ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

CONTAS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.15..3

  • Título CONTAS

  • Data(s) 1880-1917 (Creación) 1872-1951 (Produción)

  • Volume e soporte 26 unidades de instalación con 76 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Inclusa Provincial(1872-1955) A Inclusa de Pontevedra nace en 1872 para facerse cargo dos nenos abandonados da provincia. Antes da súa creación a Deputación patrocinaba o coidado dos nenos expósitos ingresados na Inclusa do Hospital de Santiago de Compostela dende 1865. A dirección e administración correspóndelles a unha Xunta ou Comisión, composta polo presidente da Deputación, unha directora, que era a presidenta da Asociación de Señoras da Casa Hospicio, e un interventor nomeado pola Deputación. A partir de 1878, debido a diversos problemas coa Xunta pola dimisión das señoras e da directora, a Inclusa, xunto co Hospicio, pasa a ser dirixida por unha Comisión de deputados formada polo presidente e catro vocais e administrada polas Irmás da Caridade; esta Comisión deixará de reunirse en 1925 pero a Inclusa segue funcionando ata 1955, ano no que se funde co Hospicio no Fogar Provincial. Instalouse, nun primeiro momento, no convento de Santa Clara e foi trasladada en 1876 ó convento de Santo Domingo. En 1903 múdase de novo ó convento dos xesuítas onde permaneceu ata a súa desaparición.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentación relacionada coa contabilidade e xestión dos presupostos anuais e coa súa execución. Entre eles destacan: os presupostos mensuais ordinarios ou adicionais e as nóminas e xustificantes de pago a nodrizas Tamén atopamos os libros maiores de contas, os libros borradores de cotas e os libros diarios de contabilidade da Inclusa, que recollen a contabilidade de todos os gastos e ingresos diarios da Inclusa (Debe-Haber).

  • Organizació

    Contén información de interese para coñecer a realidade económica e o funcionamento da Inclusa e especialmente os nomes e descrición das nodrizas como receptoras habituais de pagos.
    
    3.- CONTAS:
    
    3.1.- Contas da Inclusa (1880-1917).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Inclusa Provincial (Tema) (Creador)

Área de control da descrición