ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/10/14_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.379/2.2009-10-14_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/10/14_Ordinaria

  • Data(s) 2009-10-14 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día catorce de outubro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17309.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 7 de outubro de 2009. 2.17310.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Á “CONFRARÍA DE PESCADORES SANTA TECLA DA GUARDA”, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A CONFRARÍAS-2008 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 30/12/2008, no que se concede unha axuda para “Reparación e equipamento do edificio social” á “Confraría de pescadores Santa Tecla da Guarda”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar CONFRARÍA DE PESCADORES SANTA TECLA (G36014173) Axudas a confrarías de pescadores, Federación Provincial e asociacións de confrarías 14.024,89 € 7.012,44 € 14.424,27 € 7.012,44 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.779.02.2008 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións CONFRARÍA DE PESCADORES SANTA TECLA G36014173 Rúa Baixo Muro,32 36780 A Guarda 7.012,44 € Reparación e equipamento do edificio social TOTAL 7.012,44 € 3.17311.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Á “CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ANTONIO DE CAMBADOS”, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A CONFRARÍAS-2008 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 30/12/2008, no que se concede unha axuda para “Adquisición de mesados para a lonxa” á “Confraría de pescadores San Antonio de Cambados”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ANTONIO (G36012847) Axudas a confrarías de pescadores, Federación Provincial e asociacións de confrarías 24.708,00 € 12.000,00 € 24.708,00 € 12.000,00 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.779.02.2008 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ANTONIO G36012847 Rúa Nova, 1 36630 Cambados 12.000,00 € Adquisición de mesados para a lonxa TOTAL 12.000,00 € 4.17312.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA COMUNIDADE DE USUARIOS CALVELO 16 (COTOBADE), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: “TELLADO NA NAVE DE DEPÓSITOS”, INCLUÍDA NO PAC/2008 CO NÚM. 54 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a prórroga solicitada pola Comunidade de Usuarios Calvelo 16 (CIF: G-36.130.151) (Cotobade), para xustificar a obra incluída no PAC/2008, co núm. 54, denominada “Tellado en nave de depósitos”, subvencionada con 4.000,00 € por Resolución Presidencial de data 23/03/2009. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 5.17313.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS AIRIÑOS DE LORES (MEAÑO), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: “CANALIZACIÓN AUGA CAXOI (LORES)”, INCLUÍDA NO PAC/2008 CO NÚMERO 67 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a prórroga solicitada pola Asociación de Veciños Airiños de Lores (CIF: G-36.144.947) (Meaño), para xustificar a obra incluída no PAC/2008, co núm. 67, denominada “Canalización auga Caxoi (Lores)”, subvencionada con 9.000,00 € por Resolución Presidencial de fecha13/04/2009. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 6.17314.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN DE MOZOS DE ESCUADRO (SILLEDA), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: “MELLORAS LOCAL SOCIAL PARA MOZOS DE ESCUADRO”, INCLUÍDA NO PAC/2008 CO NÚMERO 41 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a prórroga solicitada pola Asociación de Mozos de Escuadro (Silleda), para xustificar a obra incluída no PAC/2008, co núm. 41, denominada “Melloras Local Social para mozos de Escuadro”, subvencionada con 12.000,00 euros por Resolución Presidencial de data 23/03/2009. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable 7.17315.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SANTA MARÍA DE GRABA (SILLEDA), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: “MELLORA DO LOCAL SOCIAL E ENTORNO”, INCLUÍDA NO PAC/2008 CO NÚMERO 77 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a prórroga solicitada pola Asociación de Veciños “Santa María” de Graba (CIF: G-36.196.368) (Silleda), para xustificar a obra incluída no PAC/2008, co núm. 77, denominada “Mellora do local social e entorno”, subvencionada con 6.000,00 euros por Resolución Presidencial de data 23/03/2009. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 8.17316.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS EULALIA DE CIRA (SILLEDA), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: “MELLORAS NO CENTRO CULTURAL DE CIRA”, INCLUÍDA NO PAC/2008 CO NÚMERO 82 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de prórroga solicitada pola Asociación de Veciños “Eulalia” de Cira (CIF: G-36.323.350) (Silleda), para xustificar a obra incluída no PAC/2008, co núm. 82, denominada “Melloras no Centro Cultural de Cira”, subvencionada con 6.000,00 euros por Resolución Presidencial de data 23/03/2009. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable 9.17317.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN SOCIO CULTURAL DE CORTEGADA (SILLEDA), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: “MELLORAS LOCAL SOCIAL ENTORNO”, INCLUÍDA NO PAC/2008 CO NÚMERO 83 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a prórroga solicitada pola Asociación Socio Cultural de Cortegada (CIF: G-36.565.141) (Silleda), para xustificar a obra incluída no PAC/2008, co núm. 83, denominada “Melloras Local Social e contorno”, subvencionada con 6.000,00 euros por Resolución Presidencial de data 23/03/2009. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 10.17318.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA O APOIO Ó DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO – CATEGORÍA NÁUTICOS A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 13 de maio de 2009 aproba as bases de subvencións de axuda ó deporte de competición federado, dirixidas a apoiar ás entidades e clubs deportivos nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou local, e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 225.000,00 €, con cargo á partida 09/450.452.489.20 do vixente orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de concesión de subvencións a entidades e clubs deportivos sen ánimo de lucro para apoiar o Deporte de Competición Federado–Categoría Náuticos (programa DE_D/09) e que son as que se relacionan a continuación: Concello NIF Terceiro Obxecto da subvención Importe proposto Total Concello Baiona G36623346 MONTE REAL CLUB DE YATES AXUDA O DEPORTE FEDERADO (VELA) 3.000,00 TOTAL 3.000,00 Bueu G36505469 CLUB BUCEO ONS AXUDA O DEPORTE FEDERADO (ACTIVIDADES SUBACUÁTICAS) 5.000,00 Bueu G36427508 CLUB NAUTICO DE BELUSO AXUDA O DEPORTE FEDERADO (VELA) 3.000,00 TOTAL 8.000,00 Cambados G36217701 CLUB PIRAGÜÍSMO CAMBADOS AXUDA O DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 3.000,00 TOTAL 3.000,00 Cangas do Morrazo G36043149 CLUB DE MAR RIA DE ALDAN AXUDA O DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 5.000,00 Cangas do Morrazo G36040681 CLUB DE REMO VILA DE CANGAS AXUDA O DEPORTE FEDERADO (REMO) 6.000,00 Cangas do Morrazo G36457877 CLUB NÁUTICO DE CANGAS AXUDA O DEPORTE FEDERADO (VELA) 3.000,00 Cangas do Morrazo G36040756 R. CLUB NAUTICO RODEIRA CANGAS AXUDA O DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 5.000,00 TOTAL 19.000,00 Catoira G36035202 CLUB PIRAGÜÍSMO AS TORRES AXUDA O DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 6.000,00 TOTAL 6.000,00 Grove, O G36037950 AMEGROVE CLUB DE REMO AXUDA O DEPORTE FEDERADO (REMO) 5.000,00 Grove, O G36015634 CLUB MARÍTIMO, DEPORT. E CULTURAL BREOGÁN O GROVE AXUDA Ó DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 5.000,00 Grove, O G36048684 CLUB REMO MECOS AXUDA O DEPORTE FEDERADO (REMO) 5.000,00 TOTAL 15.000,00 Guarda, A G36111300 CLUB DE REMO ROBALEIRA AXUDA O DEPORTE FEDERADO (REMO) 5.000,00 TOTAL 5.000,00 Illa de Arousa, A G36042067 CLUB PIRAGÜÍSMO ILLA DE AROUSA AXUDA O DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 5.000,00 TOTAL 5.000,00 Marín G36039659 CLUB DE MAR DE AGUETE ASOC. DEPORTIVA AXUDA Ó DEPORTE FEDERADO (VELA) 6.000,00 Marín G36049724 CLUB DE REMO RÍA DE MARÍN AXUDA Ó DEPORTE FEDERADO (REMO) 5.000,00 TOTAL 11.000,00 Moaña G36039808 SOCIEDAD DEPORTIVA SAMERTOLAMEU AXUDA Ó DEPORTE FEDERADO (REMO) 15.000,00 Moaña G36187367 SOCIEDADE DEPORTIVA TIRAN AXUDA O DEPORTE FEDERADO (REMO) 15.000,00 TOTAL 30.000,00 Nigrán G36626026 CLUB NÁUTICO PANJÓN AXUDA Ó DEPORTE FEDERADO (VELA) 3.000,00 Nigrán G36921302 CLUB PIRAGÜÍSMO VALMIÑOR AXUDA O DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 3.000,00 TOTAL 6.000,00 Poio G36486132 ASOCIACIÓN CLUB NAUTICO RAXO AXUDA Ó DEPORTE FEDERADO (VELA) 1.000,00 Poio G36250991 CLUBE ESCOLA PIRAGÜÍSMO POIO AXUDA Ó DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 5.000,00 TOTAL 6.000,00 Pontecesures G36401727 CLUB NAUTICO PONTECESURES AXUDA O DEPORTE FEDERADO 2.000,00 TOTAL 2.000,00 Pontevedra G36043032 CLUB NAVAL DE PONTEVEDRA AXUDA Ó DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 4.000,00 Pontevedra G36583946 CLUB PIRAGÜÍSMO VERDUCIDO AXUDA Ó DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 3.000,00 Pontevedra G36050789 CLUB RIO VERDUGO AXUDA O DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 1.500,00 Pontevedra G36113827 ESCUELA PIRAGÜÍSMO CIUDAD DE PONTEVEDRA AXUDA O DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 5.000,00 TOTAL 13.500,00 Redondela G36039915 CLUB REMO CHAPELA AXUDA O DEPORTE FEDERADO (REMO) 6.000,00 TOTAL 6.000,00 Ribadumia G36252831 CLUB NAUTICO O MUIÑO RIBADUMIA AXUDA O DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 5.000,00 TOTAL 5.000,00 Sanxenxo G36027621 CLUB NÁUTICO DE SANXENXO AXUDA O DEPORTE FEDERADO (VELA) 6.000,00 Sanxenxo G36397669 CLUB PIRAGÜÍSMO PORTONOVO AXUDA O DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 4.000,00 TOTAL 10.000,00 Tomiño G36321289 CLUB DEPORTIVO MIÑO AXUDA O DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 2.500,00 TOTAL 2.500,00 Tui G36029908 CLUB KAYAK TUDENSE AXUDA O DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 6.000,00 Tui G36020758 CLUB PIRAGÜÍSMO PENEDO AXUDA O DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 3.000,00 Tui G36034999 CLUB REMO DO MIÑO AXUDA Ó DEPORTE FEDERADO (REMO) 4.000,00 TOTAL 13.000,00 Vigo G36807022 CLUB DEPORTIVO VELA ESCOTA AXUDA O DEPORTE FEDERADO (VELA) 1.000,00 Vigo G36726750 CLUB DE REMO CORUXO AXUDA Ó DEPORTE FEDERADO (REMO) 5.000,00 Vigo G36978559 CLUBE KAYAK VIGO AXUDA Ó DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 2.000,00 Vigo G36630127 CLUB MARÍTIMO DE CANIDO AXUDA Ó DEPORTE FEDERADO (VELA) 3.000,00 Vigo G36886067 FLOTA VAURIEN GALICIA AXUDA Ó DEPORTE FEDERADO (VELA) 1.000,00 Vigo G36612752 REAL CLUB NÁUTICO DE VIGO AXUDA Ó DEPORTE FEDERADO (VELA) 25.000,00 TOTAL 37.000,00 Vilaboa G36048601 CLUB NAUTICO COBRES AXUDA Ó DEPORTE FEDERADO (PIRAGÜÍSMO) 1.000,00 TOTAL 1.000,00 Vilagarcía de Arousa G36205698 CLUB DE REMO VILAXOÁN AXUDA O DEPORTE FEDERADO (REMO) 4.000,00 Vilagarcía de Arousa G36010577 LICEO CASINO VILAGARCÍA AXUDA Ó DEPORTE FEDERADO (VELA) 14.000,00 TOTAL 18.000,00 225.000,00 225.000,00 11.17319.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS a) Devolución de garantía definitiva á empresa Tevemos Comunicación, S.L. A empresa Tevemos Comunicación, S.L. (NIF B- 36.949.303), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos respectivos contratos. Considerando que o artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades, devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan nos correspondentes expedientes e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de novecentos corenta e tres euros con cincuenta e catro céntimos (943,54 €), para responder do contrato “Realización de actividades de conciliación da vida laboral e familiar dentro do Proxecto Mercurio” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/01/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700001735. • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil cento cincuenta e sete euros con sesenta e oito céntimos (1.157,68 €), para responder do contrato “Organización dun congreso nacional sobre detección das necesidades do pequeno comercio, dentro da acción 3 do Proxecto Mercurio” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/01/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800000795. • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de cincocentos tres euros con corenta e catro céntimos (503,44 €), para responder do contrato “Campaña de promoción e difusión dunhas xornadas sobre transferencias e innovación dentro do Proxecto Convive +” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/11/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700098495. • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil cento noventa e catro euros con corenta céntimos (1.194,40 €), para responder do contrato “Elaboración, promoción e difusión dunha guía informativa relativa a norma UNE 175001-1 sobre calidade do servizo para o pequeno comercio dentro do Proxecto Mercurio” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/04/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700028207. b) Devolución de garantía definitiva á empresa Publita, S.L. A empresa Publitia, S.L. (NIF B- 36.903.037), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do citado contrato. Considerando que o artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades, devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan nos correspondentes expedientes e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil cento noventa e catro euros (1.194,00 €), para responder do contrato “Promoción e difusión das actividades desenvoltas polo Proxecto Mercurio para o fomento do asociacionismo comercial” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/04/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 2007000027463. • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de novecentos cincuenta e oito euros (958,00 €), para responder do contrato “Organización do I Seminario do Proxecto Chronos” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/09/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 2007000073224. c) Devolución de garantía definitiva á empresa Gestión Trasmil, S.L. A empresa Gestión Trasmil, S.L. (NIF B- 36.859.783), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Subministro de paneis informativos para sinalizar obras feitas pola Deputación de Pontevedra na súa rede provincial de estradas. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polos Enxeñeiros Técnicos correspondentes e pola Intervención desta Deputación no cal se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades, devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan nos correspondentes expedientes e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BANCO SANTANDER C.H., por importe de mil cento oitenta e dous euros con vinte e tres céntimos (1.182,23 €), para responder do contrato “Subministro de paneis informativos para sinalizar obras feitas pola Deputación de Pontevedra na súa rede provincial de estradas” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/06/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500065510, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. d) Devolución de garantía definitiva á UTE Pavillón Multiusos Tui A UTE Pavillón Multiusos Tui (NIF G- 36.445.088), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos. Resultando que no expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro Director de ditas obras e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades, devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan nos correspondentes expedientes e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de vinte e nove mil oitocentos oitenta e sete euros con dezasete céntimos (29.887,17 €), para responder da obra “Pavillón polideportivo de Tui” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/09/2003, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200300065413, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de cinco mil novecentos setenta e catro euros con oitenta e seis céntimos (5.974,86 €), para responder da obra “Proxecto modificado do pavillón polideportivo de Tui” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/07/2004, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200400051258, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de once mil cento noventa e dous euros con trinta e oito céntimos (11.192,38 €), para responder da obra “Anexas no pavillón polideportivo de Tui” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/09/2004, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200400068682, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 12.17320.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 13.17321.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE COVELO, PARA XUSTIFICAR A OBRA Nº 302/1196 DENOMINADA “CENTRO SOCIAL E CULTURAL DE PRADO DE CANDA”, INCLUÍDA NO PAM/06-08, ANUALIDADE 2008, LIBRE DISPOSICIÓN Dada conta da petición do Concello de Covelo solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 302/1196, denominado “Centro social e Cultural Prado de Canda”, incluído no Programa de Acción Municipal /06-08, anualidade 2008, libre disposición, motivada polos retrasos na execución da citada obra, e considerando que a Base Oitava, das Reguladoras do Programa de Acción Municipal 2006, aprobadas polo Pleno da Deputación en sesión ordinaria o día 25 de xaneiro de 2006 e publicadas no BOP de data 8 de febreiro de 2006, contempla a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - A concesión dunha prórroga na xustificación da obra nº 302/1196 denominada “Centro Social e Cultural de Prado de Canda”, incluída no PAM/06-08, anualidade 2008, libre disposición, ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 14.17322.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE COVELO, PARA XUSTIFICAR A OBRA DENOMINADA “CONSTRUCIÓN CENTRO SOCIAL E CULTURAL DE PRADO DE CANDA”, INCLUÍDA NO CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CITADO CONCELLO CON DATA 22 DE DECEMBRO DE 2008 Dada conta da petición do Concello de Covelo solicitando unha prórroga na xustificación do investimento denominado “Construción Centro social e Cultural Prado de Canda”, incluído no Convenio de Colaboración asinado, con data 22 de decembro de 2008, entre o citado Concello e a Deputación de Pontevedra, motivada pola demora na execución da citada obra, e considerando que o artigo 49 da Lei 30/92, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, contempla a posibilidade de ampliación nos prazos establecidos se as circunstancias así o aconsellan e non se prexudiquen dereitos de terceiros e que dita Lei é de aplicación directa ó Convenio tal e como se establece na cláusula undécima do mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - A concesión dun aprazamento na xustificación da obra denominada “Construción Centro Social e Cultural de Prado de Canda”, incluída no Convenio de Colaboración asinado, con data 22 de decembro de 2008, entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Covelo , ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 15.17323.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE COVELO, PARA XUSTIFICAR A OBRA DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DUN MURO DE CONTENCIÓN E ACONDICIONAMENTO DE FIRMES EN BARCIADEMERA”, INCLUIDA NO CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CITADO CONCELLO CON DATA 22 DE DECEMBRO DE 2008 Dada conta da petición do Concello de Covelo solicitando unha prórroga na xustificación do investimento denominado “Construción dun muro de contención e acondicionamento de firmes en Barciademera”, incluído no Convenio de Colaboración asinado, con data 22 de decembro de 2008, entre o citado Concello e a Deputación de Pontevedra, motivada pola demora na execución da citada obra, e considerando que o artigo 49 da Lei 30/92, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, contempla a posibilidade de ampliación nos prazos establecidos se as circunstancias así o aconsellan e non se prexudiquen dereitos de terceiros e que dita Lei é de aplicación directa ó Convenio tal e como se establece na cláusula undécima do mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - A concesión dun aprazamento na xustificación da obra denominada “Construción dun muro de contención e acondicionamento de firmes en Barciademera”, incluída no Convenio de Colaboración asinado, con data 22 de decembro de 2008, entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Covelo , ata o 31 de marzo de 2010, con carácter improrrogable. 16.17324.- APROBACIÓN DO GASTO E DECLARACIÓN DE ABOO DE CANTIDADE PARA O PAGO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE LALÍN PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “REALIZACIÓN DE DIVERSAS ACTUACIÓNS DE ESTABLECEMENTO E RECUPERACIÓN DE INFRAESTRUTURAS HIDRÁULICAS E ACONDICIONAMENTO DO RÍO PONTIÑAS Ó SEU PASO POLO CONCELLO DE LALÍN” Dada conta da solicitude de aboo da certificación nº un, presentada polo Concello de Lalín, correspondente ó investimento “Realización de diversas actuacións de establecemento e recuperación de infraestruturas hidráulicas e acondicionamento do río Pontiñas ó seu paso polo Concello de Lalín” incluído no Convenio de colaboración asinado, con data 6 de febreiro de 2009, entre o citado Concello, a Deputación de Pontevedra e o Organismo Autónomo Augas de Galicia, á vista do informe de Intervención de data 7 de outubro de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de douscentos trece mil seiscentos sesenta e oito euros con seis céntimos (213.668,06 €) a favor do Concello de Lalín. - Declarar de aboo a cantidade de douscentos trece mil seiscentos sesenta e oito euros con seis céntimos (213.668,06 €), con aplicación á partida 09/911.911.762.14, como pago da subvención concedida ó Concello de Lalín para a execución da obra “Realización de diversas actuacións de establecemento e recuperación de infraestruturas hidráulicas e acondicionamento do río Pontiñas ó seu paso polo Concello de Lalín”. 17.17325.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS A) Con data 1 de outubro de 2009 e co número de rexistro de entrada 34762, o funcionario interino D. Juan Gabriel Fernández García de la Rocha, adscrito ó Servizo de Novas Tecnoloxías expón que “Dúas das liñas actuais de traballo do Servizo de Novas Tecnoloxías son a actualización dos portais corporativos da Deputación de Pontevedra e a tramitación electrónica de expedientes. En cumprimento da Lei 11/2007, de 22 de xuño de Acceso electrónico dos cidadáns ós servizos públicos dixitais, no marco do Plan Avanza, establécense accións de difusión e formación dirixida a Entidades Locais para fomentar a dispoñibilidade e o uso dos Servizos Públicos Dixitais e dar a coñecer as aplicacións informáticas da Plataforma Avanza Local Soluciones (PALS). Os días 6 e 8 de outubro de 2009 celébranse na Coruña unhas xornadas de formación dos devanditos servizos públicos dixitais ás que serían convenientes a asistencia”. Solicita permiso e axuda económica para asistir, en comisión de servizos, a ditas xornadas. A solicitude é informada favorablemente polo Xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías e co visto e prace do Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida. Polo exposto e de conformidade co que se establece no art. 16.6 do V Acordo Regulador para persoal Funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e Real decreto 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, validar o acto e conceder a licenza solicitada a D. Juan Gabriel Fernández García de la Rocha o permiso solicitado e unha axuda económica, por un importe de 225,48 euros, estando analizados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Desprazamento: (Ida e volta no mesmo día) Concepto Quilometraxe Peaxe Aparcadoiro Total Desprazamento Partida Despraz. en Vehículo propio 276 Km x 0.19 € (2 días) 52,44 € Total 2 días = 104,88 € (Ida e volta) 19,10 € Total 2 días = 38,20 € 45,00 € 188,08 € 132.121.231.01 Dietas: (Ida e volta no mesmo día) CONCEPTO Manutención Importe Día: 06/10/09 1/2 Manutención GRUPO II Importe Día: 08/10/09 1/2 Manutención GRUPO II Total Dieta Partida Juan Gabriel Fernández García de la Rocha 18,70 € 18,70 € 37,40 € 132.121.230.01 Ditas cantidades imputaranse ás partidas 132.121.230.01 de dietas, por importe de 37,40 €, e á 132.121.231.01 de locomoción, por importe de 188,08 €, do vixente orzamento provincial. B) Con data 1 de outubro de 2009 e co número de rexistro de entrada 34761, o contratado laboral D. Luis Pereira Cruz, adscrito ó Servizo de Cooperación expón que “Unha da liña actual de traballo de Cooperación é a Enquisa de Infraestrutura de Equipamentos Locais na que o uso de software cartográfico é indispensable para a xestión e centralización dos datos. En cumprimento da Lei 11/2007, de 22 de xuño de Acceso electrónico dos cidadáns ós servizos públicos dixitais, no marco do Plan Avanza, establécense accións de difusión e formación dirixida a Entidades Locais para fomentar a dispoñibilidade e o uso dos Servizos Públicos Dixitais e dar a coñecer as aplicacións informáticas da Plataforma Avanza Local Soluciones (PALS). O día 5 de outubro de 2009 celébrase na Coruña unha xornada de formación da aplicación LocalGIS á que sería conveniente a asistencia”. Solicita permiso e axuda económica para asistir, en comisión de servizos, a dita xornada. A solicitude é informada favorablemente pola Xefa do Servizo de Cooperación e co visto e prace do Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida. Polo exposto e de conformidade co que se establece no art. 30.5 do I Convenio Colectivo para Persoal Laboral da Deputación Provincial de Pontevedra e Real decreto 462/2002 de 24 de maio de Indemnizacións por razón de servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, validar o acto e conceder a D. Luis Pereira Cruz o permiso solicitado e unha axuda económica, por un importe de 130,65 euros, estando analizados por conceptos tal e como a continuación sinálase: Desprazamento: (Ida e volta no mesmo día) Concepto Quilometraxe Peaxe Aparcadoiro Total Desprazamento Partida Despraz. en Vehículo propio 276 Km x 0.19 € 52,44 € (Ida e volta) 19,10 € 45,00 € 116,54 € 911.911.231.01 Dietas: (Ida e volta no mesmo día) CONCEPTO Manutención Importe Día: 05/10/09 1/2 Manutención GRUPO III Total Dieta Partida Luis Pereira Cruz 14,11 € 14,11 € 911.911.230.01 Ditas cantidades imputaranse ás partidas 911.911.230.01 de dietas, por importe de 14,11 €, e á 911.911.231.01 de locomoción, por importe de 116,54 €, do vixente orzamento provincial. 18.17326.- CONVOCATORIA URXENTE PARA A ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA UN LICENCIADO/A OU ENXEÑEIRO/A SUPERIOR AGRÓNOMO OU TITULACIÓNS SUPERIORES AFÍNS, PARA REALIZAR TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN NA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO”, EN COLABORACIÓN COA MISIÓN BIOLÓXICA DE GALICIA Vista a proposta de data 17 de febreiro de 2009, presentada polo Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, solicita a convocatoria dunha Bolsa de licenciado/a ou Enxeñeiro/a Superior Agrónomo ou titulacións superiores afíns, para realizar traballos de investigación na Estación Fitopatolóxica de Areeiro, en colaboración coa Misión Biolóxica de Galicia; ó abeiro do que se establece no artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, aprobar a convocatoria e bases dunha Bolsa de licenciado/a ou Enxeñeiro/a Superior Agrónomo ou titulacións superiores afíns, para realizar traballos de investigación na Estación Fitopatolóxica de Areeiro, en colaboración coa Misión Biolóxica de Galicia. O custo desta Bolsa para o exercicio 2009 ascende a 1.100,00 €/mes, sendo a previsión de inicio o 16 de novembro de 2009, polo que as cantidades previstas para este exercicio ascende a 1.650,00 € que se imputarán á partida orzamentaria 714.714.481.01 do Orzamento Provincia. Ditas bases son como seguen: “BASES PRIMEIRA.- OBXECTO Estas bases regulan o procedemento que se seguirá para a concesión, por concurso de méritos dunha bolsa que ten por obxecto a realización de tarefas de Investigación dentro das liñas de traballo “PAPEL DOS COMPOSTOS FENOLICOS NOS MECANISMOS DE DEFENSA DA VIDE FRONTE A PATÓXENOS DE ORIXE FÚNXICA”, baixo a dirección de D. Pedro Mansilla Vázquez (Estación Fitopatolóxica de Areeiro) e D. Antón Masa Vázquez (Misión Biolóxica de Galicia). SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES Poderán ser beneficiario/a desta bolsa aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión do título de Licenciado en Bioloxía ou Enxeñeiro Superior Agrónomo ou titulacións universitarias superiores afíns, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. d) Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA Esta bolsa figura cunha dotación económica de 1.100,00 €/mes, que se imputarán á partida orzamentaria 714.714.481.01 do orzamento provincial. O pagamento da bolsa ó beneficiario/a realizarase a partir da incorporación do bolseiro/a, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da mesma para os casos nos que o bolseiro/a inicie ou remate a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O goce da bolsa será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partires da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 4.1.- As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. c) Certificado do expediente académico, onde deberá figurar a nota media do expediente, calculada segundo o sistema establecido no R.d. 1497/87, modificado por R.d. 1267/94, así coma currículo vitae e documentación acreditativa deste. d) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa. e) Memoria anteproxecto do traballo de investigación que se propón co visto e prace dos investigadores responsables da dirección da bolsa. f) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. 4.2.- En canto á presentación das solicitudes, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula, os solicitantes estarán ó disposto no artigo 23.puntos 3,4 e 5 de Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en todo aquilo que lles sexa de aplicación. QUINTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros: Presidente: o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o deputado provincial en quen delegue. Secretario: o da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira, con titulación superior, en quen delegue. Vogais:  Un deputado provincial, ou persoa en quen delegue.  O Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica ou persoa en quen delegue.  Un especialista no tema obxecto do traballo de investigación, a designar pola Deputación de Pontevedra. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SEXTA.- SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A A selección dos bolseiros efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados segundo o seguinte. BAREMO: a) Polo expediente académico ata un máximo de catro (4) puntos. No caso de que no mesmo, non conste a nota media esixida na cláusula 4.1.c), será valorado con (0,00) cero puntos. b) Pola memoria, anteproxecto, ata un máximo de dous (2) puntos. c) Por ter asistido a xornadas, congresos, seminarios ou cursos de formación e perfeccionamento organizados por centros oficiais dependentes da Administración do Estado, Comunidade Autónoma e Administración Local, universidades, colexios oficiais ou escolas de Administración Pública relacionados coa actividade obxecto da convocatoria, ata un máximo de dous (2) puntos, computándose do xeito que se indica a continuación: DURACIÓN/HORAS PUNTUACIÓN 1. De 100 ou máis horas 0,25 puntos 2. De entre 60 e 99 horas 0,20 puntos 3. De entre 30 e 59 horas 0,15 puntos 4. De entre 10 e 29 horas 0,10 puntos 5. De 10 ou máis créditos 0,25 puntos 6. De entre 6 e 9 créditos 0,20 puntos 7. De entre 3 e 5 créditos 0,15 puntos 8. De entre 1 a 2 créditos 0,10 puntos No suposto de non acreditarse a duración dos cursos, estes valoraranse a razón de 0,05 puntos por curso. ENTREVISTA: Manterase unha entrevista persoal, relacionada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes, e na que, entre outras cousas, os membros da Comisión formularán as preguntas e aclaracións que consideren pertinentes sobre o proxecto proposto na Memoria-anteproxecto, cuxa valoración non excederá de dous (2) puntos. Os listados de aspirantes admitidos e excluídos e data e lugar de celebración da entrevista, será publicados no taboleiro de anuncios da Deputación Provincial de Pontevedra e na páxina web www.depo.es. SÉTIMA.- RESOLUCIÓN A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ó aspirante que consideren máis idóneo e que acadara a máxima puntuación de acordo co baremo especificado na cláusula sexta das presentes Bases. O acordo publicarase no taboleiro de edictos do Pazo provincial. OITAVA.- CONDICIÓNS XERAIS Establécense as seguintes condicións xerais: a) A bolsa terá unha duración de seis meses, a contar dende a data na que o/a adxudicatario/a comece o seu desempeño na Estación Fitopatolóxica de Areeiro, prorrogables por un único período de seis meses, previo informe favorable do Xefe do Servizo. b) A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c) O/a beneficiario/a da bolsa comprometerase a observar o horario de traballo e disciplina dos centros onde se desenvolva o traballo de investigación, co fin de non entorpecer o labor do persoal dos centros e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado cos citados centros. d) O/a beneficiario/a da Bolsa deberá subscribir unha Póliza de Seguro de Asistencia Médica, no caso de non estar xa cuberto pola Seguridade Social ou por outro Seguro Privado. e) A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo. f) A Comisión poderá convocar ós solicitantes para aclaracións que teñan relación cos seus currículos. A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación Provincial resérvase o dereito a destruír dita documentación. DÉCIMA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do proceso así coma no non previsto nas presentes Bases. UNDÉCIMA.- RÉXIME XURÍDICO A convocatoria da bolsa e a selección do bolseiro/a así como a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitaranse ó previsto nas presentes Bases, e ademais, ó disposto na Lei Xeral de Subvencións (Lei 38/2003 de 17 de novembro) e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (Lei 30/1992, de 26 de novembro, modificada pola lei 4/1999).” 19.17327.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 14 de outubro de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900001151 e que contén cincuenta e catro facturas, sendo a primeira de Distribuciones Froiz S.A., por importe de 2.668,95€ e a derradeira de Sandra Azón Canalda, por importe 3.131,00€, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 103.186,34 € Descontos do IRPF 1.125,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido 102.061,34 € 20.17328.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN, INSTALACIÓN, POSTA EN MARCHA E MANTEMENTO DUN SISTEMA INTEGRAL DE SEGURIDADE PARA O MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA O Director de Xestión do Organismo Autónomo Museo Provincial de Pontevedra, mediante escrito de data 5 de outubro de 2009, solicita que se proceda a contratar a subministración, instalación, posta en marcha e mantemento dun sistema integral de seguridade para o Museo Provincial de Pontevedra. Resultando que para efectuar a contratación solicitada polo Director Xerente do Museo Provincial, o responsable do Servizo de Novas Tecnoloxías elaborou o correspondente prego de prescricións técnicas onde figura como custo do contrato a cifra de 650.000,00 euros, IVE incluído. Resultando que polo Servizo de Intervención emítese o documento RC de data 6 de outubro de 2009 con número de operación 200900081469, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 650.000,00 euros para facer fronte ás obrigas derivadas deste contrato con cargo á partida 09/432.451.623.01 do vixente orzamento provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que terán que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación proponse que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 9 de outubro de 2009. Resultando que con data 13 de outubro de 2009, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da subministración, instalación, posta en marcha e mantemento dun sistema integral de seguridade para o Museo Provincial de Pontevedra. Resultando que con data 13 de outubro de 2009, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 12 tipifica a este contrato como “mixto” ó ter prestacións correspondentes a outros de distinta clase, aténdose para determinar as normas que deban observarse na súa adxudicación, ó carácter da prestación que teña máis importancia dende o punto de vista económico. Considerando que para a adxudicación deste contrato se van a seguir as normas previstas para o contrato de subministración ó ser a parte económica máis importante do mesmo e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do orzamento provincial do exercicio de 2009, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto, da subministración, instalación, posta en marcha e mantemento dun sistema integral de seguridade para o Museo Provincial de Pontevedra, pola cantidade máxima de seiscentos cincuenta mil euros (650.000,00 €), IVE incluído, de acordo co seguinte detalle: Prezo do contrato 560.344,83€ IVE (16%) 89.655,17€ OTAL 650.000,00€ 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito procedemento aberto. 3. Autorizar o gasto por importe global de 650.000,00 euros, con cargo á partida 09/432.451.623.01, do vixente orzamento provincial. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da subministración, instalación, posta en marcha e mantemento dun sistema integral de seguridade para o Museo Provincial de Pontevedra, concedendo un prazo de cincuenta e dous días naturais, a partir da data de envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das comunidades Europeas e cuxa data de finalización para presentación de proposicións económicas se especificará no anuncio a publicar no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Boletín Oficial do Estado, de conformidade co estipulado no artigo 143.1 da citada Lei 30/2007. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN, INSTALACIÓN, POSTA EN MARCHA E MANTEMENTO DUN SISTEMA INTEGRAL DE SEGURIDADE PARA O MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 1.- OBXECTO.- O obxecto do presente prego é a subministración, instalación, posta en marcha e mantemento dun sistema integral de seguridade para o Museo Provincial de Pontevedra. Un sistema que facilite o labor de vixilancia do persoal de seguridade, avisando de forma automática de posibles intrusións non autorizadas no edificio ou zonas restrinxidas, xestionando o acceso dos visitantes e controlando mediante vídeo vixilancia o interior das salas de exposicións, zonas de tránsito interior e perímetro exterior do novo edificio do Museo Provincial de Pontevedra. Os detalles técnicos relativos á subministración, instalación, posta en marcha e mantemento dun sistema integral de seguridade para o Museo Provincial de Pontevedra figuran no prego de prescricións técnicas elaborado, con data 5 de outubro de 2009, polo responsable do Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación Provincial de Pontevedra. Por motivos de seguridade non se proporcionan xunto co prego os planos de situación, debendo requirir esta información as empresas ofertantes ó Director de Xestión do Museo Provincial de Pontevedra, sendo necesaria a sinatura dunha cláusula de confidencialidade para obter e utilizar os devanditos planos. Nestes planos ademais especificaranse os elementos mínimos que se deberán subministrar. 2.- FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase con cargo á partida 09/432.451.623.01 do vixente orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo do contrato, efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez presentada a conformidade por esta Deputación. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo para a execución dos traballos descritos no presente prego será o ofertado polo adxudicatario e non deberá superar os 5 meses contados dende a sinatura do contrato. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- Establécese na cantidade de cincocentos sesenta mil trescentos corenta e catro euros con oitenta e tres céntimos (560.344,83€) sen IVE, máis a cantidade correspondente ó IVE que se estima en oitenta e nove mil seiscentos cincuenta e cinco euros con dezasete céntimos (89.655,17€). 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da LCSP. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non lle atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), durante un prazo de cincuenta e dous días naturais (artigo 143 LCSP), a partir da data do envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das comunidades Europeas e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación de plicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e o artigo 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador CIF Dirección e teléfono de contacto Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: SOBRE A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da subministración, instalación, posta en marcha e mantemento de sistema integral de seguridade para o Museo Provincial de Pontevedra”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado dos mesmos. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. SOBRE B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da subministración, instalación, posta en marcha e mantemento de sistema integral de seguridade para o Museo Provincial de Pontevedra”. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: Como primeiro documento presentarase una relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. As empresas licitadoras deberán presentar a oferta técnica por escrito e en formato dixital, e axustarase ó seguinte índice. 1. Breve resumen da oferta presentada: 1.1 Centralización: breve explicación da distribución de elementos por centros: CPD do Pazo e Novo Museo. 1.2 Descrición gráfica da arquitectura proposta, acompañada dunha breve Descrición textual. 1.3 Descrición dos Sistemas de Alimentación Ininterrompida propostos para o proxecto. 2. Descrición do Sistema de CONTROL DE ACCESOS: 2.1 Lector de tarxetas. 2.2 Cpu de control de accesos con saída TCP/IP. 2.3 Cpu control de alarmas con saída TCP/IP. 2.4 Fontes de alimentación. 2.5 Cerradeiros eléctricos. 2.6 Pasillos motorizados. 2.7 Sistema de recoñecemento de matrículas. 2.8 Sistema de interfonía. 3. Descrición do Sistema de INTRUSIÓN: 3.1 Central de alarma. 3.2 Módulos. 3.3 Descrición de elementos do sistema. 4. Descrición do Sistema de CCTV: 4.1 Cámaras fixas. 4.2 Cámaras móbiles (posicionadores ou domos). 4.3 Sistema de almacenamento de imaxes. 5. Descrición do SOFTWARE DE XESTIÓN INTEGRAL 6. Solucións ós catro escenarios: 6.1 Cambio de escenario continuo. 6.2 Sistema de protección das obras de arte contra o roubo e o vandalismo. 6.3 Solución de seguridade para a sala de almacenamento das obras de arte. 6.4 Control de acceso nos ascensores. 7. Descrición dos switches ofertados. 8. Descrición dos racks ofertados. 9. Descrición da canalización proposta para o proxecto. 10. Descrición do cableado proposto para o proxecto: 10.1 Cable de alimentación. 10.2 Fibra óptica multimodo. 10.3 Cable estruturado UTP. 10.4 Caixa de derivacións. 10.5 Instalación eléctrica. 10.6 Alimentación e armario de distribución. 11. Especificación dos MTBF e MTTR. 12. Plan de Probas proposto. 15. Plan de formación proposto: 15.1 Plan de formación específico para o sistema de CCTV. 15.2 Plan de formación específico para o sistema de control de accesos. 15.3 Plan de formación para outros elementos do sistema. 16. Descrición da Xestión do proxecto. 17. Cronograma do proxecto (planificación dos traballos). 18. Descrición dos servizos incluídos na Garantía e o Mantemento. 19. Referencias en proxectos similares. 20. Copia da inscrición como empresa de seguridade no Ministerio do Interior. 21. Cadro resumen co número de elementos propostos de cada tipo para a implantación do sistema integral de seguridade. Describirase tipo do elemento, marca, modelo, unidades que se propoñen, etc. 22. Información a maiores que desexe presentar o licitante. Para cada un dos subsistemas do Sistema de Seguridade Integral: accesos, intrusión, CCTV, e Xestión (software de xestión), entregarase a seguinte información: - Estudo detallado do subsistema. - Calidades técnicas dos equipos propostos. - Documentación técnica en castelán ou galego de todos os equipos a instalar, definindo claramente a marca e modelo de todos os equipos ofertados. - Melloras a cada subsistema. A versión dixital da oferta técnica estará formada por catro documentos: 1_Oferta_tecnica.pdf, 2_Oferta_tecnica.doc, 3_Diagrama_sistema.vsd, 4_Cronograma_traballo.mpp O documento 3_Diagrama_sistema.vsd corresponde ó punto 1.2 da oferta técnica. O documento 4_Cronograma_traballo.mpp corresponde ó punto 17 da oferta técnica. Durante o proceso de valoración das ofertas non se terá en conta aquelas que non presenten toda a documentación no formato dixital indicado anteriormente. El CD o DVD que se entregue levará a seguinte etiqueta (e conterá eses ficheiros): NOME EMPRESA NOME FICHEIROS 1_Oferta_tecnica.pdf 2_Oferta_tecnica.doc 3_Diagrama_sistema.vsd 4_Cronograma_traballo.mpp Ademais dos documentos aquí requiridos, o ofertante poderá presentar toda documentación que considere oportuna para a perfecta definición da subministración, instalación e posta a punto do sistema, entendendo, en caso de non indicarse un determinado aspecto, que cumpren cos requisitos mínimos establecidos no Prego e cos estándares de mercado. As ofertas diferenciarán, claramente e de un modo inequívoco, as características mínimas de equipamento e servizos esixidas, e as que realmente se achegan como melloras, co fin de facilitar o traballo de avaliación. SOBRE C: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da subministración, instalación, posta en marcha e mantemento do sistema integral de seguridade para o Museo Provincial de Pontevedra”. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10 - MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: - O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Responsable do Servizo de Tecnoloxías SECRETARIO: - O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será trasladada ós técnicos que se consideren oportunos, quen avaliaran e ponderaran seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C. 12.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables subxectivamente: Características Puntuación Sistema de control de accesos 5 puntos Sistema de intrusión 4 puntos Sistema de CCTV 5 puntos Software de xestión integral 5 puntos Solución ó catro escenarios propostos 5 puntos Switches, servidores, SAIS 4,5 puntos Racks 2 puntos Canalizacións e cableado 2 puntos Fiabilidade dos equipos 0,5 puntos Plan de probas 3 puntos Plan de formación 1,5 puntos Xestión do proxecto 3 puntos Cronograma do proxecto (tempos de implantación) 2 puntos Presentación da oferta 1 puntos Melloras propostas polo licitador 6,5 puntos 12.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre C). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables mediante fórmulas: Características Puntuación Oferta económica global 30 puntos A oferta económica puntuarase en función da fórmula establecida no Anexo I. Características Puntuación Oferta mantemento a partir do segundo ano 4,5 puntos Para valorar as ofertas de mantemento presentadas polos licitantes, utilizaremos a seguinte fórmula (tendo en conta que o que interesa é minimizar o prezo, polo que a peor oferta é a que teña o prezo máis alto): P = (M*(C-O)/(C-B)). Onde: P: Puntuación. O: Oferta licitador. B: Mellor oferta. C: Peor oferta. M: Puntuación máxima establecida no elemento específico. Características Puntuación Horas de formación 4 puntos Para valorar a formación realizarase un comparativo valorando o número de horas ofertadas por cada licitador en función da seguinte fórmula (tendo en conta que o que interesa é maximizar o número de unidades, polo que a peor oferta é a que menos unidades ofreza): P = (M*(O-C)/(B-C)) Onde: P: Puntuación. O: Oferta licitador. B: Mellor oferta. C: Peor oferta. M: Puntuación máxima establecida no elemento específico. Melloras Propostas Puntuación Subministración dun arco de seguridade detector de metais 5 puntos Subministración de scanner de paquetería RX 3 puntos Subministración de codificadora de tarxetas Mifare 2 puntos A valoración destas melloras, farase en función de se se fai a subministración ou non. En caso de facerse asignaráselle o máximo de puntuación, e se non se fai dita subministración non se lle asignará ningún punto. Melloras Propostas Puntuación Número de tickets de cartolina subministrados para as visitas (código de barras) 1 punto Número de tarxetas Mifare (4K) con chip microprocesado criptográfico subministradas para o control de accesos dos empregados. 0,5 puntos Para valorar estas melloras realizarase un comparativo individual (tickets e tarxetas por separado) valorando o número de unidades ofertadas por cada licitador en función da seguinte fórmula (tendo en conta que o que interesa é maximizar o número de unidades, polo que a peor oferta é a que menos unidades ofreza): P = (M*(O-C)/(B-C)) Onde: P: Puntuación. O: Oferta licitador. B: Mellor oferta. C: Peor oferta. M: Puntuación máxima establecida no elemento específico. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es) Os licitadores poderán interpoñer o recurso especial en materia de contratación no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel en que se notifique ou publique o acto impugnado. No caso de que o acto recorrido sexa o de adxudicación provisional do contrato, o prazo contarase dende o día seguinte a aquel en que se publique o mesmo no perfil de contratante. A presentación do escrito de interposición deberá facerse no Rexistro da Deputación (sedes de Pontevedra e Vigo) para a resolución do recurso. A emenda dos defectos deste escrito deberá efectuarse, se é o caso, no prazo de tres días hábiles 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 17.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre A de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 18.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 1.500,00 euros. 19.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Se durante o prazo de garantía se acreditase a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados terá dereito a Administración a reclamar do contratista a reposición dos que resulten desaxeitados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación dos devanditos bens non serán bastantes para lograr aquela fin, poderá, antes de expirar o devandito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, se é o caso, á recuperación do prezo satisfeito. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 E 275 da LCSP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 22.-MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don..................., maior de idade, veciño de................, con domicilio en ..............titular do DNI.................., expedido en data .............., actuando en nome propio ou en representación de ...............con domicilio en..........., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á SUBMINISTRACIÓN, INSTALACIÓN, POSTA EN MARCHA E MANTEMENTO DUN SISTEMA INTEGRAL DE SEGURIDADE PARA O MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e de acordo co seguinte detalle: A) Prezo contrato euros. B) IVE (16%) euros. C) TOTAL (A+B) euros. (En letra e número) • Oferta de mantemento a partir do segundo ano: • Horas de formación: • Melloras: • Número de tickets de cartolina subministradas para as visitas. • Número de tarxetas Mifare con chip micro-procesado criptográfico subministradas para control de acceso de empregados. (Data e sinatura do propoñente)” O anexo é como segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 21.17329.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición