Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2009-05-13_Ordinaria. Acta de sesión 2009/05/13_Ordinaria
Acta de sesión 2009/05/13_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.378/2.2009-05-13_Ordinaria
Título Acta de sesión 2009/05/13_Ordinaria
Data(s) 2009-05-13 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día trece de maio do ano dous mil nove, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, D. Agustín Reguera Ocampo e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.16892.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 6 de maio de 2009. 2.16893.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O MINISTERIO DE CULTURA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O PROXECTO DE ACCESIBILIDADE, ALUMEADO E SEGURIDADE DAS SALAS DE EXPOSICIÓNS DA COLECCIÓN PERMANENTE DO MUSEO DE PONTEVEDRA O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, e a Deputación de Pontevedra formalizaron, con data 2 de decembro de 2003, un convenio de colaboración para a ampliación e rehabilitación do Museo de Pontevedra. Unha vez finalizadas as mencionadas obras, e en virtude do previsto nos artigos 44 e 46 da Constitución Española, que sinala que os poderes públicos promoverán e tutelarán o acceso a cultura, e o enriquecemento do patrimonio histórico-artístico dos pobos de España, preténdese proceder a execución do proxecto de accesibilidade, alumeado e seguridade nas salas de exposición da Colección permanente do Museo de Pontevedra. Para esta finalidade preténdese formalizar outro convenio de colaboración, ó constituír este o instrumento axeitado para desenvolver a cooperación en cuestión de interese común, tal e como establecen os artigos 6 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, entre o Ministerio de Cultura e a Deputación de Pontevedra. Dito convenio contempla a achega por parte do Ministerio da cantidade de 300.000,00 euros con cargo ó programa 333A, concepto 765 recollido dentro dos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2009, e pola súa parte a Deputación de Pontevedra comprométese a realización de todas as actuacións necesarias para a execución do proxecto de accesibilidade, alumeado e seguridade das salas de exposición da colección permanente do Museo. Visto o informe sobre o convenio de colaboración emitido polo Sr Secretario, e en virtude das competencias establecidas, e da lexislación vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre o Ministerio de Cultura e a Deputación Provincial de Pontevedra para a execución do proxecto de accesibilidade, alumeado e seguridade nas salas de exposición da colección permanente do Museo de Pontevedra. Así mesmo, facúltase o Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O MINISTERIO DE CULTURA E A DEPUTACIÓN RPOVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA O PROXECTO DE ACCESIBILIDADE, ALUMEADO E SEGURIDADE DAS SALAS DE EXPOSICIÓNS DA COLECCIÓN PERMANENTE DO MUSEO DE PONTEVEDRA En a de 2009 REUNIDOS Polo Ministerio de Cultura: Dª. Mª Dolores Carrión Martín, Subsecretaria do Ministerio de Cultura, na súa condición de Presidenta da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura, competente en virtude do art. 6 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o art. 4.2.d) do Real decreto 1379/1999, de 27 de agosto, de Regulación do Organismo Autónomo, e o art. 2.6 do Real decreto 1132/2008, de 4 de xullo, polo que se desenvolve a estrutura orgánica básica do Ministerio de Cultura. Pola Deputación Provincial de Pontevedra: D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da súa condición de Presidente, segundo o disposto no artigo 34 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, modificado pola Lei 11/1999, de 21 de abril, e no artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia. As partes, na representación que ostentan, recoñécense mutuamente a capacidade legal suficiente para a celebración do presente convenio e, a tal efecto, EXPOÑEN I. O 2 de decembro de 2003 formalizouse un Convenio de colaboración entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra para a ampliación e rehabilitación do Museo de Pontevedra. Dito Convenio estivo vixente dende 2003 ata 2006. II. Finalizadas as obra de ampliación e rehabilitación do Museo, debe procederse ó seu equipamento e á instalación da colección permanente do Museo. Para iso, a Deputación de Pontevedra e a Dirección do Museo solicitaron á Dirección General de Bellas Artes y Binenes Culturales a súa colaboración. III. O Ministerio de Cultura, dentro dos obxectivos da súa política cultural, contemplados nos artigos 44.1 e 46 da Constitución Española, considera necesaria a súa colaboración no equipamento e instalación da colección permanente do Museo de Pontevedra. IV. A Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura, Organismo Autónomo do Ministerio de Cultura, é o responsable da execución de infraestruturas e equipamentos culturais. Para realizar tal fin, e entre outras funcións, este Organismo ten asignada a xestión e formalización de convenios con entidades públicas e privadas, sempre que se refiran a materias obxecto da súa competencia. V. Coa finalidade de proceder ó inicio do equipamento e instalación da colección permanente do Museo formalizouse, o 14 de novembro de 2008, un convenio de colaboración entre o Ministerio de Cultura e a Deputación Provincial de Pontevedra, con vixencia durante todo o ano 2008. En virtude do exposto, o Ministerio de Cultura, a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e a Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura acordan subscribir o presente convenio conforme ás seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- Obxecto. O obxecto do presente Convenio é regular a participación da Deputación Provincial de Pontevedra e da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura nas actuacións necesarias para executar o proxecto de accesibilidade, iluminación e seguridade das salas de exposicións da colección permanente do Museo de Pontevedra. SEGUNDA.- Compromisos da Deputación de Pontevedra. Corresponde á Deputación de Pontevedra a contratación de todas as actuacións necesarias para a execución do proxecto de accesibilidade, alumeado e seguridade das salas de exposicións da colección permanente do Museo, que efectuarán, en todo caso, antes do 31 de decembro de 2009. A Deputación asume os dereitos e obrigas que a vixente Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, atribúe ós órganos de contratación, tanto na fase de contratación como na recepción e liquidación dos subministros necesarios. A Deputación ten a consideración de beneficiaria respecto á subvención da Administración Xeral do Estado e en consecuencia queda sometida ás obrigas inherentes a súa condición e ás restantes prescricións establecidas na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de subvencións e na Orde 324/2005, de 17 de febreiro, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións nominativas do Ministerio de Cultura e dos seus organismos públicos. TERCEIRA.- Compromisos do Ministerio de Cultura. O Ministerio de Cultura, a través do Organismo Autónomo Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura, participará na presente anualidade no financiamento á “Deputación de Pontevedra para o Museo de Pontevedra”, tal e como se recolle nos Orzamentos Xerais do Estado para 2009, achegando a cantidade máxima de 300.000,00 € con cargo ó Programa 333A, concepto 765, do orzamento de gastos de dito organismo autónomo. A subvención será aboada unha vez asinado o convenio, previa prestación polo Museo das memorias técnica e económicas das actuacións a realizar. A achega da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura no se verá afectada por ampliacións ou modificacións na adquisición de equipamentos que signifiquen incremento do seu compromiso financeiro, nin por variacións na instalación da colección. CUARTA.- Comisión de Seguimento. A partir da sinatura deste convenio, constituírase unha Comisión de Seguimento, formada por dous representantes da Deputación de Pontevedra e outros dous do Ministerio de Cultura, cuxo fin será velar polo desenvolvemento e execución do obxecto deste Convenio. QUINTA.- Información das actuacións. A Deputación de Pontevedra comprométese a informar en lugar visible das instalacións da participación do Ministerio de Cultura. SEXTA.- Xustificación. De conformidade co establecido no Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da le xeral de subvencións e co punto undécimo da Orde 324/2005 do Ministerio de Cultura, a xustificación do cumprimento das condicións da subvención realizarase dentro dos tres meses seguintes á finalización da actividade subvencionada. A xustificación realizarase mediante a presentación das seguinte documentación: - Conta xustificativa do gasto realizado, que deberá ir acompañada dos xustificantes do gasto calquera outro documento con validez-xurídica que permita acreditar o cumprimento do obxecto das subvencións pública. - Estados contables que reflicten a xestión do proxecto subvencionado acompañados dunha memoria que explique, complete e aclare os datos dos estados contables en relación coa aplicación dos fondos recibidos e que informe sobre os resultados obtidos. SÉTIMA.- Vixencia e extinción. A vixencia do convenio comezará no momento da súa sinatura e se estenderá ata a recepción dos equipamentos e a instalación da colección permanente, salvo que outras circunstancias sobrevenidas determinen a imposibilidade do seu cumprimento total ou parcial. En caso de imposibilidade de cumprimento pola Deputación de Pontevedra das obrigas derivadas do presente convenio, o organismo deberá reintegrar á Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura a cantidade non xustificada da subvención percibida. Así mesmo procederá o reintegro das cantidades percibidas e a esixencia do interese de demora correspondente dende o momento do pagamento da subvención ata o momento en que se acorde o reintegro cando concorran as causas establecidas no Capítulo I do Título II da Lei xeral de subvencións. OITAVA.- Natureza e xurisdición. O presente convenio ten natureza administrativa. As controversias que poidan xurdir sobre interpretación, modificación, resolución e efectos que poidan derivarse do presente convenio resolveranse entre as partes, esgotando todas as formas posibles de conciliación para chegar a un acordo amigable extraxudicial. No seu defecto, será competente para coñecer as cuestión litixiosas os órganos xurisdicionais da orde contencioso-administrativo. E en proba de conformidade, asinan as partes do presente convenio en exemplar duplicado, no lugar e data sinalados no encabezamento. POLO MINISTERIO DE CULTURA A Presidenta da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura Asdo.: Mª Dolores Carrión Martín POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDA O Presidente Asdo.: Rafael Louzán Abal” 3.16894.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 4.16895.- CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2009, CAMPAÑA DE PRIMAVERA (5º e 6º GRUPO) Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios 2009, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 18/02/2009, cunha dotación económica de 200.000,00 €, dirixido ás persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar; adxudicada a xestión e organización deste programa á empresa Viajes Iberia S.A.; en virtude do acordo de Xunta de Goberno do 18/03/2009; e remitidos o 5º e 6º Grupo de solicitudes a Intervención para a súa fiscalización, á vista dos informes emitidos polo Sr. Interventor o 11/05/2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder do 5º e 6º Grupo de Subvencións do Programa Diúrno de Balnearios 2009, Campaña de Primavera, polo importe de 15.912,00 €, para un total de 306 persoas, con cargo á partida 09/313.313-227.02, e segundo os cadros adxuntos: 5º GRUPO CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO O Grove SI 10 520,00 € Ponteareas SI 50 2.600,00 € Tui SI 38 1.976,00 € Vigo SI 200 10.400,00 € TOTAL 298 15.496,00 € 6º GRUPO CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO Moraña SI 8 416,00 € TOTAL 8 416,00 € 5.16896.- BASES DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS-ANO 2009 De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de Bases de subvencións de apoio á cultura dirixidas a entidades para actividades e investimentos ano 2009, que son do seguinte teor: “BASES DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS. ANO-2009 A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promover e fomentar actividades culturais, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia. 1.-Obxecto.- A Deputación de Pontevedra concederá axudas económicas para promover, fomentar e difundir aquelas actividades culturais que organicen as persoas físicas e xurídicas sen fin de lucro no seu ámbito territorial e, excepcionalmente, fóra deste, cando teñan relevancia para os intereses provinciais, durante o exercicio actual, así como as destinadas a recuperar o patrimonio provincial: tradicional, histórico, folclórico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico, etc., sendo prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais contribuíndo á modernización e recuperación da nosa cultura así como as tendentes a xerar beneficios no seu contorno. A concesión das axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2009, convocándose as subvencións que a continuación se detallan: Materia Programa Partida Orzamento CULTURA A/09 Actividades culturais xerais 09/451.451.489.05 350.000,00 € B/09 a.- Instrumentos b.- Vestiario 09/451.451.789.00 115.000,00 € C/09 Infraestrutura 09/451.451.789.04 600.000,00 € D/09 Participación cidadá 09/451.463.489.10 100.000,00 € O programa A/09 “actividades culturais xerais” vai dirixido ó financiamento de: concursos literarios, periodísticos, actos folclóricos e musicais, intercambios culturais, seminarios, certames, conferencias, etc. O programa B/09 “instrumentos ou vestiario” vai dirixido a financiar ós grupos e asociacións musicais da nosa provincia para a adquisición de instrumental ou vestiario propio destes, debendo figurar na solicitude un único concepto. O programa C/09 “infraestrutura” vai dirixido ó financiamento de: construción ou rehabilitación de centros culturais, restauración de monumentos, etc. O programa D/09 “participación cidadá” vai dirixido ó financiamento de: congresos, feiras, xornadas de formación, etc. organizadas por entidades, fundacións ou federacións. 2. Beneficiarios.- Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas e xurídicas que reúnan os seguintes requisitos: 1. Carecer de fins de lucro (acreditándose en declaración responsable do representante). 2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou excepcionalmente fóra deste cando versen sobre temas de interese para a provincia. 3. Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas. 4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. 3. Solicitudes e documentación.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: - Fotocopia cotexada da tarxeta de identificación fiscal da entidade. - Fotocopia cotexada do DNI do representante legal. - Memoria explicativa dunha actividade concreta ou do investimento, asinada polo representante. - Orzamento detallado dunha actividade concreta e determinada ou, no seu caso, do investimento, asinado polo representante. A entidade terá que solicitar, polo menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a 30.000,00€, para realizar obras ou superior a 12.000,00€ para adquirir equipamento. - No caso de realización de obras ou investimentos acreditación da titularidade ou, no seu caso, a cesión de uso do ben para o que se solicita a subvención. - Declaración na que conste se se solicitaron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade ou o investimento para subvencionar. - Declaración de que a entidade non está incursa en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria. - Certificación ou declaración responsable de estar ó corrente das obrigas coa Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social. - Declaración do número de socios da entidade. - Certificación orixinal dos datos bancarios ou ben copia cotexada a nome da entidade peticionaria. As entidades poderán autorizar á Deputación de Pontevedra para solicitar as certificacións de estar ó corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade Social. As entidades só poderán solicitar unha única subvención por cada programa, debendo presentar expedientes completos por cada solicitude. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art.70 da Lei 30/92, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites. 4.-Lugar e prazo de presentación.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación: - Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado). - Sede de Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres). - ou tal e como establece o art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 5.-Valoración e concesión.- A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación das axudas os seguintes criterios: 1.-Difusión da actividade: de ámbito local, provincial, nacional, internacional, ata 15 puntos. 2.-Número de persoas que participan e se benefician da actividade, ata 15 puntos. 3.-Número de socios da asociación, ata 10 puntos. 4.-Orzamento total da actividade ou investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, ata 30 puntos. 5.-Adecuación das actividades ou investimentos ó interese provincial, ata 30 puntos. O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo da actividade ou investimento que vaia desenvolver o beneficiario. 6.-Procedemento de concesión.- A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó Xefe do Servizo de Cultura, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no art. 24 da Lei xeral de subvencións. As solicitudes de subvención para cada un dos programas serán avaliadas conforme ós criterios sinalados anteriormente, pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por: Presidente: O Deputado-Presidente da Comisión de Cultura Vogais: Dous/dúas técnicos/as do Servizo de Cultura un/unha técnico/a do Servizo de Intervención Secretario: Actuará como Secretario, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Cultura. A Comisión de Valoración poderá: 1.- Acadar cantos informes estime necesarios para resolver. 2.- Emitir informe respecto das solicitudes de subvención. As propostas de concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente. Non obstante, ó longo do exercizo orzamentario poderanse resolver aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou por causas imprevisibles e excepcionais, non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose para estes efectos a Presidencia ata un 20% do crédito total destes programas para a súa concesión directa, tal como se establece na base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial. A resolución do procedemento notificaráselles ós interesados conforme ó previsto no art. 58 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte no que remate o prazo de presentación da solicitude, sen terse notificada a resolución, lexitima ós interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de subvención. 7.-Modificación da resolución.- Tal como establece o art. 64 do Regulamento da Lei xeral de subvencións (Rd 887/2006, de 21 de xullo), unha vez notificada a resolución de concesión, despois de solicitude razoada, o beneficiario da subvención poderá solicitar a modificación do seu contido sempre que se manteña a finalidade da subvención, que poderá autorizarse sempre que non se danen dereitos de terceiros. Esta solicitude de modificación deberá presentarse no prazo dun mes dende a notificación da concesión e será obxecto de resolución da Presidencia, logo da proposta previa da comisión avaliadora que deberá ter en conta as seguintes circunstancias: *Se o orzamento da nova actividade ou investimento é superior ou igual ó orzamento subvencionado inicial, manteranse ditas condicións da subvención concedida: importe da subvención e orzamento subvencionado. *Se o orzamento da nova actividade ou investimento é inferior ó orzamento subvencionado inicial, a comisión avaliadora, logo do informe previo do Servizo de Cultura, deberá determinar o novo importe da subvención e o novo orzamento subvencionado, que serán inferiores ós inicialmente establecidos. 8.-Xustificación e pagamento.- Unha vez notificada a aprobación das axudas concedidas e realizada a actividade ou o investimento os beneficiarios deberán xustificalas no prazo máximo de tres meses e en todo caso antes do 31 de marzo de 2010. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: a.-Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura o número de unidades, os prezos unitarios destas e máis o custo total de cada unidade. b.-Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda, indicando que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame, tal como se establece na base 25.8ª.2.c das de execución do vixente orzamento provincial. c.-Os gastos xustificados deberán axustarse no posible ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis có importe xustificado co límite da subvención concedida. d.-No caso de subvencións de execución de obras ou instalacións que superen os 12.000,00 € poderase esixir un informe previo do técnico provincial. e.-Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas ou entidades privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada. f.-Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo Provincial de Intervención. g.- A xustificación deberá ir xunto cunha memoria da actividade ou do investimento realizado dos resultados obtidos. h.- Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de tela feito. Para pagar a subvención terase en conta o seguinte: -No caso de que se xustifique gasto polo 100 % do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. -No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100 %, aboarase a parte proporcional da subvención, que non será de aplicación cando esta sexa de importe inferior a 600,00 €. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. Os gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos admitiranse soamente cando garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para esta. Os gastos de manutención non superarán o 50% da subvención concedida, obrigándose os beneficiarios a explicalos detalladamente. 9.-Devolución e reintegro.- As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos: a.- Por obtelas falseando as condicións requiridas. b.- Por non aplicala ós fins para os que foi concedida. c.- Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. 10.-Órgano de aprobación.- De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para o ano 2009 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 11.-Xurisdición aplicable.- Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes. Entenderase desestimado se transcorre outro sen contestar; neste caso poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do Contencioso Administrativo como se prevé no art. 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa (tras modificación dada pola Lei 19/2003, de 23 de decembro) no prazo de dous meses. Asemade, contra a presente resolución tamén poderá interpoñerse directamente dito recurso contencioso-administrativo no indicado prazo. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte á recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entende desestimado. 12.-Dereito supletorio.- Para o non disposto nas presentes bases contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento. 6.16897.- BASES DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA O APOIO Ó DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO-ANO 2009 De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Deportes e Xuventude, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de subvencións a entidades e clubs deportivos para apoiar ó deporte de competición federado para 2009, que ten por obxecto apoiar ás entidades deportivas nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional, e que son do seguinte teor: “BASES DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR O DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO PARA 2009 Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuída esta Deputación, consciente da importancia de fomentar o deporte en todas as súas facetas e coñecedora das carencias que teñen aqueles que desexan realizar a súa práctica, establece axudas para paliar ese déficit que se rexerán polas seguintes: BASES 1. FINALIDADE E OBXECTO.- 1.1 Esta convocatoria, destinada a clubs deportivos federados, márcase como obxectivo específico apoiar as entidades deportivas nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional, convocados por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas, nas modalidades deportivas de implantación na provincia de Pontevedra, conforme o disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local e demais normativa de aplicación. 1.2 Estas axudas financiaranse con cargo á partida 09/450.452.489.20 do orzamento da Deputación para 2009, cunha dotación dun millón cincocentos mil euros (1.500.000,00 €). 2. BENEFICIARIOS.- Poderán optar a estas axudas as entidades e clubs deportivos que cumpran os seguintes requisitos: 2.1.- Carecer de fins de lucro (acreditándose declaración responsable do solicitante). 2.2.- Estar ó corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social. 2.3.- A modalidade practicada polos clubs federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra. 2.4.- Estaren inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte. 2.5.- Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas. 3. DOCUMENTACIÓN.- Cada club só poderá formular unha única solicitude dunha modalidade deportiva concreta nos modelos normalizados, que facilitarán no Rexistro Xeral, na sección de Deportes ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es. Achegarase ademais a seguinte documentación: 3.1.- Fotocopia cotexada da tarxeta do CIF. 3.2.- Fotocopia cotexada da tarxeta do NIF do representante. 3.3.- Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade ou ben copia cotexada. 3.4.- Orzamento asinado estimativo de gastos, referido á modalidade deportiva. 3.5.- Declaración orixinal do representante na que conste se solicitaron outras axudas, de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para percibir subvencións da Administración Pública e de aceptar as bases da convocatoria, segundo modelo aprobado, así como a autorización á Deputación para optar ás certificacións da Axencia Estatal Tributaria e da Seguridade Social. 3.6.- Declaración responsable de estar ó corrente coas Obrigas Tributarias da Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social. 3.7.- Certificado de estar inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte. 3.8.- Certificación, segundo modelo aprobado pola Deputación, da federación galega ou a que no seu caso corresponda, na que se especifique: 3.8.1.- Participación do equipo en competición na temporada 2008-2009. 3.8.2. Número de equipos participantes, por categoría do equipo, nivel da competición e sexo. 3.8.3.- Número de licenzas por categoría e sexo que participa en competición na temporada 2008/2009 As entidades poderán autorizar á Deputación de Pontevedra para solicitar da Axencia Estatal Tributaria a certificación de estar ó corrente coas Obrigas Tributarias e coa Seguridade Social. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, o interesado será requirido para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites. 4. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación e na forma prevista no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 5. VALORACIÓN DAS SOLICITUDES.- A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase unha vez consideradas as actividades que se van realizar, ponderando as seguintes circunstancias: a. Nivel de competición da agrupación ou club: ata 15 puntos. b. Número de licenzas federativas: ata 15 puntos. c. Número de equipos participantes por categorías na actual temporada: ata 15 puntos. d. Equipo sénior en categoría nacional: 5 puntos. e. Adecuación das actividades que se van realizar ó interese provincial: ata 30 puntos. As propostas da concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano de goberno competente. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte do remate do prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. 6. RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA.- A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó Xefe do Servizo de Deportes, que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no art. 24 da Lei Xeral de Subvencións. As solicitudes de subvención para cada un dos programas serán avaliadas conforme ós criterios sinalados anteriormente, pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por: Presidente: O Deputado-Presidente da Comisión de Deportes e Xuventude Vogais: Dous/dúas técnicos do servizo de Deportes. Un/unha Técnico do servizo de Intervención. Secretario: Actuará como secretario, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Deportes. A Comisión de Valoración poderá: 1. Acadar cantos informes estime necesarios para resolver. 2. Emitir informe respecto das solicitudes de subvención. A resolución da concesión deberáselles notificar expresamente a todos os solicitantes de forma fidedigna. 7. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO.- Unha vez notificadas as axudas concedidas, os clubs beneficiarios deberán xustificalas no prazo de trinta días e en todo caso antes do 31 de xaneiro de 2010. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. O aboamento da subvención materializarase mediante ingreso na conta sinalada pola entidade. O beneficiario da subvención, de acordo co establecido na base 25.8ª-2ºf) de execución de orzamento 2009, para efectos de xustificación deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade ou club. Conxuntamente deberá presentar declaración de se se recibiron ou non outras axudas ou subvencións coa mesma finalidade e acreditamento da debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade subvencionada, sendo suficiente a declaración responsable por parte do representante de a ter feito. Ademais, ós clubs que se lle outorguen subvencións por importe de 6.000,00 € ou superiores, quedan na obriga de insertar o anagrama de Deputación na súa vestimenta cunhas medidas aproximadas de 20 cms, así como nas vallas ou pancartas das súas instalacións deportivas; acreditando mediante fotografías ou recortes de prensa da presentación do equipo tal circunstancia. 8. ÓRGANO COMPETENTE E XURISDICCIÓN.- De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2009 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. A resolución do procedemento notificaráselles ós interesados conforme ó previsto no art. 58 da Lei 30/92, de 26 de novembro de Réxime xurídico das administracións públicas e do Procedemento administrativo común. O vencemento do prazo máximo (6 meses) sen terse notificada a resolución, lexitima ós interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de subvención. Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, potestativamente, no prazo dun mes, recurso de reposición perante o órgano que a ditou. Poderá entenderse desestimado dito recurso, se transcorrido un mes dende a súa interposición aquel non se tivese contestado. Neste caso poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo como se prevé no art. 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-administrativa (tras modificación dada pola Lei 19/2003, de 23 de decembro) no prazo de dous meses. Asemade, contra a presente resolución tamén poderá interpoñerse directamente dito recurso contencioso-administrativo no indicado prazo. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte á recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entende desestimado. 9. DEREITO SUPLETORIO.- Para o non previsto nesta convocatoria serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.” 7.16898.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA Ó CLUB BADMINTON LOS SAUCES DO CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA A AXUDA Ó DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO (CATEGORÍA BASE) APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE GOBERNO DE 24/10/07 Dada conta da xustificación da subvención concedida por Xunta de Goberno de 24/10/07 ó Club Bádminton Los Sauces de Pontevedra para “Axuda ó deporte de competición federado (Categoría Base)”, por un importe de 513,00 €, con cargo á partida 09/451.452.489.20.2007, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por presentarse a mesma fóra de prazo establecido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 513,00 €, con cargo á partida 09/451.452.489.20.2007 do vixente orzamento provincial. 8.16899.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA Á COMUNIDADE DE PROPIETARIOS CLUB HÍPICO EL ALAZÁN PARA O DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE GOBERNO DE 24/10/07 Dada conta da xustificación da subvención aprobada pola Xunta de Goberno de 24/10/07 á Cdad. Propietarios Club Hípico El Alazán do Concello de Mos para a “Axuda ó deporte de competición federado (Categoría Base)” por un importe de 427,00 € con cargo á partida 09/451.452.489.04.2007, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por presentarse aquela fóra do prazo establecido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 427,00 €, con cargo á partida 09/451.452.489.04.2007 do vixente orzamento provincial. 9.16900.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA Ó CLUB REMO DO MIÑO DO CONCELLO DE TUI PARA O CURSO DE INICIACIÓN Ó REMO APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE GOBERNO DE 17/11/08 Dada conta da xustificación da subvención concedida pola Xunta de Goberno na sesión do 17/11/08 ó Club Remo do Miño do Concello de Tui para o “Curso de iniciación ó remo”, por un importe de 345,00 €, con cargo á partida 09/451.452.489.04.2008, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, xa que a xustificación non se presenta dentro do prazo previsto na normativa, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 345,00 €, con cargo á partida 09/451.452.489.04.2008 do vixente orzamento provincial. 10.16901.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE PONTEAREAS NO PAM/07, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 287/836 DENOMINADA “ESCULTURA SUBIDA Ó PORTO” Dada conta da solicitude de aboo da certificación núm. un, correspondente ó investimento nº 287/836 denominado “Escultura subida ó Porto” do Concello de Ponteareas, á vista do informe de Intervención de data 6 de maio de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar e recoñecer a obriga de dezaseis mil novecentos sete euros con setenta e seis céntimos (16.907,76 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito a favor do citado Concello. - Declarar o aboo da cantidade de dezaseis mil novecentos sete euros con setenta e seis céntimos (16.907,76 €), con aplicación á partida 09/911.911.762.45.2007 como pago da subvención concedida ó Concello de Ponteareas para a obra nº 287/836 denominada “Escultura subida ó Porto”, incluída no Programa de Acción Municipal, 2006/08, anualidade 2007. 11.16902.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 11de maio de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2008 prorrogado para 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900000530 e que contén trinta e tres facturas, sendo a primeira de Eulen, S.A., por importe de 39.192,78€ e a derradeira de Consultores Informáticos de Pontevedra, S.L., por importe de 6.293,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 116.762,13 € Descontos do IRPF 484,92 € Descontos do IVE soportado deducible 540,53 € Total líquido 116.817,74 € 12.16903.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1 DA OBRA “ACTUACIÓN VARIAS NA E.P. 9205 E FIRME EN MIRAFLORES (SANXENXO)” EXPTE. D09/1 Vista a certificación nº 1 relativa as obras do proxecto “Actuacións Varias na E.P. 9205 e firme en Miraflores (Sanxenxo)”, adxudicada no seu día á Empresa Construcciones Obras y Viales, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 5 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2009, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 09/511.511-612.02 (Deputación) 207.690,15 € SUBTOTAL ………. 207.690.15 € Dirección de obra (4%) 6.018,26 € Control de Calidade (1%) 1.504,56 € Seguridade e saúde (0.72%) 1.083,29 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 199.084,04 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por cando trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 13.16904.- RESOLUCIÓN DO RECURSO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO POLA EMPRESA GALICIA SAUDADE, S.L., CONTRA O ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE GOBERNO, SESIÓN 11 DE FEBREIRO DE 2009, ADXUDICANDO A IMPARTICIÓN DOS CURSOS DE FORMACIÓN DE ATENCIÓN A PERSOAS INCLUÍDOS NO PROXECTO “AQUELANDO II” A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 11 de febreiro de 2009, adxudicou a organización e impartición dos cursos de formación de atención a persoas incluídos en Proxecto Aquelando II ás seguintes empresas: 1. LOTE Curso de auxiliar de axuda a domicilio (2 edicións) á UTE formada polas empresas Centro de Orientación de Estudios Comerciales S.L. (CIF B-36.043.073) e Coesco Deza S.L. (CIF B-36.307.270), polo prezo ofertado de 35.200,00 euros (exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 do IVE). 2. LOTE Curso de coidador /a de persoas con discapacidade física e/ou psíquica (2 edicións ), á UTE formada polas empresas Centro de Orientación de Estudios Comerciales S.L. (CIF B-36.043.073), e Coesco Deza S.L. (CIF B-36.307.270), polo prezo ofertado de 35.800,00 euros (exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 do IVE). 3. LOTE Curso de auxiliar de coidado infantil, á empresa Formagal, S.L. (CIF B-36.477.677), polo prezo ofertado de 19.080,00 euros (exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 do IVE). 4. LOTE Curso de Auxiliar de tarefas domésticas en centros sociosanitarios e fogares, á empresa Gestifor Galicia, S.L. (CIF B-36.497.949), polo prezo ofertado de 17.860,00 euros (exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 do IVE). 5. LOTE Curso de Axente de medicación intercultural, á empresa Fundación de Estudios e Análises (CIF G-15.597.669), polo prezo ofertado de 15.328,30 euros (exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 do IVE). A empresa Galicia Saudade, S.L.U. (Xentes), con CIF B-36.445.641, por medio do seu representante Dona Nuria Carrera Pío, presenta un recurso de reposición no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra contra o acordo referenciado no parágrafo anterior. FUNDAMENTOS DE DEREITO Primeiro.- A empresa Galicia Saudade, S.L.U esta lexitimada para interpoñer recurso de reposición contra o mencionado acordo por ser titular dun dereito lexitimo, de conformidade co precepto recollido no artigo 31.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, de aquí en adiante LRXPA. Segundo.- A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o día 2 de marzo de 2007, aprobou o expediente e os pregos que rexerían a contratación, por procedemento aberto, do concurso de referencia, establecéndose os seguintes criterios base para a adxudicación: 1. Menor prezo, ata un máximo de 5 puntos. 2. Proposta metodolóxica e de contidos, ata un máximo de 2,5 puntos. 3. Recursos destinados á impartición de actividades, ata 1,5 puntos. Só serán tidos en conta os medios aplicados especificamente ó contrato, con exclusión daqueles dos que dispoña o licitador con carácter xeral. 4. Melloras ofertadas ás características mínimas esixidas, valorándose de forma moi positiva o compromiso de contratación dos alumnos, ata un máximo de 1 punto. Terceiro.- No escrito do recurso sinálase que o criterio máis importante do procedemento é o prezo, e isto é así para dar cumprimento ó establecido no 134.2 da Lei de Contratos do Sector Publico 30/2007. Sen embargo, non resulta ser o criterio decisivo, xa que a administración ten a facultade de adxudicar o contrato á proposición máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios establecidos sen atender necesariamente ó valor económico da mesma, motivando en todo caso a súa resolución con referencia ós criterios de adxudicación do concurso que figuren no prego, como así se fixo. Pola seguinte afirmación realizada pola recorrente: “Es de toda evidencia que la licitación o propuesta economicamente más ventajosa es la hecha por mi representada…”, denótase que pode existir certa confusión no concepto legal “oferta economicamente máis vantaxosa”, procedente da Directiva 2004/18, sendo preciso aclarar que engloba non soamente o criterio do prezo máis baixo senón que comprende a multiplicidade de parámetros que serven como criterios de valoración. A recorrente afirma que descoñecían os outros criterios de adxudicación, o que non resulta aceptable, xa que tal e como establece o artigo 129 da Lei de Contratos do Sector público, a presentación dunha oferta supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das cláusulas ou condicións establecidas no prego de condicións, sen salvedade ou reserva algunha. Cuarto.- Afírmase que a adxudicación debería determinarse ó seu favor, sobre isto cabe dicir que a Administración pode e debe valorar no seu conxunto todas as condicións subxectivas e obxectivas (Sentenza de 31 mar. 1982), todo iso con facultade discrecional na apreciación do que para ela é vantaxoso, e non pode ser atacado no seu resultado suplantando o criterio soberano daquela polas meras apreciacións subxectivas da parte (Sentenza de 28 xuño 1984, que cita a de 23 xaneiro 1980). Quinto.- En canto á falta de motivación alegada pola parte recorrente é un argumento insostible, xa unha vez abertas as propostas o 2 de xaneiro de 2009, a mesa de contratación, e de conformidade ó previsto no articulo 135 LCSP, solicitou informe ó técnico responsable do proxecto Aquelando, quen valorou os aspectos técnicos das ofertas de conformidade cos criterios establecidos na base 12 dos pregos (proposta metodolóxica e de contidos, recursos destinados á impartición de actividades, melloras ofertadas ás características mínimas esixidas). Unha vez valorados estes aspectos, sumándose a valoración da oferta económica en función da fórmula establecida na base 12, resultaron como as ofertas máis vantaxosas para a administración nos lotes 1 e 2, as propostas pola UTE formada polas empresas Centro de Orientación de Estudios Comerciales S.L. e Coesco Deza, S.L. Por todo isto, a adxudicación esta sobradamente motivada, quedando constancia documental no expediente. Así mesmo, a empresa recorrente puido solicitar unha comparativa de ofertas coa adxudicataria ou o motivo do seu rexeitamento, tal como prevé o art. 137 LCSP, pero non exerceu tal dereito. De acordo co anteriormente exposto, e cumpríndose coa lexislación vixente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Desestimar o recurso de reposición interposto pola empresa Galicia Saudade, S.L.U. contra o acordo da Xunta de Goberno, sesión 11 de febreiro de 2009, adxudicando a impartición dos cursos de formación de atención a persoas incluídos no proxecto “Aquelando II”. 14.16905.- PETICIÓN DE CAMBIO DE VEHÍCULO OUTORGADO POLA XUNTA DE GOBERNO Á ASOCIACIÓN DE DANO CEREBRAL E VIGO (ALENTO) 1.- A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 21 do pasado mes de xaneiro, acordou conceder a Asociación de Dano Cerebral de Vigo (ALENTO) unha axuda para a adquisición do vehículo Citröen Jumper HDI 160 Fap Minibus 17 Pl con aire acondicionado, por importe de 43.880,00 euros, dentro da convocatoria efectuada de acordo ó Convenio subscrito con Caixanova e Citröen España, S.A. Posteriormente, a Asociación de Dano Cerebral de Vigo solicita, por circunstancias diversas, que se autorice o cambio de vehículo, por un Jumpy HDI 120 Combi 9 Pl con aire acondicionado e CD por importe de 28.193,00 euros. En consecuencia a cantidade a aboar pola Entidade beneficiaria unha vez efectuado o desconto de Citroën será de 6.512,58 euros. 2.- Visto o informe do Servizo de Contratación,e tendo en conta que a petición formulada non supón un incremento do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder a petición formulada pola Asociación de Dano Cerebral de Vigo (ALENTO) no sentido de que a axuda que se concede é para o seguinte vehículo: JUMPY HDI 120 COMBI 9 Pl con aire acondicionado e CD, por un importe de 28.193,00 euros. A cantidade a achegar unha vez efectuado o desconto do 30,7 % será de 6.512,58 €. 15.16906.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NAS SEGUINTES ESTRADAS: E.P. 1003 RODEIRA-BOUBETA, E.P. 1001 CANGAS-COIRO-MAGDALENA (AVDA. DE LUGO) CANGAS (EXPTE. D06/0447)” Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 22 de decembro de 2006, polo que se adxudicou a Construcciones Crespo, S.A, á obra de “Mellora da seguridade vial nas seguintes estradas: 1003 Rodeiro – Boubeta, 1001 Cangas – Coiro – Magdalena (avda. de Lugo) Cangas”, na cantidade de 597.219,20 €, IVE incluído. Visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras co obxecto de recoller unha serie de modificacións que se estiman conveniente introducir para adecuar as discrepancias existentes entre a realidade a executar e as previsións contidas no proxecto primitivo, o que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 99.534,18 euros. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 8 de abril de 2009, polo que se aprobou, con cargo á partida 09/511.511.612.02, o proxecto modificado da citada obra por importe de 99.534,18 euros. Visto o escrito de Construcciones Crespo, S.A., adxudicataria da obra inicial, e no que presta conformidade as medicións e orzamento do proxecto modificado. Visto o informe favorable do Sr. Secretario Xeral en canto ó procedemento de adxudicación proposto polo Servizo de Contratación. E visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto. 2.- Adxudicar, segundo o establecido no artigo 217 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, a Construcciones Crespo, S.A., a obra comprendida no proxecto modificado de “Mellora da seguridade víal nas seguintes estradas: E.P. 1003 Rodeira – Boubeta, E.P. 1001 Cangas – Coiro – Magdalena (Avda. de Lugo) Cangas”, que supón un incremento de 99.534,18 €. 16.16907.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “PROTECCIÓN VIAL PK 0+000 A 0+560 E.P. SABARÍS-BELESAR (BAIONA EXPTE. D09/0039 Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 15/04/2009, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra “Protección vial PK 0+000 a 0+560 E.P. 2204 Sabarís-Belesar (Baiona)”, con orzamento de 67.241,38 €, máis 10.758,62 € correspondentes ó IVE. Resultando que se remitiu escrito ás empresas Movex Vial, S.L., Hidromiño, S.L. e Demain, S.L., por medio do que se lles invitaba a presentar ofertas para a execución da devandita obra, presentándoas no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que polo Director de Infraestruturas en funcións emitiuse informe relativo ás ofertas presentadas estimando a oferta formulada por Hidromiño, S.L. como a máis vantaxosa, de acordo cos aspectos económicos e técnicos a negociar que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no procedemento de contratación da obra. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 12/05/2009, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, formula proposta de adxudicación da obra a favor de Hidromiño, S.L. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a Hidromiño, S.L. a obra de “Protección vial PK 0+000 a 0+560 E.P. 2204 Sabarís-Belesar (Baiona)” (Expte. D09/0039), na suma de 66.500,00 €, máis 10.640,00 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de dous meses e medio, melloras valoradas en 6.882,39 €, e o 1,64 % do orzamento de execución material para control de calidade. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 3.325,00 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. 17.16908.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO PROGRAMA “ACTÍVATE” Visto o escrito da Xefe do Servizo de Acción Social participando que a Deputación, coa finalidade de fomentar a integración laboral e o desenvolvemento persoal dos mozos da provincia, pretende levar a cabo a organización e impartición do Programa Social “Actívate”, cuxo custo se estima na cantidade máxima de oitenta e sete mil seiscentos euros, 87.600,00 euros, IVE incluído. Así mesmo, informa que a Deputación non dispón do persoal necesario para levar a cabo o citado programa, polo que solicita que se inicie a contratación da organización e impartición dos cursos incluídos no Programa Social “Actívate”. Visto o informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que terán que rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto do servizo de organización e impartición dos cursos incluídos no programa social “Actívate”. O prezo máximo de licitación establécese na cantidade de mil douscentos euros por curso, en función dun prezo máximo por hora de 40 euros. Todas estas cantidades atópanse exentas de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. O orzamento máximo deste programa fíxase na cantidade de oitenta e sete mil seiscentos euros (87.600,00 euros). Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: -Autorizar o gasto por importe de 87.600,00 euros para financiar o citado programa, con cargo á partida 09/313.313.227.09 do Orzamento Provincial. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICION DOS CURSOS INCLUÍDOS NO PROGRAMA SOCIAL “ACTÍVATE” 1.- OBXECTO.- A organización e impartición de diversas actividades formativas dirixidas a mozos de entre 16 e 35 anos de idade, nos concellos da provincia, dentro do Programa social “Actívate”. Este Programa de carácter social ten como finalidade fomentar a integración laboral e o desenvolvemento persoal dos mozos da provincia. O contrato comprende a impartición de cursos de diversas materias, de entre un catálogo de cursos que aparece detallado como anexo no prego de prescricións técnicas. O número de cursos a realizar determinarase pola poboación dos distintos municipios de acordo co seguinte detalle: CONCELLO CURSOS TOTAL CURSOS Ata 15.000 habitantes 47 1 47 Máis de 15.000 habitantes (Agás Pontevedra e Vigo) 13 2 26 TOTAL 73 2.- FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase con cargo á partida 09/313.313.227.09 do vixente orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo do contrato, efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez presentada a conformidade por esta Deputación. 4.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN.- As actividades levaranse a cabo durante os meses de setembro, outubro e novembro do ano 2009 nos concellos da provincia adheridos ó programa. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O prezo máximo de licitación establécese na cantidade de mil douscentos euros por curso, en función dun prezo máximo por hora de 40 euros. Todas estas cantidades atópanse exentas de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. 6.- ORZAMENTO.- O orzamento máximo deste programa fíxase na cantidade máxima de oitenta e sete mil seiscentos euros (87.600,00 euros). 7.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público (LCSP). 8.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva terá que ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación 10.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 10.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, (Sede Pontevedra, luns a sábado; Vigo, luns a venres), durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.D. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da lei de contratos das administracións públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 10.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DOS CURSOS INCLUÍDOS NO PROGRAMA SOCIAL “ACTÍVATE” Cada licitador só poderá presentar unha proposición por zona. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Este sobre deberá conter a seguinte documentación cun índice: 1) Modelo de proposición económica, seguindo estritamente o establecido na cláusula final. 2) Proposta técnica. Deberá incluír os seguintes datos: - Descrición da metodoloxía de organización e xestión do proxecto, así como do contido e módulos dos que constará cada curso. - Profesorado, e titulación. - Descrición dos recursos destinados á impartición das actividades. - Relación do material didáctico a entregar ós alumnos. - Proposta de seguros. - Proposta de cronograma de execución. - Posibles melloras B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS A PRESENTAR NO PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DOS CURSOS DO PROGRAMA SOCIAL “ACTIVATE” 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do acordo sobre contratación pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.-Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 4.-Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores (do punto 1, 2 e 5) poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 11- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -A Xefe do Servizo de Acción Social SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 12.-CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores no sobre B, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, en acto público, o Secretario da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A, dando lectura ás proposicións económicas formuladas e trasladando as ofertas ós Servizos Técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 13.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1. Menor prezo, ata un máximo de 5 puntos. 2. Proposta metodolóxica e de contidos, ata un máximo de 3 puntos. 3. Melloras ofertadas ás características mínimas esixidas, ata un máximo de 2 puntos. Valoraranse as seguintes melloras: -Diversidade horaria para a impartición dos cursos. -Entrega de material adicional. -Entrega de obsequios ós alumnos. -Creación dunha memoria gráfica do desenvolvemento do curso. -Outras melloras. O apartado 1 será valorado aplicando a seguinte fórmula: 14.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 15.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario terá que presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 16- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre B de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, aviso previo ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, agás que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 20.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, se é o caso, penalmente os danos causados á administración contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 21.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 284 da LCSP. 22.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA.- Don.........., maior de idade, veciño de........., con domicilio en ..........titular do DNI..............., expedido en data.............., actuando en nome propio en representación de ........con domicilio en ......, teléfono....... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Enterado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DOS CURSOS DO PROGRAMA SOCIAL “ACTÍVATE”, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polo prezo de ___________________euros por curso, en función dun prezo por hora de_____________________________euros. (Data e sinatura do propoñente)” 18.16909.- DESAFIUZAMENTO DA VIVENDA DO BLOQUE F PISO TERCEIRO DA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” 1.- A Don Emilio Cid Suárez, na súa condición de persoal laboral desta Deputación, que prestou servizos na Imprenta Provincial como Oficial Primeiro Maquinista de Offset, asignóuselle no seu día o uso e disfrute da vivenda do bloque F, piso terceiro, situado en dito Centro, da que é titular esta Institución. O Sr. Cid Suarez cesou como traballador desta Deputación, con efectos de 13 de outubro do ano 2001, por pase a situación de pensionista por xubilación. Non obstante, a súa viúva Dna. Amparo González López, segue disfrutando da vivenda que lle foi asignada ó seu marido, na súa condición de traballador da Imprenta Provincial. 2.- Por Resolución da Presidencia de data 11 de marzo de 2009 requiríuselle para que no prazo de 30 días naturais procedera á entrega das chaves da vivenda que disfruta na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, ó desaparecer as causas que legalmente fundamentaban o seu dereito. Así mesmo, concedéuselle un prazo de 10 días para formular as alegacións oportunas. No prazo establecido formulou alegacións, nas que pon de manifesto que a Deputación Provincial contratou ó seu marido con data 1 de maio do ano 1974 coa categoría de Oficial Primeiro Maquinista de Ofset, comprometéndose, segundo manifesta, a asumir os gastos da vivenda familiar, para así compensar as ofertas do sector privado que eran maiores economicamente. Así mesmo pon de manifesto que os ingresos económicos actuais como viúva non lle permiten facer fronte, nestes momentos nin o pago dunha hipoteca nin o aluguer dunha vivenda. Por escrito posterior solicita que se lle prorrogue o uso da mesma ata o 31 de decembro de 2010. 3.- O artigo 93.b) do Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado por Real decreto 1372/1986, de 13 de xuño, establece que as Corporacións que tiveran cedidas vivendas ó seu persoal por razón dos servizos que presten, darán por terminada a ocupación das mesmas cando se extinga a relación de emprego. Así mesmo, o artigo 134 de dita norma sinala que as Corporacións Locais poderán resolver, por si e en vía administrativa, os contratos de arrendamento e calquera outros dereitos persoais constituídos en fincas da súa pertenza a favor do seu persoal pola relación de servizos que prestan, ós que se refire o artigo 93, non procedendo indemnización ningunha. No caso presente concorren as circunstancias previstas en dita normativa, carecendo Dna. Amparo González López, viúva de Don Emilio Cid Suarez, de título que acredite o poder disfrutar desa vivenda. As alegacións formuladas no prazo de audiencia non desvirtúan a Resolución da Presidencia, pola que se lle requiría a entregas das chaves, posto que o uso e disfrute desa vivenda respectouse durante a vida laboral do traballador, sen que supoña dereito posterior algún para a súa viúva ou herdeiros. Desde que se produzo a xubilación tiveron tempo suficiente para buscar solución a súa situación. De todo o exposto dedúcese que concorren os requisitos legais para levar a cabo o procedemento de desafiuzamento e lanzamento, de acordo co previsto nos artigos 130 e 132 do citado Regulamento, e en consonancia co establecido no artigo 59 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas. Os gastos a que dea lugar o lanzamento serán a cargo do desafiuzamento, de conformidade con dita normativa, podendo facerse efectivos pola vía de apremio. Á vista destes antecedentes e dos informes do Servizo de Contratación e Asesoría Xurídica, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Desestimar as alegacións formuladas no trámite de audiencia por Dna. Amparo González López contra a Resolución desta Presidencia de data 11 de marzo de 2009, ó non desvirtuar as mesmas as causas que motivaron o requirimento efectuado para que procedera á entrega das chaves da vivenda situada no Bloque F, piso 3º, da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. 2.- En cumprimento do establecido no artigo 130 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, en consonancia co previsto no artigo 59 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas, requirirlle para que no prazo de 8 días proceda ó desaloxo da vivenda situada na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, no Bloque F, Piso 3º, que lle foi concedida ó seu marido, non como inquilino, senón en función do seu cargo de traballador da Imprenta Provincial, o extinguirse a relación de emprego por haberse xubilado, por idade regulamentaria, con efectos de 13 de outubro de 2001. 3.- De non proceder a entrega das chaves no prazo indicado, levarase a cabo o desaloxo das vivendas, sendo a súa costa os gastos que ocasione, fixándose data para o lanzamento, previas as autorizacións correspondentes. 19.16910.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota