ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2010/12/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.539/1.2010-12-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2010/12/29_Ordinaria

  • Data(s) 2010-12-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte minutos do día vinte e nove de decembro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Jesús Vázquez Almuíña. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.18856.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 22 de decembro de 2010. 2.18857.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 275/2009, PROMOVIDOS POR DNA. MATILDE MONTERO BARREIRO E OUTROS CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN INMOBLE SITO NA ESTRADA PROVINCIAL CALVARIO-A GARRIDA (VIGO) Dada conta de sentenza núm. 268/2010 de 3 de novembro de 2010, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra en autos de procedemento ordinario núm. 275/2009 promovidos por Dona Matilde Montero Barreiro en representación da “Comunidade de Propietarios Campo de Campanilla-Gandariña Revolta” contra desestimación de reclamación patrimonial por ocupación en vía de feito na finca adicada a pista de prácticas sita na estrada provincial Calvario-A Garrida (Vigo), e que se valoran en 712.294,77 €, unha vez sumadas as cantidades correspondentes á actualización conforme ó IPC e xuros legais, na que se desestima dito recurso, e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 3.18858.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 214/2010, PROMOVIDOS POR AXA AURORA IBÉRICA DE SEGUROS, S.A., CONTRA INADMISIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO, NOS QUE É CODEMANDADO O CONCELLO DE PONTE CALDELAS Dada conta de sentenza núm. 274/2010, de 8 de novembro de 2010, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, en autos de procedemento abreviado núm. 214/2010, promovidos por Axa Aurora Ibérica de Seguros, S.A. contra inadmisión de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico en Ponte Caldelas, valorados en 605,95 €, na que é codemandado o Concello de Pontecaldelas, pola que se desestima o recurso no que respecta a esta Deputación, estimando o mesmo contra o Concello de Ponte Caldelas, que resulta condenado ó pago da indemnización á demandante, sendo levada a defensa da Deputación pola Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 4.18859.- DECRETO DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, DITADO EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 337/2010, PROMOVIDOS POR DNA. CARMEN REGO BAÚLDE CONTRA ESTA DEPUTACIÓN E O CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA, POR DANOS EN VIVENDA COMO CONSECUENCIA DE OBRAS LEVADAS A CABO NO LUGAR DE DEIRO Dada conta que con data 1 de decembro de 2010 notifícase Decreto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, de data 26 de novembro de 2010, ditado en autos de procedemento abreviado núm. 337/2010, promovidos contra esta Deputación e o Concello de Vilanova de Arousa por Dna. Carmen Rego Baúlde, por danos en vivenda da súa propiedade sita no lugar de Deiro, valorados en 1.194,00 €, como consecuencia de obras de canalización de augas, polo que se acorda ter por desistida a demandante respecto da Deputación ó non tratarse dunha vía de titularidade provincial, continuando o procedemento contra o Concello de Vilanova de Arousa. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable do mesmo. 5.18860.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 272/2010, PROMOVIDOS POR CAJA DE SEGUROS REUNIDOS, S.A.-CASER CONTRA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL DE ARQUIVO DE ACTUACIÓNS EN RELACIÓN CON RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA DE BEMBRIVE (VIGO) Dada conta de sentenza núm. 316/2010, de 14 de decembro de 2010, ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra, en autos de procedemento abreviado núm. 272/2010, promovidos por Caja de Seguros Reunidos, S.A.-CASER contra Resolución Presidencial de 7 de xuño de 2010 de arquivo de actuacións en relación con reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico padecido por un asegurado da citada mercantil, por non cumprimentación de requirimento formulado pola Asesoría Xurídica para continuación do expediente, na que se desestima o recurso presentado ó recoñecer axustada a dereito a Resolución Presidencial impugnada, sendo levada a defensa da Deputación pola Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 6.18861.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 172/2010, PROMOVIDOS POR D. JOSÉ MANUEL OTERO ÁLVAREZ E DNA. CARMEN ESTÉVEZ ADROVER, CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL 2202 BAIONA-LOUREZA Dada conta que con data 9 de novembro de 2010 notifícase a esta Deputación sentenza núm. 262/2010, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 172/2010 promovidos por D. José Manuel Otero Álvarez e Dna. Carmen Estévez Adrover contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na E.P. 2202 Baiona-Loureza, como consecuencia da existencia dunha balsa de auga na calzada, valorados en 2.551,81 € e 9.286,46 € o que fan un total de (11.838,27 €), respectivamente, en concepto de danos materiais e lesións. Resultando que na devandita sentenza estímase parcialmente o recurso, condenando a esta Deputación e a CASER, en calidade de aseguradora, a indemnizar a D. José Manuel Otero Álvarez na cantidade de 1.000,00 €, por danos materiais, e a Dna. Carmen Estévez Adrover na cantidade de 8.666,05 €, por lesións, con actualización dos xuros legais para a Deputación e os do artigo 20 da Lei do Contrato de Seguro para CASER. Resultando que con data 2 de decembro de 2010 recíbese na Asesoría Xurídica fax de Dna. Carmen López Rodríguez, avogada de CASER, comunicando que en cumprimento da sentenza dita aseguradora procede a efectuar o ingreso a D. José Manuel Otero Álvarez de 496,72 € e a Dona. Carmen Estévez Adrover a cantidade de 8.666,05 €, máis os xuros previstos na Lei do Contrato de Seguro. Resultando que, en consecuencia, a esta Deputación correspóndelle unicamente efectuar o ingreso a favor de D. José Manuel Otero Álvarez da franquía establecida na póliza, que resulta de 600,00 €, mais os xuros legais correspondentes, ascendendo así a un total de 636,63 €, segundo informe da Intervención que consta no expediente. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Tomar coñecemento da sentenza núm. 262/2010, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 172/2010 promovidos por D. José Manuel Otero Álvarez e Dna. Carmen Estévez Adrover contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na E.P. 2202 Baiona-Loureza, como consecuencia da existencia dunha balsa de auga na calzada, que estima parcialmente o recurso, condenando a esta Deputación e a CASER, en calidade de aseguradora, a indemnizar a D. José Manuel Otero Álvarez na cantidade de 1.000,00 €, por danos materiais, e a Dna. Carmen Estévez Adrover na cantidade de 8.666,05 €, por lesións, con actualización dos xuros legais fixados na mesma, correspondendo a esta Deputación, en virtude da póliza subscrita no seu día, facer fronte á franquía, establecida en 600,00 €, máis os xuros legais, resultando un total de 636,63 €, facéndose CASER cargo da indemnización de Dona Carmen Estévez Adrover ó tratarse de danos persoais nos que non opera a franquía, así como da cantidade restante ata os 1.000,00 € de D. José Manuel Otero Álvarez, segundo comunicación que consta no expediente da letrada da aseguradora. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo a favor de D. José Manuel Otero Álvarez, titular do NIF 35.553.437-Z a cantidade de 636,63 € (seiscentos trinta e seis euros con sesenta e tres céntimos), en concepto de execución da sentenza antes citada. Terceiro.- Dito pago farase efectivo con cargo á partida 456.453.210.00 do vixente orzamento, mediante ingreso na conta núm. 0049.6689.21.2890003128 da entidade Banco Santander, Oficina do Rosal, segundo certificado bancario achegado pola representación legal do demandante. Cuarto.- Dar traslado deste acordo ós efectos oportunos ó Xulgado, á representación legal dos interesados, a CASER (S/Ref. 506/09), á Intervención e á Tesourería. 7.18862.- SENTENZA E AUTO DE ACLARACIÓN DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº3 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 239/10, PROMOVIDOS POR DNA. DOLORES VIRTUDES SALGADO RAMALLO CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR MORTE DUN CAN DA SÚA PROPIEDADE, NOS QUE É CODEMANDADA A MERCANTIL GROUPAMA SEGUROS Dada conta de sentenza núm. 261/2010, de 11 de novembro de 2010, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra en autos de Procedemento Abreviado nº 239/10, promovidos por Dona Dolores Virtudes Salgado Ramallo contra esta Deputación e a mercantil GROUPAMA Seguros, sobre desestimación de reclamación patrimonial por morte dun can da súa propiedade causada polos cans do Parque de Maquinaria, valorando os danos e prexuízos en 10.231,34 €, na que estima parcialmente o recurso, recoñecendo á demandante o dereito a percibir unha indemnización de 6.503,55 €, cantidade que foi rectificada mediante auto aclaratorio de 22 de novembro de 2010 pola de 7.105,02 €, por erro material, mais os xuros legais correspondentes, facéndose cargo do pago da mesma a codemandada GROUPAMA Seguros, segundo xustificantes de transferencia que obran no expediente. A Xunta de Goberno queda enterada. 8.18863.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 87/2010, PROMOVIDOS POR D. CARLOS MARTÍNEZ PASTORIZA CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL 1102 MEIRA-FRAGA Dada conta que con data 9 de novembro de 2010 notifícase a esta Deputación sentenza núm. 249/2010, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 87/2010 promovidos por D. Carlos Martínez Pastoriza contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na E.P. 1102 Meira-Fraga, como consecuencia da existencia dun badén sobreelevado na vía, valorados en 3.588,29 €. Resultando que na devandita sentenza condénase a esta Deputación a que indemnice ó demandante na cantidade reclamada, á que se engadirán os xuros legais dende a data de reclamación en vía administrativa, acadando así un importe total de 3.794,27 €, segundo informe da Intervención de data 17 de novembro de 2010. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Tomar coñecemento da sentenza sentenza núm. 249/2010, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 87/2010 promovidos por D. Carlos Martínez Pastoriza contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na E.P. 1102 Meira-Fraga, como consecuencia da existencia dun badén sobreelevado na vía, ordenando o cumprimento nos seus propios termos, ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo a favor de D. Carlos Martínez Pastoriza, titular do NIF 35.973.559-H, a cantidade de 3.794,27 € (tres mil setecentos noventa e catro euros con vinte e sete céntimos), en concepto de execución da sentenza antes citada. Terceiro.- Dito pago farase efectivo con cargo á partida 10/456.453.210.00 do vixente orzamento, mediante ingreso na conta núm. 0049.0152.16.2690104591 da entidade Banco Santander, Oficina de Las Palmas, segundo certificado bancario aportado pola representación legal do demandante. Cuarto.- Dar traslado deste acordo ós efectos oportunos ó Xulgado, á representación legal do interesado, á Intervención e á Tesourería. Quinto.- Dar traslado, así mesmo, á aseguradora CASER (s/ref. 506/09), con enderezo en Lariño, Correduría de Seguros, S.L. de Pontevedra, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita no seu día proceda ó reintegro a esta Deputación da cantidade de 3.194,27 € (tres mil cento noventa e catro euros con vinte e sete céntimos), unha vez descontado o importe da franquía que debe asumir esta Deputación (600,00 €), e mediante ingreso na conta número 2080.0401.68.0040106618 da entidade CAIXANOVA. 9.18864.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 240/2010, PROMOVIDOS POR D. EDUARDO SOUTULLO PAZOS CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA PROVINCIAL 0019-FIGUERIDO-MARÍN Dada conta que con data 24 de novembro de 2010 notifícase a esta Deputación sentenza núm. 286/2010, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 240/2010, promovidos por D. Eduardo Soutullo Pazos contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico, por importe de 1.175,24 €, como consecuencia da colisión con dous xabarís que invadiron a calzada. Resultando que na devandita sentenza condénase a esta Deputación a que indemnice ó demandante na cantidade reclamada, á que se engadirán os xuros legais dende a data de reclamación en vía administrativa, acadando así un importe total de 1.239,50 €, segundo informe da Intervención de data 7 de decembro de 2010. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Tomar coñecemento da sentenza núm. 286/2010, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra en autos de procedemento abreviado núm. 240/2010, promovidos por D. Eduardo Soutullo Pazos contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na E.P. 0019 Figuerido-Marin, valorados en 1.175,24 €, como consecuencia da colisión con dous xabarís que invadiron a calzada, ordenando o cumprimento nos seus propios termos, ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- Aprobar o gasto, ordenar o pago e declarar de aboo a favor de D. Eduardo Soutullo Pazos, titular do NIF 52.493.489-Z, a cantidade de 1.239,50 € (mil douscentos trinta e nove euros con cincuenta céntimos), en concepto de execución da sentenza antes citada. Terceiro.- Dito pago farase efectivo con cargo á partida 10/456.453.210.00, mediante ingreso na conta núm. 2080.0454.61.0000127279 da entidade Caixanova, Oficina 454 Rivera (Marín), segundo certificado bancario achegado pola representación legal do demandante. Cuarto.- Dar traslado deste acordo ós efectos oportunos ó Xulgado, á representación legal do interesado, á Intervención e á Tesourería. Quinto.- Dar traslado, así mesmo, á aseguradora CASER (s/ref. 669/09), con enderezo en Lariño, Correduría de Seguros, S.L. de Pontevedra, ós efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita no seu día proceda ó reintegro a esta Deputación da cantidade de 639,50 € (seiscentos trinta e nove euros con cincuenta céntimos), unha vez descontado o importe da franquía que debe asumir esta Deputación (600,00 €), e mediante ingreso na conta número 2080.0401.68.0040106618 da entidade CAIXANOVA. 10.18865.- RESOLUCIÓN DA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL POLA QUE SE ESTIMA O RECURSO DE REPOSICIÓN E CONSEGUINTE ARQUIVO DO EXPEDIENTE SANCIONADOR REF. S/36/0097/08 INCOADO CONTRA ESTA DEPUTACIÓN POR OBRAS SEN AUTORIZACIÓN PARA ACCIONAMENTO DUN MUÍÑO NO ENTORNO DO REGO DE INSUA, EN DORNELAS, TERMO MUNICIPAL DE MOS Dada conta da resolución da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, de data 5 de novembro de 2010, notificada o día 9 de novembro seguinte, pola que se estima recurso de reposición presentado pola Asesoría Xurídica e conseguinte arquivo do expediente sancionador Ref. S/36/0097/08, incoado contra esta Deputación por obras sen autorización no entorno do Rego de Insua, Dornelas (Mos), toda vez que ditas obras foron levadas a cabo pola Asociación de Veciños de Dornelos, sen participación deste organismo provincial. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da citada resolución. 11.18866.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE AGOLADA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2010003234, DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DE BANCADA E CERRAMENTOS NO AUDITORIO DE AGOLADA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención, seguindo o procedemento de concesión directa, e a tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2010003234, denominado “Construción de bancada e cerramentos no auditorio de Agolada” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Agolada con CIF núm. P-3602000F a cantidade de cento corenta e seis mil euros (146.000,00 €), para a realización do investimento núm. 2010003234, denominado “Construción de bancada e cerramentos no auditorio de Agolada”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 0,00 euros Exercicio 2010: 146.000,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 10/942.942.652.45, na que existe crédito para facer fronte ó gasto. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 12.18867.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO E DECLARACIÓN DE ABOO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CRECENTE NO PAM/06-08, ANUALIDADE 2008, PARA A REALIZACIÓN DA OBRA 290/1200 DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO DA ÁREA RECREATIVA DE ALBEOS” Dada conta da solicitude de aboo da certificación núm. un/final remitida polo Concello de Crecente, correspondente ó investimento nº 290/1200, denominado “Acondicionamento da área recreativa de Albeos”, incluído no PAM/06-08, anualidade 2008, á vista dos informes de intervención e do servizo de infraestruturas, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Recoñecer a obriga de corenta mil euros (40.000,00 €), seguindo o procedemento de recoñecemento extraxudicial do crédito, a favor do citado Concello. - Declarar o abonamento da cantidade de corenta mil euros (40.000,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 10/942.942.762.10.2008, como pagamento da subvención concedida ó Concello de Crecente para a realización do investimento denominado “Acondicionamento da área recreativa de Albeos” 13.18868.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 14.18869.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DAS COMARCAS DO DEZA E TABEIROS-TERRA DE MONTES, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 4º TRIMESTRE DO ANO 2010 Á vista da solicitude formulada polo Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes CIF: V-36.291.334, pola que interesa se proceda ó aboo da achega desta Deputación, que ascende a 99.286,71 €, para os gastos de funcionamento do 4º trimestre do ano 2010, e o informe de intervención de data 28 de decembro de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 99.286,71 €, para gastos de funcionamento do 4º trimestre do ano 2010, do Consorcio para o Servizo Contra incendios das Comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes. 2. Declarar o aboo a favor do citado Consorcio da cantidade de 99.286,71 € con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.134.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 201000037977. 15.18870.- SOLICITUDE DO CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS EN SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS, CORRESPONDENTE Á ACHEGA DESTA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DO 4º TRIMESTRE DO ANO 2010 Vista a solicitude que formula o Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés, CIF: V-36.362.440, pola que interesa se proceda ó aboo da achega desta Deputación, que ascende a 155.420,95 € para gastos de funcionamento do 4º trimestre do ano 2010, e visto o informe da intervención de data 28 de decembro de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar e recoñecer a obriga de 155.420,95€ para gastos de funcionamento do 4º trimestre do ano 2010, do Consorcio para o Servizo Contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés. 2. Declarar o aboo a favor do citado Consorcio da cantidade de 155.420,95 € con cargo á aplicación orzamentaria 2010.942.134.467.01, na que existe crédito retido para tal fin mediante RC nº 201000026202. 16.18871.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA DE LICENCIDO/A UNIVERSITARIO EN CIENCIAS E QUÍMICAS CON DESTINO Á FINCA MOURISCADE 1º. Mediante escrito de data 10 de decembro de 2010, a Xefa do Servizo da Finca Mouriscade solicita a prórroga da bolsa outorgada a D. Miguel García Olivar, Licenciado en Ciencias Químicas ó ter acreditado o seu desempeño de forma satisfactoria na área de análise química instrumental, colaborando en todos os proxectos que o centro ten nestes momentos. 2º. Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que por Acordo da Xunta de Goberno n.º 7.18331, do 23 de xuño de 2010, se acordou a adxudicación da devandita Bolsa con efectos 1 de xullo de 2010 e por un período de seis meses. 3º. As Bases da Convocatoria establecen que “as Bolsas terán unha duración de seis meses, podendo ser prorrogada por un único período de seis meses”, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por Acordo da Xunta de Goberno. 4º. A dotación económica da prórroga de dita Bolsa ascende a 1.200,00€/mes o que supón un total de 7.200,00 €, para o exercicio 2011, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 411.412.481.01, do orzamento provincial. Normativa aplicable: 1º A convocatoria das Bolsas, a selección dos beneficiarios/ás e a realización dos traballos que dan dereito a estas, axustaranse ó previsto nas Bases, ó disposto no Capítulo II da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia, e á Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, así como a Lei 4/1999, de modificación da anterior. 2º Artigo 23 e seguintes do Decreto do 17 de xuño de 1955 polo que se aproba o Regulamento de Servizos das Corporacións Locais. 3º Acordo do Pleno de data 23 de xuño de 1983, polo que se delega na Xunta de Goberno o desenvolvemento das Bases que han de rexer a concesión das distintas Bolsas, conforme ós principios establecidos polo Pleno, a adxudicación destas e a súa prórroga. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias que lle conferidas polo artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, e ó abeiro do disposto no artigo 67.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, prorrogar a Bolsa outorgada a D. Miguel García Olivar, Licenciado en Ciencias Químicas ó ter acreditado o seu desempeño de forma satisfactoria na área de análise químico instrumental, colaborando en todos os proxectos que o centro ten nestes momentos, de acordo co Informe emitido polo Xefe de Servizo. Os efectos de dita prórroga será do 1 de xaneiro ó 30 de xuño de 2011. A dotación económica da prórroga de dita Bolsa ascende a 1.200,00 €/mes o que supón un total de 7.200,00 €, para o exercicio 2011, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 411.412.481.01, do orzamento provincial. Así mesmo, de acordo co informe de Intervención de data 28 de decembro de 2010, o importe mencionado deberá imputarse á devandita aplicación orzamentaria, na que existe crédito dispoñible. 17.18872.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS A) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 28 de decembro de 2010, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboo: A relación de facturas que figuran ca referencia 201000001629 e que contén corenta e nove facturas, sendo a primeira de Faro de Vigo, S.A., por importe de 1.000,00 € e a derradeira de Faro de Vigo, S.A., por importe 6.000,30 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 56.278,21 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 56.278,21 € B) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 29 de decembro de 2010, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboo: A relación de facturas que figuran ca referencia 201000001630 e que contén 3 facturas, sendo a primeira de Corporate Sailing, S.L., por importe de 7.080,00 € e a derradeira de Pontevedra Club de Fútbol, S.A.D., por importe 18.000,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 61.551,60 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 61.551,60 € 18.18873.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS E CERTIFICACIÓNS Visto os informes emitidos por Intervención, correspondente ás facturas relativas á dirección de obra e certificacións que máis adiante se relacionan, tendo en conta que como non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito con cargo á conta non orzamentaria 419.08 (0910), 10/410.415.658.07, 11/410.415.658.07, 10/922.342.652.09.2008, 10/922.342.652.09.2009, 10/922.342.652.00.2009 e 10/922.342.652.00 de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: - Facturas nº 27/2010 por un importe de 3.130,33 €, nº 28/2010 por un importe de 6.407,81 € e nº 29/2010 por un importe de 4.261,53 € emitidas polo Arquitecto Técnico D. Enrique Alonso Baspino (NIF 35.973.146-L) que xustifica os honorarios de dirección realizados na obra “Construción do Campo de Fútbol de Pasarón en Pontevedra” (D05/0734) correspondentes ás certificacións 41, 42 e 43. - Certificación nº9–Final de BELYPA CONSTRUCCIONES, S.L. (CIF B-36.324.234) por importe de 81.353,65 €, correspondente a obra “Reforma da Confraría de Pescadores de San Xulián (A Illa de Arousa)” con arranxo ó seguinte detalle: Belypa Construcciones, S.L. (CIF A-36.324.234) 81.353,65 € Subtotal 81.353,65 € Taxa dirección de obra (4%) 2.317,44 € Control de Calidade (3,50%) 2.027,76 € Seguridade e Saúde (0,72%) 417,14 € Total descontos 4.762,34 € Importe líquido a percibir pola empresa 76.591,31 € - Certificación nº 7 de CONSTRUCCIONES OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF B-36.008.886) por importe de 942.520,43 €, correspondente a obra “Campos de fútbol de herba artificial, terceira fase” con arranxo ó seguinte detalle: Construcciones, Obras y Viales, S.A.(CIF. A-36.008.886) 942.520,43 Subtotal 942.520,43 Taxa dirección de obra (4%) 26.848,61 € Control de Calidade (3 %) 20.136,46 € Seguridade e Saúde (0,72%) 4.832,75 € Total descontos 51.817,82 € Importe líquido a percibir pola empresa 890.702,61 € - Certificación nº 6 de SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF B-36.319.622) por importe de 377.560,34 €, correspondente a obra “Proxecto modificado do pavillón polideportivo en Ponteareas” con arranxo ó seguinte detalle: SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. (CIF. A-36.319.622) 377.560,34 € Subtotal 377.560,34 € Taxa dirección de obra (4%) 10.755,17 € Control de Calidade (2,5 %) 6.721,98 € Seguridade e Saúde (0,72%) 1.935,93 € Total descontos 19.413,08 € Importe líquido a percibir pola empresa 358.147,26 € 19.18874.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE RELATIVO Á CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO XORNAL “DIARIO DE PONTEVEDRA” Por acordo da Xunta de Goberno na sesión do día 22 de decembro de 2010, aprobouse o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”, por un importe global de cento sesenta e un mil noventa e nove euros con setenta e seis céntimos (161.099,76 €), IVE incluído. Resultando que no citado acordo tamén se acordou iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa Lérez Ediciones, S.L., ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato, a cal presentou a mesma no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que o Xefe do Gabinete de Prensa emite informe onde deixa constancia de que a oferta presentada pola empresa, Lérez Ediciones, S.L., cumpre co estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe este contrato Resultando que por Resolución Presidencial número 17.951 de data 27 de decembro de 2010 requiríuselle á empresa Lérez Ediciones, S.L. para que achegase diversa documentación relativa a este contrato. Resultando que a empresa, Lérez Ediciones, S.L., presentou a documentación requirida, entre a que se atopa unha garantía definitiva por importe de 7.294,31 € depositada na Tesourería desta Deputación con data 29/12/2010 e número de operación 201000116576, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos, procede efectuar a adxudicación deste contrato de conformidade co establecido no artigo 135.3 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público , no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Ratificar a Resolución Presidencial número 17.951 de data 27 de decembro de 2010 pola que se requiría á empresa Lérez Ediciones, S.L., a achega de diversa documentación relativa ó contrato para prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra”. 2. Adxudicar á empresa Lérez Ediciones, S.L. (C.I.F.- B-36.003549), o contrato correspondente á prestación de servizos de publicidade no xornal “Diario de Pontevedra.”, por un importe global de cento sesenta e un mil noventa e nove euros con setenta e seis céntimos (161.099,76 €), IVE incluído, (do importe total, 145.886,25 € corresponden ó prezo do contrato e 15.213,51 € ó IVE), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Tipo de Programa Número P. Unitario Ive Importe Total Suplementos “Eureka” e “Xa e Venres” 149.206 0,53 0,02 0,55 82.056,13 Suplemento Turismo (8 páxinas) 1 15.911,04 2.863,99 18.775,03 18.775,03 Suplemento Infraestruturas (8 páxinas) 1 15.911,04 2.863,99 18.775,03 18.775,03 Suplemento Cooperación (8 páxinas) 1 15.911,04 2.863,99 18.775,03 18.775,03 Publicidade en Anuario 1 2.068,00 372,24 2.440,24 2.440,24 Publicidade 10 años novo Diario 1 1.960,00 352,80 2.312,80 2.312,80 Suplemento Festa HQR (4 páxinas) 1 7.000,00 1.260,00 8.260,00 8.260,00 Módulos publicidade 175 47,00 8,46 55,46 9.705,50 1. Publicar esta adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra e comunicar á empresa adxudicataria que a formalización deste contrato realizarase dentro do prazo do quince días hábiles seguintes á notificación deste acordo. 2. O pagamento deste contrato efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/900.912.226.20 do vixente orzamento provincial. 20.18875.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE RELATIVO Á CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NO XORNAL “FARO DE VIGO” Por acordo da Xunta de Goberno na sesión do día 22 de decembro de 2010, aprobouse o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade no periódico “Faro de Vigo”, por un importe total de cento oitenta mil euros (180.000,00 €), IVE incluído. Resultando que no citado acordo tamén se acordou iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa Faro de Vigo, S.A., ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato, a cal presentou a mesma no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que o Xefe do Gabinete de Prensa emite informe onde deixa constancia de que a oferta presentada pola empresa, Faro de Vigo, S.A., cumpre co estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe este contrato Resultando que por Resolución Presidencial número 17.958 de data 27 de decembro de 2010 requiríuselle á empresa Faro de Vigo, S.A. para que achegue diversa documentación relativa este contrato. Resultando que a empresa, Faro de Vigo, S.A., presentou a documentación requirida, entre a que se atopa unha garantía definitiva por importe de 7.627,12 € depositada na Tesourería desta Deputación con data 28/12/2010 e número de operación 201000115822, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos, procede efectuar a adxudicación deste contrato de conformidade co establecido no artigo 135.3 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público , no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á “Xunta de Goberno” a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Ratificar a Resolución Presidencial número 17.958 de data 27 de decembro de 2010 pola que se requiría á empresa Faro de Vigo, S.A., a achega de diversa documentación relativa ó contrato para prestación de servizos de publicidade no xornal “Faro de Vigo, S.A.”. 2. Adxudicar á empresa Faro de Vigo, S.A. (C.I.F.- B-36.223.600), o contrato correspondente á prestación de servizos de publicidade no xornal “Faro de Vigo, S.A.”, por un importe global de cento oitenta mil euros (180.000,00 €), IVE incluído, (Do importe total, 152.542,37 € corresponden ó prezo do contrato e 27.457,63 € ó IVE) 3. Publicar esta adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra e comunicar á empresa adxudicataria que a formalización deste contrato realizarase dentro do prazo do quince días hábiles seguintes á notificación deste acordo. 4. O pagamento deste contrato efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/900.912.226.20 do vixente orzamento provincial. 21.18876.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE RELATIVO Á CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE PUBLICIDADE NAS DISTINTAS PLATAFORMAS DE PRENSA, RADIO, TELEVISIÓN E CANLES DIXITAIS DA EMPRESA “LA VOZ DE GALICIA, S.A.” Por acordo da Xunta de Goberno na sesión do día 22 de decembro de 2010, aprobouse o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado sen publicidade, dos servizos de publicidade nas distintas plataformas de prensa, radio, televisión e canles dixitais da empresa “La Voz de Galicia, S.A.”, por un importe global de cento cincuenta mil euros con corenta e dous céntimos (150.000,42 €), IVE incluído. Resultando que no citado acordo tamén se acordou iniciar o procedemento de adxudicación mediante a solicitude da correspondente oferta á empresa “La Voz de Galicia, S.A.”, ó ser a empresa que goza de exclusividade para a realización deste contrato, a cal presentou a mesma no Rexistro Xeral desta Deputación. Resultando que o Xefe do Gabinete de Prensa emite informe onde deixa constancia de que a oferta presentada pola empresa, La Voz de Galicia, S.A., cumpre co estipulado no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe este contrato. Resultando que por Resolución Presidencial número 17.948 de data 28 de decembro de 2010 requiríuselle á empresa La Voz de Galicia, S.A. para que achegase diversa documentación relativa a este contrato. Resultando que a empresa La Voz de Galicia, S.A., presentou a documentación requirida, entre a que se atopa unha garantía definitiva por importe de 6.355,95 € depositada na Tesourería desta Deputación con data 29/12/10 e número de operación 201000117503, polo que unha vez cumprimentados os trámites exixidos, procede efectuar a adxudicación deste contrato de conformidade co establecido no artigo 135.3 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público , no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á “Xunta de Goberno” a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Ratificar a Resolución Presidencial número 17.948 de data 28 de decembro de 2010 pola que se requiría á empresa La Voz de Galicia, S.A., a achega de diversa documentación relativa ó contrato para prestación de servizos de publicidade nas distintas plataformas de prensa, radio, televisión e canles dixitais da empresa “La Voz de Galicia, S.A.” 2. Adxudicar á empresa La Voz de Galicia, S.A. (C.I.F.- B-15000649), o contrato correspondente á prestación de servizos de publicidade nas distintas plataformas de prensa, radio, televisión e canles dixitais da empresa “La Voz de Galicia, S.A.”, por un importe global de cento cincuenta mil euros con corenta e dous céntimos (150.000,42 €), IVE incluído, (do importe total, 127.119,00 € corresponden ó prezo do contrato e 22.881,42 € ó IVE), de acordo á seguinte desagregación por prezos unitarios: Tipo de Programa Prezo IVE Total Espazos publicitarios periódico “Voz de Galicia” 96.000,00 17.280,00 113.280,00 Emisión micro-espacios “Radio Voz” 8.619,00 1.551,42 10.170,42 Banner en “www.lavozdegalicia.com” 11.000,00 1.980,00 12.980,00 Spots de 20”” en Vtelevisión 11.500,00 2.070,00 13.570,00 Tipo de Programa P. Unitario IVE Total Espazos publicitarios periódico “Voz de Galicia” Segundo tarifa vixente que se adxunta á oferta. Emisión micro-espacios “Radio Voz” 615,64 110,82 726,46 Banner en “www.lavozdegalicia.com” 11.000,00 1.980,00 12.980,00 Spots de 20”” en Vtelevisión 119,80 21,56 141,64 3. Publicar esta adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra e comunicar á empresa adxudicataria que a formalización deste contrato realizarase dentro do prazo do quince días hábiles seguintes á notificación deste acordo. 4. O pagamento deste contrato efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 10/900.912.226.20 do vixente orzamento provincial. 22.18877.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 1 FINAL DA OBRA “MUROS E ENSANCHE NA E.P. 9802 DAS ACEÑAS, SANEAMENTO EN CORDEIRO SENIN E TERMINACIÓN CAPA DE RODADURA NA E.P. 0407 BORELA PONTE CALDELAS (A ILLA-VALGA-COTOBADE) Vista a certificación núm. 1-Final relativa á obra de “Muros e ensanche na E.P. 9802 das Aceñas, saneamento en Cordeiro-Senín e terminación capa rodadura na E.P. 0407 Borela-Ponte Caldelas (A Illa-Valga-Cotobade)”, adxudicada no seu día á empresa Construcciones, Obras y Viales, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 14 de decembro e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2010, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 1-final: CONSTRUCCIONES, OBRAS Y VIALES, S.A. (CIF. A-36.008.886) 10/456.453.612.02 (Deputación) 235.000,00 € Taxa Técnicos Directores (4% PEM) 6.694,20 € Control de calidade (1% PEM) 1.673,55 € Seguridade e saúde (0,72 % PEM) 1.204,96 € Total descontos 9.572,71 € Total líquido a percibir 225.427,29 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 23.18878.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantía definitiva á empresa Construcciones Luis Taboada, S.L. Á empresa Construcciones Luis Taboada, S.L. (CIF B- 36.278.471), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova por importe de catro mil novecentos euros con sesenta e un céntimos (4.900,61 €), para responder do contrato relativo á obra “Construción de Silos en Mouriscade–Lalín”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/03/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900013012, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Aislamos, S.L. Á empresa Aislamos, S.L. (CIF B- 36.235.380), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dos seguintes contratos do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de catro mil dous centos corenta euros con oitenta céntimos (4.240,80 €), para responder do contrato relativo á obra “Acondicionamento no campo de fútbol de Meis (Meis)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/12/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900105416, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de dez mil cincocentos once euros con cincuenta e cinco céntimos (10.511,55 €), para responder do contrato relativo á obra “Acondicionamento no pavillón polideportivo de Meis (Meis)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/12/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900105418, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantía definitiva á empresa Setga, S.L. A empresa Setga, S.L. (CIF B- 36.699.064), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder do seguinte contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa , por importe de tres mil cento setenta e catro euros con sesenta e nove céntimos (3.174,69 €), para responder do contrato relativo á “Instalación eléctrica en L /de Barro e San Lorenzo - L/ de Sorrego E.P. 0018 Xeve – Amil Espedrigueira ( Moraña)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 4/05/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900036955, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 24.18879.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición