Fondos
35.770/4. Libro relativo a administración de Quintáns
Libro relativo a administración de Quintáns
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.2.2.35.770/4
Título Libro relativo a administración de Quintáns
Data(s) 1825, 1837 (Creación)
Volume e soporte 270 follas
Área de contexto
Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Libro ordenado alfabéticamente, que contén relación de aforados, parroquias, foros e arrendamentos, máis as rendas que se pagaban por eles, á administración de Quintáns. Freguesías e períodos de anos de pagamentos de rendas que se detallan: A freguesía de Santa María de Paradela, anos entre 1825 ata 1836. A freguesía de San Andrés de Barrantes, anos entre 1825 ata 1836. A freguesía de San Martiño de Meis, anos entre1825 e 1837. A freguesía de San Salvador de Meis, anos entre 1825 e 1836. A freguesía de San Clemenzo de Sisán, anos entre 1825 e 1837. A freguesía de Santa Cristina de Cobas, anos entre 1825, 1835. A freguesía de San Vicente de Nogueira,anos entre 1825,1837. A freguesía de Santa Cruz de Castelo, anos entre 1825, 1836. A freguesía de San Martiño de Padrenda, anos entre 1825,1837. A freguesía de San Adrián de Vilariño, anos entre1825,1837. A freguesía de Santa María de Dozo, anos entre1825,1835. A freguesía de Santa María de Adina, anos entre 1825, 1833. Outras freguesías como San Xoan de Leiro, San Vicente de Oubiña, San Xulián de Romai, San Cibrao de Calgo, Santa María de Caleiro e San Andrés de András, anos entre1825,1836. Para a vila de Padrón, presentánse rendas de algúns contribuíntes da freguesía de San Xulián de Requeixo e Santa María de Dodro. Aparecen rendas tamén da freguesía de San Martiño de Agudelo, Santa María de Perdecanai, Santa María de Samieira, San Salvador de Saiáns, máis outras parroquias da vila de Caldas. Por último, atópase información sobre as partidas de cartos que remitiu o señor don Vitorio Antonio Roel, administrador do conde de San Román, o marqués de Vilar, pertencentes a admistración de Quintáns
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)