informado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra), comprométese a executala polo prezo de _______________ (en letra e número) euros, máis _____________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas os seus partes. • Melloras ofertadas: • Prazo de execución: • % do control de calidade ofertado: (Data e sinatura do propoñente)” 19.16824- INFORME EN RELACIÓN CO ESTUDO INFORMATIVO COMPLEMENTARIO DO ACCESO NORTE A VIGO DO TRAMO VIGO-PONTEVEDRA DO EIXE ATLÁNTICO DE ALTA VELOCIDADE QUE REMITE A DIRECCIÓN XERAL DE FERROCARRÍS DO MINISTERIO DE FOMENTO Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento, de data 26 de novembro de 2008, recibida nesta Deputación o día 27 de novembro de 2008 (Rex. de entrada núm. 39370), remitindo Estudo informativo complementario do acceso norte a Vigo do tramo Vigo-Pontevedra do Eixe Atlántico de Alta Velocidade, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que o Director de Infraestruturas, emite informe con data 23 de decembro de 2008, no que manifesta: “El estudio informativo de referencia plantea una modificación de trazado del acceso norte de la alta velocidad a Vigo de forma que desde la boca norte del túnel de As Maceiras se accederá directamente a la zona próxima a la estación de Vigo, en lugar de a la zona de Teis como estaba previsto inicialmente. Esta modificación implica la ejecución de un doble túnel, unos 3 kms más largo que el inicialmente previsto y, por lo tanto, la eliminación del tramo en superficie en la zona próxima a la actual estación (zona de vías paralela a la autopista AP-9). La ejecución de esta modificación conlleva la modificación radical de la actual estación, deprimiéndola 15 mts respecto a la actual. Con fecha 12 de noviembre de 2008, la secretaria de Estado de Cambio Climático resolvió el no sometimiento a evaluación de Impacto Ambiental del proyecto modificado de trazado del estudio informativo Eje Atlántico de Alta Velocidad. Tramo Vigo-Pontevedra, en el acceso Norte a Vigo (Pontevedra). La obra contemplada en el presente documento no afecta ni directa, ni indirectamente, a vías de titularidad provincial.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Dirección Xeral Ferrocarrís do Ministerio de Fomento. 20.16825- INFORME EN RELACIÓN CO PROXECTO SECTORIAL PARA A IMPLANTACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL E INDUSTRIAL DE O MORRAZO Dada conta da comunicación do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Vivenda e Solo, de data 28 de novembro de 2008, recibida nesta Deputación o día 10 de decembro de 2008 (Rex. de entrada núm. 40723), remitindo Proxecto Sectorial para a implantación do parque empresarial e industrial de O Morrazo, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que o Director de Infraestruturas, emite informe con data 5 de xaneiro de 2009, no que manifesta: “I.- ANTECEDENTES: Con fecha 6 de noviembre de 2008, el Instituto Galego de Vivienda e Solo sometió a información pública el informe de sostenibilidad ambiental del proyecto sectorial de referencia. Así mismo con fecha 11 de diciembre del mismo año, el referido instituto inició la tramitación de la información pública de dicho proyecto a efectos de la ley 10/1995 e del Decreto 80/2000 de 23 de marzo. El proyecto sectorial afecta a los Concellos de Cangas y Bueu en una zona anexa a la actual parque empresarial de Bueu (Castiñeiras) que cuenta con una superficie bruta de 116.930 m2. El proyecto plantea el desarrollo de un ámbito con una superficie total de 150 Ha (es decir supondrá el desarrollo de una zona empresarial con una superficie 12,8 veces superior a la actualmente existente en polígono de Castiñeiras). II.- INFORME: El proyecto sectorial planteado afecta de forma directa a dos carreteras provinciales: E.P. 1301 Alto de la Portela – Beluso E.P. 1303 Banda del Río – La Portela Estas vías provinciales están actualmente afectadas por el tráfico que genera el parque empresarial de Castiñeiras que, como se ha indicado, es sensiblemente menor que el planteado en el proyecto sectorial de referencia. La conexión actual del parque empresarial de Castiñeiras con la red viaria de interés general, se realiza a través de un enlace con la denominada V.G. 4.6. (prolongación del corredor de O Morrazo hasta la PO- 315). El parque empresarial proyectado plantea la conexión viaria a través del actual enlace del parque de Bueu con la V.G. 4.6., así como a través de una conexión con la PO-315 en la rotonda final de la VG. 4.6. Entendemos que este planteamiento resuelve de manera adecuada la conexión del parque empresarial con la red autonómica. No obstante, el diseño de la conexión actual del viario del parque empresarial de Castiñeiras con la VG. 4.6., presenta una serie de deficiencias que se verán incrementados de manera muy notable con la implantación del futuro parque que, tal y como se ha indicado, multiplicará por más de 12 la superficie industrial de la zona. En este sentido consideramos que el proyecto del parque empresarial que se está tramitando debería incluir la mejora de la actual rotonda de acceso al parque desde la carretera VG 4.6, mediante la inclusión de las siguientes actuaciones: - Reformulación de la señalización para optimizar los itinerarios - Recorte de las isletas actualmente existentes para mejorar la movilidad. - Ampliación de los arcenes - Ejecución de la iluminación de la rotonda - Reformulación de la glorieta ampliando su diámetro y eliminando las entradas y salidas que, de diferentes vías, confluyen en un mismo punto. En otro orden de cosas, los tráficos del parque empresarial, con destino a Bueu y Cangas a través de la PO- 551 (carretera Cangas-Bueu por el interior), deberán acceder al parque por la vía provincial EP 1301 en el tramo entre el Alto de la Portela y Castiñeiras. Dicha carretera tiene una sección insuficiente, así como un punto de intersección muy peligroso en su confluencia con la PO- 551. Actualmente esta carreta provincial presenta una problemática generada por el tráfico del actual parque, problemática que se verá fuertemente incrementada con el desarrollo previsto. La Diputación Provincial está analizando en estos momentos una actuación de mejora en este vial, tanto en lo que respecta a la sección tipo, como a la mejora de la intersección con la PO- 551. No obstante, teniendo en cuenta que la implantación del “Parque Empresarial e Industrial de O Morrazo” va a generar un incremento notabilísimo de tráfico del vial, consideramos que entre las actuaciones incluidas en el proyecto del parque, se debería incorporar la mejora de este tramo de 780 mts de longitud.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Instituto Galego de Vivenda e Solo da Consellería de Vivenda e Solo. 21.16826.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición