Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2009-01-27_Ordinaria. Acta de sesión 2009/01/27_Ordinaria
Acta de sesión 2009/01/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.378/1.2009-01-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2009/01/27_Ordinaria
Data(s) 2009-01-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día vinte e sete de xaneiro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Severino Reguera Varela e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Accidental, D. Julio Souto Díz. Non asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes e D. José Carlos Silva Mariño. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1. 16868.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA CERTIFICACIÓN Nº DOUS/FINAL DA OBRA Nº95 DENOMINADA “VARIANTE DE ACCESO A LIRA (SALVATERRA)”, INCLUÍDA NO PPC/06 Dada conta da solicitude de aboo da certificación nº dous/final remitida pola empresa “Sercoysa Proyectos y Obras, S.A.”(A-36.319.622) correspondente ó investimento nº 95, denominado “Variante de acceso a Lira (Salvaterra)”, incluído no PPC/06, á vista do informe de Intervención de data 20 de xaneiro de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de trescentos trinta un mil seiscentos vinte e nove euros con vinte catro céntimos (331.629,24€), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor da empresa, “Sercoysa Proyectos y obras, S.A.”, e a teor da aplicación e detalle que deseguido se sinala: CONCEPTO PARTIDA EUROS Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. 09/911-511-611.09.2006 (MAP) 165.814,62 Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. 09/911-511-611.09.2006 (DEPUTACIÓN) 165.814,62 Subtotal 331.629,24 Taxa dirección de obra Id. 9.609,66 Retención control de calidade Id. 8.048,09 Retención Seguridade e saúde Id 1.729,74 Total descontos 19.387,49 Líquido a percibir 312.241,75 Declarar de aboo o importe bruto da xustificación, trescentos trinta un mil seiscentos vinte e nove euros con vinte e catro céntimos, (331.629,24 €), con cargo á partida 09/911-511-611.09.2006, unha vez incorporados os remanentes de crédito do vixente orzamento provincial, como pago da subvención concedida para o investimento nº 95 denominado “Variante de acceso a Lira (Salvaterra)”, incluído no PPC/06. Os honorarios correspondentes ós Técnicos funcionarios desta Deputación, ingresaranse nas contas non orzamentarias correspondentes. 2.16869.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE BAIONA NO PAM/06-08. PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 9-173-150/340 DENOMINADA “SANEAMENTO NO MEDIO RURAL: BAREDO – BELESAR – STA CRISTINA (BAIONA)” Dada conta da solicitude de aboo da certificación nº dous (5 tramos) do Concello de Baiona, correspondente ó investimento nº 9-173-150/340 denominado “Saneamento no medio rural: Baredo-Belesar - Sta. Cristina (Baiona)”, á vista do informe de intervención de data 16 de xaneiro de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de cento cincuenta e dous mil vinte e catro euros con corenta e nove céntimos (152.024,49€), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do citado Concello. Declarar o aboo da cantidade de cento cincuenta e dous mil vinte e catro euros con corenta e nove céntimos (152.024,49€), con cargo a partida 09/911.911.762.45.2006 e 09/911.911-762.45.2007, unha vez incorporados os remanentes de crédito ó vixente orzamento provincial, como pago da subvención concedida ó Concello de Baiona para a realización da obra denominada “Saneamento no medio rural: Baredo-Belesar- Sta Cristina (Baiona)”, incluída no Plan de Acción Municipal 2006/08. 3.16870.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO Mediante escrito de data 19 de xaneiro de 2009, número de rexistro de entrada 01205, o Xefe de Servizo de CPAM expón que a Secretaría de Estado de Facenda e Orzamentos, dependente do Ministerio de Economía e Facenda, celebra en Madrid, o próximo 27 de xaneiro a Xornada “Asistencia ós municipios para mellorar a rendición de información financeira”. Solicitouse a presenza dun representante do Centro Provincial de Asesoramento Municipal, polo que se propón a asistencia de D. Benito Durán Martínez, Operador de equipos informáticos, co visto e prace do Sr. Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida, en Comisión de Servizos, estando previsto o seu desprazamento en vehículo propio, con saída o día 26 de xaneiro ás 12:00 horas e regreso o día 27 de xaneiro a partir das 22:00 horas. De acordo co exposto, e ó abeiro do establecido no Real decreto 462/2002 de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizos, e en uso das atribucións que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade que D. Benito Durán Martínez, Operador de equipos informáticos, asista, en Comisión de Servizos, á Xornada “Asistencia ós municipios para mellorar a rendición de información financeira”, que se celebra en Madrid, o día 27 de xaneiro de 2009, con dereito a percibir as indemnizacións por razón do servizo, calculadas de acordo co establecido no artigo 11 do R.d. 462/2002 de 24 de maio: DESPRAZAMENTOS: 299,08 € - Desprazamento en vehículo particular (Pontevedra-Madrid-Pontevedra): - 1.232 km (ida-volta) x 0,19 €: 234,08 € - Gastos de peaxe: 15,00 € - Gastos aparcadoiro: 50,00 € ALOXAMENTO/MANUTENCIÓN: 105,34 € Saída día 26 de xaneiro ás 12:00 horas e regreso o día 27 de xaneiro despois das 22:00 horas: - Día de saída, Aloxamento e Manutención Grupo III: 77,13 € - Día 27 (Manutención Grupo III): 28,21 € Ditas cantidades aboaranse con cargo ás partidas 551.551.231.01 e 551.551.230.01. 4.16871.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO CORPORATIVO DE TELECOMUNICACIÓNS E A CREACIÓN DUNHA REDE MULTISERVIZO NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E CENTROS DEPENDENTES A Xunta de Goberno, en sesión de 30 de decembro de 2008, adxudicou provisionalmente o servizo corporativo de telecomunicacións e a creación dunha rede multiservizo da Deputación, ás empresas R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A. (A-15.474.281), o lote 1 relativo á rede de voz, datos e Internet, e a TELEFONICA MOVILES ESPAÑA, S.A.U. (A-78.923.125), o lote 2 relativo á rede móbil. Así mesmo, concedeuse ás empresas adxudicatarias un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentarán a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector publico, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Unha vez presentada a documentación requirida polas empresas que resultaron adxudicatarias provisionalmente e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente o procedemento aberto para contratar o servizo corporativo de telecomunicación e a creación dunha rede multiservizo da Deputación Provincial de Pontevedra e centros dependentes, ás empresas que se relacionan a seguir en función dos seguintes lotes: Lote Empresa PREZO OFERTADO IVE TOTAL 1 A rede de voz, datos e Internet R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A. 1.879.655,17 € 300.744,83 € 2.180.400 € 2 Rede móbil TELEFONICA MOVILES ESPAÑA, S.A.U 335.970,28 € 53.755,24 € 389.725,52 € 5.16872.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS. Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos á responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de dous mil trescentos noventa e seis euros (2.396,00 €), para responder das “Obras de ensanche E.P. Goulla- Porráns, tramo Romai- Portas (Portas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/05/2005 con número de operación 200500049657, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de tres mil oitocentos noventa e seis euros con setenta céntimos (3.896,70 €),para responder das “Obras de terminación, ensanche e mellora E.P. 8004 Vilanoviña -Caldas (Meis- Portas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/10/2005 con número de operación 200500097518, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de trece mil oitocentos noventa euros con oitenta céntimos (13.890,80 €), para responder das “Obras de ensanche e mellora E.P. 0506 Curro- Portela (Barro)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/10/2005 con número de operación 200500097516, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de sete mil catrocentos trinta e oito euros con cinco céntimos (7.438,05 €), para responder das “Obras de proxecto modificado de E.P. 8004 Caldas- Vilanoviña (Meis- Portas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 26/03/2007 con número de operación 200700020283, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de tres mil trescentos oitenta e dous euros con dezaoito céntimos (3.382,18 €), para responder das“Obras de proxecto modificado de E.P. 0018 Xeve-Amil- Espedregueira (Pontevedra)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/03/2007 con número de operación 200700016926, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de trinta e sete mil cento noventa euros con vinte e sete céntimos (37.190,27 €), para responder das “Obras de E.P. 8004 Caldas- Vilanoviña (Meis- Portas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/04/2003 con número de operación 200300027988, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de dezaseis mil novecentos dez euros con noventa e tres céntimos (16.910,93 €), para responder das “Obras de E.P. Xeve- Amil- Espedregueira (Pontevedra)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 01/08/2003 con número de operación 200300056242, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de DEUTSCHE BANK, por importe de dezaoito mil novecentos dezasete euros con oitenta e oito céntimos (18.917,88 €), para responder das “Obras de terminación, ensanche e mellora E.P. 0507 Portela- Valiñas- Portas (Barro- Portas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/02/2003 con número de operación 200300008431, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.A. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAJA MADRID, por importe de vinte mil oitocentos setenta e cinco euros con oito céntimos (20.875,08 €), para responder das “Obras de modificado número 1, instalación karting en Forcarei”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 7/10/2003 con número de operación 200300072787, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.A. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de mil oitocentos setenta euros con oitenta céntimos (1.870,80 €), para responder das “Obras de fonte artística en Glorieta de Rodeiro”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 8/09/2006 con número de operación 200600077040, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.A. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de seis mil trescentos sesenta e tres euros con vinte e dous céntimos (6.363,22 €), para responder das “Obras da E.P. 6405 Lázaro- Duxame (Vila de Cruces)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 8/05/2003 con número de operación 200300031195, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.A. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAJA MADRID, por importe de doce mil douscentos cincuenta e un euros con tres céntimos (12.251,03 €), para responder das “Obras de E.P. Escuadro- Silleda (Silleda)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 5/09/2002 con número de operación 200200072883, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.A. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de tres mil cento trinta euros con corenta e tres céntimos (3.130,43 €), para responder das “Obras de modificado número 1 de terminación E.P. 9402 Mosteiro- Barrantes (Meis)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/11/2006 con número de operación 200600100865, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.A. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de catro mil cento corenta euros (4.140,00 €), para responder das “Obras de terminación e mellora E.P. 6407 Caseda- Brandariz (Vila de Cruces)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 10/10/2006 con número de operación 200600087288, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.A. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de B.B.V.A., por importe de dez mil seiscentos sesenta e un euros con vinte céntimos (10.661,20 €), para responder das “Obras de E.P. 6101 Vidueiros- Amedo (Dozón)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 07/07/2003 con número de operación 200300049990, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.A. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de novecentos corenta e dous euros con trinta e cinco céntimos (942,35 €), para responder das “Obras de terminación E.P. 9402 Mosteiro- Barrantes (Meis)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/01/2005 con número de operación 200500002151, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CALDEVERGAZO, S.L. (CIF B- 36.133.916) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de dous mil trescentos noventa e nove euros con sesenta céntimos (2.399,60 €), para responder das “Obras de ampliación Cangas- Coiro- Magdalena (Cangas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/12/2004 con número de operación 200400090750, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF A- 36.001.063) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de dous mil trescentos noventa e seis euros con setenta e cinco céntimos (2.396,75 €), para responder das “Obras de 1ª fase das redes de baixa tensión, gas, telefonía e R, na Avda. Peirao Besada- Lourido- San Salvador (Poio)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04/10/2007 con número de operación 200700079719, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBREAL, S.L. (CIF B- 15.630.098) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de mil seiscentos noventa e sete euros con sesenta e seis céntimos (1.697,66 €), para responder das “Obras de urbanización exterior do parque e do campo da festa (Ribadumia)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 25/05/2004 con número de operación 200400036171, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBREAL, S.L. (CIF B- 15.630.098) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de seiscentos setenta e un euros con noventa e tres céntimos (671,93 €), para responder das “Obras de proxecto reformado número 1 de Campo de Fútbol e bancadas en Valga”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 05/08/2005 con número de operación 200500076390, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MOVEX VIAL, S.L. (CIF B- 36.684.157) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO BILBAO VIZCAYA, por importe de noventa e sete mil douscentos vinte e seis euros con corenta céntimos (97.226,40 €), para responder das “Obras do campo de fútbol de herba artificial de Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/11/2004 con número de operación 200400081511, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. (CIF B- 36.052.702) • A constituída en valores, mediante aval de B.B.V.A., por importe de seis mil setecentos corenta e catro euros (6.744,00 €), para responder das “Obras da E.P. 7106 Folgoso- Forcarei (Forcarei)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 07/09/2004 con número de operación 200400064809, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. (CIF B- 36.052.702) • A constituída en valores, mediante aval de B.B.V.A., por importe de seis mil cincocentos trinta e oito euros con vinte e oito céntimos (6.538,28 €), para responder das “Obras da E.P. 7002 Pena- Ribela (A Estrada)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 30/07/2003 con número de operación 200300055598, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES BARREIRO, S.L. (CIF B- 36.117.356) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dez mil novecentos vinte euros (10.920,00 €), para responder das “Obras do edificio multiusos na Cidade Infantil Príncipe Felipe”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 19/05/2003 con número de operación 200300034913, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES BARREIRO, S.L. (CIF B- 36.117.356) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil catrocentos setenta e oito euros con setenta e seis céntimos (1.478,76 €), para responder das “Obras de ampliación no edificio multiusos na Cidade Infantil Príncipe Felipe”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 19/01/2005 con número de operación 200500003120, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES BARREIRO, S.L. (CIF B- 36.117.356) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cincocentos oitenta euros con dous céntimos (1.580,02 €), para responder das “Obras de remate do edificio multiusos na Cidade Infantil Príncipe Felipe”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/01/2005 con número de operación 200500004118, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.16873.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.16874.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DA CANTIDADE PARA O PAGO DE SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ENTIDADE LOCAL MENOR DE ARCOS DA CONDESA (CALDAS DE REIS) NO PAM/06, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 248/460 DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DE CEMITERIO PÚBLICO LOCAL (FORMACIÓN DE LOUSA-CIMENTACIÓN DE NICHOS)” Dada conta da solicitude de aboo da xustificación núm. un/final, correspondente ó investimento nº 248/460 denominado “Construción de cemiterio público local (Formación de Lousa-Cimentación de Nichos)” da Entidade Local Menor Arcos da Condesa (Caldas de Reis), á vista do informe de Intervención de data 30 de decembro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar e recoñecer a obriga de trinta mil euros (30.000,00€), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor da citada Entidade Local Menor. - Declarar o aboo da cantidade de trinta mil euros (30.000,00 €), con cargo á partida 08/911.911-762.45.2006, como pago da subvención concedida á Entidade Local Menor Arcos da Condesa (Caldas de Reis) para a obra nº 248/460, denominada “Construción de cemiterio público local (Formación de lousa- Cimentación de nichos)”, incluída no Plan de Acción Municipal 2006/08, anualidade 2006. 8.16875.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE POIO NO PAM/07, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 231/534 DENOMINADA “SANEAMENTO E ABASTECEMENTO EN RÚA LAMEIRIÑA (RAXÓ)” Dada conta da solicitude de aboo da xustificación núm. dous/final, correspondente ó investimento nº 231/534 denominado “Saneamento e Abastecemento en rúa Lameiriña (Raxó)” presentada polo Concello de Poio, á vista do informe de Intervención de data 30 de decembro de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar e recoñecer a obriga de corenta e sete mil novecentos catro euros con cincuenta e catro céntimos (47.904,54€), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do Concello de Poio. - Declarar o aboo da cantidade de corenta e sete mil novecentos catro euros con cincuenta e catro céntimos (47.904,54€), con cargo á partida 08/911.911.762.45.2007, como pago da subvención concedida ó Concello de Poio para a obra nº 231/534, denominada “Saneamento e abastecemento en rúa Lameiriña (Raxo)”, incluída no Plan de Acción Municipal 2006/08, anualidade 2007 9.16876.- APROBACIÓN DAS BASES PARA A ADXUDICACIÓN DE PRÉSTAMOS SEN INTERESE De conformidade co disposto no art. 66 do V Acordo Regulador para persoal funcionario e artigo 79 do I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Deputación Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases da convocatoria para a adxudicación dos préstamos sen interese do ano 2009 ata a contía máxima de seis mil euros, elaboradas pola Comisión Paritaria Mixta en desenvolvemento do previsto nos citados artigos 66 e 79 del V Acordo Regulador e I Convenio Colectivo, tras comprobarse que nas mesmas se arbitran as normas correspondentes para a concesión de ditos préstamos, atendendo ás necesidades sociais e ingresos dos solicitantes, garantindo a equidade das mesmas e fixando os requisitos e xustificacións documentais precisas. A concesión de ditos préstamos será financiada con cargo á partida 122.314.830.07, dotada con cento vinte mil, douscentos euros. Ditas bases son do seguinte teor: BASES PARA A CONCESIÓN DE PRÉSTAMOS SEN INTERESE Segundo o establecido no artigo 66 do V Acordo Regulador para persoal funcionario e artigo 79 do I Convenio Colectivo para persoal laboral desta Deputación Provincial, a Xunta de Goberno, a proposta da Comisión Paritaria Mixta, presta aprobación ás seguintes Bases para a concesión dos préstamos sen interese do ano 2009: 1.- BENEFICIARIOS/AS.- Poderán solicitar préstamos sen interese os funcionarios/as de carreira en activo e persoal laboral fixo dependente desta Deputación Provincial. Non terán dereito a préstamos sen interese para adquisición de primeira vivenda ou mellora da habitual, aqueles beneficiarios que posúan mais dunha vivenda por unidade familiar. 2.- CONTÍA.- Estes préstamos sen interese poderán concederse ata a contía máxima de seis mil euros ó persoal desta Deputación Provincial que reúna os requisitos estableci¬dos nestas Bases. Conforme o disposto no citado artigo 66 do V Acordo Regulador estes préstamos serán amortizados con reintegro uniforme, resultante de dividir a contía concedida entre 48 mensualidades, ampliables a 60 para o persoal do grupo D e 72 para o do grupo E, se así o solicitan os interesados, cantidades que lles será detraída da nómina corresponde. 3.- FINS ÓS QUE SE DESTINA A ADXUDICACIÓN.- Con cargo á consignación económica de cento vinte mil doscientos euros (120.200,00 euros) prevista na partida122-314.830.07 do orzamento provincial atenderanse as solicitudes que se destinen ós seguintes fins: a) Gastos destinados a compra de vivenda que constitúa residencia única e habitual do peticionario ou praza de garaxe. b) Gastos destinados a melloras de vivenda que reúnan as características anteriores. c) Gastos destinados á amortización de préstamos bancarios por adquisición ou mellora de vivenda habitual do peticionario. d) Gastos destinados a adquirir mobiliario para a vivenda habitual do peticionario. e) Gastos destinados á compra de vehículo particular, para aqueles funcionarios que por razón do seu traballo teñan que realizar desprazamentos do centro de traballo ó lugar onde desenvolvan a súa actividade. f) Gastos derivados de procesos de enfermidade grave cando se refiran directamente ó solicitante, ó seu cónxuxe, ós fillos, ou a persoa dependente economicamente do mesmo, integrante da unidade familiar. 4.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E DEMAIS DOCUMENTACIÓN.- As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial antes do día 28 de febreiro de 2009, acompañadas da seguinte documentación, segundo os fins os que se destine o préstamo: A) Gastos destinados a compra de vivenda que constitúa residencia única e habitual do peticionario ou praza de garaxe: Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. Declaración na que figure a dirección da vivenda ou praza de garaxe para o que se solicita o préstamo. Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. Orzamento da obra a realizar, da vivenda ou praza de garaxe que desexa adquirir ou escritura acreditativa da adquisición ou construción. B) Gastos destinados a melloras de vivenda que reúnan as características anteriores: Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. Declaración na que figure a dirección da vivenda para a que se solicita o préstamo. Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. Orzamento da mellora a realizar. C) Gastos destinados á amortización de préstamos bancarios por adquisición ou mellora de vivenda habitual do peticionario: Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. Declaración na que figure a dirección da vivenda para a que se solicita o préstamo. Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. Xustificante do préstamo hipotecario. D) Gastos destinados a adquirir mobiliario para a vivenda habitual do peticionario: Orzamento de compra de mobles segundo corresponda á petición. Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar sexa conxunta ou separada. Declaración xurada na que constarán os datos persoais e grado de parentesco dos membros da unidade familiar. Declaración na que figure a dirección da vivenda para a que se solicita o préstamo. Certificación catastral do interesado e do seu cónxuxe de non ser dono doutra vivenda. E E) Gastos destinados á compra de vehículo particular, para aqueles funcionarios que por razón do seu traballo teñan que realizar desprazamentos do centro de traballo ó lugar onde desenvolvan a súa actividade: Certificación do Secretario desta Deputación Provincial na que se xustifique que o interesado, durante o último ano, fixera uso habitual do seu vehículo particular nos desprazamentos realizados do seu centro de traballo ó lugar onde desenvolve a súa actividade. F) Gastos derivados de procesos de enfermidade grave: Declaración do IRPF de todos os integrantes da unidade familiar, sexa conxunta ou separada. Informe ou informes médicos do proceso de enfermidade. Todos os documentos que acompañen á solicitude deberán levar o selo de Rexistro de Entrada na Deputación Provincial. Os servizos médicos provinciais elevarán informe en todos os casos de solicitudes de préstamos para atender gastos por enfermidade, no que farán constar o seu parecer sobre a concesión dos mesmos a Comisión Paritaria Mixta. 5.- CONCESIÓN DOS PRÉSTAMOS SEN INTERESE.- Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e a correspondente documentación, o Servizo de Recursos Humanos no prazo máximo de 30 días naturais, clasificarán as solicitudes e formulará proposta á Comisión Paritaria Mixta, a cal elevará ó órgano correspondente da Deputación Provincial a proposta definitiva de adxudicación destes préstamos. Para elaborar a proposta de concesión dos préstamos darase preferencia a aquelas solicitudes que teñan un cociente de nivel de renda mais baixo. Neste sentido enténdese como renda familiar do peticionario/a, ós efectos de adxudicación dos préstamos sen interese, o cociente que resulte de dividir os ingresos familiares entre o número de membros da unidade familiar que figure na declaración ou declaración da renda. A Deputación Provincial dará publicidade as presentes Bases a través da súa colocación en todos os taboleiros de anuncios dos distintos Centros da Deputación. Non se tramitará unha nova solicitude de préstamo ata que o interesado teña amortizado a totalidade do anticipo ou préstamo que lle fora concedido con anterioridade. No suposto de que un funcionario a quén lle outorgase un préstamo sen interese causara baixa no seu posto de traballo, como consecuencia da extinción da súa relación laboral, concesión de calquera tipo de excedencia, permiso sen soldo ou suspensión da relación funcionarial, agás a dimanante de incapacidade temporal ou maternidade, o reintegro das cantidades non devoltas será practicado dentro do mesmo mes en que se produza a mencionada baixa. 6.- XUSTIFICACIÓN DOS PRÉSTAMOS SEN INTERESE.- Transcorrido un prazo máximo de 6 meses dende a concesión do préstamo deberán presentarse a través do Rexistro de Entrada da Deputación Provincial segundo corresponda: a) Factura ou facturas correspondentes nas que figuren o IVE e o NIF da empresa/s que realice ou subministre a obra ou na que se adquiran os mobles. b) Escritura acreditativa da adquisición ou construción da vivenda que constitúa a residencia única e habitual do peticionario. c) Xustificante de ter amortizado o préstamo bancario correspondente. d) Documento público de adquisición de garaxe, ou licenza municipal no caso de construción acompañada das facturas correspondentes nas que figure o IVE ou NIF da empresa que realice a obra. e) Factura de compra de vehículo particular debidamente cumprimentada. f) No caso de enfermidade grave as facturas que deriven do tratamento médico que reciba o afectado e gastos complementarios. Así mesmo, nos casos de construción ou adquisición de vivenda deberán presentarse documento público ou privado da adquisición ou construción no prazo dun ano. Se transcorridos estes prazos máximos de seis ou doce meses non se achegaran as facturas ou xustificantes, a Deputación Provincial procederá a descontar en nómina o 30% do salario mensual do peticionario/a, ata detraer a cantidade total concedida. Neste suposto o beneficiario/a non poderá optar a concesión dun novo préstamo sen interese ata que transcorra un prazo de vinte anos”. 10.16877.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE DIVERSOS TIPOS DE REACTIVOS PARA O LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE, DURANTE O ANO 2009 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 10 de decembro de 2008 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración de diversos reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade, por un importe máximo de 164.000,00 euros. IVE incluído, desagregado nos seguintes lotes: LOTE DENOMINACIÓN IMPORTE 1 Reactivos para a realización de análise de pensos e materias primas................ 58.000,00 € 2 Reactivos para a determinación de salmonella ssp en pensos, materias primas ou outros alimentos seguindo o protocolo do equipo minividas existente no centro......................................................................................................................... 50.000,00 € 3 Reactivos para a identificación de xermes e realización de antibiogramas en mostras de leite, seguindo as instrucións do equipo vitek 2 de que dispón o centro......................................................................................................................... 16.000,00 € 4 Reactivos para a realización de varias determinacións microbiolóxicas en pensos, materias primas e outras matrices........................................................... 40.000,00 € TOTAL............... 164.000,00 € Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración de diversos reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 248 de data 23 de decembro de 2008. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas efectuouse o día 12 de xaneiro de 2009, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das ofertas presentadas polas empresas, CIENTISOL, S.L. (Lote nº 1); BIOMÉRIEUX ESPAÑA, S.L. (Lotes números 2, 3 e 4) e OXOID, S.A. (Lote nº 4) as cales foron admitidas ó procedemento aberto, pasándose o expediente a informe dos técnicos do laboratorio da Finca Mouriscade desta Deputación. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 26 de xaneiro de 2009 e en base ó informe emitido pola Sra. Xefa do Laboratorio de Mouriscade, con data 20 de xaneiro de 2009, formula proposta para declarar deserto o lote número 1 ó conter a proposición económica da empresa Cientisol, S.L. erros manifestos de cálculo e presentar dita empresa a renuncia á posible adxudicación deste lote, e así mesmo formula proposta para adxudicar os lotes números 2, 3 e 4 á empresa Biomérieux España, S.L., motivado todo iso, no caso dos lotes número 2 e 3 por ser a única empresa presentada e no caso do lote número 4 por cumprir os requisitos esixidos neste procedemento aberto e por resultar a oferta máis vantaxosa de entre as presentadas e admitidas. Resultando que polo Servizo de Intervención emítese o documento Rc, con número de operación 200900005312, certificando a existencia de crédito dispoñible na partida 09/712.712.221.07, do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009 da Deputación Provincial de Pontevedra, aprobado por Resolución Presidencial número 19.101 de data 22 de decembro de 2008, por importe global de 164.000,00 euros. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público , no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado de 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª. 2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta De Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1. Declarar deserto o lote número 1 do procedemento aberto convocado para optar á adxudicación da subministración de diversos reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade, ó conter a única proposición económica presentada pola empresa Cientisol, S.L. (B-15869605), erros manifestos de cálculo que motivaron a renuncia da citada empresa á posible adxudicación deste lote. 2. Adxudicar provisionalmente, o lote número 2 deste procedemento aberto á empresa Biomérieux España, S.A. (C.I.F. A-28664589), para efectuar a subministración de reactivos para a determinación de salmonella ssp en pensos, materias primas ou outros alimentos seguindo o protocolo do equipo minividas existente no laboratorio da Finca Mouriscade, ata a cantidade máxima de cincuenta mil euros (50.000,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVA incluído) CALDO RAPPAPORT VASSILIADIS SOJA 20X10 ML 21,55 € 3,45 € 25,00 € CALDO MULLER- KAUFFMANN 20X10 ML 21,55 € 3,45 € 25,00 € CALDO M 20X10 ML 20,69 € 3,31 € 24,00 € VIDAS Immuno - Concentratión Salmonella (ICS), CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 225,00 € 36,00 € 261,00 € VIDAS Salmonella (SLM) CAIXA 60 DETERMINACIÓNS 283,62 € 45,38 € 329,00 € 3. Adxudicar provisionalmente, o lote número 3 deste procedemento aberto á empresa Biomérieux España, S.A. (C.I.F. A-28664589), para efectuar a subministración de reactivos para a identificación de xermes e realización de antibiogramas en mostras de leite, seguindo o protocolo do equipo Vitek existente no laboratorio da Finca Mouriscade, ata a cantidade máxima de dezaseis mil euros (16.000,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) TARXETAS DE IDENTIFICACION E SENSIBILIDADES PARA DISTINTOS XÉRMES, CAIXA DE 20 UNIDADES. 118,10 € 18,90 € 137,00 € 4. Adxudicar provisionalmente, o lote número 4 deste procedemento aberto á empresa Biomérieux España, S.A. (C.I.F. A-28664589), para efectuar a subministración de reactivos para a realización de varias determinacións microbiolóxicas en pensos, materias primas e outras matrices, ata a cantidade máxima de corenta mil euros (40.000,00 €), a razón dos seguintes prezos unitarios: TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVA incluído) AUGA PEPTONA TAMPONADA BOLSA 3 L 13,88 € 2,22 € 16,10 € MEDIO CROMOXÉNICO PARA E. COLI ,AGAR 200 ML 7,40 € 1,18 € 8,59 € MEDIO VRBG AGAR, PARA RECONTO ENTEROBACTERIAS, 200 ML 2,88 € 0,46 € 3,35 € MEDIO BAIRD PARKER + RPF, 100 ML 11,11 € 1,78 € 12,88 € MEDIO GELOSA SULFITO DE FERRO-AGAR CON SUPLEMENTO CICLOSERINA PARA RECONTO DE CLOSTRIDIUM PERFRINGENS 200 ML 5,49 € 0,88 € 6,37 € MEDIO SABORAUD CLORANFENICOL AGAR PARA ILLAMENTO SELECTIVO MOFOS, 100 ML 2,40 € 0,38 € 2,78 € 5. Conceder á empresa, Biomérieux España, S.A, adxudicataria dos lotes números 2, 3 e 4 do procedemento aberto correspondente á subministración de diversos reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade, un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar desde o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometeron a dedicar ou adscribir á execución do contrato. O importe das garantías definitivas a constituír pola empresa Biomérieux España, S.A. é o seguinte: Garantía definitiva lote número 2………….. 2.155,17 € Garantía definitiva lote número 3………….. 689,66 € Garantía definitiva lote número 4………….. 1.724,14 € 6. A efectos de poder contratar a subministración dos reactivos que figuran no lote número 1 deste procedemento aberto e tomando como base os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas aprobados por esta Xunta de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 10 de decembro de 2008, concédese un novo prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para a presentación de proposicións, en base ós seguintes prezos unitarios máximos. LOTE Nº 1.- REACTIVOS PARA A REALIZACIÓN DE ANÁLISE DE PIENSOS E MATERIAS PRIMAS..................................................................................................ATA UN MÁXIMO DE 58.000,00 EUROS. TIPO DE REACTIVO Prezo Unitario IVE Prezo Unitario (IVE incluído) SOLUCION ACIDA DETERXENTE RE 5 LITROS 38,79 € 6,21 € 45,00 € SOLUCION NEUTRA DETERXENTE RE 5 LITROS 30,17 € 4,83 € 35,00 € POTASIO HIDROXIDO 0,23 N 5 LITROS SV 27,59 € 4,41 € 32,00 € SULFURICO 0,1275 M SV 5 LITROS 39,66 € 6,34 € 46,00 € SODIO HIDROXIDO 32% PA 5 LITROS 27,59 € 4,41 € 32,00 € POTASIO SULFATO PA 5 KG 71,55 € 11,45 € 83,00 € COBRE II SULFATO V-HIDRATO 500G PA 15,52 € 2,48 € 18,00 € ACIDO BORICO 4% 5 LITROS RV 40,52 € 6,48 € 47,00 € ACIDO CLORHIDRICO 0.1N SV 1 LITRO 6,90 € 1,10 € 8,00 € ACIDO SULFURICO 95-97% PA 2.5 LITROS 22,41 € 3,59 € 26,00 € ETER PETROLEO 40-60º PA 5 LITROS 51,72 € 8,28 € 60,00 € ACIDO CLORHIDRICO 0,310 M (1,128%P/V) SV 5 LITROS 23,28 € 3,72 € 27,00 € CLORURO DE CESIO PA 100 G 99,14 € 15,86 € 115,00 € ACIDO CLORHIDRICO 37% 1 LITRO 10,34 € 1,66 € 12,00 € ACETONA, P. SINTESIS 5 LITROS 34,48 € 5,52 € 40,00 € ACIDO ACETICO GLACIAL, PA 1 LITRO 18,10 € 2,90 € 21,00 € ACIDO CLORHIDRICO, SOLUCION 3 mol/l (3 N), 10 LITROS 68,97 € 11,03 € 80,00 € ACIDO NITRICO MIN. 65 %, PA 15,52 € 2,48 € 18,00 € AMONIO TIOCIANATO 0,1 M (0,1 N), SV x 1 LITRO 15,52 € 2,48 € 18,00 € ETER DIETILICO, PA 5 LITROS 81,90 € 13,10 € 95,00 € FERRO (III) AMONIO SULFATO 12 HIDRATO, SOL. SATURADA, 1 LITRO 38,79 € 6,21 € 45,00 € PLATA NITRATO, 0,1 N, SV 1 LITRO 27,59 € 4,41 € 32,00 € REACTIVO CARREZ I , 5 LITROS 73,28 € 11,72 € 85,00 € REACTIVO CARREZ II, 5 LITROS 73,28 € 11,72 € 85,00 € SODIO HIDROXIDO 0,01 M (0,01 N), SV x 1 LITRO 10,34 € 1,66 € 12,00 € SODIO HIDROXIDO, SOLUCION 0,1 MOL/L (0,1), SV 1 LITRO 10,34 € 1,66 € 12,00 € SODIO SULFITO, PA 1 KG 17,24 € 2,76 € 20,00 € 11.16878.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “DOTACIÓN DE NOVO ALUMEADO EN ESTRADAS PROVINCIAIS DE PONTECESURES (EXPTE. D08/0103) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 19/11/2008, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Pontecesures para dotar dun novo alumado ás estradas provinciais de Pontecesures, cun orzamento de 238.957,26 €, IVE incluído. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 10 de decembro de 2008, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Dotación de novo alumeado en estradas provinciais de Pontecesures”, por un importe de 238.957,26 €, IVE incluído. Resultando que con data 19 de xaneiro de 2009, constitúese a Mesa de Contratación co obxecto de proceder ó estudo da documentación achegada polos licitadores, admitíndose as ofertas presentadas polas empresas IMESAPI, S.L., NAROM, S.L., CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A., SETGA, S.L., ELECTRICIDAD CRUCEIRO, S.L., SERVICIO DE AUTOMATISMO Y METAL, S.L.U., MONTAJES ELECTRICOS SALNÉS, S.L. (MELOSA), AERONAVAL DE CONSTRUCIONES E INSTALACIÓNS, S.A. (ACISA). E excluíndo as ofertas das Empresas INSTALACIONES ELECTRICAS DE SANXENXO, S.L. (INELSA) e ANDEONA SOLUCIONS, S.L. por ser presentadas fóra de prazo. Resultando que polo Director de Infraestruturas emítese informe relativo ás diversas ofertas admitidas de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto, estimando a oferta máis vantaxosa a formulada por Setga, S.L. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 26/01/2009, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas, formula proposta de adxudicación da obra a favor de Setga, S.L. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Excluír as ofertas das empresas Instalaciones Electricas de Sanxenxo S.L. (Inelsa) e Andeona Solucións, S.L. por ser presentadas fóra de prazo. 2.- Adxudicar provisionalmente a Setga, S.L. a obra de “Dotación de alumeado en estradas provinciais de Pontecesures” na suma de 164.592,11 €, máis 26.334,74 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de tres semanas, melloras valoradas en 56.602,70€ e o 2,05 % do orzamento de execución material para control de calidade. 3.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, con obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 8.229,60 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometeron a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 4.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, considerarase elevada a definitiva esta adxudicación. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 118,67 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no B.O.P. 12.16879.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “POLIDEPORTIVO EN PONTEAREAS.” Resultando que a Xunta de Goberno, 29/10/2008, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Ponteareas para levar a cabo a construción dun polideportivo, cun orzamento de 561.747,21 €, IVE incluído. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 3 de Decembro de 2008, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Polideportivo en Ponteareas”, por un importe de 561.747,21 €, IVE incluído. Resultando que con data 19 de xaneiro de 2009, constitúese a Mesa de Contratación co obxecto de proceder ó estudo da documentación achegada polos licitadores, admitíndose as ofertas presentadas polas empresas ORECO, S.A., UTE HIDROMIÑO, S.L.-MOVEX VIARIO, S.L., CONSTRUCCIONES JESUS MARTINEZ, DICSA, UTE CONSTRUCCIONES BENIGNO ALVAREZ, S.L.-CONMER MASIDE, S.L., CONSTRUCCIONES FERNANDEZ SARMIENTO, S.A.-ACIBEIRO, S.L. UTE, UTE JOSYBEM, S.L.-PARAXE CONSTRUCCIONES, UTE TERRAUGA PROYECTOS Y OBRAS, S.L.-DIVICOTEL, S.L., CONSTRUCCIONES ABAL, S.L., SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A., WINTERRA, S.A., BELYPA CONSTRUCCIONES, S.L. e CONSTRUCCIONES REGINO GIRALDEZ BOO, S.A. Así mesmo a Mesa de Contratación acorda excluír a oferta da empresa PROYECON GALICIA, S.A. por non achegar a documentación administrativa. Resultando que polo Arquitecto Provincial emítese informe sobre as ofertas admitidas, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no procedemento de contratación da obra, estimando a máis vantaxosa a formulada por SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 27/01/2009, á vista do informe emitido polo Arquitecto Provincial, formula proposta de adxudicación da obra a favor de SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade 1.- Excluír a oferta da empresa PROYECON GALICIA, S.A. tendo en conta que non achegou a documentación administrativa. 2.- Adxudicar provisionalmente a SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. a obra de “Polideportivo en Ponteareas” na suma de 434.385,56 €, máis 69.501,69 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de catro meses, melloras valoradas en 10.000,00 € e o 2,50 % do orzamento de execución material para control de calidade. 3.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, con obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 21.719,28 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometeron a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 4.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, considerarase elevada a definitiva esta adxudicación. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 116,87 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no BOP. 13.16880.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DUN CAMIÓN CON CUÑA QUITANEVES E ESPALLADOR DE SAL PARA UTILIZAR NA ZONA NORTE DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 29 de outubro de 2008 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración dun camión con cuña quitaneves e espallador de sal para utilizar na zona norte da provincia de Pontevedra, por importe de 150.800,00 euros, correspondendo 130.000,00 euros ó prezo do contrato e 20.800,00 ó IVE. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración dun camión con cuña quitaneves e espallador de sal para utilizar na zona norte da provincia de Pontevedra, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 217 de data 7 de novembro de 2008. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas efectuouse o día 26 de novembro de 2008, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das ofertas presentadas polas empresas, Inturasa Pérez Rumbao, S.A.; Dalonga, S.A. e Automoción A Junquera, S.L., as cales foron admitidas a este procedemento aberto. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 3 de decembro de 2008 e en base ó informe emitido polo Sr. Director de Infraestruturas, con data 3 de decembro de 2008, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa, Automoción la Junquera, S.L. motivado todo iso por cumprir os requisitos esixidos neste procedemento aberto e por resultar a oferta máis vantaxosa de entre as presentadas e admitidas. Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 3 de decembro de 2008 adxudicóuselle provisionalmente á empresa, Automoción la Junquera, S.L. (C.I.F. B-36.181.899) o contrato para efectuar a subministración dun camión con cuña quitaneves e espallador de sal para utilizar na zona norte da provincia de Pontevedra. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 2 de xaneiro de 2009 e que a empresa Automoción la Junquera, S.L., presentou a documentación requirida, entre a que se atopa unha garantía definitiva por importe de 6.295,00 euros depositada na Tesourería desta Deputación con data 20/01/2009 e número de operación 200900003391, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público , no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª.2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar definitivamente á empresa Automoción la Junquera, S.L. (C.I.F. B-36.181.899), o procedemento aberto convocado para contratar a subministración dun camión con cuña quitaneves e espallador de sal para utilizar na zona norte da provincia de Pontevedra coas melloras, prazo de entrega e prezo que se recollen na proposición económica presentada por dita empresa, a cal figura no expediente e cuxo detalle é o seguinte: A) Prezo sen IVE………………………………………………… 125.900,00 € B) Imposto sobre o valor engadido (IVE) …………………… 20.144,00 € C) TOTAL OFERTADO (A+B) ……………………………… 146.044,00 € 2. O pago desta subministración efectuarase con cargo á partida 511.511.623.01 do Orzamento Provincial do exercicio de 2008, na actualidade en trámite de efectuar a pertinente reincorporación de remanentes. 3. A empresa adxudicataria Automoción la Junquera, S.L., deberá aboar na Caixa desta Deputación a cantidade de 142,04 euros en concepto de gastos do anuncio relativo á convocatoria deste procedemento aberto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 14.16881.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DUNHA RETRO PA DE RODAS PARA O PARQUE DE MAQUINARIA A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 29 de outubro de 2008 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración dunha retro pa de rodas para o Parque de Maquinaria por importe de 75.000,00 euros, correspondendo 64.655,17 euros ó prezo do contrato e 10.344,83 euros ó IVE. Resultando que nos pregos que rexen esta contratación estableceuse que o contrato se financie mediante un pago en efectivo ata un importe máximo de 73.840,00 euros con cargo á partida 511.511.623.01 do Orzamento Provincial do ano 2008 e o resto cun pago en especie consistente na entrega dunha retro pa marca FAI, matrícula PO-34589-VE, propiedade da Deputación Provincial de Pontevedra, valorada en 1.160,00 euros. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración dunha retro pa de rodas para o Parque de Maquinaria publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 217 de data 7 de novembro de 2008. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas efectuouse o día 26 de novembro de 2008, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das ofertas presentadas polas empresas, Volmaquinaria de Construcción España, S.A.U.; Comercial Custodio, S.L.; Agrícola Ourensana, S.L.; Motivo JCB Galicia, S.A.; Finanzauto, S.A.; Baygar, S.L. e Groinsa, S.L., as cales foron admitidas a este procedemento aberto. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 22 de decembro de 2008 e en base ó informe emitido polo Xefe Xeral do Parque de Maquinaria, con data 10 de decembro de 2008, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa, Comercial Custodio, S.L. motivado todo iso por cumprir os requisitos esixidos neste procedemento aberto e por resultar a oferta máis vantaxosa de entre as presentadas e admitidas. Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 23 de decembro de 2008 adxudicóuselle provisionalmente á empresa, Comercial Custodio, S.L. (C.I.F. B-36.137.099) o contrato para efectuar a subministración dunha retro pa de rodas para o Parque de Maquinaria. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 8 de xaneiro de 2009 e que a empresa Comercial Custodio, S.L., presentou a documentación requirida, entre a que se atopa unha garantía definitiva por importe de 3.135,50 euros depositada na Tesourería desta Deputación con data 12/01/2009 e número de operación 200900001649, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª. 2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar definitivamente á empresa Comercial Custodio, S.L. (C.I.F. B-36.137.099), o procedemento aberto convocado para contratar a subministración dunha retro pa de rodas para o Parque de Maquinaria coas melloras, prazo de entrega e prezo reflectido na proposición económica presentada por dita empresa, a cal figura no expediente e cuxo detalle é o seguinte: A) Prezo sen IVE…………………………………………….. 62.710,00 € B) Imposto sobre o valor engadido (IVE) ………………… 10.033,60 € C) Valoración retro pa usada matrícula PO-34589-VE … 1.160,00 € D) TOTAL OFERTADO (A+B-C) …………………………… 71.583,60 € 2. O pago desta subministración efectuarase mediante o aboo de 71.583,60 €, con cargo á partida 511.511.633.01 do Orzamento Provincial do exercicio de 2008, na actualidade en trámite de efectuar a pertinente reincorporación de remanentes e o resto coa entrega dunha retro pa marca FAI, matrícula PO-34589-VE, propiedade da Deputación Provincial de Pontevedra, valorada en 1.160,00 euros, a cal será dada de baixa no inventario de bens de conformidade co estipulado no artigo 270. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 3. A empresa adxudicataria Comercial Custodio, S.L., deberá aboar na Caixa desta Deputación a cantidade de 160,02 euros en concepto de gastos do anuncio relativo á convocatoria deste procedemento aberto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 15.16882.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota