Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2010-02-19_Ordinaria. Acta de sesión 2010/02/19_Ordinaria
Acta de sesión 2010/02/19_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.536/1.2010-02-19_Ordinaria
Título Acta de sesión 2010/02/19_Ordinaria
Data(s) 2010-02-19 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e corenta e cinco minutos do día dezanove de febreiro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela e D. Xosé Carlos Silva Mariño. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños, escusando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.17765.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 10 de febreiro de 2010. 2.17766.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE LALÍN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002869, DENOMINADA “RENOVACIÓN DE PAVIMENTO EN PISTAS DE SANTISO, CATASÓS E XESTA-LALÍN”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002869, denominado “Renovación de pavimento en pistas de Santiso, Catasós e Xesta-Lalín”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Lalín a cantidade de 228.293,30 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002869, denominado “Renovación de pavimento en pistas de Santiso, Catasós e Xesta-Lalín”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 111.497,69 euros Exercicio 2010: 35.000,00 euros Exercicio 2011: 81.795,61 euros Esta subvención, no exercicio 2009, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. A anualidade 2010 contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a anualidade 2011 contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, quedando condicionada a aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 3.17767.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE LALÍN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002876, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN E ACCESO DE NÚCLEOS RURAIS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002876, denominado “Pavimentación e acceso de núcleos rurais”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Lalín a cantidade de 229.702,00 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002876, denominado “Pavimentación e acceso de núcleos rurais”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 121.620,91 euros Exercicio 2010: 10.324,30 euros Exercicio 2011: 97.756,79 euros Esta subvención, no exercicio 2009, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. A anualidade 2010 contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a anualidade 2011 contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, quedando condicionada a aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 4.17768.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL- ANO 2010 Retírase da orde do día pendente de mellor estudo expte. relativo á “Aprobación das bases reguladoras de subvencións dirixidas a entidades de iniciativa Social-Ano 2010”. 5.17769.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS- ANO 2010 A Deputación de Pontevedra, a proposta do Servizo de Cultura, establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a Entidades para actividades e investimentos ano 2010, nas que se convocan os programas: A710 “Actividades culturais xerais”, B/10 “Instrumentos e vestiario”, C710 “Infraestrutura” e D/10 “Participación cidadá”, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría así como o informe favorable de intervención sobre existencia de consignación nas distintas aplicacións orzamentarias, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a entidades para actividades e investimentos Ano 2010 e que son do seguinte teor: “BASES DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS. ANO-2010 A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promover e fomentar actividades culturais, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia. 1. Obxecto.- A Deputación de Pontevedra concederá axudas económicas para promover, fomentar e difundir aquelas actividades culturais que organicen as persoas físicas e xurídicas sen fin de lucro no seu ámbito territorial e, excepcionalmente, fóra deste, cando teñan relevancia para os intereses provinciais, durante o exercicio actual, así como as destinadas a recuperar e conservar o patrimonio provincial, sendo prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais contribuíndo á modernización e recuperación da nosa cultura así como as tendentes a xerar beneficios no seu contorno. A concesión das axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2010, convocándose as subvencións que a continuación se detallan: Materia Programa Aplicación orzamentaria Orzamento CULTURA A/10 Actividades culturais xerais 10/330.334.489.05 350.000,00 € B/10 a.- Instrumentos b.- Vestiario 10/330.334.789.00 115.000,00 € C/10 Infraestrutura 10/330.334.789.04 500.000,00 € D/10 Participación cidadá 10/330.924.489.10 80.000,00 € O programa A/10 “Actividades culturais xerais” diríxese ó financiamento de concursos literarios, periodísticos, actos folclóricos e musicais, intercambios culturais, certames, conferencias, etc. O programa B/10 “Instrumentos ou vestiario” diríxese a financiar ós grupos e ás asociacións musicais da nosa Provincia para a adquisición de instrumental ou vestiario propio destes, debendo figurar na solicitude un único concepto. O programa C/10 “Infraestrutura” diríxese ó financiamento para a construción ou a rehabilitación de centros culturais, restauración de monumentos, etc. O programa D/10 “Participación cidadá” diríxese a financiar congresos, feiras, etc. organizadas por entidades, fundacións ou federacións. 2. Beneficiarios.- Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas e xurídicas que reúnan os seguintes requisitos: a) Carecer de fins de lucro (acreditándose en declaración responsable do representante). b) Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da Provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra deste cando versen sobre temas de interese para a Provincia. c) Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas. d) Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. 3. Solicitudes e documentación.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: -Fotocopia cotexada da tarxeta de identificación fiscal da entidade. -Fotocopia cotexada do DNI do representante legal. -Memoria explicativa dunha actividade concreta ou do investimento a realizar, asinada polo representante. -Orzamento detallado dunha actividade concreta e determinada ou, no seu caso, do investimento a realizar, asinado polo representante. A entidade haberá de solicitar, polo menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a 30.000,00 €, para realizar obras, ou superior a 12.000,00 € para adquirir equipamento. -No caso de realización de obras ou investimentos, acreditación da titularidade ou, no seu caso, a cesión de uso do ben para o que se solicita a subvención. -Declaración na que conste que se solicitaron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade ou o investimento para subvencionar. -Declaración de que a entidade non está incursa en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria. -Certificación ou declaración responsable de estar ó corrente das obrigas coa Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social. -Declaración do número de socios da entidade. -Certificación orixinal dos datos bancarios, ou ben copia cotexada, co nome da entidade peticionaria. As entidades poderán autorizar á Deputación de Pontevedra para solicitar as certificacións de estar ó corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade Social. As entidades só poderán solicitar unha única subvención por cada programa, presentando expedientes completos por cada solicitude que realicen. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art.70 da Lei 30/92, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites. 4. Lugar e prazo de presentación.- As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación: - Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado). - Sede de Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres)ou tal e como establece o art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 5. Valoración e concesión.- A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación das axudas os seguintes criterios: 1. Difusión da actividade: de ámbito local, provincial, nacional, internacional, ata 15 puntos. 2. Número de persoas que participan e se benefician da actividade, ata 15 puntos. 3. Número de socios da asociación, ata 10 puntos. 4. Orzamento total da actividade ou investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, ata 30 puntos. 5. Adecuación das actividades ou investimentos ó interese provincial, ata 30 puntos. O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo da actividade ou investimento que desenvolva o beneficiario. 6. Procedemento de concesión.- A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó xefe do Servizo de Cultura, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no art. 24 da Lei xeral de subvencións. As solicitudes de subvención para cada un dos programas serán avaliadas conforme ós criterios sinalados anteriormente, pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por: Presidente: o Deputado-Presidente da Comisión de Cultura. Vogais: Dous/dúas técnicos/as do Servizo de Cultura. Un/unha técnico/a do Servizo de Intervención. Secretario: actuará como Secretario, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Cultura. A Comisión de Valoración poderá: 1.- Acadar cantos informes estime necesarios para resolver. 2.- Emitir informe respecto das solicitudes de subvención. O procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia competitiva. Non obstante, ó longo do exercicio orzamentario poderanse resolver aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou por causas imprevisibles e excepcionais, non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose para estes efectos a Presidencia ata un 20% do crédito total destes programas para a súa concesión directa, tal como se establece na base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial. As propostas de concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente. A resolución do procedemento notificaráselles ós interesados conforme ó previsto no art. 58 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte no que remate o prazo de presentación da solicitude, sen notificarse a resolución, lexitima ós interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de subvención. 7. Modificación da resolución.- Tal como establece o art. 64 do Regulamento da Lei xeral de subvencións (Rd 887/2006, de 21 de xullo), unha vez notificada a resolución de concesión, despois de solicitude razoada, o beneficiario da subvención poderá solicitar a modificación do seu contido sempre que se manteña a finalidade da subvención, que poderá autorizarse sempre que non se danen dereitos de terceiros. Esta solicitude de modificación deberá presentarse no prazo dun mes dende a notificación da concesión e será obxecto de resolución da Presidencia, logo da proposta previa da comisión avaliadora que deberá ter en conta as seguintes circunstancias: Se o orzamento da nova actividade ou investimento é superior ou igual ó orzamento subvencionado inicial, manteranse ditas condicións da subvención concedida: importe da subvención e orzamento subvencionado. Se o orzamento da nova actividade ou investimento é inferior ó orzamento subvencionado inicial, a comisión avaliadora, logo do informe previo do Servizo de Cultura, deberá determinar o novo importe da subvención e o novo orzamento subvencionado, que serán inferiores ós inicialmente establecidos. 8. Xustificación.- Unha vez notificada a aprobación das axudas concedidas e realizada a actividade ou o investimento os beneficiarios deberán xustificalas antes do 31 de marzo de 2011. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: a.- Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura o número de unidades, os prezos unitarios destas e máis o custo total de cada unidade. b.- Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda, indicando que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame, tal como se establece na base 25.8ª. 2c das de execución do vixente orzamento provincial. c.- Os gastos xustificados deberán axustarse no posible ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. d.- No caso de subvencións de execución de obras ou instalacións que superen os 12.000,00 € poderase esixir un informe previo do técnico provincial. e.- Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas ou entidades privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada. f.- Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. g.- A xustificación deberá ir xunto cunha memoria da actividade ou do investimento realizado dos resultados obtidos. h.- Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de a ter feito. 9. Pagamento.- Para pagar a subvención terase en conta o seguinte: - No caso de que se xustifique gasto polo 100% do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. - No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da subvención, que non será de aplicación cando esta sexa de importe inferior a 600,00 €. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. Os gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos admitiranse soamente cando garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para esta. Os gastos de manutención non superarán o 50% da subvención concedida, obrigándose ós beneficiarios a explicalos detalladamente. 10. Devolución e reintegro.- As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos: a.- Por obtelas falseando as condicións requiridas. b.- Por non aplicala ós fins para os que foi concedida. c.- Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. 11. Órgano de aprobación.- De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para o ano 2010 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 12. Xurisdición aplicable.- Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes. Entenderase desestimado se transcorre outro sen contestar; neste caso poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do Contencioso Administrativo como se prevé no art. 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa (tras modificación dada pola Lei 19/2003, de 23 de decembro) no prazo de dous meses. Asemade, contra a presente resolución tamén poderá interpoñerse directamente dito recurso contencioso-administrativo no indicado prazo. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte á recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entende desestimado. 13. Dereito supletorio.- Para o non disposto nas presentes bases contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2010 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.” 6.17770.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR Ó DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO-ANO 2010 Vista a proposta do Servizo de Deportes relativa ás Bases de subvencións a entidades e clubs deportivos para apoiar ó deporte de competición federado para o ano 2010, e informes favorables de Secretaría e Intervención, así como a existencia de consignación orzamentaria por importe de 303.000,00 € con cargo á aplicación: 10/340.341.489.20, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as citadas bases, e que son do seguinte teor: “BASES DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR O DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO PARA Ó ANO 2010 Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuída esta Deputación, consciente da importancia de fomentar o deporte en todas as súas facetas e coñecedora das carencias que teñen aqueles que desexan realizar a súa práctica, establece axudas para paliar ese déficit que se rexerán polas seguintes: BASES 1.- FINALIDADE E OBXECTO.- 1.1 Esta convocatoria, destinada a clubs deportivos federados, márcase como obxectivo específico apoiar as entidades deportivas nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional, convocados por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas, nas modalidades deportivas de implantación na provincia de Pontevedra, conforme o disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local e demais normativa de aplicación. 1.2 Estas axudas financiaranse con cargo á aplicación 10/340.341.489.20 do orzamento da Deputación para 2010, cunha dotación de trescentos tres mil euros (303.000,00 €). 2.- BENEFICIARIOS.- Poderán optar a estas axudas as entidades e clubs deportivos que cumpran os seguintes requisitos: 2.1. Carecer de fins de lucro (acreditándose declaración responsable do solicitante). 2.2. Estar ó corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social. 2.3. A modalidade practicada polos clubs federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra. 2.4. Estar inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte. 2.5. Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas. 3.- DOCUMENTACIÓN.- Cada club só poderá formular unha única solicitude dunha modalidade deportiva concreta nos modelos normalizados, que facilitarán no rexistro xeral, na sección de Deportes ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es. Achegarase ademais a seguinte documentación: 3.1.-Fotocopia cotexada da tarxeta do CIF. 3.2.-Fotocopia cotexada da tarxeta do NIF do representante. 3.3.-Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade ou ben copia cotexada. 3.4.-Orzamento asinado estimativo de gastos, referido á modalidade deportiva. 3.5.-Declaración orixinal do representante na que conste se solicitaron outras axudas, de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para percibir subvencións da Administración pública e de aceptar as bases da convocatoria, segundo modelo aprobado, así como a autorización á Deputación para optar ás certificacións da Axencia Estatal Tributaria e da Seguridade Social. 3.6.-Declaración responsable de estar ó corrente coas Obrigas Tributarias da Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social. 3.7.-Certificado de estar inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte. 3.8.-Certificación, segundo modelo aprobado pola Deputación, da federación galega ou a que no seu caso corresponda, na que se especifique: 3.8.1.- Participación do equipo en competición na temporada 2009-2010. 3.8.2.- Número de equipos participantes, por categoría do equipo, nivel da competición e sexo. 3.8.3.- Número de licenzas por categoría e sexo que participa en competición na temporada 2009/2010. As entidades poderán autorizar á Deputación de Pontevedra para solicitar da Axencia Estatal Tributaria a certificación de estar ó corrente coas Obrigas Tributarias e coa Seguridade Social. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, o interesado será requirido para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites. 4.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación: - Sede Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (horario de luns a sábado). - Sede Vigo: Rúa Oporto, 3 (horario de luns a venres), ou tal e como se establece no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 5.- VALORACIÓN DAS SOLICITUDES.- A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase unha vez consideradas as actividades que se van realizar, ponderando as seguintes circunstancias: a. Nivel de competición da agrupación ou club: ata 15 puntos. b. Número de licenzas federativas: ata 15 puntos. c. Número de equipos participantes por categorías na actual temporada: ata 15 puntos. d. Equipo sénior en categoría nacional: 5 puntos. e. Adecuación das actividades que se van realizar ó interese provincial: ata 30 puntos. As propostas da concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano de goberno competente. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte do remate do prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. 6.- RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA.- A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó Xefe do Servizo de Deportes, que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no art. 24 da Lei Xeral de Subvencións. As solicitudes de subvención para cada un dos programas serán avaliadas conforme ós criterios sinalados anteriormente, pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por: Presidente: O Deputado-Presidente da Comisión de Deportes e Xuventude. Vogais: Dous/dúas técnicos do servizo de Deportes. Un/unha Técnico do servizo de Intervención. Secretario: Actuará como secretario, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Deportes. A Comisión de Valoración poderá: 1. Acadar cantos informes estime necesarios para resolver. 2. Emitir informe respecto das solicitudes de subvención. A resolución da concesión deberáselles notificar expresamente a todos os solicitantes de forma fidedigna. 7.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO.- Unha vez notificadas as axudas concedidas, os clubs beneficiarios deberán xustificalas no prazo de trinta días e en todo caso antes do 31 de xaneiro de 2011. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. O aboo da subvención materializarase mediante ingreso na conta sinalada pola entidade. O beneficiario da subvención, de acordo co establecido na base 25.8ª-2ºf) de execución de orzamento 2010, para efectos de xustificación deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade ou club. Conxuntamente deberá presentar declaración de se recibiron ou non outras axudas ou subvencións coa mesma finalidade e acreditamento da debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade subvencionada, sendo suficiente a declaración responsable por parte do representante de a ter feito. Ademais, ós clubs que se lle outorguen subvencións por importe de 6.000,00 € ou superiores, quedan na obriga de inserir o anagrama de Deputación na súa vestimenta cunhas medidas aproximadas de 20 cms, así como nas vallas ou pancartas das súas instalacións deportivas; acreditando mediante fotografías ou recortes de prensa da presentación do equipo tal circunstancia. 8.- ÓRGANO COMPETENTE E XURISDICIÓN.- De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2010 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de ubvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. A resolución do procedemento notificaráselles ós interesados conforme ó previsto no art. 58 da Lei 30/92, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. O vencemento do prazo máximo (6 meses) sen terse notificada a resolución lexitima ós interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de subvención. Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, potestativamente, no prazo dun mes, recurso de reposición perante o órgano que a ditou. Poderá entenderse desestimado dito recurso, se transcorrido un mes dende a súa interposición aquel non se tivese contestado. Neste caso poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo como se prevé no art. 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-administrativa (tras modificación dada pola Lei 19/2003, de 23 de decembro), no prazo de dous meses. Así mesmo, contra a presente resolución tamén poderá interpoñerse directamente dito recurso contencioso-administrativo no indicado prazo. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte á recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entende desestimado. 9.- DEREITO SUPLETORIO.- Para o non previsto nesta convocatoria serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2010 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.” 7.17771.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA CARMEN REGO BAULDE POR DANOS EN VIVENDA SITA NO LUGAR DE DEIRO (VILANOVA DE AROUSA) Dada conta que con data de rexistro 13/01/2010 (Rex. nº 00588), tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Carmen Rego Baulde con enderezo de notificacións nO Lugar de Deiro, 2 (Vilanova de Arousa), por danos en vivenda a consecuencia das obras de canalización que se estaban a levar a cabo na estrada que linda coa mesma no termo municipal de Vilanova de Arousa durante os meses de abril e maio de 2009 e que cuantifica economicamente en 1.194,00 € Resultando.- Que con data 3/02/2010 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 9/02/2010 co seguinte contido: “...pongo en su conocimiento que dicho vial no pertenece a la red provincial de carreteras sino que es de titularidad municipal, sin que las obras de saneamiento realizadas en la zona hayan sido promovidas por la Diputación Provincial de Pontevedra que tampoco había tenido conocimiento de los daños objeto de la presente reclamación.”. Considerando.- Que a instancia preséntase cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do Rd 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 8.17772.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.17773.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE AGOLADA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002223, DENOMINADA “MELLORA DA CAPA DE RODADURA DE VARIAS PISTAS NO ENTORNO DE BELPELLÓS, PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE VILARIÑO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002223, denominado “Mellora da capa de rodadura de varias pistas no entorno de Belpellós, Parroquia de Santa María de Vilariño”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Agolada a cantidade de 126.641,82 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002223, denominado “Mellora da capa de rodadura de varias pistas no entorno de Belpellós, Parroquia de Santa María de Vilariño”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 126.641,82 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 10.17774.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE BAIONA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002402, DENOMINADA “OBRAS COMPLEMENTARIAS NO EDIFICIO MULTIUSOS NA PRAZA DE ABASTOS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002402, denominado “Obras complementarias no edificio multiusos na praza de Abastos”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Baiona a cantidade de 98.342,72 euros para a realización do investimento núm. 2009002402, denominado “Obras complementarias no edificio multiusos na praza de Abastos”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 98.342,72 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 11.17775.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CALDAS DE REIS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002671, DENOMINADA “E.D.A.R. DE FIEITOSO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002671, denominado “E.D.A.R de Fieitoso”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Caldas de Reis a cantidade de 231.980,00 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002671, denominado “E.D.A.R de Fieitoso”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 5.526,00 euros Exercicio 2011: 226.454,00 euros Esta subvención, no exercicio 2010, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. A anualidade 2011 contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 12.17776.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CAMBADOS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002442, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN DE DIVERSOS CAMIÑOS EN CAMBADOS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002442, denominado “Pavimentación de diversos camiños en Cambados”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Cambados a cantidade de 231.998,21 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002442, denominado “Pavimentación de diversos camiños en Cambados”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 231.998,21 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 13.17777.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CAMBADOS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002443, DENOMINADA “SANEAMENTO E AMPLIACIÓN DA REDE DE SUMIDOIROS NA PARROQUIA DE CORVILLÓN”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002443, denominado “Saneamento e ampliación da rede de sumidoiros na parroquia de Corvillón”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Cambados a cantidade de 103.363,74 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002443, denominado “Saneamento e ampliación da rede de sumidoiros na parroquia de Corvillón”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 103.363,74 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente orzamento provincial. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 14.17778.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CAMBADOS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002444, DENOMINADA “SANEAMENTO E AMPLIACIÓN DA REDE DE SUMIDOIROS NA PARROQUIA DE CASTRELO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002444, denominado “Saneamento e ampliación da rede de sumidoiros na parroquia de Castrelo”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Cambados a cantidade de 99.710,12 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002444, denominado “Saneamento e ampliación da rede de sumidoiros na parroquia de Castrelo”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 99.710,12 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente orzamento provincial. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 15.17779.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CERDEDO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002337, DENOMINADA “ABASTECEMENTO DE AUGA NOS LUGARES DE BARRO-ARÉN”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 En relación á confirmación da concesión de subvención con cargo á cantidade que lle corresponde a ese concello no Plan de Investimentos da Deputación para financiar o investimentos núm. 2009002337, “Abastecemento de auga nos lugares de Barro-Arén”, por un importe total de 60.853,38 euros, e coa súa execución: Vista a solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención, Visto o informe favorable dos servizos técnicos provinciais de supervisión e comprobación do proxecto de investimento proposto, Visto o informe de fiscalización de intervención do expediente de subvención e sobre a solicitude de execución deste investimento polo propio concello con medios propios, Visto o informe a proposta do Servizo de Cooperación, segundo o cal procede a confirmación de subvención para financiar o investimento proposto polo concello e autorizar a súa execución con medios propios do concello, segundo o recollido na Base décimo terceira do Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra 2009-2011, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º- concederlle ó Concello de Cerdedo a cantidade de 60.853,38 euros, para a realización do investimento “Abastecemento de auga nos lugares de Barro-Arén”, cun orzamento polo mesmo importe, con cargo á aplicación 10/942.942.652.45, coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 60.853,38 euros Exercicio 2011: 0,00 euros 2º.- De conformidade co disposto na Base décimo terceira do Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra 2009-2011, que faculta ó Presidente para resolver aqueles casos problemáticos e situación excepcionais non previstas, en relación coa licitación, que poidan xurdir no desenvolvemento do Plan, autorízase ó Concello de Cerdedo para executar a obra cos seus propios medios, coas seguintes obrigas para a xustificación e o pagamento desta axuda e sen prexuízo de calquera outro requisito que se desprenda da lexislación aplicable: 1. O investimento deberá estar executado antes do 31/10/2011, e xustificado antes de tres meses dende o seu remate e, en todo caso, antes do 31/12/2011, de non facelo así procederase á anulación da axuda concedida. No caso de solicitar unha ampliación do prazo establecido para a súa xustificación, deberá facelo constar formalmente e por escrito motivado antes de que finalice o prazo de xustificación. En ningún caso a ampliación poderá exceder da metade do prazo inicial. 2. A axuda concédese para executar o investimento citado e non se poderá cambiar o seu destino nin a cantidade tal e como se recolle no artigo 30 da Lei 38/03, xeral de subvencións, agás que se solicite a súa modificación mediante escrito razoado antes do 30/06/2011. 3. Para recibir a subvención concedida, cómpre presentar no rexistro da Deputación os seguintes documentos: a. Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade do proxecto ou investimento, con expresada mención dos resultados obtidos, xustificación das obrigas impostas e indicación de se se cumpriron os obxectivos propostos. b. Conta xustificativa dos gastos. c. Certificación/s da obra ou ben facturas orixinais ou compulsadas do gasto efectuado. d. Certificación do Secretario ou do Interventor (ou funcionario competente) acreditativo de que os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron ó investimento subvencionado, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, se se considera oportuno, os xustificantes correspondentes. e. Declaración do Concello que acredite que se lle dou publicidade ó investimento subvencionado, facendo constar a colaboración da Deputación – Servizo de Cooperación. f. Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou de recibilas nun futuro, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. g. Declaración responsable de terse realizado o investimento de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención. 4. Os servizos técnicos da Deputación de Pontevedra, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. 16.17780.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CERDEDO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002338, DENOMINADA “CONSTRUCCIÓN DE LOCAIS SOCIAIS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 En relación á confirmación da concesión de subvención con cargo á cantidade que lle corresponde a ese concello no Plan de Investimentos da Deputación para financiar o investimentos núm. 2009002338, “Construción de locais sociais”, por un importe total de 132.767,26 euros, e coa súa execución: Vista a solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención, Visto o informe favorable dos servizos técnicos provinciais de supervisión e comprobación do proxecto de investimento proposto, Visto o informe de fiscalización de intervención do expediente de subvención e sobre a solicitude de execución deste investimento polo propio Concello con medios propios, Visto o informe a proposta do Servizo de Cooperación, segundo o cal procede a confirmación de subvención para financiar o investimento proposto polo Concello e autorizar a súa execución con medios propios do Concello, segundo o recollido na Base décimo terceira do Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra 2009-2011. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º- Concederlle ó Concello de Cerdedo a cantidade de 132.767,26 euros, para a realización do investimento “Construción de locais sociais”, cun orzamento polo mesmo importe, con cargo á aplicación 10/942.942.652.45, coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 132.767,26 euros Exercicio 2011: 0,00 euros 2º.- De conformidade co disposto na Base décimo terceira do Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra 2009-2011, que faculta ó Presidente para resolver aqueles casos problemáticos e situación excepcionais non previstas, en relación coa licitación, que poidan xurdir no desenvolvemento do Plan, autorízase ó concello de Cerdedo para executar a obra cos seus propios medios, coas seguintes obrigas para a xustificación e o pagamento desta axuda e sen prexuízo de calquera outro requisito que se desprenda da lexislación aplicable: 1. O investimento deberá estar executado antes do 31/10/2011, e xustificado antes de tres meses dende o seu remate e, en todo caso, antes do 31/12/2011, de non facelo así procederase á anulación da axuda concedida. No caso de solicitar unha ampliación do prazo establecido para a súa xustificación, deberá facelo constar formalmente e por escrito motivado antes de que finalice o prazo de xustificación. En ningún caso a ampliación poderá exceder da metade do prazo inicial. 2. A axuda concédese para executar o investimento citado e non se poderá cambiar o seu destino nin a cantidade tal e como se recolle no artigo 30 da Lei 38/03, xeral de subvencións, agás que se solicite a súa modificación mediante escrito razoado antes do 30/06/2011. 3. Para recibir a subvención concedida, cómpre presentar no rexistro da Deputación os seguintes documentos: a. Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade do proxecto ou investimento, con expresada mención dos resultados obtidos, xustificación das obrigas impostas e indicación de se se cumpriron os obxectivos propostos. b. Conta xustificativa dos gastos. c. Certificación/s da obra ou ben facturas orixinais ou compulsadas do gasto efectuado. d. Certificación do Secretario ou do Interventor (ou funcionario competente) acreditativo de que os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron ó investimento subvencionado, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, se se considera oportuno, os xustificantes correspondentes. e. Declaración do Concello que acredite que se lle dou publicidade ó investimento subvencionado, facendo constar a colaboración da Deputación – Servizo de Cooperación. f. Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou de recibilas nun futuro, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. g. Declaración responsable de terse realizado o investimento de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención. 4. Os servizos técnicos da Deputación de Pontevedra, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. 17.17781.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DA ESTRADA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002789, DENOMINADA “ADECUACION DE BANCADA E VESTIARIOS DO ESTADIO MUNICIPAL DA BAIUCA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002789, denominado “Adecuación do bancada e vestiarios do estadio municipal da Baiuca”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello da Estrada a cantidade de 269.178,00 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002789 denominado “Adecuación do bancada e vestiarios do estadio municipal da Baiuca”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 269.178,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 18.17782.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MARÍN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002235, DENOMINADA “RECOLLIDA DE PLUVIAIS E PAVIMENTACIÓN DAS RÚAS DE PUENTE ZAPAL E CUESTA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002235, denominado “Recollida de pluviais e pavimentación das rúas de Puente Zapal e Cuesta”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Marín a cantidade de 196.026,28 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002235, denominado “Recollida de pluviais e pavimentación das rúas de Puente Zapal e Cuesta”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 178.120,18 euros Exercicio 2010: 17.906,10 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención, no exercicio 2009, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. A anualidade 2010 contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 19.17783.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE NIGRÁN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002741, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN DE DIVERSOS VIAIS PÚBLICOS-NIGRÁN”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002741, denominado “Pavimentación de diversos viais públicos-Nigrán”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Nigrán a cantidade de 211.987,99 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002741, denominado “Pavimentación diversos viais públicos-Nigrán”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 211.987,99 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 20.17784.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DO ROSAL PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002321, DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DE BEIRARRÚAS E MELLORAS NA CUMIEIRA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002321, denominado “Construción de beirarrúas e melloras na Cumieira”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de O Rosal a cantidade de 127.998,01 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002321, denominado “Construción de beirarrúas e melloras na Cumieira”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 10.163,28 euros Exercicio 2011: 117.834,73 euros Esta subvención, no exercicio 2010, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45. na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a anualidade 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 21.17785.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VALGA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002418, DENOMINADA “SANEAMENTO NOS LUGARES DE OUTEIRIÑO, CARBALLIO, SIXTO E BAÑO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002418, denominado “Saneamento nos lugares de Outeiriño, Carballiño, Sixto e Baño”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Valga a cantidade de 200.158,91 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002418, denominado “Saneamento nos lugares de Outeiriño, Sixto, Carballiño e Baño”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 200.158,91 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 22.17786.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VALGA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002419, DENOMINADA “SANEAMENTO NOS LUGARES DE FONTENLO, CIMADEVILA E SOCASTRO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002419, denominado “Saneamento nos lugares de Fontenlo, Cimadevila e Socastro”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Valga a cantidade de 204.785,33 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002419, denominado “Saneamento nos lugares de Fontenlo, Cimadevila e Socastro”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 184.785,33 euros Exercicio 2011: 20.000,00 euros Esta subvención, no exercicio 2010, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45. na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a anualidade 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 23.17787.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VALGA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002420, DENOMINADA “SANEAMENTO NO LUGAR DE MAGARIÑOS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002420, denominado “Saneamento no lugar de Magariños”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Valga a cantidade de 180.031,06 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002420, denominado “Saneamento no lugar de Magariños”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 20.000,00 euros Exercicio 2011: 160.031,06 euros Esta subvención, no exercicio 2010, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45. na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a anualidade 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 24.17788.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILA DE CRUCES PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002548, DENOMINADA “ALUMEADO PÚBLICO POR CAMPO FOLTOVOLTÁICO NO ENTORNO PARQUE NATURAL-BIOSALUDABLE (A CARIXA)” INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002548, denominado “iluminación pública por campo fotovoltaico no entorno Parque Natural-Biosaludable (A Carixa)”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Vila de Cruces a cantidade de 110.800,00 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002548, denominado “iluminación pública por campo fotovoltaico no entorno Parque Natural-Biosaludable (A Carixa), cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 100.000,00 euros Exercicio 2011: 10.800,00 euros Esta subvención, no exercicio 2010, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a anualidade 2011 contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 25.17789.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002301, DENOMINADA “SUBSTITUCIÓN DE TUBAXES DE FIBROCEMENTO DA EPAP Á RÚA O RÍO” INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista, da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002301, denominado “Substitución de tubaxes de fibrocemento da ETAP á rúa O Río”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Vilagarcía de Arousa a cantidade de 149.887,53 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002301, denominado “Substitución de tubaxes de fibrocemento da ETAP á rúa O Río”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 139.112,39 euros Exercicio 2010: 10.775,14 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención, no exercicio 2009, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. A anualidade 2010 contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45, na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 26.17790.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002682, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS DE ANDRÁS, BAIÓN E TREMOEDO” INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista, da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002682, denominado “Pavimentación de camiños municipais nas parroquias de András, Baión e Tremoedo”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Vilanova de Arousa a cantidade de 132.531,04 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002682, denominado “Pavimentación de camiños municipais nas parroquias de András, Baión e Tremoedo”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 79.518,62 euros Exercicio 2011: 53.012,42 euros Esta subvención, no exercicio 2010, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45. na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a anualidade 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 27.17791.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002687, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN DE VÍAS MUNICIPAIS NAS PARROQUIAS DE CALEIRO, SAN MIGUEL E VILANOVA” INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002687, denominado “Pavimentación de vías municipais nas parroquias de Caleiro, San Miguel e Vilanova” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Vilanova de Arousa, con CIF núm. P3606100J, a cantidade de douscentos vinte e un mil catrocentos sesenta e seis euros con oito céntimos (221.466,08 €), para a realización do investimento núm. 2009002687, denominado “Pavimentación de vías municipais nas parroquias de Caleiro, San Miguel e Vilanova”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 54.985,75 euros Exercicio 2011: 166.480,33 euros Na aplicación 10/942.942.652,45 existe crédito para facer fronte ó gasto da anualidade 2010. A anualidade 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 28.17792.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA QUE FORMULA A MANCOMUNIDADE “TERRAS DE DEZA” PARA XUSTIFICAR A SUBVENCIÓN CONCEDIDA, CON DESTINO Á ADQUISICIÓN DUN CAMIÓN Vista a petición que formula a Mancomunidade “Terras de Deza” pola que solicita unha prórroga na xustificación da subvención concedida, (acordo núm. 4.17134 da Xunta de Goberno do día 29 de xullo de 2009), por importe de 73.000,00 euros, con destino, á adquisición dun camión; motivada pola carencia de recursos económicos da Mancomunidade o que a obrigou a levar a cabo un expediente de suplemento de crédito co conseguinte retraso no proceso de contratación, e considerando que a Lei 30/92, de Réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común, no seu artigo 49, contempla a posibilidade de ampliación nos prazos establecidos, sempre que non excedan da metade dos mesmos, se as circunstancias o aconsellan e non se prexudiquen dereitos de terceiros, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A concesión do aprazamento na xustificación da subvención concedida con destino á “Adquisición dun camión” ata o 30 de xuño de 2010, con carácter improrrogable. 29.17793.- RENUNCIA QUE FORMULA O CONCELLO DE SILLEDA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO EXERCICIO 2009 NO PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL-ACTIVIDADES, PARA A ACTIVIDADE Nº 283 “XXXV FESTA DA EMPANADA” Dada conta da renuncia presentada polo Concello de Silleda, á subvención de 2.000,00 euros concedida pola Xunta de Goberno, acordo núm. 8.17122 de 22 de xullo de 2009, para a actividade 283, denominada “XXXV Festa da empanada”, incluída no Plan de Acción Municipal-Actividades 2009, partida 09/911.911.462.00, sendo imposible a súa xustificación debido a que por motivos de contabilidade non chegou a facerse gasto en dita actividade, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aceptar a renuncia presentada polo Concello de Silleda, á subvención de 2.000,00 euros concedida no ano 2009 dentro do Programa de Acción Municipal para a Actividade núm. 283, “XXXV Festa da Empanada”. 30.17794.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE NERGA “MALLADOIRO” (CIF. G-36.234.952) (CANGAS) DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, ANUALIDADE 2008, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 138 DENOMINADA “CONFECCIÓN PLANOS TOPONIMIA DE NERGA” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación á xustificación, seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, da obra denominada “Confección planos toponimia de Nerga”, incluída no PAC/2008 co ordinal 138 e declarar de aboamento a cantidade de mil euros (1.000,00 €), a favor da Asociación de Veciños de Nerga “Malladoiro” (CIF: G-36.324.952) do Concello de Cangas. 31.17795.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DOS GASTOS REALIZADOS E XUSTIFICADOS POLA EMPRESA “SANTIAGO OLMO GARCÍA, S.L.” POLOS DESPRAZAMENTOS QUE LEVOU A CABO CON MOTIVO DA XXXI BIENAL DE ARTE A Xunta de Goberno desta Deputación de 16 de decembro de 2009 aprobou a adxudicación do contrato para a realización dos servizos de comisariado da XXXI Bienal de Arte á empresa “Santiago Olmo García, S.L.” con CIF: B-82.066.788, na que entre outros aspectos se aproba a cantidade de 10.440,00 € para gastos dos desprazamentos, necesarios para lograr ó obxectivo marcado nesta edición da Bienal dedicada ós artistas de Centro América e o Caribe, como consecuencia das xestións a realizar tanto en España como no estranxeiro. Por tal motivo achégase relación de facturas, recibos, etc., correspondentes ós desprazamentos realizados no ano 2009 por un importe total de 3.092,70 € e a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación dos gastos realizados e presentados pola empresa “Santiago Olmo García, S.L.” por importe de 3.092,70 € con cargo á aplicación orzamentaria 10/330.334.227.25 – RC núm. 201000006905 do orzamento provincial. 32.17796.- RECOÑECEMENTO DE OBRIGAS POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DOS GASTOS REALIZADOS E XUSTIFICADOS POLA EMPRESA “ICE IMAGINACIÓN” Dada conta das facturas de Bernardo Acevedo López (Ice Imaginación) que a continuación se relacionan por un importe total de 36.362,58 € (IVE incluído) con cargo á aplicación 10/340.341.226.09 e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da tramitación de ditas facturas polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar as facturas citadas polo importe de 36.362,58 €, con cargo á aplicación 10/340.341.226.09 do vixente orzamento provincial. PROVEEDOR Nº FACTURA IMPORTE Ice Imaginación 47 10.917,64 € Ice Imaginación 58 2.900,00 € Ice Imaginación 73 1.171,60 € Ice Imaginación 77 2.175,00 € Ice Imaginación 79 638,00 € Ice Imaginación 80 2.221,40 € Ice Imaginación 81 3.271,20 € Ice Imaginación 90 5.159,68 € Ice Imaginación 96 1.039,36 € Ice Imaginación 97 696,00 € Ice Imaginación 102 3.330,70 € Ice Imaginación 116 893,20 € Ice Imaginación 118 788,80 € Ice Imaginación 132 1.160,00 € TOTAL: 36.362,58 € 33.17797.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS RELATIVAS Á DIRECCIÓN DE OBRAS Visto o informe emitido por Intervención, correspondente á factura relativa ó control de calidade que máis adiante se relacionan, tendo en conta que como non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito con cargo á conta non orzamentaria 419.09 (099.129), de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización , o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: - Factura nº EPVF90246 por un importe de 1.334,00 emitida por Eptisa Servicios de Ingeniería, S.L. (NIF B 85.097.962) que xustifica os traballos de control de calidade realizados na obra “Centro socio–cultural a Feira–Cabral, 2ª fase (Vigo) (expte. D07/0102)”. 34.17798.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS QUE FIGURAN COA REFERENCIA 201000000039 Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 18 de febreiro de 2010, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201000000039 e que contén setenta e unha facturas, sendo a primeira de Unión Fenosa Distribución, S.A., por importe de 1.166,02 € e a derradeira de VWR International Eurolab, S.L., por importe 300,67 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 39.346,78 € Descontos do IRPF 42,06 € Descontos do IVE soportado deducible 358,34 € Total líquido 39.663,06 € 35.17799.- PERMISOS E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS A) Mediante escrito que tivo entrada no Servizo de Recursos Humanos e Formación con data 28 de xaneiro de 2010, o Xefe de Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios informa que a Escola de Negocios Caixanova imparte o curso de “Desenvolvemento de Xerentes e Comercio Aplicado”, que se celebra todos os martes dende o 12 de xaneiro ata o 15 de xuño de 2010, nun horario continuo de 10:00 á 19:30 horas. Dende a Deputación de Pontevedra, a través da súa Área de Comercio, trabállase por impulsar e fortalecer o pequeno comercio, como elemento estratéxico. Tomar conciencia destes cambios, deseñar estratexias innovadoras a nivel de servizo, imaxe e organización, profesionalizar a figura do xerente comercial, son cuestións que os responsables de comercio deben afrontar, polo que se propón a asistencia a dita actividade formativa de Dª Cruz Farto Justo, Técnica de Comercio, así como o aboamento dos gastos xerados en concepto de locomoción. De acordo co exposto, e en virtude das competencias que me confire o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o expediente e conceder a licenza solicitada a Dª Cruz Farto Justo, Técnico de Comercio, para que asista dende o 12 de xaneiro ata o 15 de xuño, todos os martes, ó Curso organizado pola Escola de Negocios Caixanova, que se celebra en Vigo, sobre o “Desenvolvemento de Xerentes e Comercio Asociado”, así como que se aboen os gastos de desprazamento que se xeren, calculados conforme ó que se dispón no do R.d. 462/2002 24 de maio sobre Indemnizacións por Razón do Servizo. O importe total estimado ascende a 380,60 € desagregados segundo detalle: - 22 desprazamentos en vehículo particular (Pontevedra-Vigo-Pontevedra: 22*60 Km*0,19): 250,80 € - Autoestrada: 2,95 € * 44 viaxes, 129,80 € - Total: 380,60 €, con cargo á aplicación 241.433.231.20 Así mesmo, de conformidade co que se establece no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno número 9.14880, do 9 de marzo de 2007, unha vez finalice o Seminario, para que se aboe a axuda económica proposta, a interesada deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma. De acordo co informe de Intervención de data 5 de febreiro de 2010, na partida proposta para imputar o gasto non existe crédito dispoñible para o importe mencionado, existindo non obstante a nivel de vinculación xurídica, quedando retido para tal fin por medio de documento R.C. número de operación 201000006008. B) Mediante escrito presentado no Servizo de Recursos Humanos o 25 de xaneiro de 2010, D. Amancio Varela García, Responsable do Servizo de Novas Tecnoloxías presenta solicitude, en que expón que os técnicos da empresa subministradora do software, que está traballando con esta Institución a través do ORAL, para a creación da oficina virtual do cidadán, de xeito que a través de internet o cidadán poida realizar todos os trámites relacionados con tributos, convocóuselles a unha reunión técnica que se celebra en Alacante ás 9:00 horas do día 26 de xaneiro de 2010, e a que asiste ademais D. Juan Gabriel Fernández García de la Rocha, Analista do Servizo de TIC, polo que solicita autorización para asistir á devandita reunión, así como o aboamento dos gastos de desprazamento ó aeroporto e aparcadoiro. De acordo con todo o exposto, e ó abeiro do que se establece no artigo 67.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común, e en virtude das competencias que me confire o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o presente expediente e autorizar a asistencia de D. Amancio Varela García, funcionario de carreira responsable do T.I.C. e a Juan Gabriel Fernández García de la Rocha, funcionario interino, Analista, adscrito ó devandito Servizo, a asistencia, en Comisión de Servizos, á reunión técnica celebrada en Alacante, o 26 de xaneiro de 2010, coa empresa subministradora de software para a creación da Oficina Virtual do Cidadán do O.R.A.L, así como que se aboen os gastos xerados que lle correspondan, sempre que os mesmos sexan xustificados conforme ó procedemento establecido no Acordo da Xunta de Goberno nº 9.14880 do 9 de marzo de 2007. A estimación de gastos cuantifícase segundo detalle: Juan Gabriel Fernández García de la Rocha (Grupo 2). Desprazamento vehículo particular Pontevedra-aeroporto Vigo-Pontevedra: 60 Km x 0,19 €: 11,40 € Peaxe Autoestrada: 10,00 € Aparcadoiro Aeroporto 20,00 € • Totais desprazamentos: 41,40 €. Aplicación 926.926.231.20. Manutención, 1 manutención e ½ grupo 2: ( saída día 25 despois das 14:00 horas e regreso o día 26 despois das 22:00 horas): ……………56,10 € • Total Manutención 56,10 €. Aplicación 926.926.230.20. Amancio Varela García (Grupo 2). Desprazamento vehículo particular Pontevedra-aeroporto Vigo-Pontevedra: - 60 Km *0,19 €: 11,40 € - Peaxe Autoestrada: 10,00 € - Aparcadoiro Aeroporto 20,00 € • Totais desprazamentos: 41,40 €. Aplicación 926.926.231.20. Manutención, 1 manutención e ½ grupo 2: ( saída día 25 despois das 14:00 horas e regreso o día 26 despois das 22:00 horas): ……………56,10 €. • Total Manutención 56,10 €. Aplicación 926.926.230.20. Así mesmo, de acordo co Informe de Intervención de data 5 de febreiro de 2010, nas aplicacións propostas para imputar o gasto, non existe crédito dispoñible para os importes mencionados, existindo non obstante a nivel de vinculación xurídica, quedando retido para tal fin por medio de documentos R.C. número de operación 201000006006 e 201000006007. C) Mediante escrito presentado no Rexistro Xeral do Pazo Provincial con data 12 de xaneiro de 2010, D. José Manuel Cabaleiro Nieto, Oficial de Servizos Varios, adscrito á Sede de Vigo, solicita permiso para asistir en Comisión de Servizos, e por orde do Sr. Vicepresidente á Feira Internacional de Turismo FITUR, que terá lugar en Madrid do 19 ó 24 de xaneiro, para realizase traballos de apoio ós Técnicos de Turismo na atención do posto que a Deputación presentará en dita Feira, con dereito a que percibir as seguintes indemnizacións por razón do servizo que legalmente correspóndanlle. Aínda que a solicitude se tramitou con antelación suficiente, o informe de Intervención foi emitido con data 5 de febreiro e recibido no Servizo de RR.HH. o 10 de febreiro, polo que procede a súa validación. Ó abeiro do que se establece no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, e de conformidade co que se establece no artigo 67.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e en virtude das competencias que me confire o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o expediente polo que se autoriza a D. José Manuel Cabaleiro Nieto, Oficial de Servizos Varios da Sede de Vigo, a asistencia en Comisión de Servizos e por orde do Sr. Vicepresidente, á Feira Internacional de Turismo FITUR, que tivo lugar en Madrid do 19 ó 24 de xaneiro, con dereito que hai que percibir as seguintes indemnizacións por razón do servizo, calculadas de acordo co sinalado no artigo 11 do citado Real decreto 462/2002, do 24 de maio: • Desprazamentos: - (En avión Vigo-Madrid - Vigo) 138,88 € - Taxis 120,00 € - TOTAL 258,88 € Aplicación Orzamentaria 925.920.231.20. • Dietas: - Aloxamento (5 noites X 115) 575,00 € - Manutención (5 completas X 28,21) 141,05 € - TOTAL 716,05 € Aplicación Orzamentaria 925.920.230.20. Así mesmo, de acordo co Informe de Intervención de data 5 de febreiro de 2010, nas aplicacións propostas para imputar o gasto existe crédito dispoñible para os importes mencionados, quedando retido para tal fin por medio de documentos R.C. número de operación 201000005998 e 201000006000. D) Mediante escrito presentado no Rexistro Xeral do Pazo Provincial con data 13 de xaneiro de 2010, Dª Marta Lucio Gómez, Técnico de Xestión Cultural, adscrita ó Servizo de Cultura, solicita permiso para asistir en Comisión de Servizos, á Feira Internacional de Turismo FITUR, que terá lugar en Madrid do 19 ó 22 de xaneiro, con dereito a percibir as seguintes indemnizacións por razón do servizo, calculadas de acordo co que se establece no artigo 11 Real decreto 462/2002, do 24 de maio. Aínda que a solicitude se tramitou con antelación suficiente, o informe de Intervención foi emitido con data 5 de febreiro e recibido no Servizo de RR.HH. o 10 de febreiro, polo que procede a súa validación. Ó abeiro do que se establece no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo, e de conformidade co que se establece no artigo 67.4da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e en virtude das competencias que me confire o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o expediente por que se autoriza a Dª Marta Lucio Gómez, Técnico de Xestión Cultural, a asistencia en Comisión de Servizos e por orde do Sr. Vicepresidente, á Feira Internacional de Turismo FITUR, que tivo lugar en Madrid do 19 ó 22 de xaneiro, con dereito que hai que percibir as seguintes indemnizacións por razón do servizo, calculadas de acordo co sinalado no artigo 11 do citado Real decreto 462/2002, do 24 de maio: .- Desprazamentos .- (En avión Vigo-Madrid-Vigo) 190,88 € .- Taxis-metro 200,00 € .- TOTAL 390,88 € Aplicación Orzamentaria 330.330.231.20 .- Dietas .- Aloxamento (3 noites x 115) 345,00 € .- Manutención (3 completas x 37,40) 112,20 € .- ½ Manutención día regreso: 18,70 € .- TOTAL 475,90 € Aplicación Orzamentaria 330.330.230.20 Así mesmo, de acordo co Informe emitido por Intervención, de data 5 de febreiro de 2010, nas aplicacións propostas para imputar o gasto, existe crédito dispoñible para os importes mencionados, quedando retido para tal fin por medio de documentos R.C. número de operación 201000006001 e 201000006002.” 36.17800.- CONVOCATORIA E BASES DUNHA BOLSA DE LICENCIADO PARA A FINCA MOURISCADE Vista a proposta presentada polo Xefe de Servizo da Finca Mouriscade, ó abeiro do que se establece no artigo 35.2.b da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e en virtude das competencias que me confire o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases dunha Bolsa destinada a Licenciado/a Universitario/, en: Ciencias Biolóxicas, Ciencias Químicas, Tecnoloxía dos Alimentos, Farmacia e Enxeñaría Agrónoma, coa finalidade de desenvolver temas de investigación e apoio no Laboratorio. Esta Bolsa, dotada cunha consignación mensual de 1.200,00 € imputarase á aplicación orzamentaria 411.412.481.01, e outorgaranse con efectos da data da adxudicación (previsión de inicio 16/03/10) e por un período de seis meses, podendo prorrogarse por un único período ata un máximo dun ano. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES DA CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE LICENCIADO UNIVERSITARIO/A De conformidade coa proposta da Xefa do Servizo da Finca Mouriscade e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, esta Deputación Provincial convoca unha Licenciado Universitario/a, consonte as seguintes BASES PRIMEIRA.- OBXECTO.- Estas bases regulan o procedemento que se terá que seguir para a concesión, dunha bolsa,que teñen por obxecto a realización de tarefas de investigación e apoio no laboratorio da Finca Mouriscade. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.- Poderá ser beneficiario/a desta bolsa aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión do título de : Licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, Ciencias Químicas, Tecnoloxía dos Alimentos, Farmacia e Enxeñería Agrónoma, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. d) Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA.- Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.200 €/mes por beneficiario, que se imputará á aplicación 412.412.481.01 do orzamento provincial. O pagamento da bolsa ó beneficiario/a realizarase a partir da incorporación do bolseiro/a, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de disfrute da bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O disfrute da bolsa será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. c) Curriculum vitae e documentación acreditativa deste. d) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que disfrute da bolsa. e) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. QUINTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN.- Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros: Presidente: o da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado provincial en quen delegue. Vogais: - Un Deputado provincial. - O Xefe do Servizo da Finca Mouriscade. - Un funcionario Técnico Superior pertencente a Deputación Provincial de Pontevedra. Secretario: O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SEXTA.- SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A.- A selección do bolseiro/a efectuarase mediante a celebración dunha entrevista persoal, relacionada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes, que será valorada de (0,00 á 5:00 ) cero a cinco puntos. Os /aspirantes serán convocados á mesma, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, coa publicación na páxina web do listado de admitidos, onde se indicará a data e hora de celebración da mesma. Concluída esta fase, a Comisión publicará no Taboleiro de Anuncios e na páxina web da Deputación o listado de puntuacións obtidas. SÉTIMA.- RESOLUCIÓN.- A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ó aspirante que consideren máis idóneos e que acadaran a máxima puntuación de acordo có especificado na cláusula sexta das presentes Bases. OITAVA.- CONDICIÓNS XERAIS.- Establécense as seguintes condicións xerais: a) As bolsas terán unha duración de seis meses, a contar dende a data na que o adxudicatario comece o seu desempeño no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e o acordo da Xunta de Goberno. b) A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c) O beneficiario/a da bolsa comprometerase a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo có fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado. d) A aceptación e disfrute desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo. e) O beneficiario/a da Bolsa deberá subscribir unha póliza de seguro de asistencia médica, no caso de non estar cuberto pola seguridade social ou por outro seguro privado. f) A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación Provincial resérvase o dereito a destruír dita documentación. DÉCIMA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES.- A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases. UNDÉCIMA.- DEREITOS SUPLETORIOS.- A convocatoria das bolsa e a selección do bolseiro/a e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitaranse ó previsto nas presentes Bases, e ademais, ó previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.” 37.17801.- CONVOCATORIA E BASES DUNHA BOLSA DE ENXEÑEIRO AGRÍCOLA/FORESTAL ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO Vista a proposta presentada polo Xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, ó abeiro do que se establece no artigo 35.2.b da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e en virtude das competencias que me confire o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases dunha Bolsa de Enxeñeiro Técnico Agrícola/Forestal, para a realización de traballos de mostraxe en campo, seguimento fenolóxico, detección de patóxenos, seguimento da colleita e adaptación de técnicas de cultivo, así como a preparación de mostras para a súa análise en laboratorio, en plantacións de kiwi, maceiras e vide. Esta Bolsa, dotada cunha consignación mensual de 1.200, 00 € imputaranse á aplicación orzamentaria 413.413.481.01, e outorgaranse con efectos da data da adxudicación (previsión de inicio 16/03/10) e por un período dun ano, podendo prorrogarse por un único período ata un máximo de dous anos. A cantidade total estimada para o exercicio 2010 ascende a 11.419, 36 €. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES DA CONVOCATORIA DUNHA BOLSA PARA INXEÑEIRO/A TÉCNICO AGRÍCOLA OU FORESTAL, CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, esta Deputación Provincial convoca unha Bolsa, consonte as seguintes BASES PRIMEIRA.- OBXECTO.- Estas bases regulan o procedemento que se terá que seguir para a concesión, dunha bolsa, por concurso de méritos, que ten por obxecto a realización de tarefas na Área de Fruticultura e Ornamentais, da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, destinada a Enxeñeiros/as Técnicos Agrícolas/Forestais, Estas tarefas consistirán na realización de mostraxes en campo, seguimento fenolóxico, detección de patóxenos, seguimento da colleita e adaptación de técnicas de cultivo, así como a preparación de mostras para a súa análise no laboratorio. Os seguimentos efectuaranse en plantacións de kiwi, maceira e vide. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES.- Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión do título de Técnico/a Superior en Información e Comercialización Turísticas ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. d) Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenrolo da actividade obxecto da bolsa. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA.- Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.200,00 €/mes, que se imputará á aplicación 413.413.481.01 do orzamento provincial. O pagamento da bolsa ó beneficiario/a realizarase a partir da incorporación do bolseiro/a, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de disfrute da bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O disfrute da bolsa será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia xuntarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. c) Certificado do expediente académico, Curriculum vitae e documentación acreditativa deste, así coma méritos relacionados cos traballos que se vaian a desenvolver, debidamente xustificados. d) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que disfrute da bolsa. e) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. QUINTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN.- Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros: Presidente: O da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado provincial en quen delegue. Vogais: -Un Deputado provincial. -O Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro. -Un funcionario Técnico Superior pertencente a Deputación Provincial de Pontevedra. Secretario: O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SEXTA.- SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A.- A selección do bolseiro/a efectuarase mediante a valoración dos méritos acreditados polos interesados, segundo o seguinte BAREMO: 1. Expediente Académico: Ata un máximo de (4,00 puntos). No caso de expedientes académicos nos que non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.d. 1497/1987, modificado polo R.d. 1267/1994, será valorado con 0,00 puntos. 2. Por acreditar experiencia laboral relacionada coas materias obxecto da bolsa, ata un máximo de (3,00 puntos), computados do xeito que se especifica a continuación: DURACIÓN PUNTUACIÓN De 12 o máis meses 0,15 puntos/mes De entre 6 e 9 meses 0,10 puntos/mes De entre 3 e 5 meses 0,05 puntos/mes A experiencia acreditarase presentando certificado de empresa ou copia dos contratos de traballo. No suposto de non acreditarse a duración, esta non será valorada. ENTREVISTA PERSOAL: A Comisión celebrará dunha Entrevista Persoal, relacionada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes, que será valorada de (0:00 á 3:00 ) cero a tres puntos. Os /aspirantes serán convocados á mesma, unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, coa publicación na páxina web do listado de admitidos, que incluirá a baremación dos méritos achegados, e onde se indicará a data e hora de celebración da mesma. Concluída esta fase, a Comisión publicará no Taboleiro de Anuncios e na páxina web da Deputación o listado de puntuacións obtidas. SÉTIMA.- RESOLUCIÓN.- A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación desta bolsa ó aspirante que consideren máis idóneo e que acadara a máxima puntuación de acordo co especificado na cláusula sexta das presentes Bases. OITAVA.- CONDICIÓNS XERAIS.- Establécense as seguintes condicións xerais: a) As bolsas terán unha duración dun ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comece o seu desempeño e poderá ser prorrogada por un único período dun ano, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e o acordo da Xunta de Goberno. b) A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c) O beneficiario/a da bolsa comprometerase a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo có fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado. d) A aceptación e disfrute desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo. e) O beneficiario/a da Bolsa deberá subscribir unha póliza de seguro de asistencia médica, no caso de non estar cuberto pola seguridade social ou por outro seguro privado. f) A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación Provincial resérvase o dereito a destruír dita documentación. DÉCIMA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES.- A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases. UNDÉCIMA.- DEREITOS SUPLETORIOS.- A convocatoria das bolsa e a selección do bolseiro/a e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitaranse ó previsto nas presentes Bases, e ademais, ó previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.” 38.17802.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS a) Devolución de garantía definitiva á empresa Teófilo comunicación, S.L. A empresa Teófilo Comunicación, S.L., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Deseño, maquetación e impresión dunha revista de divulgación dos estudos realizados polo Proxecto CIDIR-EIEL. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos pola Xefa do Servizo de Cooperación e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de mil cento corenta e sete euros con vinte e cinco céntimos (1.147,25 €), para responder do contrato relativo ó: Deseño, maquetación e impresión dunha revista de divulgación dos estudos realizados polo Proxecto CIDIR- EIEL e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/06/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900052391, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. b) Devolución de garantía definitiva á empresa Spica, S.L. A empresa Spica, S.L., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder do seguinte contrato: Subministración e instalación do equipamento audiovisual para a sala de conferencias do Museo de Pontevedra. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Director de Xestión e polo Director do Museo de Pontevedra e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de oito mil catrocentos seis euros con vinte céntimos (8.406,20 €), para responder do contrato relativo ó: Subministración e instalación do equipamento audiovisual para a sala de conferencias do Museo de Pontevedra e que foi depositada na Tesourería Provincial el 17/12/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800109198, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. c) Devolución de garantía definitiva á empresa Formato Verde, S.L. A empresa Formato Verde, S.L., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Subministración de 129 colectores de residuos sólidos urbanos para a súa distribución ós concellos da provincia de Pontevedra. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos pola Xefa do Servizo de Medio Natural e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de setecentos noventa e cinco euros con setenta e tres céntimos (795,73 €), para responder do contrato relativo ó: Subministración de 129 colectores de residuos sólidos urbanos para a súa distribución ós concellos da provincia de Pontevedra e que foi depositada na Tesourería Provincial el 7/04/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600034888, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. d) Devolución de garantía definitiva á empresa Talleres F.C. Trigo, S.L. A empresa Talleres F.C. Trigo, S.L., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Subministro dun tractor para a Entidade Local Menor de Bembrive para a súa distribución ós concellos da provincia de Pontevedra. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Sr. Alcalde Pedáneo da Entidade Local Menor de Bembrive e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de dous mil cincocentos dezasete euros con corenta céntimos (2.517,40 €), para responder do contrato relativo ó: Subministración dun tractor para a Entidade Local Menor de Bembrive para a súa distribución ós concellos da provincia de Pontevedra e que foi depositada na Tesourería Provincial el 29/09/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800080985, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. e) Devolución de garantía definitiva á empresa Tecam, equipamiento de oficina, S.A. A empresa Tecam, equipamiento de oficina, S.A., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Subministración de mobiliario para a sala de conferencias do Museo de Pontevedra. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo Director de Xestión e polo Director do Museo de Pontevedra e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Afigal, por importe de cinco mil cincocentos cinco euros con cincuenta céntimos (5.505,50 €), para responder do contrato relativo ó: Subministración de mobiliario para a sala de conferencias do Museo de Pontevedra e que foi depositada na Tesourería Provincial el 30/12/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800113732, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 39.17803.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS 2010” Visto o escrito da Xefa do Servizo de Acción Social participando que a Deputación, coa finalidade de potenciar a autonomía das persoas maiores, así como previr situacións de illamento, soidade ou escasa socialización deste colectivo, pretende levar a cabo a impartición dunha serie de actividades formativas dentro do programa “Ti tamén contas 2010”. Visto o informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ten que rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Considerando o que se dispón nos artigos 34.1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo de 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento da Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da organización e impartición das actividades do programa social “Ti tamén contas 2010”. Debido á gran cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar os mesmos, dividiuse o contrato en dous lotes que se corresponden coas seguintes zonas de actuación: Lote 1: correspondente ás bisbarras de Caldas de Reis, Salnés, Pontevedra e Morrazo. Lote 2: correspondente ás bisbarras de Vigo, Condado, Paradanta e Baixo Miño. O programa conta cun orzamento máximo de cento oitenta e cinco mil euros (185.000,00 €), sendo o tipo de licitación de mil trinta e catro euros con corenta e oito céntimos sen IVE (1.034,48 €), por curso, en función dun prezo máximo por hora de 34,48 euros sen IVE. A cantidade correspondente ó IVE ascende á contía de 165,52 euros por curso (5,52 € por hora). Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: - Autorizar o gasto por importe de 185.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07 do Orzamento Provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é do seguinte teor: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICION DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMEN CONTAS 2010” 1.- OBXECTO.- A organización e impartición de diversas actividades de formación dirixida a asociacións de persoas maiores dentro do programa social “Ti tamén contas”, que ten como finalidade potenciar a autonomía das persoas maiores, mellorando a súa capacidade física e psíquica, así como previr situacións de illamento, soidade ou escasa socialización deste colectivo. O contrato comprende a impartición dos cursos desagregados no prego de prescricións técnicas e que se engloban nas seguintes áreas: • Desenvolvemento persoal e saúde. • Arte e traballos manuais. • Cultura e cultura tradicional. • Informática. • Área Informativa. • Discapacidade. A cada asociación se lle concederá un só curso, cunha duración máxima de 30 horas sendo impartidos un día á semana durante 2 horas. A empresa adxudicataria deberá achegar o programa do curso e o material didáctico (fotocopias), así como ordenadores nos cursos de informática, cociña nos cursos de elaboración de licores e conservas e padiolas para os cursos de masaxes. Estes materiais deberán ser levados pola empresa adxudicataria ó local onde se van a impartir os cursos. O material necesario para a demostración de cada unha das actividades será achegado pola empresa adxudicataria, pero será a cargo de cada unha das alumnas o material que estas necesiten para cada un dos traballos que realicen. Debido á gran cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar os mesmos dividiuse o contrato en dous lotes que se corresponden dúas zonas de actuación: • LOTE 1, correspondente ás visbarras de Caldas de Reis, Salnés, Pontevedra e Morrazo. • LOTE 2, correspondente ás bisbarras de Vigo, Condado, Paradanta e Baixo Miño. O número de cursos a realizar por zona son variables en función das solicitudes que efectúen as asociacións, e sempre que non se supere a cantidade máxima sinalada na cláusula sexta. Os licitadores deberán presentar unha oferta por cada unha das zonas en que estean interesadas en participar. A cada asociación concederáselle un só curso, estimándose en 154 o número de asociacións participantes. A Deputación non se compromete a contratar un número mínimo de cursos xa que dependerá do número de solicitudes presentadas. 2.- FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07 do orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo do contrato, efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez presentada a conformidade por esta Deputación. 4.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN.- As actividades levaranse a cabo durante o ano 2010 en diferentes puntos da provincia. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O prezo máximo de licitación establécese na cantidade de mil trinta e catro euros con corenta e oito céntimos sen IVE (1.034,48 €), por curso, en función dun prezo máximo por hora de 34,48 euros sen IVE. A cantidade correspondente ó IVE ascende á contía de 165,52 euros por curso (5,52 € por hora). 6.- ORZAMENTO.- O orzamento máximo deste programa se fixa na cantidade de cento oitenta e cinco mil euros (185.000,00 euros). 7.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público (LCSP). 8.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para ese fin (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 do Lcsp. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cubrir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 10.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 10.1º.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, de luns a sábado, ou na Sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro do prazo de quince días naturais contado dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2º.- Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, en que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: SOBRE A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da organización e imparticion das actividades do programa social “Ti tamén contas 2010” Este sobre conterá os seguintes documentos: 1- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, en que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, en que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades a que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador en que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da organización e imparticion das actividades do programa social “Ti tamén contas 2010”, lote numero _________ Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2. Descrición da metodoloxía de organización e xestión do proxecto, así como do contido e módulos de que constará cada curso. 3. Profesorado, e titulación. 4. Descrición dos recursos destinados á impartición das actividades. 5. Relación do material didáctico a entregar ós alumnos. 6. Proposta de seguros. 7. Proposta de cronograma de execución. 8. Posibles melloras. Sobre C: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da organización e imparticion das actividades do programa social “Ti tamén contas 2010”, lote numero _________ Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. No caso de presentarse a máis dun lote ou zona, presentarase un único sobre “A” de documentación xeral, e un sobre “B” e “C” por cada lote a que se presente. 11 - MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -A Xefa do Servizo de Acción Social SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 12.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante formulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, por que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecida no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora en que e procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres c daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 13.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 13.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: • Proposta metodolóxica e de contidos, ata un máximo de 20 puntos. • Recursos destinados á impartición de actividades, ata 20 puntos. Só serán tidos en conta os medios aplicados especificamente ó contrato, con exclusión daqueles de que dispoña o licitador con carácter xeral. • Melloras ofertadas ás características mínimas esixidas, ata un máximo de 10 puntos. Valoraranse as seguintes melloras: - Existencia dun servizo de información e atención permanente durante o desenvolvemento do proxecto. - Presentación dun informe final de valoración dos resultados obtida incluída memoria gráfica. - Realización dun estudo de detección das novas necesidades das asociacións participantes. - Entrega de material serigrafiado co logotipo do proxecto “Ti Tamén Contas” e da Deputación de Pontevedra. - Outras melloras. 13.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre C). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoráranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Menor prezo ofertado, ata un máximo de 50 puntos. Este criterio valorarase aplicando a fórmula incluída no Anexo I que acompaña a este prego. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. 14.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 15.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou en que así decídase voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre B de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 20.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, se é o caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 21.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 284 do LCSP. 22.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, observarase o disposto, no referente á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de .....................con domicilio en..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á organización e impartición das actividades do programa social “ Ti tamén contas 2010”, Lote _______________comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polo seguinte prezo: Prezo por curso (sen IVE) euros. IVE euros. Prezo por curso (IVE incluído) euros. (Data e sinatura do propoñente)” O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 40.17804.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI 2010” Visto o escrito da Xefa do Servizo de Acción Social participando que a Deputación, coa finalidade de concienciar ás mulleres do seu papel na sociedade actual, promover as súas relacións sociais para evitar o seu illamento, así como promover o traballo creativo e novo campos de interese, pretende levar a cabo o programa “Pensa en Ti” para o ano 2010, cuxo custo se estima na cantidade máxima de catrocentos sesenta e oito mil euros (468.000,00 €). Visto o informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ten que rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Considerando o que se dispón nos artigos 34.1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo de 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da organización e impartición das actividades do programa social “Pensa en ti 2010”. Debido á gran cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar os mesmos, dividiuse o contrato en cinco lotes que se corresponden coas seguintes zonas de actuación: • Lote 1, correspondente ás bisbarras do Condado, Paradanta, Baixo Miño e Vigo sur. • Lote 2, correspondente ás zonas de Vigo Norte e Centro, e o Morrazo. • Lote 3, correspondente á zona de Tabeirós e Deza. • Lote 4, correspondente á zona de Pontevedra e Caldas. • Lote 5, correspondente á zona do Salnés. O programa conta cun orzamento máximo de catrocentos sesenta e oito mil euros (468.000,00 €), sendo o tipo de licitación de mil trinta e catro euros con corenta e oito céntimos sen IVE, por curso, en función dun prezo máximo por hora de 34,48 euros sen IVE. A cantidade correspondente ó IVE ascende á contía de 165,52 euros por curso (5,52 € por hora). Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: - Autorizar o gasto por importe de 468.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07 do Orzamento Provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como Lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICION DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI 2010” 1.- OBXECTO.- A organización e impartición de diversas actividades formativas dirixidas a Asociacións de mulleres da provincia, dentro do programa social “Pensa en ti”. Este Programa de carácter social ten como finalidade concienciar ás mulleres do seu papel na sociedade actual, promover as súas relacións sociais para evitar o seu illamento, así como promover o traballo creativo e novo campos de interese. O contrato comprende a impartición dos cursos que se detallan no catálogo de cursos incluído no prego técnico, englobados nas seguintes áreas: • Arte, traballos manuais e bricolaxe. • Cociña, agricultura e elaboracións artesanais. • Desenvolvemento persoal e saúde física e mental • Cultura tradicional, música e baile. • Formación para a igualdade entre homes e mulleres. • Desenvolvemento profesional. Cada curso terá unha duración de 30 horas. A empresa adxudicataria deberá achegar o programa de cada curso, o material didáctico (fotocopias) e os aparellos necesarios para a realización dos cursos (como ordenadores nos cursos de informática, padiolas nos cursos de masaxe, esteiras no caso de cursos de ximnasia, aerobic, taichí, etc). Este material deberá ser levado pola empresa adxudicataria ó local onde a asociación vaia realizar o curso. Así mesmo deberá elaborar as carpetas e diplomas que hai que entregar ós alumnos. O material necesario para a demostración de cada unha das actividades será achegado pola empresa adxudicataria, pero será a cargo de cada unha das alumnas o material que estas necesiten para cada un dos traballos que realicen. Debido á gran cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar os mesmos, dividiuse o contrato en cinco lotes que se corresponden coas seguintes zonas de actuación: • Lote 1, correspondente ás bisbarras do Condado, Paradanta, Baixo Miño e Vigo sur. • Lote 2, correspondente ás zonas de Vigo Norte e Centro, e o Morrazo. • Lote 3, correspondente á zona de Tabeirós e Deza. • Lote 4, correspondente á zona de Pontevedra e Caldas. • Lote 5, correspondente á zona do Salnés. O número de cursos a realizar por zona son variables en función das solicitudes que se reciban das Asociacións, sempre que non se supere a cantidade máxima fixada na cláusula sexta. A cada asociación se lle concede un só curso, estimándose que o número de asociacións participante se eleve a 390 asociacións. A Deputación non se compromete a contratar un número mínimo de cursos xa que dependerá do número de solicitudes presentadas. 2.- FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07 do orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo do contrato, efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez presentada a conformidade por esta Deputación. 4.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN As actividades levaranse a cabo durante o ano 2010 en diferentes puntos da provincia. 5.- TIPO DE LICITACIÓN. O prezo máximo de licitación establécese na cantidade de mil trinta e catro euros con corenta e oito céntimos sen IVE (1.034,48 €), por curso, en función dun prezo máximo por hora de 34,48 euros sen IVE. A cantidade correspondente ó IVE ascende á contía de 165,52 euros por curso (5,52 € por hora). 6.- ORZAMENTO.- O orzamento máximo deste programa se fixa na cantidade de CATROCENTOS SESENTA E OITO MIL EUROS (468.000,00 euros). 7.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público (LCSP): 8.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para ese fin (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 do LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cubrir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 10.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 10.1º.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, de luns a sábado, ou na Sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro do prazo de quince días naturais contado dende o día seguinte á publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2º.- Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, en que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: SOBRE A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da organización e imparticion das actividades do Programa social “Pensa en ti 2010” Este sobre conterá os seguintes documentos: 1- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, en que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, en que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades a que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador en que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da organización e imparticion das actividades do programa social “Pensa en ti 2010”, lote número _________ Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2. Descrición da metodoloxía de organización e xestión do proxecto, así como do contido e módulos de que constará cada curso. 3. Profesorado, e titulación. 4. Descrición dos recursos destinados á impartición das actividades. 5. Relación do material didáctico a entregar ós alumnos. 6. Proposta de seguros. 7. Proposta de cronograma de execución. 8. Posibles melloras. Sobre C: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da organización e impartición da organización e imparticion das actividades do programa social “Pensa en ti 2010”, lote número_____________ Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. No caso de presentarse a máis dun lote ou zona, presentarase un único sobre “A” de documentación xeral, e un sobre “B” e “C” por cada lote a que se presente. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. 11 - MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -A Xefa do Servizo de Acción Social. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 12.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICA.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre b correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante formulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, por que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecida no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora en que e procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 13.- CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 13.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: • Proposta metodolóxica e de contidos, ata un máximo de 20 puntos. • Recursos destinados á impartición de actividades, ata 20 puntos. Só serán tidos en conta os medios aplicados especificamente ó contrato, con exclusión daqueles de que dispoña o licitador con carácter xeral. • Melloras ofertadas ás características mínimas esixidas, ata un máximo de 10 puntos. Valoraranse as seguintes melloras: - Existencia dun servizo de información e atención permanente durante o desenvolvemento do proxecto. - Presentación dun informe final de valoración dos resultados obtida incluída memoria gráfica. - Realización dun estudo de detección das novas necesidades das asociacións participantes. - Entrega de material serigrafiado co logotipo do proxecto “Pensa en ti” e da Deputación de Pontevedra. - Outras melloras. 13.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre C) Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Menor prezo ofertado, ata un máximo de 50 puntos. Este criterio valorarase aplicando a fórmula incluída no Anexo I que acompaña a este prego. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. 14.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 15.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou en que así decídase voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre B de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno retera no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 20.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, se é o caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 21.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 284 do LCSP. 22.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, observarase o disposto, no referente á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA.- Don......., maior de idade, veciño de..........., con domicilio en ...............titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de .....................con domicilio en.........., teléfono.............. segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á ORGANIZACIÓN E IMPARTICION DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI 2010”, LOTE ____comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polo seguinte prezo: Prezo por curso (sen IVE)_______________________euros. IVE________________________________________euros. Prezo por curso (IVE incluído)___________________euros. (Data e sinatura do propoñente)” O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 41.17805.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN E ORGANIZACÓN DO “PROGRAMA DIÚRNO BALNEARIOS 2010” Visto o escrito da Xefa do Servizo de Acción Social participando que a Deputación, coa finalidade de contribuír ó benestar e mellorar a calidade de vida dos nosos maiores, pretende levar a cabo o programa de Balnearios para o ano 2010, o custo estímase na cantidade máxima de douscentos corenta mil euros, (240.000,00€). Visto o informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que terá que rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da xestión e organización do Programa Diúrno de Balnearios para o ano 2010. O programa conta cun orzamento máximo de douscentos corenta mil euros (240.000,00 €), sendo o tipo de licitación de cento corenta euros por persoa beneficiaria (140,00 €), IVE incluído, dos que 130,84 € corresponden ó prezo do contrato e 9,16 € ó IVE. O financiamento deste programa realizarase da seguinte forma: • A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 52,00 euros por persoas participante. • Os concellos interesados en participar neste programa deberán contribuír con unha cantidade de 32,00 euros/persoa. • As persoas beneficiarias aboarán unha cantidade máxima de 56,00 euros. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: -Autorizar o gasto por importe de 240.000,00 euros para financiar a parte do programa correspondente á Deputación de Pontevedra, con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07 del Orzamento Provincial do ano 2010 -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como Lei fundamental. -Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é do seguinte teor: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA ORGANIZACIÓN E XESTIÓN DO PROGRAMA DIÚRNOS DE BALNEARIOS 2010 1.- OBXECTO.- A organización e xestión do programa diúrno de Balnearios 2010. O programa ten como finalidade mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas de 50 anos ou máis, en Balnearios ou Talasos da provincia de Pontevedra, a través de estancias de cinco tardes ou mañás (de luns a venres), cun número de persoas entre 50 e 100 desenvolvéndose en dúas campañas. a) Campaña de Primavera. b) Campaña de Outono. O licitador deberá ofertar un mínimo de tres Talasos ou Balnearios A Deputación non se compromete a contratar un número mínimo de programas senón que iria en función das solicitudes realizadas. Os servizos que deberá prestar a empresa adxudicataria establécense detalladamente no prego de prescricións técnicas. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do programa financiarase pola Deputación de Pontevedra e os usuarios participantes de acordo coa seguinte distribución: A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 52,00 euros por participante, os concellos que se adhiran ó programa achegarán 32,00 euros por participante e as persoas beneficiarias, a cantidade restante. No caso de que se oferte un prezo máis baixo ó de licitación, a baixa repercutirá na cantidade a pagar polo beneficiario. A parte correspondente á Deputación, por importe de dous centos corenta mil euros (240.000,00 €), será financiado con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo do contrato, efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez presentada a conformidade por esta Deputación. A factura deberá recoller unha relación de todas as persoas beneficiarias do Programa. 4.- DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN.- O programa desenvolverase en Balnearios e Talasos da nosa provincia, nos meses de abril, maio e xuño para a campaña de primavera e setembro, outubro e novembro para a campaña de outono. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O prezo máximo de licitación se fixa na cantidade de 130,84 euros por persoa, sen IVE, sendo a cantidade correspondente ó IVE 9.16 €. 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 do LCSP. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para ese fin (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 do LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cubrir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación (Sede Pontevedra, luns a sábado; Vigo, luns a venres), o prazo será de quince días naturais a partir da data da publicación do anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día. 9.2º.- Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, en que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para participar na adxudicación mediante procedemento aberto da organización e xestión do programa diúrnos Balnearios 2010”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, en que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, en que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades a que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador en que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para participar na adxudicación mediante procedemento aberto da organización e xestión do programa diúrno Balneario 2010. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.- Memoria dos Balnearios e Talasos ofertados. 3.- Descrición do programa: Transporte e guías acompañantes, actividades, horarios de balneario ou spa, etc. 4.- Proposta sobre a forma en que se levarán a cabo as funcións de coordinación, xestión das prazas, implantación do programa e avaliación do mesmo. 5.- Melloras ofertadas (Enumeradas e valoradas economicamente), valorándose entre outras as seguintes: - Excursións guiadas ou outras actividades lúdicas non incluídas no programa. - Prezos especiais ou gratuidade en tratamentos de saúde e beleza. - Entrega de material serigrafiada da Deputación e do programa ós participantes. Sobre C: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para a adxudicación mediante procedemento aberto da organización e xestión do programa diúrnos Balnearios 2010. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Presentarase cerrado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10 - MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOCAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -A Xefa do Servizo de Acción Social. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, por que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecida no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora en que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres c daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 12.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: • Calidade dos establecementos ofertados, ata un máximo de 15 puntos. • (Terase en conta o número e as características dos Talasos e Balnearios ofertados). • Programa, ata un máximo de 15 puntos. • Proposta sobre a forma en que se levarán a cabo as funcións de coordinación, xestión das prazas, implantación do programa e avaliación do mesmo, ata un máximo de 10 puntos. • Melloras ofertadas ás características mínimas esixidas, ata un máximo de 10 puntos. 12.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre C). Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Menor prezo ofertado, ata un máximo de 50 puntos. A valoración deste criterio realizarase calculando a media aritmética dos prezos dos establecementos ofertados por cada licitador, e de conformidade coa fórmula do anexo I. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou en que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 17.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre A de “Documentos” dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno retela no suposto de que fora interposto reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 18.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 19.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, se é o caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 284 do LCSP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, observarase o disposto, no referente á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN ECONÓMICA.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de .....................con domicilio en..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á organización e xestión do “Programa diúrno de balnearios 2010” comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, polos seguintes prezos por beneficiario para cada un dos hoteis que oferte: BALNEARIO Prezo por persoa (sen IVE) IVE Prezo total por persoa (Data e sinatura do propoñente)” O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 42.17806.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTICIOS PARA A CIDADE INFANTIL “PRINCIPE FELIPE”, ANO 2010 A Xunta de Goberno, en sesión do 16 de decembro de 2009, aprobou o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de produtos alimenticios para a Cidade Infantil “Príncipe Felípe”, cun importe estimado de 271.913,94 euros. A Cualificación da Documentación Xeral e apertura de plicas tivo lugar o día 15 de febreiro de 2010 a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación, trasladándose posteriormente a única oferta presentada pola empresa Distribucións Froiz, S.A., ós técnicos para a súa valoración. A Directora de Xestión da CIPF informa que a documentación presentada polo licitador cumpre con todos os requisitos esixidos no prego de condicións, polo que se pode outorgar a máxima puntuación para aqueles criterios non avaliables mediante fórmulas, estimada en 50 puntos. Vista a proposta económica e o prazo ofertado pola empresa, calcúlase a ponderación dos criterios avaliables mediante fórmulas, a través da establecida na cláusula 12, resultando a puntuación de 11,73. Considerando que a empresa Distribucións Froiz é a única que se presentou ó procedemento e que obtivo unha puntuación de 61,73, proponse como adxudicataria do contrato de subministración de produtos alimenticios para a CIPF. Considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Adxudicar provisionalmente o procedemento aberto para a contratación da subministración de produtos alimenticios para a Cidade Infantil “Príncipe Felípe” ano 2010 á empresa Distribucións Froiz, S.A. (C.I.F.- A-36.036.739) de acordo cos seguintes prezos unitarios: Artigos Prezo Unitario (Sen IVE). Aceite xirasol 5 Lt 4,45 € Aceite xirasol 1 Lt 0,89 € Aceite Oliva 1 Lt 1º 2,59 € Aceite oliva 5 Lt 1º 12,95 € Olivas c/óso galón, 5 kg 6,79 € Oliva 600 gr s/h 1,99 € Auga plástico 1,5 Lt 0,19 € Auga plástico 1/2 Lt 0,13 € Aquarius 1 lt 1,09 € Albahaca lata 3,12 € Faba ril extra kg 1,10 € Arroz redondo extra, 1 kg 0,79 € Arroz vaporizado , 1 kg 1,25 € Atún lata 1 kg 4,39 € Azucre kg 0,72 € Azucarillo sobre, 8 gr 1,23 € Cacao po kg 2,98 € Café descafeinado sobre 0,07 € Café moído mestura 250 gr 1,03 € Canela en lata 1 kg 6,49 € Caldo Carne 12 Pastilla 0,39 € Caldo polo 12 pastillas 0,39 € Caramelos sugus, kg 5,45 € Cereais choco 375 gr 1,85 € Cereais choco 500 gr 2,42 € Cereais corn fl 375 gr 1,55 € Cereais corn fl 500 gr 1,82 € Champiñón laminado 3 kg 3,50 € Chocolate á cunca 500 gr 2,15 € Coca cola 2 lt e sen cafeína 1,05 € Coca cola lata 0,40 € Cocktail froitas 3 kg 2,79 € Cola Cao 800 gr 3,28 € Colorante est.100 sobres 4,10 € Marmelada 25 gr porc. meloc 0,12 € Marmelada 25 gr porc. amorodo 0,12 € Marmelada 25 gr porc. ameixa 0,12 € Espaguete 1 kg 0,89 € Espaguete 5 kg 4,25 € Espárrago 17/24 1 kg 1,49 € Espárrago tallo 3 kg 2,65 € Fanta 2 lt limón 0,86 € Fanta 2 lt laranxa 0,86 € Fanta lata limón 0,30 € Fanta lata laranxa 0,30 € Flanín sobre 0,89 € Galleta Príncipe 177 gr. 1,89 € Galleta Cuétara surtido 700 gr. 2,34 € Garavanzo nacional 1ª kg 1,20 € Fariña, quilo 0,46 € Fariña repostería 1 kg 0,66 € Fariña saco 50 kg 0,46 € Leite desnatada brik litro 0,46 € Leite enteira brik litro 0,52 € Leite semidesnatada brik litro 0,49 € Lentella castelá 1 kg 0,99 € Levedo Royal --4 sobres 0,95 € Macarrón 5 kg 4,25 € Macarrón, Kg 0,89 € Millo 3 kg 2,69 € Maizena gr. 700 gr 2,42 € Manzanilla 100 s 2,95 € Maionesa 3, 7 kg 7,25 € Margarina barra 500 gr 1,10 € Margarina porción 12 gr 0,09 € Melocotón xarope 3 kg 2,65 € Marmelo 5,9 kg 1,89 € Menta poexo, 100 un. 2,95 € Nocilla 475 gr 1,98 € Noz moscada 1 kg 21,37 € Ourego lata 2,99 € Pasta Paxariños 500 lata 0,86 € Pasta Lasaña 1/2 0,99 € Pasta, sopa 5 kg 4,25 € Pera xarope, 3 kg 2,95 € Pemento doce 500 gr 5,15 € Pemento doce kg 9,89 € Pemento picante 250 gr 2,69 € Pemento 3 kg lata 4,19 € Piña xarope 3 kg 3,35 € Puré de pataca 500 gr 1,69 € Queixo caserío 8 porc 0,79 € Queixo rallado 90 gr 0,90 € Queixo Philadelphia 200 gr 1,39 € Sacarina po porción, estoxo 0,72 € Sal fina kg 0,20 € Sal gorda kg 0,20 € Te, 100 un 2,95 € Tila, 100 un. 2,95 € Tomate enteiro pelado 5 kg 5,35 € Tomate frito 3 kg 2,89 € Tomate triturado, 3 kg. Lata 1,79 € Tomate triturado, 5 kg 1,95 € Vinagre 1 litro 0,36 € Viño albariño botella 4,30 € Viño brik branco/tinto 0,44 € Viño rioxa botella 1,89 € Cenoria rallada 3 kg 1,98 € Zume Brik mazá, litro 0,65 € Zume Brik melocot, litro 0,65 € Zume Brik laranxa, litro 0,65 € Zume Brik piña, litro 0,65 € Zume minibrik 200 ml 0,18 € Sidra 1,11 € Turrón Alacante (duro), 300 gr 6,64 € Turrón chocolate, pastilla 2,75 € Turrón froitas, 300 gr 3,09 € Turrón Xixona (brando), 300 gr 6,64 € Torta imperial, 200 gr 4,85 € Polvoróns amendoados, 300 gr 1,39 € Mazapán figuriñas, 200 gr 1,59 € Peladillas, bolsa 150 gr 1,29 € Galletas danesas, lata 1,69 € TENREIRA Albóndega fresca 6,49 € Carne picada mestura 5,49 € Filetes/bisté, 1ª (160 gr) 8,30 € Entrecot 13,90 € Hamburg. mixta 160 gr 5,95 € Hamburguesa, 160 gr 5,95 € Xarrete 6,45 € Man (asar) 7,30 € Ragout 1º 8,90 € Agulla sen oso 6,95 € Costela fresca 6,40 € Chuleta 8,70 € Solombo 22,29 € Brocheta parrilleira 5,55 € Faldra sen oso 6,45 € PORCO Agulla des.-cabeza lombo 5,10 € Chourizo guiso 5,50 € Chuleta cortada 4,89 € Cinta lombo fresca enteira 6,45 € Costela fresca tiras 4,15 € Costela salgada, tiras 4,58 € Espiñazo salgado 2,75 € Filetes o bisté de xamón (160 gr) 5,50 € Lacón salgado 4,16 € Maza traseira, (asar) 4,25 € Lingua salgada 3,90 € Morro salgado 3,29 € Orellas salgadas 3,69 € Panceta salgada 5,28 € Patas salgadas 2,29 € Rabo salgado 3,20 € Solombo 9,25 € Pincho moruno 5,95 € Lombo adobado 5,47 € Unto salgado 3,10 € AVES, CAZA Coello pequeno 5,55 € Cordeiro, perna 11,95 € Polo, zancos 3,29 € Pavo, redondo (Rotti) 5,20 € Pavo, xamonciños 3,10 € Polo caparazóns 0,55 € Polo xamonciños 3,10 € Polo limpo eviscerado (1,9-2,0 Kg) 2,10 € Polo, peituga s/óso enteira 6,25 € Ovo fresco "M" 0,99 € Pavo peituga filete 6,45 € Pavo estofar 5,45 € Pizza sabores, 500 gr 2,29 LÁCTEOS (Temporalidade: 1 día/semana) Cacaolat 0,59 € Flan ovo 0,25 € Flan vainilla 0,21 € Nata líquida 1 lt 2,83 € Natillas, tarrina 0,30 € Petit suise natural 0,16 € Petit suise sabores 0,16 € Queixo barra 6,65 € Todo froitas - sabores 0,30 € Iogur desnatado natural 0,21 € Iogur desnatado sabores 0,21 € Iogur natural 0,19 € Iogur natural azucarado 0,19 € Iogur sabores 0,19 € Iogur bio-líquido soia-laranxa 0,48 € Iogur bio liquido natural 0,45 € Mantequilla porcións * 0,09 € EMBUTIDOS (Temporalidade: 1 dia/semana) Chourizo vela 1ª 6,60 € Friame paleta cocida 11*11 4,10 € Lombo adobado 5,10 € Xamón cocido 6,95 € Xamón serrán centro desos. 11,30 € Mortadela italiana 2,98 € Paleta cocida 1ª 6,20 € Peituga pavo cocida 5,25 € Salchicha frankfurt 7 unid 0,34 € Salchicha "top-dog" Viena 5 u. 0,55 € Salchichón barra 1ª 5,90 € Salchichón extra 7,20 € Xamón cocido sen sal 6,20 € PESCADO CONXELADO Anel lura granel 3,90 € Bacallau enteiro 4,80 € Bacallau lombos 5,50 € Chipirón 2,80 € Choco grande limpo 4,25 € Gamba pelada 100/200 6,25 € Lura á romana * 3,55 € Pescada, lombos 6,75 € Pescada rosada, toro 7,30 € Fletán negro, s/c 7,15 € Pescada 3 Austral 6,60 € Pescada 4 Sudáfrica 5,95 € Pescada, medallón 4,50 € Pescada, Filete C/p Sudáfrica 4,25 € Paus de mar 2,70 € Solla 3 conxelada 3,50 € Pescada, tronquiño 2,95 € Polbo c/cabeza 2-3 kg 7,70 € Rape s/p 10,90 € Salmón enteiro 4,50 € PRECOCINADOS Albóndegas carne * 2,45 € Arroz 3 delicias * 2,20 € Chulas conx. 2,75 € Churros conx. 1,10 € Canelóns 0,98 € Croquetas bacallau-xamón-polo 1,20 € Croquetón sabor 2,45 € Empanadillas granel 2,08 € Gamba rebozada 7,15 € Hamburguesas * 5,20 € Xeado Cometa 4 un. 0,55 € Xeado vasiño 0,20 € Masa follado 10-500 1,40 € Salteado allo 1,75 € San Xacobo 2 Un 1,90 € Variñas pescada 3,80 € VERDURA CONXELADA Acelga conx.. kg 1,35 € Coliflor conx. kg 1,40 € Ensaladilla, kg 0,90 € Espinaca conx., kg 1,30 € Chícharo común, kg 1,32 € Xudía verde plana tallada 1,25 € Xudía verde redonda tallada 1,10 € Minestra sen alcachofa 1,30 € Pataca prefrita granel 1,10 € Preparado paella, granel 2,90 € Cenoria baby 1,45 € Cenoria dado 0,99 € CARNE CONXELADA Albóndega vacuno 2,45 € Hamburguesa tenreira 2,45 € Paletilla cordeiro 5,25 € Redondo pavo 3,15 € Améndoa salgada 100 gr 1,54 € Aperitivos 0,55 € Boleria surtido granel envasada 3,49 € Galleta María, 5 un. 0,12 € Biscottes c/s, s/s 2 unid. 0,08 € Chocolatina 20 gr 0,30 € Cacahuetes salgados, 100 gr 0,89 € Rufinos millo 28-34 gr 0,19 € Patacas fritas 170 g 0,59 € Gusanitos 100 g 0,19 € Pistacho 100 gs 1,50 € Goody (bollycao) 8 un. 1,90 € Pan molde, Hostalería 2,10 € FROITAS Ameixa branca 1ª 1,30 € Ameixa negra 1ª 1,25 € Clementina 1,70 € Amorodo 3,50 € Kiwi 1ª, 70-90 gr 1,49 € Limón 1ª, nº 4 ó 5 0,99 € Mandarina 1ª 1,15 € Mazá golden 70-75 0,70 € Melocotón 1ª 0,80 € Melón sapo cal 4-5 1,30 € Laranxa mesa nac cal 4-5 1,25 € Laranxa zume cal. 6-8 0,63 € Nectarina 1ª 1,10 € Pera limoeira 1ª 1,05 € Pera conferencia 1ª 1,15 € Piña 0,98 € Plátano extra 1,59 € Plátano primeira 1,30 € Sandía 0,89 € Uva branca 1,70 € Uva negra 1,20 € VERDURAS Acelga mollo 0,70 € Allo 1ª, 5 kg 3,20 € Cebola 1ª , saco 15 kg 0,85 € Cabaciña 1,95 € Champiñón 2,10 € Espinacas mollo 0,80 € Grelo mollo 1,25 € Leituga lisa, 800-1000 gr unidade 0,55 € Leituga riza, 800-1000 gr unidade 0,55 € Pataca branca 1ª granel, saco 25 kg 0,48 € Pemento vermello 1ª 1,40 € Pemento verde 1ª 1,30 € Porro mollo 1ª 1,15 € Repolo rizo 0,65 € Tomate 1ª ( 100-120 gr) 1,49 € Cenoria 1ª bolsa 5 kg 0,46 € Segundo.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. A empresa adxudicataria deberá constituír a garantía definitiva na caixa da Deputación, por importe de once mil novecentos oitenta e dous euros con sesenta céntimos (11.982,60 €) na forma que determina o art. 84 da Lei 30/2007, do 30 de outubro. Así mesmo, ingresarán na Tesourería de Deputación, de acordo coa base do prego de condicións económico-administrativas que rexeu o procedemento, a cantidade de cento trece euros con vinte e sete céntimos (113,27 €), en concepto de gastos de anuncio no BOP. O contrato pagarase con cargo á partida 09/232.232.221.05 do vixente orzamento provincial. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación, por este mesmo órgano. 43.17807.- CORRECCIÓN DE ERRO DO ACORDO Nº 44.17753 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 10 DE FEBREIRO DE 2010 Por Acordo da Xunta de Goberno número 44.17753, de data 10 de febreiro de 2010, acordouse autorizar a Dª Mercedes Costas Fernández, Administrativa adscrita ó Servizo de Cultura, para que se desprace en “Comisión de Servizos” a Madrid, os días 17 e 18 de febreiro, para asistir á presentación da XXXI Bienal de Arte, así como que se lle aboen os gastos xerados co carácter de “a xustificar ”. Advertido erro no texto do acordo, concretamente no importe relativo ó aloxamento do día 17/02/2010, ó abeiro do que se establece no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, procede a súa corrección. De acordo co exposto, e ó abeiro do que se establece no artigo 105.2 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar dito erro, e modificar o texto do acordo da Xunta de Goberno nº 44.17753, polo que se autoriza a Dª Mercedes Costas Fernández para que se desprace en “Comisión de Servizos” a Madrid, para asistir á presentación da “XXXI Bienal de Arte”, así como que se lle aboen os gastos xerados co carácter de “a xustificar ”, no sentido que onde di: “(…) Aloxamento día 17/02/2010: 65,97 € (…)”. Debe dicir: “(…) Aloxamento día 17/02/2010: 96,30 € (…)”. 44.17808.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota