ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expedientes da Gota de Leite

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.14..1

  • Título Expedientes da Gota de Leite

  • Data(s) 1931-1934 (Creación)

  • Volume e soporte 2 unidades de instalación con 3 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Gota de Leite(1931-1938) Este organismo foi creado en agosto de 1931 con cargo ó orzamento da Deputación como anexo á Inclusa, coa que comparte instalacións. O seu obxectivo, de carácter benéfico- sanitario, é a prestación médica e o subministro de leite ós nenos de idade inferior ós catorce meses. O seu funcionamento comeza realmente no ano 1933 e dura ata 1934, data en que se decide a súa supresión polo escaso resultado obtido. Vólvese a abrir dous anos despois e en 1938 faise un convenio de cesión á Falange Española Tradicionalista y de las JONS, sección Auxilio Social, para manter aberta a institución e proporcionarlles leite ata os oito meses. Finalmente a Deputación convoca un concurso para a venda do material. Foi, por tanto, unha institución efémera, creada para evitar o alto risco de mortalidade infantil desta época.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentación relacionada coa función de xestionar a Institución da Gota de Leite dende a súa creación até a súa supresión en 1931. Inclúe: -- Índice alfabético de nenos alimentados na Gota de Leite (1933-1934) -- Moción do Sr. Presidente propondo a creación de "La Gota de leite" nunha dependencia da Casa do Hospicio e Regulamento da Institución (Sesión do 5 de agosto de 1931). -- Expediente do concurso para a instalación da Gota de Leite

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Gota de Leite (Tema) (Creador)

Área de control da descrición