Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2009-08-05_Ordinaria. Acta de sesión 2009/08/05_Ordinaria
Acta de sesión 2009/08/05_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.379/1.2009-08-05_Ordinaria
Título Acta de sesión 2009/08/05_Ordinaria
Data(s) 2009-08-05 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día cinco de agosto do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xosé Crespo Iglesias e D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17153.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 29 de xullo de 2009. 2.17154.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO LOTE NÚMERO 24 DO PROCEDEMENTO ABERTO CORRESPONDENTE Ó ALUGUER DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRASPORTE DO ANO 2009 Por acordos adoptados pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra nas sesións ordinarias que tiveron lugar os días 21 de xaneiro de 2009 (adxudicación provisional) e 11 de febreiro de 2009 (adxudicación definitiva), adxudicáronse os lotes do procedemento aberto convocado para contratar o aluguer de maquinaria e vehículos de transporte e a subministración de materiais do ano 2009, entre os que figuraba o lote seguinte: Lote Adxudicatario H/Km. Prezo Unitario Ive Total Prezo Unitario Total 24 ASFONOR MEDIO AMBIENTE, S.L. (B-36439453) Polo aluguer de tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 100Km 181,00 € 28,96 € 209,96 € 20.996,00 € Resultando que a Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 8 de xullo de 2009 acordou resolver o contrato coa empresa Asfonor Medio Ambiente, S.L., adxudicataria do lote número 24, do procedemento aberto convocado para contratar o aluguer de maquinaria e vehículos de transporte do ano 2009, por non formalizar o contrato nos prazos establecidos ó efecto. Resultando que para non causar máis prexuízos ós servizos que se lle demanda que realice o Parque de Maquinaria pola Xunta de Goberno na sesión do día 8 de xullo de 2009 se lle adxudicou provisionalmente á empresa Emdesfor 2002, S.L. (C.I.F.- B-36.404.218), o lote número 24 correspondente ó aluguer dun tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m, polo prezo de vinte mil euros (20.000,00 €), a razón de 200 euros/km, IVE incluído. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 10 de xullo de 2009 e que a empresa, Emdesfor 2002, S.L., presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 862,05 € depositados na Tesourería desta Deputación con data 27/07/2009 e número de operación 200900062779, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Considerando que a Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta que o acordo de aprobación do expediente de contratación adoptouno a Xunta de Goberno, ó ser o órgano competente nese momento en aplicación ás bases de execución do orzamento. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar definitivamente á empresa Emdesfor 2002, S.L. (C.I.F.- B-36.404.218), o lote número 24 do procedemento aberto convocado para contratar o aluguer de maquinaria e vehículos de transporte durante o ano 2009, polo prezo de vinte mil euros (20.000,00 €), a razón de 200 €/km, IVE incluído. Lote Adxudicatario H/Km. Prezo Unitario Ive Total Prezo Unitario Total 24 EMDESFOR 2002, S.L. (B-36404218) Polo aluguer de tractor desbrozadora hidráulica de 110 CV, brazo 5 m. 100Km 172,41 € 27,59 € 200,00 € 20.000,00 € 2. O pagamento do aluguer obxecto desta contratación efectuarase con cargo á vinculación xurídica das partidas 09/511.511.210.00; 09/511.511.210.01 e 09/511.511.210.02, do vixente orzamento provincial. 3.17155.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN NINO MIRÓN PONTEVEDRA C.F. Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Secretaría Xeral e Intervención, relativa á sinatura do convenio de colaboración coa Fundación Nino Mirón Pontevedra, C.F., co obxecto de intensificar as relacións culturais e deportivas e apoio deportivo a esta Fundación, mediante a achega de cento oitenta mil euros (180.000,00 €), e con cargo á partida 09/450.452.489.02 do vixente orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN NINO MIRÓN PONTEVEDRA C.F. PARA A EXTENSIÓN E APOIO DEPORTIVO Á MOCIDADE DE TODA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Pontevedra, a REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Deputación de Pontevedra, en virtude do seu cargo de Presidente de conformidade có establecido no art.34.1b) da lei 7/85 de 2 de abril. D. Saturnino Mirón Gutiérrez, en calidade de presidente da Fundación Nino Mirón Pontevedra C.F., con CIF G-36508851 e domicilio social en R/Benito Corbal, 16-1º, do Concello de Pontevedra (36001). EXPOÑEN Que a Fundación Nino Mirón Pontevedra C.F. e a Deputación Provincial de Pontevedra senten a necesidade de intensificar as relacións culturais e deportivas entre ambas institucións, ó estares preocupadas pola divulgación e o recoñecemento dos seus valores. Que a Deputación de Pontevedra comprométese a xuntar esforzos para mellorar a capacidade de xestión dos recursos humanos e económicos desta entidade, así como da divulgación, promoción da súa actividade deportiva, apoiando esta entidade de xeito para que fagan difusión e práctica do deporte o seu obxectivo principal. Para levar a cabo este convenio de extensión deportiva, ámbalas dúas institucións ACORDAN 1 º.- A Deputación de Pontevedra subvencionará coa cantidade de 180.000,00 € á Fundación Nino Mirón Pontevedra C.F., có fin de intensificar as relacións culturais e deportivas e promover a importante labor do club cós escolares da provincia de Pontevedra. 2º.-A Fundación Nino Mirón Pontevedra C.F., durante o ano 2009 deberá facer a debida publicidade institucional en concreto: • A Fundación Nino Mirón Pontevedra C.F. colocará o logotipo da Deputación no marcador do Estadio Municipal de Pasarón, así como dous valados situados o máis preto posible das porterías do campo. • O logotipo da Deputación Provincial de Pontevedra deberá figurar en calquera evento organizado pola Fundación, no anverso dos carteis anunciadores dos partidos, no anverso das entradas dos partidos semanais, torneos ou outros actos nos que participen todos os equipos da Fundación. • O logotipo ou outro medio de imaxe que decida a Deputación Provincial figurará na presentación, cartelería, tarxetas ou outro material de difusión das iniciativas, propostas ou eventos culturais que organice a Fundación. • A Deputación disporá da contraportada das publicacións que edite a Fundación, para inserir a publicidade que considere conveniente e figurará en lugar preferente na páxina web da Fundación, así como disporá de link á páxina web desta Institución. • Os traballadores da Deputación Provincial disfrutarán dun 20% de desconto no carné de socio e no material deportivo da Fundación Nino Mirón Pontevedra C.F. • A Deputación disporá permanentemente de 6 pases de palco e 10 de tribuna e en cada partido serán enviadas á institución 100 entradas de preferencia para acudir ós encontros que se celebren no Estadio Municipal de Pasarón. • A Fundación comprometese a colocar unha lona publicitaria xigante da Deputación no Estadio Municipal de Pasarón. • O logotipo da Deputación Provincial de Pontevedra, aparecerá de forma visible e preferente, nos paneis da sala de prensa da Fundación e no autobús oficial do equipo profesional. • As catro torretas de iluminación personalizaranse coa publicidade desta Institución. 2º.- Todos os colexios da provincia poderán solicitar entradas para asistir ós partidos celebrados no estadio de Pasarón e disputados pola Fundación Nino Mirón Pontevedra, C.F. o número de 300 entradas por xornada. Establécense, a estes efectos, unha coordinación conxunta entre a Fundación Nino Mirón Pontevedra C. F. e os representantes dos alumnos para a asistencia ós encontros. 3º.- A Fundación comprométese a colaborar nas actividades culturais-deportivas organizadas en centros educativos con técnicos, xogadores e directivos e coordinadas entre a Fundación Nino Mirón Pontevedra, C.F. e a Deputación Provincial. 4º.- A Deputación Provincial de Pontevedra subvencionará á Fundación Nino Mirón Pontevedra C.F. coa cantidade de cento oitenta mil euros (180.000,00 €) con cargo á partida 09/450.452.489.02 do orzamento provincial, que se aboará unha vez se xustifique con: a. Fotografías da publicidade inserta no Estadio Municipal de Pasarón e da vestimenta do equipo co logotipo da Institución. b. Certificación da Fundación de que a referida publicidade estivo exposta no Estadio ó longo do actual 2009. c. Memoria sobre as actividades culturais-deportivas realizadas segundo a cláusula cuarta do presente Convenio e fotocopia das tarxetas-invitación para o palco do Estadio. 5º.- A vixencia do presente convenio remata o 31 de decembro do 2009. 6º.- Este convenio non comporta ningunha relación laboral, contractual ou de calquera tipo entre a Fundación Nino Mirón Pontevedra C.F. e a Deputación Provincial de Pontevedra, de forma que non se poderá esixir ningunha responsabilidade, directa, indirecta ou subsidiaria polos actos ou feitos acaecidos no seu desenvolvemento. As partes acordan a submisión do presente convenio á orde xudicial contencioso-administrativo e expresamente o xulgado do contencioso de Pontevedra. 7º.- Para o non disposto nas presentes bases, contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/2003), e demais lexislación de desenvolvemento. E como proba da firme vontade de fomentar o desenvolvemento cultural e deportivo de Galicia e en particular da provincia de Pontevedra asínase o presente convenio no lugar e data do encabezado. O Presidente da Deputación de Pontevedra D. Rafael Louzán Abal Fundación Nino Mirón Pontevedra C.F. D. Saturnino Mirón Gutierrez” 4.17156.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 5.17157.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN CELTA DE VIGO Vista a proposta do Servizo de Cultura, Xuventude e Deportes e o informe de Secretaría Xeral e Intervención, relativa á sinatura do convenio de colaboración coa Fundación Celta de Vigo, co obxecto de promocionar o fútbol na cidade de Vigo e a súa área de influencia, mediante a achega de douscentos mil euros (200.000,00 €), e con cargo á partida 09/450.452.489.22 do vixente orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN CELTA DE VIGO PARA A EXTENSIÓN CULTURAL E APOIO DEPORTIVO Á MOCIDADE DE TODA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Pontevedra, REUNIDOS D.Rafael Louzán Abal, presidente desta Deputación Provincial, actuando na súa representación, e D.Manuel Carlos Mouriño Atanes, en calidade de presidente da Fundación Celta de Vigo, con CIF G-36810042 e domicilio social en Avda. de Balaídos, s/n, do Concello de Vigo (36210). EXPOÑEN A Fundación Celta de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra senten a necesidade de intensificar as relacións culturais e deportivas entre ámbalas dúas institucións, ó estares preocupadas pola divulgación e o recoñecemento dos seus valores máis señeros. Por iso contemplan o unir esforzos para que os nenos e mozos da provincia de Pontevedra poidan asistir, comprender e participar dos medios que o Museo do Real Club Celta de Vigo dispón co fin de obter a información e formación precisa do que foi e é unha institución socio-deportiva tan importante, como o é o Real Club Celta de Vigo. Iso suporá o habilitar, expresamente, as instalacións dispoñibles, nas que se recolle toda a historia do Club, engadidos os seus medios audiovisuais, en espazos horarios compatibles coas súas clases e tempo libre. O desenvolvemento dos obxectivos socio-deportivos esquematizaríase do seguinte modo: de acordo coa dirección dos colexios existentes na totalidade dos municipios pontevedreses, de acordo cos seus monitores, coas APAS ou de quen designe a Deputación Provincial de Pontevedra, créanse “GRUPOS DE VISITA GUIADOS”, de forma tal que ó longo do ano 2009, os escolares da provincia poidan percorrer as instalacións do Museo, distribuídos en máis de 800 m2, participar da hemeroteca e observar os audiovisuais do Museo do Real Club Celta de Vigo. Mediante o desenvolvemento dos obxectivos anteriormente mencionados, a Fundación Celta de Vigo e a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra pretenden que durante a duración deste convenio os escolares da provincia de Pontevedra, coñezan a historia dun dos clubs deportivos máis importantes de Galicia, colevando isto, o propio coñecemento da historia de Galicia e dos seus momentos máis relevantes, xa que a historia de Galicia e do Real Club Celta foron sempre unidas dende o nacemento deste último. Ademais deste obxectivo didáctico, con este convenio tamén se persigue un obxectivo lúdico, xa que durante esta visita se pretende que os nenos pasen un día agradable e divertido practicando unha serie de actividades deportivas en compañía dos seus compañeiros, sempre baixo a tutela e supervisión de profesionais especializados. Por todo o exposto anteriormente a Fundación Celta de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra consideran que os obxectivos resumidos neste convenio axudan dun xeito importante e son necesarios para a formación deportiva, cultural e social dos escolares da nosa provincia. Para levar a cabo este convenio de extensión cultural e deportiva, ámbalas dúas institucións ACORDAN 1º.- Que todos os colexios da provincia poderán solicitar entradas para asistir ós partidos celebrados no estadio de Balaídos e disputados polo Celta, C.F. . 2º.- Que a Fundación Celta de Vigo habilitará, expresamente, todo os medios dispoñibles para que ningún neno e mozo da provincia de Pontevedra se quede sen ver o Museo do Real Club Celta de Vigo. 3º.- A xestión e organización das visitas á citada Fundación correrá a cargo da mesma, polo que se establecen grupos de escolares para que, coordinados conxuntamente polos seus representantes e pola Fundación Celta de Vigo, poidan asistir ó Museo do Real Club Celta de Vigo. 4º.- Habilitaranse as entradas ó Museo necesarias para que a Deputación Provincial de Pontevedra poida desenvolver a súa labor cultural e deportiva cos Centros que crea conveniente. 5º.- A organización e desenvolvemento da actividade correrá a cargo da Fundación Celta de Vigo, obrigándose a plasmar en toda a publicidade e propaganda oral ou escrita, que están financiadas pola Deputación Provincial. 6º.- Así mesmo a Fundación Celta porá a disposición da Deputación de Pontevedra, catro valados publicitarios no estadio Municipal de Balaídos das seguintes dimensións cada unha das mesmas:10 m.x 0.60 m. 7ª.- Nos actos e eventos deportivos da Deputación de Pontevedra, esta terá o dereito a invitar a xogadores do Celta de Vigo C.F., sempre e cando por motivos técnicos, deportivos ou de dispoñibilidade dos propios xogadores sexa posible. 8º No periódico oficial do Celta C.F. “A Cor de Galicia “ a Deputación de Pontevedra poderá dispoñer en cada número editado durante a liga, dunha páxina publicitaria. 9º- Establécese a cantidade de douscentos mil euros(200.000,00€) con cargo á partida 09/450.452.489.22 como contribución da Deputación Provincial de Pontevedra, para poder cubrir este convenio de extensión cultural e apoio deportivo ós escolares da provincia ó Museo do Real Club Celta de Vigo para o ano 2009. 10º.- A Deputación Provincial de Pontevedra aboará a citada cantidade de 200.000,00 € unha vez que a Fundación Celta de Vigo, ó final do exercicio, e xustifique a contribución con: a. Fotografías da publicidade insertada no Estadio de Balaídos. b. Certificación do Club de que a referida publicidade estivo exposta no Estadio ó longo do actual 2009. c. Memoria sobre as actividades culturais-deportivas realizadas. d. Recortes das páxinas publicitarias da Deputación no periódico “A Cor de Galicia” . 11º.-As obrigas recollidas no presente convenio de colaboración quedarán suxeitas a Lei 38/2003, Xeral de Subvencións, así como o establecido nas bases de execución do orzamento provincial e demais disposicións de desenvolvemento. E como proba da firme vontade de fomentar o desenvolvemento cultural e deportivo de Galicia, e en particular da provincia de Pontevedra, asínase o presente convenio no lugar e data do encabezado. O Presidente da Deputación de Pontevedra D. Rafael Louzán Abal Fundación Celta de Vigo, Asdo.- Manuel C. Mouriño Atanes” 6.17158.- CONCESIÓN DE SUBVENCIONS A DIVERSAS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCION MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES 2009- 5ª RELACIÓN A Xunta de Goberno, á vista do expediente do Concello de Catoira e dos informes da Comisión Avaliadora e do Servizo de Intervención, acorda por unanimidade: Aprobar a concesión de subvención ó Concello de Catoira, que figura en anexo aparte, para a actividade que se relaciona no mesmo, por un importe total de 4.000,00 €, dentro do 80% da contía do Programa destinada ó procedemento de concorrencia competitiva, con cargo á Partida 09/911.911.462.00 do vixente orzamento provincial e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución de dita actividade, non podendo cambiarse o seu destino nin a contía da mesma. b) Para o aboamento da subvención concedida, requirirase a previa xustificación da actividade, unha vez concluída a súa execución, que terá que axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) A actividade acollida a este Programa deberá estar executada e xustificada antes do 28 de febreiro de 2010, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL - SECCIÓN ACTIVIDADES / 2009 (PAM_A/09) Partida: 2009/911.911.462.00 Importe: 800.000,00 € Referencia Cif Concello Detalle Orzamento Solicitado Concedido Ba Concedido Ld 200900060 P3601000G Concello de Catoira XLIX Romaría Vikinga 25.500,00 15.000,00 4.000,00 Total 4.000, 0,00 € 7.17159.- MODIFICACIÓN DOS ORZAMENTOS E DAS CANTIDADES SOLICITADAS DAS ACTIVIDADES NÚM. 159, 160, 161 E 162 DO CONCELLO DAS NEVES, INCLUÍDAS NO PAM ACTIVIDADES DO EXERCICIO 2009, COMO CONSECUENCIA DAS REFORMULACIÓNS DE SOLICITUDE DE SUBVENCIÓNS PRESENTADAS POLO CITADO CONCELLO Dada conta das reformulacións de solicitude de subvencións presentadas polo Concello das Neves das actividades núm. 159, 160, 161 e 162, incluídas no PAM Actividades 2009, motivadas pola limitación de recursos económicos para afrontar o gasto que ocasiona o desenvolvemento das mesmas, á vista dos expedientes e do informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a modificación dos orzamentos e das cantidades solicitadas das actividades núm. 159, 160, 161 e 162 do Concello das Neves, incluídas no PAM Actividades 2009 e, en consecuencia, corrixir o acordo da Xunta de Goberno núm. 4.17042, de data 1 de xullo de 2009, de xeito que: Onde di: REF CIF CONCELLO DETALLE ORZTO. SOTICITADO CONCEDIDO BA 2009000159 P3603400G As Neves Campionato de Fútbol As Neves 2.000,00 2.000,00 1.000,00 2009000160 P3603400G As Neves Campionato de Fútbol Interparroquial 2.000,00 2.000,00 1.000,00 2009000161 P3603400G As Neves Torneo fútbol Sala Comarcal Estación-As Neves 1.800,00 1.800,00 1.000,00 2009000162 P3603400G As Neves Campionato de Badminton 2.000,00 2.000,00 1.000,00 Debe dicir: REF CIF CONCELLO DETALLE ORZTO. SOTICITADO CONCEDIDO BA 2009000159 P3603400G As Neves Campionato de Fútbol As Neves 1.000,00 1.000,00 1.000,00 2009000160 P3603400G As Neves Campionato de Fútbol Interparroquial 1.000,00 1.000,00 1.000,00 2009000161 P3603400G As Neves Torneo fútbol Sala Comarcal Estación-As Neves 1.000,00 1.000,00 1.000,00 2009000162 P3603400G As Neves Campionato de Badminton 1.000,00 1.000,00 1.000,00 8.17160.- APROBACIÓN DAS BASES DA CONVOCATORIA DE DÚAS BOLSAS DE LICENCIADO UNIVERSITARIO EN HISTORIA, CON DESTINO Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRAFICO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Vista a proposta de data 29 de maio de 2009, presentada polo Xefe do Servizo da Patrimonio Documental e Bibliográfico desta Deputación Provincial, na que solicita a convocatoria de dúas Bolsas de Licenciado Universitario en Historia, para a realización de tarefas de investigación e colaboración relacionadas cos Arquivos Municipais da Provincia, ó amparo do establecido no artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases de dúas bolsas de Licenciado Universitario en Historia, para a realización de tarefas de investigación e colaboración relacionadas cos Arquivos Municipais da Provincia. O custo destas bolsas para o exercicio 2009 (previsión de inicio 01/10/2009) ascende a un total de 6.600,00 €, que se imputarán á partida orzamentaria 09/454.451.481.01. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES PRIMEIRA.- OBXECTO.- Estas bases regulan o procedemento que se terá que seguir para a concesión de dúas bolsas, que teñen por obxecto a realización de tarefas de investigación e colaboración relacionadas cos arquivos municipais da provincia, e está destinada a licenciados universitarios en Historia. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.- Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión do título de licenciado en Historia, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. d) Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA.- Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.100,00 €/mes por beneficiario, que se imputará á partida 09/454.451.481.01 do orzamento provincial. O pagamento das bolsas ós beneficiarios realizarase a partir da incorporación do bolseiro, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de utilización da bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O uso das bolsas será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- As instancias nas que se solicite tomar parte no concurso dirixiranse ó presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. c) Certificado do expediente académico, currículum vitae e documentación acreditativa deste. d) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que faga uso da bolsa. e) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. QUINTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN.- Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros: Presidente: - o da Deputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado Provincial en quen delegue. Vogais: - Un Deputado Provincial. - O Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico. - Un funcionario técnico superior pertencente á Deputación de Pontevedra. Secretario: O da Deputación de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SEXTA.- SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A.- A selección dos bolseiros/as efectuarase mediante o sistema de entrevista persoal. A entrevista será puntuada entre cero (0,00) e cinco (5,00) puntos, e nela a Comisión Seleccionadora formulará cantas preguntas considere oportunas, sobre aspectos relacionados co desempeño da Bolsa, a fin de determinar a súa idoneidade na que os aspirantes poderán facer a súa exposición curricular. Concluída esta fase, a Comisión publicará no taboleiro de anuncios o listado de puntuacións obtidas. SÉTIMA.- RESOLUCIÓN.- A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación destas bolsas ós aspirantes que consideren máis idóneos e que acadaran a máxima puntuación de acordo co especificado na cláusula sexta das presentes bases. O acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo Provincial. OITAVA.- CONDICIÓNS XERAIS.- Establécense as seguintes condicións xerais: a) As bolsas terán unha duración de seis meses, a contar dende a data na que os adxudicatarios comezaron o seu desempeño no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e o acordo da Xunta de Goberno. b) As bolsas serán incompatibles co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c) Os beneficiarios das bolsas comprometeranse a cumprir o horario de traballo e disciplina do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado. d) A aceptación e utilización desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo. e) A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación resérvase o dereito a destruír dita documentación. DÉCIMA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES.- A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes bases. UNDÉCIMA.- DEREITOS SUPLETORIOS.- A convocatoria da bolsa e a selección do bolseiro/a e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitaranse ó previsto nas presentes bases e ademais, ó previsto na Lei xeral de subvencións e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.” 9.17161.- APROBACIÓN DAS BASES DA CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE LICENCIADO UNIVERSITARIO EN CIENCIAS BIOLÓXICAS, CON DESTINO NA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO, DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Vista a proposta de data 10 de xuño de 2009, presentada polo Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, na que solicita a convocatoria dunha Bolsa de Licenciado Universitario en Ciencias Biolóxicas, para a realización de tarefas de Diagnóstico Fitopatolóxico, mediante técnicas de Bioloxía Molecular, ó amparo do establecido no artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases dunha bolsa de Licenciado Universitario en Ciencias Biolóxicas, para a realización de tarefas de diagnóstico fitopatolóxico. O custo desta bolsa para o exercicio 2009 (previsión de inicio 01/08/2009) ascende a un total de 5.500,00 €, que se imputarán á partida orzamentaria 09/714.714.481.01. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES PRIMEIRA.- OBXECTO.- Estas bases regulan o procedemento para a concesión, por concurso de méritos, dunha bolsa, que ten por obxecto a realización de Tarefas de Diagnóstico Fitopatolóxico, mediante técnicas de Bioloxía Molecular, destinada a Licenciados/as Universitarios/as en Ciencias Biolóxicas. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.- Poderá ser beneficiario/a desta bolsa aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión da titulación esixida, ou estar condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. d) Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA.- Esta bolsa figura cunha dotación económica de 1.100,00 €/mes, que se imputará á partida 09/714.714.481.01 do orzamento provincial. O pagamento da bolsa ó beneficiario/a realizarase a partir da incorporación do bolseiro/a, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da mesma para os casos nos que o bolseiro/a inicie ou remate a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O goce da bolsa será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partires da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- 4.1.- As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. c) Certificado do expediente académico, currículo vitae e documentación acreditativa deste. d) Méritos relacionados cos traballos de investigación que se vaian a desenvolver, debidamente xustificados. e) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa. f) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. 4.2.- En canto á presentación das solicitudes, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula, os/as solicitantes estarán ó disposto no artigo 23.puntos 3,4 e 5 da Lei 38/2003 de 17 de novembro Xeral de Subvencións, en todo aquilo que lles sexa de aplicación. QUINTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN.- Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros: - Presidente: o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado Provincial en quen delegue. - Vogais: - Un Deputado Provincial. - O Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica. - Un funcionario Técnico Superior pertencente a Deputación Provincial de Pontevedra. - Secretario: o da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. Ós mesmos aboaráselle as contías establecidas a estes efectos no R.d. 462/2002 de 24 de maio sobre Indemnizacións por razóns do Servizo. SEXTA.- SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A.- A selección dos bolseiros efectuarase mediante o sistema de Entrevista Persoal. A Entrevista será puntuada entre cero (0,00) e cinco (5,00) puntos, e nela a Comisión Seleccionadora formulará cantas preguntas considere oportunas, sobre aspectos relacionados co desempeño da Bolsa, a fin de determinar a súa idoneidade e na que os aspirantes poderán facer a súa exposición curricular. Concluída esta fase, a Comisión publicará no Taboleiro de Anuncios o listado de puntuacións obtidas. SÉTIMA.- RESOLUCIÓN.- A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ó aspirante que consideren máis idóneo e que acadara a máxima puntuación. O acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial. OITAVA.- CONDICIÓNS XERAIS.- Establécense as seguintes condicións xerais: a) A bolsa terá unha duración de seis meses, a contar dende a data na que o/a adxudicatario/a comezara o seu desempeño na Estación Fitopatolóxica do Areeiro e poderá ser prorrogada por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e o acordo da Xunta de Goberno. b) A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c) O beneficiario/a da bolsa comprometeranse a cumprir o horario de traballo e disciplina da Estación Fitopatolóxica do Areeiro có fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado. d) A aceptación e goce desta Bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo. e) O beneficiario/a da Bolsa deberá subscribir unha Póliza de Seguro de Asistencia Médica, no caso de non estar xa cuberto pola Seguridade Social ou por outro Seguro Privado. f) A Comisión poderá convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación cos seus currículos. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados desde o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación Provincial resérvase o dereito a destruír dita documentación. DÉCIMA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES.- A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases. UNDÉCIMA.- RÉXIME XURÍDICO.- A convocatoria da Bolsa e a selección do bolseiro/a así como a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitarase ó previsto nas presentes Bases, e ademais, ó disposto na Lei Xeral de Subvencións ( Lei 38/2003 de 17 de novembro) e na Lei 30/1992 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común ( Lei 30/1992 de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999).” 10.17162.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 31 de xullo de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboo: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900000874 e que contén vinte e tres facturas, sendo a primeira de Señalizaciones y Balizamientos de Galicia-SEBAGASA., por importe de 4.513,21 € e a derradeira de Claro Sol, S.A., por importe 3.535,24 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 89.946,46 € Descontos do IRPF 00,00 € Descontos do IVE soportado deducible 00,00 € Total líquido 89.946,46 € 11.17163.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “TERMINACIÓN E.P. 9407 GOULLA – PORRÁNS (MEIS – PORTAS – BARRO)” (D07/84) Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 18 de maio de 2007, polo que se adxudicou a Construcciones Obras y Viales, S.A, á obra de “Terminación E.P. 9407 Goulla – Porráns (Meis - Portas – Barro)” na cantidade de 419.638,37 euros, IVE incluído. Visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras co obxecto de recoller unha serie de modificacións que se estiman conveniente introducir para adecuar as discrepancias existentes entre a realidade a executar e as previsións contidas no proxecto primitivo, cun orzamento de 503.461,85 €, o que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 83.923,48 €. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 15 de xullo de 2009, polo que se aprobou, con cargo á partida 09/511.511.612.02, o proxecto modificado da citada obra por importe de 503.461,85 €. Visto o escrito de Construcciones Obras y Viales, S.A., adxudicataria da obra inicial, e no que presta conformidade as medicións e orzamento do proxecto modificado. E visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o gasto por un importe de 83.923,48 € con cargo a partida 09/511.511.-612.02. 2. Adxudicar, segundo o establecido no artigo 217 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, a CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A., a obra comprendida no proxecto modificado de “Terminación E.P. 9407 Goulla – Porráns (Meis – Portas –Barro)” que supón un incremento de 83.923,48 €. 12.17164.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA E DOTACIÓN DE SERVIZOS NA AVENIDA DE CAMBADOS ENLACE COA E.P. 9402 MOSTEIRO – BARRANTES (MEIS)” (EXPTE.- D06/0370) Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 22 de decembro de 2006, polo que se adxudicou a Construcciones Obras y Viales, S.A, á obra de “Mellora da seguridade vial e dotación de servizos en Avda. de Cambados enlace coa E.P. 9402 Mosteiro – Barrantes (Meis)” na cantidade de 1.394.745,99 €, IVE incluído. Visto o proxecto redactado polo Servizo de Vías e Obras co obxecto de recoller unha serie de modificacións que se estiman conveniente introducir para adecuar as discrepancias existentes entre a realidade a executar e as previsións contidas no proxecto primitivo, cun orzamento de 1.673.690,58 €, o que supón un incremento sobre a adxudicación da obra inicial de 278.944,59 €. Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 15 de xullo de 2009, polo que se aprobou, con cargo á partida 09/511.511.662.03.2008, o proxecto modificado da citada obra por importe de 1.673.690,58 €. Visto o escrito de Construcciones Obras y Viales, S.A., adxudicataria da obra inicial, e no que presta conformidade as medicións e orzamento do proxecto modificado. E visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o gasto por un importe de 278.944,59 €, con cargo a partida 09/511.511.662.03.2008. 2. Adxudicar, segundo o establecido no artigo 217 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, a Construcciones Obras y Viales, S.A., a obra comprendida no proxecto modificado de “Mellora da seguridade viaria e dotación de servizos en Avda. de Cambados enlace coa E.P. 9402 Mosteiro – Barrantes (Meis)” que supón un incremento de 278.944,59 €. 13.17165.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONTRATO PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO PERIÓDICO “DIARIO DE PONTEVEDRA” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 24 de xuño de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”, por un importe total de cento sesenta e un mil cento tres euros (161.103,00 €), IVE incluído. Resultando que no citado acordo tamén se decidiu iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa, “Lérez Ediciones, S.L.” ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 7 de xullo de 2009 e de acordo co informe emitido polo Sr. Xefe do Gabinete de Prensa, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa, “Lérez Ediciones, S.L.”, motivado todo iso por ser a única empresa que pode realizar o contrato. Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 8 de xullo de 2009 se lle adxudicou provisionalmente á empresa, “Lérez Ediciones, S.L.” (C.I.F.- B-36.003.549), o contrato para efectuar a prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 10 de xullo de 2009 e que a empresa “Lérez Ediciones, S.L.”, presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 6.944,10 € depositados na Tesourería desta Deputación con data 21/07/2009 e número de operación 200900060959 polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar definitivamente á empresa “Lérez Ediciones, S.L.” (C.I.F.- B-36.003.549) o contrato para prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”, por un importe total de cento sesenta e un mil cento tres euros (161.103,00€), IVE incluído, (do importe total, 138.881,90 euros corresponden ó prezo do contrato e 22.221,10 euros ó IVE), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Prezo IVE Total -164.126 exemplares suplemento distribuídos no campus universitario de Pontevedra 70.743,97 € 11.319,03 € 82.063,00 € -14 anuncios de 5 módulos…....................... 11.889,61 € 1.902,34 € 13.791,95 € -5 publireportaxes de dobre plana…………… 10.397,07 € 1.663,53 € 12.060,60 € -10 faldróns suplemento HQR……………… 3.232,76 € 517,24 € 3.750,00 € -15 páxinas campaña “Concello a Concello” 27.101,25 € 4.336,20 € 31.437,45 € -Patrocinio guía comercio e turismo……….. 15.517,24 € 2.482,76 € 18.000,00 € 2. O pagamento dos servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra” efectuarase á empresa adxudicataria contra a presentación das correspondentes facturas con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente orzamento provincial. 14.17166 ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA EXECUCIÓN DA OBRA “ENSANCHE E MELLORA E.P. 8506 BAÑO (VALGA)” (EXPTE.- D09/0016) Visto o acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de 10 de xuño de 2009, aprobando o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra “Ensanche e mellora E.P. 8506 Baño (Valga)”. Vistas as ofertas presentadas e admitidas formuladas polas empresas: Movex Vial, S.L.; Construcciciones Vale, S.L.; Construcciones Crespo, S.A.; Hidroscivil, S.L; Construccións Obras e Viais, S.A; CRC Obras y Servicios, S.L; Ute Coruñesa de Ahorro Energético-Pavimentos de Meaño, S.L.; Construcciones Taboada y Ramos, S.L; Sercoysa Proyectos y Obras, S.A.; Construcciones Ponciano Nieto, S.L.; Construcciones J. Mauri E Hijos, S.L.; Ute Ensanche (Xestion Ambiental de Contratas, S.L.-Servicios Eléctricos Abelmar, S.L.); Arias Hermanos, S.A.; Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L; Aldasa, S.L.U; Ute Antalsis-Moelvi. Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas, que tivo lugar o día 13 de xullo de 2009, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación, trasladándose posteriormente as ofertas presentadas ós servizos técnicos correspondentes para o seu informe. Visto o informe do Director de Infraestruturas en funcións, e a proposta da mesa de contratación, de data 5 de agosto de 2009. Considerando o disposto nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, de 2 de abril, 185 do TRLRFL, de 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar provisionalmente o contrato para a execución da obra “Ensanche e mellora E.P. 8506 Baño (Valga)” (Expte D09/0016) á empresa Construccions, Obras e Viais, S.A. polo prezo de trescentos setenta e dous mil novecentos seis euros con sesenta e seis céntimos (372.906,66 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de cincuenta e nove mil seiscentos sesenta e cinco con seis céntimos (59.665,06 €), con prazo de execución de 12 meses, unhas melloras de cincuenta e sete mil cento trinta e cinco euros con sesenta e oito céntimos (57.135,68€), e unha porcentaxe de control de calidade do 3%. Esta empresa obtivo a maior puntuación segundo os criterios de adxudicación establecida no prego de condicións e cumprir con todos os requisitos esixidos no procedemento aberto. A empresa COVSA deberá constituír unha garantía definitiva do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE, por importe de 18.645,33€ euros, que ingresará na Tesourería desta Deputación na forma establecida no artigo 84 da LCSP, no prazo de quince días hábiles contados dende o día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación, así como a documentación xustificativa de estar a corrente no cumprimento da obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. Así mesmo, a empresa adxudicataria, deberá ingresar na Caixa desta Deputación por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia a cantidade de 88,35 euros. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación por este mesmo órgano. 15.17167.- DEVOLUCIÓN DE FIANZAS CONSTITUIDAS PARA RESPONDER DO PAGAMENTO DE ACOPIOS CORRESPONDENES Á SUBMINISTRACIÓN DE DIVERSAS PLANTAS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS PARA PEQUENOS NÚCLEOS DE POBLACIÓN NO MARCO DO PROXECTO REDESANEA Por acordo da Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 18 de maio de 2007, se lle adxudicou á empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A. (SMA) (C.I.F.- A-3688931), o concurso para a contratación da subministración de plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto REDESANEA, por importe global de 272.832,00 euros, IVE incluído. Resultando que a empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A., en cumprimento da base IV do prego de condicións que rexeu no concurso entregou o día 30 de xuño de 2007, totalmente prefabricadas con todos os elementos e compoñentes xa instalados, 2 unidades de plantas para poboacións de menos de 250 habitantes e 1 unidade de planta para poboacións de menos de 100 habitantes. Resultando que as citadas plantas depuradoras quedaron acopiadas nas instalacións que a empresa Facet Ibérica, S.A. ten no Polígono Industrial de Sabón en Arteixo (A Coruña), debido a que estaban pendentes de realizar a obras de acondicionamento dos lugares en onde se tiñan que instalar e poñer en funcionamento. Resultando que no prego de condicións que rexeu o concurso figuraba a seguinte cláusula en relación á forma de pagamento:“Se se solicita o pagamento das provisións este realizarase polas unidades almacenadas nese momento e con aval bancario para cada unha das plantas, aboándose o 75% do importe certificado. Cada aval será devolto no momento de recepción de cada planta”. Resultando que a empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, S.A., para que se procedese ó pagamento da factura número D-0180907 de data 17/09/2007, por importe de 231.907,20 €, que corresponde ó 85% do total do prezo correspondente á entrega das 2 unidades de plantas para poboacións de menos de 250 habitantes, modelo FACET tipo STP-25 número de serie: 11032-271451 e 11033-271451 e 1 unidade de plantas para poboacións de menos de 100 habitantes, modelo FACET tipo STP-10 número de serie: 11031-271451, presentou, entre outros, unha serie de avais bancarios que foron depositados na Tesourería desta Deputación, para responder do 75% do valor das plantas depuradoras citadas. Resultando que a empresa Soluciones Medioambientales y Aguas, (SMA), tal como figura nos respectivos informes do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 31 de xullo de 2009, procedeu á instalación das seguintes plantas depuradoras: A planta 11031/271451 no municipio de Meis, núcleo de Paradela. A planta 11032/271451 no municipio de Portas, núcleo de Fontenla. A planta 11033/271451 no municipio de Meis, núcleo de Paiende. Vistos os informes de Intervención de data 3 de agosto de 2009, para a devolución das fianzas constituídas para responder do 75% do importe certificado e abonado polas plantas depuradoras incluídas no proxecto Redesanea. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A devolución á empresa Solucciones Medioambientales y Aguas, S.A., das seguintes garantías constituídas para responder do 75% do importe certificado e abonado polas plantas depuradoras do proxecto Redesanea, FACET tipo STP-25 número de serie: 11032-271451 e 11033-271451 e FACET tipo STP-10 número de serie: 11031-271451. • A constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de cincuenta e sete mil novecentos setenta e seis euros con oitenta céntimos (57.976,80 €), para garantir a planta depuradora número de serie 11031/271451 que queda instalada no municipio de Meis, núcleo de Paradela, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/09/2007, segundo mandamento de ingreso número de operación 200700078647, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. • A constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de oitenta e seis mil novecentos sesenta e cinco euros con vinte céntimos (86.965,20€), para garantir a planta depuradora número de serie 11032/271451 que queda instalada no municipio de Portas, núcleo de Fontenla, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/09/2007, segundo mandamento de ingreso número de operación 200700078648, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de oitenta e seis mil novecentos sesenta e cinco euros con vinte céntimos (86.965,20€), para garantir a planta depuradora número de serie 11033/271451 que queda instalada no municipio de Meis, núcleo de Paiende, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/09/2007, segundo mandamento de ingreso número de operación 200700078644, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. 16.17168.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS RELATIVAS Á DIRECCIÓN DE OBRAS E CONTROL DE CALIDADE Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas que máis adiante se relacionan, tendo en conta que como non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación das facturas require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito con cargo ás contas non orzamentarias 419.09 (099.129) e 419.08 (099.125) e a conta orzamentaria 09/511.511-612.02, de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización , o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: - Factura nº 2009/ A2604, por un importe de 2.760,80 €, da empresa ENMACOSA, S.A. (NIF A - 36.039.956), que xustifica os traballos de control de calidade realizados na obra “Ampliación do Museo de Pontevedra e Rehabilitación do edificio Sarmiento” con cargo á conta non orzamentaria 419.09 (099.129). - Facturas nº 46/07, por un importe de 2.530,32 €, nº22/07 por un importe de 17.003,15 € e nº 05/08 por un importe de 1.679,19 €, do Enxeñeiro Técnico D. Manuel Vázquez Fernández (NIF.- 35.163.186 G), que xustifica os traballos de Dirección de obra “Infraestrutura básica para construción de 30 campos de fútbol de herba sintética” correspondentes ás certificacións 20, 19 e 8 respectivamente, con cargo á conta non orzamentaria 419.08 (099.125). - Factura nº 1655, por un importe de 9.220,51 €, da empresa MANUEL VAQUEIRO, S.L. (NIF B - 36.033.470), que xustifica os traballos de construción dun muro de mampostería con motivo das obras de urbanización do tramo Sergas – Montecelo, con cargo a partida 09/511.511.612.02. - Factura nº 142/09, por un importe de 30.050,61 €, da empresa ESTUDIO MORENO, S.L. (NIF B - 36.847.986), que xustifica os honorarios relativos á redacción do proxecto “Pavimentación e obra de fábrica na E.P. 1002 Magdalena – Aldán (Cangas)”, con cargo á partida 511.511.612.02. - Factura nº 143/09, por un importe de 30.050,61 €, da empresa ESTUDIO MORENO, S.L. (NIF B - 36.847.986), que xustifica os honorarios relativos á redacción do proxecto “Explanación na E.P. 1002 Magdalena – Aldán (Cangas)”, con cargo á partida 09/511.511.612.02. 17.17169.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota