ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Fondos

Sentenza relativa ao pagamento de rendas do foral Tomada Sarxento

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..3.1.35.776/34

  • Título Sentenza relativa ao pagamento de rendas do foral Tomada Sarxento

  • Data(s) 1913-1914 (Creación)

  • Volume e soporte 10 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Sentenza dada polo xuízo verbal, interposto por Don Salustiano Vidal Lores, representando a dona Concepción Armada, contra Adolfo Barral Acha, Isolina Barral Acha muller de Serafín Fernández Espremáns, veciños de Oubiña, Budesinda Piñeiro Blanco, e outras, todas labradores, sobre o pagamento de renda do foral chamado tomada Sarxento, de 4 ferrados de centeo, a descuberto dende o ano 1902 inclusive ata1912. O fallo é favorable a demandante. Dado en Cambados o 3 de Maio de 1913.

Área de notas

  • Nota Este documento é unha copia certificada dada en Cambados o 17 de Xaneiro de 1914

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición