Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2009-12-30_Ordinaria. Acta de sesión 2009/12/30_Ordinaria
Acta de sesión 2009/12/30_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.379/2.2009-12-30_Ordinaria
Título Acta de sesión 2009/12/30_Ordinaria
Data(s) 2009-12-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día trinta de decembro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Acctal., e está presente o Sr. Interventor Acctal., D. Julio Souto Diz. Non asisten os señores/as deputado/as, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva e D. José Juan Durán Hermida. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17557.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 23 de decembro de 2009. 2.17558.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantía definitiva á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. (C.O.V.S.A.). A empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. (C.O.V.S.A.),(NIF A.36.008.886), mediante escrito diante esta Deputación solicitou a devolución da garantía constituída para responder do contrato da mesma. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran ambos informes emitidos polo Servizo de Intervención e así mesmo polo Director de obra, D. Baltasar Pujales Estévez, enxeñeiro técnico de Infraestruturas, Xefe da Zona Norte, nos cales se establece que procede a devolución da garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, establece que unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido ó prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan nos correspondentes expedientes e de conformidade có establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: -A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval do Banco de Galicia, por importe de dous mil novecentos corenta e oito con sesenta e cinco euros (2.948,65 €), para responder da obra de “Proxecto modificado de mellora pavimentación e dotación de servizos E.P. Calvario-Garrida (Tramo M. Garrido)”, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/05/06, segundo núm.200600049340 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. A empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L, (NIF B.36052.876), mediante escrito diante esta Deputación solicitou a devolución da garantía constituída para responder do contrato da mesma. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran ambos informes emitidos polo Servizo de Intervención e así mesmo polo Director de obra, D. Baltasar Pujales Estévez, enxeñeiro técnico de Infraestruturas, Xefe de la Zona Norte, nos cales se establece que procede a devolución da garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, establece que unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido ó prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. -A constituída en valores, mediante aval do Bco. Bilbao Vizcaya, por importe de trinta e dous mil seiscentos cincuenta e cinco euros con noventa e sete céntimos (32.655,97 €), para responder de “Urbanización subida a Bahiña (Baiona)”, pertencentes a Fondos Propios de 2003, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/07/03, segundo núm. 200300055597 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. -A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Galicia, por importe de seis mil cincocentos trinta e un euros con trece céntimos (6.531,13 €), para responder de “Proxecto modificado de urbanización subida a Bahiña (Baiña)”, pertencentes a Fondos Propios de 2008, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/08/08, segundo núm. 200800069264 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pago orixinal e o selo da Empresa. 3.17559.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 4.17560.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MEAÑO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002288, DENOMINADA “MELLORA NO MERCADO DE DENA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista, da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002288, denominado “Mellora no mercado de Dena”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Meaño a cantidade de 69.019,05 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002288, denominado “Mellora no mercado de Dena”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 69.019,05 euros Exercicio 2010: 0 euros Exercicio 2011: 0 euros Esta subvención contabilizarase na partida 2009.911.911.662.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 5.17561.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MEAÑO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002289, DENOMINADA “MELLORA CAPA DE RODADURA CAMIÑOS EN MEAÑO 2009”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista, da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002289, denominado “Mellora capa de rodadura camiños en Meaño-2009”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Meaño a cantidade de 199.996,82 €, para a realización do investimento, núm. 2009002289, denominado “Mellora capa de rodadura camiños en Meaño-2009”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 199.996,82 euros Exercicio 2010: 0 euros Exercicio 2011: 0 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á partida 2009.911.911.662.45, na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 6.17562.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MEAÑO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002291, DENOMINADA “MELLORA DA RECOLLIDA SELECTIVA NO RURAL DE MEAÑO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista, da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002291, denominado “Mellora da recollida selectiva no rural de Meaño”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Meaño a cantidade de 94.916,12 €, para a realización do investimento, núm. 2009002291, denominado “Mellora da recollida selectiva no rural de Meaño”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 66.424,79 euros Exercicio 2010: 28.491,33 euros Exercicio 2011: 0 euros Esta subvención contabilizarase, no exercicio 2009, con cargo á partida 2009.911.911.662.45, na que existe crédito para facer fronte a este gasto. A anualidade 2010 contabilizarase con cargo á partida correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 7.17563.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE BAIONA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002403, DENOMINADA “INSTALACIÓN E ADECUACIÓN DE PARQUES INFANTÍS EN PARROQUIAS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002403, denominado “Instalación e adecuación de parques infantís en parroquias” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Baiona, con CIF núm. P3600300B, a cantidade de cento noventa e seis mil oitocentos doce euros con doce céntimos (196.812,12 €), para a realización do investimento núm. 2009002403, denominado “Instalación e adecuación de parques infantís en parroquias”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 65.604,04 euros Exercicio 2010: 65.604,04 euros Exercicio 2011: 65.604,04 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á partida 2009.911.911.662.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. As anualidades 2010 e 2011 contabilizaranse con cargo ás partidas correspondentes, quedando condicionadas á aprobación dos seus respectivos orzamentos. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 8.17564.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE BAIONA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002406, DENOMINADA “REFORMA E ADECUACIÓN DO MERCADO DE SABARÍS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002406, denominado “Reforma e adecuación do mercado de Sabarís” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Baiona, con CIF núm. P3600300B, a cantidade de cento cincuenta e cinco mil novecentos vinte e nove euros (155.929,00 €), para a realización do investimento núm. 2009002406, denominado “Reforma e adecuación do mercado de Sabarís”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 155.929,00 euros Exercicio 2010: 0 euros Exercicio 2011: 0 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á partida 2009.911.911.662.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 9.17565.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE AGOLADA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002564, DENOMINADA “CONSTRUCIÓN AUDITORIO MUNICIPAL”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista, da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002564, denominado “Construción Auditorio Municipal”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Agolada a cantidade de 200.000,00 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002564, denominado “Construción Auditorio Municipal”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 100.000,00 euros Exercicio 2010: 100.000,00 euros. Exercicio 2011: 0 euros Esta subvención contabilizarase, no exercicio 2009, con cargo á partida 2009.911.911.662.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. A anualidade 2010 contabilizarase con cargo á partida correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 10.17566.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE TUI PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002568, DENOMINADA “PROXECTO DE AREA RECREATIVA INFANTIL NO LUGAR DE IGLESIA, BALDRÁNS-TUI”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista, da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002568, denominado “Proxecto de área recreativa infantil no lugar de Iglesia, Blandráns-Tui”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Tui a cantidade de 102.150,30 €, para a realización do investimento, núm. 2009002568, denominado “Proxecto de área recreativa infantil no lugar de Iglesia, Blandráns-Tui”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 50.926,48 euros Exercicio 2010: 51.223,82 euros. Exercicio 2011: 0 euros Esta subvención contabilizarase, no exercicio 2009, con cargo á partida 2009.911.911.662.45, na que existe crédito para facer fronte ó gasto. A anualidade 2010 contabilizarase con cargo á partida correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 11.17567.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE TUI PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002575, DENOMINADA “MELLORA EN VIAIS DOS LUGARES DE MATELO-REMESAL-GATEÑO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002575, denominado “Mellora en viais dos lugares de Matelo-Remesal-Gateño” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Tui, con CIF núm. P3605500B, a cantidade de cento cinco mil oitocentos sete euros con once céntimos (105.807,11 €), para a realización do investimento núm. 2009002575, denominado “Mellora en viais dos lugares de Matelo-Remesal-Gateño”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 21.161,42 euros Exercicio 2010: 27.073,11 euros Exercicio 2011: 57.572,58 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á partida 2009.911.911.662.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. As anualidades 2010 e 2011 contabilizaranse con cargo ás partidas correspondentes, quedando condicionadas á aprobación dos seus respectivos orzamentos. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 12.17568.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE AGOLADA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002580, DENOMINADA “CAPA DE RODADURA A BASADRE”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002580, denominado “Capa de rodadura a Basadre” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Agolada, con CIF núm. P3602000F, a cantidade de sesenta e un mil setecentos noventa e nove euros con dezaoito céntimos (61.799,18 €), para a realización do investimento núm. 2009002580, denominado “Capa de rodadura a Basadre”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0 euros Exercicio 2010: 61.799,18 euros Exercicio 2011: 0 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á partida correspondente na anualidade 2010, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 13.17569.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE TUI PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002588, DENOMINADA “MELLORA EN VIAIS DA PARROQUIA DE RANDUFE”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista, da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002588, denominado “Mellora en viais da parroquia de Randufe”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención a Xunta de Goberno acorda por unanimidade Conceder ó Concello de Tui a cantidade de 182.044,25 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002588, denominado “Mellora en viais da parroquia de Randufe”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 36.408,85 euros Exercicio 2010: 44.613,28 euros. Exercicio 2011: 101.022,12 euros Esta subvención contabilizarase, no exercicio 2009, con cargo á partida 2009.911.911.662.45, na que existe crédito para facer fronte ó gasto. As anualidades 2010 e 2011 contabilizaranse con cargo ás partidas correspondentes, quedando condicionadas á aprobación dos seus respectivos orzamentos. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 14.17570.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002623, DENOMINADA “REHABILITACIÓN DA ANTIGA ESCOLA UNITARIA EN CUARTOS DE BORBÉN”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista, da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002623, denominado “Rehabilitación de antiga escola unitaria en Cuartos de Borbén”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Pazos de Borbén a cantidade de 136.348,95 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002623, denominado “Rehabilitación de antiga escola unitaria en Cuartos de Borbén”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 136.348,95 euros Exercicio 2010: 0 euros. Exercicio 2011: 0 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á partida 2009.911.911.66245 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 15.17571.- PROPOSTA DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA E TECNOLÓXICA DO PROXECTO “POUSADAS” Tendo en conta o Ámbito xeográfico e poboacional referido na memoria aprobada polo MAP o proxecto contempla o deseño, construción e funcionamento do produto turístico Pousadas Xardín do Salnés nun ámbito xeográfico. Os municipios que mellor cumpren cos requisitos recollidos ó longo do proxecto aprobado polo Ministerio de Administracións públicas son os municipios de Meaño, Meis, O Grove, Ribadumia e Vilanova de Arousa, tanto polo carácter eminentemente rural dos mesmos dentro da bisbarra do Salnés como polo menor número de establecementos turísticos existentes nestes concellos. A decisión sobre a situación en parcelas concretas nos catro concellos seleccionados foi unha das decisións que máis tempo e reunións levou, tendo en conta que as parcelas de situación debían contar cunhas características determinadas e unha cualificación urbanística concreta. De aí que o punto de partida inicial de proxecto teña que atrasarse na súa execución inicialmente prevista. Estando actualmente pechadas as situacións en catro destes Concellos: O Grove, Meis, Ribadumia e Vilanova de Arousa. Tendo en conta o mesmo esquema de ámbitos de actuación e actividades a desenvolver que foi no seu día remitido ó Ministerio de Administracións Publicas realizáronse diferentes avances no proxecto. No marco da promoción económica: creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación produtiva e mellora das infraestruturas e servizos sociais que inclúe dous programas do Proxecto pousadas realizáronse os seguintes avances: 1. Programa de Inserción Laboral, en concreto no referido ós capítulos de funcionamento e de xestión do programa así como a dirección do mesmo. Os avances de execución deste capitulo comezaron tal e como estaba previsto no mes de setembro de 2009, coa redacción de proxectos de obra e formativos do programa de inserción laboral. A continuación, e tendo en conta que gran parte das rutas discorren na marxe de varios ríos, solicitouse os pertinentes permisos a diferentes administracións. Está prevista a recepción das pertinentes autorizacións no mes de febreiro/marzo de 2010, polo que se prevé un atraso de seis meses na execución deste programa. Este atraso non afectaría a execución do proxecto, xa que a súa duración é dun ano, polo que a data de finalización de proxecto estaría terminado. 2. Programa Pousada Xardín horta, dentro deste ámbito o programa Pousada Xardín Horta conta con tres epígrafes: • Concurso de Ideas • Proxecto Construtivo • Construción das Pousadas. En canto ós avances na execución deste programa executouse o Concurso de ideas, e o proxecto construtivo de tres das Pousadas, das que de dous iniciáronse tamén os correspondentes permisos e licenzas de obra nos concellos de referencia. A terceira das Pousadas require dunha modificación substancial do orzamento, ó ser necesaria a compra de terreos, e que se puidese entender este gasto, unha vez aceptada a modificación, como gasto elixible ó ser a contía da compra dos terreos inferior a un 10% do orzamento da operación. Finalmente, ó proxecto construtivo da ultima tamén está ultimado, pendente neste caso da tramitación das correspondentes licenzas. 3.- Vistas as instrucións de xestión dos proxectos Feder remitidas polo Ministerio sobre as modificacións dos proxectos subvencionados que deberán ser aprobadas pola DGCL do Ministerio de Política territorial. 4.- Visto que tanto a modificación do proxecto subvencionado realizada no período de execución non altera a finalidade da subvención concedida nin os obxectivos do mesmo, ó tempo que mantén os criterios de admisibilidade recollidos nas Bases, polas que foi concedido o mesmo e respecta o importe do orzamento total elixible aprobado e a contía da subvención concedida. Á vista do anterior a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. A aprobación da modificación orzamentaria e cronolóxica do Proxecto segundo o cadro orzamentario adxunto a esta proposta. 2. Remitir a solicitude de modificación ó Ministerio de Política Territorial para a súa aprobación definitiva Dito cadro é como segue: Anualidades 2007 2008 2009 2010 2011 Total Custe elixible Custe non elixible Orzamento total Fomento da sociedade da información e novas tecnoloxías 0,00 € Promoción económica: creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación produtiva e mellora das infraestruturas e servizos sociais 5.791.347,51€ Programa de inserción laboral Funcionamento e xestión 9.000,00 € 7.985,19 € 16.985,19 € 16.985,19 € Dirección programa Inserción laboral (Dirección, formación e tutorización alumnado) 106.912,64€ 100.000,00 € 206.912,64€ 206.912,64 € Programa Posada- Xardín horta accesible 0,00 € 0,00 € Concurso de ideas 13.500,00€ 13.500,00 € 13.500,00 € Compra de terreos 194.300,52 € 194.300,52€ 194.300,52 € Proxecto construtivo 200.000,00 € 200.000,00€ 200.000,00 € Construción Posadas( 85% del orzamento da construción destinado ós edificios) 2.633.933,56€ 2.525.715,60€ 5.159.649,16€ 5.159.649,16€ Mellora da accesibilidade e mobilidade 0,00 € Mellora do entorno natural e calidade medioambiental 0,00 € 1.183.598,86€ Programa ruta accesible das Pousadas-Xardín 0,00 € 0,00 € Materiais construtivos para formación e inserción laboral 117.903,17 € 93.387,07 € 211.290,24€ 211.290,24 € Programa Posada- Xardín horta accesible 0,00 € Construción Posuadas( 15% do orzamento da construción destinado ós xardíns) 486.000,00 € 486.308,62 € 972.308,62 € 972.308,62 € Protección e preservación do patrimonio cultural 300.000,00 € Programa ruta accesible de las Pousadas-Xardín 0,00 € Posta en valor de rutas de valor cultural (muíños, miradoiros etc) 20.764,00€ 179.236,00 € 100.000,00 € 300.000,00€ 300.000,00 € Promoción da conciliación familiar e cohesión social 1.218.706,56 € Programa de inserción laboral 0,00 € Contratos prácticas (Soldos e salarios- 56 pax/12 meses: maio10-maio11) 912.471,04 € 306.235,52 € 1.218.706,56€ 1.218.706,56 € TOTAL Ámbitos 0,00€ 34.264,00€ 4.839.756,93€ 3.619.632,00€ 8.493.652,93€ 8.493.652,93€ Xestión e seguimento do Proxecto 0,00 € Gastos xenerais de Unidade/es de xestión 14.500,00 € 5.000,00 € 19.500,00 € 19.500,00 € Asistencia técnica (indicar obxecto da asistencia) 15.000,00 € 15.000,00 € 30.000,00 € 30.000,00 € Auditorías Externas (Controis, verificacións) 16.000,00 € 9.000,00 € 25.000,00 € 25.000,00 € Avaliacións 15.000,00 € 15.000,00 € 30.000,00 € 30.000,00 € TOTAL Xestión e Sgto. 0,00€ 0,00 € 60.500,00 € 44.000,00 € 104.500,00€ 104.500,00 € Información e Publicidade 0,00 € Manuais e documentación 30.000,00 € 30.000,00€ 30.000,00 € Páxinas Web/produtos multimedia 59.000,00 € 75.000,00 € 134.000,00 € 134.000,00 € Campañas de comunicación 5.000,00 € 10.000,00 € 15.000,00 € 15.000,00 € Participación en Redes de intercambio 0 0,00 € Xornadas/Sesións/Eventos de difusión 20.000,00 € 20.000,00 € 20.000,00 € TOTAL Información e Publ. 0,00€ 0,00 € 94.000,00 € 105.000,00 € 199.000,00€ 199.000,00 € TOTAL PROXECTO 0,00€ 34.264,00€ 4.994.256,93€ 3.768.632,00€ 8.797.152,93€ 0,00 € 8.797.152,93 € 16.17572.- PROPOSTA DE MODIFICACIÓN ORZAMENTARIA E TECNOLÓXICA DO PROXECTO “WIMAX” 1.- Na Xestión do proxecto Wimax, avanzáronse dous proxectos piloto co obxecto de determinar a mellor solución na futura rede sen fío na Provincia de Pontevedra que permitirá dotar de acceso a Internet de Banda Ancha a núcleos situados nun contorno rural que actualmente non dispón do devandito acceso. Estes proxectos piloto permiten á Deputación de Pontevedra coñecer as prestacións e calidade dunha rede de telecomunicacións realizada na súa parte final con tecnoloxía sen fío Wimax. Tamén permite obter referencias para o posterior despregue da rede de Banda Ancha na Provincia. 2.- Ambos os dous pilotos foron executados no curso do exercicio 2009 e actualmente encóntranse en fase de conclusión de resultados. Obtidos os mesmos, poranse en marcha os demais ámbitos de actuación do Proxecto Wimax, o que garantirá unha maior eficiencia na solución adoptada para o global do proxecto e non suporá ningunha variación nos prazos finais de execución do mesmo. As únicas modificacións previstas para este proxecto correspóndense co paso de aplicacións orzamentarias do 2009 ó ano 2010. 3.- Vistas as instrucións de xestión dos proxectos Feder remitidas polo Ministerio sobre as modificacións dos proxectos subvencionados que deberán ser aprobadas pola DGCL do Ministerio de Administracións Públicas. 4.- Visto que tanta a modificación do proxecto subvencionado realizada no período de execución non altera a finalidade da subvención concedida nin os obxectivos do mesmo, ó tempo que mantén os criterios de admisibilidade recollidos nas Bases, polas que foi concedido o mesmo e respecta o importe do orzamento total elixible aprobado e a contía da subvención concedida. Á vista do anterior a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. A aprobación da modificación orzamentaria e cronolóxica do Proxecto segundo o cadro orzamentario adxunto a esta proposta. 2. Remitir a solicitude de modificación ó Ministerio de Política territorial para a súa aprobación definitiva. Dito cadro é como segue: ANUALIDADES 2009 2010 2011 Total custo elexible Total custe non elexible Orzamento Total Ámbito 1 Fomento da sociedade da información e as novas tecnoloxías 1. Instalación dunha rede de telecomunicacións WIMAX-WIFI 236.640,00 5.620.792,00 5.857.432,00 5.857.432,00 2. Creación dunha rede intermunicipal e coa Deputación 308.285,91 308.285,91 308.285,91 Total Ámbito 1 236.640,00 5.929.077,91 0,00 6.165.717,91 0,00 6.165.717,91 Ámbito 2 Promoción económica: creación de emprego e oportunidades económicas a través da diversificación produtiva e mellora das infraestruturas e servizos locais 1.Acceso a bases de datos de información pública (emprego concursos, subvencións) 3.215,78 3.215,78 0,00 3.215,78 2. Pilotos para control de vixilancia e variables en instalacións agropecuarias 29.900,00 29.900,00 0,00 29.900,00 3.Centro Comercial Virtual 81.690,76 81.690,76 0,00 81.690,76 Total Ámbito 2 0,00 114.806,54 0,00 114.806,54 0,00 114.806,54 Ámbito 3 Mellora del entorno natural e a calidade medioambiental 1. Pilotos de vixilancia (contra incendios, control de vertidos, espazos de interese ecolóxico) 17.887,75 17.887,75 0,00 17.887,75 2. Transmisión de datos de estaciones de control 3.008,46 3.008,46 0,00 3.008,46 3. Desenvolvemento de información en internet (entorno naturais, políticas educativas e divulgativas medioambientais) 1.550,00 1.550,00 0,00 1.550,00 Total Ámbito 3 0,00 22.446,21 0,00 22.446,21 0,00 22.446,21 Ámbito 4 Protección e preservación del patrimonio cultural 1. Conexión de puntos patrimoniais illados e de puntos de vixilancia de enclaves sensibles do patrimonio e escavacións arqueolóxicas 4.239,50 4.239,50 0,00 4.239,50 2. Utilización de internet para a conexión a unha rede web de museos, streaming de vídeos culturais, difusión de eventos deportivos e culturais, e como elemento da política lingüística 3.898,25 3.898,25 0,00 3.898,25 3. Dotación de cobertura sen rede en portos deportivos e zonas da franxa costeira 14.308,46 14.308,46 0,00 14.308,46 Total Ámbito 4 0,00 22.446,21 0,00 22.446,21 0,00 22.446,21 Ámbito 5 Promoción da conciliación familiar e cohesión social 1.Teleasistencia para anciáns enfermos e mulleres maltratadas 8.700,45 8.700,45 0,00 8.700,45 2. Pilotos con dispositivos de alerta e localización de persoas 17.790,33 17.790,33 0,00 17.790,33 3. Comunicación accesible a través da rede para persoas discapacitadas 950,00 950,00 0,00 950,00 4. Soporte TIC para asociacións e ONG e cursos de formación e e-learning 2.970,30 2.970,30 0,00 2.970,30 Total Ámbito 5 0,00 30.411,08 0,00 30.411,08 0,00 30.411,08 TOTAL AMBITOS 236.640,00 6.119.187,95 0,00 6.355.827,95 0,00 6.355.827,95 Xestión e seguimento do proxecto Gastos xerais de Unidade/é de xestión 24.850,99 24.850,99 0,00 24.850,99 Asistencia técnica 68.440,00 100.999,00 169.439,00 0,00 169.439,00 Auditorías externas 18.073,45 18.073,45 0,00 18.073,45 Avaliacións 13.555,08 13.555,08 0,00 13.555,08 TOTAL XESTIÓN E SEGUIMIENTO 68.440,00 157.478,52 0,00 225.918,52 0,00 225.918,52 Información e publicidade Manuais e documentación 25.587,07 25.587,07 0,00 25.587,07 Páxinas web 28.616,29 28.616,29 28.616,29 Campañas de comunicación 26.942,82 26.942,82 26.942,82 Participación en redes de intercambio 5.606,11 5.606,11 5.606,11 Xornadas de difusión 25.369,76 25.369,76 25.369,76 TOTAL INFORMACIÓN E PUBLICIDADE 0,00 112.122,06 0,00 112.122,06 0,00 112.122,06 TOTAL PROXECTO 305.080 € 6.388.789 € - € 6.693.868,53€ - € 6.693.868,53€ % 5% 95% 0% 100% 17.17573.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOC. DE VECIÑAS E VECIÑOS DA PARROQUIA DE ORAZO DO CONCELLO DE A ESTRADA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A “IMPERMEABILIZACIÓN E ILLAMENTO TÉRMICO DO LOCAL.”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 30/09/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 30/09/2009 unha subvención a favor da Asoc. de Veciñas e Veciños da Parroquia de Orazo con CIF: G-36.558.591, do Concello de A Estrada, por un importe de 1.620,00 €, para “Impermeabilización e illamento térmico do local” con cargo á partida 09/451.451.789.04, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 23/12/09, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 18.17574- DAR CONTA DA RENUNCIA DA FEDERACIÓN GALLEGA DE SOCIEDADES FILATÉLICAS DO CONCELLO DE A GUARDA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A “XVI EXPOSICIÓN FILATÉLICA INTERNACIONAL IBEREX 2009” APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 30/09/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 30/09/2009 unha subvención a favor da Federación Gallega de Sociedades Filatélicas con CIF: G-15.099.567, do Concello de A Guarda, por un importe de 1.512,00 €, para “XVI Exposición filatélica Internacional IBEREX 2009” con cargo á partida 09/451.463.489.10, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 23/12/09, da citada Federación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 19.17575.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOC. CULTURAL MUSIVAL DO CONCELLO DE VALGA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “II XORNADAS DE FORMACIÓN DE PEDAGOXÍA INSTRUMENTAL”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 30/09/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 30/09/2009 unha subvención a favor da Asoc. Cultural Musival con CIF: G-36.411.148, do Concello de Valga, por un importe de 1.115,00 €, para “II Xornadas de Formación de Pedagoxía Instrumental” con cargo á partida 09/451.463.489.10, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 22/12/09, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 20.17576.- DAR CONTA DE RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL E SOCIAL DE HERVILLE DO CONCELLO DE MOS Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ACONDICIONAMENTO DUNHA AULA DO LOCAL COMO COCIÑA MULTIUSOS” APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 30/09/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 30/09/2009 unha subvención a favor da Asociación Cultural e Social de Herville con CIF: G-36.039.287, do Concello de Mos, por un importe de 1.850,00 €, para “Acondicionamento dunha aula do local como cociña multiusos” con cargo á partida 09/451.451.789.04, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 22/12/09, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 21.17577.- LIBERACIÓN DO SOBRANTE ECONÓMICO DO “PROGRAMA ACTÍVATE 2009”, PARA A SÚA APLICACIÓN NA MESMA PARTIDA ORZAMENTARIA E A SÚA VINCULADA. Adxudicada a organización e xestión do “Programa Actívate 2009”, dirixido a mocidade de 16 a 35 anos da nosa provincia, á Empresa Formagal, Formación y Servicios S.L., na suma máxima de 87.600,00 €, en virtude de acordo de Xunta de Goberno desta Deputación Provincial do 12 de Agosto do ano 2009, e desenvolvidos os 65 cursos do programa, cunha participación de 950 mozos; cun gasto total de 80.770,00 €, resultou un sobrante económico de 6.830,00 € en dito programa, polo que en aras a garantir a redistribución dos fondos económicos a gastos do propio Servizo de Acción Social, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a liberación de sobrante económico do Programa Actívate 2009, polo importe de 6.830,00 €, para a súa aplicación á mesma partida orzamentaria (09/313.313-227.09) e a súa vinculada, a fin de sufragar gastos derivados doutros programas sociais. 22.17578.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO 1º.- Mediante escrito de data 16 de decembro de 2009, que tivo entrada no Servizo de Recursos Humanos o 21 de decembro, D. Joaquín Lede Martínez e D. Daniel Antonio Barros Castro, Xerente e Orientador Laboral do Proxecto Aquelando 2, expón que “O concepto de calidade converteuse nunha esixencia para os xestores dos servizos. Precisamente na actualidade é nas Corporacións locais, onde vivimos a evolución da sociedade cunha intensidade e unha inmediatez que nos incita a redefinir o noso espazo público. O obxectivo marcado é fomentar o achegamento da institución municipal cara á cidadanía como centro de atención e destinatario final dos seus servizos. Para tal fin preténdese mellorar o funcionamento da organización para ser máis eficaces e eficientes na aplicación das políticas públicas. As entidades locais, por tratarse da Administración que está en contacto máis directo coas necesidades dos cidadáns, é tamén aquela á que se esixe cada vez máis relación co nivel de prestación de servizos. Os usuarios dos servizos públicos achéganse á Administración Municipal con determinadas necesidades e expectativas que deben ser satisfeitas con criterios de calidade. O impulso dun cambio deste estilo require non só o compromiso de toda a organización conxuntamente, senón un forte apoio tanto externo e interno. Por iso cómpre modernizarse, innovar de forma sistemática cun Plan de calidade. No Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, somos conscientes da dificultade que entraña iniciar un proceso deste tipo, pero non por iso desechamos utilizar: A) A autoavaliación e Diagnóstico Global (ferramenta EFQM). B) A xestión por procesos e certificación ISO, no Servizo de Recursos Humanos e Formación, e Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, como primeira experiencia piloto, sen prexuízo de que faia máis servizos implicados que desexen adherirse desde o inicio. 2º.- Para iniciar o proceso e de forma simultánea faise necesaria a formación daqueles traballadores que participen nel. 3º.- A Universidade de Valencia oferta a distancia a formación para a obtención do Diploma de Especialización Profesional Universitario en Xestores de Sistemas de Calidade nas Administracións Públicas, cuxa duración é de xaneiro a decembro de 2010, e cun custo de Matrícula de 590,00 €. O prazo para a inscrición finaliza o vindeiro 31 de decembro de 2009. 4º.- A solicitude é informada favorablemente polo Xefe de Servizo e polo Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida. 5º. Examinados os antecedentes que obran no expediente, non consta que aos interesados se lles aboe durante este exercicio axuda económica para asistencia a cursos de formación. NORMATIVA APLICABLE: • Artigo 105 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. • Artigo 61 R.O.F. • R.D. 462/2002 do 24 de maio sobre Indemnizacións por Razón do Servizo. • Orde do 8 de novembro de 1994, sobre Xustificación das Indemnizacións por Razón do Servizo dos funcionarios públicos. • Orzamento Provincial 2008, I Convenio Colectivo para o persoal laboral da Deputación Provincial de Pontevedra e Acordos da Xunta de Goberno número 14.15813 de data 23 de xaneiro de 2008 e 9.14880 do 09 de marzo de 2007. De acordo co exposto, e en virtude das atribucións que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aboar a D. Joaquín Lede Martínez e a D. Daniel Barros Castro, Xerente e Orientador Laboral do Proxecto Aquelando 2, os gastos de inscrición para a obtención do Diploma de Especialización Profesional Universitario en Xestores de Sistemas de Calidade nas Administracións Públicas, impartido a distancia pola Universidade de Valencia, por resultar de interese para o Servizo e o Centro, e pola súa incidencia positiva na mellora do rendemento e desempeño dos seus postos de traballo. A contía da inscrición ascende a 590,00 € por traballador, o que supón un total de 1.180,00 €, que se imputarán á partida orzamentaria 122.314.162.01 do Orzamento Provincial. Así mesmo, unha vez finalice a actividade formativa, ambos os dous traballadores deberán achegar o correspondente Diploma así como unha Memoria do contido do curso e obxectivos acadados”. 23.17579.- MODIFICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE 16 DE SETEMBRO DE 2009 EN RELACIÓN COA AUTORIDADE DESIGNADA PARA A SINATURA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN MARCO No acordo núm. 4.17234 adoptado pola Xunta de Goberno de 16 de setembro de 2009 relativo á aprobación do Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Fundación Marco, é preciso facer a seguinte modificación: O Director da Fundación Marco manifesta, telefonicamente, que deben proceder á sinatura do convenio é o seu presidente, por tal motivo na totalidade do convenio, on di “Manuel Ignacio Martínez Antelo, director da Fundación Marco” debe dicir “Abel Caballero Álvarez, presidente da Fundación Marco”, permanecendo invariable o resto do contido que aproba o referido convenio. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a citada modificación. 24.17580.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚM. 19.17507 DA XUNTA DE GOBERNO DE 9/12/09 Advertido un erro material no acordo da Xunta de Goberno desta Deputación en sesión celebrada o 9/12/2009 na que se adoptou entre outro o seguinte acordo: “Concesión de subvencións a Escolas de Música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro” imputando o gasto á partida 09/451.422.462.06 do orzamento provincial. A partida á que debe imputarse dita concesión de subvencións debe ser a partida 09/451.422.489.09. Por todo isto a Xunta de Goberno acorda por unanimidade corrixir o acordo no seguinte sentido: Onde di: con cargo á partida 09/451.422.462.06 Debe dicir: con cargo á partida 09/451.422.489.09 25.17581.- PRÓRROGA DE DÚAS BOLSAS PARA A ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO. A) Visto o escrito de data 1 de decembro de 2009, presentado polo Xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, solicitando a prórroga da Bolsa de investigación en Fitopatoloxía “Cultivos agrícolas e ornamentais”, da que é beneficiaria Dona Paula Elvira Escofet Crespo. Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que por Acordo da Xunta de Goberno do 15 de decembro de 2006, número 17.14606 acordouse a adxudicación dunha Bolsa a favor da interesada, para a realización de tarefas de investigación en Fitopatoloxía-Cultivos Agrícolas e Ornamentais, para a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, con efectos 01 de xaneiro de 2007 e por un período dun ano. A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 17 de decembro de 2008, acordou a prórroga de dita bolsa con efectos 1 de xaneiro de 2009, e por un período dun ano. A cláusula oitava das Bases da Convocatoria, publicadas no B.O.P. nº 70 do 10 de abril de 2006, establece no apartado“A que “a Bolsa terá unha duración dun ano, contado desde a data na que o adxudicatario comezou a facer uso da mesma e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro anos, a petición e co informe favorable do Xefe de Servizo e acordo da Xunta de Goberno.” A prórroga desta Bolsa finaliza o vindeiro 31 de decembro de 2009, aínda que de acordo co que se establece nas Bases, é posible a súa prórroga por un novo período anual. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias que lle confires os artigos 35.2.b da Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a prórroga da Bolsa de investigación en Fitopatoloxía “Cultivos Agrícolas e Ornamentais”, da que é beneficiaria Dona Paula Elvira Escofet Crespo, con efectos 1 de xaneiro e ata o 31 de decembro de 2010. A dotación económica da Bolsa ascende a 1.200,00 €/mes, o que supón un total de 14.400,00 € para o período indicado, cantidade que se imputará á partida 413.413.481.01, do orzamento provincial. B) Mediante escrito de data 1 de decembro de 2009, o Xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro presentou a solicitude de prórroga da Bolsa de investigación da que é beneficiario D. Raúl Nicolás Torres, informando que levan a cabo o seu traballo de forma satisfactoria. Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que por Acordo da Xunta de Goberno do 3 de decembro de 2008, número 4.16671 acordouse a adxudicación dunha Bolsa para a realización de tarefas de investigación na sección de Fitopatoloxía da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, con efectos 16 de decembro de 2008 e por un período dun ano. As Bases da Convocatoria, establecen que a Bolsa terá unha duración dun ano, contado desde a data na que o adxudicatario comezou a facer uso da mesma e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de catro anos, a petición e co informe favorable do Xefe de Servizo e Acordo da Xunta de Goberno. A prórroga desta Bolsa finaliza o vindeiro 15 de decembro de 2009, aínda que de acordo co que se establece nas Bases, é posible a súa prórroga por un novo período anual. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias que lle confire os artigos 35.2.b da Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a prórroga da Bolsa de investigación da que é beneficiario D. Raúl Nicolás Torres, con efectos 16 de decembro de 2009, e por un período dun ano. A dotación económica da Bolsa ascende a 1.100,00 €/mes no 2009, e 1.200,00 € no 2010, o que supón un total de 567,74 €, para o exercicio 2009 e 13.780,65 € para o exercicio 2010, cantidades que se imputará á partida 714.714.481.01, do orzamento provincial. 26.17582.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONTRATO PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO XORNAL DIARIO DE AROUSA A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 16 de decembro de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade no xornal “Diario de Arousa”, por un importe total de setenta mil euros (70.000,00 €), IVE incluído. Resultando que no citado acordo tamén decidiuse iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa, “Editorial la Capital, S.L.” ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato, a cal presentou a mesma no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 22 de decembro de 2009 e de acordo co informe emitido polo Sr. Xefe do Gabinete de Prensa, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa, “Editorial la Capital, S.L.”, ó gozar de exclusividade para a execución do contrato. Resultando que pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 23 de decembro de 2009 se lle adxudicou provisionalmente á empresa, Editorial la Capital, S.L. (C.I.F.- B-15.162.068) o contrato para prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Arousa”. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 24 de decembro de 2009 e que a empresa, Editorial la Capital, S.L., presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 3.017,24 € depositados na Tesourería desta Deputación con data 28/12/2009 e número de operación 200900106425 polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, coa excepción do lapso de tempo de quince días hábiles entre a adxudicación provisional e a adxudicación definitiva, faise necesario elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato para poder cumprir, dentro dos prazos fixados, os obxectivos previstos co mesmo, todo iso de acordo con que non se produciría ningún tipo de indefensión ó gozar a empresa adxudicataria de exclusividade para a súa realización. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar definitivamente á empresa Editorial la Capital, S.L. (C.I.F.- B-15.162.068) o contrato para prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Arousa”, por un importe total de setenta mil euros (70.000,00 €), IVE incluído, (do importe total, 60.344,83 € corresponden ó prezo do contrato e 9.655,17 € ó IVE), de acordo ó seguinte desagregación por prezos unitarios: PREZO. UNITARIO IVE IMPORTE TOTAL 18 Páxinas publicidade institucional 1.485,82 € 237,73€ 1.723,55 € 31.023,90 € 20 Páxinas información específica 1.680,00 € 268,80 € 1.948,80 € 38.976,10 € 70.000,00 € 2. O pagamento dos servizos obxecto desta contratación efectuaranse con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente orzamento provincial. 27.17583.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONTRATO PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO XORNAL “DIARIO DE PONTEVEDRA” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 23 de decembro de 2009 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”, por un importe total de cento sesenta e un mil cento tres euros (161.103,00 €), IVE incluído. Resultando que no citado acordo tamén decidiuse iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa, “Lérez Edicións, S.L.” ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato, a cal presentou a mesma no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que o Xefe do Gabinete de Prensa, con data 30 de decembro de 2009, elaborou un informe valorando a oferta presentada pola empresa convidada manifestando no mesmo que cumpre co estipulado nos pregos de condicións. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 30 de decembro de 2009 e de acordo co informe emitido polo Sr. Xefe do Gabinete de Prensa, formula proposta para adxudicar este contrato á empresa, “Lérez Edicións, S.L.”, motivado todo iso por gozar de exclusividade para a execución do contrato e cumprir dita empresa cos requisitos esixidos neste procedemento negociado. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizo, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. De conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar, provisionalmente, á empresa Lérez Edicións, S.L. (C.I.F.- B-36.003.549) o contrato para prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”, por un importe total de cento sesenta e un mil cento tres euros (161.103,00 €), IVE incluído, (do importe total, 138.881,90 € corresponden ó prezo do contrato e 22.221,10 € ó IVE), de acordo ó seguinte desagregación por prezos unitarios: Espazo Nº Prezo Unitario IVE Importe TOTAL Exemplares suplemento 149.206 0,47 € 0,8 € 0,55 € 82.063,00 € Faldróns HQR. 10 297,93 € 47,67 € 345,60 € 3.456,00 € Anuncios publicitarios 10 855,17 € 136,82 € 992,00 € 9.920,00 € Publirreportaxes d/p. 10 2.098,70 € 335,79 € 2.434,50 € 24.344,96 € Suplemento 120 aniversario 4 2.000,00 € 320,00 € 2.320,00 € 9.280,00 € PONTEVEDRA CONCELLO A CONCELLO Pontevedra 1 5.021,79 € 803,49 € 5.825,28 € 5.825,28 € Poio, Marín, Pontecaldelas, Sanxenxo. 4 2.510,90 € 401,74 € 2.912,64 € 11.650,56 € Bueu, Caldas, Lalín, Silleda, Vilaboa. 5 1.673,93 € 267,83 € 1.941,76 € 9.708,80 € Campo Lameiro, Barro, Cotobade, A Lama, Meis. 5 836,97 € 133,92 € 970,88 € 4.854,40 € 2. Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte á publicación desta resolución no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, que supón a cantidade de 6.944,10 €, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 3. O pagamento dos servizos obxecto desta contratación efectuaranse con cargo á partida 09/111.111.226.20 do vixente orzamento provincial 28.17584.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, DA OBRA “PAVILLÓN DEPORTIVO NO LUGAR DE CASTRO (MOS)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 16/9/2009, prestou aprobación a un convenio de colaboración co Concello de Mos co obxecto de levar a cabo a execución da obra “Pavillón Deportivo no lugar de Castro (Mos)” con orzamento de 800.632,00 €. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 25/11/2009, prestou aprobación ó proxecto relativo á referida obra por importe de 690.200,00€ , máis 110.432,00 € correspondentes ó IVE. Resultando que polo Sr. Secretario Xeral, emítese informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento aberto para a adxudicación da obra. E, á vista do informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de cláusulas administrativas e o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da obra de “Pavillón Deportivo no lugar de Castro (Mos)” cun orzamento de 690.200,00 €, máis 110.432,00 € correspondentes ó IVE. A obra financiarase con cargo á partida 123.452-662.00 de acordo coa seguinte distribución por anualidades: Anualidades 2009 2010 2011 Total Deputación 261.075,65 € 182.752,96 € 156.645,39 € 600.474,00 € Concello 6.000,00 € 77.663,20 € 116.494,80 € 200.158,00 € Total 267.075,65 € 260.416,16 € 273.140,19 € 800.632,00 € O contrato será financiado con cargo á partida 09/123.452.662.00 do vixente orzamento provincial por importe de 267.075,65 €. Respecto ás anualidades de 2010 (260.416,16 €) e 2011 (273.140,19 €) contabilizándose nas correspondentes partidas, que serán, no seu caso, na 10/922.342.652.00 e 11/922.342.652.00 quedando condicionadas á aprobación dos seus respectivos orzamentos. O anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas que rexerá no procedemento aberto publicarase no Boletín Oficial da Provincia. Os gastos de inserción de anuncios, e outros que se deriven do expediente, serán por conta dos adxudicatarios. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLAUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REGIRAN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “PABELLON DEPORTIVO NEL LUGAR DE CASTRO (MOS)”. CPV 45230000. 1.- OBXECTO A execución da obra “Pavillón Deportivo no lugar de Castro (Mos)”. A súa execución deberá realizarse con suxeición ós proxectos técnicos aprobados polo órgano de contratación e integrados polos documentos enumerados no artigo 107 dá LCSP, e artigos 125 a 132 do RGLCAP, incluído o correspondente estudio de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compón os proxectos considérase como parte integrante deste prego, tendo carácter contractual. 2.- ORZAMENTO Segundo anexo II deste prego. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material, e comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica da obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provincial, e que foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial na sesión celebrada o 27/2/98. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72% do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. 2. Beneficio Industrial, aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do importe referido inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tantos municipais, provinciais, autonómicas e estatais. Importante: As retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos en que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro, traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3.-FINANCIAMENTO A obra financiarase de acordo co estipulado no anexo II. 4.-PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo máximo estimado para a execución da obras, contado desde o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do planeamento, non sendo que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no anexo II. Os licitadores deberán presentar na proposta económica, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que van a realizar en cada prazo. O contratista está obrigado ó cumprimento do contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o pertinente expediente que comporta a modificación. 5.-INCUMPRIMENTO DE PRAZO Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades acaden o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación, podéndose facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, a proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e prexuízos causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato lle deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 do LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados desde o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, de luns a sábado, ou na Sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro do prazo de vinte e seis días naturais contado desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.D. 1098/2001 do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: -Nome do Licitador. -CIF. -Dirección e teléfono de contacto. -Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: SOBRE A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación Xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra “(especificar o nome da obra)”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.-Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.-Certificado acreditativo de estar en posesión da clasificación empresarial que se establece no anexo II. Se a empresa se encontrase pendente de clasificación, deberá achegarse o documento acreditativo de presentar a correspondente solicitude para iso, debendo xustificar estar en posesión da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para a emenda de defectos ou omisións na documentación. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. SOBRE B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante formulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra “(especificar nome da obra)”. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.-Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.-Memoria construtiva e programa de traballo. 3.-Melloras ofertadas. 4.-Memoria de seguridade e saúde. 5.-Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. SOBRE C: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante formulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra “(especificar nome da obra)”. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1.-Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. Dito modelo conterá a oferta económica realizada a porcentaxe de control de calidade ofertada. Con respecto ó control de calidade, a porcentaxe que se aplicará para tal fin deberá ser expresado con dous decimais aplicados sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia a realizar o control de calidade. Así mesmo, dita empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade 9.- MESA DE CONTRATACION Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: - O titular da Corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O Secretario Xeral. - O Interventor. - O Arquitecto Provincial. SECRETARIO: - O Técnico Adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo o criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre c da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante formulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE CONTRATO Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (SOBRE B). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valorásense cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Melloras na calidade e / ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e / ou redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das subministracións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se comprometa adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. NOTA MOI IMPORTANTE: Na documentación que se presente no Sobre B, e en especial neste apartado, non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e a súa execución por anualidades, se é o caso, presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto carrexará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global da obras proxectada ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/ou redución do prazo de execución, ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar as mesmas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como melloras unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar axeitadamente as circunstancias ou solucións técnicas que permitan a mesma. Os técnicos, de acordo coa documentación achegada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorara cando a consideren de imposible cumprimento. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai a ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai a realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.D. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnen os coñecementos, cualificación e experiencia necesaria, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudio dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a análise dos mesmos en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudio dos accidentes acontecidos en obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar en obra. Neste apartado conseguirase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria, maquinaria e ferramentas auxiliares cumpre a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, así como se terá que presentar a documentación acreditativa das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento de ditas revisións e mantementos. Tamén incluiranse os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, que terán que contemplar os traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Terase que presentar a proposta de como realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos na mesma. Terase que reflectir o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Do mesmo xeito, presentarase o protocolo da forma de entregar os equipos de protección individual, así como se definirá como realizarase a información da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se terá que definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías que sexan desenvolvidas polo contratista no marco de proxectos de I+D+i que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Dita xustificación poderá realizarse mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valorásense as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requisitos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requisitos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valorásense de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra é realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó Regulamento Comunitario CEE 1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE (77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais a utilizar polo licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais a utilizar polo licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra contémplase algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por verteduras, acústica, atmosférica ou do solo; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante formulas (Sobre C). Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. - Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Plan de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxo porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: -Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. -Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. -Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Non obstante, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. -Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque bm = (b1 + b2) • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia a realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que sexan clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.-ADXUDICACIÓN PROVISIONAL O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula undécima, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado desde o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.-PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar o contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requisitos non se confeccionará a acta de comprobación do planeamento. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.-RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que se corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó Director facultativo da obras. 19.-EXECUCIÓN DA OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o Director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato. (art. 196.1 LCSP). Será obriga do contratista indemnizar todos os danos e prexuízos que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato. (art. 198.1 LCSP). 20.-CERTIFICACIÓNS A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executada, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución Presidencial, de data 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc... Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; En caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.-RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, para os efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección da obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas a obras procederase seguido á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses desde a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados co final acompañado dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra acompañará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle a obras realizada tal e como se encontran no momento da recepción, para os efectos de inventario. 22.-XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se anexará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta os porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 23.-LIQUIDACIÓN DA OBRA Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o estado das mesmas fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade debida ó contratista. 24.-GARANTÍA DA OBRA A obra terá un período de garantía dun Ano desde o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, durante o cal o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos deterioracións producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e prexuízos pola vía de apremio. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado da obras. Se este fóra favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fóra favorable e os defectos observados debésense a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación da obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.-RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 220 do LCSP. 27.- RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, observarase o disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do que se dispón na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICON Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio / ou en representación da empresa................................. (C.I.F.- nº.......................) e con domicilio en.................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra) comprométese a executara polo prezo de _________________ (en letra e número) euros, máis __________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. • % do control de calidade ofertada: (Data e sinatura do propoñente)” ANEXO I ANEXO II “PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA OBRA “PAVILLÓN DEPORTIVO NO LUGAR DE CASTRO (MOS)” A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN Aberto Tramite ordinario B) ORZAMENTO EXECUCIÓN CONTRATO Tipo de licitación: 690.200,00 euros IVE: 110.432,00 euros Total: 800.632,00 euros C) FINANCIACIAMENTO: ANUALIDADE PARTIDA IMPORTE 2009 09/123.452-662.00 267.075,65 2010 10/922.342.652.00 260.416,16 2011 11/922.342.652.00 273.140,19 D) PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS O prazo máximo para a execución da obra de referencia se establece en quince meses, contado dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo. E) GARANTÍAS: Provisional: non se esixe Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. F) Clasificación: Grupo C, todos os subgrupos, categoría d.” 29.17585.- DAR CONTA DA SENTENZA DA SECCIÓN 1ª DA SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DO TSXG, RECAÍDA EN RECURSO DE APELACIÓN 00130/2009 PROMOVIDO POR D. ALFONSO SÁNCHEZ QUINTELA CONTRA A DITADA POLO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 1 PONTEVEDRA SOBRE EXPEDIENTE DISCIPLINARIO Dada conta da sentenza da Sección 1ª da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso de apelación 00130/2009 promovido por D. Alfonso Sánchez Quintela contra a ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Pontevedra que declarou axustada a dereito a sanción imposta en expediente disciplinario, na que desestima integramente dito recurso confirmando en todos os extremos a sentenza de instancia, con imposición das custas da apelación, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable de dita sentenza, ordenando se dea conta da mesma ó instrutor do expediente disciplinario, ós efectos oportunos. 30.17586.- DAR CONTA DA SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº2 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 344/2009 PROMOVIDOS POR DONA PATRICIA MARTÍNEZ MILLÁN CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL 9405 BARRANTES-ARMENTEIRA-BUSTO Dada conta que con data 14 de decembro de 2009 notifícase sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 344/2009 promovidos por Dona Patricia Martínez Millán contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en automóbil da súa propiedade como consecuencia de accidente de tráfico na estrada provincial 9405 Barrantes-Armenteira-Busto, debido á colisión cun xabaril. Resultando que en dita sentenza estímase parcialmente o recurso, recoñecendo á demandante o dereito a percibir unha indemnización do 50% da cantidade solicitada, que era de 686,75 €, con actualización do IPC e xuros legais correspondentes, ascendendo a un total de 352,43 €, segundo informe da Intervención de data 21 de decembro de 2009. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Tomar coñecemento da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 344/2009 promovidos por Dona. Patricia Martínez Millán contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en automóbil da súa propiedade como consecuencia de accidente de tráfico na estrada provincial 9405 Barrantes-Armenteira-Busto, debido á colisión cun xabaril, ordenando o cumprimento no seus propios termos ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo a favor do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra a cantidade de 352,43 € (trescentos cincuenta e dous euros con corenta e tres céntimos), en concepto de execución de sentenza ditada nos referidos autos. Terceiro.- Dito pago farase efectivo con cargo á partida 511.511.210.00 do orzamento vixente mediante ingreso na Conta de Consignacións e Depósitos Xudiciais do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra na entidade BANESTO, Oficina Principal de Pontevedra, número 3598.0000.85.34409. Cuarto.- Dar traslado deste acordo ó Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra, á Intervención e á Tesourería. 31.17587.- DAR CONTA DA SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº1 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 247/2009 PROMOVIDOS POR D. VICTORINO RODRÍGUEZ MARIÑO CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN VIVENDA COMO CONSECUENCIA DAS OBRAS DE MELLORA DO TRAZADO E PAVIMENTO DA E.P. PONTE DO VAL- BARCIADEMERA (MONDARIZ-COVELO) Dada conta que con data 2 de decembro de 2009 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 27 de novembro anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 247/2009 promovidos por D. Victorino Rodríguez Mariño contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en vivenda como consecuencia das obras de mellora do trazado e pavimento da E.P. Ponte do Val-Barciademera (Mondariz-Covelo), na que se desestima dito recurso e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 32.17588.- DAR CONTA DA SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº3 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 05/2009 PROMOVIDOS POLA MERCANTIL REDINOR, S.L. (CARLIN) SOBRE ADXUDICACIÓN DE CONTRATO DE SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAL DE OFICINA PARA DEPUTACIÓN E OS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS. Dada conta que con data 9 de decembro de 2009 tivo entrada nesta Deputación sentenza de data 3 de decembro anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento ordinario núm. 05/2009 promovidos pola mercantil REDINOR, S.L. (Carlin) sobre adxudicación de contrato de subministro de material de oficina para a Deputación e os seus organismos autónomos, na que se desestima dito recurso, que é susceptible de apelación, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 33.17589.- DAR CONTA DA SENTENZA 2ª DA SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DO TSXG, RECAÍDA EN RECURSO DE APELACIÓN 0004414/2008 PROMOVIDO POR DONA JOSEFINA PIÑEIRO VILAS CONTRA A DITADA POLO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº3 DE PONTEVEDRA SOBRE OCUPACIÓN POR VÍA DE FEITO. Dada conta da sentenza da Sección 2ª da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso de apelación 0004414/2008 promovido por Dona Josefa Piñeiro Vilas contra a ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 de Pontevedra, sobre ocupación por vía de feito, na que desestima integramente dito recurso confirmando en todos os extremos a sentenza de instancia favorable a esta Deputación, con imposición das custas da apelación, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable de dita sentenza. 34.17590.- DAR CONTA DA SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSOS ADMINISTRATIVO Nº2 DE VIGO, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 85/2008 PROMOVIDOS POR DONA ÁNGELA MOSQUERA DUARTE E OUTROS CONTRA O CONCELLO DE REDONDELA SOBRE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO, NOS QUE FOI CODEMANDADA ESTA DEPUTACIÓN Dada conta que con data 30 de novembro de 2009 tivo entrada nesta Deputación sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Vigo, de data 23 de novembro anterior, recaída en autos de procedemento ordinario 85/2008 promovidos por Dona Ángela Mosquera Duarte e outros contra o Concello de Redondela sobre reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 2903 Redondela-Catapeixe o dia 4 de outubro de 2006, nos que esta Deputación foi codemandada, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma 35.17591.- DAR CONTA DA SENTENZA DA SECCIÓN 3ª DA SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DO TSXG, RECAÍDA NO PROCEDEMENTO ORDINARIO Nº 0007990/2007 PROMOVIDO POR DONA REGINA CONSUELO MELLA LAREO SOBRE EXPROPIACIÓN. Dada conta da sentenza da Sección 3ª da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída no procedemento ordinario nº 0007990/2007 promovido por Dona Regina Consuelo Mella Lareo sobre expropiación, na que se estima parcialmente dito recurso, sen pronunciamento en canto a imposición das custas , e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido de dita sentenza. 36.17592.- DAR CONTA DA SENTENZA DA SECCIÓN 1ª DA SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DO TSXG, RECAÍDA EN RECURSO DE APELACIÓN 124/09 PROMOVIDO CONTRA A DITADA POLO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO 114/08, INTERPOSTO POLO SINDICATO NACIONAL DE CC.OO DE GALICIA CONTRA NOMEAMENTO DE FUNCIONARIA COMO COORDINADORA DO SERVIZO DE CULTURA. Dada conta de sentenza da Sección 1ª da Sala do Contencioso Administrativo do TSXG, recaída en recurso de apelación 124/09 promovido por esta Deputación contra a ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado 114/08, interposto polo Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia contra nomeamento da funcionaria provincial Dona Mercedes Costas Fernández como Coordinadora do Servizo de Cultura. Resultando que dita sentenza confirma o fallo do Xulgado de instancia que anula a Resolución Presidencial que efectuou dito nomeamento, con imposición das custas xudiciais. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Tomar coñecemento de sentenza da Sección 1ª da Sala do Contencioso Administrativo do TSXG, recaída en recurso de apelación 124/09 promovido por esta Deputación contra a ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado 114/08, interposto polo Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia contra nomeamento da funcionaria provincial Dona Mercedes Costas Fernández como Coordinadora do Servizo de Cultura, que confirma o fallo do Xulgado de instancia que anula a Resolución Presidencial que efectuou dito nomeamento, con imposición das custas xudiciais. Segundo.- Acordar o cumprimento da mesma nos seus propios termos, dando traslado da sentenza, a ditos efectos, ó Servizo de Recursos Humanos. 37.17593.- DAR CONTA DA SENTENZA DA SECCIÓN 2ª DA SALA DO CONTENCIOSOS ADMINISTRATIVO DO TSXG, RECAÍDA EN RECURSO DE APELACIÓN 4114/2008 PROMOVIDO CONTRA A DITADA POLO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO 59/07, SOBRE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JOSÉ ANTONIO MARTÍNEZ PUGA POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA EP-1102 MEIRA-FRAGA Dada conta de sentenza da Sección 2ª da Sala do Contencioso Administrativo do TSXG, recaída en recurso de apelación 4114/2008 promovido por esta Deputación contra a ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 de Pontevedra en autos de procedemento ordinario 59/07 sobre reclamación patrimonial formulada por D. José Antonio Martínez Puga por danos en accidente de tráfico na EP 1102 Meira-Fraga. Resultando que dita sentenza confirma o fallo do Xulgado de instancia recoñecendo ó demandante o dereito a unha indemnización de 34.696,65 €, actualizada conforme ó IPC máis xuros legais, con imposición das custas xudiciais. Resultando que no seu día efectuouse por parte da aseguradora desta Deputación a consignación xudicial por importe de 34.096,65 €, quedando pendente o aboo de 600,00 € en concepto de franquía, que corresponde asumir a este organismo, de conformidade coa póliza subscrita no seu día. Visto o Documento RC da Intervención de data 16 de decembro de 2009. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Tomar coñecemento de sentenza da Sección 2ª da Sala do Contencioso Administrativo do TSXG, recaída en recurso de apelación 4114/2008 promovido por esta Deputación contra a ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 de Pontevedra en autos de procedemento ordinario 59/07 sobre reclamación patrimonial formulada por D. José Antonio Martínez Puga, por danos en accidente de tráfico na EP 1102 Meira-Fraga, que confirma o fallo do Xulgado de instancia recoñecendo ó demandante o dereito a unha indemnización de 34.696,65 €, actualizada conforme ó IPC máis xuros legais, con imposición das custas xudiciais, acordando o cumprimento da mesma nos seus propios termos. Segundo.- Na súa consecuencia, aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo a favor do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra a cantidade de 600,00 € (seiscentos euros) en concepto de execución de sentenza ditada en autos de procedemento abreviado núm. 59/07 promovidos por D. José Antonio Martínez Puga, e como complemento da cantidade xa consignada no seu día pola aseguradora CASER, que deberá efectuar a correspondente consignación do importe de actualización e xuros legais. Terceiro.- Dito pago farase efectivo con cargo á partida 511.511.210.00 do orzamento vixente mediante ingreso na Conta de Consignacións e Depósitos Xudiciais do devandito Xulgado na entidade BANESTO, Oficina Principal de Pontevedra, número 3597.0000.85.05907. Cuarto.- Dar traslado deste acordo ó Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 de Pontevedra, á aseguradora CASER con enderezo na Correduría de Seguros Larino de Pontevedra, á Intervención e á Tesourería. 38.17594.- DAR CONTA DE AUTO DO XULGADO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, POLO QUE SE ORDENA O ARQUIVO DAS ACTUACIÓNS NO RECURSO PROMOVIDO POR DON FERNANDO MAYO BASDEDIOS CONTRA DENEGACIÓN PRESUNTA DA SOLICITUDE DE INCOACIÓN DO OPORTUNO EXPEDIENTE ADMINISTRATIVO POR PARTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA SOLICITADO EN ESCRITO DE DATA 11/02/2008 Dada conta que con data 14 de decembro de 2009 ditase polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 de Pontevedra Auto ordenando o arquivo das actuacións no recurso promovido por D. Fernando Mayo Basdedios contra denegación presunta da solicitude de incoación do oportuno expediente administrativo por parte da Deputación Provincial de Pontevedra solicitado en escrito de data 11/02/08, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable de dito auto. 39.17595.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo dez horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota