Fondos
1. ADMINISTRACIÓN
ADMINISTRACIÓN
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.15..1
Título ADMINISTRACIÓN
Data(s) 1872-1955 (Creación) 1872-00-00 - 2018-07-30 (Produción)
Volume e soporte 5 libros e 11 unidades de instalación con 127 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.
Área de contexto
Nome do produtor Inclusa Provincial(1872-1955) A Inclusa de Pontevedra nace en 1872 para facerse cargo dos nenos abandonados da provincia. Antes da súa creación a Deputación patrocinaba o coidado dos nenos expósitos ingresados na Inclusa do Hospital de Santiago de Compostela dende 1865. A dirección e administración correspóndelles a unha Xunta ou Comisión, composta polo presidente da Deputación, unha directora, que era a presidenta da Asociación de Señoras da Casa Hospicio, e un interventor nomeado pola Deputación. A partir de 1878, debido a diversos problemas coa Xunta pola dimisión das señoras e da directora, a Inclusa, xunto co Hospicio, pasa a ser dirixida por unha Comisión de deputados formada polo presidente e catro vocais e administrada polas Irmás da Caridade; esta Comisión deixará de reunirse en 1925 pero a Inclusa segue funcionando ata 1955, ano no que se funde co Hospicio no Fogar Provincial. Instalouse, nun primeiro momento, no convento de Santa Clara e foi trasladada en 1876 ó convento de Santo Domingo. En 1903 múdase de novo ó convento dos xesuítas onde permaneceu ata a súa desaparición.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Documentación relacionada coa función de xestionar a institución da Inclusa, dende a súa creación até a súa supresión en 1952. Inclúe diferentes ámbios de actuación, dende os órganos de goberno, até o control de persoal, do patrimonio, das obras e da xestión administrativa, coa correspondencia e o rexistro de entrada e saída de documentos.
Organizació
Esta sección está organizada en 8 series, a saber: 1.- ADMINISTRACIÓN: 1.1.- Libro de actas da Comisión da Inclusa (1878-1925). 1.2.- Correspondencia (1872-1955). 1.3.- Expedientes de patrimonio da Inclusa (1872-1946). 1.4.- Libro rexistro de saída de documentos da Inclusa (1916-1946). 1.5.- Libro rexistro de entrada de documentos da Inclusa (1915-1946). 1.6.- Expedientes de obras (1878-1931). 1.7.- Expedientes de persoal (1877-1916). 1.8.- Regulamentos (1878).
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Inclusa Provincial (Tema) (Creador)