ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/04/15_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.378/2.2009-04-15_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/04/15_Ordinaria

  • Data(s) 2009-04-15 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día quince de abril do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, D. Agustín Reguera Ocampo e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.16812.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAL DE SINALIZACIÓN E SEGURIDADE VIAL DIVERSO CON DESTINO ÁS VÍAS PROVINCIAIS PARA O ANO 2009 O Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria solicita que se proceda a contratar a subministración de material de sinalización e seguridade vial diverso con destino ás vías provinciais durante o ano 2009, ata a cantidade máxima de 72.000,00 euros, elaborando para iso, con data 5 de marzo de 2009, o correspondente prego de prescricións técnicas onde se detalla os diversos tipos de material de sinalización e seguridade vial diverso a subministrar. Resultando que por Intervención se emite o documento RC de data 23/03/09, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 72.000,00 euros, con cargo á vinculación xurídica das partidas 09/511.511.210.00, 09/511.511.210.01 e 09/511.511.210.02 do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que terán que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 31 de marzo de 2009. Resultando que con data 1 de abril de 2009, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data elabórase o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da subministración de material de sinalización e seguridade vial diverso con destino ás vías provinciais durante o ano 2009. Resultando que con data 8 de abril de 2009, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 9 tipifica a este contrato como “de subministración” ó ter por obxecto a adquisición de produtos ou bens mobles e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª.2a) onde figura que lle compete á “Xunta de Goberno” a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración de material de sinalización e seguridade vial diverso, con destino ás vías provinciais para o ano 2009, ata un importe máximo de setenta e dous mil euros (72.000,00 €), IVE incluído, e polos prezos unitarios máximos que a continuación se detallan: SINAIS DE PERIGO TIPO P. Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. Lado (Ud.) 77,59 € 12,41 € 90,00 € SINAL TRIANGULAR DE 135 CM. Lado (Ud.) 155,17 € 24,83 € 180,00 € SINAL TRIANGULAR DE 70 CM. lado (tipo TP) (Ud.) 60,34 € 9,66 € 70,00 € SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. con 3 focos xenon con batería (Ud.) 948,28 € 151,72 € 1.100,00 € SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. con 3 focos xenon con placa solar (Ud.) 1.724,14 € 275,86 € 2.000,00 € SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. con 3 focos xenon a rede eléctrica (Ud.) 862,07 € 137,93 € 1.000,00 € OCTÓGONOS Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL STOP DE 60 CM. (Ud.) 86,21 € 13,79 € 100,00 € SINAL STOP DE 90 CM. (Ud.) 129,31 € 20,69 € 150,00 € SINAIS DE PROHIBICIÓN E OBRIGA TIPO R. Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL CIRCULAR DE 60 CM. (Ud.) 77,59 € 12,41 € 90,00 € SINAL CIRCULAR DE 90 CM. (Ud.) 129,31 € 20,69 € 150,00 € SINAL CIRCULAR DE 60 CM. (tipo TR) (Ud.) 64,66 € 10,34 € 75,00 € SINAIS DE INDICACIÓNS XERAL E SERVIZOS TIPO 5 E T5. Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL CADRADO DE 60 X 60 (Ud.) 86,21 € 13,79 € 100,00 € SINAL CADRADO DE 90 X 90 (Ud.) 129,31 € 20,69 € 150,00 € SINAL RECTANGULAR DE 90 X 60 (Ud.) 129,31 € 20,69 € 150,00 € SINAL RECTANGULAR DE 135 X 90 (Ud.) 215,52 € 34,48 € 250,00 € FRECHAS (CON ESCUDO) E CARTEIS, INFORMATIVAS, LOCALIZACIÓN E ORIENTACIÓN Prezo Unitario IVE TOTAL Cartel Fotoluminiscente (M2) 344,83 € 55,17 € 400,00 € FRECHA (M2) 215,52 € 34,48 € 250,00 € CARTEL (M2) 215,52 € 34,48 € 250,00 € PLACAS COMPLEMENTARIAS Prezo Unitario IVE TOTAL 60 X 20 (Ud.) 51,72 € 8,28 € 60,00 € 60 X 30 (Ud.) 56,03 € 8,97 € 65,00 € 50 X 16 (Ud.) 51,72 € 8,28 € 60,00 € 40 X 20 (Ud.) 43,10 € 6,90 € 50,00 € PANEL DIRECCIONAL VERMELLO/AZUL Prezo Unitario IVE TOTAL 195 X 95 (Ud.) 301,72 € 48,28 € 350,00 € 195 X 45 (Ud.) 172,41 € 27,59 € 200,00 € 160 X 40 (Ud.) 129,31 € 20,69 € 150,00 € 80 X 40 (Ud.) 86,21 € 13,79 € 100,00 € VARIOS Prezo Unitario IVE TOTAL POSTE DE 80x40x2 (ML) 9,48 € 1,52 € 11,00 € POSTE DE 100x50x3 (ML) 18,10 € 2,90 € 21,00 € TRÍPODE PREGABLE PARA DISCOS  60 E TRIANGULOS DE 90 (Ud.) 21,55 € 3,45 € 25,00 € TRÍPODE PREGABLE PARA DISCOS  90 E TRIANGULOS DE 1,35 (Ud.) 30,17 € 4,83 € 35,00 € TRÍPODE PLEGABLE PARA TRIANGULOS DE 70 (Ud.) 25,86 € 4,14 € 30,00 € PALETA SINALIZACIÓN DOBRE CARA (Ud.) 34,48 € 5,52 € 40,00 € VALO CON PES (un panel) 165x20 (Ud.) 112,07 € 17,93 € 130,00 € VALO MOVIL CONTENCIÓN PEÓNS 2,51x1,10 (Ud.) 86,21 € 13,79 € 100,00 € BALIZA BORDE DEREITO OU ESQ. 300x950 (azul-branco/vermella-branco) (Ud.) 86,21 € 13,79 € 100,00 € BALIZA BORDE DEREITO OU ESQ. 400x400 (azul-branco/vermella branco) (Ud.) 129,31 € 20,69 € 150,00 € DISPOSITIVO DE GUIA (Ud.) 60,34 € 9,66 € 70,00 € CINTA BALIZAMENTO (ML) 0,17 € 0,03 € 0,20 € CONO PLÁSTICO DE 50 CM. (Ud.) 17,24 € 2,76 € 20,00 € BARREIRA SEGURIDADE DOBRE ONDA, RECTA OU CURVADA (4mts) (Ud.) 172,41 € 27,59 € 200,00 € POSTE CPN-120 (ML) 30,17 € 4,83 € 35,00 € TERMINAL COLA DE PEIXE (Ud.) 28,45 € 4,55 € 33,00 € TOPE FINAL BARREIRA DOBRE ( Ud.) 68,97 € 11,03 € 80,00 € TOPE FINAL BARRERA SIMPLE (Ud.) 43,10 € 6,90 € 50,00 € FINAL BARREIRA COLA DE PEIXE ESMAGADA (Ud.) 30,17 € 4,83 € 35,00 € SEPARADOR ESTÁNDAR (Ud.) 8,62 € 1,38 € 10,00 € SEPARADOR CURTO (Ud.) 8,62 € 1,38 € 10,00 € PEZA ANGULAR (Ud.) 86,21 € 13,79 € 100,00 € CAPTADORES DUAS CARAS (Ud.) 4,31 € 0,69 € 5,00 € PROTECTOR BARREIRA P/MOTOCICLISTAS (SPM) (ML) 34,48 € 5,52 € 40,00 € PLETINA UNIÓN (SUXEICIÓN) (Ud.) 43,10 € 6,90 € 50,00 € ESPELLO COMPLETO DE 60 CM. (Anti vandálico) (Ud.) 146,55 € 23,45 € 170,00 € ESPELLO COMPLETO DE 80 CM. (Anti vandálico) (Ud.) 215,52 € 34,48 € 250,00 € POSTE PARA ESPELLO (ML) 18,97 € 3,03 € 22,00 € TUBO PARA BARANDA PROTECIÓN PONTES (50 ó 60 mm/) (ML) 13,79 € 2,21 € 16,00 € POSTE TIPO XAMON (ML) 99,14 € 15,86 € 115,00 € POSTE TIPO XAMON RECTO (ML) 99,14 € 15,86 € 115,00 € REMATE BARANDA DOUS/TRES TUBOS (Ud.) 34,48 € 5,52 € 40,00 € BARANDA TUBO RECTANGULAR: (ML) 94,83 € 15,17 € 110,00 € Pasamáns superior de perfil 80 X 40 Pasamáns inferior de perfil 60 X 30 Barrotes separación perfil 20 X 20 Perfil inferior 60 X 30 PINTURA BRANCA ALCIDICA (Envase de 30 Kgs) (Ud.) 64,66 € 10,34 € 75,00 € PINTURA AMARELA ALCIDICA (Envase de 30 Kgs) (Ud.) 64,66 € 10,34 € 75,00 € ESFERA DE VIDRIO (Kg) 1,72 € 0,28 € 2,00 € LINTERNA TIPO GARDIA CIVIL E CAPUCHA (Con cargador 12/24 V.) (Ud.) 215,52 € 34,48 € 250,00 € BALIZA INTERMITENTE (Con pilas) (Ud.) 43,10 € 6,90 € 50,00 € PILAS PARA BALIZAS (Ud.) 4,31 € 0,69 € 5,00 € CONXUNTO 3 FOCO XENON de 100 ó 200 m/m. con alimentación 220 V ó 12/24 Va. (Ud.) 775,86 € 124,14 € 900,00 € MODULO REDUTOR DE VELOCIDADE 350X500X30 con arandelas, parafusos e tacos. (Ud.) 21,55 € 3,45 € 25,00 € MODULO REDUTOR DE VELOCIDADE 600X500X30 con arandelas, parafusos e tacos (Ud.) 32,76 € 5,24 € 38,00 € MODULO REDUTOR DE VELOCIDADE 800X500X40 con arandelas, parafusos e tacos (Ud.) 43,10 € 6,90 € 50,00 € MODULO REDUTOR DE VELOCIDADE 1.000X500X40 con arandelas, parafusos e tacos (Ud.) 54,31 € 8,69 € 63,00 € 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3. Autorizar o gasto polo importe máximo de 72.000,00 euros, con cargo á vinculación xurídica das partidas 09/511.511.210.00, 09/511.511.210.01 e 09/511.511.210.02 do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da subministración de material de sinalización e seguridade vial diverso, con destino ás vías provinciais durante o ano 2009, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 143.2 da citada Lei 30/2007. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAL DE SINALIZACIÓN E SEGURIDADE VIAL DIVERSO CON DESTINO ÁS VÍAS PROVINCIAIS PARA O ANO 2009 1.-OBXECTO.- A subministración de material de sinalización e seguridade vial diverso da clase e características que figuran no prego de prescricións técnicas elaborado polo Xefe Xeral do Parque de Maquinaria de data 5 de marzo de 2009 e que se une como anexo a este prego. A subministración deste material de sinalización e seguridade vial poderá ser ampliado sempre que exista consignación no vixente Orzamento e informe favorable de Intervención, previa autorización do Órgano de Contratación, mantendo o prezo de adxudicación deste procedemento aberto. 2.-FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á vinculación xurídica das partidas 09/511.511.210.00; 09/511.511.210.01 e 09/511.511.210.02 do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009 da Deputación Provincial de Pontevedra. 3.-PAGAMENTO.- O adxudicatario terá dereito ó pagamento, conforme ó prezo convido e efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuado a subministración e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial, todo iso de conformidade co establecido nos artigos 268 e 269 da Lei 30/2007 de 30 de outubro, de contratos do Sector Público (LCSP, en adiante). 4.- PRAZO E LUGAR DE ENTREGA.- A subministración de material de sinalización e seguridade vial diversa obxecto do contrato realizarase coa frecuencia que marque o Xefe do Parque de Maquinaria, na medida que as necesidades do servizo requírano e nun prazo non superior ós cinco días hábiles, a excepción dos carteis e frechas que terán un prazo de entrega de 15 días naturais, no almacén do Parque de Maquinaria desta Deputación. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- Ante a imposibilidade de determinar o material de sinalización e seguridade vial que vai ser necesario utilizar nas vías provinciais durante o ano 2009, o orzamento do contrato fíxase na cantidade máxima de setenta e dous mil euros (72.000,00 €), IVE incluído, sen garantir así mesmo unhas cantidades mínimas a adquirir, polo que a adxudicación do contrato se efectuará de acordo cos prezos unitarios, por cada tipo de sinais, que oferten os licitadores, e cuxo tipo máximo de licitación fíxase nas seguintes cantidades: SINAIS DE PERIGO TIPO P. Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. Lado (Ud.) 77,59 € 12,41 € 90,00 € SINAL TRIANGULAR DE 135 CM. Lado (Ud.) 155,17 € 24,83 € 180,00 € SINAL TRIANGULAR DE 70 CM. lado (tipo TP)(Ud.) 60,34 € 9,66 € 70,00 € SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. con 3 focos xenon con batería (Ud.) 948,28 € 151,72 € 1.100,00 € SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. con 3 focos xenon con placa solar (Ud.) 1.724,14 € 275,86 € 2.000,00 € SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. con 3 focos xenon a rede eléctrica (Ud.) 862,07 € 137,93 € 1.000,00 € OCTÓGONOS Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL STOP DE 60 CM. (Ud.) 86,21 € 13,79 € 100,00 € SINAL STOP DE 90 CM. (Ud.) 129,31 € 20,69 € 150,00 € SINAIS DE PROHIBICIÓN E OBRIGA TIPO R. Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL CIRCULAR DE 60 CM. (Ud.) 77,59 € 12,41 € 90,00 € SINAL CIRCULAR DE 90 CM. (Ud.) 129,31 € 20,69 € 150,00 € SINAL CIRCULAR DE 60 CM. (tipo TR) (Ud.) 64,66 € 10,34 € 75,00 € SINAIS DE INDICACIÓNS XERAL E SERVIZOS TIPO 5 E T5. Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL CADRADO DE 60 X 60 (Ud.) 86,21 € 13,79 € 100,00 € SINAL CADRADO DE 90 X 90 (Ud.) 129,31 € 20,69 € 150,00 € SINAL RECTANGULAR DE 90 X 60 (Ud.) 129,31 € 20,69 € 150,00 € SINAL RECTANGULAR DE 135 X 90 (Ud.) 215,52 € 34,48 € 250,00 € FRECHAS (CON ESCUDO) E CARTEIS, INFORMATIVAS, LOCALIZACIÓN E ORIENTACIÓN Prezo Unitario IVE TOTAL Cartel Fotoluminiscente (M2) 344,83 € 55,17 € 400,00 € FRECHA (M2) 215,52 € 34,48 € 250,00 € CARTEL (M2) 215,52 € 34,48 € 250,00 € PLACAS COMPLEMENTARIAS Prezo Unitario IVE TOTAL 60 X 20 (Ud.) 51,72 € 8,28 € 60,00 € 60 X 30 (Ud.) 56,03 € 8,97 € 65,00 € 50 X 16 (Ud.) 51,72 € 8,28 € 60,00 € 40 X 20 (Ud.) 43,10 € 6,90 € 50,00 € PANEL DIRECCIONAL VERMELLO/AZUL Prezo Unitario IVE TOTAL 195 X 95 (Ud.) 301,72 € 48,28 € 350,00 € 195 X 45 (Ud.) 172,41 € 27,59 € 200,00 € 160 X 40 (Ud.) 129,31 € 20,69 € 150,00 € 80 X 40 (Ud.) 86,21 € 13,79 € 100,00 € VARIOS Prezo Unitario IVE TOTAL POSTE DE 80x40x2 (ML) 9,48 € 1,52 € 11,00 € POSTE DE 100x50x3 (ML) 18,10 € 2,90 € 21,00 € TRÍPODE PREGABLE PARA DISCOS  60 E TRIANGULOS DE 90 (Ud.) 21,55 € 3,45 € 25,00 € TRÍPODE PREGABLE PARA DISCOS  90 E TRIANGULOS DE 1,35 (Ud.) 30,17 € 4,83 € 35,00 € TRÍPODE PREGABLE PARA TRIANGULOS DE 70 (Ud.) 25,86 € 4,14 € 30,00 € PALETA SINALIZACIÓN DOBRE CARA (Ud.) 34,48 € 5,52 € 40,00 € VALO CON PES (un panel) 165x20 (Ud.) 112,07 € 17,93 € 130,00 € VALO MOVIL CONTENCIÓN PEÓNS 2,51x1,10 (Ud.) 86,21 € 13,79 € 100,00 € BALIZA BORDE DEREITO OU ESQ. 300x950 (azul-branco/vermella-branco) (Ud.) 86,21 € 13,79 € 100,00 € BALIZA BORDE DEREITO OU ESQ. 400x400 (azul-branco/vermella branco) (Ud.) 129,31 € 20,69 € 150,00 € DISPOSITIVO DE GUIA (Ud.) 60,34 € 9,66 € 70,00 € CINTA BALIZAMENTO (ML) 0,17 € 0,03 € 0,20 € CONO PLÁSTICO DE 50 CM. (Ud.) 17,24 € 2,76 € 20,00 € BARREIRA SEGURIDADE DOBRE ONDA, RECTA OU CURVADA (4mts) (Ud.) 172,41 € 27,59 € 200,00 € POSTE CPN-120 (ML) 30,17 € 4,83 € 35,00 € TERMINAL COLA DE PEIXE (Ud.) 28,45 € 4,55 € 33,00 € TOPE FINAL BARREIRA DOBRE ( Ud.) 68,97 € 11,03 € 80,00 € TOPE FINAL BARRERA SIMPLE (Ud.) 43,10 € 6,90 € 50,00 € FINAL BARREIRA COLA DE PEIXE ESMAGADA (Ud.) 30,17 € 4,83 € 35,00 € SEPARADOR ESTÁNDAR (Ud.) 8,62 € 1,38 € 10,00 € SEPARADOR CURTO (Ud.) 8,62 € 1,38 € 10,00 € PEZA ANGULAR (Ud.) 86,21 € 13,79 € 100,00 € CAPTADORES DUAS CARAS (Ud.) 4,31 € 0,69 € 5,00 € PROTECTOR BARREIRA P/MOTOCICLISTAS (SPM) (ML) 34,48 € 5,52 € 40,00 € PLETINA UNIÓN (SUXEICIÓN) (Ud.) 43,10 € 6,90 € 50,00 € ESPELLO COMPLETO DE 60 CM. (Anti vandálico) (Ud.) 146,55 € 23,45 € 170,00 € ESPELLO COMPLETO DE 80 CM. (Anti vandálico) (Ud.) 215,52 € 34,48 € 250,00 € POSTE PARA ESPELLO (ML) 18,97 € 3,03 € 22,00 € TUBO PARA BARANDA PROTECIÓN PONTES (50 ó 60 mm/) (ML) 13,79 € 2,21 € 16,00 € POSTE TIPO XAMON (ML) 99,14 € 15,86 € 115,00 € POSTE TIPO XAMON RECTO (ML) 99,14 € 15,86 € 115,00 € REMATE BARANDA DOUS/TRES TUBOS (Ud.) 34,48 € 5,52 € 40,00 € BARANDA TUBO RECTANGULAR: (ML) 94,83 € 15,17 € 110,00 € Pasamáns superior de perfil 80 X 40 Pasamáns inferior de perfil 60 X 30 Barrotes separación perfil 20 X 20 Perfil inferior 60 X 30 PINTURA BRANCA ALCIDICA (Envase de 30 Kgs) (Ud.) 64,66 € 10,34 € 75,00 € PINTURA AMARELA ALCIDICA (Envase de 30 Kgs) (Ud.) 64,66 € 10,34 € 75,00 € ESFERA DE VIDRIO (Kg) 1,72 € 0,28 € 2,00 € LINTERNA TIPO GARDIA CIVIL E CAPUCHA (Con cargador 12/24 V.) (Ud.) 215,52 € 34,48 € 250,00 € BALIZA INTERMITENTE (Con pilas) (Ud.) 43,10 € 6,90 € 50,00 € PILAS PARA BALIZAS (Ud.) 4,31 € 0,69 € 5,00 € CONXUNTO 3 FOCO XENON de 100 ó 200 m/m. con alimentación 220 V ó 12/24 Va. (Ud.) 775,86 € 124,14 € 900,00 € MODULO REDUTOR DE VELOCIDADE 350X500X30 con arandelas, parafusos e tacos. (Ud.) 21,55 € 3,45 € 25,00 € MODULO REDUTOR DE VELOCIDADE 600X500X30 con arandelas, parafusos e tacos (Ud.) 32,76 € 5,24 € 38,00 € MODULO REDUTOR DE VELOCIDADE 800X500X40 con arandelas, parafusos e tacos (Ud.) 43,10 € 6,90 € 50,00 € MODULO REDUTOR DE VELOCIDADE 1.000X500X40 con arandelas, parafusos e tacos (Ud.) 54,31 € 8,69 € 63,00 € 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 66 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 49 da devandita norma. Ós efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Os licitadores interesados en participar na adxudicación deste contrato quedan dispensados da constitución da garantía provisional en consonancia co disposto no artigo 91 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles contados a partir do seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no parágrafo anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), en horario de 9 a 13 horas, durante un prazo de quince días naturais (artigo 143.2 da LCSP), contado dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase fechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAL DE SINALIZACIÓN E SEGURIDADE VIAL DIVERSO CON DESTINO ÁS VÍAS PROVINCIAIS PARA O ANO 2009. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outras licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre incluirase a documentación obxecto de ser valorada neste procedemento aberto, polo que no mesmo deberá figurar a seguinte documentación: 1. Oferta económica segundo o modelo que figura na cláusula final do prego. 2. Documentación que sirva para valorar a calidade dos bens a subministrar. 3. Prazo de entrega. 4. Melloras ofertadas (Relacionaranse coa correspondente valoración económica). Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das devanditas cláusulas ou condicións, sen salvidade ou reserva algunha. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAL DE SINALIZACIÓN E SEGURIDADE VIAL DIVERSO CON DESTINO ÁS VÍAS PROVINCIAIS PARA O ANO 2009. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do acordo sobre a Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado. 3. Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector público. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 4. Para as empresas extranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Declaración de cifras de negocio globais das subministracións realizadas nos tres últimos exercicios. c) Declaración do material, instalacións e equipo técnico do que dispoña o empresario para a realización do contrato. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: • PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. • VOGAIS: -O Secretario Xeral da Deputación. -O Interventor da Deputación. -O Director Xeral de Infraestruturas da Deputación. • SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Deputación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte-, procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores nos sobres B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, en acto público, o Presidente da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado das mesmas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios que servirán de base para a adxudicación deste procedemento aberto, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1. Menor prezo ofertado, ata un máximo de cinco puntos. 2. Calidade dos bens ofertados, ata un máximo de dous puntos. 3. Melloras ofertadas, ata un máximo de dous puntos. 4. Prazo de entrega, ata un máximo de 1 punto. A valoración do prezo e do prazo de entrega efectuarase utilizando a seguinte fórmula: 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, á vista da proposta da mesa de contratación, clasificará as proposicións presentadas e admitidas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato á licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra (www.depo.es) ou no Boletín Oficial da Provincia. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación de Pontevedra difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 18.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista estará obrigado a entregar o material de sinalización e seguridade vial diverso que levará a correspondente serigrafía co logotipo da Deputación de Pontevedra, todo iso no tempo e lugar fixados no contrato e de conformidade coas prescricións técnicas e cláusulas administrativas. O adxudicatario non terá dereito a indemnización por causa de perdas, avarías ou prexuízos ocasionados no material de sinalización e seguridade vial diverso antes da súa entrega á Deputación de Pontevedra, agás que esta incorrera en mora ó recibilos. Cando o acto formal da recepción do material de sinalización e seguridade vial diverso, de acordo coas condicións do prego, sexa posterior á súa entrega, a Deputación de Pontevedra será responsable da custodia do mesmo durante o tempo que medie entre unha e outra. 19.- GARANTÍA E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS OU DEFECTOS DURANTE O PRAZO DE GARANTÍA O prazo de garantía fíxase, como mínimo, nun ano dende a entrega da subministración. Se durante o prazo de garantía se acreditase a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados terá dereito a Administración a reclamar do contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación de ditos bens non serán bastantes para lograr aquel fin, poderá, antes de expirar dito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, se é o caso, á recuperación do prezo satisfeito. Terminado o prazo de garantía sen que a Administración formalice algún dos reparos ou a denuncia a que nos referimos, o contratista quedará exento de responsabilidade por razón dos bens subministrados. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 206 e 275 da LCSP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, no que fai á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 22.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso-administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don................., maior de idade, veciño de................., con domicilio en ..............titular do DNI................, expedido en data............., actuando en nome propio ou en representación da empresa...................con C.I.F.- número........................ e domicilio en ......................., teléfono.................... fax………….segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Estando interesado en tomar parte no procedemento aberto con multiplicidade de criterios convocado pola Deputación Provincial de Pontevedra para a SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAL DE SINALIZACIÓN E SEGURIDADE VIAL DIVERSO CON DESTINO ÁS VÍAS PROVINCIAIS PARA O ANO 2009, fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas económicas-administrativas e técnicas que rexe dito contrato e que se compromete a realizar a subministración con suxeición ó mesmo, de acordo ó seguinte detalle: -Ata a cantidade máxima de 72.000,00 euros, IVE incluído, de acordo ó seguinte detalle por prezos unitarios: SINAIS DE PERIGO TIPO P. Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. Lado (Ud.) € € € SINAL TRIANGULAR DE 135 CM. Lado (Ud.) € € € SINAL TRIANGULAR DE 70 CM. lado (tipo TP) (Ud.) € € € SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. con 3 foco xenon con batería (Ud.) € € € SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. con 3 foco xenon con placa solar (Ud.) € € € SINAL TRIANGULAR DE 90 CM. con 3 foco xenon a rede eléctrica (Ud.) € € € OCTÓGONOS Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL STOP DE 60 CM. (Ud.) € € € SINAL STOP DE 90 CM. (Ud.) € € € SINAIS DE PROHIBICIÓN E OBRIGA TIPO R. Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL CIRCULAR DE 60 CM. (Ud.) € € € SINAL CIRCULAR DE 90 CM. (Ud.) € € € SINAL CIRCULAR DE 60 CM. (tipo TR) (Ud.) € € € SINAIS DE INDICACIÓNS XERAL E SERVIZOS TIPO 5 E T5. Prezo Unitario IVE TOTAL SINAL CADRADO DE 60 X 60 (Ud.) € € € SINAL CADRADO DE 90 X 90 (Ud.) € € € SINAL RECTANGULAR DE 90 X 60 (Ud.) € € € SINAL RECTANGULAR DE 135 X 90 (Ud.) € € € FRECHAS (CON ESCUDO) E CARTEIS, INFORMATIVAS, LOCALIZACIÓN E ORIENTACIÓN Prezo Unitario IVE TOTAL Cartel Fotoluminiscente (M2) € € € FRECHA (M2) € € € CARTEL (M2) € € € PLACAS COMPLEMENTARIAS Prezo Unitario IVE TOTAL 60 X 20 (Ud.) € € € 60 X 30 (Ud.) € € € 50 X 16 (Ud.) € € € 40 X 20 (Ud.) € € € PANEL DIRECCIONAL VERMELLO/AZUL Prezo Unitario IVE TOTAL 195 X 95 (Ud.) € € € 195 X 45 (Ud.) € € € 160 X 40 (Ud.) € € € 80 X 40 (Ud.) € € € VARIOS Prezo Unitario IVE TOTAL POSTE DE 80x40x2 (ML) € € € POSTE DE 100x50x3 (ML) € € € TRÍPODE PREGABLE PARA DISCOS  60 E TRIANGULOS DE 90 (Ud.) € € € TRÍPODE PREGABLE PARA DISCOS  90 E TRIANGULOS DE 1,35 (Ud.) € € € TRÍPODE PREGABLE PARA TRIANGULOS DE 70 (Ud.) € € € PALETA SINALIZACIÓN DOBRE CARA (Ud.) € € € VALO CON PES (un panel) 165x20 (Ud.) € € € VALO MOVIL CONTENCIÓN PEÓNS 2,51x1,10 (Ud.) € € € BALIZA BORDE DEREITO OU ESQ. 300x950 (azul-branco/vermella-branco) (Ud.) € € € BALIZA BORDE DEREITO OU ESQ. 400x400 (azul-branco/vermella branco) (Ud.) € € € DISPOSITIVO DE GUIA (Ud.) € € € CINTA BALIZAMENTO (ML) € € € CONO PLÁSTICO DE 50 CM. (Ud.) € € € BARREIRA SEGURIDADE DOBRE ONDA, RECTA OU CURVADA (4mts) (Ud.) € € € POSTE CPN-120 (ML) € € € TERMINAL COLA DE PEIXE (Ud.) € € € TOPE FINAL BARREIRA DOBRE ( Ud.) € € € TOPE FINAL BARRERA SIMPLE (Ud.) € € € FINAL BARREIRA COLA DE PEIXE ESMAGADA (Ud.) € € € SEPARADOR ESTÁNDAR (Ud.) € € € SEPARADOR CURTO (Ud.) € € € PEZA ANGULAR (Ud.) € € € CAPTADORES DUAS CARAS (Ud.) € € € PROTECTOR BARREIRA P/MOTOCICLISTAS (SPM) (ML) € € € PLETINA UNIÓN (SUXEICIÓN) (Ud.) € € € ESPELLO COMPLETO DE 60 CM. (Anti vandálico) (Ud.) € € € ESPELLO COMPLETO DE 80 CM. (Anti vandálico) (Ud.) € € € POSTE PARA ESPELLO (ML) € € € TUBO PARA BARANDA PROTECIÓN PONTES (50 ó 60 mm/) (ML) € € € POSTE TIPO XAMON (ML) € € € POSTE TIPO XAMON RECTO (ML) € € € REMATE BARANDA DOUS/TRES TUBOS (Ud.) € € € BARANDA TUBO RECTANGULAR: (ML) € € € Pasamáns superior de perfil 80 X 40 Pasamáns inferior de perfil 60 X 30 Barrotes separación perfil 20 X 20 Perfil inferior 60 X 30 PINTURA BRANCA ALCIDICA (Envase de 30 Kgs) (Ud.) € € € PINTURA AMARELA ALCIDICA (Envase de 30 Kgs) (Ud.) € € € ESFERA DE VIDRIO (Kg) € € € LINTERNA TIPO GARDIA CIVIL E CAPUCHA (Con cargador 12/24 V.) (Ud.) € € € BALIZA INTERMITENTE (Con pilas) (Ud.) € € € PILAS PARA BALIZAS (Ud.) € € € CONXUNTO 3 FOCO XENON de 100 ó 200 m/m. con alimentación 220 V ó 12/24 Va. (Ud.) € € € MODULO REDUTOR DE VELOCIDADE 350X500X30 con arandelas, parafusos e tacos. (Ud.) € € € MODULO REDUTOR DE VELOCIDADE 600X500X30 con arandelas, parafusos e tacos (Ud.) € € € MODULO REDUTOR DE VELOCIDADE 800X500X40 con arandelas, parafusos e tacos (Ud.) € € € MODULO REDUTOR DE VELOCIDADE 1.000X500X40 con arandelas, parafusos e tacos (Ud.) € € € • Melloras ofertadas: (Relacionar as mesmas coa correspondente valoración económica). • Calidade dos bens a subministrar (Achegar documentación para valorar a calidade). • Prazo de entrega (Indicar o mesmo). (Data e sinatura do propoñente).” 2.16813.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 8 de abril de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2008 prorrogado para 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900000394 e que contén trinta e sete facturas, sendo a primeira de Eulen, S.A., por importe de 39.192,78 € e a derradeira de Imprenta Provincial, por importe 201,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 134.973,90 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido 134.973,90 € 3.16814.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 4.16815.- APROBACIÓN DAS BASES “NOVOS VALORES 2009” A Deputación de Pontevedra convoca o Certame de Artes Plásticas “Novos Valores 2009”, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría Xeral así como visto o informe favorable de Intervención sobre existencia de consignación, por un importe de 36.000,00 €, con cargo á partida 09/451.451.481.01 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán o citado certame e son do seguinte teor: “BASES NOVOS VALORES 2009 A promoción de actividades culturais, en xeral, e a das manifestacións artísticas, en particular, é un dos trazos que máis e mellor significan ó longo da súa historia á Deputación de Pontevedra. En consonancia con esta tradición, que ten na concesión de axudas a novos creadores un dos seus capítulos de máis éxito, a Deputación convoca o Certame de Artes Plásticas NOVOS VALORES 2009. Rexerase polas seguintes BASES PRIMEIRA.- Poderán participar neste certame, sen límite de idade, todos os artistas (pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, fotógrafos, ceramistas, videocreadores, etc.) susceptibles de seren considerados novos valores, naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, debendo, no último caso, acreditar documentalmente esa circunstancia. Quedan excluídos da convocatoria os artistas xa premiados nalgunha das anteriores edicións deste mesmo certame. SEGUNDA.- As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose as que xa fosen expostas noutras mostras, individuais ou colectivas, ou figurasen noutros concursos. Só se aceptará unha obra por artista en cada especialidade. O seu peso non será superior ós 500 quilos e a súa máxima dimensión non superará os 2'00 m. No apartado de Audiovisuais, admitiranse obras unicamente en soporte CD ou DVD e en formato vídeo, non podendo exceder a duración da proxección de catro minutos. A exhibición dos traballos seleccionados neste ámbito farase mediante unha proxección continua de todas as obras desde un reprodutor de DVD a un monitor. Se algún autor desexase outro tipo de proxección, deberá achegar, tanto para a selección do xurado coma para a exhibición, os aparellos técnicos necesarios para poder efectuala, sempre adaptados ó lugar no que a obra se presente. TERCEIRA.- As obras deben presentarse no novo edificio do Museo Provincial de Pontevedra, ben persoalmente, ben a través dun medio de transporte que garanta a súa entrega. O prazo de recollida estenderase dende o día 26 de maio ata o 5 de xuño do ano en curso, de martes a venres e entre as 10:00 e as 13:00 horas. Xunto coa obra ou obras, os artistas entregarán, nun sobre pechado, unha fotocopia do seu DNI e o boletín de inscrición con todos os campos debidamente cubertos. Este poderá ser recollido tanto no Servizo de Cultura da Deputación Provincial coma no Museo de Pontevedra. No momento da entrega os concursantes recibirán un recibo que a documente. A súa presentación será imprescindible para posteriormente retirar a obra. CUARTA.- A Deputación de Pontevedra, como entidade organizadora do certame, custodiará as obras recibidas pero non se fará responsable de calquera clase de sinistro que se puidese producir durante o transporte, custodia, exposición e devolución das obras. Recoméndase por iso que as aseguren todas os seus remitentes. QUINTA.- Correrán por conta dos concursantes os gastos de envío e devolución das obras, así como da póliza de seguro, de ser o caso. A súa retirada, conforme ós prazos que se sinalan na base oitava, deberá realizarse prioritariamente de maneira persoal. Se non se fai así será responsabilidade dos interesados xestionar directamente a devolución. SEXTA.- As obras presentadas ó certame serán obxecto dunha primeira selección, coa que se conformará a exposición Novos Valores 2009, que estará aberta ó público no lugar que oportunamente se indique durante o mes de agosto. SÉTIMA.- Todas as obras seleccionadas serán reproducidas no catálogo que se edite como complemento da exposición. Corresponderalles ós seus autores, non obstante, a xestión ou a obtención dos permisos necesarios para esa inserción gráfica. OITAVA.- As obras non seleccionadas deberanas retirar os seus autores dentro dos dez días seguintes ó da difusión pública dos acordos do xurado. As seleccionadas, á súa vez, deberán ser recollidas, tamén polos seus autores, nos dez días seguintes ó último no que estivesen expostas. No caso contrario, entenderase que renuncian á súa propiedade, quedando a organización facultada para tomar as decisións que sobre elas estime oportunas. NOVENA.- O xurado seleccionador será nomeado polo presidente da Deputación Provincial. A súa composición será a seguinte: Presidente. O titular da Corporación provincial ou deputado no que delegue. Vogais. O Deputado-Presidente da Comisión de Cultura. Cinco persoas de recoñecido prestixio e un representante do Departamento de Cultura da Deputación. Secretario. O titular da Deputación ou funcionario no que delegue. DÉCIMA.- Este mesmo xurado será o encargado de propoñer, de entre as obras inicialmente seleccionadas, a adxudicación ós seus autores de seis premios, por importe de SEIS MIL EUROS (6.000,00 €) brutos cada un, para ampliar os seus estudos artísticos. Un destes premios levará o nome específico de José Fernández López e deberá recaer, necesariamente, nunha obra pictórica. Corresponderalle a súa dotación a D. Manuel Fernández de Sousa Faro, fillo de tan egrexia personalidade. O importe destes premios será cargado na partida 09/451.451.481.01 do vixente orzamento provincial. A entrega dos premios farase efectiva, no transcurso dun acto público, no lugar e o día que no seu momento se indicarán. UNDÉCIMA.- A concesión do premio será obxecto dun convenio entre o adxudicatario e a Deputación Provincial no que se concretará o seu emprego, aboándose o 50% do importe no momento de asinalo e o restante 50% á entrega da memoria, coa xustificación do investimento realizado e de dúas obras orixinais e asinadas. DUODÉCIMA.- A participación neste certame leva implícita a aceptación plena destas bases. O xurado seleccionador, cuxas decisións serán inapelables, queda facultado, ademais, para interpretar e resolver as dúbidas que se puidesen presentar no transcurso das súas deliberacións. DECIMOTERCEIRA. En todo o non establecido nestas bases será de aplicación as bases de execución do orzamento provincial e demais lexislación aplicable.” 5.16816.- APROBACIÓN DE PROXECTOS INCLUÍDOS NO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN: “E.P. 1003 BANDA DO RIO-ALTO DA PORTELA (BUEU)”, “CAPA DE RODADURA E.P. 9598 LOIS-A GOULLA (MEIS-RIBADUMIA)”, “CAPA DE RODADURA E.P. 0306 PONTEVERDUGO-CAMBESES-BARCIA (A LAMA)” E “MELLORA E.P. 6410 BODAÑO-MERZA (VILADECRUCES) Despois de redactarse polo Servizo de Infraestruturas diversos proxectos, que máis adiante se relacionan, incluídos no Plan Provincial de Cooperación 2009. E, á vista dos informes emitidos por Intervención relativos á existencia de crédito axeitado e suficiente na partida 09/911.511-611.09 para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ós seguintes proxectos, así como iniciar o correspondente expediente para a súa contratación: 1.- “E.P. 1003 Banda do Río-Alto da Portela (Bueu)” (PPC 2009), por importe de 154.397,75 €, IVE incluído. 2.- “Capa de rodadura E.P. 9598 Lois-A Goulla (Meis-Ribadumia)” (PPC 2009), por importe de 215.000,00 €, IVE incluído. 3-. “Capa de rodadura E.P. 0306 Ponteverdugo-Cambeses-Barcia (A Lama)” (PPC 2009), por importe de 200.000,00 €, IVE incluído. 4.- “Mellora E.P. 6410 Bodaño-Merza (Vina de Cruces)” (PPC 2009), por importe de 250.000,00 €, IVE incluído. 6.16817.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA OBRA DE “PROTECCIÓN VIARIA PK 0+000 A 0+560 E.P. 2204 SABARÍS-BELESAR (BAIONA)” (EXPTE. D09/0039) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 08/04/2009, prestou aprobación ó proxecto de “Protección vial PK 0 +000 a 0 +560 E.P. 2204 Sabarís-Belesar (Baiona)”, por importe de 78.000,00 €, (orzamento de 67.241,38 €, máis 10.758,62 € correspondentes ó IVE). Resultando que por Intervención se emitiu informe relativo á existencia de saldo de crédito axeitado e suficiente para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato na partida 09/511.511-612.02. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, se confeccionou o prego de condicións administrativas que terán que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. Resultando que o Sr. Secretario Xeral emite informe relativo ó prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá a contratación da obra, considerándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. Resultando que polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando o establecido na disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector publico, no artigo 111 e concordantes do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local e o disposto no artigo 6, 155 d) e 161.2 da LCSP. Considerando así mesmo o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento para 2008, concretamente na Base 16ª, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, para a execución da obra de “Protección vial PK 0 +000 a 0 +560 E.P. 2204 Sabarís-Belesar (Baiona)”, por importe de 78.000,00 €, (orzamento de 67.241,38 €, máis 10.758,62 € correspondentes ó IVE. 2.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá no devandito procedemento negociado. 3.- Autorizar o gasto por importe de 78.000,00 €, con cargo á partida 09/511.511-612.02. 4.- Dar traslado deste acordo, acompañado dunha copia do prego de condicións económico-administrativas, a tres empresas para invitalas a presentar, no caso de estar interesadas, as correspondentes proposicións económicas para optar á adxudicación deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLAUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE DA OBRA “PROTECCION VIAL PK 0 +000 A 0 +560 E.P. 2204 SABARIS-BELESAR (BAIONA)” (EXPEDIENTE D09/0039). CPV 45230000 1.- OBXECTO.- A execución da obra “Protección vial PK 0 +000 a 0 +560 E.P. 2204 Sabarís-Belesar (Baiona)” (Expte. D09/0039), cuxo proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno en sesión de 08/04/2009. A súa execución deberá realizarse con suxeición ó proxecto técnico aprobado polo órgano de contratación e integrado polos documentos enumerados no artigo 107 do LCSP, e artigos 125 a 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen o proxecto considéranse como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- A obra obxecto deste contrato conta cun orzamento de 78.000,00 € (67.241,38€ máis 10.758,62 € correspondentes ó IVE). O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1.- Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material, e que conterá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72% do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. 3.- FINANCIAMENTO.- Obra financiarase con cargo á partida 09/511.511-612.02 do vixente Orzamento Provincial. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo para a execución da obra de referencia será de tres meses, a contar dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación da replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que considere o desenvolvemento das unidades de obra que van realizar en cada prazo. O contratista esta obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. O devandito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e logo de petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que leva consigo a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo optar a administración entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 € por cada 1.000,00 € do prezo de adxudicación, podendo facerse efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizada o prazo de ingreso voluntaria. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, por proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. A devandita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 65 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da devandita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); as devanditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. As devanditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.– O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art.º 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no BOP ou no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente o licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se concederá a este un prazo de dez días hábiles para cumprir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1 º.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 10 días naturais a contar dende o día seguinte á recepción da invitación a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2 º.-Formalidades.- As proposicións presentaranse en sobre pechado, que poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; debendo conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DA OBRA (especificar nome da obra) Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade de ditas cláusulas ou condicións, sen salvidade ou reserva algunha. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- Proposta económica e técnica que servirá de base para que o órgano contratación avalíe e negocie os termos estipulados na cláusula 9. Así mesmo, deberase establecer a porcentaxe que se aplicará ó control de calidade, que deberá ser expresada con dous decimais e será aplicado sobre o orzamento de execución material da obra. 2.- Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, no seu caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 3.- Poder debidamente bastanteado. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.- Acreditación da solvencia económico financeira, polos seguintes medios: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro Oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros Oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Declaración sobre o volume global de negocios e, no seu caso, sobre o volume de negocios no ámbito de actividades correspondente ó obxecto do contrato, referido como máximo ós tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario, na medida que se dispoña das referencias de dito volume de negocios. 6. -Acreditación da solvencia técnica, polos seguintes medios: a) Declaración indicando os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras, especialmente os responsables do control de calidade, acompañada dos documentos acreditativos correspondentes. b) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se dispoñerá para a execución das obras, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación estendida dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifesta as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo do cal o órgano de contratación poida, se o considera conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 9.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato. - Prazo e programa de construción das obras que aseguren a súa execución e a súa coherencia co prazo de execución ofertado. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, presentando unha memoria valorada na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. - Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, especificando a porcentaxe que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. 10.- MESA DE CONTRATACION.- Estará integrada do seguinte xeito: PRESIDENTE: - O titular da Corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario. - O Interventor. - O Enxeñeiro Director de Infraestruturas. SECRETARIO: - O Técnico Adxunto ó servizo de Contratación. 11.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas e negociados os aspectos técnicos e económicos clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. Cando o único criterio a considerar sexa o prezo, entenderase que a oferta economicamente máis vantaxosa é a que incorpora o prezo máis baixo. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión nesta de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 12.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte o da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución deste. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 14.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 15.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar o contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó Director facultativo das obras. 17.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o Director facultativo, e no seu caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art.º 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar o contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art.º 196.1 LCSP). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato (art.º 198.1 LCSP). 18.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se encontran insertadas na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra. No caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 19.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados coa final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, a efectos de inventario. 20.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se achegará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 21.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado destas fóra favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade debida ó contratista. 22.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación das deterioracións producidas pola defectuosa execución destas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 23.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 24.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 25.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 26.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- D. _____________________ (nome e apelidos da persoa individual que solicita), con D.N.I. nº___________________, en nome propio (ou en representación de __________________), con domicilio, para os efectos de notificacións, en __________________________, decatado da decisión da Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra, de executar a obra (especificar denominación da obra), comprométese a realizar as obras comprendidas no Proxecto polo prezo de _________________ (en letra e número) euros, máis __________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. O prazo de execución será de: As melloras ofertadas cífranse en: % sobre o orzamento de execución material destinado a control de calidade: (Data e sinatura do propoñente)” 7.16818.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1-FINAL DO PROXECTO “CONSTRUCIÓNS DE MUROS E PAVIMENTACIÓN NA TRAVESÍA DE PONTEARNELAS (VILANOVA DE AROUSA)” Vista a certificación nº 1-final relativa as obras do proxecto “Construción de muros e pavimentación na travesía de Pontearnelas (Vilanova de Arousa)” adxudicada no seu día a Empresa Construcciones Obras y Viales, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 2 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2009, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 09/511.511-612.02 (Deputación) 231.420,00 € SUBTOTAL ………. 231.420.00 € Dirección de obra (4%) 6.705,88 € Control de Calidade (1%) 1.676,47 € Seguridade e saúde (0,72%) 1.207,06 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR…….. 221.830,59 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por cando se trata da prestación do servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 8.16819.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 8 DO PROXECTO “URBANIZACIÓN RÚA SANXENXO (SANXENXO)” Vista a certificación núm. 8 relativa as obras do proxecto “Urbanización Rúa Sanxenxo (Sanxenxo) (Expte.- D07/173)”, adxudicada no seu día á Empresa Sercoysa Proyectos y Obras, S.A., visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 2 de abril e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2009, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: SERCOYSA, S.A. (CIF. A-36.319.622) 09/511.511-612.02.2007 (Deputación) 312.748,64 € SUBTOTAL ………. 312.748,64 € Taxa Técnicos Directores (4%) 9.062,55 € Control de calidade (2,5%) 5.664,09 € Seguridade e Saúde (0,72%) 1.631,26 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 296.390,74 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por cando se trata da prestación do servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 9.16820.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA DE “ACONDICIONAMENTO DE LÍMITE DE CALZADA E ADECUACIÓN DE SERVIZOS E.P. 2909, TRAMO ARCADE-VISO (REDONDELA-SOUTOMAIOR)”(EXPTE. D09/0008) A Xunta de Goberno, en sesión do 18 de marzo de 2009, adxudicou provisionalmente a obra de “Acondicionamento de límite de calzada e adecuación de servizos E.P.2909, tramo Arcade-Viso (Redondela-Soutomaior)” á empresa Construcciones Eiriña, S.L. Así mesmo, concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentará a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do Sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Presentando a adxudicataria provisional a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra de “Acondicionamento de límite de calzada e adecuación de servizos E.P. 2909, tramo Arcade-Viso (Redondela-Soutomaior)” efectuada, en sesión do 18 de marzo do ano en curso, a favor de Construcciones Eiriña, S.L. na suma de 190.409,57 €, máis 30.465,53 € correspondentes ó IVE, que oferta, ademais, un prazo de execución de seis meses, melloras valoradas en 2.094,25 € e o 1,05% do orzamento de execución material para control de calidade. 10.16821.- MODIFICACIÓN DO CONTRATO PARA A XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E PRESTACIÓN DUNHA VIAXE Á ESTACIÓN DE SKI DE SAN ISIDRO PARA OS ESTUDIANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DENTRO DO PROGRAMA DE SEMANA BLANCA DA DEPUTACIÓN, ANO 2009 A Xunta de Goberno, en sesión 14 de xaneiro de 2009, acordou adxudicar o procedemento aberto para a xestión, organización e prestación dunha viaxe á estación de ski de San Isidro para os estudantes da provincia de Pontevedra dentro do programa de “Semana Branca” da Deputación, á empresa Viajes Marsans, S.A. (CIF A-08.018.921) polo prezo de douscentos cincuenta euros/persoa, (250,00 €), máis a cantidade de corenta euros correspondente ó IVE, (40,00 €). O prezo da viaxe finánciase do seguinte xeito: • A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 95,00 euros por persoa participante. • Os Concellos interesados en participar neste programa deberán contribuír cunha cantidade de 35,00 euros/persoa. • As persoas beneficiarias aboarán unha cantidade máxima de 160,00 euros. A Xefa do servizo de acción social informa que se superaron todas as previsións de solicitudes ó programa por parte dos escolares da provincia, e que se pretende aumentar o número de beneficiarios, que cumpran cos requisitos esixidos, polo tanto solicítase, co visto e prace da deputada de benestar social e muller, o modificado do contrato inicialmente previsto. Visto o documento Rc, con número de operación 200900028577, por importe de 13.015,00 euros, de data 31 de marzo de 2008, que acredita a existencia de consignación orzamentaria na partida 09/313.313.227.09 para facer fronte ó gasto. Considerando o artigo 202 da lei de contratos do sector público, que sinala que o órgano de contratación poderá introducir modificacións por razóns de interese público e para atender a causas imprevistas. Vista a aceptación da empresa adxudicataria aumento de beneficiarios ó programa, e polo tanto modificación ó contrato, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Modificar o contrato para a xestión, organización e prestación dunha viaxe á estación de ski de San Isidro para os estudantes da provincia de Pontevedra dentro do programa de Semanas Brancas da Deputación (Ano 2009). Auméntase o número de beneficiarios ó programa a 125 persoas, sendo o financiamento o seguinte: • A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 95,00 euros por persoa participante. • Os Concellos interesados en participar neste programa deberán contribuír cunha cantidade de 35,00 euros/persoa. • As persoas beneficiarias aboarán unha cantidade máxima de 160,00 euros. O gasto a maiores de 11.875,00€ da parte correspondente á Deputación farase con cargo á partida 09/313.313.227.09 do vixente orzamento provincial. 11.16822.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición