ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/07/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.379/1.2009-07-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/07/29_Ordinaria

  • Data(s) 2009-07-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vinte e nove de xullo do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, D. Agustín Reguera Ocampo e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Julio Alén Montes, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Xosé Crespo Iglesias. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17131.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 22 de xullo de 2009. 2.17132.- AUTORIZACIÓN DO GASTO COMO INCREMENTO DA CONTÍA INICIAL DAS SUBVENCIÓNS PARA ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL, ENMARCADAS NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS 2009 E CONCESIÓN DAS MESMAS Aprobadas pola Xunta de Goberno do 3 de xuño de 2009, as Bases Reguladoras das Subvencións dirixidas ás entidades de Iniciativa Social enmarcadas no ámbito dos Servizos Sociais Especializados 2009, cun importe inicial de 272.000,00 €, concluído o prazo de presentación das solicitudes o 29 do mesmo mes, á vista dos informes de 21/07/2009 emitidos pola Traballadora Social, a Xefa de Servizo de Acción Social e Intervención, constatando as solicitudes que cumpriron os requisitos esixidos; o incremento orzamentario respecto da dotación económica inicial e a consignación orzamentaria para facer fronte dito gasto adicional (43.510,00€) a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º. A autorización do gasto de 43.510,00 € como incremento da contía inicial das subvencións para Entidades de Iniciativa Social, enmarcadas no ámbito de Servizos Sociais Especializados, con arranxo ó documento R.C. Nº. 200900060955. 2º. A concesión de tales subvencións, cun importe total de 312.790,00 €, para un total de 94 Asociacións de Servizos Sociais Especializados, conforme o cadro que se xunta, rexeitándose 18 solicitudes por non axustarse ás Bases e anulándose 1 solicitude por renuncia da Asociación; e quedando condicionada tal concesión, no caso de Cáritas A Estrada, organización non gobernamental Inti, e Asoc. P. Discapacidade do Salnés “Anduriña” a achega ó expediente do documento acreditativo de estar rexistradas na Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Centros. SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL PARA REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE S.S.E. – ANO 2009 ORZAMENTO: 272.000,00 € / PARTIDA: 09/313.313.480.02 Concello Nº Asociación Actividade Nº H Euros Clasificación Actividades CALDAS 1 Asoc. P. minusválidos Ps. A. C. Oc. SAIAR P. Inserción Laboral O SAIAR 300 4.000,00 € 1.5 CANGAS 3 Asoc. diagnostic. cancro mama ADICAM Programa de prevención do linfedema 2.200,00 € 4 Asoc. Pais de Min.PS Morrazo.."ASPAMSIM" Proxecto INTÉGRATE +300 4.000,00 € 2.1 Banda de Música Bellas Artes. Cangas Desestimada CUNTIS 1 Asoc. Persoas dicap. Umia-Ulla "AVANZAR" C. Ofimática persoas con discap. Xestión de Oficinas 264 3.600,00 € 1.5 ESTRADA; A 1 Cáritas Diocesana Santiago. Cáritas A Estrada Proxecto de interv. Socioeducativa C. ALFAR-09 110 1.200,00 € 2.1 (x orzamento) GONDOMAR 1 Organización no Gubernamental INTI Sensibilización y formación de voluntariado 2.100,00 € 4 (x orzamento) GROVE, O 2 Asoc. “O Grove Érguete” Actividades formativas informáticas 170 2.200,00 € 2.1 Asoc. P. Discapacidade do Salnés “Anduriña” Desenv. Integral Traballo Oficinas e At. Público 225 4.420,00 € 1.1 GUARDA, A 3 Asoc. Avelaiña axuda....enfermedade mental Taller de Habilidades Sociais para a integración persoas... +300 4.000,00 € 2.1 Asoc. Érguete Prevención Drog… Baixo Miño Curso "Instalador de Fontanería" +300 5.920,00 € 1.1 Asoc. San Xerome Emiliani C. propagación e cultivo en contenedor arbustos ornam. 192 4.140,00 € 1.1 LALIN 1 Asoc. ASPADEZA Respiro familiar 80 1.000,00 € 2.1 (x orzamento) MOAÑA 2 Asoc. Familiares e. Alzheimer del Morrazo C. Atención e coid. na enfermidade de Alzheimer 252 5.020,00 € 3.1 Asoc. V. Alcohólicos. Rehab. de Moaña ARMO Campaña sensibilización contra abuso alcohol 2.200,00 € 4 MOS 1 Asoc. Disminuidos Físicos e Síquicos de Mos Ximnasia de mantemento (Integración) 110 1.400,00 € 2.1 NIGRÁN 1 Asoc.Bs.Padre y Amigos la Esperanza de Vallemiñor Proyecto "Práctica" 216 4.560,00 € 1.1+1,3 OIA 1 Asoc. Cultural Virgen del Mar Desestimada PAZOS BORBÉN 1 Asoc. Padres p. discapacidade intel."ASPAVI" Iniciación na Agricultura Ecolóxica (Agric/Xardiñería) 208 2.800,00 € 2.1 POIO 1 Fed. Galega de Persoas Xordas “FegaXor” Desestimada PONTEVEDRA 18 Asoc. Alcohólicos rehabilitados Pontevedra Asistencia a enfermos alcohólicos e familiares 208 2.800,00 € 2.1 Asoc. Colec Afectados de Fibromialga "CAF" Boas tardes afrontando xuntos a fibromialgia 98 1.400,00 € 2.1 Asoc. Disc. Psíq. Virgen de la O Obradoiro de recompostura 294 4.000,00 € 2.1 Asoc. Discapacitados AMIZADE C. Alfabetización informática +300 4.000,00 € 1.5 Asoc. Escola Tempo Libre "Paspallás" C. Monitores/as de Lecer e Tempo Libre +300 5.800,00 € 1.1 (x orzamento) Asoc. Española Contra el Cáncer Programa Formación Edu… Xóvenes pola saude 198 2.600,00 € 2.1 Asoc. Fam. Enfermos Alzheimer... "AFAPO" Ayúdame a recordar +300 4.000,00 € 2.1 Asoc. Fam.Y amigos enfermos psíquicos "ALBA" Form.para produc. pezas artesanais cerámica. Obradoiro +300 5.920,00 € 1.1 Asoc. Galega da enfermid.de Huntington At. Integral enferm./coidadores enfer. Huntington 300 4.000,00 € 2.1 F.P. Asoc. Gallega Emigrantes Retornados (AGER) V Semana Achegamento 1.560,00 € 4 (x orzamento) Asoc. Jóvenes Empresarios Desestimada Asoc. Juan XXIII P. "CAPACITA" 196 4.540,00 € 1.1+1.3+1.4 Asoc. P. Paralíticos Cerebrales AMENCER Avanzamos con la Red +300 4.000,00 € 1.5 Asoc. Rexurdir Provincial P. inserción laboral internos drogodep. C.P. A Lama 296 4.000,00 € 1.5 Asoc. San Vicente de Paul de Pontevedra C. tapicería e restauración de muebles 300 5.920,00 € 1.1 (Discr. Positiva) Asoc. Sordos de Pontevedra "Río Lérez" C. Lecto-escritura Galego/LSE 156 2.200,00 € 2.1 Down Pontev. "XUNTOS" Asoc.Síndr. Down "Formación no posto" +300 5.920,00 € 1.1 Fundación Secretariado Gitano Compensación Educativa Externa "Chanela-2009" 300 4.000,00 € 2.1 PORRIÑO 1 Asoc.comarcal de ed.esp."ACCESCA" Ocio e vida social para integr. P.Discapacidade Intel. 300 4.000,00 € 2.1 REDONDELA 1 Asoc. Familiares e Enfermos Mentais LENDA Taller de Restauración e Carpintería +300 4.000,00 € 1.5 SALCEDA C. 1 Asoc. minusválidos AMICO Desestimada SANXENXO 1 Prevención Loita conra Droga... "AVANTE" C. incorporación sociolaboral de hostelería 300 5.920,00 € 1.1 TOMIÑO 1 A. Discapacitados do Baixo Miño VONTADE C. de serigrafiado textil y marroquinería +300 5.920,00 € 1.1 TUI 1 V. de Alcoholicos reh. Baixo Miño Da Ese Paso Campaña sensibilización al c. abusivo de alcohol 2.200,00 € 4 VALGA 1 A. Minusvál. Manc. Ulla-Umia "ASMIVALU" Reciclaxe sistemas inform.E pequenos electrodomésticos 204 2.800,00 € 1.5 VIGO 60 Asoc de Dano Cerebral de Vigo "ALENTO" C. Ofimática e Internet Per. Dano Cerebral Adquirido 184 2.400,00 € 1.5 Asoc. Alcohólicos Rehabilitados Vigo "ARVI" C. sensibilización sobre riesgos consumo de alcohol 2.200,00 € 4 Asoc. AREAS C. Teatro e Expresión dramática 80 1.200,00 € 2.1 Asoc. Autismo Vigo Obr. Form. en interven. e coidados persoas con TEA. 96 1.400,00 € 3.1 (x orzamento) Asoc. Axuda enfermo psíquico DOA P Integración Soc. e familiar enferm. mentais crónicos 250 3.400,00 € 2.1 Asoc. Ayuda a los toxicómanos Erguete P. Integr. sociolaboral internos C.Inserción.S. de Vigo 128 1.800,00 € 1.5 Asoc. Bulímicos y Anoréxicos Pont. "ABAP" Campaña de prevención "TOMA MEDIDAS" 2.200,00 € 4 Asoc. Comité Defensa Presos Conc. Arenal Anulan solicitude Asoc. De Ayuda a la Vida. AYUVI C Iniciación a la Costura y Arreglo Prendas 96 1.920,00 € 1.1 Asoc. de famil.e enfer. de Alzheimer AFAGA C.Ayuda domicilio E. Demencias Neurodexenerativas 80 1.600,00 € 3.1 Asoc. de Freijeiro ayuda al necesitado "AFAN" C. Obtención permiso conducir clase B, p. de inclus. S. 300 5.900,00 € 1.1 (x orzamento) Asoc. De Marketing Social "ADEMÁS" P. Capacitación de Auxiliares de Ayuda a Domicilio 300 5.920,00 € 3.1 Asoc. Diabéticos Campamento específico jóvenes diabéticos 300 2.500,00 € 2.1 (x orzamento) Asoc. Fase de Encuentro Actividades de prevención 2.200,00 € 4 Asoc. Favor p. discapacidad inte. ASPANAEX Sensibilización hacia la calidad de vida 2.200,00 € 4 Asoc. G. contra enfer.neuromusculares ASEM Sensibilización e Difusión ASEM Galicia 2009 2.200,00 € 4 Asoc. G. Desenv. Inmigrante/emigrante retorn AZO Técnicas Adm.-Novas Ferramentas de Xestión Empre. 300 5.920,00 € 1.1 Asoc. Galega de Hemofilia Hemoescola 155 2.000,00 € 3.2 Asoc. Galega Xogadores AGAJA Formación monitores de autoaxuda conductas aditivas 182 3.620,00 € 3.1 Asoc. Galicia "ACOLLE" PEI :Programa de Educación Intercultural 1.700,00 € 4 (x orzamento) Asoc. Hoy por Mañana Rede de Tempo de Lecer 110 1.400,00 € 2.1 Asoc. Madres def. Jóvenes Drogod. MADRO P.Axentes de Saúde para familiares Drod. E Afectad. 1.400,00 € 2.1 Asoc. Mulleres de Bouzas Desestimada Asoc. Mulleres Lúa de Bembrive Desestimada Asoc. Mulleres Rurais Comesaña Desestimada Asoc. MulleresAbarís Desestimada Asoc. Niñ. hiperactiv. défic, atenc "ANHIDA" Accións Formativas afectados para integración Social 300 4.000,00 € 2.1 Asoc. P.Trast. Autista C. A Braña APACAF Elaboración e Venda de eco-cestas 300 4.000,00 € 1.5 Asoc. Pais C. Educ. Especial MENELA de Vigo Música e Socialización 125 1.600,00 € 2.1 Asoc. Pais Minusválidos de Pontev. "APAM" "Coide-Arte": a virtude do bo coidador 300 5.920,00 € 3.1 Asoc. Persoas Xordas de Vigo Integración laboral "Nos tamén podemos" 200 3.920,00 € 1.1 Asoc. Promoción Mujer Concepción Arenal Desestimada Asoc. Proxecto INTERPARES Curso "coidados na discapacidade" 96 1.920,00 € 3.1 Asoc. Pueblo Gitano de Galicia Desestimada Asoc. S. Cayetano y Damas de la Providencia Desestimada Asoc. SODINÁUTICA Integración e Normalización Náutica 1.400,00 € 2.1 Asoc. Vecinal Cult. Dep. "SAN XURXO SAINS" Desestimada Asoc. Viguesa de alcoholoxía ASVIDAL P. Capacitación para incorporación socio-laboral 288 3.800,00 € 1.5 Asoc. Viguesa Esclerosis Múltiple Prevención contra o deterioro Físico 1.950,00 € 4 (x orzamento) Asoc. Fibromialgia de Pontev. "AFIBROPO" "Boas Tardes. Afrontando Xuntos a Fibromialxia" 82 1.200,00 € 2.1 Asoc. Down Vigo Asoc. para a Sindrome Down Formación no posto en empresa ordinaria +300 5.920,00 € 1.1 Asociación MANAIA Integración Social e Familiar dos nenos adoptados 100 1.400,00 € 2.1 C. Ocio y Tiempo Libre "NOVAS RUTAS" Discap. Proxecto socioeducativo "Aledar" 300 3.600,00 € 2.1 (x orzamento) Confed. Galega de minusválidos COGAMI C. de ofimática básica 300 5.920,00 € 1.1 Fed. Asoc. F./E. mentais Galicia FEAFES Galicia Desestimada Fed. G… Síndrome Down "Down Galicia" C. form. técnicas almacenaxe / xestión medios materiais +300 5.920,00 € 1.1 Fed. N. Asoc. Ayuda Drogodependiente FENAD Desestimada Feder… Disc. FADEMGA FEAPS GALICIA C. Formación b. para auxiliares de oficina 100 1.920,00 € 1.1 Federación Minusv.Físicos de Pontev.Cogami Curso de ofimática Básica 300 5.920,00 € 1.1 Federación Veciñal "Eduardo Chao" Desestimada Federación….. Autismo Galicia Desestimada Fundac. INTEGRA para discapacidad intelectual Programa de autonomía doméstica +300 3.400,00 € 2.1 Fundación Casa de Caridad Material inventariable Desestimada Fundación ÉRGUETE-INTEGRACIÓN Proxecto EVA 163 3.220,00 € 1.1 Fundación Igual Arte Programa Artístico 300 4.000,00 € 2.1 Fundación Menela Achegamento á discapac. e ó Trastorno Autista 125 1.600,00 € 3.1 (x orzamento) Fundación QUINESIA Formac.inserción laboral persoas con discapacidade 230 4.500,00 € 1.1 (x proxecto) HH. Misioneros Enfermos Pobres … Comenzamos de Cero 300 4.000,00 € 2.1 Médicos do Mundo C. reducción danos persoas en risco de exclusión social +300 4.000,00 € 2.1. S. Desar. Ideas/Técnicas Minusv...."SODIM" Accesibilidade dos portos da Ría de Vigo 99 1.400,00 € 2.1 VILAGARCÍA A. 6 Asoc. Disminuidos Psíquicos "CON ELES" Curso encuadernación para disminuído psíquicos 280 3.800,00 € 2.1 Asoc. Fam. Enf. Alzheimer "Afasal" Espazos Atención Depend. P. enfermidade Alzheimer 294 4.000,00 € 2.1 Asoc. LAR pro-salud Mental Formación agraria en LAR 234 3.200,00 € 1.5 "Ccanvihar V." (Comité Antisida) Deseño… e divulgación m. Prevención VIH/SIDA 2.200,00 € 4 Fundación Amigos de Galicia "O Grelo" C. "Operario de Reciclaxe de Prendas Textis" 175 3.420,00 € 1.1 Fundación Galega contra o Narcotráfico Campaña "Panos Brancos contra a Droga" 2.200,00 € 4 º VILANOVA A. 2 Asoc. de Pais do Centro "OS MECOS" Campamento de verán p. con autismo 168 2.200,00 € 2.1 "BATA. Baión" Asoc. tratamento do autismo Unidade de apoio ambulatorio +300 4.000,00 € 2.1 TOTAL 113 TOTAL 312.790,00 RESUMEN DATOS CONVOCATORIA AÑO 2009: Nº de solicitudes presentadas: 113 Nº de solicitudes informadas positivamente: 94 Nº de Asociacións que anulan a solicitude: 1 Nº de Solicitudes Desestimadas por incumprimento de Bases: 18 x orzamento: quere dicir que é contía que demanda a Asociación aínda que lle podería corresponder outra maior 3.17133.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO A FAVOR DO CONTRATISTA ADXUDICATARIO, CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A., COMO PAGAMENTO DA CERTIFICACIÓN Nº 3/FINAL DA OBRA NÚM.87 DENOMINADA “MODIFICADO Nº1 DE MELLORA DE TRAZADO E CAPA DE RODADURA E.P. 1002 MAGDALENA-ALDÁN (CANGAS), INCLUÍDA NO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN (PPC/07) Dada conta da solicitude de aboo da certificación nº tres/final remitida pola empresa “CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A.” correspondente ó investimento nº 87, denominado “Modificado nº 1 de mellora de trazado e capa de rodadura E.P. 1002 Magdalena-Aldán (Cangas)”, incluído no Plan Provincial de Cooperación (PPC/07), á vista do informe de Intervención de data 6 de xullo de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de douscentos setenta e dous mil novecentos dezanove euros con oitenta e cinco céntimos (272.919,85 €), a favor da empresa, “Construcciones, Obras y Viales, S.A.”, e a teor da aplicación e detalle que deseguido se sinala: CONCEPTO PARTIDA EUROS Construcciones, Obras y Viales, S.A 09/911-511-611.09.2007 (MAP) 136.459,92 € Construcciones, Obras y Viales, S.A 09/911-511-611.09.2007 (Deputación) 136.459,93 € Subtotal 272.919,85 € Taxa dirección de obra Id. 7.908,43 € Retención control de calidade Id. 5.931,30 € Retención Seguridade e saúde Id 1.432,51 € Total descontos 15.263,24 € Líquido a percibir 257.656,61 € Declarar de aboo o importe neto da certificación, unha vez realizados os descontos sobre o bruto da mesma, por importe de douscentos cincuenta e sete mil seiscentos cincuenta e seis euros con sesenta e un céntimos (257.656,61€), a favor da empresa Construcciones, Obras y Viales, SA. con cargo á partida 09/911-511-611.09.2007 como pago da subvención concedida no Plan Provincial de Cooperación 2007 (PPC/07) para o investimento núm. 87 denominado “Modificado nº 1 de mellora de trazado e capa de rodadura E.P. 1002 Magdalena-Aldán (Cangas)”. 4.17134.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Á MANCOMUNIDADE TERRAS DO DEZA CON DESTINO Á ADQUISICIÓN DUN CAMIÓN Dada conta da petición formulada pola Mancomunidade Terras de Deza, CIF V-36459709, pola que solicita unha axuda económica á Deputación de Pontevedra para coadxuvar ós gastos de inversión da mesma, con destino á adquisición dun camión, no marco da cooperación económica entre ambas Institucións, e á vista do informe de Intervención de data 22 de xullo de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a concesión dunha subvención á Mancomunidade Terras de Deza, CIF.: V-36459709, por importe de setenta e tres mil euros (73.000,00€), polo procedemento de concesión directa, con destino á adquisición dun camión, con aplicación á vinculación da partida 09/911.911.763.00 do orzamento provincial, emitíndose a tal fin documento RC núm. 200900061127 e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na adquisición dun camión, non podendo cambiarse o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboamento da subvención concedida, requirirase a previa xustificación da compra, mediante a presentación da factura ou fotocopia debidamente dilixenciada cos requisitos que lle dean validez, acompañada da certificación expedida polo Secretario da Mancomunidade relativa ó acordo de aprobación da mesma. En todo caso, na factura figurará o recibido e conforme do técnico ou persoa encargada da recepción da subministración, debidamente identificado co cargo, nome e apelidos. c) En calquera momento a Deputación Provincial, a través dos seus técnicos, poderá comprobar se a subministración se axusta ó previsto no orzamento e memoria valorada. d) A subministración debe ser xustificado antes do 28 de febreiro de 2010, de non facelo así procederase a anulación da subvención concedida. Non obstante, poderá prorrogarse o prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas pola Mancomunidade, sempre que se solicite antes da data máxima prevista para a súa xustificación, e así o decida a Xunta de Goberno, Presidente ou Deputado Delegado. 5.17135.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO DEZA E TABEIRÓS–TERRA DE MONTES, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 3º TRIMESTRE DO ANO 2009. Á vista da solicitude formulada polo Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes CIF: G-36.291.334, pola que interesa se proceda ó aboo da achega desta Deputación, que ascende a 99.814,72 €, para os gastos de funcionamento do 3º trimestre do ano 2009, e o informe de intervención de data 22 de xullo de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 99.814,72 €, para o 3º trimestre do ano 2009, ó Consorcio para o Servizo Contra Incendios das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes. 2. Declarar de aboo a favor do citado Consorcio a cantidade de 99.814,72 € con cargo á partida 09/911.223.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 200900010971. 6.17136.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA NÚM. 106/1188 “SANEAMENTO DE GAIAMONDE-CHAN DA IGLESIA–FONTE ARCADE E RIAL (PESQUEIRAS)” INCLUÍDA NO PSA/06/08, ANUALIDADE 2008 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de prórroga solicitada polo Concello de Salvaterra de Miño, para xustificar a obra incluída no PSA/06-08, anualidade 2008, co núm. 106/1188, denominada “Saneamento de Gaiamonde-Chan da Igrexa-Fonte Arcade e Rial (Pesqueiras)”, subvencionada con 156.424,71 €. Concédase un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 7.17137.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO Con data 22 de xuño de 2009, número de rexistro de entrada 25147, D. Pedro Mansilla Vázquez, Xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica de Areeiro expón “que na resolución do acordo de encomenda de xestión para a realización do “Proxecto etioloxía, epidemioloxía e control de Fusarium circinatum” publicado o 4 de xuño do presente ano no BOE, que permitirá a través de varias accións coordinadas entre diversos centros de investigación de varias CC.AA. abordar aspectos relacionados coa etioloxía, a epidemioloxía e o control do chancro resinoso do piñeiro. (...) Por tal motivo e para tratar de coordinar os traballos e métodos de actuación para o desenvolvemento deste proxecto de investigación convocouse unha reunión que se celebrará en Vitoria os días 30 de xuño e 1 de xullo de 2009, sendo imprescindible que asista á devandita reunión un Técnico do Centro”. Para iso solicita que se lle conceda permiso para a asistencia, en Comisión de Servizos, así como a indemnización dos gastos ocasionados a Dna. Olga Aguín Casal. A solicitude é informada favorablemente pola Vicepresidenta Dna. Teresa Pedrosa Silva e polo Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida. Examinados os antecedentes que obran no expediente, non consta que á interesada se lle concedese Licenza para asistir a algún curso, congreso ou seminario durante o presente ano. Visto o programa da Conferencia, achegado pola solicitante, e de acordo co establecido no apartado 8 do Acordo da Xunta de Goberno do 9 de marzo de 2007, n.º 9.14880, existe unha correlación directa entre o contido e obxecto deste e o traballo desenvolvido pola interesada no Servizo. Ó terse incorporado ó expediente o informe de Intervención con posterioridade á data de inicio do curso procede a validación desta licenza conforme ó disposto no art.º 67 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común. Ó abeiro do establecido na normativa reguladora das “Licenzas e axudas económicas para asistencia a cursos, conferencias e congresos, xornadas e reunións” aprobada pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 9 de marzo de 2007, tendo en conta os importes fixados no R.d. 462/2002 do 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, validar o acto e conceder a licenza solicitada a Dna. Olga Aguín Casal, Funcionaria de carreira coa categoría de Técnico Superior/Enxeñeira na Estación Fitopatolóxica de Areeiro desta Excelentísima Deputación de Pontevedra, para asistir á reunión do “Proxecto Etioloxía, epidemioloxía e control de Fusarium circinatum” que se celebrou en Vitoria os días 30 de xuño e 1 de xullo de 2009. Tendo en conta os importes fixados no R.d. 462/2002 do 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, o importe total solicitado, cuantifícase nun total de 806,95 €, de acordo coa seguinte desagregación: CONCEPTO IMPORTE Avión (Vigo-Bilbao/Bilbao-Santiago) 380,88 € Taxi Aeroporto de Bilbao - Vitoria 80,00 € Taxi Vitoria – Aeroporto de Bilbao 80,00 € Taxi Pontevedra – Aeroporto de Vigo 46,00 € Taxi Aeroporto de Santiago de Compostela - Pontevedra 98,00 € TOTAL DESPRAZAMENTO…. 684,88 € Concepto Importe Manutención-Grupo II Día 30 de xuño Importe ½ Manutención-Grupo II Día 1 de xullo Total Manutención 37,40 € 18,70 € 56,10 € Aloxamento 65,97 € 0,00 € 65,97 € TOTAL DIETAS… 122,07 € Ditas cantidades imputaranse con cargo ás partidas 714.714.230.01 de axudas por importe de 122,07 €, á 714.714.231.01 de desprazamentos por importe de 684,88€. Finalmente, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizado o Proxecto, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma, os gastos e axudas de manutención, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002, do 24 de maio. 8.17138.- BASES PREMIOS PROVINCIAIS Á CULTURA 2009 De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cultura, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, aprobar a proposta de Bases dos “Premios Provinciais á Cultura-2009, que son do seguinte teor: “BASES DOS “PREMIOS PROVINCIAIS Á CULTURA” Primeira.- A Deputación de Pontevedra, co obxecto de seguir apoiando e impulsando todas as manifestacións culturais da provincia, convoca os premios “Provinciais á Cultura”. Con estes premios a Deputación pretende salientar e impulsar o papel da provincia de Pontevedra no eido da cultura polo que recoñece o labor que están a desenvolver asociacións, fundacións, solistas, agrupacións musicais, concellos, mancomunidades ou agrupacións municipais, nunha provincia comprometida co seu patrimonio cultural. Segunda.- Os premios “Provinciais á Cultura” están dotados cunha contía total de 24.000,00 € imputable á partida 09/451.451.481.01 do vixente orzamento. Terceira.- Obxecto e contía dos premios 1º.-Premio ó proxecto cultural máis innovador// Premio á iniciativa cultural máis vangardista levado a cabo por asociacións culturais e fundacións sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra, este premio está dotado con 6.000,00 €. 2º.- Premio á traxectoria cultural levado a cabo por un colectivo cultural da provincia de Pontevedra ó longo da súa historia e de recoñecido prestixio, dotado con 6.000,00€. 3º.- Premio César Dios “Diosiño”, en recoñecemento ó labor levado a cabo por solistas ou agrupacións musicais da provincia de Pontevedra en defensa da música máis popular, dotado con 6.000,00€. 4º.- Premio á protección ou recuperación do patrimonio público arquitectónico, levado a cabo por: concellos, mancomunidades ou agrupacións municipais da provincia de Pontevedra; a obra de recuperación do patrimonio público ten que estar rematada antes de finalizar o prazo de presentación de candidaturas, dotado con 6.000,00€. Cuarta.- As candidaturas para optar a estes premios poderán ser propostas por: • Presidente da Deputación Provincial. • Asociacións ou fundacións da provincia de Pontevedra. • O mesmo xurado, xa constituído. Quinta.- A presentación de candidatos/as ós premios formularase nun escrito ó presidente da Deputación de Pontevedra, achegando os seguintes documentos: Premio ó proxecto ou iniciativa cultural: acreditación documental do proxecto ou iniciativa cultural da asociación ou fundación proposta para optar ó premio. Premio á traxectoria cultural: acreditación documental da traxectoria cultural do colectivo proposto para optar ó premio. Premio César Dios “Diosiñó”: curriculum vitae da persoa ou da agrupación que aspira ó premio, así como a acreditación dos méritos musicais da persoa ou da agrupación proposta para optar ó premio. Premio á protección ou recuperación do patrimonio público: acreditación documental e audiovisual da protección ou recuperación arquitectónica levado a cabo polo concello, mancomunidade ou agrupación de municipios proposto para optar ó premio. Os documentos e antecedentes que se consideren de interese para o mellor coñecemento dos candidatos propostos para optar ós premios nas diferentes categorías. Sexta.- O prazo de presentación de candidatos/as realizarase a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no BOP, ata o 10 de outubro de 2009. Sétima.- Para adxudicar os premios ós que se refire esta convocatoria constituirase un xurado multidisciplinar integrado polos seguintes membros: • Presidente: o presidente da Deputación ou deputado no que delegue. • Vogais: - o presidente da comisión informativa de Cultura. - o presidente da comisión informativa de Desenvolvemento Industrial, Urbanismo e Vivenda. - o director da Escola de Canteiros. - un representante de asociacións ou fundacións culturais. - un representante do departamento de Cultura. - tres persoas de recoñecido prestixio. • Secretario: o titular da Deputación ou funcionario en quen delegue. Oitava.- Da decisión do xurado e da adxudicación dos premios redactarase unha acta detallada que, asinada por todos os membros do devandito xurado, pasará a coñecemento do presidente da Deputación de Pontevedra, ou o órgano competente en quen delegue, para prestarlle a súa conformidade. As decisións do xurado serán inapelables e queda facultado para resolver todas as dúbidas de interpretación destas bases. Novena.- A entrega dos premios realizarase no marco dun acto institucional, na data e lugar que determine a propia Deputación. 9.17139.- APROBACIÓN DAS FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES NOS CONCELLOS DA PROVINCIA De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Deportes e Xuventude, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a propostas de celebración da Festa da Bicicleta e Marchas populares nos concellos seguintes: AGOSTO A CAÑIZA 1/8/09 FESTA DA BICICLETA RODEIRO 2/8/09 FESTA DA BICICLETA CUNTIS 2/8/09 FESTA DA BICICLETA FORNELO DE MONTES 7/8/09 FESTA DA BICICLETA CRECENTE 8/8/09 FESTA DA BICICLETA ARBO 8/8/09 FESTA DA BICICLETA AGOLADA 11/8/09 FESTA DA BICICLETA CALDAS DE REIS 15/8/09 FESTA DA BICICLETA CANGAS 16/8/09 FESTA DA BICICLETA VILA DE CRUCES 22/8/09 FESTA DA BICICLETA COTOBADE 22/8/09 FESTA DA BICICLETA PONTE CALDELAS 23/8/09 FESTA DA BICICLETA MONDARIZ 23/8/09 FESTA DA BICICLETA VALGA 29/8/09 FESTA DA BICICLETA ILLA DE AROUSA 29/8/09 FESTA DA BICICLETA BUEU 30/8/09 FESTA DA BICICLETA 10.17140.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.17141.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE COTOBADE, PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA NÚM. 351-275/1227, “TERMINACIÓN ACONDICIONAMENTO DIVERSOS CAMIÑOS”, INCLUÍDA NO PAM/06-08, ANUALIDADES 2007-2008 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de prórroga solicitada polo Concello de Cotobade, para xustificar a obra incluída no PAM/06-08, anualidades 2007-2008, co núm. 351-275/1227, denominada “Terminación acondicionamento diversos camiños”, subvencionada con 197.922,75 € na anualidade 2007 e con 191.130,86 € no 2008. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 12.17142.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DIVERSAS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVADES 2009, 4ª RELACIÓN A Xunta de Goberno, á vista dos expedientes e dos informes da Comisión Avaliadora e de Intervención, acorda por unanimidade: Aprobar a concesión de subvencións ás entidades locais, que figuran en anexo aparte, para as actividades que se relacionan no mesmo, por un importe total de 2.500,00 €, dentro do 80% da contía do programa destinado ó procedemento de concorrencia competitiva, así como a cantidade de 10.000,00 €, dentro do 20% de libre disposición do Presidente, todas elas con cargo á partida 09/911.911.462.00 do vixente orzamento provincial, con suxeición ás condicións seguintes: a) As subvencións concédense para colaborar na execución das devanditas actividades, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. b) Para o aboamento da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das actividades, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As actividades que se acollan a este programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 28 de febreiro de 2010, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL - SECCIÓN ACTIVIDADES / 2009 (PAM_A/09) Partida: 2009.911.911.46200 Importe: 800.000,00 € Referencia Cif Concello Detalle Orzamento Solicitado Concedido Ba Concedido Ld 2009000192 P3604200J Concello de Ponteareas Festas dos Remedios e San Miguel 75.470,89 10.000,00 10.000,00 2009000313 P3605900D Concello de Vila de Cruces XVI Festival de Bandas de Galicia 8.633,36 8.633,36 2.500,00 Total 2.500,00 € 10.000,00 € 13.17143.- CONCESIÓN DE AXUDAS PARA A DOTACIÓN DE VEHICULOS PARA O TRANSPORTE DE PERSOAS A INSTITUCIÓNS E ENTIDADES SOCIAIS SEN ÁNIMO DE LUCRO. 3ª SELECCIÓN Esta Deputación Provincial, Caixanova e Automóviles Citroën España S.A subscribiron, con data 22 de outubro de 2008, un convenio de colaboración para a dotación de vehículos para o transporte de persoas a Institucións e Entidades sociais sen ánimo de lucro, con fins asistenciais ou deportivos. En cumprimento do disposto na cláusula quinta do convenio, a Deputación efectuou unha convocatoria que foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de data 27 de outubro de 2008. Coa finalidade de poder atender o maior número posible das peticións efectuadas con arraxo á convocatoria, as Entidades Patrocinadoras incrementaron a achega inicial en 300.000,00 euros cada unha delas, subscribindo para elo unha addenda ó convenio, que foi aprobada pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 18 do actual mes de febreiro. A base sexta da convocatoria estableceu a constitución dunha comisión integrada por representantes da Deputación e Caixanova para valorar as peticións con arranxo ós criterios establecidos. Esta Comisión efectuou no seu momento a selección de 71 beneficiarios pero non esgotou o crédito dispoñible, podendo seleccionar entre oito ou nove peticións en función do custo de cada vehículo. A Comisión en reunión celebrada o día 27 de xullo efectuou proposta de conceder axudas a cinco solicitantes que obtiveron a maior puntuación nesta terceira selección. Propón, como caso excepcional conceder un segundo vehículo á Escola de Piragüismo de Pontevedra debido a que sufriron recentemente un accidente, e un dos vehículos de que dispoñían quedou practicamente inservible, sendo de todo necesario, para realizar a súa actividade o contar cun novo. Así mesmo, expón que a Confraría de Pescadores de Moaña solicitara un vehículo, e que en varias ocasións reiterou a súa petición ó Presidente, ó ter unha necesidade urxente da súa dotación, polo que propón que se lle conceda o vehículo solicitado, ó ser a única petición deste tipo de Institución que se efectuou en prazo e forma. Como Citroën España, S.A. elevou a súa achega ó 30,7 %, en base ó previsto na cláusula terceira do Convenio, por conseguinte a achega das outras Entidades Patrocinadoras Caixanova, Deputación e o beneficiario será do 23,1 %. Vistos os informes obrantes no expediente e aceptando a proposta da Comisión de Valoración a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Conceder axudas para a dotación de vehículos para o transporte de persoas ós seguintes peticionarios (3ª selección)e polo importe que se indica: Nº Nome da Institución ou Entidade Concello Modelo Vehículo Importe (IVE incluído e opcións) Valoracións 1 2 3 4 5 Total Asistenciais 1 Club Deportivo de Sordos de Poio Poio Jumpy HDI 120 Combi 8/9 p, con aire acondicionado 26.693,00 € 1.500,00 € __________ 28.193,00 € 15 7 10 32 2 Asociación Avelaiña de axuda ás persoas con problemas de saúde mental A Guarda Jumpy HDI 92 Combi L 8/9 p 25.011,00 € 15 6 5 5 31 Deportivas 1 Escuela de piragüismo Ciudad de Pontevedra Pontevedra Jumper HDI 160 Combi Conf 9p 33 L2H2 con aire acondicionado e 3ª fila de asentos 33.956,00 € 10 10 3 5 1 29 2 Club Piragüismo Verducido-Pontillón Pontevedra Jumpy HDI 120 Combi 8/9 p con aire acondicionado 27.519,00 € 5 10 3 5 1 29 3 Club de Remo Chapela Chapela Jumper Combi Club 33 L2H2 160 con aire acondicionado e portas traseiras 36.235,00 € 5 10 0 5 5 25 4 Keltoi Cruces Vila de Cruces Jumper CL 33 L2H2 (con panel separación e ensanchamento do eixe traseiro) 31.830,00 € 232,00 € + 174,00 € 32.236,00 € 6 7 1 10 1 25 Outras Asociacións 1 Confraría de Pescadores de Moaña Moaña Jumpy HDI 120 L1H1 26.273,44 € 5 15 5 - 5 30 2.- Aprobar o financiamento que corresponde a cada entidade segundo o seguinte detalle. nº Nome da Institución ou Entidade Importe Total Achega Citröen Achega Deputación Achega Caixanova Achega Beneficiario 1 Club deportivo de sordos de Poio 28.193,00 € 8.655,25 6.512,58 6.512,58 6.512,58 2 Asociación Avelaiña de axudas ás persoas con problemas de saúde mental 25.011,00 € 7.678,38 5.777,54 5.777,54 5.777,54 3 Escuela de Pirgagüismo Ciudad de Pontevedra 33.956,00 € 10.424,49 7.843,84 7.843,84 7.843,84 4 Club Piragüismo Verducido-Pontillón 27.519,00 € 8.448,33 6.356,89 6.356,89 6.356,89 5 Club de remo Chapela 36.235,00 € 11.124,15 8.370,29 8.370,29 8.370,29 6 keltoi Cruces 32.236,00 € 9.896,45 7.446,52 7.446,52 7.446,52 7 Confraría de Pescadores de Moaña 26.273,44 € 8.065,95 6.069,16 6.069,16 6.069,16 Total 209.423,44 € 64.293,00 € 48.376,81 € 48.376,81 € 48.376,81 € 3.- De conformidade co previsto nas bases da convocatoria, subscribirase un convenio con cada un dos beneficiarios. 4.- Antes de proceder á matriculación do vehículo deberán ingresar o 23,1 % do seu importe, no prazo máximo de dous meses a partir da data de formalización do convenio individual. 14.17144.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMETNO ABERTO, DO SISTEMA CORPORATIVO DE CONTROL HORARIO E DO PORTAL DO FUNCIONARIO NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A Deputación dentro do proceso de modernización que esta levando a cabo para adaptarse ás novas tecnoloxías, pretende mellorar o sistema de Control horario interno que está utilizando na actualidade no Pazo Provincial ademais de expandilo ó resto de edificios da institución. Á súa vez, tamén se pretende facilitar información e acceso a trámites ós empregados a través dun “portal do empregado” o que dará celeridade a diversos expedientes relacionados co persoal. Para o devandito proxecto resulta necesario contratar unha empresa externa ó non contar a Deputación con medios abondo, tanto humanos coma técnicos, ademais da complexidade de execución deste. O orzamento de dita contratación estímase nunha cantidade máxima de cento corenta mil euros (140.000,00 €), IVE incluído. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ha de rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, no que certifica a existencia de consignación orzamentaria. Considerando o disposto nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar, mediante procedemento aberto, o sistema corporativo de control horario e do portal do funcionario na Deputación de Pontevedra, por tipo de licitación de cento vinte mil seiscentos oitenta e nove euros con sesenta e seis céntimos (120.689,66 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de dezanove mil trescentos dez euros con trinta e catro céntimos (19.310,34 €). Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Autorizar o gasto con cargo ás partidas e cantidades que se sinalan a continuación: PARTIDA CANTIDADE 09/132.121.626.01 70.000,00 € 09/132.121.640.00 70.000,00 € -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o Concurso como Lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DO SISTEMA CORPORATIVO DE CONTROL HORARIO E DO PORTAL DO FUNCIONARIO NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 1.- OBXECTO.- A creación dun sistema corporativo do control de horario e portal do funcionario na Deputación Provincial de Pontevedra, que comprenderá as seguintes actuacións: a) A subministración, instalación, parametrización e posta en marcha dunha aplicación informática de xestión integral de control horario e portal do funcionario. O adxudicatario debe subministrar unha aplicación de xestión horaria que inclúa os seguintes módulos: - Control horario. - Planificador de quendas para os centros que o necesiten. - Portal do Empregado. - Control de accesos ó CPD do Pazo Provincial. b) Deberanse subministrar e poñer en marcha os terminais de captura de datos que alimenten a esta aplicación. c) A subministración dun mínimo de 1200 tarxetas de empregado tipo híbrido Mifare 4 k - chip e unha impresora de tarxetas. d) Deberase parametrizar e adaptar as funcionalidades da aplicación informática contratada ás características e requirimentos definidos na fase previa de consultoría que realizará o adxudicatario, e que serán validadas polos responsables dos servizos de Recursos Humanos e Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra. e) Así mesmo, o adxudicatario formará ó persoal da Deputación de Pontevedra sobre o uso da aplicación a distintos niveis: administradores informáticos, supervisores de Recursos Humanos, supervisores de Departamento, empregados finais, etc. f) O contrato contemplará tamén o mantemento e soporte da aplicación e dos terminais. Todo iso de conformidade coas características técnicas mínimas esixidas no prego de prescricións técnicas. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo ás partidas e cantidades que se sinalan a continuación: PARTIDA CANTIDADE 09/132.121.626.01 70.000,00 € 09/132.121.640.00 70.000,00 € 3.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da LCSP. 4.- TIPO DE LICITACIÓN.- Establécese como orzamento de licitación a cantidade de cento vinte mil seiscentos oitenta e nove euros con sesenta e seis céntimos (120.689,66 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de dezanove mil trescentos dez euros con trinta e catro céntimos (19.310,34 €). 5.- PRAZO E LUGAR DE EXECUCIÓN.- Para a execución da totalidade do contrato establécese un prazo máximo de seis meses a contar dende a formalización deste. O servizo de control horario xunto cos demais requirimentos establecidos no prego realizarase nos centros establecidos no Anexo G01. 6.- PAGAMENTO.- O adxudicatario terá dereito ó pagamento, conforme ó prezo convido e efectuarase contra a presentación da correspondente factura, unha vez efectuada a recepción de todo o hardware e software, así como dos resultados da consultoría, e prestando a conformidade o Servizo de Novas Tecnoloxías. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 66 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles contados a partir do seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso concederáselle a este un prazo de dez días hábiles para cumprir o sinalado no parágrafo anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), durante un prazo de quince días naturais (artigo 143.2 da LCSP), a contar dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: - Nome do Licitador. - CIF. - Dirección e teléfono de contacto. - Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: SOBRE A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación do sistema corporativo de control horario e do portal do funcionario na Deputación de Pontevedra”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, no seu caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de exercer a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 4.- A solvencia económica e financeira do empresario acreditarase con: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Declaración sobre o volume global de negocios e, no seu caso, sobre o volume de negocios no ámbito de actividades correspondente ó obxecto do contrato, referido como máximo ós tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario, na medida que se dispoña das referencias de dito volume de negocios. 5.-Acreditación da solvencia técnica, polos seguintes medios: a. Relación dos principais contratos de características similares efectuados durante os tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado destes. As subministracións, servizos e instalacións efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. b. Indicación do persoal técnico ou unidades técnicas, integradas ou non na empresa, dos que se dispoña para a execución do contrato, especialmente os encargados do control de calidade. c. Descrición das instalacións técnicas, das medidas empregadas para garantir a calidade e dos medios de estudo e investigación da empresa. d. Certificados expedidos polos institutos ou servizos oficiais encargados do control de calidade, de competencia recoñecida, que acrediten a conformidade de produtos perfectamente detallada mediante referencias a determinadas especificacións ou normas. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores, agás o punto número 5, poderase realizar mediante a certificación dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo do cal o órgano de contratación poida, se o considera conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Para as empresas estranxeiras, nos casos en que o contrato vaia executarse en España, a declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. SOBRE B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, deberase poñer a seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación do sistema corporativo de control horario e do portal do funcionario na Deputación de Pontevedra”. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinados e selados polo representante legal da empresa. A continuación presentaranse os seguintes datos tanto en formato de papel coma en soporte CD ou DVD. Dito CD ou DVD levará a seguinte etiqueta: EMPRESA Nome de Ficheiros Oferta_Tecnica.doc Arquitectura.vsd Cronograma de traballo.mpp A oferta técnica presentarase en formato .doc (agás os puntos 2 e 10, que se presentarán en formato .vsd e .mpp, respectivamente). O tipo de letra utilizado será Arial 10, agás para os títulos que será Arial 12 e Arial 14. Utilizarase interliñado a 1,5 e o espaciado entre parágrafos será a 0,6 ptos. A oferta técnica conterá como mínimo os seguintes elementos na seguinte orde: 1. Breve resumo da oferta cunha descrición xeral. 2. Gráfico da arquitectura formulada (formato Visio). 3. Descrición da aplicación de control horario. 4. Descrición do módulo de empregado. 5. Descrición dos terminais Tipo A. 6. Descrición dos terminais Tipo B. 7. Descrición do terminal de Control de Acceso ó CPD. 8. Descrición da impresora de tarxetas. 9. Descrición das tarxetas subministradas. 10. Cronograma de traballo (formato Project). 11. Descrición do proceso de consultoría e análise. 12. Descrición do plan de implantación. 13. Descrición do plan de probas. 14. Descrición da xestión do proxecto. 15. Descrición do plan de Formación. 16. Descrición do enlace coas aplicacións actuais de xestión de nómina e RRHH 17. Descrición do mantemento e soporte que se proporcionará (garantía). 18. Recursos Humanos achegados ó proxecto. 19. Descrición dos métodos de seguridade implantados na aplicación. 20. Descrición das formas de acceso á aplicación e ó módulo de empregado: internos, externos, etc. 21. Descrición dos mecanismos de cumprimento da LOPD da aplicación. 22. Descrición das melloras achegadas polo adxudicatario non determinadas polo prego (aquelas que propoña o adxudicatario). 23. Información que o adxudicatario desexe presentar. Poderán ser excluídas do procedemento aquelas ofertas que incumpran as condicións de presentación establecidas. A non presentación ou omisión de calquera dos soportes solicitados poderá ser motivo de exclusión do presente procedemento. SOBRE C: Documentos correspondentes á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación do sistema corporativo de control horario e do portal do funcionario na Deputación de Pontevedra”. Presentarase pechado e contendo o seguinte modelo de proposición: Don ____ con DNI n.º _____, maior de idade e con domicilio para os efectos de notificacións en ____ teléfono ____ actuando en nome (propio ou da empresa a que represente)____, manifesta que, decatado do anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia, e conforme con todos os requisitos e condicións que se esixen no Prego de Cláusulas Administrativas e de Prescricións Técnicas que rexerá dita licitación e na representación que ostenta comprométese a asumir o cumprimento do contrato do “Sistema corporativo de control horario e do portal do funcionario na Deputación de Pontevedra”, polo prezo global de: IMPORTE SEN IVE PARTIDA CORRESPONDENTE Ó IVE IMPORTE NOVOS ELEMENTOS Denominación do Elemento Prezo ofertado sen Ive Partida correspondente ó Ive Mantementos e soporte unha vez finalizado o período de garantía Terminais Tipo A que se necesiten a maiores Terminais Tipo B que se necesiten a maiores Licenzas de Usuario Final que se necesiten a maiores (en caso de ter custo) Licenzas de Supervisores de Departamento que se necesiten a maiores (en caso de ter custo) Licenzas de Supervisores de RRHH que se necesiten a maiores (en caso de ter custo) Licenzas de Administradores que se necesiten a maiores (en caso de ter custo) Tarxetas que se necesiten a maiores (100 unidades) A empresa poderá ofertar as seguintes melloras determinadas polo prego: Mellora Especifica Especificar Si/Non Ofertada Especificar nº de Unidades se Procede Licenzas ilimitadas da aplicación para usuarios finais, supervisores e administradores Aumento na subministración de terminais de Tipo A para manter en stock (especificar número de unidades) Aumento na subministración de terminais de Tipo B para manter en stock (especificar número de unidades) Aumento na subministración de tarxetas (especificar número de unidades) Aumento no número de horas de consultoría – (especificar número de horas) Enroll en cada un dos terminais Terminais Tipo A con display a cor, pantalla de un mínimo de 5’’, pantalla táctil, 64 Mb de Ram, interfaz Ethernet 10/100, portos USB e cámara integrada para facer fotos ante eventos Que os terminais tipo A permitan ser personalizados coa imaxe corporativa da Deputación (en pantalla e fisicamente) Que os terminais tipo B veñan equipados con software adicional de xestión de usuarios, xestión de logs, control de acceso a Windows biométrico,… Aplicación en galego Que a aplicación sexa 100% web Que a aplicación permita a confección masiva de cartas escritas (mailing) para o seu envío a determinados empregos en función da ocorrencia de determinadas situacións Que se permita incorporar xustificantes escaneados en PDF o calquera outro documento escaneado que se crea conveniente no módulo do empregado Que o módulo do empregado se poida personalizar coa nova imaxe corporativa da Deputación de Pontevedra (logos, fontes, etc.) Valorarase a integración da aplicación con Active Directory e a posible extracción de datos para o módulo do empregado dos aplicativos de Recursos Humanos, Nómina e Active Directory Valorarase que os aplicativos poidan ser instalados nun entorno virtualizado Valorarase o aumento do período de mantemento, soporte e garantía (especificar anos de aumento) FORMATO ELECTRÓNICO A oferta económica tamén deberá presentarse en CD ou DVD, en formato Excel 2003, e coas táboas do modelo de proposición referentes á oferta global do contrato, respecto ós novos elementos, e outra respecto ás melloras, debendo denominarse Importe_oferta.xls, Importes_novos_elementos.xls e Melloras.xls e CaracterísticasMelloras.doc, respectivamente. Dito CD ou DVD levará a seguinte etiqueta: EMPRESA Nome de Ficheiros Importe_oferta.xls Importes_novos_elementos.xls Melloras.xls CaracterísticasMelloras.doc NOTAS ACLARATORIAS Importe Novos Elementos Na táboa IMPORTE NOVOS ELEMENTOS detállanse un conxunto de novos servizos que a Deputación Provincial de Pontevedra poderá ir demandando e para os que o adxudicatario manterá os prezos durante o tempo de garantía e os dous anos posteriores (co aumento do IPC correspondente). Os servizos que se demanden, tanto novos como ampliacións, serán obxecto de facturación se procede. Melloras determinadas polo prego O licitador poderá ofertar as melloras xa determinadas no prego, indicando na táboa de melloras do modelo de proposición as palabras SI OFERTADA ou NON OFERTADA, xuntamente co número de unidades se procede. Deberase especificar en documento independente, que se incluirá neste sobre, as características das melloras ofertadas (especificando no seu caso as unidades). Este documento crearase en formato .doc seguindo as mesmas instrucións de formato que as especificadas para a presentación da oferta técnica. A indicación de SI OFERTADA considerarase como un compromiso firme da empresa de incluír esa mellora. A mellora considérase incluída dentro do prezo ofertado polo licitador no contrato global. Poderán ser excluídas do procedemento aquelas ofertas que incumpran as condicións de presentación establecidas. A non presentación ou omisión de calquera dos soportes solicitados poderá ser motivo de exclusión do presente procedemento. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada do seguinte xeito: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Deputación. -O Interventor da Deputación. -O Responsable do Servizo de Novas Tecnoloxías. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Deputación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que fosen cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, que a avaliasen e ponderasen seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C. 12.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1. -Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 37,5 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: • Arquitectura formulada (1,5 puntos). • Proposta técnica: aplicación, módulo de empregado, terminais, impresora, tarxetas, etc. (6,5 puntos). • Cronograma de traballo (1 punto). • Proceso de consultoría e análise (5 puntos). • Plan de Implantación (2 puntos). • Plan de probas (2,5 puntos). • Xestión do Proxecto (1,5 puntos). • Plan de Formación (4 puntos). • Enlace coas aplicacións actuais de xestión de nómina e RRHH (1,5 puntos). • Mantemento e soporte que se proporcionará (garantía) (2 puntos). • Recursos Humanos achegados ó proxecto (1,5 puntos). • Métodos de seguridade implantados na aplicación. (1 punto). • Formas de acceso á aplicación e ó módulo de empregado: internos, externos, etc. (2 puntos). • Mecanismos de cumprimento da LOPD da aplicación (1,5 puntos). • Melloras ó proxecto achegadas polo usuario non determinadas polo prego (4 puntos). 12.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre C): Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 62,5 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 12.2.1.- Redución prezo de licitación, ata un máximo de 28 puntos Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 12.2.2. -Prezos dos novos elementos, ata un máximo de 7 puntos: - Prezo do Mantemento e soporte unha vez finalizado o período de garantía (2 puntos). - Prezo dos Terminais Tipo A que se necesiten a maiores (1,25 puntos). - Prezo dos Terminais Tipo B que se necesiten a maiores (0,25 puntos). - Prezo das Licenzas de Usuario Final que se necesiten a maiores (en caso de ter custo) (1,75 puntos). - Prezo das Licenzas de Supervisores de Departamento que se necesite a maiores (en caso de ter custo) (0,5 puntos). - Prezo das Licenzas de Supervisores de RRHH que se necesite a maiores (en caso de ter custo) (0,25 puntos). - Prezo das Licenzas de Administradores que se necesiten a maiores (en caso de ter custo) (0,25 puntos). - Prezo das Tarxetas que se necesiten a maiores (100 unidades) (0,5 puntos). A ponderación dos prezos dos novos elementos efectuarase conforme a seguinte fórmula (tendo en conta que o que interesa é minimizar o prezo, polo que a peor oferta é a que teña o prezo mais alto): P = (M*(C-O)/(C-B)) Onde: P: Puntuación. O: Oferta licitador. B: Mellor oferta. C: Peor oferta. M: Puntuación máxima establecida no elemento especifico. 12.2.3 Melloras especificas do prego, ata un máximo de 27,5 puntos. - Licenzas ilimitadas da aplicación para usuarios finais, supervisores e administradores (4,8 puntos). - Aumento na subministración de terminais Tipo A e Tipo B para manter en stock (1 punto). (*). - Aumento na subministración de tarxetas (0,25 puntos) (*). - Aumento no número de horas de formación (1 punto) (*). - Aumento no número de horas de consultoría (0,50 puntos) (*). - Enroll en cada un dos terminais (0,25 puntos). - Terminais tipo A con display a cor, pantalla dun mínimo de 5'', pantalla táctil, 64 Mb de Ram, interface Ethernet 10/100, portos USB e cámara integrada para facer fotos ante eventos (9 puntos). - Que os terminais tipo A permitan ser personalizado coa imaxe corporativa da Deputación (logo,…) (0,1 puntos). - Valorarase que os terminais tipo B veñan equipados con software adicional de xestión de usuarios, xestión de logs, control de acceso a Windows biométrico... (0,1 puntos). - Valorarase que a aplicación estea en galego (0,5 puntos). - Valorarase que a aplicación sexa 100% web (3,5 puntos). - Valorarase que a aplicación permita a confección masiva de cartas escritas (mailing) para o seu envío a determinados empregados en función da ocorrencia de determinadas situacións (1 punto). - Valorarase que se permita incorporar xustificantes escanear en PDF ou calquera outro documento escanear que se crea conveniente no módulo do empregado (1 punto). - Valorarase que o módulo do empregado se poida personalizar coa nova imaxe corporativa da Deputación de Pontevedra (logos, fontes, etc.) (1 punto). - Valorarase a integración da aplicación con Active Directory e a posible extracción de datos para o módulo do empregado dos aplicativos de Recursos Humanos, Nómina e Active Directory (0,5 puntos). - Valorarase que os aplicativos poidan ser instalados nun ámbito virtualizado (0,5 puntos). - Valorarase o aumento do período de mantemento, soporte e garantía (*)(2,5 puntos). Aquelas melloras que fosen ofertadas no modelo de proposición seguindo as indicacións da base 8.2, recibirán automaticamente a puntuación establecida, agás nos parámetros marcados co signo (*), no que se realizará un comparativo entre as distintas melloras ofertadas polas empresas en función da seguinte fórmula (tendo en conta que o que interesa é maximizar o número de unidades, polo que a peor oferta é a que menos unidades ofreza): P = (M*(O-C)/(B-C)) Onde: P: Puntuación O: Oferta licitador B: Mellor oferta C: Peor oferta M: Puntuación máxima establecida no elemento especifico 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, á vista da proposta da Mesa de Contratación, clasificará as proposicións presentadas e admitidas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e se publicará no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra (www.depo.es) ou no Boletín Oficial da Provincia. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e sexa constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución deste. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación de Pontevedra difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 18.- GARANTÍA E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA POR VICIOS OU DEFECTOS DURANTE O PRAZO DE GARANTÍA.- O prazo de garantía fíxase, como mínimo, nun ano dende a entrega dos equipos e a súa posta en funcionamento. Se durante o prazo de garantía se acreditase a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados, no seu funcionamento ou nos servizos prestados neste contrato terá dereito a Administración a reclamar do contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a reparación destes se fose suficiente, ou a prestación correcta do servizo. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación de ditos bens non serán bastantes para lograr aquel fin, poderá, antes de expirar dito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, se é o caso, á recuperación do prezo satisfeito. Rematado o prazo de garantía sen que a Administración formalizase algún dos reparos ou a denuncia á que nos referimos, o contratista quedará exento de responsabilidade por razón dos bens subministrados. 19.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no sobre A de “Documentos” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración dispoñerá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 20.- PRERROGATIVAS DA ADMINISTRACIÓN.- Dentro dos límites e con suxeición ós requisitos e efectos sinalados na Lei de Contratos do sector publico, o órgano de contratación ostenta a prerrogativa de interpretar os contratos administrativos, resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificalos por razóns de interese público, acordar a súa resolución e determinar os efectos desta. 21.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 206 e 275 da LCSP. 22.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 23.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativa, a teor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. (Data e sinatura do propoñente)” Os anexos son os que seguen: ANEXO 1: Fórmula. ANEXO G01: Centros obxecto de concurso. ANEXO G02: Empregados por niveis. Anexo 1: FÓRMULA ANEXO G01: Centros obxecto de concurso: Relación informativa de centros para os que se demanda prestar o servizo de control horario xunto cos seus requirimentos. EDIFICIO RÚA C.P. CONCELLO REQUERIMIENTOS PAZO PROVINCIAL Gran Vía de Montero Ríos, s/n 36071 Pontevedra 2 terminais Tipo A EDIFICIO DE EDUCACIÓN Gran Vía de Montero Ríos, s/n 36071 Pontevedra 1 terminal Tipo A NOVO CPD Gran Vía de Montero Ríos, s/n 36071 Pontevedra 1 terminal para controlar el Acceso al CPD CENTRO INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE Avenida de Montecelo 36161 Pontevedra 2 terminais Tipo A CENTRO VACACIONAL DA LANZADA San Vicente do Mar 36980 O Grove 1 terminal Tipo A PATRONATO DE TURISMO RÍAS BAIXAS Avda. Santa María, s/n 36002 Pontevedra 1 terminal Tipo A OFICINA DE INFORMACIÓN DO PATRONATO DE TURISMO RÍAS BAIXAS DO AEROPORTO DE VIGO Aeroporto de Peinador 36200 Vigo Control con lector de pegada para PC y software (Terminal Tipo B) SEDE VIGO Oporto, 3 36202 Vigo 1 terminal Tipo A FINCA MOURISCADE Lugar de Mouriscade, s/n (Vilanova) 36550 Lalín 1 terminal Tipo A FINCA AREEIRO Lugar de O Rozo, s/n Bajo 36153 Pontevedra 1 terminal Tipo A FINCA CASTELO DE SOUTOMAIOR Rial, s/n 36691 Soutomaior 1 terminal Tipo A IMPRENTA Paseo Domingo Fontán, s/n 36005 Pontevedra 1 terminal Tipo A PARQUE DE MAQUINARIA DE PONTEVEDRA Paseo de Domingo Fontán, s/n 36005 Pontevedra 1 terminal Tipo A PARQUE MAQUINARIA GONDOMAR Ameixeira, s/n – Bajo 36380 Gondomar Control con lector de pegada para PC e software (Terminal Tipo B) PARQUE MAQUINARIA LALÍN Polígono Industrial de Botos 36519 Lalín Control con lector de pegada para PC e software (Terminal Tipo B) PARQUE MAQUINARIA PONTEAREAS Lugar de Lomba do Cruceiro, s/n (Ribadetea) 36860 Ponteareas Control con lector de pegada para PC e software (Terminal Tipo B) PARQUE MAQUINARIA CODESEDA O Carballiño, 12 - Codeseda 36684 Estrada Control con lector de pegada para PC e software (Terminal Tipo B) ESCUELA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA Joaquín Costa, 41 – Hospital Provincial de Pontevedra 36004 Pontevedra Control con lector de pegada para PC e software (Terminal Tipo B) ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA Illa do Santo, 2 – Boavista – La Caeira 36005 Poio 1 terminal Tipo A MUSEO DE PONTEVEDRA (Edificio Fernández López) Pasantería, 10 36002 Pontevedra 1 terminal Tipo A compartido para os tres centros MUSEO DE PONTEVEDRA (Edificio Castro Monteagudo) Pasantería, 12 36002 Pontevedra MUSEO DE PONTEVEDRA (Edificio García Florez) Pasantería, 12 36002 Pontevedra MUSEO DE PONTEVEDRA (Edificio Sarmiento) Sarmiento, 51 36002 Pontevedra 1 terminal Tipo A MUSEO DE PONTEVEDRA (Novo Edificio del Museo) Padre Amoedo, 3 36002 Pontevedra 1 terminal Tipo A ARCHIVO PROVINCIAL Padre Amoedo, 1 36002 Pontevedra 1 terminal Tipo A O.R.A.L. (Sede Principal) Avda. de Marín, 9 36071 Pontevedra 2 terminais Tipo A SEDE O.R.A.L. Ponteareas Daniel Ojea, 5 - Bajo 36860 Ponteareas xa existente (Nitgen Fingkey Hamster) SEDE O.R.A.L. A Estrada Avda. Benito Vigo, 47 36680 A Estrada xa existente (Nitgen Fingkey Hamster) SEDE O.R.A.L. Arbo Rúa da Biblioteca, s/n – Bajo (Biblioteca Miguel Dávila) 36430 Arbo Control con lector de pegada para PC y software (Tipo B) SEDE O.R.A.L. Sanxenxo Carlos Casas, 8 – Bajo 36960 Sanxenxo xa existente (Nitgen Fingkey Hamster) SEDE O.R.A.L. Cangas Rúa Castelao, s/n - Bajo (Edificio do Concello) 36940 Cangas xa existente (Nitgen Fingkey Hamster) SEDE O.R.A.L. Tui Coruña, 26 – Bajo 36700 Tui xa existente (Nitgen Fingkey Hamster) SEDE O.R.A.L. Comarca do Val Miñor Rúa Damas Apostólicas, 15 – Bajo (Ramallosa) 36350 Nigrán xa existente (Nitgen Fingkey Hamster) SEDE O.R.A.L. Vilagarcía de Arousa Avda. Doutor Tourón, 48 – Oficina de Recaudación 36600 Vilagarcía de Arousa xa existente (Nitgen Fingkey Hamster) SEDE O.R.A.L. Moaña Av. Fragata Almansa – Real, 5 – Bajo 36950 Moaña Control con lector de pegada para PC e software (Tipo B) SEDE O.R.A.L. Pontecaldelas Avenida de Galicia, 17 – Bajo (Edificio del Ayuntamiento) 36820 Pontecaldelas Control con lector de pegada para PC e software (Tipo B) SEDE O.R.A.L. Comarca do Deza Rúa da Garda Civil, 26 – Bajo 36500 Lalín xa existente (Nitgen Fingkey Hamster) SEDE O.R.A.L. Caldas de Reis Herrería, 1 – Bajo 36650 Caldas de Reis xa existente (Nitgen Fingkey Hamster) SEDE O.R.A.L. A Cañiza Progreso - Edif.Xulgados 36880 A Cañiza xa existente (Nitgen Fingkey Hamster) SEDE O.R.A.L. Cambados Ourense, 8 – Bajo 36630 Cambados xa existente (Nitgen Fingkey Hamster) SEDE O.R.A.L. O Rosal Pr. do Calvario, 1 – Bajo 36770 O Rosal Control con lector de pegada para PC e software (Tipo B) SEDE O.R.A.L. Vilanova de Arousa Pr. Mercado – Vilamaior (Caleiro) 36620 Vilanova de Arousa xa existente (Nitgen Fingkey Hamster) SEDE O.R.A.L. O Porriño El Pinar, 5 – Bajo (Urb. el Sol) 36400 O Porriño xa existente (Nitgen Fingkey Hamster) ANEXO G02: Empregados por niveles: Relación informativa do número de empregados por centros subdivididos en función do seu nivel profesional Edificio Supervisores de Departamento Empregados Finais PAZO PROVINCIAL 25 180 CENTRO INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE 10 180 CENTRO VACACIONAL DE LA LANZADA 2 15 PATRONATO DE TURISMO RÍAS BAIXAS 2 15 OFICINA DE INFORMACIÓN DEL PATRONATO DE TURISMO RÍAS BAIXAS DEL AEROPUERTO DE VIGO 0 2 SEDE VIGO 1 10 FINCA MOURISCADE 2 25 FINCA AREEIRO 1 40 FINCA CASTELO DE SOUTOMAIOR 1 15 IMPRENTA 1 10 PARQUE DE MAQUINARIA DE PONTEVEDRA 2 30 PARQUE MAQUINARIA GONDOMAR 1 5 PARQUE MAQUINARIA LALÍN 1 5 PARQUE MAQUINARIA PONTEAREAS 1 5 PARQUE MAQUINARIA CODESEDA 1 5 ESCUELA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA 1 5 ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA 2 15 MUSEO DE PONTEVEDRA (Edificio Fernández López) 1 25 MUSEO DE PONTEVEDRA (Edificio Castro Monteagudo) 1 5 MUSEO DE PONTEVEDRA (Edificio García Florez) 1 3 MUSEO DE PONTEVEDRA (Edificio Sarmiento) 1 15 MUSEO DE PONTEVEDRA (Nuevo Edificio del Museo) 1 5 ARCHIVO PROVINCIAL 4 40 O.R.A.L. (Sede Principal) 2 100 SEDE O.R.A.L. Ponteareas 0 3 SEDE O.R.A.L. A Estrada 0 3 SEDE O.R.A.L. Arbo 0 3 SEDE O.R.A.L. Sanxenxo 0 3 SEDE O.R.A.L. Cangas 0 3 SEDE O.R.A.L. Tui 0 3 SEDE O.R.A.L. Comarca do Val Miñor 0 3 SEDE O.R.A.L. Vilagarcía de Arousa 0 3 SEDE O.R.A.L. Moaña 0 3 SEDE O.R.A.L. Pontecaldelas 0 3 SEDE O.R.A.L. Comarca do Deza 0 3 SEDE O.R.A.L. Caldas de Reis 0 3 SEDE O.R.A.L. A Cañiza 0 3 SEDE O.R.A.L. Cambados 0 3 SEDE O.R.A.L. O Rosal 0 3 SEDE O.R.A.L. Vilanova de Arousa 0 3 SEDE O.R.A.L. O Porriño 0 3 SEDE O.R.A.L. Poio 0 3 TOTAL…………….. 65 809 RESUME TOTAL ADMINISTRADORES INFORMÁTICOS (Pazo Provincial) 4 SUPERVISORES DE RECURSOS HUMANOS (Pazo Provincial) 5 SUPERVISORES DE DEPARTAMENTO 65 EMPREGADOS FINAIS 809 15.17145.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO CORPORATIVO DE TELECOMUNICACIÓNS DE BANDA ANCHA EN DOUS PROXECTOS PILOTOS WIMAX RURAL A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 1 de xullo de 2009, acordou adxudicar provisionalmente o Servizo Corporativo de Telecomunicacións de Banda Ancha en dous proxectos pilotos Wimax Rural, dividíndose nos seguintes lotes: -Lote 1, proxecto piloto para probar tecnoloxía wimax na banda de frecuencia de 2,5 Ghz nos concellos de Agolada, Meis e Arbo, adxudícase á empresa R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A. (A-15.474.281), polo prezo de douscentos un mil catrocentos once euros con sesenta céntimos (201.411,60 €), máis a partida correspondente ó IVE de trinta e dous mil douscentos vinte e cinco euros con oitenta e cinco céntimos (32.225,85 €). -Lote 2, proxecto piloto para probar a tecnoloxía wimax na banda de frecuencia 3,5 Ghz nos concellos de Meis, Pazos de Borbén e Arbo, adxudícase á empresa IBERBANDA, S.A. (A-61.912.069) polo prezo de douscentos catro mil euros (204.000,00 €), máis a partida correspondente ó IVE de trinta e dous mil seiscentos corenta euros (32.640,00 €). Así mesmo, concedeuse ós adxudicatarios provisionais un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector publico e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir a execución do contrato. As empresas adxudicatarias constituíron as garantías definitivas na caixa da Deputación na forma que determina o art.º 84 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, polos seguintes importes: Lote Adxudicatario Nºoperación Importe 1 R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A. 200900060958 8.056,46 € 2 IBERBANDA, S.A 200900059772 8.160,00 € Considerando o disposto nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente o procedemento aberto para a contratación do servizo corporativo de telecomunicacións de banda ancha en dous proxectos pilotos wimax rural, de acordo cos seguintes lotes: LOTE 1, proxecto piloto para probar tecnoloxía wimax na banda de frecuencia de 2,5 Ghz nos concellos de Agolada, Meis e Arbo, adxudícase definitivamente á empresa R CABLE Y TELECOMUNICACIONES GALICIA, S.A. (A-15.474.281) polo prezo de douscentos un mil catrocentos once euros con sesenta céntimos (201.411,60 €), máis a partida correspondente ó IVE de trinta e dous mil douscentos vinte e cinco euros con oitenta e cinco céntimos (32.225,85 €). LOTE 2, proxecto piloto para probar a tecnoloxía wimax na banda de frecuencia 3,5 Ghz nos concellos de Meis, Pazos de Borbén e Arbo, adxudícase definitivamente á empresa IBERBANDA, S.A. (A-61.912.069) polo prezo de douscentos catro mil euros (204.000,00 €), máis a partida correspondente ó IVE de trinta e dous mil seiscentos corenta euros (32.640,00 €). 16.17146.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONTRATO PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO CANLE DE TELEVISIÓN “LOCALIA VIGO” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 20 de maio de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade na canle de televisión “Localia Vigo”, por importe de 67.999,00 euros, correspondendo 58.619,83 euros ó prezo do contrato e 9.379,17 ó IVE. Resultando que a través do citado acordo a Xunta de Goberno decidiu así mesmo iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude dunha oferta á empresa “Utega, S.A.” ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 30 de xuño de 2009 e sobre a base do informe emitido polo Xefe do Gabinete de Prensa, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa Utega, S.A., motivado todo iso por ser a única empresa que pode realizar o contrato. Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 1 de xullo de 2009 se lle adxudicou provisionalmente á empresa, Unión de Televisiones Gallegas, S.A. (UTEGA) (C.I.F.- A-15.766.256), o contrato para efectuar a prestación de servizos de publicidade na canle de televisión “Localia Vigo”. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 8 de xullo de 2009 e que a empresa Utega, S.A., presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 2.930,99 euros depositada na Tesourería desta Deputación con data 17/07/2009 e número de operación 200900060884 polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta que o acordo de aprobación do expediente de contratación adoptouno a Xunta de Goberno, ó ser o órgano competente nese momento en aplicación ás bases de execución do orzamentos prorrogado do 2008 ó 2009. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar, definitivamente, á empresa, Unión de Televisiones Gallegas, S.A. (UTEGA) (C.I.F.- A-15.766.256), o contrato para prestación de servizos de publicidade na canle de televisión “Localia Vigo”, por un importe total de sesenta e sete mil novecentos noventa e nove euros (67.999,00 €), IVE incluído, (Do importe total, 58.619,83 euros corresponden ó prezo do contrato e 9.379,17 euros ó IVE), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Prezo unitario IVE Importe TOTAL -100 spots publicitarios … 210,00 € 33,60 € 243,60 € 24.360,00 € -10 programas especiais 2.270,00 € 363,20 € 2.633,20 € 26.332,00 € - 2 programas especiais… 900,00 € 144,00 € 1.044,00 € 10.440,00 € -Resume informacións provinciais. 5.919,83 € 947,17 € 6.867,00 € 6.867,00 € 2. O pagamento dos servizos de publicidade na canle de televisión “Localia Vigo”efectuarse á empresa adxudicataria contra a presentación das correspondentes facturas con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente orzamentos provincial. 17.17147.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONTRATO PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NAS EMISORAS COMARCAIS DE ONDA CERO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ASÍ COMO NAS REVISTAS “DESTINO GALICIA” E “NAVEGANDO GALICIA” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 20 de maio de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade nas emisoras comarcais de Onda Cero na provincia de Pontevedra, así como nas revistas “Destino Galicia” e “Navegando Galicia”, por un importe total de cento vinte mil euros (120.000,00 €), IVE incluído, correspondendo 103.448,28 euros ó prezo do contrato e 16.551,72 euros ó IVE. Resultando que a través do citado acordo a Xunta de Goberno decidiu así mesmo iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude dunha oferta á empresa “Uniprex, S.A.” ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 30 de xuño de 2009 e sobre a base do informe emitido polo Xefe do Gabinete de Prensa, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa, Uniprex, S.A., motivado todo iso por ser a única empresa que pode realizar o contrato. Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 1 de xullo de 2009 se lle adxudicou provisionalmente á empresa, Uniprex, S.A. (C.I.F.- A-08.216.459), o contrato para efectuar a prestación de servizos de publicidade nas emisoras comarcais de “Onda Cero” na provincia de Pontevedra, así como nas revistas “Destino Galicia” e “Navegando Galicia”. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 8 de xullo de 2009 e que a empresa Uniprex, S.A., presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 5.172,41 euros depositada na Tesourería desta Deputación con data 28/07/2009 e número de operación 200900063197 polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta o Ilustrísimo Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamentos provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno, acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar, definitivamente, á empresa, Uniprex, S.A. (C.I.F.- A-08.216.459), o contrato para prestación de servizos de publicidade nas emisoras comarcais de “Onda Cero” na provincia de Pontevedra, así como nas revistas “Destino Galicia” e “Navegando Galicia”, por un importe total de cento vinte mil euros (120.000,00 €), IVE incluído, (Do importe total, 103.448,28 euros corresponden ó prezo do contrato e 16.551,72 euros ó IVE), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Prezo unitario IVE Importe TOTAL -108 Micros Vigo-Cangas-Baiona- Val Miñor…. 255,43 € 40,87 € 296,30 € 32.000,00 € -108 Micros Pontevedra-Sanxenxo-Arousa…… 111,75 € 17,88 € 129,63 € 14.000,00 € -108 Micros Porriño-Louriña-O Rosal………... 87,80 € 14,05 € 101,85 € 11.000,00 € -108 Micros Lalín-Silleda-A Estrada………….. 63,85 € 10,22 € 74,07 € 8.000,00 € -108 Micros Tui-Baixo Miño………………….. 71,84 € 11,49 € 83,33 € 9.000,00 € -108 Micros Ponteareas-Condado-Paradanta … 71,84 € 11,49 € 83,33 € 9.000,00 € -8 Programas especiais ………………….……. 1.293,10 € 206,90 € 1.500,00 € 12.000,00 € -54 Programas “La Deputación y tu”…….…… 271,39 € 43,42 € 314,81 € 17.000,00 € -6 Insercións Publicitarias………………..…… 1.120,69 € 179,31 € 1.300,00 € 7.800,00 € 2.- O pagamento dos servizos de publicidade nas emisoras comarcais de “Onda Cero” na provincia de Pontevedra, así como nas revistas “Destino Galicia” e “Navegando Galicia”, efectuarase á empresa adxudicataria contra a presentación das correspondentes facturas con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente orzamento provincial. 18.17148.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONTRATO PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO XORNAL “FARO DE VIGO” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 1 de xullo de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade no xornal “Faro de Vigo”, por un importe total de cento cincuenta e tres mil novecentos oitenta e un euros con dezaseis céntimos (153.981,16 €), IVE incluído. Resultando que no citado acordo tamén se decidiu iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa, “Faro de Vigo, S.A.U.” ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato, a cal presentou a mesma no Rexistro da sede da Deputación en Vigo. Resultando que o Xefe do Gabinete de Prensa, con data 27 de xullo de 2009, elaborou un informe valorando a oferta presentada pola empresa invitada manifestando no mesmo que cumpre co estipulado nos pregos de condicións. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 28 de xullo de 2009 e sobre a base do informe emitido polo Sr. Xefe do Gabinete de Prensa, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa, “Faro de Vigo, S.A.U.” motivado todo iso por gozar de exclusividade para a execución do contrato e cumprir dita empresa cos requisitos esixidos neste procedemento negociado. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta o Ilustrísimo Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. Considerando así mesmo que o artigo 105.2 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, permite ás Administracións Públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar, provisionalmente, á empresa Faro de Vigo, S.A.U. (C.I.F.- A-36600815) o contrato para prestación de servizos de publicidade no xornal “Faro de Vigo”, por un importe total de cento cincuenta e tres mil novecentos oitenta e un euros con dezaseis céntimos (153.981,16 €), IVE incluído, (Do importe total, 132.742,38 euros corresponden ó prezo do contrato e 21.238,78 euros ó IVE), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Edición Tamaño Prezo Unitario Número de Insercións Importe IVE Total € Arousa 10x5 1.342,50 3 4.027,50 644,40 4.671,90 Arousa 5x5 494,67 3 1.484,00 237,44 1.721,44 Arousa - Suplemento 5x5 364,00 1 364,00 58,24 422,24 Morrazo 5x5 525,00 1 525,00 84,00 609,00 Deza 5x5 645,25 5 3.226,25 516,20 3.742,45 Pontevedra 10x5 1.155,00 2 2.310,00 369,60 2.679,60 Pontevedra 3x5 365,63 1 365,63 58,50 424,13 Pontevedra 5x5 561,56 8 4.492,50 718,80 5.211,30 Pontevedra-Suplemento 5x5 364,00 3 1.092,00 174,72 1.266,72 Vigo 10x10 13.800,00 1 13.800,00 2.208,00 16.008,00 Vigo 10x5 5.998,78 9 53.989,00 8.638,24 62.627,24 Vigo 3x5 1.575,00 1 1.575,00 252,00 1.827,00 Vigo 4x3 840,00 2 1.680,00 268,80 1.948,80 Vigo 5x5 2.305,17 9 20.746,50 3.319,44 24.065,94 Vigo - Suplemento 10x5 3.150,00 4 12.600,00 2.016,00 14.616,00 Vigo - Suplemento 5x5 1.308,13 8 10.465,00 1.674,40 12.139,40 TOTAL.................................. 153.981,16 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación desta resolución no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 6.637,12 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir a execución do contrato. 3.- Rectificar os erros tipográficos detectados nos prezos unitarios que figuran nos pregos e no acordo de aprobación do expediente de contratación adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 1 de xullo de 2009, sendo os correctos os que constan nesta adxudicación provisional. 19.17149.- MODIFICACIÓN DO CONTRATO DE XESTIÓN DA ESCOLA DE GAITAS E PERCUSIÓN DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión do 17 de febreiro de 2006, acordou adxudicar o concurso para a elaboración dun proxecto de creación e xestión da Escola de Gaitas e Percusión de Pontevedra á Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra (C.I.F. G-36.793.677). O proxecto inicial estaba previsto desenvolvelo en cinco zonas (Vigo, Pontevedra, Deza, Salnés e Cangas), durante un período lectivo de sesenta e un horas semanais, de setembro a xuño, e impartido por oito profesores. No último ano espertouse un crecente interese por parte dos mozos da nosa provincia de recibir unha formación seria, rigorosa e de calidade no ámbito da música tradicional galega, o que derivou nun aumento considerable do número de solicitudes para cursar estudos na escola de gaitas. Coa finalidade de poder dar resposta a todas as solicitudes resulta necesario ampliar o número de matriculas do curso e aumentar a duración do curso ata xullo para poder dar unha formación máis completa. O custo anual en profesorado incrementaríase en 48.309,52 €, contando con dous profesores a maiores e o incremento ó dobre de horas lectivas. Así mesmo, os custos de material e funcionamento elevaríanse en 1.709,96 €. Por Intervención emítese documento Rc, con data 21 de xullo de 2009, e número de operación 200900061009, mediante o cal se certifica a existencia de crédito para afrontar o gasto. Considerando que este contrato se regula polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicos, ó terse iniciado con anterioridade á entrada en vigor da Lei 30/2007 de contratos do Sector Publico. Considerando que esta Lei recollía a posibilidade, unha vez perfeccionado o contrato, de introducir modificacións no contrato, por razón de interese público, sempre que sexan debido a necesidades novas ou causas imprevistas. Visto o informe do Secretario, e o de fiscalización do expediente, e de conformidade co previsto na base 16, apartado segundo de execución do orzamento para o ano 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Modificar o contrato de xestión da Escola de Gaitas e Percusión de Pontevedra ampliando o curso no número de horas lectivas semanais de 61 a 114 e a duración deste ata xullo. Esta ampliación leva consigo o aumento da contía do contrato en cincuenta mil dezanove euros con corenta e oito céntimos (50.019,48 €), sendo o importe total anual de cento cincuenta e sete mil seiscentos setenta e tres euros con corenta e un céntimos (157.673,41 €). O adxudicatario deberá constituír unha fianza complementaria por importe de 2.000,77 euros que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do R.d.l. 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non se cumprir este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. 20.17150.- PETICIÓNS DE AMPLIACIÓN DO PRAZO PARA O INGRESO DAS CANTIDADES CORRESPONDENTES Á CONCESIÓN DE VEHÍCULOS OUTORGADOS POLA XUNTA DE GOBERNO Ó CLUB NÁUTICO RODEIRA E O CLUB DE REMO VILA DE CANGAS A Xunta de Goberno desta Deputación provincial, en sesión celebrada o día 24 do pasado mes de febreiro, acordou conceder, o Club Náutico Rodeira unha axuda para a adquisición do vehículo Jumpy 120 Combi 8/9P, por un importe total de 26.229,00 €, subscribíndose o oportuno convenio con data 4 de abril de 2009. Así mesmo, e en sesión celebrada o día 21 de xaneiro de 2009, acordou conceder ó Club de Remo Vila de Cangas, unha axuda para a adquisición do vehículo Citroën Jumper Combi Cf HDI. Posteriormente dita Entidade solicita o cambio do citado vehículo por un Citroën Jumper Combi Cf 120 33 L2H2 con 3ª fila de asentos e aire acondicionado, por importe de 29.490,00 euros, sendo dito cambio autorizado pola Xunta de Goberno en sesión do día 22 de abril de 2009. De conformidade coa cláusula terceira o prazo máximo para facer o ingreso é de dous meses contados a partir da formalización do convenio. Coñecedor das dificultades económicas que algunhas asociacións beneficiarias teñen nos momentos actuais, ó fallar as axudas de entidades privadas motivadas pola crise económica, pola Presidencia participóuselle a posibilidade de facer o ingreso con data límite o 10 de xullo. As entidades anteriormente citadas manifestan nos seus escritos dificultades económicas para ingresar a súa achega, por circunstancias diversas derivadas fundamentalmente da falta de ingresos de patrocinadores, solicitando que se lle conceda unha prórroga. Á vista destas circunstancias, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar ata o 10 de setembro o prazo para facer a entrega da súa achega económica o Club Náutico Rodeira de Cangas e o Club de Remo Vila de Cangas. 21.17151.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 24 de xullo de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900000829 e que contén vinte e cinco facturas, sendo a primeira de Gráficas Salnés, S.L., por importe de 18.500,00 € e a derradeira de Publicidade Terceiro Milenio S.L., por importe 6.829,00€, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 102.102,03 € Descontos do IRPF 1.288,10 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido 100.813,93 € 22.17152.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición