Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2010-09-08_Ordinaria. Acta de sesión 2010/09/08_Ordinaria
Acta de sesión 2010/09/08_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.538/1.2010-09-08_Ordinaria
Título Acta de sesión 2010/09/08_Ordinaria
Data(s) 2010-09-08 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día oito de setembro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18509.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 1 de setembro de 2010. 2.18510.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE RODEIRO NO PAM/06-08, ANUALIDADE 2008, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº77/679 DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO DO CPI E DO CENTRO DE SAÚDE DE RODEIRO” Dada conta da solicitude de aboo da xustificación fact.: 06/10 remitida polo Concello de Rodeiro correspondente ó investimento nº 77/679, denominado “Acondicionamento do CPI e do Centro de Saúde de Rodeiro”, incluído no PAM/06-08, anualidade 2008, á vista dos informes emitidos polos Servizos de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga por importe de dezasete mil euros (17.000,00 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial do crédito, a favor do citado Concello. - Declarar o pagamento da cantidade de dezasete mil euros (17.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.762.10.2008, como pago da subvención concedida ó Concello de Rodeiro no PAM/06-08, anualidade 2008, para a realización do investimento núm. 77/679 denominado “Acondicionamento do CPI e do Centro de Saúde de Rodeiro”. 3.18511.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 4.18512.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DE BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 3º TRIMESTRE DO ANO 2010 Vista a solicitude que formula o Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento das Comarcas de Baixo Miño, Condado e Louriña CIF: P-3.600.027-A, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 96.205,53€, para gastos de funcionamento do 3º trimestre do ano 2010, e o informe de Intervención de data 6 de setembro de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 96.205,53€ como achega da Deputación, ó Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña, durante o terceiro trimestre do ano 2010. 2. Declarar o aboo a favor do citado Consorcio da cantidade de 96.205,53€ con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.134.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 201000027916. 5.18513.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 41 DA OBRA “CONSTRUCIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN (PONTEVEDRA) Vista a certificación núm.41 relativa á obra “Construción do campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)”, adxudicada no seu día a Empresa Oreco, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención, de data 24 de agosto de 2010, e así mesmo de acordo coa Base 17ª de execución do orzamento provincial 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: ORECO, S.A. (CIF. A-36.614.691) 10/340.342-652.02.2009 (Deputación) 184.425,19 € Concello de Pontevedra 120.615,17 € Xunta de Galicia 46.608,54 € SUBTOTAL 351.648.90 € Taxa Técnicos Directores (4% PEM) 10.017,06 € Control de calidade (2% PEM) 5.008,53 € Seguridade e saúde (O,72% PEM) 1.803,07 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 334.820,24 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 6.18514.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA DE “MELLORA SEGURIDADE VIARIA NA INTERSECCIÓN E.P. 8001 CON EP. 8702 (CATORIA) Considerando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 21/07/2006, adxudicou a Construccions Obras e Viais, S.A. a obra de “Mellora seguridade vial en intersección E.P. 8001 con E.P. 8702 (Catoira)”, na suma de 107.740,49 €, IVE incluído. Considerando que a Xunta de Goberno, en sesión de 23/06/2010, prestou aprobación ó proxecto modificado de dita obra por importe de 111.435,56 € máis 20.058,40 € correspondentes ó IVE, supoñendo un incremento sobre o contrato primitivo de 18.555,83 € máis 3.340,05 € correspondentes ó IVE, que foi redactado polo Servizo de Infraestruturas como consecuencia de que con posterioridade á redacción do proxecto primitivo, e unha vez realizado o planeamento da rotonda orixinal sobre o terreo, e ante as reclamacións do Concello de Catoira e dos veciños do lugar, estudouse a posibilidade de mellorar dita actuación ó comprobarse que, a pesar das obras proxectadas, seguiría sen resolverse satisfactoriamente a circulación nese tramo. Considerando que por Construccions, Obras e Viais, S.A., adxudicataria da obra inicial, préstase conformidade ó orzamento modificado. Considerando que polo Sr. Secretario Xeral se emite informe favorable ó procedemento utilizado para a adxudicación da obra. E, á vista do informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención, e segundo o establecido no art. 146.3 do R.d.l. 2/2000,de 16 de xuño, polo que se aprobou o Trlcap, dado que a disposición transitoria primeira da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, onde establece que os expedientes de contratación iniciados antes da súa entrada en vigor rexeranse pola normativa anterior, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a obra comprendida no proxecto modificado de “Mellora seguridade vial en intersección E.P. 8001 con E.P. 8702 (Catoira)” a Construccions, Obras e Viais, S.A., adxudicataria da obra inicial, na suma de 18.555,83 €, máis 3.340,05 € correspondentes ó IVE, toda vez que se prestou conformidade ó proxecto modificado polo contratista inicial da obra e que non se supera o 20% do prezo do contrato primitivo. 7.18515.- MODIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 3.17712 DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 10/02/10 Visto o acordo núm. 3.17712 adoptado pola Xunta de Goberno, o día 10 de febreiro de 2010, polo que se lle concede unha axuda económica, dentro do Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, ó Concello de Barro para a adquisición dun tractor con desbrozadora en brazo articulado (núm. investimento 2009002251). Dada conta da necesidade manifestada polos servizos técnicos desta Deputación de que a adxudicación da subministración se efectúe no presente exercicio 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: -Modificar ó acordo núm. 3.17712 adoptado pola Xunta de Goberno o día 10 de febreiro de 2010, de xeito que: Onde di: “Conceder ó Concello de Barro 88.560,00 €, para a realización do investimento núm. 2009002251, denominado “Adquisición de tractor con desbrozadora en brazo articulado”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 51.356,37 euros Exercicio 2010: 15.743,63 euros Exercicio 2011: 21.460,00 euros Esta subvención contabilizarase, no exercicio 2009, con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009, na que existe crédito para facer fronte ó gasto, unha vez sexan incorporados os remanentes de crédito ó vixente exercicio. A anualidade 2010 contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45 na que existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto e, a anualidade do 2011 contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, quedando condicionada á aprobación do seu orzamento.” Debe dicir: “Conceder ó Concello de Barro 90.086,89 €, (IVE do 18% incluído) para a realización do investimento núm. 2009002251, denominado “Adquisición de tractor con desbrozadora en brazo articulado”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 52.241,82 euros Exercicio 2010: 37.845,07 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase, na anualidade 2009, con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.942.652.45.2009 e, no exercicio 2010 con cargo á aplicación 2010.942.942.652.45, nas que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto.” O resto do acordo da Xunta de Goberno referido anteriormente permanecerá invariable. 8.18516.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚM. 24.18489 DA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 18/08/10 Decatado un erro no acordo núm. 24.18489 adoptado pola Xunta de Goberno o día 18 de agosto de 2010, de conformidade co disposto no artigo 105.1 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico de Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Corrixir o erro no acordo núm. 24.18489 de xeito que: Onde di: “… Dona Águeda Mª Alfonsín Outeda como Técnico Superior en Información e Comercialización Turística, con efectos 1 de setembro e ata o 29 de febreiro de 2011.” Debe dicir: “… Dona Águeda Mª Alfonsín Outeda como Técnico Superior en Información e Comercialización Turística, con efectos 1 de setembro e ata o 28 de febreiro de 2011.” Permanecendo invariable o resto do texto do acordo. 9.18517.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota