Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2009-04-01_Ordinaria. Acta de sesión 2009/04/01_Ordinaria
Acta de sesión 2009/04/01_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.378/2.2009-04-01_Ordinaria
Título Acta de sesión 2009/04/01_Ordinaria
Data(s) 2009-04-01 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e quince minutos do día un de abril do ano dous mil nove, baixo a Presidencia de D. Xosé Crespo Iglesias,Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, D. Agustín Reguera Ocampo e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal e os señores deputados D. José Manuel Figueroa Vila e D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.16760.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de marzo de 2009. 2.16761.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA DE “MELLORA DA SEGURIDADE VIAL E DOTACIÓN DE SERVIZOS NO ANTIGO ACCESO A CRECENTE E.P. 5005” (EXPTE. D08/0059) A Xunta de Goberno, en sesión do 11 de marzo de 2009, adxudicou provisionalmente a obra de “Mellora da seguridade vial e dotación de servizos no antigo acceso a Crecente E.P. 5005” á empresa Narom, S.L. Así mesmo, concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentará a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do Sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Presentando a adxudicataria provisional a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra de “Mellora da seguridade vial e dotación de servizos no antigo acceso a Crecente E.P. 5005”, efectuada, en sesión do 11 de marzo do ano en curso, a favor de Narom, S.L., na suma de 445.146,07 €, máis 71.223,37 € correspondentes ó IVE, que oferta, ademais, un prazo de execución de seis meses, melloras valoradas en 42.025,71 € e o 2,60% do orzamento de execución material para control de calidade. 3.16762.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE, ANO 2009 A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 13 de agosto de 2008, adxudicou provisionalmente o servizo de limpeza da Cidade Infantil “Príncipe Felípe”, concedéndose á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentara a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do Sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Unha vez presentada a documentación requirida pola empresa que resultou adxudicataria provisionalmente e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente o procedemento aberto para o servizo de limpeza da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” á empresa Limpiezas del Noroeste, S.A. Linorsa (CIF A-36.621.464), polo prezo total polos dous anos iniciais de oitocentos vinte e tres mil novecentos oito euros (823.908,00 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de cento trinta e un mil oitocentos vinte e cinco euros con vinte e oito céntimos (131.825,28 €). O prezo mensual do contrato é de trinta e catro mil trescentos vinte e nove euros con cincuenta céntimos (34.329,50 €), sen IVE, máis a cantidade correspondente ó IVE de cinco mil catrocentos noventa e dous euros con setenta e dous céntimos (5.492,72 €). Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade reestruturar o financiamento do contrato como consecuencia da demora na adxudicación do mesmo, resultando tal e como segue: ANO PERÍODO IMPORTE 2009 9 meses (abril-decembro) 358.399,98 € 2010 12 meses (xaneiro-decembro) 477.866,64 € 2011 3 meses (xaneiro-marzo) 119.466,66 € A anualidade de 2009 financiarase con cargo a partida 09/422.422.227.00, e as demais anualidades con cargo ás partidas correspondentes de exercicios futuros. 4.16763.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada de: a) Escrito do Director de Portos de Galicia da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, de data 20/03/09 (Rex. entrada nº12113 de data 25/03/09), relativo ó “Plan Director de Instalación Náutico deportivas de Galicia, así como Informe de Sostenibilidade Ambiental correspondente”. b) Escrito do Subdirector Xeral de Avaliación Ambiental da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, de data 27/02/09 (Rex. nº 9774 de data 07/03/09), enviando Resolución da Directora Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se aproba o documento de referencia para a avaliación ambiental de “Revisión do Plan Director do Aeroporto de Vigo (Pontevedra)”. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 5.16764.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO Mediante escrito de data 23 de marzo de 2009, o Xefe de Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios informa que “O próximo xoves 2 de abril, celebrase na sede da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Economía e Facenda, en Madrid, o seminario de lanzamento da 2ª convocatoria de proxectos do Programa Europeo Espazo Atlántico, no que se abordarán as orientacións estratéxicas para os novos proxectos que se presenten a esta convocatoria (...). O Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios está a traballar no deseño dun novo Proxecto para ser presentado nesta convocatoria, co obxecto de que sexa subvencionado a través desta liña de financiamento europeo, polo que considera necesario a presenza dun Técnico do Servizo en dito Seminario, solicitando autorización para que asista D. Antonio Torrón Casal, así como que se lle aboen os gastos xerados en concepto de desprazamento en avión (Vigo-Madrid-Vigo) e manutención, co carácter de “a xustificar”. A solicitude é informada favorablemente polo Vicepresidente D. José Juan Duran Hermida. Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que ó interesado se lle autorizou a asistencia a unha Xornada que se celebrará o próximo 31 de marzo de 2009, en Vilanova de Cerveira (Portugal), dirixida a Entidades Participantes en Proxectos aprobados na primeira convocatoria do programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal. O contido do Seminario, segundo se detalla no programa que se achega coa solicitude, garda unha relación directa coas funcións desempeñadas polo interesado no Servizo de Desenvolvemento Local. A normativa reguladora das “Licenzas e Axudas Económicas para Asistencia a Cursos, Conferencias e Congresos, Xornadas e Reunións”, aprobada pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 09 de marzo de 2007, establece na súa Cláusula 11ª) que “a axuda económica máxima que se poderá conceder ós solicitantes comprenderá os gastos de matrícula e inscrición, gastos de desprazamento e as axudas por aloxamento e manutención do grupo ó que pertenza o funcionario”. A saída producirase o día 2 de abril, antes das 14:00 horas, e o regreso o mesmo día, antes das 22:00 horas. De acordo con todo lo exposto a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 de la Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, conceder a licenza solicitada a Don Antonio Torrón Casal, Axente de Desenvolvemento Local, para que asista ó Seminario “Lanzamento da segunda convocatoria de Proxectos de Programa Operativo Europeo- Espacio Atlántico-”, que se celebrará en Madrid o próximo 2 de abril de 2009 e a que se lle aboen os gastos xerados, no concepto de desprazamento en avión e manutención, có carácter de “a xustificar”. Ó amparo do establecido no R.d. 462/2002, do 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, o importe total estimado ascende a 338,86 € desagregados segundo detalle: Avión Vigo-Madrid-Vigo 222,00 € Desprazamento vehículo particular Pontevedra-aeroporto (ida-volta): 64 Km x 0,19 € 12,16 € Peaxe Autoestrada 6,00 € Aparcamento aeroporto Vigo 20,00 € Desprazamentos en Taxi aeroporto Madrid-centro-aeroporto 60,00 € Total Desprazamentos: 320,16 €. Partida Orzamentaria: 09/470.470.231.01 ½ Manutención día 2/04/2009 Grupo 2 18,70 € Total Manutención: 18,70 €. Partida Orzamentaria: 09/470.470.230.01 Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno número 9.14880, do 9 de marzo de 2007, unha vez finalice o Seminario, para que se aboe a axuda económica proposta, a interesada deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma. Finalmente a teor do disposto no Acordo da Xunta de Goberno número 14.15813, de data 23 de xaneiro de 2008, sobre “Aprobación dos modelos de xustificación de gastos para o aboamento das Indemnizacións por Razón do Servizo”, deberá achegar a correspondente xustificación documental, unha vez finalice a Xornada. 6.16765.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Á ASOC. SEMINARIO DE ESTUDOS SOCIOECONÓMICOS DE PONTEVEDRA CARLOS VELASCO PARA A “PUBLICACIÓN DO BOLETÍN SOCIOECONÓMICO PARA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA” , APROBADA Ó SEU FAVOR POR R.P. Nº 19278 DE 31/12/08 Dada conta da xustificación da subvención concedida por R.P. núm. 19278 de 31/12/08 á Asoc. Seminario Estudios Socioeconómicos de Pontevedra Carlos Velasco con CIF: G-36364818, para a “Publicación do Boletín Socioeconómico para provincia de Pontevedra”, por un importe de 18.000,00 € con cargo á partida 08/451.451.489.05, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 18.000,00 € con cargo á partida 09/451.451.789.04.2008 do vixente Orzamento provincial. 7.16766.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Ó CENTRO GALLEGO DE MÉXICO, A.C. PARA “OBRAS DE REMODELACIÓN DOS CORREDORES DO POLIDEPORTIVO E CAMPO DE FÚTBOL, 2º FASE”, APROBADA Ó SEU FAVOR POR R.P. Nº 19257 DE 30/12/08 Dada conta da xustificación da subvención concedida por R.P. núm. 19257 de 30/12/08 ó Centro Gallego de México, A.C. para “Obras de remodelación dos corredores do polideportivo e campo de fútbol, 2ª fase”, por un importe de 15.000,00€ con cargo á partida 08/451.451.790.01, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obrigación mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 15.000,00 € con cargo á partida 09/451.451.790.01.2008 do vixente Orzamento provincial. 8.16767.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó FORO DE PENSAMENTO E OPINIÓN GALICIA MILENIO Dada conta da xustificación da subvención concedida por R.P. nº 018588 de 16/12/08 ó Foro de Pensamento e Opinión Galicia Milenio para a publicación do libro “Galicia 25 anos despois”, por un importe de 10.000,00 € con cargo á partida 08/451.452.489.01 e visto o informe de intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por non someterse no seu momento ó ditame da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 10.000,00 €, con cargo á partida 08/454.451-489.01 do orzamento provincial. 9.16768.- DENEGACIÓN DE CONCESIÓN DE PRÓRROGA RESPECTO Á SUBVENCIÓN PARA ARRANXO DE VIVENDA, APROBADA POLA XUNTA DE GOBERNO DO 23/07/08, A FAVOR DE DON BENIGNO CONSTENLA FONTÁN, VECIÑO DO CONCELLO DE BARRO Aprobada pola Xunta de Goberno de 23/07/08 unha subvención de 4.068,92 € a favor de D. Benigno Constenla Fontán, veciño do Concello de Barro, para construción dun pozo de barrena, concedida pola Xunta de Goberno do 21/01/09 unha prórroga ata 31 de marzo do ano en curso, respecto a tal subvención, por non contar coas licenzas oportunas, presentada o 23 de marzo de 2009 nova solicitude de prórroga polo beneficiario da citada subvención e á vista do informe da Xefa de Servizo de Acción Social de 30 do corrente, no que sinala a imposibilidade de nova prórroga dado que a obra está pendente das licenzas por ter en marcha un procedemento de concesión administrativa ó terreo en cuestión, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade denegar a concesión de nova prórroga para a xustificación da subvención de arranxo de vivenda, que polo importe de 4.068,92 €, aprobara a Xunta de Goberno do 23/07/08 a favor de D. Benigno Constenla Fontán, veciño do Concello de Barro, toda vez que a obra obxecto de tal subvención aínda non ten licenza outorgada para a súa realización. 10.16769.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JOSÉ OITABÉN COMESAÑA POR DANOS EN VEHÍCULO ACAECIDOS NA PO-332 NIGRÁN-VINCIOS Dada conta que con data de rexistro 17/03/2009 (rex. nº 11517) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don José Oitabén Comesaña, con enderezo de notificacións en rúa Cabaleiros, nº 6 (Parada) por danos padecidos en vehículo matrícula 0893-BFM, na estrada PO-332 Nigrán Vincios o día 10/07/2008 e que cuantifica economicamente en 1.278,30 €. Resultando.- Que con data 23/03/2009 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu con data 25/03/2009 co seguinte contido: “...Primero.- La carretera Nigrán –Vincios en la que se produjo el accidente, se corresponde en realidad con la PO-332 y no con la PO-532 que es el vial que va desde Pontevedra a Puentecaldelas. Segundo.- En cualquier caso pongo en su conocimiento que ninguno de los citados viales pertenecen a la red de carreteras provinciales.”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 11.16770.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO PAVIMENTACIÓN E ACCESO ÓS NÚCLEOS DE CALLOBRE, ANCORADOS, SOMOZA E OUTROS DO CONCELLO DA ESTRADA Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello da Estrada, de data 5 de marzo de 2009 (rexistro de entrada núm. 10528, de data 11/03/09), pola que se remite copia do Proxecto “Pavimentación e acceso ós núcleos de Callobre, Ancorados, Somoza e outros”, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Director de Infraestruturas, de data 24 de marzo de 2009, no que manifesta, entre outros: “El proyecto de referencia incluye una serie de actuaciones en vías municipales del Concello de A Estrada, principalmente pavimentaciones. La actuación no afecta de manera directa a vías de titularidad provincial, por lo que se informa favorablemente la misma. En todo caso se hace constar que, en aquellas actuaciones de pavimentación que entronquen con vías provinciales, se deberá dejar en condiciones adecuadas la unión del tramo acondicionado, con la vía provincial.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe e a súa remisión ó Concello da Estrada. 12.16771.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE ANTEPROXECTO DA FINCA SINGULAR “PAZO DE BAIÓN”, QUE REMITE O CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Vilanova de Arousa, de data 25 de marzo de 2009 (rexistro de entrada núm. 12488, de data 27/03/09), pola que se remite copia anteproxecto da finca singular “Pazo de Baión” do Concello de Vilanova de Arousa, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Director de Infraestruturas, de data 31 de marzo de 2009, no que manifesta, entre outros: “O Concello de Vilanova solicita informe ó respecto á actuación de referencia. A actuación consiste na rehabilitación do pazo co obxecto de mellorar a súa explotación e xestión, tanto no eido agrario, como no turístico. O acceso ó Pazo de Baión realízase directamente a través da estrada provincial E.P. 9701 Baión-András, que a Deputación esta mellorando por tramos. A actuación proposta non afecta directamente á estrada polo que infórmase favorablemente.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe e a súa remisión ó Concello de Vilanova de Arousa. 13.16772.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE O PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANA DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN Dada conta da comunicación do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Pazos de Borbén, de data 5 de marzo de 2009 (rexistro de entrada núm. 9264, de data 06/03/09), pola que se remite copia do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Pazos de Borbén, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Director de Infraestruturas, de data 24 de marzo de 2009, no que manifesta, entre outros: “I.- ANTECEDENTES Con fecha 5 de marzo de 2009 el concello de Pazos de Borbén solicita informe de la Diputación, respecto al plan general en tramitación. El informe se solicita en cumplimiento del artículo 10.2 de la ley 25/1988, de 29 de julio de estradas. Aunque la dicha ley se refiere a carreteras de titularidad estatal, la petición de informe se realiza por analogía, al no disponer la ley autonómica 4/1994, de estradas de Galicia, de un artículo equivalente al referido 10.2 (“Acordada la redacción, revisión o modificación de un instrumento de planeamiento urbanístico que afecte a carretas estatales, el órgano competente para otorgar su aprobación inicial deberá enviar, con anterioridad a dicha aprobación, el contenido del proyecto al Ministerio de Fomento, para que emita, en el plazo de un mes, y con carácter vinculante, informe comprensivo de las sugerencias que estime conveniente”). II. AFECCIÓN DEL PLAN A CARRETEAS PROVINCIALES El concello de Pazos de Borbén cuenta con las siguientes vías de titularidad provincial: E.P. 2701 Pazos- A Hermida E.P: 2702 Amoedo- Os Valos E.P. 2703 Pazos-Ponteareas E.P. 2704 Sequeiros-Borbén E.P. 2705 Pazos- Borbén E.P. 2908 Arcade-Amoedo E.P. 2907 Redondela-Cepeda E.P: 4301 Riofrio-Borbén El documento sometido a informe contempla la totalidad de las carreteras indicadas. No obstante existe un error de denominación en una de ellas, ya que se ha denominado la carretera Redondela-Cepeda como E.P. 2707, cuando es en realidad la E.P. 2907. El documento del plan establece las reservas viarias que determina la normativa vigente y en concreto las definidas en la ley 4/1994 de Estradas de Galicia, así como en la normativa de aplicación para las vías provinciales (Ordenanza reguladora del uso y defensa de las carretas provinciales). En concreto en los planos de ordenación se han grafiado las líneas límite de edificación, definiendo el suelo comprendido entre ambas líneas, como suelo de protección de infraestructuras. III.- INFORME A la vista de las observaciones indicadas con anterioridad, se INFORMA FAVORABLEMENTE el expediente correspondiente al Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pazos de Borbén.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe e a súa remisión ó Concello de Pazos de Borbén. 14.16773.- INFORME EN RELACIÓN COA AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO RECTIFICACIÓN DE TRAZADO N-640, P.K. 194,80 Ó P.K. 201,00, TRAMO: PEÑA DO FOXO-CALOBRE, QUE REMITE A DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL DO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, E MEDIO RURAL E MARIÑO Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, de data 30 de xaneiro de 2009, recibida nesta Deputación o día 9 de febreiro de 2009 (Rex. de entrada núm. 4266), remitindo avaliación de impacto ambiental do proxecto rectificación de trazado N-640, p.k. 194,80 ó p.k. 201,00, tramo: Peña del Foxo – Calobre, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que o Director de Infraestruturas, emite informe con data 24 de marzo de 2009, no que manifesta: “La dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental solicita a la Diputación, informe al respecto de si el proyecto de referencia puede causar impactos ambientales significativos. La consulta se realiza a efectos de decidir si el proyecto debe someterse o no, al procedimiento de evaluación de impacto ambiental. La actuación que nos ocupa consiste en la rectificación de trazado de la N-640 en un tramo de 6 km, a continuación de la futura variante de A Estrada. Teniendo en cuenta la naturaleza de la actuación, así como las medidas correctoras y preventivas que se suelen implantar en este tipo de actuaciones, consideramos que esta actuación no debería someterse al procedimiento de evaluación de impacto ambiental.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe e a súa remisión á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño. 15.16774.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), PARA O EXERCICIO 2009 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade, no uso das facultades que lle confiren os artigos 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e consciente da importancia de fomentar e impulsar investimentos para Agrupacións e Asociacións Veciñais, dadas as carencias de recursos das mesmas, aprobar as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas dentro do Plan de Acción Comunitaria para o exercicio 2009, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia, que son as seguintes: “BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), PARA O EXERCICIO 2009 PRIMEIRA.- OBXECTO.- A finalidade desta convocatoria é apoiar ás Agrupacións e Asociacións Veciñais (en adiante Agrupacións Veciñais) na realización de investimentos, tanto obras como adquisicións, durante o ano 2009. Os obxectivos dos investimentos que se financiarán con cargo a este programa serán os seguintes: a) A mellora do medio rural e barriadas urbanas mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles, que permita ós seus habitantes unhas adecuadas condicións de vida. b) O desenvolvemento das Agrupacións Veciñais ó obxecto de aumentar a súa capacidade para resolver os seus problemas. Dita solución requirirá a unión de recursos, esforzos e vontades. Poderán ser obxecto da subvención: - Investimentos (obras e adquisicións de bens duradeiros) que estean relacionados coas competencias establecidas nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85 de 2 de abril, de Réxime Local, agás a compra de terreos. O importe total das subvencións públicas, concedidas para esta finalidade, utilizarase exclusivamente: - Tratándose de obras, na adquisición de materiais e/ou alugamento de maquinaria, e - Tratándose de subministración, na adquisición dos mesmos. SEGUNDA.- FINANCIAMENTO.- O seu financiamento e réxime acomodaranse ó determinado nestas Bases. Dito Programa, por importe de un millón douscentos mil (1.200.000,00) euros, financiarase con cargo ó Orzamento de 2009, partida 911.514.789.07, que poderá incrementarse mediante suplementación de créditos. TERCEIRA.- REQUISITOS.- As actuacións comunitarias serán caracterizadas pola concorrencia dos seguintes requisitos: a) Libre determinación dos veciños na elección dos investimentos que desexen executar. b) Voluntariedade na participación e liberdade de ditos veciños sobre a forma de organizarse. CUARTA.- BENEFICIARIOS.- Poderán solicitar estas axudas tódalas Agrupacións Veciñais que reúnan os seguintes requisitos: 1. Carecer de fins de lucro. 2. Desenvolver as súas actuacións no ámbito territorial do municipio ó que pertence. 3. Non estar incursas en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas. 4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias (Estado e Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social e non ter débedas de ningún tipo coa Deputación. QUINTA.- SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, de luns a sábado, no Rexistro da sede de Vigo, de luns a venres, no Servizo de Cooperación ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a) Memoria explicativa do investimento concreto, acompañado de croquis de situación, asinado polo representante. b) Orzamento do investimento a realizar, asinado polo representante e co IVE desagregado. c) Declaración responsable na que conste o conxunto dos acordos adoptados polos veciños para a realización do investimento (obra ou adquisición), en réxime de Acción Comunitaria, co nomeamento dun representante único da Agrupación Veciñal e identificación do mesmo, sinalando expresamente o compromiso de completar o financiamento da obra mediante a achega do traballo, transporte, maquinaria ou metálico, así como de asumir os riscos que puideran xurdir con ocasión da prestación antes citada (Anexo III). d) Acta de nomeamento dos representantes da Agrupación Veciñal (Anexo II) ou, de ser unha Asociación, a acta de nomeamento da Xunta Directiva actual, e fotocopia cotexada do C.I.F., no caso de contar con el, así como do D.N.I. do representante. e) Declaración responsable na que conste se a Agrupación Veciñal obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien o investimento a subvencionar, e compromiso de comunicar á Deputación as que se obteñan nun futuro (Anexo I). f) Declaración responsable de estar ó corrente das obrigas tributarias (Estado, Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social, e de non ter débedas de ningún tipo coa Deputación, e autorización á Deputación para obter as correspondentes certificacións. (Anexo I). g) Declaración de non estar incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, asumindo o compromiso de dar cumprimento ás condicións da subvención. (Anexo I). h) Certificación, da sucursal correspondente, da conta bancaria na que terá que ingresarse o importe da subvención, que debe estar a nome da Agrupación Veciñal ou, como mínimo, de tres titulares que figuren na Acta de nomeamento dos representantes da mesma. As Agrupacións Veciñais só poderán solicitar unha subvención por cada investimento, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude. Incumbe ás Agrupacións Veciñais obter as licenzas necesarias para acometer as obras solicitadas, consonte dispón o Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de Disciplina Urbanística e demais disposicións aplicables. Solicitarán licenza do Concello, sen prexuízo das autorizacións ou concesións que sexan necesarias outorgar polos organismos competentes. Se a solicitude remitida, acompañada da documentación, non reunise os requisitos da convocatoria ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. SEXTA.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, de luns a sábado, no Rexistro da Sede de Vigo, de luns a venres ou nos lugares establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes de subvencións, que se acollan a este programa, comezará ó día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia, sendo de 45 días naturais. SÉTIMA.- COMPATIBILIDADE.- Estas axudas serán compatibles con outras axudas ou subvencións concedidas por outras entidades para o mesmo investimento, pero en ningún caso a contía das mesmas poderá superar o custo do investimento a realizar. A tal efecto comunicarase á Deputación Provincial de Pontevedra a obtención doutras subvencións ou axudas propias para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración, ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou estranxeiros. Así mesmo, estas axudas non son compatibles con outras concedidas por outros Servizos da Deputación para a mesma finalidade no exercicio 2009, debendo as Agrupacións Veciñais comunicar á Deputación tal circunstancia de darse o caso. OITAVA- CRITERIOS DE CONCESION.- A asignación de axudas ou subvencións dos distintos investimentos (obras ou adquisicións), farase en función dos seguintes criterios: 1º A necesidade do investimento apreciada en razón das súas características, tendo prioridade as de carácter básico. Valorarase ata 10 puntos. 2º Adecuación das inversións que se van a realizar o interese municipal ou provincial ata 20 puntos. 3º Número de habitantes da comunidade ou municipio beneficiados, ata 10 puntos. 4º Outras circunstancias globais de interese socioeconómico, que a xuízo do órgano competente se deban considerar, ata 20 puntos. NOVENA.- INSTRUCIÓN E RESOLUCIÓN.- A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó Xefe de Servizo de Cooperación Municipal, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Así mesmo, deberá elaborar un informe-proposta provisional, explicando e motivando a aplicación dos criterios de concesión establecidos na base oitava. O informe-proposta provisional será sometido a estudo e avaliado pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por: Presidente: O Presidente da Deputación ou Deputado en quen delegue Vogais: O Presidente da Comisión Informativa de Cooperación Municipal e a Xefa de Servizo de Cooperación. Secretario: Actuará como secretario, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Cooperación. A Comisión de Valoración poderá acadar cantos informes estime necesarios para resolver e deberá emitir un informe-proposta definitivo no que se concrete o resultado da avaliación efectuada. O procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia competitiva. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo do exercicio orzamentario aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose a estes efectos á Presidencia ata un 20 % do crédito total deste programa para a súa concesión directa, tal como se prevé na base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial. As propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe de fiscalización de Intervención. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo real do investimento a desenvolver polo beneficiario. DÉCIMA.- REFORMULACION DE SUBVENCIONS.- Os beneficiarios dunha subvención, por razóns xustificadas, poderán solicitar a reformulación da solicitude presentada cando o importe da subvención proposta sexa inferior ó solicitado. Será no momento da comunicación da proposta provisional de concesión cando os beneficiarios poidan reformular dita solicitude para axustar os compromisos e condicións á subvención outorgable e sempre antes de que ó órgano competente acorde a concesión da mesma. A nova subvención, terá que ser aprobada polo órgano competente para a súa concesión e, en todo caso, terá que respectar o obxecto e demais requisitos previstos nas bases desta convocatoria e demais normas reguladoras de subvencións. DÉCIMO PRIMEIRA.- PUBLICIDADE.- As Agrupacións Veciñais que sexan beneficiarias da subvención, deberán darlle a adecuada publicidade do carácter público do financiamento do investimento obxecto da mesma, poñendo un cartel ou placa anunciador, en un lugar visible, coa inclusión da imaxe institucional da Deputación Provincial de Pontevedra. DÉCIMO SEGUNDA.- MODIFICACIÓNS DE SUBVENCIÓNS.- As subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou rexeitan expresamente no prazo de dez días hábiles contados dende a súa notificación. Unha vez recaída a resolución de concesión, poderase solicitar o cambio ou modificación do seu contido se concorren circunstancias excepcionais, axeitándose ó establecido nas distintas normas desta convocatoria. As circunstancias excepcionais serán as seguintes: - Non dispor de crédito suficiente, para levar a cabo o investimento. - Ter recibido axudas ou subvencións doutros organismos públicos ou privados, que cubran o importe do investimento. - Ter prioridade na realización doutro investimento que teña que acometer a Agrupación Veciñal, e non conte con crédito de financiamento para levalo a cabo. - Algún impedimento administrativo ou doutro tipo que impida a súa realización. Non se admitirá o cambio de aplicación ou modificación do investimento subvencionado, se non se solicita antes do día 31 de marzo do 2010, sempre que existan razóns excepcionais que o aconsellen e así o decida o Presidente ou Vicepresidente en quen delegue. DÉCIMO TERCEIRA.- XUSTIFICACION E ABOAMENTO DAS SUBVENCIONS.- 1.- Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizado o investimento, os beneficiarios deberán xustificalas antes do día 31 de outubro do 2010 Se non puidesen xustificalas no prazo establecido, poderase solicitar, antes de que remate dito prazo, unha ampliación do prazo establecido para a xustificación que non exceda da metade do mesmo, sempre que non prexudique dereitos de terceiro. 2.- Será esixida a xustificación do 100% do orzamento presentado para recibir a totalidade da subvención. No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% do orzamento subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención. 3.- Para recibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar, directamente na Deputación Provincial, os seguintes documentos: a) Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando: acredor e documento, importe, data de emisión, se é posible, data na que se pagou; información, no seu caso, das desviacións con relación ó orzamento que serviu de base á concesión). (Anexo IV). Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. b) Facturas orixinais, ou fotocopias compulsadas, conformadas polo Presidente da Agrupación Veciñal, con indicación do DNI. Admitíndose só aquelas que inclúan materiais, aluguer de maquinaria, ou a realización dalgunha adquisición. A xustificación con facturas será, como mínimo, polo importe da subvención concedida. c) Memoria explicativa do investimento realizado e dos resultados obtidos, debidamente asinada polo representante da Agrupación Veciñal. d) Declaración responsable de non ter recibido outras subvencións de Administracións Públicas ou detalle do financiamento obtido para a finalidade subvencionada e declaración responsable de que os ingresos obtidos non superan o custo da mesma. (Anexo IV). e) Acreditación de estar ó corrente das súas obrigas tributarias (do Estado e da Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social e de non ter débedas, de ningún tipo, coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo Provincial de Intervención. (Anexo IV). f) Declaración da Agrupación Veciñal de darlle difusión ó investimento subvencionado, facendo constar a colaboración da Deputación-Area de Cooperación (Anexo IV). O Servizo de Inspección dos investimentos comprobará que foi posto o cartel ou placa de publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non sé procederá ó libramento da mesma. Será necesario tamén o informe dos técnicos provinciais correspondentes, que será solicitado polo Servizo de Cooperación, ó obxecto de comprobar a realidade do investimento, e de que o executado se axusta ó previsto na memoria e no orzamento. O aboamento da subvención practicarase directamente á Agrupación Veciñal na conta bancaria indicada por esta. DÉCIMO CUARTA.- DEVOLUCIÓN E REINTEGRO.- As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos: a. Por obtelas falseando as condicións requeridas. b. Por non aplicala ós fins para os que foi concedida. c. Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de réxime xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. DÉCIMO QUINTA.- APROBACIÓN DAS BASES.- De acordo co establecido na Base 16.2 das de execución do orzamento para o 2009, e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei Xeral de Subvencións e demais lexislación aplicable, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. DÉCIMO SEXTA.- DEREITO SUPLETORIO.- Para o non disposto nas presentes bases, contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE número 276, de 18/11/2003), no Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e demais lexislación aplicable. DÉCIMO SÉTIMA.- RECLAMACIÓNS.- Contra o acordo da aprobación destas bases que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta publicación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra segundo o disposto nos artigos 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estimen conveniente.” Os anexos son os que seguen: EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA SERVIZO DE COOPERACIÓN SOLICITUDE DE SUBVENCION CON CARGO O PROGRAMA DE ACCION COMUNITARIA 2009 1.- DATOS DO SOLICITANTE: Nome da Agrupación Veciñal ……………………………………………………………. ……………………………………………………………………………………………. Nome do representante ………………………………………………………………...... D.N.I. ……………………. C.I.F. ………………………..Teléfono …………………… Fax ……………………...... E-mail ………………………. Domicilio ………………………………………………...... Concello ………………….. Código Postal……………….. 2.- SOLICITUDE: Obxecto da subvención …………………………………………………………………… Orzamento…………………….. Euros Poboación beneficiada Subvención solicitada ……………………… Euros Subvención concedida Euros (A cumprimentar polo servizo) 3.- DOCUMENTACION: Memoria explicativa do investimento e croquis de situación, asinado polo representante. Orzamento do investimento a realizar, asinado polo representante. Fotocopia cotexada do D.N.I. do representante legal da Agrupación Veciñal, e do C.I.F., no caso de contar co mesmo. Anexo I Anexo III Certificación da conta bancaria a nome da Agrupación Veciñal. Acta de nomeamento dos representantes da Agrupación Veciñal (Anexo II), ou da Xunta Directiva, segundo o caso. ……………………., ……. de …………….. de 2009 O SOLICITANTE (Sinatura e selo) ILMO. SR. PRESIDENTE DA DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, ANEXO I: DECLARACIÓN D. ….............................................................................................................................................. con D.N.I. núm.……………………., como representante da Agrupación Veciñal …………………..... …………………………………………………………………………………………………... CIF ………… e domicilio social ………………………………………………………………, Concello de ………………………………………………………… Investimento ………………………………………………………………………………. DECLARO: a.- Esta Agrupación Veciñal carece de fins de lucro b.- A esta Agrupación Veciñal, Non se lle concederon outras axudas ou subvencións coa mesma finalidade. Si solicitou ou concedéronselle, procedentes de Organismos Públicos e entidades privadas, as seguintes axudas ou subvencións: Relación de axudas solicitadas Importe Relación de axudas concedidas Importe Asemade, esta Agrupación Veciñal asume o compromiso de comunicar as que se obteñan nun futuro. c.- Esta Agrupación Veciñal comprométese a completar o financiamento do investimento mediante achega persoal, transporte ou metálico, así como de asumir os riscos que puideran xurdir con ocasión da prestación devandita. d.- Esta Agrupación Veciñal non está incursa en causas de prohibición para percibir axudas ou subvencións públicas e coñezo e acepto as bases da convocatoria, asumindo o compromiso de dar cumprimento ás condicións da subvención. e.- Esta entidade está o corrente coas súas obrigas tributarias (do Estado e da Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social, e non ten débedas de ningún tipo coa Deputación. Ó mesmo tempo autorizo á Deputación a obter as certificacións da Axencia Estatal da Administración Tributaria, da Comunidade Autónoma e da Tesourería da Seguridade Social. E para que así conste perante a Deputación Provincial, ós efectos da subvención a conceder por esa Institución, subscribo a presente, en ......................, ......de.................de 2009 SINATURA ANEXO II ACTA DE NOMEAMENTO DOS REPRESENTANTES DA AGRUPACION VECIÑAL NOME DA AGRUPACION ............................................................................................................... ……………………………………………………………………………………………….. Concello de ………………………………………………………………………………….. En ………………………………………………………, sendo as ……………………. do día ……………………………………, reúnense, os veciños abaixo asinantes, con expresión de: nome completo, domicilio, sinatura e D.N.I. dos mesmos, que acordan nomear ós representantes da Agrupación Veciñal …………………………………………………….….. ….............................................................................................................................................., con domicilio en ……………………………………………………………………………….., ós só efecto de solicitar da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, subvencións a través do Programa de Acción Comunitaria, anualidade 2009, para o investimento …………………., facéndose responsable de cumprir estritamente toda a lexislación aplicable e ademais, todas as responsabilidades derivadas da súa execución. TITULARES: NOME E APELIDOS DOMICILIO SINATURA D.N.I. nº. E non habendo mais asuntos que tratar, levántase a sesión, na data ut supra, ......................., ......de.................de 2009 SINATURA ANEXO III ACORDO ADOPTADO POLOS VECIÑOS Dª/D....................................................................................................... en calidade de ......................................................................................................... da Agrupación Veciñal .............................................................. con C.I.F/D.N.I. ......................................... e enderezo en ................................................... do Concello de.............. DECLARO: Que os membros desta Agrupación Veciñal acordamos solicitar á Deputación de Pontevedra, unha subvención para o investimento “………………………………………...” en réxime de acción comunitaria, nomeando a D. ……………………………………. representante único á tódolos efectos. Así mesmo, comprometémonos a completar o financiamento da obra mediante a achega do traballo, transporte, maquinaria ou metálico, así como de asumir os riscos que puideran xurdir no seu desenvolvemento. E para que así conste perante a Deputación Provincial, ós efectos da subvención a conceder por esa Institución, subscribo a presente, en ......................, ......de.................de 2009 SINATURA EXCMA. DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA SERVIZO DE COOPERACION REFORMULACIÓN DE SOLICITUDE DE SUBVENCION DO PROGRAMA DE ACCION COMUNITARIA 2009 DATOS DO SOLICITANTE: D./Dª. ……………………………………………………………………………………. Nome da Agrupación ……………………………………………………………………. D.N.I. ……………………. C.I.F. ……………………….. Investimento a subvencionar: ……………………………………………………………. DECLARA: Primeiro.- Que tivo coñecemento da proposta para a concesión dunha subvención por importe de ………………… € para a devandita actuación; importe inferior ó solicitado. Segundo.- En relación coa conformidade que se me solicita, manifesta que a entidade á que representa: (cumprimentar algunha das opcións). A. Está conforme coa subvención que se propón conceder, estimando: a) Que non procede reformulación algunha da actuación. b) Que reformula a súa solicitude do seguinte modo: b.1. Novo Orzamento: …………………………………………………………………………..... ………………………………………………………………..................... . ………………………………………………………………………........ Total: ………………………………… O motivo da reformulación é que non se dispón de cantidade suficiente para afrontar o gasto ocasionado. b.2. Outras modificacións (especificar: inversións ou adquisicións, etc.), indicando o motivo. …………………………………………………………………………...... …………………………………………………………………………….. B. Esta entidade rexeita a subvención que se propón, por non estar conforme coa mesma (motivar desconformidade). ……………………., ……. de …………….. de 2009 O SOLICITANTE (Sinatura e selo) ILMO. SR. PRESIDENTE DA DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, ANEXO IV CONTA XUSTIFICATIVA Dª/D................................................................. en calidade de..................................................da Agrupación Veciñal .............................................. …………………………………. con C.I.F......................................... e enderezo en ................................................... do Concello de.............. DECLARA: a) Que para o investimento de..............................................................que recibiu unha subvención de...............euros, realizáronse os gastos que se relacionan na seguinte conta xustificativa: Nº Provedor/Empresa C.I.F. Nº. FACTURA CONCEPTO IMPORTE TOTAL …….. b) Que os gastos que arriba se detallan, son reais e aplicándose á finalidade subvencionada. c) Que a Agrupación Veciñal fixo a debida divulgación do financiamento concedido pola Deputación, para o investimento subvencionado, facendo constar a colaboración da Deputación-Area de Cooperación. d) Que todos os documentos recollidos na presente conta atópanse a disposición da Deputación, no local social da Agrupación Veciñal, ós efectos da súa posible comprobación. e) A esta Agrupación Veciñal: Non se lle concederon outras axudas ou subvencións coa mesma finalidade. Si se lle concederon, procedentes de Organismos Públicos e/ou entidades privadas, as seguintes axudas ou subvencións, para a mesma finalidade: Relación de axudas concedidas (indicación da procedencia) Importe f) Respecto ó investimento realizado, o importe das subvencións concedidas das diversas institucións non superaron o importe total dos gastos devengados, sendo destinadas todas as achegas ó investimento subvencionado. g) Que o investimento foi realizado de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención. h) Que achega unha memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación do investimento realizado e os resultados obtidos. i) Que se acompaña a relación de facturas esixidas na Base 13ª, apartado 3 b, conformadas polo Presidente da Agrupación Veciñal, con nome completo, sinatura e D.N.I. Así mesmo detállanse as facturas por unidades de obra, prezos unitarios, total e I.V.E., sen engadir nas mesmas a man de obra. j) Que se acredita estar ó corrente das obrigas tributaria (do Estado e da Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social e non ter débedas de ningún tipo coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo Provincial de Intervención.. E para que así conste perante a Deputación Provincial, ós efectos da xustificación da subvención concedida por esa Institución, suscribo a presente, en ......................, ......de.................de 2009 O DECLARANTE, Asdo.- 16.16775.- APROBACIÓN DA CONVOCATORIA E BASES DO “PLAN DE CONSERVACIÓN E LIMPEZA DE ESPAZOS NATURAIS 2009, POR CONCORRENCIA COMPETITIVA Ó amparo do establecido na Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno local, que vén reforzar e intensificar a través da modificación do artigo 36 da Lei 7/85, do 2 de abril, as funcións da provincia en materia de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e da planificación estratéxica territorial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases do “Plan de Conservación e Limpeza de Espazos Naturais-2009”, en réxime de concorrencia competitiva, para concellos de mais de 10.000 e menos de 50.000 habitantes, que se rexerá polas seguintes: “B A S E S PRIMEIRA.- Obxecto: Este Plan ten por obxecto o acondicionamento, limpeza e mellora das zonas medioambientais, así como a reposición, recuperación e adecuación das praias e areais do litoral, mediante a contratación laboral temporal por obra ou servizo determinado de 110 traballadores desempregados (peóns ou operarios), por un período de seis meses. SEGUNDA.- Réxime xurídico: Esta convocatoria axustarase ó disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e as bases de execución do orzamento provincial. TERCEIRA.- Beneficiarios: Neste plan poderán participar todos os concellos da provincia de Pontevedra de mais de 10.000 e menos de 50.000 habitantes, que dispoñan de capacidade suficiente para poder levar a cabo estas actuacións, quedando excluídos aqueles que non ingresaran nas arcas provinciais a achega de custos salariais totais correspondentes ós traballadores contratados con cargo a outros plans de actuacións de anos anteriores. CUARTA.- Financiamento: A Deputación de Pontevedra financiará o custo salarial total da man de obra a contratar (peóns ou operarios), incluída a cota empresarial á Seguridade Social, calculado polo vixente convenio colectivo para persoal laboral da Deputación, ata esgotar o crédito previsto nas partidas 711.442.142.02 e 711.442.160.04, que ascende a un total de 882.063,60 € e 308.721,60 €, para salarios e seguridade social, respectivamente. QUINTA.- Presentación de instancias: As instancias, que en todo caso deberán ser subscritas polo representante legal do concello interesado, deberán presentarse no Modelo ANEXO I no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra no prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, xunto cá seguinte documentación: a) Memoria explicativa do traballo que teñan previsto executar, indicando a especialidade segundo o tipo de actividade a desenvolver no Modelo ANEXO II. b) Certificación de que o concello dispón de medios materiais suficientes para poderen realizalo no Modelo ANEXO III. SEXTA.- Requisitos e criterios para a selección dos traballos a desenvolver: De entre as solicitudes que cumpran os anteditos requisitos farase una selección co obxecto de efectuar a distribución do número total de traballadores a contratar para cada concello, que se levará a cabo tendo en conta os seguintes criterios: a) O interese provincial da actividade a desenvolver, que se valorará ata 20 puntos. b) A taxa de desemprego no municipio, que se valorará ata 10 puntos. c) A superficie das zonas de actuación en bens de uso público, que se valorará ata 10 puntos. d) A proposta de contratación de traballadores desempregados pertencentes a algún dos colectivos con especiais dificultades de inserción laboral (reserva de algún posto a persoas discapacitadas), que se valorará ata 5 puntos. SÉTIMA.- Procedemento de concesión: O procedemento que se terá que seguir para a determinación do número de traballadores a contratar por cada concello será de concorrencia competitiva. A instrución dos expedientes tramitarase no Servizo de Recursos Humanos e Formación. Revisada a documentación presentada por cada concello, remitiráselle á comisión de valoración para a súa avaliación e informe. Para estes efectos a comisión de valoración estará composta polos seguintes membros: o deputado-delegado de persoal ou deputado provincial no que delegue e dous funcionarios técnicos da Deputación. Previo informe de fiscalización, a comisión de valoración elevará, á Xunta de Goberno da Deputación a proposta de concesión ou denegación do número de traballadores a contratar por cada concello. OITAVA.- Resolución: Dentro dos 15 días seguintes á data en que finalice o prazo de presentación de instancias o presidente da Deputación ditará a resolución que proceda, que lles será notificada ós concellos interesados. A resolución que poña fin ó expediente conterá, como mínimo, os seguintes datos: a) Denominación da obra ou servizo aprobado. b) Número de traballadores a contratar e categoría profesional. c) Data de inicio da obra ou servizo. NOVENA.- Selección dos traballadores: A selección dos traballadores a contratar efectuarase mediante convocatoria pública e conforme os principios de mérito e capacidade. DÉCIMA.- Contratación dos traballadores: Os traballadores serán contratados para cada unha das ocupacións ofertadas mediante a formalización do preceptivo contrato laboral por obra ou servizo determinado, ó abeiro do establecido no artigo 2 do Real decreto 2720/98, de 18 de decembro, por un período de SEIS MESES. UNDÉCIMA.- Seguimento e publicidade No prazo dun mes, dende o remate do traballo a realizar, o Concello remitiralle á Deputación unha memoria explicativa sobre as actuacións que se levaron a cabo.” Os anexos son como seguen: ANEXO I: MODELO DE SOLICITUDE ANEXO II: MEMORIA EXPLICATIVA ANEXO III: CERTIFICACIÓN ANEXO I MODELO DE SOLICITUDE ENTIDADE SOLICITANTE: Denominación: CIF: Representante legal: NIF: Enderezo: Teléfono: Localidade: Código Postal: D/Dña.___________________________________________________________________, en calidade de ___________________________________________ da citada entidade. SOLICITA: A participación deste Concello no referido Plan para poder levar a cabo a obra ou servizo de interese xeral ou social que se determina na memoria explicativa, mediante a contratación laboral dos seguintes traballadores: Categoría profesional Nº Traballadores __________________________________ _________ __________________________________ _________ __________________________________ _________ Pontevedra, ______ de _____________ de 2009 Asdo.: Alcalde-Presidente Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra ANEXO II MEMORIA EXPLICATIVA Concello: Denominación da obra ou servizo: Localización xeográfica: Descrición da obra ou servizo a realizar: Xustificación da conveniencia da obra ou servizo: Data de inicio da obra ou servizo: Número de traballadores a contratar e categoría profesional: ANEXO III D. _________________________________________________, Alcalde-Presidente do Concello de ______________________________________ CERTIFICA Que este Concello dispón dos medios materiais que sexan precisos para a execución da obra ou servizo solicitada. Pontevedra, ______ de _____________ de 2009 Asdo.: Alcalde-Presidente Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra 17.16776.- APLICACIÓN DA REVISIÓN DE PREZOS ACORDADA POLA XUNTA DE GOBERNO, EN SESIÓN DE 2 DE ABRIL DE 2008, Á PRÓRROGA DO CONTRATO DA XESTIÓN DA ESCOLA DE GAITAS E PERCUSIÓN DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno, en sesión do 4 de marzo do ano en curso, acordou prorrogar por un ano o contrato da xestión da Escola de Gaitas e Percusión de Pontevedra por unha cantidade de 102.400,00 €. Por erro non se contemplo a revisión de prezos acordada por este mesmo órgano, en sesión 2 de abril de 2008, que establecía un incremento do prezo nun 4,4%, ascendendo o total a cento seis mil novecentos cinco euros con sesenta céntimos (106.905,60 €). Visto o Documento Rc que acredita a existencia de consignación orzamentaria de catro mil cincocentos cinco euros con sesenta céntimos (4.505,60 €) na partida 09/451.451.227.25. E resultando que as administracións públicas poden rectificar en calquera momento, de oficio, os erros existentes nos seus actos, todo iso segundo o disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aplicar a revisión de prezos acordada pola Xunta de Goberno, en sesión do 2 de abril de 2008, á prórroga do contrato da xestión da Escola de Gaitas e Percusión de Pontevedra. 18.16777.- PRÓRROGA DO PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS DO NOVO CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN EN PONTEVEDRA A Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión 10 de marzo de 2006, adxudicou o procedemento aberto, para a execución das obras do campo de fútbol de Pasarón a empresa Oreco, S.A. As tres cuartas partes do campo de fútbol están xa executadas (gradas de tribuna, fondo norte e fondo Sur) e postas a disposición dos cidadáns, o contar coa licenza ou autorización provisional de posta en funcionamento outorgada pola Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra, en sesión 2 de marzo de 2009. A empresa adxudicataria das obras do campo de fútbol de Pasaron, Oreco, S.A., comunica que durante os meses de novembro e decembro, soamente se puido proceder a demolición parcial da grada de preferencia como consecuencia de que debaixo da mesma existía un transformador de Unión Fenosa, do que saía unha liña de media tensión que discorría pola zona de influencia das obras, e que abastece de enerxía a esa zona. Isto motivou a paralización das obras durante os meses de xaneiro e febreiro ata que técnicos especializados da empresa eléctrica trasladaron o transformador, polo que Oreco solicita, mediante escrito con data de 3 de marzo de 2009, que se prorrogue o prazo de execución ata finais de decembro do ano en curso. A dirección facultativa das obras informa, con data 12 de marzo de 2009, favorablemente a prorroga do prazo para a execución das obras. Considerando, que de conformidade coa Disposición transitoria primeira da Lei 30/2007 de Contratos do sector publico, os expedientes de contratación iniciados antes da entrada en vigor desta Lei se rexeran pola normativa anterior. Considerando, o artigo 101 no Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, de contratos das administración publicas, e o artigo 100 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, referente o regulamento xeral da lei de contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Prorrogar o prazo de execución das obras do novo campo de fútbol de Pasarón en Pontevedra ata o 18 de decembro de 2009. 19.16778.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1 DO PROXECTO COMPLEMENTARIO “RESTOS MURALLA AMPLIACIÓN MUSEO DE PONTEVEDRA” Vista a certificación núm. 1 relativa o proxecto complementario “Restos muralla ampliación Museo de Pontevedra”, adxudicada no seu día á Empresa Dragados, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 18 do mes de marzo e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2009, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: DRAGADOS, S.A. (CIF. A-15.139.314) 08/432.451-622.01.2007 (Deputación) 212.137,44 € SUBTOTAL ………. 212.137.44 € Taxa Técnicos Directores (4%) 7.275,57 € Control de calidade (3%) 5.486,31 € Seguridade e Saúde (0%) 0,00 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR …….. 199.375,56 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por cando se tratase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axustase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 20.16779.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “BANCADA, PECHES DE REDE E ALUMEADO EN CAMPO DE FÚTBOL DE ANGOARES, RIBADELOURO E PORTAS” (EXPTE. D09/0038) Redactándose polo Servizo de Infraestruturas o proxecto de “Bancadas, peches de rede e alumeado en campos de fútbol de Angoares, Ribadelouro e Portas” cuxo importe ascende á suma de 204.058,15 € (175.912,20 € máis 28.145,95€ correspondentes ó IVE), que ten por obxecto a construción dunha bancada, a dotación de peche de rede e alumeado no campo de fútbol de Angoares; así como a dotación de peche de rede e alumeado nos campos de fútbol de Ribadelouro e Portas. E, á vista do informe emitido por Intervención relativo á existencia de saldo axeitado e suficiente para facer fronte ó gasto na partida 09/123.452-662.00, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de “Bancada, peches de rede e alumeado en campos de fútbol de Angoares, Ribadelouro e Portas”, así como o inicio do correspondente expediente para a contratación da obra. 21.16780.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº1 DA OBRA DE “ENSANCHE E MELLORA DE TRAZADO E.P.2908 ARCADE-AMOEDO, 3ª FASE (PAZOS DE BORBÉN)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 15/07/2005, adxudicou a CONSTRUCIÓNS CRESPO, S.A. a obra de “Ensanche e mellora de trazado E.P. 2908 Arcade-Amoedo (Pazos de Borbén), 3ª fase”, na suma de 1.163.836,08 €, IVE incluído. Resultando que polo Servizo de Infraestruturas se remite o proxecto modificado nº 1 de dita obra, cuxo importe ascende, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, á suma de 1.396.595,75 € supoñendo un incremento sobre o contrato primitivo de 232.759,67 €, que foi redactado como consecuencia de que durante a execución da obra, circunstancias imprevistas inicialmente, aconsellan ou determinan a introdución dalgunhas modificacións que afectan ós capítulos de ensanche da estrada, drenaxes e execución de muros de mampostería. E, á vista do informe emitido por Intervención, relativo á existencia de crédito axeitado e suficiente para facer fronte ó gasto na partida 09/511.511-612.02, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado n.º 1 de “Ensanche e mellora de trazado E.P. 2908 Arcade-Amoedo (Pazos de Borbén), 3ª fase”, por importe, unha vez aplicada a baixa de adxudicación da obra inicial, de 1.396.595,75 €, supoñendo un incremento sobre o contrato primitivo de 232.759,67€. 22.16781.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Vistos os informes emitidos por Intervención, de data 13 e 31 dos correntes, relativos a facturas, que máis adiante se relacionan, correspondentes a traballos de control de calidade realizados en diversas obras, e nos que se pon de manifesto que tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno a aprobación das facturas require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito con cargo á conta non orzamentaria 419.09 (099.129), e, de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2008, que foi prorrogado, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: 1.- Factura n.º 2009/ A 230 de ENMACOSA, S.A., por importe de 696,00 €, que xustifica os traballos de control de calidade realizados na obra de “Campo de Fútbol de Pasarón en Pontevedra”. 2.- Factura n.º 2008/ A 650 de ENMACOSA, S.A., por importe de 4.483,40 €, que xustifica os traballos de control de calidade realizados na obra de “Ampliación do Museo de Pontevedra e Rehabilitación do Edificio Sarmiento”. 23.16782.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000 do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: ESPINA Y DELFÍN, S.L. (CIF B- 15.026.693) • A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de dez mil euros (10.000,00 €), para responder da obra “Posibles danos por obras de conexións exteriores Parque de Empresarial Pousadoiro (Vilagarcía de Arousa)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/01/2006 con número de operación 200600003659, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SERCOYSA, PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF A- 36.319.622) • A constituída en valores, mediante aval de CAM, por importe de dezasete mil catrocentos trinta e cinco euros con noventa e cinco céntimos (17.435,95 €), para responder da obra “Repavimentación das rúas Gravina e Churruca (Vigo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 18/11/2006 con número de operación 200600097186, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GESTIÓN DE ESTUDIOS E ANÁLISES, S.L.- GESAN (CIF B- 15.657.406) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de mil cento noventa e seis euros (1.196,00 €), para responder da “Asistencia técnica para o desenvolvemento e posta en funcionamento da actividade de Spin-Off empresarial 50+, no marco do Proxecto Chronos”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 02/10/2007 con número de operación 200700079092, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ESTRATEXIA E ORGANIZACIÓN, S.A.- EOSA (CIF A- 36.196.418) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cento corenta euros (1.140,00 €), para responder da “Aplicación informática de soporte á realización das labores de contabilidade analítica dos programas cofinanciados con fondos comunitarios xestionados pola Deputación Provincial”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 03/05/2005 con número de operación 200500046088, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. (CIF A- 36.018.786) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de mil setecentos dous euros con corenta céntimos (1.702,40 €), para responder do “Subministración e instalación da sinalización rural da vía XIX ó seu paro pola provincia de Pontevedra enmarcada dentro do Proxecto INTERREG III- Vías Atlánticas”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 06/02/2007 con número de operación 200700007549, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GRUPO NORTE MCA, S.L. (CIF B- 36.220.135) • A constituída en valores, mediante aval de CAJA MADRID, por importe de mil cento noventa euros con dezaseis céntimos (1.190,16 €), para responder da “Organización da Gala do Deporte 2006”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 20/04/2007 con número de operación 200700031965, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SIMCE CONSULTORES, S.L. (CIF B- 36.872.307) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cento dezaseis euros (1.116,00 €), para responder do “Servizo de asistencia técnica para a xestión económica e financeira e avaliación xeral para o Proxecto Empleocities”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/02/2004 con número de operación 200400008960, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. NUÑEZ MOTOR, S.L. (CIF B- 36.780.872) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de mil cento noventa e cinco euros con sete céntimos (1.195,07 €), para responder do “Subministración dun vehículo para o Parque Móvil, marca Citroën, modelo Xantia 1,9 TD, matrícula PO-2681-BB”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/01/2006 con número de operación 200600004350, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. AGRÍCOLA COMERCIAL CARRERA, S.L. (CIF B- 36.174.781) • A constituída en metálico, por importe de mil oitenta euros (1.080,00 €), para responder do “Subministración de 24 desbrozadoras para os parques comarcais dependentes do Servizo de Vías e Obras”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04/10/2007 con número de operación 200700079699. SEÑALIZACIONES Y BALIZAMIENTOS DE GALICIA, S.A. (CIF A- 36.617.942) • A constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de mil novecentos vinte euros (1.920,00 €), para responder do “Subministración de material de sinalización e seguridade viaria para as vías provinciais, ano 2005”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/06/2005 con número de operación 200500059160, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. SEÑALIZACIONES Y BALIZAMIENTOS DE GALICIA, S.A. (CIF A- 36.617.942) • A constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de mil oitenta euros (1.080,00 €), para responder da “Ampliación do subministración de material de sinalización e seguridade viaria para as vías provinciais, ano 2005”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 25/11/2005 con número de operación 200500107495, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EUREST COLECTIVIDADES, S.A. (CIF A- 80.267.420) • A constituída en valores, mediante aval de B.B.V.A., por importe de tres mil trescentos oitenta e catro euros con trinta céntimos (3.384,30 €), para responder da “Servizo de hostalería no Centro de Vacacións de A Lanzada para o verán do 2006”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 31/07/2006 con número de operación 200600065342, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. EUREST COLECTIVIDADES, S.A. (CIF A- 80.267.420) • A constituída en valores, mediante aval de B.B.V.A., por importe de tres mil vinte e nove euros con setenta e sete céntimos (3.029,77 €), para responder do “Servizo de hostalería no Centro de Vacacións de A Lanzada para o verán do 2004”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/06/2004 con número de operación 200400046023, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CESPA, INGENIERÍA URBANA, S.A. (CIF A- 61.655.437) • A constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de cincocentos corenta e dous euros con corenta céntimos (542,40 €), para responder da “Recollida de residuos sólidos urbanos e retirada de colectores na Cidade Infantil Príncipe Felipe”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 22/04/2004 con número de operación 200400029341, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 24.16783.- RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR UN SEGURO DE ASISTENCIA SANITARIA PARA FUNCIONARIOS DE CARREIRA INTEGRADOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 21 de xaneiro de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, dun seguro de asistencia sanitaria para funcionarios de carreira integrados da Deputación Provincial de Pontevedra, en base a que as empresas que desexasen optar á adxudicación deste contrato polo prezo estipulado de 41,00 euros/beneficiario, impostos incluídos, debían dispoñer dos medios que aparecen recollidos no concerto de asistencia sanitaria para funcionarios integrados, así como cumprir todos os requisitos expresados no devandito concerto. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación do seguro de asistencia sanitaria para funcionarios de carreira integrados da Deputación Provincial de Pontevedra , foi enviado para publicar no Suplemento ó Diario Oficial da Unión Europea o día 22 de xaneiro de 2009, aparecendo publicado no devandito suplemento o día 24 de xaneiro de 2009 (Anuncio de licitación 2009/S 16-022887), así mesmo foi publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 21 de data 2 de febreiro de 2009 e no Boletín Oficial do Estado número 41 do 17 de febreiro de 2009. Resultando que a cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións económicas efectuouse o día 20 de marzo de 2009, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación e apertura da única proposición económica presentada pola empresa, COMPAÑÍA DE SEGUROS ADESLAS, S.A., (C.I.F.- A-40001430) a cal foi admitida a este procedemento aberto, pasando a seguir o expediente a informe dos técnicos do Servizo de Recursos Humanos e Formación. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 31 de marzo de 2009 e en base ó informe emitido polo Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos, con data 2 de febreiro de 2009, formula proposta para declarar deserto o procedemento aberto convocado para contratar un seguro de asistencia sanitaria para funcionarios de carreira da Deputación Provincial de Pontevedra ó non cumprir a oferta presentada pola empresa, COMPAÑÍA DE SEGUROS ADESLAS, S.A., (C.I.F..- A-40.001.430), co estipulado nos pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexen no mesmo. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato privado, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para efectuar contratos que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1. Declarar deserto o procedemento aberto convocado para contratar un seguro de asistencia sanitaria para os funcionarios de carreira da Deputación Provincial de Pontevedra ó non cumprir a única proposición presentada ó mesmo e que corresponde á empresa, COMPAÑÍA DE SEGUROS ADESLAS, S.A., (C.I.F..- A-40.001.430), co estipulado nos pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexen no mesmo. 2. Iniciar un novo procedemento de adxudicación para a contratación do seguro de asistencia sanitaria para funcionarios de carreira integrados da Deputación Provincial de Pontevedra, conservando o expediente de contratación aprobado pola “Xunta de Goberno” na sesión ordinaria do día 21 de xaneiro de 2009, coas modificacións nos pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas seguintes: -O prezo asegurado/mes fíxase en 44,50 euros, impostos incluídos. -A cantidade anual estimada do contrato cífrase en 320.400,00 euros, de acordo ó seguinte detalle por anualidades: IMPORTE MES MESES IMPORTE TOTAL Ano 2009 (xullo-decembro) 26.700,00 6 160.200,00 Ano 2010 (xaneiro-decembro) 26.700,00 12 320.400,00 Ano 2011 (xaneiro-xuño) 26.700,00 6 160.200,00 640.800,00 3. Conceder un prazo para presentación de proposicións de cincuenta e dous días naturais, a partir da data de envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas e cuxa data de finalización para presentación de proposicións económicas especificarase no anuncio a publicar no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Boletín Oficial do Estado, de conformidade co estipulado no artigo 143.1 da citada Lei 30/2007, tendo en conta que as empresas que desexen optar á adxudicación deste contrato polo prezo estipulado de 44,50 euros/beneficiario/mes, impostos incluídos, deberán dispoñer dos medios que aparecen reflectidos no concerto de asistencia sanitaria para funcionarios integrados, así como cumprir todos os requisitos expresados en dito concerto. 4. Autorizar o gasto correspondente á anualidade de 2009 (meses de xullo a decembro) polo importe máximo de 160.200,00 euros, con cargo á partida 09/122.314.160.06 do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009, quedando sometida a adxudicación en canto a exercicios posteriores, á condición suspensiva da existencia de crédito axeitada e suficiente para financiar as obrigas derivadas deste contrato. Unha vez introducidas estas modificacións o prego de cláusulas económicas administrativas queda como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO SEGURO DE ASISTENCIA SANITARIA PARA FUNCIONARIOS DE CARREIRA INTEGRADOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 1.- OBXECTO DO CONTRATO.- A prestación do seguro de asistencia sanitaria en todo o territorio nacional ós funcionarios de carreira integrados, en virtude da aplicación do Real decreto 480/93, de 2 de abril, e ós seus correspondentes beneficiarios da Deputación Provincial de Pontevedra, incluíndo a asistencia sanitaria no estranxeiro nos supostos de estancia por viaxe ou estudos, de conformidade co establecido no concerto de asistencia sanitaria para funcionarios desta Administración que se une como anexo a modo de prego de prescricións técnicas. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato para o ano 2009 financiarase con cargo á partida 09/122.314.160.06 do orzamento de gastos da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, quedando sometida a adxudicación en canto a exercicios posteriores, á condición suspensiva da existencia de crédito axeitada e suficiente para financiar as obrigas derivadas daquel. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, por mensualidades vencidas, unha vez prestada a conformidade pola Deputación Provincial de Pontevedra. Cada pago mensual terá en conta o número de titulares e beneficiarios existentes ás cero horas do día un do mes do que se trate e para iso facilitarase mensualmente por parte da Deputación á empresa adxudicataria, un exemplar dos documentos de afiliación do titular e beneficiarios, así como unha relación das baixas e variacións que se producisen. Con respecto ás demais incidencias relativas ó pagamento do contrato terase en conta o establecido no concerto de asistencia sanitaria para funcionarios desta Deputación que se une como anexo. 4.- DURACIÓN DO CONTRATO.- A vixencia da cobertura do seguro de asistencia sanitaria establécese no prazo de dous anos contados dende as cero horas do día primeiro do mes seguinte ó da adxudicación do procedemento aberto para contratación da asistencia sanitaria dos funcionarios integrados da Deputación Provincial de Pontevedra, previa formalización do correspondente contrato, sendo susceptible de prórroga por idéntico período, sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas acordadas de forma expresa, poida exceder de catro anos. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato que servirá de base á licitación fíxase no prezo de corenta e catro euros con cincuenta céntimos (44,50 €), impostos incluídos, por cada beneficiario ó mes, tendo en conta que está exento de IVE de conformidade co artigo 20.uno.16º da Lei 37/1992, de 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido. Considerando que á data de convocatoria deste procedemento aberto o número de asegurados ascende a 600 entre titulares e beneficiarios, a súa contía, estímase na cantidade anual de 320.400,00 euros de acordo ó seguinte detalle por anualidades, incluídas as posibles prórrogas: IMPORTE MES MESES IMPORTE TOTAL Año 2009 (xullo- decembro) 26.700,00 6 160.200,00 Año 2010 (xaneiro-decembro) 26.700,00 12 320.400,00 Año 2011 (xaneiro-decembro) 26.700,00 12 320.400,00 Año 2012 (xaneiro-decembro) 26.700,00 12 320.400,00 Año 2013 (xaneiro-xuño) 26.700,00 6 160.200,00 1.281.600,00 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 66 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante da Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Considerando as circunstancias deste contrato (dous anos de duración), esíxese a constitución dunha garantía provisional do 3% do orzamento estimado do contrato, o que equivale á cantidade de dezanove mil douscentos vinte catro euros (19.224,00 €), que responderá do mantemento das ofertas presentadas polos licitadores ata a adxudicación provisional do contrato, de conformidade co previsto no artigo 91 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles contados a partir do seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), en horario de 9 a 13 horas, durante un prazo de cincuenta e dous días naturais (artigo 143 LCSP), a partir da data do envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación de plicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DUN SEGURO DE ASISTENCIA SANITARIA PARA FUNCIONARIOS DE CARREIRA INTEGRADOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase a documentación obxecto de ser valorada neste procedemento aberto. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das devanditas cláusulas ou condicións, sen salvedade ou reserva algunha. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DUN SEGURO DE ASISTENCIA SANITARIA PARA FUNCIONARIOS DE CARREIRA INTEGRADOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. 2. Poder debidamente bastanteado. 3. Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 4. Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a. Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b. Declaración de cifras de negocio globais realizados nos tres últimos exercicios. c. Relación das pólizas de seguros de asistencia sanitaria concertadas con organismos públicos, durante os últimos cinco anos. d. Relación de medios de que dispón o empresario para executar o contrato (Persoal sanitario, Centros, etc.). Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos apartados anteriores (do punto 1, 2 e 5) poderase realizar mediante a certificación, orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: • PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. • VOGAIS: -O Secretario Xeral da Deputación. -O Interventor da Deputación. -A Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación. SECRETARIO: -O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Deputación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A seguir, en acto público, o Presidente da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios para a adhesión ó concerto de asistencia sanitaria para funcionarios integrados da Deputación Provincial de Pontevedra baséanse en que as empresas aseguradoras que desexen adherirse a este concerto polo prezo estipulado de 44,50 euros/beneficiario, impostos incluídos, deberán dispoñer dos medios que aparecen reflectidos nos artigos 5, 6, 7 e 8 do capítulo II do concerto de asistencia sanitaria para funcionarios integrados que se une como anexo a modo de prego de prescricións técnicas, así como cumprir todos os requisitos expresados no devandito concerto. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, á vista da proposta da mesa de contratación, adxudicará provisionalmente o contrato ás empresas aseguradoras, que cumprindo os requisitos esixidos, desexen adherirse ó concerto de asistencia sanitaria para funcionarios integrados da Deputación Provincial de Pontevedra polo prezo estipulado de 44,50 euros/beneficiario, impostos incluídos. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra (www.depontevedra.es). Os licitadores poderán interpoñer o recurso especial en materia de contratación no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel en que se notifique ou publique o acto impugnado. No caso de que o acto recorrido sexa o de adxudicación provisional do contrato, o prazo contarase dende o día seguinte a aquel en que se publique o mesmo no perfil de contratante. A presentación do escrito de interposición deberá facerse no Rexistro da Deputación (sedes de Pontevedra e Vigo) para a resolución do recurso. A subsanación dos defectos deste escrito deberá efectuarse, se é o caso, no prazo de tres días hábiles. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario ou adxudicatarios deberán presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario ou adxudicatarios presenten a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista ou contratistas deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación de Pontevedra difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A garantía provisional depositada polos licitadores para responder da súa oferta, será devolta ós interesados inmediatamente despois da adxudicación definitiva do contrato. En todo caso, a garantía será retida ó adxudicatario ata que proceda á constitución da garantía definitiva, sendo incautada ás empresas que retiren inxustificadamente a súa proposición antes da adxudicación. A documentación incluída no Sobre B de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, agás que a administración considere oportuno retela no suposto que teñan interposto reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista estará obrigado a realizar durante a vixencia do contrato as prestacións recollidas no concerto de asistencia sanitaria para funcionarios integrados da Deputación Provincial de Pontevedra que se une como anexo a modo de prego de prescricións técnicas. No suposto de formularse denuncia do contrato e dende o seu vencemento, as empresas adxudicatarias están obrigadas a prestar a asistencia sanitaria ata a adxudicación do novo procedemento aberto que para o efecto se promova. 20.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 1.500,00 euros. 21.- REVISIÓN DE PREZOS.- O prezo do contrato poderase revisar anualmente de acordo coa variación que experimente o prezo asegurado/mes do concerto marco da Seguridade Social para prestación de asistencia sanitaria establecido na orde que se aproba a principios de cada ano sobre cotizacións, sempre que transcorra un ano dende a súa adxudicación e se execute o contrato polo menos nun 20%, quedando excluídos da revisión ambas acotacións. 22.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- Para a resolución do contrato estarase, ademais do disposto no presente prego, ó establecido nos artigos 206 e 284 da LCSP e demais normativa que resulte de aplicación. 23.- NATUREZA DO CONTRATO E RÉXIME XURÍDICO APLICABLE.- 23.1.- O contrato que se subscriba terá carácter privado, conforme ó disposto no artigo 20 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 23.2.- As cláusulas contidas neste prego constitúen o conxunto de normas, instrucións e especificacións que rexerán a contratación do seguro de asistencia sanitaria para os funcionarios de carreira integrados, en virtude da aplicación do Real Decreto 480/93, de 2 de abril, polo que se integra no Réxime Xeral da Seguridade social o Réxime especial da Seguridade Social dos Funcionarios da administración Local e os correspondentes beneficiarios da Deputación Provincial de Pontevedra, de conformidade co establecido no concerto de asistencia sanitaria para funcionarios desta Deputación que se une como anexo a modo de prego de prescricións técnicas. Para todo o non previsto no mesmo, o contrato rexerase: 23.2.1.- En canto á preparación e adxudicación, en defecto de normas administrativas específicas, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, así como polo Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, e demais disposicións modificativas ou complementarias. 23.2.2.- En canto ós seus efectos e extinción, polas normas de dereito privado vixentes e que resulten de aplicación ó mesmo. 24.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- A orde xurisdicional contencioso administrativo será o competente para resolver as controversias que xurdan entre as partes respecto á preparación e adxudicación do contrato. Así mesmo, a orde xurisdicional civil será o competente para resolver as controversias xurdidas entre as partes referidas á execución e efectos do contrato. As cuestións litixiosas que poidan xurdir en relación á presente contratación resolveranse ante dos órganos xurisdicionais con sede na cidade de Pontevedra. 25.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don.........., maior de idade, veciño de............, con domicilio en .................titular do DNI.........., expedido en data.........., actuando en nome propio ou en representación da empresa.............con C.I.F.- número.......... e domicilio en ..............., teléfono........ fax…segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Estando interesado en tomar parte no procedemento aberto convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra para a contratación do SEGURO DE ASISTENCIA SANITARIA PARA FUNCIONARIOS DE CARREIRA INTEGRADOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas económicas-administrativas e técnicas que rexe dito contrato e que se compromete a realizar o mesmo, de acordo ó seguinte detalle: • Polo prezo de corenta e catro euros con cincuenta céntimos (44,50 €) beneficiario/mes, impostos incluídos. • Cadro médico e centros asistenciais ofertados (Detallar os mesmos). (data e sinatura do propoñente)” 25.16784.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota