Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2009-12-23_Ordinaria. Acta de sesión 2009/12/23_Ordinaria
Acta de sesión 2009/12/23_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.379/2.2009-12-23_Ordinaria
Título Acta de sesión 2009/12/23_Ordinaria
Data(s) 2009-12-23 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día vinte e tres de decembro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asiste o señor deputado D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal nin os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Xosé Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17530.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 16 de decembro de 2009. 2.17531.- LIBERACIÓN DO SOBRANTE ECONÓMICO DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2009, PARA A SÚA APLICACIÓN Á MESMA PARTIDA ORZAMENTARIA OU Á SÚA VINCULADA Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios 2009, pola Xunta de Goberno do 18 de febreiro de 2009, adxudicada a Asistencia Técnica para a xestión e organización do citado programa pola Xunta de Goberno do 18 de marzo do mesmo ano, á Empresa de Viajes Iberia S.A. e rematadas as Campañas de Primavera e Outono do referido programa, cun gasto total de 212.784,00 €, produciuse un sobrante económico de 21.788,00 € en dito programa pola que a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a liberalización do sobrante económico Programa Diúrno de Balnearios 2009, polo importe de 21.788,00 € para a súa aplicación á mesma partida orzamentaria (09/313.313-227.09) e a súa vinculada (09/313.313-227.20), a fin de sufragar gastos derivados doutros programas sociais. 3.17532.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA A “CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ANTONIO DE CAMBADOS”, DENTRO DO PROGRAMA DE “AXUDAS A CONFRARÍAS–2007”, PARA ADQUISICIÓN DE MOTOR DE EMBARCACIÓN Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 11/05/2007, no que se concede unha axuda para “Adquisición de motor embarcación” á “Confraría de pescadores San Antonio de Cambados”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ANTONIO DE CAMBADOS G-36012847 Axudas a confrarías de pescadores, Federación Provincial e asociacións de confrarías 14.933,00 € 7.000,00 € 19.372,00 € 7.000,00 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro técnico do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.779.02.2007 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ANTONIO DE CAMBADOS G-36012847 Rúa Nova, 1 baixo 36630 CAMBADOS 7.000,00 € Adquisición de motor de embarcación TOTAL 7.000,00 € 4.17533.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Á “CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ANTONIO DE CAMBADOS”, DENTRO DO PROGRAMA DE “AXUDAS A CONFRARÍAS – 2007”, PARA ADQUISICIÓN DE ETIQUETADORA Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 11/05/2007, no que se concede unha axuda para “Adquisición de etiquetadora” á “Confraría de pescadores San Antonio de Cambados”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ANTONIO DE CAMBADOS G-36012847 Axudas a confrarías de pescadores, Federación Provincial e asociacións de confrarías 3.995,00 € 2.000,00 € 4.988,00 € 2.000,00 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro técnico do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.779.02.2007 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións CONFRARÍA DE PESCADORES SAN ANTONIO DE CAMBADOS G-36012847 Rúa Nova, 1 baixo 36630 CAMBADOS 2.000,00 € Adquisición de etiquetadora TOTAL 2.000,00 € 5.17534.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA Á “CONFRARÍA DE PESCADORES A PASTORIZA DE VILANOVA DE AROUSA”, DENTRO DO PROGRAMA DE “AXUDAS A CONFRARÍAS – 2008”, PARA MELLORAS NO LOCAL SOCIAL Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 30/12/2008, no que se concede unha axuda para “Mellora do edificio social: acondicionamento de oficinas” á “Confraría de pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa”. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar CONFRARÍA DE PESCADORES A PASTORIZA G-36013597 Axudas a confrarías de pescadores, Federación Provincial e asociacións de confrarías 18.210,00 € 10.262,09€ 21.244,12 € 10.262,09€ Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro director do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.779.02.2008 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións CONFRARÍA DE PESCADORES A PASTORIZA G36013597 Rúa O Castro s/n 36620 Vilanova de Arousa 10.262,09 € Melloras edificio local social TOTAL 10.262,09 € 6.17535.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA AXUDA CONCEDIDA A “MIGUEL MANEIRO FRAGA”, DENTRO DO PROGRAMA DE “AXUDAS A CULTIVOS BAIXO ABRIGO E Ó AIRE LIBRE” DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA -2008”, PARA ADQUISICIÓN REGO E MALLA TUTORAL Visto o acordo da Xunta de Goberno do día 10/12/2008, no que se concede unha axuda para “Ad. rego e malla tutoral” á Miguel Maneiro Fraga. Vista a documentación xustificativa do gasto do seguinte expediente: Beneficiario (CIF/NIF) Programa Orzamento inicial Axuda concedida Investimento xustificado Importe a pagar Miguel Maneiro Fraga 35460143-P Axudas ós cultivos baixo abrigo e o aire libre-2008 700,00 € 350,00 € 700,00 € 350,00 € Visto o informe emitido pola Intervención que fiscaliza o recoñecemento da obriga relacionada, no que se informa a necesidade de proceder ó recoñecemento extraxudicial desta obriga pola Xunta de Goberno; e visto o informe do enxeñeiro técnico do Servizo Agrario. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento, polo procedemento extraxudicial de crédito, a obriga derivada da concesión da axuda relacionada a continuación, con cargo á partida 09/711.711.789.00.2008 e nas condicións seguintes: Beneficiario CIF/NIF Dirección Importe a pagar Finalidade Observacións MIGUEL MANEIRO FRAGA 35460143-P Rúa Valle Inclan,nº 7 36630 Cambados 350,00 € Ad. Rego e malla tutoral TOTAL 350,00 € 7.17536.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MOS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002261, DENOMINADA “REDE DE SANEAMENTO NO BARRIO DE CORTIÑAS, PARROQUIA DE LOUREDO-MOS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002261, denominado “Rede de saneamento do barrio de Cortiñas, parroquia de Louredo, Mos”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Conceder ó Concello de Mos a cantidade de 78.074,54 €, para a realización do investimento, núm. 2009002261, denominado “Rede de saneamento do barrio de Cortiñas, parroquia de Louredo, Mos”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0 euros. Exercicio 2010: 78.074,54 euros. Exercicio 2011: 0 euros. Esta subvención contabilizarase con cargo á partida 911.911.662.45 da anualidade 2010, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. -Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 8.17537.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002630, DENOMINADA “URBANIZACIÓN DE BEIRARRÚAS, APARCAMENTO E VÍA DE SERVIZO NO POLÍGONO INDUSTRIAL DE AMOEDO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002630, denominado “Urbanización de beirarrúas, aparcamento e vía de servizo no polígono industrial de Amoedo”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Conceder ó Concello de Pazos de Borbén a cantidade de 197.413,32 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002630, denominado “Urbanización de beirarrúas, aparcamento e vía de servizo no polígono industrial de Amoedo”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 197.413,32 euros. Exercicio 2010: 0 euros. Exercicio 2011: 0 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á partida 2009. 911.911.662.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. -Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 9.17538.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.17539.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JORGE ROMERO GÓMEZ POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA E.P. 9702 AS SINAS-VILANOVA Dada conta que con data de rexistro 17/03/09 (Rex. núm.011463) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Jorge Romero Gómez con enderezo de notificacións en C/ Fiuncho 19, Vilagarcía de Arousa, por danos en accidente de circulación padecidos o día 16/09/08 , na E.P. 9702 As Sinas-Vilanova a consecuencia da existencia dun desnivel entre tramos de calzada e que individualiza economicamente en 680,36 €. Resultando.- Que con data 02/04/09 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 27/04/09 co seguinte contido: “…1.- El vial E.P. As Sinas- Vilanova está incluido en la red provincial de carreteras. 2.-Por parte del Servicio de INFRAESTRUCTURAS no se tuvo constancia directa del accidente de referencia; tampoco se ha tenido conocimiento de la existencia de otros accidentes provocados por la misma causa – existencia de tramos en desnivel de más de 10 centrímetros- en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. 3.- En la fecha del accidente la empresa Pavimentos de Meaño S.L. estaba ejecutando obras de reparación del firme y de la capa de rodadura en la E.P. 9702 As Sinas-Vilanova, según proyecto adjudicado por la Xunta de Goberno de la Diputación Provincial de Pontevedra en fecha 2 de julio de 2008. 4.- Solicitado el oportuno informe, responsables de la citada empresa señalan que en la fecha del accidente se estaban realizando labores de resado en la calzada de un espesor de cinco centímetros y que se habían colocado señales de advertencia de peligro por la presencia de obras y de limitación de velocidad de 30 Km/hora, afirmaciones que entran en contradicción con lo manifestado en el atestado de la policía local cuando en el mismo se habla de desniveles de diez cm. y ausencia de señalización. 5.- En cualquier caso y de acuerdo con lo dispuesto en elartículo 57 del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo “La responsabilidad de la señalización de las obras que se realicen o las empresas adjudicatarias de las mismas, de acuerdo con lo que reglamentariamente se determine. Los usuarios de la vía están obligados a seguir las indicaciones del personal destinado a la regulación del tráfico en dichas obras” (en el mismo sentido cabe señalar que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 198 de la Ley 30/2007, de 30 de Octubre, de Contratos del Sector Público “Será obligación del contratista indemnizar todos los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato”). 6.- A los efectos anteriores se adjunta el informe emitido al respecto por la empresa Pavimentos de Meaño S.L. Resultando.- Que con data de 28/04/09 e co fundamento nos artigos 31.1 apartados “b” e “c” da Lei 30/92 de 26 de novembro e o artigo 198 da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público, déuselle traslado da reclamación á empresa “Pavimentos de Meaño S.L.” que estaba levando a cabo as obras na zona do accidente, co fin de que alegara o que tivera por conveniente. O 07/05/09 recibiuse escrito de D. Jesús Pombo Vidal en nome e representación de “Pavimentos de Meaño S.L.” facendo as alegacións cuxo contido literal é como segue: “…- Que o vial E.P. 9702 no tramo que transcurre entre o Campo de fútbol e a citada curva e de titularidade da Diputación Provincial. - Que a Empresa nesa data estaba a realizar labores de fresado na calzada, dun espesor de 5 cm, según proxecto da Dirección da obra, nunca 10 cm de espesor como se especifica no informe presentado por D. Jorge Romero Gómez. - Que a obra estaba sinalizada tanto con sinais de obras na calzada coma de velocidade limitada a 30 km/h así como de diferenciais de nivel na calzada, tendo a Empresa o informe do Servicio Axeno de Prevención de Riscos Laborais Darzal no que se pode ver que a sinalización do vial e correcta e suficiente. - Que se considera por parte da Empresa que si os danos se producen o 16 de Setembro de 2008 como indica o informe presentado, como se pón a reclamación ante a Excma. Diputación Provincial de Pontevedra o 0 5 de Marzo de 2009 (seis meses despois). Resultando.- Que con data 12/05/09 solicitouse informe á Policía Local de Vilanova de Arousa, que o emitiu na data 19/05/09 co seguinte contido literal: “… Que al comienzo del servicio de noche se recibió la queja de un particular, el cual manifiesta haber rascado la defensa de su vehículo, así como la parte de debajo de todo el motor en el asfalto, ya que en la carretera de As Sinas, existen obras en la calzada sin señalizar. Que de inmediato nos trasladamos al lugar pudiendo comprobar como la carretera de As Sinas la EP9702 en un carril de circulación y en el tramo que discurre desde el Campo de Fútbol de As Sina, hasta unos cien metros después de la conocida como curva de O Caramuxo, el asfalto ha sido rebajado para posteriormente volver a asfaltar, siendo el desnivel en algunas uniones de hasta 10 cm, todo ello sin señalizar y dejando el carril afectado por las obras totalmente transitable para el tráfico lo que puede provocar graves accidentes. Que se desconoce en el momento de la remisión del presente informe la empresa responsable de las obras y de su correcta señalización.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que no presente suposto cumpre facer unha apreciación da relación de causalidade entre o dano producido e a execución da obra, con subseguinte pronunciamento de atribución da responsabilidade á empresa adxudicataria, pois o informe da policía local do Concello de Vilanova de Arousa fala literalmente de” (…) desniveis nas unións de ata 10 cm, sen sinalizar o que pode provocar graves accidentes” constituíndo, tal informe, unha presunción do acaecido na realidade o estar imbuído das características de imparcialidade e obxectividade, e mesmo do rasgo de inmediatez ó ser feito na mesma data do sinistro. No apoio da liña argumentativa exposta, debe invocarse unha corrente xurisprudencial da que, “ad exemplum” , cabe invocar as sentenzas de 8 de xullo de 2000 e 7 de abril de 2001, Sección 6ª da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo, corrente que deseña unha sorte de procedemento pseudoarbitral no que a Administración, apreciada a relación de causalidade e con fundamentos nos preceptos que regulan o ámbito de contratación pública, pode suxerir quen debe arrostrar as consecuencias indemnizatorias, máxime cando o artigo 198.1 da L.C.S.P. impón tal obriga ó contratista de xeito imperativo. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade estimar a reclamación facendo pronunciamento expreso da responsabilidade á empresa “Pavimentos de Meaño S.L.”. 11.17540.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA FRANCISCA RODRÍGUEZ BASTEIRO POR DANOS PERSOAIS E MATERIAIS A CONSECUENCIA DUNHA CAÍDA NO LUGAR DE A SAGRADA DE A ESTRADA Dada conta que con data de rexistro 18/12/2008 (Rex. núm. 041605) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Francisca Rodríguez Basteiro, con enderezo de notificacións en rúa Eduardo Pondal nº 76-78 de Pontevedra, por danos persoais e materiais a consecuencia dunha caída no Lugar de A Sagrada (A Estrada) pola existencia dunha tapa da rede de sumidoiro levantada na beirarrúa, o día 16/10/2008 e que individualiza economicamente en 1.874,10 €. Resultando.- Que con data 22/12/2008 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas , que o emitiu en data 30/01/2009 co seguinte contido: “…1. El convenio de colaboración suscrito en julio de 2006 entre la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra y el Excmo. Ayuntamiento de A estrada tenía por objeto dotar de aceras al tramo del vial provincial 7001 A Estrada Forcarei que discurre por el Lugar de A Sagrada, para lo cual se redactó el proyecto “Beirarrúas na Sagrada (E.P.A. Estrada-Forcarei)”. 2. Dicho proyecto fue adjudicado por la Junta de Gobierno de la Diputación Provincial de Pontevedra, el 10 de noviembre de 2006, a la U.T.E. Obras y Edificaciones Seixo, S.L. –Urazca Construcciones, encontrándose la zona en obras en la fecha de la caída. 3. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. 4. Por último señalar que no existe –o no se ha aportado- atestado levantado por la policía municipal al respecto y que Dª Francisca Rodríguez Basteiro era conocedora tanto de la zona como de las obras que allí se estaban realizando, tal y como se concluye de los hechos expuestos en la propia reclamación cuando afirma que “…con fecha 16 de octubre del presente Dª Francisca Rodríguez Basteiro caminaba por el Lugar de A Sagrada… cuando se dirigía caminando a su negocio sito en el mismo lugar se percató de que se había olvidado de realizar una gestión, procediendo a girarse para emprender el sentido de la marcha en sentido contrario tropezando con una alcantarilla la cual se encontraba levantada sobremanera de la acera…” Resultando.-Que con datas 03/02/2009 e 30/06/2009 déuselle traslado da reclamación ás empresas adxudicatarias das obras levadas a cabo no lugar do accidente, “Urazca Construcciones, S.A.” “Obras y Edificaciones Seixo, S.L.U.” en virtude do artigo 31.1 apartados “b” e “c” da Lei 30/92 de 26 de novembro, as cales realizaron as alegacións co seguinte contido literal: URAZCA CONSTRUCCIONES, S.A.: “...PRIMERO.- Que en relación a la carta recibida con fecha 30 de junio de 2009 hemos de comunicarles que Urazca Construcciones, S.A. no está ejecutando, ni tampoco ha ejecutado ninguna obra en la zona o calle a la que se hacen referencia en dicha carta. Por todo lo expuesto SOLICITAN: PRIMERO.- Que se exonere y libere a URAZCA CONSTRUCCIONES, S.A. de cualquier tipo de relación o responsabilidad derivada de los hechos que se mencionan en dicha carta.” OBRAS Y EDIFICACIONES SEIXO, S.L.U. “…En fecha 8 de julio de 2009 hemos recibido comunicación de la reclamación que con fecha de entrada 18/12/08 y número de registro 041605, fue formulada por Dª Francisca Rodriguez Besteiro, por presuntos daños y lesiones ocurridos, al parecer en las inmediaciones de la “E.P. A Estrada-Forcarei” el día 16/10/08. Queremos recordarle que, desde el día 14 de marzo de 2008, fecha en la que cesaron todas las actividades de la mercantil, declarada en concurso por auto de fecha 8 de abril de 2008, la obra en cuestión ha dejado de encontrarse en posesión de esta compañía y, por tanto, a 16 de octubre de 2008, no puede imputarse a la misma ninguna circunstancia ocurrida en aquella carretera. Además, es altamente improbable que, durante más de siete meses, la expresada alcantarilla permaneciera abierta sin que el personal de vigilancia de esa Diputación hubiese actuado sobre ella, máxime teniendo en consideración que el vial ha permanecido abierto al público. Habrá que entender entonces que, alguien, dolosa o culposamente, en fecha próxima al siniestro, hubiese abierto la alcantarilla responsable de la caída. Así pues, debemos negar cualquier implicación o responsabilidad en los hechos denunciados, lo cual expresamente comunicamos para su constancia y conocimiento.” Resultando.- Que con data 18/03/2009 déuselle traslado da instancia ó Concello de A Estrada en virtude do artigo 3.1 apartados “b” e “c” da Lei 30/92, de 26 de novembro, sen que se fixera alegación algunha ó respecto. Resultando.- Que con datas 09/07/2009 e 18/09/2009 solicitouse informe ó Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio desta Deputación, evacuándose o mesmo en 18/11/2009 co seguinte contido: “…En la fecha del accidente las obras todavía no estaban ejecutadas en su totalidad sin que a día de hoy exista acta de recepción de las mismas debido a que la empresa Obras y Edificaciones Seixo, S.L. está inmersa en un concurso de acreedores”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor dos citados informes impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, xa que aínda que a titularidade do vial é provincial, a conservación das beirarrúas, a rede de sumidoiro e a súa vixilancia é unha competencia municipal, artigo 25.2 “l” da Lei 7/85, polo que non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non verse sobre o que forme parte da súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 12.17541.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON PEDRO SANJUAN FERNANDEZ EN REPRESENTACIÓN DE MAPFRE AUTOMÓVILES, S.A. SEGUROS E REASEGUROS E DON CLAUDIO SUÁREZ PRIETO POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA E.P. 9303 MEAÑO-DENA (MEAÑO) Dada conta que con data de rexistro 21/02/2009 (rex. 05797) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Pedro Sanjuán Fernandez en nome e representación de Mapfre Automóviles, Sociedad Anónima de Seguros y Reaseguros e Don Claudio Suárez Prieto con enderezo de notificacións en rúa García Camba nº 2-5ºA de Pontevedra, por danos en vehículo a consecuencia da existencia dunha focha na calzada na E.P. 9303 Meaño-Dena o día 20/02/2008 e que individualiza economicamente en 1.149,47 €. Resultando.- Que con data 26/02/2009 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 1/06/2009 co seguinte contido: “…Primero.- La E.P. 9303 Meaño-Dena está incluida dentro de la red provincial de carreteras. Segundo.-Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia; tampoco se ha tenido conocimiento de la existencia de otros siniestros provocados por la misma causa –existencia de un bache en la calzada- en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. Tercero.- Según la información que ha podido recabar el técnico que suscribe, el bache al que se hace referencia en la reclamación pudo ser provocado por la instalación de un pozo de registro y una acometida de saneamiento ejecutados por la empresa Excavaciones y Construcciones Manuel Perez Portela, S.L. empresa que, al parecer, también procedió a la reposición del firme en el tramo de carretera afectado por la acometida. Cuarto.- Una vez consultados los archivos del Servicio de Infraestructuras se ha podido comprobar que Excavaciones y Construcciones Manuel Perez Portela, S.L. no contaba con la preceptiva autorización sectorial de carreteras para ejecutar dichas obras, de forma que esta Unidad Administrativa propondrá, en breve, la apertura de actuaciones previas frente a la citada empresa por una posible infracción de la Ordenanza Reguladora del uso y Defensa de las Carreteras Provinciales y de la Ley 4/1994 de 14 de septiembre, de Estradas de Galicia.” Resultando.- Que con data 5/06/2009 déuselle traslado á mercantil “Excavacciones y Construcciones Manuel Perez Portela, S.L.” en virtude do artigo 31.1 apartados “b” e “c” da Lei 30/92, a cal emitiu informe o 19/06/2009 co seguinte contido literal: “En respuesta a su escrito del 5 junio de 2.009, donde se solicita autorización sectorial de carreteras para la ejecución de las obras de saneamiento en la EP-9303 (Meaño-Dena) a Excavaciones y Construcciones Manuel Perez Portela, S.L., nuestra empresa fue contratada por el Concello de Meaño para la realización de la obra, siendo por lo tanto todos los permisos para poder realizar la obra por cuenta del cliente.” Resultando.- Que con data 24/06/2009 solicitouse ó Concello de Meaño, contrato firmado coa mercantil “Manuel Perez Portela, S.L.” para levar a cabo a obra “Saneamento da rúa Salnes-Cruce Campo da Feira”, o cal foi recibido con data 3/07/2009. Posteriormente o 15/07/2009, solicitóuselle o prego de condicións económico administrativas o devandito Concello, que o remitiu con data 27/07/2009. Resultando.- Que con data 04/08/2009 ampliouse o prazo para resolver a reclamación, a cal foi notificada á parte reclamante. Resultando.- Que con data 01/10/2009 solicitouse informe a Garda Civil de Tráfico, o cal foi recibido o 15/10/2009 que literalmente di: “…Que por parte del agente informante se realizó una inspección ocular en la vía, la cual consta de una calzada con dos carriles, uno para cada sentido de circulación, configurada por un tramo recto, existiendo en el arcén derecho sentido Dena una arqueta, y un bache que ocupaba parte del carril de ese mismo sentido. En relación con los daños existentes en el vehículo se comprobó que la rueda delantera derecha se encontraba desinflada, presentando una hendidura en el neumático y arañazos en la llanta todo ello provocado por el contacto del mismo con el desnivel del bache, no apreciando los agentes ningún otro obstáculo en la vía que pudiese causar dichos daños (se adjunta informe fotográfico). Haciendo referencia a la señalización existente en la vía el día del siniestro, en el informe no consta que el tramo que nos ocupa estuviese afectado por señalización circunstancial por obras, tan solo la existencia de líneas longitudinales de color blanco de separación de carriles y bordes de calzada. Por lo expuesto, y teniendo en cuenta la conclusión final reflejada en el apartado comentarios del informe estadístico ARENA, el agente instructor considera como causa de los daños en el vehículo el mal estado de la calzada (bache en el carril derecho sentido Dena). Resultando.- Que con data 02/10/2009 solicitáronse informes ó Concello de Meaño e á mercantil “Excavaciones y Construcciones Manuel Perez Portela, S.L.”, recibíndose vía fax o 13/12/2009, do Concello de Meaño, comunicación remitida á mercantil “Excavaciones y Construcciones Manuel Perez Portela, S.L.” co seguinte contido literal: “…Mediante a presente ponse no seu coñecemento que as obras realizadas no lugar de Pereiras(Meaño), correspondentes ás melloras executadas en relación coa obra “Saneamento Rúa Salnés –Cruce Campo da Feira”, no lugar de Pereiras (Meaño), presentan un gran socabón por defectos na execución, o que supón un grave perigo para a circulación. O que poño no seu coñecemento á vez que o requiro para que de inmediato, no día de hoxe, proceda a súa reparación, dado que o socabón afecta ó único vial de acceso a Meaño (EP9303), polo corto da ponte da vía rápida, e ó lugar de Paradela (Lores)” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois é o propio Concello de Meaño o que require documentalmente na data de 11 de xaneiro de 2008 á empresa “Excavaciones y Construcciones Manuel Perez Portela, S.L.” para a reparación da fochanca, requirimento no que se di literalmente “constitúe un grave perigo para a circulación”e que, feito con carácter previo a data do accidente, exonera á Deputación e mesmo o Concello, e atribúe a responsabilidade a devandita empresa, que realizaba a obra e, por omisión, causou un dano intervindo culpa ou neglixencia, polo que está obrigada a reparar o dano causado en virtude do artigo 1.902 do Código Civil. Tal pretensión deberá ser residenciada na xurisdición civil no ámbito do xuízo verbal (por razón da contía) onde poderá facerse valer este acordo como proba documental pública a favor das pretensións do demandante, debendo, nesta vía administrativa, ser desestimada a reclamación que, repetimos, deixa expedita a orde civil. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 13.17542.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA DIGNA FRAGA SOUSA POR DANOS EN VIVENDA E OCUPACIÓN TEMPORAL DE PROPIEDADE NO CONCELLO DE COVELO Dada conta que con data de rexistro de 23/07/2009 (rex. núm. 028327) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona María Digna Fraga Sousa, con enderezo de notificacións en Lugar de Piñeiros, 11- Hermida (Covelo), por danos e ocupación da súa propiedade a consecuencia das obras levadas a cabo na E.P. 5106 Hermida-Barciademera (Covelo) e que individualiza economicamente en 12.162,60 €. Resultando.- Que con data 2/09/2009 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Vías e Obras, que o emitiu en data 11/09/2009 co seguinte contido: “Primero. La E.P. 5106 Covelo- Barciademera está incluida en la red provincial de carreteras. Segundo. Las obras derivadas del proyecto “ Mejora de trazado y pavimentación E.P. 5106 Covelo- Barciademera”, incluido en el Plan Provincial de Cooperación del año 2007 y cuyo objeto era mejorar el trazado del vial hasta el p.k. 0+360, fueron adjudicadas a la empresa constructora NAROM S.L en fecha 24 de octubre de 2007 por un importe de 171.478,00 euros, habiéndose aprobado en noviembre de 2008 un proyecto modificado para mejorar el vial hasta el p.k. 0+620, actuación muy demandada por los vecinos de la zona que cedieron los terrenos necesarios para su ejecución. Por otra parte, el 10 de diciembre de 2008, la Xunta de Goberno de la Diputación Provincial de Pontevedra adjudica a la empresa NAROM S.L. el proyecto” Conclusión, mejora y reposición de servicios E.P. 5106 Covelo- Barciademera” cuyo objeto era la demolición y restitución de cierres, construcción de muros de contención y la instalación de las redes de saneamiento así como el alumbrado público, entre otros servicios. Actualmente otra empresa, Construcciones, Obras y Viales (COVSA), está llevando a cabo la construcción de aceras en la zona, aunque esta actuación no tiene relación alguna con la reclamación planteada por María Digna Fraga Sousa. Tercero. En cuanto a las cuestiones planteadas en su solicitud de informe distinguiremos, para su análisis, dos tipos de daños a los que hace referencia la propietaria: A) Perjuicios derivados de la ocupación de la finca. Sin perjuicio de reconocer que en el expediente administrativo no existe documento por escrito que refleje la cesión de terrenos, reiterar que en ningún momento se ocupó la finca de D. ª María Digna Fraga Sousa sin el consentimiento de la propietaria o sus familiares, quienes en todo momento estuvieron informados de las actuaciones a ejecutar en la propiedad. Como prueba de ello se pueden aportar los siguientes datos: En la finca propiedad de la reclamante se ejecutó un muro de hormigón armado, de notable altura en algún punto (casi 4 metros en la zona del hórreo), coronado con un metro de cierre de perpiaño con columnas alternadas, de 106 metros de longitud, a lo largo de toda la propiedad (situada entre los puntos kilométricos 0+342 a 0+ 448), que duró por sí sola, DOS MESES. En consecuencia parece difícil entender que si alguien no quiere que se ocupe su propiedad o no está de acuerdo en cómo se están desarrollando las obras, permita dicha ocupación durante meses y no intente paralizar las mismas a través de las correspondientes acciones legales salvo que, como sucede en el presente expediente, se haya dado el consentimiento para ejecutar las citadas obras en la propiedad. El técnico que suscribe mantuvo una reunión en el Ayuntamiento de Covelo con los titulares de las fincas afectadas por el proyecto de referencia para informarles sobre el mismo. Pero a mayores y al objeto de matizar detalles de la obra que afectaban a la parcela de D. ª María Digna Fraga Sousa, se mantuvo una reunión EN LA PROPIA FINCA con familiares de la reclamante que vinieron de Lisboa. En aquella ocasión y después de responder a cuantas preguntas formularon en presencia del contratista- al que se le explicaron todos los detalles- también se dio el visto bueno para ejecutar los trabajos. La propia Sra. Fraga Sousa reconoce en su escrito de reclamación que prestó su consentimiento para llevar a cabo las citadas actuaciones en su finca, al señalar literalmente que” En todo caso y en aras de la buena fe se ACEPTA esa ocupación y la posterior ampliación de la misma…”(página 1 del escrito de reclamación). Es cierto que se produjo una ocupación temporal de la finca, pero también lo es que el acopio en la propiedad de material de obra y de alguna maquinaria pequeña por parte de la empresa, se realizó con el consentimiento expreso de D.ª María Digna Fraga Sousa, tal y como puede acreditar el encargado de obra D. José Pazo Portas. En cuanto a la superficie objeto de ocupación señalar que sólo existen dos planos al respecto: el inicial de obra que aportaron en su escrito de marzo de 2009 como documento nº 1 y en el que aparecía la ocupación hasta el p.k 0+360, que era donde finalizaba la primera fase, (recordemos que la propiedad de la Sr. Fraga abarca desde el p.k 0+342 al 0+448) y el que aportaron como documento nº 2 que ocupa, exactamente, la misma superficie (258 M2 aproximadamente), pero en el que se detallan las aceras cuya construcción solicitaron todos los propietarios para ceder los terrenos necesarios (así como otros servicios como el saneamiento, recogida de pluviales o alumbrado). B) Perjuicios derivados de la ejecución de obras. Según el presupuesto que se adjunta y que obra en el expediente administrativo de su razón, las actuaciones ejecutadas en la finca de la Sra. Fraga ascendieron a la importante cantidad de 65.796,99 euros. Es cierto que las obras estuvieron paralizadas un tiempo (no podemos concretar la duración exacta), circunstancia que estuvo motivada por la necesidad de redactar nuevos presupuestos respecto al proyecto inicial tendentes a ejecutar la instalación de las redes de saneamiento, el alumbrado público o las aceras, actuación ésta última muy demandada por todos los vecinos. En cualquier caso, mientras los trabajos estuvieron paralizados, la finca se cerró provisionalmente con una malla plastificada, dispositivo que suele ser habitual en este tipo de obras. En cuanto a la valoración de los daños reclamados por la propietaria cabe señalar lo siguiente: Las partidas del presupuesto de parte relativas a la excavación y construcción de muros carecen de cualquier fundamento técnico ya que, antes del comienzo de las obras, la finca de D. ª María Digna Fraga Sousa únicamente contaba con un cierre de bloques y malla metálica, situado sobre un muro de sostenimiento de piedras antiguas y de dudosa resistencia. Sin embargo, con motivo de la obra, se ejecutó en dicha propiedad un muro de hormigón armado (de casi 4 metros de altura), en la parte más próxima a la vivienda, siendo el resto de mampostería, coronado con un cierre de perpiaño, de un metro de altura con columnas alternadas, de 106 metros de longitud, actuación que mejoró sustancialmente lo que existía anteriormente en la propiedad y cuyo coste superó los 30.000 euros. En relación a la colocación de motor eléctrico en el portal de acceso de vehículos, indicar que ante las objeciones planteadas en su día por la propietaria se trasladó la rampa de acceso a la parte baja de la propiedad donde está la vivienda y se colocó un portero automático y un video portero en la PUERTA PEATONAL, para apertura de esta entrada desde la vivienda. En cuanto a la puerta de acceso de vehículos la empresa instaló, según el compromiso adquirido al respecto por esta Administración, un PORTALÓN METÁLICO de apertura manual al igual que en el resto de fincas, portalón que, por cierto, la propiedad no tenía antes. Es decir, no existe reclamación que no se haya atendido sin valoración de su coste o razón de ser. En cuanto a la partida relativa a los presuntos daños provocados en la propiedad por el acopio de material de obra y de maquinaria, y sin perjuicio de reiterar que dicho acopio se realizó con el consentimiento expreso de D. ª María Digna Fraga Sousa, señalar que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 143 del Real Decreto 1098/2001, de 12 de octubre, por el que se aprueba el Reglamento General de la Ley de Contratos de las Administraciones Públicas, en relación con lo dispuesto en el artículo 108 de la Ley de Expropiación Forzosa, los gastos e indemnizaciones generados por este concepto serían de cuenta del contratista, al igual que los posibles daños provocados en el hórreo cuyo alcance desconoce el técnico que suscribe.” Resultando.- Que con data 23/09/2009 e 17/11/2009 solicitouse informe a mercantil NAROM, S.L., a cal emitiu o mesmo en data 03/12/2009, co seguinte contido: “PRIMERO: Que dentro de las obras de “MEJORA DE TRAZADO Y PAVIMENTACION DE E.P. 5.106 COVELO-BARCIADEMERA (COVELO)”, la actuación en la finca 28-29, propiedad de Dª María Digna Fraga Sousa, comprendida entre los tramos PK 0+340 y PK 0+460 de los márgenes izquierdo, consistió en construcción de un muro de sostenimiento de la carretera en hormigón armado a 6,00 m. aproximadamente del eje de la calzada existente, exceptuando en la proximidad de los hórreos cuya distancia fue menor de 6,00 m., para terminar coincidiendo sensiblemente con el cerramiento primitivo. SEGUNDO.- Los hórreos no fueron objeto de ninguna actuación y solamente se modificó, tal y como indican los planos adjuntos, la rampa de acceso peatonal o de silla de inválidos, haciéndola más larga para disminuir la pendiente. Sobre el muro de hormigón se construyó el nuevo cerramiento en perpiaño de piedra granítica, incluso pilares para sujeción de la malla metálica. Adosado al muro primitivo existía una serie de servicios (lareira para barbacoa, fregadero, etc.) que fueron afectados y repuestos una vez ejecutada el nuevo muro de contención de la carretera. TERCERO.-La finca se encuentra y se encontraba con árboles en toda su extensión, lo cual no permite que camión alguno circulase por su superficie, lo que además nunca fue necesario. Solamente accedió un camión con tubos de canalización eléctrica en el extremo de la finca (PK 0+345), siempre con permiso verbal dado al encargado de la obra y retirados dichos tubos en el momento que ordenó que se le retirasen. CUARTO.- El muro de contención de la finca situado en el lado opuesto a la carretera está a una distancia mayor de 15 m., y que para nada se vio afectado por las obras de la carretera.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo polo seguinte: 1º.- Houbo unha reunión no Concello de Covelo cos titulares das fincas que consentiron a cesión. No caso da reclamante, a reunión foi na propia finca e na presenza do contratista, prestándose o asentimento condicionado, como así o recoñece a súa reclamación. Tal consentimento incluía ocupación temporal da finca para acopio do material. 2º.- Non existe ningunha discordancia no referido ós planos, unha vez considerada a circunstancia das beirarrúas construídas solicitadas polos veciños. 3º.- A finca da reclamante só tiña un peche de bloques e valla metálica sobre un muro de pedras antigas de pouca resistencia, que foi substituído por un muro de formigón armado de 4 metros de altura na parte máis próxima a vivenda e sendo no sobranceiro de mampostería coroado con perpiaño dun metro e columnas alternadas de 106 metros de lonxitude cuxo custo superou os 30.000,00 €. 4º.- Instalóuselle porteiro automático e videoporteiro na porta peonil, así coma portalón metálico de apertura manual coma no resto das fincas, que o propietario non tiña. 5º.- Todas as actuacións feitas na propiedade da reclamante que melloraron substancialmente a mesma a cambio da cesión, importaron 65.796,99 €, polo que a cesión sometida á condición quedou resolta polo estrito e cabal cumprimento do pactado. Por todo o anteriormente dito a reclamación debe de ser desestimada, máxime cando en suposto con identidade de razón o Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, no procedemento ordinario núm. 49/06-P seguido a instancia de Dona Concepción Méndez Domínguez, deixou dito na sentenza nº 254/06 do 29/12/06 o seguinte: “(…) hay que concluir con una primera reflexión, cual es que la Administración de que se trate puede concertar los contratos, pactos y condiciones que tenga por conveniente siempre que no sean contrarios al interés público, al ordenamiento jurídico o a los principios de buena administración tal como se establece en el art. 4 del Real Decreto Legislativo 2/2000, de 16 de Junio por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Contratos de las Administraciones Públicas. En ese orden de cosas, el mutuo acuerdo al que se puede llegar, en una situación como en el caso que nos ocupa, por cesión de terrenos para propiciar el ensanche de una vía pública provincial y así evitar el procedimiento expropiatorio puede incluir la mejora de los cerramientos de las fincas pues nada se opone a ello.” Dita sentenza foi desestimatoria do recurso, dándolle a razón a Deputación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 14.17543.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOC. XUVENIL CULTURAL MUSIQUINA 33 MG DO CONCELLO DE VIGO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “FESTIVAL MULTIARTÍSTICO MUSIQUINA 33 MG” APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 04/11/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 04/11/2009 unha subvención a favor da Asoc. Xuvenil Cultural Musiquina 33 MG con CIF: G-36.946.432, do Concello de Vigo, por un importe de 938,00 € para “Festival Multiartístico Musiquina 33 MG” con cargo á partida 09/451.451.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 17/12/09, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 15.17544.- REPARTO DAS AXUDAS ECONÓMICAS ÁS CONFRARÍAS, FEDERACIÓN PROVINCIAL E ASOCIACIÓNS DE CONFRARÍAS DE PESCADORES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA FINANCIAR AS MELLORAS EN INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTOS PARA O ANO 2009 Unha vez estudadas as “Bases Reguladoras das Axudas a Confrarías, Federación Provincial e Asociacións de Confrarías de Pescadores da Provincia de Pontevedra para o ano 2009”, aprobadas na Xunta de Goberno de data 15/07/2009 e publicadas no BOP número 147 do 03/08/09. Vistos os informes emitidos pola Técnica do Servizo de Medio Natural e do Servizo de Intervención e a restante documentación que obra nos expedientes. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o reparto das axudas económicas ás Confrarías, Federación Provincial e Asociacións de Confrarías de Pescadores da Provincia de Pontevedra para mellora de infraestruturas e equipamento nas mesmas, por un importe total de 100.000,00 € e con cargo á partida 09/711.711.779.02, documento RC nº:200900050321, da forma que figuran no listado que segue a continuación: Concello DNI/CIF Terceiro Obxecto da subvención Importe proposto Bueu G36013712 Confraría de Pescadores San Martín de Bueu Melloras en Hixiene e saúde, comercialización, vixilancia e edificios sociais 3.468,00 € TOTAL CONCELLO DE BUEU (1) 3.468.00 € Cambados G36012847 Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados Equipamento para a lonxa 5.559,30 € TOTAL CONCELLO DE CAMBADOS (1) 5.559,30 € Cangas do Morrazo G36007714 Confraría de pescadores San Cipriano de Aldán-Hío Mellora na comercialización e reparación e equipamento do edificio social 3.500,00 € Cangas do Morrazo G36014389 Confraría de pescadores San José Adquisición casco embarcación vixilancia 8.479,00 € TOTAL CONCELLO DE CANGAS (2) 11.979,00 € Grove, O G36014744 Confraría de pescadores San Martiño do Grove Reparación da sede social da confraría de pescadores do Grove 5.010,00 € TOTAL CONCELLO DE GROVE (1) 5.010,00 € Guarda, A G36014173 Confraría de pescadores Santa Tecla Equipamento das lonxas 1.432,37 € Guarda, A G36014173 Confraría de pescadores Santa Tecla Seguridade, hixiene e saúde no traballo: equipamento das tripulacións 3.500,00 € TOTAL CONCELLO DE A GUARDA (2) 4.932,37 € Marín G36013688 Confraría de pescadores Santa María del Puerto Equipamento de caixas apilables de 25 litros 8.865,00 € TOTAL CONCELLO DE MARÍN (1) 8.865,00 € Poio G36020261 Confraría de pescadores San Gregorio-Raxó Equipamento para realización de labores de vixilancia 412,94 € TOTAL CONCELLO DE POIO (1) 412,94 € Pontevedra V36016962 Confraría de pescadores San Telmo de Pontevedra Mellora na comercialización: equipamento de punto de venda 4.239,00 € Pontevedra V36016962 Confraría de pescadores San Telmo de Pontevedra Acondicionamento interior do edificio da sede social 5.396,00 € Pontevedra V36362879 Lonxa de campelo A.I.E. Mellora da comercialización. Clasificadoras de moluscos 4.625,00 € TOTAL CONCELLO DE PONTEVEDRA (3) 14.260,00 € Redondela F36010916 Confraría de pescadores San Juan de Redondela Reparación e equipamento dos edificios sociais 3.847,13 € Redondela F36010916 Confraría de pescadores San Juan de Redondela Equipamento para a execución de labores de vixilancia 1.035,30 € Redondela F36010916 Confraría de pescadores San Juan de Redondela Mellora do equipamento da lonxa 299,50 € TOTAL CONCELLO DE REDONDELA (3) 5.181,93 € Sanxenxo G36012839 Confraría de pescadores San Roque de Portonovo Renovación edificio confraría 2.937,30 € TOTAL CONCELLO DE SANXENXO (1) 2.937,30 € Soutomaior G36012821 Confraría de pescadores Virgen del Carmen de Sotomaior Mobiliario para vestiarios de mariscadores/as a flote 1.740,00 € Soutomaior V36621282 Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra Equipamento da Sala de Xuntas do edificio social da Federación (mobiliario) 8.775,00 € TOTAL CONCELLO DE SOUTOMAIOR (2) 10.515,00 € Vigo G36619252 Confraría de Pescadores San Francisco Provisión de traxes de augas con flotabilidade para os afiliados da confraría 6.166,00 € TOTAL CONCELLO DE VIGO (1) 6.166,00 € Vilaboa G36293272 Asoc. profesional de mariscadores Pedra da Oliveira de Vilaboa Mellora da comercialización e equipamento da lonxa 2.122,80 € TOTAL CONCELLO DE VILABOA (1) 2.122,80 € Vilagarcía de Arousa G36012813 Confraría de pescadores Santiago Apóstol de Carril Mellora na comercialización, equipamento das lonxas, puntos de control, etc. 2.447,45 € Vilagarcía de Arousa G36012854 Confraría de pescadores Virgen del Rosario Adecuación edificio confraría é equipamentos. 9.250,00 € TOTAL CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA (2) 11.697,45 € Vilanova de Arousa G36013597 Confraría de Pescadores A Pastoriza Reparación local social da confraría 3.700,78 € Vilanova de Arousa G36013597 Confraría de Pescadores A Pastoriza Punto de información a usuarios para lonxa 3.187,50 € TOTAL CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA (2) 6.888,28 € 16.17545.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DO SINEIRO (CIF: G-36.145.878) (O GROVE) DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, ANUALIDADE 2008, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 108 DENOMINADA “MOBILIARIO E EQUIPAMENTOS” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación á xustificación, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, da obra denominada “Mobiliario e equipamentos”, incluída no PAC/2008 co ordinal 108 e declarar de aboo a cantidade de seis mil euros (6.000,00 €), a favor da Asociación de Veciños do Sineiro (CIF: G-36.145.878) do Concello do Grove. 17.17546.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 23 de decembro de 2009, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A factura que figura ca referencia 200900001529, correspondendo á empresa Construccións, Obras e Viais, S.A. COVSA, por importe total de 31.999,73 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 31.999,73 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido 31.999,73 € 18.17547.- AUTORIZACIÓN DA PUBLICACIÓN DO ANUNCIO DE INFORMACIÓN PREVIA DA LICITACIÓN DO PROXECTO E-DEPO Actualmente, facer a administración máis próxima á cidadanía é un dos principais obxectivos da Deputación de Pontevedra. A demanda que existe hoxe por parte dos cidadáns, relativa á calidade dos servizos públicos prestados, provoca a necesidade de definición de novos marcos de actuación e mellora dos procedementos administrativos tanto a nivel autonómico, como a nivel local nas Deputacións e nos propios Concellos. Neste sentido, a evolución da sociedade da información e do coñecemento representan, tamén nos concellos, un cambio esencial nas relacións sociais, e iso como consecuencia das facilidades que poden ter os cidadáns para acceder de forma inmediata ós recursos da información con independencia do seu contido e orixe. Isto é posible polas capacidades que permiten o uso das novas tecnoloxías da información e as comunicacións, materializadas principalmente nas novas canles de comunicación que posibilitan o uso de internet. Estas facilidades de acceso inmediato á información están desencadeando profundas transformacións nas relacións empresariais e nas relacións entre os cidadáns e as administracións públicas. Neste contexto, e pola súa maior proximidade ó cidadán, as Deputacións e os Concellos xogan un papel fundamental para impulsar iniciativas que fomenten os hábitos dos cidadáns e as empresas no uso das novas canles de comunicación, e desa forma fomentar o desenvolvemento e consolidación da sociedade da información e do coñecemento no seu contorno xeográfico. Os avances das tecnoloxías da información e as comunicacións permiten optimizar o funcionamento interno das administracións locais e axilizar a comunicación co resto de administracións públicas, o que facilita a obtención de importantes beneficios económicos e sociais. De igual forma, o desenvolvemento tecnolóxico permite un maior contacto cos cidadáns e favorece a integración das zonas rurais e illadas na corrente de desenvolvemento promovida polo uso do TIC. As administracións máis dinámicas e que mellor saiban aproveitar as oportunidades tecnolóxicas, constituiranse en focos de atracción de recursos cos que desenvolver a economía local e mellorar as condicións de vida dos cidadáns. A cidadanía solicita que se lle preste un servizo integral, que ofreza por un lado respostas en prazos de tempo reducido ás peticións que manifesta, e doutra banda, demanda un servizo que reduza a desorientación que sente cando inicia a busca dun servizo público determinado, principalmente cando o servizo implica varias administracións. Para a propia administración o impacto é moi positivo, xa que se diminúen os erros, mellóranse as relacións cos empregados e con outras administracións públicas, afórranse custos e redúcese o uso do papel. En definitiva, podemos concluír que esta orientación de cara ó cidadán, pasa pola definición de sistemas e procesos de xestión e atención integral, personalizados e con capacidade para múltiples canles e linguas, que ofrezan respostas rápidas á súa poboación. Estes son os factores clave da necesidade de servizos de administración electrónica. Nestes últimos anos o ámbito legal e normativo veuse adaptando ás novas esixencias derivadas dos avances tecnolóxicos e de desenvolvemento da sociedade da información. Así, poderiamos considerar aspectos legais tan importantes como a protección de datos de carácter persoal, a regulación da prestación de servizos da sociedade da información, o uso da sinatura electrónica e os servizos de certificación, a loita contra os novos delitos informáticos, o control de contidos, etc. Así mesmo, debemos destacar a importancia que tivo a entrada en vigor da Lei de acceso electrónico dos cidadáns á Administración que establece o dereito de todos os cidadáns a relacionarse electronicamente coas administracións públicas, así como a obriga destas a garantilo. Esta lei convértese nun punto de partida dunha nova xeración de dereitos dos cidadáns, os dereitos dixitais. Ante esta situación a Deputación de Pontevedra lanza un proxecto que se encontra enmarcado dentro do proceso de modernización no que a Deputación de Pontevedra encóntrase inmersa e que pretende expandir ó resto de concellos da provincia. Trátase dun proxecto que pretende cubrir un dobre obxectivo que pasa pola mellora na xestión interna da entidade, así como o desenvolvemento de servizos innovadores de valor, a prestar ós concellos que a conforman dentro do seu ámbito de competencia. A Deputación de Pontevedra, en liña cos obxectivos de cooperación e transferencia tecnolóxica entre as administracións públicas que propugna o Plan Avanza (unha das vías de financiamento do presente contrato), comprométese a dar acceso a todos os concellos da provincia de Pontevedra que así o desexen, ás distintas plataformas obxecto do presente contrato. Para lograr que este proxecto obteña un resultado exitoso preténdese utilizar o CPD da Deputación de Pontevedra, co fin de facer unha implantación centralizada de todo o sistema, de xeito que os concellos teñan como máxima preocupación o como utilizar os distintos aplicativos, pero en ningún caso o preocuparse polo seu soporte ou mantemento. O alcance do proxecto obxecto deste concurso, divídese en lotes, que podemos resumir da seguinte forma: LOTE DESCRICIÓN DO LOTE IMPORTE LOTE 1 Infraestruturas para o Centro de Proceso de Datos e periféricos de soporte 450.000,00 € LOTE 2 Plataforma de Tramitación Electrónica 1.535.000,00 € LOTE 3 Estratexia I*net 600.000,00 € LOTE 4 Dixitalización de fontes documentais, gráficas e audiovisuais 1.415.000,00 € TOTAL (todas as cantidades inclúen IVE) 4.000.000,00 € LOTE 1– Infraestruturas para o Centro de Proceso de Datos. O obxecto deste lote é a adquisición de todo o equipamento de servidor e almacenaxe necesaria para soportar as novas aplicacións e servizos (no ámbito da xestión interna e xestión para concellos) incluídas noutros lotes deste mesmo concurso, así como unha serie de periféricos de soporte ó proxecto de modernización (impresoras de etiquetas, escáneres A2 e escáneres A4). Importe de licitación proposto: 450.000,00 euros. LOTE 2– Plataforma de Tramitación Electrónica. Baixo este lote contémplase: a) Subministración, implantación e posta en marcha dunha Plataforma de Tramitación Electrónica. Esta plataforma soportará toda a xestión dos procedementos (en todo o seu alcance: rexistro de entrada, workflow de procesos, tramitación, informes e formularios, e-servizos, etc.) da Deputación de Pontevedra tanto internos coma externos (para aqueles concellos menores de 14.000 habitantes que queiran adherirse a un modelo de servizo a establecer pola Deputación). b) Subministración e integración dun sistema de Xestión Documental Corporativo. c) Ferramentas de Xestión de alta dirección (cadro de mando de xestión - módulo analítico). d) Sistema de factura electrónica. e) Sistema de licitación electrónica. f) “Service Desk”. Tres persoas (dous anos de servizo) para segundo nivel de asistencia sobre aplicacións da plataforma de tramitación electrónica (perfil de Xestión Documental, perfil Xestión de Expedientes e Perfil E-Servizos). Importe de licitación proposto: 1.535.000,00 euros LOTE 3– Estratexia I*net. Baixo este lote contémplase: a) Desenvolvemento, implantación e posta en marcha dos Portais e Intranet da Deputación (de acordo coa consultoría realizada). b) Aplicación para automatizar o Boletín Oficial da Provincia. c) “Service Desk”. Dúas persoas (dous anos de servizo) para segundo nivel de asistencia sobre aplicacións I*net da Deputación de Pontevedra. Importe de licitación proposto: 600.000,00 euros LOTE 4– Dixitalización de fontes documentais, gráficas e audiovisuais Baixo este lote contémplase: a) Servizos de dixitalización de fontes documentais e gráficas. b) Servizos de dixitalización de fontes audiovisuais. c) Bolsa de xornadas para dixitalización de fontes audiovisuais tipo encerado ou vinilo (para que unha vez terminado o proxecto, se poidan dixitalizar fontes que poidan ir aparecendo en vinilo ou encerados). d) Infraestruturas de escaneado para incorporación de novas fontes documentais e gráficas. Incluirase un escáner tipo A3 para cada un dos 42 concellos identificados (<14.000 habitantes), e dous escáner (un tipo A2 e outro tipo planetario A3) para o Arquivo da Deputación de Pontevedra. e) Dúas estacións de captura Macpro para o Arquivo da Deputación de Pontevedra. Importe de licitación proposto: 1.415.000,00 euros O importe do devandito contrato será de aproximadamente 4.000.000,00 €, e imputarase, no seu día, ás seguintes partidas: Lote Descrición do Lote Importe Partidas e Importes LOTE 1 Infraestruturas para o Centro de Proceso de Datos e periféricos de soporte 450.000,00 € 09/132.121.627.01 (180.900,00 €) 09/911.451.627.01 (189.020,00 €) 08/132.121.626.01 (80.080,00 €) LOTE 2 Plataforma de Tramitación Electrónica 1.535.000,00 € 09/132.121.627.01 (814.460,45 €) 09/911.451.627.01 (672.027,47 €) 08/132.121.640.00 (48.512,08 €) LOTE 3 Estratexia I*net 600.000,00 € 09/132.121.627.01 (142.188,47 €) 09/911.451.627.01 (457.811,53 €) LOTE 4 Dixitalización de fontes documentais, gráficas e audiovisuais 1.415.000,00 € 09/911.451.627.01 (1.415.000,00 €) TOTAL (todas as cantidades inclúen IVE) 4.000.000,00 € Considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, do 18 de novembro, e o que se dispón no artigo 125 da Lei contratos do sector publico, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A autorización da publicación do anuncio de información previa da licitación do proxecto E-DEPO. O órgano de contratación poderá reducir o período de licitación a trinta e seis días se así o estima pertinente, de conformidade co previsto no artigo 143 LCSP. 19.17548.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONTRATO, POR PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A SUBMINISTRACIÓN DUN TRACTOR AGRÍCOLA, DOTADO DE DESBROZADORA E PA CARGADORA A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 28 de outubro de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora e pa cargadora para o Concello das Neves, por un importe global de 85.000,00 euros, IVE incluído. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora e pa cargadora, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 216 de data 9 de novembro de 2009. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 25 de novembro de 2009, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, Comercial Vazpe, S.L.; Talleres F.C. Trigo, S.L. e Auto Avión, S.A. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 30 de novembro de 2009, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora e pa cargadora, procedendo á apertura dos sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que a Mesa de Contratación, na citada reunión do día 30 de novembro de 2009, acorda excluír á empresa Talleres F.C. Trigo, S.L., por reflectir no sobre “B” o importe ofertado pola subministración do tractor equipado con pa e desbrozadora. Resultando que polo Xefe do Parque de Maquinaria se emite informe onde se deixa constancia de que a empresa Auto Avión, S.A., non cumpre co estipulado no prego de prescricións técnicas no tocante á cabina abatible e ó chasis integral, e informa sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas da oferta presentada pola empresa, Comercial Vazpe, S.L. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 21 de novembro de 2009, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada pola empresa Comercial Vazpe, S.L., procedeu á apertura do sobre “C”, presentada pola mesma, correspondente ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo a seguinte puntuación: Empresa Puntos Sobre “B” Puntos Sobre “C” TOTAL Prezo Prazo Comercial Vazpe, S.L. 30,00 7,167 10,00 47,167 Á vista da puntuación global acadada pola empresa, Comercial Vazpe, S.L., a Mesa de Contratación propón que se lle adxudique o contrato, motivado todo iso por cumprir co estipulado no prego de prescricións técnicas e por obter a maior puntuación tras a valoración dos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas económico-administrativas que rexeron este procedemento aberto. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente á empresa, Comercial Vazpe, S.L. (C.I.F. B-36.020.196), o contrato para efectuar a subministración dun tractor agrícola, dotado de desbrozadora e pa cargadora, polo prezo global de oitenta e un mil novecentos cincuenta e catro euros (81.954,00 €), IVE incluído, de acordo ó seguinte desagregación: a) Prezo do contrato 70.650,00 euros. b) IVE (16%) 11.304,00 euros c) Total (A +B) 81.954,00 euros. 2.- Conceder á empresa, Comercial Vazpe, S.L., un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva por importe de 3.532,50 euros, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- O pagamento das obrigas derivadas deste contrato efectuarase, unha vez recepcionado o tractor agrícola, dotado coa desbrozadora e a pa cargadora, con cargo á partida 09/911.911.662.09.2008, do vixente orzamento provincial. 4.- A empresa, Comercial Vazpe, S.L., como adxudicataria deste procedemento aberto, ingresará a cantidade de 136,40 euros na Tesourería da Deputación de Pontevedra, en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). 20.17549.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DA OBRA “MELLORA ZONA MAGDALENA E VARIANTE IGREXA EN E.P. 2502 CERQUIDO-RIBADELOURO (TUI) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 21 de outubro de 2009, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Mellora zona Magdalena e variante Igrexa en E.P. 2502 Cerquido-Ribadelouro (Tui)”, con orzamento de 349.526,98 €, máis a cantidade de 55.924,32 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 26 de novembro de 2009 se constitúe a Mesa de Contratación co obxecto de proceder ó estudo da documentación contida nos sobres “A” achegada polos licitadores, admitíndose todas as ofertas presentadas. Resultando que con data 1 de decembro de 2009, se reúne a Mesa de Contratación para proceder á apertura dos sobres “B”, remitíndose ó servizo de Infraestruturas para a súa valoración. Resultando que polo Director de Infraestruturas en funcións se emite informe relativo ás empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos unha vez ponderados os criterios non avaliables mediante fórmulas contidos nos sobres “B”. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 22 de decembro de 2009, da a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido por Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos sobres “B”, e valorada a documentación contida nos sobres “C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación provisional da obra a favor de CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A., toda vez que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: LICITADOR Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total Construccions, Obras e Viais, S.A. 40,43 49,792 90,222 Construcciones Crespo, S.A. 44,00 14,810 58,810 Narom, S.L. 30,88 38,040 68,920 Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. 35,27 24,094 59,364 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS,S.A. a obra de “Mellora zona Madalena e variante Igrexa en E.P. 2502 Cerquido-Ribadelouro (Tui)”, na suma de 280.006,06 €, máis 44.800,97 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de oito meses, melloras valoradas en 21.012,55 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade, dado que obtivo a máxima puntuación unha vez ponderados os criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu o procedemento de contratación da obra. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir a execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 105,40 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no B.O.P. 21.17550.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONTRATO PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO XORNAL “DIARIO DE AROUSA” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 16 de decembro de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade no xornal “Diario de Arousa”, por un importe total de setenta mil euros (70.000,00€), IVE incluído. Resultando que no citado acordo tamén se decidiu iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa, “Editorial La Capital, S.L.” ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato, a cal presentou a mesma no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que o Xefe do Gabinete de Prensa, con data 3 de decembro de 2009, elaborou un informe valorando a oferta presentada pola empresa convidada manifestando no mesmo que cumpre co estipulado nos pregos de condicións. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 22 de decembro de 2009 e de acordo co informe emitido polo Sr. Xefe do Gabinete de Prensa, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa, “Editorial La Capital, S.L.”, motivado todo iso por gozar de exclusividade para a execución do contrato e cumprir a devandita empresa cos requisitos esixidos neste procedemento negociado. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. De conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente, á empresa Editorial La Capital, S.L. (C.I.F.- B-15.162.068) o contrato para prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Arousa”, por un importe total de setenta mil euros (70.000,00 €), IVE incluído, (Do importe total, 60.344,83 euros corresponden ó prezo do contrato e 9.655,17 euros ó IVE), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: P. UNITARIO IVE IMPORTE TOTAL 18 Páxinas publicidade institucional 1.485,82 € 237,73.€ 1.723,55 € 31.023,90 € 20 Páxinas información específica 1.680,00 € 268,80 € 1.948,80 € 38.976,10.€ 70.000,00 € 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación desta resolución no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 3.017,24 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3.- O pagamento dos servizos obxecto desta contratación efectuaranse con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente orzamento provincial. 22.17551.- PRÓRROGA DO PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS DO NOVO CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN A Xunta de Goberno, en sesión de 10/03/2006, adxudicou a ORECO, S.A. o concurso convocado para a execución da obra do Novo Campo de Fútbol de Pasarón. Así mesmo, a Xunta de Goberno, en sesión de 01/04/2009, adoptou o acordo de prorrogar o prazo de execución da obra ata o 18 de decembro de 2009. A empresa adxudicataria da obra, con data 16 dos correntes, remite escrito, co visto e prace da Dirección Facultativa, no que solicita unha ampliación da prórroga ata o 14 de maio de 2010, sobre a base de: 1.- Que o novo trazado da liña de media tensión que pasaba pola zona de influencia das obras impediu o ritmo axeitado de traballo na fase de cimentación da bancada de Preferencia. 2.- Que durante a execución da última fase das obras se solicitou a realización de diversos traballos complementarios que se están a executar. 3.- Ante a necesidade de compatibilizar a execución das obras coa celebración dos partidos de fútbol, o que obriga á realización de diversos traballos provisionais, o que impide, nalgúns momentos, o acceso de maquinaria pesada á obra. Á vista do exposto, e considerando o disposto no art. 100 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, relativo ó Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar o prazo de execución da obra do “Novo Campo de Fútbol de Pasarón (Pontevedra)”, ata o día14 de maio de 2010. 23.17552.- APROBACIÓN DA REVISIÓN DE PREZOS Nº2 DO PROXECTO MODIFICADO “AMPLIACIÓN MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN EDIFICIO SARMIENTO” Vista a certificación nº 2 da revisión de prezos relativa as obras de “Proxecto modificado de ampliación Museo de Pontevedra e rehabilitación edificio Sarmiento”, adxudicada no seu día á Empresa DRAGADOS, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 17 do mes de decembro e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2009, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: DRAGADOS, S.A. (CIF. A-15.139.314) 09/432.451-622.01.2008 (Deputación) 347.700,10 € SUBTOTAL 347.700.10 € Taxa Técnicos Directores (4%) 10.075,34 € Control de calidade (3%) 8.992,24 € Seguridade e Saúde 0,00 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 328.632,52 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 24.17553.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº12 DO PROXECTO COMPLEMENTARIO “RESTOS MURALLA AMPLIACIÓN MUSEO DE PONTEVEDRA” (EXPTE. D08/43) Vista a certificación núm. 12 relativa o proxecto complementario “Restos muralla ampliación Museo de Pontevedra”, adxudicada no seu día á Empresa DRAGADOS, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 16 do mes de decembro e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2009, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: DRAGADOS, S.A. (CIF. A-15.139.314) 09/432.451-622.01 (Deputación) 236.440,36 € SUBTOTAL 236.440.36 € Taxa Técnicos Directores (4%) 6.851,36 € Control de calidade (3%) 7.237,35 € Seguridade e Saúde (0%) 0,00 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 222.351,65 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 25.17554.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN DE REVISIÓN DE PREZOS DO CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN –PONTEVEDRA (EXPTE. D05/734) Vista a certificación revisión de prezos relativa á obra “Construción do campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)”, adxudicada no seu día á Empresa ORECO, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención, de data 21 de decembro de 2009, e así mesmo de acordo coa Base 17ª de execución do orzamento provincial 2009, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: ORECO, S.A. (CIF. A-36.614.691) 09/450.452-662.02.2008 09/450-452-662-02 (Deputación) 481.496,05 € SUBTOTAL 481.496.05 € Taxa Técnicos Directores (4% PEM) 13.952,36 € Control de calidade (2% PEM) 6.976,18 € Seguridade e saúde (O,72% PEM) 2.511,42 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 458.056,09 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 26.17555.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO XORNAL “DIARIO DE PONTEVEDRA” O Sr. Xefe do Gabinete de Prensa, a través de escrito de data, 17 de decembro de 2009, no que figura o conforme do Sr. Vicepresidente Económico, solicita que se contrate coa empresa “Lérez Ediciones, S.L.”a prestación de servizos de publicidade para realizar no xornal “Diario de Pontevedra”, as seguintes actuacións: 60 suplementos para realizar unha campaña de carácter universitario, con temas culturais, de ciencia e humanidades referentes ó Campus de Pontevedra e da provincia en xeral. Estes suplementos supoñen un total de 149.206 exemplares, distribuídos proporcionalmente entre as 60 tiradas menos a última, que se lle engadirán os exemplares restantes. 10 faldróns publicitarios no suplemento HQR, con contidos que fagan referencia ás actuacións realizadas pola Deputación para o fomento do deporte base. 15 páxinas en cor relativas á campaña “Pontevedra concello a concello” na que se analizarán os aspectos máis relevantes dos concellos de Pontevedra, Poio, Marín, Ponte Caldelas, Sanxenxo, Bueu, Caldas, Lalín, Silleda, Vilaboa, Campo Lameiro, Barro, Cotobade, A Lama e Meis, nos planos turístico, empresarial, económico e social para impulsar os devanditos sectores. 10 anuncios de 25 módulos, 10 publi-reportaxes a dobre plana e 4 insercións nos catro especiais que Diario de Pontevedra publique con motivo do seu 120 aniversario, con contidos que reflictan as actividades e actuacións da Deputación Provincial de Pontevedra en todos os seus ámbitos de actuación como organismo dinamizador e promotor de ditas actividades. Patrocinio dunha guía do comercio e turismo local para ser distribuída cos exemplares do xornal. Resultando que o custo deste servizo se cifra en 161.103,00 euros e que polo Servizo de Intervención se emite o documento RC de data 21/12/2009, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, polo citado importe, para facer fronte ás obrigas derivadas da execución do contrato, con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente orzamento provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, se confeccionou o proxecto de prego de condicións administrativas que han de rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento negociado sen publicidade, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 21 de decembro de 2009. Resultando que con data 22 de decembro de 2009, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”. Resultando que con data, 22 de decembro de 2009, polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 10 tipifica a este contrato como “de servizos” ó ter por obxecto prestacións de facer consistentes no desenvolvemento dunha actividade e que o procedemento negociado sen publicidade é o máis indicado para proceder á súa adxudicación sobre a base do estipulado no artigo 154 d) da Lei 30/2007, ó ser a empresa “Lérez Ediciones, S.L.” a única que goza de exclusividade para realizar este. Considerando que a disposición adicional segunda da referenciada Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta o Ilustrísimo Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”, por un importe total de cento sesenta e un mil cento tres euros (161.103,00 €), IVE incluído, (Do importe total, 138.881,90 euros corresponden ó prezo do contrato e 22.221,10 euros ó IVE), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Espazo Nº P.Unitario IVE Importe TOTAL Exemplares suplemento 149.206 0,47 € 0,8 € 0,55 € 82.063,00 € Faldróns HQR. 10 297,93 € 47,67 € 345,60 € 3.456,00 € Anuncios publicitarios 10 855,17 € 136,82 € 992,00 € 9.920,00 € Publirreportaxes d/p. 10 2.098,70 € 335,79 € 2.434,50 € 24.344,96 € Suplemento 120 aniversario 4 2.000,00 € 320,00 € 2.320,00 € 9.280,00 € PONTEVEDRA CONCELLO A CONCELLO Pontevedra 1 5.021,79 € 803,49 € 5.825,28 € 5.825,28 € Poio, Marín, Ponte Caldelas, Sanxenxo. 4 2.510,90 € 401,74 € 2.912,64 € 11.650,56 € Bueu, Caldas, Lalín, Silleda, Vilaboa. 5 1.673,93 € 267,83 € 1.941,76 € 9.708,80 € Campo Lameiro, Barro, Cotobade, A Lama, Meis. 5 836,97 € 133,92 € 970,88 € 4.854,40 € 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito procedemento negociado. 3. Autorizar o gasto por importe de 161.103,00 euros, con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente orzamento provincial. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación da prestación dos servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”, mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa “Lérez Ediciones, S.L.” ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CONDICIÓNS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS QUE TEÑEN QUE REXER A CONTRATACIÓN POR PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO XORNAL “DIARIO DE PONTEVEDRA” 1.- OBXECTO.- A prestación de servizos de publicidade por parte da empresa “Lérez Ediciones, S.L.”, para realizar no xornal Diario de Pontevedra as seguintes actuacións: 60 suplementos para realizar unha campaña de carácter universitario, con temas culturais, de ciencia e humanidades referentes ó Campus de Pontevedra e da provincia en xeral. Estes suplementos supón un total de 149.206 exemplares, distribuídos proporcionalmente entre as 60 tiradas menos a última que se lle engadirán os exemplares restantes. 10 faldróns publicitarios no suplemento HQR, con contidos que fagan referencia ás actuacións realizadas pola Deputación para o fomento do deporte base. 15 páxinas en cor relativa á campaña “Pontevedra concello a concello” na que se analizarán os aspectos máis relevantes dos concellos de Pontevedra, Poio, Marín, Ponte Caldelas, Sanxenxo, Bueu, Caldas, Lalín, Silleda, Vilaboa, Campo Lameiro, Barro, Cotobade, A Lama e Meis, nos planos turístico, empresarial, económico e social para impulsar os devanditos sectores. 10 anuncios de 25 módulos, 10 publi-reportaxes a dobre plana e 4 insercións nos catro especiais que Diario de Pontevedra publique con motivo de seu 120 aniversario, con contidos que reflictan as actividades e actuacións da Deputación Provincial de Pontevedra en todos os seus ámbitos de actuación como organismo dinamizador e promotor de ditas actividades. Patrocinio dunha guía do comercio e turismo local para ser distribuída cos exemplares do xornal. 2.- FINANCIAMENTO.- Con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente Orzamento Provincial. 3.- PAGAMENTO.- O adxudicatario terá dereito ó pagamento, conforme ó prezo convido e efectuarase unha vez prestado o servizo e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. 4.- PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN.- Negociado sen publicidade, de conformidade co que se establece no artigo 154d) da Lei 30/2007, de 30 outubro, de Contratos do Sector Público (LCSP). 5.-DURACIÓN.- O contrato terá unha duración dende a data da súa sinatura ata o 31 de marzo de 2010. 6.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato fíxase nunha cantidade máxima de cento trinta e oito mil oitocentos oitenta e un euros con noventa céntimos (138.881,90 €), sen IVE, sendo a cantidade correspondente ó IVE vinte e dous mil douscentos vinte e un euros con dez céntimos (22.221,10 €), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Espazo Nº P. Unitario IVE Importe TOTAL Exemplares suplemento 149.206 0,47 € 0,8 € 0,55 € 82.063,00 € Faldróns HQR. 10 297,93 € 47,67 € 345,60 € 3.456,00 € Anuncios publicitarios 10 855,17 € 136,82 € 992,00 € 9.920,00 € Publirreportaxes d/p. 10 2.098,70 € 335,79 € 2.434,50 € 24.344,96 € Suplemento 120 aniversario 4 2.000,00 € 320,00 € 2.320,00 € 9.280,00 € PONTEVEDRA CONCELLO A CONCELLO Pontevedra 1 5.021,79 € 803,49 € 5.825,28 € 5.825,28 € Poio, Marín, Ponte Caldelas, Sanxenxo. 4 2.510,90 € 401,74 € 2.912,64 € 11.650,56 € Bueu, Caldas, Lalín, Silleda, Vilaboa. 5 1673,93 € 267,83 € 1.941,76 € 9.708,80 € Campo Lameiro, Barro, Cotobade, A Lama, Meis. 5 836,97 € 133,92 € 970,88 € 4.854,40 € 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da devandita norma. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 do LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), dentro do prazo de 10 días naturais contado dende o día seguinte á recepción da invitación a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta no mesmo día, preferentemente mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama. 9.2º.-Formalidades.- As proposicións constarán de dous sobres pechados, denominados A e B en cada un dos cales farase constar o contido, na forma que se indicará, así como o nome ou denominación do licitador. A) SOBRE A denominada “PROPOSICIÓN ECONÓMICA”, axustarase ó modelo contido na cláusula final do presente prego. Presentarase pechado, poderá ser lacrado e precintado a petición do interesado; deberá conter a seguinte inscrición: PROPOSICIÓN ECONÓMICA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE PARA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO XORNAL “DIARIO DE PONTEVEDRA” Cada licitador só poderá presentar unha proposición. Non se poderá subscribir proposta algunha de unión temporal con outros licitadores se se fixo de forma individual ou con outra unión temporal. Neste sobre deberá figurar a oferta económica segundo o modelo que figura na cláusula final do prego e demais documentación obxecto de valoración. B) SOBRE B denominados “DOCUMENTOS” deberá conter a seguinte inscrición: DOCUMENTOS XERAIS PARA OPTAR Á CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE, DOS SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO XORNAL “DIARIO DE PONTEVEDRA” O devandito sobre deberá conter a seguinte documentación: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado de clasificación: Grupo T, subgrupo 1, categoría B Deberase acompañar á certificación unha declaración do empresario na que se manifeste as condicións e circunstancias en que se baseou a súa concesión. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. Cando a acreditación das circunstancias mencionadas nos números 1, 2 e 3 realícense mediante a certificación dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non han experimentada variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Deputación. -O Interventor da Deputación. -O Xefe do Gabinete de Prensa. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Deputación. 11.- ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR.- Serán o prezo, a calidade da publicidade elaborada para a súa difusión, así como a páxina onde se vai inserir. 12.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez solicitados os oportunos informes e negociados os aspectos técnicos e económicos, examinará a proposta da mesa de contratación e adxudicará provisionalmente este contrato, si cumpre co estipulado nos pregos, o único licitador que poida executar o mesmo. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que concretará e fixará os termos definitivos do contrato, notificarase ó único empresario que poida realizar o contrato e publicarase no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra. 13.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 15.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato ó que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 17.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista será responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a administración ou para os terceiros das omisións, erros, métodos desaxeitados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. A Administración determinará se a prestación realizada polo contratista axústase ás prescricións establecidas para a súa execución e cumprimento, requirindo, se é o caso, a realización das prestacións contratadas e a emenda dos defectos observados na súa execución. Se os traballos efectuados non se adecúan á prestación contratada, como consecuencia de vicios ou defectos imputables ó contratista, poderá rexeitar a mesma quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, se é o caso, á recuperación do prezo satisfeito. 18.- DEFICIENCIAS NA PRESTACIÓN DO SERVIZO.- O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a realización do mesmo, de incumprir o devandito prazo incorrerá en mora. Neste caso, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades diarias na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 euros do prezo do contrato. 19.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 284 do LCSP. 20.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, observarase o disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 21.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativo, a teor do que se dispón na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don....., maior de idade, veciño de......, con domicilio en .......titular do DNI......., expedido en data........, actuando en nome propio ou en representación da C empresa........con C.I.F.- número......... e domicilio en......, teléfono........ segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Sendo convidado para presentar unha oferta para optar á adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, do contrato correspondente á “Prestación de servizos de publicidade no xornal Diario de Pontevedra”, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, de acordo ó seguinte detalle: Espazo Nº P. Unitario IVE Importe TOTAL Exemplares suplemento 149.206 Faldróns HQR. 10 Anuncios publicitarios 10 Publirreportaxes d/p. 10 Suplemento 120 aniversario 4 PONTEVEDRA CONCELLO A CONCELLO Pontevedra 1 Poio, Marín, Ponte Caldelas, Sanxenxo. 4 Bueu, Caldas, Lalín, Silleda, Vilaboa. 5 Campo Lameiro, Barro, Cotobade, A Lama, Meis. 5 (Data e sinatura do propoñente)” 27.17556.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota