Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2010-05-12_Ordinaria. Acta de sesión 2010/05/12_Ordinaria
Acta de sesión 2010/05/12_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.537/1.2010-05-12_Ordinaria
Título Acta de sesión 2010/05/12_Ordinaria
Data(s) 2010-05-12 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte e cinco minutos do día doce de maio do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. Jesús Vázquez Almuíña e D. Perfecto Rodríguez Muíños. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados Dna. Mª Teresa Pedrosa Silva e D. Silvestre José Balseiro Guinarte. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18197.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 5 de maio de 2010. 2.18198.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILABOA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002458, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN E REASFALTADO DE PISTAS MUNICIPAIS EN RIAL E CASALDESANTA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002458, denominado “Pavimentación e reasfaltado de pistas municipais en Rial e Casaldesanta” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Vilaboa con CIF núm. P3605800F, a cantidade de cento vinte mil oitenta e catro euros con corenta e nove céntimos (120.084,49 €), para a realización do investimento núm. 2009002458, denominado “Pavimentación e reasfaltado de pistas municipais en Rial e Casaldesanta”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 120.084,49 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Na aplicación 10/942.942.652.45.2009 existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 3.18199.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILABOA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2009002460, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN, REASFALTADO E SANEAMENTO DA PISTA DE SAGUIUNCHOS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002460, denominado “Pavimentación, reasfaltado e saneamento da pista de Saguiunchos” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Vilaboa con CIF núm. P3605800F, a cantidade de noventa e catro mil oitocentos nove euros con trinta e un céntimos (94.809,31 €), para a realización do investimento núm. 2009002460, denominado “Pavimentación, reasfaltado e saneamento da pista de Saguiunchos”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 94.809,31 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Na aplicación 10/942.942.652.45 existe crédito para facer fronte a este gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 4.18200.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN Dada conta das comunicacións do Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Pazos de Borbén, de datas 24 de xullo de 2009 (rexistros de entrada núm. 28870 e 17712, de datas 29/07/2009 e 26/04/2010, respectivamente), polas que se remiten copias e planos do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Pazos de Borbén, a efectos de informe por parte desta Deputación, en relación coas estradas provinciais, e Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provincias. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Técnico Xefe da zona sur, de data 4 de maio de 2010, e con visto e prace de Sr. Director de Infraestruturas en funcións, no que manifesta, entre outros: “… pola presente e de acordo co disposto no artigo 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, emítese o seguinte: INFORME ANTECEDENTES DE FEITO Primeiro.- Encontrándose en trámite o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Concello de Pazos de Borbén, solicítase informe do Servizo de Infraestruturas relativo ás distintas estradas provinciais que discorren polo citado Concello. Segundo.- Unha vez examinada a documentación remitida as vías provinciais que discorren total ou parcialmente polo seu termo municipal son as seguintes: • E.P. 2701 PAZOS – HERMIDA, con 3.098 metros de trazado que discorren integramente polo termo municipal de Pazos de Borbén. • E.P. 2702 AMOEDO – OS VALOS cunha lonxitude de 8.048 metros, que discorre polos termos municipais de Pazos de Borbén e Redondela. • E.P. PAZOS – PUENTEAREAS, con 15.078 metros de trazado que discorren polos concellos de Pazos de Borbén e Ponteareas. • E.P. 2704 SEQUEIROS – BORBÉN, con 1.144 metros de trazado que discorren integramente polo termo municipal de Pazos de Borbén. • E.P. 2705 PAZOS – BORBÉN con toda a súa lonxitude, 2.593 metros, que discorre integramente polo termo municipal de Pazos de Borbén. • E.P. 2908 ARCADE – AMOEDO, con 12.906 metros de trazado que discorren polos concellos de Pazos de Borbén e Soutomaior. • E.P. 2907 REDONDELA – CEPEDA cunha lonxitude de 6.031 metros e que discorre polos termos municipais de Pazos de Borbén e Redondela. • E.P. 4301 RIOFRIO – BORBÉN con 9.553 metros de trazado que discorren polos concellos de Mondariz e Pazos de Borbén. TRATAMENTO TÉCNICO E FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro.- De acordo co disposto no parágrafo 4 do artigo 15 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, “Acordada a redacción … dun instrumento de planeamento que afecte a estradas, o organismo competente para outorgar a súa aprobación inicial deberá enviarlles, con anterioridade a dita aprobación, o correspondente documento ás Administracións titulares das estradas afectadas para que emitan, no prazo dun mes e con carácter vinculante, informe comprensivo das suxestións que estimen convenientes”. Segundo.- Definidos na parte expositiva do presente informe os viais que discorren total ou parcialmente polo termo municipal de Pazos de Borbén, é preciso realizar as seguintes suxerencias: a) O novo Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Pazos de Borbén deberá respectar as normas que, en relación ás limitacións da propiedade, establece a Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia e a Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais. b) En consecuencia os peches deberán situarse a un mínimo de dous metros medidos dende o límite exterior da zona de dominio público, respectando en todo caso os 6,30 metros medidos dende o eixe da estrada. c) Respecto ás edificacións e segundo establece o artigo 35 la Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, a distancia quedaría fixada a sete (7) metros medidos dende a aresta exterior da explanación nas estradas provinciais da rede secundaria e a 9,50 metros medidos dende a citada aresta nos viais da rede primaria, pero non a menos de 11,30 e 13,80 metros respectivamente medidos dende o eixe, independentemente das características xeométricas actuais, non coincidentes entre si, das distintas estradas provinciais o seu paso polo municipio. Terceiro.- No novo Plan Xeral de Ordenación Municipal deberán quedar definidos os tramos de estradas provinciais que discorren integramente por solo cualificado como urbano polo correspondente instrumento de planeamento urbanístico. Cuarto.- Así mesmo deberán delimitarse os tramos de estradas provinciais que poidan ter a consideración de travesías de acordo co disposto no artigo 52.3 da Lei de Estradas de Galicia, debendo crearse a tales efectos unha comisión integrada por representantes da Deputación Provincial de Pontevedra e do Concello de Pazos de Borbén. Quinto.- O Concello de Pazos de Borbén proporá, se o considera oportuno, un listado de estradas provinciais que, polo seu carácter urbano ou localista, son susceptibles de ser transferidas á Corporación municipal, proposta que será obxecto de análise por parte dos técnicos do Servizo de Infraestruturas da Deputación Provincial de Pontevedra. Sexto.- En relación á ampliación dos núcleos de poboación exposta no documento, emítese informe favorable sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores respecto da liña de peche e edificación.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión ó Concello de Pazos de Borbén. 5.18201.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.18202.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE COVELO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002795, DENOMINADA “DOTACIÓN DE SERVIZOS E MELLORA DE RODADURA EN MACEIRA CAMPELO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002795, denominado “Dotación de servizos e mellora de rodadura en Maceira Campelo”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Covelo a cantidade de 111.812,40 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002795, denominado “Dotación de servizos e mellora de rodadura en Maceira Campelo”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 4.380,89 euros Exercicio 2010: 58.777,03 euros Exercicio 2011: 48.654,48 euros A presente subvención, nos exercicios 2009 e 2010, contabilizarase con cargo ás aplicacións orzamentarias, respectivamente, 10/942.942.652.45.2009 e 10/942.942.652.45 nas que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 7.18203.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DAS NEVES PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002657, DENOMINADA “MELLORA DE CAMIÑOS EN BATALLÁNS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento, núm. 2009002657, denominado “Mellora de camiños en Batalláns, As Neves”, e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello das Neves a cantidade de 65.633,47 euros, para a realización do investimento, núm. 2009002657, denominado “Mellora de camiños en Batalláns, As Neves”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 10.000,00 euros Exercicio 2011: 55.633,47 euros A presente subvención, no exercicio 2010, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 8.18204.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SOUTOMAIOR PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2009002472, DENOMINADA “MÓDULOS PISTA DE SKATE”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2009002472, denominado “Módulos pista de skate” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Soutomaior con CIF núm. P3605300G, a cantidade de sesenta e oito mil oitocentos corenta e un euros con trinta e seis céntimos (68.841,36 €), para a realización do investimento núm. 2009002472, denominado “Módulos pista de skate”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 68.841,36 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Na aplicación 10/942.942.652.45.2009 existe crédito para facer fronte a este gasto. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 9.18205.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MEIS PARA EXECUCIÓN DA OBRA “CONSTRUCIÓN DUN CENTRO SOCIAL EN SAN SALVADOR DE MEIS” INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Dada conta do Proxecto de Convenio entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Meis para a execución da obra “Construción dun centro social en San Salvador de Meis”, incluída no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica entre ambas administracións, posibilitar a creación dun centro de reunión, información social e entretemento, con equipamentos de carácter polivalente e dotado das estruturas e dos recursos precisos para dar soporte ás prestacións básicas e o desenvolvemento de programas e servizos dirixidos ós veciños da parroquia de San Salvador de Meis e, cuxo orzamento, segundo o proxecto presentado, ascende a cantidade de cento sesenta e dous mil douscentos cincuenta euros (162.250,00€). Vistos os informes elaborados polo Secretario e a Intervención desta Deputación , a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Meis para a execución da obra “Construción dun centro social en San Salvador de Meis”, incluída no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011. O financiamento do obxecto do convenio, distribúese segundo o seguinte esquema: 2009 2010 2011 TOTAL PID Concorrencia Competitiva 12.000,00 40.000,00 38.000,00 90.000,00 PID Concesión directa 0,00 0,00 36.125,00 36.125,00 Concello de Meis (22,27%) 0,00 36.125,00 0,00 36.125,00 Investimento 12.000,00 76.125,00 74.125,00 162.250,00 Respecto das cantidades do PID-Concorrencia Competitiva, serán con cargo á cantidade concedida ó Concello de Meis pola Deputación a través do Plan de Investimentos 2009-2011 (R.P. núm. 12451 de data 28 de setembro de 2009). As cantidades de 2009 e 2010 son imputables, respectivamente, ás aplicacións 2010.942.942.652.45.2009 e 2010.942.942.652.45, nas que existe crédito para facer fronte o gasto. A anualidade de 2011 se imputará a aplicación correspondente quedando condicionada á aprobación de seu respectivo orzamento. A cantidade do PID-Concesión directa, 36.125,00€, será imputable á aplicación do seu correspondente orzamento, que será no seu caso 2011.942.942.652.45. A achega do Concello de Meis, 36.125,00€, que supón un ingreso de dereito público, xerará crédito na aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45. Coas particularidades sinaladas respecto o financiamento do investimento e os aspectos orzamentarios, o texto do convenio é o transcrito a continuación: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MEIS PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “CONSTRUCIÓN DUN CENTRO SOCIAL EN SAN SALVADOR DE MEIS”, INCLUIDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 En Pontevedra, a XX de maio de 2010 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. E D. José Luis Pérez Estévez, na súa condición de Alcalde do Concello de Meis, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que, por outra banda, segundo dispoñen os artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladoras das bases de Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 xullo, de Administración Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. IV.- Que a Deputación de Pontevedra, consciente do auxe e relevancia das funcións que en materia e cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica do seu territorio lle atribúe a lexislación vixente, e o Concello de Meis amosan a súa firme vontade de aunar vontades e esforzos que optimicen os recursos existentes, na medida que os seus orzamentos llo permitan, así como o uso de cantas medidas sexan necesarias para garantiren a correcta prestación dos servizos do citado Concello no ámbito cultural e social. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ambas as dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Meis é a construción dun Centro Social en San Salvador de Meis, cun custo de cento sesenta e dous mil douscentos cincuenta euros (162.250,00 €). Segunda.- O importe a que se refire o presente convenio comprenderá todos os gastos que se derivan da obra a realizar, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. Terceira.- Os investimentos necesarios para a realización da citada obra serán financiadas coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Meis, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: 2009 2010 2011 TOTAL Deputación de Pontevedra (C.C.) 12.000,00 40.000,00 38.000,00 90.000,00 Deputación de Pontevedra (L.D) 0,00 0,00 36.125,00 36.125,00 Concello de Meis 0,00 36.125,00 0,00 36.125,00 Investimento 12.000,00 76.125,00 74.125,00 162.250,00 A cantidade a achegar polo Concello de Meis, ingreso de dereito público, xerará crédito na aplicación correspondente, debendo ingresar a cantidade correspondente ó exercicio 2010 á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. No caso de falta de ingreso desta cantidade ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. No caso de que se produza unha baixa na adxudicación, unha modificación ou revisión de prezos do contrato, aplicarase ou financiarse nas mesmas porcentaxes das achegas iniciais das entidades. Cuarta.- Á Deputación de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico, que serán financiadas con aplicación ás anualidades do Plan de Investimentos da Deputación 2009- 2011, con cargo ás aplicacións orzamentarias, nos exercicios 2009 e 2010, 2010.942.942.652.45.2009 e 2010.942.942.652.45. Asemade a achega do exercicio 2011, imputarse á aplicación correspondente, que será no seu caso 2011.942.942.652.45 quedando condicionada á aprobación do respectivo orzamento. Quinta.- O Concello de Meis obrígase a poñer a disposición da Deputación, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución da obra relacionada na cláusula primeira, así como a obter as correspondentes licenzas e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Sexta.- Unha vez recepcionada a obra pola Deputación, realizarase un acto formal de entrega da mesma ó Concello de Meis. Sétima.- O Concello de Meis deberá darlle difusión ó financiamento obtido mediante unha adecuada publicidade de carácter público. Oitava.- Calquera medida que se adopte respecto ó presente convenio será aprobada polo órgano competente de goberno dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado á Deputación, no prazo de dez días dende a súa adopción, coa finalidade de que no prazo de outros dez días se poidan formular as alegacións que se estimen oportunas, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Novena.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha comisión de seguimento da que forman parte os asinantes ou persoas en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados, que se reunirán no prazo de tres días, a contar dende a petición expresa por calquera das partes, na sede do organismo requirido. Décima.- O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de outubro de 2012. Décimo primeira.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décimo Segunda.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á Xurisdición Contencioso-Administrativa na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o seu incumprimento ou a súa interpretación. Décimo Terceira.- Será de aplicación o presente convenio a seguinte normativa: - Bases Reguladoras da Execución do Orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2010, así como as que se aproben para o exercicio 2011 e 2012. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Lei, 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local - Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. - Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. - Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. - Demais normativa de aplicación a este convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación de Pontevedra, Polo Concello de Meis, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. José Luis Pérez Estévez” 10.18206.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MEIS PARA EXECUCIÓN DA OBRA “CONSTRUCIÓN DUN CENTRO SOCIAL EN VILANOVIÑA (PARADELA-MEIS)” INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Dada conta do Proxecto de Convenio entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Meis para a execución da obra “Construción dun centro social en Vilanoviña en Paradela de Meis”, incluída no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica entre ambas administracións, posibilitar a creación dun centro de reunión, información social e entretemento, con equipamentos de carácter polivalente e dotado das estruturas e dos recursos precisos para dar soporte ás prestacións básicas e o desenvolvemento de programas e servizos dirixidos ós veciños da parroquia de Vilanoviña en Paradela de Meis e, cuxo orzamento, segundo o proxecto presentado, ascende a cantidade de cento noventa mil euros (190.000,00€). Vistos os informes elaborados polo Secretario e a Intervención desta Deputación , a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Meis para a execución da obra “Construción dun centro social en Vilanoviña (Paradela – Meis)”, incluída no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011. O financiamento do obxecto do convenio, distribúese segundo o seguinte esquema: 2009 2010 2011 TOTAL PID Concorrencia Competitiva 41.441,82 53.282,34 23.681,05 118.405,21 PID Concesión directa 0,00 0,00 35.797,40 35.797,40 Concello de Meis (18,84%) 0,00 35.797,39 0,00 35.797,39 Investimento 41.441.82 89.079,73 59.478,45 190.000,00 Respecto das cantidades do PID-Concorrencia Competitiva, serán con cargo á cantidade concedida ó Concello de Meis pola Deputación a través do Plan de Investimentos 2009-2011 (R.P. núm. 12451 de data 28 de setembro de 2009). As cantidades de 2009 e 2010 son imputables, respectivamente, ás aplicacións 2010.942.942.652.45.2009 e 2010.942.942.652.45, nas que existe crédito para facer fronte o gasto. A anualidade de 2011 imputarase a aplicación correspondente quedando condicionada á aprobación de seu respectivo orzamento. A cantidade do PID-Concesión directa, 35.797,40€, será imputable á aplicación do seu correspondente orzamento, que será no seu caso 2011.942.942.652.45. A achega do Concello de Meis, 35.797,39€, que supón un ingreso de dereito público, xerará crédito na aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45. Coas particularidades sinaladas respecto o financiamento do investimento e os aspectos orzamentarios, o texto do convenio é o transcrito a continuación: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MEIS PARA A CONSTRUCIÓN DUN CENTRO SOCIAL EN VILANOVIÑA (PARADELA) En Pontevedra, a XX de maio de 2010 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. E D. José Luis Pérez Estévez, na súa condición de Alcalde do Concello de Meis, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que, por outra banda, segundo dispoñen os artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladoras das bases de Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 xullo, de Administración Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.-Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. IV.- Que a Deputación de Pontevedra, consciente do auxe e relevancia das funcións que en materia e cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica do seu territorio lle atribúe a lexislación vixente, e o Concello de Meis amosan a súa firme vontade de aunar vontades e esforzos que optimicen os recursos existentes, na medida que os seus orzamentos llo permitan, así como o uso de cantas medidas sexan necesarias para garantiren a correcta prestación dos servizos do citado Concello no ámbito cultural e social. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ambas as dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- O obxecto do presente convenio no marco da cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Meis é a construción dun Centro Social en Vilanoviña (Paradela - Meis), cun custo de cento noventa mil euros (190.000,00 €). Segunda.- O importe a que se refire o presente convenio comprenderá todos os gastos que se derivan da obra a realizar, sendo a cargo do Concello e excluídos do presente convenio os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. Terceira.- Os investimentos necesarios para a realización da citada obra serán financiadas coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Meis, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: Anualidade 2009 2010 2011 TOTAL PID Concorrencia Competitiva 41.441,82 53.282,34 23.681,05 118.405,21 PID Concesión directa 0,00 0,00 35.797,40 35.797,40 Concello de Meis (18,84%) 0,00 35.797,39 0,00 35.797,39 Investimento 41.441.82 89.079,73 59.478,45 190.000,00 A cantidade a achegar polo Concello de Meis, ingreso de dereito público, xerará crédito na aplicación correspondente, debendo ingresar a cantidade correspondente ó ano 2010, á sinatura do convenio e en todo caso antes da aprobación do expediente de contratación. No caso de falta de ingreso desta cantidade ou incumprimento de achegar a documentación requirida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. No caso de que se produza unha baixa na adxudicación, unha modificación ou revisión de prezos do contrato, aplicarse ou financiarase nas mesmas porcentaxes das achegas iniciais das entidades. Cuarta.- Á Deputación de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico, que serán financiadas con aplicación ás anualidades do Plan de Investimentos da Deputación 2009, 2010 e 2011. As anualidades 2009 e 2010 imputaranse ás aplicacións orzamentarias 10/942.942.652.45.2009 e 10/942.942.652.45, respectivamente. Asemade, a achega correspondente ó exercicio 2011 imputarase a aplicación que será no seu caso a 11/942.942.652.45, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. A cantidade do PID-Concesión directa, 35.797,40€, será imputable á aplicación do seu correspondente orzamento, que será no seu caso 2011.942.942.652.45 A achega do Concello de Meis, 35.797,39€, que supón un ingreso de dereito público, xerará crédito na aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45. Quinta.- O concello de Meis obrígase a poñer a disposición da Deputación, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución da obra relacionada na cláusula primeira, así como a obter as correspondentes licenzas e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. Sexta.- Unha vez recepcionada a obra pola Deputación, realizarase un acto formal de entrega da mesma ó Concello de Meis. Sétima- O Concello de Meis deberá darlle difusión ó financiamento obtido mediante unha adecuada publicidade de carácter público. Oitava.- Calquera medida que se adopte respecto ó presente convenio será aprobada polo órgano competente de goberno dándose traslado dunha certificación do acordo adoptado á Deputación, no prazo de dez días dende a súa adopción, coa finalidade de que no prazo de outros dez días se poidan formular as alegacións que se estimen oportunas, entendéndose, en caso contrario, a súa plena conformidade coa medida adoptada. Novena.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente acordo, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha comisión de seguimento da que forman parte os asinantes ou persoas en quen deleguen, asistidos polos asesores que consideren axeitados, que se reunirán no prazo de tres días, a contar dende a petición expresa por calquera das partes, na sede do organismo requirido. Décima.- O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de outubro de 2012. Décimo primeira.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décimo segunda.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, e quedando sometido á Xurisdición Contencioso-Administrativa na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o seu incumprimento ou a súa interpretación. Décimo terceira.- Será de aplicación o presente convenio a seguinte normativa: - Bases Reguladoras da Execución do Orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2010, así como as que se aproben para o exercicio 2011 e 2012. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Lei, 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local - Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. - Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. - Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. - Demais normativa de aplicación a este convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación de Pontevedra Polo Concello de Meis Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. José Luis Pérez Estévez” - ANULAR o acordo da Xunta de Goberno adoptado na súa sesión ordinaria de 24 de febreiro de 2010, punto 27.17835 e substituílo polo presente. 11.18207.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOAMENTO DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA Ó CONCELLO DE TUI PARA “GASTOS DE FUNCIONAMENTO DA ESCOLA DE MÚSICA”, APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 26/11/2008 Dada conta da xustificación da subvención concedida pola Xunta de Goberno de 26/11/08 ó Concello do Tui, con CIF: P-3605500-B, para “Gastos de funcionamento da Escola de Música” por un importe de 8.400,00 €, con cargo á partida 08/451.422.462.06, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por presentarse a mesma fóra do prazo establecido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 8.400,00 €, con cargo á aplicación 10/330.323.462.06.2008 do orzamento provincial. 12.18208.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOAMENTO DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA Ó CONCELLO DE TUI PARA “GASTOS DE FUNCIONAMENTO DA ESCOLA DE MÚSICA”, APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 09/12/2009 Dada conta da xustificación da subvención concedida pola Xunta de Goberno de 09/12/09 ó Concello do Tui, con CIF: P-3605500-B, para “Gastos de funcionamento da Escola de Música” por un importe de 9.166,00 €, con cargo á partida 09/451.422.462.06, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por presentarse a mesma fóra do prazo establecido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 9.166,00 €, con cargo á aplicación 10/330.323.462.06.2009 do orzamento provincial. 13.18209.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOAMENTO DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA Ó CONCELLO DE TUI PARA “GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO CONSERVATORIO DE MÚSICA” APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 26/11/2008 Dada conta da xustificación da subvención concedida pola Xunta de Goberno de 26/11/08 ó Concello de Tui, con CIF: P-3605500-B, para “Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música” por un importe de 23.820,00 €, con cargo á partida 08/451.422.462.04, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por presentarse a mesma fóra do prazo establecido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 23.820,00 €, con cargo á aplicación 10/330.323.462.04.2008, do orzamento provincial. 14.18210.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOAMENTO DA CONCESIÓN DUNHA AXUDA Ó CONCELLO DE TUI PARA “GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO CONSERVATORIO DE MÚSICA” APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 09/12/2009 Dada conta da xustificación da subvención concedida pola Xunta de Goberno de 09/12/09 ó Concello de Tui, con CIF: P-3605500-B, para “Gastos de funcionamento do Conservatorio de Música” por un importe de 16.995,00 €, con cargo á partida 09/451.422.462.04, e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por presentarse a mesma fóra do prazo establecido, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obriga mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 16.995,00 €, con cargo á aplicación 10/330.323.462.04.2009, do orzamento provincial. 15.18211.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA PARROQUIA DE SAN XOAN BAUTISTA DE ANGUDES DO CONCELLO DE CRECENTE Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “RESTAURACIÓN DO RETABLO MAIOR DA IGREXA PARROQUIAL, 1ª FASE”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 23/07/2008 E CONCEDIDA PRÓRROGA POLA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 18/02/2009 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 23/07/2008 unha subvención a favor da Parroquia de San Xoan Bautista de Angudes con CIF: Q-3600056-J, do concello de Crecente, por un importe de 1.275,00 €, para “Restauración do retablo maior da igrexa parroquial, 1ª fase” con cargo á partida 08/451.451.789.04, concédendoselle unha prórroga por acordo da Xunta de Goberno de data 18/02/2009, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 04/05/10, da citada Parroquia renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 16.18212.- RELACIÓN DE FACTURAS DE TREZZE PARA RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO Dada conta das facturas de TREZZE que a continuación se relacionan por un importe total de 14.797,77 € (IVE incluído) con cargo á aplicación 10/340.341.489.04 e visto o informe de Intervención no que, entre outros, se manifesta que é necesario a aprobación da tramitación de ditas facturas polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer a obrigación mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar as facturas citadas polo importe de 14.797,77 €, con cargo á aplicación 10/340.341.489.047 do vixente orzamento provincial. PROVEEDOR Nº FACTURA IMPORTE Trezze 2502/10 2.698,33 € Trezze 2503/10 2.092,87 € Trezze 2504/10 1.250,02 € Trezze 2505/10 2.454,68 € Trezze 2520/10 2.576,30 € Trezze 2536/10 1.906,46 € Trezze 2585/10 1.819,11 € TOTAL 14.797,77 € 17.18213.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA (AGASP) EN MATERIA DE FORMACIÓN Vista a proposta de Convenio entre esta Deputación Provincial de Pontevedra e a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) en materia de formación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a formalización deste convenio entre ambas Institucións. Dito convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE FORMACIÓN ENTRE A ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A Estrada, a 6 de maio de 2010. C O M P A R E C E N: Dunha parte, D. José Carlos García Bouzas, Director Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), actuando no seu nome e representación en virtude das competencias que ten atribuídas polo artigo 12 da Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública. Doutra, D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando no exercicio do seu cargo e en función das atribucións que lle confire o artigo 34.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Recoñecéndose ambas as dúas partes con capacidade e representación legal suficiente para o outorgamento do presente convenio de colaboración, E X P O Ñ E N: Primeiro: conforme á Lei 1/2007, da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), este centro é un organismo autónomo de carácter administrativo, adscrito á Consellería competente en materia de interior e xustiza. Entre outros fins, a AGASP ten encomendada a función de organizar e impartir os cursos de formación continua, perfeccionamento e especialización dos membros dos corpos de policía local e bombeiros, segundo o artigo 3 da devandita Lei, que tamén prevé no seu artigo 5.2 a función de promover relacións de intercambio e colaboración, coas universidades e institucións de Galicia. Segundo: conforme ós artigos 141 da Constitución Española e 31 da Lei de bases de réxime local, as provincias son entidades locais determinadas pola agrupación de concellos con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, que teñen como competencias e funcións propias as de asegurar a prestación integral e adecuada, na totalidade do territorio provincial, dos servizos de competencia municipal, así como participar na coordinación da Administración Local coa da Comunidade Autónoma ou a do Estado, correspondendo o seu goberno e administración ás correspondentes deputacións provinciais. Deste xeito, a formación e perfeccionamento profesionais dos empregados públicos municipais e provinciais constitúe unha importante labor, que ven desenvolvendo a Deputación Provincial de Pontevedra e que, polo tanto abrangue tamén ós membros dos corpos da policía local e bombeiros dos distintos concellos desta provincia. Terceiro: demostrada nas dúas exposicións anteriores a existencia de colectivos comúns ós que se dirixen algunhas das accións formativas de ámbas as dúas institucións asinantes, cómpre ter en conta o principio de eficacia que debe presidir a actuación administrativa e que impón ós responsables políticos a optimización de recursos, de tal xeito que permita acadar os obxectivos sinalados co menor custo posible, evitando ademais a concorrencia de iniciativas e accións semellantes. Tendo en conta as anteriores consideracións, ambas as dúas partes, coincidindo en que a iniciativa obxecto do acordo é de común interese, conveñen en formalizar o seguinte convenio de colaboración, que se rexerá polas seguintes: C L Á U S U L A S: PRIMEIRA. Obxecto do convenio. O obxecto do presente convenio é acadar a colaboración entre a Academia Galega de Seguridade Pública e a Deputación Provincial de Pontevedra para a formación dos membros dos corpos da policía local e bombeiros dos concellos da provincia de Pontevedra. Esta formación realizarase mediante cursos sobre temas que sexan de interese profesional para as policías locais e bombeiros que supoñan unha mellora ou actualización para o desempeño das súas funcións ou, en todo caso, que permitan unha reciclaxe necesaria para acadar máis eficiencia no seu traballo. Poderán estar incluídos tanto no programa anual de formación da AGASP coma no plano provincial de formación da Deputación de Pontevedra, ou tamén ser pactados en común. SEGUNDA. Organización das actividades formativas. A organización dos cursos, xornadas e accións formativas en xeral deberá axustarse ós puntos seguintes: 1. O deseño, estrutura, obxectivos e datas de cada curso serán pactados por ámbas as dúas partes e poderán ser propostos por calquera delas indistintamente. 2. A AGASP comprométese a efectuar a convocatoria no DOG dos cursos recollidos na cláusula primeira, facendo constar que é en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, a cal, pola súa parte, pode así mesmo darlles publicidade do xeito que veña sendo habitual ata agora no seu ámbito territorial. 3. As solicitudes de participación que remitan os alumnos dirixiranse á Deputación Provincial de Pontevedra e elaborarase unha listaxe que será obxecto de selección conxunta. 4. Os criterios de selección das persoas solicitantes virán dados, en primeiro lugar, polo número de prazas ofertadas en cada caso, así como tamén pola distribución xeográfica das solicitudes, atendendo de xeito proporcional tanto ó número de efectivos policiais de cada concello como ás necesidades específicas de cada acción formativa para os mesmos. 5. Feita a selección, confeccionarase unha listaxe de persoas admitidas á que se lle dará a publicidade habitual para que cada solicitante saiba que está admitido/a e poida comunicar a imposibilidade de asistencia ó curso, se así fose. Neste caso será substituído/a por outro/a solicitante, e terá preferencia un do mesmo concello se o houbese. TERCEIRA. Profesorado, aulas e locais. De forma conxunta decidiranse os temas de selección e contratación do profesorado que impartirá as clases, así como os aspectos de infraestrutura sobre determinación das sedes e disposición de aulas e locais. CUARTA. Seguimento, coordinación e control do desenvolvemento dos cursos. En cada curso, xornada ou acción formativa en xeral, establecerase de común acordo a persoa ou persoas que se encargará/n en cada caso do seu seguimento e control. Se algún dos/das docentes colaboradores/as solicitase un certificado de ter impartido as clases que lle correspondesen, este certificado poderá ser expedido por calquera das partes, facendo constar que o curso ou xornada foi organizado conxuntamente coa outra. Nos diplomas que se expidan ó remate de cada curso ou xornada figurarán ambas as dúas institucións e estarán asinados polo presidente da Deputación de Pontevedra e polo director xeral da AGASP. QUINTA. Financiamento e xestión económica dos cursos ou xornadas. O financiamento das actividades formativas desenvolvidas ó abeiro do convenio axustarase ás seguintes regras: 1.- Á AGASP corresponderalle en cada curso ou acción formativa afrontar os custos dos programas, documentación e material, ata un máximo de 1.000 euros. 2.- A Deputación de Pontevedra sufragará o pago de docentes, horas lectivas, axudas de custo, coordinación e outros gastos de cada curso ou acción formativa. SEXTA. Comisión de seguimento. Constituirase para os efectos unha comisión de seguimento que adoptará os seus acordos por unanimidade e que estará integrada por un/unha representante da AGASP e outro/a representante da Deputación Provincial de Pontevedra. Son funcións desta comisión de seguimento as seguintes: • Velar polo cumprimento do convenio. • Adoptar ou propoñer as medidas necesarias para garantir o exercicio coordinado das competencias de cada unha das partes. • En xeral, as que o artigo 6.3 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, lle atribúe ó órgano de vixilancia e control. SÉTIMA. Vixencia do convenio. O presente convenio terá vixencia para o ano 2010. OITAVA. Resolución e revogación do convenio. Serán causas de resolución do presente convenio as seguintes: • A renuncia de calquera das partes, formulada por escrito con tres meses de antelación. • O incumprimento das súas cláusulas. • O mutuo acordo das partes. NOVENA. Modificacións. As modificacións formalizaranse mediante Addenda, cos mesmos requisitos e condicións que para a aprobación do convenio. DÉCIMA. Réxime xurídico. Este convenio ten natureza administrativa e rexerase pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e pola lexislación sobre a materia e, no seu defecto, pola lexislación de contratos do sector público e demais normas de dereito administrativo. En defecto deste último, polas normas de dereito privado. As discrepancias que xurdan pola aplicación do presente convenio serán resoltas pola comisión de seguimento, prevista na cláusula sexta. A resolución dos conflitos que puideran xurdir con motivo do presente convenio corresponderá a xurisdición contencioso-administrativa. O presente convenio obriga ó cumprimento do expresamente pactado, e ambas as dúas partes sométense ó acordado en todas as súas cláusulas. Como proba de conformidade, asinan dous exemplares no lugar e data arriba indicados. Pola Academia Galega de Seguridade Pública, Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Asdo.: José Carlos García Bouzas Asdo.: Rafael Louzán Abal” 18.18214.- ADXUDICACIÓN DE DÚAS BOLSAS DE TÉCNICO EN SAÚDE AMBIENTAL CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora de dúas Bolsas de Técnicos en Saúde Ambiental, con destino a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, para a realización de tarefas consistentes na realización de mostraxes en campo, preparación de mostras para a súa análise no laboratorio, así como a detección e diagnóstico de F. circinatum en sementes e plantas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar estas Bolsas ós aspirantes que se relaciona a continuación, por obter a maior puntuación en base ós criterios establecidos nas Bases: ASPIRANTES Dª. CARMELA MENDUÍÑA SANTOMÉ Dª. MARÍA XIANA RODRÍGUEZ PORTELA Así mesmo, proponse como suplente, para o caso de que se producise vacante ou renuncia da aspirante seleccionada a: Suplente: D. ESTEBAN FERNÁNDEZ NIETO A dotación económica é de 1.000,00 €/mes, con efectos 16 de maio de 2010 e por un período dun ano, a contar dende a data na que os adxudicatarios comecen o seu desempeño, e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de tres anos, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por Acordo da Xunta de Goberno, cantidades que se imputará á aplicación orzamentaria 413.413.481.01 do orzamento provincial. De acordo có informe emitido por Intervención de data 12 de marzo de 2010, na aplicación orzamentaria proposta existe crédito dispoñible para o importe mencionado, quedando retido para tal fin por medio de documento R.C.C. número de operación 201000022426. A aceptación e disfrute de estas Bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación dos Bolseiros ó citado Organismo. 19.18215.- PRÓRROGA DE DÚAS BOLSAS DE LICENCIADOS UNIVERSITARIOS PARA O SERVIZO DE MEDIO NATURAL Mediante escrito de data 19 de abril de 2010, o Xefe do Servizo de Medio Natural solicita a prórroga das Bolsas outorgadas a Dª. Elena Fernández Díaz e D. David Landín Roig, Licenciados Universitarios, ó ter acreditado o seu desempeño de forma satisfactoria, de acordo co informe de data 19 de abril de 2010 emitido polo Técnico Agrícola do Servizo. Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que por Acordo da Xunta de Goberno nº 8.17337, do 21 de outubro de 2009, se acordou a adxudicación das devanditas Bolsas con efectos 22 de outubro de 2009 e por un período de seis meses. As Bases da Convocatoria establecen que as Bolsas terán unha duración de seis meses, podendo ser prorrogada por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por Acordo da Xunta de Goberno. A dotación económica da prórroga das devanditas Bolsas ascende a 1.200,00€/mes por beneficiario, o que supón un total de 14.400,00 €, € para o período comprendido entre o 22 de abril ata o 21 de outubro de 2010, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 410.410.481.01, do orzamento provincial. A convocatoria das Bolsas, a selección dos beneficiarios/ás e a realización dos traballos que dan dereito a estas, axustaranse ó previsto nas Bases, ó disposto no Capítulo II da Lei 38/2003 do 17, de novembro, Xeneral de Subvencións, Lei 9/2007, de 13 de xuño de Subvencións de Galicia, e á Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, así como a Lei 4/1999, de modificación da anterior. Artigo 23 e seguintes do Decreto do 17 de xuño de 1955 polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais. Acordo do Pleno de data 23 de xuño de 1983, polo que se delega na Xunta de Goberno o desenvolvemento das Bases que han de rexer a concesión das distintas Bolsas, conforme ós principios establecidos polo Pleno, a adxudicación destas e a súa prórroga. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias que lle confeire o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo de Administración Local de Galicia, e ó abeiro do que se dispón no artigo 67.4da Lei 30/1992, do 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar as Bolsas outorgadas a D.ª María Elena Fernández Díaz e D. David Landing Roig, Titulados Universitarios adscritos ó Servizo de Medio Natural, ó desempeñar o seu labor en materia de investigación, colaboración e asistencia técnica en Viticultura, Enoloxía e Horta, de forma satisfactoria, de acordo co Informe emitido polo Técnico Agrícola do Servizo. Os efectos de ambas as dúas prórrogas serán do 22 de abril, por un período máximo de 6 meses, ata o 21 de outubro de 2010. A dotación económica da prórroga de ditas Bolsas ascende a 1.200,00€/mes por beneficiario, o que supón un total de 14.400, 00 €, para o período comprendido entre o 22 de abril ata o 21 de outubro de 2010, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 410.410.481.01, do orzamento provincial. Así mesmo, de acordo co Informe de Intervención de data 21 de abril de 2010, existe crédito na aplicación proposta para o importe mencionado, quedando retido para tal fin por medio de documento R.C. número de operación 201000038731. 20.18216.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN, MANTEMENTO E EXPLOTACIÓN DUNHA REDE DE BANDA ANCHA DENTRO DO PROXECTO “WIMAX RURAL PONTEVEDRA” A Deputación de Pontevedra, consciente da importancia crecente dos servizos de telecomunicacións para o desenvolvemento social e económico do sector da poboación máis desfavorecidos da provincia de Pontevedra, solicitou axudas para eliminar, ou polo menos diminuír, a brecha dixital. Para iso, presentou un proxecto na convocatoria 2007 de axudas do FEDER para cofinanciar proxectos de desenvolvemento local e urbano durante o período de intervención 2007-2013 do Ministerio de Administracións Públicas. Resultando que con data 7 novembro de 2007, o Ministerio de Administracións Públicas (MAP) aprobou a Resolución da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial polo que se aprobaron as Bases reguladoras da convocatoria 2007 para a concesión de axudas, por un importe de 426.033.966 euros, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para cofinanciar proxectos de desenvolvemento local e urbano. De acordo a estas bases, a Deputación de Pontevedra, presentou entre outros o proxecto denominado “Wimax Rural en Pontevedra”, que resultou aprobado por Resolución desta Secretaria de Estado de Cooperación territorial o 13 de xuño de 2008. Resultando que para poder levar a cabo as actuacións definidas no proxecto “Wimax Rural Pontevedra”, resulta necesario contratar a subministración, mantemento e explotación dunha rede de telecomunicacións, motivo polo que o responsable do Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra elabora con data do 3 de maio de 2010, un prego de prescricións técnicas para regular a subministración, mantemento e explotación da citada rede de telecomunicacións incluídas no proxecto “Wimax Rural en Pontevedra”. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que teñen que rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 6 de maio de 2010. Resultando que o Sr. Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da subministración, mantemento e explotación dunha rede de banda ancha dentro do proxecto “Wimax Rural en Pontevedra”. Resultando que con data 12 de maio de 2010 polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 12 tipifica a este contrato como “mixto”, xa que comprende a realización dunha subministración das previstos no artigo 9.3b), así como a realización de prestacións propias dun contrato de servizos regulado no artigo 10, dentro da categoría 5 do Anexo II e que para os efectos do referido artigo 12 ten consideración de prestación máis importante dende o punto de vista económico a relativa á adquisición e implantación da subministración. Considerando que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da referida Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia con respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o que se dispón no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o que se establece nas bases de execución do orzamento para 2010, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da subministración, mantemento e explotación dunha rede de banda ancha dentro do proxecto “Wimax Rural Pontevedra”, pola cantidade máxima de cinco millóns novecentos mil euros (5.900.000,00 €), IVE incluído, de acordo co seguinte detalle: Prezo sen IVE 5.000.000,00 € IVE (18%) 900.000,00 € TOTAL. 5.900.000,00 € 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 3. Autorizar o gasto polo importe máximo de 5.900.000,00 €, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias do vixente orzamento provincial. 10/942.491.627.01.2009 2.761.360,46 € 10/942.491.627.01 3.138.639,54 € 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da subministración, mantemento e explotación dunha rede de banda ancha dentro do proxecto “Wimax Rural Pontevedra”, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 143.2 da citada Lei 30/2007. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE TERÁ QUE REXER O CONTRATO PARA A SUBMINISTRACIÓN, MANTEMENTO E EXPLOTACIÓN, CONVOCADO POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, DUNHA REDE DE BANDA ANCHA DENTRO DO PROXECTO “WIMAX RURAL PONTEVEDRA”, FINANCIADOS MEDIANTE AXUDAS FEDER- EIXO 5, DESENVOLVEMENTO LOCAL E URBANO- PERÍODO 2007/2013, P.O. REXIONAL DE GALICIA, CONVOCATORIA 2007 1. CONDICIÓNS XERAIS.- 1.1. OBXECTO DO CONTRATO.- O obxecto do presente Prego de Cláusulas Administrativas Particulares (en adiante PCAP) é a regulación das condicións de contratación para, mediante procedemento aberto, adxudicar un contrato de subministración, mantemento e explotación dunha rede de telecomunicacións para a prestación do servizo de acceso a internet de banda ancha ós concellos incluídos no proxecto Wimax Rural Pontevedra. Reviste carácter contractual a seguinte documentación: • Prego de Cláusulas Administrativas Particulares (en adiante PCAP). • Prego de Prescricións Técnicas Particulares (en adiante PPTP). • Oferta presentada polo adxudicatario do procedemento aberto. • Regulamento para a Prestación do Servizo presentado polo adxudicatario do procedemento aberto. En caso de discrepancia, rexerá o previsto no PCAP. O proceso de licitación non primará a priori unha tecnoloxía de acceso para redes de banda ancha fronte a outras. Por iso, a empresa licitante poderá escoller libremente a tecnoloxía que considere que mellor se adecúa ós obxectivos xerais do proxecto e ós parámetros de calidade esixida. No caso das tecnoloxías vía radio, só se aceptarán solucións tecnolóxicas que non utilicen bandas de uso común, polo risco de interferencias que presentan, é dicir téñense que utilizar bandas de frecuencia licenciadas. 1.2. NATUREZA XURÍDICA E RÉXIME XURÍDICO.- Tendo en conta a diversidade e complementariedade das prestacións obxectivo da presente licitación, este contrato cualifícase como mixto segundo o artigo 12 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público (en adiante LCSP), xa que comprende a realización dunha subministración dos previstos no artigo 9.3b) da LSCP, así como a realización de prestacións propias dun contrato de servizos regulado no artigo 10, dentro da categoría 5 do Anexo II da LCSP. Para os efectos do artigo 12 da LCSP ten consideración de prestación máis importante dende o punto de vista económico a relativa á adquisición e implantación de subministración. O presente contrato de subministración, mantemento e explotación nos termos descritos, rexerase polo presente PCAP, polo contrato que asine o adxudicatario e polas condicións especificadas no PPTP e os seus anexos. Normativa aplicable ó presente contrato: • Orde ITC/3391/2007, do 15 de novembro, polo que se aproba o Cadro Nacional de Atribución de Frecuencias (CNAF). • Normas ETSI e CE a que fai referencia o Anexo á Orde citada anteriormente, publicado no BOE do 23 de novembro de 2007. • Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento Electrotécnico de Baixa Tensión (REBT). • Real decreto 1066/2001, do 28 de setembro, polo que se aproba o regulamento que establece as condicións de protección do dominio público radioeléctrico, restricións ás emisións radioeléctricas e medidas de protección sanitaria fronte a emisións radioeléctricas. • Real decreto FOM/1580/2006, do 22 de decembro, que regula a compatibilidade electromagnética dos equipos eléctricos e electrónicos. • Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro de 1999, de protección de datos de carácter persoal e a súa normativa de desenvolvemento. (Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro). • Lei 32/2003, do 3 de novembro, Xeral de Telecomunicacións. • Real decreto 424/2005, do 15 de abril, polo que se aproba o regulamento sobre as condicións para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas, o servizo universal e a protección de usuarios. • Orde ITC/912/2006, do 29 de marzo, por que se regulan as condicións relativas á calidade de servizo na prestación dos servizos de comunicacións electrónicas. 1.3. ÁMBITO DO CONTRATO.- O obxecto do contrato é a subministración e explotación dunha rede de comunicacións para o acceso ó servizo de banda ancha en entidades de poboación pertencente ós concellos incluídos no ámbito do proxecto “WIMAX RURAL PONTEVEDRA”. Así pois, o contrato conterá as seguintes prestacións: 1. A subministración dunha rede de telecomunicacións para o servizo de banda ancha. A subministración incluirá a concepción, o deseño e a planificación desta rede, a adquisición e instalación dos equipos que conformarán a rede de acceso, e a súa integración cunha rede de transporte que permita ofrecer os servizos de banda ancha ós núcleos indicados no prego. 2. A explotación e mantemento da rede de acceso mencionado no apartado anterior por parte do adxudicatario de contrato. Lístase a continuación os 55 concellos incluídos no proxecto “WIMAX RURAL PONTEVEDRA”. INE Concello Nome Concello Poboación 36001 ARBO 3.877 36002 BARRO 3.498 36003 BAIONA 11.976 36004 BUEU 12.375 36005 CALDAS DE REIS 9.975 36006 CAMBADOS 13.620 36007 CAMPO LAMEIRO 2.113 36009 CAÑIZA (A) 6.651 36010 CATOIRA 3.485 36011 CERDEDO 2.350 36012 COTOBADE 4.517 36013 COVELO 3.457 36014 CRECENTE 2.652 36015 CUNTIS 5.172 36016 DOZON 1.864 36018 FORCAREI 4.336 36019 FORNELOS DE MONTES 1.991 36020 AGOLADA 3.176 36021 GONDOMAR 13.713 36022 GROVE (O) 11.264 36023 GUARDA (A) 10.404 36024 LALIN 21.130 36025 LAMA (A) 3.014 36027 MEAÑO 5.475 36028 MEIS 4.977 36029 MOAÑA 18.709 36030 MONDARIZ 5.328 36031 MONDARIZ-BALNEARIO 736 36032 MORAÑA 4.349 36033 MOS 14.504 36034 NEVES (AS) 4.471 36035 NIGRAN 17.869 36036 OIA 3.192 36037 PAZOS DE BORBEN 3.178 36039 PORRIÑO (O) 17.114 36040 PORTAS 3.089 36041 POIO 15.842 36042 PONTEAREAS 22.750 36043 PONTE CALDELAS 6.469 36044 PONTECESURES 3.116 36046 RIBADUMIA 4.781 36047 RODEIRO 3.194 36048 ROSAL (O) 6.462 36049 SALCEDA DE CASELAS 7.938 36050 SALVATERRA DE MIÑO 9.140 36051 SANXENXO 17.216 36052 SILLEDA 9.166 36053 SOUTOMAIOR 6.537 36054 TOMIÑO 12.982 36055 TUI 16.972 36056 VALGA 6.096 36058 VILABOA 5.935 36059 VILA DE CRUCES 6.513 36061 VILANOVA DE AROUSA 10.643 36901 ILLA DE AROUSA, A 4.928 O alcance dos traballos é o especificado no PPTP. 1.4. TITULARIDADE DA REDE.- A rede de acceso que se despregue será de titularidade pública e propiedade da Deputación de Pontevedra e o seu obxectivo será permitir que un operador de servizos de telecomunicacións poida ofrecer servizos de banda ancha ós cidadáns, institucións e empresas das poboacións obxectivo. Dito operador será responsable da correcta explotación e mantemento de toda a infraestrutura e equipamento instalado. O adxudicatario asumirá todos os custos de conservación, reparación e ampliación necesaria para a axeitada prestación do servizo durante o período de mantemento e explotación. Ó final de dito período a rede deberá de estar en perfecto estado. 1.5. DURACIÓN.- 1.5.1. Período de subministración. Un dos obxectivos fundamentais do proxecto é conseguir reducir a brecha dixital no máis breve prazo posible. Preténdese por iso realizar un rápido despregue da cobertura nas zonas obxectivas. As condicións que se deben de cumprir no referente a prazos de despregue polo operador adxudicatario son: • FASE 1: Subministración do 5% do equipamento antes do 1/07/2010. • FASE 2: Subministración do 20% do equipamento antes do 31/07/2010. • FASE 3: Subministración do 60% do equipamento antes do 15/10/2010. • FASE 4: Subministración do 100% do equipamento antes do 31/12/2010. O adxudicatario deberase comprometer a finalizar o despregue como máximo o 31 de decembro do 2010. A recepción definitiva da rede terá lugar como máximo nesta data, a pesar de que o adxudicatario iniciará a explotación efectiva da rede dende o momento das recepcións parciais previas. 1.5.2. Período de Explotación. Unha vez finalizado o período de subministración comeza a explotación da rede. Dito contrato de prestación de servizos será de 4 anos coa posibilidade de prorrogalo 2 máis á finalización do primeiro período por común acordo das partes. 2. ORZAMENTO.- A Deputación de Pontevedra participará no financiamento do servizo con cinco millóns de euros: 5.000.000,00 € máis IVE. Os pagamentos realizaranse en función do avance dos proxectos, nos seguintes termos: • Un 5% á finalización da FASE 1: 250.000,00 € (IVE non incluído). • Un 20% á finalización da FASE 2: 1.000.000,00 € (IVE non incluído). • Un 35% á finalización da FASE 3: 1.750.000,00 € (IVE non incluído). • 40% restante á finalización da FASE 4: 2.000.000,00 € (IVE non incluído). Os pagamentos realizaranse unha vez certificado que o avance do proxecto é o que se indica e segundo as estipulacións indicadas no PPTP, así como as condicións descritas na oferta presentada polo adxudicatario, tras a presentación da correspondente factura. O contrato executarase a risco e ventura do adxudicatario, que asumirá os riscos económicos derivados do deseño, execución e explotación da rede de telecomunicacións. A Deputación de Pontevedra non asegura ó adxudicatario unha recadación ou rendementos mínimos, nin avalará en ningún caso os préstamos ou operacións de crédito que poida concertar o adxudicatario para financiar a explotación da rede de telecomunicacións. 3. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS E DOCUMENTACIÓN ESIXIDA.- A presentación de proposicións presume por parte do licitador a aceptación incondicionada das cláusulas deste prego, así como do PPTP e do resto de documentos contractuais, na súa totalidade e sen salvidade algunha, así como a declaración responsable da exactitude de todos os datos presentados e de que reúne todas e cada unha das condicións esixidas para esta contratación. 3.1. PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Este servizo contratarase mediante procedemento aberto (artigos 141 a 145 da LCSP) e en trámite ordinario (artigos 93 e 94 da LCSP). 3.2. DOCUMENTACIÓN DISPOÑIBLE.- O órgano de contratación porá a disposición dos licitadores a seguinte documentación: • Anuncios de procedemento aberto. • PCAP e PPTP, incluídos os seus anexos. 3.3. SOLVENCIA DO CONTRATISTA.- Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia segundo se especifica nos seguintes apartados. Para acreditar a súa solvencia, o empresario poderase basear na solvencia e medios doutras entidades, sempre que demostre, mediante presentación de acordo asinado por ambas as dúas partes, que dispón efectivamente dos medios citados para a execución do presente contrato. 3.3.1. Solvencia Económica e Financeira. Poderase acreditar a solvencia económico-financiera de conformidade co que se dispón no artigo 64.1 a) e c) da LCSP, mediante un dos seguintes medios a elixir polo licitador: • Informe avaliado por unha entidade financeira emitida expresamente para a participación neste procedemento aberto, en que se pronuncie sobre a solvencia económica financeira da empresa para levar a cabo a execución do presente contrato. • Declaración selada e asinada sobre o volume global de negocios referidos ós tres últimos exercicios dispoñibles. Considerarase solvente ó licitador que declare unha cifra de negocios iguais ou superiores a dous millóns de euros (2.000.000,00 €) no conxunto dos 3 anos. 3.3.2. Solvencia Técnica ou Profesional. Acreditación da solvencia técnica, mediante a presentación dunha relación dos principais traballos de contido similar a que son obxecto deste expediente realizado polo licitador nos últimos tres anos, incluíndo importes, datas e destinatarios dos mesmos, acompañada dos correspondentes certificados de boa execución expedidos polo destinatario dos servizos, de conformidade co que se dispón no artigo 67 a) da LCSP. A relación presentarase segundo o cadro-modelo que se mostra a continuación: RELACIÓN DE TRABALLOS REALIZADOS NOS ÚLTIMOS 3 ANOS Denominación do traballo Importe de adxudicación Data de Inicio Data de Finalización Destinatario O citado período de 3 anos comprenderá ós traballos finalizados en: • Ano 2007, dende o día equivalente ó día de finalización do prazo de presentación das proposicións. • Anos 2008 e 2009 completos. • Ano 2010, o período transcorrido ata o día de finalización do prazo de presentación das proposicións. 3.4. CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Poderán participar na licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, acrediten a súa solvencia económico-financiera e técnica ou profesional, non se atopen incursas en ningunha das causas de prohibición para contratar co sector público do artigo 49 da LCSP e dispoñan da habilitación empresarial ou profesional necesaria para a execución da prestación que constitúe o obxecto deste contrato. O licitador deberá dispor de título habilitante expedido pola Comisión de Mercado das Telecomunicacións para a explotación de redes e prestación de servizos de comunicacións electrónicas, así como contar coas respectivas licenzas e permisos. Os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias de que constitúana e a participación de cada un (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. Cada licitador non poderá presentar máis dunha proposición. Tampouco se poderá subscribir ningunha proposta en Unión Temporal con outros se se fixo individualmente, nin figurar en máis dunha Unión Temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas presentadas. Para cumprir coas solvencias técnicas e económicas, valerá con que unha das empresas que conforman a Unión Temporal cumpra cos requisitos esixidos no apdo. 3.3. 3.5. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS.- 3.5.1. Lugar e Prazo de Presentación As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra, aberta de luns a sábado ou sede de Vigo, aberta de luns a venres), durante un prazo de quince días naturais (artigo 143.2 da LCSP), contado dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 80 do R.d. 1098/2001 do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, agás por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 3.5.2. Documentación Esixida. As proposicións presentaranse en lingua española ou galega e toda a información debe facilitarse tanto en soporte papel como informático. En caso de discrepancia entre os datos ou información de ambos os dous soportes, prevalecerá a contida en soporte dixital. As ofertas presentaranse escritas a máquina ou noutro tipo de impresión mecánica ou informática, e non se aceptará ningún documento manuscrito ou con omisións, fallos ou emendas que non permitan coñecer claramente as condicións para valorar a oferta. As páxinas débense presentar numeradas. As proposicións serán secretas e presentaranse en tres sobres pechados ou libros separados e asinados polos licitadores ou persoa que os represente: • Sobre A: Documentación Xeral. • Sobre B: Documentación relativa a aspectos cualitativos (non cuantificable mediante fórmulas matemáticas). • Sobre C: Oferta económica e documentación técnica relativa a aspectos cuantitativos. 3.5.2.1. Sobre A: Documentación Xeral Levará a mención “Documentación xeral do procedemento aberto para a contratación da subministración, mantemento e explotación dunha rede de banda ancha dentro do proxecto “Wimax Rural Pontevedra”, financiados mediante axudas FEDER EIXE 5, Desenvolvemento Local e Urbano período 2007/2013, P.O. Rexional de Galicia, convocatoria 2007“; coa sinatura do licitador ou persoa que o represente e indicación do nome, apelidos ou razón social da empresa. No interior do sobre farase constar, en folio independente, o seu contido enunciado numericamente. O sobre deberá conter a seguinte documentación, de acordo co que se dispón no artigo 130 da LCSP: 1. Aquela que acredite a personalidade do empresario: - Mediante NIF ou documento que o substitúa da persoa titular ou propietaria da empresa. - A capacidade de obrar das persoas xurídicas acreditarase, ben mediante a escritura de constitución e de modificación, se é o caso, inscritas no Rexistro Mercantil, ben mediante escritura ou documento de constitución, modificación, estatutos ou acto fundacional, inscrito, se é o caso, no correspondente Rexistro Oficial. - Os que acudan á licitación en representación doutro, así como nos casos en que o licitador sexa unha sociedade ou persoa xurídica, deberán presentar tamén escritura de poder para o efecto, validada polo secretario da Deputación, ou polos servizos xurídicos da mesma, e acreditar a súa personalidade mediante o NIF. 2. Xustificación da solvencia económico-financiera, mediante a presentación da documentación especificada no apartado “3.3.1. Solvencia Económica e Financeira”. 3. Xustificación da solvencia técnica ou profesional, mediante a presentación da documentación especificada no apartado “3.3.2. Solvencia Técnica ou Profesional”. 4. Xustificación de non encontrarse o licitador, incurso en ningunha das prohibicións de contratar co sector público do artigo 49 da LCSP, con expresa mención de atoparse ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social imposta pola lexislación vixente, presentada de acordo co que se dispón no artigo 62 da LCSP. 5. Para as empresas estranxeiras, declaración expresa de sometemento á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de xeito directo ou indirecto poidan derivarse deste contrato, con renuncia ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlles. 6. Documentación acreditativa da inscrición do licitador no rexistro público de operadores para a explotación de redes e prestación de servizos de comunicacións electrónicas na Comisión de Mercado das Telecomunicacións. No caso de uso de tecnoloxías sen fío deberá así mesmo acreditar que dispón dos títulos habilitantes para o uso do dominio público radioeléctricos outorgados pola SETSI en bandas licenciadas. 7. No caso de Unión Temporal de Empresarios (UTE), deberase incluír documento privado en que se indiquen os nomes e circunstancias de que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. En dito escrito deberase designar a persoa que durante a tramitación do procedemento de contratación e ata a adxudicación do contrato, terá a representación de todos eles fronte á Deputación. Neste caso basta con que un dos operadores que formen a UTE teña licenza de uso en bandas restrinxidas no caso de optar por solucións sen fío. Toda a documentación presentarase en orixinal ou fotocopia debidamente compulsada. 3.5.2.2. Sobre B: Documentación relativa a aspectos cualitativos (non cuantificable mediante fórmulas matemáticas) Levará a mención “Documentación relativa a aspectos cualitativos do procedemento aberto para a contratación para a subministración, mantemento e explotación dunha rede de banda ancha dentro do proxecto “Wimax Rural Pontevedra”, financiados mediante axudas FEDER EIXE 5, Desenvolvemento Local e Urbano período 2007/2013, P.O. Rexional de Galicia, convocatoria 2007”; coa sinatura do licitador ou persoa que o represente e indicación do nome, apelidos ou razón social da empresa. No interior do sobre incluirase a Proposta Técnica segundo se indica no apartado “11. Formato da proposición Técnica” do PPTP. 3.5.2.3. Sobre C: Oferta Económica e documentación técnica relativa a aspectos cuantitativos. Levará a mención “Oferta económica e documentación técnica relativa a aspectos cuantitativos do procedemento aberto para a contratación para a subministración, mantemento e explotación dunha rede de banda ancha dentro do proxecto “Wimax Rural Pontevedra”, financiados mediante axudas FEDER EIXE 5, Desenvolvemento Local e Urbano período 2007/2013, P.O. Rexional de Galicia, convocatoria 2007“; coa sinatura do licitador ou persoa que o represente e indicación do nome, apelidos ou razón social da empresa. O licitador especificará os distintos valores dos criterios marcados no Anexo I destes pregos. 4. APERTURA DE PROPOSICIÓNS E ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- 4.1. MESA DE CONTRATACIÓN E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- De conformidade co que se dispón no artigo 295 da LCSP, para este procedemento constituirase unha mesa de contratación que, unha vez constituída, cualificará previamente a documentación á que se refire o artigo 130 da LCSP e que se presentará polos licitadores no Sobre “A”. Se como resultado da cualificación destes documentos se observasen defectos emendables, comunicarase verbalmente ós interesados mediante chamada telefónica, así como mediante fax (ós números indicados no Sobre A). Os licitadores disporán dun prazo non superior a 3 días hábiles para realizar as correccións, que deberán presentar no rexistro xeral da Deputación en días e horas de oficina. A mesa, unha vez cualificada a documentación incluída no Sobre A e as emendas presentadas, determinará que empresas se axustan ós criterios de selección con pronunciamento expreso sobre as admitidas á licitación e as rexeitadas, indicando neste caso as causas de rexeitamento. A continuación procederase á apertura do Sobre B en acto público no lugar, día e hora indicada no anuncio da licitación. Neste acto os licitadores poderán comprobar que os Sobres “B”atópanse perfectamente pechados e nas mesmas condicións en que foron entregados, e informarase das empresas admitidas e rexeitadas, indicando as causas. Unha vez valorada a documentación contida no Sobre B, procederase á apertura do Sobre C en acto público no lugar, día e hora indicada no perfil do contratante. Neste acto os licitadores poderán comprobar que os Sobres “C” atópanse perfectamente pechados e nas mesmas condicións en que foron entregados e darase lectura ás puntuacións obtidas na valoración da documentación do Sobre “B”. Unha vez valorada a documentación contida no Sobre “C”, a mesa efectuará a correspondente proposta de adxudicación ó órgano de contratación. Cando para a valoración da documentación se teñan en conta criterios distintos ó prezo, a mesa de contratación poderá solicitar, antes de formular a súa proposta, os informes técnicos ou xurídicos que considere precisos. 4.2. ADXUDICACIÓN PROVISIONAL.- Vista a proposta da mesa, o órgano de contratación clasificará as ofertas presentadas e admisibles por orde decrecente, en atención ós criterios de adxudicación e formulará a adxudicación provisional do contrato a favor do licitador que presente a oferta máis vantaxosa para a Deputación, sen que poida declararse deserto o expediente cando exista algunha oferta admisible (artigo 135.1 da LCSP). Non obstante o anterior e antes da adxudicación provisional, o órgano de contratación poderá, mediante resolución motivada, renunciar á celebración do contrato ou desistir do procedemento, nos termos regulados no artigo 139 da LCSP. A adxudicación provisional acordarase en resolución motivada e será notificada ós licitadores e publicada no perfil do contratante (www.depo.es), podendo solicitar os licitadores a información prevista no artigo 137 da LCSP (artigo 135.3 da LCSP). 4.3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN.- Os criterios conforme ós cales se valorarán as ofertas a efecto de determinar a oferta máis vantaxosa serán os seguintes: 4.3.1. Criterios non cuantificables de forma automática. Solución Tecnolóxica De 0 a 24 puntos Pilotos e servizos adicionais De 0 a 8 puntos Plan de Despregue De 0 a 4 puntos Plan de Calidade De 0 a 2 puntos Plan de Xestión De 0 a 2 puntos Plan de Continuidade De 0 a 2 puntos Metodoloxía, Medios Técnicos e Materiais De 0 a 5 puntos • Solución Tecnolóxica.- valoraranse neste apartado: - A tecnoloxía e arquitectura da solución proposta: Características do equipamento (acceso, usuario, transporte, etc.). Topoloxía. Prestacións. - O grao de cobertura acadado para os núcleos de prioridade 2, 3 e 4 (téñense que cubrir os núcleos de prioridade 1 obrigatoriamente). • Pilotos e Servizos adicionais valoraranse neste apartado: - Características da proposta técnica. - Cobertura: nº de instalacións agropecuarias cubertas, portos deportivos, espazos de interese ecolóxico ou patrimonial, etc. • Plan de Despregue avaliarase a proposta de Plan de Despregue ofertado, tanto en contido como na redución de prazos. • Plan de Calidade avaliaranse os compromisos de calidade do servizo (SLA) propostos. • Plan de Xestión valoraranse os procedementos propostos para a Xestión e Monitorización da rede. • Plan de Continuidade avaliarase o plan de continuidade do servizo, plans de continxencia, etc presentados na oferta. • Metodoloxía, Medios Técnicos e Materiais valoraranse neste apartado: - A calidade do Procedemento de Activación ofertada. - A calidade dos procedementos existentes de Operación e Mantemento. - A calidade de Atención a Usuarios. - As características da Comercialización, Prestación do Servizo e Facturación propostas. 4.3.2.-Criterios cuantificables de forma automática: Orzamento De 0 a 2 Puntos Cota mensual ACCESO BÁSICO De 0 a 23 Puntos Cota mensual ACCESO AVANZADO De 0 a 4 Puntos Cota de Alta ACCESO BÁSICO De 0 a 5 puntos Compromiso de Permanencia ACCESO BÁSICO De 0 a 3 puntos Cota de Alta ACCESO AVANZADO De 0 a 2 puntos Compromiso de Permanencia ACCESO AVANZADO De 0 a 1 puntos Servizo de Telefonía De 0 a 1 puntos Cota do servizo de Telefonía De 0 a 7 puntos Servizo Wifi en praza De 0 a 5 puntos • Orzamento: valorarase cun máximo de 2 puntos a redución no orzamento do proxecto mediante a aplicación da fórmula que se estipula no anexo II deste prego. • Cota mensual ACCESO BÁSICO.- a valoración da mellora na cota mensual do servizo ofertado como ACCESO BÁSICO realizarase outorgando o máximo (23 puntos) ás ofertas que presenten a maior baixa con respecto ós 19,99 € do prezo tipo, e o resto de ofertas segundo a seguinte fórmula: Nota: En caso de ofertar cotas diferentes durante os 4 anos de prestación dos servizos de Banda Ancha, considerarase como cota a media aritmética das mesmas. • Cota mensual ACCESO AVANZADO.- a valoración da mellora na cota mensual do servizo ofertado como ACCESO AVANZADO realizarase outorgando o máximo (4 puntos) ás ofertas que presenten a maior baixa con respecto ós 36 € do prezo tipo, e o resto de ofertas segundo a seguinte fórmula: Nota: En caso de ofertar cotas diferentes durante os 4 anos de prestación dos servizos de Banda Ancha, considerarase como cota a media aritmética das mesmas. • Cota de alta.- contempla tanto a instalación coma a alta, incluíndo todos os conceptos para a posta en servizo do cliente. A valoración da mellora na cota de alta do servizo ofertado realizarase outorgando o máximo ás ofertas que presenten a maior baixa con respecto ós 100,00 € do prezo tipo, e o resto de ofertas segundo as seguintes fórmulas: Acceso Básico: Acceso Avanzado: : • Compromiso de permanencia.- a valoración da mellora no compromiso de permanencia do servizo ofertado realizarase outorgando o máximo ás ofertas que presenten 0 meses, o mínimo (0 puntos) a que presenten 18 meses e o resto de ofertas segundo as seguintes fórmulas: Acceso Básico: Acceso Avanzado: • Servizo de telefonía: valorarase con 1 punto aquelas ofertas que presten o servizo de telefonía, e con 0 puntos os que non o ofrezan. • Cota do Servizo de telefonía: valorarase con 0 puntos aquelas ofertas que presten o servizo de telefonía cunha cota mensual de 10 € e ata un máximo de sete puntos segundo a fórmula: Cota de servizo de Telefonía: • Servizo wifi en prazas públicas: valorarase con 5 puntos ós licitadores que ofrezan un servizo wifi gratuíto segundo os condicionantes marcados pola CMT para este tipo de servizo nunha praza pública de cada un dos 55 concellos incluídos no alcance do plan, e con 0 puntos ós que non o ofrezan. 5. ADXUDICACIÓN DEFINITIVA E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- 5.1. OBRIGAS PREVIAS Á FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- O licitador que resulte adxudicatario provisional deberá presentar, no Negociado de Contratación da Deputación, a seguinte documentación (artigo 135.4 da LCSP): • Certificación administrativa acreditativa de que o licitador se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. • Certificación administrativa acreditativa de que o licitador se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias. • Xustificante de estar dado de alta e ó corrente de pagamento no Imposto de Actividades Económicas (IAE). Xustificarase co recibo de pagamento do imposto no exercicio correspondente acompañado dunha declaración responsable de non estar dado de baixa na matrícula deste, ou con alta en Facenda no período correspondente ou ben con certificado de Facenda expedida para o efecto. • Xustificante de constitución da garantía definitiva. • Regulamento para a Prestación do Servizo. 5.1.1. Garantía Definitiva.- O importe da garantía definitiva a constituír polo adxudicatario provisional, en calquera das modalidades previstas no artigo 84.1 da LCSP, será de douscentos cincuenta mil euros (250.000,00 €), IVE non incluído. Este aval ou garantía definitiva, será devolto ó adxudicatario unha vez transcorrido o período de explotación, en concepto de compromiso de prestación de servizo ó usuario final. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante (http://www.depo.es). En caso de incumprir este requisito a Deputación poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste a súa conformidade, en cuxo caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cubrir os requisitos sinalados no artigo 135 LCSP. 5.2. ADXUDICACIÓN DEFINITIVA.- A adxudicación provisional, elevarase a definitiva unha vez transcorrido o prazo de 15 días hábiles contados dende o seguinte ó da publicación do acordo de adxudicación provisional no perfil do contratante, sempre que o adxudicatario presente a documentación sinalada e constituída a garantía definitiva. Cando non proceda a adxudicación definitiva do contrato ó licitador que resultase adxudicatario provisional por non cumprir este as condicións necesarias para isto, antes de proceder a unha nova convocatoria, a Deputación poderá efectuar unha nova adxudicación provisional ó licitador seguinte a aquel, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas, sempre que isto fose posible e o novo adxudicatario presentase a súa conformidade, en cuxo caso disporá de 10 días hábiles para completar a documentación solicitada. En cumprimento do que se dispón no artigo 137 da LCSP, a adxudicación definitiva será notificada ós licitadores e publicada no perfil do contratante (http://www.depo.es), podendo solicitar os licitadores a información prevista no devandito precepto. 5.3. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de dez días hábiles, contado dende o seguinte ó da notificación da adxudicación definitiva, constituíndo dito documento título suficiente para acceder calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 5.4. PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou en que así se decida voluntariamente, a adxudicación definitiva será notificada ós licitadores e publicada no perfil do contratante (http://www.depo.es). 5.5. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre “A” de documentos dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo electrónico contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 6. EXECUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato executarase con estrita suxeición ó que se dispón neste prego e no PPTP e os seus anexos, así como polo contrato que asine o adxudicatario. 6.1. CESIÓN DO CONTRATO E SUBCONTRATACIÓN.- Admitirase cesión do contrato sempre que as calidades técnicas ou persoais do cedente non fosen causa determinante da adxudicación e se cumpran os requisitos establecidos no artigo 209.2 da LCSP, entre os que se encontra a preceptiva, expresa e previa autorización de cesión por parte do órgano de contratación. O adxudicatario poderá subcontratar con terceiros a realización parcial do servizo, de conformidade co que se dispón no artigo 210 da LCSP. Estará obrigado a comunicarlle anticipadamente e por escrito á Deputación a súa intención de celebrar os subcontratos, indicando a parte de prestación que se pretende subcontratar, a identidade do subcontratista e xustificando suficientemente a súa aptitude para executara. Os subcontratistas quedarán obrigados só ante o contratista principal, que asumirá a total responsabilidade da execución do contrato fronte á Deputación. 6.2. PRAZO DE EXECUCIÓN.- O adxudicatario realizará a prestación do servizo segundo os prazos de execución e prestación do servizo especificados no apartado “1.5 Duración” do presente prego. 6.3. RESPONSABLE DO CONTRATO.- Esta institución poderá designar un responsable do contrato o que corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. O responsable do contrato poderá ser unha persoa física ou xurídica, vinculada ó ente, organismo ou entidade contratante ou allea a el. 7. MODIFICACIÓNS DO CONTRATO.- Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación poderá introducir modificacións no mesmo por razóns de interese público e para atender causas imprevistas, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente. Estas modificacións rexeranse polas mesmas condicións do contrato inicial. 8. OBRIGAS DO ADXUDICATARIO.- 8.1. REGULAMENTO PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO.- O adxudicatario deberá presentar un Regulamento para a Prestación do Servizo, que terá carácter contractual. Este documento deberá conter polo menos a seguinte información: • Descrición detallada dos paquetes de servizos ofertados ós clientes e tarifas asociadas. • Descrición dos Procedementos empregados para a Prestación do Servizo (Activación, Mantemento, Resolución de Incidencias, Atención a Usuarios,…), detallando claramente os tempos de resposta. • Dereitos dos usuarios por incumprimentos ou fallos no servizo. 8.2. GASTOS ESIXIBLES.- O adxudicatario quedará obrigado a pagar o importe dos gastos de publicidade da licitación ata o importe máximo de 1.500,00 € e de cantos outros gastos se deriven dos trámites de preparación, adxudicación, formalización e execución do contrato, incluídos todo xénero de tributos e prezos públicos estatais, autonómicos ou locais. 8.3. RESPONSABILIDADE DE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. 8.4. SEGREDO E CONFIDENCIALIDADE.- O persoal do adxudicatario estará obrigado a coñecer e respectar as normas de confidencialidade que dite a Deputación e cumprir coa legalidade vixente en relación coa lei de protección de datos. A documentación e información que a Deputación poña a disposición do adxudicatario para a execución do presente proxecto será totalmente confidencial, e polo tanto, o adxudicatario non poderá facer uso da mesma para outras fins diferentes ós do obxecto de contrato, agás autorización expresa. Todas as condicións aquí expostas son extensibles a todo o persoal do adxudicatario que participe na prestación do servizo obxecto deste prego, supondo, a vulneración das mesmas, a inmediata rescisión do contrato. 8.5. OBRIGAS ESPECÍFICAS DA PRESTACIÓN DO SERVIZO.- Corresponden ó adxudicatario, o cal deberá pediras no seu propio nome, a obtención de todas as autorizacións e licenzas necesarias que se requiran para a execución do contrato. O servizo prestarase polo adxudicatario con respecto ós principios de igualdade, transparencia, non discriminación, continuidade, adaptabilidade, dispoñibilidade e permanencia e conforme ós termos e condicións que se establezan na normativa vixente. O adxudicatario deberá dispor da súa propia dirección e xestión na execución do contrato, sendo responsable da organización do servizo. Para iso disporá dunha estrutura xerarquizada, cun responsable que se encargará de impartir as ordes, criterios e directrices para a execución dos traballos. O persoal necesario para a execución do contrato dependerá exclusivamente da entidade adxudicataria, a cal terá todos os dereitos e obrigas inherentes da súa condición de empregador. O adxudicatario queda obrigado ó cubro da normativa laboral, de Seguridade Social e prevención de riscos laborais e seguridade e saúde no traballo que se encontre en vigor. O operador responsabilizarase de que o tratamento de datos de carácter persoal que se poida realizar no marco da prestación do servizo, realizarase conforme á Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal e a súa normativa de desenvolvemento. 8.6. CONTABILIDADE SEPARADA.- O adxudicatario deberá levar uns axeitados controis financeiros e operativos. Deberá presentar á Deputación cunha periodicidade anual as contas separadas de custos e ingresos asociados ó proxecto, correspondentes a cada exercicio, así como información detallada sobre os métodos de asignación. Débense incluír os custos asociados ó proxecto en que incorre o operador, detallando os diferentes conceptos. Con obxecto de poder corroborar os datos de facturación e usuarios activados, o operador está obrigado a levar unha conta separada da facturación asociada a este proxecto. Antes do 31 de marzo deberá ser mostrada á Deputación a contabilidade completa do exercicio anterior. Así mesmo débese dispor de información acerca do servizo contratado polos clientes, que deberá ser presentada en formato electrónico á Deputación ó seu requirimento, nun prazo máximo de 15 días. Esta información debe conter: Usuarios que solicitaron o servizo: servizo solicitado e data de solicitude, independentemente de que sexa ou non posible a prestación do servizo. Produtos comerciais contratados por cada cliente, data de alta de servizo e concello en que está situado. 9. INCUMPRIMENTOS NA EXECUCIÓN DO CONTRATO.- O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a realización do mesmo, así como dos prazos parciais sinalados, en caso contrario incorrerá en mora. Se o adxudicatario incorrese en mora na execución da prestación contratada, incluídos os prazos parciais establecidos, a Deputación poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades por demora prevista na lexislación vixente, de conformidade co que se dispón nos artigos 196 e 197 da LCSP. Se a Deputación optase pola imposición de penalidades por demora e sen prexuízo da efectividade destas mediante dedución nos documentos de pagamento correspondentes ou sobre a garantía constituída, o contratista deberá indemnizar os danos e prexuízos irrogados á Administración como consecuencia do atraso culpable, debendo acordar a Administración a ampliación do prazo de execución do contrato, na medida que se estime necesaria para a terminación do mesmo. Se o atraso fose producido por motivos non imputables ó contratista e se este comprométese a executar a prestación con prórroga do prazo, deberá ser acordada esta prórroga pola Administración, nos termos do artigo 197.2 da LCSP. 9.1. RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumerada nos artigos 206 e 275 da LCSP. 9.2. PRERROGATIVAS DA ADMINISTRACIÓN.- Dentro dos límites e con suxeición ós requisitos e efectos sinalados na Lei de Contratos do sector público, o órgano de contratación ostenta a prerrogativa de interpretar os contratos administrativos, resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificalos por razóns de interese público, acordar a súa resolución e determinar os efectos desta. 9.3. RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse os restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 9.4. XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resoltas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso administrativo, a teor do que se dispón na Lei Reguladora da devandita Xurisdición. 10. ANEXO I. MOD. PROPOSICIÓN DOS CRITERIOS CUANTITATIVOS (Sobre “C”).- D/Dña ……….., con domicilio en ,………………. provincia de …………….., con DNI núm………………. , en nome propio ou en representación da empresa……………………….. , co CIF núm……………………. , tendo coñecemento da contratación por procedemento aberto, do contrato de subministración, mantemento e explotación dunha rede de banda ancha dentro do proxecto “Wimax Rural Pontevedra”, financiados mediante axudas FEDER – EIXE 5, Desenvolvemento Local e Urbano – período 2007/2013, P.O. Rexional de Galicia, convocatoria 2007, así como as condicións e requisitos que se esixen para a licitación e adxudicación, comprométese a levar a cabo a súa execución con estrita suxeición ós pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas; ofrecendo un paquete de servizos definido como ACCESO BÁSICO e outro como ACCESO AVANZADO coas características especificadas na proposta técnica (e cumprindo as características mínimas especificadas no prego de prescricións técnicas) segundo as seguintes tarifas e orzamento: CONCEPTO COTA (IVE EXCLUÍDO) COTA TOTAL Orzamento Cota Mensual Acceso Básico Cota Mensual Acceso Avanzado Este servizo estará dispoñible para todos os usuarios dentro da zona de cobertura proposta. Estas tarifas estarán vinculadas a un acceso de 24h sen límite de descarga. A tarifa mensual incluirá os custos de mantemento e aluguer de equipo de usuario. A cota de alta contempla tanto a instalación coma a alta, incluíndo todos os conceptos para a posta en servizo do cliente. CONCEPTO COTA (IVE EXCLUÍDO) COTA TOTAL Cota de Alta Acceso Básico Cota de Alta Acceso Avanzado O compromiso de permanencia establece o máximo tempo que se lle obriga ó usuario a ter contratado o servizo dende que se dá de alta no mesmo. CONCEPTO Nº DE MESES Compromiso de Permanencia Acceso Básico Compromiso de Permanencia Acceso Avanzado O servizo de telefonía establece se se ofrece o servizo de telefonía, e no caso de que así sexa, débese indicar a cota mensual. CONCEPTO OFERTADO COTA (IVE EXCLUÍDO) Servizo de Telefonía SI NON O servizo wifi en prazas públicas contempla a instalación dun servizo wifi nunha praza pública de cada concello. Indicarase se se oferta ou non este servizo. CONCEPTO OFERTADO Servizo Wifi en prazas públicas SI NON 11. ANEXO II: FÓRMULA PARA PUNTUAR O ORZAMENTO 21.18217.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN, INSTALACIÓN, POSTA EN MARCHA E MANTEMENTO DUN SISTEMA INTEGRAL DE SEGURIDADE PARA O MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno, en sesión do 14 de outubro de 2009, aprobou o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración, instalación, posta en marcha e mantemento dun sistema integral de seguridade para o Museo Provincial de Pontevedra, contando cun orzamento de seiscentos cincuenta mil euros (650.000,00 €). O anuncio da convocatoria pública de licitación envíase ó Diario Oficial da Unión Europea o 14 de outubro de 2009, publicouse o 27 de outubro de 2009, número 259, no Boletín Oficial do Estado, e no Boletín Oficial de Pontevedra, número 205, de data 23 de outubro de 2009. O día 10 de decembro de 2009 constituíuse a Mesa de Contratación, e procedeuse á apertura do sobre “A”, cualificándose a documentación xeral das empresas, co resultado de admisión das seguintes empresas ó procedemento de licitación: UTE EQUIPAMIENTO Y SEGURIDAD, S.L.-RUYBESA, INSTALACIONES INTEGRALES DE COMUNICACIÓN, S.L.; TAELPO SEGURIDAD, S.A.; PROTESE, S.L.; GUNNEBO ESPAÑA, S.A; PROSEGUR TECNOLOGÍA, S.L.U.; CHILLIDA SISTEMAS DE SEGURIDAD, S.L.; SYSTEMS NISCAYAH, S.A.; UTE TECNOLOGÍA DE SEGURIDAD GALLEGA, S.L-INGENIERÍA DE SEGURIDAD GALLEGA, S.L.; UTE ICNITA, S.L.-INSISNOR, S.L.; SEGURIDAD MAR, S.L.; REVENGA SEGURIDAD, S.A.; SISTEMAS DE SEGURIDADE A-1, S.L. ;ELECNOR SEGURIDAD, S.L; UTE PLETTAC ELECTRONICS SEGURIDAD, SA-ACCIONA SISTEMAS DE SEGURIDAD, S.A.U; TECNOCONTROL SISTEMAS DE SEGURIDAD, S.A.; TEOLEFONICA INGENIERIA DE SEGURIDAD, S.A.; UTE TRC INFORMATICA, S.L.-SUPERALIA SISTEMAS, S.L; FUJITSU SERVICES, S.A.; COBRA Non se admitiu á empresa INDRA por entrar no Rexistro fóra de prazo incumprindo o estipulado na base 9.1. do Prego de condicións económico-administrativas. Con data 14 de decembro de 2009 procedeuse á apertura dos sobres “B”, relativos ás propostas técnicas e referentes a criterios non avaliables de forma automática, e trasládanse os servizos técnicos para a súa avaliación, quen emiten informe con data 25 de marzo de 2010. A mesa de contratación reúnese novamente o día 23 de abril de 2010, en acto público, dando a coñecer as puntuacións obtidas polas propostas técnicas e particípase que de conformidade co informe técnico as empresas Seguridad Mar, S.L. e Tecnología de Seguridad Gallega, S.L. exclúense do procedemento ó non cumprir coas especificacións mínimas esixidas no prego de prescricións técnicas. De ambas as dúas aperturas, e de acordo cos criterios de adxudicación establecida no prego económico administrativo, resulta a seguinte puntuación: Licitadores Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Total A1 SEGURIDAD 29,74 46,25 75,99 TELEFONICA 43,63 27,329 70,959 UTE PLETTAC/ACCIONA 41,33 29,324 70,654 GUNNEBO ESPAÑA 36,10 28,873 64,973 FUJITSU 24,70 39,154 63,854 TAELPO SEGURIDAD 18,95 36,73 55,68 RUYBESA/EQUIPAMIENTO Y SEGURIDAD 22,74 28,282 51,022 UTE SUPERALIA/TRC 23,78 23,119 46,899 NISCAYAH 23,27 22,813 46,083 GRUPO REVENGA INGENIEROS 18,78 26,161 44,941 PROSEGUR 21,56 23,178 44,738 ELECNOR 17,21 26,366 43,576 PROTESE 23,35 19,941 43,291 UTE ICNITA/INSISNOR 21,40 19,11 40,51 CHILLIDA 18,84 10,49 29,33 TECNOCONTROL 22,01 6,624 28,634 COBRA 17,42 9,668 27,088 Considerando o que se dispón nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, do 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Adxudicar provisionalmente o procedemento aberto para a contratación da subministración, instalación, posta en marcha e mantemento dun sistema integral de seguridade para o Museo Provincial de Pontevedra á empresa Sistemas de Seguridade A-1 -, S.L. (C.I.F.- B15259765) polo prezo de catrocentos vinte e cinco mil seiscentos euros (425.600,00 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de sesenta e oito mil noventa e seis céntimos de euros (68.096,00 €). Segundo.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, contado dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato. A empresa adxudicataria deberá constituír a garantía definitiva na caixa da Deputación, por importe de vinte e un mil douscentos oitenta euros (21.280,00 €) na forma que determina o art. 84 da Lei 30/2007, do 30 de outubro. Así mesmo, ingresarán na Tesourería de Deputación, de acordo coa base do prego de condicións economico-administrativas que rexeu o procedemento, a cantidade de novecentos setenta e catro euros con oito céntimos (974,08 €), en concepto de gastos de anuncio no BOP. O contrato pagarase con cargo á partida 10/432.451.623.01.2009 do vixente orzamento provincial. Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e, transcorrido o prazo de quince días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación, por este mesmo órgano. 22.18218.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DO SERVIZO DE XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “COÑECE A TÚA PROVINCIA” Resultando que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 21 de abril de 2010, acordou: Adxudicar provisionalmente á empresa Halcon Viajes S.A. (CIF A-10005510), o contrato para a prestación do servizo de xestión, organización e desenvolvemento do programa “Coñece a túa provincia 2010”, polo seguinte prezo ofertado por persoa: Prezo sen IVE 19,63 €/participante IVE/7%) 1,37 €/participante Prezo total 21,00 €/participante Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra o día 23 de abril, e que a empresa Halcon Viajes S.A. presentou a documentación requirida, entre a que se encontra a constitución de garantía definitiva por importe de 7.852,00 €, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201000037871. Por todo iso, unha vez cumprimentados os trámites e transcorrido o prazo esixido no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente á empresa Halcon Viajes S.A. (CIF A-10005510), o contrato para a prestación do servizo de xestión, organización e desenvolvemento do programa “Coñece a túa provincia 2010”, polo seguinte prezo ofertado por persoa: Prezo sen IVE 19,63 €/participante IVE/7%) 1,37 €/participante Prezo total 21,00 €/participante O número máximo de prazas ofertadas no programa será de 8.000 prazas. O financiamento do programa efectuarase de acordo coa seguinte distribución: - A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade de 15 euros por participante, ata un importe máximo de 120.000,00 €. - As persoas beneficiarias achegarán a cantidade restante, que será de 6,00 € por participante. - A parte correspondente á Deputación, por importe de 120.000,00 €, será financiado con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07. 23.18219.- PRÓRROGA DO PRAZO DE EXECUCIÓN DA OBRA “TERMINACIÓN ENSANCHE E.P. 0018 XEVE-AMIL-ESPEDREGUEIRA” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 21 de outubro de 2009, adxudicou definitivamente a CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. a obra “Terminación ensanche E.P. 0018 Xeve-Amil-Espedregueira” na suma de 190.085,31 € máis 30.413,65 € correspondentes ó IVE, que ofertaba un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 17.406,80 € e o 3,00% do orzamento de execución material para control de calidade. Resultando que a empresa adxudicataria solicita unha prórroga para a finalización da obra ata o 30 de xuño do ano en curso, debido ós estragos ocasionados polos temporais que ocasionaron un atraso no desenvolvemento da obra. Considerando que polo Enxeñeiro Técnico de Infraestruturas, Xefe da Zona Centro, emítese informe en que considera necesario acceder ó solicitado, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga para a finalización da obra “Terminación ensanche E.P. 0018 Xeve-Amil-Espedregueira” ata o 30 de xuño de 2010. 24.18220.- CORRECCIÓN DE ERRO DO ACORDO Nº 15.17724 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 10/02/2010 Visto o acordo da Xunta de Goberno adoptado na súa sesión ordinaria do 10/02/10, punto 15.17724, en virtude do cal se aproba a concesión dunha axuda ó Concello de Oia, CIF núm. P3603600B, para a realización do investimento núm. 2009002523, denominada “Subministración de material para a realización de diversas obras”, incluída no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, cun orzamento de 62.800,00 €. Resultando que se emite un informe do Servizo de Contratación no que se sinala que o obxecto do contrato non é subvencionable de acordo ás bases da convocatoria. Resultando que a consecuencia do antedito informe, o Concello de Oia remite nova documentación solicitando o cambio de denominación do investimento e xustificando que a obra se executará cos medios propios do Concello. Visto o informe favorable emitido polo Servizo de Cooperación, no que se propón a modificación da aplicación orzamentaria á que se debe imputar o gasto en atención á execución pola Administración e a execución do investimento polo propio Concello. Considerando o disposto na base décimo terceira das Bases da convocatoria do PID/09-11, que faculta ó Presidente para resolver aqueles casos problemáticos ou situación excepcionais non previstas, en relación coa licitación, que poidan xurdir no desenvolvemento do Plan, e no artigo 24 da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público en relación á execución da obra pola Administración. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º.- Corrixir a aplicación orzamentaria á que se debe imputar o gasto, de xeito que onde di “2010.942.942.652.45.2009”, debe dicir “2010.942.942.762.00.2009” e onde di “2010.942.942.652.45”, debe dicir “2010.942.942.762.00”. 2º.- De conformidade co disposto na Base décimo terceira do Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra 2009-2011, que faculta ó Presidente para resolver aqueles casos problemáticos e situación excepcionais non previstas, en relación coa licitación, que poidan xurdir no desenvolvemento do Plan, autorízase ó Concello de Oia para executar a obra cos seus propios medios, coas seguintes obrigas para a xustificación e o pagamento desta axuda e sen prexuízo de calquera outro requisito que se desprenda da lexislación aplicable: 1. O investimento deberá estar executado antes do 31/10/2011, e xustificado antes de tres meses dende o seu remate e, en todo caso, antes do 31/12/2011, de non facelo así procederase á anulación da axuda concedida. No caso de solicitar unha ampliación do prazo establecido para a súa xustificación, deberá facelo constar formalmente e por escrito motivado antes de que finalice o prazo de xustificación. En ningún caso a ampliación poderá exceder da metade do prazo inicial. 2. A axuda concédese para executar o investimento citado e non se poderá cambiar o seu destino nin a cantidade tal e como se recolle no artigo 30 da Lei 38/03, xeral de subvencións, agás que se solicite a súa modificación mediante escrito razoado antes do 30/06/2011. 3. Para recibir a subvención concedida, cómpre presentar no Rexistro da Deputación os seguintes documentos: a) Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade do proxecto ou investimento, con expresada mención dos resultados obtidos, xustificación das obrigas impostas e indicación de se se cumpriron os obxectivos propostos. b) Conta xustificativa dos gastos. c) Certificación/s da obra ou ben facturas orixinais ou compulsadas do gasto efectuado. d) Certificación do Secretario ou do Interventor (ou funcionario competente) acreditativo de que os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron ó investimento subvencionado, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, se se considera oportuno, os xustificantes correspondentes. e) Declaración do Concello que acredite que se lle dou publicidade ó investimento subvencionado, facendo constar a colaboración da Deputación – Servizo de Cooperación. f) Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou de recibilas nun futuro, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. g) Declaración responsable de terse realizado o investimento de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención. 4. Os servizos técnicos da Deputación de Pontevedra, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. O resto do acordo da Xunta de Goberno adoptado na súa sesión ordinaria do 10 de febreiro de 2010, punto 15.17724 permanecerá invariable. 25.18221.- CORRECCIÓN DE ERRO DO ACORDO Nº 16.17914 DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 10/03/2010 Visto o acordo da Xunta de Goberno adoptado na súa sesión ordinaria do 10 de marzo de 2010, punto 16.17914, en virtude do cal se aproba a concesión dunha axuda ó Concello de Barro, CIF núm. P3600200D, para a realización do investimento núm. 2009002253, denominada “Adquisición de materiais para a reposición de solo e pezas de madeira no Pazo da Crega”, incluída no Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, cun orzamento de 66.863,19 €. Resultando que segundo o disposto na base segunda da convocatoria destas axudas, que define o obxecto do plan e as tipoloxías de investimentos subvencionables, resulta que do contido do proxecto deste investimento dedúcese que non é un tipo de investimento que poida ser considerado como subvencionable. Resultando que a consecuencia do antedito, o Concello de Barro remite nova documentación solicitando e xustificando que o investimento se execute cos medios propios do Concello. Visto o informe favorable emitido polo Servizo de Cooperación, no que se propón a modificación da aplicación orzamentaria á que se debe imputar o gasto en atención á execución pola Administración e a execución do investimento polo propio concello. Considerando o disposto na base décimo terceira das Bases da convocatoria do PID/09-11, que faculta ó Presidente para resolver aqueles casos problemáticos ou situación excepcionais non previstas, en relación coa licitación, que poidan xurdir no desenvolvemento do Plan, e no artigo 24 da Lei 30/2007 de Contratos do Sector Público en relación á execución da obra pola Administración. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º.- Corrixir a aplicación orzamentaria á que se debe imputar o gasto, de xeito que: Onde di: “Esta subvención, no exercicio 2010, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.652.45, na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a anualidade de 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspondente quedando condicionada á aprobación do respectivo orzamento”. Debe dicir: “Esta subvención, no exercicio 2010, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.762.00, na que existe crédito para facer fronte a este gasto. Asemade, a anualidade de 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será no seu caso a 11/942.942.762.00, quedando condicionada á aprobación do respectivo orzamento.” 2º.- De conformidade co disposto na Base Décimo Terceira do Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra 2009-2011, que faculta ó presidente para resolver aqueles casos problemáticos e situación excepcionais non previstas, en relación coa licitación, que poidan xurdir no desenvolvemento do Plan, autorízase ó Concello de Barro para executar a obra cos seus propios medios, coas seguintes obrigas para a xustificación e o pagamento desta axuda e sen prexuízo de calquera outro requisito que se desprenda da lexislación aplicable: 1. O investimento deberá estar executado antes do 31/10/2012, e xustificado antes de tres meses dende o seu remate e, en todo caso, antes do 31/12/2012, de non facelo así procederase á anulación da axuda concedida. No caso de solicitar unha ampliación do prazo establecido para a súa xustificación, deberá facelo constar formalmente e por escrito motivado antes de que finalice o prazo de xustificación. En ningún caso a ampliación poderá exceder da metade do prazo inicial. 2. A axuda concédese para executar o investimento citado e non se poderá cambiar o seu destino nin a cantidade tal e como se recolle no artigo 30 da Lei 38/03, xeral de subvencións, agás que se solicite a súa modificación mediante escrito razoado antes do 30/06/2012. 3. Para recibir a subvención concedida, cómpre presentar no rexistro da Deputación os seguintes documentos: a) Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade do proxecto ou investimento, con expresada mención dos resultados obtidos, xustificación das obrigas impostas e indicación de se se cumpriron os obxectivos propostos. b) Conta xustificativa dos gastos. c) Certificación/s da obra ou ben facturas orixinais ou compulsadas do gasto efectuado. d) Certificación do Secretario ou do Interventor (ou funcionario competente) acreditativo de que os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron ó investimento subvencionado, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, se se considera oportuno, os xustificantes correspondentes. e) Declaración do Concello que acredite que se lle dou publicidade ó investimento subvencionado, facendo constar a colaboración da Deputación – Servizo de Cooperación. f) Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou de recibilas nun futuro, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. g) Declaración responsable de terse realizado o investimento de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención. 4. Os servizos técnicos da Deputación de Pontevedra, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. O resto do acordo da Xunta de Goberno adoptado na súa sesión ordinaria do 10 de marzo de 2010, punto 16.17914 permanecerá invariable. 26.18222.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota