Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2010-09-22_Ordinaria. Acta de sesión 2010/09/22_Ordinaria
Acta de sesión 2010/09/22_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.538/1.2010-09-22_Ordinaria
Título Acta de sesión 2010/09/22_Ordinaria
Data(s) 2010-09-22 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día vinte e dous de setembro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, se ben previamente adoptouse o seguinte acordo: - A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acorda por unanimidade mostrar as condolencias polo falecemento de D. Saturno Luís Valdés González, exconcelleiro do Concello de Lalín e exdeputado provincial, manifestando o máis sentido pésame. 1.18540.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 15 de setembro de 2010. 2.18541.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2010, CAMPAÑA DE OUTONO-6º GRUPO Aprobadas as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios 2010, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 18/01/2010, cunha dotación económica de 240.000,00€, dirixido ás persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, adxudicada a xestión e organización deste programa á Empresa Halcón Viajes, en virtude do acordo da Xunta de Goberno do 30/04/2010, e remitido o 6º Grupo de solicitudes á Intervención o 15 de setembro de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión do 6º Grupo de subvencións do Programa Diúrno de Balnearios 2010, Campaña de Outono, polo importe de 780,00 €, para un total de 15 persoas, con cargo á partida 10/230.232-227.07 do orzamento provincial, e segundo o que se xunta. CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO VILABOA NON 15 780,00 € TOTAL 15 780,00 € 3.18542.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE GONDOMAR PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2010000124, DENOMINADA “SANEAMENTO NA FINCA DO CONDE”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2010000124, denominado “Saneamento na finca do Conde” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención no que de oficio e, en cumprimento do disposto na Lei 26/2009, de 23 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2010, aplica sobre o orzamento do proxecto da citada obra o IVE do 18%, vixente dende o 1 de xullo de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Gondomar a cantidade de cento dezaoito mil trinta e sete euros con setenta e dous céntimos (118.037,72 €), para a realización do investimento núm. 2010000124, denominado “Saneamento na Finca do Conde”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 118.037,72 euros Polo que, a pesares da súa tramitación anticipada prevista no artigo 94.2 da Lei 30/2007, de contratos do sector público, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2011, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será no seu caso a 11/942.942.652.45, quedando condicionada á aprobación do seu respectivo orzamento. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 4.18543.- SOLICITUDE DO CONSORCIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO DEZA E TABEIROS-TERRA DE MONTES, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 2º E 3º TRIMESTRE DO ANO 2010 Á vista da solicitude formulada polo Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes CIF: V-36.291.334, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 198.573,42 €, para os gastos de funcionamento do 2º e 3º trimestre do ano 2010, e o informe de intervención de data 15 de setembro de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 198.573,42 €, para o 2º e 3º trimestre do ano 2010, ó Consorcio para o Servizo Contra Incendios das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes. 2. Declarar o aboamento a favor do citado Consorcio da cantidade de 198.573,42€ con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.134.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 201000037977. 5.18544.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á PARROQUIA SANTA MARÍA DE TROÁNS DO CONCELLO DE CUNTIS PARA RESTAURACIÓN RETABLO BARROCO DE SAN MIGUEL” NA XUNTA DE GOBERNO DE 30/09/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 30/09/2009 unha subvención a favor da Parroquia Santa María de Troans con CIF: R-1500020-A, do Concello de Cuntis, para a “Restauración retablo barroco de San Miguel”, por un importe de 3.000,00 €, con cargo á partida 09/451.451.789.04, e concedida prórroga para a súa xustificación ata o 30 de setembro de 2010 por acordo da Xunta de Goberno de 14/04/2010, recíbese escrito da citada Entidade, presentado no Rexistro Xeral con data 27/08/10, no que solicitan unha nova prórroga para a súa xustificación debido a que o prazo resulta insuficiente para levar a cabo os traballos previstos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha segunda prórroga ata o 31 de decembro de 2010, para a xustificación da citada subvención. 6.18545.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Unión de Televisiones Gallegas, S.A. (UTEGA). A empresa Unión de Televisiones Gallegas, S.A.- UTEGA (CIF A- 15.766.256), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que proceden as devolucións das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de dos mil novecentos trinta euros con noventa e nove céntimos (2.930,99 €), para responder do contrato relativo á “Prestación de servizos de publicidade na canle de televisión Localia Vigo”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/07/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900060884. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Biomèrieux España, S.A. A empresa Biomèrieux España, S.A. (CIF A- 28.664.589), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución de fianzas constituídas para responder dos seguintes contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que proceden as devolucións das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de dos mil catrocentos corenta e un euros (2.441,00 €), para responder do contrato relativo á “Subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade (Lotes 2, 3 e 4)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/05/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700041579, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 €), para responder do contrato relativo á “Ampliación dos 3 lotes do concurso celebrado para a subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/01/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800002941, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Contenur España, S.L. A empresa Contenur España, S.L. (CIF B- 82.806.738), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de novecentos euros (900,00 €), para responder do contrato relativo á “Subministración de papeleiras e colectores de recollida de residuos sólidos urbanos para a súa distribución ós concellos da provincia (Lote 1)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/03/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700011883, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de dous mil setecentos euros (2.700,00 €), para responder do contrato relativo á “Subministración de papeleiras e colectores de recollida de residuos sólidos urbanos para a súa distribución ós concellos da provincia (Lote 2)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/03/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700011882, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Movex Vial, S.L. A empresa Movex Vial, S.L. (CIF B- 36.684.157), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución de fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de dezanove mil oitenta e sete euros con setenta e seis céntimos (19.087,76 €), para responder do contrato relativo á obra “Reforma e ampliación do auditorio do Rosal”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/10/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500098389, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de dez mil setecentos corenta euros con un céntimo (10.740,01 €), para responder do contrato relativo á obra “Proxecto modificado de reforma e ampliación do auditorio do Rosal”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/12/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700101883, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Caixa Geral, por importe de vinte e un mil trescentos catorce euros con corenta céntimos (21.314,40 €), para responder do contrato relativo á obra “Proxecto modificado-3 de reforma y ampliación do Auditorio do Rosal”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/05/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800040173, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Atesvi, S.L. A empresa Atesvi, S.L. (CIF B- 15.906.522), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución dunha serie de fianzas constituídas para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do sector público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de oito mil seiscentos euros (8.600,00 €), para responder do contrato relativo á obra “Ampliación dos pasos elevados sobre a liña de FF.CC. Santiago- Ourense en E.P. 6504 Negreiros- Carboeiro e E.P. 6506 Breixa- Manduas (Silleda)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/12/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600110029, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.18546.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA DOLORES VIRTUDES SALGADO RAMALLO POR PRESUNTOS DANOS E PREXUÍZOS Dada conta que con data de rexistro 11/06/2009 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Dolores Virtudes Salgado Ramallo con enderezo de notificacións en Lugar de Touceda, 50-Alba de Pontevedra, por presuntos danos e prexuízos causados polos cans do Parque de Maquinaria desta Deputación o día 21/04/2008 e que individualiza economicamente en 8.604,81 €. Resultando.- Que pola mesma causa que da lugar á presente reclamación, tramitouse Xuízo de Faltas con numero 381/2008 no Xulgado de Instrución nº 3 de Pontevedra, no que se ditou Sentenza con data 15/12/2008, que absolvía á Deputación de Pontevedra como responsable civil subsidiaria e ó traballador do Parque de Maquinaria como autor da falta que se lle imputaba e na que, a maiores o Ministerio Fiscal interesou a absolución dos denunciados por falta de probas. Nos feitos probados da sentenza consta o seguinte: “ …el día 15 de abril fue a recoger a unas cabras de su finca y observó que dos perros de raza pastor alemán estaban comiendo una de sus cabras y que otra tenía diversos mordiscos”. Nos fundamentos de dereito recóllese que: “ el denunciante no vio el inicial ataque de los perros a sus cabras (…) no hay testigos de los hechos (…) y que el encargado (en este caso el denunciado) los dejase sueltos o en condiciones de causar mal, cuestión tampoco acreditada en juicio” “…los perros quedan en el recinto cerrado; si realmente los perros se escaparon no hay culpa penal en el denunciado” Resultando.- Que con data 9/03/2010 solicitouse informe á concesionaria do Servizo de recollida de lixo do Concello de Pontevedra “CESPA, S.A.” co fin de que emitira informe en relación cun servizo ó parecer efectuado por esa concesionaria, o día 21 de abril de 2008, segundo dicía a denunciante na súa reclamación de responsabilidade patrimonial, consistente na recollida de dous cans que foron trasladados á canceira municipal, respecto dos seguintes extremos: a) Lugar no que se produciu o citado servizo de recollida. b) Data exacta do mesmo, día e hora. c) Raza dos cans que presuntamente foron recollidos. d) Número de animais. Este foi emitido o 10/03/2010 co seguinte contido literal: “En respuesta a su fax de 9 de marzo de 2010, solicitando informe en relación con un servicio consistente en la recogida de dos perros que fueron trasladados a la perrera municipal el día 21 de abril de 2008, ponemos en su conocimiento que no tenemos constancia de dichos hechos ni tampoco tenemos contratado con el Ayuntamiento de Pontevedra dicho servicio” Resultando.- Que con data 11/03/2010 compareceu na Sede da Asesoría Xurídica o funcionario provincial adscrito ó Parque de Maquinaria D. Juan Carlos Fernández Mariño ós efectos de prestar declaración sobre os feitos acaecidos e que aquí se reclaman manifestando o seguinte: “PREGUNTADO: En relación co informe do Parque de Maquinaria de data 14 de maio de 2008, no que se recolle a posibilidade da indemnización do sinistro con cargo á póliza da Deputación. MANIFESTA: Que o informe elaborouno o Xefe Xeral do Parque de Maquinaria, supoñendo que poderían ter sido os cans da Deputación os autores do ataque ao can da Sra. Salgado Ramallo, pero nin o Xefe Xeral nin o dicente poden asegurar que foran os devanditos cans, xa que se trata dunha zona rural con asentamentos poboacionais próximos nos que existen cans en liberdade ou semisalvaxes, como así xa o declarou no xuízo de faltas. PREGUNTADO: Se os cans foron trasladados desde onde, por quen, e a onde. MANIFIESTA: Que o descoñece, pero que supón que foron levados á canceira e supón que desde algún lugar relativamente cercan ó parque. PREGUNTADO: Se os cans cumprimentaban os requisitos esixidos pola lexislación, microchips, vacinacións etc. MANIFESTA: Que si, e que ambos contaban con microchips, aínda que a un deles non llo localizaron, posto que no informe da eutanasia que se lle practicou atopáronselle a ámbolos dous os microchips. PREGUNTADO: Se os cans portaban algún signo identificativo, marca ou colar que os relacionase coa Excelentísima Deputación de Pontevedra. MANIFESTA: Que non. PREGUNTADO: Se os cans que saíron esa noite o fixeron como consecuencia dunha interferencia producida pola tormenta no dispositivo de apertura ao portalón de acceso ao recinto. MANIFESTA: Que supón que si. PREGUNTADO: Canto tempo conviviu cos cans. MANIFESTA: Que máis de catro anos. PREGUNTADO: Se nese lapso de tempo os cans comportáronse de xeito agresivo, incluso coas visitas que accedían ó recinto do parque. MANIFESTA: Que os cans, como é propio da raza Pastor Alemán eran pacíficos, e nunca se comportaron de xeito agresivo con nadie incluíndo as visitas descoñecidas que entraban ó recinto do Parque. PREGUNTADO: Se lle parece posible que estando ceibes os cans puideran producirse de xeito agresivo con outros cans. MANIFESTA: Que polo coñecemento que ten deles e polo que explicou na pregunta anterior, parécelle imposible que foran os autores do ataque ó can Lucas. Lida a presente di que é verdade o manifestado, ratificándose nela o que en proba de conformidade asina a presente na Sede da Asesoría Xurídica.” Resultando.- Que consta no expediente Acta de Xuízo Oral de data 5/11/2008, relativa ó xuízo de Faltas que se celebrou o 5/11/2008 e da que se poden extraer algúns fragmentos da mesma, que veñen a reforzar a tese de que non foron os cans do Parque de Maquinaria desta Deputación Provincial, os que deron morte o can da reclamante, a saber: O denunciante en resposta a preguntas do avogado da Deputación Provincial: “Las cabras las llevaba desde 8 meses a pastar allí. Los perros eran similares”. O termo “similares”, supón a non identificación dos cans que atacaron ou, no mellor dos supostos para a reclamante, o que eran parecidos, pero non os mesmos. A prexudicada en resposta a preguntas da avogada do demandado: “Fue el día 21 y le dijeron que llevaban 15 días por la zona, del 15 en adelante se oía por allí que había unos perros sueltos”. Afirmacións do encargado dos cans Sr. Fernández Mariño, que din “…estaban en la finca. Los suelta a la noche y sus compañeros los cierran por la mañana, el día 15 estaban allí (…) el 21 su compañero le dijo que la puerta estaba abierta y los perros no estaban allí, le avisaron de la perrera que estaban allí. Nadie identificó a los perros como los que atacaron. (…) los perros no son peligrosos, el vive con ellos, no tuvo ningún problema con ellos” Destes fragmentos pode deducirse que os cans que atacaron os animais non foron os da Deputación, toda vez que estes non levaban soltos días como afirma a reclamante. Resultando.- Que con data 05/06/2008 emitiuse informe polo facultativo veterinario Don Alberto Antonio Silva Torres, como veterinario clínico asiduamente requirido para a atención sanitaria de dous cans no Parque de Maquinaria da Excelentísima Deputación de Pontevedra, no que informa: “ - Tratábase de dous cans de raza Pastor Alemán: Un macho chamado Draco identificado mediante microchip e inscrito no REGIAC co número 0977200004491638. Unha cadela chamada Mufi identificada mediante microchip e inscrito no REGIAC co número 724098100709291. -Dos servizos prestados pola miña parte podo informar de que: Ó meu parecer as instalación onde se atopaban os cans respondían perfectamente ós requisitos sanitarios establecidos en canto a hixiene, protección dos animais e illamento. Os coidados de alimentación eran os axeitados a dicir polo estado e aspecto corporal dos animais. O persoal coidador dos cans actuou ó meu parecer sempre con dilixencia para proporcionarlle os coidados de desparasitacións e vacinacións, así como para os coidados sanitarios. O carácter dos cans na miña presenza nunca manifestou síntomas de agresividade hacia persoas.” Resultando.- Que os cans estaban identificados: o feito de que non fosen detectados na primeira revisión os preceptivos microchips, non supón que no informe da eutanasia e tras a práctica desta non se lle detectasen, tal e como así foi. Segundo informe do Facultativo Veterinario Don Alberto Antonio Silva Torres, nº de colexiado 11-36-9-00541 consta que tanto o macho “Draco” como a femia “Mufi” contan, respectivamente, cos seguintes números de chip identificativo: 0977200004491638 e 724098100709291. Resultando.- Que con data 26/03/2010 emitiuse informe polo Enxeñeiro Técnico Industrial da Excelentísima Deputación de Pontevedra, Don José Ramón Monteagudo Gil, Xefe de Mantemento da Cidade Infantil Príncipe Felipe, co seguinte contido: “ El Parque Central de Maquinaria de la Diputación de Pontevedra se encuentra ubicado en una parcela de la calle Domingo Fontán de Pontevedra, y está formado por varias naves y edificaciones de tipo industrial circundadas por un cierre perimetral de enrejado metálico. Dispone para su entrada de un portalón metálico con apertura automatizada mediante sistema eléctrico de tipo convencional a base de relés, emisor y receptor accionados a través de mando a distancia o pulsador. Este sistema de instalación es totalmente seguro y fiable, sólo excepcionalmente y en situaciones meteorológicas adversas (tormenta con aparato eléctrico), lo hace susceptible de fallos en su funcionamiento, que en algún caso puede permitir la apertura del portalón de forma accidental no controlada.” Resultando.- Que se trata dunha zona con asentamentos poboacionais dispersos e incluso chabolistas (O Vao), na que non é infrecuente a deambulación de cans en liberdade e sen cumprir os mínimos requisitos de tenencia de animais domésticos. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que segundo establece o artigo 137 apartado 2º da Lei 30/1992: “Los hechos declarados probados por resoluciones judiciales penales firmes vincularán a las Administraciones Públicas respecto de los procedimientos sancionadores que substancien”, e por esta mesma causa xa se tramitou Xuízo de Faltas con número 381/2008 no Xulgado de Instrución nº3 de Pontevedra, no que se ditou sentenza con data 15/12/2008, que absolvía á Deputación de Pontevedra como responsable civil subsidiaria e ó traballador do Parque de Maquinaria como autor da falta que se lle imputaba. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo á vista dos precitados informes, comparecencias e feitos probados en xuízo, polos que resulta indubitada á non demostración de que o can propiedade da reclamante fora agredido polos cans desta Deputación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 8.18547.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.18548.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA ASOCIACIÓN PARROQUIAL VECIÑOS SAN CLEMENTE (CALDAS DE REIS), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA: “OBRAS COMÚNS CEMITERIO PARROQUIAL SAN CLEMENTE”, INCLUÍDA NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), EXERCICIO 2009 CO NÚMERO 481 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de prórroga solicitada pola Asociación Parroquial Veciños San Clemente (CIF: V-36.529.261) (Caldas de Reis) para xustificar a obra incluída no PAC/2009, co núm. 481, denominada “Obras comúns cemiterio parroquial San Clemente”, subvencionada con dez mil euros (10.000,00). Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2011, con carácter improrrogable. 10.18549.- CAMBIO DE APLICACIÓN E CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Ó CONCELLO DE OIA CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DA ACHEGA MUNICIPAL DA OBRA “CONSTRUCIÓN DE CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL -3ª FASE” E Ó FINANCIAMENTO DA OBRA “CONSTRUCIÓN DE PISTA MULTIDEPORTIVA NA PARROQUIA DE LOUREZA” Dentro do Plan de Investimentos da Deputación (PID/09-11), inicialmente o Concello de Oia solicitou en prazo axudas para diferentes investimentos a realizar durante os exercicios 2009-2011. Entre estas solicitudes atópase o expediente núm. 2525 “Construción de muros en Mougás, Loureza e Refoxos”. Resultando que o Concello de Oia mediante escrito (núm. rexistro de entrada 32857 de 17.09.2010), por razóns de urxencia e interese veciñal, solicita un cambio de aplicación sobre a obra citada. Considerando que, de conformidade co disposto na Base décimo terceira do Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra 2009-2011, facúltase ó Presidente para resolver aqueles casos problemáticos e situacións excepcionais non previstas, en relación coa licitación que poidan xurdir no desenvolvemento do Plan e que esta modificación non prexudica dereitos de terceiros nin afecta á distribución por anualidades nin ó importe global das subvencións concedidas ó Concello de Oia. Considerando que, na base 25ª.5.b) das Bases de Execución dos orzamentos provinciais establécese: “Variación nas subvencións: Os beneficiarios quedan obrigados a comunicar calquera evantualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida coa subvención, co obxecto de que, se sé estiman con suficiente anterioridade, poida procederse á modificación tanto do contido e contía do programa a subvencionar coma da súa forma e prazos de execución e xustificación dos correspondentes gastos”. Considerando que o artigo 64 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, establece as condicións para a modificación do contido dun acordo de concesión, sempre e cando non se prexudiquen os dereitos de terceiros. Á vista da documentación achegada polo Concello de Oia e dos informes favorables do Servizo de Intervención e Infraestruturas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Anular a R.P. 7946, de 02 de xuño de 2010. 2. Conceder ó Concello de Oia a cantidade de oitenta e cinco mil cento oitenta e tres euros con oitenta e tres céntimos (85.183,83 €), con destino ó financiamento da achega municipal do exercicio 2010 do investimento “Construción de campos de fútbol de herba artificial-3ª fase”, con cargo á aplicación 10/942.942.652.45 na que existe crédito para facer fronte ó gasto. Con posterioridade realizaranse as operacións en formalización que se estimen oportunas. 3. Conceder ó Concello de Oia a cantidade de once mil douscentos noventa e seis euros con setenta e un céntimos (11.296,71 €) para financiar a obra núm. 2010002979, “Construción de pista multideportiva na parroquia de Loureza”, cun orzamento de 56.483,54 euros con cargo á aplicación 10/942.942.652.45, na que existe crédito para afrontar este gasto; autorizar ó concello para a contratación da citada obra e, por conseguinte, transferir once mil douscentos noventa e seis euros con setenta e un céntimos, (11.296,71€) da aplicación 10/942.942.652.45 á aplicación 10/942.942.762.00 do vixente orzamento provincial. En relación con esta última concesión determínanse as condicións particulares para a xustificación e o pagamento da axuda económica sen prexuízo de calquera outro requisito que se desprenda da lexislación aplicable. 3.1. O investimento deberá estar executado antes do 31/10/2011, de non facelo así procederase á anulación da subvención concedida. No caso de solicitar unha ampliación do prazo establecido para a súa xustificación, deberá facelo constar formalmente e por escrito motivado antes de que finalice o prazo de xustificación. En ningún caso a ampliación poderá exceder da metade do prazo inicial. 3.2. A axuda concédese para executar o investimento citado e non se poderá cambiar o seu destino nin a cantidade tal e como se recolle na artigo 30 da Lei 38/03, xeral de subvencións, agás que se solicite a súa modificación mediante escrito razoado antes do 30/03/2011. 3.3. Para percibir a subvención concedida, cómpre presentar no Rexistro da Deputación os seguintes documentos: 3.3.a. Certificación/s de obra ou ben facturas orixinais ou compulsadas do gasto efectuado que serán aprobados polo órgano competente do concello e informados polos servizos técnicos provinciais. 3.3.b. Certificación que acredite que se lle dou publicidade ó investimento subvencionado, facendo constar a colaboración da Deputación. 3.3.c. Declaración das axudas recibidas. 3.3.d. Acta de recepción do investimento executado. 3.3.e. Declaración responsable de terse realizado o investimento de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención. 3.4. Os servizos técnicos da Deputación de Pontevedra, poderán comprobar en todo momento a execución da obra. 11.18550.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO ABERTO PARA CONTRATACIÓN DA INSTALACIÓN E ADECUACIÓN DE PARQUES INFANTÍS NO CONCELLO DE BAIONA A Xunta de Goberno, en sesión do 17 de marzo de 2010, aprobou o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da instalación e adecuación dos parques infantís, no Concello de Baiona. O orzamento de licitación estableceuse en cento sesenta e nove mil seiscentos sesenta e cinco euros con sesenta e dous céntimos (169.665,62 €) sen IVE. O anuncio da convocatoria pública de licitación publicouse no Boletín Oficial de Pontevedra, número 60, de data 30 de marzo de 2010. O día 16 de abril de 2010 constituíuse a Mesa de Contratación, e procedeuse á apertura do Sobre “A”, cualificándose a documentación xeral, coa admisión das seguintes empresas: A Sampana Obras y Servicios, S.L.U.; Arboleira Paisajismo, S.L.; Belypa Construcciones S.L.; Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L.; Construcciones Oliveira, RF S.L.; Construcciones Paraxe, S.L.; Construcciones Vale, S.L.; Contenur, S.L.; Contratas y Desarrollos Urbanos O5, S.L.; Fomento de Áridos y Obras, S.L.U. (Faro); Galopín Parques, S.L. Unipersonal; Hidromiño, S.L., Hpc Ibérica, S.A.; Lappset España VR, S.L.; Marco Obras y Proyectos de Arosa, S.L.; MCV Macarvama, S.L.U.; Moycosa, S.A.; Narom, S.L; Sercoysa Proyectos y Obras, S.A.; Servicios y Contratas Casa Maestra, S.L. Con data 20 de abril de 2010 procedeuse á apertura dos Sobres “B”, relativos ás propostas técnicas e referentes a criterios non avaliables de forma automática, e trasládanse ós servizos técnicos para a súa avaliación, os que emiten o preceptivo informe. A mesa de contratación reúnese novamente o día 29 de xullo de 2010, dando a coñecer as puntuacións obtidas na proposta técnica, de conformidade cos criterios establecidos no prego de condicións: LICITADOR PUNTUACIÓN SOBRE B A Sampana Obras y Servicios, S.L.U. Eliminada por non alcanzar a puntuación mínima establecida. Arboleira Paisajismo, S.L. 40,40 Belypa Construcciones S.L. 32,50 Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L. 30,15 Construcciones Oliveira, RF S.L. Eliminada por non alcanzar a puntuación mínima establecida. Construcciones Paraxe, S.L. 34,83 Construcciones Vale, S.L. Eliminada por non alcanzar a puntuación mínima establecida. Contenur, S.L. 30,80 Contratas y Desarrollos Urbanos O5, S.L. 31,65 Fomento de Áridos y Obras, S.L.U. (Faro) 35,50 Galopín Parques, S.L. Unipersonal 30 Hidromiño, S.L. 30,05 Hpc Ibérica, S.A. 38,17 Lappset España VR, S.L. 41,18 Marco Obras y Proyectos de Arosa, S.L. 30,17 MCV Macarvama, S.L.U. Eliminada por non alcanzar a puntuación mínima establecida. Moycosa, S.A. 32,70 Narom, S.L. Eliminada por non alcanzar a puntuación mínima establecida. Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. 32,64 Servicios y Contratas Casa Maestra, S.L. 34,45 Posteriormente, procédese á apertura dos Sobres “C”, referentes á proposta económica, daquelas empresas que alcanzasen a puntuación mínima de 30 puntos na documentación técnica, e que cumpra os demais requisitos esixidos. A empresa Canalizaciones y Construcciones del Salnes, S.L. realiza unha oferta por enriba do tipo de licitación establecido, polo que queda excluído. Ademais, obsérvase a existencia valores anormais ou desproporcionados nas empresas Servizos y Contratas Casamaestra, S.L e Paraxe Construcciones, polo que se lles requiriu a xustificación destas. Avaliada esta xustificación polos servizos técnicos non se consideran axeitadas polo que non se toman en consideración. E unha vez avaliadas as propostas, e sobre a base dos criterios de adxudicación establecidos no prego económico administrativo, resulta a seguinte puntuación: LICITADOR TOTAL PUNTUACIÓN SERCOYSA 73,396 FARO 70,047 OCINCO 69,092 BELYPA 60,103 ARBOLEIRA 56,51 CONTENUR 54,408 HPC IBERICA 52,626 HIDROMIÑO 51,761 LAPSET ESPAÑA 50,633 MARCO 46,508 MOYCOSA 45,04 GALOPÍN 40,620 Considerando o disposto nos artigos 34-1, f) e i) da Lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Adxudicar provisionalmente o procedemento aberto para a contratación da instalación e adecuación de parques infantís no Concello de Baiona á empresa Sercoysa Proxectos y Obras, S.A. (C.I.F. A-36.319.622), polo prezo de cento corenta e tres mil cento noventa e sete euros con setenta e oito céntimos (143.197,78 €), máis a cantidade correspondente ó IVE de vinte e dous mil novecentos once euros con sesenta e catro céntimos (22.911,64 €). Segundo.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que se presente a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do sector público e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como a efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir a execución do contrato. A empresa adxudicataria deberá constituír a garantía definitiva na caixa da Deputación, por importe de sete mil cento cincuenta e nove euros con oitenta e oito céntimos (7.159,88 €) na forma que determina o art. 84 da Lei 30/2007, do 30 de outubro. Así mesmo, ingresarán na Tesourería de Deputación, de acordo coa base do prego de condicións económico-administrativas que rexeu o procedemento, a cantidade de oitenta e nove euros con noventa céntimos (89,90 €), en concepto de gastos de anuncio no BOP. O contrato pagarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e en relación coas seguintes contías: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2009 10/942.942.652.45.2009 65.604,04 € 2010 10/942.942.652.45 65.604,04 € 2011 11/942.942.652.45 37.765,30 € Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e transcorrido o prazo de quince días hábiles, elevarase a definitiva esta adxudicación, por este mesmo órgano. 12.18551.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA “MELLORA DA CONDUCIÓN DE AUGA EN CHAPELA (REDONDELA)”. (PID 2009-2011) A Xunta de Goberno, en sesión do 18 de agosto de 2010, adxudicou provisionalmente a obra de “Mellora da condución de auga en Chapela (Redondela)” á empresa Proyecta, Actividades Profesionales de la Construcción, S.L. Así mesmo, concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentara a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do Sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Presentando a adxudicataria provisional a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra de “Mellora da condución de auga en Chapela (Redondela)”, efectuada, en sesión do 18 de agosto de 2010, a favor de Proyecta, Actividades Profesionales de la Construcción, S.L. (CIF 70146923 B-70146923) na suma de 221.789, 25 €, máis 39.922,06 € correspondentes ó IVE, que oferta, ademais, un prazo de execución de catro meses, melloras valoradas en 36.904,43 € e o 5,05% do orzamento de execución material, correspondente á adxudicación da obra, para control de calidade. 13.18552.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA “PAVIMENTACIÓN E ACCESOS ÓS NÚCLEOS DE LOIMIL E OUTROS (A ESTRADA)”. (PID 2009-2011) A Xunta de Goberno, en sesión do 18 de agosto de 2010, adxudicou provisionalmente a obra de “Pavimentación e acceso ós núcleos de Loimil e outros (A Estrada)”, á empresa Proyecta, Actividades Profesionales de la Construcción, S.L. Así mesmo, concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentara a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do Sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Presentando a adxudicataria provisional a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra de “Pavimentación e acceso ós núcleos de Loimil e outros (A Estrada)”, efectuada, en sesión do 18 de agosto de 2010, a favor de Proyecta, Actividades Profesionales de la Construcción, S.L (NIF 70146923 B-70146923) na suma de 207.156,54 €, máis 33.145,05 € correspondentes ó IVE, que oferta, ademais, un prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 27.813,71€ e o 5,05% do orzamento de execución material, correspondente á adxudicación da obra, para control de calidade. 14.18553.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA “POUSADA EN RIBADUMIA” A Xunta de Goberno, en sesión do 18 de agosto de 2010, adxudicou provisionalmente a obra de “Pousada en Ribadumia”, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), á empresa Construcciones Abal, S.A. Así mesmo, concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentará a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do Sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Presentando a adxudicataria provisional a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra de “Pousada en Ribadumia”, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), efectuada, en sesión do 18 de agosto de 2010, a favor de Construcciones Abal, S.A. (CIF A-36115459) na suma de 1.819,910,17 €, máis 327.583,83 € correspondentes ó IVE, que oferta, ademais, un prazo de execución de nove meses, melloras valoradas en 61.654,30€ e o 3,00% do orzamento de execución material, correspondente á adxudicación da obra, para control de calidade.” 15.18554.- APROBACIÓN DAS CERTIFICACIÓNS Nº2, 4 E 5 DA OBRA “CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL- 3ª FASE” Vista a certificación nº 2, 4 e 5 relativa as obras do proxecto “Campos de fútbol de herba artificial, 3ª FASE”, adxudicada no seu día á empresa Construcciones Obras y Viales, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 17 dos correntes e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2010, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: - Certificación nº 2: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 10/922.342.652.09.2008 (Deputación) 419.819,22 € SUBTOTAL ………. 419.819.22 € Dirección de obra (4%) 11.958,96 € Control de Calidade (3%) 8.969,22 € Seguridade e saúde (0,72%) 2.152,61 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR ……………….396.738,43 € - Certificación nº 4: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 10/922.342.652.09.2008 (Deputación) 369.291,75 € SUBTOTAL ………. 369.291.75 € Dirección de obra (4%) 10.519,63 € Control de Calidade (3%) 7.889,73 € Seguridade e saúde (0,72%) 1.893,53 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR……………….348.988,86 € - Certificación nº 5: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 10/922.342.652.09.2008 10/922.342.652.09.2009 (Deputación) 471.985,25 € SUBTOTAL ………. 471.985.25 € Dirección de obra (4%) 13.444,96 € Control de Calidade (3%) 10.083,72 € Seguridade e saúde (0,72%) 2.420,09 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR…………….446.036,48 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 16.18555.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DA CERTIFICACIÓN Nº 3 DA OBRA “CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL- 3ª FASE” Visto o informe de Intervención, de data 21/09/2010, relativo á certificación nº 3 de Construcciones Obras y Viales, S.A. correspondente a “Campos de fútbol de herba artificial, terceira fase”, por importe de 216.255,55 €, no que se pon de manifesto a existencia de crédito suficiente na aplicación orzamentaria 10/922.342.652.09.2008 para facer fronte ó gasto, e dado que non se seguiu o procedemento de contratación legalmente establecido, procede o recoñecemento extraxudicial da obriga, e de cordo coa base 17–1 das de execución do orzamento provincial de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: Á empresa Construcciones Obras y Viales, S.A. (CIF A-36.008.886), con domicilio a efectos de notificación, en Pontevedra, Calle Herminia Fariña Cobián, baixo, a certificación nº 3 por importe de 219.984,10 €, correspondente a Campos de Fútbol de herba artificial 3ª Fase”, cantidade que será librada con cargo á aplicación orzamentaria 10/922.342.652.09.2008 con arranxo ó seguinte detalle: Euros CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF A-36.008.886) 219.984,10 Subtotal 219.984,10 Taxa dirección de obra (4%) 6.266,46 Control de Calidade (3%) 4.699,85 Seguridade e Saúde (0,72%) 1.127,96 Total descontos 12.094,27 Importe líquido a percibir pola empresa 207.889,83 17.18556.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS RELATIVAS Á DIRECCIÓN DE OBRA, SEGURIDADE E SAÚDE DE DIVERSAS OBRAS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas á dirección de obra que máis adiante se relacionan, tendo en conta que como non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito con cargo ás contas non orzamentarias 419.08 (0910) e 419.10 (099.143), de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: - Factura nº 07/10 por un importe de 413,77 € do Arquitecto Técnico D. Enrique Alonso Baspino (NIF 35.973.146 L), que xustifica os traballos de dirección realizados na obra “Reforma e ampliación da Confraría de Pescadores de Cambados (D07/0002)”, correspondente á certificación núm. 10. - Factura nº 19/2010 por un importe de 31,12 € do Arquitecto Técnico D. Enrique Alonso Baspino (NIF 35.973.146 L), que xustifica os traballos de codirección realizados na obra “Construción Campo de Fútbol de Pasaron (Pontevedra)”, correspondente á certificación núm. 40. - Factura nº 2010/098 por un importe de 31,13 € do Arquitecto Técnico D. Carlos Urdampilleta Barreiro (NIF 36.042.815 K), que xustifica os traballos de codirección realizados na obra “Construción Campo de Fútbol de Pasaron (Pontevedra)”, correspondente á certificación núm. 40. - Factura nº 12/2010 por un importe de 1.165,82 € emitida por E.F. Ingenieros, S.L.(NIF B 36.195.790), que xustifica os traballos de dirección realizados na obra “Mellora da seguridade vial e dotación de servizos en Avda. de Cambados enlace E.P. 9402 Mosteiro – Barrantes (Meis) (D06/0370)”, correspondente á certificación núm. 19. - Factura nº 39/10 por un importe de 5.404,57 € do enxeñeiro técnico D. Manuel Vázquez Fernández (NIF 35.163.186 G), que xustifica os traballos de dirección realizados na obra “Infraestrutura básica para a construción de 15 campos de fútbol de herba sintética (D07/0070), correspondente a certificación final. - A seguinte relación de facturas emitidas por Darzal Consultoría y Prevención, S.L Núm. de factura Data Obra Importe 1354/2009 14/09/2009 Dotación servizos E.P. 3001 Tui – Rebordans, marxe dereito (Tui) 1.414,06 € 1361/2009 14/09/2009 Mellora trazado e pavimentación E.P. 4303 Mondariz – Meirol 467,63 € 1362/2009 14/09/2009 Mellora trazado e pavimento E.P. Ponte do Val - Barciademera 1.241,72 € 1364/2009 14/09/2009 Seguridade vial E.P. 2502 Cerquido – Ribadelouro (Tramo Magdalena – Ribadelouro) 1.609,36 € 1349/2009 14/09/2009 Acceso a Uma a E.P. 4304 Meirol – enlace autovía (Salvaterra de Miño) 738,28 € 1350/2009 14/09/2009 Ensanche e servizos Vilalonga – Fianteira (Tramo 1º) Sanxenxo 154,98 € 1351/2009 14/09/2009 Humanización travesía Pontearnelas (Vilanova de Arousa) 1.442,04 € 1352/2009 14/09/2009 Urbanización rúa Sanxenxo 4.973,79 € 1353/2009 14/09/2009 Polideportivo en Ponteareas 978,22 € 1355/2009 14/09/2009 Mellora trazado e capa rodadura E.P. 9201 Sanxenxo – Bordons, estrada Samieira 3.224,26 € 1356/2009 14/09/2009 Urbanización nos Castros, Fondóns e Bugarín (Quireza – Cerdedo) 2.526,19 € 1358/2009 14/09/2009 Conexión e saneamento E.P. 1306 Portela – Ermelo (Bueu) 661,26 € 1360/2009 14/09/2009 E.P. 0506 Curro – Portela (Barro) 822,70 € 1363/2009 14/09/2009 Terminación capa rodadura E.P. 9205 Sanxenxo - Meaño 1.161,42 € 1366/2009 14/09/2009 Rotonda Valiñas E.P. 9407 Goulla – Porráns (Barro) 193,06 € 1367/2009 14/09/2009 Ensanche e mellora E.P. 7204 Soutelo – Ratel (Forcarei) 826,20 € 1368/2009 14/09/2009 iluminación pública vías provinciais de Pontecesures 636,95 € 1369/2009 14/09/2009 Capa rodadura E.P. 7103 Cerdedo – Castro – Quireza (Cerdedo) 885,66 € 1370/2009 14/09/2009 Terminación acceso Igrexa Vilalonga (Sanxenxo) 182,56 0831/2010 29/09/2010 “Mellora Infraestrutura Pavillón de Ribadumia” PID 09/00924/20092610 530,20 € 0830-5/2010 29/06/2010 Saneamento Chaira C.F. Vilaxoán e peche de campos da Bouza e Comesaña (Vigo) D08/0057 1.147,49 € 0830-1/2010 29/06/2010 Construción de muros e pavimentación en Travesía de Pontearnelas (Vilanova de Arousa) D09/0004 1.207,06 € 0828-1/2010 29/06/2010 Infraestrutura Básica para construción de 15 campos de fútbol de herba sintética D07/0070 868,17 € 0830-17/2010 29/06/2010 Acondicionamento da subbase do terreo de xogo do campo de fútbol de Vilaxoán (Vilagarcía) D07/0070 448,36 € 0830-22/2010 29/06/2010 Humanización rúa Severiano Soutullo (Ponteareas) D08/0019 229,70 € 0830-27/2010 29/06/2010 Construción de vestiarios en campo de Fútbol de Pontearnelas (Vilanova de Arousa) D09/0108 539,32 € 0830-28/2010 29/06/2010 Construción de grada en campo de fútbol de As Chans (Pontearnelas) D09/0098 738,16 € 0830-30/2010 29/06/2010 Reforma e equipamento Centro Náutico de Ribadumia (D09/0135) 677,65 € 0830-33/2010 29/06/2010 Bancada, peche de rede e alumeado campo de fútbol de Angoares, Ribadelouro e Portas D09/0038 1.063,66 € 0822-1/2010 29/06/2010 Acceso oeste a Montecelo Tramo I: Po-223 a Avda. Bos Aires (D07/0245) 196,89 € 0822-2/2010 29/06/2010 Acceso oeste a Montecelo Tramo I: Po-223 a Avda. Bos Aires (D07/0245) 263,52 € 0822-3/2010 29/06/2010 Acceso oeste a Montecelo Tramo I: Po-223 a Avda. Bos Aires (D07/0245) 517,68 € 0822-4/2010 29/06/2010 Acceso oeste a Montecelo Tramo I: Po-223 a Avda. Bos Aires (D07/0245) 544,75€ 0830-36/2010 29/06/2010 E.P. 1104 Moaña–Coiro (Cangas) D09/0040 894,39€ 0830-37/2010 29/06/2010 E.P. 1104 Moaña–Coiro (Cangas) D09/0040 225,00€ 0830-34/2010 29/06/2010 Traballos pendentes de ensanche, pavimentación e dotación de servizos en Virxe das Mareas (O Grove) (D09/0018) 1.041,76€ 0830-29/2010 29/06/2010 Actuacións varias na obra de terminación E.P. 9407 Goulla–Porráns (Meis–Portas – Barro) (D09/0097) 671,28€ 0830-21/2010 29/06/2010 Sinalización E.P: 8001 Caldas– Carracedo–Catoira (Caldas de Reis– Catoira) (D08/0034) 1.013,83 € 0830-26/2010 29/06/2010 Mellora de enlaces E.P. 9703 Vilanova– Pontearnelas (Vilanova de Arousa- Cambados) (D10/0002) 128,45€ 0830-18/2010 29/06/2010 Conexións exteriores na rede de pluviais E.P.1003 Rodeira–Boubeta (Cangas) (D09/0067) 1.171,75€ 0830-16/2010 29/06/2010 Reforzo firme en Avda. Bos Aires (Pontevedra) (D07/0091) 237,48€ 0830-13/2010 29/06/2010 Actuacións varias na E.P. e firme en Miraflores (Sanxenxo) ( D09/0001) 1.083,29€ 0830-14/2010 29/06/2010 Actuacións varias na E.P. 9205 e firme en Miraflores (Sanxenxo) (D09/0001) 120,75€ 0830-12/2010 29/06/2010 Instalación eléctrica en L/de Barro e S. Lorenzo–L/Sorrego) E.P. Xeve–Amil – Espedrigueira (Moraña) (D09/0006) 343,72€ 0830-8/2010 29/06/2010 Beirarrúas, servizos e alumeado na E.P. 8503 Cordeiro–Senín (Valga) (D08/0055) 286,62€ 0830-9/2010 29/06/2010 Beirarrúas, servizos e alumeado na E.P. 8503 Cordeiro–Senín (Valga) (D08/0055) 195,74 € 0830-10/2010 29/06/2010 Beirarrúas, servizos e alumeado na E.P. 8503 Cordeiro–Senín (Valga) (D08/0055) 161,87€ 0830-6/2010 29/06/2010 Actuacións varias na Goulla – Porráns, Curro–Portela, Portela–Ermelo e Samieira–Busto (Barro–Sanxenxo) (D08/0064) 1.147,49€ 0830-3/2010 29/06/2010 Pavimentación E.P. 0506 Curro – Portela (Barro) (D08/0065) 770,68€ 0830-4/2010 29/06/2010 Pavimentación E.P. 0506 Curro – Portela (Barro) (D08/0065) 428,98 € 0830-2/2010 29/06/2010 Capa de rodadura E.P. 8004 Caldas – Vilanoviña (D08/0072) 546,63€ 0830-7/2010 29/06/2010 Terminación e mellora servizos E.P. 2303 Gondomar – Vilaza, E.P. 2106 Parada – Nigrán, E.P. 3002-3003 Malvas – Peixegueiro, E.P. 2202 Baiona – Loureza (Baiona) (D08/0046) 1.204,87€ 0830-11/2010 29/06/2010 Acondicionamento límite calzada e adecuación servizos E.P. 2909, tramo Arcade – Viso (Redondela – Soutomaior) D089/0008 1.152,06€ 0830-15/2010 29/06/2010 Acondicionamento entrada fincas e adecuación servizos E.P.2501, tramo Salceda – Picoña (D08/0102) 1.177,49€ 0830-19/2010 29/06/2010 Terminación das obras de urbanización de subida a Bahía (Baiona) (D09/0114) 1.210,08€ 0830-23/2010 29/06/2010 Construción muros sostemento, terrapléns e canalizacións zona Río Barragán e conclusión final E.P. 2803 Fornelos – Festín (Fornelos de Montes) (D08/0068) 613,01€ 0830-24/2010 29/06/2010 Construción muros sostemento, terrapléns e canalizacións zona Río Barragán e conclusión final E.P. 2803 Fornelos – Festín (Fornelos de Montes) (D08/0068) 30,77€ 0830-35/2010 29/06/2010 Adaptación proxecto básico E.P. 3201 acceso embarcadoiro de Oia á normativa de Patrimonio (Oia) (D09/0103) 455,51€ 0830-31/2010 29/06/2010 Reposición de servizos, firmes, muros e peches dispoñibles en E.P. Redondela – Catapeixe (Redondela) D09/0126) 1.037,87€ 0830-38/2010 29/06/2010 Reposición servizos e accesos PK 1+720 a 2+840 en E.P. 2606 Ponte Caldelas– Parada (Ponte Caldelas) D09/0088 369,79€ total 51.334,11 18.18557.- MODIFICACIÓN DO CONTRATO DO SERVIZO CORPORATIVO DE TELECOMUNICACIÓNS E A CREACIÓN DUNHA REDE MULTISERVIZO DA DEPUTACIÓN, RELATIVO Ó LOTE 1 DA REDE DE VOZ, DATOS E INTERNET A Xunta de Goberno, en sesión do 30 de decembro de 2008, adxudicou provisionalmente o servizo corporativo de telecomunicacións e a creación dunha rede multiservizo da Deputación, á empresa R Cable y Telecomunicacións Galicia,S.A. (A-15.474.281), o lote 1 relativo á rede de voz, datos e Internet. O responsable de novas tecnoloxías informa que na implantación da Rede Multiservizo de Telecomunicacións xurdiu a necesidade de instalar novas liñas e mellorar a calidade dalgunhas das existentes, sendo isto debido á dificultade inicial de facer unha formulación exacta das necesidades dun macro proxecto deste tipo. A ampliación do equipamento desagrégase no informe do técnico, pero que a modo resumen é o seguinte: 130 terminais telefónicos tipo IP2. 4 terminais telefónicos IP4. Cascos inarámicos. 1 switch tipo A. 1 tipo E. 1 switch tipo E con 2 gbics. Ademais son necesarios unha serie de equipos que non estaban incluídos dentro do Procedemento: Router 851. Sai Smart UPS/3000VA extended-run. Axuste Smart UPS/8000VA RT extended run. 7 licenzas software de telefonistas. Debido a apertura de novos centros no Oral de Tomiño e punto de información do Padroado de Turismo Rías Baixas no mosteiro de Armenteira, e a necesidade de ampliar outros como A Finca Areeiro e Mouriscade, o responsable de novas tecnoloxías participa a necesidade de ampliar unha serie de circuítos. A ampliación do equipamento estímase nunha cantidade de 70.775,90 €, que se imputará nas aplicacións seguintes en relación coas súas cantidades: APLICACIÓN IMPORTE 10/926.926.626.01 62.024,60 € 10/926.926.641.00 8.751,30 € No relativo, á ampliación dos circuítos imputaranse do seguinte xeito: Asociado á aplicación correspondente do ORAL de gasto mensual incrementarase en 148,74 euros IVE incluído. A facturación total mensual pasará a ser de 4.384,49 euros. Asociado á aplicación correspondente do OAL Turismo Rías Baixas de gasto mensual incrementarase en 69,51 euros IVE incluído. A facturación total mensual pasará a ser de 1.571,28 euros. Asociado á aplicación correspondente da Deputación (10/926.926.222.02) de gasto mensual incrementarase en 1.288,29 euros IVE incluído. A facturación total mensual pasará a ser de 37.960,00 euros. Considerando o establecido no artigo 202 da LCSP, que sinala que unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións neste por razóns de interese público e para atender a causas imprevistas, que quedan xustificadas no expediente. Visto o informe do Secretario, e o de fiscalización do expediente, e de conformidade co previsto na base 16, apartado segundo de execución do orzamento para o ano 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Modificar o contrato do servizo corporativo de telecomunicacións e a creación dunha rede multiservizo da Deputación, relativo ó lote 1 da rede de voz, datos e internet. Autorízase o gasto relativo á ampliación do equipamento nunha cantidade de 70.775,90€, que se imputará nas aplicacións seguintes en relación con estas cantidades: Aplicacións Importe 10/926.926.626.01 62.024,60 € 10/926.926.641.00 8.751,30 € Así mesmo, autorízase un incremento na facturación mensual nas partidas que se establecen a continuación no relativo á ampliación de circuítos: Partida Incremento Mensual Total Importe Mensual Deputación (10/926.926.220.02) 1.288,29 euros 37.960,00 euros ORAL 148,74 euros 4.384,49 euros Turismo “Rías Baixas” 1.288,29 euros 37.960,00 euros O adxudicatario deberá constituír unha fianza complementaria por importe de 3.062,81 € que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas na Lei de Contratos do público, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non se cumprir este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. 19.18558.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota