Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2009-04-30_Ordinaria. Acta de sesión 2009/04/30_Ordinaria
Acta de sesión 2009/04/30_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.378/2.2009-04-30_Ordinaria
Título Acta de sesión 2009/04/30_Ordinaria
Data(s) 2009-04-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta minutos do día trinta de abril do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, D. Agustín Reguera Ocampo e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.16850.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 22 de abril de 2009. 2.16851.- APROBACIÓN DAS BASES DO IX CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases do XI Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra”. Ditas Bases son as seguintes. “BASES IX CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” PRIMEIRA.- A Deputación de Pontevedra no seu afán de colaborar co desenvolvemento e a actividade das bandas de música da nosa provincia convoca o IX Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” que terá lugar os días 2, 3 e 4 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. SEGUNDA.- Dado o carácter promocional que pretende este certame, poderán optar a participar todas as bandas de música federadas, na Federación Galega de Bandas de Música Populares, da provincia de Pontevedra que o desexen. TERCEIRA.- Limítase o número de bandas de música participantes e o seu número de músicos, segundo as distintas categorías a: * Sección especial: 4 bandas participantes de 81 a 115 músicos * Sección primeira: 6 bandas participantes de 61 a 80 músicos * Sección segunda: 6 bandas participantes de 46 a 60 músicos * Sección terceira: 10 bandas participantes ata 45 músicos Nesta clasificación de seccións inclúese a posible colaboración en cada banda de música de cinco instrumentistas alleos para a sección terceira, cinco para a sección segunda, seis para a sección primeira e oito para a sección especial. Ningún músico estará autorizado para actuar en dúas bandas de música inscritas na mesma sección. Para que unha sección poida constituírse será necesaria a concorrencia á mesma dun mínimo de dúas bandas. No caso de que só haxa unha banda inscrita nunha sección, dentro do prazo previsto nas bases, instarase a esta banda a participar na sección anterior ou na posterior de ser o caso. CUARTA.- Sobrepasado o número de bandas de música inscritas por seccións e para establecer as participantes así como a orde da súa actuación realizarase un sorteo público. Cada banda de música interpretará, fóra de concurso, un pasodobre cuxa duración máxima será de 4 minutos. Dentro do concurso cada banda interpretará unha obra obrigada, proposta polo comité organizador, e unha obra de libre elección. As bandas de música interpretarán en primeiro lugar a obra obrigada e a continuación a obra de libre elección. (A Deputación de Pontevedra non se fai responsable das xestións legais que lles poidan afectar ás bandas de música polo uso das partituras das obras de libre elección). A duración das obras de libre elección e os tempos totais de desviación que se lle permite a cada agrupación serán os seguintes: Sección especial: 20 ± 5 minutos Sección primeira: 20 ± 5 minutos Sección segunda: 15 ± 5 minutos Sección terceira: 10 ± 5minutos O exceso será penalizado na puntuación do xurado. QUINTA.- O escenario e as instalacións sobre as que se desenvolva o certame serán os mesmos para todas as bandas de música participantes nunha mesma sección. A dita instalación será competencia exclusiva do comité organizador e non se poderán introducir modificacións que non efectúe este comité. SEXTA.- O xurado estará composto por cinco personalidades do mundo da música como vogais, o presidente, que será o Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial, ou deputado en quen delegue, e un secretario, actuando o titular da institución ou funcionario en que delegue (con voz, pero sen voto). En relación ás posibles causas de abstención dos membros do xurado, estarase ó disposto no art. 28 da Lei 30/92, de 26 de novembro. SÉTIMA.- As bandas de música terán dereito a percibir con cargo á partida 09/451.451.481.06 e en concepto de participación, as seguintes cantidades: Sección especial: 3.800 € Sección primeira: 3.200 € Sección segunda: 2.600 € Sección terceira: 2.000 € No caso de que participase o número máximo de bandas permitidas en cada sección segundo se establece na base terceira, o importe máximo a percibir sería de 70.000 €. OITAVA.- Concederanse, dentro de cada sección, un primeiro, un segundo e un terceiro premio, ás bandas que acaden a maior puntuación. Cada membro con dereito a voto poderá concederlle de 0 a 10 puntos sen fraccións a cada banda de música participante no certame tendo en conta os seguintes aspectos: afinación, sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.), interpretación e técnica, tanto na obra obrigada coma na de libre elección. A suma delas determinará os premios correspondentes. As puntuacións maior e menor que os membros do xurado lle outorguen a cada unha das obras interpretadas, sempre que exista unha diferenza superior a tres puntos respecto á media, quedarán excluídas do cómputo total e serán substituídas pola media das tres restantes, sendo a puntuación total a resultante das sumas das parciais de cada unha das obras interpretadas. NOVENA.- A decisión do xurado darase a coñecer unha vez rematadas as actuacións de todas as bandas de música de cada sección, mediante unha acta que, asinada polos membros do devandito xurado, pasará a coñecemento do presidente ou o órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade. DÉCIMA.- A Fundación Caixa Galicia, de acordo co criterio do xurado, concederalles ás bandas de música que obteñan a máxima puntuación os seguintes premios: 1º Premio 2º Premio Sección especial: 4.200 € 2.100 € Sección primeira: 3.500 € 1.800 € Sección segunda: 3.000 € 1.400 € Sección terceira: 2.500 € 1.200 € O importe destes premios imputaranse á partida 09/451.451.481.06, na que se xerará crédito unha vez asinado o convenio de colaboración coa Fundación Caixa Galicia como entidade patrocinadora deste evento. A Federación Galega de Bandas de Música Populares, concederá os seguintes premios á terceira banda clasificada de cada unha das seccións: 3º Premio Sección especial: 600 € Sección primeira: 500 € Sección segunda: 400 € Sección terceira: 300 € Musical Pontevedra concederalles cheques por valor instrumental ás bandas de música que obteñan o 1º premio, por importe de: Sección especial: 1.500 € Sección primeira: 1.200 € Sección segunda: 1.050 € Sección terceira: 900 € DÉCIMO PRIMEIRA.- As bandas de música inscritas interpretarán como obras obrigadas as seguintes: Sección especial: Meigas Gonzalo Gómez Deval Sección primeira: Lantaño (Rapsodia galega) Eligio Vila Sección segunda: Esbozos sinfónicos Xosé Carlos Seráns Sección terceira: Saraldara (Balada e muiñeira) Javier Ces DÉCIMO SEGUNDA.- O prazo de inscrición será de 30 días naturais a partir do seguinte ó da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia. As inscricións deberán formularse mediante solicitude asinada polo representante legal de cada banda de música, segundo o modelo de instancia que figura ó final destas bases, presentándoa no Rexistro xeral da Deputación de Pontevedra. A inscrición no certame implica a completa aceptación das súas bases. Durante o período de inscrición, e no Servizo de Cultura, estarán a disposición das bandas de música, para a súa consulta, as obras obrigadas de cada sección. DÉCIMO TERCEIRA.- Co obxecto de determinar nas bandas de música participantes a orde de actuación realizarase un sorteo público no Pazo provincial, sede da Deputación, ante o presidente da Corporación ou deputado en quen delegue, e os membros do comité organizador. As bandas de música que, unha vez admitidas e sorteadas, non participen na competición, salvo por causa grave xustificada, quedarán excluídas para poder participar no certame por un período de tres anos consecutivos, segundo o ditame do comité organizador. Comunicada a súa inclusión ás agrupacións, estas teñen 30 días naturais para remitirlle ó Servizo de Cultura da Deputación Provincial o historial da banda de música, a súa foto e mais o currículo do director (todo isto debe presentarse en soporte informático), así como cinco exemplares da partitura da obra de libre elección, indicando a súa duración e o título do pasodobre a interpretar. A non presentación das partituras no prazo indicado significará a renuncia da banda de música a participar no certame. DÉCIMO CUARTA.- Para o control dos instrumentistas das bandas de música participantes establécese o seguinte: 1.- Constitúese unha comisión de control, que estará formada por dous membros designados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, dous funcionarios do Servizo de Cultura da Deputación Provincial e un delegado observador de cada unha das bandas participantes na sección na que actúan. Esta comisión poderá delegar o control de firmas previo á actuación das bandas nalgúns dos seus membros. 2.- A comisión de control será a entidade competente para controlar e vixiar a composición dos instrumentistas das agrupacións participantes. Para estes efectos queda plenamente facultada para adoptar cantas medidas sexan oportunas para realizar a tarefa de investigación, vixilancia e control e requirir e solicitar a documentación que estime necesaria das bandas de música participantes, utilizando así mesmo calquera dato dos listados das agrupacións que posúe a Federación Galega de Bandas de Música Populares. Poderá formularlle ó comité organizador as propostas que considere convenientes, incluídas as referentes á cancelación da inscrición provisional e impeditivas de actuación da banda de música infractora así como a súa descualificación antes da decisión, aplicándolles a todas as agrupacións o Regulamento de cadros de persoal de bandas de música para efectos de certames competitivos establecido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. 3.- Cada banda de música deberá comparecer cos seus propios músicos, sen reforzarse ou completarse con intérpretes doutras agrupacións musicais, salvo os alleos expresamente permitidos nestas bases. O criterio básico de adscrición dun músico a unha banda de música é pertencer a esta de maneira real e efectiva. Para acreditalo achegarán: DNI ou pasaporte. 4.- Todas as bandas de música presentaranse no lugar da actuación, coa antelación suficiente, conforme ós horarios que fixe a organización. A banda de música que no momento da súa actuación non estea presente no lugar no que se desenvolva o certame quedará eliminada automaticamente. DÉCIMO QUINTA.- O comité organizador é o órgano de goberno, administración e coordinación de todos os aspectos do certame. Adoptará as medidas necesarias para informar, comunicar, enviar e recibir o material das bandas de música participantes no certame. O comité organizador tomará as medidas oportunas para asegurar o correcto desenvolvemento do certame. No caso de que algunha proba teña que ser aprazada ou interrompida por causa xustificada, o comité arbitrará as medidas oportunas para o seu posterior desenlace. As decisións tomadas polo comité organizador na execución e desenvolvemento das presentes bases e todas aquelas cuestións non previstas resolveraas, en cada caso, de maneira irrevogable o propio comité. A sede oficial do comité organizador do certame será no Servizo de Cultura da Deputación Provincial de Pontevedra. Finalizado o certame, cada banda de música participante que o solicite poderá coñecer no Servizo de Cultura as actas do xurado cos resultados obtidos con respecto á súa agrupación. DÉCIMO SEXTA.- O comité organizador do IX Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” estará constituído da seguinte maneira: Presidente: O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra ou deputado en quen delegue. Vogais: Dous representantes da Deputación de Pontevedra. Un representante da Federación Galega de Bandas de Música Populares. O asesor artístico-musical do certame. O director técnico do certame. Secretario: O titular da Deputación ou funcionario en quen delegue. DÉCIMO SÉTIMA.- Os membros do xurado e do comité organizador percibirán as indemnizacións correspondentes a axudas de custo e desprazamentos polas reunións nas que se redacte acta segundo establece o R.d. 462/2002, de 24 de maio, e actualizacións posteriores para o grupo 1. As asistencias percibiranse por asimilación, segundo as contías fixadas para os membros de tribunais de selección de persoal do grupo A.” 3.16852.- APROBACIÓN DAS BASES DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á INVESTIGACIÓN-2009 De acordo co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, aprobar a proposta de Bases de “Premios Provinciais á Investigación-2009”. Ditas Bases son do seguinte teor: CONVOCATORIA DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á INVESTIGACIÓN 2009 A Deputación de Pontevedra, dentro das súas múltiples actividades no ámbito da cultura, vén dando preferencia especial a quen se dedica a tarefas de investigación co fin de estimular e premiar traballos que, sen dúbida, redundarán no beneficio do progreso e do benestar social. Consciente da importancia de todo isto, e seguindo a traxectoria emprendida dende hai anos, convoca os Premios Provinciais á Investigación 2009, que se rexerán polas seguintes B A S E S Primeira.- A convocatoria ten por obxecto fomentar a investigación, concedendo os seguintes premios: a) Un de 3.000 € para traballos sobre Ciencias e Tecnoloxía. b) Un de 3.000 € para traballos sobre Humanidades e Ciencias Sociais. c) Un de 6.000 € para traballos de calquera especialidade e tema libre, referidos á provincia de Pontevedra. d) Un de 2.000 € para teses de doutoramento sobre Ciencias e Tecnoloxía. Un de 2.000 € para teses de doutoramento sobre Humanidades e Ciencias Sociais. e) Un de 1.800 € para proxectos de fin de carreira sobre Ciencias e Tecnoloxía. Un de 1.800 € para teses de licenciatura (tesinas) ou proxectos de fin de carreira sobre Humanidades e Ciencias Sociais. As teses e proxectos presentados nos apartados d) e máis e) tiveron que ser defendidos nos anos 2008 ou 2009 en calquera dos campus das universidades galegas, ou noutras universidades, por licenciados desta institución galega, sempre que versasen sobre temáticas galegas, acreditándose dita circunstancia coa correspondente certificación académica. - Premios para xoves investigadores: a) Un de 2.000 € para traballos sobre Novas Tecnoloxías. b) Un de 2.000 € para traballos sobre Humanidades e Ciencias Sociais. Enténdese como xoven investigador todo concursante que na data da conclusión do prazo desta convocatoria non supere a idade de 26 anos. Os citados premios financiaranse con cargo á partida 09/451.451.481.01 do vixente orzamento provincial. Segunda.- Os traballos deberán ser de investigación, inéditos e redactados especificamente para a convocatoria en calquera dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma galega. Presentaranse por triplicado, xunto cun resumo de 20 folios como máximo, e a máquina, ademais do currículo e os méritos do autor ou autores, facendo constar expresamente que non é tese ou tese de licenciatura, nin que foi presentado ou lido como tal. Un mesmo traballo non se poderá presentar a diversos epígrafes. Para garantir o seu anonimato proporanse “baixo un lema” sen que conste a identificación do seu autor. As teses, teses de licenciatura e proxectos fin da carreira presentaranse por duplicado e co seu título orixinal, xunto cun resumo de 20 folios como máximo. Terceira.- As instancias para tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral deste organismo ata o 14 de novembro de 2009, especificando o premio ó que se opta, e acompañada da fotocopia do DNI. Cuarta.- Non poderán presentarse a estes premios as persoas que teñan a condición de funcionario ou persoal laboral da Deputación de Pontevedra. Quinta.- A selección e proposta da concesión de premios encoméndaselle a un xurado integrado polos seguintes membros: Presidente: O Titular da Deputación ou deputado en quen delegue. Vogais: O Presidente da Comisión Informativa de Cultura. Tres profesores nomeados pola Universidade de Vigo. Un representante da UNED. Un representante da Misión Biolóxica de Galicia. Un representante da Real Academia Galega de Ciencias. Tres persoas nomeadas pola Presidencia de recoñecido prestixio no eido da investigación. Un representante do departamento de Cultura. Secretario: O titular da Corporación ou funcionario en quen delegue. Este xurado, que non poderá constituírse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros, resolvendo todas as incidencias que se presenten, e sendo as súas decisións inapelables, poden solicitar a axuda de asesores especialistas en cada materia. Sexta.- O xurado cualificará o concurso coa maior amplitude de criterios, valorando a orixinalidade, obxectivos que pretende, método seguido, resultado, conclusións e aplicación práctica e currículo do autor, dando prioridade ós temas relacionados coa provincia de Pontevedra e con Galicia, eliminando aqueles traballos que non poidan catalogarse como de investigación específica. A decisión do xurado darase a coñecer mediante unha acta que, pasará a coñecemento do presidente ou o órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade. Sétima.- Durante o prazo dun ano, a partir da emisión do fallo, a Deputación resérvase o dereito de publicar os traballos; transcorrido este e coa autorización deste organismo, poderá facelo o autor pola súa conta. A concesión do premio non implica a perda da propiedade intelectual. Un exemplar de cada un dos traballos presentados quedará na Biblioteca de Inéditos desta Deputación de Pontevedra. Aqueles que non fosen galardoados poderán retirar os traballos no Servizo de Cultura desta Deputación, no prazo de tres meses, contados dende a resolución do concurso, pasados os cales, quedará exenta a responsabilidade das devolucións non solicitadas. Oitava.- Os Premios Provinciais á Investigación 2009, entregaranse no marco dun acto institucional organizado pola Deputación de Pontevedra. 4.16853.- APROBACIÓN DE FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES EN CONCELLOS DA PROVINCIA De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Deportes e Xuventude, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, aprobar as propostas de celebración da Festa da Bicicleta e Marchas Populares nos concellos seguintes: CONCELLO DATA MODALIDADE maio SALCEDA DE CASELAS 10/5/09 FESTA DA BICICLETA xuño O GROVE 6/6/09 MARCHA POPULAR A ESTRADA 7/6/09 FESTA DA BICICLETA A GUARDA 13/6/09 FESTA DA BICICLETA SALVATERRA DE MIÑO 13/6/09 FESTA DA BICICLETA BARRO 13/6/09 MARCHA POPULAR CAMPO LAMEIRO 27/6/09 FESTA DA BICICLETA 5.16854.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE LIMPEZA DO PAZO PROVINCIAL Retírase da orde do día pendente de mellor estudo expediente relativo á “Aprobación do expediente de contratación, para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do servizo de limpeza do Pazo Provincial”. 6.16855.- MODIFICACIÓN DO ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ANÁLISES NA “FINCA MOURISCADE” Visto o expediente tramitado para a modificación do acordo regulador do prezo público pola prestación de servizos de análises na finca Mouriscade, coa finalidade, segundo consta na memoria da Presidencia de data 31 de marzo de 2009, de axudar ós gandeiros da provincia de Pontevedra a paliar os efectos da grave situación de crise que afecta a este sector, e que supón a inclusión dunha disposición transitoria no acordo regulador para que estes gandeiros queden exentos do pago do prezo público para as analíticas de identificación de xermes causantes de mamite e análise químico de ensilados durante o ano 2009. Visto así mesmo o informe de Intervención de data 31 de marzo de 2009 que consta no expediente, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Aprobar a modificación do acordo regulador do prezo público pola prestación de servizos de análise na finca Mouriscade, co obxecto de incluír unha disposición transitoria no acordo regulador redactada da seguinte forma: “Disposición Transitoria: Quedarán non suxeitos ó pago do prezo público para as analíticas de identificación de xermes causantes de mamite e análise químico de ensilados, todos os gandeiros da provincia de Pontevedra que o acrediten mediante o número CEA que posúe cada explotación. A presente Disposición terá vixencia dende o día seguinte á publicación desta modificación no BOP e ata fin do exercicio 2009”. Esta modificación do acordo regulador do prezo público pola prestación de servizos de análise na finca Mouriscade, publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e tal como consta na memoria da Presidencia e na propia disposición, entrará en vigor a partir do día seguinte a súa publicación. 7.16856.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JOSÉ ALLO ALLO POR DANOS PERSOAIS PADECIDOS NA AVDA. DAS ACEÑAS (ILLA DE AROUSA) Dada conta que con data de rexistro 03/07/2008 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Jose Allo Allo con enderezo de notificacións en rúa Ramón Cabanillas nº 27 da Illa de Arousa, por danos persoais padecidos o día 7/01/2008, na Avda. das Aceñas (Illa de Arousa) e que individualiza economicamente en 14.146,39 €. Resultando.- Que recabado o informe á empresa adxudicataria das obras denominadas “Dotación de servizos, Alumeado e beirarrúas na E.P. 9802 das Aceñas” na Illa de Arousa, emitiuse o mesmo con data 25/08/2008 co seguinte contido literal: “...queremos significar que como son conocedores esta empresa es adjudicataria por parte de la Excma Diputación de las obras de “DOTACIÓN DE SERVICIOS, ALUMEADO E BEIRARRUAS NA E.P. 9802 DAS ACEÑAS” (ILLA DE AROUSA) desde el 5/10/02 realizándose desde entonces y a lo largo de la traza distintos tipos de actividades tales como ensanche de la plataforma, instalación de servicios de saneamiento, pluviales, abastecimiento, alumbrado público, canalizaciones para red eléctrica, alumbrado público y construcción de aceras. No teniendo constancia desde la fecha de la adjudicación de ningún tipo de percance. En la copia del informe recibido se manifiesta que el afectado cayo en una arqueta de alcantarillado y también que no se disponía de alumbrado público. Al respecto tenemos que decir que todas los pozos de registro tanto para el alcantarillado como para la red de pluviales disponían desde el primer momento de tapas de registro, en algún momento de la jornada laboral se podrían abrir para realizar en ellos las consiguientes canaletas, remates etc. pero al final de la jornada se cerraban. Tras recibir el informe contactamos con la policía local de la Isla de Arosa para saber si tenían registrado el accidente también para que nos facilitaran información al respecto. La policía local nos confirmo el registro del accidente y también nos enseño una fotografía de la arqueta en la que cayo el afectado, se trata de una arqueta para la red eléctrica, no de una arqueta de alcantarillado como se manifiesta en el informe y de unas dimensiones aproximadas de 1,15x0.90 y de una profundidad también aproximada de un metro. Las tapas de estas arquetas constan de un marco metálico con unas patabandas de refuerzo y sobre estas patabandas disponen de una chapa de acero sobre la cual se tenía que colocar la loseta de la acera. Estas tapas se iban colocando a medida que se iban recibiendo por para la compañía suministradora, mientras tanto el hueco de la arqueta se tapaba con palets de madera y se vallaba. En cuanto al alumbrado manifestar que en ningún momento por causas propias de la obra dejo de funcionar el alumbrado público, hasta que no se puso en funcionamiento el alumbrado nuevo no dejo de funcionar el viejo. El día en que ocurrió el suceso 7/01/08 el personal de obra se encontraba disfrutando de las vacaciones de navidad, no reanudándose los trabajos hasta el 9/01/08. En investigación llevada a cabo con el personal de obra se nos confirma que antes de marcharse de vacaciones esa arqueta quedó tapada con un palet de madera y balizada con valla, pudiendo los peatones utilizar como zona de paso el espacio correspondiente a la zona de aparcamiento. Con fecha 10/12/07 se realiza una visita a obra por parte del coordinador de seguridad y se nos comunica en que se dejen las arquetas que no dispongan de tapas definitivas tapadas provisionalmente y balizadas. En visita realizada tras el período vacacional 11/01/08 se confirma que las arquetas que no disponen de tapas definitivas se encuentran tapadas y balizadas. Adjuntamos a este informe una relación de fotografías tomadas durante la ejecución de las obras en las se aprecia la señalización llevada a cabo, asimismo también adjuntamos las copias de las actas de coordinación del día 10/12/07 y del 9/01/08. No podemos poner en duda las manifestaciones de la policía local de que el afectado cayó en el hueco de la arqueta pero si podemos decir que alguien saco las vallas y el palet del hueco, con respecto al alumbrado volver a comentar que en ningún momento dejo de funcionar por circunstancias propias de la obra” Resultando.- Que con data 04/07/2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que emitiu en data 06/10/2008 co seguinte contido: “1. La Avda. das Aceñas pertenece a la red provincial de carreteras EP-9802 2. Por parte del Servicio de Vías y Obras no se tuvo constancia del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, “existencia de un hueco de alcantarillado en la acera sin tapa y sin señalizar”, en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 3. Con el fin de dotar a la citada vía de alumbrado, recogida de pluviales y aceras la Diputación Provincial de Pontevedra y el Ayuntamiento de la Illa de Arousa firmaron en su día un Convenio de colaboración para llevar a cabo dichas obras, redactándose a tal efecto el proyecto “Dotación de pluviales, alumbrado y aceras en la E.P. 9802 As Aceñas, Illa de Arousa” que fue adjudicado, el 23 de septiembre de 2005 por la Junta de Gobierno de la Diputación Provincial de Pontevedra, a la empresa Construcciones, Obras y Viales, S.A. (COVSA). 4. Solicitado el oportuno informe a la empresa el jefe de obra –que también desconocía el percance –manifiesta que el hueco en el que se cayó el reclamante era en realidad una arqueta para la red eléctrica, de unas dimensiones aproximadas de 1,15 x 0,90 y una profundidad de un metro. Las tapas de estas arquetas se iban colocando a medida que se recibían de la empresa suministradora- ya que constan de un marco metálico con unas platabandas de refuerzo y chapa de acero- y mientras tanto el hueco se tabpaba con un palet de madera y se vallaba. Además informa que el día del accidente- 7 de xaneiro de 2008- el personal de la obra estaba de vacaciones, reanudándose los trabajos el día 9 de xaneiro asegurando que, antes de marcharse de vacaciones, la arqueta quedó tapada con un palet de madera balizada con vallas. En visita realizada por el coordinador de seguridad y salud el día 10 de xaneiro de 2008 se confirma que las arquetas que no disponían de tapas definitivas se encontraban tapadas y balizadas, señalando que la ausencia de vallado de la arqueta el día del accidente se debió, con toda probabilidad, a la acción de un tercero ajeno a la obra. 5. No obstante lo anterior cabe recordar que la obligación de señalar correctamente las obras corresponde a la empresa adjudicataria de las mismas –artículo 57 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial y artículo 97 del Texto Refundido de la Ley de Contratos de las Administraciones Públicas- de forma que si la caída se produjo realmente por una deficiente señalización la responsabilidad recaería, en ese supuesto, sobre la empresa COVSA. 6. Sin perjuicio de lo dispuesto en el párrafo anterior es preciso resaltar las siguientes cuestiones: -Que según la documentación que se adjunta al presente informe la señalización de las obras era correcta, siguiendo además las indicaciones del coordinador de seguridad y salud realizadas el 4 de diciembre de 2007: “Las tapas de las arquetas se taparán de forma provisional, si no hay tapas definitivas, para evitar caídas a distinto nivel”. - Que la ausencia del palet de madera y de las vallas de balizamiento que protegían la arqueta para la red eléctrica fue provocada, sin duda, por la acción de un tercero ajeno a la obra. -Que el informe y dossier fotográfico de la policía local- y que ha sido aportado por la empresa- fue elaborado el 17 de xaneiro de 2008, es decir, diez días después del accidente, poniendo de manifiesto que la policía local ni fue testigo directo del mismo ni pudo comprobar el estado de la arqueta.” Resultando.- Que con data 10/12/2008 púxose o expediente de manifesto á empresa adxudicataria das obras Covsa, esta mercantil emitiu informe que se recibiu nesta Asesoría Xurídica o 17/12/2008 co seguinte contido literal: “1. COVSA fue adjudicataria de las obras DOTACION DE PLUVIAIS, ILUMINACIÓN E BEIRARRUAS EN E.P. 9802 DAS ACEÑAS (A ILLA DE AROUSA) con data 23/09/05 e rematada no 17/11/08 2. Por medio de las presentes manifestamos nuestra conformidad con el escrito presentado al Director de las Obras, por nuestro Jefe de Obra, D. Isidoro Limeres, donde señala que todas las tapas quedaron debidamente cerradas y señalizadas. 3. Las obras, en todo su proceso de construcción, se encuentran debidamente señalizadas, como los informes del coordinador de seguridad pueden corroborar. 4. No tenemos constancia de ningún otro suceso, excepto este, y es curioso que la denuncia en la Policía Local se produzca 10 días después de supuestamente suceder el accidente. Consideramos en este punto que no queda suficientemente acreditado el lugar y la causa de la caída.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois tanto do informe do Servizo de Vías e Obras como do da empresa “COVSA” tírase que o percance produciuse como consecuencia da actitude pouco atenta e arriscada do peón, pois a mera visualización do documento gráfico nº 2 amosa ben as claras que se trata dunha zona non apta para a deambulación polo que, de decidirse aquel polo franqueo do valado con desprezo da suxestión prohibitoria que este comporta, os efectos prexudiciais de tal actuación non deben recaer sobre a Administración adxudicataria das obras, senón sobre quen omite as mais elementais normas de autoprotección e se introduce no que se podería cualificar coma“ busca do perigo”, máxime cando -como di o informe do Xefe de Obra- existía unha zona de aparcadoiro valeira a que puido baixar sen menoscabo nin risco. Nesta liña argumental entendérono en sucesos similares os precedentes os que seguen e que se citan “ad exemplum”. “… Falta de atención de la accidentada a las circunstancias de la vía. El comportamiento humano implica soportar los pequeños riesgos que una eventual falta de cuidado y atención comporta en la deambulación por lugares de paso” T.S. (Sala Primera, de lo Civil) Sentencia de 2 de marzo de 2006; LA LEY JURIS 11410/2006)”. “…caída producida en la vía pública. Culpa exclusiva de la víctima, que cruza por lugar indebido cuando era visible el estado de la calle y el riesgo que corría al atravesarla. (…) las características del día claro y soleado y la hora de la caída, (…) hacen advertir que el riesgo es evidente, asumiendo la víctima la decisión de sortearlo para cruzar la calle. Una elemental atención y el grado mínimo de precaución que se exige en el deambular normal hubiera sido suficiente para evitar la caída”. T.S.J. Andalucía, Sevilla (Sala de lo Contencioso-administrativo. Sección 1ª). Sentencia de 9 de mayo de 2006; LA LEY JURIS 2339267/2006” Considerando.- Que aínda obviando o anterior no suposto de apreciarse nalgunha orde distinta a esta vía administrativa a relación de causalidade, esta só sería atribuíble á empresa adxudicataria do contrato nas súas consecuencias indemnizatorias, xa que así o establece o artigo 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas (vixente no intre de acaecer os feitos) polo que a responsabilidade sería repetible daquela en relación cunha conteste xurisprudencia do T.S. da que, “ad exemplum” cabe citar a sentenza de 31 de xullo de 1989: “…cuando los daños y perjuicios se derivan de una actividad técnica no cumplida directamente por la organización administrativa, sino por organizaciones privadas no integradas en la Administración, con las que ésta contrata atribuyéndoles la gestión de un servicio público o la ejecución de una obra pública, se interfiere entre Administración y particulares una empresa privada a la que materialmente le son atribuibles sus causas.” Xa que logo, a responsabilidade sería repetible. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 8.16857.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.16858.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA DEL PILAR RODRIGUEZ GOBERNA POR DANOS EN VEHÍCULO NA A-55 (VIGO-TUI) Dada conta que con data de rexistro 20/04/2009 (Rex. nº 014788) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona María del Pilar Rodríguez Goberna, con enderezo a efecto de notificacións en rúa Urzaiz nº 48-entreplanta dereita-oficina 3 de Vigo por danos padecidos en vehículo matrícula 7718-CRG na estrada A-55 (Vigo-Tui) o día 17 de abril de 2008 e que cuantifica economicamente en 6.345,00 €. Resultando.- Que do exame minucioso da devandita reclamación, onde se achegan documentos referenciados como nº1 e 2 emitidos pola Garda Civil de Tráfico, e Informe Estatístico Arena, respectivamente, por esta Asesoría Xurídica extráese a conclusión de que a vía onde se produciu o accidente obxecto da reclamación, é de titularidade estatal. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor dos atestados remitidos pola reclamante e que obran no expediente impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial, e como dicíamos, é a reclamación a que referencia a vía con dous díxitos únicos, sendo as da Deputación de catro. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Excma. Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 10.16859.- CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2009, CAMPAÑA DE PRIMAVERA (1º GRUPO) Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios 2009, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 18/02/2009, cunha dotación económica de 200.000,00 €, dirixido ás persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar; adxudicada a xestión e organización deste programa á empresa Viajes Iberia S.A.; en virtude do acordo de Xunta de Goberno do 18/03/2009; e remitido o 1º Grupo de solicitudes a Intervención para a súa fiscalización, á vista do informe emitido polo Sr. Interventor o 28/04/2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión do 1º Grupo de Subvencións do Programa Diúrno de Balnearios 2009, Campaña de Primavera, polo importe de 16.120,00 €, para un total de 310 persoas, con cargo á partida 09/313.313-227.02, e segundo o cadro que se xunta. PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA PRIMAVERA Concello Adhesión Nº Participantes Gasto CERDEDO SI 61 3.172,00 € FORNELOS DE MONTES SI 44 2.288,00 € FORCAREI SI 97 5.044,00 € PONTECESURES SI 37 1.924,00 € PONTE CALDELAS SI 30 1.560,00 € A LAMA SI 41 2.132,00 € TOTAL 310 16.120,00 € 11.16860.- PRÓRROGA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN DE MONTES VECIÑÁIS EN MAN COMÚN DE GALICIA-ANO 2008 Dada conta do Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación de Montes Veciñais en man Común de Galicia (Man Común), CIF núm. G15677487, aprobado pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 22/10/08 e asinado o 29/10/2008. Resultando que na cláusula cuarta do convenio establécese a duración do presente convenio será de seis meses a contar dende o día seguinte ó da súa sinatura. Resultando que a Asociación “Man Común” presenta un escrito no Rexistro Xeral da Deputación o 24/04/2009 no que solicita a ampliación do prazo de execución do convenio e xustifica a complexidade das accións que ten que realizar con motivo do convenio; e visto o informe do enxeñeiro director de data 27/04/2009. Considerando o disposto no artigo 70 do Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións; e no artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade ampliar o prazo de duración do Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e “Man Común”, CIF núm. G15677487, por tres meses e ata o 30 de xullo de 2009. 12.16861.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO DOS “PREMIOS PROVINCIAIS Á INVESTIGACIÓN-2008” Dada conta da acta do Xurado cualificador dos Premios á Investigación - 2008, na reunión mantida o pasado 23 de abril: 1.- A Xunta de Goberno queda enterada da acta do Xurado cualificador dos Premios á Investigación – 2008 despois da reunión mantida o pasado 23 de abril e que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á INVESTIGACIÓN 2008 Na Sala de Xuntas desta Deputación Provincial, sendo as 10,00 horas do 23 de abril de 2009, reúnese o Xurado cualificador dos Premios Provinciais á Investigación 2008 presidido por D. JOSÉ JUAN DURÁN HERMIDA, vicepresidente e presidente da Comisión Informativa de Cultura desta Deputación Provincial e os vogais: D. ALBERTO PENA RODRÍGUEZ, decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, DONA JOSEFINA GARRIDO GONZÁLEZ, profesora da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, D. LUIS ORTIZ TORRES, director da E. U. de Enxeñería Técnica Forestal do campus de Pontevedra, D. CAMILO QUINTÁNS GRAÑA, profesor investigador da UNED-Centro Asociado de Pontevedra, D. PEDRO REVILLA TEMIÑO, investigador científico en representación da Misión Biolóxica de Galicia, D. ANTONIO BALLESTER ÁLVAREZ-PARDIÑAS, profesor investigador da Real Academia Galega de Ciencias, D. XOSÉ CARLOS VALLE PÉREZ, director do Museo Provincial de Pontevedra, D. MIGUEL PEREIRA FIGUEROA, xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, DONA MERCEDES COSTAS FERNÁNDEZ, en representación do Servizo de Cultura actuando como Secretario D. ANTONIO SANTOS GUERRA, Xefe do Servizo de Cultura e Deportes. Tendo por obxecto fallar os traballos presentados ós Premios convocados e previa deliberación e informe dos traballos por parte dos membros do Xurado, acordouse a concesión dos seguintes premios: Apelidos e nome DNI Título CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 3.000,00 € Lazcano Larkin, Mª Cristina 44.471.261-W El uso de vermicompost en la agricultura sostenible. Efectos sobre el crecimiento y rendimiento de cuatro híbridos de maíz dulce (Zea mays L.) e impactos sobre calidad HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 3.000,00 € Martínez López, Miguel 07.494.181-E Contextos conflictivos de la participación ciudadana y la planificación espacial. PROVINCIA DE PONTEVEDRA.- 6.000,00 € Garrido Rodríguez, Jaime 35.887.923-B El origen de Vigo. El monte del Castro y su castillo TESES DE DOUTORAMENTO: CIENCIAS E TECNOLOXIA.-2.000,00 € Gil Castiñeira, Felipe José 33.343.809 Contribución á integración de redes móbiles e sistemas de detección a curta distancia TESES DE DOUTORAMENTO: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 2.000,00 € Piñeiro García, María del Pilar 33.292.669-P La gestión medioambiental y su impacto en la competitividad. Un estudio en las empresas constructoras españolas TESES DE LICENCIATURA E PROXECTOS FIN DE CARREIRA: CIENCIAS E TECNOLOXÍA.- 1.800,00 € López Álvarez, Miriam 44.460.902-Q Obtención de Cerámicas Biomórficas de SiC a partir de recursos vegetales marinos TESES DE LICENCIATURA E PROXECTOS FIN DE CARREIRA: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 1.800,00 € Sotelo Fernández, Andrea 53.116.371-X Evaluación clínica de los progenitores en procesos de separación o divorcio XOVES INVESTIGADORES: NOVAS TECNOLOXÍAS.- 2.000,00 € Mocholí Ortega, Vicente 39.465.051-H Métodos de navegación inteligente para la autocorrección de rutas de vuelo en aviones automáticos XOVES INVESTIGADORES: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS.- 2.000,00 € Villanueva Gesteira, María Dolores 76.823.002-N A lingua galega entre 1963 e 1975. Situación social e discursos dende o galeguismo E non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, sendo as 12,30 horas do mencionado día, do que eu, como Secretario dou fe” 2.- Ditas axudas achegaranse con cargo á partida 09/451.451.481.01.2008 do Orzamento provincial. 13.16862.- DAR CONTA DAS ACTAS DO XURADO DOS SEGUNDOS CONCURSOS ZONAIS DE BANDAS DE MÚSICA “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” De conformidade co disposto na base 6ª das que rexeron os 2os Concursos Zonais de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra”, que tiveron lugar os días 14, 15, 28 e 29 de marzo, 25 e 26 de abril de 2009 nas cinco zonas establecidas nas bases e despois das reunións mantidas polos Xurados Cualificadores, a Xunta de Goberno queda enterada das actas dos mesmos, concedendo os premios nas distintas categorías establecidas ás agrupacións que a continuación se reflicten e que se achegarán con cargo á partida 09/451.451.481.06: ZONA 1 SECCIÓN SEGUNDA 1º Premio, dotado con 1.750 € á agrupación: Banda de Música Municipal de Agolada, con 231 puntos SECCIÓN PRIMEIRA Puntos Premio Agrupación 270 2º Premio Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira 1º Premio, dotado con 2.000 € á agrupación: Banda de Música de Lalín, con 280 puntos ZONA 2 SECCIÓN TERCEIRA Puntos Premio Agrupación 172 3º Premio Banda de Música Nova Lira de Moraña 223 2º Premio Banda de Música Unión de Lantaño 1º Premio, dotado con 1.500 € á agrupación: Banda de Música Municipal de Ribadumia, con 229 puntos SECCIÓN SEGUNDA Puntos Premio Agrupación 216 2º Premio Banda de Música de Vilagarcía de Arousa 1º Premio, dotado con 1.750 € á agrupación: Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, con 234 puntos SECCIÓN PRIMEIRA Puntos Premio Agrupación 240 2º Premio Banda de Música Municipal de Caldas 1º Premio, dotado con 2.000 € á agrupación: Banda de Música Municipal de Valga, con 255 puntos ZONA 3 SECCIÓN TERCEIRA Puntos Premio Agrupación 165 Diploma participación Banda de Música Las Delicias de Caeiro 238 3º Premio Agrupación Musical Lira de San Miguel de Oia 248 2º Premio Banda Escola de Música da U.V.C.D. de Candeán 1º Premio, dotado con 1.500 € á agrupación: Ateneo Musical de Bembrive, con 262 puntos SECCIÓN SEGUNDA Puntos Premio Agrupación 202 2º Premio Unión Musical de Coruxo 1º Premio, dotado con 1.750 € á agrupación: Unión Musical de Cabral, con 291 puntos SECCIÓN PRIMEIRA Puntos Premio Agrupación 284 3º Premio Banda Escola de Música de Beade 294 2º Premio Agrupación Musical Atlántida de Matamá 1º Premio, dotado con 2.000 € á agrupación: Unión Musical de Valladares, con 312 puntos ZONA 4 SECCIÓN TERCEIRA Puntos Premio Agrupación 197 3º Premio Banda de Música de Chapela 210 2º Premio Asoc. Banda Musical del Municipio de Arbo 1º Premio, dotado con 1.500 € á agrupación: Agrupación Musical de Goián, con 251 puntos SECCIÓN SEGUNDA Puntos Premio Agrupación 215 3º Premio Banda de Música Popular de Rubiós 234 2º Premio Agrupación Musical de Belesar 1º Premio, dotado con 1.750 € á agrupación: Banda de Música Xuvenil de Torroso, con 237 puntos SECCIÓN PRIMEIRA Puntos Premio Agrupación 250 2º Premio Agrupación Musical de Vincios 1º Premio, dotado con 2.000 € á agrupación: Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas, con 294 puntos ZONA 5 SECCIÓN TERCEIRA Puntos Premio Agrupación 167 2º Premio Banda de Música Cultural de Arcade 1º Premio, dotado con 1.500 € á agrupación: Banda Escuela Unión Cultural de Campo Lameiro, con 245 puntos SECCIÓN SEGUNDA Puntos Premio Agrupación 197 3º Premio Asoc. Banda de Música Artística de Bueu 200 2º Premio Banda de Música Popular “Airiños do Morrazo” de Moaña 1º Premio, dotado con 1.750 € á agrupación: Banda Xuvenil de Barro, con 269 puntos SECCIÓN PRIMEIRA Puntos Premio Agrupación 1º Premio, dotado con 2.000 € á agrupación: Asoc. Cultural “Bellas Artes de Cangas”, con 212 puntos 14.16863.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 27 de abril de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2008 prorrogado para 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900000460 e que contén trinta facturas, sendo a primeira de Almacenes Santos Pérez, por importe de 3.244,29€ e a derradeira de Ampa Os Irmandiños, por importe 210,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 153.693,72 € Descontos do IRPF 1.984,76 € Descontos do IVE soportado deducible 212,24 € Total líquido 151.921,20 € 15.16864.- CONCESIÓN DE PRÉSTAMOS SEN INTERESE ATA A CONTÍA DE SEIS MIL EUROS Visto o expediente tramitado para a concesión de prestamos sen interese de ata a contía de seis mil euros para o ano 2009, considerando que as catro solicitudes presentadas dentro de prazo reúnen os requisitos esixidos nas bases da convocatoria e acompañan a documentación preceptiva, de conformidade co previsto nos artigos 66 e 67 do V Acordo Regulador para persoal funcionario, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder o préstamo sen interese de seis mil euros ó persoal que a continuación se relaciona, debendo aplicárselles o desconto correspondente a partir da primeira nómina do mes seguinte á data en que se efectúe o ingreso: Apelidos e nome Préstamo Amortización Desconto/mes Corrochano Santos, Marta 6.000,00 € 48 mens. 125,00 € Núñez Portela, Mª Belén 6.000,00 € 48 mens. 125,00 € Rodríguez Rodríguez, Concepción 6.000,00 € 48 mens. 125,00 € Fernández Delgado, Iria 6.000,00 € 48 mens. 125,00 € De acordo co disposto na base sexta da convocatoria, transcorrido o prazo máximo de seis meses dende a data de adxudicación destes préstamos, deberá presentarse a través do Rexistro Xeral da Deputación Provincial, segundo corresponda, a seguinte documentación: a) A factura ou facturas correspondentes nas que figure o IVE e o NIF das empresas que realizan ou subministren a obra ou na que se adquiran os mobles. b) Xustificante de ter amortizado o préstamo bancario correspondente. c) Documento público de adquisición do garaxe, ou licenza municipal no caso de construción acompañada das facturas correspondentes na que figure o IVE e o NIF da empresa que realice a obra. d) Factura de compra do vehículo particular debidamente cumprida. Nos casos de construción ou adquisición de vivenda presentarase documento público ou privado de adquisición ou construción no prazo dun ano. Se transcorridos estes prazos máximos de seis ou doce meses non se achegaron as facturas ou xustificantes, a Deputación Provincial descontará en nómina o 30% do salario mensual do/a peticionario/a ata detraer a cantidade total concedida. Neste suposto o/a funcionario/a non poderá optar á concesión dun novo préstamo sen interese ata que transcorra un prazo de vinte anos. Estas cantidades imputaranse á partida 122-314-830.07. 16.16865.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO PARA A XESTIÓN DA ESCOLA DE GAITAS E PERCUSIÓN DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión de 17 de febreiro de 2006, acordou adxudicar o concurso para a elaboración dun proxecto de creación e xestión da Escola de Gaitas e Percusión de Pontevedra á Asociación Galega e Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra (C.I.F. G-36.793.677), polo prezo ofertado de cen mil euros. O Presidente da Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra solicitou, mediante escrito con data de entrada no Rexistro da Deputación de 3 de febreiro de 2009, a prórroga do contrato durante un ano máis e a revisión de prezos. A base 15 do prego de condicións economico-administrativas que rexeu o concurso establece a revisión de prezos anual, tomando con referencia o Índice de Prezos ó Consumo. Pola Xunta de Goberno, en sesión de 4 de marzo de 2009, aprobouse a prórroga do contrato de xestión da Escola de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra por importe de cento seis mil novecentos cinco euros con sesenta céntimos (106.905,60 €), e con efectos dende o 9 de marzo de 2009 ó 8 de marzo de 2010. Visto o Índice de Prezos ó Consumo publicado polo Instituto Nacional de Estatística, cunha variación do 0,7%, o informe do servizo de Intervención, e de conformidade co establecido no art. 103 do TRLCAP, e o disposto nos arts. 34-1,f) da Lei 7/85, de 2 de abril, 185 do TRLCAP, de 5 de marzo de 2004, 117 e concordantes do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e 61 do Rd 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16, apartado segundo das bases de execución do orzamento para o ano 2008, prorrogado no ano 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a revisión de prezos do contrato para a xestión da Escola de Gaitas e Percusión de Pontevedra, co incremento do 0,7% sobre o prezo do mesmo, en concepto de variación do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) nacional, ascendendo o novo prezo do contrato para o período do 9 de marzo ó 8 de marzo de 2010, á cantidade de cento sete mil seiscentos cincuenta e tres euros con noventa e tres céntimos (107.653,93 €). O novo prezo revisado supón un incremento anual do custo do contrato de 748,33 euros, cantidade que será librada con cargo á partida 09/451.451.227.25 do vixente Orzamento Provincial. 17.16866.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO DO SERVIZO DE LIMPEZA E ASEO NA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE COA EMPRESA EULEN, S.A.” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión de 26 de maio de 2006, acordou adxudicar o contrato servizo de limpeza da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” á empresa Eulen, S.A. (C.I.F. A-28.517.308) polo prezo de catrocentos cincuenta e nove mil douscentos noventa euros con corenta céntimos (459.290,40 €), IVE incluído, sendo prorrogado posteriormente por este mesmo órgano por un ano máis. A Base 17 do prego de condicións que rexeu o concurso sinala que en caso de prorroga, o prezo actualizarase anualmente de acordo coa variación que experimente o Índice de Prezos ó Consumo (IPC), previa solicitude xustificada formulada polo contratista. En sesión de 10 de outubro de 2007, polo órgano de contratación, procedeuse á revisión de prezos do contrato, cunha variación dun 2,4% do índice de prezos ó consumo, para o período de 1 de xullo de 2007 ó 30 de xuño de 2008, a razón dunha cantidade de 39.192,78 euros/mes. A empresa Eulen veu prestando o servizo dende o 1 de xullo de 2008 ata o 31 de marzo de 2009, polo que corresponde efectuar unha revisión de prezos por este período. Visto o índice de prezos ó consumo publicado polo Instituto Nacional de Estatística, cunha variación do 5 %, xuño 2007 a xuño 2008, o informe do servizo de Intervención, e de conformidade co establecido no artigo 103 do TRLCAP, e o disposto nos artigos 34-1, f) da lei 7/85, de 2 de abril, 185 do TRLRHL, de 5 de marzo de 2004, 117 e concordantes do Rdl 781/86, de 18 de abril e 61 do Rd 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16, apartado segundo das bases de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a revisión de prezos do contrato do servizo de limpeza e aseo na Cidade Infantil Príncipe Felipe coa empresa Eulen, S.A, co incremento do 5% sobre o prezo do mesmo, en concepto da variación do Índice de Prezos ó Consumo (IPC) nacional, segundo período de xuño de 2007 a xuño de 2008, o que equivale a un aumento da factura mensual de mil novecentos cincuenta e nove euros con sesenta e tres céntimos (1.959,63). Revisaranse os prezos das facturas correspondente ó período de 1 de xullo de 2008 a 31 de marzo de 2009, o que ascende á contía total de dezasete mil seiscentos trinta e seis euros con sesenta e sete céntimos (17.636,67 €). A revisión de prezos financiarase con cargo á partida 09/422.422.227.00 do vixente Orzamento Provincial. 18.16867.- DESAFIUZAMENTO DA VIVENDA DO BLOQUE G PISO PRIMEIRO DA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” 1.- A Dª Rosa Rey Martínez, na súa condición de funcionaria desta Deputación, adscrita á Cidade Infantil Príncipe Felipe, asignóuselle no seu día o uso e disfrute da vivenda do Bloque G, Piso 1º, situado en dito Centro, da que é titular esta Institución. Dª Rosa Rey Martínez cesou con efectos de 9 de setembro de 1995, como funcionaria desta Deputación o recoñecérselle polo Instituto Nacional da Seguridade Social a invalidez permanente total, cumprindo a idade de xubilación o día 2 de marzo de 2008. Non obstante, segue disfrutando da vivenda que no seu día lle foi asignada na súa condición de funcionaria da Cidade Infantil Príncipe Felipe. 2.- Por Resolución da Presidencia de data 11 de marzo de 2009 requiríuselle para que no prazo de 30 días naturais procedera á entrega das chaves da vivenda que disfruta na Cidade Infantil príncipe Felipe, ó desaparecer as causas que legalmente fundamentaban o seu dereito. Así mesmo, concedéuselle un prazo de 10 días para formular as alegacións oportunas. No prazo establecido non formulou alegacións. Fixo unha comparecencia na Cidade Infantil manifestando a súa disposición a deixar a vivenda, pero non procedeu a entrega das chaves no prazo estipulado. 3.- O artigo 93.b) do Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, establece que as Corporacións que tiveran cedidas vivendas ó seu persoal por razón dos servizos que presten, darán por terminada a ocupación das mesmas cando se extinga a relación de emprego. Así mesmo, o artigo 134 de dita norma sinala que as Corporacións Locais poderán resolver, por si e en vía administrativa, os contratos de arrendamento e calquera outros dereitos persoais constituídos en fincas da súa pertenza a favor do seu persoal pola relación de servizos que prestan, ós que se refire o artigo 93, non procedendo indemnización ningunha. No caso presente concorren as circunstancias previstas en dita normativa ó non ser xa funcionaria desta Deputación a Sra Rey Martínez, carecendo, por conseguinte no momento actual, de título que acredite o poder disfrutar desa vivenda. De todo o exposto dedúcese que concorren os requisitos legais para levar a cabo o procedemento de desafiuzamento e lanzamento, de acordo co previsto nos artigos 130 e 132 do citado Regulamento, e en consonancia co establecido no artigo 59 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas. Os gastos a que dea lugar o lanzamento serán a cargo do desafiuzamento, de conformidade con dita normativa, podendo facerse efectivos pola vía de apremio. Á vista destes antecedentes e dos informes do Servizo de Contratación e Asesoría Xurídica, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- En cumprimento co establecido no artigo 130 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, en consonancia co previsto no artigo 59 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas, requirirlle para que no prazo de 8 días proceda ó desaloxo da vivenda situada na Cidade Infantil Príncipe Felipe, no Bloque G, piso primeiro, que lle foi concedida, non como inquilina, senón en función do seu cargo de funcionaria da Cidade Infantil Príncipe Felipe, o extinguirse a relación de emprego por cesar como funcionaria o recoñecérselle a invalidez permanente total con efectos de 9 de setembro de 1995. 2.- De non proceder a entrega das chaves no prazo indicado, levarase a cabo o desaloxo da vivenda, sendo a súa costa os gastos que ocasione, fixándose data para o lanzamento, previas as autorizacións correspondentes. 19.16868.- DESAFIUZAMENTO DAS VIVENDAS, PISOS BAIXO E SEGUNDO DO BLOQUE B, DA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” 1.- A D. José Manuel Lombardía Guiance, na súa condición de funcionario desta Deputación, adscrito á Cidade Infantil Príncipe Felipe, asignóuselle no seu día o uso e disfrute da vivenda do Bloque B, Piso 2º, situado en dito Centro, da que é titular esta Institución. Segundo Resolución desta Deputación o Sr. Lombardía Guiance cesou, con efectos de 9 de marzo do ano 2006, por pase á situación de pensionista por xubilación, ó cumprir a idade regulamentaria de 70 anos. Non obstante, segue disfrutando da vivenda que no seu día lle foi asignada na súa condición de funcionario da Cidade Infantil Príncipe Felipe. 2.- Por Resolución da Presidencia de data 11 de marzo de 2009 requiríuselle para que no prazo de 30 días naturais procedera á entrega das chaves da vivenda que disfruta na Cidade Infantil príncipe Felipe, ó desaparecer as causas que legalmente fundamentaban o seu dereito. Así mesmo, concedéuselle un prazo de 10 días para formular as alegacións oportunas. 3.- No prazo establecido, o Sr. Lombardía Guiance formula escrito de alegacións no que manifesta entre outras cousas o traballo realizado na Cidade Infantil Príncipe Felipe con absoluta dedicación de “mañana, tarde y noche, domingos y festivos, sin contraprestación económica alguna, por estar obligado a residir en la Institución. Con la indemnización por estos servicios tendría suficiente para hacerme con una vivienda propia”. Así mesmo, mediante escrito de data 1 de abril de 2009 participa que tamén ven ocupando o piso Baixo, do Bloque B, por autorización outorgada, segundo manifesta, pola Presidencia no seu día, procedendo ó cambio de pechadura do mesmo ó entender que existen duplicados da chave de entrada, que poden poñer en risco os bens e enseres nel depositados. 4.- De todo canto antecede dedúcese que o Sr. Lombardía Guiance ben ocupando dúas vivendas na Cidade Infantil Príncipe Felipe, os pisos Baixo e 2º do Bloque B, o primeiro deles sen que conste a concesión do mesmo por parte da Administración da Cidade Infantil Príncipe Felipe. 5.- O artigo 93.b) do Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, establece que as Corporacións que tiveran cedidas vivendas ó seu persoal por razón dos servizos que presten, darán por terminada a ocupación das mesmas cando se extinga a relación de emprego. Así mesmo, o artigo 134 de dita norma sinala que as Corporacións Locais poderán resolver, por si e en vía administrativa, os contratos de arrendamento e calquera outros dereitos persoais constituídos en fincas da súa pertenza a favor do seu persoal pola relación de servizos que prestan, ós que se refire o artigo 93, non procedendo indemnización ningunha. No caso presente concorren as circunstancias previstas en dita normativa ó xubilarse o Sr. Lombardía Guiance, con data 9 de marzo do ano 2006, e carecendo, por conseguinte no momento actual, de título que acredite o poder disfrutar desas vivendas. As alegacións formuladas no prazo de audiencia que se concedeu non desvirtúan a Resolución da Presidencia pola que se lle requiría a entrega da chave, antes ben, ratifican a decisión adoptada no seu día de concederlle unha vivenda sen aboo de aluguer de ningún tipo, como compensación de esa sobrededicación que manifesta tivo no seu momento. É de resaltar, que a partires do ano 1989 o Sr. Lombardía Guiance deixou de prestar servizos na Cidade Infantil Príncipe Felipe ó ser adscrito ó Servizos Centrais desta Deputación, como Xefe do Servizo de Cooperación. De todo o exposto dedúcese que concorren os requisitos legais para levar a cabo o procedemento de desafiuzamento e lanzamento, de acordo co previsto nos artigos 130 e 132 do citado Regulamento, e en consonancia co establecido no artigo 59 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas. Os gastos a que dea lugar o lanzamento serán a cargo do desafiuzamento, de conformidade con dita normativa, podendo facerse efectivos pola vía de apremio. Á vista destes antecedentes e dos informes do Servizo de Contratación e Asesoría Xurídica, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Desestimar as alegacións formuladas no trámite de audiencia por D. José Manuel Lombardía Guiance contra a Resolución desta Presidencia de data 11 de marzo de 2009, ó non desvirtuar as mesmas as causas que motivaron o requirimento efectuado para que procedera á entrega das chaves da vivenda situada no Bloque B, piso 2º, da Cidade Infantil Príncipe Felipe. 2.- En cumprimento co establecido no artigo 130 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, en consonancia co previsto no artigo 59 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas, requirirlle para que no prazo de 8 días proceda ó desaloxo das vivendas situadas na Cidade Infantil Príncipe Felipe, no Bloque B, pisos baixo e 2º, que lle foron concedidas, non como inquilino, senón en función do seu cargo de funcionario da Cidade Infantil Príncipe Felipe a segunda delas e a primeira ocupada por vía de feito sen que conste título ningún, ó extinguirse a relación de emprego por haberse xubilado, por idade regulamentaria, con efectos de 9 de marzo de 2006. 3.- De non proceder a entrega das chaves no prazo indicado, levarase a cabo o desaloxo das vivendas, sendo a súa costa os gastos que ocasione, fixándose data para o lanzamento, previas as autorizacións correspondentes. 20.16869.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEIDANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DE DIVERSAS OBRAS INCLUÍDAS NO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN 2009: “E.P. 1003 BANDA DO RIO-ALTO DA PORTELA (BUEU)”, “CAPA DE RODADURA E.P. 9598 LOIS-A GOULLA (MEIS-RIBADUMIA)”, “CAPA DE RODADURA E.P. 0306 PONTEVERDUGO-CAMBESES-BARCIA (A LAMA)” E “MELLORA E.P. 6410 BODAÑO-MERZA (VILA DE CRUCES) Resultando que polo Servizo de Cooperación se comunica que o MAP deu conformidade a diversas obras propostas por esta Deputación Provincial para executar dentro do Plan Provincial de Cooperación 2009. Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión de 15/04/2009, prestou aprobación a diversos proxectos de obras incluídas no referido Plan, obxecto do expediente, e que máis adiante se relacionan. Resultando que polo Sr. Secretario Xeral emítese informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento aberto, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. E, á vista do informe emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de cláusulas administrativas e o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, das seguintes obras: 1.- “E.P. 1003 Banda do Río-Alto da Portela (Bueu)”, por importe de 154.397,75 € (133.101,51 € máis 21.296,24 € correspondentes ó IVE). 2.- “Capa de rodaxe E.P. 9598 Lois-A Goulla (Meis-Ribadumia)”, por importe de 215.000,00 € (185.344,83 € máis 29.655,17 € correspondentes ó IVE). 3-.- “Capa de rodaxe E.P. 0306 Ponteverdugo-Cambeses-Barcia (A Lama)”, por importe de 200.000,00 € (172.413,79 € máis 27.586,21 € correspondentes ó IVE). 4.- “Mellora E.P. 6410 Bodaño-Merza (Vila de Cruces)”, por importe de 250.000,00 € (215.517,24 € máis 34.482,76 € correspondentes ó IVE). As obras obxecto do expediente financiaranse con cargo á partida 09/911.511.611.09. O anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas que rexerá no procedemento aberto publicarase no Boletín Oficial da Provincia. Os gastos de inserción de anuncios, e outros que se deriven do expediente, serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DE “DIVERSAS OBRAS DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACION 2009”. CPV 45230000. 1.- OBXECTO.- A execución das obras que se detallan na base 2 deste prego, cuxos proxectos foron aprobados pola Xunta de Goberno en sesión de 15 de abril de 2009. A súa execución deberá realizarse con suxeición ós proxectos técnicos aprobados polo órgano de contratación e integrados polos documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e artigos 125 a 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos considérase como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- As obras obxecto do expediente, contan cos seguintes orzamentos: 1.- “E.P. 1003 Banda do Río-Alto da Portela (Bueu)”, por importe de 154.397,75 € (133.101,51 € máis 21.296,24 € correspondentes ó IVE). 2.- “Capa de rodaxe E.P. 9598 Lois-A Goulla (Meis-Ribadumia)”, por importe de 215.000,00 € (185.344,83 € máis 29.655,17 € correspondentes ó IVE). 3-.- “Capa de rodaxe E.P. 0306 Ponteverdugo-Cambeses-Barcia (A Lama)”, por importe de 200.000,00 € (172.413,79 € máis 27.586,21 € correspondentes ó IVE). 4.- “Mellora E.P. 6410 Bodaño-Merza (Vila de Cruces)”, por importe de 250.000,00 € (215.517,24 € máis 34.482,76 € correspondentes ó IVE). O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material, e comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. 3.- FINANCIAMENTO.- As obras obxecto do expediente financiaranse con cargo á partida 09/911.511.611.09. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, contado dende o día seguinte á sinatura do acta de comprobación do replanteo, agás que exista razón fundada que impida o seu comezo, é o seguinte: Catro meses para a obra nº 1, e seis meses para as obras nº 2, 3 e 4. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que conleva a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en mora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización por danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederáselle a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, de luns a sábado, ou na Sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro do prazo de vinte e seis días naturais contado dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º.- Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar a seguinte documentación en dous sobres distintos: Sobre A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o concurso para a contratación da obra “(especificar o nome da obra)”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Clasificación empresarial: Non se esixe. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.-Acreditación da solvencia técnica, polos seguintes medios: a) Declaración indicando os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras, especialmente os responsables do control de calidade, acompañada dos documentos acreditativos correspondentes. b) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución das obras, á que se anexará a documentación acreditativa pertinente. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia a executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: Cando a acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores se realicen mediante a certificación dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Así mesmo, os adxudicatarios terán que achegar: Sobre B: Proposición económica, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o concurso para a contratación da obra “(especificar nome da obra)”. Presentarase pechado e lacrado, contendo os seguintes documentos: 1. Índice de documentos que integran o sobre, constará dentro do sobre como primeira páxina e en folla independente. 2. Modelo de proposición económica, formulada estritamente conforme ó modelo establecido na cláusula 27 deste prego. 3. Memoria construtiva e programa de traballo. 4. Melloras ofertadas. 5. Memoria de seguridade e saúde. 6. Plan de control de calidade, a porcentaxe que se aplicará a tal fin deberá ser expresada con dous decimais aplicada sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. 7. Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, dita empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. Importante: As retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos en que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro, traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 9.- MESA DE CONTRATACION.-Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: - O titular da Corporación ou membro en quen delegue. VOCAIS: - O Secretario Xeral. - O Interventor. - O Director de Infraestruturas. SECRETARIO: - O Técnico Adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS A cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas. A seguir procederase á apertura de proposicións presentadas ó procedemento aberto, de conformidade co previsto no artigo 144 LCSP. 11.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa deberá atenderse ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 40 puntos - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Menor prazo de execución, ata un máximo de 10 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, ata un máximo de 10 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. - Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 40 puntos. Puntuándose en función da seguinte fórmula: 11.2) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das subministracións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se comprometa adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. No caso de que as obras teñan un gasto plurianual, o contratista deberá especificar ademais do prazo total de execución no modelo de proposición, o prazo de execución correspondente para cada unha das anualidades. 11.3) Menor prazo de execución, ata un máximo de 10 puntos. A ponderación efectuarase conforme á seguinte fórmula: P = (L-O)*10/(L-B) Onde: P: Puntuación. L: Prazo máximo establecido no prego. O: Prazo ofertado polo licitador. B: Menor prazo ofertado. 11.4)Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, ata un máximo de 10 puntos. Deberase presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o Ive (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. 11.5) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.D. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnen os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a análise dos mesmos en comparanza cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acontecidos en obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar en obra. Neste apartado recabarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria, maquinaria e ferramentas auxiliares cumpre a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, así como terase que presentar a documentación acreditativa das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento de ditas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, que terán que contemplar os traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI's. Terase que presentar a proposta de como realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos na mesma. Terase que reflectir o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Do mesmo modo, presentarase o protocolo da forma de entregar os equipos de protección individual, así como se definirá como se realizará a información da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se terá que definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.6) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías que foran desenvolvidas polo contratista no marco de proxectos de I+D+i que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Dita xustificación poderá realizarse mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.7) Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). 11.8) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valoraranse as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requisitos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requisitos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó Regulamento Comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais a utilizar polo licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun SQ%, consonte certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais a utilizar polo licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, consonte certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. Nota importante: O contrato será adxudicado a algunha das empresas licitadoras que obtendo unha puntuación igual ou superior ós 2/3 do total posible, segundo a aplicación que resulte do baremo anterior, presenten unha oferta económica que se atope situada na banda limitada inferiormente pola oferta máis económica e superiormente polo valor medio das ofertas. Aquelas ofertas con valores anormais ou desproporcionados que non sexan xustificadas polo licitador tras dárselle audiencia, e que a xuízo dos técnicos sexa inviable a súa execución, non se terán en conta á hora de establecer a acotación determinada no parágrafo anterior. 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aqueles cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a seguir en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: -Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. -Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. -Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Sen embargo, excluirase para o cómputo da devandita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. -Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque bm = (b1 + b2) • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda de Estado. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que sexan clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula undécima, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran dez días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización 16.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a dirección de obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó Director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o Director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato. (art. 196.1 LCSP). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato. (art. 198.1 LCSP). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se atopan insertados na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; En caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- MODIFICACIÓNS DOS CONTRATOS.- Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións no mesmo por razóns de interese público e para atender a causas imprevistas, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente. Estas modificacións non afectarán ás condicións esenciais do contrato. 22.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase a seguir á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o Ive, deberán ser certificados coa final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se atopan no momento da recepción, para os efectos de inventario. 23.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se anexará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o Ive (16%). 24.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado das mesmas fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade debida ó contratista. 25.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ANO dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos deterioros producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 26.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICION.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa ................................. (C.I.F.- nº .......................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Informado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra), comprométese a executala polo prezo de _________________ (en letra e número) euros, máis __________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. • Melloras ofertadas: • Prazo de execución: • % do control de calidade ofertado: (Data e sinatura do propoñente)” 21.16870.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota