Fondos
35.770/24. Libriño de contas 1970,1974
Libriño de contas 1970,1974
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.2.2.35.770/24
Título Libriño de contas 1970,1974
Data(s) 1970-1974 (Creación)
Volume e soporte 100 follas
Área de contexto
Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Libriño de contas diversas correspondentes ós anos 1970, 1971, 1972,1973 e 1974. Vánse detallando mes a mes os gastos que houbo. Dos anos 1970 a 1973, está a contabilidade completa de todos os meses. Para 1974, amósanse as contas ata o mes de Agosto incluido
Ãrea de notas
Nota Inclúe marcapáxinas que teñen anotados os anos. Algúns destes marcapáxinas se fixeron reutilizando papeis de temática relixiosa
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)