Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2010-04-14_Ordinaria. Acta de sesión 2010/04/14_Ordinaria
Acta de sesión 2010/04/14_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.537/1.2010-04-14_Ordinaria
Título Acta de sesión 2010/04/14_Ordinaria
Data(s) 2010-04-14 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día catorce de abril do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dona Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Xosé Carlos Silva Mariño e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18073.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 31 de marzo de 2010. 2.18074.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS a) Devolución de garantías definitivas á empresa Metalgal, S.L. A empresa Metalgal, S.L., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder da execución material dunha serie de contratos dos cales resultou adxudicataria: Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Servizo de Vías e Obras e pola Intervención desta Deputación no cal se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade devolución das seguintes garantías: • A garantía constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de setenta e dous mil trinta e nove euros con cincuenta e un céntimos (72.039,51€), para responder da execución da obra “Rehabilitación das bancadas, dotación de servizos e valado de protección no campo de fútbol de As Gaiandas”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/12/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900104309, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de corenta e un mil oitocentos trinta e cinco euros con cincuenta e cinco céntimos (41.835,55 €), para responder da execución da obra “Dotación de cuberta para as bancadas de deporte de As Cercas” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/12/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900104311, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. b) Devolución de garantía definitiva á empresa Servicio del Automatismo y Metal, S.A. A empresa Servicio del Automatismo y Metal, S.A., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Construción de bancadas no campo de fútbol de Cambados. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo Xefe do Servizo de Vías e Obras e pola Intervención desta Deputación no cal se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, acorda a devolución das seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cen mil euros (100.000,00 €), para responder da execución da obra “Bancadas no campo de fútbol de Vilanova de Arousa” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/12/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900104310, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. c) Devolución de garantía definitiva á entidade “Provincia di Viterbo (Italia)” A entidade “Provincia di Viterbo (Italia)”- (C.I.F. 80.005.570.561), mediante escrito con número de rexistro de entrada nesta Deputación 08654/10, solicita a devolución dunha fianza que constituíu no seu día para responder do programa Grant Agreement VS/2006/344 do proxecto Chronos liderado pola Deputación Provincial de Pontevedra. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran ambos informes emitidos polo Servizo de Intervención e pola Coordinadora Xeral do Proxecto Chronos, onde figura que procede a devolución da garantía ó cumprirse satisfactoriamente as condicións preestablecidas. En base ós informes favorables que constan no expediente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • Á entidade de Viterbo (Italia)- (C.I.F. 80.005.570.561), a garantía constituída en valores, mediante aval de Carivit Provincia de Viterbo, por importe de sesenta e oito mil catrocentos trinta euros con oitenta e un céntimos (68.430,81 €), para responder do “Programa Grant Agreement VS/2006/344 do Proxecto Chronos” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07/11/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800097453, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. d) Devolución de garantía definitiva a “Talete Societa Cooperativa” “Talete Societa Cooperativa”- (C.I.F. 01.057.190.298), mediante escrito de entrada nesta Deputación de data 29/03/2010, solicita a devolución dunha fianza que constituiu no seu día para responder do acordo entre socios do proxecto Chronos liderado pola Deputación Provincial de Pontevedra. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran ambos informes emitidos polo Servizo de Intervención e pola Coordinadora Xeral do Proxecto Chronos, onde figura que procede a devolución da garantía ó cumprirse satisfactoriamente as condicións preestablecidas. En base ós informes favorables que constan no expediente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • Á Talete Societa Cooperativa- (C.I.F. 01.057.190.298), a garantía constituída en valores, mediante aval de Casa di Risparmio di Ferrara, por importe de trinta e dous mil setecentos sesenta e dous euros con noventa e oito céntimos (32.762,98 €), para responder do “Acordo entre socios do Proxecto Chronos” e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/12/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700102120, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.18075.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS Con data 24 de marzo de 2010 e con número de rexistro de entrada 11235, a funcionaria de carreira Dª María del Carmen Crespo Blanco, Xefa do Servizo de Prevención de Riscos Laborais expón que “O Instituto Gallego de Seguridad y Salud Laboral celebra unha Xornada Técnica de Dermatose Profesional o día 26 de marzo de 2010 en Rande”. Solicita permiso e axuda económica para asistir a dito curso. A solicitude é informada favorablemente polo Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida. Examinados os antecedentes que obran no expediente, non consta que á interesada se lle conceda Licenza para asistir a algún curso, congreso ou seminario durante o presente ano. Visto o programa da xornada achegada pola solicitante, e de acordo co que se establece no apartado 8 do Acordo da Xunta de Goberno do 09 de marzo de 2007, nº 9.14880, existe unha correlación directa entre o contido e obxecto do mesmo e o traballo desenvolvido pola interesada no Servizo. Polo exposto e de conformidade co que se establece no art. 16.6 do V Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e Real decreto 462/2002, do 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, validar o expediente e conceder a Dª María del Carmen Crespo Blanco o permiso solicitado e unha axuda económica, por un importe de 18,44 euros, estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Desprazamento: (Ida e volta no mesmo día). Concepto Quilometraxe Peaxe Total Desprazamento Aplicación Despraz. en vehículo propio (Ida e volta 1 día) 66 Km x 0.19 12,54 € (Ida e volta 1 día) 5,90 € 18,44 € 10/929.920.231.20 Dita cantidade imputarase á aplicación 10/929.920.231.20 de locomoción por importe de 18,44 € do vixente orzamento provincial. Así mesmo, de conformidade co que se establece no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a Xornada, para que se aboe a axuda económica proposta, a solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma, e os gastos de desprazamento, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002, do 24 de maio. 4.18076.- ANULACIÓN DA SUBVENCIÓN ENMARCADA NO ÁMBITO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS, CONCEDIDA POLA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 29/07/09 A FAVOR DA ASOCIACIÓN “O GROVE ÉRGUETE” POR RENUNCIA DA BENEFICIARIA DA MESMA Aprobada pola Xunta de Goberno do 29/07/2009 unha subvención polo importe de 2.200,00 €, a favor da Asociación “O Grove Érguete” para actividades formativas informáticas, dentro da convocatoria 2009 de Subvencións no marco dos Servizos Sociais Especializados, transcorrido o prazo para a xustificación sen cumprimentar a mesma, e comunicada por dita Asociación o 29/03/2010 a súa disolución coma tal e a renuncia á referida axuda, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a anulación da subvención que polo importe de 2.200,00 € concedera a Xunta de Goberno do 29/07/2009 a favor da Asociación “O Grove Érguete” para Actividades Formativas Informáticas, por mor da renuncia a tal axuda que formalizou o 29/03/2010 tal Asociación ante a súa próxima disolución. 5.18077.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE NIGRÁN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002848, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN VIAIS PÚBLICOS (EXERCICIO 2011)”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009/2001 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002848, denominado “Pavimentación viais públicos exercicio 2011” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Nigrán, con CIF núm. P3603500D, a cantidade de douscentos cincuenta e oito mil novecentos cincuenta e un euros (258.951,00 €), para a realización do investimento núm. 2009002848, denominado “Pavimentación viais públicos exercicio 2011”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 258.951,00 euros Polo que, a pesares da súa tramitación anticipada prevista no artigo 94.2 da Lei 30/2007, de contratos do sector público, contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será no seu caso a 11/942.942.652.45, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 6.18078- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SILLEDA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002414, DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO DA PRAZA DO AUDITORIO MANUEL DO PAZO (BANDEIRA)”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009/2001 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002414, denominado “Acondicionamento da Praza do Auditorio Manuel do Pazo (Bandeira)” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Silleda, con CIF núm. P3605200I, a cantidade de cento noventa e cinco mil novecentos noventa e dous euros con sesenta e tres céntimos (195.992,63 €), para a realización do investimento núm. 2009002414, denominado “Acondicionamento da Praza do Auditorio Manuel do Pazo (Bandeira)”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 54.514,29 euros Exercicio 2010: 141.478,34 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Nas aplicacións 10/942.942.652.45.2009 e 10/942.942.652.45 existe crédito para facer fronte ó gasto das anualidades 2009 e 2010 respectivamente. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 7.18079.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA LUCÍA POSADA POR DANOS PERSOAIS PADECIDOS COMO CONSECUENCIA DUNHA CAÍDA PROVOCADA POR RESTOS DE FORMIGÓN NO ASFALTO NA ESTRADA DE BEMBRIVE Dada conta que con data de rexistro 10/03/10 (rex. nº 007896), tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Lucía Posada González con enderezo a efectos de notificacións na rúa Camiño de Outeiro nº 2, en Bembrive no Concello de Vigo, por danos persoais padecidos coma consecuencia dunha caída provocada por restos de formigón no asfalto, na estrada de Bembrive, no Concello de Vigo o día 28/01/10. Resultando.- Que con data 15/03/10 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 17/03/10 co seguinte contido: “...pongo en su conocimiento que el tramo comprendido entre la rotonda del C.E.I.P Mosteiro y la Avda de Madrid no pertenece a la red provincial de carreteras, tratándose de un ramal ejecutado en su día por el Ministerio de Fomento con motivo de las obras de la autovía ”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do Rd 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 8.18080.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. ELIAS BARROS ESTÉVEZ EN NOME E REPRESENTACIÓN DE ZURICH, S.A. POR DANOS EN VEHÍCULO ACAECIDOS NA PO-551 (RANDE-CANGAS) Dada conta que con data de rexistro 15/03/2010 (Rex. nº 008651), tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Elías Barros Estevez en nome e representación de ZURICH, S.A. con enderezo a efectos de notificacións en rúa Urzáiz nº 43-2º de Vigo, por danos padecidos en vehículo na PO-551 (Rande Cangas) o día 16/03/2009 e que cuantifica economicamente en 17.843,00 € Resultando.- Que con data 22/03/2010 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 24/03/2010 co seguinte contido: “...pongo en su conocimiento que dicho vial no pertenece a la red provincial de carreteras siendo de titularidad autonómica”. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 9.18081.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. FRANCISCO JAVIER CABO CIBEIRA EN REPRESENTACIÓN DE D. VALERIANO CIDRÁS RIOBÓ POR DANOS NA SÚA MOTICICLETA NA E.P. 1202 SEIXO-SANTO TOMÉ PIÑEIRO (MARÍN) Dada conta que con data de rexistro 22 de febreiro de 2010 (rex. nº 005628) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Francisco Javier Cabo Cibeira en representación de D. Valeriano Cidras Riobó, con enderezo a efectos de notificacións en Vigo na rúa Marqués de Valladares, 21-3º D, por danos padecidos na motocicleta da súa propiedade, coma consecuencia da irrupción dun cabalo na estrada E.P.1202 Seixo-Santo Tomé Piñeiro no Concello de Marín o día 1 de decembro de 2009 e que cuantifica economicamente en 1.046,57 €. Resultando.- Que con data 22 de marzo de 2010 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do Rd 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 26 de marzo de 2010 co seguinte contido: “… Girada visita de inspección al lugar del siniestro el vigilante de la zona, D. José María Cotón Penelas, ha podido verificar que el accidente se produjo realmente en la PO 313 Marín (PO 546)- Moaña (PO 551) de titularidad autonómica” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que a teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 10.18082.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. RAMÓN CARLOS VIEIRA MAGDALENA E DONA SILVIA OUTEDA COCHÓN POR DANOS MATERIAIS E PERSOAIS ACAECIDOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA E.P.0602 AVDA. DA PRAIA DE LOURIDO (POIO) Dada conta que con data de rexistro 14/04/09 (rexistro 014276) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Ramón Carlos Vieira Magdalena e Dona Silvia Outeda Cochón con enderezo de notificacións en rúa Rosalía Castro nº 20-Entlo. B de Arcade, por danos materiais e persoais en accidente de circulación padecidos o día 20/10/2008, na E.P. 0602 Avda. da Praia de Lourido (Poio) e que individualiza economicamente en 2.371,29 €. Resultando.- Que con data 16/04/2009 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do Rd 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 27/04/2009 co seguinte contido: “…1. La que en el escrito de reclamación denominan Avda. de la Praia, Poio, se corresponde con la E.P. 0602 Portosanto-Lourido-Campelo de titularidad provincial. 2. Por parte del servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 3. Girada visita de inspección al lugar del accidente el vigilante de la zona ha podido contrastar los siguientes datos: a) En el punto Kilométrico en el que se produce el accidente- 1+750 las ondulaciones del firme producidas por las raíces de los árboles existentes en el paseo se encuentran en la ZONA DE APARCAMIENTO y no en el carril de circulación. Tal y como se observa en la prueba que se adjunta al presente informe –fotografía nº 3- las ondulaciones del firme de la zona de aparcamiento son mínimas. b) Sí existen irregularidades del firme en la zona de circulación del vial en los puntos kilométricos 2+200 y 2+650, aunque de escasa relevancia como se puede apreciar en las fotografías nº2 y nº 1. c) A lo largo de todo el vial provincial Portosanto-Lourido- Campelo, incluido el tramo de carretera en el que se produce el siniestro, existen señales de prohibición R-301 limitación de velocidad 40 Km/hora, por lo que parece difícil que a esa velocidad se pueda perder el control de una motocicleta. 4. Por último señalar que en el atestado de la policía local de Poio se pone de manifiesto que la motocicleta siniestrada se encontraba, a su llegada, fuera del lugar del impacto.” Resultando.- Que con datas 09/10/2009 e 19/11/2009 solicitóuselle informe á Policía Local de Poio, o cal foi recibido nesta Asesoría Xurídica o 09/12/2009 co seguinte contido literal: “…Se informa que dito asfalto atopábase defectuoso tanto na zona de aparcadoiro asi como no carril de circulación dereito dirección Lourido Pontevedra. Asi mismo faise constar que na actualidade o asfalto se está levantando a consecuencia das raíces na misma zona do accidente.” Resultando.- Que á vista do anterior solicitóuselle novamente en dous ocasións, datas 15/12/2009 e 5/02/2010, reportaxe fotográfico da zona onde se produciu o accidente, o cal foi recibido nesta Asesoría Xurídica o 18/12/2010 e consta unido ó expediente. Resultando.- Que do mencionado reportaxe fotográfico déuselle traslado ó Servizo de Infraestruturas o 22/02/2010, co fin de que se fixeran alegacións, as cales foron emitidas con data 15/03/2010 co seguinte contido literal: “…Primero.- Tal y como se indicaba en el informe emitido el 27 de abril de 2009, en la fecha del siniestro y en el tramo de carretera en el que éste se produjo, sólo existían pequeñas ondulaciones en la zona de aparcamiento pero no en la zona de circulación. Las propias fotografías sacadas el día del accidente por la policía local de Poio (documento nº 1) vienen a ratificar este dato ya que en ninguna de ellas se aprecia ondulación alguna. Segundo.- En relación al informe emitido por el Jefe Accidental de la Policía Local de Poio en el que se afirma que, “Tamén se fai constar que a na atualidade en donde se produce o accidente a carretera ten badens tanto no arcén de aparcamiento así como no carril de circulación”, cabe señalar lo siguiente: a) A la vista del contenido de dichas manifestaciones personal adscrito al Servicio de Infraestructuras ha girado visita de inspección conjunta con la policía al lugar del siniestro comprobando que en la actualidad, tal y como acredita la fotografía sacada ese día y que se adjunta al presente informe (documento nº 2) no existen ondulaciones en el firme de la zona de circulación. b) Ante la contradicción existente entre el contenido del informe de la policía local de fecha 16 de febrero de 2010 (en el que se decía que “en la actualidad a carretera ten badens tanto no arcén de aparcamento así como no carril de circulación”) y la evidencia que se muestra en el documento nº 2 (que se acredita que no existen ondulaciones en la zona de circulación), la policía manifiesta ahora al vigilante de la zona que, con posterioridad al accidente, se debió llevar a cabo una reposición del firme, sin embargo, consultados los archivos de esta Unidad Administrativa, no consta actuación alguna en esa zona tendente a reparar posibles ondulaciones en el firme de la zona de circulación. Tercero. Sin perjuicio de lo señalado en el punto anterior, volvemos a reiterar que a lo largo de todo el vial provincial Portosanto-Lourido-Campelo, incluido el tramo de carretera en el que se produce el siniestro, existen señales de prohibición R-301 limitación de velocidad 40 Km/hora, por lo que parece difícil que a esa velocidad se pueda perder el control de una motocicleta.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo polos seguintes feitos acreditados: 1º.- O informe da Policía Local de Poio de 20/10/2008 di o seguinte:“…el vehículo se encontraba fuera del lugar del accidente (…) en la calzada se observan unos badenes, los cuales pudieran ser la causa”: Non se ubican os badéns no carril de circulación nin se afirman como causa indubitada do percance. 2º.- O punto citado como do accidente, feito indubitado por probado ó ser recoñecido pola parte, encóntrase na zona de aparcadoiro, pois non existen badéns ningúns nese punto do carril de circulación. 3º.- Existe sinal de prohibición R-301, limitación de velocidade a 40 Km/h, polo que deven imposible a esa velocidade perder o control da motocicleta salvo por torpeza, neglixencia ou deficiente praxis na condución, iso no caso de que o baden se atopase no carril de circulación, feito que o propio expediente desminte. 4º.- Realizada visita conxunta do vixiante desta Deputación co Policía local do Concello de Poio, verificouse que na actualidade non existen ondulacións, polo que ó recoller o policía no seu informe de 26/02/2010 que as había no carril de circulación e na zona de aparcadoiro, tal hipótese só podería ser certa de terse reposto o firme, feito que o informe de Infraestruturas acredita incerto, non en van o 15/03/2010 literalmente se di:“…consultados los archivos de esta Unidad Administrativa, no consta actuación alguna en esa zona tendente a reparar posibles ondulaciones, en el firme de la zona de circulación” Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 11.18083.- AUTO DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 2 DE VIGO DITADO EN PROCED. ORDINARIO 85/2008 PROMOVIDO POR DONA ÁNGELA MOSQUERA DUARTE E OUTROS, SOBRE SOLICITUDE DE ACLARACIÓN/SUBSANACIÓN DE SENTENZA Resultando que a Xunta de Goberno na súa sesión de 30 de decembro de 2009 tomou coñecemento de sentenza de data 30 de novembro anterior, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Vigo en autos de procedemento ordinario 85/2008 promovidos por Dna. Ángela Mosquera Duarte e outros, nos que esta Deputación foi parte codemandada, sentenza que desestimou dito recurso. Resultando que con data 15 de decembro de 2009 ten entrada nesta Deputación providencia do citado Xulgado dando traslado de escrito da representación legal de Dna. Ángela Mosquera Duarte e outros, na que se pide a aclaración/subsanación de sentenza solicitando a inclusión dos pronunciamentos da parte dispositiva relativa á condena desta Deputación ou expresión da fundamentación xurídica en que se basea a ausencia de condena, por entender que o corpo da sentenza recoñece a responsabilidade do ente provincial no accidente. Resultando que con data 17 de decembro de 2009 se presenta escrito de alegacións pola Asesoría Xurídica argumentando a non procedencia, polos motivos que se expresan, á aclaración de sentenza solicitada. Dada conta que con data 3 de febreiro de 2010 notifícase auto do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Vigo, atendendo as alegacións presentadas pola Asesoría Xurídica desta Deputación e acordando que non procede á aclaración/subsanación da devandita sentenza. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do mesmo. 12.18084.- AUTO DA SECCIÓN 2ª DA SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DO TSXG SOBRE DESISTIMENTO NO RECURSO DE APELACIÓN NÚM. 0004462/2008 PROMOVIDO POR D. ROBERTO LORENZO LORENZO E DONA MARGARITA BLANCO VILA SOBRE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN VIVENDA A Xunta de Goberno toma coñecemento de auto favorable a esta Deputación, da Sección 2ª da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que se teñen por desistidos a D. Roberto Lorenzo Lorenzo e Dna. Margarita Blanco Vila no recurso de apelación interposto contra sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 de Pontevedra, que desestimou o recurso sobre reclamación patrimonial por danos en vivenda da súa propiedade, ordenando o arquivo do procedemento, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. 13.18085.- AUTO DA SECCIÓN 1ª DA SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DO TSXG SOBRE DESISTIMENTO NO RECURSO NÚM. 000625/2009 PROMOVIDO POLO SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA CONTRA ACORDO DE APROBACIÓN DO ORZAMENTO XERAL PARA 2009 E RESOLUCIÓN DE 29/05/2009 DESESTIMATORIA DE RECLAMACIÓN CONTRA ACORDO DE APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO E APROBACIÓN DEFINITIVA DO MESMO, CADROS DE PERSOAL, RPT E CADROS DE PERSOAL LABORAL A Xunta de Goberno toma coñecemento de auto favorable a esta Deputación, da Sección 1ª da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que se ten por desistido ó Sindicato Nacional CC.OO. de Galicia no recurso núm. 000625/2009 promovido contra acordo de aprobación do Orzamento Xeral para 2009 e Resolución de 29/05/2009, desestimatoria de reclamación contra acordo de aprobación do Orzamento Xeral para 2009 e resolución de 29/05/2009, desestimatoria de reclamación contra acordo de aprobación inicial do orzamento e aprobación definitiva do mesmo, Cadros de persoal, RPT e Cadros de persoal laboral, ordenando o arquivo do procedemento, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. 14.18086.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 432/2008, PROMOVIDOS POR D. MANUEL FRAGUAS FRAGUAS CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA E.P. 7101 (CERDEDO) A Xunta de Goberno toma coñecemento de sentenza favorable a esta Deputación, ditada polo Xulgado do ContenciosoAdministrativo nº 3 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 432/08 promovidos por D. Manuel Fraguas Fraguas contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na E.P. 7101 a 7102 (Cerdedo), por importe de 1.102,00 €, como consecuencia da invasión dun xabaril na calzada, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. 15.18087.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 401/09 PROMOVIDO POR DONA Mª MONTSERRAT ROMERO REPRESAS CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA E.P. 2502 CERQUIDO-RIBADELOURO (TUI) Dada conta que con data 22 de febreiro de 2010 notifícase a esta Deputación sentenza núm. 00054/2010, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 401/09 promovidos por Dna. Mª Montserrat Romero Represas contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na E.P.2502 Cerquido-Ribadelouro (Tui) o día 25 de agosto de 2008 debido á presenza na calzada dunha tapa da rede de sumidoiro en mal estado de conservación. Resultando que en dita sentenza condénase a esta Deputación a que indemnice á demandante na cantidade de 1.056,68 € mais os xuros legais dende a data de reclamación en vía administrativa, ascendendo a un total de 1.097,36 €, segundo informe da Intervención de data 24 de febreiro de 2010. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación. Vistos o informe e documentos RC da Intervención de data 24 de febreiro de 2010. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Tomar coñecemento da sentenza núm. 00054/2010, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 401/09 promovidos por Dna. Mª Montserrat Romero Represas contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na E.P.2502 Cerquido-Ribadelouro (Tui) o día 25 de agosto de 2008 debido á presenza na calzada dunha tapa da rede de sumidoiro en mal estado de conservación, ordenando o cumprimento nos seus propios termos ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo a favor do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra a cantidade de 1.097,36€ (Mil noventa e sete euros con trinta e seis céntimos), en concepto de execución da sentenza antes citada. Terceiro.- Dito pago farase efectivo con cargo á partida 456.453.210.00 do vixente Orzamento e mediante ingreso na Conta de Consignacións e Depósitos Xudiciais do devandito Xulgado na entidade BANESTO, Oficina Principal de Pontevedra, número 3597.0000.85.040109. Cuarto.- Dar traslado así mesmo, ó Xulgado do Contencioso nº 3 de Pontevedra, á Intervención e á Tesourería. 16.18088.- SENTENZA DA SECCIÓN 1ª DA SALA DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO DO TSXG, RECAÍDA EN RECURSO NÚM. 716/2006 PROMOVIDO POLA CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA CONTRA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL SOBRE CONVOCATORIAS DE PROCESOS SELECTIVOS DO ANO 2006 E BASES XERAIS E ESPECÍFICAS DOS MESMOS A Xunta de Goberno toma coñecemento de sentenza favorable a esta Deputación, da Sección 1ª da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso núm. 716/2006 promovido pola Confederación Intersindical Galega contra resolución presidencial sobre convocatorias de procesos selectivos do ano 2006 e bases xerais e específicas dos mesmos, por non ofertar o 50% das prazas para promoción interna, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. 17.18089.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCED. ABREVIADO 429/09 PROMOVIDOS POR DONA ANA MARÍA PITA GRANDAL CONTRA O PADROADO REITOR DO CENTRO ASOCIADO DA UNED DE PONTEVEDRA SOBRE RECLAMACIÓN DE CANTIDADE A Xunta de Goberno toma coñecemento de sentenza núm. 00065/2010, de data 25 de febreiro de 2010, favorable a esta Deputación e ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 429/2009, promovidos por Dna. Ana María Pita Grandal contra o Padroado Reitor do Centro Asociado da UNED de Pontevedra sobre reclamación de cantidade, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación en virtude de acordo adoptado pola Xunta Reitora do Padroado do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, que acordou facultar á Directora do Centro para designar como letrado ó Xefe de Servizo D. Bernardo Sartier Boubeta. 18.18090.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCED. ABREVIADO 434/09 PROMOVIDOS POR DONA MERCEDES PALOMA VARGAS NÚÑEZ CONTRA O PADROADO REITOR DO CENTRO ASOCIADO DA UNED DE PONTEVEDRA SOBRE RECLAMACIÓN DE CANTIDADE A Xunta de Goberno toma coñecemento de sentenza núm. 45/2010, de data 26 de febreiro de 2010, favorable a esta Deputación e ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 434/2009, promovidos por Dna. Mercedes Paloma Vargas Núñez contra o Padroado Reitor do Centro Asociado da UNED de Pontevedra sobre reclamación de cantidade, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación en virtude de acordo adoptado pola Xunta Reitora do Padroado do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, que acordou facultar á Directora do Centro para designar como letrado ó Xefe de Servizo D. Bernardo Sartier Boubeta. 19.18091.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCED. ABREVIADO 435/09 PROMOVIDOS POR D. JULIO GARCÍA CAMIÑAS CONTRA O PADROADO REITOR DO CENTRO ASOCIADO DA UNED DE PONTEVEDRA, SOBRE RECLAMACIÓN DE CANTIDADE A Xunta de Goberno toma coñecemento de sentenza núm. 46/2010, de data 26 de febreiro de 2010, favorable a esta Deputación e ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 435/2009 promovidos por D. Julio García Camiñas contra o Padroado Reitor do Centro Asociado da UNED de Pontevedra sobre reclamación de cantidade, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación en virtude de acordo adoptado pola Xunta Reitora do Padroado do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, que acordou facultar á Directora do Centro para designar como letrado ó Xefe de Servizo D. Bernardo Sartier Boubeta. 20.18092.- COMUNICACIÓN DO DEFENSOR DEL PUEBLO SOBRE ARQUIVO DE QUEIXA PLANTEXADA POR D. JORGE SANTOMÉ MARTÍNEZ, VECIÑO DE VIGO, POR PRESUNTAS OBRAS EN FINCA DA SÚA PROPIEDADE SITA EN MOAÑA A Xunta de Goberno toma coñecemento de escrito da Oficina do Defensor del Pueblo, de data 26 de febreiro de 2010, comunicando o arquivo do expediente núm. 09007442 daquela Institución, sobre queixa presentada no seu día por D. Jorge Santomé Martínez, veciño de Vigo, por presuntas obras en finca da súa propiedade sita en Moaña, atendendo as alegacións elaboradas pola Asesoría Xurídica con data 17 de decembro de 2009 nas que se acredita que o interesado foi debidamente informado de que o promotor das obras que supostamente causaron prexuízos na súa propiedade foi o Concello de Moaña. 21.18093.- SENTENZA DA SECCIÓN 4ª DA SALA DO CONTENCIOSO DO TRIBUNAL SUPREMO, DITADA EN RECURSO DE CASACIÓN EN INTERESE DE LEI NÚM. 5/2009 PLANTEXADO POR ESTA DEPUTACIÓN CONTRA A DITADA POLO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA EN AUTOS DE PROCD. ABREVIADO NÚM. 207/08 PROMOVIDOS POR DONA YOLANDA MOURIÑO VÁZQUEZ A Xunta de Goberno toma coñecemento de sentenza da Sección 4ª da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo, ditada en recurso de casación en interese de lei núm. 5/2009, plantexado por esta Deputación, segundo acordo adoptado en sesión da Xunta de Goberno de 5 de novembro de 2008, por entender lesiva para os intereses desta Deputación a ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 207/08 promovidos por Dna. Yolanda Mouriño Vázquez sobre reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico como consecuencia da invasión dun xabaril na estrada provincial 7201 (Forcarei), que recoñeceu o dereito á demandante de percibir a indemnización solicitada, desestimándose polo Tribunal Supremo o referido recurso de casación, baseado na contradición existente entre dúas sentenzas ditadas polos Xulgados do Contencioso núms. 1 e 3 de Pontevedra en supostos idénticos sobre invasión de animais salvaxes na calzada, nas que fundamentando seus fallos no concepto de habitualidade, efectuaron nembargantes pronunciamentos absolutamente distintos. 22.18094.- AUTO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, DITADO EN PROCEDEMENTO DE ENTRADA EN DOMICILIO 000301/09 PROMOVIDO POR ESTA DEPUTACIÓN PARA DESAFIUZAMENTO DA VIVENDA DO BLOQUE F PISO 3º DA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE”, OCUPADA SEN TÍTULO LEXÍTIMO POR DONA AMPARO GONZÁLEZ LÓPEZ A Xunta de Goberno toma coñecemento de auto favorable a esta Deputación, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditado en procedemento de Entrada en Domicilio 000301/2009 promovido por esta Deputación para desafiuzamento da vivenda do Bloque F piso 3º da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, ocupada sen título lexítimo por Dna. Amparo González López, e logo de serlle denegado a esta o beneficio de xustiza gratuíta por contar con recursos sobrados para litigar, no que se ordena o arquivo do procedemento unha vez comunicado pola Asesoría Xurídica a dito Xulgado o acordo extraxudicial acadado coa interesada para a entrega voluntaria das chaves, que se produciu o pasado día 1 de marzo, segundo acta de comparecencia que consta no expediente. 23.18095.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO 421/2009 PROMOVIDOS POR D. ANTONIO MARTÍNEZ PUÑAL CONTRA O PADROADO REITOR DO CENTRO ASOCIADO DA UNED EN PONTEVEDRA, SOBRE RECLAMACIÓN DE CANTIDADE A Xunta de Goberno toma coñecemento de sentenza núm. 00049/2010, de data 9 de marzo de 2010, favorable a esta Deputación e ditada polo Xulgado do ContenciosoAdministrativo nº 1 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 421/2009 promovidos por D. Antonio Martínez Puñal contra o Padroado Reitor do Centro Asociado da UNED de Pontevedra, sobre reclamación de cantidade, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación en virtude de acordo adoptado pola Xunta Reitora do Padroado do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, que acordou facultar á Directora do Centro para designar como letrado ó Xefe de Servizo D. Bernardo Sartier Boubeta. 24.18096.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO 423/2009 PROMOVIDOS POR D. JOSÉ RICARDO GARCÍA CIMADEVILA CONTRA O PADROADO REITOR DO CENTRO ASOCIADO DA UNED EN PONTEVEDRA, SOBRE RECLAMACIÓN DE CANTIDADE A Xunta de Goberno toma coñecemento de sentenza núm. 00051/2010, de data 9 de marzo de 2010, favorable a esta Deputación e ditada polo Xulgado do ContenciosoAdministrativo nº 1 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 423/2009 promovidos por D. José Ricardo García Cimadevila contra o Padroado Reitor do Centro Asociado da UNED de Pontevedra, sobre reclamación de cantidade, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación en virtude de acordo adoptado pola Xunta Reitora do Padroado do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, que acordou facultar á Directora do Centro para designar como letrado ó Xefe de Servizo D. Bernardo Sartier Boubeta. 25.18097.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 52/2009, PROMOVIDOS POR D. JOSÉ GONZÁLEZ MIGUELEZ E MAPFRE CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA E.P. 5003 (A CAÑIZA) A Xunta de Goberno toma coñecemento de sentenza favorable a esta Deputación, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 52/2009 promovidos por D. José González Miguelez e MAPFRE contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 5003, t.m. de A Cañiza, por importe de 450,00 € e 1.212,49 €, respectivamente, como consecuencia da invasión dun corzo na calzada, que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. 26.18098.-- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 397/2008, PROMOVIDOS POR D. IGNACIO SEBASTIÁN ESCALANTE SILVA CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR LESIÓNS PADECIDAS POLO SEU FILLO D. IGNACIO ESCALANTE RODRÍGUEZ NA E.P. 9101 (O GROVE) A Xunta de Goberno toma coñecemento de sentenza favorable a esta Deputación, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra en autos de procedemento ordinario núm. 397/2009 promovidos por D. Ignacio Sebastián Escalante Silva contra desestimación de reclamación patrimonial por lesións padecidas polo seu fillo menor de idade Ignacio Escalante Rodríguez na estrada provincial 9101, termo municipal de O Grove, como consecuencia dunha caída en bicicleta debido á presunta existencia dunha gabia na calzada, lesións que valora en 16.170,35 €, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. 27.18099.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 422/2009 PROMOVIDOS POR DONA PILAR ALLEGUE AGUETE CONTRA O PADROADO REITOR DO CENTRO ASOCIADO DA UNED EN PONTEVEDRA, SOBRE RECLAMACIÓN DE CANTIDADE A Xunta de Goberno toma coñecemento de sentenza núm. 52/2010, de data 9 de marzo de 2010, favorable a esta Deputación e ditada polo Xulgado do ContenciosoAdministrativo nº 1 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 422/2009 promovidos por Dna. Pilar Allegue Aguete contra o Padroado Reitor do Centro Asociado da UNED de Pontevedra sobre reclamación de cantidade, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación en virtude de acordo adoptado pola Xunta Reitora do Padroado do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, que acordou facultar á Directora do Centro para designar como letrado ó Xefe de Servizo D. Bernardo Sartier Boubeta. 28.18100.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, RECAÍDA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO 428/2009 PROMOVIDOS POR D. MARCO ANTONIO BERNAL RIVAS CONTRA O PADROADO REITOR DO CENTRO ASOCIADO DA UNED EN PONTEVEDRA, SOBRE RECLAMACIÓN DE CANTIDADE A Xunta de Goberno toma coñecemento de sentenza núm. 64/2010, de data 9 de marzo de 2010, favorable a esta Deputación e ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 428/2009 promovidos por D. Marco Antonio Bernal Rivas contra o Padroado Reitor do Centro Asociado da UNED de Pontevedra sobre reclamación de cantidade, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación en virtude de acordo adoptado pola Xunta Reitora do Padroado do Centro Asociado da UNED en Pontevedra, que acordou facultar á Directora do Centro para designar como letrado ó Xefe de Servizo D. Bernardo Sartier Boubeta. 29.18101.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 30.18102.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á PARROQUIA DE SANTIAGO DE LOUREIRO DO CONCELLO DE COTOBADE PARA “RESTAURACIÓN DO RETABLO MAIOR DA IGREXA PARROQUIAL” NA XUNTA DE GOBERNO DE GOBERNO DE 30/09/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 30/09/2009 unha subvención a favor da Parroquia de Santiago de Loureiro con CIF: R-1500020-A, do Concello de Cotobade, por un importe de 3.000,00 € para “Restauración do retablo maior da igrexa parroquial” con cargo á partida 09/451.451.789.04, e recibido escrito da citada Entidade, presentado no Rexistro Xeral con data 29/03/10, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de setembro de 2010, para a xustificación da citada subvención. 31.18103.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á PARROQUIA SANTA MARÍA DE TROÁNS DO CONCELLO DE CUNTIS PARA “RESTAURACIÓN RETABLO BARROCO DE SAN MIGUEL” NA XUNTA DE GOBERNO DE GOBERNO DE 30/09/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 30/09/2009 unha subvención a favor da Parroquia Santa María de Troans con CIF: R-1500020-A, do Concello de Cuntis, por un importe de 3.000,00 € para “Restauración retablo barroco de San Miguel” con cargo á partida 09/451.451.789.04, e recibido escrito da citada Entidade, presentado no Rexistro Xeral con data 29/03/10, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de setembro de 2010, para a xustificación da citada subvención. 32.18104.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á PARROQUIA DE SAN MIGUEL DE PEREIRAS DO CONCELLO DE MOS PARA “REHABILITACIÓN E CONSERVACIÓN DE DOUS RETABLOS PARELLOS DO SÉCULO XVII-XVIII” NA XUNTA DE GOBERNO DE GOBERNO DE 30/09/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 30/09/2009 unha subvención a favor da Parroquia de San Miguel de Pereiras con CIF: R-3600056-J, do Concello de Mos, por un importe de 5.686,00 € para “Rehabilitación e conservación de dous retablos parellos do século XVII-XVIII” con cargo á partida 09/451.451.789.04, e recibido escrito da citada Entidade, presentado no Rexistro Xeral con data 31/03/10, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de setembro de 2010, para a xustificación da citada subvención. 33.18105.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS DE CAMANZO DO CONCELLO DE VILA DE CRUCES PARA “ACONDICIONAMENTO DE LOCAL SOCIAL DE CAMANZO” NA XUNTA DE GOBERNO DE GOBERNO DE 30/09/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 30/09/2009 unha subvención a favor da Asociación de Mulleres Rurais de Camanzo do Concello de Vila de Cruces por un importe de 800,00 € para “Acondicionamento de local social de Camanzo” con cargo á partida 09/451.451.789.04, e recibido escrito da citada Entidade, presentado no Rexistro Xeral con data 06/04/10, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de setembro de 2010, para a xustificación da citada subvención. 34.18106.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN CULTURAL O CASTRO DO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA PARA “AMPLIACIÓN DE LOCAL CULTURAL” NA XUNTA DE GOBERNO DE GOBERNO DE 30/09/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 30/09/2009 unha subvención a favor da Asoc. Cultural O Castro con CIF: G-36.116.879, do concello de Vilanova de Arousa, por un importe de 12.000,00 € para “Ampliación de local cultural” con cargo á partida 09/451.451.789.04, e recibido escrito da citada Entidade, presentado no Rexistro Xeral con data 30/03/10, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de setembro de 2010, para a xustificación da citada subvención. 35.18107.- DAR CONTA DAS ACTAS DO XURADO DOS 3OS CONCURSOS ZONAIS DE BANDAS DE MÚSICA “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” QUE TIVERON LUGAR NA ZONA 4: PONTEVEDRA, O DÍA 11 DE ABRIL NO AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS De conformidade co disposto na base 7ª das que rexen os 3os Concursos Zonais de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra”, realizado o día 11 de abril de 2010 o da zona 4: Pontevedra no Auditorio Municipal de Cangas e despois das reunións mantidas polo Xurado Cualificador, a Xunta de Goberno queda enterada das actas dos mesmos, concedendo os premios nas distintas categorías establecidas ás agrupacións que a continuación se reflicten e as contías correspondentes en concepto de participación establecidas na base 8ª e que se achegarán con cargo á aplicación 10/330.334.481.06: ZONA 4 SECCIÓN TERCEIRA Banda de Música Artística de Bueu. Agrupación Musical Artística de Arcade. Nesta sección non se concede ningún premio dado que as agrupacións participan fóra de concurso por non reunir os requisitos esixidos nas bases e percibirán as cantidades establecidas en concepto de participación tal como se recolle na acta do Comité organizador de 24 de febreiro de 2010 SECCIÓN SEGUNDA Puntos Premio Agrupación 182 2º Premio Banda de Música Airiños do Morrazo 1º Premio, dotado con 1.750,00 € á agrupación: Banda de Música Xuvenil de Barro, con 252 puntos SECCIÓN PRIMEIRA Banda de Música de Salcedo Nesta sección non se concede ningún premio dado que esta agrupacións participa fóra de concurso por ser a única participante e percibirá a cantidade establecida en concepto de participación tal como se recolle na acta do Comité organizador de 24 de febreiro de 2010. 36.18108.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE LICENCIADO UNIVERSITARIO CON DESTINO Á FINCA MOURISCADE De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora dunha Bolsa de Licenciado/a Universitario/a, con destino á Finca Mouriscade, para a realización de tarefas de Investigación e Apoio, de acordo coa Convocatoria e Bases aprobadas pola Xunta de Goberno, mediante Acordo nº 36.17800 adoptado o día 19 de febreiro de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar esta Bolsa ó aspirante que se relaciona a continuación, por obter a maior puntuación en base ós criterios establecidos na Base Sexta das Bases: 1. Dña. Ana Belén Fernández Riádigos. Proponse como suplente a Dª Iria Domínguez Otero. A dotación económica é de 1.200,00 €/mes, con efectos 1 de maio de 2010 e por un período de seis meses, a contar dende a data na que adxudicatario comezará o seu desempeño, e poderá ser prorrogada por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por Acordo da Xunta de Goberno, o que supón cantidade que se imputará á aplicación 411.412.481.01 do orzamento provincial. Así mesmo, de acordo co informe de Intervención de data 10 de febreiro de 2010, na aplicación proposta para imputar o gasto, existe crédito dispoñible para o importe citado, quedando retido para tal fin por medio de documento R.C.C. número de operación 201000006286. A aceptación e goce de esta Bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para una posterior incorporación ou vinculación do Bolseiro ó citado Organismo. 37.18109.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “REFORMA DA CASA DO PESCADOR (VILANOVA DE AROUSA)” Considerando que a Xunta de Goberno, en sesión de 03/06/2009, prestou aprobación a un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial, o Concello de Vilanova de Arousa e a Confraría de Mariñeiros de Vilanova de Arousa co obxecto de levar a cabo a reforma da “Casa do Pescador ”cun orzamento de 241.303,55 €. Considerando que o mesmo órgano, en sesión de 21/10/2009, adxudicou definitivamente a obra a Servicios y Contratas Geo, S.L. na suma de 168.107,59 €, máis 26.897,21 € correspondentes ó IVE, que ofertaba un prazo de execución de dez meses, melloras valoradas en 7.335,00 € e o 3,50% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. Resultando que pola Dirección de Obra redáctase un proxecto modificado da devandita obra como consecuencia de que iniciada a mesma constatouse a necesidade de realizar os traballos necesarios para a reparación e reforzo dos tres piares que se encontran afectados e danados pola oxidación das armaduras, así como eliminar, no posible, a entrada de auga de chuvia no local da planta alta dende a fachada e que afecta tanto ós paramentos interiores como ó forxado que forma o soportal de acceso, e que supón un orzamento adicional líquido de 50.144,10 €. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado de “Reforma da Casa do Pescador (Vilanova de Arousa)”, por importe de 50.144,10 €. 38.18110.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN DE GASÓLEO “A” PARA O ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA DURANTE O ANO 2010 O Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria, mediante escrito de data 26 de xaneiro de 2010, solicita que se contrate a subministración de gasóleo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Parque de Maquinaria durante o ano 2010. Na proposta figura que a Deputación de Pontevedra non se compromete a solicitar unha cantidade mínima de gasóleo, senón que realizará as peticións en función das súas necesidades ata a cantidade de 223.500,00 euros, IVE e impostos incluídos. Resultando que polo Servizo de Intervención emítese o documento RC de data 15 de febreiro de 2010, por que se certifica a existencia de consignación orzamentaria para facer fronte ás obrigas derivadas deste contrato, con cargo á aplicación orzamentaria 10/456.453.221.03 do vixente orzamento provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que teñen que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 12 de abril de 2010. Resultando que con data 13 de abril de 2010, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da subministración de gasóleo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Parque de Maquinaria durante o ano 2010. Resultando que con data 14 de abril de 2010, polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 9 tipifica a este contrato como “de subministración” ó ter por obxecto a adquisición de produtos ou bens mobles e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do orzamento para 2010, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da subministración de gasóleo “A” con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2010, ata un importe máximo de 223.500,00 euros, IVE e impostos incluídos. Debido a que o prezo do petróleo nos últimos anos flutúa, como norma xeral, á alza, solicitarase que as empresas licitadoras efectúen as súas ofertas en función do parámetro DELTA, que non poderá ser superior a 0,06 euros/litro, da fórmula CIxCDxD+DELTA+II.EE+I.V.M.H.+IVE, sendo o importe a pagar por factura o resultado de dita fórmula. Sendo: • CI: Cotización Internacional ALTA GORGOES CIF NWE, BASIS ARA, concretamente a media aritmética das cotizacións válidas á semana anterior (de luns a venres) en que se realiza a subministración. O período de vixencia de cada prezo semanal será por conseguinte de sábado ás 00:00 horas ó venres seguinte (PLATTS EUROPEAN MARKETSCAN). • CD: O valor de cambio de divisas (euros/US Dólar) de acordo coa media aritmética da semana anterior en que realiza a subministración. • D: Densidade do tipo de carburante correspondente. • DELTA: Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenaxe, transporte tanto primario coma capilar, gastos xerais, etc. • I.I.E.E.: Impostos especiais. • I.V.M.H: Imposto sobre vendas retallistas de determinados hidrocarburos. • I.V.E: Valor en cada momento. 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3. Autorizar o gasto polo importe máximo de 223.500,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 10/456.453.221.03 do vixente orzamento provincial. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da subministración de gasóleo “A” con destino ó abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2010, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 143.2 da citada Lei 30/2007. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE GASÓLEO “A” CON DESTINO Ó ABASTECEMENTO DAS MÁQUINAS E VEHÍCULOS DO PARQUE DE MAQUINARIA DURANTE EL AÑO 2010 1.- OBXECTO.- A subministración de gasóleo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Centro Xestor do Parque de Maquinaria da Deputación de Pontevedra durante o ano 2010. A Deputación de Pontevedra non se compromete a solicitar unha cantidade mínima de gasóleo, senón que realizará as peticións en función das súas necesidades ata a cantidade máxima estipulada na cláusula sétima de 223.500,00 euros, IVE e impostos incluídos. No Prego de prescricións técnicas que se une como anexo desenvólvese con máis detalle o obxecto do contrato. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/456.453.221.03 do vixente orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo efectuarase tras a presentación das correspondentes facturas e unha vez prestada a conformidade por esta Deputación Provincial. Deberase anexar, como anexo á factura, un escrito onde se analicen os índices aplicables á fórmula sinalada na cláusula sexta. 4.- PRAZO E LUGAR DE ENTREGA.- A empresa adxudicataria realizará a descarga do gasóleo no depósito instalado no Parque de Maquinaria da Deputación na cidade de Pontevedra, sendo os gastos de transporte e descarga por conta do adxudicatario, tal como sinala o artigo 273 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. A entrega deberá ser efectuada no prazo máximo de 24 horas contado desde a solicitude da subministración polo Parque de Maquinaria. 5.- DURACIÓN DE CONTRATO.- A duración do contrato establécese dende o día seguinte á formalización do mesmo ata o día 31 de decembro de 2010, sempre que non se esgote antes a cantidade estimada de 223.500,00 € que finalizaría o mesmo. 6.- TIPO DE LICITACIÓN. Os licitadores terán que realizar as súas ofertas en función do parámetro DELTA da fórmula que se indica a continuación, sendo o importe a pagar por factura o resultado de dita fórmula. A oferta do parámetro DELTA, será efectuada en función dos euros/litro e non poderá ser superior a 0,06. CIxCDxD+DELTA+II.EE+I.V.M.H.+IVE Sendo: • CI: Cotización Internacional ALTA GORGOES CIF NWE, BASIS ARA, concretamente a media aritmética das cotizacións válidas a semana anterior (de luns a venres) en que se realiza a subministración. O período de vixencia de cada prezo semanal será por conseguinte de sábado ás 00:00 horas ó venres seguinte (PLATTS EUROPEAN MARKETSCAN). • CD: O valor de cambio de divisas (Euros/US Dólar) de acordo coa media aritmética da semana anterior en que realiza a subministración. • D: Densidade do tipo de carburante correspondente. • DELTA: Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenaxe, transporte tanto primario coma capilar, gastos xerais, etc. • I.I.E.E.: Impostos especiais. • I.V.M.H: Imposto sobre vendas retallistas de determinados hidrocarburos. • I.V.E: Valor en cada momento. 7.- ORZAMENTO.- O contrato orzaméntase ata a cantidade máxima de douscentos vinte e tres cincocentos euros (223.500,00 €), IVE e impostos incluídos. 8.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 66 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para ese fin (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Os licitadores interesados en participar na adxudicación deste contrato quedan dispensados da constitución da garantía provisional en consonancia co que se dispón no artigo 91 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 10.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 84 do LCSP. A constitución da garantía definitiva terá que ser acreditada dentro dos quince días hábiles contados a partir do seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cubrir o sinalado no parágrafo anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 11.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 11.1º.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), durante un prazo de quince días naturais (artigo 143.2 da LCSP), contado dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e o artigo 80 do Rd. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 11.2º.- Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, en que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto correspondente á contratación da subministración de Gasóleo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, en que constaren as normas polo que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro Oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, en que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades a que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector público. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado dos mesmos. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador en que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica correspondente ó procedemento aberto para a contratación da subministración de gasóleo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria”. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2. Proposta de apoio técnico da subministración. Valoraranse aspectos relacionados coa infraestrutura e servizos, horarios, formas de petición, persoal que realizará a subministración, etc. 3. Melloras ofertadas. Valoraranse aspectos relacionados coa limpeza do depósito e dotación de medios necesarios para garantir a subministración durante a execución dos traballos, así como outras melloras. Sobre C: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica correspondente á contratación da subministración de gasóleo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria” Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 12 - MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Xefe Xeral do Parque de Maquinaria. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 13.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre “A”. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, por que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será trasladada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecida no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora en que se procederá, en acto público, á apertura do sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres “C”. 14.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 14.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valorásense cun máximo de 40 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables subxectivamente: Puntuación. Apoio técnico á subministración ……………………..…………. 20 puntos Melloras ……………………………………………..………….. 20 puntos 14.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre C) Os criterios avaliables mediante fórmulas valorásense cun máximo de 60 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables mediante fórmulas: Puntuación Oferta económica global ………………………………….. 50 puntos Prazo de entrega…………………………………………… 10 puntos A oferta económica e o prazo de entrega puntuaranse en función da fórmula establecida no Anexo I. 15.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, as clasificará por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 16.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 17.- FORMALIZACIÓN DE CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado desde o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 18.- PERFIL DE CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou en que así decídase voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 19.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no sobre “A” de documentos dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno reterá no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 20.- GASTOS A CARGO DE ADXUDICATARIO.- Serán tamén por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Orzaméntanse os gastos de publicidade na contía máxima de 300 euros. 21.- GARANTÍA.- O prazo de garantía deste contrato fíxase nun ano. Se durante o prazo de garantía acreditásese a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados terá dereito a Administración que hai que reclamar do contratista a reposición de que resulten desaxeitados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista que hai que coñecer e ser oído sobre a aplicación dos bens subministracións. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministracións non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación de ditos bens non serán bastantes para lograr aquela fin, poderá, antes de expirar dito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obriga de pagamento ou tendo dereito, se é o caso, á recuperación do prezo satisfeito. 22.- RESOLUCIÓN DE CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 275 da LCSP. 23.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, observarase o disposto, no referente á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 24.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............., maior de idade, veciño de..............., con domicilio en ...............titular do DNI............, expedido en data.........., actuando en nome propio ou en representación de ...............con NIF/CIF ………. e domicilio en............., teléfono................. segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á subministración de gasóleo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos do Parque de Maquinaria durante o ano 2010, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e de acordo co seguinte detalle: . Polo prezo do parámetro DELTA, en función de fórmula indicada na cláusula 6ª, de ……………………….euros/litro. . O prazo máximo de entrega será de ………….. horas. (non poderá superar o estipulado na cláusula 4ª). (Data e sinatura do propoñente)” O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 39.18111.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO EXPEDIENTE PARA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “PENSA EN TI” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial en sesión ordinaria do día 19 de febreiro de 2010 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, dos servizos de organización e impartición das actividades formativas incluídas dentro do programa social “Pensa en ti 2010”. Debido á gran cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar os mesmos dividiuse o contrato en cinco lotes que se corresponden coas seguintes zonas de actuación: • Lote 1, correspondente ás bisbarras do Condado, Paradanta, Baixo Miño e Vigo sur. • Lote 2: correspondente ás zonas de Vigo Norte e Centro, e o Morrazo. • Lote 3: correspondente á zona de Tabeirós e Deza. • Lote 4: correspondente á zona de Pontevedra e Caldas. • Lote 5: correspondente á zona do Salnés. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación dos servizos de organización e impartición das actividades do programa social “Pensa en ti 2010”, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 41 de data 2 de marzo de 2010. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 22 de marzo de 2010, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 26 de marzo de 2010, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura os sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, por que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que pola Traballadora Social responsable do programa “Pensa en Ti” se emite informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B). Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 9 de abril de 2010, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos sobres “C”, presentados polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados: LOTE 1 Empresas Puntos Sobre “B” Puntos Sobre “C” TOTAL Prezo Formagal Formación y Servicios S.L. 50 8,942 58,942 Gestifor Galicia S.L 50 8,942 58,942 Iternativa S.L. 31 12,267 43,267 Xestión Cultural Aurea S.L. 45 1,288 46,288 LOTE 2 Empresas Puntos Sobre “B” Puntos Sobre “C” TOTAL Prezo Formagal Formación y Servicios S.L. 50 8,942 58,942 Gestifor Galicia S.L 50 8,942 58,942 Iternativa S.L. 31 12,267 43,267 Xestión Cultural Aurea S.L. 45 1,288 46,288 LOTE 3 Empresas Puntos Sobre “B” Puntos Sobre “C” TOTAL Prezo Formagal Formación y Servicios S.L. 50 8,942 58,942 Gestifor Galicia S.L 50 8,942 58,942 Iternativa S.L. 31 12,267 43,267 Xestión Cultural Aurea S.L. 45 1,288 46,288 LOTE 4 Empresas Puntos Sobre “B” Puntos Sobre “C” TOTAL Prezo Formagal Formación y Servicios S.L. 50 8,942 58,942 Gestifor Galicia S.L 50 8,942 58,942 Iternativa S.L. 31 12,267 43,267 Xestión Cultural Aurea S.L. 45 1,288 46,288 LOTE 5 Empresas Puntos Sobre “B” Puntos Sobre “C” TOTAL Prezo Formagal Formación y Servicios S.L. 50 8,942 58,942 Gestifor Galicia S.L 50 8,942 58,942 Iternativa S.L. 31 12,267 43,267 Xestión Cultural Aurea S.L. 45 1,288 46,288 Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. Tendo en conta o informe de data 30 de marzo de 2010, emitido pola Traballadora Social responsable do programa, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a contratación da organización e impartición das actividades do programa social “Pensa en ti” comprendidas nos LOTES 1, 4 e 5 á empresa GESTIFOR GALICIA S.L. , polo prezo ofertado de mil tres euros por curso, sen IVE (1.003,00 €). Conceder á empresa GESTIFOR GALICIA S.L. , un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva por importe de 9.779, 25 euros, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. Así mesmo a empresa Gestifor Galicia S.L. deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 61,23 euros, por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia. 2.- Adxudicar provisionalmente a contratación da organización e impartición das actividades do programa social “Pensa en ti” comprendidas nos LOTES 2 e 3 á empresa FORMAGAL FORMACIÓN E SERVIZOS S.L., polo prezo ofertado de mil tres euros por curso, sen IVE (1.003,00 €). Conceder á empresa FORMAGAL FORMACIÓN E SERVIZOS S.L., un prazo máximo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva por importe de 9.779,25 euros, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. Así mesmo a empresa Formagal, Formación e Servizos S.L. deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 61,23 euros, por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación polo mesmo órgano. O importe do contrato será financiado con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07 do vixente orzamento provincial. 40.18112.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA SOCIAL “TI TAMÉN CONTAS” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial en sesión ordinaria do día 19 de febreiro de 2010 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, dos servizos de organización e impartición das actividades formativas incluídas dentro do programa social “Ti tamén contas 2010”. Debido á gran cantidade de cursos e á dispersión dos núcleos de poboación da provincia onde se pretenden celebrar os mesmos dividiuse o contrato en dous lotes que se corresponden dúas zonas de actuación: LOTE 1: correspondente ás Bisbarras de Caldas de Reis, Salnés, Pontevedra e Morrazo. LOTE 2: correspondente ás Bisbarras de Vigo, Condado, Paradanta e Baixo Miño. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación dos servizos de organización e impartición das actividades do programa social “Ti tamén contas 2010”, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 41 de data 2 de marzo de 2010. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 22 de marzo de 2010, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas seguintes empresas, Xestión Cultural Aurea S.L (Lotes 1 e 2), Formagal, Formación y Servicios S.L.(Lotes 1 e 2), Centro de Negocios Pontevedra S.L.(Lote 1), Estratexia Plus S.L. (Lotes 1 e 2), Iternativa S.L. (Lotes 1 e 2) e Academia Abrente S.L. (Lotes 1y 2). Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 26 de marzo de 2010, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura os sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, por que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que pola Traballadora Social responsable do programa “Ti tamén contas” se emite informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B). Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 9 de abril de 2010, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos sobres “C”, presentados polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo as seguintes puntuacións: LOTE 1 Empresas Puntos Sobre “B” Puntos Sobre “C” TOTAL Prezo Xestión Cultural Aurea S.L. 47,75 1,277 49,027 Formagal Formación y Servicios S.L. 44,50 8,973 53,473 Centro de Negocios Pontevedra S.L. 38,00 24,957 62,957 Estratexia Plus S.L. 36,50 45,525 82,025 Iternativa S.L. 35,50 12,678 48,178 Academia Abrente S.L. 31,00 34,700 65,700 LOTE 2 Empresas Puntos Sobre “B” Puntos Sobre “C” TOTAL Prezo Xestión Cultural Aurea S.L. 47,75 1,285 49,035 Formagal Formación y Servicios S.L. 44,50 9,027 53,527 Estratexia Plus S.L. . 36,50 45,525 82,025 Iternativa S.L. 35,50 12,755 48,255 Academia Abrente S.L. 31,00 34,173 65,173 Á vista das puntuacións obtidas e considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a contratación da organización e impartición das actividades do programa social “Ti tamén Contas 2010”, ás seguintes empresas: Lote 1, correspondente ás bisbarras de Caldas de Reis, Salnés, Pontevedra e Morrazo, á empresa ESTRATEXIA PLUS S.L. (CIF B-36.395.317), polo prezo ofertado de oitocentos cincuenta euros por curso, sen IVE (850,00 €). Lote 2, correspondente ás bisbarras de Vigo, Condado, Paradanta e Baixo Miño, á empresa ESTRATEXIA PLUS S.L. (CIF B-36.395.317), polo prezo ofertado de oitocentos cincuenta euros por curso, sen IVE (850,00 €). 2.- Conceder á empresa ESTRATEXIA PLUS S.L. , un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva, por importe de 6.545,00 euros, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. Así mesmo a empresa adxudicataria deberá ingresar na Caixa desta Deputación a cantidade de 117,80 euros, por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación polo mesmo órgano. O importe do contrato será financiado con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07 do vixente orzamento provincial. 41.18113.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR OS SERVIZOS DE XESTIÓN E ORGANIZACIÓN DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2010 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 19 de febreiro de 2010 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, dos servizos de xestión e organización do programa diúrno Balnearios 2010, sendo o tipo de licitación por persoa participante de cento trinta euros con oitenta e catro céntimos sen IVE (130,84 €). Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación dos servizos de xestión e organización do programa diúrno “Balnearios 2010”, se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 41 de data 2 de marzo de 2010. Resultando que a cualificación da documentación xeral se efectuou o día 22 de marzo de 2010, para cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, HALCON VIAJES S.A., VIAJES IBERIA,S.A. e VIAJES MARSANS, S.A. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 24 de marzo de 2010, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura os sobres “B” presentados por estas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que polo Xefe do Servizo de Acción Social se emite informe sobre as empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 9 de abril de 2010, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos sobres “C”, presentados por estas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo as seguintes puntuacións: Empresas Puntuación do sobre “B” Puntuación do sobre “C” TOTAL HALCON VIAJES S.A 45 41.833 86.833 VIAJES MARSANS S.A. 41 50.000 91.000 VIAJES IBERIA, S.A. 42 41.726 83.726 Á vista das puntuacións globais alcanzadas polas empresas, a Mesa de Contratación propón que se lle adxudique o contrato para a prestación do servizo de xestión e organización do programa diúrno Balnearios 2010 á empresa VIAJES MARSANS, S.A., ó ter obtido a maior puntuación tras a valoración dos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas económico-administrativas que rexeron este procedemento aberto. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente presuposto provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente á empresa VIAJES MARSANS, S.A.(CIF A-08018921) o contrato para a prestación do servizo de xestión e organización do programa “Balnearios 2010” nos hoteis que se indican e polos seguintes prezos: HOTEL Prezo por persoa (sen IVE) Total por persoa (IVE incluído) THALASO MOAÑA 99,07 € 106,00 € BALNEARIOS BAÑOS DA BREA 100,93 € 108,00 € THALASO ATLÁNTICO BAIONA 100,93 € 108,00 € BALNEARIO MONDARIZ 104.67 € 112.00 € BALNEARIO A TOXA 104,67 € 112,00 € BALNEARIO CUNTIS 107,48 € 115,00 € O número máximo de prazas ofertadas é de 1.714, non obstante a Deputación non se compromete a contratar un número mínimo de prazas xa que dependerá do número de solicitudes presentadas. 2.- Conceder á empresa VIAJES MARSANS, S.A., un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva por importe de 8.823,67 euros, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir a execución do contrato. Así mesmo, deberá ingresar a cantidade de 113,15 euros en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). O prezo do programa financiarase pola Deputación de Pontevedra e os usuarios participantes de acordo coa seguinte distribución: A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 52,00 euros por participante. As persoas beneficiarias achegarán a cantidade restante, que variará en función do hotel ou spa que elixan: Thalaso Moaña 22,00 € Balneario Baños da Brea 24,00 € Thalaso Atlántico Baiona 24,00 € Balneario Mondariz 28,00 € Balneraio La Toja 28,00 € Balneario Cuntis 31,00 € A parte correspondente á Deputación, por importe oitenta e nove mil cento vinte e oito euros (89.128,00 €), será financiado con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07 42.18114.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “PAVILLÓN DEPORTIVO NO LUGAR DE CASTRO (MOS)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 30/12/2009, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Pavillón Deportivo no Lugar de Castro (Mos)”, con orzamento de 690.200, 00 €, máis a cantidade de 110.432,00 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 12/02/2010, constitúese a Mesa de Contratación co obxecto de proceder ó estudo da documentación contida nos sobres “A” achegada polos licitadores, excluíndose a formulada por Construcciones Riotorto, S.L. por ser presentada fóra de prazo, e admitíndose as restantes ofertas presentadas. Resultando que con data 16/02/2010, reúnese a Mesa de Contratación para proceder á apertura dos sobres “B”, remitíndose ó Servizo de Arquitectura para a súa valoración. Resultando que polo Arquitecto Provincial se emite informe relativo ás empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos unha vez ponderados os criterios non avaliables mediante fórmulas contidas nos sobres “B”. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 30 de marzo de 2010, procedeu, en acto público, á apertura dos sobres “C”, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, presentados polas empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos na valoración da documentación contida nos sobres “B”, de acordo coa acta emitida para ese fin e que figura no expediente. Resultando que á vista do referido informe técnico e da valoración relativa á documentación dos sobres “C”, obtense a seguinte puntuación: LICITADOR PUNTUACION SOBRE “B” PUNTUACION SOBRE “C” PUNTUACION TOTAL DICSA, S.A. 37,17 29,383 66,553 UTE INELSA, S.L.U.-CONSTRUCCIONES GONZALEZ OTERO, S.L. 35,01 20,931 55,941 ORECO, S.A 34,97 48,000 82,970 UTE GERPE, S.L.-SEDESA, S.A. 34,91 25,160 60,070 CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 34,59 32,800 67,390 BELYPA CONSTRUCCIONES, S.L. 34,32 35,936 70,256 CONSTRUCCIONES FEYJU GALICIA, S.L. 34,27 37,619 71,889 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 34,25 33,565 67,815 UTE FERNANDEZ SARMIENTO, S.A.-OBRAS Y CONSTRUCCIONES SOSTENIBLES, S.L. 34,16 29,542 63,702 HIDROSCIVIL, S.L. 34,06 41,924 75,984 CONSTRUCCIONES ABAL, S.A. 33,95 29,433 63,383 WINTERRA, S.A. 32,95 39,833 72,783 MOVEX VIAL, S.L. 32,95 36,888 69,838 JESUS MARTINEZ ALVAREZ CONSTRUCCIONES, S.A. 32,25 24,034 56,284 UTE CASTRO 31,89 34,122 66,012 UNIKA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 31,64 46,551 78,191 CONSTRUCCIONES ANGEL JOVE, S.A. 31,41 23,193 54,603 ARIAS HERMANOS, S.A. 31,40 20,336 51,736 AGECO CONSTRUCCIONES Y REFORMAS, S.L. 30,86 17,693 48,553 UTE ATLAS CONSERVACION Y BIOCONSTRUCCION, S.L.-TAELPO 30,77 34,715 65,485 ANTONIO FRAMIÑAN, S.L. 30,66 25,745 56,405 CONSTRUCCIONES VARELA VILLAMOR, S.L. 30,61 32,205 62,815 CONSTRUCCIONES OUTON, S.L.U. 30,43 28,674 59,104 Resultando que á vista das puntuacións acadadas polos licitadores, unha vez valorados os criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto convocado para a contratación da obra, detéctase que as ofertas formuladas por ORECO, S.A. e UNIKA PROXECTOS E OBRAS, S.A. incorren en baixa temeraria, polo que se lles requiriu para que xustifiquen a súa oferta e precisen as condicións da mesma, en particular canto ó aforro económico, solucións técnicas propostas e condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a obra. Resultando que recibidas as xustificacións requiridas, emítese informe polo Arquitecto Provincial en que pon de manifesto que, analizados os argumentos presentados e tendo en conta que os custos de obra e prazos de execución dependen fundamentalmente da organización empresarial da obra, podéndose entender que, aínda de forma moi axustada, esta pode ser executada, facéndose preciso, se é o caso, un control especialmente dilixente da execución. Considerando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Arquitecto Provincial, propón a adxudicación provisional da obra a ORECO, S.A. que logrou a máxima puntuación, unha vez valorados os criterios de adxudicación que rexeron no procedemento de contratación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar provisionalmente a ORECO, S.A. (CIF a-36614691) a obra de “Pavillón Deportivo no Lugar de Castro (Mos)” na suma de 450.148,44 € máis 72.023,75 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de seis meses, melloras valoradas en 53.285,87 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 2. Impoñer á adxudicataria provisional xa que incorre en baixa temeraria, unha vez valorados os criterios avaliables mediante fórmulas, unha garantía definitiva do 10% do importe de adxudicación excluída o IVE, de acordo co que se establece no art. 83 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 3. Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega da garantía definitiva, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. 4. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 94,55 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no BOP. 43.18115.- PRÓRROGA NO PRAZO DE EXECUCIÓN DA OBRA “DOTACIÓN DE BEIRARRÚAS E SERVIZOS NA E.P., 9205 SANXENXO- MEAÑO, TRAMO LORES- CONCELLO DE MEAÑO A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 29 de outubro de 2008, adxudicou provisionalmente a Pavimentos de Meaño, S.L. a obra “Dotación de beirarrúas e servizos en E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño (Tramo Lores-Concello de Meaño)” na suma de 246.756,18 €, IVE incluído, (212.720,84 €, máis 34.035,33 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 12.423,60 € e o 2,00% do orzamento de execución material para control de calidade. Considerándose elevada a definitiva o 17/11/2008, toda vez que transcorrido o prazo de 15 días hábiles dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, o adxudicatario presentou a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007, que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como os documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. Visto o escrito de Pavimentos de Meaño, S.L., de data 8 dos correntes, en que solicita unha prórroga para a finalización da obra ata o 15 de xuño do ano en curso, debido a problemas xurdidos coa disposición dos terreos o que produciu unha demora na súa execución. E, á vista do informe favorable emitido polo Enxeñeiro Técnico de Infraestruturas-xefe da Zona Centro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder ó solicitado concedendo unha prórroga para a execución da obra “dotación de beirarrúas e servizos en E.P. 9205 Sanxenxo-Meaño (Tramo Lores-Concello de Meaño) ata o 15 de xuño de 2010. 44.18116.- AUTORIZACIÓN DA PUBLICACIÓN DO ANUNCIO DE INFORMACIÓN PREVIA DA LICITACIÓN DO CONTRATO PARA A SUBMINISTRACIÓN, MANTEMENTO E EXPLOTACIÓN DUNHA REDE DE BANDA ANCHA DENTRO DO PROXECTO “WIMAX RURAL” A Secretaría de Estado de Cooperación Territorial aprobou mediante Resolución, de data 7 novembro de 2007, as Bases reguladoras da convocatoria 2007 para a concesión de axudas, por un importe de 426.033.966 euros, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para cofinanciar proxectos de desenvolvemento local e urbano. Estas axudas diríxense a cohesionar o territorio a través de proxectos integrados de rexeneración urbana e rural e a reforzar a participación cidadá na xestión dos asuntos públicos e na mellora dos servizos locais, todo iso no marco da cooperación do estado coas Entidades Locais para a mellora da calidade de vida, a creación de emprego, o desenvolvemento económico e a cohesión económica e social do ámbito local, e de conformidade coas directrices estratéxicas que marca a Unión Europea. A Deputación de Pontevedra, consciente da importancia crecente dos servizos de telecomunicacións para o desenvolvemento social e económico dos sector da poboación máis desfavorecidos da provincia, presentou un proxecto denominado “Wimax Rural Pontevedra” co obxectivo de estudar e implantar unha rede de acceso de banda ancha, para dotar deste servizo ós Concellos incluídos no ámbito deste proxecto e así eliminar, ou polo menos diminuír, a brecha dixital existente. Para poder levar a cabo o proxecto resulta necesaria a contratación da subministración, mantemento e explotación dunha rede de telecomunicacións para dotar de servizos de calidade de acceso a internet de banda ancha a diversos Concellos. Vistos os documentos RC números 201000030564 e 201000030552, que acreditan a existencia de crédito para poder fronte ó gasto. E considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro, e o que se dispón no artigo 125 da Lei contratos do sector público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar a publicación do anuncio de información previa da licitación do contrato para a subministración, mantemento e explotación dunha rede de banda ancha dentro do proxecto “Wimax Rural”. O órgano de contratación poderá reducir o período de licitación a trinta e seis días se así o estima pertinente, de conformidade co previsto no artigo 143 LCSP. 45.18117.- REVERSIÓN DA PARCELA CEDIDA Ó CONCELLO DE LALÍN NA FINCA DE MOURISCADE A Xunta de Goberno, en sesión do día 4 de xullo de 2008, acordou ceder en uso ó Concello de Lalín unha parcela de 51.866 m2, na Finca Mouriscade da que é titular esta Deputación Provincial. Esta cesión efectuouse coa finalidade de que o Concello de Lalín permitira á Cooperativa Xuncoga, S.C.G. as instalacións necesarias para a creación dunha granxa de recria de novillas, que posibilitara a mellora da gandería de produción leiteira. Debido ás dificultades polas que atravesa, nestes momentos, o sector gandeiro, á Cooperativa Xuncoga, S.C.G. pon de manifesto que lle resulta inviable poder levar a cabo este proxecto e que por tanto renuncia á cesión do terreo. A Xunta de Goberno do Concello de Lalín aceptou a renuncia presentada pola Cooperativa Xuncoga, S.C.G. e acordou reverter á Deputación Provincial a parcela cedida para este fin, con referencia catastral 36024A265020000000YW, cunha superficie de 51.866 m2, sita na Finca Mouriscade. A Xunta de Goberno da Deputación provincial queda enterada da reversión da parcela de superficie 51.866 m2, sita na Finca Mouriscade, quedando sen efecto a cesión de uso efectuada no seu día. 46.18118.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 11 DO PROXECTO “CENTRO CULTURAL NO NÚCLEO URBANO DE CERDEDO”. Vista a certificación núm. 11 relativa ó proxecto de terminación das obras de “Centro cultural no núcleo urbano de Cerdedo (expte- D08/58)” adxudicada no seu día á empresa CONSTRUCCIONES ABAL, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 31 de marzo e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2010, de Recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES ABAL, S.A. (CIF. A-36.115.459) 10/942.942-652.09.2008 10/942-942-652.45.2009 (Deputación) 250.648,96 € SUBTOTAL ………. 250.648.96 € Taxa Técnicos Directores (4%) 7.263,08 € Control de calidade (2%) 5.447,31 € Seguridade e Saúde (0,72%) 1.307,35 € TOTAL LIQUIDO A PERCIBIR ……………….. 236.631,22 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 47.18119.- CORRECCIÓN DE ERROS NO ACORDO Nº 4.18031 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 31/03/10 Visto o acordo núm. 4.18031 adoptado na sesión ordinaria celebrada o día 31 de marzo de 2010, en virtude do cal se aproba a concesión dunha axuda económica, por importe de 112.713,44 euros ó Concello de Catoira para a realización do investimento 2009002310, denominado “Construción de beirarrúas, servizos e supresión de barreiras arquitectónicas”, con cargo ó Plan de investimentos da Deputación 2009-2011. Visto o informe emitido polo servizo de Cooperación no que aclara que a Presidencia concedeu para a mesma obra unha subvención ó citado concello no exercicio 2010, por importe de 54.906,56 euros, núm. expediente 2010000226, con cargo ó crédito reservado á concesión directa e que, ante a imposibilidade de fraccionar o orzamento do investimento atendendo as especialidades de cada concesión, compre fiscalizar as dúas subvencións nun único expediente. Considerando que as administracións públicas poden rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia de parte, o erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, segundo o artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade corrixir o acordo núm. 4.18031 adoptado na sesión ordinaria do día 31 de marzo de 2010, de xeito que: Onde di: “Conceder ó Concello de Catoira a cantidade de 112.713,44 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002310, denominado “Construción de beirarrúas, servizos de supresión de barreiras arquitectónicas”, cun orzamento de 280.333,44 euros, achegando a diferenza de cofinanciamento a entidade local beneficiaria, e de acordo coa seguinte distribución por anualidades e por entidades confinanciadoras: Exercicio Achega Deputación Achega Concello ou outros 2009 2010 2011 112.713,44 167.620,00 TOTAL 112.713,44 167.620,00 A presente subvención, que corresponde ó exercicio 2011, contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será no seu caso a 2011.942.942.652.45. Non obstante ó tratarse dunha subvención tramitada anticipadamente, a mesma queda condicionada á existencia de crédito no futuro orzamento de 2011.” Debe dicir: “Conceder ó Concello de Catoira a cantidade de 167.620,00 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002310, denominado “Construción de beirarrúas, servizos de supresión de barreiras arquitectónicas”, cun orzamento de 335.240,00 euros, achegando a diferenza de cofinanciamento a entidade local beneficiaria, e de acordo coa seguinte distribución por anualidades e por entidades confinanciadoras: Exercicio Achega Deputación Achega Concello ou outros 2009 2010 54.906,56 2011 112.713,44 167.620,00 TOTAL 167.620,00 167.620,00 A presente subvención, no exercicio 2010, contabilizarase con cargo á aplicación 2010.942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a subvención do exercicio 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será no seu caso a 2011.942.942.652.45. Non obstante ó tratarse dunha subvención tramitada anticipadamente, a mesma queda condicionada á existencia de crédito no futuro orzamento de 2011.” O resto do acordo da Xunta de Goberno referido anteriormente permanecerá invariable. 48.18120.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota