ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.388
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2010/12/10_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.539/1.2010-12-10_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/12/10_Ordinaria

  • Data(s) 2010-12-10 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día dez de decembro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os señores deputados, D. José Juan Durán Hermida e D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18785.- LIBERALIZACIÓN DO SOBRANTE ECONÓMICO DO PROGRAMA ACTÍVATE 2010, PARA O SEU REINTEGRO NA APLICACIÓN ORZAMENTARIA 10/230.232.227.07 Posto en marcha o Programa Actívate 2010 cunha dotación económica de 87.600,00€, para ofertarlle ós mozos da nosa provincia, un total de 73 cursos formativos nas áreas de servizos na empresa, servizos ás persoas, desenvolvemento persoal, actividades plásticas e igualdade entre homes e mulleres; desenvolveuse nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro, cunha participación de 1.200 persoas e un gasto total de 73.500,00 €, polo que se produciu un sobrante económico de 14.100,00 € respecto da dotación inicial; a Xunta de Goberno acorda por unanimidade liberalizar o sobrante económico de 14.100,00 € do “Programa Actívate 2011”, para o seu reintegro na mesma aplicación orzamentaria (10/230.232-227.07), en concreto no RC 201000024410, a fin de poder afrontar outros gastos deste Servizo. 2.18786.- LIBERALIZACIÓN DO SOBRANTE ECONÓMICO DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2010, PARA O SEU REINTEGRO NA APLICACIÓN ORZAMENTARIA 10/230.232.227.07 Aprobado o Programa Diúrno de Balnearios 2010, cunha dotación económica de 240.000,00€ e unha oferta de 4.600 prazas, para a mellora da calidade de vida das persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar; e desenvolvidas as dúas campañas de dito programa cunha participación real de 3.549 persoas e un gasto de 184.548,00 € produciuse un sobrante económico de 55.452,00 €, por todo o cal, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a liberalización do sobrante económico do Programa Diúrno de Balnearios 2010, por importe de 55.452,00 €, para o seu reintegro á aplicación orzamentaria 10/230.232-227.07 (RC201000024410), a fin de poder afrontar outros gastos deste Servizo. 3.18787.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO “PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2011” A Deputación de Pontevedra promove para o ano 2011 o Programa Lúdico de Balnearios, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, cunha dotación económica de 240.000,00€ e unha oferta de 4.600 prazas; mediante a cobertura dos desprazamentos ida e volta ós balnearios ou talasos escollidos polos usuarios e a permanencia neles durante unhas dúas horas en xornadas de mañá ou tarde (de luns a venres), polo que á vista dos informes de 24 e 29 de novembro de 2010, emitidos polo Sr. Secretario Xeral e o Sr. Interventor, respectivamente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as Bases Reguladoras do Programa Diúrno de Balnearios 2011, cunha dotación económica de 240.000,00€ con cargo á aplicación orzamentaria 11/230.232-227.07, en unha oferta de 4.600 prazas. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DIÚRNO DE CARÁCTER LÚDICO DE BALNEARIOS ANO 2011. A Deputación de Pontevedra a través do Servizo de Acción Social, convoca unha nova edición do Programa Diúrno de Carácter Lúdico de Balnearios, contribuíndo desta maneira ó fomento do envellecemento activo e a mellorar a calidade de vida dos nosos maiores. PRIMEIRA. Obxecto. O Programa Diúrno de Balnearios, ten por obxecto o proporcionar ás persoas a partir de 50 anos, pensionistas ou con necesidades de respiro familiar que residan na nosa provincia, unha serie de actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida, ofrecéndolles a oportunidade de ocupar o seu tempo de lecer, a uns prezos reducidos. O programa consiste en que os beneficiarios do mesmo, poderán pasar cinco tardes ou mañás seguidas (de luns a venres), nos balnearios e talasos da nosa provincia, establecéndose para a súa desenvolvemento dúas campañas. A) Campaña de primavera-verán B) Campaña de outono-inverno. As quendas de mañá dependerán da dispoñibilidade dos balnearios. SEGUNDA. Características do programa e servizos ofertados. Cada semana de ambas as campañas, sairá un autobús do punto estipulado previamente, con cartel identificativo, que recollerá ós beneficiarios, trasladándoos ós balnearios ou talasos elixidos, onde permanecerán por unha media de dúas horas, gozando das instalacións e dos servizos contemplados neste Programa. O guía repartirá o primeiro día un bono viaxe con data e hora de recollida, e indicará a cota a pagar, por cada participante, informando detalladamente da cobertura do seguro durante o traxecto e estancia nos establecementos. En cada balneario ou talaso facilitaranse unhas chanclas e un gorro, para utilizar nas súas instalacións. A axencia de viaxes adxudicataria para a organización do programa, comunicará a cada Concello, a semana asignada e os Concellos serán os que determinen as paradas (como máximo dúas, que deberán dispor de espazos amplos, onde os autobuses poidan entrar e manobrar) e comunicarano á axencia de viaxes. TERCEIRA. Orzamento e Financiamento. A contía consignada para este Programa ascende no ano 2011 a 240.000,00 €, con cargo á aplicación 11/230.232-227.07, do orzamento ordinario da Deputación Provincial, sen prexuízo de que sexa ampliado dito crédito. O Programa será cofinanciado pola Deputación Provincial de Pontevedra, os Concellos e o usuario. A Deputación partindo dun prezo máximo de licitación de 140,00€/persoa (IVE incluído) realizará unha achega de 52,00 €/praza. O Concello fará unha achega de 32,00 €/praza e o usuario, aboará unha contía que dependerá do prezo ofertado, pola empresa adxudicataria. No caso de que o Concello non se adhira, o solicitante deberá custear a parte proporcional de subvención do mesmo. Se na contratación para a organización deste programa, se producise algunha baixa de adxudicación, respecto ó prezo de licitación, a mesma aplicarase a incrementar a oferta de prazas para os participantes. CUARTA. Destinatarios e requisitos dos mesmos. Poderán acceder ó programa, todas as persoas que residan na nosa provincia e que reúnan os requisitos que a continuación se relacionan, independentemente de que o Concello de procedencia se adhira ou non: a) Persoas a partir de 50 anos. b) Os pensionistas. c) Aquelas persoas que mediante un informe da traballadora social do Concello, estímese conveniente, entendéndose como unha situación de respiro familiar. d) No caso das persoas que procedan de asilos ou residencias, os voluntarios acompañantes deberán ser accreditados, mediante informe da traballadora social. É requisito indispensable, non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía. QUINTA. Prazo de Adhesión dos Concellos, inscrición dos participantes e documentación a presentar: O prazo de presentación das adhesións dos Concellos para a Campaña de Primavera, así como, para aqueles interesados cuxos Concellos non se adhiran ó programa, será de 20 días hábiles a partir do día seguinte á publicación destas bases no B.O.P. Os Concellos adheridos deberán remitir á Deputación, os seguintes documentos: a) Certificado do acordo adhesión ó Programa, para unha ou as dúas campañas, facendo constar o número de prazas que están dispostos a subvencionar en cada campaña. b) Listados nominais dos participantes por orde de puntuación de maior a menor. (O Concello deberá remitir ademais, unha copia destas listaxes á empresa adxudicataria, no momento que se lle comunique. c) Impreso de solicitude asinado polos/as solicitantes, debidamente cumprimentado e acompañado do DNI. Os interesados cuxos Concellos non se adhiran ó programa deberán presentar: A) Impreso de solicitude, debidamente cuberto. B) Fotocopia do DNI. Unha vez rematado o procedemento de contratación da empresa adxudicataria, no que se determinen os balnearios e talasos, así como os prezos por participante, publicaranse na páxina web da Deputación. Campaña de outono-inverno: O prazo de presentación de solicitudes, para a Campaña de outono, será do 2 ó 20 de xuño, ambos inclusive, e se o último día de tales prazos fose inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte. SÉXTA. Lugar de presentación das solicitudes. No caso de que os Concellos estean adheridos a este Programa Diúrno de Balnearios, as instancias dos participantes, deberán presentarse nos Rexistros de tales Concellos. Para o caso de que non se adhiran os Concellos, as instancias dos participantes, deberán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial, ou no Rexistro da Delegación da Deputación en Vigo (de luns a venres ), ou ben por correo ou por calquera outro procedemento sinalado no artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. SÉTIMA. Procedemento de concesión. A concesión destas subvencións rexerase polo procedemento de concorrencia competitiva. A Deputación de Pontevedra establece a convocatoria de prazas, do Programa Diúrno de Balnearios, no marco de actividades para as persoas maiores, ofertando inicialmente un máximo de 4.600 prazas, que en principio serán outorgadas ás persoas que reúnan os requisitos e envíen a documentación debidamente cuberta. Unha vez aberto o prazo para a presentación de solicitudes, unicamente poderase cubrir unha instancia por persoa, escollendo unha das dúas campañas. Non se admitirán a trámite, solicitudes dos usuarios para a segunda campaña, que participasen na primeira, salvo que quedasen prazas libres, nese caso abriríase un prazo, para cubrir as mesmas. As baixas dos usuarios deberán estar debidamente xustificadas, e só nese caso xestionarase pola Empresa adxudicataria da Asistencia Técnica, a devolución correspondente. No caso de que o número de solicitudes exceda ó de prazas ofertadas, aplicarase un baremo de selección, que realizará a traballadora Social do Concello considerando os seguintes criterios: 1º) Gozar do Programa en anos anteriores. Nesta variable, tense en consideración a circunstancia de non gozar do programa, con obxecto de favorecer o acceso ó mesmo do maior número de persoas. Estableceranse as seguintes puntuacións: a) Participar no programa o ano anterior: 0 Puntos. b) Non participar: 10 puntos. 2º) Idade do Solicitante: Nesta variable valorarase a idade do solicitante, en coherencia coas políticas de actuación das persoas maiores. A valoración desta variable será de dous puntos, por cada cinco anos que se superen os 50 anos de idade 50 anos. 5 puntos 55 anos 7 puntos 60 anos 9 puntos 65 anos 11 puntos 70 anos 13 puntos a partir de 75 anos 15 puntos No caso de solicitudes de parella, os expedientes se baremarán establecendo a media aritmética das súas puntuacións. Se unha vez valoradas todas as solicitudes existe empate, terase en conta a orde de rexistro de entrada e se persiste o empate efectuarase un sorteo. No caso de que os Concellos non se adhiran ó Programa, será a Deputación Provincial a que aplique o baremo de selección. OITAVA. Órganos competentes para a instrución e resolución do procedemento. A instrución do procedemento corresponde ó Servizo de Acción Social, e a resolución do mesmo á Xunta de Goberno. NOVENA. Publicidade. En toda a publicidade que se elabore farase constar a organización e colaboración da Deputación, mediante a inclusión da súa imaxe institucional en conformidade co art. 31 do Regulamento da Lei xeral de subvencións. DÉCIMO. Xustificación e pagamento da subvención. Para proceder ó pago, a empresa adxudicataria, presentará xunto coas facturas, as listaxes das persoas participantes no programa, por quendas e campañas, no prazo máximo dun mes a partir da última saída. O pago, realizarase directamente no número de conta da empresa adxudicataria. No caso do usuario farase directamente o primeiro día no lugar de saída. DÈCIMO PRIMEIRA. Prazo de vixencia. Estas bases terán unha vixencia correspondente ó exercicio 2011. DÉCIMO SEGUNDA. Lexislación aplicable. • Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. • Real Decreto 887/2.006 de 21 de xullo, aprobando o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións. • Lei 4/1993 de 14 de abril de Servizos Sociais de Galicia. • Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local. • R.D. Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais. • Lei 30 /1992 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. • Bases de execución do vixente orzamento provincial.” 4.18788.- APROBACIÓN DAS BASES DE SUBVENCIÓN DIRIXIDAS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR O DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO ANO 2011 A Deputación de Pontevedra, a proposta do servizo de Deportes establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades e clubs deportivos para o apoio ó deporte de competición federado ano 2011 na que se convoca o programa F_10 “Deporte federado”, e unha vez fiscalizadas ditas bases polo servizo de Secretaría así como o informe favorable de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de subvencións a entidades e clubs deportivos para o apoio ó deporte de competición federado ano 2011 e que son do seguinte teor: “BASES DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES E CLUBS DEPORTIVOS PARA APOIAR O DEPORTE DE COMPETICIÓN FEDERADO PARA O ANO 2011” Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuída esta Deputación, consciente da importancia de fomentar o deporte en todas as súas facetas e coñecedora das carencias que teñen aqueles que desexan realizar a súa práctica, establece axudas para paliar ese déficit que se rexerán polas seguintes: BASES 1. FINALIDADE E OBXECTO.- 1.1 Esta convocatoria, destinada a clubs deportivos federados, márcase como obxectivo específico apoiar as entidades deportivas nas actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional, convocados por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas, nas modalidades deportivas de implantación na provincia de Pontevedra, conforme o disposto na Lei 7/1985, de bases de réxime local e demais normativa de aplicación. 1.2 A concesión das axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2011, convocándose con cargo ó orzamento da Deputación para o 2011 a subvención que a continuación se detalla: Materia Programa Aplicación orzamentaria DEPORTES F/11 Deporte Federado 11/340.341.489.23 2. BENEFICIARIOS.- Poderán optar a estas axudas as entidades e clubs deportivos que cumpran os seguintes requisitos: 2.1.- Carecer de fins de lucro (acreditándose declaración responsable do solicitante). 2.2.- Estar ó corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social. 2.3.- A modalidade practicada polos clubs federados ten que ter implantación na provincia de Pontevedra. 2.4.- Estaren inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte. 2.5.- Non estar incursos en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas. Non poderán ser beneficiarias desta axudas as entidades ou clubs deportivos que teñan pendente de xustificar subvencións concedidas no ano 2010 polo mesmo programa. 3. SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN.- Cada club só poderá formular unha única solicitude dunha modalidade deportiva concreta nos modelos normalizados, que facilitarán no rexistro xeral, na sección de Deportes ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es. Achegarase ademais a seguinte documentación: 3.1.- Fotocopia cotexada da tarxeta do CIF. 3.2.- Fotocopia cotexada da tarxeta do NIF do representante. 3.3.- Certificación orixinal dos datos bancarios da entidade ou ben copia cotexada. 3.4.- Orzamento asinado estimativo de gastos, referido á modalidade deportiva. 3.5.- Declaración orixinal do representante na que conste se solicitaron outras axudas, de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para percibir subvencións da Administración pública e de aceptar as bases da convocatoria, segundo modelo aprobado, así como a autorización á Deputación para optar ás certificacións da Axencia Estatal Tributaria e da Seguridade Social. 3.6.- Declaración responsable de estar ó corrente coas Obrigas Tributarias da Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social. 3.7.- Certificado de estar inscritos no Rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o Deporte 3.8.- Certificación, segundo modelo aprobado pola Deputación, da federación galega ou a que no seu caso corresponda, na que se especifique: 3.8.1.-Participación do equipo en competición na temporada 2010-2011. 3.8.2. Número de equipos participantes, por categoría do equipo, nivel da competición e sexo. 3.8.3.-Número de licenzas por categoría e sexo que participa en competición na temporada 2010/2011. Excepcionalmente, aquelas entidades ou clubs deportivos cuxa modalidade deportiva se desenvolva durante o ano natural, deberá presentar o certificado da federación correspondente o ano 2010. As entidades poderán autorizar á Deputación de Pontevedra para solicitar da Axencia Estatal Tributaria a certificación de estar ó corrente coas Obrigas Tributarias e coa Seguridade Social. Se a solicitude non reunise os datos esixidos ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requiriráselle ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámite. 4. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación: - Sede Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (horario de luns a sábado). - Sede Vigo: Rúa Oporto, 3 (horario de luns a venres). ou tal e como se establece no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 5. VALORACIÓN DAS SOLICITUDES.- A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. A selección das peticións e a contía das subvencións determinarase unha vez consideradas as actividades que se van realizar, ponderando as seguintes circunstancias: a. Nivel de competición da agrupación ou club: ata 15 puntos. b. Número de licenzas federativas: ata 15 puntos. c. Número de equipos participantes por categorías na actual temporada: ata 15 puntos. d. Equipo sénior en categoría nacional: 5 puntos. e. Adecuación das actividades que se van realizar ó interese provincial: ata 30 puntos. As propostas da concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano de goberno competente. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte do remate do prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. 6. RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA.- A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó Xefe do Servizo de Deportes, que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no art. 24 da Lei Xeral de Subvencións. As solicitudes de subvención para cada un dos programas serán avaliadas conforme ós criterios sinalados anteriormente, pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por: Presidente: -O Deputado-Presidente da Comisión de Deportes e Xuventude Vogais: -Dous/dúas técnicos do servizo de Deportes. -Un/unha técnico do servizo de Intervención. Secretario: -Actuará como secretario, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Deportes. A Comisión de Valoración poderá: 1. Acadar cantos informes estime necesarios para resolver. 2. Emitir informe respecto das solicitudes de subvención. A resolución da concesión deberáselles notificar expresamente a todos os solicitantes de forma fidedigna. 7. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO.- Unha vez notificadas as axudas concedidas, os clubs beneficiarios deberán xustificalas no prazo de trinta días e en todo caso antes do 31 de marzo de 2012. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. O aboo da subvención materializarase mediante ingreso na conta sinalada pola entidade. O beneficiario da subvención, de acordo co establecido na base 25.8ª-2ºf) de execución de orzamento 2011, para efectos de xustificación deberá remitir un certificado acreditativo de toma de razón na contabilidade da entidade ou club. Conxuntamente deberá presentar declaración de se recibiron ou non outras axudas ou subvencións coa mesma finalidade e acreditamento da debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade subvencionada, sendo suficiente a declaración responsable por parte do representante de a ter feito. Ademais, ós clubs que se lle outorguen subvencións por importe de 6.000,00 € ou superiores, quedan na obriga de insertar o anagrama de Deputación na súa vestimenta cunhas medidas aproximadas de 20 cms, así como nas vallas ou pancartas das súas instalacións deportivas; acreditando mediante fotografías ou recortes de prensa da presentación do equipo tal circunstancia. 8. ÓRGANO COMPETENTE E XURISDICIÓN.- De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para 2011 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. A resolución do procedemento notificaráselles ós interesados conforme ó previsto no art. 58 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. O vencemento do prazo máximo (6 meses) sen terse notificada a resolución lexitima ós interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de subvención. Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, potestativamente, no prazo dun mes, recurso de reposición perante o órgano que a ditou. Poderá entenderse desestimado dito recurso, se transcorrido un mes dende a súa interposición aquel non se tivese contestado. Neste caso poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso Administrativo coo se prevé no art. 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso-administrativa (tras modificación dada pola Lei 19/2003, de 23 de decembro) no prazo de dous meses. Así mesmo, contra a presente resolución tamén poderá interpoñerse directamente dito recurso contencioso-administrativo no prazo indicado. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte á recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entende desestimado. 9. DEREITO SUPLETORIO.- Para o non previsto nesta convocatoria serán de aplicación as normas incluídas nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2011 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.” 5.18789.- APROBACIÓN DAS BASES DE SUBVENCIÓN DE APOIO Á CULTURA DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS. ANO 2011 A Deputación de Pontevedra, a proposta do Servizo de Cultura, establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a Entidades para actividades e investimentos ano 2011, nas que se convocan os programas: A/11 “Actividades culturais xerais”, B/11 “Instrumentos e vestiario”, C/11 “Infraestrutura” e D/11 “Participación cidadá”, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría así como o informe favorable de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a “Entidades para actividades e investimentos - ano 2011”, e que son do seguinte teor: A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 10 de decembro de 2010, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: “BASES DE SUBVENCIÓNS DE APOIO Á CULTURA, DIRIXIDAS A ENTIDADES PARA ACTIVIDADES E INVESTIMENTOS. ANO-2011 A Deputación establece as bases reguladoras de concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promover e fomentar actividades culturais, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia. 1. OBXECTO.- A Deputación de Pontevedra concederá axudas económicas para promover, fomentar e difundir aquelas actividades culturais que organicen as persoas físicas e xurídicas sen fin de lucro no seu ámbito territorial e, excepcionalmente, fóra deste, cando teñan relevancia para os intereses provinciais, durante o exercicio actual, así como as destinadas a recuperar e conservar o patrimonio provincial, sendo prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a mellorar a calidade de todas as manifestacións culturais contribuíndo á modernización e recuperación da nosa cultura así como as tendentes a xerar beneficios no seu contorno. A concesión das axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2011, convocándose con cargo ó orzamento da Deputación para o 2011 as subvencións que a continuación se detallan: Materia Programa Aplicación orzamentaria CULTURA A/11 Actividades culturais 11/330.334.489.05 B/11 a.- Instrumentos b.- Vestiario 11/330.334.789.00 C/11 Infraestrutura 11/330.334.789.04 D/11 Participación cidadá 11/330.924.489.10 O programa A/11 “actividades culturais” diríxese ó financiamento de concursos literarios, periodísticos, festivais folclóricos, intercambios culturais, certames, conferencias, exposicións, etc. O programa B/11 “instrumentos ou vestiario” diríxese a financiar ós grupos e ás asociacións musicais da nosa provincia para a adquisición de instrumental ou vestiario propio destes, debendo figurar na solicitude un único concepto. O programa C/11 “infraestrutura” diríxese ó financiamento para a construción ou a rehabilitación de centros culturais, restauración de monumentos, etc. O programa D/11 “participación cidadá” diríxese a financiar congresos, feiras, etc. organizadas por entidades, fundacións ou federacións. Quedan excluídos da presente convocatoria e por tanto non serán obxecto de subvención as seguintes actividades e investimentos: - As actividades ou investimentos subvencionados, no mesmo exercicio, a través doutras convocatorias de subvencións ou plans provinciais da Deputación. - Os gastos de funcionamento das entidades, os gastos correntes e as actividades xerais que se realizan ó longo de todo o ano. - As viaxes de ocio, as festas gastronómicas e as festas populares. - A edición de libros, revistas e os cursos. - Os gastos gastronómicos, excepto naqueles casos que garden relación directa coa actividade e sexan necesarios para a mesma. 2. BENEFICIARIOS.- Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas e xurídicas que reúnan os seguintes requisitos: 1. Carecer de fins de lucro (acreditándose en declaración responsable do representante). 2. Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra deste cando versen sobre temas de interese para a provincia. 3. Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas. 4. Estar ó corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. Non poderán ser beneficiarios destas axudas as ANPAS nin aquelas Asociacións que teñan pendente de xustificar subvencións concedidas no exercicio anterior no mesmo programa. 3. SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN.- As entidades poderán presentar unha única subvención por cada programa e deben presentar expedientes completos por cada solicitude que realicen. As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depo.es, achegando ademais a seguinte documentación: - Fotocopia cotexada da tarxeta de identificación fiscal da entidade. - Fotocopia cotexada do DNI do representante legal. - Memoria explicativa dunha actividade concreta ou do investimento a realizar, asinada polo representante. - Orzamento detallado dunha actividade concreta e determinada ou, no seu caso, do investimento a realizar, asinado polo representante. A entidade haberá de solicitar, polo menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a 30.000,00 €, para realizar obras, ou superior a 12.000,00 € para adquirir equipamento. - No caso de realización de obras ou investimentos, acreditación da titularidade ou, no seu caso, a cesión de uso do ben para o que se solicita a subvención. - Declaración na que conste se se solicitaron outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien a actividade ou o investimento para subvencionar. - Declaración de que a entidade non está incursa en causas de incapacidade ou incompatibilidade para percibir axudas ou subvencións públicas e de aceptar as bases da convocatoria. - Certificación ou declaración responsable de estar ó corrente das obrigas coa Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social. - Declaración do número de socios da entidade. - Certificación orixinal dos datos bancarios, ou ben copia cotexada, co nome da entidade peticionaria. As entidades poderán autorizar á Deputación de Pontevedra para solicitar as certificacións de estar ó corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade Social. Se a solicitude non reunise os datos esixidos ou calquera dos previstos no art.70 da Lei 30/92, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites. 4. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN.- As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral da Deputación: - Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado). - Sede de Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres). ou tal e como establece o art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 5. VALORACIÓN E CONCESIÓN.- A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, tendo en conta para a adxudicación das axudas os seguintes criterios: 1. Difusión da actividade: de ámbito local, provincial, nacional, internacional, ata 15 puntos. 2. Número de persoas que participan e se benefician da actividade, ata 15 puntos. 3. Número de socios da asociación, ata 10 puntos. 4. Orzamento total da actividade ou investimento e porcentaxe solicitada de financiamento, ata 30 puntos. 5. Adecuación das actividades ou investimentos ó interese provincial, ata 30 puntos. O conxunto das axudas recibidas en ningún caso poderá superar o 100% do custo da actividade ou investimento que desenvolva o beneficiario. 6. PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN.- A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle ó xefe do Servizo de Cultura, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no art. 24 da Lei xeral de subvencións. As solicitudes de subvención para cada un dos programas serán avaliadas conforme ós criterios sinalados anteriormente, pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por: Presidente: O Deputado-Presidente da Comisión de Cultura Vogais: -Dous/dúas técnicos/as do Servizo de Cultura -Un/unha técnico/a do Servizo de Intervención Secretario: -Actuará como secretario, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Cultura A Comisión de Valoración poderá: 1.- Acadar cantos informes estime necesarios para resolver 2.- Emitir informe respecto das solicitudes de subvención O procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia competitiva. Non obstante, ó longo do exercicio orzamentario poderanse resolver aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou por causas imprevisibles e excepcionais, non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose para estes efectos a Presidencia ata un 20% do crédito total destes programas para a súa concesión directa, tal como se establece na base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial. As propostas de concesión de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente. A resolución do procedemento notificaráselles ós interesados conforme ó previsto no art. 58 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte no que remate o prazo de presentación da solicitude, sen notificarse a resolución, lexitima ós interesados para entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de subvención. 7. MODIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN.- Tal como establece o art. 64 do Regulamento da Lei xeral de subvencións (Rd 887/2006, de 21 de xullo), unha vez notificada a resolución de concesión, despois de solicitude razoada, o beneficiario da subvención poderá solicitar a modificación do seu contido sempre que se manteña a finalidade da subvención, que poderá autorizarse sempre que non se danen dereitos de terceiros. Esta solicitude de modificación deberá presentarse no prazo dun mes dende a notificación da concesión e será obxecto de resolución da Presidencia, logo da proposta previa da comisión avaliadora que deberá ter en conta as seguintes circunstancias: • Se o orzamento da nova actividade ou investimento é superior ou igual ó orzamento subvencionado inicial, manteranse ditas condicións da subvención concedida: importe da subvención e orzamento subvencionado. • Se o orzamento da nova actividade ou investimento é inferior ó orzamento subvencionado inicial, a comisión avaliadora, logo do informe previo do Servizo de Cultura, deberá determinar o novo importe da subvención e o novo orzamento subvencionado, que serán inferiores ós inicialmente establecidos. 8. XUSTIFICACIÓN.- Unha vez notificada a aprobación das axudas concedidas e realizada a actividade ou o investimento os beneficiarios deberán xustificalas antes do 31 de marzo de 2012. Para cobrar a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: a. Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando cada factura o número de unidades, os prezos unitarios destas e máis o custo total de cada unidade. b. Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda, indicando que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame, tal como se establece na base 25.8ª. 2.c das de execución do vixente orzamento provincial. c. Os gastos xustificados deberán axustarse no posible ós conceptos incluídos no orzamento inicial, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. d. No caso de subvencións de execución de obras ou instalacións que superen os 12.000,00 € poderase esixir un informe previo do técnico provincial. e. Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas ou entidades privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada. f. Para cobrar a axuda concedida as entidades deberán estar ó corrente das súas obrigas fiscais coa Axencia Estatal Tributaria, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra, situación que determinará de oficio a propia Deputación, a través do Servizo provincial de Intervención. g. A xustificación deberá ir xunto cunha memoria da actividade ou do investimento realizado dos resultados obtidos. h. Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación da actividade ou investimento subvencionado, sendo suficiente a declaración responsable do representante de a ter feito. 9. PAGAMENTO.- Para pagar a subvención terase en conta o seguinte: - No caso de que se xustifique gasto polo 100% do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención. - No caso de que se xustifique gasto inferior ó 100%, aboarase a parte proporcional da subvención, que non será de aplicación cando esta sexa de importe inferior a 600,00 €. O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. 10. DEVOLUCIÓN E REINTEGRO.- As axudas concedidas deberán devolvelas ou reintegralas nos seguintes casos: a.- Por obtelas falseando as condicións requiridas. b.- Por non aplicala ós fins para os que foi concedida. c.- Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases. 11. ÓRGANO DE APROBACIÓN.- De acordo co establecido na base 16.2 das de execución do orzamento para o ano 2010 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 12. XURISDICIÓN APLICABLE.- Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes. Entenderase desestimado se transcorre outro sen contestar; neste caso poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do Contencioso Administrativo como se prevé no art. 8 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa (tras modificación dada pola Lei 19/2003, de 23 de decembro) no prazo de dous meses. Asemade, contra a presente resolución tamén poderá interpoñerse directamente dito recurso contencioso-administrativo no indicado prazo. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte á recepción da correspondente notificación ou da data na que o recurso de reposición se entende desestimado. 13. DEREITO SUPLETORIO.- Para o non disposto nas presentes bases contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2011 e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/03) e demais lexislación de desenvolvemento.” 6.18790.- APROBACIÓN DAS BASES DO PLAN CULTURAL 2011 A Deputación de Pontevedra pon en marcha o Plan Cultural – 2011, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría Xeral así como visto o informe favorable de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán o citado Plan e que son do seguinte teor: “B A S E S 1.- OBXECTO.- A Deputación Provincial, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, as agrupacións, as entidades e as asociacións culturais, pon en marcha o Plan Cultural mediante o cal retribuirá ós grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ó longo do ano 2011, coas contías que se establecen para este fin na base 5, e que se imputarán con cargo á aplicación 11/330.334.226.09 do orzamento provincial. 2.- DESTINATARIOS.- Poderán solicitar a inclusión neste Plan Cultural as seguintes agrupacións da provincia: Bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, bandas de gaitas, música tradicional, música clásica, teatro, etc. 3.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN.- As solicitudes formalizaranse no modelo normalizado que se facilitará no Rexistro Xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depo.es, acompañada da documentación prevista na base 8ª e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación: - Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado) - Sede de Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres) ou tal e como establece o art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes empezará a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 25 de xaneiro de 2011. As agrupacións carentes de CIF achegarán unha acta de constitución asinada polos seus compoñentes, onde conste a designación do representante e a certificación da conta bancaria aberta a nome do grupo. 4.- SELECCIÓN.- A selección e inclusión dos grupos peticionarios levarase a cabo polo Servizo de Cultura, que poderá interesar o asesoramento necesario, a través de informes de técnicos e profesionais expertos en cada unha das materias que avaliarán os expedientes para efectos de clasificación, propoñéndolle ó órgano competente a súa aprobación definitiva. 5.- RETRIBUCIÓN.- Cada actuación retribuirase cos seguintes importes: TIPO DE GRUPO IMPORTE TIPO DE GRUPO IMPORTE ANIMACIÓN INFANTIL 210,00 € GRUPOS FOLK 270,00 € BAILE MODERNO 210,00 € GRUPOS MÚSICO-VOCAL 210,00 € BALLET 240,00 € HUMORISTAS 210,00 € BANDAS DE GAITAS 240,00 € MAJORETTES 210,00 € BANDAS DE MÚSICA (A) 600,00 € MASAS CORAIS (A) 270,00 € BANDAS DE MÚSICA (B) 500,00 € MASAS CORAIS (B) 240,00 € BANDAS DE MÚSICA (C) 450,00 € ORQUESTRAS CLÁSICAS 340,00 € CANTAUTORES 210,00 € OUTROS FOLCLORES 210,00 € CLÁSICOS (A) 240,00 € PANDEIRETEIRAS 240,00 € CLÁSICOS (B) 210,00 € POETAS 210,00 € GRUPOS DE GAITAS 170,00 € GRUPOS DE POP-ROCK 210,00 € GRUPOS DE PLAYBACK 210,00 € ROLDAS 240,00 € GRUPOS FOLCLÓRICOS(A) 270,00 € GRUPOS DE TEATRO (A) 500,00 € GRUPOS FOLCLÓRICOS (B) 210,00 € GRUPOS DE TEATRO (B) 375,00 € GRUPOS FOLCLORICOS (C) 170,00 € MAXIA 300,00 € 6.- PAGAMENTO.- O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura, facilitado polo departamento de Cultura, debidamente cuberto e coa conformidade do organismo, asociación ou entidade beneficiaria. Esta documentación presentarase no prazo máximo de 30 días, a contar dende a data de actuación, quedando sen efectos transcorrido o dito prazo. Para tramitar as facturas das diferentes agrupacións, estas deberán ser emitidas polo titular que figura no CIF emitido por Facenda. Os solistas e agrupacións representadas por persoas individuais practicarán na factura a retención do IRPF, aplicable segundo a lexislación vixente (R.d.l. 3/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas) e a lexislación de desenvolvemento. 7.- OBRIGAS DAS AGRUPACIÓNS.- As agrupacións seleccionadas comprométense e obrigan a executaren as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos municipios e centros culturais da provincia, e soamente en casos de forza maior, debidamente xustificados, quedarán exentas do dito convenio. 8.- DOCUMENTACIÓN.- Para seren incluídos nos respectivos epígrafes presentarán como documentación: a.- Fotocopia do CIF da entidade. b.- Certificación da conta bancaria. c.- Relación nominal de compoñentes e DNI. d.- Fotografía da agrupación en formato dixital. De conformidade co establecido no art. 35.f) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a documentación sinalada nos apartados anteriores non terá que ser presentada se xa se presentou nos derradeiros anos, sempre que non houbera variación nela. 9.- CLASIFICACIÓN.- As agrupacións incluídas no plan clasificaranse da seguinte maneira: 1.- BANDAS DE MÚSICA, as que teñan: a.- Un mínimo de 70 membros e unha escola de música. b.- Un mínimo de 50 membros. c.- Un mínimo de 35 membros. Ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - A relación de alumnos e profesorado da escola de música, facendo constar, se procede, o seu recoñecemento oficial. 2.- MASAS CORAIS, as que teñan: a.- un mínimo de 50 membros b.- un mínimo de 30 membros 3.- GRUPOS FOLCLÓRICOS: os que teñan: a. 30 membros, grupo instrumental propio, escola de baile e acrediten mediante documento a realización de actividades de investigación, etnografía, etc. b. 20 membros, grupo instrumental propio e escola de baile. c. 16 membros e grupo instrumental propio. Ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - a relación nominal dos compoñentes do grupo folclórico co seu DNI. - a relación nominal dos compoñentes do grupo instrumental co seu DNI. - a relación de alumnos da escola de baile. 4.- TEATRO: Para ser incluídos neste epígrafe, ademais da documentación requirida na base 8ª deberán presentar: - a programación para desenvolver e o custo da montaxe. 5.- MÚSICA CLÁSICA, MÚSICA TRADICIONAL E VARIOS: Música clásica: a. Grupo A: grupos de cámara. b. Grupo B: solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos. c. Orquestras: as que teñan a distribución instrumental orquestral (corda e vento). 10.- SOLICITUDES DAS ACTUACIÓNS.- As entidades solicitantes, como organizadoras dos actos, débense poñer en contacto coas agrupacións acollidas a este Plan Cultural para concretar a data de actuación, coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou escenificación da obra. Os grupos disporán dun escenario ou marco adecuado, para que estes poidan efectuar a súa actuación sen impedimento ningún. As solicitudes para as actuacións destes grupos realizaranse cunha antelación superior ós 30 días da data da súa celebración. Os adxudicatarios de cada actuación están obrigados a facer mención, na propaganda e publicidade oral e escrita que confeccionen, do patrocinio no acto da Deputación Provincial de Pontevedra, obriga que, de non cumprirse, deixaría sen efectos a concesión realizada. 11.- SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN DAS ACTUACIÓNS.- A selección das actuacións determinarase aplicando os seguintes criterios e porcentaxes: - Adecuación da actuación ó interese provincial 40% - Importancia e magnitude do ciclo ou acto a desenvolver 20% - Número posible de beneficiarios do evento 20% - Dispoñibilidade das agrupacións solicitadas para realizar a actuación 20% 12.- VIXENCIA.- O presente Plan Cultural terá vixencia durante todo o ano 2011, condicionado á existencia de consignación orzamentaria.” 7.18791.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A CONSERVATORIOS DE MÚSICA PÚBLICOS, NON DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 4 de agosto de 2010 aproba as bases para a concesión de axudas a Conservatorios de música non dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e de Titularidade Pública para o ano 2010, e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 152.200,00 €, con cargo á aplicación 10/330.323.462.04 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de subvencións e que son as que se relacionan a continuación: 8.18792.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN A ESCOLAS DE MÚSICA PÚBLICAS A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 4 de agosto de 2010 aproba as bases para a concesión de axudas a Escolas de Música públicas para o ano 2010, e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 150.000,00 €, con cargo á aplicación 10/330.323.462.06 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de subvencións e que son as que se relacionan a continuación: 9.18793.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN A ESCOLAS DE MÚSICA DEPENDENTES DE ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 4 de agosto de 2010 aproba as bases para a concesión de axudas a Escolas de Música dependentes de Asociacións sen ánimo de lucro para o ano 2010, e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 50.000,00 €, con cargo á aplicación 10/330.323.489.09 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de subvencións e que son as que se relacionan a continuación: 10.18794.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1) Devolución de garantías definitivas á empresa Comercial Custodio, S.L. A empresa Comercial Custodio, S.L. (CIF B- 36.137.099), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de dous mil oitocentos oitenta e dous euros con cincuenta céntimos (2.882,50 €), para responder do contrato relativo á “Subministración dunha máquina retro pa de rodas para a Entidade Menor de Morgandans”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/09/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800080974, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2) Devolución de garantías definitivas á empresa Hormigones Valle Miñor, S.A. A empresa Hormigones Valle Miñor, S.A. (CIF A- 36.623.510), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Bankinter, por importe de seiscentos oito euros (608,00 €), para responder do contrato relativo ó “Lote nº 62 que quedou deserto no concurso convocado para contratar o alugamento de maquinaria e vehículos de transporte e subministro de materiais do ano 2007”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/04/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700032833, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 11.18795.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.18796.- NOMEAMENTO DE REPRESENTANTE NA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA E A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS (FEGAMP) PARA O DESENVOLVEMENTO DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NAS ENTIDADES LOCAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA De conformidade co establecido na cláusula décimo sétima do “Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia”, pola que se constitúe unha comisión de seguimento, designase a D. Amancio Varela García, xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías, para que forme parte da mesma. 13.18797.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVICIO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO MORRAZO, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 3º e 4º TRIMESTRE DO EXERCICIO 2010 Á vista da solicitude que formula o Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, CIF: P-3600025E, pola que interesa se proceda ó aboamento da achega desta Deputación, que ascende a 187.087,50 €, para gastos de funcionamento do 3º e 4º trimestre do ano 2010, e do informe de intervención, de data 2 de decembro dos presentes, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 187.087,50 € ó Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Morrazo, para gastos de funcionamento do terceiro e cuarto trimestre do ano 2010. 2. Declarar o aboo, a favor do citado Consorcio, da cantidade de 187.087,50 € con cargo ás aplicacións orzamentarias 10/942.134.467.01.2006 e 10/942.134.467.01, respectivamente, nas que existe crédito para facer fronte ó gasto. 14.18798.- RENUNCIA QUE FORMULA A ASOCIACIÓN DE VECINOS A LAXE (POIO) CONCEDIDA NO EXERCICIO 2009 NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA PARA A OBRA NÚM. 384 “MELLORA PARQUE INFANTIL” Dada conta da renuncia presentada pola Asociación de Vecinos A Laxe-Poio (CIF: G-36.017.184), á subvención de 3.000,00 € concedida pola Xunta de Goberno, acordo núm. 16.17345 de 21 de outubro de 2010, para o investimento núm. 384, denominado “Mellora parque infantil”, incluída no Programa de Acción Comunitaria-2009, partida 911.514.789.07, motivada pola imposibilidade de executar a totalidade da obra dada a precariedade de medios económicos cos que conta esta Asociación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aceptar a renuncia presentada pola Asociación de Veciños A Laxe-Poio (CIF: G-36.017.081), á subvención de 3.000,00 euros concedida no ano 2009 dentro do Programa de Acción Comunitaria para ó investimento núm. 384, “Mellora parque infantil”. 15.18799.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOC. CENTRO SOCIAL E DEPORTIVO CULTURAL CHAN DAS PIPAS DE SAXAMONDE DO CONCELLO DE REDONDELA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE INSTRUMENTOS”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE GOBERNO DE 01/09/2010 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 01/09/2010 unha subvención a favor da Asoc. Centro Social e Deportivo Cultural Chan das Pipas de Saxamonde con CIF: G-36.515.237, do concello de Redondela, por un importe de 414,00€, para “Adquisición de instrumentos”, con cargo á aplicación 10/330.334.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 23/11/10, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día por non dispor dos medios económicos necesarios, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 16.18800.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE SOBRÁN DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA AS “OBRAS DE CONSTRUCIÓN DA CUBERTA DO CENTRO CULTURAL DE SAN MARTIÑO DE SOBRÁN”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE GOBERNO DE 23/07/2008 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 23/07/2008 unha subvención a favor da Parroquia de San Martiño de Sobrán con CIF: R-1500020-A, do concello de Vilagarcía de Arousa, por un importe de 8.181,00 €, para as “Obras de construción da cuberta do Centro Cultural de San Martiño de Sobrán”, con cargo á partida 08/451.451.789.04, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 18/11/10, da citada Parroquia renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 17.18801.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DAS AXUDAS A COOPERATIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA FINANCIAR AS MELLORAS NOS SERVIZOS QUE PRESTEN ÓS SEUS SOCIOS PARA O ANO- 2010 Vistos os informes favorables emitidos polos Servizos de Intervención, de Secretaría Xeral e do enxeñeiro técnico de Medio Natural, en relación ás Bases reguladoras das axudas económicas a Cooperativas da provincia de Pontevedra para o ano 2010, por un importe inicial de douscentos mil euros (200.000,00 €), imputables á aplicación orzamentaria 10/410.412.789.00 dos vixentes orzamentos provinciais, segundo o documento de retención de crédito núm. 201000106206, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar ditas Bases reguladoras pola contía inicial de douscentos mil euros (200.000,00 €). Ditas Bases son como seguen: “BASES REGULADORAS DAS AXUDAS ECONÓMICAS A COOPERATIVAS, DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA FINANCIAR AS MELLORAS NOS SERVIZOS QUE PRESTEN ÓS SEUS SOCIOS–2010 A Deputación de Pontevedra, consciente da importancia do movemento cooperativista para o desenvolvemento do sector agropecuario provincial, establece as axudas a cooperativas, para financiar as melloras nos servizos que presten ós seus socios para o ano 2010 e que se rexerán polas presentes bases. 1) OBXECTO E FINANCIAMENTO.- Constitúe o obxecto das presentes bases definir o conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas económicas ás cooperativas da provincia de Pontevedra que outorgue a Deputación de Pontevedra, segundo os principios de obxectividade e concorrencia competitiva de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida orzamentaria 10/410.412.789.00, cun crédito inicial de douscentos mil euros (200.000,00 €). 2) ACTUACIÓNS SUSCEPTIBLES DE AXUDA E CONTÍA DA SUBVENCIÓN.- 2.1) Serán obxecto de axuda os investimentos realizados polas cooperativas, para mellorar os servizos que presten ós seus socios (construcións, equipamentos, maquinaria, instalacións, reparacións en edificios que sexan investimentos, estudos técnicos, mobiliario, utilización das novas tecnoloxías e enerxías renovables e calquera outros investimentos que sirvan para mellorar os servizos prestados polos beneficiarios ós seus socios). 2.2) As axudas económicas poderán alcanzar ata o 50% do investimento realizado, sen prexuízo de que sexan compatibles con outras axudas recibidas para o mesmo investimento por outros organismos e que en ningún caso a súa concorrencia supere o custo do investimento realizado. 3) BENEFICIARIOS.- Poderá solicitar estas axudas calquera cooperativa agraria da provincia de Pontevedra que reúna os seguintes requisitos: a) Estar legalmente constituídas. b) Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou sobre temas de interese para a provincia. 4) FORMULACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN.- As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no Rexistro Xeral da Deputación ou na súa sé de Vigo, no Servizo Agrario ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es e que serán publicados coas presentes bases no Boletín Oficial de Pontevedra. Achegarase a seguinte documentación: a) Solicitude asinada polo presidente da cooperativa ou representante legal e debidamente cumprimentada. b) Copia cotexada da tarxeta de identificación fiscal da cooperativa ou agrupación beneficiaria. c) Copia cotexada do DNI do representante legal ou persoa que asina a solicitude. d) Copia cotexada dos estatutos da entidade. e) Memoria descritiva do investimento a realizar, especificando as características técnicas dos equipamentos, maquinaria, obras, estudos técnicos, mobiliario, etc. Nas obras achegarase o seu orzamento técnico coas unidades de obra desagregadas e o seu prezo unitario. f) Orzamento de gastos e ingresos, asinado e detallado, da actividade ou do investimento a realizar. g) Certificado do acordo do órgano competente da entidade beneficiaria no que se autorice a solicitar esta axuda. h) Contía da axuda solicitada, que non poderá superar o 50% do orzamento calculado de gastos. i) Declaración das axudas solicitadas e/ou obtidas a outras administracións públicas ou entidades privadas para esta finalidade e compromiso de comunicar á Deputación as que se soliciten e/ou obteñan nun futuro e a súa contía en relación co orzamento total dos investimentos a realizar. j) Certificación orixinal dos datos bancarios ou ben copia cotexada a nome da entidade peticionaria. k) Certificación do número de socios de cada cooperativa, a súa categoría e declaración de que desenvolve as súas actividades no ámbito da provincia ou que teñen interese para a provincia. l) Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía de 30.000,00 €, no suposto de execución de obras, ou de 12.000,00 € no caso de subministro de bens de equipo, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da axuda (art. 31.3 Lei 38/2003). Esta situación deberá acreditarse no expediente da subvención concedida. m) Certificación de estar ó corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social o xustificante de autorización de mora. n) Declaración asinada do presidente ou o representante legal da cooperativa conforme non está incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co establecido no art. 13 da Lei 38/2003 xeral de subvencións. o) Compromiso de realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención, conforme ó disposto no artigo 14 da Lei 38/2003 xeral de subvencións. p) Compromiso de difundir o financiamento da Deputación de Pontevedra e facela constar en todo tipo de información que realice no desenvolvemento da actividade subvencionada. As entidades poderán autorizar á Deputación de Pontevedra para que solicite as certificación de estar ó corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e coa Seguridade Social. A documentación que se presente será orixinal ou, no caso de ser fotocopia, deberá vir compulsada. O defecto, erro ou ausencia na presentación da documentación á que se refire esta base así como o incumprimento do previsto no artigo 70 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirase ó interesado para que emende as faltas no prazo máximo de 10 días hábiles, indicándolle que se non o fixese teráselle por desistido da súa solicitude, previa resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no art. 42 da Lei 30/92. 5) PRAZO E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES.- As axudas que se contemplan na presente convocatoria poderán solicitarse a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e durante 30 días naturais. As solicitudes irán dirixidas ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra (tamén na súa sede de Vigo) ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A pesar do anterior, ó longo do exercicio orzamentario poderán presentarse solicitudes que, por circunstancias novas ou por causas imprevisibles e excepcionais xustificadas adecuadamente e por escrito, non puideran presentarse no prazo sinalado no parágrafo anterior. Estas solicitudes, logo de que o xefe do Servizo Agrario emita un informe sobre a existencia das causas que dan lugar á súa presentación fóra de prazo, tramitaranse de acordo coas presentes bases, agás o cumprimento dos prazos e sempre e cando exista consignación orzamentaria. Neste senso, a Deputación de Pontevedra poderá reservar ata un 20% do crédito total para a súa concesión directa, tal e como se establece na base 25ª.3 das Bases de Execución do vixente orzamento provincial. 6) VALORACIÓN DAS SOLICITUDES.- A concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva e avaliaranse por unha Comisión de Valoración que atenderá, para a súa adxudicación individualizada, ós seguintes criterios:  Número de socios da cooperativa (ata un máximo de 10 puntos).  Aforro e eficiencia enerxética e/ou instalacións de enerxías renovables (ata 10 puntos).  Adecuación dos investimentos ó interese provincial (ata 20 puntos).  Creación de postos de traballo (ata 10 puntos). 7) RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA.- A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle ó xefe do Servizo Agrario, que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 24 da Lei xeral de subvencións. A Comisión de Valoración avaliará, conforme ós criterios indicados no apartado anterior cada unha das solicitudes. Esta Comisión estará composta da seguinte maneira: Presidente: -O presidente da Comisión de Desenvolvemento Agrogandeiro ou o deputado en quen delegue. Vogais: -O enxeñeiro director do Servizo Agrario. -Un técnico do Servizo de Intervención. Secretario: -Un funcionario do Servizo Agrario, sen dereito a voto. A Comisión poderá:  acadar cantos informes estime necesarios para resolver.  propoñer ó beneficiario a reformulación da solicitude.  emitir un informe respecto das solicitudes de subvención. A proposta de concesión das axudas someterase ó ditame da Comisión Informativa de Desenvolvemento Agrogandeiro. Finalmente, a proposta de resolución elevarase para a súa aprobación definitiva ó órgano competente segundo o disposto nas bases de Execución do orzamento provincial do presente ano e a lexislación vixente. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte ó remate do prazo para presentar a solicitude, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición. 8) MODIFICACIÓN.- Unha vez notificada a resolución de concesión e logo de que o beneficiario da subvención o solicite por escrito e razoadamente, acreditando as causas excepcionais ou imprevisibles que o motivan, poderán modificarse as condicións da resolución, nos termos recollidos no artigo 27 da Lei xeral de subvencións. Esta solicitude deberá presentarse no prazo de tres meses dende a notificación da concesión e será obxecto de resolución polo órgano competente, despois da proposta previa da Comisión Avaliadora, que deberá ter en conta as seguintes circunstancias:  Se o orzamento da nova actividade ou investimento é superior ou igual ó inicial, manteranse as mesmas condicións da axuda concedida: coeficiente de financiamento, importe da axuda e orzamento subvencionado.  Se o orzamento da nova actividade ou investimento é inferior ó inicial, a Comisión Avaliadora, logo do informe previo do Servizo Agrario, deberá determinar o novo importe da subvención e o novo orzamento subvencionado, que serán inferiores ós inicialmente establecidos. 9) XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO.- 9.1.- Prazo de xustificación. Unha vez notificadas as axudas concedidas e realizada a actividade ou o investimento, os beneficiarios deberán xustificalas en todo caso no prazo de seis meses a contar dende a notificación da concesión, se ben antes de que finalice o prazo poderase ampliar por solicitude razoada do interesado ou proposta xustificada da unidade xestora, nos termos previstos no artigo 49 da Lei 30/1992. 9.2.- Documentación xustificativa. As subvencións aboaranse despois da xustificación dos gastos. Para poder recibir a subvención as entidades deberán presentar a seguinte documentación: a) Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo polo importe da subvención concedida, indicando o número de unidade os prezos unitarios destas e mais o custo total de cada unidade, e que reúnan, ademais, os requisitos legais esixidos polo R.d. 1496/03 de 28 de novembro sobre confección de facturas (número de factura, datos referidos o expedidor e o destinatario da factura, concepto e prezo total con IVE, que estará detallado, incluído ou exento, o lugar e a data de emisión da factura, etc.). b) Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou o gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de manifesto que os gastos que figuran en dita conta xustificativa se aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda, indicando que o resto dos xustificantes da conta se encontran no domicilio da entidade beneficiaria a disposición da Deputación para o seu exame durante un prazo mínimo de 4 anos. c) Unha memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos. d) Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas ou entidades privadas para a finalidade subvencionada ou, no seu caso, detalle do financiamento obtido e unha declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da finalidade subvencionada. e) Certificación de estar ó corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social ou xustificante de autorización de mora, ou autorización para que a propia Deputación as solicite directamente. f) Acreditar a debida divulgación do financiamento por parte da Deputación de Pontevedra da actividade ou investimento subvencionado ou, se non é posible, declaración responsable do representante. 9.3.- Tramitación da xustificación. Á vista da documentación xustificativa presentada e despois dos informes do Servizo Agrario e da Intervención provincial, o órgano competente resolverá sobre o pagamento da axuda. No caso de que a documentación xustificativa non fose correcta ou suficiente, requirirase ó interesado para que emende as faltas nun prazo de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte da notificación do requirimento. Para pagar a subvención terase en conta o seguinte:  No caso de que se xustifique o 100% do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención.  No caso de que se xustifique un gasto inferior ó 100% do orzamento subvencionado, aboarase a parte proporcional da subvención. O aboamento da subvención realizarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor. 10) RÉXIME SANCIONADOR.- Será de aplicación o réxime sancionador previsto na Lei 38/2003, xeral de subvencións, coas especificacións indicadas na súa disposición adicional décimo cuarta. 11) ÓRGANO DE APROBACIÓN.- De acordo co establecido na base 16ª.2 das de execución do orzamento para o ano 2010 e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno. 12) RECLAMACIÓNS.- Contra estas bases e as resolucións administrativas que se adopten na súa execución poderá interpoñerse, potestativamente, recurso de reposición perante o órgano que a ditou no prazo dun mes. Entenderase desestimado se transcorre outro sen contestar; neste caso poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contenciosos-Administrativo como se prevé no art. 8 da Lei 29/1998 (modificada pola Lei 19/2003) no prazo de dous meses. Asemade, contra a presente resolución tamén poderá interpoñerse directamente dito recurso contencioso-administrativo no indicado prazo. En todos os casos os prazos contaranse a partir do día seguinte á recepción da correspondente notificación, ou no seu caso da publicación no BOP, ou da data na que o recurso de reposición se entenda desestimado. 13) DEREITO SUPLETORIO.- Para o non previsto nas presentes bases contemplarase o establecido nas Bases de Execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/2003), no seu Regulamento (BOE núm. 176, de 25/07/2006), na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e nas demais disposicións vixentes que resulten de aplicación.” 18.18802.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 3 de decembro de 2010, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201000001476 e que contén doce facturas, sendo a primeira de Distribuciones Froiz, S.A., por importe de 1.115,46 € e a derradeira de Neumáticos Tejedo, S.L., por importe 5.765,92 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 43.841,52 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 43.841,52 € 19.18803.- APROBACIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN POUSADA DE ARMENTEIRA O Servizo de Cooperación está xestionando o proxecto Pousadas, que ten como obxectivo primordial a posta en valor dos recursos da comarca do Salnés. Dentro deste programa inclúese a construción dunha Pousada Xardín na zona da Armenteira. Con esta finalidade, a Deputación adquiriu unha serie de parcelas no lugar de Caroi, Armenteira, pertencente ó concello de Meis, para levar a cabo a construción dunha das pousadas incluídas no proxecto aprobado por Resolución da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial de 7 de novembro de 2007. Por Resolución da Presidencia de data 26 de xullo de 2010, aprobouse o expediente para a contratación, mediante procedemento negociado sen publicidade, do servizo da redacción do proxecto básico e de execución da Pousada en Armenteira, que foi adxudicado definitivamente o arquitecto D. Mauro Lomba Martínez, por resolución nº13477, de data 6 de outubro de 2010. En cumprimento desta adxudicación, o arquitecto dentro do prazo estipulado na convocatoria procedeu á redacción do proxecto, que ascende á contía de 2.584.000,00 €. O Servizo de Arquitectura procedeu á supervisión do proxecto informando favorablemente. Vistos os informes de Contratación e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1- Prestar aprobación ó proxecto básico e de execución da Pousada en Armenteira, por un importe de 2.584.000,00 €, imputables á aplicación orzamentaria 10/941.430.622.01 e cun prazo de execución de 12 meses. 2- Así mesmo, acordase iniciar o expediente de contratación da obra. 20.18804.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA DE “ROTONDA, ENSANCHE E MELLORADA SEGURIDADE VIAL NA E.P. 3302 TABAGÓN-ROSAL-PORTOCELO (O ROSAL)” Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 14/07/2010, aprobouse un convenio de colaboración co Concello do Rosal co obxecto de levar a cabo a execución da obra “Rotonda, ensanche e mellora da seguridade vial na E.P. 3302 Tabagón-Rosal-Portocelo (O Rosal)”, con orzamento de 807.415,00 €, IVE incluído. Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 17/11/2010, aprobouse ó proxecto correspondente á referida obra, por importe de 684.250,00 €, máis 123.165,00 € correspondentes ó IVE, o que fai un importe total de 807.415,00 €, acordándose, así mesmo, o inicio do expediente de contratación da obra. Resultando que se emendaron os reparos postos de manifesto no informe de Intervención, emitido con data 16/11/2010, dado que o Concello do Rosal ingresou na Tesourería Provincial a súa achega correspondente á anualidade 2010, por importe de 97.039,28 €, que se procedeu á sinatura do convenio, que se uniu ó expediente o correspondente informe de supervisión do proxecto, e que se eliminou do proxecto a revisión de prezos, tendo en conta que non procede ó establecerse o prazo de execución da obra en oito meses. Resultando que polo Sr. Secretario Xeral emítese informe relativo ó prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá no procedemento, estimándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. E, á vista do informe de fiscalización do expediente, emitido polo Sr. Interventor, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o gasto, o prego de cláusulas administrativas e o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da obra “Rotonda, ensanche e mellora da seguridade viaria na E.P. 3302 Tabagón-Rosal-Portocelo (O Rosal)”, por importe de 684.250,00 €, máis 123.165,00 € correspondentes ó IVE, o que fai un importe total de 807.415,00 €. Para o financiamento da obra na aplicación 10/456.453-612.02 existe crédito adecuado e suficiente para facer fronte ó gasto da a anualidade de 2010 por un importe total de 497.039,28 €. Respecto da anualidade 2011 (310.375,72 €) contabilizarase na correspondente aplicación que será, no seu caso, a 11/456.453-612.02, quedando condicionada á aprobación do seu orzamento. O anuncio de licitación e do extracto do prego de cláusulas administrativas que rexerá no procedemento aberto publicarase no Boletín Oficial da Provincia. Os gastos de inserción de anuncios, e outros que se deriven do expediente, serán por conta do adxudicatario. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “ROTONDA, ENSANCHE E MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA E.P. 3302 TABAGON-ROSAL-PORTOCELO (O ROSAL)”. CPV 45230000. 1. OBXECTO.- Execución da obra “Rotonda, ensanche e mellora da seguridade viaria na E.P. 3302 Tabagón-Rosal-Portocelo (O Rosal)”, da que foi aprobado o proxecto pola Xunta de Goberno en sesión de data 17/11/2010. A súa execución deberá realizarse suxeitándose ós proxectos técnicos que aprobou o órgano de contratación e que integran os documentos enumerados no artigo 107 da LCSP, e os artigos 125 ó 132 do RXLCAP, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos, considerados como parte integrante deste prego, teñen carácter contractual. 2. ORZAMENTO.- Segundo o anexo II deste prego. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material; comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación Provincial na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,50 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 2. Beneficio industrial; aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3.- FINANCIAMENTO.- A obra financiarase de acordo co estipulado no anexo II. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar dende o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no anexo II. Os licitadores deberán presentar na proposta económica un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que se van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. O dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga, proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 5.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000,00 € do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. A dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 65 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e máis as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); as ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. As ditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó que se publique a adxudicación provisional no perfil de contratante do órgano de contratación. En caso de incumprir este requirimento a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicarlles provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obriga, pola orde en que quedasen clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario prestase a súa conformidade, en cuxo caso se lle concederá a este un prazo de dez días hábiles para formalizar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 8.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1. Lugar e prazo de presentación. As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, de luns a sábado, ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro dun prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, agás por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º. Formalidades. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do licitador. CIF. Enderezo e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar o nome da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ocupar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado acreditativo de posuír a clasificación empresarial que se establece no anexo II. Se a empresa se encontrase pendente de clasificación deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso debendo xustificar estar dispoñer da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para emendar os defectos ou omisións na documentación. 4.- Unha declaración responsable de non estar incurso na prohibición de contratar. Esta declaración incluirá a manifestación de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social que impoñen as disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requirimento deba presentala, antes da adxudicación definitiva, o empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.- Acreditación da solvencia económica, técnica e financeira: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Relación das obras executadas no curso dos cinco últimos anos, avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes; estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo; se é o caso, os devanditos certificados serán comunicados directamente ó órgano de contratación pola autoridade competente. c) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se dispoñerá para a execución das obras, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente. 6.- Dirección de correo electrónico ó que efectuar as comunicacións ou notificacións. Nota importante: o acreditamento das circunstancias que mencionan nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante formulas, coa seguinte inscrición: Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selado polo representante legal da empresa. 2.- Memoria construtiva e programa de traballo. 3.- Melloras ofertadas. 4.- Memoria de seguridade e saúde. 5.- Tecnoloxía e I+D+i e programa de actuacións medioambientais (se é o caso). Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. Sobre “C”: documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: 1.- Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e o porcentaxe de control de calidade ofertado. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicado sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: -O titular da corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O secretario xeral. -O interventor. -O director de Infraestruturas. SECRETARIO: - O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre “A”. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación que establece a cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Esta documentación trasladaráselles ós técnicos, que a avaliarán e a ponderarán segundo os criterios de valoración que estableza o prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre c da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres “C” daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante formulas (Sobre “B”). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 20 puntos Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das provisións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. Nota moi importante: Na documentación que se presente no Sobre “B”, e en especial neste apartado, non poderase incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e su execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no Sobre “C”. O incumprimento deste precepto carreará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/o redución do prazo de execución ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (16%), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar as mesmas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como melloras unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias o solucións técnicas que permitan a mesma. Os técnicos, en base a documentación forzada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real Decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo II. R.D. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e máis e das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento destas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Presentarase a proposta de cómo realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nas mesma. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Tecnoloxía e I+D+i, ata un máximo de 5 puntos. Valorarase a calidade e idoneidade das tecnoloxías que o contratista propoña para a execución do contrato. Neste sentido valorarase en particular a utilización na obra de tecnoloxías o contratista desenvolva no marco de proxectos de I+D+I que supoñan unha mellora da calidade e valor técnico da obra, e cuxa xustificación poida ser debidamente documentada. Esta xustificación realizarase mediante a acreditación segundo a serie de normas UNE 16600. 11.1.5) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este Programa valoraranse as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais que utilizará o licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais que utilizará o licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante formulas (Sobre “C”) Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos. - Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Redución do prezo sobre o orzamento máximo do contrato, ata un máximo de 45 puntos: Puntuándose en función da fórmula establecida no anexo I. 11.2.2) Proxecto de control de calidade da obra que a empresa manterá durante a súa execución, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o orzamento de execución material que asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade, reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado proposto. Puntuación: (Control ofertado x 5)/control máximo ofertado (de entre todas as empresas licitadoras). Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 12.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Excluirase para o cómputo desta media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a esta media, se calculará unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media se calculará sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b 1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 . Se b 2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b 2 > bm + 10 equivale a b 2 > b 1 + 20 porque bm = (b 1 + b 2 ) • n = 3: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ b 3 . Sexa b * m definida como: b * m = (b 2 + b 3 ) se b 1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b 1 >25 ou b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ bn . Se b 1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b 1 ≤ b 2 ≤ …. ≤ b 1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos: b * m = ( bl+1 + ...+ bm ) se b 1 < bm – 10 e l ≤ n-3. ( bn-2 + bn-1 + bn ) se b 1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b 1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b 1 > b * m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación considere que a proposición non se poderá cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación unha vez considerada a xustificación do licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde na que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13.- REQUIRIMENTO.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas clasificaraas por orde decrecente, a cuxo efecto poderá solicitar cuantos informes técnicos estime pertinentes, e requirirá á empresa que presentase a oferta máis vantaxosa para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o día que recibise a comunicación, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. 14.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro do cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación referida no artigo anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicarase a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 15.- FORMALIZACIÓN CONTRATO.- A administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 16.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es),o seu perfil de contratante. 17.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requirimentos non se confeccionará a acta de comprobación do reconsidero. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó director facultativo das obras. 19.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 213 LCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art. 196.1 LCSP). Ó contratista indemnizará todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas. (art. 198.1 LCSP). 20.- CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 21.- RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegaralle á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, a efectos de inventario. 22.- XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se acompañará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (18%). 23.- LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade endebedada ó contratista. 24.- GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos estragos producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e perdas pola vía de prema. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fóra favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 25.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre “A” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que houbesen interposto reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 220 da LCSP. 27.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, se estará ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 28.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resolvidas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 29.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don..........., maior de idade, veciño de.........., con domicilio en ........titular do DNI........., expedido en data..........., actuando en nome propio ou en representación da empresa ............... (CIF:núm. .........) e con domicilio en ........., teléfono........ segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Enterado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra). Comprométese a executala polo prezo de _____ (en letra e número) euros, máis ___ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. • % do control de calidade ofertado: (Data e sinatura do propoñente)” ANEXO I ANEXO II “PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERÁ A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA OBRA “ROTONDA, ENSANCHE E MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA E.P. 3302 TABAGON-ROSAL-PORTOCELO (O ROSAL)” A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN: Aberto. Tramite ordinario. B) ORZAMENTO EXECUCIÓN CONTRATO: Tipo de licitación: 684.250,00 € IVE: 123.165,00 € Total: 807.415,00 € C) FINANCIAMENTO: ANUALIDADE APLICACIÓN IMPORTE 2010 10/456.453-612.02 497.039,28 € 2011 11/456.453-612.02 310.375,72 € D) PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS: O prazo máximo para a execución da obra de referencia se establece en oito meses, e a data contará dende o día seguinte á firma da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo. E) GARANTÍAS: Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. F) Clasificación: Grupo G, subgrupo 4, categoría d.” 21.18805.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA O REMATE DA OBRA DE CONSTRUCIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN E O COMPLEXO DEPORTIVO DE “A PARDA” A Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, a Deputación e o Concello de Pontevedra asinaron, con data 30 de decembro de 2005, un convenio de colaboración para a construción do novo campo de fútbol de Pasaron e do complexo deportivo de “A Parda”, establecéndose para o Campo de fútbol a seguinte financiamento: CONSELLERÍA 270.000,00 € DEPUTACIÓN 4.500.000,00 € CONCELLO 3.750.000,00 € TOTAL 8.520.000,00 € O convenio aprobouse polo Pleno da Deputación Provincial en sesión celebrada o día 28 de decembro de 2005, establecendo na cláusula oitava que vixencia do mesmo é ata o 31 de decembro de 2008. De conformidade co establecido na cláusula terceira do convenio, a Xunta de Goberno da Deputación en sesión do día 10 de marzo de 2006, aprobou o proxecto e o expediente para a contratación mediante concurso, por procedemento aberto, da realización das obras do campo de fútbol de Pasarón, publicándose no Diario Oficial da Comunidade Europea, no Boletín Oficial do Estado, no da Provincia e no da Comunidade Autónoma. A Xunta de Goberno, en sesión do día 30 de xuño de 2006, adxudicou o concurso á empresa Oreco, S.A. polo prezo de 7.237.740,00 €. A Xunta de Galicia efectuou a súa achega de 270.000,00 € ingresándoa nas arcas provinciais e o Concello ingresa a súa achega, en base as certificacións que se lle remiten. No desenvolvemento das obras xurdiron necesidades novas, como a prolongación da cuberta inicialmente prevista para cubrir totalmente as bancadas e evitar así as inclemencias do tempo, o que obrigou a un cambio da sección das vigas metálicas e en consecuencia un recálculo da estrutura de formigón. Por causas imprevistas houbo que realizar diversas obras, como consecuencia da compatibilización do uso do estadio co desenvolvemento do campionato ligueiro, traslado dun centro de transformación de Unión Fenosa situado nas bancadas de preferencia, etc. Estas situacións imprevistas ou necesidades novas obrigaron a redacción dun proxecto modificado que ascendeu a contía de 12.980.012,00 €, o que supuxo un incremento con respecto ó tipo de licitación de 4.460.000,12 €, sendo financiado ó 50% entre o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial, subscribindo para elo unha addenda o convenio. A addenda aprobouse polo Pleno corporativo en sesión celebrada o día 30 de novembro de 2007, establecéndose como prazo de vixencia ata o 31 de decembro de 2009. A achega do Concello segue efectuándose contra a presentación de certificacións de obra realizada. Ó ter o convenio vixencia só ata o 31 de decembro de 2009, o Concello deixa de pagar as certificacións expedidas con posterioridade a esta data. A contía pendente ascende a un importe de 605.145,19 €. Así mesmo, o complexo deportivo de “A Parda” sufriu unha serie de incidencias na súa construción, polo que é necesario reprogramar a inversión e os prazos previstos no convenio inicial. Por todo isto proponse a formalización dun novo convenio. Non obstante, no ano 2010 seguiu construíndose o campo de fútbol de “Pasarón”, achegando a financiamento, única e exclusivamente, a Deputación Provincial. En efecto, a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 21 de xullo de 2010, aprobou un proxecto modificado por un importe de 1.444.686,61 € e, posteriormente, en sesión celebrada o día 13 de outubro prestou aprobación a un proxecto complementario por un importe de 1.386.419,56 €, establecendo como prazo de execución ata o día 15 de xaneiro de 2011. O novo convenio que se propón para a súa aprobación, ten como obxecto fundamental dotar do instrumento xurídico necesario para levar a cabo a finalización das obras de “Pasarón” e “A Parda”, e que o concello aboe á Deputación provincial a cantidade pendente de ingresar, que ascende á contía de 605.145,19 €. Vistos os informes de Secretaría xeral, contratación e intervención a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar ó convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, a Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra para o remate da obra de construción do campo de fútbol de “Pasarón” e o complexo polideportivo de “A Parda”. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA O REMATE DA OBRA DE CONSTRUCIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE “PASARÓN” E O COMPLEXO POLIDEPORTIVO DE “A PARDA” En Santiago de Compostela, REUNIDOS: O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. O Sr. D. José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en uso das competencias desconcentradas nos Secretarios Xerais dependentes da Presidencia, en virtude da Disposición Adicional Segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia. O Sr. D. Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde do Concello de Pontevedra, ó abeiro do disposto nos artigos 124.2 e 124.4 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no artigo 61.1.a) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia, e expresamente facultado para este acto en virtude do acordo plenario adoptado para o efecto. As partes comparecentes recoñécense mutuamente plena lexitimación, capacidade e representación para a sinatura do presente Convenio de colaboración, e a estes efectos, E X P O Ñ E N I.- As administracións públicas asinantes do presente son conscientes de que o incremento da práctica deportiva reclama unha mellor dotación de infraestrutura, de forma que permita dar satisfacción á crecente demanda social existente na materia. Esta inquietude xa se concretara na sinatura de dous protocolos de colaboración entre estas mesmas administracións públicas: o Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia (a entón Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado) e a Deputación Provincial de Pontevedra, para a construción dun campo de fútbol na cidade de Pontevedra, de data 20 de maio de 2003, e o protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia (Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado), a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra para a construción dun novo campo de fútbol de Pasarón e dun complexo deportivo na Parda, de data 7 de maio de 2004. Estes protocolos desenvolvéronse e materializáronse a través da sinatura dun convenio de data 30 de decembro de 2005 e dunha posterior addenda de data 21 de decembro de 2007. Dado que debido a distintas circunstancias xurdidas na construción do campo de fútbol e do complexo deportivo fixeron imposible o remate das obras proxectadas no período de vixencia do convenio, asinado no seu día, para a súa execución, é necesaria a firma do presente, co fin de conseguir o remate tanto de “Pasarón” como de “A Parda”. Igualmente sustenta o presente convenio a firme vontade de exercer de xeito coordenado as competencias que en materia deportiva ostentan as administracións intervenientes. Así, a Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de Autonomía de Galicia no artigo 27.22, sinala a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de promoción do deporte, ó tempo que, entre outras, as funcións relativas á colaboración coas administracións locais na promoción difusión da cultura física e do deporte, previndo a posibilidade da utilización, para o logro das funcións asignadas, de convenios interadministrativos. Ademais, a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, establece dunha banda, a competencia xenérica dos concellos, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, en moi diversas materias, entre as que se contan, a realización de actividades en instalacións deportivas (artigo 25.2.m), doutra establece, co carácter de servizo mínimo obrigatorio, en concellos de máis de 20.000 habitantes, os relativos a instalacións deportivas (artigo 26.1.c). O Decreto 325/2009, do 18 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, atribúe á Secretaría Xeral para o Deporte as competencias da comunidade autónoma en materia de deportes A Lei 11/1997, do 22 de agosto, Xeral do Deporte de Galicia contempla no seu artigo 9 a posibilidade de colaboración da administración deportiva autonómica coas administracións locais. Ademais, no marco da lexislación básica de réxime local do Estado (Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local), a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia establece, dunha parte, a competencia xenérica dos concellos, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas, en varias materias, entre as que se inclúen as actividades e instalacións deportivas (art. 80.2), doutra, establece que os concellos de máis de 20.000 habitantes teñen obriga de prestar o servizo de instalacións deportivas de uso público (art. 81.c); e finalmente encomenda ás deputacións provinciais a coordinación dos servizos municipais entre si para garantir a prestación integral e axeitada de servizos públicos en todo o territorio da provincia (art., 109.1.a), podendo formalizar as entidades locais coa Xunta de Galicia convenios de colaboración para unha xestión máis eficaz das súas competencias (art. 198). II.- Pretende o presente convenio exercer as competencias atribuídas ás administracións signatarias e a dotación das instalacións deportivas precisas ó deporte federado e a cidadanía en xeral, atendendo as necesidades que en materia deportiva presenta a infraestrutura do Concello de Pontevedra, para o fin de que poda dar servizo ós diferentes colectivos deportivos municipais, levando a cabo as actuacións xa iniciadas nos convenios de colaboración anteriormente referidos de datas do 30 de decembro de 2005 e de 21 de decembro de 2007. Por todo o anterior, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral para o Deporte) e o concello de Pontevedra, deciden subscribir este convenio que se suxeitará ás seguintes, CLÁUSULAS Primeira: OBXECTO DO CONVENIO.- É obxecto deste convenio establecer as bases de colaboración entre a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral para o Deporte), e o Concello de Pontevedra para o remate da execución das obras de construción do campo de fútbol de “Pasarón” e o complexo deportivo de “A Parda” na cidade de Pontevedra. Segunda: INVESTIMENTO PROGRAMADO.- O investimento destinado ó remate das obras ó que se refire o presente convenio, fíxase nas seguintes cantidades e anualidades: Administración Obra 2010 2011 2012 Xunta de Galicia Pasarón - 35.214,00 € - A Parda - 431.978,00 € 997.470,10 € Deputación Pontevedra Pasarón 3.728.900,80 € - - A Parda - - - Concello Pontevedra Pasarón 605.145,19 € - - A Parda 130.000,00 € 500.000,00 € Total 4.334,045,99 € 597.192,00 € 1.497.470,10 € Terceira: COMPROMISOS DAS PARTES.- 1.- CON RESPECTO Á OBRA CONSTRUCIÓN DUN NOVO CAMPO DE FÚTBOL EN PASARÓN: A) A Deputación Provincial de Pontevedra, para o remate da execución da obra de construción dun novo campo de fútbol en “Pasarón”, comprométese: A.1) A achegar, con cargo ós seus orzamentos de gastos, a contía de oitocentos noventa e sete mil setecentos noventa e catro euros con sesenta e tres céntimos (897.794,63€), destinada a financiar a obra executada fóra do período de vixencia do anterior convenio, que finalizou o 31 de decembro de 2009, e a que corresponde executar ata a súa finalización, a cantidade de un millón catrocentos corenta e catro mil seiscentos oitenta e seis euros con sesenta e un céntimos (1.444.686,61 €) correspondentes ó modificado número dous, e a cantidade de un millón trescentos oitenta e seis mil catrocentos dezanove euros con cincuenta e seis céntimos (1.386.419,56 €) para o complementario. Asemade seguirá asumindo os custos de dirección de obra de arquitecto técnico, de coordinación de seguridade e saúde, así coma calquera outro esixido pola normativa de aplicación. A.2) Comunicar á Xunta de Galicia (Secretaría Xeral para o Deporte) a aprobación dos seus orzamentos para os exercicios correspondentes, certificando a existencia neles da consignacións necesarias para facer fronte ós seus compromisos económicos. B) A Xunta de Galicia, para o remate da execución da obra de construción dun novo campo de fútbol en “Pasarón”, comprométese a seguir asumindo os custos de redacción de proxecto e de dirección de obra de arquitecto e que ascenden á cantidade de trinta e cinco mil douscentos catorce euros (35.214,00 €). C) Concello de Pontevedra, para o remate da execución da obra de construción dun novo campo de fútbol en “Pasarón”, comprométese: C.1) A poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra os terreos axeitados e suficientes para posibilitar a obra, libres de cargas e gravames, Os referidos terreos serán aptos urbanisticamente para permitir a execución da obra programada e o conseguinte uso pretendido. Será responsabilidade do Concello de Pontevedra garantir que os terreos onde se pretende a execución da obra estean dotados, ó pé da parcela, dos servizos de acceso rodado, abastecemento de auga potable, rede de sumidoiro e subministración de enerxía eléctrica. C.2) Suposta a corrección técnica do proxecto das obras, a expedición da pertinente licenza municipal de obras, así como a dos demais permisos e autorizacións de competencia municipal precisos para levar a cabo a obra, serán responsabilidade do Concello de Pontevedra. O Concello de Pontevedra, propietario dos terreos nos que se edificará a instalación deportiva, ten a consideración de dono da obra e, consecuentemente, ningunha das administracións alleas á outorgante da licenza municipal de obras, nin terceiros a estas, terá que facer fronte a liquidación ningunha pola expedición daquela, nin por calquera outro tributo municipal con motivo das obras. C.3) O Concello de Pontevedra comprométese a asumir as obrigas económicas derivadas deste convenio, que se concretan en completar a súa achega, con cargo ó orzamento de gastos do ano 2010, na contía de seiscentos cinco mil cento corenta e cinco euros con dezanove céntimos (605.145,19 €), para proceder ó pago das certificacións de obra expedidas do campo de fútbol de “Pasarón” á partires do 1 de xaneiro de 2010. En todo caso o Concello de Pontevedra renuncia expresamente a reter da achega do propio concello calquera tipo de tributo con motivo das obras. C.4) Asumir, unha vez recibida a obra, e previa comunicación da Deputación Provincial de Pontevedra a súa explotación, mantemento e conservación. 2.- CON RESPECTO Á OBRA DE CONSTRUCIÓN DUN COMPLEXO DEPORTIVO NA PARDA: A) A Xunta de Galicia, para a execución da obra de construción dun complexo deportivo na Parda, comprométese: A.1) A asumir, por medio da Secretaría Xeral para o Deporte, a licitación e contratación da obra de construción para o remate do complexo deportivo na Parda. Da mesa de contratación desta obra formarán parte, con voz e voto, un representante por cada unha das partes asinantes, ademais daqueles que resulte preceptivo, en virtude da normativa autonómica de aplicación. A.2) A achegar a contía de un millón catrocentos vinte e nove mil catrocentos corenta e oito euros con dez céntimos (1.429.448,10 €), destinada a financiar a obra de construción dun complexo deportivo na Parda, que se imputará ás aplicacións orzamentarias e anualidades que de seguido se sinalan: Aplicación orzamentaria 04.60.441A.622.1. Código de proxecto 2003 00025: Anualidade 2011: 431.978,00 € Anualidade 2012: 997.470,10 € Importe total: 1.429.448,10 € Asemade, asumirá ós custos de redacción de proxecto, das direccións de obra correspondentes, os de coordinación de seguridade e saúde así coma outros esixidos pola normativa da Comunidade Autónoma. B) Concello de Pontevedra, para a execución da obra de construción dun complexo deportivo na Parda, comprométese: B.1) A poñer a disposición da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral para o Deporte), os terreos axeitados e suficientes para posibilitar a obra, libres de cargas e gravames. Os referidos terreos serán aptos urbanisticamente para permitir a execución da obra programada e o conseguinte uso pretendido. Será responsabilidade do Concello de Pontevedra garantir que os terreos onde se pretende a execución da obra estean dotados, ó pé da parcela, dos servizos de acceso rodado, abastecemento de auga potable, rede de sumidoiro e subministro de enerxía eléctrica. B.2) Suposta a corrección técnica do proxecto das obras, a expedición da pertinente licenza municipal de obras, así como a dos demais permisos e autorizacións de competencia municipal precisos para levar a cabo a obra, serán responsabilidade do Concello de Pontevedra. O Concello de Pontevedra, propietario dos terreos nos que se edificará a instalación deportiva, ten a consideración de dono da obra e, consecuentemente, ningunha das administracións alleas á outorgante da licenza municipal de obras, nin terceiros a estas, terá que facer fronte a liquidación ningunha pola expedición daquela, nin por calquera outro tributo municipal con motivo das obras. B.3) En todo caso o Concello de Pontevedra renuncia expresamente a reter da achega do propio concello calquera tipo de tributo con motivo das obras. B.4) Asumir, unha vez recepcionada a obra, e previa comunicación da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral para o Deporte), a súa explotación, mantemento e conservación. B.5) O Concello de Pontevedra comprométese a asumir as obrigas económicas derivadas deste convenio, que se concretan na achega, con cargo ós seus orzamentos de gastos para os ano 2011 e 2012, a contía de seiscentos trinta mil euros (630.000,00 €): Anualidade 2011: 130.000,00 € Anualidade 2012: 500.000,00 € Total: 630.000,00 € Cuarta: PUBLICIDADE DAS OBRAS.- No exterior das obras, o Concello de Pontevedra fixará un cartel informativo da natureza destas, coa indicación expresa de que a actuación é coofinanciada pola Deputación de Pontevedra, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Pontevedra. Quinta: XESTIÓN, MANTEMENTO E CONSERVACIÓN DAS INSTALACIÓNS.- A xestión, mantemento e conservación das instalacións deportivas,será responsabilidade exclusiva do concello, e serán de conta deste a totalidade dos gastos que xere, sen que a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra como partes asinantes do presente convenio posúan responsabilidade ningunha respecto delas. O Concello de Pontevedra acreditará a asunción desta responsabilidade mediante testemuño do acordo adoptado ó respecto polo órgano competente do concello, expedido polo Secretario. A asunción de tal responsabilidade producirase dende o día seguinte ó de realización da acta de recepción das obras, logo da oportuna comunicación da Secretaría Xeral para o Deporte e da Deputación Provincial de Pontevedra. Esta circunstancia non obviará a responsabilidade que á sociedade adxudicataria lle corresponda na policía e conservación das obras ata a recepción definitiva pola administración contratante. O concello garante o uso gratuíto da instalación cando se precise para posibilitar a celebración de competicións deportivas oficiais organizadas ou promovidas pola Secretaría Xeral para o Deporte. Así mesmo, comprométese a favorecer e facilitar a celebración de competicións deportivas de carácter oficial promovidas polas distintas federacións deportivas de Galicia. No caso de conflito ou discrepancia, a administración contratante da instalación, por solicitude dalgunha das partes, poderá actuar como árbitro. Sexta.- INSPECCIÓN DA OBRA.- As partes resérvanse o dereito a inspeccionar as obras da instalación deportiva consecuencia do presente convenio, durante a execución das mesmas, sen prexuízo de que corresponda, en exclusiva, ó órgano de contratación a emisión de ordes que incidan no curso das mesmas. A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, comunicará á Deputación Provincial de Pontevedra e ó Concello de Pontevedra a data sinalada para a realización dos actos de comprobación do replánteo e de recepción da obra de construción dun complexo deportivo na Parda, por se fose do seu interese asistir ós mesmos, ós únicos efectos de contar coa suficiente información en relación co grado de cumprimento do Convenio e sen que de tal asistencia se poidan derivar consecuencias de orde contractual. A Deputación Provincial de Pontevedra comunicará á Secretaría Xeral para o Deporte, e ó Concello de Pontevedra, a data sinalada para a realización dos actos de recepción da obra de construción dun novo campo de fútbol en “Pasarón”, por se fose do seu interese asistir ós mesmos, ós únicos efectos de contar coa suficiente información en relación co grado de cumprimento do Convenio e sen que de tal asistencia se poidan derivar consecuencias de orde contractual. Sexta.- COMISIÓN DE SEGUIMENTO.- Para o seguimento do grao de execución do presente convenio, a solución de controversias que a súa interpretación poida motivar, créase unha Comisión integrada por dous representantes de cada unha das administracións signatarias. Sétima.- VIXENCIA.- Dado que o presente convenio ten como antecedente outro anterior xa finalizado sen concluír as obras convidas nel, a vixencia deste convenio enténdese que comprende as inversións efectuadas dende o 1 de xaneiro de 2010, estendendo a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2012, salvo denuncia do seu incumprimento por calquera das partes, ou da súa prórroga expresa de ser esta necesaria como consecuencia de incidencias xurdidas no curso da execución das obras. A denuncia que, requirirá o acordo previo do órgano competente da administración que a pretenda, surtirá efectos ós noventa días da súa presentación diante da Comisión a que se refire a base anterior. O incumprimento de calquera das cláusulas deste Convenio será causa bastante para a súa denuncia. Oitava.- LEXISLACIÓN DE APLICACIÓN, NATUREZA DO CONVENIO E XURISDICIÓN COMPETENTE.- Para a confección e tramitación deste convenio observáronse as prescricións sinaladas na Resolución do 8 de abril de 1991 pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de marzo de 1991 sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares e no Decreto 246/1992, do 30 de xullo, da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, polo que se regulan determinadas condicións de execución de obras públicas en réxime de cooperación coas corporacións locais e outros entes de dereito público. Este convenio é de natureza administrativa e, consecuentemente, as cuestións litixiosas que xurdan na súa aplicación, interpretación e cumprimento serán competencia da xurisdición contencioso-administrativa. En proba de conformidade, asínase este convenio de cooperación en triplicado exemplar no lugar e data indicados. O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal O Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete Lasa O Alcalde do concello de Pontevedra, Manuel Anxo Fernández Lores” 22.18806.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición