Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2009-08-26_Ordinaria. Acta de sesión 2009/08/26_Ordinaria
Acta de sesión 2009/08/26_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.379/1.2009-08-26_Ordinaria
Título Acta de sesión 2009/08/26_Ordinaria
Data(s) 2009-08-26 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e seis de agosto do ano dous mil nove, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa, Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, D. José Juan Durán Hermida, D. Silvestre José Balseiros Guinarte e Dna. Francisca Canal Gómez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados, D. Severino Reguera Varela, D. José Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Acctal., D. José Fernández López. Non asisten o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal e os deputados Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Xosé Crespo Iglesias e D. Jesús Mª Fernández Portela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17184.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 12 de agosto de 2009. 2.17185.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE OIA, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES 2009 (ACTIVIDADE Nº 172) A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación solicitado polo concello de Oia, da actividade nº 172 “Festa dos Reis”, cunha subvención de dous mil euros (2.000,00), para as actividades seguintes: • 997,34 euros para actividade nº 174 “Festa da chourizada”, cuxo orzamento ascende a 1.997,34 euros e que xa está subvencionada con 1.000,00 euros. A subvención definitiva é 1.997,34 euros. • 1.000,00 euros para a actividade nº 178 “Memorial Manuel Cuevas”, cun orzamento de 1.000,00 euros e unha subvención de 1.000,00 euros, con cargo ó Programa de Acción Municipal 2009, Sección Actividades, partida 09/911.911.462.00. Deberán seguirse as condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da actividade citada, non pudendo cambiar o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que terá que axustarse estritamente ás bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As actividades que se acollan a este programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 28 de febreiro do 2010, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. 3.17186.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE OIA, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES 2009 (ACTIVIDADE Nº 173) A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o cambio de aplicación solicitado polo concello de Oia, da actividade nº 173 “V subida automobilística a Santa María de Oia”, cunha subvención de cinco mil euros (5.000,00), para a actividade nº 180 “Irmandamento coa Fregresía de Oia”, cun orzamento de 5.000,00 euros e una subvención de 5.000,00 euros, con cargo ó Programa de Acción Municipal 2009, sección actividades, partida 09/911.911.462.00, e con suxeición ás condicións seguintes: a) A subvención concédese para colaborar na execución da actividade citada, non podendo cambiar o destino nin a contía da mesma. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das obras, unha vez concluída a súa execución, que terá que axustarse estritamente ás bases reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As actividades que se acollan a este programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 28 de febreiro do 2010, de non facelo así, procederase á anulación da subvención concedida. 4.17187.- AUTORIZACIÓN DO ABOO ANTICIPADO DO 50% DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A ACTIVIDADE “FESTAS PATRONAIS E DO CHURRASCO” DO CONCELLO DE COVELO, INCLUÍDA NO PAM/2009-ACTIVIDADES Vista a petición do concello de O Covelo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade autorizar o aboamento anticipado de 6.000,00 €, correspondente ó 50% da subvención concedida para a actividade “Festas patronais e do churrasco”, incluída no PAM/2009, aprobada na Xunta de Goberno de data 8 de xullo de 2009, acordo nº 28.17087, e segundo a base 25.11ª das de execución do vixente orzamento, establécese esta posibilidade. 5.17188.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS CONSTITUÍDAS PARA RESPONDER DO PAGO DE ACOPIOS CORRESPONDENTES Á SUBMINISTRACIÓN DE DIVERSAS PLANTAS DEPURADORAS DE AUGAS RESIDUAIS PARA PEQUENOS NÚCLEOS DE POBOACIÓN NO MARCO DO PROXECTO DEPUTRÁNS 2004-2005 Por acordo da Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 25 de febreiro de 2005, adxudicóuselle á empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, S.A. (C.I.F.- A-36888931), o concurso para a subministración de plantas depuradoras de augas residuais para pequenos núcleos de poboación no marco do proxecto “Deputrans 2004-2005”, por importe global de 4.622.368,00 euros, IVE incluído. Resultando que a Deputación Provincial de Pontevedra procedeu a efectuar a recepción o día 10 de novembro de 2005, entre outras, das plantas depuradoras modelos FACET tipo STP-25 número de serie 9535-250334 e FACET tipo STP-50 números de serie 9553-250338; 9551-250338 e 9545-250336, as cales quedaron acopiadas nas instalacións que a empresa FACET IBÉRICA, S.A. ten no Polígono Industrial de Sabón en Arteixo (A Coruña), á espera da súa posterior instalación e posta en funcionamento, por parte da empresa adxudicataria. Resultando que no prego de condicións que rexeu o concurso figura a seguinte cláusula en relación á forma de pagamento: “Do prezo unitario ofertado a provisión representará o 85% do custo total (IVE incluído) e o 15% restante corresponderá á instalación e posta en marcha de forma indivisible. Se se solicita o pagamento dos aprovisionamentos este realizarase polas unidades almacenadas nese momento e con aval bancario para cada unha das plantas, aboándose o 75% do importe certificado. Cada aval será devolto no momento de recepción de cada planta”. Resultando que a empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, S.A., para que se procedese ó pagamento da factura número 1701105 de data 11/11/2005, por importe de 2.008.876,46 euros, que corresponden ó 85% do total do prezo correspondente á entrega de 15 unidades de plantas para poboacións de ata 500 habitantes-equivalentes modelo FACET tipo STP-50 e 4 unidades de plantas para poboacións de ata 250 habitantes, modelo FACET tipo STP-25, que quedaron acopiadas nas instalacións da empresa FACET IBÉRICA, S.A., presentou, entre outros, unha serie de avais bancarios que foron depositados na Tesourería desta Deputación, para responder do 75% do valor das plantas depuradoras citadas. Resultando que a empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, S.A. (SMA), tal como figura nos respectivos informes do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 18 de agosto de 2009, procedeu á instalación das seguintes plantas depuradoras: • A planta 9535-250334 no Concello das Neves, núcleo de Outeiro. • A planta 9553-250338 no Concello de Mondariz, núcleo de Chan-Portela. • A planta 9551-250338 no Concello de Ponteareas, núcleo da Freixa. • A planta 9545-250336 no Concello de Arbo, núcleo de Barcela. Vistos os informes favorables de Intervención de data 21 de agosto de 2009, para a devolución das garantías constituídas para responder do 75% do importe certificado e aboado polas plantas depuradoras citadas incluídas no proxecto Deputrans 2004-2005. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A devolución á empresa SOLUCIONES MEDIOAMBIENTALES Y AGUAS, S.A., das seguintes garantías constituídas para responder do 75% do importe certificado e aboado polas plantas depuradoras, modelos FACET tipo STP-25 número de serie 9535-250334 e FACET tipo STP-50 números de serie 9553-250338; 9551-250338 e 9545-250336. • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de sesenta e seis mil cincocentos cincuenta e cinco euros (66.555,00€), para garantir a planta depuradora número de serie 9535/250334 que queda instalada no municipio das Neves, núcleo de Outeiro, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/11/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500104101, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. • A constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de oitenta e sete mil cento trinta e dous euros con setenta e cinco céntimos (87.132,75€), para garantir a planta depuradora número de serie 9553/250338 que queda instalada no municipio de Mondariz, núcleo de Chan-Portela, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/11/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500104103, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de oitenta e sete mil cento trinta e dous euros con setenta e cinco céntimos (87.132,75€), para garantir a planta depuradora número de serie 9551/250338 que queda instalada no municipio de Ponteareas, núcleo da Freixa, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/11/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500104084, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. • A constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de oitenta e sete mil cento trinta e dous euros con setenta e cinco céntimos (87.132,75€), para garantir a planta depuradora número de serie 9545/250336 que queda instalada no municipio de Arbo, núcleo de Barcela, no lugar habilitado ó efecto e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/11/2005, segundo mandamento de ingreso número de operación 200500104095, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. 6.17189.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS A) A empresa Dalonga, S.A., mediante escrito de data 12 de marzo de 2009 solicita a devolución da fianza constituída para responder da subministración de dous vehículos recolectores de residuos sólidos urbanos de 10 m3 de capacidade para o Concello de Baiona. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran ambos informes emitidos polo Servizo de Intervención e polo Alcalde do Concello de Baiona onde figura que procede a devolución da garantía ó terse cumprido satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou seguro de caución. A Xunta de Goberno, de acordo cos informes favorables que constan no expediente e de conformidade co que se establece no artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía definitiva: • Á empresa DALONGA, S.A. (C.I.F. A-36011112), a garantía definitiva constituída en valores, mediante aval do BANCO DE GALICIA, por importe de dez mil euros (10.000,00€), para responder da execución do contrato de subministración de dous vehículos recolectores de residuos sólidos urbanos de 10 m3 de capacidade para o Concello de Baiona e que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/12/2006, segundo mandamento de ingreso número de operación 200600108787. B) A empresa TODOSISTEMAS, SERVICIOS TECNOLÓGICOS, S.L., mediante escrito de data 11 de febreiro de 2009 solicita a devolución da fianza constituída para responder da asistencia técnica para a realización da tarefa de administración de sistemas na Deputación Provincial. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran ambos informes emitidos polo Servizo de Novas Tecnoloxías e pola Intervención desta Deputación nos cales establécese que procede a devolución da garantía ó terse cumprido satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou seguro de caución. A Xunta de Goberno , de acordo cos informes favorables que constan no expediente e de conformidade co que se establece no artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía definitiva: • Á empresa TODOSISTEMAS, SERVICIOS TECNOLÓGICOS, S.L. (C.I.F. B-36.483.121), a garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil cento oitenta e seis euros (1.186,00€), para responder da execución do contrato de subministración de dous vehículos recolectores de residuos sólidos urbanos de 10 m3 de capacidade para o Concello de Baiona e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/03/2008, segundo mandamento de ingreso número de operación 200800027004. 7.17190.- PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR A AXUDA CONCEDIDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES “A PASTORIZA” DE VILANOVA DE AROUSA, PARA EQUIPAMENTO DA LONXA: CAIXAS E CESTOS Dada conta da solicitude da Confraría de pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa, CIF núm. G36013597, para ampliar o prazo da xustificación da axuda que se lle concedeu pola Xunta de Goberno do 30/12/2008 con cargo ó “Programa de axudas confrarías de pescadores – 2008” e destinada ó equipamento da lonxa; visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario e considerando o disposto nas Bases reguladoras destas axudas, publicadas no BOP núm. 204, do 21/10/2008, e no artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o prazo para xustificar esta axuda por un prazo de tres meses a contar dende o remate do prazo inicial. En virtude do disposto no apartado 3 do artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de decembro, do Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, este acordo non será susceptible de recurso administrativo algún. 8.17191.- PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR A AXUDA CONCEDIDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES “A PASTORIZA” DE VILANOVA DE AROUSA, PARA A MELLORA DO EDIFICIO SOCIAL: ACONDICIONAMENTO DAS OFICINAS Dada conta da solicitude da Confraría de pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa, CIF núm. G36013597, para ampliar o prazo da xustificación da axuda que se lle concedeu pola Xunta de Goberno do 30/12/2008 con cargo ó “Programa de Axudas Confrarías de Pescadores – 2008” e destinada ó acondicionamento do edificio social; visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario e considerando o disposto nas Bases reguladoras destas axudas, publicadas no BOP núm. 204, do 21/10/2008, e no artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o prazo para xustificar esta axuda por un prazo de tres meses a contar dende o remate do prazo inicial. En virtude do disposto no apartado 3 do artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de decembro, do Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, este acordo non será susceptible de recurso administrativo algún. 9.17192.- PRÓRROGA PARA XUSTIFICAR A AXUDA CONCEDIDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES “SAN JOSÉ” DE CANGAS, PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA EMBARCACIÓN DE VIXILANCIA Dada conta da solicitude da Confraría de pescadores San José de Cangas, CIF núm. G36014389, para ampliar o prazo da xustificación da axuda que se lle concedeu pola Xunta de Goberno do 30/12/2008 con cargo ó “Programa de Axudas Confrarías de Pescadores – 2008”; visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario e considerando o disposto nas Bases reguladoras destas axudas, publicadas no BOP núm. 204, do 21/10/2008, e no artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o prazo para xustificar esta axuda por un prazo de tres meses a contar dende o remate do prazo inicial. En virtude do disposto no apartado 3 do artigo 49 da Lei 30/1992, de 26 de decembro, do Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, este acordo non será susceptible de recurso administrativo algún. 10.17193.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA A “COAFOR SCG”, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A COOPERATIVAS PARA FINANCIAR AS MELLORAS NOS SERVIZOS QUE PRESTEN ÓS SEUS SOCIOS-2008 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 19/11/2008, no que se concede unha axuda para “Adquisición de sementais e instalación de persiana” a COAFOR SCG. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar COAFOR SCG (F36173599) Axudas a cooperativas, SAT e OPP da provincia de Pontevedra para financiar as melloras nos servizos que presten ós seus socios 38.320,65 € 14.866,00 € 19.867,09 € 7.706,44 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.789.00.2008 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións COAFOR SCG F36173599 Regueira, 47 36550 Forcarei 7.706,44 € Obra civil Redúcese o importe da axuda de xeito proporcional ó importe non xustificado TOTAL 7.706,44 € 11.17194.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA A “INDEGA SCG”, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A COOPERATIVAS PARA FINANCIAR AS MELLORAS NOS SERVIZOS QUE PRESTEN ÓS SEUS SOCIOS-2008 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 19/11/2008, no que se concede unha axuda para “Adquisición de sementais e instalación de persiana” a INDEGA, SCG. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar INDEGA SCG (F36463776) Axudas a cooperativas, SAT e OPP da provincia de Pontevedra para financiar as melloras nos servizos que presten ós seus socios 47.285,00 € 18.343,00 € 43.573,08 € 16.901,99 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.789.00.2008 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións INDEGA SCG F36463776 Ctra. de Siador, s/n 36540 Silleda 16.901,99 € Obra civil Redúcese o importe da axuda de xeito proporcional ó importe non xustificado TOTAL 16.901,99 € 12.17195.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA A “SERVIPOR SCG”, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A COOPERATIVAS PARA FINANCIAR AS MELLORAS NOS SERVIZOS QUE PRESTEN ÓS SEUS SOCIOS-2008 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 19/11/2008, no que se concede unha axuda para “Adquisición de sementais e instalación de persiana” a SERVIPOR, SCG. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar SERVIPOR SCG (F36437820) Axudas a cooperativas, SAT e OPP da provincia de Pontevedra para financiar as melloras nos servizos que presten ós seus socios 25.790,72 € 10.720,00 € 21.935,00 € 9.116,18 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.789.00.2008 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións SERVIPOR SCG F36437820 Extremadoiro, s/n – S. Bartolomé de Pereira 36557 Forcarei 9.116,18 € Adquisición de sementais e instalación de persiana Redúcese o importe da axuda de xeito proporcional ó importe non xustificado TOTAL 9.116,18 € 13.17196.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA Á ASOC. CULTURAL CAMPO DA PICOÑA DO CONCELLO DE RIBADUMIA PARA O “IV FESTIVAL MÚSICA TRADICIONAL”, APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 17/09/08 Dada conta da xustificación da subvención concedida pola Xunta de Goberno de 17/09/08 á Asociación Cultural Campo da Picoña do concello de Ribadumia, con CIF: G-36.501.146, para “IV Festival Música Tradicional” por un importe de 937,00 €, con cargo á partida 08/451.451.489.05, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por terse presentado a mesma fóra do prazo establecido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 937,00 €, con cargo á partida 09/451.451.489.05.2008 do vixente orzamento provincial. 14.17197.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS Con data 7 de agosto de 2009 e con número de rexistro de entrada 29794, a Xefa do Servizo de Cooperación expón que “o pasado 30 de xullo recibiuse no Servizo de Cooperación a invitación, por parte da Subdirección Xeral de Cooperación Económica Local, para participar nunha Xornada informativa sobre a aplicación da normativa comunitaria en materia de publicidade nos Proxectos do Eixe 5 dos Programas Operativos de FEDER, que se celebrará o día 9 de setembro de 2009 en Madrid”. Á dita reunión debe asistir unha persoa designada pola Entidade, polo que, tendo en conta o contido dos temas a tratar, é importante que asista a Técnica de Xestión e Planificación dos Proxectos “Pousadas” e Wimax – do Eixe 5 Desenvolvemento Sostible Local e Urbano, Dna. Ruth González Reyes. Polo exposto e de conformidade co que se establece no art. 30.5 do I Convenio Colectivo para persoal laboral da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, conceder a Dna. Ruth González Reyes o permiso solicitado e unha axuda económica, por un importe de 235,65 euros, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Desprazamento: (Ida e volta no mesmo día) CONCEPTO VEHÍCULO PROPIO PEAXE TAXI AVIÓN TOTAL PARTIDA Desprazamento en Avión Pontevedra-Aeroporto de Vigo-Pontevedra 65 Km x 0.19 € 12,35 € 5,90 € Desprazamento Aeroporto Madrid – Ministerio de Economía e Facienda – Aeroporto Madrid 80,00 € 100,00 € 198,25 € 911.751.231.01 Dietas: (Ida e volta no mesmo día) CONCEPTO Manutención Importe Día: 09/09/09 1 Manutención GRUPO II PARTIDA Ruth González Reyes 37,40 € 911-751-230.01 Ditas cantidades imputaranse ás partidas 911-751-230.01 de dietas, por importe de 37,40 €, e a 911-751-231.01 de locomoción, por importe de 198,25 €, do vixente orzamento provincial. 15.17198.- APROBACIÓN DA CONVOCATORIA E BASES DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN PARA O 2º SEMESTRE 2009 No marco do IV Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas e con cargo á subvención que esta Deputación Provincial solicitou ó INAP para o Plan Agrupado de Formación do ano 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases que terán que rexer a asistencia ás accións formativas programadas para o segundo semestre de 2009. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES PARA A ASISTENCIA ÁS ACCIÓNS FORMATIVAS PROGRAMADAS PARA O SEGUNDO SEMESTRE DE 2009. PRIMEIRA.- Destinatarios: Persoal da Deputación Provincial e Organismos Autónomos e dos Concellos que se adheriron ó Plan Agrupado de Formación, do que forman parte os seguintes: Agolada, Arbo, Baiona, Barro,Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas do Morrazo, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, A Estrada, Forcarei, Fornelo de Montes, O Grove, A Guarda, Illa de Arousa, A Lama, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Mondariz Balneario, Moraña, Mos, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontecesures, Porriño, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vilaboa, Vilagarcía, Vila de Cruces e Vilanova de Arousa. SEGUNDA.- NORMAS XERAIS DE INSCRIPCIÓN.- 2.1.- Poderán participar nas accións formativas que se convoquen, os destinatarios contemplados na Base Primeira, que se atopen en Servizo Activo, ou o persoal que estea gozando dun permiso por parto, adopción ou acollemento, tanto preadoptivo como permanente ou simple, adopción internacional ou en excedencia por coidado de fillos e familiares, que poderán participar nos cursos consonte establece os artigos 57.4, e 76.4 do Decreto Lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da Función Pública de Galicia. 2.2.- Durante o ano soamente poderase solicitar un máximo de seis (6) Cursos. 2.3.- En ningún caso se poderá participar nun curso se xa se fixo previamente, excepto se fai máis de cinco anos que se realizou, e haxa menos solicitudes que prazas. 2.4.- Non se poderá participar nunha actividade formativa se ó inicio do curso se está en situación de incapacidade temporal, quedando automaticamente excluído/a da relación de aspirantes seleccionados. Esta circunstancia deberá ser comunicada por escrito ó Servizo de RR.HH. e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra, para poder cubrir a vacante e evitar a penalización, que suporá o non ser admitido en ningunha outra actividade formativa no transcurso dos doce (12) meses seguintes ó coñecemento desta circunstancia, así como a non expedición do Diploma correspondente á Acción Formativa na que participou. 2.5.- Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nas mesmas datas. No caso de que se detecte con posterioridade, non se acreditará ningún dos cursos. 2.6.- A falsidade ou ocultación de datos para a xestión dos cursos, dará lugar á exclusión automática do curso ou cursos solicitados, así como a imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano, computado dende a data na que se detecte o feito. 2.7.- No caso de que o profesional seleccionado para a realización dunha actividade formativa decide non asistir a ela, deberá comunicar a súa renuncia ó Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación Provincial de Pontevedra, como mínimo con un (1) día natural de antelación á data de inicio. De non facelo así, salvo causa xustificada debidamente valorada, non será admitido en ningunha outra actividade formativa no transcurso dos doce (12) meses seguintes ó coñecemento desta circunstancia. A renuncia fóra de prazo ou o abandono das actividades sen causa xustificada documentalmente, levará unha valoración negativa das solicitudes que realice durante o prazo dun ano, computada dende a data na que se produza o feito. TERCEIRA.- Solicitudes: As persoas que desexen participar nos cursos programados deberán solicitalo no modelo oficial de instancia que figura ó final da Convocatoria, Anexo II cuberto en todos os epígrafes. As solicitudes dirixidas ó Sr. Presidente da Corporación Provincial, presentaranse a través do Rexistro Xeral deste Organismo Provincial ata o día 10 de setembro de 2009. Poderán ser excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan correctamente cubertos os datos necesarios para realizar o proceso de selección de alumnos. CUARTA.- AGRUPACIÓN POR ZONAS.- Nas actividades formativas detalladas no Anexo I agrupadas por zonas, serán destinatarios preferentes os traballadores/as dos Concellos que formen parte de cada una delas, se ben para os supostos nos que non haxa suficientes solicitudes, poderán participar os empregados/as doutros Concellos. QUINTA.- Selección: Os participantes serán seleccionados consonte os seguintes criterios: 1º Ser necesariamente destinatario, de conformidade co establecido no Anexo para cada curso. Serán excluídos os que xa teñan feito o mesmo curso, nos termos detallados na Base segunda, punto terceiro. 2º Unha vez aplicado o criterio anterior, de existir máis solicitudes que prazas, terán preferencia na selección os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e os obxectivos do curso. 3º En caso de empate, terán preferencia aqueles alumnos que teñan menor número de cursos realizados no ano anterior. 4º Terán prioridade os empregados públicos con vínculo fixo sobre os temporais. 5º Terán prioridade os empregados con maior número de tempo de servizos prestados, acreditados coa certificación correspondente. 6º Os que posúan o menor número de cursos realizados nesta Deputación, Escolas, Institutos de Administración Pública ou outros similares. SEXTA.- Modificacións: A Deputación Provincial resérvase a facultade de interpretar e resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento dos cursos, así como de cancelalos se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización. SETIMA.- Certificado de asistencia: Outorgaráselles un certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nos cursos, sempre e cando a súa inasistencia (con ou sen xustificación) non sexa igual ou superior ó 10 % das horas lectivas programadas. A superación deste límite, sexa cal sexa a causa, imposibilitará a expedición do certificado. OITAVA.- Outros Cursos: Os cursos programados para o ano 2009, en colaboración có INAP, rexeranse pola súa normativa específica.” Os cursos a realizar son os seguintes: CURSOS A REALIZAR NO 2º SEMESTRE DE 2009 Nº Acción Formativa Modalidade Lugar de Impartición Nº de Horas 1 Adobe Photoshop Presencial Pontevedra 20 2 Nova contabilidade pública local Presencial Pontevedra 25 3 Novas liñas de financiamento europeo Presencial Pontevedra 20 4 Tramitación e xestión de proxectos europeos Presencial Pontevedra 20 5 Deseño e mantemento de páxinas web Presencial Pontevedra 15 6 Adobe Photoshop Presencial Salnés 20 7 Facendas Locais: os orzamentos e o gasto público Presencial Salnés 20 8 Internet e correo electrónico Presencial Salnés 15 9 A administración electrónica: dinamización do servizo Presencial Salnés 16 10 Arquivo de oficina: xestión e organización da documentación Presencial Salnés 16 11 A expresión musical na educación infantil Presencial Salnés 20 12 Elaboración de documentos administrativos Presencial Sur 20 13 Internet e correo electrónico Presencial Sur 15 14 Xardinería Presencial Sur 20 15 Os contos como ferramenta de formación e de expresión. Actividades de oralidade e iniciativas para la animación á lectura Presencial Sur 20 16 Elaboración de documentos administrativos Presencial Unitario 20 17 Escritura eficaz na Administración Pública Presencial Unitario 20 18 A Lei Xeral de Subvencións Presencial Unitario 20 19 Microsoft Project Presencial Unitario 20 20 Deseño e mantemento de páxinas web Presencial Unitario 15 21 Informática Básica Presencial Deputación 20 22 Inglés Básico Presencial Finca Mouriscade 10 23 Inglés Medio Presencial Finca Mouriscade 20 24 Produción e conservación de forraxes Presencial Finca Mouriscade 6 25 Métodos de preparación de mostras PCR Presencial Finca Areeiro 20 26 Curso práctico de poda de Kiwi Presencial Finca Areeiro 20 27 Os contos como ferramenta de formación Presencial C. I. "Príncipe Felipe" 20 28 Curso básico de coidador/acompañante de transporte escolar Presencial C. I. "Príncipe Felipe" 20 29 Curso de Soldadura (1ª edición) Presencial Parque de Maquinaria 25 30 Curso de Soldadura (2ª edición) Presencial Parque de Maquinaria 25 31 Seguridade vial para condutores (1ª edición) Presencial Vías e Obras (8)+ Soutomaior (10) + Príncipe Felipe (4) + Parque Móvil (4) 8 32 Seguridade vial para condutores (2ª edición) Presencial Parque de Maquinaria (18) + Areeiro (7) + Parque Móvil (3) 8 33 Seguridade vial para condutores (3ª edición) Presencial Parque de Maquinaria (18) + Mouriscade (7) + Parque Móvil (3) 8 34 Curso de especialización para persoal “Axudantes de control e vixilancia” (4 funcionarios), “Subalternos” (10 funcionarios) e “Oficial de Imprenta” (1 funcionario) Semipresencial Cidade Infantil "Príncipe Felipe" + Deputación 150 35 Curso de especialización para persoal “Encargado” da Deputación de Pontevedra (25 funcionarios) Semipresencial Cidade Infantil “Príncipe Felipe” 150 36 A Contratación laboral na Administración Local Semipresencial Cidade Infantil “Príncipe Felipe” 30 16.17199.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 18 de agosto de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900000770 e que contén catorce facturas, sendo a primeira de Estación de Servicio Mollabao, S.L., por importe de 3.907,36 € e a derradeira de Seripema, S.L., por importe 2.273,60 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 42.775,30 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido 42.775,30 € 17.17200.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 18.17201.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE NIGRÁN NO PSA/06-08, ANUALIDADES 2006 E 2007, PARA REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 30-32/643 DENOMINADA “SANEAMENTO NO BARRIO DA IGREXA (CHANDEBRITO)” Dada conta da solicitude de aboo da certificación un/final, do concello de Nigrán, correspondente ó investimento nº 30-32/643 denominado “Saneamento no barrio da Igrexa (Chandebrito)”, á vista do informe de Intervención de data 4 de marzo de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Recoñecer a obriga de doce mil catrocentos setenta euros con oitenta e cinco céntimos (12.470,85 €), seguindo o procedemento extraxudicial de crédito, a favor do devandito concello. Declarar de aboo con cargo ó estado de gastos do vixente orzamento provincial, as cantidades que de seguido se detallan, con aplicación ás partidas ás que se fan referencia e con cargo ós fondos da Deputación, como pago da subvención concedida ó concello de Nigrán para a realización da obra denominada “Saneamento no Barrio da Igrexa (Chandebrito)”, incluída no Programa de Obras de Saneamento e abastecemento de Augas en Pequenos Núcleos Rurais 2006-2008, anualidades 2006 e 2007. ANUALIDADE PARTIDA IMPORTE 2006 09/911.441-762.45.2006 6.000,00 2007 09/911.441-762.46.2007 6.470,85 TOTAL 12.470,85 19.17202.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONTRATO PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO XORNAL “FARO DE VIGO” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 1 de xullo de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade no xornal “Faro de Vigo”, por un importe total de cento cincuenta e tres mil novecentos oitenta e un euros con dezaseis céntimos (153.981,16 €), IVE incluído. Resultando que no citado acordo tamén se decidiu iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa, “Faro de Vigo, S.A.U. ” ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 28 de xullo de 2009 e de acordo co informe emitido polo Sr. Xefe do Gabinete de Prensa, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa, “Faro de Vigo, S.A.U.”, motivado todo iso por ser a única empresa que pode realizar o contrato. Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 29 de xullo de 2009 adxudicóuselle provisionalmente á empresa, Faro de Vigo, S.A.U. (C.I.F.- A-36600815), o contrato para efectuar a prestación de servizos de publicidade no xornal “Faro de Vigo”. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 30 de xullo de 2009 e que a empresa Faro de Vigo, S.A.U., presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 6.637,12 euros depositados na Tesourería desta Deputación con data 17/08/2009 e número de operación 200900069741 polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2, a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar definitivamente á empresa Faro de Vigo, S.A.U. (C.I.F.- A-36600815) o contrato para prestación de servizos de publicidade no xornal “Faro de Vigo”, por un importe total de cento cincuenta e tres mil novecentos oitenta e un euros con dezaseis céntimos (153.981,16 €), IVE incluído, (do importe total, 132.742,38 euros corresponden ó prezo do contrato e 21.238,78 euros ó IVE), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Edición Tamaño Prezo Unitario Número de Insercións Importe IVE TOTAL - € Arousa 10x5 1.342,50 3 4.027,50 644,40 4.671,90 Arousa 5x5 494,67 3 1.484,00 237,44 1.721,44 Arousa - Suplemento 5x5 364,00 1 364,00 58,24 422,24 Morrazo 5x5 525,00 1 525,00 84,00 609,00 Deza 5x5 645,25 5 3.226,25 516,20 3.742,45 Pontevedra 10x5 1.155,00 2 2.310,00 369,60 2.679,60 Pontevedra 3x5 365,63 1 365,63 58,50 424,13 Pontevedra 5x5 561,56 8 4.492,50 718,80 5.211,30 Pontevedra - Suplemento 5x5 364,00 3 1.092,00 174,72 1.266,72 Vigo 10x10 13.800,00 1 13.800,00 2.208,00 16.008,00 Vigo 10x5 5.998,78 9 53.989,00 8.638,24 62.627,24 Vigo 3x5 1.575,00 1 1.575,00 252,00 1.827,00 Vigo 4x3 840,00 2 1.680,00 268,80 1.948,80 Vigo 5x5 2.305,17 9 20.746,50 3.319,44 24.065,94 Vigo - Suplemento 10x5 3.150,00 4 12.600,00 2.016,00 14.616,00 Vigo - Suplemento 5x5 1.308,13 8 10.465,00 1.674,40 12.139,40 TOTAL................. 153.981,16 2.- O pago dos servizos de publicidade no xornal “Faro de Vigo” efectuarase á empresa adxudicataria contra a presentación das correspondentes facturas con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente orzamento provincial. 20.17203.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DE DIVERSAS OBRAS INCLUÍDAS NO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN A Xunta de Goberno, en sesión do 15 de xullo, adxudicou provisionalmente diversas obras incluídas no Plan Provincial de Cooperación 2009. Concedeuse ás empresas adxudicatarias un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentaran a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. As adxudicatarias provisionais presentaron a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar definitivamente a Construcciones Crespo, S.A. a obra “E.P. 1003 Banda do Río Alto da Portela (Bueu)”, na suma de 104.990,47 €, máis 16.798,47 €, correspondentes ó IVE, que oferta prazo de execución dun mes, melloras valoradas en 7.100,00 € e o 3% do orzamento de execución material para o control de calidade. 2.- Adxudicar definitivamente a Construcciones Obras y Viales, S.A. a obra “Capa de rodadura E.P. 9598 Lois – A Goulla (Meis - Ribadumia)” na suma de 146.135,03 € máis 23.381,60 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 11.700,00 € e o 3% do orzamento de execución material para o control de calidade. 3.- Adxudicar definitivamente a Construcciones Dago, S.A. a obra “Mellora E.P. 6410 Bodaño – Merza (Vila de Cruces)”na suma de 169.612,00 € máis 27.137,92 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de dous meses e medio, melloras valoradas en 19.942,32 € e o 2,5% do orzamento de execución material para o control de calidade. 4.- Adxudicar definitivamente a Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. a obra “Capa de rodadura E.P. 0306 Ponteverdugo – Cambeses – Barcia (A Lama)”, na suma de 134.137,93 € máis 21.462,07 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de dous meses e vinte e cinco días, melloras valoradas en 11.996,80 € e o 3% do orzamento de execución material para o control de calidade. 21.17204.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA “E.P. 9701 BAIÓN-ANDRÁS, LUGAR DE SERANTES (VILANOVA DE AROUSA)” EXPTE. D09/47 A Xunta de Goberno, en sesión do 15 de xullo, adxudicou provisionalmente a obra de “E.P. 9701 Baión – András, lugar de Serantes (Vilanova de Arousa)” á empresa Construcciones Obras y Viales, S.A. Concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentara a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. A adxudicataria provisional presentou a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra “E.P. 9701 Baión – András, lugar de Serantes (Vilanova de Arousa)”, efectuada, en sesión de 15 de xullo do ano en curso, a favor de Construcciones Obras y Viales, S.A. na suma de 440.718,67 € máis 70.514,99 € correspondentes ó IVE. 22.17205.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA DE “PAVIMENTACIÓN DO ADRO DA IGREXA DE SAN MIGUEL DE BOUZAS” A Xunta de Goberno, en sesión de 8 de xullo de 2009, adxudicou provisionalmente a obra de “Pavimentación do adro da Igrexa de San Miguel de Bouzas (Vigo)” á empresa Oreco, S.A. Así mesmo, concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentará a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Presentando a adxudicataria provisional a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra de “Pavimentación do adro da Igrexa de San Miguel de Bouzas (Vigo)”, efectuada, en sesión de 8 de xullo do ano en curso, a favor de Oreco, S.A. na suma de 100.500,00€, máis 16.080,00€ correspondentes ó IVE, que oferta, ademais, un prazo de execución de tres meses. 23.17206.- ADXUDICACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “POSTA EN VALOR E REHABILITACIÓN DOS PENDELLOS DE AGOLADA” EXPTE. D08/56) Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 22 de outubro de 2008, polo que se adxudicou a Decoración, Instalaciones y Construcciones, S.A.U, a obra de “Actuación de posta en valor e rehabilitación dos pendellos de Agolada e contorno” na cantidade de 171.120,69 €, máis a cantidade de 27.379,31 € correspondes ó IVE, ofertando un prazo de execución de tres meses e medio, melloras valoradas en 407,48 € e o 1% de orzamento de licitación para o control de calidade. Visto o proxecto redactado polo Servizo de Arquitectura co obxecto de recoller unha serie de modificacións que se estiman conveniente introducir para adecuar as discrepancias existentes entre a realidade a executar e as previsións contidas no proxecto primitivo, cun orzamento de douscentos setenta e oito mil douscentos un euros con corenta e un céntimos (278.201,41 €), IVE incluído, o que supón un incremento de setenta e nove mil setecentos un euros con corenta e un céntimos (79.701,41 €). Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión do día 22 de xullo de 2009, polo que se aprobou, con cargo á partida 09/432.432.682.01, o proxecto modificado da citada obra por importe de 278.201,41 €. Visto o escrito de Decoraciones, Instalaciones y Construcciones, S.A.U., adxudicataria da obra inicial, e no que presta conformidade as medicións e orzamento do proxecto modificado. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o gasto por un importe de 278.201,41 € con cargo a partida 09/423.432.682.01. 2.- Adxudicar, segundo o establecido no artigo 217 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, a Decoraciones, Instalaciones y Construcciones, S.A.U. (DICSA) (CIF A-36.011.047), a obra comprendida no proxecto modificado de “Actuacións de posta en valor e rehabilitación dos Pendellos de Agolada e contorno”, que supón un incremento de 79.701,41 €. 24.17207.- AMPLIACIÓN DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2009 Visto o acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o 8 de abril de 2009, mediante o que se acordou adxudicar definitivamente mediante procedemento aberto o contrato para a xestión e organización do Programa de Balnearios 2009, ata unha cantidade máxima de 200.000,00 euros, á empresa Viajes Iberia S.A (CIF A-07001415), nos balnearios ou talasos que se indican e polos seguintes prezos: BALNEARIO O TALASO Prezo por persoa (sen IVE) Total por persoa Balneario de Mondariz 97,67 € 113,30 € Balneario da Toxa 93,97 € 109,00 € Balneario de Cuntis 93,97 € 109,00 € Talaso Atlántico 77,59 € 90,00 € Resultando que a Xefa do Servizo de Acción Social participa que, debido ó éxito do programa, o número de solicitudes de participación excede do inicialmente previsto, polo que para poder atender todas as solicitudes cómpre ampliar o programa na cantidade de 34.572,00 euros. Considerando, o artigo 202 LCSP, que sinala que unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións no mesmo por razóns de interese público e para atender a causas imprevistas. Vistos o documento RC e o informe emitido polo Sr. Interventor, e de conformidade coa base 16 da execución do vixente orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Ampliar o contrato para a xestión e organización do Programa de Balnearios 2009, na cantidade de trinta e catro mil cincocentos setenta e dous euros, IVE incluído (34.572,00 €), de conformidade cos prezos unitarios e nas mesmas condicións establecidas no contrato inicial. Así mesmo, acórdase autorizar o gasto complementario de 34.572,00 euros con cargo á partida 09/313.313.227.09 do vixente orzamento provincial. 25.17208.- RECTIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 28.16544 DA XUNTA DE GOBERNO RELATIVO Á ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS E SERVIZOS EN E.P. 9205 SANXENXO-MEAÑO (TRAMO LORES-CONCELLO DE MEAÑO)” Adxudicándose provisionalmente pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 29/10/2008, mediante acordo n. 28.16544, a Pavimentos de Meaño, S.L., a obra “Dotación de beirarrúas e servizos E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño (tramo Lores-Concello de Meaño)” na suma de 246.756,18 €, IVE incluído (212.720,84 € máis 34.035,33 € correspondentes ó IVE). Establecéndose no devandito acordo que, transcorrido o prazo de quince días hábiles contados dende o seguinte á publicación do acordo de adxudicación provisional no perfil do contratante, e unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites establecidos no art. 135.4 da Lei 30/2007, que se concretaba no depósito dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a achega da documentación xustificativa de esta ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou a adscribir á execución do contrato. Considerándose elevada a definitiva dita adxudicación provisional ó cumprir o adxudicatario os trámites establecidos no parágrafo anterior, e detectado erro no importe de dita adxudicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar o acordo 28.16544, adoptado en sesión celebrada o día 29/10/2008, polo que se adxudicou provisionalmente a obra de “Dotación de beirarrúas e servizos E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño (tramo Lores-Concello de Meaño)”, no sentido de que o importe de adxudicación efectuada a favor de Pavimentos de Meaño, S.L. é de 286.237,17 € (246.756,18 € máis 39.480,99 € correspondentes ó IVE). 26.17209.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota