ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.391
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/10/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.379/2.2009-10-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/10/28_Ordinaria

  • Data(s) 2009-10-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día vinte e oito de outubro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, se ben previamente adoptáronse os seguintes acordos: - Trasladar o seu sentido pésame á familia da Condesa de Fenosa e agradecer o seu xeneroso apoio e labor efectuado ó longo dos anos en relación co Museo de Pontevedra, Escola de Canteiros, Finca Mouriscade, Finca Areeiro e intereses xerais da provincia de Pontevedra. - Trasladar o seu sentido pésame á familia do Concelleiro de Poio, D. Miguel A. Pazos Barros, patrón maior da Confraría San Telmo e que realizou un grande labor polo deporte do seu municipio. 1.17355.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 21 de outubro de 2009. 2.17356.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DA ESTRADA, PARA XUSTIFICAR O INVESTIMENTO Nº 9/694 DENOMINADO “SANEAMENTO NAS QUINTAS, CEPETELO E TOSAR”, INCLUÍDA NO PSA/06-08, ANUALIDADE 2008 Dada conta da petición do Concello da Estrada solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 9/694, denominado “Saneamento nas Quintas, Cepetelo e Tosar”, incluído no Programa de Saneamento e Abastecemento de Augas en pequenos núcleos rurais/06-08, anualidade 2008, motivada polos retrasos na súa tramitación por mor, entre outras circunstancias, da baixa da que foi obxecto que dificultou o seu seguimento, e considerando que a Base Oitava, das reguladoras do Programa de Saneamento e Abastecemento de Augas en Pequenos Núcleos rurais 2006-2008, aprobadas polo Pleno da Deputación en sesión ordinaria o día 22 de febreiro de 2006 e publicadas no BOP de data 3 de marzo de 2006, contempla a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A concesión do aprazamento na xustificación da obra nº 9/694 denominada “Saneamento nas Quintas, Cepetelo e Tosar”, incluída no PSA/06-08, anualidade 2008, ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 3.17357.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DA ESTRADA, PARA XUSTIFICAR A OBRA Nº 18/246 DENOMINADA “AUGA POTABLE PARA GUIMAREI (AVDA. DA TORRE, A TORRE E COGOLUDO)”, INCLUÍDA NO PAM/06-08, ANUALIDADE 2008 Dada conta da petición do Concello de A Estrada solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 18/246, denominado “Auga potable para Guimarei (Avda. da Torre, A Torre e Cogoludo)”, incluído no Programa de Acción Municipal/06-08, anualidade 2008, motivada pola demora na tramitación por mor, entre outras circunstancias, da baixa da que foi obxecto que dificultou o seu seguimento, e considerando que a Base Oitava, das Reguladoras do Programa de Acción Municipal 2006, aprobadas polo Pleno da Deputación en sesión ordinaria o día 25 de xaneiro de 2006 e publicadas no BOP de data 8 de febreiro de 2006, contempla a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A concesión dunha prórroga na xustificación da obra nº 18/246 denominada “Auga potable para Guimarei (Avda. da Torre, A Torre e Cogoludo)”, incluída no PAM/06-08, anualidade 2008, ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 4.17358.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DA ESTRADA, PARA XUSTIFICAR A OBRA Nº 20/1057 DENOMINADA “REDE DE SUMIDOIROS EN OUZANDE”, INCLUÍDA NO PAM/06-08, ANUALIDADE 2008 Dada conta da petición do Concello de A Estrada solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 20/157, denominado “Rede de sumidoiros en Ouzande”, incluído no Programa de Acción Municipal/06-08, anualidade 2008, motivada pola demora na tramitación por mor, entre outras circunstancias, das baixas das que foi obxecto que dificultaron o seu seguimento, e considerando que a Base Oitava, das Reguladoras do Programa de Acción Municipal 2006, aprobadas polo Pleno da Deputación en sesión ordinaria o día 25 de xaneiro de 2006 e publicadas no BOP de data 8 de febreiro de 2006, contempla a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A concesión dunha prórroga na xustificación da obra nº 20/157 denominada “Rede de sumidoiros en Ouzande”, incluída no PAM/06-08, anualidade 2008, ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 5.17359.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA AGRUPACIÓN PEDREIRAS DO CAMPO-AMEAL (MARÍN), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: “PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑO AS PEDREIRAS EN AMEAL (STA. MARÍA DO CAMPO)”, INCLUÍDA NO PAC/2008 CO NÚMERO 14 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de prórroga solicitada pola Agrupación Pedreiras do Campo-Ameal (Marín) para xustificar a obra incluída no PAC/2008, co núm. 14, denominada “Pavimentación de Camiño “Ás Pedreiras” en Ameal (Sta. María do Campo)” subvencionada con seis mil euros (6.000,00 €) por R.P: número 17196 de data 20 de novembro de 2008. Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 6.17360.- APROBACIÓN DAS FESTAS DA BICICLETA E MARCHAS POPULARES De conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Deportes e Xuventude, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as propostas de celebración de Festa da Bicicleta nos seguintes concellos: OUTUBRO O PORRIÑO 04/10/09 FESTA DA BICICLETA LALÍN 10/10/09 FESTA DA BICICLETA 7.17361.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA “MELLORA SEGURIDADE VIAL E.P. CALDAS-VILANOVIÑA, TRAMO CALDAS-PORTAS A Xunta de Goberno, en sesión do 23 de setembro de 2009, adxudicou provisionalmente a obra de “Mellora seguridade vial E.P. Caldas-Vilanoviña (Tramo Caldas-Portas)” á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. Así mesmo, concedeuse á adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentasen a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do Sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Despois de presentar o adxudicatario provisional a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra “Mellora da seguridade vial E.P. 8004 Caldas-Vilanoviña (tramo Caldas-Portas)” a favor de Construcións, Obras e Viais, S.A. na suma de 202.963,09 € máis 32.474,09 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de mes e medio, melloras valoradas en 13.084,51 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 8.17362.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DAS OBRAS DE “REHABILITACIÓN DE FIRMES ZONA NORTE” E “MELLORA CAPA DE RODADURA EE.PP ZONA CENTRO” A Xunta de Goberno, en sesión do 23 de setembro de 2009, adxudicou provisionalmente as obras de “Mellora capa rodaxe EE.PP. zona Centro” e “Rehabilitación de firmes en Zona Norte” ás empresas Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. e Construcciones Taboada y Ramos, S.L., respectivamente. Así mesmo, concedeuse ás empresas adxudicatarias un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentasen a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do Sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Despois de presentar os adxudicatarios provisionais a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional das seguintes obras: 1.- A Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. a obra de “Mellora capa rodaxe EE.PP. Zona Centro”, na suma de 713.056,68 € máis 114.089,70 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de tres meses e vinte días, melloras valoradas en 93.000,00 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 2.- A Construcciones Taboada y Ramos, S.L. a obra de “Rehabilitación de firmes na Zona Norte”, na suma de 535.000,00 € máis 85.600,00 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de dous meses e vinte e cinco días, melloras valoradas en 94.800,00 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 9.17363.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Pavimentos de Meaño, S.L. A empresa Pavimentos de Meaño, S.L. (NIF B- 36.239.945), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos: Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos respectivos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan nos correspondentes expedientes e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de tres mil catrocentos dezasete euros con sesenta e seis céntimos (3.417,66 €), para responder das obras “Terminación E.P. 9504 Lois- Besomaño- Ribadumia (Ribadumia)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/06/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600059620, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de SOGARPO, por importe de cincuenta e cinco mil cincocentos oitenta e dous euros con trinta e catro céntimos (55.582,34 €), para responder das obras “Terminación E.P. 9504 Lois- Besomaño- Ribadumia (Ribadumia)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/06/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600059621, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. (C.O.V.S.A.) A empresa Construcións, obras e viais, S.A.- C.O.V.S.A. (NIF A- 36.008.886), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie decontratos: Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Director de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do citado contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguientes garantías: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BANCO PASTOR, por importe de mil cincocentos cincuenta e dous euros (1.552,00 €), para responder da obra “Peche de campo de fútbol de herba sintética de Mondariz” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/03/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800025556, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CAJA MADRID, por importe de dous mil catrocentos tres euros (2.403,00 €), para responder da obra “Mellora da seguridade viaria e drenaxes E.P. 0407 Pontecaldelas-Borela (Pontecaldelas)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/05/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 2007000045800, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de vinte mil cento once euros con corenta e oito céntimos (20.111,48 €), para responder da obra “Dotación de pluviais, iluminación e beirarrúas en .E.P. 9802 As Aceñas (Illa de Arousa)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/10/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 2005000094379, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BANCO SABADELL, por importe de mil novecentos noventa e seis euros con oitenta céntimos (1.996,80 €), para responder da obra “Prolongación de beirarrúas E.P. 9205 Sanxenxo- Meaño (Sanxenxo)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/02/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 2006000011836, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Obras y Edificaciones Seixo, S.L. A empresa Obras y edificaciones Seixo, S.L. (NIF B- 36.290.963), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie decontratos: Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do citado contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguientes garantías: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de LA CAIXA, por importe de dous mil trescentos noventa e nove euros con vinte céntimos (2.399,20€), para responder da obra “Traslado muro de contención e sostemento Riofrío- Vilar (Mondariz)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/08/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600069726, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de HCC EUROPE, por importe de dous mil trescentos noventa e seis euros (2.396,00 €), para responder da obra “Adicional E.P. 7016 Estrada- Vinseiro (A Estrada)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/06/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 2005000064510, sendo indispensable para retirala, a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantía definitiva á empresa Elsamex, S.A. A empresa Elsamex, S.A. (NIF A- 28.504.728), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituida para responder do seguinte contrato: Obras de orzamento de modificado núm. 1 de protección vial e servizos na E.P. 8401 Portela- Souto de Vea (A Estrada). Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación no cal se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguiente garantía: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de tres mil corenta euros (3.040,00 €), para responder da obra “Orzamento de modificado núm. 1 de protección viaria e servizos na E.P. 8401 Portela- Souto de Vea (A Estrada)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/07/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600060663, sendo indispensable para retirala, a presentación da correspondente carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantía definitiva á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. A empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. (NIF B- 36.052.876), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituida para responder do seguinte contrato: Proxecto modificado de dotación de servizos e mellora de pavimento E.P. Calvario- A Garrida, lugar de Sobreira (Vigo). Resultando que no expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguiente garantía: A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de sete mil setecentos corenta e oito euros con noventa e oito céntimos (7.748,98 €), para responder da obra “Proxecto modificado de dotación de servizos e mellora de pavimento E.P. Calvario- A Garrida, lugar de Sobreira (Vigo)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/03/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800027005, sendo indispensable para retirala a presentación da correspondente carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantía definitiva ó empresario D. Jesús Núñez García O empresario D. Jesús Núñez García (NIF 35.471.788- S), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituida para responder do seguinte contrato: Posibles danos por cruce estrada Vilanova- Pontearnelas (Pontevedra). Resultando que no expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta e Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguiente garantía: A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de trescentos euros (300,00 €), para responder da obra “Posibles danos por cruce estrada Vilanova- Pontearnelas (Pontevedra)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/05/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900040267. 7.- Devolución de garantía definitiva á empresa Pousada do Castelo de Soutomaior, S.L. A empresa Pousada do Castelo de Soutomaior, S.L. (NIF B- 36.830.636), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituida para responder do seguinte contrato: Arrendamiento da Pousada do Castelo de Soutomaior. Resultando que no expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Administrador do Castelo de Soutomaior e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguiente garantía: A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de trescentos euros (300,00 €), para responder da obra “Arrendamento Pousada do Castelo de Soutomaior” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/01/1998, segundo mandamento de ingreso con número de operación 1998001111. 10.17364.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA DEL CARMEN HERMELO LEMOS POR DANOS EN VEHÍCULO PADECIDOS NA E.P.1102 MEIRA-FRAGA (MOAÑA) Dada conta, que con data de rexistro 10/06/2009 (rex. 023396) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona María del Carmen Hermelo Lemos, con enderezo de notificacións en rúa Palma nº 1 de Cangas, por danos en accidente de circulación a consecuencia da existencia de badéns instalados na estrada EP-1102 Meira-Fraga, padecidos o día 11/06/2008 e que individualiza economicamente en 3.000,00 €. Resultando.- Que con data 30/06/2009 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 9/07/2009 co seguinte contido: “…Primero. La E.P. 1102 Meira-Fraga está incluida en la red provincial de carreteras. Segundo.- Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del citado accidente ni de otros provocados por la misma causa, presencia de badenes en la calzada, en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. Tercero.- Realizada visita de inspección al vial de referencia se ha podido comprobar que, a ambos lados del tramo de carretera en el que se produjo el siniestro, existen señales de prohibición R-301 de limitación de velocidad “40 y 50Km/hora” y numerosas señales P-15ª que advierten del peligro que representan la proximidad de un resalto en la vía. A los efectos oportunos se remiten fotografías del lugar. Cuarto.- Estas señales-de advertencia de peligro y de prohibición –tienen por objeto: Advertir a los usuarios de la vía la proximidad y la naturaleza de un peligro difícil de ser percibido a tiempo, con objeto, de que se cumplan las normas de comportamiento que, en cada caso, sean procedentes, como ocurre en este supuesto respecto a los resaltados existentes. Establecer la prohibición de circular a velocidad superior, en Km/hora, a la indicada en la señal (en este caso 40 y 50 Km/hora). Es por ello que las circunstancias que rodearon el accidente ponen de manifiesto que la conductora no adoptó las necesarias precauciones a la hora de circular con su vehículo, ya que el tramo del vial en cuestión estaba perfectamente señalizado. En este sentido cabe recordar que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 9.2 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 marzo, “En particular se deberá conducir con la diligencia y precaución necesarias para evitar todo daño, propio o ajeno, cuidando de no poner en peligro, tanto al mismo conductor como a los demás ocupantes del vehículo y al resto de los usuarios de la vía. Queda terminantemente prohibido conducir de modo negligente o temerario”. Por su parte el artículo 53 del citado cuerpo normativo señala que “Todos los usuarios de las vías objeto de esta Ley están obligados a obedecer las señales de la circulación que establezcan una obligación o una prohibición y a adaptar su comportamiento al mensaje del resto de las señales reglamentarias que se encuentren en las vías por las que circulan” Quinto.-En relación a las medidas de los badenes cabe señalar que en la fecha del accidente- 11 de junio de 2008- no existía ninguna normativa que regulase las características básicas que debían cumplir este tipo de elementos, quedando supeditada su ejecución a la solución discrecional que, al respecto, adoptasen los técnicos de las distintas Administraciones. Actualmente existe la Orden Ministerial FOM/3053/2008, de 23 de septiembre (B.O.E. 29/10/2008), por la que se aprueba la INSTRUCCIÓN TECNICA PARA LA INSTALACION DE REDUCTORES DE VELOCIDAD Y BANDAS TRANSVERSALES DE ALERTA EN CARRETERAS DE LA RED DE CARRETERAS DEL ESTADO, cuyo objeto es el establecimiento de los criterios básicos que deben ser considerados en el proyecto y la ejecución e instalación de reductores de velocidad (RDV) y bandas transversales de alerta en todos aquellos puntos de la Red de Carreteras del Estado donde sea necesaria su instalación. En cualquier caso la Orden Ministerial que aprueba la referida instrucción “se dicta al amparo del artículo 149.1.24ª de la Constitución, que atribuye al Estado competencia sobre las obras públicas de interés general” y por tanto únicamente puede ser de aplicación en la Red de Carreteras del Estado, y no en cambio a las carreteras de titularidad provincial. Sexto. Por último resaltar que los badenes en cuestión llevan unos tres años instalados sin que hasta el momento se hubiera recibido reclamación o queja alguna al respecto, que no existe o no se ha aportado atestado levantado por la guardia civil o policía local respecto al presunto siniestro y que la indemnización solicitada por la reclamante -3.000 euros- parece excesiva por reparar unos “golpes en los bajos del vehículo”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo xa que tírase do expediente sinalización previa dabondo respecto dos badéns, non producíndose outros sinistros similares pola mesma causa. A maiores carécese de atestado que, sequera indiciariamente obrigase a esta Administración a crer que os feitos acaeceron tal e como relata a reclamante, polo que cumpre desestimar o instado. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 11.17365.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.17366.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA OBRIGA DERIVADA DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA PARA FINANCIAR O CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN MAN COMÚN -2008 Dada conta do Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación de Montes Veciñais en man Común de Galicia (Man Común), CIF núm. G-15.67.74.87, aprobado pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 22/10/2008. Resultando que o convenio se asinou o 29/10/2008 e que Man Común recibiu un adianto do 40% da contía total desta axuda en concepto de anticipo, segundo o establecido na cláusula 6ª, parágrafo 2 do convenio. Resultando que a Asociación “Man Común” presenta a documentación xustificativa da realización do convenio, e vistos os informes do enxeñeiro director do Servizo Agrario e da Intervención. Considerando o disposto na base na base 17.1 das de execución dos vixentes orzamentos provincias, o artigo 34.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das bases do réxime local, no artigo do 185 da TRLRHL aprobado por R.dl. 2/2004, de 5 de marzo. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboo a seguinte obriga correspondente ó 60% da axuda concedida para financiar o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e “Man Común”, con CIF núm. G-15.67.74.87, asignado o 29/10/2008, que se librarán con cargo á partida orzamentaria 09/711.442.489.01.2008, dos vixentes orzamentos provinciais. Beneficiario CIF Domicilio Importe “Man Común” Asociación de Montes veciñais en Man Común G-15.67.74.87 Rúa Castelao, 7 -5ºF 36001 Pontevedra 66.120,00 € 13.17367.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA OBRIGA DERIVADA DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA Á CONFRARÍA DE PESCADORES SANTA TECLA DA GUARDA”, DENTRO DO PROGRAMA DE AXUDAS A CONFRARÍAS-2008 Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 30/12/2008, no que se concede unha axuda para “Reparación e equipamento do edificio social” á “Confraría de pescadores Santa Tecla da Guarda”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar CONFRARÍA DE PESCADORES SANTA TECLA (G36014173) Axudas a confrarías de pescadores, Federación Provincial e asociacións de confrarías 8.865,27 € 4.432,63 € 3.294,40 € 1.646,87 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboo, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.779.02.2008 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións CONFRARÍA DE PESCADORES SANTA TECLA G36014173 Rúa Baixo Muro,32 36780 A Guarda 1.646,87 € Reparación e equipamento do edificio social TOTAL 1.646,87€ 14.17368.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA OBRIGA DERIVADA DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA Ó CONCELLO DE PORRIÑO PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DA ESCOLA DE MÚSICA”, APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 26/11/08 Dada conta da xustificación da subvención concedida pola Xunta de Goberno de 26/11/08 ó Concello de Porriño, con CIF: P-3603900-F, para “Gastos de funcionamento de Escola de Música”, por un importe de 6.514,00 €, con cargo á partida 08/451.422.462.06, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por terse presentado a mesma fóra do prazo establecido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 6.514,00 € con cargo á partida 09/451.422.462.04.2008, pendente da incorporación de remanentes, do orzamento provincial. 15.17369.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA OBRIGA DERIVADA DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA Á ASOCIACIÓN CULTURA BUCHABADE DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS PARA “INTERCAMBIO CULTURAL CUN GRUPO DE CERDEÑA (ITALIA)”, APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE 17/09/08 Dada conta da xustificación da subvención concedida pola Xunta de Goberno de 17/09/08 á Asoc. Cultural Buchabade do Concello de Ponte Caldelas, con CIF: G-36.488.401, para “Intercambio cultural cun grupo de Cerdeña (Italia)” por un importe de 385,00 €, con cargo á partida 08/451.451.489.05, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por terse presentado a mesma fóra do prazo establecido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 385,00 €, con cargo á partida 09/451.451.489.05.2008, pendente da incorporación de remanentes, do orzamento provincial. 16.17370.- INFORME EN RELACIÓN COA MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS DA MANCOMUNIDADE DE TERRAS DE DEZA Dada conta do acordo de Modificación de Estatutos da Mancomunidade Terras de Deza, adoptado polo Pleno da citada Mancomunidade na sesión de 27 de agosto de 2009, o Secretario e Interventor desta Deputación emiten sendos informes de data 8 e 19 de outubro, respectivamente, cuxos textos literais son os seguintes: Informe do Secretario: “1.-O Pleno da Mancomunidade Terras de Deza na sesión de 27 de agosto de 2009 acordou modificar seus Estatutos. 2.-As modificacións introducidas recóllense no apartado primeiro do acordo, achegado mediante certificación do Secretario da citada Mancomunidade, e á vista dos mesmos manifesta: A) En relación coa inclusión de vogais suplentes no Pleno, hai que partir de que o Estatuto da Mancomunidade é unha norma que procede da autonomía dos municipios que se asocian con carácter voluntario, de xeito que o único condicionamento e canto os órganos de goberno é que estes serán representativos dos municipios mancomunados. Por conseguinte, unha vez establecido o número de vogais en cada municipio no órgano superior de goberno, non hai inconveniente en que estes vogais podan ter suplentes (sempre coa condición previa de ser concelleiros). B)En relación coa modificación da Base 5ª do artigo 9, hai que considerar que xa non se trata de toda a comarca do Deza, pois o Concello de Dozón xa non forma parte da Mancomunidade. C) En relación coa substitución do nome da Comisión de Goberno por Xunta de Goberno, é perfectamente posible, por canto isto enmárcase dentro do poder de autoorganización. D)En canto á supresión do Concello de Dozón, toda vez que a Mancomunidade é voluntaria, non hai impedimento algún. Agora ben, toda vez que o citado Concello formaba parte da mesma, realizarase conforme o establecido no artigo 36 dos Estatutos, é dicir, que non pode abandonar a Mancomunidade sen mais. E) En relación coa referencia ó Alcalde accidental ou en funcións, isto é obvio e non habería a necesidade de establecelo expresamente. Con todo, hai veces que o “correspondente nomeamento” que se esixe non vai ser posible. F) En canto ó número de vogais que integran a Xunta de Goberno, remitímonos ó poder de autoorganización. Á vista do cal emítese informe favorable á citada modificación.” Informe da Intervención: “Solicitado informe sobre a “Modificación dos estatutos da Mancomunidade Terras de Deza e a separación xurídica voluntaria do concello de Dozón da citada Mancomunidade”, e segundo o establecido no artigo 143 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, por esta Intervención ponse de manifiesto que non se atopa inconveniente algún á citada modificación, informándose favorablemente a mesma.” Considerando o disposto no artigo 143 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Prestar conformidade ós informes emitidos polo Secretario e a Intervención desta Deputación, de data 8 e 19 de outubro, respectivamente, relativos á Modificación de Estatutos da Mancomunidade Terras de Deza, e, así mesmo, dar traslado deste acordo á citada Mancomunidade. 17.17371.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE RODEIRO, PARA XUSTIFICAR O INVESTIMENTO Nº42/942 DENOMINADO “ABASTECEMENTO ÓS LUGARES DE A TORRE, OUTEIRO, ADELÁN E RÚA B DE RODEIRO, 1ª FASE”, INCLUÍDO NO PSA/06-08 Dada conta da petición do Concello de Rodeiro solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 42/942, denominado “Abastecemento ós lugares de A Torre, Outeiro, Adeán e Rúa B de Rodeiro, 1ª e 2ª fase, motivada pola demora na execución da citada obra por mor da modificación da que foi obxecto o proxecto inicialmente aprobado por razóns de interese público e polas dificultades técnicas xurdidas na propia execución, e considerando que a Base Oitava, das reguladoras do Programa de Saneamento e Abastecemento de Augas en Pequenos Núcleos rurais 2006-2008, aprobadas polo Pleno da Deputación en sesión ordinaria o día 22 de febreiro de 2006 e publicadas no BOP de data 3 de marzo de 2006, contempla a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - A concesión do aprazamento na xustificación da obra nº 42/942 denominada “Abastecemento ós lugares de A Torre, Outeiro, Adelán e Rúa B de Rodeiro, 1ª e 2ª fase”, incluída no PSA/06-08, ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 18.17372.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE RODEIRO, PARA XUSTIFICAR A OBRA Nº333/1234 DENOMINADA “REHABILITACIÓN DA ANTIGA CASA-ESCOLA DO LUGAR DE MOURIGÁS (ARNEGO) PARA CENTRO DE FORMACIÓN VECIÑAL, 1ª FASE E ACONDICIONAMENTO DO CAMPO DA FESTA DA PARROQUIA DE GUILLAR”, INCLUÍDA NO PAM/06-08 Dada conta da petición do Concello de Rodeiro solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 333/1234, denominado “Rehabilitación da antiga Casa-Escola do lugar de Mourigás (Arnego) para centro de formación veciñal, 1ª fase, e Acondicionamento do campo da festa da parroquia de Guillar”, incluído no Programa de Acción Municipal /06-08, motivada porque dita obra é froito dun cambio de aplicación doutra subvención solicitada polo Concello e a súa licitación está pendente da obtención dun permiso da Consellería de Cultura e Turismo ó afectar a área de respecto e protección de elementos patrimoniais catalogados, e considerando que a Base Oitava, das Reguladoras do Programa de Acción Municipal 2006, aprobadas polo Pleno da Deputación en sesión ordinaria o día 25 de xaneiro de 2006 e publicadas no BOP de data 8 de febreiro de 2006, contempla a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A concesión do aprazamento na xustificación da obra nº 333/1234 denominada “Rehabilitación da antiga Casa-Escola do lugar de Mourigás (Arnego) para centro de formación veciñal, 1ª fase, e Acondicionamento do campo da festa da parroquia de Guillar”, incluída no PAM/06-08, ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable 19.17373.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE RODEIRO, PARA XUSTIFICAR A OBRA Nº84/673 DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO DO CENTRO CULTURAL MUNICIPAL E DA ANTIGA CÁMARA AGRARIA, 2ª FASE”, INCLUÍDA NO PAM/06-08, ANUALIDADE 2008 Dada conta da petición do Concello de Rodeiro solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 84/673, denominado “Acondicionamento do Centro Cultural Municipal e da antiga Cámara Agraria, 1ª e 2ª fase”, incluído no Programa de Acción Municipal /06-08, anualidade 2008, motivada polo retraso na execución da citada obra por parte do contratista-adxudicatario, e considerando que a Base Oitava, das Reguladoras do Programa de Acción Municipal 2006, aprobadas polo Pleno da Deputación en sesión ordinaria o día 25 de xaneiro de 2006 e publicadas no BOP de data 8 de febreiro de 2006, contempla a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - A concesión do aprazamento na xustificación da obra nº 84/673 denominada “Acondicionamento do Centro Cultural Municipal e da antiga Cámara Agraria, 1ª e 2ª fase”, incluída no PAM/06-08, anualidade 2008, ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 20.17374.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DO CONCELLO DE RODEIRO, PARA XUSTIFICAR A OBRA Nº77/679 DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO DO CPI E DO CENTRO DE SAÚDE DE RODEIRO, 1ª, 2ª E 3ª FASE”, INCLUÍDA NO PAM/06-08, ANUALIDADE 2008 Dada conta da petición do Concello de Rodeiro solicitando unha prórroga na xustificación do investimento nº 77/679, denominado “Acondicionamento do CPI e do Centro de Saúde de Rodeiro, 1ª, 2ª e 3ª fase”, incluído no Programa de Acción Municipal /06-08, anualidade 2008, motivada pola demora na execución da citada obra por parte do contratista-adxudicatario, e considerando que a Base Oitava, das Reguladoras do Programa de Acción Municipal 2006, aprobadas polo Pleno da Deputación en sesión ordinaria o día 25 de xaneiro de 2006 e publicadas no BOP de data 8 de febreiro de 2006, contempla a posibilidade de prórroga no prazo de xustificación cando existan razóns excepcionais debidamente acreditadas polo Concello, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - A concesión do aprazamento na xustificación da obra nº 77/679 denominada “Acondicionamento do CPI e do Centro de Saúde de Rodeiro, 1ª, 2ª e 3ª fase”, incluída no PAM/06-08, anualidade 2008 , ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 21.17375.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 27 de outubro de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboo: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900001200 e que conten trinta e tres facturas, sendo a primeira de Televisión da Mancomunidade do Salnés, por importe de 2.900,00 € e a derradeira de Torrado Oliva, SL, por importe 2.607,68€, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 53.889,14 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 886,36 € Total líquido 54.775,50 € 22.17376.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, PARA ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN DUN TRACTOR AGRÍCOLA, DOTADO DE DESBROZADORA E PA CARGADORA A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 26 de novembro de 2008 aprobou o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello das Neves para a adquisición dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora hidráulica e pa cargadora, por un importe global de 90.000,00 euros. Resultando que o citado convenio foi asinado o día 19 de xaneiro de 2009, establecendo no mesmo que a adquisición do tractor agrícola, dotado de desbrozadora hidráulica e pa cargadora, sexa levada a cabo pola Deputación de Pontevedra seguindo o procedemento e a forma máis axeitada á Lei 30/2007 do 30 de outubro de Contratos do Sector Público e que posteriormente sexa entregado ó Concello das Neves, quen asumirá a súa conservación e mantemento. Resultando que polo Servizo de Intervención emítese o documento RC de data 27 de febreiro de 2009 con número de operación 20090001710, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 90.000,00 euros para facer fronte ás obrigas derivadas deste contrato con cargo á partida 09/911.911.662.09.2008 do vixente orzamento provincial. Resultando que o Xefe Xeral do Parque de Maquinaria elaborou con data 20 de outubro de 2009, o prego de prescricións técnicas que terá que rexer nesta contratación, cuxo custo se estima en 85.000,00 euros, IVE incluído. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que terá que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 22 de outubro de 2009. Resultando que con data 26 de outubro de 2009, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora hidráulica e pa cargadora. Resultando que con data 27 de outubro de 2009, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 9 tipifica a este contrato como “de subministración” ó ter por obxecto a adquisición de produtos ou bens mobles e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do orzamento provincial do exercicio de 2009, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora e pa cargadora para o Concello das Neves, pola cantidade máxima de oitenta e cinco mil euros (85.000,00€), IVE e gastos de matriculación incluída, de acordo co seguinte detalle: Prezo sen IVE…………………………73.275,86€ IVE (16%) …………………………… 11.724,14€ TOTAL………………………………. 85.000,00€ 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán dito procedemento aberto. 3. Autorizar o gasto por importe global de 85.000,00 euros, con cargo á partida 09/911.911.662.09.2009, do vixente orzamento provincial. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora e pa cargadora para o Concello das Neves, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 143.2 da citada Lei 30/2007. 5. A adxudicación da subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora e pa cargadora para o Concello das Neves queda condicionado a que sexan emendadas as salvidades postas de manifesto no informe de fiscalización do Convenio co Concello das Neves de data 25 de novembro de 2008. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DUN TRACTOR AGRÍCOLA, DOTADO DE DESBROZADORA E PA CARGADORA 1.-OBXECTO. A subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora hidráulica e pa cargadora para o Concello das Neves, de conformidade co prego de prescricións técnicas elaborado polo Xefe do Parque de Maquinaria da Deputación Provincial de Pontevedra. 2.-FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase con cargo á partida 09/911.911.662.09.2008 do vixente orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O adxudicatario terá dereito ó pagamento, conforme ó prezo convido e efectuarase unha vez recibido o tractor agrícola, dotado de desbrozadora hidráulica e pa cargadora e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial, todo iso de conformidade co que se establece nos artigos 268 e 269 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do Sector Público (LCSP, en adiante). 4.-LUGAR E PRAZO DE ENTREGA.- A subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora hidráulica e pa cargadora efectuarase no lugar que se indique do termo municipal do Concello das Neves, no prazo que figure na oferta seleccionada e en todo caso no prazo máximo de cento vinte días naturais, contados a partir da sinatura do contrato de subministración. 5.-TIPO DE LICITACIÓN.- Establécese na cantidade de setenta e tres mil douscentos setenta e cinco euros con oitenta e seis céntimos (73.275,86 €) sen IVE, máis a cantidade correspondente ó IVE que se estima en once mil setecentos vinte e catro euros con catorce céntimos (11.724,14€): A) Prezo sen IVE………………..…… 73.275,86€ B) IVE (16%) …….................................... 11.724,14€ C) Importe total (A+B)………….…… 85.000,00€ 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da LCSP. 7.-CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), durante un prazo de quince días naturais (artigo 143.2 da LCSP), contado dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e o artigo 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: SOBRE A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto correspondente á contratación da subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora hidráulica e pa cargadora”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Rd. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.-Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vai a efectuar esta. 4.-Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado dos mesmos. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. SOBRE B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica correspondente ó procedemento aberto para a contratación da subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora hidráulica e pa cargadora,” Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2. Memoria descritiva dos bens a subministrar, especificando as características técnicas, estéticas e funcionais dos mesmos, así como a marca e modelo. 3. Declaración relativa á asistencia técnica ofertada no que se fará constar a duración do período de garantía (indicarase a diferenza entre a garantía solicitada pola Deputación de Pontevedra e a ofertada a maiores), os medios de asistencia técnica cos que conta e o compromiso expreso de poñelos a disposición do mantemento ou se é o caso reparación dos bens se resulta adxudicatario, así como o programa e condicións de mantemento. Prezo anual do mantemento, unha vez transcorrido o prazo de garantía. 4. Melloras sobre as características técnicas incluíndo unha relación valorada das mesmas. As ofertas diferenciarán, claramente e dun xeito inequívoco, as características mínimas esixidas, e as que realmente se achegan como melloras, co fin de facilitar o traballo de avaliación. 5. Catálogos, debuxos, folletos, fotografías ou vídeos relativos ós bens que se ofertan. 6. Designación de nave comercial ou local en onde poidan examinarse os bens ofertados. SOBRE C: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica correspondente á contratación da subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora hidráulica e pa cargadora”. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Xefe Xeral do Parque de Maquinaria. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.-CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será trasladada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderaran seguindo criterios de valoración establecida no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres “C”. 12.-CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (SOBRE B). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables subxectivamente: Puntuación. Calidade dos bens a subministrar 30 puntos Asistencia técnica e mantemento 10 puntos Melloras sobre as características técnicas esixidas 10 puntos 12.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (SOBRE C) Os criterios avaliables mediante fórmulas valorásense cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables mediante fórmulas: Puntuación. Oferta económica global 40 puntos A oferta económica puntuarase en función da fórmula establecida no Anexo I. Puntuación. Prazo de entrega 10 puntos Para valorar o prazo de entrega ofertado polos licitantes, utilizarase a seguinte fórmula: P = (M*(C-O)/(C-B)) Onde: P: Puntuación. O: Oferta licitador. B: Mellor oferta. C: Peor oferta. M: Puntuación máxima establecida para o prazo de entrega. Nota aclaratoria: Faise constar que o que interesa é reducir o prazo de entrega, polo que se considerará como “peor oferta” a que teña o prazo de entrega con maior número de días naturais e como “mellor oferta” a do prazo máis baixo. 13.-ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, as clasificará por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 14.-ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 17.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre A de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 18.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- O adxudicatario realizará todos os trámites e xestións necesarias para a matriculación do tractor agrícola, dotado de desbrozadora hidráulica e pa cargadora, así como para a obtención do permiso de circulación, sendo da súa conta todos os gastos que diso se deriven, incluído o aboamento do imposto sobre vehículos de tracción mecánica esixido para a matriculación do mesmo. Serán tamén por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 300 euros. 19.- GARANTÍA.- O prazo de garantía deste contrato fíxase nun ano. Se durante o prazo de garantía se acreditase a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados terá dereito a Administración a reclamar do contratista a reposición dos que resulten desaxeitados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para a fin pretendida, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación dos devanditos bens non serán bastantes para lograr aquel fin, poderá, antes de expirar dito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, se é o caso, á recuperación do prezo satisfeito. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 275 da LCSP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, observarase o disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 22.-MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de ................................................con NIF/CIF ………………. e domicilio en....................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora e pa cargadora, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e de acordo co seguinte detalle: A) Prezo sen IVE ………………..………….…….….………………euros. B) IVE (16%)…………………………...…………….………………euros. C) TOTAL (A+B) ………………….………………….…………… euros. (En letra e número) (Acompañarase como anexo a descomposición de prezos dos elementos incluídos na oferta). • Prazo de entrega: (indicar o mesmo) (Data e sinatura do propoñente)” O anexo é como segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 23.17377.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “REHABILITACIÓN DA PONTE DE BARRANTES SOBRE O RÍO UMIA E ACONDICIONAMENTO DO SEU ENTORNO (RIBADUMIA-CAMBADOS) Resultando que polo Servizo de Infraestruturas se remite o proxecto de execución da obra de “Rehabilitación da ponte sobre ou río Umia e acondicionamento do seu ámbito (Ribadumia-Cambados)”, que ten por obxecto a ampliación e mellora estrutural da ponte de Barrantes, así como o acondicionamento do entorno da ponte, a rexeneración a área recreativa adxacente a este e a mellora da comunicación, tanto peonil coma de vehículos, entre os núcleos urbanos de Barrantes e Covas de Lobos, ascendendo o seu importe á suma de 924.359,44 € máis 147.897,51 € correspondentes ó IVE. E, á vista do informe emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto así como o inicio do expediente para a contratación da obra. A obra financiarase conforme á seguinte distribución por anualidades: 2009 2010 2011 Total 466.198,68 € 326.339,07 € 279.719,20 € 1.072.256,95 € Na partida 09/511.511-612.02 existe crédito axeitado e suficiente para facer fronte á anualidade de 2009, emitíndose para o efecto documento RC n.º 200900087408. Respecto ás anualidades de 2010 e 2011 contabilizaranse nas partidas correspondentes dos seus respectivos orzamentos quedando condicionadas á súa aprobación. 24.17378.- PETICIÓN DE AMPLIACIÓN DE PRAZO PARA O INGRESO DA CANTIDADE CORRESPONDENTE Á CONCESIÓN DE VEHÍCULOS OUTORGADOS POLA XUNTA DE GOBERNO Ó CLUB PIRAGÜISMO CIDADE DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno desta Deputación provincial, en sesión celebrada o día 29 do pasado mes de xullo, acordou conceder, ó Club Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra unha axuda para a adquisición do vehículo Jumper HDI 160 Combi Conf 9 p. 33 L2H2 con aire acondicionado e 3ª fila de asentos, por un importe total de 33.956,00 euros, subscribíndose o oportuno convenio con data 9 de setembro de 2009. De conformidade coa cláusula terceira o prazo máximo para facer o ingreso é de dous meses contados a partir da formalización do convenio. A entidade anteriormente citada pon de manifesto que actualmente ten dificultades económicas para ingresar a súa achega, por circunstancias diversas derivadas fundamentalmente da falta de ingresos de patrocinadores, solicitando que se conceda unha prórroga de un mes. A vista destas circunstancias, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar ata o nove de decembro o prazo para facer a entrega da súa achega económica o Club Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra. 25.17379.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición