ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/07/22_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.379/1.2009-07-22_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/07/22_Ordinaria

  • Data(s) 2009-07-22 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e cincuenta minutos do día vinte e dous de xullo do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, D. Agustín Reguera Ocampo e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17115.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 15 de xullo de 2009. 2.17116.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 3º TRIMESTRE DO ANO 2009 Vista a solicitude do Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento das Comarcas de Baixo Miño, Condado e Louriña CIF: P-3.600.027-A, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Excma. Deputación, que ascende a 95.969,91 € para gastos de funcionamento do 3º trimestre do ano 2009, e o informe de intervención de data 16 de xullo de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 95.969,91€, para o terceiro trimestre do ano 2009, ó Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña. 2. Declarar de aboo a favor do citado Consorcio a cantidade de 95.969,91€ con cargo á partida 09/911.223.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 200900028575. 3.17117.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE RODEIRO NO PAM/ 06-08, ANUALIDADE 2007, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 93/674 DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO DOS CAMPOS DE FÚTBOL DE RODEIRO E RÍO, 1ªFASE” Dada conta da solicitude de aboo da certificación nº dous/ final do Concello de Rodeiro, correspondente ó investimento nº 93/674, denominado “Acondicionamento dos campos de fútbol de Rodeiro e Río, 1ª fase”, incluído no PAM/06-08, anualidade 2007, á vista do informe de Intervención de data 15 de xullo de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de trinta mil euros (30.000,00€), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do citado Concello. - Declarar de aboo a cantidade de trinta mil euros (30.000,00€), con cargo a partida 09/911.911-762.45.2007, como pago da subvención concedida ó Concello de Rodeiro para a realización da obra denominada “Acondicionamento dos campos de fútbol de Rodeiro e Río, 1ª fase”, incluída no PAM/06-08, anualidade 2007. 4.17118.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE COTOBADE NO PSA/ 06-08, ANUALIDADE 2007, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 65/964 DENOMINADA “SANEAMENTO EN SAN XURXO DE SACOS” Dada conta da solicitude de aboo da certificación nº tres/final do Concello de Cotobade, correspondente ó investimento nº 65/964 denominado “Saneamento en San Xurxo de Sacos” incluído no PSA/06-08, anualidade 2007, á vista do informe de Intervención de data 15 de xullo de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de trece mil trescentos vinte e catro euros con noventa e tres céntimos (13.324,93€), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do citado concello. - Declarar de aboo a cantidade de trece mil trescentos vinte e catro euros con noventa e tres céntimos (13.324,93€), con cargo a partida 09/911.441-762.45.2007, como pago da subvención concedida ó concello de Cotobade para a realización da obra denominada “Saneamento en San Xurxo de Sacos”, incluída no PSA/06-08, anualidade 2007. 5.17119.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: TALLERES FONTIÑAS, S.L. (CIF B- 36.234.979) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil cento noventa euros con corenta céntimos (1.190,40 €), para responder do “Subministración de 24 farois para o alumeado do parque e anexos dos xardíns do Castelo de Soutomaior”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/05/2007 con número de operación 200700039538, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. FORAMA CONSULTORES, S.L. (CIF B- 15.614.696) • A constituída en metálico, por importe de dous mil cento setenta e cinco euros con corenta céntimos (2.175,40 €), para responder da “Servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2008 (Lote 3)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 02/06/2008 con número de operación 200800047218. CENTRO DE FORMACIÓN ICA, S.L. (CIF B- 36.995.934) • A constituída en metálico, por importe de dous mil novecentos un euros con corenta céntimos (2.901,40 €), para responder dos “Servizos de asistencia técnica para o desenvolvemento de actividades de formación do Plan Agrupado 2008 (Lote 1)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 21/05/2008 con número de operación 200800043343. COMERCIAL HOSPITALARIA, GRUPO 3, S.L. (CIF B- 36.769.479) • A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de dous mil trescentos vinte euros (2.320,00 €), para responder do “Subministro de reactivos para realización de análises de pensos Finca Mouriscade (Lote 1)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/05/2008 con número de operación 200800045481, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PRODUCCIONES ARTÍSTICAS LITO, S.L. (CIF B- 36.335.230) • A constituída en metálico, por importe de mil catrocentos cincuenta euros (1.450,00 €), para responder da “Organización do concerto celebrado en Barrantes o 05/06/09”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04/06/2009 con número de operación 200900047709. COMPAÑÍA DE SEGUROS ADESLAS, S.A. (CIF A- 40.001.430) • A constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de SETE mil oitocentos noventa e catro euros con trinta e dous céntimos (7.894,32 €), para responder da “Asistencia sanitaria para funcionarios de carreira integrados na Deputación Provincial de Pontevedra”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 29/12/2006 con número de operación 200600116040, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES FERNÁNDEZ SARMIENTO, S.A. (CIF 36.018.786) • A constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de dez mil novecentos cincuenta e cinco euros con setenta e seis céntimos (10.955,76 €), para responder da obra “Ensanche de beirarrúas, servizos e mellora capa de rodamento E.P. Rodeiro-Río”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 11/08/2005 con número de operación 200500077692, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. (CIF B- 36.147.429) • A constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de dous mil trescentos catorce euros con corenta céntimos (2.314,40 €), para responder da obra “Terminación E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño (Sanxenxo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/03/2008 con número de operación 200800025389, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. (CIF B- 36.052.702) • A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de dous mil trescentos oitenta e sete euros con vinte céntimos (2.387,20 €), para responder da obra “Mellora e drenaxe na E.P. San Andrés-San Xulián de Vea (A Estrada)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 14/06/2007 con número de operación 200700049029, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. (CIF B- 36.052.702) • A constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de mil catrocentos cincuenta e dous euros con oitenta céntimos (1.452,80 €), para responder da obra “Ampliación de ponte en Folgoso E.P. 7106 Folgoso- Forcarei (Cerdedo)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 03/05/2007 con número de operación 200700036220, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIÓN PÚBLICA GALEGA, S.L.- COPUGA(CIF B-15.651.060) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALCIA, por importe de dous mil trescentos oitenta e tres euros con tres céntimos (2.383,03 €), para responder da obra “Complementarias E.P. 9107 O Grove- Virxe das Mareas (O Grove)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/05/2007 con número de operación 200700043233, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. DAGO, S.A. (CIF A- 36.007.847) • A constituída en valores, mediante aval de CRÉDITO Y CAUCIÓN, por importe de dous mil trescentos noventa e catro euros con corenta céntimos (2.394,40 €), para responder da obra “Afirmado ensanche E.P. Soutelo- Ratel (Forcarei)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/03/2008 con número de operación 200800022284, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. ELSAMEX, S.A. (CIF A- 28.504.728) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO POPULAR, por importe de cinco mil setecentos cincuenta e cinco euros con un céntimo (5.755,01 €), para responder da obra “E.P. 1102 Meira- Fraga (Moaña)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 19/08/2003 con número de operación 200300060025, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de vinte e catro mil catrocentos noventa e dous euros con setenta e seis céntimos (24.492,76 €), para responder da obra “Terminación, ensanche e mellora E.P. 0507 Portela-Valiñas- Portas (Barro- Portas)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 07/11/2005 con número de operación 200500101125, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil novecentos sete euros con oitenta e dous céntimos (2.907,82 €), para responder da obra “Proxecto modificado de mellora do trazado e rodamento E.P. 0407 Ponte Caldelas-Borela”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 06/03/2006 con número de operación 200600019817, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de dez mil cincocentos corenta e cinco euros con trinta e seis céntimos (10.545,36€), para responder da obra “E.P. 9305 Coirón-Ribadumia-Leiro (Ribadumia- Meaño)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 25/10/2001 con número de operación 200100057826, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de seis mil catrocentos trinta e catro euros con setenta e un céntimos (6.434,71 €), para responder da obra “E.P. 9302 Xil-Cobas-Barrantes (Meaño)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 28/04/2003 con número de operación 200300027986, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIÓNS, OBRAS E VIAIS, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO DE GALICIA, por importe de dous mil trescentos sesenta e oito euros (2.368,00 €), para responder da obra “Proxecto modificado de mellora de accesibilidade Centro de Saúde Sanitario Rebullón”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 13/02/2006 con número de operación 200600009857, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de catorce mil trescentos corenta e cinco euros con sesenta céntimos (14.345,60€), para responder da obra “Obras de E.P. 1003 Rodeira-Boubeta (Cangas- Pontevedra)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 24/01/2005 con número de operación 200500003825, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de BANCO GALLEGO, por importe de once mil trescentos sesenta euros (11.360,00 €), para responder da obra “Obras de E.P. 6510 Lamela- Moalde- Senra, 2ª fase (Silleda)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 23/11/2006 con número de operación 200600100866, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de BANESTO, por importe de dez mil oitocentos euros con dezanove céntimos (10.800,19 €), para responder da obra “Obras de dotación de servizos no polígono industrial de Camballón”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 09/12/2003 con número de operación 200300091160, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF B- 36.052.876) • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de dous mil oitocentos sesenta e nove euros con tres céntimos (2.869,03 €), para responder da obra “Proxecto modificado de E.P. 1003 Rodeira- Boubeta (Cangas-Pontevedra)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04/06/2007 con número de operación 200700046132, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.17120.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.17121.- CONCESIÓN DAS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2009, CAMPAÑA DE OUTONO (1º GRUPO) Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios 2009, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 18/02/2009, cunha dotación económica de 200.000,00 €, dirixido ás persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar; adxudicada a xestión e organización deste programa á empresa Viajes Iberia S.A.; en virtude do acordo de Xunta de Goberno do 18/03/2009; e remitido o 1º Grupo de solicitudes da campaña de outono a Intervención para a súa fiscalización, á vista do informe emitido polo Sr. Interventor o 16/07/2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión do 1º Grupo de Subvencións do Programa Diúrno de Balnearios 2009, Campaña de Outono, polo importe de 44.252,00 €, para un total de 851 persoas, con cargo á partida 09/313.313-227.02, e segundo o cadro que se xunta. PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. GASTO CAMPAÑA OTOÑO 1º GRUPO Concello Adhesión Nº Participantes Gasto Barro SI 11 572,00 € Bueu SI 82 4.264,00 € Campo Lameiro SI 10 520,00 € Cangas SI 46 2.392,00 € A Cañiza SI 8 416,00 € Catoira SI 7 364,00 € Cotobade SI 16 832,00 € Covelo SI 2 104,00 € Cuntis SI 5 260,00 € A Estrada SI 50 2.600,00 € Marín SI 75 3.900,00 € Meis SI 59 3.068,00 € Meaño SI 40 2.080,00 € Moaña SI 75 3.900,00 € Moraña SI 6 312,00 € Mos SI 50 2.600,00 € Portas SI 11 572,00 € Ponteareas SI 33 1.716,00 € Pontecesures SI 7 364,00 € Porriño SI 112 5.824,00 € Redondela SI 125 6.500,00 € Ribadumia SI 21 1.092,00 € TOTAL 851 44.252,00 € 8.17122.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DIVERSAS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES 2009, 3ª RELACIÓN DE CONCESIÓNS A Xunta de Goberno, á vista dos expedientes e dos informes da Comisión Avaliadora e de Intervención, acorda por unanimidade: Aprobar a concesión de subvencións ás entidades locais, que figuran en anexo aparte, para as actividades que se relacional no mesmo, por un importe total de 167.500,00 €, dentro do 80% da contía do Programa destinada ó procedemento de concorrencia competitiva, así como a cantidade de 0,00 €, dentro do 20% de libre disposición do Presidente, todas elas con cargo á Partida 09/911.911.462.00 do vixente orzamento provincial, con suxeición ás condicións seguintes: a) As subvencións concédense para colaborar na execución das devanditas actividades, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das actividades, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As actividades que se acollan a este Programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 28 de febreiro de 2010, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL - SECCIÓN ACTIVIDADES/2009 (PAM_A/09) Partida 2009/911.911.462.00 Importe 800.000,00 € Referencia Cif Concello Detalle Orzamento Solicitado Concedido Ba Conce-dido Ld 2009000006 P3602000F Concello de Agolada XIII Mostra de artesanía e romaría medieval 22.550,00 22.550,00 12.000,00 2009000023 P3600400J Concello de Bueu IX Festa do polbo de Bueu 15.300,00 15.300,00 5.000,00 2009000046 P3600800A Concello de Cangas do Morrazo XI Aberto de tenis Concello de Cangas 2009 3.000,00 1.500,00 1.000,00 2009000047 P3600800A Concello de Cangas do Morrazo XXXVI Trofeo de pedestrismo Concello de Cangas 5.000,00 2.500,00 1.000,00 2009000048 P3600800A Concello de Cangas do Morrazo XXI Bandeira bateis Concello de Cangas de traiñas 6.000,00 3.000,00 1.000,00 2009000050 P3600800A Concello de Cangas do Morrazo V Trofeo Concello de Cangas de priragüismo infantil 5.000,00 2.500,00 1.000,00 2009000051 P3600800A Concello de Cangas do Morrazo Son de Cangas 20.000,00 5.000,00 1.000,00 2009000052 P3600800A Concello de Cangas do Morrazo Noites de folclore 2009 5.100,00 2.500,00 1.000,00 2009000053 P3600800A Concello de Cangas do Morrazo Salón do cómic 8.000,00 5.000,00 1.000,00 2009000054 P3600800A Concello de Cangas do Morrazo Festas populares 2009 5.000,00 2.500,00 1.000,00 2009000055 P3600800A Concello de Cangas do Morrazo Argalica 2009 5.400,00 2.500,00 1.000,00 2009000056 P3600800A Concello de Cangas do Morrazo Arte no Morrazo 2009 3.500,00 2.500,00 1.000,00 2009000090 P3601700B Concello de A Estrada Festa do Salmón 25.000,00 25.000,00 2.500,00 2009000093 P3601800J Concello de Forcarei XXX Festa do Gaiteiro de Soutelo 9.000,00 9.000,00 9.000,00 2009000094 P3601900H Concello Fornelos de Montes Festa da espuma 1.500,00 1.500,00 1.000,00 2009000095 P3601900H Concello Fornelos de Montes Fútbol Sala 1.500,00 1.500,00 1.000,00 2009000096 P3601900H Concello Fornelos de Montes Clases de Natación 1.000,00 1.000,00 1.000,00 2009000097 P3602100D Concelllo de Gondomar VIII Certamen Literario D. Diego Sarmiento de Acuña 8.152,00 6.352,00 3.000,00 2009000101 P3602200B Concello do Grove Actividades Culturais das Xornadas da Centola 10.000,00 10.000,00 1.000,00 2009000103 P3602200B Concello do Grove Actividades Folclórico-Culturais da Festa do Marisco 70.000,00 70.000,00 3.000,00 2009000104 P3602200B Concello do Grove XX Simposio Internacional de Escultura 18.100,00 18.100,00 3.000,00 2009000109 P3602300J Concello de A Guarda Feira do Libro 4.174,00 3.339,20 1.000,00 2009000126 P3602600C Concello de Marín II Campionato Volei Praia 3.000,00 3.000,00 1.000,00 2009000127 P3602600C Concello de Marín Maxia Marín e Pascua 2009 18.915,00 18.915,00 3.000,00 2009000129 P3602700A Concello de Meaño Festividade da Patrona 15.000,00 12.000,00 9.000,00 2009000166 P3603500D Concello de Nigrán Fetival Folclórico 3.575,40 3.575,40 1.000,00 2009000169 P3603500D Concello de Nigrán I Triatlón Concello de Nigrán 3.500,00 3.500,00 1.000,00 2009000170 P3603500D Concello de Nigrán Campamento urbano de Baloncesto 3.000,00 3.000,00 1.000,00 2009000171 P3603500D Concello de Nigrán Circuíto Concello de Nigrán de Bolo Celta 6.000,00 6.000,00 2.000,00 2009000189 P3604100B Concello de Poio XII Festa da Ameixa 29.522,52 29.522,52 3.000,00 2009000217 P3604400F Concello de Pontecesures Día das Letras Galegas 2009 5.000,00 2.000,00 1.500,00 2009000215 P3604400F Concello de Pontecesures XIV Festa da Lamprea 2009 26.150,00 5.000,00 3.000,00 2009000218 P3604400F Concello de Pontecesures V Feira do Automobil Antigo e de ocasión 38.041,00 20.000,00 13.500,00 2009000222 P3604000D Concello de Portas Festa da 3ª Idade 18.000,00 15.000,00 6.000,00 2009000225 P3604000D Concello de Portas VI Xuntanza da Emigración no Camiño Portugués a Santiago 25.900,00 25.900,00 6.000,00 2009000257 P3604700I Concello de Rodeiro Festa da Caza 24.000,00 10.000,00 3.000,00 2009000260 P3604800G Concello de O Rosal Feira do Viño 30.000,00 30.000,00 12.000,00 2009000266 P3605000C Concello de Salvaterra de Miño Organización do Festival DJ O Son da Muralla 33.000,00 25.000,00 10.000,00 2009000268 P3605100A Concello de Sanxenxo (O.A. Terra de Sanxenxo) X Milla Vila de Sanxenxo 6.900,00 3.500,00 3.000,00 2009000271 P3605100A Concello de Sanxenxo (O.A. Terra de Sanxenxo) Festas Patronais de Sanxenxo e Santa Rosalía 2009 35.480,00 35.480,00 9.000,00 2009000273 P3605100A Concello de Sanxenxo (O.A. Terra de Sanxenxo) Escolas Deportivas Municipais 30.000,00 15.000,00 10.000,00 2009000275 P3605100A Concello de Sanxenxo (O.A. Terra de Sanxenxo) Programa de Animación: Obradoiros e Cine na Rúa 7.800,00 7.800,00 3.000,00 2009000276 P3605200I Concello de Silleda Baloncesto 20.450,00 20.450,00 1.000,00 2009000283 P3605200I Concello de Silleda XXXV Festa da Empanada 7.200,00 7.200,00 2.000,00 2009000284 P3605200I Concello de Silleda IX Concurso de Baile Tradicional Azaloira 4.300,00 2.800,00 2.000,00 2009000287 P3605200I Concello de Silleda XXI Romaría do Rapaz 14.820,00 4.000,00 2.000,00 2009000296 P3605400E Concello de Tomiño II Campus de Fútbol 18.000,00 12.000,00 3.000,00 2009000329 P3600002D Entidad Local Menor de Morgadáns Escola Tempo Libre 3.890,00 3.000,00 1.500,00 2009000328 P3600002D Entidad Local Menor de Morgadáns Premio Anual de Poesía Victoriano Taibo 5.500,00 4.000,00 2.500,00 167.500,00 € 0,00 € 9.17123.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “POSTA EN VALOR E REHABILITACIÓN DOS PENDELLOS DE AGOLADA E CONTORNO”. (EXPTE. D08/0056) A Xunta de Goberno, en sesión do 22 de outubro de 2008, acordou adxudicar á empresa Decoración, Instalaciones y Construcciones, S.A.U. a obra de “Actuación de posta en valor e rehabilitación dos pendellos de Agolada e contorno”, pola cantidade de cento setenta e un mil cento vinte euros con sesenta e nove céntimos (171.120,69€), máis a cantidade vinte e sete mil trescentos setenta e nove euros con trinta e un céntimos (27.379,31 €) correspondente ó IVE, ofertando un prazo de execución de tres meses e medio, melloras valoradas en 407,48 €, e o 1% de orzamento de licitación para o control de calidade. O arquitecto provincial emite un informe no que participa que se detectaron unha serie de erros no proxecto orixinal en canto a medicións e capítulos, ademais de ser necesario a adecuación dunha entrada a diminuídos, e a demolición de muros e a súa reconstrución ó non ofrecer garantías o seu grao de estabilidade, polo tanto considera necesario executar os traballos pertinentes para solucionar estas cuestións. Por tal motivo redáctase o pertinente proxecto modificado como consecuencia das causas sobrevidas anteriormente mencionadas non previstas inicialmente, o que supón un incremento do 40,1518% no custo das obras con respecto ó contrato orixinal. Visto o informe emitido por Intervención, relativo á existencia de saldo de crédito axeitado e suficiente na partida 09/432.432.682.01 para facer fronte ó gasto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto modificado da obra (D08/0056) “Actuación de posta en valor e rehabilitación dos pendellos de Agolada e contorno”, por importe de douscentos trinta e nove mil oitocentos vinte e oito euros con oitenta céntimos (239.828,80 €),más a cantidade correspondente ó IVE de trinta e oito mil trescentos setenta e dous euros con sesenta e un céntimos (38.372,61 €), o que supón un incremento sobre o proxecto inicial de sesenta e oito mil setecentos oito euros con once céntimos (68.708,11 €), máis o IVE de dez mil novecentos noventa e tres euros con trinta céntimos (10.993,30 €). 10.17124.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DA OBRA “TERMINACIÓN ENSANCHE E.P. 0018 XEVE-AMIL- ESPEDREGUEIRA” O Pleno da corporación Provincial, en sesión do 30 de novembro de 2007, acordou aprobar a inclusión de diferentes proxectos ó Plan de vías provinciais para o período 2007-2011, entre eles, o denominado “Terminación ensanche Xeve-Amil-Espedregueira”. Así mesmo, na mesma sesión acordouse aprobar tecnicamente o citado proxecto cun orzamento de 331.964,74 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 261.968, 59 € e capítulo de expropiacións por importe de 69.996,15 €. Unha vez tramitado o expediente de expropiación e obtida a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, o Director de Infraestruturas, informa sobre a necesidade dunha tramitación urxente do expediente de contratación da obra, por razóns de interese público, debido a que o asine esta moi deteriorado e cunhas dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, o que pon en perigo a seguridade vial dos condutores no punto de acceso a un lugar emblemático como os milagres de Amil ó que acoden numerosos fieis. Resultando que polo Sr. Secretario se emite informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento aberto para a adxudicación da obra considerándoo adaptado á lexislación vixente en materia de contratación. Visto o informe de fiscalización do expediente, emitido por Intervención, e considerando o disposto nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Declarar a tramitación urxente do expediente de contratación por razóns de interese público xustificadas no informe do Director de Infraestruturas. Segundo.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento aberto. Terceiro.- Autorizar o gasto por importe de 261.968,59 € que se financiará con cargo á partida 09/511.511.612.02.2008 do orzamento provincial. Cuarta.- Aprobar o expediente de contratación n.º D08/0071, para a adxudicación mediante procedemento aberto, para a execución da obra de “Terminación ensanche Xeve-Amil-Espedregueira.”, por importe de douscentos vinte e cinco mil oitocentos trinta e catro euros con noventa e nove céntimos (225.834,99 €), máis a cantidade de trinta e seis mil cento trinta e tres euros con sesenta céntimos (36.133,60 €), correspondente ó IVE. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade publicar o anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas, que rexerá o procedemento aberto, no Boletín Oficial da Provincia, e iniciar un prazo de trece días, a contar dende o día seguinte á publicación, para a presentación de proposicións para dito procedemento. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, TRAMITE DE URXENCIA, DA EXECUCIÓN DA OBRA “TERMINACIÓN ENSANCHE E.P. 0018 XEVE-AMIL-ESPEDREGUEIRA (PONTEVEDRA)”. CPV 45230000. 1.- OBXECTO.- A obra obxecto do expediente, cuxo proxecto foi aprobado inicialmente polo Pleno de 30/11/2007, ten como finalidade o ensanche da explanación, a mellora da drenaxe, o afirmado e a mellora do firme actual e da zona ensanchada. A súa execución deberá realizarse con suxeición ós proxectos técnicos aprobados polo órgano de contratación e integrados polos documentos enumerados no artigo 107 dá LCSP, e artigos 125 a 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos considérase como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO.- A obra conta cun orzamento de 225.834,99 € máis 36.133,60 € correspondentes ó IVE. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material, e comprenderá os seguintes aspectos: - A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/02/98. - Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72% do orzamento de execución material. - Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. Ive, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referenciado inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas e estatais. Importante: As retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos en que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro, traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3.- FINANCIAMENTO.- As obras obxecto do expediente financiaranse con cargo á partida 09/511.511.612.02.2008 do vixente orzamento provincial. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, é de seis meses. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que considere o desenvolvemento das unidades de obras que van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que leva consigo a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo optar a administración entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación, podendo facerse efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizada o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, por proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); as devanditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art.º 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso concederáselle a este un prazo de dez días hábiles para cumprir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.– 8.1º-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, de luns a sábado, ou na Sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro do prazo de trece días naturais a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4 º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: SOBRE A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar o nome da obra)”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, no seu caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, exercerá a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3. -Clasificación empresarial: De acordo coa disposición adicional sexta do R.d. 9/2008, do 28 de Novembro, do Fondo de investimento Local, non é esixible a clasificación empresarial toda vez que o orzamento da obra é inferior a 350.000,00 €. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5. -Acreditación da solvencia técnica, polos seguintes medios: a) Declaración indicando os técnicos ou as unidades técnicas, estean ou non integradas na empresa, dos que esta dispoña para a execución das obras, especialmente os responsables do control de calidade, acompañada dos documentos acreditativos correspondentes. b) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se disporá para a execución das obras, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo do cal o órgano de contratación poida, se o considera conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. SOBRE B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra)”. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. -Como primeiro documento se presentará unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2. -Memoria construtiva e programa de traballo. 3. -Melloras ofertadas 4. -Memoria de seguridade e saúde. 5. -Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (no seu caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. SOBRE C: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante formulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra)”. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: -Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. Dito modelo conterá a oferta económica realizada, o prazo de execución da obra e a porcentaxe de control de calidade ofertado. Con respecto ó control de calidade, a porcentaxe que se aplicará a tal fin deberá ser expresada con dous decimais aplicados sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia a realizar o control de calidade. Así mesmo, dita empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.- MESA DE CONTRATACION.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: - O titular da Corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario Xeral. - O Interventor. - O Director de Infraestruturas. SECRETARIO: - O Técnico Adxunto ó servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que fosen cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será trasladada ós técnicos que se consideren oportunos, que a avaliasen e ponderasen seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante formulas (SOBRE B) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valorásense cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debendo explicarse a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das subministracións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se comprometese adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. No caso de que as obras teñan un gasto plurianual, o contratista deberá especificar ademais do prazo total de execución no modelo de proposición, o prazo de execución correspondente para cada unha das anualidades. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunde nunha maior calidade construtiva, ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar estas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai a ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.D. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinestralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinestralidade, así como a análise destes en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos en obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar en obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria, maquinaria e ferramentas auxiliares cumpre a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, así como se haberá de presentar a documentación acreditativa das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento das devanditas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, que haberán de contemplar os traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Presentarase a proposta de como realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nesta. Haberase de reflectir o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Do mesmo modo, presentarase o protocolo da forma de entregar os equipos de protección individual, así como definirase como se realizará a información da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a utilización destes por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías que fose desenvolvida polo contratista no marco de proxectos de I+D+i que supoña unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Dita xustificación poderá realizarse mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valoraranse as propostas de medidas de xestión medioambientais e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requisitos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requisitos legais e os sistemas de boa xestión medioambiental proposto. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realiza nun marco de xestión medioambiental de acordo ó Regulamento Comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1 S 014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais a utilizar polo licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais a utilizar polo licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se considera algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do solo; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2. -Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre C). Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que tivesen obtido unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 35 puntos. Menor prazo de execución, ata un máximo de 10 puntos. - Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 35 puntos. Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Menor prazo de execución, ata un máximo de 10 puntos. A ponderación efectuarase conforme á seguinte fórmula: P = (L-O)*10/(L-B) Onde: P: Puntuación L: Prazo máximo establecido no prego. O: Prazo ofertado polo licitador. B: Menor prazo ofertado. 11.2.3) Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: -Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. -Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. -Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Sen embargo, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. -Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades á dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque bm = (b1 + b2) • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula undécima, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión nesta de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran dez días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e sexa constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte o da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución deste. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia abondo para representar o contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18. -RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó Director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o Director facultativo, e no seu caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art.º 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar o contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato. (art.º 196.1 LCSP). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato. (art.º 198.1 LCSP). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se encontran insertados na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; No caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados coa final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, para os efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se achegará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado destas fóra favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade debida ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación das deterioracións producidas pola defectuosa execución destas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fose favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndoo un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade ningunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpoñeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26. -RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICION.- Don..................................................................................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en...................................................................titular do DNI........................................................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa........................................................................ (C.I.F.- nº .......................) e con domicilio en.................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra), comprométese a executala polo prezo de _________________ (en letra e número) euros, máis __________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. . Prazo de execución: . % do control de calidade ofertado: Data e sinatura do propoñente ANEXO 11.17125.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 25 DO MODIFICADO Nº 1 DA OBRA “ENSANCHE E MELLORA DE TRAZADO E.P. 2908 ARCADE-AMOEDO (PAZOS DE BORBÉN ), 3ª FASE. (EXPTE. D03/493) Vista a certificación núm. 25 relativa do proxecto modificado nº 1 “Ensanche e mellora de trazado E.P. Arcade–Amoedo (Pazos de Borbén) 3ª fase”, adxudicada no seu día a Empresa Construcciones Crespo, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 17 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. (CIF. A-36.001.063) DEPUTACIÓN (09/511-511-612.02.) SUBTOTAL ………. 232.759.67 € Taxa Técnicos Directores (4%) 6.744,70 € Control de calidade (0,5%) 843,09 € Seguridade e saúde 0,5%) 843,09 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR ………….. 224.328,79 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 12.17126.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA “REHABILITACIÓN E AMPLIACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE CRECENTE” A Xunta de Goberno, en sesión do 27 de maio, adxudicou provisionalmente a obra de “Rehabilitación e ampliación do Pavillón Polideportivo de Crecente”, á empresa Antalsis, S.L. Concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentara a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. A adxudicataria provisional presentou a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra “Rehabilitación e ampliación do Pavillón Polideportivo de Crecente”, efectuada, en sesión de 27 de maio do ano en curso, a favor de Antalsis, S.L., na suma de 432.520,30 € máis 69.203,25 € correspondentes o IVE. 13.17127.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS RELATIVAS Á DIRECCIÓN DE OBRAS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas á dirección de diversas obras, que máis adiante se relacionan, tendo en conta que como non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación das facturas require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito con cargo á conta non orzamentaria 419.08 (099.125), de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: -Factura nº 13/2009, por un importe de 4.312,18 €, da empresa Nam Arquitectos, S.L.P. (NIF B - 36.958.395) que xustifica os traballos de dirección da obra “Reforma e ampliación da Confraría de Pescadores de Cambados (expte.- D07/0002)”, correspondente a certificación núm. 9. -Facturas nº 015/08, por un importe de 4.074,46 €, nº16/08 por un importe de 3.569,88 € e nº 24/08 por un importe de 2.731,64 €, do Enxeñeiro Técnico D. Manuel Vázquez Fernández (NIF.- 35.163.186 G), que xustifica os traballos de Dirección de obra “Infraestrutura básica para construción de 15 campos de fútbol de herba sintética”, correspondentes ás certificacións 9, 10 e 13, respectivamente. 14.17128.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 2.17040 DA XUNTA DE GOBERNO DE GOBERNO RELATIVO Á DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno referente á devolución de garantías definitivas á empresa Obras y Construcciones Sisán, S.L. para responder da “Modificación de remate de pavillón municipal de Beiro (Valga)”, detectouse un erro tipográfico. Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, permite ás administracións públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 1 de xullo de 2009 relativo á devolución das garantías definitivas constituídas pola empresa Obras y Construcciones Sisán, S.L.: Onde di: • “A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil catrocentos noventa e un euros con oitenta e oito céntimos (1.491,88 €), para responder da “Modificación de remate de pavillón municipal de Beiro (Valga)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04/10/2007 con número de operación 200700079779”… Debe dicir: • “A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de mil catrocentos noventa e un euros con noventa e oito céntimos (1.491,98 €), para responder da “Modificación de remate de pavillón municipal de Beiro (Valga)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o día 04/10/2007 con número de operación 200700079779”… 15.17129.- PREMIOS PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2009 De conformidade coas Bases aprobadas por esta Xunta de Goberno, na súa sesión extraordinaria urxente do día 18 de xullo de 2007, a Xunta de Goberno, como consecuencia dos méritos que a continuación se transcriben, acorda por unanimidade conceder os Premios Provincia de Pontevedra 2009 ós seguintes candidatos: PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2009, NO APARTADO DE TURISMO Á OSTREIRAS DA PEDRA DE VIGO • Concedéselles a Medalla ó Mérito no Traballo a 5 mulleres e 1 home. A día de hoxe seguen traballando 4 mulleres:  Carmen Rodríguez: 80 anos, de Arcade, é a única con herdeiro.  Isaura Pérez: 76 anos, natural de Pontesampaio, empezou a traballar ós 12 anos.  María e Isabel Seoane: irmás de 72 e 77 anos, nacidas en Arcade, tamén empezaron a traballar sendo moi novas. Xa non traballan:  Ermitas Bouzón: 79 anos, de Arcade.  José Carlos Cerqueiro: nacido en Vilaboa fai 60 años, foi o primeiro ostreiro de Vigo. • Símbolo da cidade de Vigo que periga por falta de relevo xeracional. • Levan máis de medio século abrindo o bivalvo. Están neste traballo dende nenas. Agora teñen entre 72 e 80 anos. • Abren unha media de 1.000 ostras o día. • Traballan todo o ano, sen festivos, sen vacacións, servindo o bivalvo no seu posto vigués de A Pedra. PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2009, NO APARTADO DE EMPRESAS, Á ADEGA CONDES DE ALBAREI Condes de Albarei ubícase en Cambados, a subzona da D.O. Rías Baixas con máis tradición no cultivo da uva albariño. A adega naceu en 1988 por iniciativa dun grupo emprendedor de viticultores que uniron esforzos e viñedo para a elaboración e comercialización de viño albariño da máis alta calidade. Tan só tres anos máis tarde este compromiso viuse refrendado coa Medalla de Ouro do Concurso Mundial de Burdeos, sendo o primeiro viño branco español en recibir esta distinción. Na actualidade, Adega Condes de Albarei, reúne baixo fórmula cooperativa a 374 viticultores, cunha superficie de viñedo de 206 hectáreas, e mantivo vinculación contractual homologada con máis de 200 produtores nos últimos anos, empregando a unha plantilla media de 22 traballadores. O volume medio de elaboración de viño da adega nos últimos anos rondou os 1’75 millóns de litros, acadando unha cifra de negocio de 8,5 millóns de euros no 2008, logo de encadear catro exercicios económicos con incrementos interanuais de en torno ó 25%. Recentemente adquiriu o Pazo Baión, onde proxecta facer un gran centro sociocultural, de congresos, e no turismo, etc. PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2009, NO APARTADO DE LABOR SOCIAL A ASOCIACIÓN AMENCER ASPACE 1.- De ámbito provincial e sen ánimo de lucro. Fundada en 1991 por familias de persoas afectadas por parálises cerebral ou patoloxías afíns. 2.- Dispón de centros e servizos de atención especializada dende os 0 ós 65 anos, concertados ou conveniados coa administración pública. 3.- Ofrece os seguintes servizos: • Equipo de orientación: formado por cinco profesionais (pedagogo, logopeda, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, psicólogo e traballador social) • Apoio socio-familiar: A familia é un elemento clave en Amencer pois non é posible o benestar da persoa afectada sen o da súa propia familia. Está formado por un traballador social e un psicólogo que informan, asesoran, apoian e acompañan no día a día e nas situación socio-familiares que o requiran. • Varios centros de atención especializada na provincia: dirixidos a usuarios en idade escolar de 3 a 21 anos. Ofrecen atención moi especializada e elaboran para cada alumno un programa individual adaptado ás súas características e necesidades. E varios centros de día: para atención de xoves e adultos maiores de 18 anos: talleres pre-laborais e atención personalizada. • Programa de atención no domicilio: para nenos de 0 a 3 anos e para nenos en idade escolar integrados en centros ordinarios que necesitan apoios. Formado por un traballador social, fisioterapeuta, logopeda e terapeuta ocupacional. • Outros servizos: transporte adaptado e comedor nos seus centros, campamentos de verán, viaxes, actividade en piscinas, teatro, etc. 4.- Centros de que dispón: • Centro de atención integral Princesa Letizia, en Vilagarcía: un centro de Educación Especial e un Centro de Día. • Centro de atención integral Amencer-Pontevedra, en Lourizán: centro de Educación Especial e Centro de Día. • Centro de Promoción da Autonomía Persoal Amencer en Campolongo: Centro de día. PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2009, N0 APARTADO DE DEPORTES A CLUB BALONCESTO CELTA INDEPO • Real Club Celta Indepo: club de baloncesto feminino da cidade de Vigo, que milita na primeira división da Liga española de baloncesto feminino, fundado a finais dos sesenta do pasado século. A súa historia iníciase coa adquisición da praza pertencente ó Juventud Astur (Aucalsa) de Oviedo. • José Manuel Gómez Carballo, último presidente do ciclo masculino do Clube Deportivo Bosco, volveu apostar por esta entidade celtista para manter a Vigo na elite do basket feminino. • Presidente actual: Francisco Araujo. • Director Deportivo: Carlos Colinas • Adestrador: Miguel Méndez • Palmarés. • Campión de 5 Ligas (temporadas 76-77, 78-79, 81-82, 98-99, 99-2000). • -6 Subcampeón (temporadas 73-74, 77-78, 79-80, 80-81, 83-84, 97-98). • Campión de 4 Copas da Raíña (80-81, 81-82, 83-84, 2000-01). • -5 Subcampeón (temporadas 77-78, 78-79, 79-80, 82-83, 96-97). • Nove campionatos e once subcampionatos entre ambos torneos son a bagaxe contable das tres entidades ó longo de 4 décadas de baloncesto, herdándose o patrimonio de gloria do Bosco Celta. PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2009, NO APARTADO DE CULTURA, A D. FÉLIX ANGEL SANCHO GRACIA 1.- Naceu en 1936 en Madrid. A causa da Guerra, a súa familia emigrou ó Uruguai. Alá estudou interpretación e arte dramático coa prestixiosa actriz republicana, tamén exiliada, Margarita Xirgu. En 1963 regresou a España onde protagonizou e dirixiu numerosas películas de cine e obras de teatro. Vencellado permanentemente á comarca de O Condado, sobre todo a Pías (Ponteareas) e a Mondariz-Balneario, onde está empadroado, e á provincia de Pontevedra. 2.- Participou en 65 películas con directores tan prestixiosos como Mario Camus, Fernando Guillén Cuervo, Benito Rabal, Alex de la Iglesia, Vicente Aranda, Adolfo Aristarain, José Luis Cuerda, Vicente Escrivá, Jaime de Armiñán, Romero Marchent, Juan Antonio Bardem, Pedro Lazaga, Rafael Gil ou Ana Mariscal, entre outros. 3.- En Televisión protagonizou 44 obras e series, algunhas tan relevantes como Curro Jiménez, Caligula, Tango, La huella del crimen, Los camioneros, Los tres mosqueteros, El tercer rombo, Diego Acevedo ou Historias de mi barrio. 4.- É unha das referencias inexcusables do cine español pola súa amistade persoal e colaboración con actores e directores como Paco Rabal, Fernando Fernán Gómez, José María Rodero ou José Bódalo. 5.- Amigo persoal de Adolfo Suárez, que lle encargou a él e a Juan Antonio Bardem a serie Curro Jiménez cando era xefe de programas de TVE. Apoiou á UCD. Colabora activamente coa Asociación Española contra o Cancro e con varias causas sociais (fai días organizou en Mondariz Balneario un acto a favor dos nenos pobres de Teis-Vigo). 6.- Recibiu numerosos premios como o de Mellor Actor en 1973, o Premio Ondas en 2002, a nominación do Premio Goya, a Medalla de Ouro de Belas Artes e o Premio da Asociación de Cronistas de Nueva York. 7.- Gravou na provincia de Pontevedra a película Fuxidos, dirixida por el, sobre o maquis na Guerra Civil Española. 16.17130.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición