ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/11/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.379/2.2009-11-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/11/25_Ordinaria

  • Data(s) 2009-11-25 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día vinte e cinco de novembro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Xosé Carlos Silva Mariño e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Jesús Vázquez Almuíña, escusando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17437.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 18 de novembro de 2009. 2.17438.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1. Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. (C.O.V.S.A.): A empresa Construcións, Obras e Viais, S.A.- C.O.V.S.A. (NIF A- 36.008.886), mediante escrito presentado ante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos: Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos respectivos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan nos correspondentes expedientes e de conformidade co establecido no artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de trinta e oito mil douscentos dezasete euros con vinte e oito céntimos (38.217,28 €), para responder do contrato relativo á obra “Modificado de mellora de rodaxe e dotación de servizos E.P. acceso a Cean (Nigrán)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/10/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500094375, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de MAPFRE, por importe de trescentos vinte e sete mil trescentos setenta e cinco euros con dez céntimos (327.375,10 €), para responder do contrato relativo á obra “E.P. San Vicente (O Grove)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/11/2003, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200300085547, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de dous mil trescentos oitenta e catro euros (2.384,00 €), para responder do contrato relativo á obra “Mellora de seguridade viaria glorieta na E.P. Coirón- Ribadumia- Leiro, intersección coa PO- 300 en Leiro (Ribadumia)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/01/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600001520, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de trece mil noventa e dous euros con setenta e un céntimos (13.092,71 €), para responder do contrato relativo á obra “Proxecto modificado de E.P. San Vicente (O Grove)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/04/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600038129, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2. Devolución de garantías definitivas a Construcións, Obras e Viais, S.A. (C.O.V.S.A.)- Brues y Fernández Construcciones, S.A., UTE Granxa- Dorrón (Sanxenxo) Construccións, obras e viais, S.A.- C.O.V.S.A.- Brues y Fernández, S.A., UTE Granxa- Dorrón (NIF G- 36.515.419), mediante escrito presentado diante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Ensanche e mellora E.P. Granxa- Dorrón (Sanxenxo) (Remanentes POL/2005). Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos respectivos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan nos correspondentes expedientes e de conformidade co establecido no artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de tres mil cincuenta euros con oitenta e dous céntimos (3.050,82 €), para responder do contrato relativo á obra “Ensanche e mellora E.P. Granxa- Dorrón (Sanxenxo) (Remanentes POL/2005)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/01/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600004327, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3. Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. A empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. (NIF B- 36.052.876), mediante escrito presentado diante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos: Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico de Infraestruturas e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos respectivos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan nos correspondentes expedientes e de conformidade co establecido no artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de nove mil setecentos trinta e tres euros con noventa céntimos (9.733,90 €), para responder do contrato relativo á obra “Modificado nº1 dos accesos ó cemiterio de Lalín (Don Ramiro- Botos. Lalín)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/03/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700020928, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CAIXA GALICIA, por importe de catro mil oitocentos noventa e nove euros con corenta céntimos (4.899,40 €), para responder do contrato relativo á obra “E.P. 6403 Cruces- Brocos (Vila de Cruces- Agolada)” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/11/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700092383, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.17439.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. NARCISO CABALEIRO LEIRÓS POR DANOS EN VEHÍCULO ACAECIDOS NA ESTRADA PO-250 (FORNELOS DE MONTES) Dada conta que con data de rexistro 09/11/09 (rex. nº 038810), tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Narciso Cabaleiro Leirós con enderezo a efectos de notificacións no despacho profesional do Sr. Viejo Puga sito na rúa Manuel Núñez nº 2-2º oficina 1 de Vigo, por danos padecidos en vehículo na estrada PO 250 no termo municipal de Fornelos de Montes, o día 23/01/2009 e que cuantifica economicamente en 5.890,43 €. Resultando.- Que con data 12/11/2009 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitíu con data 13/11/2009 co seguinte contido: “...pongo en su conocimiento que el vial PO-250 de Redondela a Forzáns PO-255 (Fornelos de Montes) no pertenece a la red provincial de carreteras, siendo de titularidad autonómica”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer diante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 4.17440.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO CULTURAL DA XUNTA DE GALICIA SOBRE CADUCIDADE E ARQUIVO DE ACTUACIÓNS EN EXPEDIENTE SANCIONADOR INCOADO A ESTA DEPUTACIÓN, REFERENCIA S-P-70.08, NA E.P. 8004 VILANOVIÑA-MEIS Dada conta que con data 19 de outubro de 2009 ten entrada no Rexistro Xeral resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, pola que se decreta a caducidade no expediente sancionador incoado polo desmonte dun hórreo centenario no Lugar de Lantañón, Paradela (Meis), con arquivo das actuacións contra esta Deputación, A Xunta de Goberno toma coñecemento do contido favorable da citada resolución. 5.17441.- DAR CONTA DE AUTOS DA SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SECC. 3ª) SOBRE DESESTIMENTO DESTA DEPUTACIÓN NOS PROCEDEMENTOS ORDINARIOS PROMOVIDOS CONTRA ACORDOS DO XURADO DE EXPROPIACIÓN DE GALICIA EN PEZAS SEPARADAS DE XUSTIPREZO EN EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN DAS OBRAS “ENSANCHE E ACONDICIONAMENTO E.P. SAN VICENTE DO MAR-O GROVE” Dada conta dos Autos ditados pola Sección 3ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en procedementos ordinarios núms. 7856/2008, 7859/2008, 7860/2008, 7870/2008, 7871/2008, 7872/2008, 7873/2008, 7874/2008, 7875/2008, 7876/2008, 7877/2008, 10100/2008, 7861/2008, 7862/2008, 7863/2008, 7864/2008, 7865/2008, 7866/2008, 7867/2008, 7868/2008 e 7869/2008, promovidos por esta Deputación contra acordos do Xurado de Expropiación de Galicia en Pezas Separadas de Xustiprezo en expediente de expropiación das obras “Ensanche e acondicionamento E.P. San Vicente do Mar-O Grove”, polo que se acorda o desistimento e arquivo das actuacións, á vista dos acordados acadados cos propietarios afectados, segundo informe do Servizo de Infraestruturas, o que foi posto en coñecemento da Sala pola Asesoría Xurídica, sen facer imposición de custas a esta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable dos mesmos. 6.17442.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.17443.- DAR CONTA DE SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 107/09 PROMOVIDOS POLA ENTIDADE MERCANTIL MANICATA, S.L. POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA EP-2022 BAIONA-LOUREZÁ Dada conta que con data 16 de outubro de 2009 notifícase a esta Deputación sentenza núm. 257/09, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 107/09, promovidos pola entidade mercantil MANICATA, S.L. contra estimación parcial de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na EP-2022 Baiona-Lourezá, como consecuencia do mal estado da calzada o día 23 de maio de 2008. Resultando que en dita sentenza condénase a esta Deputación a que indemnice á demandante na totalidade da reclamación plantexada, que ascende a 2.505,51 €, con imposición das custas xudiciais, que ascenden a 517,22 €, segundo taxación efectuada pola Secretaría do Xulgado. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación. Vistos os documentos RC da Intervención de datas 27 de outubro de 18 de novembro de 2009, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Tomar coñecemento da sentenza núm. 257/09 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 107/09, promovidos pola entidade mercantil MANICATA, S.L. contra estimación parcial de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na EP-2022 Baiona-Lourezá o día 23 de maio de 2008, como consecuencia do mal estado da calzada, ordenando o cumprimento nos seus propios termos ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pagamento e declarar de aboo a favor do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra as seguintes cantidades, en concepto de execución de sentenza polo seu principal máis as custas xudiciais: Importe do principal: 2.505,51 € (dous mil cincocentos cinco euros con cincuenta e un céntimos). Importe das custas xudiciais: 517,22 (cincocentos dezasete euros con vinte e dous céntimos). Terceiro.- Ditos pagos faranse efectivo con cargo á partida 511.511.210.00 do vixente Orzamento e mediante ingreso na Conta de Consignacións e Depósitos Xudiciais do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra na entidade BANESTO, Of. Principal de Pontevedra, número 3649.0000.85.010907. Cuarto.- Dar traslado deste acordo ós efectos oportunos ó Xulgado, á Intervención e á Tesourería. Quinto.- Dar traslado así mesmo á aseguradora CASER (s/ref. 689/08), con enderezo na Correduría de Seguros Lariño, S.L., sita na rúa Rosalía de Castro nº 2, C.P. 36001, Pontevedra, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita proceda ó pagamento a esta Deputación da cantidade de 2.422,73 € (dous mil catrocentos vinte e dous euros con setenta e tres céntimos), unha vez descontado o importe da franquía que debe de asumir esta Deputación (600,00 €), e mediante ingreso na conta núm. 2080.0401.68.0040106618 de CAIXANOVA. 8.17444.- DAR CONTA DE SENTENZA E AUTO DE ACLARACIÓN DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 223/09 PROMOVIDO POR D. JOSÉ TARSICIO LORENZO FERNÁNDEZ CONTRA DESESTIMACIÓN PRESUNTA DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA EP 2604 PUXEIROS-CUVI Dada conta que con data 15 de setembro de 2009 notifícase a esta Deputación sentenza núm. 206/2009, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 223/09 promovidos por D. José Tarsicio Lorenzo Fernández contra desestimación presunta de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na EP-2604 Puxeiros-CUVI o día 7 de xuño de 2008, así como de auto aclaratorio da mesma, ditado con data 22 de outubro seguinte. Resultando que en dita sentenza condénase a esta Deputación a que indemnice ó demandante na totalidade da reclamación plantexada, que ascende a 255,10 € mais os xuros legais dende a data de reclamación en vía administrativa, cifrados pola Intervención en 9,19 €, ascendendo ó total de 264,29 €. Resultando que a instancias da Deputación ditouse Auto de aclaración por dito Xulgado no que se estima a responsabilidade solidaria da Administración demandada. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación. Vistos o informes e documentos RC da Intervención de data 6 de novembro de 2009. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Tomar coñecemento da sentenza núm. 206/2009 así como do auto de aclaración da mesma, de data 22 de outubro de 2009, ditados polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra en procedemento abreviado núm. 223/09, promovidos por D. José Tarsicio Lorenzo Fernández contra desestimación presunta de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na EP 2604 Puxeiros-CUVI, o día 7 de xuño de 2008, ordenando o cumprimento nos seus propios termos ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pagamento e declarar de aboo a favor do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra a cantidade de 264,29 € (douscentos sesenta e catro euros con vinte e nove céntimos), en concepto de execución da sentenza antes citada. Terceiro.- Dito pago farase efectivo con cargo á partida 511.511.210.00 do vixente Orzamento e mediante ingreso na Conta de Consignacións e Depósitos Xudiciais de dito Xulgado na entidade BANESTO, Oficina Principal de Pontevedra, número 3597.0000.85.022309. Cuarto.- Dar traslado deste acordo ós efectos oportunos ó Xulgado, á Intervención e á Tesourería. 9.17445.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE AGOLADA, PARA REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002228 “PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO QUINTELA A TRANBANCAS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002228, denominado “Pavimentación do camiño Quintela a Trabancas”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Agolada a cantidade de 161.717,49 €, para a realización do investimento, núm. 2009002228, denominado “Pavimentación do camiño Quintela a Trabancas”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0 euros Exercicio 2010: 0 euros. Exercicio 2011: 161.717,49 euros Esta subvención contabilizarase con cargo ó orzamento de 2011, na partida que será, no seu caso, 2011/942.942.652.45, quedando condicionada a aprobación de dito orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anteriormente, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 10.17446.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN VECIÑAL SANAMEDE (CUNTIS), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “CONSTRUCIÓN PARQUE INFANTIL”, INCLUÍDA NO PAC/2008 CON NÚMERO 177 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder prórroga solicitada pola Asociación Veciñal Sanamede (Cuntis), para xustificar a obra incluída no PAC/2008, co núm. 177, denominada “Construción parque infantil”, subvencionada con tres mil euros (3.000,00). Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2010, con carácter improrrogable. 11.17447.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN CAIXA GALICIA-CLAUDIO SAN MARTÍN Vista a proposta do Servizo de Cultura e o informe de Intervención, relativa á sinatura do convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Fundación Caixagalica-Claudio San Martín, en materia de obra benéfico social, en base ó cal se efectuará unha achega económica por parte de Caixagalicia de 60.000,00€ para o “Certame Provincial de Bandas de Música”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A FUNDACIÓN CAIXA GALICIA – CLAUDIO SAN MARTÍN E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Na cidade de Pontevedra, a de de 2009 R E U N I D O S Dunha parte, D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, nomeado mediante acordo plenario do 27 de xuño de 2007, segundo as competencias que lle outorga o artigo 34 da Lei Reguladora de Bases de Réxime Local (LBRL), o artigo 61 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais (ROF) e o artigo 105 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, con C.I.F. P-3600000-H e con domicilio social en Pontevedra, Av. Montero Ríos, s/n. maior de idade, con D.N.I. Nº 35.451.643, veciño de Pontevedra e con domicilio profesional en Av. de Montero Ríos, s/n. E doutra D. José Manuel García Iglesias, no nome e representación da Fundación Caixa Galicia - Claudio San Martín (a seguir a Fundación), con CIF G-15169188 e domicilio social na Coruña, rúa Nova, número 30. Ambos os comparecentes recoñécense reciprocamente capacidade para o presente outorgamento e, en consecuencia, E X P O Ñ E N I.- Que a Fundación Caixa Galicia é unha persoa xurídica privada, de natureza fundacional e de interese galego, que ten o carácter de obra social propia da Caixa de Aforros de Galicia. Constituíuse co obxecto de consagrar as súas actividades á acción cultural en calquera das súas posibles manifestacións, o que leva a efecto na práctica por medio da realización de múltiples e diversas actuacións, na liña das contidas no Decreto Lexislativo 1/2005, do 10 de marzo e no Decreto do Consello da Xunta de Galicia 261/1999, do 17 de setembro, polo que se desenvolve a regulación da obra benéfico social das Caixas de Aforro de Galicia. II.- Que entre as competencias das Deputacións Provinciais se encontra a potenciación da actividade cultural en toda a provincia en coordinación cos programas que deseñan e poñen en práctica os concellos. III.- Que con motivo da celebración do Ano Xacobeo no vindeiro 2010, as entidades consideran de interese a realización de actividades culturais que contribúan a potenciar e difundir o Xacobeo 2010, para conseguir, deste xeito, unha maior dinamización de Galicia, e, particularmente da provincia de Pontevedra, que beneficien de forma directa e inmediata ó pontevedreses, en particular, e ós galegos en xeral. IV.- Que a Deputación Provincial de Pontevedra, en virtude da actividade cultural propia da Fundación Caixa Galicia, considera a esta entidade como axente preferente para a colaboración na realización de actividades culturais enmarcadas no Xacobeo 2010 e, en concreto, co “Certame Provincial de Bandas de Música”. Pola súa parte, a Fundación Caixa Galicia, considerando o interese cultural e, polo tanto, a significación e transcendencia destas actividades, accede a colaborar coa Deputación Provincial de Pontevedra para a súa organización. V.- Que, en virtude de canto queda exposto, e cumprindo coa vontade das entidades ás que respectivamente representan, os comparecentes outorgan neste acto o presente convenio de colaboración, de acordo coas seguintes E S T I P U L A C I Ó N S Primeira.- A Deputación Provincial de Pontevedra e a Fundación Caixa Galicia establecen unha relación de colaboración para a realización de diversas actividades de carácter cultural enmarcadas na promoción da provincia de Pontevedra para o Ano Xacobeo 2010, co obxectivo de levar a cabo programas, proxectos e actividades que, contribúan á constante mellora da oferta cultural para os pontevedreses e que son do común interese da Deputación e da Fundación. En consecuencia, e ante o interese cultural que ten o “Certame Provincial de Bandas de Música” que organiza a Deputación Provincial de Pontevedra, a Fundación Caixa Galicia concédelle a esta para a realización de dito Certame unha achega económica de ata un total de sesenta mil euros (60.000,00 €) que se aplicará única e exclusivamente para tal fin. Esta achega económica farase efectiva mediante un ingreso na conta número 2091 0545 00 3110000021, da que é titular a Deputación Provincial de Pontevedra, previa presentación pola Deputación Provincial de Pontevedra da correspondente memoria de actividades. Segunda.- Para os efectos oportunos, a Deputación Provincial de Pontevedra garántelle á Fundación Caixa Galicia que obterá as autorizacións e permisos necesarios, calquera que sexa a súa índole e alcance, para a realización das actividades obxecto deste convenio, e especialmente os esixibles, no seu caso, por razón da vixente normativa aplicable ó dereitos de propiedade intelectual, industrial e á propia imaxe que puidese afectar ós distintos elementos integrantes destas actividades. En consecuencia, a Fundación Caixa Galicia queda liberada de calquera responsabilidade que puidese poñerse de manifesto por razón da ausencia ou da deficiencia destas autorizacións e permisos, onde a súa obtención, xestión e mantemento son de exclusiva responsabilidade da Deputación Provincial de Pontevedra. Terceira.- A planificación, organización e realización das actividades descritas na estipulación Primeira son responsabilidade exclusiva da Deputación Provincial de Pontevedra. A Deputación Provincial de Pontevedra informará á Fundación Caixa Galicia, con antelación suficiente, da planificación, organización e realización destas actividades, especialmente daquelas que requiran representación institucional. Cuarta.- O nome e o anagrama de ambas partes figurarán, de maneira visible e ocupando un espazo similar en todas as actuacións que se realicen en execución do presente convenio, así como nos medios que se empreguen para a súa difusión publicitaria. Non obstante o establecido no parágrafo precedente, deste convenio non resulta nin se deduce concesión, transmisión ou licenza algunha relativa ós dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre os signos distintivos (como por exemplo marcas) dos que sexan titulares as entidades outorgantes. Dende as súas respectivas páxinas web, cada entidade comprométese a establecer un enlace á páxina web da outra entidade, nas condicións en que ambas as partes acorden. Quinta.- A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a enviarlle á Fundación Caixa Galicia as probas de imprenta de todo o material divulgativo, antes da súa edición para a súa aprobación. Sexta.- O presente convenio considerase en vigor dende a data da súa sinatura ata a completa finalización da actividade obxecto do mesmo e, en todo caso, ata o 31 de decembro de 2009. Os comparecentes, na representación coa que respectivamente comparecen, dan a súa conformidade ó presente convenio, asinando, na súa proba, no lugar e na data expresados no encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Pola Fundación Caixa Galicia – Claudio San Martín Asdo.: Rafael Louzán Abal Asdo.: José Manuel García Iglesias” 12.17448.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS 1º Mediante escrito de data 2 de novembro de 2009, número de rexistro de entrada 38123, D. Alfredo Eslava Blanco, Psicólogo da Cidade Infantil Príncipe Felipe expón “O seu desexo e interese profesional na realización da Formación en “Psicoloxía enerxética” que se celebrará en Lugo, organizado por Aleces - Instituto de Desenvolvemento Humano. (…) A extraordinaria calidade do mesmo e o feito de que o seu contido está estreitamente relacionado coas tarefas que desempeño no Centro de Primeira Acollida contribuirá de forma importante ó perfeccionamento e mellora do labor de avaliación, de orientación ó persoal e terapéutica cos menores que levo a cabo no devandito centro”. Por todo o exposto solicita permiso, gastos de inscrición e axuda económica para asistir o curso “Formación en Psicoloxía Enerxética” a celebrar en Lugo no Instituto de Desenvolvemento Humano. 2º Aínda que a solicitude é informada favorablemente pola Directora do Centro de Primeira Acollida da Cidade Infantil Príncipe Felipe, Dna. María Luz Riesco, non foi informada favorablemente polo Vicepresidente que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación. 3º Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que a D. Alfredo Eslava se lle conceda Licenza para asistir o curso “Intervención socioeducativa no trastorno límite da personalidade”, realizado en Sada os días 20 e 21 de marzo de 2009. 4º Os gastos derivados da asistencia a estas reunións foron valorados en 3.069,04 euros, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: INSCRICIÓN: CONCEPTO IMPORTE PARTIDA Inscrición 1.600,00 € 122.314.162.01 DESPRAZAMENTO: Vehículo Propio Partida orzamentaria: 422.422.231.01 Mes novembro 2009 Días 28 e 29 Mes decembro 2009 Días 19 e 20 Mes xaneiro 2010 Días 30 e 31 Mes febreiro 2010 Días 27 e 28 Mes marzo 2010 Días 27 e 28 Mes abril 2010 Días 24 e 25 Peaxe Aparc. Total Despraz. 398 Km x 0.19 € (1 día) 75,62 € Total 2 días 151,24 € 398 Km x 0.19 € (1 día) 75,62 € Total 2 días 151,24 € 398 Km x 0.19 € (1 día) 75,62 € Total 2 días 151,24 € 398 Km x 0.19 € (1 día) 75,62 € Total 2 días 151,24 € 398 Km x 0.19 € (1 día) 75,62 € Total 2 días 151,24 € 398 Km x 0.19 € (1 día) 75,62 € Total 2 días 151,24 € (Ida e volta) 1 día 18,10 € Total 12 días = 217,20 € 120,00 € 1.244,64 € DIETAS: Partida orzamentaria: 422.422.230.01 Mes novembro 2009 Días 28 e 29 ½ manutenc. Mes decembro 2009 Días 19 e 20 ½ manutenc. Mes xaneiro 2010 Días 30 e 31 ½ manutenc. Mes febreiro 2010 Días 27 e 28 ½ manutenc. Mes marzo 2010 Días 27 e 28 ½ manutenc. Mes abril 2010 Días 24 e 25 ½ manutenc. Total Dietas Grupo II (1 día) 18,70 € Total 2 días 37,40 € Grupo II (1 día) 18,70 € Total 2 días 37,40 € Grupo II (1 día) 18,70 € Total 2 días 37,40 € Grupo II (1 día) 18,70 € Total 2 días 37,40 € Grupo II (1 día) 18,70 € Total 2 días 37,40 € Grupo II (1 día) 18,70 € Total 2 días 37,40 € 224,40 € Ditas cantidades imputaranse ás seguintes partidas do orzamento provincial: • 422.422.230.01 de dietas por importe de 224,40 € • 422.422.231.01 de locomoción por importe de 1.244,64 € • 122.314.162.01 de inscrición por importe de 1.600,00 € 5º Analizados os antecedentes que obran no expediente, procede informar o seguinte: Por Acordo número 9.14880 adoptado pola Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria celebrada o día 09 de marzo de 2007 desenvólvese a “Normativa reguladora das licenzas e axudas económicas para a asistencia a cursos, conferencias, congresos, seminarios, xornadas e reunións”. O procedemento esixe ademais de solicitude do interesado, presentada con antelación suficiente, que o Servizo de Recursos Humanos solicite o visto e prace do Vicepresidente que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación, así como informe do Xefe de Servizo de que se trate, no que se faga constar que a concesión da licenza non prexudicará o normal funcionamento do traballo no Servizo, se o interesado/a fixo uso de anteriores licenzas deste tipo, especificando claramente que incidencia pode ter o curso, conferencia, congreso, xornada ou seminario en orde a mellorar a formación do funcionario proposto, e o rendemento deste na función ou traballo que desempeña. Así mesmo, o Servizo de Recursos Humanos unirá ó expediente o informe sobre os antecedentes e supostos alegados, licenzas empregadas anteriormente, cumprimento das condicións esixidas e valoración económica das axudas interesadas. No suposto que nos ocupa, se ben a solicitude é tramitada con antelación suficiente, a mesma non é conformada polo Vicepresidente encargado da supervisión e control de asistencia ós cursos de formación, debido á súa elevada contía (3.069,04€), razón pola que non se tramitou o expediente relativo á axuda económica. De conformidade coa Exposición de Motivos da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, en adiante (LEBEP), a formación articúlase como unha ferramenta válida para optimizar o elemento humano da organización en proveito da eficiencia na dación de servizos, co fin de motivar os funcionarios públicos para obter eficiencia no seu traballo, facilitarlles a formación axeitada, posibilitarlles a promoción profesional, actuando para iso con criterios racionais e flexibles na xestión. O artigo 14.g de LEBEP recoñece como dereito propio dos empregados públicos “á formación continua e á actualización permanente dos seus coñecementos e capacidades, preferentemente en horario laboral”. Todo iso non é incompatible cos criterios de racionalidade, eficacia e eficiencia cos que terán que xestionar os recursos públicos. Así mesmo, o Servizo de Recursos Humanos informa que D. Alfredo Eslava Blanco asistiu durante o presente exercicio ó curso “Intervención socioeducativa no trastorno límite da personalidade”, realizado en Sada os días 20 e 21 de marzo de 2009. Así mesmo, de acordo co que se establece na base 12ª da Normativa Reguladora das licenzas e axudas económicas para a asistencia a cursos, conferencias, congresos, seminarios, xornadas e reunións: “A duración desta licenza terá un límite de 40 horas anuais, que poderán ser ampliado polo Presidente. En todo caso, decatarase á Comisión Paritaria Mixta daqueles permisos e axudas económicas que se tramiten a través da Xunta de Goberno, cumprindo un ditame previo desta Comisión para a autorización de todos aqueles cursos que excedan das 40 horas”. Por iso, o interesado superaría, coa asistencia a esta actividade formativa de 66 horas, o devandito límite. De acordo con todo exposto, ó abeiro do que se establece nos Acordos da Xunta de Goberno número 14.15813 de data 23 de xaneiro de 2008 e 9.14880 do 9 de marzo de 2007, e R.d. 462/2002 do 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar o permiso solicitado por D. Alfredo Eslava Blanco, para asistir o curso “Formación en Psicoloxía Enerxética” a celebrar en Lugo os próximos días 28 e 29 de novembro de 2009, 19 e 20 de decembro de 2009, 30 e 31 de xaneiro de 2010, 27 e 28 de febreiro de 2010, 27 e 28 de marzo de 2010 e 24 e 25 de abril de 2010. 13.17449.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “PAVIMENTACIÓN E DOTACIÓN DE SERVIZOS NA E.P. 9406 GALLAS-ARMENTEIRA (TRAMO VILAR-ARMENTEIRA)” MEIS Considerando que polo Servizo de Infraestruturas redáctase o proxecto de “Pavimentación e dotación de servizos en E.P. 9406 Gallas-Armenteira, (tramo Vilar-Armenteira) (Meis)”, con orzamento de 300.000,00 €, IVE incluído, e que ten por obxecto a substitución do pavimento, dado o seu estado de deterioración, así como a canalización das augas pluviais que actualmente discorren pola calzada, no tramo de estrada que discorre pola fronte do Mosteiro de Armenteira. E, á vista do informe emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto de “Pavimentación e dotación de servizos en E.P. 9406 Gallas-Armenteira, (tramo Vilar-Armenteira) (Meis)” por importe de 300.000,00€, IVE incluído, así como o inicio do correspondente expediente para a contratación da obra. A obra financiásese nas anualidades de 2009, por importe de 100.000,00 €, para a que existe crédito axeitado e suficiente na partida 09/511.511-612.02 para facer fronte ó gasto, e 2010, por importe de 200.000,00 €, que se contabilizará na partida correspondente do seu orzamento quedando condicionada á súa aprobación. 14.17450.- ADQUISICIÓN DE ACCIÓNS DA SOCIEDADE “XESTÍON URBÁNISTICA DE PONTEVEDRA, S.A. A Xunta Xeral de Accionistas de Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.. (Xestur Pontevedra), na sesión celebrada o día 30 de xullo de 2009, tomou o acordo de ampliar a capital social da Sociedade na cantidade de 4.500.000,00 €, ofertando á Deputación Provincial de Pontevedra o 6,13% da ampliación que representa a porcentaxe de participación da Deputación na Sociedade. Resultando que a oferta da Xunta Xeral de Accionistas de Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.. (Xestur Pontevedra), comporta o desembolso de 275.850,00 € pola adquisición de 1.839 novas accións a un prezo de 150,00 € por acción. Resultando que o Pleno desta Deputación na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de outubro de 2009, aprobou o expediente de modificación de créditos número 3/2009, onde figura a inclusión dun crédito extraordinario por importe de 275.850,00 €, para a adquisición de accións de Xestur Pontevedra, S.A. e que polo Servizo de Intervención emitiuse o documento Rc de data 24/11/2009, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 275.850,00 € para facer fronte ás obrigas derivadas da adquisición das citadas accións, con cargo á partida 09/611.432.851.01 do vixente orzamento provincial. Visto o informe favorable emitido por Intervención e considerando o establecido na disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro de Contratos do Sector Público e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na base 16ª.2 en canto a que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización de certos gastos que son competencia da Presidencia. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar a subscrición e adquisición de 1.839 accións da Sociedade “Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.” (C.I.F. A-3662002), numeradas no libro de rexistro de accionistas do 28.162 ó 30.000, cun valor nominal de 150,00 €, por un importe global de 275.850,00 €. 2. Autorizar o gasto por importe de 275.850,00 €, con cargo á partida 09/611.432.851.01 do vixente orzamento provincial. 3. As novas accións da Sociedade “Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A.” terán a consideración de “Bens patrimoniais” e serán dadas de alta no Inventario de Bens e Dereitos da Deputación Provincial de Pontevedra (Epígrafe 4º) e pasaranse a custodiar na caixa de caudais desta institución. 15.17451.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR OS SERVIZOS DE ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DE CURSOS DE ATENCIÓN A PERSOAS INCLUÍDAS NO PROXECTO “AQUELANDO II-2ª PROMOCIÓN” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 23 de setembro de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, dos servizos de organización e impartición de diversos cursos de formación de atención a persoas incluídas no proxecto “Aquelando II.-2ª Promoción”, por un importe global de 177.900,00 €, desagregados nos seguintes lotes: Lote Curso Lugar de Imparticion Edicións Prezo Licitación Lote 1 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio -Salvaterra de Miño -Cangas -Mos 3 90.000,00 €, a razón de 30.000,00 € /curso Lote 2 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais -Baiona -Lalín -Ribadumia 3 69.000,00 €, a razón de 23.000,00 €/curso Lote 3 Auxiliar de tarefas domésticas en centros sociosanitarios e fogares -Pontevedra 1 18.900,00 € Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación dos servizos de organización e impartición de diversos cursos de formación de atención a persoas incluídas no proxecto “Aquelando II.-2ª Promoción”, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 192, de data 5 de outubro de 2009. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 22 de outubro de 2009, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, EULEN SERVICIOS SOCIOSANITARIOS, S.A. (Lote nº 1); FEMXA FORMACIÓN, S.L. (Lotes 1 e 2); GALICIA, SAUDADE, S.L.(Lote nº 1); GESTIFOR GALICIA, S.L. (Lotes 1, 2 e 3); FORMAGAL FORMACIÓN Y SERVICIOS, S.L. (Lotes 1, 2 e 3); GERPESA SOCIAL, S.L. (Lotes 1, 2 e 3); MINERVA FORMACIÓN, S.L.(Lotes 1, 2 e 3); EDITH PITA HERMIDA (Lote 3); COESCO DEZA, S.L.(Lote 1);-FUNDACIÓN DE ESTUDOS E ANÁLISES (FESAN) (Lotes 1 e 2). Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 26 de outubro de 2009, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar os servizos de organización e impartición de cursos de formación incluída no proxecto “Aquelando II.-2ª Promoción”, procedendo á apertura os sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que polo Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios emítese informe sobre as empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 23 de novembro de 2009, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos sobres “C”, presentados polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo as seguintes puntuacións: Lote 1 Empresas Puntos Sobre “B” Puntos Sobre “C” Total Prezo Puntos por % inserción Galicia Saudade, S.L.U. 38 6,965 20 64,965 Coesco-Deza, S.L. (SOCYCER) 43 10,03 18 71,03 Fundación de Estudios e Análises (FESAN) 34 23,454 5,6 63,054 Formagal, Formación y Servicios, S.L. 34 10,03 6 50,03 Lote 2 Empresas Puntos Sobre “B” Puntos Sobre “C” Total Prezo Puntos por % inserción Fundación de Estudios e Análises (FESAN) 35 17,331 5,6 57,931 Formagal, Formación y Servicios, S.L. 40 9,4 6 55,4 Lote 3 Empresas Puntos Sobre “B” Puntos Sobre “C” Total Prezo Puntos por % inserción Formagal, Formación y Servicios, S.L. 34 9,176 6 49,176 Edith Pita Hermida (Crono Servicios Sociales) 44 11,377 10 65,377 Á vista das puntuacións globais acadadas polas empresas, a Mesa de Contratación propón que se lle adxudique o Lote número 1 para organización e impartición das tres edicións do curso “Atención sociosanitaria a persoas no domicilio ”, á empresa, Coesco-Deza, S.L. (SOCYCER), o lote número 2 para organización e impartición de tres edicións do curso “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, á Fundación Estudos e Análises (FESAN) e o lote número 3 para organización e impartición do curso “Auxiliar de tarefas domésticas en centros sociosanitarios e fogares”, á empresaria, Edith Pita Hermida, motivado todo iso por obter, cada unha das empresas citadas a maior puntuación tras a valoración dos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas económico-administrativas que rexeron este procedemento aberto. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1. Adxudicar provisionalmente, o lote número 1 deste procedemento aberto á empresa COESCO-DEZA, S.L. (SOCYSER) (C.I.F. B-36.307.270), para realizar o contrato correspondente ós servizos de organización e impartición de tres edicións do curso “Atención sociosanitaria a persoas no domicilio ”, en Salvaterra de Miño, Cangas e Mos, polo prezo global de oitenta e catro mil seiscentos euros (84.600,00€), a razón de 28.200,00 € por cada curso, tendo en conta que estas actividades formativas se encontran exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 2. Conceder á empresa, Coesco-Deza, S.L. (SOCYSER), un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva por importe de 4.230,00 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3. Adxudicar provisionalmente, o lote número 2 deste procedemento aberto á Fundación de Estudos e Análises (FESAN) (C.I.F. G-15.597.669), para realizar o contrato correspondente ó servizos de organización e impartición de tres edicións do curso “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, en Baiona, Lalín e Ribadumia, polo prezo global de sesenta e un mil trescentos corenta e un euros (61.341,00 €), a razón de 20.447,00 € por cada curso, tendo en conta que estas actividades formativas se encontran exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 4. Conceder á Fundación de Estudos e Análises (FESAN), un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva por importe de 3.067,05 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 5. Adxudicar provisionalmente, o lote número 3 deste procedemento aberto á empresaria Edith Pita Hermida (N.I.F.- 52.493.960-W), para realizar o contrato correspondente ó servizos de organización e impartición dunha edición do curso “Auxiliar de tarefas domésticas en centros sociosanitarios e fogares”, en Pontevedra, polo prezo de dezasete mil cincocentos euros (17.500,00 €), tendo en conta que esta actividade formativa encóntrase exenta de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 6. Conceder á empresaria Edith Pita Hermida, un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva, por importe de 875,00 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 7. O pagamento das obrigas derivadas deste contrato que ascenden a un importe global de 163.441,00 €, efectuarase da seguinte forma: • Ata a cantidade de 30.000,00 €, cargo á partida 09/470.327.227.06, do vixente orzamento provincial. • O resto que ascende a un importe de 133.441,00 €, con cargo á correspondente imputación orzamentaria do orzamento do exercicio de 2010. 8. As empresas Coesco-Deza, S.L. (SOCYSER) e Fundación de Estudos e Análises (FESAN) e a empresaria Edith Pita Hermida, como adxudicatarios dos lotes números, 1, 2 e 3 deste procedemento aberto ingresarán, cada un deles, a cantidade de 37,20 €, na Tesourería da Deputación de Pontevedra, en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). 16.17452.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS RELATIVAS Á DIRECCIÓN DE OBRA E CERTIFICACIÓNS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas á dirección de obra e a certificación número 3-final que máis adiante se relacionan, tendo en conta que como non se seguiu o procedemento de contratación oportuno, require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2009: Factura nº 11/09, nº 12/09 nº 13/09 e nº 15/09, por un importe de 58,48 €, 789,38 € 548,48 € e 993,11 € respectivamente, do Arquitecto Técnico D. Enrique Alonso Baspino (NIF 35.973.145 - L) que xustifica os traballos de dirección realizados na obra “Construción Campo de Fútbol de Pasarón” correspondentes ás certificacións número 28, 29, 30 e 31 respectivamente. Dita cantidade será librada con cargo a conta non orzamentaria 419.08 (099.125). - Facturas nº 2009/136 por un importe de 993,11 € do Arquitecto Técnico D. Carlos Urdampilleta Barreiro (NIF 36.042.815 K) que xustifica os traballos de dirección realizados na obra “Construción de Campo de Fútbol de Pasarón” correspondente a la certificación nº 31. Dita cantidade será librada con cargo a conta non orzamentaria 419.08 (099.125). - A certificación nº 3 – Final por importe de 17.047,67 €, a favor da empresa Construcciones y Prefabricados Milladoiro, S.L., correspondente a “Actuación no entorno do Río Umia e do Muíño da Ponte (Pontearnelas)”, cantidade que será librada con cargo ás partidas 09/911.911.662.00.2004 e 09/911.911.662.00, con arranxo ó seguinte detalle: Euros Construcciones y Prefabricados Milladoiro, S.L. (CIF B-15.792.732) 17.047,67 € Subtotal 17.047,67 € Taxa dirección de obra (4%) 493,99 € Control de Calidade (0.5 %) 61,75 € Seguridade e Saúde (0.5 %) 61,75 € Total descontos 617,49 € Importe líquido a percibir pola empresa 16.430,18 € 17.17453.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 24 de novembro de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900001341 e que contén corenta e unha facturas, sendo a primeira de Faro de Vigo, S.A., por importe de 40.532,58 € e a derradeira de Charlín Pérez, Francisco-Orquesta Internacional D´Tacón, por importe 2.320,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 311.859,85 € Descontos do IRPF 603,94 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido 311.255,91 € 18.17454.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición