ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

ACTIVIDADE

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.15..2

  • Título ACTIVIDADE

  • Data(s) 1773-1958 (Creación) 1773 - 2018 (Produción)

  • Volume e soporte 81 unidades de instalación con 2746 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Inclusa Provincial(1872-1955) A Inclusa de Pontevedra nace en 1872 para facerse cargo dos nenos abandonados da provincia. Antes da súa creación a Deputación patrocinaba o coidado dos nenos expósitos ingresados na Inclusa do Hospital de Santiago de Compostela dende 1865. A dirección e administración correspóndelles a unha Xunta ou Comisión, composta polo presidente da Deputación, unha directora, que era a presidenta da Asociación de Señoras da Casa Hospicio, e un interventor nomeado pola Deputación. A partir de 1878, debido a diversos problemas coa Xunta pola dimisión das señoras e da directora, a Inclusa, xunto co Hospicio, pasa a ser dirixida por unha Comisión de deputados formada polo presidente e catro vocais e administrada polas Irmás da Caridade; esta Comisión deixará de reunirse en 1925 pero a Inclusa segue funcionando ata 1955, ano no que se funde co Hospicio no Fogar Provincial. Instalouse, nun primeiro momento, no convento de Santa Clara e foi trasladada en 1876 ó convento de Santo Domingo. En 1903 múdase de novo ó convento dos xesuítas onde permaneceu ata a súa desaparición.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentación relacionada coa actividade da Inclusa; contén expedientes que abordan dende os rexistros de ingresos coma os de defuncións, ate os propios expedientes de expósitos, nodrizas ou adopcións.

  • Organizació

    Comprende as seguintes series documentais:
    
    2.- ACTIVIDADE:
    
    2.1.- Expedientes de expósitos (1773-1958).
    2.2.- Expedientes de nodrizas (1872-1948).
    2.3.- Expedientes de adopcións (1937-1943).
    2.4.- Libro de rexistro de ingresos na Inclusa (1872-1958).
    2.5.- Libro rexistro de partidas de defunción (1880-1917).

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso restrinxido de acordo coa lexislación vixente

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Inclusa Provincial (Tema) (Creador)

Área de control da descrición