ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Testamento de Concepción Armada Losada

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.7.35.769/11

  • Título Testamento de Concepción Armada Losada

  • Data(s) 1930-02-20 (Creación)

  • Volume e soporte 10 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Testamento de dona Concepción Armada Losada, no que entre outras claúsulas, hai unha que se refire, a que lle lega a súa sobriña dona Julia Quiroga, casada con don Luis Seijas, a casa e todo o circundado de Quintáns, con todo o que ten dentro, máis as rendas e pensións inherentes a dita casa. Feito en Santiago de Compostela, ante Francisco Gamallo Paz

Área de notas

  • Nota Amósaxe un orixinal e unha copia

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición