ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/02/11_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.378/1.2009-02-11_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/02/11_Ordinaria

  • Data(s) 2009-02-11 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e cinco minutos do día once de febreiro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e D. Agustín Reguera Ocampo, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal nin o señor deputado D. Julio Alén Montes. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.16899.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 4 de febreiro de 2009. 2.16900.- DEVOLUCIÓN DA GARANTÍA DEPOSITADA POLO CONCELLO DE RIBADUMIA PARA RESPONDER DA SÚA ACHEGA OBRAS DE “PISTA POLIDEPORTIVA EN SISÁN” E “PISCINA MUNICIPAL” Resultando que pola Comisión de Goberno, en sesión de 30/01/2003, adxudicou as obras de “Piscina Municipal” e “Pavillón Polideportivo en Sisán”, en Ribadumia, a executar ó amparo do Convenio Xunta-Deputación sobre infraestruturas deportivas, para o que o concello, para responder da súa achega ás obras, depositou unha garantía mediante aval de Caixanova por importe de 120.205,42 €, de acordo coa carta de pago nº 200200104696, de data 11/12/2002. Resultando liquidadas as obras o concello de Ribadumia solicita a devolución do referido aval dado que procedeu ó pago das súas achegas para a execución das obras. E, á vista do informe favorable emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da garantía depositada polo concello de Ribadumia para responder da súa achega ás obras de “Piscina Municipal” e “Pavillón Polideportivo en Sisán”, constituída mediante aval de Caixanova, por importe de 120.205,42 €, de acordo coa carta de pago nº 200200104696, de data 11/12/2002. 3.16901.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: GRUPO NORTE MCA, S.L. (CIF B- 36.220.135) • A constituída en valores, mediante aval de CAJA MADRID, por importe de dous mil catrocentos oitenta e cinco euros (2.485,00 €), para responder do contrato para a “Organización do VIII Certame Provincial de Bandas de Música de Pontevedra”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 17/10/2008 con número de operación 200800089041, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GRUPO NORTE MCA, S.L. (CIF B- 36.220.135) • A constituída en valores, mediante aval de CAJA MADRID, por importe de dous mil catrocentos noventa e dous euros con cincuenta céntimos (2.492,50 €), para responder do contrato para a “Organización dos primeiros Concursos Zonais de Bandas de Música da Deputación Provincial de Pontevedra”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/07/2008 con número de operación 200800059684, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.16902.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN DE GASÓLEO “A”, CON DESTINO Ó ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA DURANTE O ANO 2009 O Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria, mediante escrito de data 16 de xaneiro de 2009, solicita que se contrate a subministración de gasóleo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Parque de Maquinaria durante o ano 2009. Na proposta figura que a Deputación de Pontevedra non se compromete a solicitar unha cantidade mínima de gasóleo, senón que realizará as peticións en función das súas necesidades ata a cantidade de 230.000,00 €, IVE e impostos incluídos. Resultando que polo Servizo de Intervención emítese o documento RC de data 4 de febreiro de 2009, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 230.000,00 € para facer fronte ás obrigas derivadas deste contrato, con cargo á partida 09/511.511.221.03 do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que terán que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación proponse que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 9 de febreiro de 2009. Resultando que con data 9 de febreiro de 2009, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data elabórase o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da subministración de gasóleo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Parque de Maquinaria durante o ano 2009. Resultando que con data 10 de febreiro de 2009, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 9 tipifica a este contrato como “de subministro” ó ter por obxecto a adquisición de produtos ou bens mobles e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da referenciada Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 €. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da subministración de gasóleo “A” con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2009, ata un importe máximo de 230.000,00 euros, IVE e impostos incluídos. Debido a que o prezo do petróleo nos últimos anos fluctúa, como norma xeral, á alza, solicitarase que as empresas licitadoras efectúen as súas ofertas en función do parámetro DELTA, que non poderá ser superior a 0,06 euros/litro, da fórmula CIxCDxD+DELTA+II.EE I.V.M.H.+IVE, sendo o importe a pagar por factura o resultado de devandita fórmula. Sendo: • CI: Cotización Internacional ALTA GORGOES CIF NWE, BASIS ARA, concretamente a media aritmética das cotizacións válidas a semana anterior (de luns a venres) en que se realiza a subministración. O período de vixencia de cada prezo semanal será por conseguinte de sábado ás 00:00 horas ó venres seguinte (PLATTS EUROPEAN MARKETSCAN). • CD: O valor de cambio de divisas (euros/US Dólar) en base á media aritmética da semana anterior en que realiza a subministración. • D: Densidade do tipo de carburante correspondente. • DELTA: Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenamento, transporte tanto primario como capilar, gastos xerais, etc. • I.I.E.E.: Impostos especiais. • I.V.M.H: Imposto sobre vendas minoristas de determinados hidrocarburos. • I.V.E: Valor en cada momento. 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3. Autorizar o gasto polo importe máximo de 230.000,00 €, con cargo á partida 09/511.511.221.03 do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da subministración de gasóleo “A” con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2009, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 143.2 da citada Lei 30/2007. Dito Prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE GASÓLEO “A” CON DESTINO Ó ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA DURANTE O ANO 2009 1.- OBXECTO.- A subministración de gasóleo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Centro Xestor do Parque de Maquinaria da Deputación de Pontevedra durante o ano 2009. A Deputación de Pontevedra non se compromete a solicitar unha cantidade mínima de gasóleo, senón que realizará as peticións en función das súas necesidades ata a cantidade máxima estipulada na cláusula sétima de 230.000,00 €, IVE e impostos incluídos. No Prego de prescricións técnicas que se une como anexo desenvólvese con máis detalle o obxecto do contrato. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 09/511.511.221.03 do orzamento prorrogado de 2008 ó 2009. 3.- PAGO.- O pago do prezo efectuarase tras a presentación das correspondentes facturas e unha vez prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. Deberase achegar, como anexo ás facturas, un escrito onde se desagreguen os índices aplicables á formula sinalada na cláusula sexta. 4.- PRAZO E LUGAR DE ENTREGA.- A empresa adxudicataria realizará a descarga do gasóleo no depósito instalado no Parque de Maquinaria da Deputación na cidade de Pontevedra, sendo os gastos de transporte e descarga por conta do adxudicatario, tal como sinala o artigo 273 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. A entrega deberá ser efectuada no prazo máximo de 24 horas a contar dende a solicitude da subministración polo Parque de Maquinaria. 5.- DURACIÓN DO CONTRATO.- A duración do contrato establécese dende o día seguinte á formalización do mesmo ata o día 31 de decembro de 2009, sempre que non se esgote antes a cantidade estimada de 230.000,00 € que finalizaría o mesmo. 6.- TIPO DE LICITACIÓN.- Os licitadores terán que realizar as súas ofertas en función do parámetro DELTA da fórmula que se indica a continuación, sendo o importe a pagar por factura o resultado de dita fórmula. A oferta do parámetro DELTA, será efectuada en función dos EUROS/LITRO e non poderá ser superior a 0,06. CIxCDxD DELTA II.EE I.V.M.H. IVE Sendo: CI: Cotización Internacional ALTA GORGOES CIF NWE, BASIS ARA, concretamente a media aritmética das cotizacións válidas a semana anterior (de luns a venres) en que se realiza a subministración. O período de vixencia de cada prezo semanal será por conseguinte de sábado ás 00:00 horas ó venres seguinte (PLATTS EUROPEAN MARKETSCAN). -CD: O valor de cambio de divisas (euros/US Dólar) en base á media aritmética da semana anterior en que realiza a subministración. -D: Densidade do tipo de carburante correspondente. -DELTA: Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenamento, transporte tanto primario como capilar, gastos xerais, etc. -I.I.E.E.: Impostos especiais. -I.V.M.H: Imposto sobre vendas minoristas de determinados hidrocarburos. -I.V.E: Valor en cada momento. 7.- ORZAMENTO.- O contrato orzaméntase ata a cantidade máxima de douscentos trinta mil euros (230.000,00 €), IVE e Impostos incluídos. 8.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 66 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 49 de dita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizou a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Os licitadores interesados en participar na adxudicación deste contrato quedan dispensados da constitución da garantía provisional en consonancia co disposto no artigo 91 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 10.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles contados a partir do seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, nese caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no parágrafo anterior. A garantía definitiva terá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 11.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 11.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), en horario de 9 a 13 horas, durante un prazo de quince días naturais (artigo 143.2 da LCSP), a contar dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 11.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE GASÓLEO “A” PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase a documentación obxecto de ser valorada neste procedemento aberto, polo que no mesmo deberá figurar a seguinte documentación: 1. Proposición económica. -Axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. 2. Proposta do apoio técnico da subministración. -Infraestrutura e servizos, Horarios, formas de petición, persoal que realizará a subministración, etc. 3. Melloras. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade de ditas cláusulas ou condicións, sen excepción ou reserva algunha. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE GASÓLEO “A” PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose exixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor ir a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Declaración de cifras de negocio globais das subministracións realizadas nos tres últimos exercicios. c) Declaración do material, instalacións e equipo técnico do que dispoña o empresario para a realización do contrato. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos apartados anteriores (do punto 1, 2 e 5) poderase realizar mediante a certificación, orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 12.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada do seguinte xeito: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Deputación. -O Interventor da Deputación. -O Director Xeral de Infraestruturas da Deputación. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Deputación. 13.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, en acto público, o Presidente da Mesa de Contratación procederá á apertura dos Sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 14.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios que servirán de base para a adxudicación deste procedemento aberto, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1. Menor prezo ofertado, ata un máximo de cinco puntos. 2. Melloras ofertadas, ata un máximo de dous puntos. Para a súa valoración teranse en conta as seguintes: -Limpeza do depósito e dotación de medios necesarios para garantir a subministración durante a execución dos traballos. -Outras melloras. 3. Apoio técnico á subministración, ata un máximo de dous puntos. 4. Prazo de entrega, ata un máximo dun punto. A valoración dos apartados 1 e 4 efectuarase aplicando a seguinte fórmula. 15.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, á vista da proposta da Mesa de Contratación, clasificará as proposicións presentadas e admitidas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra (www.depo.es) ou no Boletín Oficial da Provincia. 16.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela en o perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometeron a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 17.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizou o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 19.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación de Pontevedra difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 20.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista estará obrigado a entregar a subministración do gasóleo “A” para abastecer as máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria no tempo e lugar fixados no contrato e de conformidade coas prescricións técnicas e cláusulas administrativas. O adxudicatario non terá dereito a indemnización por causa de perdas, avarías ou prexuízos ocasionados no gasóleo antes da súa entrega á Deputación de Pontevedra, salvo que esta incorrera en mora ó recibilos. 21.- RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS O DEFECTOS DURANTE O PRAZO DE GARANTÍA.- Se durante o prazo de garantía se acreditase a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados terá dereito a Administración a reclamar do contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación de ditos bens non serán bastantes para lograr aquel fin, poderá, antes de expirar devandito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obriga de pago ou tendo dereito, no seu caso, á recuperación do prezo satisfeito. Terminado o prazo de garantía sen que a Administración formalice algún dos reparos ou a denuncia a que nos referimos, o contratista quedará exento de responsabilidade por razón dos bens subministrados. 22.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 206 e 275 da LCSP. 23.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 24.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de devandita Xurisdición. 25.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don....................................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa..........................................con C.I.F.- número........................ e domicilio en ..............................., teléfono.................... fax……………..segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Estando interesado en tomar parte no procedemento aberto con multiplicidade de criterios convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra para a SUBMINISTRACIÓN DE GASÓLEO “A” PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA, fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas económicas-administrativas e técnicas que rexe dito contrato e que se compromete a realizar a subministración con suxeición ó mesmo, de acordo ó seguinte detalle: • Polo prezo do parámetro DELTA, en función da fórmula indicada na cláusula 6ª, de …………..euros/litro. • Prazo máximo de entrega será de …….. horas. (non poderá superar o estipulado na cláusula 4ª). • Ofértase como melloras ós contidos expostos no Prego de condicións: (Enumerar e valorar). (Data e sinatura do propoñente).” 5.16903.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.16904.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE POIO, PARA A REALIZACIÓN DA ACTUACIÓN Nº 22 DENOMINADA “MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM PARA REGULACIÓN DE ALTURAS E CERRAMENTOS CON FRONTE A DOUS OU MÁIS VIEIROS DE DIFERENTE RASANTE” INCLUÍDA NO PROGRAMA DE PLANEAMENTO URBANÍSTICO XERAL - 2006 Dada conta da solicitude de aboo da xustificación remitida polo do Concello de Poio, correspondente a actuación núm. 22 denominada “Modificación puntual do PXOM para regulación de alturas e cerramentos con fronte a dous o mais vieiros de diferente rasante” incluída no Programa de Planeamento Urbanístico Xeral-2006, á vista do informe de Intervención de data 6 de febreiro de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de mil euros (1.000,00€), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do Concello de Poio. Declarar o aboo da cantidade de mil euros (1.000,00€), con cargo a partida 09/911.911.462.09-2006, como pago da subvención concedida ó Concello de Poio para a realización da actuación núm. 22 denominada “Modificación puntual do PXOM para regulación de alturas e cerramentos con fronte a dous ou mais vieiros de diferente rasante”, incluída no Programa de Planeamento Urbanístico Xeral-2006. 7.16905.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO 1º.- Mediante escrito de data 4 de febreiro de 2009, número de Rexistro de Entrada 03381, D. Roberto Martínez Padín, funcionario de carreira, Delineante, adscrito ó Servizo de Arquitectura, presenta solicitude na que expón que “Na Universidade Europea de Madrid abriuse prazo de matrícula para a obtención do título de Grao en Enxeñería de Edificación, que é a que substitúe a actual titulación de Arquitectura Técnica, segundo o novo catálogo de titulacións adaptado ó Espazo europeo de Ensinanzas superiores. Dito curso contemple a docencia repartida ó longo de catro meses, distribuídos en sesións intensivas de venres e sábado, e o resto mediante formación “on-line”. A datas das clases serán en Madrid: 13 e 14 de marzo; 3, 4, 24,e 25 de abril; 22 e 23 de maio;5, 6, 19 e 20 de xuño de 2009, e en Vigo: 27 e 28 de marzo, 17 e 18 de abril, 8, 9, 29 e 30 de maio; 12, 13, 26 e 27 de xuño.” 2º.- Por todo iso, solicita axuda para financiar os dereitos de matrícula, que ascenden á cantidade de 6.500,00 €, así como permiso para asistir ó Curso e Obter o Grao en Enxeñería de Edificación, para o cal debe ausentarse do seu posto de traballo nas datas que se detallan: - En xornada completa: 13 de marzo, 3 e 24 de abril, 22 de maio, 5 e 19 de xuño. - En media xornada: 27 de marzo, 17 de abril, 8, 29 de maio, 12 e 26 de xuño. 3º.- A solicitude é informada favorablemente polo Xefe de Servizo e por D. José Juan Durán Hermida, Vicepresidente. 4º. Examinado o contido da solicitude, así como os antecedentes que obran no expediente emítese proposta de Acordo, motivada na seguinte, • FUNDAMENTACIÓN XURÍDICA: A solicitude presentada por D. Roberto Martínez Padín consta de dous supostos de feito diferenciados que precisan de distinto tratamento: a.- “Axuda Económica”, para financiar os dereitos de matrícula que ascenden á cantidade de 6.500,00 €. b.- “Permiso”, para ausentarse nas datas que detalla, para asistir ó curso de obtención do Título de Grao en Enxeñería de Edificación. A) AXUDA ECONÓMICA: Por Acordo da Xunta de Goberno número 9.14880, de 9 de marzo de 2007, aprobouse a normativa reguladora das licenzas e axudas económicas para a asistencia a “Cursos, conferencias, Congresos, Seminarios, Xornadas e Reunións”. O apartado noveno dispón que “as licenzas e axudas a que se refiren estas normas son distintas e independentes das que a Corporación poida conceder para a realización de estudos en cursos académicos regulares (…)”. Examinado o suposto de feito que nos ocupa, o mesmo entraría no ámbito das Bases para a concesión de Axudas de Estudos Universitarios 2008-2009, aprobadas pola Xunta de Goberno en reunión celebrada o día 17 de decembro de 2008, a proposta da Comisión Paritaria Mixta. O punto quinto das devanditas Bases, apartado A), contempla a axuda económica máxima para os funcionarios de carreira e laborais fixos que cursen estudos de grao medio ou superior, cursos de postgraos, cursos da escola de idiomas, CAP, DEA, entre outros, en cuxo suposto se percibirá o 50% do custo da matrícula, e de efectuarse en centros ou universidades privadas, a mesma porcentaxe equivalente a unha carreira ou materia similar dun centro público, non estando suxeitos ós límites previstos na táboa de módulos da Base Cuarta. O prazo para a presentación destas solicitudes finalizou o pasado 31 de xaneiro de 2009, polo que non procedería acceder ó solicitado. B) PERMISO: Respecto ó permiso para ausentarse do seu posto de traballo nas datas solicitadas, o artigo 6, apartado a) do V Acordo Regulador para funcionarios da Deputación Provincial de Pontevedra, dispón que “Poderá concederse Licenza para realizar cursos sobre materias directamente relacionadas co posto de traballo, ou coas súas posibilidades de promoción profesional, (…)”. A Disposición Derrogatoria Única a) do Estatuto Básico do Empregado Público, en adiante (LEBEP), declara vixente o artigo 72 LF/1964, ó non ser obxecto de derrogación expresa e tampouco resultar incompatible co contido da LEBEP. O artigo 72.1 LF/1964 declara “Poderán concederse licenzas para realizar estudos sobre materias directamente relacionadas coa función pública, previo informe favorable do superior xerárquico correspondente, e o funcionario terá dereito ó percibo do soldo e complemento familiar.” A natureza xurídica do curso solicitado: “Obtención do Título de Grao en Enxeñería de Edificación”, non reviste o carácter de “Licenza por Estudos”, xa que non se trata da realización dun Curso de Formación en si mesmo, senón da obtención dun título habilitante para o desempeño ou exercicio dunha profesión, non obstante, tendo en conta que: - A solicitude é informada favorablemente polo Xefe de Servizo e o Vicepresidente. - A obtención do Título de Grao supón posibilitar a promoción profesional do traballador, ó estar directamente relacionado co desempeño de funcións no Servizo ó que está adscrito. - Que a Exposición de Motivos do LEBEP, establece que a formación se articula como unha ferramenta válida para optimizar o elemento humano da organización en proveito da eficiencia na dación de servizos, co fin de motivar ós funcionarios públicos para obter eficiencia no seu traballo, facilitarlles a formación axeitada, posibilitarlles a promoción profesional, actuando para iso con criterios racionais e flexibles na xestión. - Que artigo 14.g da Lei 7/2007, do LEBEP recoñece como dereito propio dos empregados públicos: “á formación continua e á actualización permanente dos seus coñecementos e capacidades, (…)”. - Igualmente, na Avaliación de Desempeño do posto de traballo, artigo 20.3º LEBEP, pondérase a formación como elemento do rendemento no posto de traballo, Por todo iso procedería acceder ó solicitado. De acordo co exposto, a Xunta de Goberno, en virtude das competencias atribuídas polo artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, acorda por unanimidade acceder parcialmente ó solicitado e autorizar que D. Roberto Martínez Padín, Delineante, se ausente do seu posto de traballo os seguintes días: - 13 e 27 de marzo 2009. - 3, 17 e 24 de abril 2009. - 8, 22 e 29 de maio 2009. - 5, 12, 19 e 26 de xuño 2009, para asistir ás clases presenciais (seis sesións en Madrid) e (seis sesións en Vigo) para a obtención do Título de Grao en Enxeñería de Edificación, e desestimar a solicitude de axuda económica para financiar os dereitos de matrícula, por presentación fóra de prazo e á marxe do procedemento establecido ó efecto. 8.16906.- CONVOCATORIA E BASES DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA PARA O ANO 2009 No marco de o IV Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas e con cargo á subvención que esta Deputación Provincial solicitou ó INAP para o Plan Agrupado de Formación do ano 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a Convocatoria e Bases que terán que rexer a asistencia ás accións formativas programadas para este ano. Ditas Bases son como seguen: “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA PARA O ANO 2009 B A S E S PRIMEIRA.- Destinatarios: Persoal da Deputación Provincial e Organismos Autónomos e dos Concellos que se adheriron o Plan Agrupado de Formación, do que forman parte os seguintes: Agolada, Arbo, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas de Morrazo, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelos de Montes, O Grove, A Garda, Illa de Arousa, A Lama, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vilagarcía, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa. SEGUNDA.- NORMAS XERAIS DE INSCRICIÓN.- 2.1.- Poderán participar nas accións formativas que se convoquen, os destinatarios contemplados na Base Primeira, que se atopen en Servizo Activo, ou o persoal que estea gozando dun permiso por parto, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, adopción internacional ou en excedencia por coidado de fillos e familiares, que poderán participar nos cursos consonte establece o artigo 57.4, e 76.4 do Decreto lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da Función Pública de Galicia. 2.2.- Durante o ano soamente se poderá solicitar un máximo de seis (6) Cursos. 2.3.- En ningún caso se poderá participar nun curso se xa se fixo previamente, excepto se fai máis de cinco anos que se realizou, e haxa menos solicitudes que prazas. 2.4.- Non se poderá participar nunha actividade formativa se ó inicio do curso estase en situación de incapacidade temporal, quedando automaticamente excluído/a da relación de aspirantes seleccionados. Esta circunstancia deberá ser comunicada por escrito ó Servizo de RR.HH. e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra, para poder cubrir a vacante e evitar a penalización, que suporá o non ser admitido en ningunha outra actividade formativa non transcurso dos doce (12) meses seguintes ó coñecemento desta circunstancia, así como a non expedición do Diploma correspondente á Acción Formativa na que participou. 2.5.- Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nas mesmas datas. Non caso de que se detecte con posterioridade, non se acreditará ningún dos cursos. 2.6.- A falsidade ou ocultación de datos para a xestión dos cursos, dará lugar á exclusión automática do curso ou cursos solicitados, así como a imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano, computado desde a data na que se detecte o feito. 2.7.- No caso de que o profesional seleccionado para a realización dunha actividade formativa decide non asistir a ela, deberá comunicar a súa renuncia ó Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra, como mínimo cun (1) día natural de antelación á data de inicio. De non facelo así, salvo causa xustificada debidamente valorada, non será admitido en ningunha outra actividade formativa non transcurso dos doce (12) meses seguintes ó coñecemento desta circunstancia. A renuncia fóra de prazo ou o abandono das actividades en causa xustificada documentalmente, levará unha valoración negativa das solicitudes que realice durante o prazo dun ano, computada dende a data na que se produza o feito. TERCEIRA.- Solicitudes: Ás persoas que desexen participar nos cursos programados deberán solicitalo no modelo oficial de instancia que figura ó final da Convocatoria, Anexo II cuberto en todos os epígrafes. Ás solicitudes dirixidas o Sr. Presidente da Corporación Provincial, presentaranse a través do Rexistro Xeral deste Organismo Provincial ata o día 13 de marzo de 2009. Poderán ser excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan correctamente cubertos os datos necesarios para realizar o proceso de selección de alumnos. CUARTA.- AGRUPACIÓN POR ZONAS.- Nas actividades formativas detalladas no Anexo I agrupadas por zonas, serán destinatarios preferentes os traballadores/ás dos Concellos que formen parte de cada unha delas, se ben para os supostos nos que non haxa suficientes solicitudes, poderán participar os empregados/as doutros Concellos. QUINTA.- Selección: Os participantes serán seleccionados consonte os seguintes criterios: 1º.- Ser necesariamente destinatario, de conformidade co establecido no Anexo para cada curso. Serán excluídos os que xa teñan feito o mesmo curso, nos termos detallados na Base segunda, punto terceiro. 2º.- Unha vez aplicado o criterio anterior, de existir máis solicitudes que prazas, Terán preferencia na selección os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e os obxectivos do curso. 3º.- En caso de empate, terán preferencia aqueles alumnos que teñan menor número de cursos realizados non ano anterior. 4º.- Terán prioridade os empregados públicos con vínculo fixo sobre os temporais. 5º.- Terán prioridade os empregados con maior número de tempo de servizos prestados, acreditados coa certificación correspondente. 6º.- e, os que posúan o menor número de cursos realizados nesta Deputación, Escolas, Institutos de Administración Pública ou outros similares. SEXTA.- Modificacións: A Deputación Provincial reservar a facultade de interpretar e resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento dos cursos, así como de cancelalos se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización. SÉTIMA.- Certificado de asistencia: Outorgaráselles un certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nos cursos, sempre e cando a súa inasistencia (con ou sen xustificación) non sexa igual ou superior ó 10 % das horas lectivas programadas. A superación deste límite, sexa cal sexa a causa, imposibilitará a expedición do certificado. OITAVA.- Outros Cursos: os cursos programados para o ano 2009, en colaboración co INAP, rexeranse pola súa normativa específica.” 9.16907.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 10 de febreiro de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2008, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900000112 e que conten cento vinte e seis facturas, sendo a primeira de C. Esgon, S.L., por importe de 1.233,59 € e a derradeira de Planoprint, S.L.N.E., por importe 223,30 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 131.881,00 € Descontos do IRPF 406,79 € Descontos do IVE soportado deducible 51,88 € Total líquido 131.526,09 € 10.16908.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “CENTRO CULTURAL NO NÚCLEO URBANO DE CERDEDO” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 06/08/2008, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Cerdedo para a construción dun centro cultural no núcleo urbano, cun orzamento de 1.262.310,36 €, IVE incluído. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 26 de novembro de 2008, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Centro Cultural no núcleo urbano de Cerdedo”, por un importe de 1.262.310,36 €, IVE incluído. Resultando que con data 19 de xaneiro de 2009, se constitúe a Mesa de Contratación co obxecto de proceder ó estudo da documentación achegada polos licitadores, admitíndose todas as ofertas presentadas, que foron as seguintes: UTE Construcciones Benigno Alvarez, S.L.-Conmer Maside, S.L., Movex Vial, S.L., Cabbsa, Construcciones Jesus Martinez, Construcciones Abal, S.A., GPD Construcciones, S.L., UTE Terrauga Proyectos y obras, S.A.-Divicotel, S.L., UTE Josybem, S.L.-Paraxe Construcciones, Construcciones Fernandez Sarmiento, S.A.-Acibeiro, S.L. UTE, Sercoysa Proyectos y Obras, S.A., Indeza Edificacion y Obra Civil, S.L., Proyecon Galicia, S.A., Winterra, S.A., Ageco Varela Collazo UTE, Framiñan Empresa Constructora y Antalsis Construccion e Servizos, S.L. Resultando que polo Xefe da Unidade de Proxectos do Servizo de Arquitectura se emite informe sobre as ofertas admitidas, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no procedemento de contratación da obra, alcanzando a máxima puntuación a formulada por Construcciones Abal, S.A. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 10/02/2009, á vista do informe emitido polo Xefe da Unidade de Proxectos do Servizo de Arquitectura formula proposta de adxudicación da obra. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar provisionalmente a Construcciones Abal, S.A. a obra de “Centro Cultural no núcleo urbano de Cerdedo”, na suma de 905.925,86 €, máis 144.948,14 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de nove meses, melloras valoradas en 22.000,00 € e o 3,00% do orzamento de execución material para control de calidade. 2. Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 45.296,29 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir a execución do contrato. 3. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, considerarase elevada a definitiva esta adxudicación. 4. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 116,87 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no B.O.P. 11.16909.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “CONSTRUCCIÓN DE SILOS NA FINCA MOURISCADE” (EXPTE. D08/0119) Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 23 de decembro de 2008, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra “Construción de silos na Finca Mouriscade”, con orzamento de 113.906,36 €, IVE incluído. Resultando que se remitiu escrito ás empresas Luis Taboada, S.L., Mongasa, S.L.. e Construccions, Obras e Viais, S.A., por medio do que as convidaba a presentar ofertas para a execución da devandita obra, presentándoas no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que polo Director do Servizo Agrario se emitiu informe relativo ás ofertas presentadas estimando a oferta formulada por Luis Taboada, S.L. como a máis vantaxosa, de acordo cos aspectos económicos e técnicos a negociar que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no procedemento de contratación da obra. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 10/02/2009, á vista do informe emitido polo enxeñeiro Director do Servizo Agrario, formula proposta de adxudicación da obra a favor de Luis Taboada, S.L. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar provisionalmente a Luis Taboada, S.L. a obra de “Construción de silos na Finca Mouriscade” (Expte. D08/0119), na suma de 98.012,21 €, máis 15.681,95 € correspondentes ó IVE. 2. Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 4.900,61 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir a execución do contrato. 3. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, considerarase elevada a definitiva esta adxudicación. 12.16910.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA IMPARTICIÓN DOS CURSOS DE FORMACIÓN DE ATENCIÓN A PERSOAS INCLUÍDOS NO “PROXECTO AQUELANDO II” Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial do día 3 de decembro de 2008, polo que se acordou a aprobación do expediente para a adxudicación, mediante procedemento aberto da impartición dos cursos de formación de atención a persoas, incluídos no Proxecto Aquelando II, cuxo anuncio foi publicado no BOP núm. 241 de 12 de decembro de 2008. Vista a Acta de Cualificación da Documentación Xeral e Apertura de Plicas, que tivo lugar o día 2 de xaneiro de 2009, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación, trasladándose posteriormente as ofertas presentadas ós servizos técnicos correspondentes para o seu informe. Visto o informe do Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios e a proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar a Organización e impartición dos Cursos de Formación de Atención a persoas, incluídos no Proxecto Aquelando II ás seguintes empresas: -LOTE 1 .- Curso de auxiliar de axuda a domicilio (2 edicións) á UTE formada polas empresas Centro de Orientación de Estudios Comerciales, S.L. (CIF B-36.043.073) e Coesco Deza S.L. (CIF B-36.307.270), polo prezo ofertado de 35.200,00 euros (exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 do IVE). -LOTE 2.- Curso de coidador/a de persoas con discapacidade física e/ou psíquica (2 edicións ), á UTE formada polas empresas centro de Orientación de Estudios Comerciales S.L. (CIF B-36.043.073), e Coesco Deza S.L. (CIF B-36.307.270), polo prezo ofertado de 35.800,00 euros (exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 do IVE). -LOTE 3.- Curso de auxiliar de coidado infantil, á empresa Formagal S.L. (CIF B-36.477.677), polo prezo ofertado de 19.080,00 euros (exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 do IVE). -LOTE 4.- Curso de Auxiliar de tarefas domésticas en centros sociosanitarios e fogares, á empresa Gestifor Galicia S.L. (CIF B-36.497.949), polo prezo ofertado de 17.860,00 euros (exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 do IVE). -LOTE 5.- Curso de Axente de medicación intercultural, á empresa Fundación de Estudios e Análises (CIF G-15.597.669), polo prezo ofertado de 15.328,30 euros (exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 do IVE). De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei de Contratos do Sector Público, a UTE deberá formalizar a súa constitución mediante escritura pública, debendo ter unha duración que lle permita cumprir coas obrigas que se derivan do contrato ata a súa extinción. Os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva equivalente ó 5% do prezo de adxudicación, que ingresarán na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 84 da LCSP, no prazo de quince días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil de contratante desta Deputación, polos seguintes importes: -UTE Centro de Orientación de Estudios Comerciales, S.L., e Coesco Deza S.L., por importe total de 3.550,00 euros, correspondente ós lotes 1 e 2. -Formagal, S.L., por importe de 954,00 euros , correspondente ó lote 3. -Gestifor Galicia, S.L., por importe de 893,00 euros correspondentes ó lote 4. -Fundación de Estudios e Análises, por importe de 766,42 euros correspondentes ó lote 5. Tamén deberán ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades que a continuación se relacionan, correspondentes a gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia: Coesco, por importe de 84,31 euros, Formagal, S.L., por importe de 22,83 euros, Gestifor Galicia, S.L., por importe de 22,83 euros e Fundación de Estudios e Análises, por importe de 19,10 euros. Así mesmo, no prazo sinalado anteriormente, deberán presentar a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometeron a dedicar ou adscribir á execución do contrato. Unha vez cumprido satisfactoriamente cos trámites enumerados anteriormente e transcorrido o prazo de quince días hábiles considerarase elevada a definitiva esta adxudicación provisional. 13.16911 ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE E SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAIS DO ANO 2009 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 5 de novembro de 2008 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do aluguer de 47 lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e de 23 lotes de subministración de materiais para o ano 2009, por un importe máximo de 3.467.850,00 €. IVE incluído, (De dito importe 2.989.525,86 €, corresponden ó prezo global do contrato e 478.324,14 €, ó IVE). Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación do aluguer de 47 lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e de 23 lotes de subministración de materiais para o ano 2009, foi enviado para publicar no Suplemento ó Diario Oficial da Unión Europea o día 5 de novembro de 2008, aparecendo publicado en dito suplemento o día 7 de novembro de 2008 (Anuncio de licitación 2008/S 217-289083), así mesmo foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 221 de data 13 de novembro de 2008 e no Boletín Oficial do Estado número 285 do 26 de novembro de 2008. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas se efectuou o día 30 de decembro de 2008, ó efecto das cales se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura das ofertas presentadas polas empresas, PEDREIRA BATÁN, JOSÉ LUIS 000030211A S.L.N.E. (PB TRANSPORTES); TRANSPORTES AMANCIO BLANCO E HIJOS, S.L.; DESBROCES DEZA, S.L.; MONTSERRAT PAZOS MARTÍNEZ; PREFABRICADOS SAN CLEMENTE, S.L.; EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L.; PAVIMENTOS DE MEAÑO S.L.; O.T.C. FONTEFRÍA, S.L.; JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L.; CONSTRUCCIONES Y EXCAVACIONES MOURIÑO; FOMENTO DE ÁRIDOS Y OBRAS; CANTERAS DEL ARENAL, S.L.; TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL,; SERVICIOS FORESTAIS PENOURIÑO, S.L.; MOREIRA GÓMEZ, S.L.; ARICUR, S.L.; PAFOTRÁNS, S.L.; ÁRIDOS Y TRANSPORTES M. CRISÓSTOMO, S.L.; GRANITOS Y ÁRIDOS DE ATIOS, S.L.; GRANITOS TRITURADOS, S.L.; CANTEIROS DO PORRIÑO REUNIDOS, S.A.; ÁRIDOS PUENTEAREAS, S.L.; EULOGIO PUCEIRO RODIÑO; FERTAF, S.L.; MANUEL PAZ GUIMIL; SEÑALIZACIONES Y BALIZAMIENTOS DE GALICIA, S.A.(SEBAGASA); JULIO CASTRO CARMUEGA; MODESTO ABAL VARELA; EXCAVACIONES TABOA, S.L.; CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.).; EMDESFOR 2002, S.L.; DIONISIO ALONSO BELLO; BALBALÉN, S.L.; EXPLOTACIÓN MINERA DE CAMPOMARZO, S.A.; HORMIGONES VALLE MIÑOR; PRODUCTOS ASFÁLTICOS, S.A. (CEPSA); CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA); REPSOL YPF LUBRICANTES Y ESPECIALIDADES, S.A.; PROBISA, TECNOLOGÍA Y CONSTRUCCIÓN, S.A.; PRODUCTOS BITUMINOSOS DE GALICIA , S.A. y CORVISA, PRODUCTOS ASFÁLTICOS Y APLICACIONES, S.L.; OBRAS Y CONSTRUCCIONES DIOS, S.A.; CONSTRUCCIONES CORREA HERMANOS, S.L.; FERNANDO PENA CARAMÉS; INGENIERÍA FORESTAL DEL RURAL, S.L.; ASFONOR MEDIO AMBIENTE, S.L.; SEÑALIZACIONES IBÉRICAS 2000, S.L. as cales foron admitidas a este procedemento aberto. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 21 de xaneiro de 2009 e baseándose no informe emitido polo Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria, con data 20 de xaneiro de 2009, formula proposta para adxudicar os 47 lotes de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte ás empresas, Pavimentos de Meaño, S.L. e outras e os 23 lotes de subministración de materiais ás empresas, Probisa, Tecnología y Construcción, S.A. e outras, motivado todo iso por cumprir os requisitos esixidos neste procedemento aberto e por resultar as ofertas máis vantaxosas de entre as presentadas e admitidas. Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 21 de xaneiro de 2009 adxudicóuselle provisionalmente os lotes que forman parte do procedemento aberto convocado para contratar o aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e a subministración de materiais do ano 2009 ás empresas propostas pola Mesa de Contratación. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación Provincial de Pontevedra o día 23 de xaneiro de 2009 e que unha vez cumpridos os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional destes contratos, dado que as empresas adxudicatarias presentaron a documentación requirida, entre as que atopan as seguintes garantías definitivas: Lote Adxudicatario Garantía Nº Operación 1 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. 1.965,17 200900009503 2 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. 1.965,17 200900009502 3 EXCAVACIONES TABOA, S.L. 1.920,00 200900005802 4 MODESTO ABAL VARELA 765,00 200900005321 5 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. 809,74 200900007350 6 EXCAVACIONES TABOA, S.L. 780,00 200900005803 7 COTRARGA, S.L. 825,00 200900009505 8 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. 1.099,66 200900007349 9 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. 1.012,00 200900006766 10 MOREIRA GÓMEZ, S.L. 1.017,24 200900009526 11 EULOGIO PUCEIRO RODIÑO. 1.020,00 200900009113 12 O.T.C. FONTEFRÍA, S.L. 1.035,24 200900009501 13 ALFONSO MOURIÑO AMEAL 1.290,00 200900009466 14 COTRARGA, S.L. 975,00 200900009508 15 DESBROCES DEZA, S.L. 800,00 200900009545 16 DESBROCES DEZA, S.L. 775,86 200900009542 17 MOREIRA GÓMEZ, S.L. 732,76 200900009525 18 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L. 950,00 200900006389 19 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L. 950,00 200900006390 20 PENOURIÑO, S.L. 895,00 200900006214 21 PENOURIÑO, S.L. 895,00 200900006215 22 INGENIERÍA FORESTAL DEL RURAL, S.L. 905,00 200900007450 23 INGENIERÍA FORESTAL DEL RURAL, S.L. 905,00 200900007451 24 ASFONOR MEDIO AMBIENTE, S.L. 905,00 200900009619 25 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). 1.206,80 200900009200 26 O.T. C. FONTEFRÍA, S.L. 1.271,55 200900009500 27 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). 905,10 200900009201 28 ALFONSO MOURIÑO AMEAL 1050,00 200900009465 29 PAFOTRANS, S.L. 918,00 200900005588 30 PEDREIRA BATAN, JOSÉ LUIS 000030211A S.L.N.E. 982,50 200900007546 31 DIONISIO ALONSO BELLO 945,00 200900009121 32 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. 979,70 200900007348 33 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). 995,40 200900009243 34 PAFOTRANS, S.L. 989,45 200900005589 35 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL. 998,00 200900006479 36 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL 998,00 200900006480 37 JULIO CASTRO CARMUEGA 995,09 200900007441 38 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. 824,78 200900007351 39 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. 1.196,12 200900009504 40 MONTSERRAT PAZOS MARTÍNEZ 962,50 200900007898 41 TRANSPORTES AMANCIO BLANCO E HIJOS, S.L. 959,05 200900006904 42 MANUEL PAZ GUIMIL 962,50 200900005632 43 TRANSPORTES RAMÓN ABAL 963,00 200900006481 44 Á. y T. MANUEL CRISÓSTOMO, S.L. 967,46 200900009110 45 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. 967,67 200900007542 46 BALBALÉN, S.L. 968,75 200900009290 47 PEDREIRA BATAN, JOSÉ LUIS 000030211A S.L.N.E. 967,46 200900007547 48 PROBISA, TECNOLOGÍA Y CONSTRUCCIÓN, S.A. 2.900,00 200900009527 49 PRODUCTOS BITUMINOSOS DE GALICIA , S.A. 3.170,78 200900006902 50 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA). 3.327,59 200900006833 51 PRODUCTOS BITUMINOSOS DE GALICIA , S.A. 2.836,85 200900006902 52 PROBISA, TECNOLOGÍA Y CONSTRUCCIÓN, S.A. 2.660,35 200900009528 53 CORVISA, PRODUCTOS ASFÁLTICOS Y APLICACIONES, S.L. 3.250,00 200900009494 54 CORVISA, PRODUCTOS ASFÁLTICOS Y APLICACIONES, S.L. 1.725,00 200900009495 55 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA). 11.853,45 200900006849 56 EXPLOTACIÓN MINERA DE CAMPOMARZO, S.A. 603,45 200900009602 57 ÁRIDOS PUENTEAREAS, S.L. 4.461,21 200900009112 58 GRANITOS TRITURADOS, S.L. 4.398,75 200900007365 59 GRANITOS Y ÁRIDOS DE ATIOS, S.L. 4.446,34 200900009069 60 EXPLOTACIÓN MINERA DE CAMPOMARZO, S.A. 4.461,21 200900009615 61 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. 4.490,95 200900007539 62 CANTEIROS DO PORRIÑO REUNIDOS, S.A. 4.047,09 200900007364 63 FOMENTO DE ÁRIDOS Y OBRAS, S.L. 4.364,22 200900007912 64 FOMENTO DE ÁRIDOS Y OBRAS, S.L. 4.364,22 200900007913 65 ÁRIDOS PUENTEAREAS, S.L. 3.379,31 200900009111 66 COTRARGA, S.L. 9.375,00 200900009509 67 HORMIGONES VALLE MIÑOR, S.A. 1.724,14 200900009053 68 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. 232,30 200900006767 69 PREFABRICADOS SAN CLEMENTE, S.L. 1.107,77 200900009245 70 SEBAGASA, S.A. 3.778,24 200900005804 Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado de 2008 ao 2009, concretamente na Base 16ª. 2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 €. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar definitivamente os diversos lotes do procedemento aberto convocado para contratar o aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e subministración de materiais, correspondentes ó ano 2009, ás empresas e empresarios que a continuación se detallan e polos importes en euros que se citan: ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE LOTE ADXUDICATARIO H/KM. Prezo Unitario IVE Total Prezo Unitario TOTAL 1 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) Polo aluguer dunha motoniveladora de 125 C.V. 800 h 49,13 7,86 56,99 45.592,00 2 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) Polo aluguer dunha motoniveladora de 125 C.V. 800 h 49,13 7,86 56,99 45.592,00 3 EXCAVACIONES TABOA, S.L. (C.I.F.- B-36.544.518) Polo aluguer dunha motoniveladora de 125 C.V. 800 h 48,00 7,68 55,68 44.544,00 4 MODESTO ABAL VARELA (N.I.F.- 35416586-J) Polo aluguer dun rolo vibrador de 10 Tm. 600 h 25,50 4,08 29,58 17.748,00 5 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Polo aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 600 h 26,99 4,32 31,31 18.786,00 6 EXCAVACIONES TABOA, S.L. (C.I.F.- B-36.544.518) Polo aluguer dun rolo vibrador de 10 Tm. 600 h 26,00 4,16 30,16 18.096,00 7 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) Polo aluguer de rolo vibrador de 10 Tm. 600 h 27,50 4,40 31,90 19.140,00 8 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Polo aluguer dunha retro pala 4 x 4 de 70 CV. 800 h 27,49 4,40 31,89 25.512,00 9 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. (B-36123800) Polo aluguer dunha retro pala 4 x 4 de 70 CV. 800 h 25,30 4,05 29,35 23.480,00 10 MOREIRA GÓMEZ, S.L. (B-36267649) Polo aluguer dunha retro pala 4 x 4 de 70 CV. 800 h 25,43 4,07 29,50 23.600,00 11 EULOGIO PUCEIRO RODIÑO. (N.I.F.- 76868427-N) Polo aluguer de retro pala 4 x 4 de 70 CV. 800 h 25,50 4,08 29,58 23.664,00 12 OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. (C.I.F.- B-36371227) Polo aluguer dunha retro pa 4 x 4 (con martelo) 650 h 31,85 5,10 36,95 24.017,50 13 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construcciones y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) Polo aluguer dunha retro excavadora (1 m3 cazo) de 100 CV. 600 h 37,07 5,93 43,00 25.800,00 14 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) Polo aluguer dunha retro excavadora (con martelo) de 150 CV. 400 h 48,75 7,80 56,55 22.620,00 15 DESBROCES DEZA, S.L. (B-36282010) Polo aluguer dun tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 100Km 160,00 25,60 185,60 18.560,00 16 DESBROCES DEZA, S.L. (B-36282010) Polo aluguer dun tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 100Km 155,17 24,83 180,00 18.000,00 17 MOREIRA GÓMEZ, S.L. (B-36267649) Polo aluguer dun tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 100Km 146,55 23,45 170,00 17.000,00 18 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L. (C.I.F.- B-36468239) Polo aluguer dun tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 100Km 190,00 30,40 220,40 22.040,00 19 FERTAF OBRAS Y SERVICIOS, S.L. (C.I.F.- B-36468239) Polo aluguer dun tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 100Km 190,00 30,40 220,40 22.040,00 20 PENOURIÑO, S.L. (B-15739626) Polo aluguer dun tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 100Km 179,00 28,64 207,64 20.764,00 21 PENOURIÑO, S.L. (B-15739626) Polo aluguer dun tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 100Km 179,00 28,64 207,64 20.764,00 22 INGENIERÍA FORESTAL DEL RURAL, S.L. (C.I.F.-B-36575967) Polo aluguer dun tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 100Km 181,00 28,96 209,96 20.996,00 23 INGENIERÍA FORESTAL DEL RURAL, S.L. (C.I.F.-B-36575967) Polo aluguer dun tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 100Km 181,00 28,96 209,96 20.996,00 24 ASFONOR MEDIO AMBIENTE, S.L. (B-36439453) Polo aluguer dun tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 100Km 181,00 28,96 209,96 20.996,00 25 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) Polo aluguer dunha pala de rodas (2 m3 cazo) de 130 CV. 700 h 34,48 5,52 40,00 28.000,00 26 OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. (C.I.F.- B-36371227) Polo aluguer dun buldozer de 150 CV. 500 h 50,86 8,14 59,00 29.500,00 27 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 600 h 30,17 4,83 35,00 21.000,00 28 ALFONSO MOURIÑO AMEAL (Construccions y Excavaciones Mouriño) (N.I.F.-35424927-M) Polo aluguer dun camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 600 h 30,17 4,83 35,00 21.000,00 29 PAFOTRANS, S.L. (B-36333839) de camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 600 h 30,60 4,90 35,50 21.300,00 30 PEDREIRA BATAN, JOSÉ LUIS 000030211A S.L.N.E. (B-36439644) Polo aluguer dun camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 600 h 32,75 5,24 37,99 22.794,00 31 DIONISIO ALONSO BELLO (N.I.F.- 36035.971-P) Polo aluguer dun camión 3x2/3x3 PMA 24/26 Tm. 600 h 31,50 5,04 36,54 21.924,00 32 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Polo aluguer dun camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 h 27,99 4,48 32,47 22.729,00 33 ÁRIDOS DE CURRO, S.L. (ARICUR). (B-36010205) Polo aluguer dun camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 h 28,44 4,55 32,99 23.093,00 34 PAFOTRANS, S.L. (B-36333839) Polo aluguer dun camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 h 28,27 4,52 32,79 22.953,00 35 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Polo aluguer dun camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 h 28,50 4,56 33,06 23.142,00 36 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Polo aluguer dun camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 h 28,50 4,56 33,06 23.142,00 37 JULIO CASTRO CARMUEGA (N.I.F.-35254201-P) Polo aluguer dun camión 2x1/2x2 PMA 18/20 Tm. 700 h 28,43 4,55 32,98 23.086,00 38 JOSÉ RUBÉN ROZADOS E HIJOS, S.L. (B-36224384) Polo aluguer dunha cisterna asfáltica de 8 Tm. 500 h 32,99 5,28 38,27 19.135,00 39 PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L. (C.I.F.- B-36239945) Polo aluguer dun camión góndola de 40 Tm. 600 h 39,87 6,38 46,25 27.750,00 40 MONTSERRAT PAZOS MARTÍNEZ (N.I.F.-.53112825-Y) Polo aluguer dun camión articulado PMA 36/40 Tm. 500 h 38,50 6,16 44,66 22.330,00 41 TRANSPORTES AMANCIO BLANCO E HIJOS, S.L. (B-36439404) Polo aluguer dun camión articulado PMA 36/40 Tm. 500 h 38,36 6,14 44,50 22.250,00 42 MANUEL PAZ GUIMIL (N.I.F.- 35445788-M) Polo aluguer dun camión articulado PMA 36/40 Tm. 500 h 38,50 6,16 44,66 22.330,00 43 TRANSPORTES RAMÓN ABAL ABAL.(35253197-Q) Polo aluguer dun camión articulado PMA 36/40 Tm. 500 h 38,50 6,16 44,66 22.330,00 44 ÁRIDOS Y TRANSPORTES MANUEL CRISÓSTOMO, S.L. (B-36248169) Polo aluguer dun camión articulado PMA 36/40 Tm. 500 h 38,70 6,19 44,89 22.445,00 45 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (B-36006716) Polo aluguer dun camión articulado PMA 36/40 Tm. 500 h 38,71 6,19 44,90 22.450,00 46 BALBALÉN, S.L. (B-36265924) Polo aluguer dun camión articulado PMA 36/40 Tm. 500 h 38,75 6,20 44,95 22.475,00 47 PEDREIRA BATAN, JOSÉ LUIS 000030211A S.L.N.E. (B-36439644) Polo aluguer dun camión articulado PMA 36/40 Tm. 500 h 38,70 6,19 44,89 22.445,00 TOTAL 47 LOTES DE ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE….. 1.109.950,50 SUMINISTRACIÓN DE MATERIAIS LOTE MATERIAIS TM/outras Prezo Unitario IVE Total Prezo Unitario TOTAL 48 PROBISA, TECNOLOGÍA Y CONSTRUCCIÓN, S.A. (A-28.105.120) Polo subministro de emulsión ECM-1. 200 Tm 290,00 46,40 336,40 67.280,00 49 PRODUCTOS BITUMINOSOS DE GALICIA , S.A. (A-32226037) Polo subministro de emulsión ECM-1. 200 Tm 317,08 50,73 367,81 73.562,00 50 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA). (A-36008886) Polo subministro de emulsión ECM-1. 200 Tm 332,76 53,24 386,00 77.200,00 51 PRODUCTOS BITUMINOSOS DE GALICIA , S.A. (A-32226037) Polo subministro de emulsión ECR-2. 250 Tm 226,95 36,31 263,26 65.815,00 52 PROBISA, TECNOLOGÍA Y CONSTRUCCIÓN, S.A. A-28.105.120) Polo subministro de emulsión ECR-2. 250 Tm 212,83 34,05 246,88 61.720,00 53 CORVISA, PRODUCTOS ASFÁLTICOS Y APLICACIONES, S.L. (B-83832766) Polo subministro de emulsión ECR-2. 250 Tm 260,00 41,60 301,60 75.400,00 54 CORVISA, PRODUCTOS ASFÁLTICOS Y APLICACIONES, S.L. (B-83832766) Polo subministro de emulsión ECM-1. 100 Tm 345,00 55,20 400,20 40.020,00 55 CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A. (COVSA). (A-36008886) Polo subministro de emulsión ECM-especial. 500 Tm 344,83 55,17 400,00 200.000,00 Polo subministro de árido 0/6 en betún quente. 2500 Tm 25,86 4,14 30,00 75.000,00 56 EXPLOTACIÓN MINERA DE CAMPOMARZO, S.A. (A-28279214) Polo subministro de árido 0/6. 1000 Tm 12,07 1,93 14,00 14.000,00 57 ÁRIDOS PUENTEAREAS, S.L. (B-36011419) Polo subministro de árido 2/6 ó 6/12. 6900 Tm 12,93 2,07 15,00 103.500,00 58 GRANITOS TRITURADOS, S.L. (C.I.F.-B.-36158665) Polo subministro de árido 2/6 ó 6/12. 6900 Tm 12,75 2,04 14,79 102.051,00 59 GRANITOS Y ÁRIDOS DE ATIOS, S.L. (B-36023133) Polo subministro de árido 2/6 ó 6/12. 6900 Tm 12,89 2,06 14,95 103.155,00 60 EXPLOTACIÓN MINERA DE CAMPOMARZO, S.A. (A-28279214) Polo subministro de árido 2/6 ó 6/12. 6900 Tm 12,93 2,07 15,00 103.500,00 61 CANTERAS DEL ARENAL, S.L. (B-36006716) Polo subministro de árido 2/6 ó 6/12. 6900 Tm 13,02 2,08 15,10 104.190,00 62 CANTEIROS DO PORRIÑO REUNIDOS, S.A. (A-36027480) Polo subministro de árido 40/63. 6750 Tm 11,99 1,92 13,91 93.892,50 63 FOMENTO DE ÁRIDOS Y OBRAS, S.L. (B-36285765) Polo subministro de árido 40/63. 6750 Tm 12,93 2,07 15,00 101.250,00 64 FOMENTO DE ÁRIDOS Y OBRAS, S.L. (B-36285765) Polo subministro de árido 40/63. 6750 Tm 12,93 2,07 15,00 101.250,00 65 ÁRIDOS PUENTEAREAS, S.L. (B-36011419) Polo subministro de zahorra ZA-0/40. 8000 Tm 8,45 1,35 9,80 78.400,00 66 CONSTRUCCIONES-TRANSPORTES Y AGLOMERADOS DE GALICIA (COTRARGA, S.L.) (C.I.F.- B-36.571.784) Polo subministro de mezcla bituminosa en quente tipo D-12 con árido granítico (AC 16 SURF 5070 D) 7500 Tm 25,00 4,00 29,00 217.500,00 67 HORMIGONES VALLE MIÑOR, S.A. (A-36623510) Polo subministro de formigón H-200 (HA/20/B/20HA) 500 m3 68,97 11,03 80,00 40.000,00 68 EXCAVACIONES MOSTEIRO, S.L. (B-36123800) Polo muro de mampostería de pedra granítica 100 m2 46,46 7,43 53,89 5.389,00 69 PREFABRICADOS SAN CLEMENTE, S.L. (C.I.F.-.B-36118321) Polo subministro de tubos de formigón de 1 m.  100. 50 32,76 5,24 38,00 1.900,00 Tubos de formigón de 1 m.  60. 300 15,52 2,48 18,00 5.400,00 Tubos de formigón de 1 m.  50 enteiro o canaleta 400 15,52 2,48 18,00 7.200,00 Tubos de formigón de 1 m.  40 enteiro o canaleta 800 12,07 1,93 14,00 11.200,00 70 SEÑALIZACIONES Y BALIZAMIENTOS DE GALICIA, S.A. (SEBAGASA) (C.I.F.- A- 36.617.942) Polo subministro de pintura de señalización horizontal ancho de banda de 0,15 50000 m 0,73 0,12 0,85 42.500,00 de pintura señalización horizontal ancho de banda de 0,10 25500 m 0,66 0,11 0,77 19.635,00 de pintura cebreados, simboloxía, stop, etc. 1000 m2 22,00 3,52 25,52 25.520,00 TOTAL SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAIS………… 2.017.429,50 2.- O pagamento das prestacións de aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e da subministración de materiais obxecto desta contratación efectuarase ás empresas adxudicatarias dos lotes detallados no apartado anterior con cargo á vinculación xurídica das partidas 09/511.511.210.00; 09/511.511.210.01 e 09/511.511.210.02, do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009. 3.- As empresas adxudicatarias deberán aboar na caixa desta Deputación a cantidade de 20,69 euros, por cada lote, en concepto de gastos de publicación dos anuncios relativos á convocatoria deste procedemento aberto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Boletín Oficial do Estado. 14.16912 ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO “MELLORA E.P. 4202 RUBIÓS- CARRASQUEIRA (AS NEVES)” Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 6 de abril de 2004, polo que se adxudicou a Construcciones Obras y Viales, S.A, á obra de “Mellora E.P. 4202 Rubiós – Carrasqueira (As Neves)”, na cantidade de 1.046.406,62, IVE incluído. Visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras co obxecto de recoller unha serie de modificacións que se estiman conveniente introducir para adecuar as discrepancias existentes entre a realidade a executar e as previsións contidas no proxecto primitivo, cun orzamento de 1.255.630,91 €, o que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 209.224,29 €. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 21 de xaneiro de 2009, polo que se aprobou, con cargo á partida 09/511.511.612.02, o proxecto modificado da citada obra por importe de 1.255.630,91 € Visto o escrito de Construcciones Obras y Viales, S.A., adxudicataria da obra inicial, e no que presta conformidade as medicións e orzamento do proxecto modificado. Visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral en canto ó procedemento de adxudicación proposto polo Servizo de Contratación. E visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Adxudicar, segundo o establecido no artigo 217 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, a Construcciones Obras y Viales, S.A., a obra comprendida no proxecto modificado de “Mellora E.P. 4202 Rubiós–Carrasqueira (As Neves)”, que supón un incremento de 209.224,29 €. 15.16913 APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DE “URBANIZACIÓN E.P. VILARIÑO- HÍO (CANGAS)” Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno, en sesión de 28/11/2003, polo que se prestou aprobación ó proxecto de “Urbanización E.P. Vilariño-Hío (Cangas)”, por importe de 150.253,03 €, IVE incluído. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión de 09/01/2004, polo que se adxudicou a referida obra a Construccions, Obras e Viais, S.A., na suma de132.225,00 €, IVE incluído. E, visto o proxecto modificado da referida obra redactado polo Servizo de Infraestruturas como consecuencia de que, iniciadas as obras, circunstancias non previstas inicialmente, aconsellan a introdución dalgunhas modificacións sobre o proxecto orixinal, que afectan ós capítulos de explanación, pavimentación e varios, todo iso sen variar o orzamento inicial da obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado de “Urbanización E.P. Vilariño-Hío (Cangas)”, por importe de 150.253,03 €, IVE incluído, toda vez que non se varía o orzamento inicial da obra, manténdose o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de Construccions, Obras e Viais, S.A. 16.16914 APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “SEGURIDADE VIARIA E.P. 2502 CERQUIDO- RIBADELOURO (TRAMO MAGDALENA- RIBADELOURO- TUI)” (EXPTE. D07/0073) Visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras que se detalla, e visto o documento RC emitido por Intervención no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 09/511.511.612.02, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó seguinte proxecto: Proxecto modificado da obra “Seguridade Viaria E.P. 2502 Cerquido – Ribadelouro (Tramo Magdalena – Ribadelouro) Tui (expte.- D07/0073)”, por importe de sesenta e sete mil cincocentos oito euros con trinta e seis céntimos (67.508,36 €), IVE incluído. 17.16915 MODIFICACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE LALÍN, A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS PARA A REALIZACIÓN DE DIVERSAS ACTUACIÓNS DE ESTABLECEMENTO E RECUPERACIÓN DE INFRAESTRUCTURAS HIDRÁULICAS E ACONDICIONAMENTO DO RÍO PONTIÑAS Ó SEU PASO POLO CONCELLO DE LALÍN A Xunta de Goberno, en sesión de 30 de decembro de 2008, aprobou o Convenio de colaboración entre o Concello de Lalín, a Deputación Provincial de Pontevedra e a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos para a realización de diversas actuacións de establecemento e recuperación de infraestruturas hidráulicas e acondicionamento do río Pontiñas a seu paso polo Concello de Lalín. Pola súa banda o Consello da Xunta de Galicia aprobou o día 5 de febreiro o devandito convenio, e autorizou a súa sinatura por parte do Organismo Autónomo Augas de Galicia. O Concello de Lalín solicita, con data 9 de febreiro de 2009, a modificación de varias cláusulas por parte da Deputación para adaptar o texto as tres institucións. Polo exposto, e resultando que a Xunta de Goberno aprobou o texto inicial do convenio e dito é o órgano competente para proceder a su modificación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Modificar o Convenio de Colaboración entre o Concello de Lalín, a Deputación Provincial de Pontevedra e a empresa publica de obras e servizos hidráulicos para a realización de diversas actuacións de establecemento e recuperación de infraestruturas hidráulicas e acondicionamento do río Pontiñas ó seu paso polo Concello de Lalín, no sentido que se determina a continuación: - Cambiase toda referencia de “Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos” pola de “Organismo Autónomo Augas de Galicia”. -Modifícase o apartado REUNIDOS no seguinte sentido: “Dunha parte o Sr. D. José Luis Romero Valeiras na súa condición de Director Xeral de Augas de Galicia, actuando en nome e representación deste ente público en virtude das atribucións que ten delegadas pola Orde do 24 de outubro de 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 212, do 2 de novembro) da Presidencia de Augas de Galicia”. -Na cláusula primeira engádese o parágrafo subliñado: “….Esta situación provoca que se deba actuar con carácter urxente e xustifica plenamente a colaboración da Administración Hidráulica de Galicia para dar solución a un problema de especial interese público. De canto antecede, xustifícase plenamente a adxudicación directa da axuda prevista no convenio, polo marcado interese público da actuación a desenvolver…” -A cláusula segunda queda redactada como se establece de seguido: “….Cada unha das tres Administracións participantes neste Convenio obrígase a sufragar un terzo do custo total de realización da obra, consonte co orzamento enriba referenciado, o que supón a cantidade de 237.786,50 €. - Organismo Autónomo Augas de Galicia: Participar no financiamento destas actuacións recollidas neste convenio cunha achega de 237.786,50 euros dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma a cargo da partida orzamentaria 15.80.542 B.760.0, número de proxecto 2009 00012. Augas de Galicia reservarase o dereito de inspeccionar as obras, tanto durante a súa execución coma ó seu remate...” Permanecendo inalterable o resto do texto do convenio. 18.16916.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚM. 19.16865 A XUNTA DE GOBERNO DE 21/01/09 En relación co acordo núm. 19.16865 adoptado na sesión da Xunta de Goberno de data 21 de xaneiro de 2009, relativo a “Concesión de axudas para dotación de vehículos para o transporte de persoas a institucións e entidades sociais sen ánimo de lucro”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade corrixir o mesmo a teor do artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, no senso de engadirlle o parágrafo seguinte: “Visto o informe de intervención de data 13/01/09 e así mesmo na parte dispositiva engadíndolle a partida orzamentaria 09/123.313.789.01.2008”. 19.16917.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚM. 8.16854 DA XUNTA DE GOBERNO DE 21/01/09 Visto o Acordo da Xunta de Goberno de data 21/01/2009 co número 8.16854 correspondente á reclamación de responsabilidade patrimonial de Dona María Picón López por danos en vehículo na E.P. 7203 no Concello de Forcarei e detectado erro de feito no penúltimo considerando, onde di:“Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producido en estrada que non sexan da súa titularidade” procede a teor do artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, corrixir o devandito erro dereito téndose por non posto o citado penúltimo considerando. En consecuencia a Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar o acordo no sentido antedito. 20.16918.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición