ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2009/12/16_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.379/2.2009-12-16_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/12/16_Ordinaria

  • Data(s) 2009-12-16 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 16 de decembro de 2009 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte e cinco minutos do día dezaseis de decembro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17510.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 9 de decembro de 2009. 2.17511.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS A empresa Eulen, S.A., mediante escrito de data 24 de xullo de 2009 solicita a devolución da fianza constituída para responder do servizo de limpeza da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, que lle foi adxudicado pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 26 de maio de 2006. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran sendos informes emitidos polo Servizo de Intervención e pola Directora de Xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, onde consta que procede a devolución da garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan nos correspondentes expedientes e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • Á empresa EULEN, S.A. (C.I.F. A-28517308), a garantía definitiva constituída en valores, mediante aval do Banco Popular, por importe de dezaoito mil trescentos setenta e un euros con dezaseis céntimos (18.371,16 €), para responder da execución do contrato correspondente ó servizo de limpeza da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/06/2006, segundo mandamento de ingreso número de operación 200600057123. 3.17512.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 4.17513.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “CAMIÑA CON NÓS” A Deputación de Pontevedra consciente da necesidade de dinamizar as actividades para a mocidade e da riqueza cultural, patrimonial, paisaxística do Camiño Portugués, quere sumarse á celebración do vindeiro Ano Santo, coa posta en marcha do programa “Camiña con Nos”, dirixido ós alumnos/as de 3ª. e 4ª. da E.S.O. da provincia de Pontevedra; no que os escolares percorrerán as diferentes etapas do devandito camiño, completadas coa visita ó Museo Provincial, Castelo de Soutomaior ou albergues, e á vista dos informes de 23/11/2009 e 15/12/2009 emitidos polo Sr. Secretario e Sr. Interventor, respectivamente; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación das Bases Reguladoras do Programa “Camiña con nós”; dirixidos a alumnos de 3ª. e 4º. da E.S.O., cunha dotación económica de 116.375,00 € con cargo á partida 10/230.232-227.07 do orzamento provincial. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA “CAMIÑA CON NÓS” A Deputación de Pontevedra quere sumarse á celebración do vindeiro Ano Santo coa posta en marcha do programa “Camiña con nós”, unha iniciativa coa que pretende contribuír á difusión entre os máis cativos da ruta Xacobea, e en especial do Camiño Portugués, que discorre por boa parte da nosa provincia. PRIMEIRA.- Obxecto: “Camiña con nós” permitirá ós escolares da provincia de Pontevedra participar da peregrinación xacobea, un dos sinais inequívocos da identidade cultural europea e tomar contacto coa riqueza natural, patrimonial, cultural e social do Camiño portugués, de igual xeito, poderán compartir a súa experiencia con nenos e nenas doutros centros educativos, experimentando a capacidade da ancestral ruta para crear lazos de amizade e compañeirismo. SEGUNDA.- Características do programa e servizos ofertados: “Camiña con nós” desenvolverase durante os meses de marzo, abril, maio e xuño de 2010 (a determinar as datas concretas pola entidade organizadora segundo a dispoñibilidade de cada centro). A actividade desenvolverase durante unha xornada completa, dividida en dúas sesións distintas. Pola mañá, os diferentes grupos de escolares percorrerán un tramo do Camiño (de dificultade media-baixa) a escoller polos centros educativos entre as seguintes etapas:  Valença do Miño-O Porriño.  O Porriño-Redondela.  Redondela-Pontevedra.  Pontevedra-Caldas de Reis.  Caldas de Reis-Padrón.  Pontecesures-Milladoiro. Xa pola tarde e logo de xantar -que terá lugar nun restaurante próximo ó tramo percorrido- os grupos realizarán unha visita cultural ó Museo de Pontevedra, ó Castelo de Soutomaior ou a un albergue de peregrinos. “Camiña con nós” porá a disposición de cada grupo un autobús para realizar todos os traslados necesarios. Tamén se contará cun vehículo todoterreo que servirá de sinalización dos grupos así como de vehículo de apoio e levará auga e a caixa de primeiros auxilios. Por outra banda facilitarase un/unha guía acompañante con cada grupo, que dará explicacións sobre os diferentes elementos patrimoniais, paisaxísticos ou lendas do tramo do Camiño escollido. Así mesmo, os centros educativos recibirán unha guía didáctica do Camiño portugués con anterioridade ó desenvolvemento da actividade como ferramenta de traballo na aula. Ó remate da actividades, os/as participantes recollerán a credencial oficial do peregrino. Como peche do programa, todos os grupos participantes realizarán conxuntamente o tramo final do Camiño (Milladoiro-Catedral de Santiago) o día 4 de xuño de 2010. Ese día os escolares asistirán á misa das 12 horas da mañá, na que se realizará unha ofrenda co funcionamento do botafumeiro. TERCEIRA.- Orzamento e financiamento: A contía consignada para este programa ascende no ano 2010 a 116.375,00 €, con cargo á partida 10/230.232.227.07 do orzamento ordinario da Deputación, sen prexuízo de que o mencionado crédito sexa ampliado. O programa será cofinanciado pola Deputación de Pontevedra e os usuarios/as participantes. A Deputación contratará una empresa especializada na materia para a execución do programa. A Deputación, partindo dun prezo máximo de licitación de 25,00 € neno/a (IVE incluído) realizará unha achega de 15,00 €/praza, e o neno/a aboará unha contía que vai depender do prezo ofertado pola empresa adxudicataria, ata un máximo de 10,00 €/praza. CUARTA.- Destinatarios e requisitos dos mesmos: Poderán acceder ó programa, os escolares de 3º e 4º da ESO da provincia de Pontevedra. Os centros educativos serán os encargados de enviar o formulario de inscrición á Deputación de Pontevedra. O grupo mínimo de participantes por centro é de 20 nenos/as. QUINTA.- Prazos e inscrición dos/as participantes: Documentación a presentar: Os centros educativos interesados deberán presentar, antes do día 20 de febreiro de 2010: Impreso de solicitude debidamente cuberto (enviarase o modelo oficial de solicitude por correo, ou pode descargarse da páxina web ou ben recollerse no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra ou na súa delegación de Vigo) no mesmo impreso relacionaranse os nenos e nenas que participarán da actividade, non sendo preciso remitir as autorizacións dos pais/nais/titor/a, sinalando na folla de inscrición no apartado correspondente que ditas autorizacións figuran no haber do centro. Por outra banda, os nenos e nenas que desexen participar, deberán achegar ó coordinador da actividade no centro educativo, a autorización do pai/nai/titor/a, así como facer efectivo o pagamento no momento que o coordinador lles indique. SEXTA.- Lugar de presentación das solicitudes: As solicitudes dos centros educativos deberán presentarse no Rexistro Xeral de esta Deputación, no Rexistro da delegación da Deputación en Vigo (de luns a venres), por correo ou por calquera outro procedemento sinalado no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. SÉTIMA.- Procedemento de concesión: A concesión destas subvencións rexerase polo procedemento de concorrencia competitiva. A Deputación de Pontevedra, establece a convocatoria de prazas do programa “Camiña con nós” no marco de actividades para nenos e nenas ofertando inicialmente un máximo de 7.758 prazas que lle serán outorgadas por rexistro de entrada ós centros educativos que reúnan os requisitos e envíen toda a documentación debidamente cuberta. OITAVA.- Órganos competentes para a instrución e resolución do procedemento: A instrución do procedemento corresponde ó Servizo de Acción Social, e a resolución do mesmo á Xunta de Goberno. NOVENA.- Publicidade: En toda a publicidade que se elabore farase constar a organización e colaboración da Deputación, coa inclusión de súa imaxe institucional de conformidade con artigo 31 do regulamento da Lei xeral de subvencións. DÉCIMA.- Xustificación e pago da subvención: Para proceder ó pagamento, a empresa adxudicataria presentará xunto coas facturas os listados das persoas participantes no programa, por quendas e centros educativos, no prazo máximo dun mes a partir da última saída. O pago realizarase directamente no número de conta da empresa adxudicataria. No caso do usuario/a farase directamente na conta da empresa adxudicataria, unha vez esta confirme as prazas de admisión no programa, indicando o día, a hora e o lugar de saída do autocar, así como o prazo e o número de conta para efectuar o pagamento. DÉCIMO PRIMEIRA. Prazo de vixencia: Estas Bases terán unha vixencia correspondente ó exercicio 2010. DÉCIMO SEGUNDA. Lexislación aplicable:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións  Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, aprobando no Regulamento da Lei xeral de subvencións  Lei 4/1993, de 14 de abril, de Servizos Sociais de Galicia  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de bases de réxime local  R.d. lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de facenda local.  Lei 30 /1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.  Bases de execución do vixente orzamento provincial.  E demais lexislación aplicable.” 5.17514.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “SAÚDE E BENESTAR” Coa finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas de 50 anos o mais, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, a Deputación de Pontevedra pretende poñer en marcha o programa “Saúde e Benestar”, consistente en pasar seis días con cinco noites durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio, nun hotel con SPA, balneario ou establecemento similar, en réxime de pensión completa, polo que á vista dos informes emitidos o 19/11/2009 e 15/12/2009 polo Sr. Secretario e o Sr. Interventor, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación das Bases Reguladoras do Programa Saúde e Benestar, cunha dotación de 90.000,00 €, con cargo á partida 10/230.232.227.07 do orzamento provincia, e unha provisión de 1.730 prazas. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA “SAÚDE E BENESTAR” Ante a ampla acollida e demanda do Programa diúrno de carácter lúdico de balnearios nas pasadas edicións, cuxa finalidade é contribuír ó benestar e mellora da calidade de vida das persoas, ponse en marcha un novo concepto de programa saudable e de benestar para as persoas que o desexen, ou lles sexa favorable pernoctar nas instalacións do establecemento escollido. Así mesmo, trátase de fomentar o turismo de carácter termal ou similar da nosa provincia en temporada baixa, e especialmente durante a semana, datas nas que a ocupación hoteleira é menor. PRIMEIRA.- Obxecto: O programa ten por obxecto proporcionarlles ás persoas de 50 anos ou máis, pensionistas, ou con necesidade de ter un respiro familiar, a posibilidade de pasar uns días nun establecemento hoteleiro como alternativa encamiñada a mellorar a súa calidade de vida, ofrecéndolles a oportunidade de ocupar o seu tempo de ocio a uns prezos reducidos, sen necesidade de ir moi lonxe da súa casa e ó mesmo tempo non ter que ir e volver no mesmo día. SEGUNDA.- Características do Programa e servizos ofertados: O programa consiste en pasar seis días con cinco noites durante os meses de febreiro, marzo, abril (exceptuando Semana Santa) e maio, nun hotel con spa, balneario ou outro tipo de instalacións beneficiosas, da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa con bebidas incluídas. As entradas no hotel realizaranse os domingos a primeira hora da tarde e as saídas serán os venres pola mañá ou despois do xantar para quen o desexe (inda que a habitación se deixe antes das 12 horas). O paquete inclúe ademais da estancia e a pensión completa, a utilización do spa, balneario ou outras instalación específicas. No caso de non formarse grupo nun concello (mínimo 10 persoas) o punto de saída sería o concello máis próximo que forme grupo, sendo o número máximo por hotel de 55 pax en cada estancia. TERCEIRA.- Orzamento e financiamento: A contía consignada para este programa ascende no ano 2010 a 90.000,00 €, con cargo á partida 10/230.232-227.07, do orzamento ordinario da Deputación, sen prexuízo de que o mencionado crédito sexa ampliado. O programa será cofinanciado pola Deputación de Pontevedra e os usuarios/as participante. A Deputación contratará una empresa especializada para a execución do programa. A Deputación, partindo dun prezo máximo de licitación de 230,00 €/persoa (IVE incluído), realizará unha achega de 52,00 €/ praza, e o usuario/a aboará unha contía que vai depender do prezo ofertado pola empresa adxudicataria, ata un máximo de 178,00 €/praza. CUARTA.- Destinatarios e requisitos dos mesmos: Poderán acceder ó programa todas as persoas que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía e que reúnan os requisitos que a continuación se relacionan: a) Persoas de 50 ou máis anos. b) Pensionistas. c) Persoas que mediante un informe do/a traballador/a social se constate que precisan de respiro familiar. QUINTA.- Prazo e inscrición dos/das participantes. Documentación a presentar: Unha vez rematado o prazo de contratación da empresa adxudicataria, no que se determinen os establecementos hoteleiros, así como se fixen os prezos por participante; publicarase no Boletín Oficial da Provincia, na páxina web da Deputación , así como nos medios de comunicación as ofertas finais e o prazo para a inscrición de todas as persoas interesadas en participar no programa “Saúde e Benestar”, as cales deberán achegar: A) Impreso de solicitude, debidamente cuberto (recollerase o modelo oficial no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra, ou na súa delegación de Vigo, ou ben se poderá baixar da páxina web da Deputación). B) Fotocopia do DNI. C) Fotocopia do certificado da pensión ou do informe social, se é o caso. SEXTA.- Lugar de presentación das solicitudes: As solicitudes dos/das participantes deberán presentarse no Rexistro Xeral de esta Deputación, no Rexistro da delegación da Deputación en Vigo (de luns a venres), por correo ou por calquera outro procedemento sinalado no articulo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. SÉTIMA.- Procedemento de concesión: A concesión destas subvencións rexerase polo procedemento de concorrencia competitiva. A Deputación de Pontevedra establece a convocatoria de prazas do programa “Saúde e Benestar”, no marco de actividades para as persoas maiores, ofertando inicialmente un máximo de 1.730 prazas, que lle serán outorgadas por rexistro de entrada ás persoas que reúnan os requisitos e envíen toda a documentación debidamente cuberta. As baixas dos usuarios/as deberán estar debidamente xustificadas, e só nese caso se xestionará coa empresa adxudicataria da asistencia técnica a devolución correspondente. OITAVA.- Órganos competentes para a instrución e resolución do procedemento. A instrución do procedemento corresponde ó Servizo de Acción Social e resolución do mesmo á Xunta de Goberno. NOVENA.- Publicidade: En toda a publicidade que se elabore farase constar a organización e colaboración da Deputación, coa inclusión de súa imaxe institucional de conformidade co artigo 31 do regulamento da Lei xeral de subvencións. DÉCIMA.- Xustificación e pagamento da subvención: Para proceder ó pagamento, a empresa adxudicataria presentará xunto coas facturas os listados das persoas participantes no programa, por quendas e hospedaxes, no prazo máximo dun mes a partir da última saída. O pago realizarase directamente no número de conta da empresa adxudicataria. No caso do usuario/a farase directamente na conta da empresa adxudicataria, unha vez esta confirme a praza de admisión no programa, indicando o día, a hora e o lugar de saída do autocar, o hotel onde se vai hospedar, así como o prazo e o número de conta para efectuar o pago. DÉCIMO PRIMEIRA.- Prazo de vixencia: Estas bases terán unha vixencia correspondente ó exercicio 2010. DÉCIMO SEGUNDA. Lexislación aplicable. • Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. • Real decreto 887/2.006, de 21 de xullo, aprobando no regulamento da Lei xeral de subvencións. • Lei 4/1993, de 14 de abril, de servizos sociais de Galicia. • Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de bases de réxime local. • R.d. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de Facenda Local. • Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. • Bases de execución do vixente orzamento provincial. • E demais lexislación aplicable.” 6.17515.- REPARTO DAS AXUDAS ECONÓMICAS ÁS COOPERATIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA FINANCIAR AS MELLORAS NOS SERVIZOS QUE PRESTAN ÓS SEUS SOCIOS PARA O ANO 2009 Unha vez estudadas as “Bases Reguladoras das axudas económicas ás Cooperativas da Provincia de Pontevedra para financiar as melloras nos servizos que presas ós seus socios para o ano-2009”, aprobadas na sesión da Xunta de Goberno celebrada o día 12/08/2009 e publicada no BOP de data 02/09/2009. Vistos os informes emitidos polo Enxeñeiro Técnico do Servizo de Medio Natural e do Servizo de Intervención e a restante documentación que obra nos expedientes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o reparto das axudas económicas ás Cooperativas da Provincia de Pontevedra para financiar as melloras nos servizos que prestan ós seus socios para o ano 2009, por un importe de 270.000,00 € e con cargo á partida 09/711.711.789.00, documento Rc nº 200900064524 e Rc nº 200900095371, da forma que figuran no listado que segue a continuación: Concello NIF Cooperativa Obxecto da Subvención Importe Proposto Cambados F36580116 Forvi S.Coop. Galega Melloras na Cooperativa 22,854.00 € Cambados F36033132 S.C.G Horsal Melloras na cooperativa para axuda ós socios 12,465.00 € TOTAL CONCELLO CAMBADOS (2) 35.319,00 € Estrada, A F36106458 Gandeiros Estradenses,Soc. Coop. Galega Compra trituradora TH-250 D marca TMC 2,150.00 € TOTAL CONCELLO ESTRADA, A (1) 2,150.00 € Forcarei F36173599 Cooperativa Agrícola de Forcarey, Soc. Coop. Galega Obra civil, maquinaria e varios. 18,790.84 € Forcarei F36437820 Servipor, Soc. Coop. Galega Cerramento de Palleira 3,395.60 € TOTAL CONCELLO FORCAREI (2) 22.186,44 € Lalín F36047058 Campodeza, Soc. Coop. Galega. Local lavado, acondicionamento fachadas e mobiliario 20,840.00 € Lalín F36211019 Cobideza, Soc. Cop. Galega Acondicionamento entorno gasolineira cooperativa 13,085.00 € Lalín F36257558 Cooperativa Gandeira de Botos,SCG Compra de maquinaria 8,585.00 € Lalín F36165082 Cooperativa Valle del Deza, Soc. Coop. Galega. Obra civil e compra maquinaria 22,854.00 € Lalín F36393775 Gandeiros do Deza, Soc. Coop. Galega Compra de remolque picador 27,009.00 € Lalín F36334092 Xuncoga SCG Reforma fabrica e outros. 29,086.00 € TOTAL CONCELLO LALÍN (6) 121.459,00 € Neves, As F36277747 Condado Paradanta Soc. Coop. Galega Melloras nas instalacións e equipamentos para servizos ós seus socios 14,543.00 € TOTAL CONCELLO NEVES, AS (1) 14,543.00 € Portas F36373587 Viña Almirante, Soc. Coop. Galega Mellora nas instalacións e equipamento da adega 35,319.00 € TOTAL CONCELLO PORTAS (1) 35,319.00 € Rosal, O F36014835 Complejo Cooperativo Agrario Porta do Rio Miño Compra material informático 470.00 € Rosal, O F36003259 Soc. Cooperativa Porta do Pilar Mobiliario de cerraxería, instalación eléctrica e equipos informáticos 13,618.50 € TOTAL CONCELLO ROSAL, O (2) 14.088,50 € Silleda F36463776 Indega, Soc. Coop. Galega. Obra civil en cooperativa e outros 24,931.00 € TOTAL CONCELLO SILLEDA (1) 24,931.00 € 7.17516.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN DE VECIÑOS ALBORADA (MARÍN), PARA A REALIZACIÓN DA OBRA DENOMINADA “TERMINACIÓN DE PARQUE INFANTIL” INCLUÍDA NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, ANUALIDADE 2007, CON ORDINAL 87 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación á xustificación, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, da obra denominada “Terminación de parque infantil”, incluída no PAC/2007 co ordinal 87 e declarar de aboamento a cantidade de seis mil euros (6.000,00), a favor da Asociación de Veciños Alborada (CIF: G-36.287.043) do Concello de Marín. 8.17517.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN MARTÍN (PONTE CALDELAS), PARA A REALIZACIÓN DA OBRA DENOMINADA “ILLAMENTO ACÚSTICO CASA CULTURAL XUSTÁNS” INCLUÍDA NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, ANUALIDADE 2008, CON ORDINAL 8 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación á xustificación, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, da obra denominada “Illamento acústico Casa Cultural Xustáns”, incluída no PAC/2008 co ordinal 8 e declarar de aboamento a cantidade de mil oitocentos euros (1.800,00), a favor da Asociación de Veciños San Martín (CIF: G-36.394.492) do Concello de Ponte Caldelas. 9.17518.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó OO.AA. PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS DE PONTEVEDRA Visto o escrito do OO.AA. Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra con domicilio social en Rúa Alexandre Bóveda, s/n, do concello de Pontevedra (36005) e CIF: P-8690003-B, solicitando axuda económica para “Gastos de funcionamento ano 2009”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización e o compromiso de gasto así como o recoñecemento da obriga e a ordenación do pago da cantidade de sesenta mil douscentos euros (60.200,00 €) para o citado fin, con cargo á partida 09/451.451.462.00 – Rc nº 200900095903. O beneficiario deberá remitir unha vez que reciba o importe da achega, certificado acreditativo da toma de razón na contabilidade do Organismo. 10.17519.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 14 de decembro de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 200900001453 e que contén vinte e cinco facturas, sendo a primeira de Folgar Herves, Enrique, por importe de 3.531,00 € e a derradeira de T-Systems ITC Iberia, S.A.U., por importe 32.661,02 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 126.592,80 € Descontos do IRPF 3.780,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido 122.812,80 € 11.17520.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS RELATIVAS A DIRECCIÓN DE OBRAS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas á dirección de obra que máis adiante se relacionan, tendo en conta que como non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación das facturas require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito con cargo ás contas non orzamentarias 419.09 (099.129) e 419.08 (099.125), de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: - Factura nº 16/09, por un importe de 391,52 €, do Arquitecto Técnico D. Enrique Alonso Baspino (NIF 35.973.145-L), que xustifica os traballos de dirección realizados na obra “Construción Campo de Fútbol de Pasarón” correspondente á certificación número 32. - Factura nº 2009/171, por un importe de 391,52 €, do Arquitecto Técnico D. Carlos Urdampilleta Barreiro (NIF 36.042.815 K), que xustifica os traballos de dirección realizados na obra “Construción de Campo de Fútbol de Pasarón” correspondente a la certificación nº 32. - Factura nº 2009/A 4630, por un importe de 1.128,68 €, de Enmacosa, S.A. (NIF A 36.039.956), que xustifica os traballos de control de calidade realizados na obra de “Ampliación do Museo de Pontevedra e Rehabilitación do Edificio Sarmiento”. 12.17521.- DECLARAR DESERTO O PROCEDEMENTO ABERTO PARA CONTRATAR O SISTEMA CORPORATIVO DO CONTROL HORARIO E DO PORTAL DO FUNCIONARIADO NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A Deputación dentro do proceso de modernización que esta levando a cabo para adaptarse ás novas tecnoloxías, pretende mellorar o sistema de Control horario interno que está utilizando na actualidade no Pazo Provincial ademais de expandilo ó resto de edificios da institución. A Xunta de Goberno, en sesión do 29 de xullo de 2009, aprobou o expediente para contratar, mediante procedemento aberto, o sistema corporativo de control horario e do portal do funcionario da Deputación de Pontevedra, contando cun orzamento de licitación de cento corenta mil euros (140.000,00 €), IVE incluído. A mesa de contratación, unha vez constituída, procedeu ó exame da documentación xeral das dúas empresas presentadas, International Softmachine Systems, S.L. e Telmasa, S.L., as cales foron admitidas ó procedemento. Con data 1 de setembro de 2009, procedeuse, en acto público, á apertura da documentación técnica presentada nos Sobres B, e deuse traslado ós servizos técnicos para a súa avaliación. O responsable do servizo de novas tecnoloxías informa no seu escrito, de data 9 de decembro de 2009, que unha vez avaliadas as documentacións técnicas presentadas polas empresas conclúe que ningunha cumpre na súa totalidade co que se establece no prego económico-administrativo e de prescricións técnicas. A mesa de contratación reúnese, novamente, con data 14 de decembro de 2009, e tomando en consideración o mencionado informe do responsable de novas tecnoloxías propón ó órgano de contratación deixar deserto o procedemento por non resultar ningunha das propostas presentadas aptas para levar a cabo o proxecto. Considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Declarar deserto o procedemento aberto para adxudicar o contrato do sistema corporativo de control horario e do portal do funcionariado na Deputación de Pontevedra 13.17522.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DO CONTRATO PARA A PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DE ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DOS CURSOS DE ATENCIÓN A PERSOAS INCLUÍDOS NO PROXECTO AQUELANDO II – 2ª PROMOCIÓN A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 25 de novembro adoptou o seguinte acordo: 1. Adxudicar provisionalmente, o lote número 1 deste procedemento aberto á empresa Coesco-Deza, S.L. (SOCYSER) (C.I.F. B-36.307.270), para realizar o contrato correspondente ós servizos de organización e impartición de tres edicións do curso “Atención sociosanitaria a persoas no domicilio ”, en Salvaterra de Miño, Cangas e Mos, polo prezo global de oitenta e catro mil seiscentos euros (84.600,00€), a razón de 28.200,00 euros por cada curso, tendo en conta que estas actividades formativas se encontran exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 2. Adxudicar provisionalmente, o lote número 2 deste procedemento aberto á Fundación de Estudios e Análises (FESAN) (C.I.F. G-15.597.669), para realizar o contrato correspondente ós servizos de organización e impartición de tres edicións do curso “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, en Baiona, Lalín e Ribadumia, polo prezo global de sesenta e un mil trescentos corenta e un euros (61.341,00 €), a razón de 20.447,00 € por cada curso, tendo en conta que estas actividades formativas se encontran exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. 3. Adxudicar provisionalmente, o lote número 3 deste procedemento aberto á empresaria Edith Pita Hermida (N.I.F.- 52.493.960-W), para realizar o contrato correspondente ós servizos de organización e impartición dunha edición do curso “Auxiliar de tarefas domésticas en centros sociosanitarios e fogares”, en Pontevedra, polo prezo de dezasete mil cincocentos euros (17.500,00 €), tendo en conta que esta actividade formativa se encontra exenta de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra o día 26 de novembro de 2009, e que as empresas adxudicatarias presentaron a documentación requirida, entre a que se encontra a constitución das correspondentes garantías definitivas, que figuran depositas na Tesourería desta Deputación: - Coesco-Deza S.L., por importe de 4.230,00 €, con núm. de operación 200900100634 (Lote 1). - Fundación de Estudios e Análises (FESAN), por importe de 3.067,05 €, con núm. de operación 200900101486 (Lote 2). - Edith Pita Hermida, por importe de 875,00 €, con núm. de operación 200900101208 (Lote 3). Por todo iso, unha vez cumprimentados os trámites esixidos e transcorrido o prazo sinalado no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente os tres lotes correspondentes ó contrato para a prestación dos servizos de organización e impartición dos cursos de atención a persoas incluídas no Proxecto Aquelando II.- 2ª promoción ás seguintes empresas: -O lote número 1 deste procedemento aberto, para realizar o contrato correspondente ós servizos de organización e impartición de tres edicións do curso “Atención sociosanitaria a persoas no domicilio ”, en Salvaterra de Miño, Cangas e Mos, á empresa Coesco-Deza, S.L. (SOCYSER) (C.I.F. B-36.307.270), polo prezo global de oitenta e catro mil seiscentos euros (84.600,00 €), a razón de 28.200,00 € por cada curso, tendo en conta que estas actividades formativas se encontran exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. -O lote número 2 deste procedemento aberto, para realizar o contrato correspondente ós servizos de organización e impartición de tres edicións do curso “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, en Baiona, Lalín e Ribadumia, á Fundación de Estudios e Análises (FESAN) (C.I.F. G/15.597.669), polo prezo global de sesenta e un mil trescentos corenta e un euros (61.341,00 €), a razón de 20.447,00 € por cada curso, tendo en conta que estas actividades formativas se encontran exentas de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. -O lote número 3 deste procedemento aberto, para realizar o contrato correspondente ós servizos de organización e impartición dunha edición do curso “Auxiliar de tarefas domésticas en centros sociosanitarios e fogares”, en Pontevedra, á empresaria Edith Pita Hermida (N.I.F.- 52.493.960-W), polo prezo de dezasete mil cincocentos euros (17.500,00 €), tendo en conta que esta actividade formativa se encontra exenta de IVE de acordo co artigo 20.1.9º da Lei do Valor Engadido. O pagamento das obrigas derivadas deste contrato, que ascenden a un importe global de 163.441,00 euros, efectuarase da seguinte forma: • Ata a cantidade de 30.000,00 euros, cargo á partida 09/470.327.227.06, do vixente orzamento provincial. • O resto que ascende a un importe de 133.441,00 €, con cargo á correspondente imputación orzamentaria do orzamento do exercicio de 2010. 14.17523.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONTRATO PARA A REALIZACIÓN DOS SERVIZOS DO COMISARIADO DA XXXI BIENAL DE PONTEVEDRA, ANO 2010 A Xunta de Goberno, en sesión 4 de novembro de 2009, adoptou, entre outros, aprobar o expediente e adxudicar provisionalmente á empresa Santiago Olmo García, S.L. (CIF B-82.066.788) o contrato para a realización dos servizos do comisariado da XXXI Bienal de Pontevedra, no ano 2010, por un importe de 60.000,00 €, máis a cantidade correspondente ó IVE de 9.600,00 €. Concedeuse ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público, así como a documentación xustificativa de observar a corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. Así mesmo, o órgano de contratación, tanto no acordo adoptado, como no prego de condicións económico-administrativas dispensou da esixencia da garantía definitiva, de conformidade co previsto no artigo 83 do LCSP, polas especiais circunstancias do contrato. Considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente á empresa Santiago Olmo García, S.L. (CIF B-82.066.788) o contrato para prestación do servizo de comisariado da XXXI bienal de Pontevedra polo prezo de 60.000,00 €, máis a cantidade correspondente ó IVE de 9.600,00 €. A cantidade de 27.840,00 € librarase con cargo á partida orzamentaria 09/451.451.227.25 do vixente orzamento provincial, e o restante cantidade de 41.760,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria correspondente do exercicio 2010, que será se é o caso a 10/330.334.227.25, quedando condicionada a aprobación do correspondente orzamento. A cantidade de 10.440,00 € autorizado para posibles desprazamentos a xustificar tamén irá con cargo á aplicación orzamentaria referida no apartado anterior. 15.17524.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONTRATO PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NA CANLE DE TELEVISIÓN TVSB E NA PÁXINA WEB WWW.CANALRIASBAIXAS A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 18 de novembro de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade na canle de televisión “TVSB” e na páxina web “www.canalriasbaixas.com”, por un importe total de noventa e un mil setecentos corenta euros (91.740,00 €), IVE incluído. Resultando que no citado acordo tamén se decidiu iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa, “Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L. ” ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato, a cal presentou a mesma no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 9 de decembro de 2009 e de acordo co informe emitido polo Sr. Xefe do Gabinete de Prensa, formulou proposta para adxudicar este contrato á empresa, “Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L.”, ó gozar de exclusividade para a execución do contrato. Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 9 de decembro de 2009 se lle adxudicou provisionalmente á empresa, Televisión da Mancomuniade do Salnés, S.L. (C.I.F.- B-36.223.600) o contrato para prestación de servizos de publicidade na canle de televisión “TVSB” e na páxina web “www.canalriasbaixas.com”. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 10 de decembro de 2009 e que a empresa, Televisión da Mancomuniade do Salnés, S.L., presentou a documentación requirida, entre a que se atopa unha garantía definitiva por importe de 3.954,31 euros depositados na Tesourería desta Deputación con data 16/12/2009 e número de operación 200900103003 polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, coa excepción do lapso de tempo de quince días hábiles entre a adxudicación provisional e a adxudicación definitiva, faise necesario elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato para poder cumprir, dentro dos prazos fixados, os obxectivos previstos co mesmo, todo iso en base a que non se produciría ningún tipo de indefensión ó gozar a empresa adxudicataria de exclusividade para a súa realización. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar definitivamente á empresa Televisión da Mancomuniade do Salnés, S.L. (C.I.F.- B-36.223.600) o contrato para prestación de servizos de publicidade na canle de televisión “TVSB” e na páxina web “www.canalriasbaixas.com”, por un importe total de noventa e un mil setecentos corenta euros (91.740,00 €), IVE incluído, (Do importe total, 79.086,21 euros corresponden ó prezo do contrato e 12.653,79 euros ó IVE), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Prezo Unitario IVE Importe TOTAL 660 Spots publicitarios………… 36.21 5,79 42,00 27.720,00 48 Programa “Agro-Natura”… 750,00 120,00 870,00 41.760,00 3 Banner………………….. 6.396,55 1.023,45 7.420,00 22.260,00 91.740,00 2. O pagamento dos servizos obxecto desta contratación efectuaranse con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente orzamento provincial 16.17525.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO XORNAL “DIARIO DE AROUSA” O Sr. Xefe do Gabinete de Prensa, a través de escrito de data, 3 de decembro de 2009, solicita que se contrate a prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Arousa” coa finalidade de que se insiran 18 páxinas de publicidade institucional e 20 páxinas con información específica do labor que desenvolve a Deputación de Pontevedra en pro do desenvolvemento da bisbarra do Salnés. O custo destes servizos de publicidade a prestar pola empresa, “Editorial La Capital, S.L.”, valóraos o Xefe do Gabinete de Prensa na suma total de 70.000,00 €, IVE incluído, desagregado o devandito importe total en 60.344,83 euros que corresponden ó prezo do contrato e 9.655,17 euros ó IVE. Resultando que polo Servizo de Intervención emítese o documento RC de data 11/12/2009, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 70.000,00 € para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato, con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente Orzamento Provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que teñen que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 11 de decembro de 2009. Resultando que con data 14 de decembro de 2009, o Sr. Secretario Xeral informa favorablemente o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da prestación de servizos de publicidade no período “Diario de Arousa”. Resultando que con data 15 de decembro de2009, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 10 tipifica a este contrato como “de servizos” ó ter por obxecto prestacións de facer consistentes no desenvolvemento dunha actividade e que o procedemento negociado sen publicidade é o máis indicado para proceder á súa adxudicación de acordo co estipulado no artigo 154 d) da Lei 30/2007, ó ser a empresa “Editorial La Capital, S.L.”, a única que goza de exclusividade para realizar o mesmo. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade no xornal “Diario de Arousa”, por un importe total de setenta mil euros (70.000,00 €), IVE incluído, (Do importe total, 60.344,83 € corresponden ó prezo do contrato e 9.655,17€ ó IVE), de acordo ó seguinte desagregación por prezos unitarios: 18 Páxinas de publicidade a 1.723,55 euros/páxina .......... 31.023,90 € 20 Páxinas información específica a 1.948,80 euros/páxina.. 38.976,10 € TOTAL.............. 70.000,00 € 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito procedemento negociado. 3. Autorizar o gasto por importe de 70.000,00 €, con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente orzamento provincial. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación da prestación dos servizos de publicidade no xornal “Diario de Arousa”, mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa “Editorial La Capital, S.L.”, ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO DIARIO DE AROUSA 1.- OBXECTO.- A prestación de servizos de publicidade por parte da empresa Editorial La Capital, S.L., para publicar no xornal “Diario de Arousa”, 18 páxinas de publicidade institucional e 20 páxinas con información específica do labor que desenvolve a Deputación en pro do desenvolvemento da bisbarra do Salnés. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente Orzamento Provincial. 3.- PAGAMENTO. O adxudicatario terá dereito ó pagamento, conforme ó prezo convido e efectuarase unha vez prestado o servizo e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN.- Negociado sen publicidade, de conformidade co que se establece no artigo 154d) da Lei 30/2007, de 30 outubro, de Contratos do Sector Público (LCSP). 5.-DURACIÓN.- O contrato terá unha duración dende a data da súa sinatura ata o 28 de febreiro de 2010. 6.- TIPO DE LICITACIÓN. Fíxase na cantidade global de setenta mil euros (70.000,00 €), I.V.E., incluído, de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios. Cantidade P. Unitario IVE Importe Total Páxinas publicidade institucional 18 1.485,82 € 237,73.€ 1.723,55 € 31.023,90 € Páxinas información específica 20 1.680,00 € 268,80 € 1.948,80 € 38.976,10.€ 70.000,00 € 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da devandita norma. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 do LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), dentro do prazo de 10 días naturais contado dende o día seguinte á recepción da invitación a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta no mesmo día, preferentemente mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominada “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO DIARIO DE AROUSA Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre deberá figurar a oferta económica segundo o modelo que figura na cláusula final do prego e demais documentación obxecto de valoración. B) SOBRE B denominados “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Á CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO DIARIO DE AROUSA O devandito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Documentación acreditativa da solvencia económica e técnica: a) Informe de institucións financeiras acreditativas da solvencia económica e financeira ou, no seu defecto, seguro de indemnización por riscos profesionais. b) Para as sociedades, balance ou extractos de balances. c) Declaración do material, instalacións e equipo técnico, con experiencia e coñecementos acordes, que vaia a dispor o empresario para a realización do contrato. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. Cando a acreditación das circunstancias mencionadas nos números 1, 2 e 3 realícense mediante a certificación dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non han experimentada variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 10.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- Serán o prezo, data de publicación, cantidade de publicidade inserida e calidade da mesma. 11.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliada a proposta e negociados os aspectos técnicos e económicos poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra. 12.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 13.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 14.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 15.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 16.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista será responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a administración ou para os terceiros das omisións, erros, métodos desaxeitados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. A Administración determinará se a prestación realizada polo contratista axústase ás prescricións establecidas para a súa execución e cumprimento, requirindo, se é o caso, a realización das prestacións contratadas e a emenda dos defectos observados na súa execución. Se os traballos efectuados non se adecúan á prestación contratada, como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista, poderá rexeitar a mesma quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, se é o caso, á recuperación do prezo satisfeito. 17.- DEFICIENCIAS NA PRESTACIÓN DO SERVIZO.- O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a realización do mesmo, de incumprir o devandito prazo incorrerá en mora. Neste caso, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades diarias na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 euros do prezo do contrato. 18.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 284 do LCSP. 19.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, observarase o disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 20.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativo, a teor do que se dispón na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 21.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don......................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da C empresa.................con C.I.F.- número........................ e domicilio en...................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sendo convidado para presentar unha oferta para optar á adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, do contrato correspondente á PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO DIARIO DE AROUSA, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo ó seguinte detalle: Cantidade P. Unitario IVE Importe Total Páxinas publicidade institucional 18 ……….€ ……….€ ………… € ……….€ Páxinas información específica 20 ……….€ ……….€ ………… € ……….€ ……….€ (Data e sinatura do propoñente)” 17.17526.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN DO PROGRAMA “CAMIÑA CON NÓS” A Deputación de Pontevedra coincidindo coa celebración do próximo ano santo, pretende realizar un programa denominado “Camiña con nós” que vai a permitir ós escolares pontevedreses de 3º e 4º de ESO participar na peregrinación xacobea, tomando contacto coa riqueza natural, patrimonial, cultural e social do camiño portugués. Para iso, e ó non contar a Deputación cos medios humanos e técnicos suficientes para levar a cabo tal actividade, resulta necesaria contratar a xestión do programa a unha empresa, para o que se estima un orzamento de 116.375,00 €. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ten que rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, no que certifica a existencia de consignación orzamentaria. Considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para contratar, mediante procedemento aberto, a xestión do programa “Camiña con nós”. O prezo máximo de licitación é de 21,55 € / participante, sen IVE, sendo a cantidade correspondente ó IVE de 3,45 € / participante. Sendo o orzamento máximo para este programa de 116.375,00 €. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Autorizar o gasto de 116.375,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07, condicionando á aprobación do orzamento do ano 2010. O prezo do programa financiarase da seguinte maneira: -A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 15,00 euros por persoa participante. - As persoas beneficiarias aboarán unha cantidade máxima de 10,00 euros. No caso de que a oferta por programa/persoa presentada polo adxudicatario sexa menor á estimada no tipo de licitación, reducirase na mesma porcentaxe a contía a achegar polo beneficiario do programa. -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o Concurso como lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para a devandita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio deste concurso no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA XESTIÓN DO PROGRAMA “CAMIÑA CON NÓS” 1.- OBJECTO.- A xestión, organización e realización do programa “Camiña con nós”. O contrato comprende a organización dunha xornada completa dividida en dúas sesións. Pola mañá os escolares recorreran un tramo do camiño escollido polo centro educativo, e pola tarde, despois do xantar, realizarán unha visita cultural ó Museo de Pontevedra, ó Castelo de Soutomaior e a un albergue de peregrinos. Porase a disposición de cada grupo un autobús para realizar todos os traslados así como un vehículo de apoio no que se levará auga e a caixa de primeiros auxilios, que percorrerá todo o camiño tras o grupo. Contarase cun guía acompañante a cada un dos grupos. Como última parte do programa todos os grupos participantes realizarán conxuntamente o tramo final do camiño (Milladoiro – Catedral de Santiago) o día 4 de xuño asistindo a misa das 12 da mañá. Todo de acordo coas características técnicas que se establecen como mínimas no prego de prescricións técnicas que se une como anexo. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do programa financiarase da seguinte maneira: -A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 15,00 euros por persoa participante. - As persoas beneficiarias aboarán unha cantidade máxima de 10,00 euros. No caso de que a oferta por programa/persoa presentada polo adxudicatario sexa menor á estimada no tipo de licitación, reducirase na mesma porcentaxe a contía a achegar polo beneficiario do programa. A parte correspondente á Deputación financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07. O expediente de contratación poderá ultimarse incluso coa adxudicación e formalización do correspondente contrato, aínda cando a súa execución, deba iniciarse no exercicio seguinte, quedando condicionado á aprobación do correspondente orzamento. 3.- PAGAMENTO.- Realizarase contra a presentación das correspondentes facturas unha vez prestada a conformidade polos servizos técnicos da Deputación de Pontevedra. A factura deberá recoller unha relación de todas as persoas beneficiarias do programa. 4.- DATAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN.- Desenvolverase durante os meses de marzo, abril, maio e xuño de 2010. As etapas entre as que poderán escoller os centros educativos será: - Valença do Miño – O Porriño. - O Porriño – Redondela. - Redondela – Pontevedra. - Pontevedra – Caldas de Reis. - Caldas de Reis – Padrón. - Pontecesures – Milladoiro. 5.-TIPO DE LICITACIÓN.- O prezo máximo de licitación é de 21,55€ / participante, sen IVE, sendo a cantidade correspondente ó IVE de 3,45€ / participante. 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 do LCSP. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da devandita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); as devanditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. As devanditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 do LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, de luns a sábado, ou na Sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro do prazo de quince días naturais contado dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da organización do programa “Camiña con nós”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que sexan persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito sexa esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fóra, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura, o documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da organización do programa “Camiña con nós”. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2. Contido do programa, visitas e actividades que se levarán a cabo. 3. Medios humanos e características do persoal integrante da actividade. 4. Medios adscritos ó programa. 5. Protocolo de actuación en caso de accidente. 6. Proposta de almorzo para os escolares, (menús, instalacións…etc.) 7. Memoria sobre a forma en que se levará a cabo a xestión e implantación do programa, así como a avaliación do mesmo. 8. Melloras propostas ó programa. (entrega material, merendas, outras actividades ou outras melloras propostas). Sobre C: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da organización do Programa “Camiña con nós”. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Presentarase cerrado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -A Xefa do Servizo de Acción Social. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.-CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre A. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre B correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. A devandita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres C daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 12.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.- Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 1. Contido do programa, actuacións, visitas e actividades que se levarán a cabo, protocolo de actuación en caso de accidentes, ata un máximo de 20 puntos. 2. Proposta de almorzo para os escolares (menús, instalacións, etc.), ata un máximo de 10 puntos. 3. Medios adscritos ó programa e características do persoal integrante da actividade, ata un máximo de 10 puntos. 4. Proposta de xestión, coordinación e avaliación do programa, ata un máximo 5 puntos. 5. Melloras propostas ó programa. (entrega material, merendas, outras actividades ou outras melloras propostas), ata un máximo de 5 puntos. 12.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre C). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Menor prezo ofertado, ata un máximo de 50 puntos. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 17.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre A de “Documentos” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 18.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 19.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será por conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos foran ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil e, se é o caso, penalmente polos danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 284 do LCSP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, observarase o disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don..................., maior de idade, veciño de..............., con domicilio en ...................titular do DNI................, expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de ...................con domicilio en..............., teléfono............. segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á organización do programa “Camiña con nós”_______ comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polo seguinte prezo máximo ________________________euros por participante. (Data e sinatura de propoñente)” O anexo é como segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 18.17527.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” ANO 2010 Visto o escrito da Directora de Xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” participando a necesidade de contratar a subministración de produtos alimenticios para o servizo de comedor durante o ano 2010, ó finalizar o contrato que estaba vixente, e cuxo custo do novo contrato se estima en 271.913,94 euros, IVE incluído. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ten que rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar, mediante procedemento aberto, a subministración de produtos alimenticios para a Cidade Infantil “Príncipe Felipe” durante el año 2010, ata unha cantidade máxima de douscentos cincuenta e catro mil cincocentos noventa e catro euros con corenta e sete céntimos (254.594,47€), máis a cantidade correspondente ó IVE de dezasete mil trescentos dezanove euros con corenta e sete céntimos (17.319,47€). Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: - Condicionar este contrato á existencia de crédito axeitado e suficiente na aplicación orzamentaria 10/232.232.221.05 do exercicio 2010. - Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán o procedemento como Lei fundamental. - Iniciar o prazo de presentación de proposicións para o devandito procedemento, coa publicación do anuncio no Boletín Oficial da Unión Europea e cunha antelación mínima de cincuenta e dous días, ademais da súa publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia e Estado. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” AÑO 2010. 1.- OBXECTO.- A subministración de produtos alimenticios necesarios para cubrir o servizo de alimentación da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” de acordo cos menús elaborados polos servizos médicos dietéticos do Centro. A relación de produtos a subministrar atópase desagregada no anexo 1, distribuíndose os mesmos en catro grupos: 1. Froitas e verduras. 2. Produtos Cárnicos (incluídos ovos e pizzas). 3. Produtos de almacén e despensa. 4. Produtos lácteos, embutidos, conxelados e bolería. O servizo de alimentación da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” resérvase o dereito de realizar os pedidos que estime oportunos de calquera produto que se atope no Anexo 1, sen superar a cantidade máxima total sinalada na base sétima deste prego. Así mesmo, este servizo non se compromete a realizar un número mínimo de pedidos senón que se os realizará en función da necesidade existente no servizo de comedor. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/232.232.221.05. O contrato quedará condicionado á aprobación do orzamento do exercicio futuro ou, se é o caso, á prórroga do exercicio anterior. 3.- DURACIÓN.- O contrato terá unha duración inicial de DOCE MESES, contado dende o día seguinte á data de formalización do contrato, podéndose prorrogar, por mutuo acordo das partes, por outros doce meses previa solicitude da empresa adxudicataria. 4.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez efectuada a subministración e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 5.- ENTREGA.- A entrega dos produtos alimenticios encargados polo servizo de alimentación da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” efectuarase nun prazo máximo de 24 horas na Despensa Xeral do citado Centro. A temporalidade da subministración dos produtos será o seguinte: • Carnes: 3 días/semana. • Produtos lácteos: 1 día/semana. • Froitas e verduras: 3/4 días/semana. • Produtos de almacén: 1 día/semana. • Conxelados: 2 días/semana. Os produtos subministrados deberán cumprir todos os controis sanitarios e hixiénicos esixidos pola normativa vixente sendo o seu cumprimento a cargo do adxudicatario que deberá responder en caso de incumprimento. En caso defecto, mal estado ou incumprimento dos requisitos sanitarios fixados, a mercadoría será devolta, debendo o adxudicatario responder coa reposición inmediata de novos produtos alimenticios. Os gastos de entrega e transporte serán por conta do adxudicatario. 6.-PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 do LCSP. De conformidade co previsto no artigo 94.2 do LCSP, ultimarase o expediente de contratación, incluso coa adxudicación e formalización do contrato, aínda cando o inicio da execución do mesmo comece o exercicio seguinte. 7.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato que servirá de base de licitación fíxase para o ano 2010 na cantidade máxima estimada de douscentos cincuenta e catro mil cincocentos noventa e catro euros con corenta e sete céntimos (254.594,47€), máis a cantidade correspondente ó IVE de dezasete mil trescentos dezanove euros con corenta e sete céntimos (17.319,47€), e de conformidade cos prezos unitarios máximos que se recollen no anexo 1. Os licitadores deberán establecer os prezos unitarios dos produtos, sen IVE, sen superar as cantidades máximas establecidas no anexo I. Así mesmo, deberán multiplicar este prezo polas unidades consumidas mensualmente no ano 2009 (establecidas no cadro de prezos do modelo de proposición), e proceder á suma de todos os produtos, o que dará lugar ó importe total mensual, sen IVE. Pola súa parte, deberase multiplicar o importe resultante por doce para obter o importe total anual. 8.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da devandita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizase a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. As devanditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 do LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 10.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 10.1º.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, (Sede Pontevedra, luns a sábado; Vigo, luns a venres), a partir da data do envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das comunidades Europeas e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación de plicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 10.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) Sobre A denominada “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA OPTAR Ó PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” AÑO 2010 O devandito sobre deberá conter os seguintes documentos: 1. Proposición Económica que se axustará ó modelo contido na cláusula final. 2. Memoria de calidades sobre os produtos a subministrar. 3. Proposta de distribución dos produtos (Formas e centros de distribución). Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. B) Sobre B denominados “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Ó PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” AÑO 2009 Dito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Unha relación das principais subministracións efectuadas durante os últimos tres anos, indicando o seu importe, datas e destinatario publico ou privado dos mesmos. As subministracións acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 11-.MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -A Directora de Xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio. 12.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que foran cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre B e C correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. A devandita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, o cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre D da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C. Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 1. Calidade dos produtos, ata un máximo de 40 puntos. 2. Proximidade xeográfica dos centros de distribución para facilitar a provisión, ata 10 puntos. 12.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre C). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 1) Menor prezo ofertado, ata 40 puntos. Calcularase tendo en conta o consumo efectuado no exercicio anterior, e aplicando a fórmula que se desenvolve a continuación. 2) Prazo de entrega da subministración, ata 10 puntos. Estes apartados serán valorados aplicando a seguinte fórmula: 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 17.- REVISIÓN DE PREZOS.- Poderase proceder á revisión de prezos cando se executase o contrato, polo menos, no 20% do seu importe e transcorrese un ano dende a súa adxudicación. En consecuencia, o primeiro 20% executado e o primeiro ano de execución quedarán excluídos da revisión. Revisaranse os prezos de acordo co Índice de Prezos ó Consumo publicado polo Instituto Nacional de Estatística. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre A de “Documentos” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno reterá no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente, que se estiman nun máximo de 1000,00 euros. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 275 do LCSP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, basearase no disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. Os licitadores poderán interpoñer o recurso especial en materia de contratación no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel en que se notifique ou publique o acto impugnado. No caso de que o acto recorrido sexa o de adxudicación provisional do contrato, o prazo contarase dende o día seguinte a aquel en que se publique o mesmo nun diario oficial ou no perfil de contratante do órgano de contratación. A presentación do escrito de interposición deberá facerse no Rexistro da Deputación para a resolución do recurso. A emenda dos defectos deste escrito deberá efectuarse, se é o caso, no prazo de tres días hábiles 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en .................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de .............con domicilio en.............., teléfono........... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á “Subministración de produtos alimenticios para a Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. Año 2010”, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas durante o ano 2009, e de acordo cos seguintes prezos unitarios máximos: LOTE 1.- ALMACÉN E DESPENSA Artigos Total Consumo Unid Prezo unitario (Sen IVE 2010) Total Custo Estimado Aceite xirasol 5 Lt 65,0 Un Aceite xirasol 1 Lt 10,0 Un Aceite Oliva 1 Lt 1º 55,0 Un Aceite Oliva 5 Lt 1º 33,0 Un Oliva S/ó galon, 5 kg 5,0 Un Olivas 600 gr s/h 12,0 Un Auga plástico 1,5 Lt 280,0 Un Auga plástico 1/2 Lt 225,0 Un Aquarius lt. 24,0 Un Albahaca lata 1,0 Un Faba ril extra kg 60,0 Un Arroz redondo extra, 1 kg 110,0 Un * Arroz vaporizado, 1 kg 8,0 Un Atún lata 1 kg 32,0 Un Azucre kg 40,0 Un Azucarillo sobre, 8 gr 10,0 Kg Cacao po kg 28,0 Un Café descafeinado sobre 74,0 Un Café moído mestura 250 gr 30,0 Un * Canela en lata 1 kg 1,0 Un Caldo carne, peixe 12 pastillas 24,0 Un * Caldo polo 12 pastillas 24,0 Un Caramelos sugus, kg 8,0 Un Cereais choco 375 gr 30,0 Un Cereais choco 500 gr 28,0 Un Cereais corn fl 375 gr 32,0 Un Cereais corn fl 500 gr 24,0 Un Champiñon laminado 3 kg 18,0 Un Chocolate á taza 500 gr 6,0 Un Coca cola 2 lt e sen cafeína 16,0 Un Coca cola lata 48,0 Un Cocktail froitas 3 kg 12,0 Un Cola Cao 800 gr 12,0 Un Colorante est.100 sobres 8,0 Est Marmelada 25 gr porc. meloc 246,0 Un Marmelada 25 gr porc. fresa 260,0 Un Marmelada 25 gr porc. ameixa 144,0 Un Espaguete 1 kg 10,0 Un Espaguete 5 kg 10,0 Un Espárrago 17/24 1 kg 12,0 Un Espárrago tallo 3 kg 6,0 Un Fanta 2 lt limón 8,0 Un Fanta 2 lt laranxa 16,0 Un Fanta lata limón 12,0 Un Fanta lata laranxa 24,0 Un Flanín sobre 2,0 Un Galleta Príncipe 177 gr 60,0 Un Galleta Cuétara surtido 700 gr 5,0 Un Garavanzo nacional 1ª kg 18,0 Un Fariña, 1 kg 25,0 Un * Fariña repostería 1 kg 3,0 Un Fariña saco 50 kg 50,0 Kg Leite desnatada brik litro 84,0 Un Leite enteira brik litro 395,0 Un Leite semidesnatada brik litro 2,0 Un Lentella castelá 1 kg 38,0 Un Levedo Royal --4 sobres 2,0 Un Macarrón 5 kg 20,0 Un Macarrón 1 Kg 12,0 Un Millo 3 kg 6,0 Un Maizena 700 gr 5,0 Un Manzanilla 100 s 2,0 Un Maionesa 3, 7 kg 3,0 Un Margarina barra 500 gr 3,0 Un Margarina porción 12 gr 385,0 Un Melocotón xarope 3 kg 12,0 Un * Marmelo 5,9 kg 3,0 Un Menta poexo, 100 un. 1,0 Un Nocilla 475 gr 12,0 Un * Noz moscada 1 kg 0,3 Kg Ourego lata 1,0 Un Pasta Paxariños 500 lata 20,0 Un Pasta Lasaña 1/2 20,0 Un Pasta, sopa 5 kg 5,0 Un Pera xarope, 3 kg 6,0 Un Pemento doce 500 gr 3,0 Un Pemento doce 1 kg 1,0 Un * Pemento picante 250 gr 1,0 Un Pemento 3 Kg lata 6,0 Un Piña xarope 3 kg 6,0 Un * Puré de pataca 500 gr 5,0 Un Queixo caserío 8 porc 108,0 Un * Queixo rallado 90 gr 15,0 Un * Queixo Philadelphia 200 gr 3,0 Sacarina po porción, estoxe 5,0 Un Sal fina kg 20,0 Un Sal gorda kg 30,0 Un Te, 100 un 1,0 Un Tila, 10 un. 1,0 Un Tomate enteiro pelado 5 kg 12,0 Un Tomate frito 3 kg 30,0 Un Tomate triturado, 3 kg , lata 6,0 Un Tomate triturado, 5 kg 6,0 Un Vinagre 1 litro 12,0 Un Viño albariño botella 2,0 Un Viño brik branco/tinto 36,0 Un Viño rioxa botella 2,0 Un Cenoria rallada 3 kg 6,0 Un Zume Brik mazá, litro 96,0 Un Zume Brik Melocotón, litro 96,0 Un Zume Brik Laranxa, litro 48,0 Un Zume Brik Piña, litro 96,0 Un * Zume minibrik 200ml 12,0 Un * Sidra 5,0 Un Turrón Alacante (duro), 300 gr 5,0 Un Turrón chocolate, pastilla 5,0 Un Turrón froitas, 300 gr 5,0 Un Turrón Xijona (brando), 300 gr 5,0 Un Torta imperial, 200 gr 5,0 Un Polvoróns amendoados, 300 gr 5,0 Un Mazapán figuriñas, 200 gr 5,0 Un Peladillas, bolsa 150 gr 5,0 Un Galletas danesas, lata 5,0 Un LOTE 2: CÁRNICOS Artigos Total Consumo Unid Prezo unitario (Sen IVE 2010) Total Custo Estimado TENREIRA Albóndega fresca 55,0 Kg Brocheta parrilleira 12,0 Kg Faldra sen óso 20,0 Kg Carne picada mestura 25,0 Kg * Entrecot 4,0 Kg Filetes/bisté, 1ª (160 gr) 42,0 Kg Hamburg. Mixta 160 gr 40,0 Kg Hamburguesa, 160 gr 25,0 Kg Xarrete 48,5 Kg Man (asar) 73,0 Kg Ragout 1º 50,0 Kg Agulla sen óso 29,0 Kg Costela fresca 5,0 Kg Chuleta 12,0 Kg Solombo 6,0 Kg CERDO Agulla des.-cabeza lombo 10,0 Kg Chourizo guiso 14,0 Kg Chuleta cortada 15,0 Kg Cinta lombo fresca enteira 48,0 Kg Costela fresca tiras 49,0 Kg Costela salgada, tiras 6,0 Kg Espiñazo salgado 5,0 Kg Filetes o bisté de xamón (160 gr) 25,0 Kg Lacón salgado 3,0 Kg Lingua salgada 1,6 Kg Lombo adobado 8,0 Kg Maza traseira, (asar) 65,0 Kg Morro salgado 2,1 Kg Orellas salgadas 4,2 Kg Touciño con febra salgada 6,0 Kg Patas salgadas 3,2 Kg Pincho moruno 12,0 Kg Rabo salgado 2,1 Kg Solombo 22,0 Kg Unto salgado 3,2 Kg AVES, CAZA Coello pequeno 38,0 Kg Cordeiro, perna 3,0 Kg Pavo peituga filete 48,0 Kg Pavo estofar 12,0 Kg Pavo, redondo (Rotti) 20,0 Kg Pavo, xamonciños 62,0 Kg Pizza sabores (Tarradellas) 55,0 Un. * Polo caparazóns 10,0 Kg * Polo xamonciños 8,0 Kg Polo limpo eviscerado (1,9-2,0 Kg) 302,0 Kg Polo, peituga s/óso enteira 48,0 Kg Polo, muslos 5,0 Kg Ovo fresco "M" 182,0 Doc LOTE 3.- LÁCTEOS, EMBUTIDOS, CONXELADOS E BOLERÍA Artigos Total Consumo Unid Prezo unitario (Sen IVE 2010) Total Custo Estimado Lácteos Cacaolat 20,0 Un Flan ovo 5,0 Un Flan vainilla 568,0 Un * Mantequilla porcións 42,0 Un Nata liquida 1 lt 3,0 Un Cremas, tarrina 395,0 Un Petit suisse natural 18,0 Un Petit suisse sabores 368,0 Un Queixo barra 87,0 Un * Todo froitas - sabores 96,0 Un Iogur desnatado natural 10,0 Un Iogur desnatado sabores 96,0 Un Iogur natural 20,0 Un Iogur natural azucarado 865,0 Un Iogur sabores 2.135,0 Un * Iogur bio-líquido soia-laranxa 24,0 Un Iogur bio líquido natural 196,0 Un Embutidos (Temporalidade: 1 día/semana) Chourizo vela 1ª 9,5 Kg Friame paleta cocida 11*11 36,0 Kg * Lombo adobado 8,0 Kg * Xamón cocido 7,0 Kg Xamón cocido sen sal 12,0 Kg Xamón serrán centro desosado 9,5 Kg Mortadela italiana 12,0 Kg Paleta cocida 1ª 19,1 Kg Peituga pavo cocida 10,0 Kg Salchicha frankfurt 7 unid 105,0 Kg * Salchicha "top-dog" Viena 5 u. 24,0 Un Salchichón barra 1ª 9,2 Kg Salchichón extra 2,0 Kg Conxelados (Temporalidade. 2 días/semana) PEIXE CONXELADO Anel lura, granel 26,0 Kg * Bacallau enteiro 6,0 Kg Bacallau lombos 36,0 Kg * Lura á romana 5,0 Kg Lura C 15,0 Kg * Chipirón 7,0 Kg Choco grande limpo 16,0 Kg Fletán negro, s/c 5,0 Kg Gamba pelada 100/200 32,0 Kg Pescada, lombos 6,0 Kg * Pescada medallón 5,0 Kg Pescada rosada, rodaxa 6,0 Kg Pescada 3 Austral 120,0 Kg Pescada 4 Sudáfrica 135,0 Kg Pescada, Filete C/p extra 5 108,0 Kg Pescada, Filete C/p Sudáfrica 2,0 Kg * Pescada tronquiño 3,0 Kg Paus mar 2,0 Kg Solla 3 conxelada 25,0 Kg Pota vaina 10,0 Kg Polbo c/cabeza 2-3 kg 2,0 Kg * Rape s/p 4,0 Kg Salmón enteiro 8,0 Kg PRECOCIÑADOS * Albóndegas carne 3,0 Kg * Arroz 3 delicias 3,0 Kg Chulas conx. 3,0 Kg * Canelóns 12,0 Un Churros conx. 2,0 Kg Croquetas sabor bacallau 29,0 Kg Croquetas sabor xamón 24,0 Kg Croquetas sabor polo 32,0 Kg Croquetón sabor 5,0 Kg Empanadillas granel 15,0 Kg Gamba rebozada 12,0 Kg * Hamburguesas 3,0 Un Xeado Cometa 4 u. 30,0 Un Xeado vasiño 30,0 Un * Masa hoxaldre 10-500 5,0 Un * Salteado allo 5,0 Kg San Xacobo 2 Un 48,0 Kg Variñas pescada 2,0 Kg VERDURA CONXELADA Acelga conx. Kg 6,5 Kg Coliflor conx. Kg 2,0 Kg Ensaladilla, kg 5,0 Kg Espinaca conx., kg 1,0 Kg Chícharo común, kg 23,0 Kg Xudía verde plana tallada 54,0 Kg Xudía verde redonda tallada 0,0 Kg Minestra sen alcachofa 40,0 Kg Pataca prefrita granel 0,0 Kg Preparado paella, granel 6,0 Kg *Cenoria baby 10,0 Kg Cenoria dado 20,0 Kg CARNE CONXELADA * Albóndega vacuno 14,5 Kg * Hamburguesa tenreira 2,0 Kg * Paletilla cordeiro 5,0 Kg * Redondo pavo 1,0 Kg Bolería, Froitos Secos e Outros (Temporalidade. 1 día/semana) Améndoa salgada 100 g 10,0 Un. * Aperitivos 20,0 Un Biscottes c/s s/s 2 un. 100,0 Un. Boleria surtido granel envasada 82,0 Kg Cacahuetes salgados 100 g 10,0 Un. * Chocolatina 20 gr 100,0 Un Galleta María 5 un. 400,0 Un. Goody (bollycao) 8 un. 20,0 Un Gusanitos 100 g 10,0 Un Pan molde, Hostalaría 3,0 Un Patacas fritas 170 g 42,0 Un. Pistacho 100 gr 10,0 Un Rufinos millo 28- 34 gr 10,0 Un. LOTE 4 : FRUTAS E VERDURAS: Temporalidade de servizo 3 días/semana Artigos Total Consumo Unid Prezo unitario (Sen IVE 2010) Total Custo Estimado Froitas Ameixa branca 1ª 10,0 Kg Ameixa negra 1ª 5,0 Kg Clementina 42,0 Kg Fresa 1,0 Kg Kiwi 1ª , 70-90 gr 5,0 Kg Limón 1ª, Nº 4 ó 5 8,0 Kg Mandarina 1ª 195,0 Kg Mazá golden 70-75 210,0 Kg Melocotón 1ª 5,0 Kg Melón sapo cal 4-5 5,0 Kg Laranxa mesa nac cal 4-5 2,0 Kg Laranxa zume cal. 6-8 210,0 Kg Nectarina 1ª 10,0 Kg Pera limoeira 1ª 96,0 Kg Pera conferencia 1ª 105,0 Kg * Piña 5,0 Kg Plátano extra 242,0 Kg Plátano primeira 10,0 Kg Sandía 10,0 Kg Uva branca 2,0 Kg Uva negra 2,0 Kg Verduras Acelga mollo 35,0 Mll Allo 1ª, 5 kg 48,0 Un Cebola 1ª , saco 15 kg 4,0 Kg Cabaciña 6,0 Kg Champiñón 12,0 Kg Espinaca mollo 6,0 Mll Grelo mollo 5,0 Un Leituga lisa, 800-1000 gr unidade 20,0 Un * Leituga riza, 800-1000 gr unidade 48,0 Un Pataca branca 1ª granel, saco 25 kg 1.425,0 Kg Pemento vermello 1ª 39,0 Kg Pemento verde 1ª 2,0 Kg Porro mollo 1ª 45,0 Mll Repolo rizo 2,0 Kg Tomate 1ª ( 100-120 gr) 63,0 Kg Cenoria 1ª bolsa 5 kg 80,0 Kg IMPORTE TOTAL MENSUAL, SEN IVE IMPORTE TOTAL ANUAL, SEN IVE O prazo de entrega dos produtos será de...................................... Non poderá superar o Prazo máximo de 24 horas estipuladas na cláusula cuarta. Nota importante: Os licitadores deberán establecer os prezos unitarios dos produtos, sen IVE, sen superar as cantidades máximas establecidas no anexo I. Así mesmo, deberán multiplicar este prezo polas unidades consumidas mensualmente no ano 2009 (establecidas no cadro de prezos), e proceder á suma de todos os produtos, o que dará lugar ó IMPORTE TOTAL mensual, SEN IVE. O IMPORTE TOTAL ANUAL será o importe total mensual multiplicado polos doce meses. (Data e sinatura do propoñente).” 19.17528.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1 DA OBRA “CONEXIÓNS EXTERIORES NA REDE DE PLUVIAIS E.P. 1003 RODEIRA-BOUBETA (CANGAS)” Vista a certificación núm. 1 relativa do proxecto “Conexións exteriores na rede de pluviais E.P. 1003 Rodeira – Boubeta (Cangas)”, adxudicada no seu día a Empresa CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 10 de decembro e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Construcciones Crespo, S.A. (CIF. A-36.001.063) Deputación (09/511-511-612.02.) SUBTOTAL 224.650.16 € Taxa Técnicos Directores (4%) 6.509,71 € Control de calidade (1 %) 1.627,43 € Seguridade e saúde 0,72 %) 1.171,75 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR 215.341,27 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 20.17529.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e quince horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición