ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/05/20_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.378/2.2009-05-20_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/05/20_Ordinaria

  • Data(s) 2009-05-20 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte de maio do ano dous mil nove, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, D. Agustín Reguera Ocampo e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.16911.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 13 de maio de 2009. 2.16912.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA DERIVADA DO “CONVENIO PARA FINANCIAR ACTIVIDADES CULTURAIS, CIENTÍFICAS, MEDICO-VETERINARIAS E EN XERAL DAS CIENCIAS DA SAÚDE-2008”, ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ACADEMIA DE CIENCIAS VETERINARIAS DE GALICIA Vista a Resolución Presidencial núm. 11695/08, que aproba o “Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia para o ano 2008”. Vista a documentación xustificativa do gasto deste expediente, coas seguintes características: Beneficiario (CIF/NIF) Dirección Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar Academia das Ciencias Veterinarias (Q1500303A) Avda. de Lugo, 237 - entrechán 15703 Santiago de Compostela 7.000,00 € 7.000,00 € 7.183,69 € 7.000,00 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario e o resto da documentación que obra no expediente. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboo, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.479.01.2008 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Observacións Academia das Ciencias Veterinarias Q1500303A Avda. de Lugo, 237 – entrechán 15703 Santiago de Compostela 7.000,00€ TOTAL 7.000,00€ 3.16913.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO Mediante escritos de data 5 de maio de 2009, as funcionarias Dna. Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo e Dna. Eugenia Valenzuela Senn, Arquiveiras-Bibliotecarias, Técnica de Conservación de Fondos Documentais e Técnica Medio de Arquivo, respectivamente, adscritas ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, expoñen que os días 4 e 5 de xuño de 2009 vaise celebrar na cidade de Salamanca o “XI Encontro de Arquiveiros de Deputacións Provinciais e Forais, Cabidos e Consellos Insulares”, organizado pola Deputación de Salamanca, polo que solicitan autorización para asistir a ditas Xornadas, dende o día 3 de xuño (día de saída) ó 6 de xuño de 2009 (día de regreso), desprazándose para iso no vehículo particular de Dna. Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, así como que se lle aboen os gastos correspondentes en concepto de aloxamento e manutención. A solicitude é informada favorablemente polo Xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e polo Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida. Segundo os antecedentes que obran no Servizo de Recursos Humanos e Formación, non consta que as interesadas xa fosen autorizadas para asistir a outros eventos desta natureza ó longo do presente ano. Así mesmo, visto o contido das Xornadas, estas están relacionadas co contido e funcións desempeñadas polas interesadas no seu Servizo. De acordo co exposto, e ó abeiro do establecido no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, a Xunta de Goberno, en virtude das competencias atribuídas polo artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, acorda por unanimidade autorizar ás funcionarias Dna. Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo e Dna. Eugenia Valenzuela Senn, Arquiveiras-Bibliotecarias, Técnica de Conservación de Fondos Documentais e Técnica Medio de Arquivo, respectivamente, adscritas ó servizo de Patrimonio, Documental e Bibliográfico para que asistan ó “XI Encontro de Arquiveiros de Deputacións Provinciais e Forais, Cabidos e Consellos Insulares”, organizado pola Deputación de Salamanca, que se celebrará en Salamanca os días 4 e 5 de xuño de 2009, así como se lle aboen os gastos que se xeren estimados segundo detalle: Concepto Desprazamento Quilómetros Peaxe Parking Total Partida Desprazamento en vehículo de Lourdes Pérez Santamarina Feijóo 1.040 km x 0,19 € 197,60 € 13,25 € x 2 días 26,50 € 60 € 284,10 € 454.451.231.01 CONCEPTO Manutención + Aloxamento Importe Día: 03/06/09 Aloxamento + ½ Manutención GRUPO II Importe Día: 04 e 05/06/09 Residencia Eventual (80%) GRUPO II Importe Día: 06/06/09 ½ manutención TOTAL PARTIDA Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo 84,67 € 165,40 € 18,70 € 268,77 € 454.451.230.01 Eugenia Valenzuela Senn 84,67 € 165,40 € 18,70 € 268,77 € 454.451.230.01 Ditas cantidades ascenden a un total de 821,64 €. Finalmente a teor do disposto no Acordo da Xunta de Goberno n.º 14.15813, de data 23 de xaneiro de 2008 sobre “Aprobación dos modelos de xustificación de gastos para o aboamento das Indemnizacións por Razón de Servizo”, deberán achegar a correspondente xustificación documental, unha vez finalicen as Xornadas. 4.16914.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 5.16915.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 1º TRIMESTRE DO ANO 2009 Vista a solicitude que formula o Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, CIF: G-36.362.440, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Excma. Deputación, que ascende a 160.347,44€ para gastos de funcionamento do 1º trimestre do ano 2009, e o informe de intervención de data 15 de maio de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Autorizar e recoñecer a obriga de 160.347,44€ como achega da Deputación ó Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, para o primeiro trimestre do ano 2009. 2.- Declarar de aboamento a favor do citado Consorcio a cantidade de 160.347,44 € con aplicación á partida 09/911.223.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 200900040431. Así mesmo, á proposta da Presidencia acórdase iniciar conversacións coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, coa finalidade de estudar a creación dun consorcio provincial único nesta provincia, ó considerar que así haberá unha maior coordinación no funcionamento dos parques comarcais existentes e dos que se poidan crear no futuro, e que redundará nunha maior eficacia na prestación do servizo. 6.16916.- SOLICITUDE DO CONCELLO DA CAÑIZA PARA REALIZAR POR ADMINISTRACIÓN A OBRA “PAVIMENTACIÓN E SANEAMENTO EN R/PROGRESO”, INCLUÍDA NO PPC/2009 CO ORDINAL NÚM. 46 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a solicitude do Concello da Cañiza interesando realizar por administración a obra “Pavimentación e saneamento en r/ Progreso”, por importe de 60.702,56 €, incluída no Plan Provincial de Cooperación, exercicio 2009 co ordinal 46, debendo axustarse a súa xustificación ó que dispón o art. 24 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, R.d. 1098/2001 do 12 de outubro polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas e arts. 113 e 121 do Real decreto lexislativo 7821/86 polo que se aproba o TRRL. 7.16917.- APROBACIÓN DA XUSTIFICACIÓN DA OBRA DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DE DEPÓSITO” INCLUÍDA NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, ANUALIDADE 2007, CO ORDINAL 82 E DECLARAR DE ABOO UNHA CANTIDADE A FAVOR DA COMUNIDADE DE USUARIOS DE CAMPOS (OIA), POLO PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO NO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación á xustificación, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, da obra denominada “Construción de depósito”, incluída no PAC/2007 co ordinal 82 e declarar de aboo a cantidade de dous mil seiscentos corenta e catro euros con vinte e cinco céntimos (2.644,25 €), a favor da comunidade de usuarios de campos (CIF: G-36.495.075) do Concello de Oia. 8.16918.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Á “ASOCIACIÓN GALLAECIA” DO PROGRAMA DE AXUDAS Á DIVULGACIÓN DO MEDIO MARIÑO-2007 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 26/12/2007, no que se concede unha axuda para realizar “Unhas guías de coñecemento do medio mariño” á “Asociación Gallaecia”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar Asoc. Gallaecia (G36894756) Axudas á divulgación do medio mariño 2007 7.950,00 € 3.975,00€ 9.455,55 € 3.975,00€ Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.479.01.2007 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Asoc. Gallaecia G36894756 Torrecedeira, 63 – 6ºF 36202 Vigo 3.975,00 € Elaboración de guías de coñecemento do medio mariño TOTAL 3.975,00 € 9.16919.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 1 DA OBRA “ACONDICIONAMENTO DE ENTRADA A FINCAS E ADECUACIÓN DE SERVIZOS E.P. 2501 TRAMO SALCEDA- PICOÑA (SALCEDA DE CASELAS)” (Expte. D08/102) Vista a certificación núm. 1 relativa á obra de “Acondicionamento de entrada a fincas e adecuación de servizos E.P. 2501 Salceda–Picoña (Salceda de Caselas) (expte.- D08/102)”, adxudicada no seu día á Empresa Eiriña, S.L., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 13 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: EIRIÑA, S.L. (CIF. B-36.005.411) 09/511.511.612.02.2008 (Deputación) 225.750,10 € Taxa Técnicos Directores (4% PEM) 6.541,58 € Control de calidade (1,1% PEM) 1.798,94 € Seguridade e saúde (O,72 % PEM) 1.177,49 € TOTAL DESCONTOS (Certf. 1) 9.518,01 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 216.232,09 € Respecto a liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 10.16920.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “ENSANCHE E MELLORA E.P. 8506 BAÑO (VALGA)” (Expte. D09/0016) A Xunta de Goberno, en sesión de 04/02/2009, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Valga para levar a cabo a execución da obra “Ensanche e mellora E.P. 8506 Baño (Valga)”, cun orzamento de 571.353,48 €. Despois de redactarse o proxecto correspondente a dita obra, e á vista do informe emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de “Ensanche e mellora E.P. 8506 Baño (Valga)”, cun orzamento de 571.353,48 €, así como o inicio do expediente para a contratación da obra. A obra financiarase de acordo coa seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2009 2010 2011 Total Deputación 198.731,64 139.112,15 119.238,99 457.082,78 Concello 49.682,91 34.778,04 29.809,75 114.270,70 Total 248.414,55 173.890,19 149.048,74 571.353,48 Na partida 09/511.511-612.02 existe crédito adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto correspondente á anualidade de 2009. As anualidades de 2010 e 2011 contabilizaranse nas partidas correspondentes dos seus orzamentos, quedando condicionadas á súa aprobación. 11.16921.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA EXECUCIÓN DO PROXECTO DA OBRA “CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL, TERCEIRA FASE A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 10 de setembro de 2008, prestou aprobación ó expediente relativo á contratación, mediante procedemento aberto, da execución do proxecto “Campos de fútbol de herba artificial, terceira fase”. Estableceuse un tipo de licitación de seis millóns catrocentos corenta e oito mil catrocentos vinte e oito euros con sesenta céntimos (6.448.428,60 €), máis a cantidade correspondente ó IVE dun millón trinta mil setecentos corenta e oito euros con sesenta céntimos (1.031.748,60 €). O orzamento estimado por campo de fútbol era de catrocentos vinte e nove mil oitocentos noventa e cinco euros con vinte e catro céntimos (429.895,24 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de sesenta e oito mil setecentos oitenta e tres euros con vinte e catro céntimos (68.783,24 €). O anuncio da convocatoria pública de licitación enviouse ó DOUE o 19 de setembro de 2008, e foi publicado no BOP número 182, de data 25 de setembro de 2008, e no BOE, número 232, de data 25 de setembro de 2008. Con data 6 de novembro de 2008, reuniuse a mesa de contratación para proceder a examinar a documentación e proposición das seguintes empresas admitidas: Grupisa Infraestructuras, S.A; UTE Siec, Soluciones Integrales de Ingeniería Civil-Caldevergazo, S.L.; Misturas, Obras e Proxectos, S.A; Extraco, Construcción e Proxectos, S.A; Construccions, Obras e Viais, S.A; UTE Cobra, Instalaciones y Servicios, S.A.-Poligras Iberica, S.A.; Construcciones Crespo, S.A.; e a UTE Construcciones López Cao, S.L.-Canarga Construcciones-Excavaciones Casais; Mondo Ibérica, S.A; UTE Movex Vial, S.L.-Construcciones Deportivas Indepo, S.L; Indeza, Edificación y Obra, S.L; UTE Calfensa Proyectos, S.L. Asogal Construcciones, S.L; UTE Abeconsa, S.L-Construcciones Concifa, S.L; Ute Puentes Infraestructuras, S.L.U-Construcciones Exisa, S.A; UTE Copcisa, S.A-Exconsa, S.L. A xuízo do técnico, e de conformidade co previsto na base 14 do prego, considerouse que as empresas UTE Construciones López Cao, S.L.-Canarga Construciones-Escavaciones Casais; Extraco, Construcción e Proxectos, S.A; UTE Abeconsa, S.L.-Construcciones Concifa, S.L; e Misturas, Obras e Proxectos, S.A presentaban nas súas ofertas valores anormais e desproporcionados, e polo tanto requiríanselle para que no prazo de cinco días hábiles xustificasen a súa oferta. O técnico tras examinar a xustificación presentada pola empresa Extraco, S.A. observa que non se axusta á realidade económica, que non se realiza ningunha análise por custo por unidade, non se xustifican as sinerxías con ningún dato económico, nin presenta ningún dato obxectivo ás vantaxes competitivas, polo tanto considerase non xustificada a oferta económica presentada por esta empresa, e non se pode ter en conta á hora de establecer as anotacións previstas na base 13 do prego. En consideración ó informe técnico valorando as distintas ofertas presentadas e admitidas, con valores razoables e xustificados, e de acordo cos criterios que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu o procedemento aberto, e vista a proposta de adxudicación formulada pola Mesa de Contratación, con data 19 de maio de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Adxudicar provisionalmente o procedemento de referencia á empresa Construcións Obras e Viais, S.A-COVSA (CIF A-36.008.886), polo prezo ofertado de cinco millóns seiscentos setenta e catro mil cento trinta e sete euros con noventa e tres céntimos (5.674.137,93 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de novecentos sete mil oitocentos sesenta e dous euros con seis céntimos (907.862,06€). O prezo por campo de fútbol sería de trescentos setenta e oito mil douscentos setenta e cinco euros con oitenta e seis céntimos (378.275,86 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de sesenta mil cincocentos vinte e catro euros con catorce céntimos (60.524,14 €). A oferta comprende melloras por un prezo de quince mil oitocentos cincuenta e dous euros con trinta e dous céntimos (15.852,32 €), un prazo de entrega dun mes e medio por campo de fútbol, e unha porcentaxe dun 3% de control de calidade sobre o orzamento de execución material. A adxudicación motívase por obter a empresa proposta a maior puntuación segundo os criterios de adxudicación establecidos no prego de condicións, empregar valores razoables na súa proposta e cumprir con todos os requisitos esixidos no procedemento. O contrato pagarase con cargo ás partidas correspondentes en relación cos seguintes importes: Partida Importe, con IVE 09/123.452.662.09.2008 3.252.250,96 € 09/123.452.662.09 2.276.575,67 € Con cargo á partida correspondente do exercicio futuro do año 2010 1.053.173,36 € Segundo.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector publico e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir a execución do contrato. As empresa adxudicataria deberá constituír a garantía definitiva na caixa da Deputación na forma que determina o art.º 84 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, polo importe de 283.706,89 €. Así mesmo, ingresará na Tesourería de Deputación, de acordo coa base do prego de condicións económico-administrativas que rexeu o procedemento, a cantidade de 987,70 €, en concepto dos gastos por anuncio no BOP (124,06 €) e no BOE (863,64 €). Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e transcorrido o prazo de quince días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación, por este mesmo órgano. 12.16922.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “BANCADA, PECHES DE REDE E ALUMEADO EN CAMPOS DE FÚTBOL DE ANGOARES, RIBADELOURO E PORTAS” (Expte. D09/0038) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 22/04/2009, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, da obra “Bancada, peches de rede e alumeado en campos de fútbol de Angoares, Ribadelouro e Portas” (Expte. D09/0038), con orzamento de 175.912,20 €, máis 28.145,95 € correspondentes ó IVE. Resultando que se remitiu escrito ás empresas Construccións, Obras e Viais, S.A., Construcciones E.C. Casas, S.L. e Construcciones Crespo, S.A., por medio do que se lles invitaba a presentar ofertas para a execución de dita obra, despois de presentalas no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que polo Director de Infraestruturas en funcións se emitiu informe relativo ás ofertas presentadas estimando a oferta formulada por Construccións, Obras e Viais, S.A. como a máis vantaxosa, de acordo cos aspectos económicos e técnicos a negociar que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no procedemento de contratación da obra. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 19/05/2009, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, formula proposta de adxudicación da obra a favor de Construccións, Obras e Viais, S.A. a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a Construccións, Obras e Viais, S.A. a obra de “Bancada, peches de rede e alumeado en campos de fútbol de Angoares, Ribadelouro e Portas” (Expte. D09/0038), na suma de 175.800,00 €, máis 28.128,00 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 300,30 €, e o 1,50% do orzamento de execución material para control de calidade. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 8.790,00 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir a execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo órgano. 13.16923.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA “INSTALACIÓN ELÉCTRICA EN (L/ DE BARRO E SAN LORENZO- L/ DE SORREGO) E.P. XEVE- AMIL- ESPEDREGUEIRA” (Expte. D09/0006) A Xunta de Goberno, en sesión do 22 de abril, adxudicou provisionalmente a obra de “Instalación eléctrica en (L/ de Barro e San Lorenzo – L/de Sorrego) E.P. Xeve – Amil – Espedregueira” (expte.- D09/0006) á empresa Setga, S.L.U. Concedeuse a empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentara a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. A adxudicataria provisional presentou a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra “Instalación eléctrica en (L/de Barro e San Lorenzo – L/de Sorrego) E.P. Xeve – Amil – Espedregueira”, efectuada, en sesión de 22 de abril do ano en curso, a favor de SETGA, S.L.U., na suma de 63.493,81 € máis 10.159,01 € correspondentes o IVE. 14.16924.- DESESTIMACIÓN DA SOLICITUDE DE REVISIÓN DE PREZOS EFECTUADA POLA EMPRESA INDEZA EN RELACIÓN COAS OBRAS “PROXECTO MODIFICADO E.P. 0002 PONTEVEDRA-TOMEZA (C-550)” E “ENSANCHE E MELLORA DA E.P. 0002 PONTEVEDRA- TOMEZA” A Comisión de Goberno, en sesión do 12 de decembro de 2002, adxudicou a Industrias do Deza, S.L a obra EP 0002 Pontevedra-Tomeza-C 550 (Pontevedra), na cantidade de 540.293,18 euros, IVE incluído, e cun prazo de execución de dez meses. Así mesmo, por Resolución Presidencial, de data 30 de xuño de 2006, adxudicouse á mesma empresa a obra “Ensanche e mellora E.P. 0002 Pontevedra-Tomeza-C 550”, pola cantidade de 35.000,00 euros, e cun prazo de execución de tres meses. A empresa adxudicataria solicita a esta administración a tramitación dun expediente de revisión de prezos das obras anteriormente sinaladas e xa executadas. Para dar resposta a esta petición, hai que tomar en consideración o estipulado na disposición transitoria primeira da Lei de contratos do sector público, que sinala que os contratos adxudicados con anterioridade á entrada desta Lei rexeranse polo Texto Refundido da Lei de contratos das administracións públicas R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño. Considerando que a revisión de prezos aparecía regulada nos artigos 103 a 108 do Texto Refundido e nos artigos 104 a 106 do seu Regulamento de cuxos preceptos se deducen, os seguintes requisitos para que teña lugar a revisión de prezos: En primeiro lugar que o contrato teña unha duración superior a un ano, dado que o artigo 103 da Lei de Contratos das Administracións Públicas determina que o primeiro ano de execución non pode ser obxecto de revisión e, en segundo lugar, tratándose de contratos de obras, que a fórmula de revisión das aprobadas polo Consello de Ministros, sexa detallada no prego de cláusulas administrativas particulares, pois así resulta dos artigos 103.3 e 104.2 da Lei de Contratos das Administracións Públicas e 104.1 do seu Regulamento. Visto o informe do Técnico adxunto de contratación, e resultando que nos casos concretos, obxecto da petición efectuada pola empresa Indeza, non concorren ningún dos requisitos salientados anteriormente, xa que non se contemplou nos pregos revisión algunha e na adxudicación do contrato a duración da actuación prevista é inferior a un ano, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Desestimar a solicitude de revisión de prezos efectuada pola empresa Indeza en relación coas obras “Proxecto modificado E.P. 0002 Pontevedra-Tomeza-C550” e “Ensanche e mellora da E.P. 0002 Pontevedra Tomeza”. 15.16925.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MOS PARA A MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA E.P. 2602 PEINADOR- LOUREDO (MOS) Visto que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. E vistos así mesmo, os informes emitidos polo Sr. Secretario e Sr Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Mos para a “Mellora da seguridade vial na E.P. 2602 Peinador-Louredo (Mos)”. Así mesmo, facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MOS PARA A MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA E.P. 2602 PEINADOR-LOUREDO (MOS) No Pazo provincial, a de maio de 2009 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. A Sra. Dª Nidia Arévalo Gómez, Alcaldesa do Concello de Mos, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de Medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Mos é a realización das obras de mellora da seguridade vial na E.P. 2602 Peinador-Louredo (Mos). SEGUNDA.- O importe a que se refire o presente convenio ascende á cantidade de un millón douscentos sete mil catrocentos oitenta e un euros con sesenta e catro céntimos (1.207.481,64 €) e comprenderá todos os gastos que se derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do Convenio os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. TERCEIRA.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Mos, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: 2009 2010 2011 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 150.000,00 € 450.000,00 € 305.611,23 € 905.611,23 € Concello de Mos 50.000,00 € 150.000,00 € 101.870,41 € 301.870,41 € TOTAL 1.207.481,64 € As cantidades a achegar polo Concello, que son un ingreso de dereito público, xerarán crédito na partida 511.511.612.02 debendo ingresar a cantidade correspondente á anualidade 2009 á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. As cantidades das anualidades 2010 e 2011 deben ser ingresadas durante o primeiro trimestre dos exercicios correspondentes, e en todo caso, unha vez notificado, nos prazos de pago que establece o artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. No caso de falta de ingreso destas cantidades ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na Entidade provincial. A baixa de adxudicación e calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación do proxecto, ou incremento do seu custo, se o houbera, será financiado por ambas Institucións na mesma proporción que o contrato inicial. CUARTA.- Á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción da obra contemplada no proxecto técnico que será financiada, na súa anualidade 2009, con cargo á partida 511.511.612.02 do orzamento provincial. Financiarase con cargo ás partidas correspondentes de exercicios futuros as anualidades dos anos 2010 e 2011. QUINTA.- O Concello de Mos obrígase a poñer a disposición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución da obra relacionada na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. A Entidade municipal deberá dar ó convenio a conveniente publicidade. SEXTA.- O Concello comprométese ó mantemento das beirarrúas e dos servizos da estrada provincial obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras. SÉTIMA.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. OITAVA.- O Convenio rexerase polas cláusulas do mesmo, pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e demais normas administrativas, debendo adxudicarse as obras de acordo coa Lei de contratos do sector público e normas de desenvolvemento. En todo o non previsto nas normas anteriores acudirase ás normas de dereito privado. NOVENA.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2011. DÉCIMA.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste Convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial Polo Concello de Mos de Pontevedra Rafael Louzán Abal Nidia Arévalo Gómez” 16.16926.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE TELECOMUNICACIÓNS DE BANDA ANCHA EN DOUS PROXECTOS PILOTO DENTRO DO PROXECTO WIMAX RURAL A Deputación pretende achegar a sociedade da información a aqueles núcleos de poboación que carecen de servizos de banda ancha coa posible instalación dunha rede de comunicacións mediante tecnoloxía sen fío. Para lograr este obxectivo resulta necesario contratar a elaboración de dous proxectos pilotos en varios municipios que permitan determinar a mellor solución técnica. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ten que rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar, mediante procedemento aberto, o servizo de telecomunicacións de banda ancha en dous proxectos piloto dentro do proxecto Wimax Rural. O expediente quedará condicionado á aprobación definitiva do orzamento provincial para o exercicio 2009, que xa foi aprobado inicialmente polo Pleno, en sesión de 30 de abril de 2009. O procedemento aberto dividirase nos seguintes lotes: -Lote 1: Proxecto piloto para probar a tecnoloxía Wimax na banda de frecuencia de 2,5 Ghz nos concellos de Agolada, Meis e Arbo. -Lote 2: Proxecto piloto para probar a tecnoloxía Wimax na banda de frecuencia 3,5 Ghz nos concellos de Meis, Pazos de Borbén e Arbo. O orzamento base de licitación de cada un dos lotes estímase en douscentos cinco mil cento setenta e dous euros con corenta e un céntimos (205.172,41 €), sendo a partida correspondente ó IVE de trinta e dous mil oitocentos vinte e sete euros con cincuenta e nove euros (32.827,59 €). Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Autorizar o gasto con cargo á partida 09/911.521.627.01, quedando condicionado á aprobación definitiva do orzamento. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o Concurso como Lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO, PARA ADXUDICAR O CONTRATO DO SERVIZO DE TELECOMUNICACIÓNS DE BANDA ANCHA EN DOUS PROXECTOS PILOTO DENTRO DO PROXECTO WIMAX RURAL 1.- OBXECTO.- A realización duns proxectos piloto que permitan á Deputación de Pontevedra coñecer as prestacións e calidade dunha rede de telecomunicacións realizada na súa parte final con tecnoloxía sen fío Wimax, e deste modo obter unhas referencias para o posterior desenvolvemento da rede de banda ancha na provincia de Pontevedra, o que permitirá dotar de acceso a Internet a núcleos situados nun entorno rural que actualmente non dispoñen do mesmo. Preténdese probar e extraer conclusións acerca da calidade e funcionalidade dos servizos de banda ancha soportados por varios fabricantes e operadores nas bandas de frecuencia de 2,5 Ghz e 3,5 Ghz, polo que se divide o procedemento nos seguintes lotes: -Lote 1: Proxecto piloto para probar a tecnoloxía Wimax na banda de frecuencia de 2,5 Ghz nos concellos de Agolada, Meis e Arbo. -Lote 2: Proxecto piloto para probar a tecnoloxía Wimax na banda de frecuencia 3,5 Ghz nos concellos de Meis, Pazos de Borbén e Arbo. No prego de prescricións técnicas que se une como anexo, descríbense e desenvolven os aspectos técnicos deste contrato. 2.- FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase con cargo á partida 09/911.521.627.01 do vixente orzamento provincial. 3.- ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN- Lote 1 frecuencia de 2,5 Ghz nos concellos de Agolada, Meis e Arbo: O Orzamento base de licitación estímase en douscentos cinco mil cento setenta e dous euros con corenta e un céntimos (205.172,41 €), sendo a partida correspondente ó IVE de trinta e dous mil oitocentos vinte e sete euros con cincuenta e nove euros (32.827,59 €). Lote 2 frecuencia 3,5 Ghz nos concellos de Meis, Pazos de Borbén e Arbo. O Orzamento base de licitación estímase en douscentos cinco mil cento setenta e dous euros con corenta e un céntimos (205.172,41 €), sendo a partida correspondente ó IVE de trinta e dous mil oitocentos vinte e sete euros con cincuenta e nove céntimos (32.827,59 €). 4.- LUGAR DE EXECUCIÓN.- Os proxectos executaranse nas seguintes ubicacións: Lote 1: • Agolada: 8º 01' 01,8” W – 42º 46' 35,5” N • Meis: 8º 46' 32,2” W – 42º 31' 40,1” N • Arbo: 8º 21' 16,95" W – 42º 6' 55,93" N Lote 2: • Meis: 8º 42' 0,57" W – 42º 29' 01,25" N • Pazos de Borbén: 8º 32' 59,3" W – 42º 15' 44,3" N • Arbo: 8º 21' 16,95" W – 42º 6' 55,93" N 5.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- Unha vez formalizado o contrato, establécese un prazo de 6 semanas para o comezo das primeiras probas. Para cada emprazamento establécese en 3 semanas o tempo mínimo para levar a cabo o plan de probas que se aprobe tras a formalización do contrato. Unha vez acadadas as 18 semanas dende a formalización todas as probas han de estar concluídas. 6.- FORMA DE PAGAMENTO.- O pagamento dos seguintes servizos realizarase tras prestar a conformidade esta Deputación cos traballos realizados, e da seguinte forma en función dos distintos lotes: -Lote 1: Un 25% á finalización de todas as probas en Agolada. Un 25% á finalización de todas as probas en Meis. Un 25% á finalización de todas as probas en Arbo. Un 15% coa entrega definitiva do informe final cos resultados de todas as probas realizadas. Un 10% tras a desinstalación de todo o equipamento á finalización do piloto. -Lote 2: Un 25% á finalización de todas as probas en Meis. Un 25% á finalización de todas as probas en Pazos de Borbén. Un 25% á finalización de todas as probas en Arbo. Un 15% coa entrega definitiva do informe final cos resultados de todas as probas realizadas. Un 10% tras a desinstalación de todo o equipamento á finalización do piloto. 7.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da LCSP. Non se considera este contrato suxeito a regulación harmonizada en virtude da excepción prevista no apartado e) do artigo 13.2 da LCSP. 8.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación polos catro anos, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. No caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederáselle a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar os requisitos sinalados no artigo 135 LCSP. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación, en calquera das formas enumeradas no artigo 84 da Lei. 10.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 10.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, (Sede Pontevedra, luns a sábado; Vigo, luns a venres), durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. 10.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de tres sobres pechados, denominados A , B e C en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. No caso de presentarse a máis dun lote, presentaranse un sobre A e B por cada un, e un único sobre C de documentos. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE TELECOMUNICACIÓNS DE BANDA ANCHA EN DOUS PROXECTOS PILOTO DENTRO DO PROXECTO WIMAX RURAL. LOTE Nº_____(especificar) Este sobre deberá conter o modelo de proposición estipulada na cláusula 29 deste prego coa oferta económica presentada polo licitador. B) SOBRE B denominado “PROPOSTA TÉCNICA” deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN TÉCNICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE TELECOMUNICACIÓNS DE BANDA ANCHA EN DOUS PROXECTOS PILOTO DENTRO DO PROXECTO WIMAX RURAL. LOTE Nº_____(especificar) Dito sobre deberá conter unha proposta técnica mediante unha memoria que recolla o alcance e cumprimento dos obxectivos especificados no prego de prescricións técnicas. A estrutura de contidos deberá ser a seguinte: • Deseño de rede proposta: o Rede troncal: tecnoloxía e equipos. o Rede de acceso: tecnoloxía e equipos. o Cobertura da rede. • Medios técnicos e materiais. • Proposta de plan de probas. • Servizos ofertados. • Planificación. • Melloras técnicas. Ademais presentará o plan de traballo que conterá como mínimo as tarefas incluídas no contrato: • Enxeñería e deseño de rede. • Instalación dos equipos. • Configuración e posta en marcha da rede. • Documentación. • Plan de probas. A descrición do Plan de traballo incluirá obrigatoriamente un diagrama tipo GANTT, para a prestación de tarefas e tempos e indicación dos fitos de relevancia para o seguimento do proxecto. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. As proposicións dos interesados deberán axustarse ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, e a súa presentación supón a aceptación incondicionada polo empresario do contido da totalidade das devanditas cláusulas ou condicións, sen salvidade ou reserva algunha. C) SOBRE C denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS A PRESENTAR NO PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATO, DO SERVIZO DE TELECOMUNICACIÓNS DE BANDA ANCHA EN DOUS PROXECTOS PILOTO DENTRO DO PROXECTO WIMAX RURAL. LOTE Nº_____(especificar) Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do acordo sobre Contratación pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.-Certificado de Clasificación: Grupo V, subgrupo 4, Categoría B Deberase acompañar á certificación unha declaración do empresario na que se manifeste que se manteñen as condicións e circunstancias en que se baseou a súa concesión. 4.-Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.-Para as empresas extranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 11.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: • PRESIDENTE: O titular da Corporación ou membro en quen delegue. • VOGAIS: -O Secretario -O Interventor -Responsable do Servizo de Novas Tecnoloxías. SECRETARIO: -O Técnico Adxunto ó Servizo de Contratación. 12.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- A Mesa de Contratación, en acto que terá lugar ás 10 horas do terceiro día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de proposicións -que se coincidise en festivo realizarase o primeiro día hábil seguinte- procederá ó exame da documentación presentada polos licitadores no sobre C, indicando os licitadores excluídos, as causas de exclusión e demais observacións que serán recollidas na Acta. A continuación, en acto público, o Secretario da mesa de contratación procederá á apertura dos sobres A e B, dará lectura ás proposicións económicas formuladas e dará traslado dos sobres ós servizos técnicos correspondentes coa finalidade de que emitan o preceptivo informe. 13.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Os criterios que servirán de base para a adxudicación do concurso, por orde decrecente de importancia, serán os seguintes: 1) Menor prezo ofertado, ata un máximo de 36 puntos. 2) Plan de probas, ata un máximo de 20 puntos. 3) Deseño de rede proposta, ata un máximo de 15 puntos. 4) Melloras técnicas especificas, ata un máximo de 15 puntos. 5) Medios técnicos e materiais, ata un máximo de 10 de puntos. 6) Outras melloras, ata un máximo de 4 puntos. O menor prezo ofertado valorarase aplicando a fórmula matemática recollida no anexo I deste prego. No Deseño de Rede Proposta valorarase especialmente: • O uso de tecnoloxías de acceso de máis de 3 fabricantes. • A cobertura da rede proposta. • Arquitectura e topoloxía da rede. • Plan de despregamento. Respecto ó Plan de Probas valorarase o número e tipos de probas propostas. En referencia ás melloras técnicas específicas valoraranse: • Prestación de servizos de voz (VoIP): 5 puntos. • Prestación de servizos de VPN: 5 puntos. • Máis de 3 tipos distintos de equipamento de usuario para cada Concello: 0,5 puntos por modelo engadido nos tres Concellos, ata un máximo de 3 puntos. • Máis de 15 usuarios por cada Concello: 0,1 puntos por usuario engadido nos tres Concellos, ata un máximo de 2 puntos. No apartado outras melloras valoraranse especialmente aquelas que permitan un estudo máis amplo e profundo da tecnoloxía Wimax. 14.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 15.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentara a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- MODIFICACIÓNS DO CONTRATO.- Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación poderá introducir modificacións no mesmo por razóns de interese público e para atender causas imprevistas, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente. Estas modificacións rexeranse polas mesmas condicións do contrato inicial. 19.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre C de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, agás que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 20.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 21.- RESPONSABILIDADE DE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e perdas sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, se é o caso, penalmente os danos causados á administración contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos. 22.- SEGREDO E CONFIDENCIALIDADE.- O persoal do adxudicatario estará obrigado a coñecer e respectar as normas de confidencialidade que dite a Deputación de Pontevedra e cumprir coa legalidade vixente en relación coa lei de protección de datos. A documentación e información que a Deputación de Pontevedra poña a disposición do adxudicatario para a execución do presente proxecto será totalmente confidencial, e polo tanto, o adxudicatario non poderá facer uso da mesma para outros fins diferentes ós do obxecto de contrato, agás autorización expresa. Así mesmo, os resultados dos traballos realizados serán igualmente confidenciais, quedando prohibida a súa transmisión a terceiros sen o consentimento previo, por escrito da Deputación. Todas as condicións aquí expostas son extensibles a todo o persoal do adxudicatario que participe na prestación do servizo obxecto deste prego, supoñendo, a vulneración das mesmas, a inmediata rescisión do contrato. 23.- DEMORA NA ENTREGA DOS TRABALLOS.- O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a realización do mesmo, así como dos prazos parciais sinalados, en caso contrario incorrerá en demora. Neste caso, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades diarias na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo do contrato 24.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- A Deputación poderá resolver o contrato por calquera das causas previstas nos artigos 206 e 284 da Lei de contratos do sector publico, e polo incumprimento de calquera das obrigas esenciais dos documentos contractuais. 25.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 26.- PRERROGATIVAS DA ADMINISTRACIÓN.- Dentro dos límites e con suxeición ós requisitos e efectos sinalados na Lei de contratos do sector publico, o órgano de contratación ostenta a prerrogativa de interpretar os contratos administrativos, resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificalos por razóns de interese público, acordar a súa resolución e determinar os efectos desta. 27.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- A Deputación poderá resolver o contrato por calquera das causas previstas nos artigos 206 e 284 da Lei de contratos do sector publico, e polo incumprimento de calquera das obrigas esenciais dos documentos contractuais. 28.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, no que fai á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 29.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don................................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en..........................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa......................,con C.I.F. número...................... e domicilio en ......................., teléfono................,segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado, comprométese a prestar o SERVIZO DE TELECOMUNICACIÓNS DE BANDA ANCHA NO PROXECTO PILOTO DENTRO DO PROXECTO WIMAX RURAL LOTE Nº_____(especificar), con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, polo prezo de__________(letra e número, sen IVE), sendo a partida correspondente ó IVE de_________(letra e número). (Data e sinatura do propoñente)” 17.16927.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NAS EMISORAS COMARCAIS DE “ONDA CERO” NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ASÍ COMO NAS REVISTAS “DESTINO GALICIA” E “NAVEGANDO GALICIA” O Sr. Xefe do Gabinete de Prensa, a través de escrito de data, 29 de xaneiro de 2009, solicita que se contrate coa empresa Uniprex, S.A., a prestación de servizos de publicidade nas emisoras comarcais de “Onda Cero” na provincia de Pontevedra, así como nas revistas “Destino Galicia” e “Navegando Galicia”, incluíndo as seguintes actuacións: • Emisión de 648 micro-espazos de tres minutos de duración nas emisoras de “Onda Cero” de Vigo-Cangas-Baiona-Val Miñor: Pontevedra-Sanxenxo-Arousa; Porriño-Louriña-O Rosal; Lalín-Silleda-A Estrada; Tui-Baixo Miño; Ponteareas-Condado-Paradanta, emitindo 108 micros por emisora para a promoción dos recunchos turísticos da provincia de Pontevedra, actividades culturais, etc. • Emisión de 54 programas denominados “A Deputación e ti” nos que os oíntes formularán preguntas ó Presidente da Deputación coas súas inquietudes, dúbidas, puntos de mellora.. etc. • Emisión de 8 programas especiais sobre actuacións realizadas pola Deputación no ámbito social, cultural e de infraestruturas. • 3 Insercións publicitarias en cada unha das revistas especializadas no sector turístico denominadas “Destino Galicia” e “Navegando Galicia”, para os efectos de difundir as actuacións que realiza a Deputación de Pontevedra neste campo. O custo destes servizos de publicidade a prestar pola empresa, “Uniprex, S.A.”, valóraos o Xefe do Gabinete de Prensa na suma total de 120.000,00 euros, IVE incluído, analizado dito importe total en 103.448,28 euros que corresponden ó prezo do contrato e 16.551,72 euros ó IVE. Resultando que polo Servizo de Intervención se emite o documento RC de data 24/02/2009, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 120.000,00 euros para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato, con cargo á partida 09/111.111.226.20 do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que han de rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 7 de maio de 2009. Resultando que con data 11 de maio de 2009, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data elabórase o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da prestación de servizos de publicidade nas emisoras comarcais de “Onda Cero” na provincia de Pontevedra, así como nas revistas “Destino Galicia” e “Navegando Galicia”. Resultando que con data 15 de maio de 2009, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, no seu artigo 10 tipifica a este contrato como “de servizos” ó ter por obxecto prestacións de facer consistentes no desenvolvemento dunha actividade e que o procedemento negociado sen publicidade é o máis indicado para proceder á súa adxudicación de acordo co estipulado no artigo 154 d) da Lei 30/2007, ó ser a empresa “Uniprex, S.A.”, a única que goza de exclusividade para realizar o mesmo. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á “Xunta de Goberno” a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade nas emisoras comarcais de “Onda Cero” na provincia de Pontevedra, así como nas revistas “Destino Galicia” e “Navegando Galicia”, por un importe total de cento vinte mil euros (120.000,00 €), IVE incluído, (Do importe total, 103.448,28 euros corresponden ó prezo do contrato e 16.551,72 euros ó IVE), de acordo ó seguinte detalle por prezos unitarios: Prezo unitario IVE Importe TOTAL -108 Micros Vigo-Cangas-Baiona- Val Miñor 255,43 € 40,87 € 296,30 € 32.000,00 € -108 Micros Pontevedra-Sanxenxo-Arousa 111,75 € 17,88 € 129,63 € 14.000,00 € -108 Micros Porriño-Louriña-O Rosal.. 87,80 € 14,05 € 101,85 € 11.000,00 € -108 Micros Lalín-Silleda-A Estrada. 63,85 € 10,22 € 74,07 € 8.000,00 € -108 Micros Tui-Baixo Miño……… 71,84 € 11,49 € 83,33 € 9.000,00 € -108 Micros Ponteareas-Condado-Paradanta …………………………. 71,84 € 11,49 € 83,33 € 9.000,00 € -8 Programas especiais …………….. 1.293,10 € 206,90 € 1.500,00 € 12.000,00 € -54 Programas “A Deputación e ti”.. 271,39 € 43,42 € 314,81 € 17.000,00 € -6 Insercions Publicitarias…………. 1.120,69 € 179,31 € 1.300,00 € 7.800,00 € 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento negociado. 3. Autorizar o gasto por importe de 120.000,00 euros, con cargo á partida 09/111.111.226.20 do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación da prestación dos servizos de publicidade nas emisoras comarcais de “Onda Cero” na provincia de Pontevedra, así como nas revistas “Destino Galicia” e “Navegando Galicia”, mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa “Uniprex, S.A.”, ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS QUE TERÁN QUE REXER A CONTRATACIÓN POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NAS EMISORAS COMARCAIS DE “ONDA CERO” NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ASÍ COMO NAS REVISTAS “DESTINO GALICIA” E “NAVEGANDO GALICIA” 1.- OBXECTO.- A prestación de servizos de publicidade por parte da empresa Uniprex, S.A, para efectuar as actuacións que a continuación se relacionan nas emisoras comarcais de Onda Cero na provincia de Pontevedra, así como nas revistas “Destino Galicia” e “Navegando Galicia”: • Emisión de 648 micro-espazos de tres minutos de duración nas emisoras de “Onda Cero” de Vigo-Cangas-Baiona-Val Miñor: Pontevedra-Sanxenxo-Arousa; Porriño-Louriña-O Rosal; Lalín-Silleda-A Estrada; Tui-Baixo Miño; Ponteareas-Condado-Paradanta, emitindo 108 micros por emisora para a promoción dos recunchos turísticos da provincia de Pontevedra, actividades culturais, etc. • Emisión de 54 programas denominados “A Deputación e ti” nos que os oíntes formularán preguntas ó Presidente da Deputación coas súas inquietudes, dúbidas, puntos de mellora, etc. • Emisión de 8 programas especiais sobre actuacións realizadas pola Deputación no ámbito social, cultural e de infraestruturas. • 3 Insercións publicitarias en cada unha das revistas especializadas no sector turístico denominadas “Destino Galicia” e “Navegando Galicia”, para os efectos de difundir as actuacións que realiza a Deputación de Pontevedra neste campo. 2.- FINANCIAMENTO.- Con cargo á partida 09/111.111.226.20, do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009. 3.- PAGAMENTO.- O adxudicatario terá dereito ó pagamento, conforme ó prezo convido e efectuarase unha vez prestado o servizo e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN.- Negociado sen publicidade, de conformidade co establecido nos artigos 154 d) da Lei 30/2007, de 30 outubro, de Contratos do sector público (LCSP). 5.- DURACIÓN.- O contrato terá unha duración dende a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2009. 6.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato fíxase nunha cantidade máxima de cento tres mil catrocentos corenta e oito euros con vinte e oito céntimos (103.448,28 €), sen IVE, sendo a cantidade correspondente ó IVE, dezaseis mil cincocentos cincuenta e un euros con setenta e dous céntimos (16.551,72 €), de acordo ó seguinte detalle por prezos unitarios: Prezo unitario IVE Importe TOTAL -108 Micros Vigo-Cangas-Baiona- Val Miñor 255,43 € 40,87 € 296,30 € 32.000,00 € -108 Micros Pontevedra-Sanxenxo-Arousa 111,75 € 17,88 € 129,63 € 14.000,00 € -108 Micros Porriño-Louriña-O Rosal.. 87,80 € 14,05 € 101,85 € 11.000,00 € -108 Micros Lalín-Silleda-A Estrada. 63,85 € 10,22 € 74,07 € 8.000,00 € -108 Micros Tui-Baixo Miño……… 71,84 € 11,49 € 83,33 € 9.000,00 € -108 Micros Ponteareas-Condado-Paradanta …………………………. 71,84 € 11,49 € 83,33 € 9.000,00 € -8 Programas especiais …………….. 1.293,10 € 206,90 € 1.500,00 € 12.000,00 € -54 Programas “A Deputación e ti.. 271,39 € 43,42 € 314,81 € 17.000,00 € -6 Insercións Publicitarias…………. 1.120,69 € 179,31 € 1.300,00 € 7.800,00 € 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR. Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 10 días naturais contado dende o día seguinte á recepción do convite a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.D. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta no mesmo día, preferentemente mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NAS EMISORAS COMARCAIS DE “ONDA CERO” NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ASÍ COMO NAS REVISTAS “DESTINO GALICIA” E “NAVEGANDO GALICIA” Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre deberá figurar a oferta económica segundo o modelo que figura na cláusula final do prego e demais documentación obxecto de valoración. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Á CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NAS EMISORAS COMARCAIS DE “ONDA CERO” NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ASÍ COMO NAS REVISTAS “DESTINO GALICIA” E “NAVEGANDO GALICIA”. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (documento nacional de identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (documento nacional de identidade, para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.-Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración do material, instalacións e equipo técnico, con experiencia e coñecementos acordes, que vaia dispoñer o empresario para a realización do contrato. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Cando a acreditación das circunstancias mencionadas nos números 1, 2 e 3 se realicen mediante a certificación dun rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, no caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: • PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. • VOGAIS: -O Secretario Xeral da Deputación. -O Interventor da Deputación. -O Xefe do Gabinete de Prensa. • SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Deputación. 11.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- Serán o prezo, a calidade da publicidade elaborada para a súa difusión, o horario de emisión, así como a páxina onde se vai insertar no referente ás revistas. 12.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación unha vez solicitados os oportunos informes e negociados os aspectos técnicos e económicos, examinará a proposta da mesa de contratación e adxudicará provisionalmente este contrato, se cumpre co estipulado nos pregos, ó único licitador que pode executar o mesmo. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificarase ó único empresario que pode realizar o contrato e publicarase no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra. 13.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 15.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 17.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista será responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a administración ou para os terceiros das omisións, erros, métodos desaxeitados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. A Administración determinará se a prestación realizada polo contratista se axusta ás prescricións establecidas para a súa execución e cumprimento, requirindo, se é o caso, a realización das prestacións contratadas e a emenda dos defectos observados na súa execución. Se os traballos efectuados non se axeitan á prestación contratada, como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista, poderá rexeitar a mesma quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, se é o caso, á recuperación do prezo satisfeito. 18.- DEFICIENCIAS NA PRESTACIÓN DO SERVIZO.- O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a realización do mesmo, de incumprir dito prazo incorrerá en mora. Neste caso, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades diarias na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 euros do prezo do contrato. 19.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 284 da LCSP. 20.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado 21.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da dita Xurisdición. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa..........................................con C.I.F.- número........................ e domicilio en ..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Convidado para presentar unha oferta para optar á adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, do contrato correspondente á PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NAS EMISORAS COMARCAIS DE “ONDA CERO” NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ASÍ COMO NAS REVISTAS “DESTINO GALICIA” E “NAVEGANDO GALICIA” comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo ó seguinte detalle: Prezo unitario IVE Importe TOTAL -108 Micros Vigo-Cangas-Baiona- Val Miñor € € € € -108 Micros Pontevedra-Sanxenxo-Arousa € € € € -108 Micros Porriño-Louriña-O Rosal.. € € € € -108 Micros Lalín-Silleda-A Estrada. € € € € -108 Micros Tui-Baixo Miño……… € € € € -108 Micros Ponteareas-Condado-Paradanta …………………………. € € € € -8 Programas especiais …………….. € € € € -54 Programas “A Deputación e ti”.. € € € € -6 Insercións Publicitarias…………. € € € € (Data e sinatura do propoñente)” 18.16928.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA CANLE DE TELEVISIÓN “LOCALIA VIGO” O Sr. Xefe do Gabinete de Prensa, a través de escrito de data 29 de xaneiro de 2009, solicita que se contrate coa empresa UTEGA S.A., a prestación de servizos de publicidade na canle de televisión “Localia Vigo”, incluíndo as seguintes actuacións: • Emisión de 100 spots publicitarios dun minuto de duración para a promoción das actuacións da Deputación de Pontevedra. • Emisión de 10 programas especiais de 10 minutos de duración relacionados con actividades promovidas pola Deputación de Pontevedra. • Emisión de 2 programas especiais de 30 minutos de duración sobre actividades da Deputación de Pontevedra. • Emisión dun resumo diario das noticias máis relevantes que a nivel provincial producíronse na Deputación de Pontevedra. O custo destes servizos de publicidade a prestar pola empresa, “Utega S.A.”, valóraos o Xefe do Gabinete de Prensa na suma total de 67.999,00 euros, IVE incluído, desagregado dito importe total en 58.619,83 euros que corresponden ó prezo do contrato e 9.379,17 euros ó IVE. Resultando que polo Servizo de Intervención se emite o documento RC de data 24/02/2009, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 67.999,00 euros para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato, con cargo á partida 09/111.111.226.20 do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que terá que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 11 de maio de 2009. Resultando que con data 13 de maio de 2009, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data elabórase o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da prestación de servizos de publicidade na canle de televisión “Localia Vigo”. Resultando que con data 15 de maio de 2009, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 10 tipifica a este contrato como “de servizos” ó ter por obxecto prestacións de facer consistentes no desenvolvemento dunha actividade e que o procedemento negociado sen publicidade é o máis indicado para proceder á súa adxudicación de acordo co estipulado no artigo 154 d) da Lei 30/2007, ó ser a empresa “Utega, S.A.”, a única que goza de exclusividade para realizar o mesmo. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, teñan un importe superior a 60.102,00 euros. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade na canle de televisión “Localia Vigo”, por un importe total de sesenta e sete mil novecentos noventa e nove euros (67.999,00 €), IVE incluído, (do importe total, 58.619,83 euros corresponden ó prezo do contrato e 9.379,17 euros ó IVE), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Prezo unitario IVE Importe TOTAL -100 spots publicitarios ……….…. 210,00 € 33,60 € 243,60 € 24.360,00 € -10 programas especiais…………. 2.270,00 € 363,20 € 2.633,20 € 26.332,00 € - 2 programas especiais………….. 900,00 € 144,00 € 1.044,00 € 10.440,00 € - Resumen informacións provinciais. 5.919,83 € 947,17 € 6.867,00 € 6.867,00 € 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito procedemento negociado. 3. Autorizar o gasto por importe de 67.999,00 euros, con cargo á partida 09/111.111.226.20 do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación da prestación dos servizos de publicidade na canle de televisión “Localia Vigo”, mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa “Utega S.A.”, ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS QUE TERÁN QUE REXER A CONTRATACIÓN POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA CANLE DE TELEVISIÓN “LOCALIA VIGO”. 1.- OBXECTO.- A prestación de servizos de publicidade por parte da empresa Utega, S.A, para efectuar as actuacións que a continuación se relacionan na canle de televisión “Localia Vigo”: • Emisión de 100 spots publicitarios dun minuto de duración para a promoción das actuacións da Deputación de Pontevedra. • Emisión de 10 programas especiais de 10 minutos de duración relacionados con actividades promovidas pola Deputación de Pontevedra. • Emisión de 2 programas especiais de 30 minutos de duración sobre actividades da Deputación de Pontevedra. • Emisión dun resumo diario das noticias máis relevantes que a nivel provincial producíronse na Deputación de Pontevedra. 2.- FINANCIAMENTO.- Con cargo á partida 09/111.111.226.20, do orzamento prorrogado do 2008 ó 2009. 3.- PAGAMENTO.- O adxudicatario terá dereito ó pagamento, conforme ó prezo convido e efectuarase unha vez prestado o servizo e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN.- Negociado sen publicidade, de conformidade co establecido nos artigos 154 d) da Lei 30/2007, de 30 outubro, de Contratos do sector público (LCSP). 5.- DURACIÓN.- O contrato terá unha duración dende a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2009. 6.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato fíxase nunha cantidade máxima de cincuenta e oito mil seiscentos dezanove con oitenta e tres céntimos (58.619,83 €), sen IVE, sendo a cantidade correspondente ó IVE, nove mil trescentos setenta e nove euros con dezasete céntimos (9.379,17 €), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Prezo unitario IVE Importe TOTAL -100 spots publicitarios ……….…. 210,00 € 33,60 € 243,60 € 24.360,00 € -10 programas especiais…………. 2.270,00 € 363,20 € 2.633,20 € 26.332,00 € - 2 programas especiais………….. 900,00 € 144,00 € 1.044,00 € 10.440,00 € - Resumen informacións provinciais. 5.919,83 € 947,17 € 6.867,00 € 6.867,00 € 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da devandita norma. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva terá que ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), en horario de 9 a 13 horas, dentro do prazo de 10 días naturais contado dende o día seguinte á recepción da invitación a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das administracións públicas e do Procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta no mesmo día, preferentemente mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales se fará constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominado “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA CANLE DE TELEVISIÓN “LOCALIA VIGO”. Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre deberá figurar a oferta económica segundo o modelo que figura na cláusula final do prego e demais documentación obxecto de valoración. B) SOBRE B denominado “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Á CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA CANLE DE TELEVISIÓN “LOCALIA VIGO”. Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. No caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante da Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.-Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a) Informe de institucións financeiras acreditativo da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración do material, instalacións e equipo técnico, con experiencia e coñecementos acordes, que vaia dispoñer o empresario para a realización do contrato. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Cando a acreditación das circunstancias mencionadas nos números 1, 2 e 3 se realicen mediante a certificación dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: • PRESIDENTE: - O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. • VOGAIS: -O Secretario Xeral da Deputación. -O Interventor da Deputación. -O Xefe do Gabinete de Prensa. • SECRETARIO: - O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Deputación. 11.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- Serán o prezo, a calidade da publicidade elaborada para a súa difusión, o horario de emisión. 12.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación unha vez solicitados os oportunos informes e negociados os aspectos técnicos e económicos, examinará a proposta da mesa de contratación e adxudicará provisionalmente este contrato, se cumpre co estipulado nos pregos, ó único licitador que pode executar o mesmo. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificarase ó único empresario que pode realizar o contrato e publicarase no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra. 13.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquel no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou de efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización 15.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 17.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista será responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a administración ou para os terceiros das omisións, erros, métodos desaxeitados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. A Administración determinará se a prestación realizada polo contratista se axusta ás prescricións establecidas para a súa execución e cumprimento, requirindo, se é o caso, a realización das prestacións contratadas e a emenda dos defectos observados na súa execución. Se os traballos efectuados non se adecúan á prestación contratada, como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista, poderá rexeitar a mesma quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, se é o caso, á recuperación do prezo satisfeito. 18.- DEFICIENCIAS NA PRESTACIÓN DO SERVIZO.- O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a realización do mesmo, de incumprir dito prazo incorrerá en mora. Neste caso, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades diarias na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo do contrato. 19.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 284 da LCSP. 20.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 21.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da devandita xurisdición. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don........................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en .....................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa.....................con C.I.F.- número........................ e domicilio en ..............., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Convidado para presentar unha oferta para optar á adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, do contrato correspondente á PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA CANLE DE TELEVISÍON “LOCALIA VIGO” comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo ó seguinte detalle: Prezo unitario IVE Importe TOTAL -100 spots publicitarios ……….……. € ……. € ……… € ………. € -10 programas especiais……………. ……… € ……. € ……… € ………. € - 2 programas especiais…………….. ……… € ……. € ……… € ………. € - Resumen informacións provinciais. ……… € ……. € ……… € ………. € (Data e sinatura do propoñente)” 19.16929.- CORRECCIÓN DE ERRO NOS ACORDOS NÚM. 16.16757 E NÚM. 6.16790, DAS XUNTAS DE GOBERNO DE 25/03/09 E 08/04/09, RESPECTIVAMENTE, RELATIVOS Á ADXUDICACIÓN PROVISIONAL E DEFINITIVA DO CONTRATO CORRESPONDENTE ÓS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO PLAN AGRUPADO 2009 Nos acordos adoptados pola Xunta de Goberno nas sesións do 25 de marzo de 2009 e 8 de abril de 2009, relativos á adxudicación provisional e adxudicación definitiva, respectivamente, do procedemento aberto convocado para a contratación, por trámite de urxencia, dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2009, detectouse un erro tipográfico no importe de adxudicación de dous cursos correspondentes á zona sur e que estaban incluídos no lote número 2 deste procedemento aberto. Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, permite ás Administracións Públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Rectificar os acordos adoptados pola Xunta de Goberno, nas sesións do 25 de marzo de 2009 e 8 de abril de 2009, relativo á adxudicación provisional e adxudicación definitiva, respectivamente, do procedemento aberto convocado para a contratación, por trámite de urxencia, dos servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2009 no sentido seguinte: Onde di: CURSOS ZONA SUR LOTE 2 Denominación da acción formativa ou áreas formativas Nº Edicións Nº participantes Nº Horas Prezo hora Importe. Microsoft Excel 2007. Avanzado 1 15 25 144,00 € 2.144,00 € Información e atención ó público 1 25 15 144,00 € 3.600,00 € Debe dicir: CURSOS ZONA SUR LOTE 2 Denominación da acción formativa ou áreas formativas Nº Edicións Nº participantes Nº Horas Prezo hora Importe. Microsoft Excel 2007. Avanzado 1 15 25 144,00 € 3.600,00 € Información e atención ó público 1 25 15 144,00 € 2.160,00 € O resto do texto nos citados acordos permanece invariable. 20.16930.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición