Fondos
35.774/2. Copia de libro cobrador de Julia Quiroga López Vázquez
Copia de libro cobrador de Julia Quiroga López Vázquez
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.2.2.35.774/2
Título Copia de libro cobrador de Julia Quiroga López Vázquez
Data(s) 1954 (Creación)
Volume e soporte 1 libro. 88 follas
Área de contexto
Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Copia do libro cobrador das rendas correspondentes á Torre de Quintáns, pertencentes á marquesa de Bóveda ( Rosa Losada) , e actualmente a dona Julia Quiroga López-Vázquez. Mecanografado.
Ãrea de notas
Nota Documento moi interesante xa que fai inventario dos foros e estado dos mesmos a data de 1954, con información de procesos xudiciais reclamado o pago ós aforados e cobro das rendas, detallandose os posuidores que tiveron cada foro.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)