Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2010-04-21_Ordinaria. Acta de sesión 2010/04/21_Ordinaria
Acta de sesión 2010/04/21_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.537/1.2010-04-21_Ordinaria
Título Acta de sesión 2010/04/21_Ordinaria
Data(s) 2010-04-21 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día vinte e un de abril do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Xosé Carlos Silva Mariño e D. Jesús Vázquez Almuíña. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Acctal., D. Julio Souto Diz. Non asiste o Sr. Deputado D. Perfecto Rodríguez Muíños, escusando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18121.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 7 e 14 de abril de 2010, respectivamente. 2.18122.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN DO ANO 2010 A Sra. Directora de Xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” a través do escrito de data 12 de febreiro de 2010, solicita que se proceda a contratar os servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos de verán 2010 no Centro de Vacacións A Lanzada, cuxo custo estima en 125.000,00 euros, IVE incluído, elaborando para iso, con data 12 de febreiro de 2010, o correspondente prego de prescricións técnicas onde se detallan os diversos servizos a prestar durante a celebración das dez quendas de campamentos que están previstos realizar dende o día 24 de xuño ata o 5 de setembro de 2010. Resultando que polo Servizo de Intervención e emite o documento RC de data 24 de febreiro de 2010, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, por importe de 125.000,00 euros para facer fronte ás obrigas derivadas deste contrato, con cargo á aplicación orzamentaria 10/337.337.227.20 do vixente orzamento provincial. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que teñen que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 12 de abril de 2010. Resultando que con data 13 de abril de 2010, o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación dos servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos de verán 2010 no Centro de Vacacións A Lanzada. Resultando que con data 16 de abril de 2010, polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 10 tipifica a este contrato como de servizos ó ter por obxecto prestacións de facer consistentes no desenvolvemento dunha actividade e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do orzamento para 2010, concretamente na Base 16ª. 2 a) en onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, dos servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2010, pola cantidade máxima de cento vinte e cinco mil euros (125.000,00 €), IVE incluído, a razón dun prezo unitario máximo de 12.500,00 euros, IVE incluído, por cada quenda de campamento realizado e de acordo á seguinte desagregación: ORZAMENTO LICITACIÓN: PREZO UNITARIO CAMPAMENTO: Prezo contrato………115.740,74 € Prezo contrato…….……11.574,07 € IVE (8%)……………. 9.259,26 € IVE (8%)………………….925,93 € Os campamentos desenvolveranse en dez quendas cun máximo de 200 menores por quenda e nas datas que se detallan a continuación. UBICACIÓN INICIO-FIN PERSOAS DÍAS PRAZAS 1º Campamento 24-06-10 ó 30-06-10 200 7 200 2º Campamento 01-07-10 ó 07-07-10 200 7 200 3º Campamento 08-07-10 ó 14-07-10 200 7 200 4º Campamento 16-07-10 ó 22-07-10 200 7 200 5º Campamento 23-07-10 ó 29-07-10 200 7 200 6º Campamento 01-08-10 ó 07-08-10 200 7 200 7º Campamento 08-08-10 ó 14-08-10 200 7 200 8º Campamento 16-08-10 ó 22-08-10 200 7 200 9º Campamento 23-08-10 ó 29-08-10 200 7 200 10º Campamento 30-08-10 ó 05-09-10 200 7 200 TOTAL........... 2.000 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3. Autorizar o gasto polo importe máximo de 125.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 10/337.337.227.20 do vixente orzamento provincial. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación dos servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2010, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 143.2da citada Lei 30/2007. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A CONTRATACIÓN DOS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA PARA O VERÁN DO ANO 2010. 1.- OBXECTO.- A prestación do servizo de asistencia técnico educativa dos campamentos de verán 2010 no Centro de Vacacións A Lanzada, de acordo cun proxecto lúdico e educativo que inclúa a programación e desenvolvemento de actividades relacionadas coa natureza, deportes, aire libre, xogos, xogos de sala, artísticas e todas aquelas encamiñadas a lograr un desenvolvemento persoal e social que favoreza a un tempo a comunicación e o dinamismo multicultural dos nenos que van participar dos campamentos. Estes servizos inclúen o recibimento dos menores, asignación de grupos e situación, organización de actividades diarias deportivas, lúdicas e educativas para os menores con idades incluídas entre 8 e 13 anos, utilizando os recursos e o medio de que dispón o Centro de Vacacións da Lanzada, excursións e clausura de cada campamento co recibimento dos familiares dos menores ou persoas encargadas da súa educación. A empresa adxudicataria dos servizos deberá contar con todos os requisitos establecidos polo Decreto 50/2000, da Xunta de Galicia pola que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de mocidade publicada no Diario Oficial de Galicia Nº 49 do 10 de marzo de 2000. Os servizos de alimentación, limpeza e lavandaría correrán a cargo da Deputación Provincial de Pontevedra, así como as instalacións e tendas onde desenvólvanse as actividades e se aloxen os menores e persoal da empresa encargada. A empresa deberá achegar, ademais do persoal relacionado na proposta da Directora de Xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe” que se une como anexo ó presente prego, o material técnico funxible necesario para a realización das actividades. 2.- FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/337.337.227.20 do vixente orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- O pagamento do prezo dos servizos efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas debidamente conformadas que se presentarán acompañadas da memoria resumo das actividades desenvolvidas, unha vez finalizado cada unha das quendas de campamentos. 4.- DURACIÓN DO CONTRATO.- A asistencia técnico educativo terá lugar dende o día 24 de xuño ó 5 de setembro do ano 2010 e efectuarase de acordo cun proxecto educativo que inclúa as actividades que hai que realizar, metodoloxía, recursos dispoñibles e a programación de cada quenda do campamento. Os campamentos desenvolveranse en dez quendas cun máximo de 200 menores por quenda e nas datas que se detallan a continuación. UBICACIÓN INICIO-FIN PERSOAS DÍAS PRAZAS 1º Campamento 24-06-10 ó 30-06-10 200 7 200 2º Campamento 01-07-10 ó 07-07-10 200 7 200 3º Campamento 08-07-10 ó 14-07-10 200 7 200 4º Campamento 16-07-10 ó 22-07-10 200 7 200 5º Campamento 23-07-10 ó 29-07-10 200 7 200 6º Campamento 01-08-10 ó 07-08-10 200 7 200 7º Campamento 08-08-10 ó 14-08-10 200 7 200 8º Campamento 16-08-10 ó 22-08-10 200 7 200 9º Campamento 23-08-10 ó 29-08-10 200 7 200 10º Campamento 30-08-10 ó 05-09-10 200 7 200 TOTAL........... 2.000 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato que servirá de base á adxudicación fíxase na cantidade máxima de cento vinte e cinco mil euros (125.000,00 €) IVE incluído, en función dun prezo unitario máximo de 12.500,00 euros, IVE incluído, por cada quenda de campamento realizado e de acordo á seguinte desagregación: ORZAMENTO LICITACIÓN: PREZO UNITARIO CAMPAMENTO: Prezo contrato……115.740,74 € Prezo contrato….……11.574,07 € IVE (8%)…………. 9.259,26 € IVE (8%)……………….925,93 € 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o artigo 49 dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para ese fin (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA PROVISIONAL.- Os licitadores interesados en participar na adxudicación deste contrato quedan dispensados da constitución da garantía provisional en consonancia co que se dispón no artigo 91 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 84 do LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles contados a partir do seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cubrir o sinalado no parágrafo anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN. 9.1º.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), durante un prazo de quince días naturais (artigo 143.2 do LCSP), contado dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e o artigo 80 do R.d. 1098/2001 do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.- Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto correspondente á contratación dos servizos de asistencia técnico educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2010”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, en que constaren as normas por que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, en que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades a que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Relación dos principais servizos efectuados durante os tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado dos mesmos. Os servizos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador en que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica correspondente ó procedemento aberto para a contratación dos servizos de asistencia técnico educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2010” Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2. Actividades que hai que desenvolver. 3. Programa educativo a desenvolver. 4. Melloras sobre as características técnicas incluíndo unha relación das mesmas. Sobre C: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica correspondente á contratación dos servizos de asistencia técnico educativa dos campamentos no Centro de Vacacións A Lanzada para o verán do ano 2010” Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10 - MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -A Directora de Xestión da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre “A”. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, por que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada os técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecida no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora en que se procederá, en acto público, á apertura do sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres “C”. 12.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valorásense cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables subxectivamente: Actividades e programas educativos a desenvolver………… Melloras ofertadas …………………..…………………….. 12.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre C). Os criterios avaliables mediante fórmulas valorásense cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables mediante fórmulas: Puntuación Oferta económica global ………………………… 50 puntos A oferta económica puntuarase en función da fórmula establecida no Anexo I. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, as clasificará por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida ser cumprida como consecuencia da inclusión na mesma de valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Sen embargo, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou en que así decídase voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 17.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no sobre “A” de Documentos dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 18.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Órzanse os gastos de publicidade na contía máxima de 300,00 euros. 19.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contratista queda obrigado ó cumprimento estrito de cantas disposicións lexislativas estean en vigor ou que se diten durante a vixencia do contrato, incluído o convenio colectivo do sector, canto ó pagamento de xornais mínimos por categorías profesionais, cotas da Seguridade Social, Mutualismo Laboral, etc. O contratista deberá observar as disposicións vixentes en materia laboral e de Seguridade Social. O contratista deberá observar as disposicións vixentes en materia de seguridade e hixiene no traballo, e prevención de riscos laborais. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos artigos 206 e 284 do LCSP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, no referente á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 22.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativo, a teor do que se dispón na Lei Reguladora dita Xurisdición. 23.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación do- número........................ e domicilio en..............................., teléfono.................... fax……………….segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Estando interesado en tomar parte no procedemento aberto con multiplicidade de criterios convocados pola Deputación Provincial de Pontevedra para a prestación de servizos de Asistencia Técnica Educativa dos Campamentos no Centro de Vacacións a Lanzada para o verán do ano 2010, fai constar que coñece e acepta o prego de cláusulas económicas-administrativas e técnicas que rexe dito contrato e que se compromete a realizalo con suxeición ó mesmo, de acordo ó seguinte detalle: • Polo prezo global seguinte: (En letra e número). A) Prezo do contrato euros. B) IVE (8%) euros. C) Total (A +B) euros. A razón do seguinte prezo unitario por cada quenda de campamento: A) Prezo do contrato euros. B) IVE (8%) euros. C) Total (A +B) euros. (Data e sinatura do propoñente)” O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 3.18123.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS A) Devolución de garantías definitivas á empresa Monforte, S.A. A empresa Monforte, S.A., mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato: Aluguer e deseño dun autobús publicitario para promoción de Proxectos Europeos, en concreto do “Equal Conta con Elas”. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos pola Técnica encargada do “Proxecto Conta con Elas” e pola Intervención desta Deputación no cal se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades se devolverá a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de catro mil trescentos oitenta e catro euros (4.384,00 €), para responder do contrato relativo ó: Aluguer e deseño dun autobús publicitario para promoción de Proxectos Europeos, en concreto do “Equal Conta con Elas” que foi depositada na Tesourería Provincial o 3/04/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600032948, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.18124.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada das seguintes comunicacións: a) Escrito do Sr. Alcalde do Concello de Las Palmas de Gran Canaria de data 05/04/10 (Rexistro de entrada núm. 16568 de data 15/04/10), agradecendo o apoio institucional adoptado por esta Deputación á candidatura de Las Palmas de Gran Canaria para ser designada “Capital Europea de la Cultura 2016”. b) Escrito da Directora Xeral da Dirección Xeral de Cooperación Local da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial do Ministerio de Política Territorial de data 06/04/10 (Rexistro de entrada núm 16317 de data 14/04/10), no que comunica que a Dirección Xeral de Cooperación Local resolveu inscribir no Rexistro de Entidades Locais o deslinde entre os termos municipais de Caldas de Reis e Moraña (Pontevedra). c) Escrito do Xefe do Servizo da Asesoría Xurídica desta Deputación de data 20/04/10, polo que da conta do convenio asinado por esta Deputación co Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra, para a realización de prácticas na Asesoría Xurídica por parte dos alumnos da Escola de Práctica Xurídica “Teucro Iuris”. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 5.18125.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PONTECESURES PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002734, DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO DA RÚA DEPUTACIÓN EN PONTECESURES”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002734, denominado “Acondicionamento da rúa Deputación en Pontecesures”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º Conceder ó Concello de Pontecesures a cantidade de 215.962,80 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002734, denominado “Acondicionamento da rúa Deputación en Pontecesures”, cun orzamento de 795.911,23 euros, achegando a diferenza de cofinanciamento a entidade local beneficiaria de acordo coa seguinte distribución por anualidades e por entidades confinanciadoras: Exercicio Achega Deputación Achega Concello ou outros 2009 68.408,15 € 193.316,14 € 2010 10.061,88 € 193.316,14 € 2011 137.492,77 € 193.316,15 € TOTAL 215.962,80 € 579.948,43 € Na anualidade 2009, a achega provincial realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009 na que existe crédito para facer fronte a este gasto e con cargo á aplicación 2010.942.942.652.45 para a anualidade 2010. En canto á anualidade 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será no seu caso a 11/942.942.652.45, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. 2º Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 6.18126.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2009002752, DENOMINADA “REFORMA DA ILUMINACIÓN PÚBLICA EN DIVERSAS ZONAS DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002752, denominado “Reforma da iluminación pública en diversas zonas do Concello de Salceda de Caselas”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Salceda de Caselas a cantidade de 70.018,39 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002752, denominado “Reforma da iluminación pública en diversas zonas do Concello de Salceda de Caselas”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 70.018,39 euros A presente subvención, que corresponde á anualidade 2011, contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será, no seu caso, a 11/942.942.652.45, quedando condicionada a aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 7.18127.- DAR CONTA DAS ACTAS DO XURADO DOS 3OS CONCURSOS ZONAIS DE BANDAS DE MÚSICA “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” QUE TIVERON LUGAR NA ZONA 5: SUR, O DÍA 17 DE ABRIL NO TEATRO MUNICIPAL DE TUI De conformidade co disposto na base 7ª das que rexen os 3os Concursos Zonais de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra”, realizado o día 17 de abril de 2010 o da zona 5: Sur no Teatro Municipal de Tui e despois das reunións mantidas polo Xurado Cualificador, a Xunta de Goberno queda enterada das actas dos mesmos, concedendo os premios nas distintas categorías establecidas ás agrupacións que a continuación se reflicten e as contías correspondentes en concepto de participación establecidas na base 8ª e que se achegarán con cargo á aplicación 10/330.334.481.06: ZONA 5 SECCIÓN TERCEIRA Puntos Premio Agrupación 194 2º Premio Banda de Música Municipal de Arbo 1º Premio, dotado con 1.500,00 € á agrupación: Banda de Música de Chapela, con 199 puntos SECCIÓN SEGUNDA Puntos Premio Agrupación 174 3º Premio Banda de Música Unión de Guláns 230 2º Premio Agrupación Musical de Goián 1º Premio, dotado con 1.750,00 € á agrupación: Banda de Música Xuvenil de Xinzo, con 268 puntos SECCIÓN PRIMEIRA Puntos Premio Agrupación 193 3º Premio Agrupación Musical de Vincios 223 2º Premio Banda de Música Xuvenil de Torroso 1º Premio, dotado con 2.000,00 € á agrupación: Agrupación Musical do Rosal, con 291 puntos 8.18128.- APROBACIÓN DAS BASES DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á INVESTIGACIÓN 2010 A Deputación de Pontevedra convoca os Premios Provinciais á Investigación 2010, e fiscalizadas as bases pola Secretaría Xeral así como visto o informe favorable de Intervención sobre existencia de consignación, por un importe de 23.600,00 €, con cargo á aplicación 10/330.334.481.01 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán os citados premios e que son do seguinte teor: “B A S E S Primeira.-A convocatoria ten por obxecto fomentar a investigación, concedendo os seguintes premios: PREMIOS A TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN a) Ciencias e Tecnoloxía, dotado con 3.000,00 €. b) Humanidades e Ciencias Sociais, dotado con 3.000,00. € c) Provincia de Pontevedra (tema libre é referido á Provincia), dotado con 3.000,00 €. d) Premio Carmela Arias Díaz de Rábago” (referido a persoeiros da Provincia de Pontevedra, no ámbito local, provincial, galego ou internacional, que se caracterizasen pola súa contribución á mellora e desenvolvemento da comunidade) dotado con 3.000,00 €. PREMIOS TESES, PROXECTO FIN DE CARREIRA, FIN DE MASTER E DEA e) Teses de doutoramento Ciencias e Tecnoloxía, dotado con 2.000,00€. f) Teses de doutoramento Humanidades e Ciencias Sociais, dotado con 2.000,00€. g) Proxectos de fin de carreira, fin de Master, DEA: Ciencias e Tecnoloxías dotado, con 1.800,00 €. h) Teses de licenciatura, proxectos de fin de carreira, fin de Master e DEA: Humanidades e Ciencias Sociais, dotado con 1.800,00 €. As teses e proxectos presentados nos apartados e), f), e máis g) tiveron que ser defendidos nos anos 2009 ou 2010 en calquera dos campus das universidades galegas, ou noutras universidades, por licenciados desta institución galega, sempre que versasen sobre temáticas galegas, acreditándose dita circunstancia coa correspondente certificación académica. PREMIOS PARA XOVES INVESTIGADORES a) Novas Tecnoloxía, dotado con 2.000,00€. b) Humanidades e Ciencias Sociais, dotado con 2.000,00€. Enténdese como xoven investigador todo concursante, maior de idade, que na data da conclusión do prazo desta convocatoria non supere a idade de 26 anos. Os citados premios financiaranse con cargo á aplicación 10/330.334.481.01 do vixente orzamento provincial. Segunda.- Os traballos deberán ser de investigación, inéditos e redactados especificamente para a convocatoria en calquera dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma galega. Presentaranse por triplicado, xunto cun resumo de 20 folios como máximo, e a máquina ademais do currículo e os méritos do autor ou autores, facendo constar expresamente que non é tese ou tese de licenciatura, nin que foi presentado ou lido como tal. Un mesmo traballo non se poderá presentar a diversos epígrafes. Para garantir o seu anonimato proporanse “baixo un lema” sen que conste a identificación do seu autor. As teses, teses de licenciatura e proxectos fin da carreira presentaranse por duplicado e co seu título orixinal, xunto cun resumo de 20 folios como máximo. Terceira.- As instancias para tomar parte no concurso dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral deste organismo ata o 13 de novembro de 2010, especificando o premio ó que se opta, e acompañada da fotocopia do DNI. Cuarta.- Non poderán presentarse a estes premios as persoas que teñan a condición de funcionario ou persoal laboral da Deputación de Pontevedra. Quinta.- A selección e proposta da concesión de premios encoméndaselle a un xurado integrado polos seguintes membros: Presidente: O titular da Deputación ou deputado en quen delegue. Vogais: O presidente da Comisión Informativa de Cultura. Tres profesores nomeados pola Universidade de Vigo. Un representante da UNED. Un representante da Misión Biolóxica de Galicia. Un representante da Real Academia Galega de Ciencias. Tres persoas nomeadas pola Presidencia de recoñecido prestixio no eido da investigación. Un representante do departamento de Cultura. Secretario: O titular da Corporación ou funcionario en quen delegue. Este xurado, que non poderá constituírse nin actuar sen contar coa asistencia de máis da metade dos seus membros, resolvendo todas as incidencias que se presenten, e sendo as súas decisións inapelables, poden solicitar a axuda de asesores especialistas en cada materia. Sexta.- O xurado cualificará o concurso coa maior amplitude de criterios, valorando a orixinalidade, obxectivos que pretende, método seguido, resultado, conclusións e aplicación práctica e currículo do autor, dando prioridade ós temas relacionados coa Provincia de Pontevedra e con Galicia, eliminando aqueles traballos que non poidan catalogarse como de investigación específica. A decisión do xurado darase a coñecer mediante unha acta que, pasará a coñecemento do Presidente ou o órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade. Sétima.- Durante o prazo dun ano, a partir da emisión do fallo, a Deputación resérvase o dereito de publicar os traballos; transcorrido este e coa autorización deste organismo, poderá facelo o autor pola súa conta. A concesión do premio non implica a perda da propiedade intelectual. Un exemplar de cada un dos traballos presentados quedará na Biblioteca de Inéditos desta Deputación de Pontevedra. Aqueles que non fosen galardoados poderán retirar os traballos no Servizo de Cultura desta Deputación, no prazo de tres meses, contados dende a resolución do concurso, pasados os cales, quedará exenta a responsabilidade das devolucións non solicitadas. Oitava.- Os Premios Provinciais á Investigación 2010, entregaranse no marco dun acto institucional organizado pola Deputación de Pontevedra”. 9.18129.- APROBACIÓN DAS BASES PARA A SELECCIÓN DE PEQUENOS COMERCIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA INTERESADOS EN TOMAR PARTE NUN PROGRAMA DE ASESORAMENTO PERSONALIZADO EN VISUAL MERCHANDISING (PLAN “A TÚA MEDIDA 2010 A Deputación de Pontevedra seguindo pola súa premisa de traballar pola profesionalización dos profesionais que traballan ó fronte dos pequenos comercios da Provincia, desenvolveu en 2009 a través da súa Área de Comercio o Plan “A túa Medida”, actividade de asesoramento individualizado en Visual Merchandising enmarcada dentro da liña de “Formación e cualificación do serctor comercial” do Plan Director de Comercio 2009-2010. Tendo en conta o éxito e a boa acollida que tivo no sector, a Deputación de Pontevedra quere seguir traballando nesta liña durante o año 2010. O obxecto da presente convocatoria é a selección de 35 comercios da Provincia de Pontevedra para ofrecerlles a oportunidade de recibir un asesoramento personalizado e presencial en Visual Merchandising adaptado ás necesidades concretas dos seus negocios. Informadas xurídicamente e fiscalizadas as correspondentes bases polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 90.000,00 € (IVE incluído) con cargo á aplicación orzamentaria 2010/241.431.227.06 do orzamento provincial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de convocatoria para a selección de pequenos comercios da Provincia de Pontevedra interesados en tomar parte nun programa de asesoramento personalizado e Visual Merchandising (Plan “A túa Medida” 2010). Ditas bases son do seguinte teor: “CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE PEQUENOS COMERCIOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA INTERESADOS EN TOMAR PARTE NUN PROGRAMA DE ASESORAMENTO PERSOALIZADO EN VISUAL MERCHANDISING. (PLAN “Á TÚA MEDIDA 2010). ANTECEDENTES A Deputación de Pontevedra, seguindo coa súa premisa de traballar pola profesionalización dos profesionais que traballan á fronte dos pequenos comercios da Provincia desenvolveu en 2009 a través da súa Área de Comercio o Plan “A túa Medida”, actividade de asesoramento individualizado en Visual Merchandising enmarcada dentro da liña estratéxica “Formación e cualificación do sector comercial” do Plan Director de Comercio 2009 - 2012. Tendo en conta o éxito e a boa acollida que tivo no sector, a Deputación de Pontevedra quere seguir traballando nesta liña durante o ano 2010 e reforzala para que poidan tomar parte nela un maior número de comerciantes como resposta á nova demanda. 1.- OBXECTO.- O obxecto da presente convocatoria é a selección de pequenos/as comerciantes da Provincia de Pontevedra para ofrecerlles a oportunidade de recibir un asesoramento personalizado e presencial en Visual Merchandising adaptado ás necesidades concretas dos seus negocios. O asesoramento pretende dotar ós responsables de 35 comercios da Provincia de Pontevedra dos coñecementos e habilidades precisos para presentar os seus produtos de xeito que resulten o máis atractivos posibles ós seus clientes, que aprendan a proxectar un “punto de venda” que se diferencie pola súa imaxe coa intención de conseguir que os pequenos comercios da Provincia de Pontevedra sexan recoñecidos por proxectar unha imaxe e uns valores desexables como distintivo. Para o desenvolvemento desta actividade a Deputación de Pontevedra contratará unha empresa que se encargará de impartir o asesoramento ós comerciantes polo que se considera que a Deputación de Pontevedra está concedendo unha subvención en especie ós 35 comerciantes seleccionados. 2.- DESTINATARIOS.- Poderanse acoller a este programa os empresarios/as autónomos/as e sociedades mercantís dedicadas ó pequeno comercio que desenvolvan a súa actividade comercial na Provincia de Pontevedra e que atendan ás seguintes características: - Estar incluídas nos epígrafes 64, 65 y 66 do Imposto sobre Actividades Económicas ou na rama 52 da CNAE. - Contar cunha antigüidade mínima de 6 ou máis anos. - Con 3 ou menos empregados por conta allea e/ou titular. Poderán resultar beneficiarios da prestación deste servizo un máximo de 35 comercios da e se dará prioridade a aqueles que estean asociados a algunha das agrupacións de comerciantes da Provincia de Pontevedra. 3.- INCOMPATIBILIDADES.- Non poderán tomar parte na actividade comercios que xa participaran na edición anterior. No caso daqueles comercios que pertenzan a un mesmo titular, só se poderá presentar un deles, indicando na solicitude o nome do mesmo. 4.- CARACTERÍSTICAS DO ASESORAMENTO.- Para o desenvolvemento desta actividade a Deputación de Pontevedra contratará unha empresa que se encargará da formación dos comerciantes seleccionados. O asesoramento será personalizado e estará dividido en tres fases: 1.- Un especialista en Visual Merchandising consultor se desprazará ós comercios para coñecer de primeira man as inquedanzas e necesidades dos comerciantes. Entrevistarase co/coa xerente e empregados/as do establecemento. Fará unha reportaxe fotográfica e cubrirá un checklist para valorar a imaxe comercial do establecemento. Elaborarase unha proposta creativa para aquela zona/área do comercio na que a súa mellora sexa máis eficaz para a venta. Esta proposta será enviada por correo postal a cada comercio participantes para que poidan revisala antes da segunda visita do equipo de traballo. 2.- Na segunda visita o equipo de traballo explicará detalladamente ós/as comerciantes como implantar as propostas de mellora e os/as formarán para poder materializalas. Tratarase dunha sesión práctica na que os comerciantes aprenderán a presentar os produtos e a mellorar a imaxe dos comercios. 3.- Polo menos tres meses despois do asesoramento levarase a cabo a visita de verificación. Nela realizarase unha nova reportaxe fotográfica na que se reflectirán as modificacións e melloras levadas a cabo en cada negocio. As pautas e recomendacións de actuación propostas verificaranse por medio dun checklist adaptado ó caso concreto. O/s técnico/os responsable/s de levar a cabo o asesoramento poderán, en calquera momento, solicitar calquera tipo de información necesaria para o correcto desenvolvemento do programa, así como facer un seguimento da evolución das medidas a aplicar ós comercios beneficiarios do programa. 5.- DURACIÓN.- Esta actividade desenvolverase dentro do ano en curso, sendo a data límite de remate da mesma o 31 de decembro de 2010. 6.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación de luns a venres en horario de 8:30 a 14:30 e de 17:00 a 19:00, no Rexistro da Sede de Vigo de luns a venres de 9:00 a 13:00 horas ou por calquera dos procedementos establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación das solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación de solicitudes coincidira en domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Dito prazo poderá ampliarse 5 días máis, no caso de que no prazo estipulado non se cubrisen as 35 prazas. As inscricións deberán formularse mediante solicitude asinada polo representante legal de cada comercio, segundo o modelo oficial do Anexo 1. Cada comercio só poderá presentar unha única solicitude para esta convocatoria. A inscrición nesta convocatoria implica a completa aceptación das súas bases. 7.- DOCUMENTACIÓN.- Ós efectos establecidos no apartado 7, os beneficiarios deberán presentar xunto coa solicitude, a seguinte documentación: - Fotocopia cotexada do CIF/ NIF do comercio. - Fotocopia cotexada das nóminas dos empregados do último mes en curso. (de ser o caso). - Documento que acredite estar asociado a algunha asociación/federación de comerciantes. 8.- SELECCIÓN DE PARTICIPANTES.- A selección dos comercios retallistas farase por sorteo público ante o Secretario Xeral da Deputación provincial de Pontevedra, resultando beneficiarios 35 comercios que presenten dita solicitude. No caso, de que o número total de solicitudes presentadas, unha vez rematado o prazo de inscrición, sexa igual ou inferior a 35, eliminaríase a fase de sorteo, sendo as solicitudes presentadas as destinatarias do programa. De darse o caso contrario, que estas sobrepasasen as 35, estableceríase unha lista de reserva de 5 comercios para os casos nos que os comercios seleccionados inicialmente se dean de baixa. 9.- EXECUCIÓN DO PLAN.- Na medida do posible, os comercios seleccionados realizarán todas as actuacións recomendadas para a execución da proposta creativa. Non obstante, e atendendo á situación particular de cada un dos beneficiarios, a esixencia da realización será proporcionada ás súas posibilidades. En ningún caso, a Deputación de Pontevedra cubrirá total ou parcialmente os custos derivados das medidas establecidas na proposta creativa (reformas, renovación dos comercio, material preciso para executar a proposta creativa…). 10.- ORZAMENTO E PUBLICIDADE.- O orzamento previsto para esta actividade é de 90.000,00€ (IVE incluído), que será imputado á aplicación orzamentaria 10/241.431.227.06 do vixente orzamento provincial. Debido á duración da actividade o pagamento á empresa adxudicataria farase unha vez sexan presentadas as correspondentes facturas e a conformidade do Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios da Deputación de Pontevedra, 1º.- despois da entrega dos diagnósticos comerciais, 2º.- despois da visita de formación ós comercios e 3ª.- despois do acto de presentación de resultados. Os comercios seleccionados que sexan beneficiarios do programa deberán publicitar o financiamento da actividade por parte da Deputación de Pontevedra (Área de Comercio) en todas as medidas de difusión que se elaboren (anuncios, folletos informativos, etc.) segundo establece o art. 31 do RLXS. Así tamén deberán colocar o cartel anunciador da actividade no que se inclúe a imaxe da institución provincial nun lugar visible do establecemento durante os meses que dure a actividade. Todos os comercios beneficiarios do programa deberán permitir á Deputación de Pontevedra, facer uso do material empregado no programa así como a documentación e o material audiovisual que se confeccione. 11.- XURISDICIÓN APLICABLE.- Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó que se diten. Entenderase desestimado se transcorre outro sen contestar; neste caso poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do Contencioso Administrativo como se prevé no art. 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa (tras modificación dada pola Lei 19/2003, de 23 de decembro) no prazo de dous meses. Así mesmo, contra as presentes bases tamén poderá interpoñerse directamente o dito recurso contencioso-administrativo no indicado prazo. En todos os casos, os prazos contaranse a partir do día seguinte á recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entenda desestimado. 12.- DEREITO SUPLETORIO.- Para o non disposto nas presentes bases contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2010 e lexislación de aplicación. 13.- ANEXOS.- O modelo de solicitude referida nas bases será facilitada a través da páxina web: www.depo.es. 10.18130.- ADXUDICACIÓN DUNA BOLSA DE ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA OU FORESTAL CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora dunha Bolsa de Enxeñeiro Técnico Agrícola/Forestal, con destino á estación Fitopatolóxica do Areeiro, para a realización de tarefas de Diagnóstico Fitopatolóxico, de acordo coa Convocatoria e Bases aprobadas pola Xunta de Goberno, mediante Acordo nº 37.17801 adoptado o día 19 de febreiro de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, adxudicar esta Bolsa á aspirante que se relaciona a continuación, por obter a maior puntuación en base ós criterios establecidos nas bases: - Dna. María José García Fernández. Así mesmo, propóñense suplentes, para o caso de renuncia ou incompatibilidade, pola seguinte orde: Primeiro Suplente: Dona Ana Belén González Freijo. Segundo Suplente: D. José María Márquez Chantada. A dotación económica é de 1.200,00 €/mes, o que supón un total de 9.600,00 € para o exercicio 2010 con efectos 1 de maio de 2010 e por un período dun ano, a contar dende a tata na que adxudicatario comezará o seu desempeño, e poderá ser prorrogada por un único período dun ano, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por acordo da Xunta de Goberno, cantidade que se imputará á aplicación 413.413.481.01 do orzamento provincial. Así mesmo, de acordo co informe de Intervención de data 10 de febreiro de 2010, na aplicación proposta para imputar o gasto existe crédito dispoñible para o importe mencionado, quedando retido para tal fin por medio de documento RC, número de operación 201000006285. A aceptación e disfrute desta Bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para una posterior incorporación ou vinculación do Bolseiro ó citado Organismo. 11.18131.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN DE ENERXÍA ELÉCTRICA PARA OS CENTROS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E ÓS CONCELLOS ADHERIDOS A Unión Europea a través das Directivas 96/92/CE e 98/30/CE, promoveu a liberalización para o mercado interior da electricidade e o gas natural, do mesmo xeito que no seu día fíxose coa de transporte, telecomunicacións, e servizos postais. En España coa apertura dos mercados retallistas de electricidade e gas natural, dende o 1 de xaneiro de 2003, culmínase o proceso de liberalización. A Deputación en cumprimento das normas comunitarias, e de conformidade co previsto na Lei de contratos do sector público, incoa o correspondente expediente de contratación. O consumo estimado anual para todos os centros de Deputación é de 4.283.000Kw, cun importe de 602.316,00 euros, mentres que nos Concellos adheridos é de 67.960.000 Kw, cun importe de 11.553.200,00 euros. Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ten que rexer na contratación e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente, de data do 19 de febreiro de 2010, no que se pon de manifesto unha serie de recomendacións e observacións que xa foron emendadas. Considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración de enerxía eléctrica para todos os centros da Deputación e diversos Concellos. Os Concellos que se adheriron a este procedemento son os seguintes: Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, A Cañiza, Catoira, Cerdedo, Cotobade, Crecente, Cuntis, Forcarei, Fornelos de Montes, Illa de Arousa, Lalín, A Lama, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontecesures, Ribadumia, Rodeiro, O Rosal, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilanova de Arousa. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: -Autorizar o gasto con cargo ás aplicacións orzamentarias, correspondentes ós diferentes centros de Deputación, que se sinalan a continuación: CENTRO APLICACIÓN Pazo Provincial 10/920.920.221.00 Cidade Infantil “Príncipe Felipe” 10/232.232.221.00 Campamento “A Lanzada” 10/337.337.221.00 Sede Deputación Vigo 10/925.920.221.00 Castelo de Soutomaior 10/336.336.221.00 Parque móbil 10/928.920.221.00 Parque de maquinaria 10/456.453.221.00 Imprenta provincial 10/924.924.221.00 Estación Fitopatolóxica Areeiro 10/413.413.221.00 Museo Provincial de Pontevedra 10/333.221.00 Padroado de Turismo “Rías Baixas” 10/432.221.00 Escola de Canteiros 10/323.221.00 Oral 10/932.221.00 -Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o procedemento aberto como lei fundamental. -Iniciar o prazo de presentación de proposicións para dito procedemento, coa publicación do anuncio no Boletín Oficial da Unión Europea e cunha antelación mínima de cincuenta e dous días, ademais da súa publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia e Estado. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN CONXUNTA DA SUBMINISTRACIÓN DE ENERXÍA ELECTRICA NOS CENTROS DA DEPUTACIÓN E DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA. 1.- OBXECTO.- A subministración de enerxía eléctrica en baixa e media tensión nos centros da Deputación de Pontevedra, e nos seguintes Concellos que se adhiren ó concurso: A Lama Crecente Pazos de Borbén A Cañiza Cuntis Poio Arbo Forcarei Ponteareas As Neves Fornelos de Montes Pontecaldelas Baiona Illa de Arousa Pontecesures Barro Lalín Ribadumia Caldas de Reis Meis Rodeiro Cambados Moaña Salvaterra de Miño Campo Lameiro Mondariz Soutomaior Cangas Moraña Valga Catoira Mos Vila de Cruces Cerdedo Oia Vilaboa Cotobade O Rosal Vilanova de Arousa Nos anexos I e II especifícanse os lugares onde prestar a subministración e o consumo estimado. Trátase dunha licitación conxunta entre a Deputación e os Concellos referidos para a contratación da subministración de enerxía eléctrica, pero será individual a formalización cada contrato, sendo responsabilidade de cada unha das administracións a execución, resolución e demais prerrogativas propias da administración. A subministración deberase efectuar de acordo coas condicións mínimas establecidas no prego de prescricións técnicas que se une como anexo. 2.- FINANCIAMENTO.- A subministración de enerxía eléctrica dos centros da Deputación financiarase con cargo ás seguintes aplicacións: CENTRO APLICACIÓN Pazo Provincial 10/920.920.221.00 Cidade Infantil “Príncipe Felipe” 10/232.232.221.00 Campamento “A Lanzada” 10/337.337.221.00 Sede Deputación en Vigo 10/925.920.221.00 Castelo de Soutomaior 10/336.336.221.00 Parque móbil 10/928.920.221.00 Parque de maquinaría 10/456.453.221.00 Imprenta provincial 10/924.924.221.00 Estación Fitopatolóxogica Areeiro 10/413.413.221.00 Finca de Mouriscade 10/411.412.221.00 Museo Provincial de Pontevedra 10/333.221.00 Padroado de Turismo “Rías Baixas” 10/432.221.00 Escola de Canteiros 10/323.221.00 ORAL 10/932.221.00 As subministracións referentes ós Concellos financiaranse con cargo ás aplicacións habilitadas para tal fin nos mesmos. 3.- PAGAMENTO.- Os pagamentos das facturas aboaranse de maneira independente pola Deputación, os seus organismos dependentes, e por cada un dos Concellos referidos en función do seu propio consumo. A Deputación quedará exenta de toda responsabilidade relativa ó pagamento das facturas dos Concellos, ó ser contratos independentes tal e como se indica na cláusula décimo quinta. A empresa adxudicataria emitirá mensualmente, por triplicado, á Deputación, ós centros dependentes da mesma e ós Concellos especificados, as facturas por cada punto de subministración en que se deberá facer constar: -Datos da subministración. -Período de lectura. -Consumo de enerxía activa total. -Consumo de enerxía activa por cada período tarifario. -Consumo de enerxía reactiva total. -Potencia máxima demandada. -Potencia máxima demandadas por cada período tarifario. -Detalle e importe dos excesos de potencia e enerxía reactiva. -Importe da enerxía facturada. -IVE. -Gráfica da curva de carga horaria real. 4.- PRAZO DE DURACIÓN.- O contrato terá unha duración de dous anos a partir da data de formalización do contrato. Transcorrido o período de vixencia do contrato (2 anos), este poderase prorrogar por mutuo acordo das partes, ata un máximo de dous anos adicionais, de conformidade co que se establece no artigo 279 da Lei de contratos do sector público. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O consumo estimado anual para todos os centros da Deputación é de 4.283.000 kw, cun importe de 602.316,00 euros. O consumo estimado anual dos Concellos adheridos é de 67.960.000 kw, cun importe de 11.553.200,00 euros. En consecuencia, o prezo global do contrato non se pode establecer ó inicio do mesmo polas características especiais desta subministración, xa que está subordinado ó consumo efectivo de enerxía eléctrica por parte da Deputación e os Concellos. As cantidades correspondentes á estimación de consumo, reflectidas nos anexos, servirán unicamente como refire ás empresas licitadoras, non existindo compromiso algún de consumo de dita enerxía. O tipo de licitación establécese nos seguintes prezos máximos unitarios por kw-hora (€/Kwh) en subministracións de baixa e media tensión: Subministración en baixa tensión 0,1754 (€/Kwh). Subministración en media tensión 0,1406 (€/Kwh). Neste prezo incluiranse todos os elementos do custo da subministración eléctrica no mercado liberalizado que poidan xurdir ata no equipo de medida incluído este, así como todos os impostos que lle sexan de aplicación, e en especial estarán incluídos os seguintes conceptos: -Custo da enerxía eléctrica contratada e consumida (activa e reactiva). -Custo da potencia contratada. -Tarifas de acceso e peaxe ás redes de transporte e distribución. -Complemento en concepto de moratoria nuclear. -Composto especial sobre a electricidade. -Custos de verificación e medición. Nestes prezos que servirán de base á licitación non se incluirá o IVE. 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- O contrato que hai que celebrar cualifícase como contrato de subministración de conformidade co que se establece nos artigos 9 e 19 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Publico, de aquí en adiante LCSP. A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 do LCSP. En virtude do preceptuado nos artigos 13 e 15 do LCSP, o presente contrato está suxeito a regulación harmonizada, sendo susceptible de recurso especial en materia de contratación nos termos previstos no seu artigo 37 LCSP. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para ese fin (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato derívense ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- A empresa adxudicataria deberá constituír as seguintes garantías definitivas, equivalentes ó 5% dos importes estimados: -Para responder da subministración á Deputación Provincial e ós centros de ela dependentes 30.115,80 euros. A garantía deberá constituírse na caixa de depósitos da Deputación provincial. -Para responder da subministración ós Concellos adheridos, as seguintes cantidades: A Lama 6.970,00 € A Cañiza 11.050,00 € Arbo 11.900,00 € As Neves 13.600,00 € Baiona 24.650,00 € Barro 8.500,00 € Caldas de Reis 26.350,00 € Cambados 22.950,00 € Campo Lameiro 4.930,00 € Cangas 35.275,00 € Catoira 9.775,00 € Cerdedo 4.845,00 € Cotobade 6.800,00 € Crecente 7.225,00 € Cuntis 9.350,00 € Forcarei 8.500,00 € Fornelos de Montes 5.015,00 € Illa de Arousa 10.795,00 € Lalín 59.500,00 € Meis 15.606,00 € Moaña 22.950,00 € Mondariz 12.325,00 € Moraña 8.500,00 € Mos 29.325,00 € Oia 6.800,00 € O Rosal 13.600,00 € Pazos de Borbén 3.400,00 € Poio 30.600,00 € Ponteareas 17.850,00 € Pontecaldelas 15.300,00 € Pontecesures 10.200,00 € Ribadumia 10.200,00 € Rodeiro 7.650,00 € Salvaterra de Miño 9.350,00 € Soutomaior 12.750,00 € Valga 12.325,00 € Vila de Cruces 13.600,00 € Vilaboa 12.325,00 € Vilanova de Arousa 25.500,00 € Como a formalización do contrato levarase a cabo individualmente con cada Concello, a garantía definitiva deberá constituírse, individualmente, en cada un deles. As garantías poderán constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 do Lcsp e deberán ser acreditadas dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cubrir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. As garantías definitivas terán que ser ingresadas exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), durante un prazo de cincuenta e dous días naturais (artigo 143 LCSP), a partir da data do envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das comunidades Europeas e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación de plicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.- Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, en que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación conxunta da subministración de enerxía eléctrica nos centros da Deputación e diversos Concellos da Provincia. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, en que constaren as normas por que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, en que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades a que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) Autorización para a actividade de comercialización e estar inscritas no Rexistro Administrativo de Distribuidores, Comercializadores e Consumidores directos en mercado do MITYC e licenza para operar no mercado eléctrico nacional, de acordo coa Lei 54/1997 e modificacións posteriores. b) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. c) Relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado dos mesmos. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador en que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación conxunta da subministración de enerxía eléctrica nos centros da Deputación e diversos Concellos da Provincia. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.- Proposta de mellora na xestión de demanda e aforro de enerxía eléctrica, incluíndo un estudo con propostas de control e eficiencia, e medidas encamiñadas a optimizar o consumo, así como o asesoramento para a obtención de subvencións que outorguen os organismos competentes. 3.- Implantacións de medidas correctoras para mellor eficiencia enerxética das instalacións de edificios, colexios, pavillóns polideportivos, piscinas, iluminación público,etc. 4.- Características da xestión e control da facturación, atención ó cliente e asistencia técnica personalizada para a resolución de incidencias. Valorarase a existencia dun xestor para a Deputación e os Concellos participantes no contrato, así como a disposición de oficinas nos lugares onde se preste a subministración. 5.- Relación das melloras ofertadas, coa súa memoria técnica. Sobre C: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación conxunta da subministración de enerxía eléctrica nos centros da Deputación e diversos Concellos da Provincia. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10 - MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: -O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Xefe da Unidade de Mantemento da CIPF. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre “A”. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será trasladada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecida no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora en que se procederá, en acto público, á apertura do sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 25 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 12.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valorásense cun máximo de 40 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 1.- Proposta de mellora na xestión de demanda e aforro de enerxía eléctrica, incluíndo un estudo con propostas de control e eficiencia, e medidas encamiñadas a optimizar o consumo, así como o asesoramento para a obtención de subvencións que outorguen os organismos competentes, ata un máximo de 10 puntos. 2.- Implantacións de medidas correctoras para mellor eficiencia enerxética das instalacións de edificios, colexios, pavillóns polideportivos, piscinas, iluminación pública, etc, ata un máximo de 10 puntos. 3.- Características da xestión e control da facturación, atención ó cliente e asistencia técnica personalizada para a resolución de incidencias, ata un máximo de 10 puntos. Valorarase a existencia dun xestor para a Deputación e os Concellos participantes no contrato, así como a disposición de oficinas nos lugares onde se preste a subministración. 4.- Melloras ofertadas, ata un máximo de 10 puntos. Valorarase especialmente: • A non repercusión nas facturas mensuais dos excesos de potencia e enerxía se reactiva. • A instalación de equipos para a corrección do factor potencia. • A implantación de medidas correctoras para mellor eficiencia enerxética das instalacións de iluminación público. • Calquera outra que considere conveniente en relación coa subministración obxecto do presente contrato. 12.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”) Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 60 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Menor prezo ofertado, ata un máximo de 60 puntos. Avaliarase de acordo coa fórmula do Anexo III. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, as clasificará por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- O adxudicatario deberá formalizar un contrato con cada organismo dependente da Deputación e por cada un dos Concellos dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou en que así decídase voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 17.- REVISIÓN DE PREZOS.- A revisión de prezos terá lugar cando o contrato se executase, polo menos, no 20% do seu importe e transcorrese un ano dende a súa adxudicación. En consecuencia, o primeiro 20% executado e o primeiro ano de execución quedarán excluídos da revisión. O índice de referencia será o Índice de Prezos ó Consumo elaborado polo Instituto Nacional de Estatística, e a revisión non poderá superar o 85% de variación experimentada polo índice adoptado. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no sobre “A” de Documentos dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno retela no suposto de interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 20.- OBRIGAS DO CONTRATISTA.- O contrato deberá ser cumprido con estrita suxeición ás estipulacións contidas no prego de condicións administrativas e técnicas. A execución do contrato realizarase a risco e ventura do contratista, de conformidade co previsto no artigo 199 da LCSP. Calquera incidencia que xurda na execución do contrato, será resolta polo Organismo ou Concello afectado con quen se formalice o contrato. O contratista deberá cumprir, baixo a súa exclusiva responsabilidade, as disposicións vixentes en materia laboral, de seguridade social e de seguridade e hixiene no traballo, debendo ter ó seu cargo o persoal necesario para a realización do obxecto do contrato, respecto do que ostentará, a todos os efectos, a condición de empresario. A empresa adxudicataria subscribirá o correspondente contrato de acceso á rede coa sociedade distribuidora para permitir a posta a disposición da enerxía eléctrica nas instalacións obxecto do contrato. A empresa asume a representación de cada punto de subministración ante a sociedade distribuidora, establecendo coa mesma os contratos e pólizas precisas para contratar o acceso á rede, e realizando cantas xestións sexan necesarias para a resolución de conflitos que se puidesen acometer. 21.- RESPONSABILIDADE DANOS.- En caso de atraso ou incumprimento de calquera das condicións establecidas no prego de condicións, prescricións técnicas e no contrato, a administración poderá impor as penalidades contempladas na Lei de contratos, podendo incluso resolver o contrato cando se dean as causas previstas no artigo 206 LCSP, procedéndose en tal caso á incautación da garantía. 22.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- A responsabilidade da execución e resolución do contrato será propia de cada administración dende a formalización do mesmo. O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 E 275 do LCSP. 23.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, no referente á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 24.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de .....................con domicilio en..............................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á subministración de enerxía eléctrica nos centros da Deputación e diversos Concellos da Provincia comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, e polos seguintes prezos: Subministración en baixa tensión (€/Kwh). Subministración en media tensión (€/Kwh). Os anexos son os que seguen: ANEXO I CENTROS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NIS Descrición Tarifa Potencia Trafo Consumo Enerxía Ano Obsrv. 4977358 PRÍNCIPE FELIPE 1 X3.1 180 KW 800 KVA 563.000 KW 4977359 PRÍNCIPE FELIPE 2 X3.1 250 KW 800 KVA 522.000 KW 4990017 CENTRO VACACIONES A LANZADA X3.1 60 KW 200 KVA 118.000 KW 4979789 CASTELO SOUTOMAIOR X3.1 90 KW 200 KVA 32.000 KW 4977353 PAZO PROVINCIAL X3.1 110 KW 250 KVA 390.000 KW 4977631 FINCA MOURISCADE (LALIN) X3.1 50 KW 210.000 KW 7991780 ESCOLA DE CANTEIROS POIO X3.1 100 KW 250 KVA 192.000 KW 7324552 PATRONATO TURISMO RIAS BAIXAS Y30 65 KW 112.000 KW 4977365 PARQUE MAQUINARIA Y30 70 KW 66.000 KW 7220296 IMPRENTA PROVINCIAL Y30 20 KW 27.000 KW 4977416 ESTACION FITOPATOLOGICA AREEIRO 9,9 KW 240.000 KW 8220130 GARAXE PARQUE MOVIL C2.2 4,4 KW 2.600 KW 4977357 VIVENDA AMADO CARBALLO 1-2ºB C2.1 1,1 KW 2.700 KW 4977363 VIVENDA AMADO CARBALLO 1-10ºD C2.1 2,2 KW 500 KW 8124330 MUSEO 1 PASANTERIA 10 X3.1 100 KW 200.000 KW 8669214 MUSEO 2-SIERRA X6.1 400 KW 1.235.000 KW 7629461 ORAL – AVDA DE MARIN C2Z 40 KW 138.000 KW 8044468 ORAL-SANXENXO C2Z 13,2 KW 13.770 KW 4594415 ORAL-MARIN C2.2 4,4 KW 9.660 KW 7245101 ORAL- A ESTRADA C2J 5,5 KW 40.717 KW 8355300 ORAL-PORRIÑO B2J 5,75 KW 22.500 KW 7666875 ORAL-NIGRAN B22 4,4 KW 9.940 KW 8464038 ORAL-LALIN C2J 5,75 KW 57.237 KW 8516976 ORAL-PONTEVEDRA C2J 5,75 KW 35.215 KW 4434763 AMEIXEIRA-GONDOMAR C2.2 3,3 KW 900 KW 4977633 POLIGONO INDUST. LALIN Y30 18 KW 1.500 KW 4990038 QUINTANS 12-A ESTRADA C2.3 9,9 KW 1.243 KW 4979539 LEBORIZ-A CAÑIZA C2.3 9,9 KW 936 KW 784424201 CAMPO LAMEIRO C2.2 4,4 KW 4.862 KW 4977467 MONTERO RIOS 4 C3H 52,8 KW 35.000 KW TOTAL CONSUMO ANUAL 4.275.000 KW ANEXO II CONCURSO ELÉCTRICO CONCELLOS CONCELLO CONSUMO ANUAL KW IMPORTE ANUAL ESTIMADO FIANZA 5 % A CAÑIZA 1.300.000 KW 221.000 € 11.050 € A LAMA 820.000 KW 139.400 € 6.970 € ARBO 1.400.000 KW 238.000 € 11.900 € AS NEVES 1.600.000 KW 272.000 € 13.600 € BAIONA 2.900.000 KW 493.000 € 24.650 € BARRO 1.000.000 KW 170.000 € 8.500 € CALDAS DE REIS 3.100.000 KW 527.000 € 26.350 € CAMBADOS 2.700.000 KW 459.000 € 22.950 € CAMPO LAMEIRO 580.000 KW 98.600 € 4.930 € CANGAS 4.150.000 KW 705.500 € 35.275 € CATOIRA 1.150.000 KW 195.500 € 9.775 € CERDEDO 570.000 KW 96.900 € 4.845 € COTOBADE 800.000 KW 136.000 € 6.800 € CRECENTE 850.000 KW 144.500 € 7.225 € CUNTIS 1.100.000 KW 187.000 € 9.350 € FORCAREI 1.000.000 KW 170.000 € 8.500 € FORNELOS MONTES 590.000 KW 100.300 € 5.015 € ILLA DE AROUSA 1.270.000 KW 215.900 € 10.795 € LALIN 7.000.000 KW 1.190.000 € 59.500 € MEIS 1.836.000 KW 312.120 € 15.606 € MOAÑA 2.700.000 KW 459.000 € 22.950 € MONDARIZ 1.450.000 KW 246.500 € 12.325 € MORAÑA 1.000.000 KW 170.000 € 8.500 € MOS 3.450.000 KW 586.500 € 29.325 € O ROSAL 1.600.000 KW 272.000 € 13.600 € OIA 800.000 KW 136.000 € 6.800 € PAZOS DE BORBEN 400.000 KW 68.000 € 3.400 € POIO 3.600.000 KW 612.000 € 30.600 € PONTEAREAS 2.100.000 KW 357.000 € 17.850 € PONTECALDELAS 1.800.000 KW 306.000 € 15.300 € PONTECESURES 1.200.000 KW 204.000 € 10.200 € RIBADUMIA 1.200.000 KW 204.000 € 10.200 € RODEIRO 900.000 KW 153.000 € 7.650 € SALVATERRA 1.100.000 KW 187.000 € 9.350 € SOUTOMAIOR 1.500.000 KW 255.000 € 12.750 € VALGA 1.450.000 KW 246.500 € 12.325 € VILA DE CRUCES 1.600.000 KW 272.000 € 13.600 € VILABOA 1.450.000 KW 246.000 € 12.325 € VILANOVA AROUSA 3.000.000 KW 510.000 € 25.500 € TOTAL 67.960.000 KW 11.553.200 € 577.660 € ANEXO III Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 12.18132.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ELABORACIÓN DE DIAGNÓSTICOS COMERCIAIS E A IMPARTICIÓN DE ASESORAMENTO INDIVIDUALIZADO ÓS COMERCIANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (PLAN Á TÚA MEDIDA) Visto o escrito do Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, participando que a Deputación de Pontevedra, a través da súa área de comercio, e enmarcada dentro da liña estratéxica “Formación e cualificación do sector comercial” do Plan Director de Comercio, pretende levar a cabo un programa para elaboración de diagnósticos comerciais e prestación de asesoramento individualizado en Visual Merchandising ós comerciantes da Provincia, cuxo custo estímase na cantidade máxima de 76.271,19 € sen IVE. Visto o informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ten que rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Considerando o que se dispón nos artigos 34.1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo de 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da asistencia técnica para a elaboración de diagnósticos comerciais e a impartición de asesoramento individualizado ós comerciantes da Provincia de Pontevedra (Plan “A túa medida”). O orzamento de licitación para a execución deste contrato ascende á cantidade de setenta e seis mil douscentos setenta e un euros, con dezanove céntimos (76.271,19€), sen IVE. A cantidade máxima correspondente ó IVE ascende á contía de 13.728,81 €. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: - Autorizar o gasto por importe de 90.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 10/241.431.227.06 do vixente Orzamento Provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DUNHA ASISTENCIA TÉCNICA PARA A ELABORACIÓN DE DIAGNOSTICOS COMERCIAIS E A IMPARTICIÓN DE ASESORAMENTO INDIVIDUALIZADO ÓS COMERCIANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (PLAN “A TUA MEDIDA”) 1.- OBXECTO.- A elaboración de diagnósticos comerciais e a impartición de asesoramento individualizado en visual merchandising para os comerciantes da Provincia de Pontevedra. O contrato comportará a realización destas actuacións: - Elaborar os diagnósticos dos comercios visitados. Facer unha proposta de actuación individualizada e indicar ós comerciantes como levara a cabo. - Comprobar se os comerciantes tiveron en conta as indicacións propostas e valorar os resultados individualmente. - Presentación publica dos resultados da actividade. - Creación do material de difusión dos resultados da actividade. O contido mínimo deste contrato desenvólvese no prego de prescricións técnicas particulares. 2.- FINANCIAMENTO.- Realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/241.431.227.06 do vixente orzamento provincial. 3.- PAGAMENTO.- Efectuarase en tres pagamentos de igual importe, o primeiro unha vez enviadas as propostas creativas ós comercios, o segundo despois da formación e o último á finalización do contrato unha vez efectuada a presentación pública de resultados; mediante a presentación da factura pola empresa adxudicataria unha vez se da conformidade polos servizos técnicos da Deputación. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO.- O prazo total para a execución do contrato será dende a súa sinatura ata o 31 de decembro de 2010. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- Establécese na cantidade de setenta e seis mil douscentos setenta e un euros con dezanove céntimos, sen IVE (76.271,19 €). A cantidade correspondente ó IVE ascende á cantidade máxima de 13.728,81 €. 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 do LCSP. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispón os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. Para os efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para ese fin (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobramentos e pagamentos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 do LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. En caso de incumprir este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cubrir o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva terá que ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.- Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación en horario de 9 a 13 horas, (Sede Pontevedra, luns a sábado; Vigo, luns a venres), durante os 15 días naturais seguintes á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.- Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, en que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da asistencia técnica para a elaboración de diagnósticos comerciais e a impartición de asesoramento individualizado ós comerciantes da Provincia de Pontevedra.” Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fóra esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, en que constaren as normas por que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, en que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou no seu defecto, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades a que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, por que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo se é o caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varia empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ten que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Unha relación dos principais servizos ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador en que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da asistencia técnica para a elaboración de diagnósticos comerciais e a impartición de asesoramento individualizado ós comerciantes da Provincia de Pontevedra.” Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.- Descrición e proposta da campaña publicitaria e de difusión da actividade. 3.- Cronograma da actividade atendendo ás fases indicadas no prego de prescricións técnicas. 4.- Modelo de cheklist a utilizar na primeira visita. 5.- Modelo de diagnóstico comercial. 6.- Modelo de proposta creativa. 7.- Modelo de documentación que hai que utilizar para a formación in situ dos comerciantes. 8.- Modelo de cheklist a utilizar na visita de verificación. 9.- Método de traballo. 10.- Proposta para o evento de presentación de resultados. 11.- Proposta para a elaboración do material de difusión. 12.- Descrición detallada do perfil e experiencia profesional neste campo do equipo de traballo destinado á execución do contrato. Sobre C: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da asistencia técnica para a elaboración de diagnósticos comerciais e a impartición de asesoramento individualizado ós comerciantes da Provincia de Pontevedra.” Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre c daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10 - MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre “A”. No caso de que resulte preciso a emenda de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, por que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada os técnicos que se consideren oportunos, quen avaliásena e ponderaran seguindo criterios de valoración establecida no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora en que se procederá, en acto público, á apertura do sobre c da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres “C” daquelas empresas que obteñan unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 12.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”): Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valorásense cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: a) Proposta metodolóxica e planificación na realización dos traballos, ata un máximo de 25 puntos. b) Características dos recursos humanos e técnicos adscritos á realización dos traballos, ata un máximo de 15 puntos. c) Melloras, ata un máximo de 10 puntos. Valoraranse, entre outras, as seguintes melloras: -Elaboración dunha memoria técnica á finalización da actividade que recolla unha reportaxe fotográfica da primeira visita, a proposta creativa e unha reportaxe fotográfica da 2ª e 3ª visita a cada un dos comercios indicando as modificacións e melloras levadas a cabo. -A prestación de asesoramento on-line e telefónico ós comerciantes durante o tempo que dure o programa. 12.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”): Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Menor prezo ofertado, ata un máximo de 40 puntos. Prazo de execución, ata un máximo de 10 puntos. A valoración destes criterios realizarase seguindo a fórmula establecida no anexoI. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinente, avaliará as ofertas e en función dos criterios establecidos na base anterior, clasificaraas por orde decrecente, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presente a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, que se notificará ós candidatos e publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación (www.depontevedra.es). 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran quince días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel en que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decidan voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 17.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no sobre “A” de Documentos dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, non sendo que a administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta Administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 18.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 19.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos sexan ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, se é o caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos das tarefas de limpeza. 20.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos arts. 206 e 284 da LCSP. 21.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, no referente á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 22.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don..............., maior de idade, veciño de............., con domicilio en .................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación de ............con domicilio en................, teléfono............. segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á asistencia técnica para a elaboración de diagnósticos comerciais e a impartición de asesoramento individualizado ós comerciantes da Provincia de Pontevedra, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económicas administrativas particulares e de prescricións técnicas, polo prezo de: Prezo base______________ IVE___________________ Prezo total______________ Prazo de execución_______ (Data e sinatura do propoñente)” O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 13.18133.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA “PAVIMENTACIÓN E ACCESO ÓS NÚCLEOS DE LOIMIL E OUTROS (A ESTRADA)”. (PID/09/00713/2009002800) Entre as diferentes competencias que as Deputacións teñen encomendadas polas leis estatais e autonómicas, encóntrase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social, e en xeral a administración dos intereses peculiares da Provincia, así recóllese no artigo 36 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Como consecuencia da actual situación de crise económica e co fin impulsar medidas que a atenúen, o Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2009, acordou aprobar unhas bases reguladoras para un Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra para o período 2009-2011. Por medio deste Plan apróbase o investimento dunha cantidade de 70.000.000 de euros, que ten por obxecto aumentar o investimento público nos Concellos da Provincia de Pontevedra cunha poboación de 1.000 a 50.000 habitantes, por medio de concesión directa nos de poboación inferior a 1.000 e nas demais entidades locais da Provincia, e así intentar dinamizar a curto prazo a actividade económica incidindo directamente na creación de emprego. Resultando que polo Sr. Secretario, emítese informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento aberto para a adxudicación da obra estimándoo adaptado á lexislación vixente en materia de contratación. Visto o informe de fiscalización, emitido por Intervención, e considerando o que se dispón no artigo 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Autorizar o gasto por importe de 322.639,08 € que se financiará da forma que se establece a continuación: Anualidade Aplicación Importe 2009 2010.942.942.652.45.2009 322.639,08 Segundo.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento aberto. Terceiro.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, para a execución da obra de “Pavimentación e acceso ós núcleos de Loimil e outros.” (Estrada, A) por importe de douscentos setenta e oito mil cento trinta e sete euros con catorce céntimos (278.137,14 €), sen IVE, máis a cantidade de corenta e catro mil cincocentos un euros con noventa e catro céntimos (44.501,94 €) correspondente ó IVE. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda publicar o anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas, que rexerá o procedemento aberto, no Boletín Oficial da Provincia, e iniciar un prazo de vinte e seis días naturais, contado dende o día seguinte á publicación, para a presentación de proposicións para dito procedemento”. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “Recollida de pluviais na depuradora” (Vilagarcía de Arousa). CPV 45230000. 1. OBXECTO.- Execución da obra “Pavimentación e acceso ós núcleos de Loimil e outros (Estrada, A)”. A súa execución deberá realizarse suxeitándose ós proxectos técnicos que aprobou o órgano de contratación e que integran os documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e os artigos 125 ó 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos, considerados como parte integrante deste prego, teñen carácter contractual. 2. ORZAMENTO.- Segundo o anexo II deste prego. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material; comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación Provincial na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 2. Beneficio industrial; aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3. FINANCIAMENTO.- A obra financiarase de acordo co estipulado no anexo II. 4. PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar dende o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no anexo II. Os licitadores deberán presentar na proposta económica un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que se van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prórroga, proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 5. INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntaria. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e máis as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7. GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requirimento a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicarlles provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se lle concederá a este un prazo de dez días hábiles para formalizar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 8. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1. Lugar e prazo de presentación As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, de luns a sábado, ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro dun prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén poderanse presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º. Formalidades. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do licitador. CIF. Enderezo e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar o nome da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado acreditativo de posuír a clasificación empresarial que se establece no anexo II. Se a empresa se encontrase pendente de clasificación deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso debendo xustificar estar en disposición da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para emendar os defectos ou omisións na documentación. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso na prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social que impoñen as disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requirimento deba presentala, antes da adxudicación definitiva, o empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Nota importante: o acreditamento das circunstancias que mencionan nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas. Sobre B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selada polo representante legal da empresa. 2.- Memoria construtiva e programa de traballo. 3.- Melloras ofertadas. 4.- Memoria de seguridade e saúde. 5.- Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. Sobre C: documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1.- Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e o porcentaxe de control de calidade ofertado. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicado sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: O titular da corporación ou membro en quen delegue. VOCAIS: O secretario xeral. O interventor. O director de Infraestruturas. SECRETARIO: O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre “A”. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación que establece a cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Esta documentación trasladaráselles ós técnicos, que a avaliarán e a ponderarán segundo os criterios de valoración que estableza o prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres c daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoráranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das provisións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. NOTA MOI IMPORTANTE: Na documentación que se presente no sobre “B”, e en especial neste apartado, non poderase incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e su execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no sobre “C”. O incumprimento deste precepto acarreará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/o redución do prazo de execución ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar as mesmas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como melloras unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias o solucións técnicas que permitan a mesma Os técnicos, en base a documentación subministrada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real Decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.D. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e máis e das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento destas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Presentarase a proposta de cómo realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nas mesma. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías o contratista desenvolva no marco de proxectos de I+D+I que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Esta xustificación realizarase mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos Para este Programa valorásense as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE (77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais que utilizará o licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais que utilizará o licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre C) Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre“C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. - Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Excluirase para o cómputo desta media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a esta media, se calculará unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media se calculará sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b 1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 . Se b 2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b 2 > bm + 10 equivale a b 2 > b 1 + 20 porque bm = (b 1 + b 2 ) • n = 3: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ b 3 . Sexa b * m definida como: b * m = (b 2 + b 3 ) se b 1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b 1 >25 ou b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ bn . Se b 1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ b 1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos b * m = ( bl+1 + ...+ bm ) se b 1 < bm – 10 e l ≤ n-3. ( bn-2 + bn-1 + bn ) se b 1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b 1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación considere que a proposición non se poderá cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación unha vez considerada a xustificación do licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde na que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula undécima, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida levarse a cabo por ter esta valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran dez días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel no que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo este documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización 16.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es),o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requirimentos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art. 196.1 LCSP). Ó contratista indemnizará todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas. (art. 198.1 LCSP). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, ect. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegaralle á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, a efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se acompañará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade endebedada ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos estragos producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e perdas pola vía de prema. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fóra favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no sobre “A” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.-RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, se estará ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resolvidas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don.........................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ..................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa ....................... (CIF- núm. .......................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra). Comprométese a executala polo prezo de ___________ (en letra e número) euros, máis __________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. • % do control de calidade ofertado: (Data e sinatura do propoñente)” ANEXO I • P: prezo de licitación, • n: número de ofertas, • : valor das ofertas • : baixas absolutas ( ), • : baixas porcentuais con respecto a P ( ), • : baixas porcentuais, máxima e mínima, • : baixa porcentual media ( ), • : máxima valoración posible, • : máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas, • : valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e , • : valoración final da oferta i-ésima entre 0 e , Nota. Dato que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e, polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordó coas ofertas presenta 2. Valoración previa entre 0 e Unha puntuación inicial da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a cachos do xeito seguinte (ver a figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación – baixa nula- e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores 0 e : , • Se (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e : , 3. Valoración final entre 0 e En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse una alternativa de reescalado das valoracións previas para trasladar as puntuación sao intervalo , sumando a cada valoración previa una cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se , • Se . A valoración final das ofertas obtense agora do xeito seguinte (figura 1): Nótese que a puntuación máxima só se atinxe se a baixa máxima ( ) e igual ou superior ó 20% (figura 2). Nota.- No caso particular en que todas as ofertas son iguais ó prezo de licitación tense polo que as valoracións anteriores non son válidas (téñense división por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas una puntuación nula ( ). Na práctica, esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso, propoñemos dar una puntuación nula a todas as ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para valoración de ofertas 1. Definición de 2. Definición de S: • Se • Se 3. Valoración das ofertas cando . Para : • Se entón • Se entón 4. Valoración das ofertas cando • Para Anexo II “PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA OBRA “PAVIMENTACION E ACCESO ÓS NUCLEOS DE LOIMIL E OUTROS (A ESTRADA)” A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN.- Aberto. Trámite ordinario. B) ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO.- Tipo de licitación: 278.137,14 euros, sen IVE. IVE: 44.501,94 €. Total: 322.639,08 €. C) FINANCIAMENTO.- Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2009 2010.942.942.65245.2009 322.639,08 € D) PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS.- O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en tres meses, e a data cóntase dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo salvo que exista unha razón fundada que impida o seu comezo. E) GARANTÍAS.- Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. F) Clasificación.- Non se esixe. 14.18134.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA “RECOLLIDA DE PLUVIAIS NA DEPURADORA “VILAGARCÍA DE AROUSA”. (PID/09/00989/2009002305) Entre as diferentes competencias que as Deputacións teñen encomendadas polas leis estatais e autonómicas, encóntrase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social, e en xeral a administración dos intereses peculiares da Provincia, así recóllese no artigo 36 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do Réxime Local. Como consecuencia da actual situación de crise económica e co fin impulsar medidas que a atenúen, o Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 31 de xullo de 2009, acordou aprobar unhas bases reguladoras para un Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra para o período 2009-2011. Por medio deste Plan apróbase o investimento dunha cantidade de 70.000.000 de euros, que ten por obxecto aumentar o investimento público nos Concellos da Provincia de Pontevedra cunha poboación de 1.000 a 50.000 habitantes, por medio de concesión directa nos de poboación inferior a 1.000 e nas demais entidades locais da Provincia, e así intentar dinamizar a curto prazo a actividade económica incidindo directamente na creación de emprego. Resultando que polo Sr. Secretario, emítese informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá o procedemento aberto para a adxudicación da obra estimando adaptado á lexislación vixente en materia de contratación. Visto o informe de fiscalización, emitido por Intervención, e considerando o que se dispón no artigo 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Autorizar o gasto por importe de 378.197,00 € que se financiará da forma que se establece a continuación: Anualidade Aplicación Importe 2011 2011.942.942.65245 269.241,77 € 2010 2010.942.942.65245 108.955,23 € Segundo.- Aprobar o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá en dito procedemento aberto. Terceiro.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, para a execución da obra de “Recollida de pluviais na depuradora.” (Vilagarcía de Arousa) por importe de trescentos vinte e seis mil trinta e un euros con noventa céntimos (326.031,90 €), sen IVE, máis a cantidade de cincuenta e dous mil cento sesenta e cinco euros con dez céntimos (52.165,10 €) correspondente ó IVE. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda publicar o anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas, que rexerá o procedemento aberto, no Boletín Oficial da Provincia, e iniciar un prazo de vinte e seis días naturais, contado dende o día seguinte á publicación, para a presentación de proposicións para dito procedemento”. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “Recollida de pluviais na depuradora” (Vilagarcía de Arousa). CPV 45230000. 1. OBXECTO.- Execución da obra “Recollida de pluviais na depuradora (Vilagarcía de Arousa)”. A súa execución deberá realizarse suxeitándose ós proxectos técnicos que aprobou o órgano de contratación e que integran os documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e os artigos 125 ó 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos, considerados como parte integrante deste prego, teñen carácter contractual. 2. ORZAMENTO.- Segundo o anexo II deste prego. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. - Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material; comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación Provincial na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,72 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. Se non se oferta ningunha porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 2.- Beneficio industrial; aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3.- IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3. FINANCIAMENTO.- A obra financiarase de acordo co estipulado no anexo II. 4. PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar dende o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no anexo II. Os licitadores deberán presentar na proposta económica un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que se van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga, proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 5. INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntaria. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e máis as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7. GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requirimento a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicarlles provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se lle concederá a este un prazo de dez días hábiles para formalizar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 8. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1. Lugar e prazo de presentación. As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, de luns a sábado, ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro dun prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986804126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º. Formalidades. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do licitador. CIF. Enderezo e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar o nome da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, terá que ocupar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado acreditativo de posuír a clasificación empresarial que se establece no anexo II. Se a empresa se encontrase pendente de clasificación deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso debendo xustificar estar en disposición da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para emendar os defectos ou omisións na documentación. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso na prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social que impoñen as disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requirimento deba presentala, antes da adxudicación definitiva, o empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. Nota importante: o acreditamento das circunstancias que mencionan nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas. Sobre B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selado polo representante legal da empresa. 2.- Memoria construtiva e programa de traballo. 3.- Melloras ofertadas. 4.- Memoria de seguridade e saúde. 5.- Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. Sobre C: documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: - Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e o porcentaxe de control de calidade ofertado. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicado sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: O titular da corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: O Secretario xeral. O Interventor. O Director de Infraestruturas. SECRETARIO: O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre “A”. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación que establece a cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará as que se cualifiquen como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Esta documentación se trasladará ós técnicos, os cale a avaliarán e a ponderarán segundo os criterios de valoración que estableza o prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres “C” daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoráranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das provisións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. Nota moi importante: Na documentación que se presente no sobre “B”, e en especial neste apartado, non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e a súa execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no sobre “C”. O incumprimento deste precepto acarreará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/ou redución do prazo de execución ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar as mesmas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como melloras unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias o solucións técnicas que permitan a mesma Os técnicos, en base a documentación subministrada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos 1.-Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2.-Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real Decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3.-Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.D. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4.-Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5.-Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e máis e das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento destas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6.-Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Presentarase a proposta de cómo realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nas mesma. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se terá que definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7.-Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías que o contratista desenvolva no marco de proxectos de I+D+I que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Esta xustificación realizarase mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos Para este Programa valorásense as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE 1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais que utilizará o licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais que utilizará o licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (sobre C) Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre“C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. - Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Excluirase para o cómputo desta media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a esta media, se calculará unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media se calculará sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b 1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 . Se b 2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b 2 > bm + 10 equivale a b 2 > b 1 + 20 porque bm = (b 1 + b 2 ) • n = 3: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ b 3 . Sexa b * m definida como: b * m = (b 2 + b 3 ) se b 1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b 1 >25 ou b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ bn . Se b 1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ b 1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos b * m = ( bl+1 + ...+ bm ) se b 1 < bm – 10 e l ≤ n-3. ( bn-2 + bn-1 + bn ) se b 1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b 1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación considere que a proposición non se poderá cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación unha vez considerada a xustificación do licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde na que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, clasificará as proposicións presentadas, por orde decrecente, en función dos criterios establecidos na cláusula undécima, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e adxudicará provisionalmente o contrato ó licitador que presentase a que resulte economicamente máis vantaxosa. A adxudicación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa non procederá cando o órgano de contratación presuma fundadamente que a proposición non poida levarse a cabo por ter esta valores anormais ou desproporcionados. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada, notificándose ós candidatos e publicándose no perfil de contratante do órgano de contratación. 14.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A elevación a definitiva da adxudicación provisional non poderá producirse antes de que transcorran dez días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que se publique aquela no perfil de contratante da Deputación. Durante este prazo, o adxudicatario deberá presentar a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. A adxudicación provisional deberá elevarse a definitiva dentro dos dez días hábiles seguintes a aquel no que expire o prazo sinalado no parágrafo primeiro deste apartado, sempre que o adxudicatario presentase a documentación sinalada e constituído a garantía definitiva. 15.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo este documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización 16.-PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es),o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requirimentos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art. 196.1 LCSP) Ó contratista indemnizará todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas. (art. 198.1 LCSP). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, ect. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegaralle á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, a efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se acompañará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, se aboará a cantidade endebedada ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos estragos producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e perdas pola vía de prema. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fóra favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no sobre “A” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que houbesen interposto reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.-RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, se estará ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resolvidas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............, maior de idade, veciño de.........., con domicilio en ..............titular do DNI............., expedido en data..........., actuando en nome propio ou en representación da empresa .............. (CIF- núm. ..............) e con domicilio en ..........., teléfono.............. segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Enterado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra). Comprométese a executala polo prezo de ________ (en letra e número) euros, máis _______ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. • % do control de calidade ofertado: (Data e sinatura do propoñente)” O documento que se anexa é o seguinte: ANEXO I • P: prezo de licitación, • n: número de ofertas, • : valor das ofertas • : baixas absolutas ( ), • : baixas porcentuais con respecto a P ( ), • : baixas porcentuais, máxima e mínima, • : baixa porcentual media ( ), • : máxima valoración posible, • : máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas, • : valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e , • : valoración final da oferta i-ésima entre 0 e , Nota. Dato que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e, polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas son iguais ou maiores que cero. 5. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presenta 6. Valoración previa entre 0 e Unha puntuación inicial da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a cachos do xeito seguinte (ver a figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación – baixa nula- e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores 0 e : , • Se (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e : , 7. Valoración final entre 0 e En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse una alternativa de reescalado das valoracións previas para trasladar as puntuación sao intervalo , sumando a cada valoración previa una cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se , • Se . A valoración final das ofertas obtense agora do xeito seguinte (figura 1): Nótese que a puntuación máxima só se atinxe se a baixa máxima ( ) e igual ou superior ó 20% (figura 2). Nota.- No caso particular en que todas as ofertas son iguais ó prezo de licitación tense polo que as valoracións anteriores non son válidas (téñense división por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas una puntuación nula ( ). Na práctica, esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso, propoñemos dar una puntuación nula a todas as ofertas sempre que . 8. Fórmula completa para valoración de ofertas 1. Definición de 2. Definición de S: • Se • Se 3. Valoración das ofertas cando . Para : • Se entón • Se entón 4. Valoración das ofertas cando • Para Anexo II “PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA OBRA “RECOLLIDA DE PLUVIAIS NA DEPURADORA (VILAGARCIA DE AROUSA) A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN.- Aberto. Trámite ordinario. B) ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO.- Tipo de licitación: 326.031,90 euros, sen IVE. IVE: 52.165,10 € Total: 378.197,00 € C) FINANCIAMENTO.- Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2011 2011.942.942.65245 269.241,77 € 2010 2010.942.942.65245 108.955,23 € D) PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS.- O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en catorce meses, e a data cóntase dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo salvo que exista unha razón fundada que impida o seu comezo. E) GARANTÍAS.- Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. F) Clasificación.- Non se esixe. 15.18135.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DO SERVIZO DE XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “COÑECE A TÚA PROVINCIA 2010” A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 24 de febreiro de 2010 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, dos servizos de xestión, organización e desenvolvemento do programa “Coñece a túa Provincia 2010”. O número máximo de prazas ofertadas no programa é de 8.000, sendo o tipo de licitación por persoa participante de 24,14 € sen IVE. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación dos servizos de xestión, organización e desenvolvemento do programa “Coñece a túa Provincia 2010”, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 47 de data 10 de marzo de 2010. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 29 de marzo de 2010, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto”, procedendo á apertura os sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que pola Xefa do Servizo de Acción Social emítese informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B), obténdose os seguintes resultados: LICITADOR PUNTUACION (Sobre “B”) ANTARUXADA 26 SPORT TRAVEL SANXENXO 24 HALCON VIAJES 50 Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 20 de abril de 2010, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas, procedeu á apertura dos sobres “C”, presentados polas empresas que obtiveron unha puntuación da proposta técnica superior a 30 puntos, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo os seguintes resultados: Empresas Puntuación Sobre “B” Prezo ofertado Puntuación Sobre “C” TOTAL HALCON VIAJES S.A 50 19,63 € sen IVE 46,707 96,707 Á vista das puntuacións globais acadadas polas empresas, a Mesa de Contratación propón que se lle adxudique o contrato para a prestación do servizo de xestión, organización e desenvolvemento do programa “Coñece a túa Provincia 2010” á empresa Halcon Viajes, S.A. (CIF a-10005510), ó obter a maior puntuación tras a valoración dos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas económico-administrativas que rexeron este procedemento aberto. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de servizos, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a), onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. De conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno, acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente á empresa Halcon Viajes, S.A. (CIF A-10005510), o contrato para a prestación do servizo de xestión, organización e desenvolvemento do programa “Coñece a túa Provincia 2010”, polo seguinte prezo ofertado por persoa: Prezo sen IVE 19,63 €/participante IVE/7%) 1,37 €/participante Prezo total 21,00 €/participante O número máximo de prazas ofertadas no programa será de 8.000 prazas. O financiamento do programa efectuarase de acordo coa seguinte distribución: A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 15,00 euros por participante, ata un importe máximo de 120.000,00 euros. As persoas beneficiarias achegarán a cantidade restante, que será de 6,00 € por participante. A parte correspondente á Deputación, por importe de 120.000,00 euros, será financiado con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07. 2.- Conceder á empresa, un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, ó obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva por importe de 7.852, 00 euros, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. Así mesmo, deberá ingresar a cantidade de 119,35 euros en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). 16.18136.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA CONTRATAR A SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAL DE OFICINA NOS DISTINTOS SERVIZOS XESTORES DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E ORGANISMOS AUTÓNOMOS. A Xunta de goberno, en sesión do 17 de marzo de 2010, adxudicou provisionalmente a subministración de material de oficina nos distintos servizos xestores da Deputación de Pontevedra e organismos autónomos a Mª Luísa Costas Abeledo (Montes) (C.I.F.- 35.247.049 D) polos prezos unitarios que obran no expediente. Así mesmo, concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentará a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do Sector publico, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. A empresa adxudicataria constituíu, con data 14 de abril de 2010, número de operación 20100031756, a garantía definitiva na caixa da Deputación na forma que determina o art. 84 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, polo importe 3.275,86 euros. Considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do Rd 2568/86, do 18 de novembro e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente o procedemento aberto para contratar a subministración de material de oficina nos distintos servizos xestores da deputación de Pontevedra e organismos autónomos a Mª Luisa Costas Abeledo (Montes) (C.I.F.- 35.247.049 d) de acordo cos seguintes prezos unitarios: Produtos Prezos s/IVE Abrecartas cromado 23 cm o similar 0,920 Afialapis metal simple 0,085 Gomas elásticas varios tamaños bolsa de 100gr 0,460 Gomas elásticas varios tamaños bolsa de 1Kg 3,550 Arquivo definitivo Definiclas folio prolongado 0,540 Arquivador AZ Novoclas tamaño cuarto natural c/caixa 1,200 Arquivador AZ Novoclas tamaño cuarto apaisado c/caixa 1,200 Arquivador AZ Novoclas tamaño folio c/caixa 1,140 Arquivador color tamaño folio Pardo varias cores 3,250 Banderitas tipo Post-it index 1" varias cores 1,780 Barra pegamento 10 gr 0,220 Barra pegamento 20 gr 0,310 Barra pegamento 40 gr 0,520 Bolígrafo cristal "tipo Bic" ou equivalente (Varias cores) 0,170 Bolígrafo "tipo Pilot G2" ou equivalente (Varias cores) 0,860 Bolígrafo "tipo Pilot Vball" ou equivalente (Varias cores) 0,930 Aceite para destrutora bote de 350ml 2,980 Diluínte, bote de 20ml 0,750 Clips prateados nº 1,5 0,180 Clips prateados nº 2 0,190 Clips prateados nº 3 0,400 Tubo 12 minas 0,5 HB 0,660 Tubo 12 minas 0,7 HB 0,660 Bolígrafo "tipo Pilot BPGP" ou equivalente (Varias cores) 0,610 CD-R 80 minutos caixa de 10 4,800 Grampas cobreadas 23/6 0,310 Grampas cobreadas 22/6 0,310 Grampas cobreadas 24 0,650 Grampas cobreadas 27 0,900 Grampas para grampadora "Duax", caixa de 1000 ou similar 5,640 Caixa etiquetas 70x37 4,310 Caixa etiquetas 70x42,4 4,310 Caixa etiquetas 105x37 4,310 Caixa etiquetas 105x42 4,310 Caixa etiquetas 210x148 4,310 Lapis "tipo Staedtler Noris HB" ou equivalente 0,240 Lapis bicolor groso 0,610 Lapis con goma 0,270 Rotulador "tipo Edding 1200" ou equivalente (Varias cores) 0,310 Rotulador "tipo Edding 3000" ou equivalente (Varias cores) 1,080 Rotulador "tipo Pillot V liquid" ou equivalente (Varias cores) 0,920 Rotulador fluorescente (Varias cores) 0,410 Sobres 176x231 offset branco caixa de 500 15,950 Caixa transferencia tamaño folio 4,390 Caixa transferencia tamaño folio dobre 6,760 Calculadora 11,400 Calculadora Impresora 49,900 Carpeta canguro 4 argolas 16mm 1,490 Carpeta canguro 4 argolas 25mm 1,550 Carpeta canguro 4 argolas 40mm 1,770 Carpeta canguro 4 argolas 60mm 2,000 Carpeta c/gomas e solapas azul cartón brillo 0,950 Carpeta c/gomas sen solapas azul cartón mate 0,410 Carpeta 20 fundas "tipo Grafoplas Poliuro" ou equivalente 3,450 Carpeta 40 fundas "tipo Grafoplas Poliuro" ou equivalente 5,020 Ceras caixa de 12 ou similar 1,710 Carpeta parafusos A4 3,710 Carpeta parafusos A3 5,490 Carpeta gomas c/solapa 2,700 Portasinaturas Pardo 875 17,520 Carpeta proxecto c/gomas cartón brillo armada lombo de 5cm 1,340 Carpeta proxecto c/gomas cartón brillo armada lombo de 7cm 1,550 Carpeta proxecto c/gomas cartón brillo armada lombo de 9cm 1,800 Carpeta proxecto c/gomas cartón brillo armada lombo de 12cm 2,390 Carpeta proxecto broche armada lombo de 15cm 5,050 Carpeta colgante folio bicolor lombo V 240gr 0,280 Carpeta colgante folio prolongado bicolor lombo V 240gr 0,350 Cartabón Faber Castell 28 cm sen graduar 2,840 Canutillo plástico nº10 caixa de 100 3,000 Canutillo plástico nº12 caixa de 100 4,420 Canutillo plástico nº14 caixa de 100 5,200 Canutillo plástico nº22 caixa de 50 4,940 Canutillo plástico nº28 caixa de 50 7,580 Canutillo plástico nº45 caixa de 50 9,100 Cinta adhesiva 3M- 33x19 0,270 Precinto de embalaxe marrón 66x50 0,740 Precinto de embalaxe transparente 66x50 0,740 Cinta vermella para legaxos 5,800 Corrector líquido 20ml 0,900 Corrector en cinta 4,8 mm 1,700 Lapis corrector 1,280 Cortador de coitela pequeno 0,970 Cortador de coitela grande 1,450 Taco calendario anual 0,600 Dedil de goma varios tamaños 0,270 Portarolos cinta adhesiva 66 metros 2,900 Dossier fastener 0,330 Dossier con clip para 30 follas 0,890 Dossier con clip para 60 follas 1,010 Encadernador metálico 80 mm caixa de 100 3,580 Escalímetro triangular 30 cm 4,450 Escuadra s/graduar 28 cm 2,840 Espiral de arame 6 mm caixa de 100 3,760 Espiral de arame 12 mm caixa de 100 6,120 Espiral de arame 18 mm caixa de 100 10,940 Espiral de arame 26 mm caixa de 100 14,820 Espiral de arame 36 mm caixa de 100 20,230 Extraegrampas 0,350 Funda multitaladro folio con reforzo caixa de 100 3,520 Goma de borrar 0,070 Grampadora de tenaces 16,840 Grampadora sobremesa 6,180 Compas c/ alargadeira e adaptador universal 6,140 Caderno espiral folio 0,810 Caderno espiral 4º 0,440 Caderno espiral 8º 0,290 Pegamento de contacto 3gr 2,290 Papel 90 gr para plotter A1 paquete de 125 follas 20,700 Papel 90 gr para plotter A2 paquete de 250 follas 21,650 Papel vexetal 90/95 A4 paquete de 250 follas 8,740 Papel vexetal 90/95 A3 paquete de 250 follas 18,450 Cartulina A4 160 gr varias cores paquete de 250 5,760 Papel de color A4 80 gr varias cores paquete de 500 follas 5,760 Papel fotográfico 7,790 Portada encadernar transparente paquete de 100 5,720 Pilas AA blister de 4 2,870 Pilas AAA blister de 4 2,870 Pinza pala abatible 19 mm caixa de 12 0,340 Pinza pala abatible 32 mm caixa de 12 0,710 Pinza pala abatible 50 mm caixa de 12 1,800 Portada encadernar cartulina rugosa 0,8 mm paquete de 50 9,040 Portaclips magnético 1,070 Portatacos calendario pel 16,540 Portaminas 0,5 2,560 Portaminas 0,7 2,560 Portaminas 0,9 2,560 Rolo papel plotter 90 gr 0,610x50 m 5,380 Rolo papel plotter 90 gr 0,914x50 m 8,050 Rolo sumadora 56x5x65x12 mm paquete de 10 2,000 Rotulador permanente para CD 1,040 Índice alfabético A-Z 1,980 Bolsa acolchada nº12 0,110 Bolsa acolchada nº15 0,180 Bolsa acolchada nº18 0,270 Subcarpeta Pocket 0,270 Dossier uñero transparente caixa de 100 4,890 Taco de notas branco encolado 0,890 Taco de notas adhesivas 51x38 paquete de 12 1,180 Taco de notas adhesivas 51x76 0,580 Taco de notas adhesivas 76x76 0,190 Taco de notas adhesivas 76x127 0,270 Almofadiña "tipo Reiner type 4 N53/DN53/D53" ou equivalente 7,650 DVD 4,7 Gb terrina de 25 16,470 Tinta c/aceite azul 28ml 2,180 Tinta de selar azul 30 ml 0,880 Tesoira de oficina 25 cm 0,710 Portadas encadernar PVC 0,8 paquete de 100 14,470 Fastener metálico 0,040 Arandelas adhesivas caixa de 200 0,480 Bandexa apilable de sobremesa cromada 3,550 Bandexa apilable de sobremesa plástico 1,070 Cinta para rotuladora electrónica "tipo Dymo 19mm x 7m" ou similar 12,310 Cinta para rotuladora manual "tipo Dymo 9mm x 3 m" o similar 1,590 Clasificador folio cartón fol 20 dptos peche lazo 4,560 Disquette 3 1/2" HD formateado caixa de 10 1,740 Etiquetas redondas para CD 114 mm paquete de 50 4,850 Ficheiro tela verde para 1000 fichas de 100x150mm 6,040 Funda protectora individual paraCD con solapa de peche paquete de 10 0,870 Funda multitaladro tamaño A4 para 4 CD's 0,320 Grampadora para 60 follas ou similares 17,920 Máquina de precintar para cinta de 50 mm 3,250 Portalapis tipo cubo 0,530 Repousapulso de xel con alfombriña de rato 13,690 Repousapés ergonómico protección total 3M 57,350 Trade de oficina para 25 follas ou similares 15,640 Adhesivo spray reposicionable 400 ML. 9,810 Afialapis metal artes doble uso 0,180 Almofadiñas de tinta para numeradores e datadores automáticos (Varias cores) 3,600 Arquivo definitivo folio bl/ verde 0,510 Arquivo definitivo folio formatos marrón 1,160 Bandexa apilable cristal transparente 1,350 Banderita 1/2 "tipo index dispensador 140u." 3,140 Block espiral 16º cuadricula 80 h 0,200 Block notas 8º 80 h. Tapa vermella liso 0,380 Bolsa 10 fundas 1/8 para cd s 2 taladros 0,700 Caixa americana multiuso 410x360x280 c/asa 1,930 Caixa arquivo casette 12,900 Caixa arquivo cd 15,320 Caixa arquivo lp 26,460 Caixa arquivo single 20,890 Caixa estándar para cd pack de 10 und. 2,370 Caixa transferencia clasificadora con fol folio dobre 12,150 Carpeta cartón brillo folio c/gomas y 3 solapas negra 0,950 Carpeta colgante caixón a4 máster 0,410 Carpeta con pinza negra folio 2,390 Carpeta folio cartón coiro 4 argolas mixta 40 mm 1,130 Carpeta gomas con solapas verde polipropileno 0,590 Carpeta proxecto c/ broche (verde) 3,050 Carpeta proxectos lombo extensible verde 3,000 Chinchetas sinalizadoras caixa 15 sortidas 0,450 Cinta adhesiva 3m dobre cara 6mx12 c/portarrolo 1,410 Cinta adhesiva 3m 33x12 0,350 Cinta negro/transparente 10,910 Cinta 32x10m. Branco 14,010 Clips paxariña nº1 caixa 12 unidades grande 0,790 Clips paxariña nº2 caixa de 50 unidades pequeno 0,790 Cubo notas 76x76 450 follas pastel azul 3,950 Cubo 325 follas 76x76 neon 5 colores 2,780 Dossier uñero 31p a4 transparente 0,060 Dossier uñero lateral 30p folio azul 0,060 Escalímetro pardo 10 escalas 3,980 Espiral arame 14 mm negro 0,080 Espiral arame 16 mm negro 0,120 Espiral metálica 46 mm color negro 0,460 Etiqueta adhesiva branca 53x100 rolo 3,390 Etiqueta adhesiva branca a4 48,5x16,9 4,310 Etiqueta adhesivo extra-forte 105x37 c/ rectos 13,750 Etiqueta poliester prata inkjet / laser 45,7 x 21,2 11,750 Etiqueta opaca blister 25h. Cd/dvd 4,860 Etiqueta transparente poliester laser y fotocopiadora a4 10,190 Funda adhesiva cd/dvd c/solapa 130x130 0,260 Funda adhesiva para cd rom 126x126 (bolsa 6 uni.) 2,620 Funda antiestática lp (50u) 47,800 Funda cd 4 trades din a4 para 4 cd bolsa 5 unidades 1,610 Funda plástica portacarnet 63x90 0,050 Funda plástica saro uñero lateral f rojo 0,930 Funda plástica saro uñero lateral f transparente 0,360 Funda transparente a4 corte diagonal 4 trades 0,120 Fundas 78 rpm (25u) 58,000 Fundas lp (25u) 71,900 Goma borrar p/tinta 0,080 Grampadora clásica metal 11,620 Grampadora cromada 4,780 Grampas cobrizas nº 23 0,380 Grampas galvanizadas nº23 0,400 Grampas galvanizadas 22/6 24/6 1000 unds 0,340 Grampas galvanizadas 23/10 casco 1000 u. 0,870 Grampas galvanizadas nº 27 casco 1000 u. (27) 0,810 Grampas 44/8 p/modelo 100 5000 u. 4,530 Grampas 66/6 galvanizada caixa 5000 2,870 Follas papel vexetal 110/115 de 29,7x42 a-3 0,095 Lapis color carpinteiro 0,100 Lapis corrector "tipo np10 multi fluid" ou equivalente 1,280 Libro contable folio ctas-ctes 100h 6,810 Libro contable saída correspondencia 8,180 Masilla adhesiva azul 0,710 Pack de 5 caixas dvd dobre negro 3,210 Pack de 5 caixas dvd negro 2,840 Papel "tipo 4cc" ou equivalente 100gr a3 paquete 500 follas 10,800 Papel "tipo 4cc" ou equivalente 250gr a4 pqte 7,100 Papel fotocopiadora a4 80 grs pqte. 500 hj 2,250 Papel fotocopiadora multioffice a3 80 grs. Pqte. 500 h. 5,030 Papel bobina 110cm (kg) 2,120 Pila 9v plus (mn1604-6lr61) blister de 1 2,920 Pila d plus lr20 b/2 2,920 Pilas lr44 blister 2 unds 1,110 Pilas recargables aa blister 2 9,850 Pilas recargables aaa blister 2 unds 9,850 Portada branco a4 opaco 0,20- 180 micras 0,085 Portada din a3 negra 0,8 0,220 Portada opaco a4 negro 0,50 mm 0,110 Portada negro a4 opaco 0,20- 180 micras 0,085 Portada plástica cristal a3 200 mc 0,120 Portada polipropileno a4 verde 0,50 0,090 Portarrolos sobremesa 33 mts. 2,420 Printy entintaxe automático 47x18 7,350 Printy entintaxe automático 58x22 9,330 Printy fórmula comercial framun 4,350 Prolongador parafuso encadernador 2 cm 0,190 Rolo opaco plotter 914x45 mt 90 grs. 8,050 Rolo sumadora eléctrica 57x65x12 0,200 Sacagrampas de grosos 6,740 Selo color 18x47 entintaxe automático 5,750 Selo entintaxe automático 75x38 14,370 Subcarpeta folio 0,060 Taco notas 3m 76x102 0,980 Taco sobremesa calendario 0,600 Trade perforador leitz grande 2 punzóns p/65 follas 24,900 Trade prata 20h. 4,600 Tesoira oficina inox 0,390 Tinta selar 30 ml azul 0,520 Transparencias 3m p/desk-jet- c/50 h. 33,000 Visor cristal 0,060 O orzamento máximo estimado para este contrato é de sesenta e cinco mil cincocentos dezasete cincocentos dezasete euros con vinte e catro céntimos (65.517,24€), máis unha cantidade estimada de IVE de dez mil catrocentos oitenta e dous euros con setenta e seis céntimos (10.482,76 €). O contrato financiarase no ano 2010 con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e nas seguintes cantidades: ORGANISMO PARTIDA IMPORTE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 10/922.920.220.00 40.000 € ORAL 10/893.932.220.00 18.000 € IPESPO 10/815.156.220.00 1.000 € CANTEIROS 10/832.323.220.00 2.000 € MUSEO 10/833.333.220.00 10.000 € CAIXA DE ANTICIPOS 10/894.942.220.00 500 € ENFERMERIA 10/831.323.220.00 1.000 € TURISMO 10/843.432.220.00 3.500 € 17.18137.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA DE “PAVIMENTACIÓN E DOTACIÓN DE SERVIZOS NA E.P. 9406 GALLAS- ARMENTEIRA, TRAMO VILAR- ARMENTEIRA (MEIS)” A Xunta de Goberno, en sesión do 10 de Marzo de 2010, adxudicou provisionalmente a obra de “Pavimentación e dotación de servizos en E.P. 9406 Gallas-Armenteira, tramo Vilar-Armenteira (Meis)” á empresa NAROM, S.L. Así mesmo, concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentará a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do Sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Presentando a adxudicataria provisional a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra de “Pavimentación e dotación de servizos en E.P. 9406 Gallas-Armenteira, tramo Vilar-Armenteira (Meis)”, efectuada, en sesión do 10 de Marzo de 2010, a favor de NAROM, S.L. na suma de 200.948,28 €, máis 32.151,72 € correspondentes ó IVE, que oferta, ademais, un prazo de execución de catro meses, melloras valoradas en 9.724,43 € e o 3,00% do orzamento de execución material, correspondente á adxudicación da obra, para control de calidade. 18.18138.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MEAÑO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “DOTACIÓN DE SERVIZOS NA RÚA SANTA LUCÍA (E.P. 9303 DENA- MEAÑO)” Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. Con tal motivo preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Meaño para a execución da obra “Dotación de servizos en rúa Santa Lucía (E.P. 9303 Dena – Meaño)”. O custe total do convenio ascende á cantidade de catrocentos vinte e un mil setecentos corenta e sete euros con vinte e oito céntimos (421.747,28 €). Polo Secretario emítese informe favorable do proxecto do convenio de colaboración. Por Intervención emítese informe no que se participa que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto da anualidade 2010, efectuándose a correspondente retención de crédito. As anualidades de 2011 e 2012 contabilizaranse con cargo ás aplicacións correspondentes dos seus respectivos orzamentos, quedando condicionada á aprobación dos mesmos. Por todo o exposto, e vistas as observacións e recomendacións do informe de intervención, de data 20 de abril de 2010, e sendo a Xunta de Goberno ó órgano competente para aprobar o presente convenio en aplicación da base 16.2 das aprobadas para a execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Meaño para a execución da obra “Dotación de servizos na rúa Santa Lucía (E.P. 9303 Dena - Meaño). Dita aprobación queda condicionada a subsanación das salvedades sinaladas por intervención antes da aprobación do expediente de contratación. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MEAÑO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “DOTACIÓN DE SERVIZOS EN RÚA SANTA LUCÍA (E.P. 9303 DENA – MEAÑO)” No Concello de Meaño, a de de 2010 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. Jorge Domínguez Rosal, Alcalde-Presidente do Concello de Meaño, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. IV.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ambas as dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Meaño é a execución da obra “Dotación de servizos en rúa Santa Lucía (E.P. 9303 Dena – Meaño)”. O importe a que se refire o presente convenio ascende á cantidade de catrocentos vinte e un mil setecentos corenta e sete euros con vinte e oito céntimos (421.747,28 €). Segunda.- O importe a que se refire o presente convenio comprenderá todos os gastos que se derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do Proxecto. Terceira.- Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Meaño, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: Anualidades 2010 2011 2012 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra 137.526,29€ 96.268,40 € 82.515,77 € 316.310,46 € Concello de Meaño 45.842,10 € 32.089,47 € 27.505,25 € 105.436,82 € Total 183.368,39€ 128.357,87€ 110.021,02€ 421.747,28 € As cantidades a achegar polo Concello, que son un ingreso de dereito público, xerarán crédito na aplicación 10/456.453.612.02 debendo ingresar a cantidade correspondente á anualidade 2010 á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. As anualidades de 2011 e 2012 deberán ingresarse na Tesourería da Deputación no primeiro trimestre do exercicio correspondente, nos prazos de pago que se sinalan na liquidación que se notifique. No caso de falta de ingreso destas cantidades ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. Cuarta.- Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación dos proxectos, ou se produza un incremento ou diminución do seu custo, será financiado por ambas Institucións na mesma proporción. Quinta.- Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción da obra contemplada no proxecto técnico que serán financiadas, na súa anualidade 2010, con cargo á aplicación 10/456.453.612.02 do vixente orzamento provincial. As anualidades de 2011 e 2012 financiaranse con cargo ás aplicacións correspondentes dos exercicios futuros, quedando condicionadas á aprobación dos seus orzamentos. Sexta.- O Concello de Meaño obrígase a poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira, así como de obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. O Concello de Meaño deberá dar ó convenio a conveniente publicidade. Sétima.- O Concello comprométese ó mantemento do inmoble obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras. Oitava.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte o Presidente da Deputación Provincial e a Alcalde-Presidente do Concello de Meaño, ou persoas en quen deleguen e un Técnico de cada Entidade Local, que se reunirá dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas, na sede do Organismo requirido. Novena.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2012. Décima.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Undécima.- O presente convenio terá natureza administrativa e rexerase polas cláusulas do mesmo, pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e demais normas administrativas, debendo adxudicarse as obras de acordo coa Lei de Contratos do Sector Público e normas de desenvolvemento. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Rafael Louzán Abal Polo Concello de Meaño Jorge Domínguez Rosal” 19.18139.- RECTIFICACIÓN DO IMPORTE DO VEHÍCULO CITROËN CONCEDIDO Ó CONCELLO DE PONTEAREAS A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 24 de febreiro de 2009, acordou conceder ó Concello de Ponteareas un vehículo marca Citroën modelo Jumper 120 Combi Club 33 L2H2, con aire acondicionado e radio CD, con mandos ó volante, por un importe total de 34.035,00 €. A concesión enmárcase dentro do convenio subscrito entre a Deputación Provincial, Caixanova e Automóbiles Citroën España S.A. para a dotación de vehículos para o trasporte de persoas a Institucións sociais sen ánimo de lucro. De acordo con previsto nas bases da convocatoria, subscribiuse o correspondente convenio co Concello de Ponteareas, con data 1 de abril de 2009. Formalizada a compra do vehículo, a concesionaria de Citroën “Comercial Automoto, A.A.” presenta factura, unha vez efectuado o desconto correspondente á achega de Citröen, por un importe de 22.362,51 euros, que é inferior ó acordado pola Xunta de Goberno. Citroën por de manifesto que a factura é correcta, debido a modificacións experimentadas na gama destes vehículos, que variaron o prezo orixinal. A cantidade a achegar polo Concello, con este novo prezo, é de 7.454,17 euros, en vez dos 7.862,09 euros previstos inicialmente, polo que procedería se reintegrase ó Concello a cantidade de 407,92 euros, pero dado que é debedor a esta Deputación de 181.125,00 euros, procede compensar esta cantidade de conformidade co informe da Intervención provincial. Á vista destes antecedentes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar o acordo adoptado en sesión celebrada o día 24 de febreiro de 2009, no senso de que o prezo do vehículo, unha vez efectuado o desconto de Citroën é de 22.362,51 euros, polo que a achega do Concello é de 7.454,17 euros. Así mesmo, ó ser debedor, ó día de hoxe, o Concello de Ponteareas con esta Deputación Provincial por un importe de 181.125,00 euros, procede que a diferenza de 407,92 euros que había que devolverlles quede compensada. 20.18140.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚM. 20.17828 DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 24 DE MARZO DO 2010. Visto o acordo da Xunta de Goberno adoptado na súa sesión ordinaria do 24 de febreiro de 2010, punto 20.17828, en virtude do cal se aproba a concesión dunha axuda ó Concello de Lalín, CIF núm. P3602400H, para a realización do investimento núm. 2009002875, denominada “Subministración de zahorras para camiños rurais”, incluída no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, cun orzamento de 69.459,60 €. Resultando que se emite un informe do Servizo de Contratación no que se sinala que o obxecto do contrato non é subvencionable de acordo ás bases da convocatoria. Resultando que a consecuencia do antedito informe, o Concello de Lalín remite nova documentación solicitando o cambio de denominación do investimento e xustificando que a obra se executará cos medios propios do Concello. Visto o informe favorable emitido polo Servizo de Cooperación, no que se propón o cambio na denominación do investimento pola nova nomenclatura “Mellora de camiños rurais” e a modificación da aplicación orzamentaria á que se debe imputar o gasto en atención á execución pola Administración. Considerando o disposto na base décimo terceira das bases da convocatoria do PID/09-11, que faculta ó presidente para resolver aqueles casos problemáticos ou situación excepcionais non previstos, en relación coa licitación, que poidan xurdir no desenvolvemento do Plan, e no artigo 24 da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público en relación á execución da obra pola Administración. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º- Aprobar o cambio na denominación do investimento, polo que onde dicía “Subministración de zahorras para camiños rurais”, debe dicir “Mellora de camiños rurais”. 2º.- Corrixir a aplicación orzamentaria á que se debe imputar o gasto, de xeito que onde di 2010/942.942.652.45, debe dicir 2010/942.942.762.00. 3º.- De conformidade co disposto na base décimo terceira do Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra 2009-2011, que faculta ó presidente para resolver aqueles casos problemáticos e situación excepcionais non previstas, en relación coa licitación, que poidan xurdir no desenvolvemento do Plan, autorízase ó Concello de Lalín para executar a obra cos seus propios medios, coas seguintes obrigas para a xustificación e o pagamento desta axuda e sen prexuízo de calquera outro requisito que se desprenda da lexislación aplicable: 1. O investimento deberá estar executado antes do 31/10/2011, e xustificado antes de tres meses dende o seu remate e, en todo caso, antes do 31/12/2011, de non facelo así procederase á anulación da axuda concedida. No caso de solicitar unha ampliación do prazo establecido para a súa xustificación, deberá facelo constar formalmente e por escrito motivado antes de que finalice o prazo de xustificación. En ningún caso a ampliación poderá exceder da metade do prazo inicial. 2. A axuda concédese para executar o investimento citado e non se poderá cambiar o seu destino nin a cantidade tal e como se recolle no artigo 30 da Lei 38/03, xeral de subvencións, agás que se solicite a súa modificación mediante escrito razoado antes do 30/06/2011. 3. Para recibir a subvención concedida, cómpre presentar no rexistro da Deputación os seguintes documentos: a. Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade do proxecto ou investimento, con expresada mención dos resultados obtidos, xustificación das obrigas impostas e indicación de se se cumpriron os obxectivos propostos. b. Conta xustificativa dos gastos. c. Certificación/s da obra ou ben facturas orixinais ou compulsadas do gasto efectuado. d. Certificación do Secretario ou do Interventor (ou funcionario competente) acreditativo de que os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron ó investimento subvencionado, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, se se considera oportuno, os xustificantes correspondentes. e. Declaración do Concello que acredite que se lle dou publicidade ó investimento subvencionado, facendo constar a colaboración da Deputación – Servizo de Cooperación. f. Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou de recibilas nun futuro, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. g. Declaración responsable de terse realizado o investimento de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención. 4. Os servizos técnicos da Deputación de Pontevedra, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. O resto do acordo da Xunta de Goberno adoptado na súa sesión ordinaria do 24 de febreiro de 2010, punto 20.17828 permanecerá invariable. 21.18141.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚM. 14.18041 DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 31 DE MARZO DE 2010 Detectado un erro no acordo núm. 14.18041 adoptado pola Xunta de Goberno o día 31 de marzo de 2010, en virtude do cal se aproba a concesión dunha subvención ó Concello de Campo Lameiro para a realización do investimento, núm. 2009002560, denominado “Ensanches en Couso e Mullerboa”, de conformidade co disposto no artigo 105.1 da Lei 30/92 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Corrixir o erro no acordo núm. 14.18041 de xeito que: Onde di: “A presente subvención contabilizarase, respectivamente, con cargo ás aplicacións orzamentarias 10/942.942.652.45.2009 e 10/942.942.652.45, nas que existe crédito para facer fronte a este gasto.” Debe dicir: “A presente subvención, no exercicio 2010, contabilizarase con cargo á aplicación 2010.942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Así mesmo, a anualidade do 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento.” 22.18142.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota