ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2010/11/10_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.539/1.2010-11-10_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/11/10_Ordinaria

  • Data(s) 2010-11-10 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día dez de novembro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. José Enrique Sotelo Villar. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18699.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 3 de novembro de 2010. 2.18700.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA COMUNIDADE DE USUARIOS DE ROZADOS (FORCAREI), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “ARRANXO DEPÓSITO CAPTACIÓN DE AUGA”, INCLUÍDA NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), EXERCICIO 2009 CO NÚMERO 484 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de prórroga solicitada pola comunidade de usuarios de Rozados (CIF: G-36.383.685) (Forcarei), para xustificar a obra incluída no PAC/2009, co núm. 484, denominada “Arranxo depósito captación de auga”, subvencionada con dous mil euros (2.000,00 €). Concédese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2011, con carácter improrrogable. 3.18701.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DA AGRUPACIÓN VECIÑAL SANTA MARÍA DE CANGAS (LALÍN), PARA A XUSTIFICACIÓN DA OBRA “REPARACIÓN DO TELLADO DA IGREXA”, INCLUÍDA NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA (PAC), EXERCICIO 2009 CO NÚMERO 762 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de prórroga solicitada pola Agrupación Veciñal Santa María de Cangas (Lalín), para xustificar a obra incluída no PAC/2009, co núm. 762, denominada “Reparación do tellado da Igrexa”, subvencionada con dous mil cincocentos euros (2.500,00 €). Concedese un aprazamento na súa xustificación ata o 30 de abril de 2011, con carácter improrrogable. 4.18702.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO BAIXO MIÑO, CONDADO E LOURIÑA, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 4º TRIMESTRE DO ANO 2010 Vista a solicitude que formula o Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento das Comarcas de Baixo Miño, Condado e Louriña CIF: P-3.600.027-A, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 96.205,51€, para gastos de funcionamento do 4º trimestre do ano 2010, e o informe de intervención de data 20 de outubro de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 96.205,51 € ó Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña, durante o cuarto trimestre do ano 2010. 2. Declarar o abonamento a favor do citado Consorcio da cantidade de 96.205,51€ con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.134.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 201000027916. 5.18703.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA CORAL POLIFÓNICA VENTOS DO VAL DO CONCELLO DE MOS Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE VESTIARIO”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 30/09/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 30/09/09 unha subvención a favor da Coral Polifónica Ventos do Val, con CIF: V-36.355.006, do Concello de Mos, por un importe de 581,00 € para “Adquisición de vestiario”, con cargo á aplicación 10/330.334.789.00.2009, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 24/09/10, da citada Coral renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 6.18704.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL SAN MARTÍN DE TAMEIGA DO CONCELLO DE MOS Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE VESTIARIO, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 30/09/09 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 30/09/2009 unha subvención a favor da Asoc. Cultural San Martín de Tameiga, con CIF: G-36.027.316, do Concello de Mos, por un importe de 446,00 €, para “Adquisición de Vestiario” con cargo á aplicación 10/330.334.789.00.2009, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 24/09/10, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 7.18705.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA FUNDACIÓN LUIS TILVE DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “CELEBRACIÓN PREMIOS LUIS TILVE EN PONTEVEDRA”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 01/09/10 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 01/09/10 unha subvención a favor da Fundación Luis Tilve con CIF: G-15.169.949, do Concello de Santiago de Compostela, por un importe de 362,00 €, para “Celebración Premios Luis Tilve en Pontevedra”, con cargo á aplicación 10/330.924.489.10, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 11/10/10, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 8.18706.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL FUNDACIÓN PENZOL DO CONCELLO DE VIGO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “EXPOSICIÓN: A DIMENSIÓN EUROPEA DA GALICIA ESPIRITUAL, TEXTOS E DOCUMENTOS SOBRE O CAMIÑO”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 01/09/10 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 01/09/10 unha subvención a favor da Asoc. Cultural Fundación Penzol con CIF: G-36.623.171, do Concello de Vigo, por un importe de 672,00 €, para “Exposición: A dimensión europea da Galicia espiritual, textos e documentos sobre o Camiño” con cargo á aplicación 10/330.924.489.10, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 11/10/10, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 9.18707.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA AGRUPACIÓN CULTURAL NOS DO CONCELLO DE MOAÑA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “I CERTAME PROVINCIAL DE CANCIÓN DE TABERNA”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 13/10/10 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 13/10/2010 unha subvención a favor da Agrupación Cultural Nos con CIF: G-36.018.281, do Concello de Moaña, por un importe de 926,00 €, para “I Certame Provincial da canción de taberna” con cargo á aplicación orzamentaria 10/330.334.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 29/10/10, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 10.18708.- DAR CONTA DA ACTA DOS “PREMIOS PROVINCIAIS Á CULTURA-2010” 1.- A Xunta de Goberno queda enterada da acta do Xurado seleccionador dos “Premios Provinciais á Cultura-2010” despois da reunión mantida o pasado 5 de novembro e que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á CULTURA 2010 PARA A PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN DOS 4 PREMIOS Reunido o Xurado dos “Premios Provinciais á Cultura-2010”, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial o día 5 de novembro de 2010, ás 09,00 horas e composto por: Presidente: D. José Juan Durán Hermida, vicepresidente e presidente da Comisión Informativa de Cultura, Vogais: D. Jesús Mª Fernández Portela, Deputado e presidente da Comisión de Desenvolvemento Industrial, Urbanismo e Vivenda, D. Carlos García Suárez Otero, en representación da Fundación Laxeiro, D. José Carlos Valle Pérez, en representación da Fundación Valle Inclán, D. Juan Laguarta Badia , Profesor de Música, D. Rafael Fontoira Suris, Director da Escola de Canteiros, D. Jose Enrique Perez Arda Criado, Xefe do Servizo de Arquitectura, Dª. Mercedes Costas Fernández, funcionaria, en representación do Servizo de Cultura, Secretario; D. Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura. Ten por obxecto a reunión, emitir o fallo para adxudicar os catro premios por importe de seis mil euros (6.000,00 €) cada un, previsto na base terceira da convocatoria. Despois dun detallado estudo e deliberación dos dossier presentados, o xurado acorda por unanimidade conceder os seguintes premios: 1.- Proxecto Cultural máis Innovador/ Vangardista: 6.000,00 € Fundación Igual Arte Pola súa labor levada a cabo no ámbito artístico e cultural con persoas con necesidades educativas especiais. Traballando unha formación integral, utilizando as tres áreas como expresión artística e cultural (música, expresión plástica e corporal) Este programa pioneiro en Galicia , atende a máis de 100 familias da provincia de Pontevedra. 2.- Traxectoria Cultural: 6.000,00 € Fundación Camino de Santiago Polo seu traballo e colaboración na difusión revitalización, recuperación, sostemento e promoción do Camiño Portugués a Santiago, limpando o camiño, sinalizándoo. Construíndo un albergue de Peregrinos na cidade de Pontevedra, que está atendido por voluntarios e voluntarias. Conta con máis de 1.000 socios, que percorren cada ano o Camiño Portugúes. 3.- Premio César Dios “Diosiño”: 6.000,00 € Saturno Luis Valdés González “A título póstumo” Por ser un gran valedor da cultura , sobre todo no eido musical, creando o Círculo Musical de Lalín no ano 1985, e dirixindo o Conservatorio de Música. Ten como prioridade difundir e dignificar a música das bandas polo que traballa sen descanso na creación e mantemento da Escola de Música, na que participan centos de nenos de toda a comarca. 4.- Á Protección ou Recuperación do Patrimonio Público: 6.000,00 € Concello de Mondariz-Balneario Polo mantemento e revitalización do conxunto histórico. Pola recuperación dos núcleos que é un exemplo pioneiro en España. Por ser un dos concellos que máis apostaron polo termalismo, recuperando todo o esplendor da vila de Mondariz. Nunha palabra creando vida para o pobo. E non habendo mais asuntos que tratar e sendo as 11,30 horas do indicado día, dáse por concluída a reunión, do que eu, como Secretario, dou fe.” 2.- Ditos premios achegaranse con cargo á aplicación 10/330.334.481.01 do orzamento provincial. 11.18709.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS a) Con data 20 de outubro de 2010, núm. de rexistro de entrada 036380, D. Alfredo Eslava Blanco, funcionario de carreira, Psicólogo do Centro de Primeira Acollida da Cidade Infantil “Príncipe Felipe”, expón “Su deseo e interés profesional en la realización del curso de Psicología energética “La técnica de liberación emocional EFT” que se celebrará en Lugo los días 6 y 7 de noviembre de 2010, organizado por Aleces - Instituto de Desarrollo Humano. (…) La calidad del mismo y el hecho de que su contenido está estrechamente relacionado con las tareas que desempeño en el Centro de Primera Acogida contribuirá de forma importante al perfeccionamiento y mejora de la labor de evaluación, orientación, y sobre todo, terapéutica con los menores que llevo a cabo en dicho centro”. Para iso solicita que se lle conceda permiso para asistir a dito curso os días 6 e 7 de novembro de 2010 en Lugo. A solicitude non foi informada favorablemente polo Vicepresidente que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación. Considerando as medidas de redución e recorte do gasto público contempladas no R.d. Lei 8/2010, do 20 de maio, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia a Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar o solicitado por D. Alfredo Eslava Blanco, para asistir ó curso de psicoloxía enerxética “A técnica de liberación emocional EFT” que se celebrará en Lugo os días 6 e 7 de novembro de 2010. b) Con data 25 de outubro de 2010, núm. de rexistro de entrada 036832, D. Pedro Mansilla Vázquez, Xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro expón “Que los días del 16 al 17 de noviembre de 2010, se celebrará en Valencia la XXVII Reunión Anual del Grupo de Trabajo Fitosanitario de Forestales y Parques y Jardines, grupo al que pertenece la Estación Fitopatológica de Areeiro y asiste a las reuniones que se celebran anualmente desde sus inicios. Es fundamental la asistencia de un Técnico de nuestro Centro a dicha reunión, pues en ella se determinan las estrategias de actuación conjuntas en el ámbito de la sanidad forestal y de los parques y jardines”. Para iso solicita que se lle conceda permiso para asistir á devandita reunión do 15 ó 17 de novembro de 2010, en Comisión de Servizos, así como a indemnización dos gastos ocasionados a Dª. Rosa Pérez Otero. A solicitude non foi informada favorablemente polo Vicepresidente que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación. Considerando as medidas de redución e recorte do gasto público contempladas no R.d. Lei 8/2010, do 20 de maio, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, desestimar o solicitado por Dª. Rosa Pérez Otero, para asistir á XXVII Reunión Anual do Grupo de Traballo Fitosanitario de Forestales e Parques e Xardíns, que se celebrará en Valencia do 15 ó 17 de novembro de 2010. c) Con data 25 de outubro de 2010, núm. de rexistro de entrada 36831, D. Pedro Mansilla Vázquez, Xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro expón “Que los días del 16 al 18 de noviembre de 2010, se celebrará en Madrid la “XXVI Reunión anual del grupo de trabajo de laboratorios de diagnóstico y prospecciones fitosanitarias”, grupo al que pertenece la Estación Fitopatolóxica do Areeiro, y asiste a las reuniones que se celebran anualmente desde sus inicios. Es fundamental la asistencia de un Técnico de nuestro Centro a dicha reunión, pues en ella se dictan las normas y criterios de trabajo para los laboratorios de Fitopatología a nivel nacional”. Para iso solicita que se lle conceda permiso para asistir do 15 ó 19 de novembro de 2010, en Comisión de Servizos, así como a indemnización dos gastos ocasionados a Dª. Cristina Pintos Varela. A solicitude non foi informada favorablemente polo Vicepresidente que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación. Considerando as medidas de redución e recorte do gasto público contempladas no R.d. Lei 8/2010, do 20 de maio, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, desestimar o solicitado por Dª. Cristina Pintos Varela, para asistir ó “XXVI Reunión anual do grupo de traballo de laboratorios de diagnóstico e prospeccións fitosanitarias”, que terá lugar en Madrid do 15 ó 19 de novembro de 2010. d) Con data 21 de setembro de 2010 e con núm. de rexistro de entrada 033400, Dª. María Eugenia Valenzuela Senn, funcionaria de carreira desta Deputación Provincial adscrita ó servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico como Técnico Medio de Arquivo expón que dende o 15 ó 26 de novembro deste ano celébrase en Madrid o curso “II edición paleográfica de textos medievales y modernos (séculos XIII-XVIII)”, organizado polo Colexio Oficial de Doutores e Licenciados en Filosofía e Letras da Comunidade de Madrid, destinado a profesionais dedicados á interpretación de fontes escritas conservadas en arquivos tanto a nivel de lectura como análise de documentos. Que dado o labor que desenvolve no Arquivo da Deputación é de grande interese a súa asistencia. Por iso solicita permiso e axuda económica. A solicitude é informada favorablemente polo Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico D. Miguel Pereira Figueroa e co visto e prace do Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida. Considerando as medidas de redución e recorte do gasto público contempladas no R.d. Lei 8/2010, do 20 de maio, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, desestimar o solicitado por Dª. María Eugenia Valenzuela Senn, para asistir ó curso “II edición paleográfica de textos medievales y modernos (séculos XIII-XVIII)” que se celebrará en Madrid do 15 ó 26 de novembro de 2010. 12.18710.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON MANUEL FUENTES FERNÁNDEZ EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DECORACIONES M. FERNÁNDEZ, S.L. E DE DON MANUEL L. SILVA CONSTENLA EN REPRESENTACIÓN DE REALE SEGUROS GENERALES S.A. POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 7017 CALLOBRE-PUENTE LEDESMA (A ESTRADA) Dada conta que con data de rexistro 14/05/09 tivo entrada nesta Deputación reclamación de responsabilidade patrimonial de Don Manuel Fuentes Fernández en nome e representación de Decoraciones M. Fernández S.L. e de Don Manuel L. Silva Constenla en nome e representación de Reale Seguros Generales S.A. con enderezo de notificacións en C/ General Pardiñas, 22-24, 1ºE de Santiago de Compostela, onde fai constar que os danos foron producidos en accidente de circulación o día 09/11/08, na que denomina de modo equívoco E.P. 7018 (Oca-Pazo de Oca), a consecuencia da irrupción dun xabaril na estrada e que individualiza economicamente en 300,00 €. Resultando.- Que xunto coa documentación achegada por Don Manuel Fuentes Fernández, achega factura na que se observan emendas e tachaduras, dándoselle traslado de requirimento co seguinte contido literal: “… Obrando en poder desta Asesoría Xurídica fotocopia do orixinal da factura emitida por BRASILCAR S.L., nº OR 13417, de data 26/11/08 por un importe de 300 euros, como pago de franquía, que ten como destinatario á mercatil REY Y FERNÁNDEZ S.C. e que se presenta nesta Deputación coa denominación social, dirección e N.I.F. manipulados e modificados, poño no seu coñecemento o que dispón o Código Penal en relación a estas condutas. Segundo o disposto no artigo 392 en relación co artigo 390 do Código Penal, “el particular que cometiere en Derecho Mercantil alguna de las falsedades descrita en los tres primeros números del apartado uno del artículo 390 “(…) 1º alterando un documento en alguno de sus elementos o requisitos de carácter esencial, 2º simulando un documento en todo o en parte, de manera que induzca a error de autenticidad, 3º suponiendo en un acto la intención de personas que no han intervenido (…) será castigado con las penas de seis meses a 3 años de cárcel y multa de 6 a 12 meses”. O artigo 262 do Código Penal establece que, “los que por razones de su cargo, profesión u oficio tuvieren conocimiento de cualquier delito público, deberán ponerlo en conocimiento del Ministerio fiscal…” Resultando.- Que con posterioridade a recepción do citado requirimento, Don Manuel Fuentes Fernández achega o orixinal da factura ó expediente. Resultando.- Que con data 14/07/09 e en virtude do artigo 4 apartado 2 da Lei 30/92, solicitouse o Destacamento de Lalín da Garda Civil de Tráfico, aclaración do atestado instruído por este sinistro, en relación do lugar exacto onde se produciu o mesmo, facéndoo en escrito de data 16/07/09, con seguinte contido: “… Que por error involuntario el agente instructor anotó una vía equivocada en el informe, siendo el lugar correcto la EP- 7017 (Callobre-Puente Ledesma), km 1,500, y no la EP-7018…” Resultando.- Que con data 04/08/09 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas que o emitiu en data 17/08/09 co seguinte contido: “… Primero.- La E.P. 7017 Callobre- Puente Ledesma está incluida en la red provincial de carreteras. Segundo.- Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia del accidente de referencia, ni de otros ocurridos por la misma causa, “irrupción de un jabalí en la zona de circulación”, en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. Tercero.- Girada visita de inspección al vial provincial Callobre- Puente Ledesma se ha comprobado que en las proximidades del lugar del accidente se ubica el Tecor Societario Río Ulla (matrícula PO-10.063), tal y como acredita la documental que se adjunta al presente informe. Es por ello importante resaltar el error existente en el informe emitido al respecto por la Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvimiento Sostible- Delegación Provincial de Pontevedra- que hace referencia al Tecor Coto do Castro (matrícula PO-10.132) cuando en realidad el Tecor existente en la zona es el Río Ulla (matrícula PO- 10.063). Cuarto.- En este punto se hace necesario traer a colación el párrafo segundo de la disposición adicional novena del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo, incorporada por la Ley 17/2005, de 19 de julio, que establece lo siguiente: “Los daños personales y patrimoniales en estos siniestros- atropello de especies cinegéticas- sólo serán exigibles a los titulares de aprovechamientos cinegéticos o, en su defecto, a los propietarios de los terrenos, cuando el accidente sea consecuencia directa de la acción de cazar o de una falta de diligencia en la conservación del terreno acotado”, por lo que parece oportuno analizar las siguientes cuestiones: a) Si bien es cierto que a lo largo de la carretera existe alguna señal del Tecor que advierte de la presencia de terrenos cinegéticamente ordenados en la zona, las pruebas documentales que se adjuntan al presente informe ponen de manifiesto que, por parte del Tecor Societario Río Ulla, no se ha cumplido el estándar mínimo de diligencia en la conservación del coto para prevenir el riesgo de atropellos de piezas de caza. En este caso la ausencia de diligencia en la conservación del terreno acotado se concreta en la falta de adopción, en dichos tramos, de medida alguna de control o vigilancia así como en la inexistencia de vallado del coto en las zonas que afectan a la carretera o de la solicitud para proceder al mismo, dado el lógico riesgo que conlleva la existencia de un coto de caza mayor en la zona como ocurre en el presente expediente. Así, la “jurisprudencia menor” se viene pronunciando en estos supuestos determinando que “… aunque no se puede exigir al Tecor en cuestión que valle sin consentimiento del propietario sí se le puede exigir que obtenga dicho consentimiento para no tener que responder ante terceros… el hecho de que la legislación no exija el cerramiento de los cotos no es obstáculo para entender que, como mínimo, los titulares de los aprovechamientos hayan al menos solicitado autorización para el mismo… ya que la negligencia comienza en hacer dejación de aquellos elementos que estando en nuestra mano y de ser aplicados, pudieran impedir la generación de un daño…” b) Según se indica en el informe emitido por la Consellería de Medio Ambiente, el 8 de noviembre de 2008 (día del accidente según el atestado de la guardia civil aunque en el texto de la reclamación se habla del día 9 de noviembre) era día hábil de caza; además, según información facilitada verbalmente a esta Unidad Administrativa por la Consellería de Medio Ambiente, el Tecor Societario Río Ulla tenía autorizados ganchos de jabalí los días 1, 2, 9, 16, 23 y 30 de noviembre (curiosamente al igual que el Tecor Coto do Castro; es por ello que habiéndose realizado batidas en la zona días antes del siniestro, parece probado que el jabalí procedía de los terrenos en los que se ubica el Tecor societario Río Ulla y que existe una conexión evidente entre la presencia del animal y el aprovechamiento cinegético, datos suficientes para imputar el daño al titular del coto. Quinto.- Por último señalar que, según refleja el atestado de la guardia civil, el conductor del vehículo circulaba de noche a 70 km/h, en una zona con iluminación insuficiente y en un tramo de vial en el que la calzada tiene una anchura inferior a los seis metros. Reiterar, asimismo, que no se tiene constancia de que en dicho tramo de carretera y en un período de tiempo próximo al accidente se hubiesen producido otros por similares causas, es decir, por el acceso repentino de un jabalí en la carretera.” Resultando.- Que con data 18/08/09 e 06/10/09 déuselle traslado da reclamación á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, en virtude do artigo 31.1 apartados “b” e “c”, para que puidera comparecer coma interesada, sen que ata o de agora se recibira nesta Deputación comunicación algunha ó respecto. Resultando.- Que con data 18/08/09 déuselle traslado ó Tecor Societario Río Ulla, en virtude do artigo 31.1 apartados “b” e “c”, para que puidera comparecer como interesado, sen que ata o de agora se recibira nesta Deputación comunicación algunha ó respecto. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo pois a simple lectura do artigo 149.5 do R.d. 1.428/03, de 21 de novembro, que aprobou o regulamento xeral de circulación, revela ben ás claras que é necesario acreditar a frecuencia na irrupción de fauna salvaxe. Considerando.- Que a recente sentenza 228/08, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra, nos autos de Procedemento Abreviado 204/08 eximiu a Deputación da obriga de instalación do sinal P-24 (paso de animais en liberdade) por non terse acreditado a FRECUENCIA e HABITUALIDADE no paso, deixando dito que: “… No hay dato alguno en el expediente administrativo ni informe al respecto que indique que el tramo en el que ocurrió el accidente constituye un lugar de paso habitual, y no esporádico, de animales salvajes que hiciera necesaria la señalización adecuada al respecto, en concreto con la señal P-24. Es más, tampoco hay constancia de que en dicho tramo de la carretera y en un lapso de tiempo próximo al accidente registrado, se hubiesen originado otros por similares causas, es decir, por el acceso inopinado de un jabalí a la carretera.” Na mesma liña, a recentísima sentenza 27/2010 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, nos autos de procedemento abreviado 432/08, con identidade de razón á que nos ocupa, eximiu á Deputación de responsabilidade algunha deixando dito que… “…Al no existir una obligación legal de señalizar ese tramo, y al no haberse demostrado por la parte actora que el mismo debería de ser señalizado (…), no es posible imputar la responsabilidad en la producción de los daños a la Administración aquí demandada (Diputación)…” Próxima no tempo, a sentenza 119/10, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra, nos autos de Procedemento Abreviado 63/10 eximiu á Deputación de responsabilidade algunha deixando dito que: “…Tampoco ha quedado acreditado de la prueba practicada que el lugar en que se produjo el accidente sea un lugar de paso frecuente de animales de caza, que hiciera necesario advertir a los usuarios de la vía por medio de la señalización pertinente al respecto (P-24), no constando según la información obrante en el expediente, la existencia de ningún otro siniestro de similares características en dicho tramo de la vía.” Considerando.- Que ultimamente na vía xurisdicional civil estase a abrir camiño a tese de que o propio Tecor a través da súa compañía de seguros indemnice o sinistro, non en van é a este quen aproveita a acción de cazar. Neste senso, recentemente, unha reclamante en suposto con identidade de razón renuncia a indemnización reclamada ó ter sido satisfeita pola aseguradora do Tecor societario. Considerando.- Que a sentenza do TSXG dimanante dos autos 21/2004 que tivo como poñente a Seoane Pesqueira que razoa neste mesmo sentido. Considerando.- Que a detentación (como xa ten dito o T.S. ata a saciedade) dunha infraestrutura material (a estrada) non converte, no presente suposto, a Deputación nunha sorte de aseguradora universal de todos os sinistros, pois é sabido que existe un estándar medio de risco predicable de calquera actividade humana ó que non é allea a condución de vehículos a motor. Considerando.- Todo o anterior, resta atribuír o sucedido a un suposto de forza maior, caracterizada pola súa externalidade e irresistibilidade, e motivante da súa imprevisibilidade e consecuente inevitabilidade ó que é allea esta Deputación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 13.18711.- COMUNICACIÓNS. Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.18712.- INFORME EN RELACIÓN COA CONSULTA DE AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO SUPRESIÓN DOS PASOS A NIVEL SITUADOS NOS PP.KK. 5/224, 5/295 E 5/359 DO RAMAL DE ACCESO FERROVIARIO Ó PORTO DE MARÍN, QUE REMITE A DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL DO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, E MEDIO RURAL E MARIÑO Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, de data 7 de outubro de 2010, recibida nesta Deputación o día 18 de novembro de 2010 (Rex. de entrada núm. 35984), remitindo consulta de avaliación de impacto ambiental do proxecto supresión dos pasos a nivel nos PP.KK. 5/224, 5/295 e 5/359 do ramal de acceso ferroviario ó Porto de Marín, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que a Técnica de Medio Ambiente, emite informe con data 4 de novembro de 2010, no que manifesta: “El presente informe consta de: 1. Antecedentes. 2. Alternativas propuestas 3. Análisis ambiental. 4. Conclusión. 1.- Antecedentes: Este documento de consulta se redacta para dar cumplimiento de la sentencia con fecha 6 de marzo de 2007, la Sección Tercera de la Sala de lo Contencioso Administrativo del Tribunal Supremo, desestima el recurso de casación nº 4694/2004, interpuesto por la Administración General del Estado, contra la sentencia nº 170/2004 dictada por la Sección Sexta de la Sala de lo Contencioso Administrativo del Tribunal Superior de Justicia de Madrid en fecha 5 de febrero de 2004, recaída en el recurso nº 237/2002, para la supresión de los pasos a nivel situados en los puntos kilométricos 5/224, 5/295 Y 5/359 del Ramal de acceso ferroviario al Puerto de Marín”, con el que se daría cumplimiento a la sentencia judicial. Dado que el proyecto no se trata de una obra nueva sino de la modificación de un proyecto ya ejecutado, no queda incluido bajo ningún supuesto de la normativa autonómica de impacto ambiental. 2.- Alternativas propuestas: Con el objeto de suprimir los pasos a nivel existentes en lps PP.KK 5/224, 5/295 y 5/359 se proponen dos alternativas: ↠ Alternativa 1, soterramiento completo del trazado a su paso por la Plaza de Placeres (130 metros). ↠ Alternativa 2, cruce del ferrocarril mediante pasos inferiores. Se trata de dar continuidad al tráfico que atraviesa la plaza mediante dos pasos inferiores, que coincidirían con la ubicación de los actuales pasos a nivel, y la supresión del actual paso a nivel peatonal, construyendo escaleras y rampas de acceso a las nuevas estructuras de los pasos inferiores. 3.- Análisis Ambiental: Se han analizado las principales condiciones ambientales existentes en las inmediaciones para valorar el grado de afección que supone cada una de las alternativas, tales como: ↠ Curso de agua. ↠ Espacios protegidos. ↠ Hábitat de interés comunitario (vegetación, fauna) ↠ Yacimientos arqueológicos, etc Así como los potenciales impactos producidos por cada una de las alternativas propuestas en este Estudio, tales como: ↠ Durante la fase de construcción, el desbroce, demoliciones, movimiento de tierras, movimiento de vehículos y maquinaria, incremento de ruido… ↠ Durante la fase de explotación, presencia de nuevas infraestructuras viarias, cerramientos, circulación de trenes y vehículos, eliminación de pasos a nivel, operatividad portuaria... 4.- Conclusión: Ambientalmente los impactos producidos por: ↠ La alternativa 1 recaerían principalmente sobre la atmósfera, la geología y geomorfología, la hidrología e hidrogeología, la fauna, el ruido y las vibraciones en fase de construcción y sobre los servicios e infraestructuras. El soterramiento supondría la mejora de la calidad paisajística del entrono. Cabe destacar, sin embargo, que la alternativa 1 (el soterramiento de la actual vía férrea) supone una gran complejidad desde el punto de vista técnico. El tráfico ferroviario de mercancías al puerto se vería interrumpido durante la ejecución de las obras, disminuyendo el número de vagones que podrían acceder a la explanada portuaria y por consiguiente alterarían la actividad económica actual. ↠ La alternativa 2 generaría impactos sobre la geología y geomorfología, la hidrología e hidrogeología, la vegetación, la fauna, el ruido, la vibración y sobre los edificios y construcciones. Desde el punto de vista medioambiental, se puede concluir que ambas alternativas generarán impactos en el medio ambiente, pero que visto los datos, dichos impactos son asumibles y no afectarán los valores ambientales actuales de la zona.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño. 15.18713.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DO UMIA-ULLA “AVANZAR”, RESPECTO Á SUBVENCIÓN APROBADA Ó SEU FAVOR POLA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 28/07/10 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, unha subvención polo importe de 2.402,40 €, a favor da Asociación de persoas con discapacidade do Umia-Ulla “Avanzar”, para o curso de “Ofimática avanzada orientada á xestión de oficinas”, dentro da convocatoria de subvencións dirixidas ás Entidades de Iniciativa Social 2010, e comunicada pola devandita Asociación a súa renuncia á mesma, ante a imposibilidade de levar a cabo o curso que partía dun orzamento de 4.996,00 €, a Xunta de Goberno queda enterada da renuncia da Asociación de persoas con discapacidade do Umia-Ulla “Avanzar”, á subvención que polo importe de 2.402,40 €, foi aprobada pola Xunta de Goberno do 28/07/2010 no seu favor, para o “Curso de ofimática avanzada, orientado á xestión de oficinas”. 16.18714.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Novavila Rías Baixas, S.L. A empresa Novavila Rías Baixas, S.L. (CIF B- 36.447.670), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de sete mil setecentos cincuenta e oito euros con trinta e tres céntimos (7.758,33 €), para responder do contrato relativo á “Subministración de diverso mobiliario para o novo edificio dende do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/09/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800074508, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra. A empresa Asociación Galega de Bandas de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra (CIF G- 36.793.677), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil euros con setenta céntimos (2.000,77 €), para responder do contrato relativo á “Modificación do contrato de xestión da Escola de Gaitas e Percusión de Pontevedra”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 08/09/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900074729, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 17.18715.- ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “ACONDICIONAMENTO E.P. 8601 RÚA DEPUTACIÓN (PONTECESURES)” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 30 de xuño de 2010, se aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Acondicionamento E.P. 8601 rúa Deputación (Pontecesures)”, con orzamento de 686.130,37 €, máis a cantidade de 109.780,86 € correspondente ó IVE. Resultando que con data 6 de agosto de 2010 constitúese a Mesa de Contratación co obxecto de proceder ó estudo da documentación contida nos Sobres “A” achegada polos licitadores, admitíndose todas as ofertas presentadas. Resultando que con data 10 de agosto de 2010 reúnese a Mesa de Contratación para proceder á apertura dos Sobres “B”, remitíndose ao servizo de Infraestruturas para a súa valoración. Resultando que polo Director de Infraestruturas en funcións se emite informe relativo ás empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos unha vez ponderados os criterios non avaliables mediante fórmulas contidos nos Sobres “B”. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 4 de outubro de 2010, dá a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos Sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos, co seguinte resultado. Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 39,70 30,201 69,901 CONSTRUCCIONES RAFER, S.L. 36,24 32,422 68,662 ANTALSIS 35,98 32,892 68,872 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 35,85 34,069 69,919 HIDROSCIVIL, S.L. 35,13 37,302 72,432 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 34,77 48,000 82,770 CANALIZACIONES Y CONSTRUCCIONES SALNES, S.L. 33,47 40,862 74,332 UTE OBRAS Y CONSTRUCCIONES SOSTENIBLES, S.L.-FERNANDEZ. SARMIENTO, S.A. 33,18 41,519 74,699 EXTRACO, S.A. 32,02 33,907 65,927 NAROM, S.L. 31,88 35,653 67,533 CONSTRUCCIONES VALE, S.L. 31,53 17,517 49,047 COPUGA (CONSTRUCCION PUBLICA GALLEGA, S.L.) 31,41 22,585 53,995 CONSTRUCCIONES VARELA VILLAMOR, S.L. 31,10 22,424 53,524 Resultando que valorada a documentación contida nos Sobres “C”, alcanza a máxima puntuación a empresa Sercoysa Proyectos y Obras, S.A., aínda que incorre en valores anormais ou desproporcionados no referente ó prezo ofertado. Resultando que se requiriu a Sercoysa Proyectos y Obras, S.A., para que xustificase a oferta, en particular no que se refire ó aforro económico, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a obra. Resultando que recibida a xustificación requirida é informada favorablemente polo Director de Infraestruturas en funcións. Resultando que pola Mesa de Contratación, sobre a base do anterior, se eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación provisional da obra a favor de Sercoysa Proyectos y Obras, S.A., toda vez que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar provisionalmente a Sercoysa Proyectos y Obras, S.A. a obra de “Acondicionamento E.P. 8601 rúa Deputación (Pontecesures)”, na suma de 463.854,37 € máis 83.493,79 € correspondentes ó IVE, que oferta un prazo de execución de cinco meses, melloras valoradas en 28.627,56 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. 2.- Conceder ó adxudicatario provisional un prazo máximo de 15 días hábiles, a contar dende o seguinte á publicación deste acordo no perfil do contratante, co obxecto de que presente a documentación indicada no artigo 135.4 da citada Lei 30/2007 e que se concreta na achega dunha garantía definitiva do 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE, así como a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se tivesen comprometido a dedicar ou adscribir a execución do contrato. 3.- Unha vez cumpridos satisfactoriamente os trámites enumerados anteriormente e transcorrido o prazo de quince días hábiles, a adxudicación será elevada a definitiva por este mesmo Órgano. Así mesmo, o adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 105,40 € correspondentes á publicación do anuncio da licitación da obra no B.O.P. 18.18716.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DOS CURSOS DE FORMACIÓN DO PROXECTO AQUELANDO II- 3ª PROMOCIÓN Resultando que a Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o día 20 de outubro de 2010, acordou: Adxudicar provisionalmente a contratación da organización e impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto Aquelando II-3ª promoción ás empresas e polos importes que a continuación se indican: - Lote nº1 (Atención socio-sanitaria a persoas no domicilio) á empresa Coesco Deza, S.L. polo prezo ofertado de trinta e dous mil cincocentos euros (32.500,00€), exento de IVE de conformidade co art. 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. - Lote nº2 (Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais) á empresa Coesco Deza S.L. polo prezo ofertado de corenta e oito mil euros (48.000,00 €), a razón de 24.000,00 € por curso, exento de IVE de conformidade co art. 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. - Lote nº3 (Auxiliar de coidado infantil) á empresa Gestifor Galicia S.L., polo prezo ofertado de dezaoito mil setecentos cincuenta e cinco euros (18.755,00 €), exento de IVE de conformidade co art. 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. - Lote nº4 (Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais) á empresa Formagal, Formación y Servicios S.L., polo prezo ofertado de vinte e seis mil cento setenta e catro euros (26.174,00 €), a razón de 13.087,00 € por curso, exento de IVE de conformidade co art. 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. - Lote nº5 (Operacións básicas de catering) á empresa Coesco Deza S.L. polo prezo ofertado de trinta e tres mil euros (33.000,00 €), a razón de 16.500,00 € por curso, exento de IVE de conformidade co art. 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra, e que as empresas presentaron a documentación requirida, entre a que se encontra a constitución de garantía definitiva polos seguintes importes: - Coesco-Deza S.L. (Lote 1), por importe de 1.625,00 € con nº de operación 201000095946. - Coesco-Deza S.L. (Lote 2), por importe de 2.400,00 € con nº de operación 201000095947. - Gestifor Galicia S.L. (Lote 3), por importe de 937,75 € con nº de operación 201000095660. - Formagal, Formación y Servicios S.L. (Lote 4), por importe de 1.308,70 € con nº de operación 201000095661. - Coesco Deza S.L. (Lote 5), por importe de 1.650,00 € con nº de operación 201000095948. Por todo iso, unha vez cumpridos os trámites e transcorrido o prazo esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e considerando o disposto nos artigos 34.1,f) da lei 7/85, do 2 de abril, 185 do TRLRHL, do 5 de marzo, de 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar definitivamente a contratación da organización e impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto Aquelando II-3ª promoción ás empresas e polos importes que a continuación se indican: - Lote nº1 (Atención socio-sanitaria a persoas no domicilio) á empresa Coesco Deza S.L., polo prezo ofertado de trinta e dous mil cincocentos euros (32.500,00€), exento de IVE de conformidade co art. 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. - Lote nº2 (Atención socio-sanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais) á empresa Coesco Deza S.L., polo prezo ofertado de corenta e oito mil euros (48.000,00 €), a razón de 24.000,00 € por curso, exento de IVE de conformidade co art. 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. - Lote nº3 (Auxiliar de coidado infantil) á empresa Gestifor Galicia S.L., polo prezo ofertado de dezaoito mil setecentos cincuenta e cinco euros (18.755,00 €), exento de IVE de conformidade co art. 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. - Lote nº4 (Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais) á empresa Formagal, Formación y Servicios S.L., polo prezo ofertado de vinte e seis mil cento setenta e catro euros (26.174,00 €), a razón de 13.087,00 € por curso, exento de IVE de conformidade co art. 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. - Lote nº5 (Operacións básicas de catering) á empresa Coesco Deza S.L., polo prezo ofertado de trinta e tres mil euros (33.000,00 €), a razón de 16.500,00 € por curso, exento de IVE de conformidade co art. 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. O importe do contrato será financiado con cargo a aplicación orzamentaria 10/241.233.227.06 do vixente orzamento provincial. 19.18717.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “MELLORAS DOS CAMIÑOS PONTE, ALDEA GRANDE, MARTIXE, O CASTRO, RIBEIRAO 1, RIBEIRAO 2, ETC. (SILLEDA)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 6 de outubro de 2010, adxudicou provisionalmente á empresa Construccions, Obras e Viais, S.A. (CIF A36008886) a obra “Melloras dos camiños: Ponte, Aldea Grande, Martixe, O Castro, Ribeirao 1, Ribeirao 2, etc. (Silleda)”, polo prezo ofertado de 226.808,09 € máis a cantidade de 40.825,46 € correspondente ó IVE, o que fai un importe total de 267.633,55 €. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil de contratante da Deputación de Pontevedra o día 21 de outubro de 2010, presentando a empresa a documentación requirida, entre a que se encontra a constitución dunha garantía definitiva por importe de 11.330,41 €, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201000094382, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos non artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar definitivamente á empresa Construccións, Obras e Viais, S.A. (CIF A36008886), para a execución da obra “Melloras dos camiños: Ponte, Aldea Grande, Martixe, O Castro, Ribeirao 1, Ribeirao 2, etc. (Silleda)”, na cantidade de 226.808,09 € máis a cantidade de 40.825,46 € correspondente ó IVE, o que fai un importe total de 267.633,55€, cun prazo de execución de dous meses e medio, unha porcentaxe de control de calidade do 3,00 %, e unhas melloras ofertadas en 23.972,50 €. Dito importe librarase tal e como se establece a continuación: Anualidade Aplicación Importe 2009 2010/942.942-652.45.2009 267.633,55 € 2.- Designar para a Dirección da obra a Promove Areas de Negocio, S.L. 20.18718.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “PAVIMENTACIÓN CAMIÑO DE CHAN, IGREXA ALMOFREI, SANTIAGO DE VIASCÓN E SANEAMENTO VILA DE RIBA (COTOBADE)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 6 de outubro de 2010, adxudicou provisionalmente á empresa Pavimentos Meaño,S.L. (CIF B36239945) a obra Pavimentación camiño Chan, igrexa Almofrei, Santiago de Viascón, saneamento Vila de Riba (Cotobade), polo prezo ofertado de 316.200,00 €,máis a cantidade de 56.916,00 € correspondentes ó IVE, o que fai un importe total de 373.116,00 €. Resultando que esta adxudicación provisional foi publicada no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra o día 21 de outubro de 2010 e que a empresa presentou a documentación requirida, entre a que se encontra a constitución dunha garantía definitiva por importe de 15.810,00 €, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201000095963, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, procede elevar a definitiva a adxudicación provisional deste contrato. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar definitivamente á empresa Pavimentos Meaño,S.L. (CIF B36239945) a execución dá obra Pavimentación camiño Chan, igrexa Almofrei, Santiago de Viascón, saneamento Vila de Riba (Cotobade), na cantidade de 316.200,00 €, máis a cantidade de 56.916,00 € correspondente ó IVE, o que fai un importe total de 373.116,00 €, cun prazo de execución de catro meses, unha porcentaxe de control de calidade do 3,00 % e unhas melloras ofertadas en 23.600,00 €. 2.- Dito importe librarase tal e como se establece a continuación: Anualidade Aplicación Importe 2009 10/942.942.652.45.2009 373.116,00 3.- Designar como Director de obra a D. Manuel Vázquez Fernández, Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas, redactor do proxecto. 21.18719.- ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DA OBRA DE “DOTACIÓN E SERVIZOS URBANOS EN RÚA SANTA LUCÍA, E.P. MEAÑO- DENA (MEAÑO)” A Xunta de Goberno, en sesión de 06/10/2010, adxudicou provisionalmente a obra de “Dotación e servizos urbanos en rúa Santa Lucía E.P. Meaño-Dena (Meaño)”, á empresa Canalizaciones y Construcciones Salnes, S.L. Así mesmo, concedeuse á empresa adxudicataria un prazo de quince días hábiles, contando a partir do día seguinte á publicación da adxudicación provisional no perfil do contratante, co obxecto de que presentará a documentación indicada no artigo 135.4 da Lei 30/2007, de contratos do Sector público, ademais de ingresar unha garantía definitiva por importe do 5% do prezo de adxudicación, excluído o IVE. Despois de presentar a adxudicataria provisional a documentación requirida e de conformidade co estipulado no artigo 135.4 da Lei 30/2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Elevar a definitiva a adxudicación provisional da obra de “Dotación e servizos urbanos en rúa Santa Lucía E.P. Meaño-Dena(Meaño)”, efectuada, en sesión de 06/10/2010, a favor de Canalizaciones y Construcciones Salnes, S.L. na suma de 257.873,44 €, máis 46.417,22 € correspondentes ó IVE, que oferta, ademais, un prazo de execución de seis meses, melloras valoradas en 21.323,73 € e o 3,00% do orzamento de execución material, correspondente á adxudicación da obra, para control de calidade. 2.- Designar Director de Obra ó Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas D. Manuel Vázquez Fernández, Colexiado nº 5476. 22.18720.- AMPLIACIÓN DO CONTRATO PARA A XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA “COÑECE A TÚA PROVINCIA 2010” A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 12 de maio de 2010, acordou adxudicar definitivamente, mediante procedemento aberto, o contrato para a xestión, organización e desenvolvemento do Programa Coñece a túa Provincia 2010, á empresa Halcón Viajes S.A. O número de prazas ofertadas no programa ascendeu a 8.000, sendo o prezo de adxudicación de 19,63 € por participante sen IVE, de que a Deputación achega 15,00 € por cada participante. Posteriormente, a Xefa do Servizo de Acción Social, participa que, debido á gran acollida do programa, o número de solicitudes de participación excede do inicialmente previsto, ascendendo o importe necesario para atender todas as solicitudes presentadas ó Programa á cantidade de 184.500,00 €, o que supón un incremento de 64.500,00 €, sobre o orzamento inicialmente previsto. De conformidade co artigo 202 LCSP, unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións no mesmo por razóns de interese público e para atender a causas imprevistas. O interese público queda debidamente xustificado na existencia dun número de solicitudes de participación superior ó inicialmente previsto, e nos beneficios sociais do Programa, que ten por obxecto fomentar a convivencia e o asociacionismo así como o enriquecemento cultural a través do coñecemento do patrimonio da provincia. Visto o documento RC mediante o que se certifica a existencia de crédito para facer fronte á ampliación, así como os informes emitidos polo Secretario e o Interventor, e de conformidade coa base 16 da execución do vixente orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Ampliar o contrato para a xestión, organización e desenvolvemento do programa “Coñece a túa Provincia 2010” en 4.300 novas prazas, de conformidade cos prezos unitarios e nas mesmas condicións establecidas no contrato inicial, a razón de 19,63 € por participante sen IVE. Dito importe a Deputación achegará a cantidade de 15,00 € por participante, o que supón un incremento por un importe de 64.500,00 €. Así mesmo, acórdase autorizar este gasto complementario de 64.500,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 10/230.232.227.07 do vixente orzamento provincial. 23.18721.- APROBACIÓN DAS CERTIFICACIÓNS NÚMERO 9 E 11 DA OBRA “REHABILITACIÓN DE AUDITORIO EN PONTEAREAS (D08/69)” Vistas as certificacións núm. 9 e 11 relativa á obra da “Rehabilitación do Auditorio en Ponteareas”, adxudicada no seu día á Empresa Movex Vial, S.L., e vistos os informes favorables do Servizo de Intervención de data 5 de outubro e 5 de novembro, respectivamente, e así mesmo de acordo coa base 17ª da execución do orzamento provincial 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 9: Movex Vial, S.L. (CIF. B-36.684.157) 10/942-942-652.09.2009 10/942.942-652.09 (Deputación) 274.421,50 € Taxa Técnicos Directores (4% PEM) 7.817,16 € Control de calidade (3% PEM) 5.862,87 € Seguridade e saúde (0,72 % PEM) 1.407,09 € TOTAL DESCONTOS (Certf. 11) 15.087,12 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 259.334,38 € Certificación núm. 11: Movex Vial, S.L. (CIF. B-36.684.157) 10/942.942-652.09 (Deputación) 201.201,74 € Taxa Técnicos Directores (4% PEM) 5.731,43 € Control de calidade (3% PEM) 4.298,57 € Seguridade e saúde (0,72 % PEM) 1.031,66 € TOTAL DESCONTOS (Certif. 11) 11.061,66 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 190.140,08 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 24.18722.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN NÚMERO 1 DA OBRA “REHABILITACIÓN DE FIRMES ZONA NORTE (PONTEAREAS) (D09/77)” Vista a certificación núm. 1 relativa o proxecto de terminación das obras de “Rehabilitación de firmes Zona Norte (expte. D09/77)”, adxudicada no seu día á Empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 28 de xaneiro e así mesmo de acordo coa base 17ª da execución do orzamento provincial 2010, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF. B-36.052.876) 10/456.453.612.02.2009 (Deputación) 406.647,35 € SUBTOTAL ………. 406.647,35 € Taxa Técnicos Directores (4%) 11.583,74 € Control de calidade (3%) 8.687,81 € Seguridade e Saúde (0,72%) 2.085,07 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 384.290,73 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 25.18723.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 6 DA OBRA “CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL 3ª FASE (D09/136)” Vista a certificación nº 6 relativa as obras do proxecto “Campos de fútbol de herba artificial, 3ª FASE” adxudicada no seu día á empresa Construcciones Obras y Viales, S.A., visto informe favorable do Servizo de Intervención de data 9 dos correntes e así mesmo de acordo coa base 17ª da execución do orzamento provincial 2010, de recoñecemento e liquidación da obriga, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 10/922.342.652.09.2008 10/922.342.652.09.2009 (Deputación) 440.083,12 € SUBTOTAL ………. 440.083.12 € Dirección de obra (4%) 12.536,20 € Control de Calidade (3%) 9.402,15 € Seguridade e saúde (0,72%) 2.256,52 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 415.888,25 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 26.18724.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE DIVERSAS OBRIGAS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas os traballos de control de calidade e seguridade e saúde e as certificacións 6, 7 e 8 de Belypa Construcciones, S.L. que máis adiante se relacionan, tendo en conta que como non se seguiu o procedemento de contratación oportuno, require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2010: - Factura nº 2010.A.2576, por un importe de 10.318,41 € emitida por Ingeniería, Geotecnia y Calidad, S.L.U.- (NIF B 36.491.520) que xustifica os traballos de control de calidade realizados na obra “Centro cultural no núcleo urbano de Cerdedo (D08/0058)” correspondente á certificación nº 4. Dita cantidade será librada con cargo a conta non orzamentaria 419.09 (099.129). - Facturas nº 2009/A 5211 e 2010/A 4166, por un importe de 5.136,48 € e 4.460,40 €, respectivamente, emitidas por Enmacosa, S.A. (NIF A36.039.956), que xustifica os traballos de control de calidade realizados na obra “Polideportivo de Ponteareas (D08/0074)”, correspondente ás certificacións da nº1 á nº5. Dita cantidade será librada con cargo a conta non orzamentaria 419.09 (099.129). - Facturas emitidas por Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (NIF B 82.270.190), que xustifica os traballos de coordinación de seguridade e saúde realizados en diversas obras. Dita cantidade será librada con cargo a conta non orzamentaria 419.10 (099.143). Núm. de factura Data Obra Importe 0820-1/2010 29/06/2010 Ampliación do pavillón de deportes para a construción dun ximnasio (D09/0087) 101,76 € 0820-2/2010 29/06/2010 Ampliación do pavillón de deportes para a construción dun ximnasio (D09/0087) 116,98 € 0820-3/2010 29/06/2010 Ampliación do pavillón de deportes para a construción dun ximnasio (D09/0087) 58,87 € 0820-4/2010 29/06/2010 Ampliación do pavillón de deportes para a construción dun ximnasio (D09/0087) 55,16 € 0830-25/2010 29/06/2010 Instalación de sistema de eliminación de humidades e condensadores no pavillón de deportes do Rosal (D09/0086) 203,42 € TOTAL 536,19 - A certificación nº6 por importe de 33.476,19 €, a favor da empresa Belypa Construcciones, S.L., correspondente a “Reforma da confraría de pescadores de San Xulián da Illa de Arousa (D09/51)”, cantidade que será librada con cargo ás partidas 10/410.415.658.07.2009 e 10/410.415.658.07, con arranxo ó seguinte detalle: Euros BELYPA CONSTRUCIONES, S.L. (CIF B-36.324.234) 33.476,19 € Subtotal 33.476,19€ Taxa dirección de obra (4%) 953,60 € Control de Calidade (3,5 %) 834,40 € Seguridade e Saúde (0,72 %) 171,65 € Total descontos 1.959,65 € Importe líquido a percibir pola empresa 31.516,54€ - A certificación nº 7 por importe de 14.481,15 €, a favor da empresa Belypa Construcciones, S.L., correspondente a “Reforma da confraría de pescadores de San Xulián da Illa de Arousa (D09/51)”, cantidade que será librada con cargo á partida10/410.415.658.07, con arranxo ó seguinte detalle: Euros BELYPA CONSTRUCIONES, S.L. (CIF B-36.324.234) 14.481,15€ Subtotal 14.481,15€ Taxa dirección de obra (4%) 412,51 € Control de Calidade (3,5 %) 360,95 € Seguridade e Saúde (0,72 %) 74,25 € Total descontos 847,71 € Importe líquido a percibir pola empresa 13.633,44€ - A certificación nº 8 por importe de 11.908,02 €, a favor da empresa Belypa Construcciones, S.L., correspondente a “Reforma da confraría de pescadores de San Xulián de la Illa de Arousa (D09/51)”, cantidade que será librada con cargo á partida 10/410.415.658.07, con arranxo ó seguinte detalle: Euros BELYPA CONSTRUCIONES, S.L. (CIF B-36.324.234) 11.908,02 € Subtotal 11.908,02€ Taxa dirección de obra (4%) 339,21 € Control de Calidade (3,5 %) 296,81 € Seguridade e Saúde (0,72 %) 61,06 € Total descontos 697,08 € Importe líquido a percibir pola empresa 11.210,94€ 27.18725.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 17.18455 DA SESIÓN DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 4/08/10, REFERENTE Ó CONVENIO HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DE FRAGOSELO Visto o erro padecido no texto do acordo nº 17.18455, adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 4 de agosto de 2010, referente á aprobación do “Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, a Entidade Deportiva Coruxo Club de Fútbol e a Comunidade de Montes Veciñais de dita localidade para a instalación de herba artificial no campo de fútbol de Fragoselo”. E resultando que as administracións públicas poden rectificar en calquera intre, de oficio, os erros existentes nos seus actos, segundo o disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o acordo da Xunta de Goberno no seguinte sentido: -Onde di: “CLÁUSULAS Primeira.- I.- …O importe ascende á contía de 498.678,48 € que serán aboados pola Deputación á empresa adxudicataria con cargo á aplicación 09/123.452.662.2008 do orzamento provincial. II.-Execución do proxecto de vestiarios e gradas de fútbol por un importe de 300.000,00 € que serán financiados pola Deputación Provincial con cargo á aplicación 10/922.342.658.00. Esta cantidade foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o día 30 de xullo ó tramitarse o terceiro expediente de modificación de créditos, figurando nominalmente para este fin. Así mesmo, figura nesa aplicación a cantidade de 124.000,00 € equivalente ó 25% da achega do Club”. -Debe dicir: “CLÁUSULAS Primeira.- I.- …O importe ascende á contía de 498.678,48 € que serán aboados pola Deputación á empresa adxudicataria con cargo á aplicación 10/922.342.652.09.2008 do orzamento provincial. II.- Execución do proxecto de vestiarios e gradas de fútbol por un importe de 424.000,00 euros que serán financiados pola Deputación Provincial con cargo á aplicación 10/922.342.658.00. Esta cantidade foi aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o día 30 de xullo ó tramitarse o terceiro expediente de modificación de créditos, figurando nominalmente para este fin”. 28.18726.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición