ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

CONTABILIDADE

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.16..3

  • Título CONTABILIDADE

  • Data(s) 1834-1981 (Creación) 1834 - 2017-07-10 (Produción)

  • Volume e soporte 54 libros e 76 unidades de instalación con 502 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade.

Área de contexto

  • Nome do produtor Hospicio(1853-1976) Coñécese a existencia de algún intento de posta en marcha desta Institución xa dende 1834, en concreto consérvase un escrito ao Gobernador Civil de D. José Serranito, arrendatario da casa de Campolongo, propiedade do Marqués de Leis, sobre a posibilidade de que se anule dito arrendo para o establecemento dun hospicio. En todo caso, a raíz da crise de subsistencia a que acompañou unha epidemia de cólera que asolou a provincia en 1853, a Deputación ve a necesidade de crear institucións benéficas para axudar a paliar os graves problemas que afectan a grandes colectivos de persoas. Así, no Pleno de 12 de abril de 1853 faise unha chamada ó clero e ás clases podentes para que busquen remedio ante tanta indixencia. Un grupo de mulleres, apoiadas polo xefe político, constitúen a Asociación Benéfica de Señoras, que dispón a creación da Casa Hospicio no mes de outubro. Compartían o establecemento anciáns, nenos, tullidos e dementes, que para acollelos debían de ser pobres de solemnidade e veciños da cidade de Pontevedra. Instálase no convento de Santo Domingo compartindo local co cárcere de mulleres ata 1855. Depende economicamente da caridade pública, recibindo apoio do Goberno Civil e do Arcebispado de Santiago de Compostela. Entre os anos 1878 ata 1903 funciona administrada pola Xunta Superior da Casa Hospicio, composta polo cardeal arcebispo de Santiago, unha comisión de deputados e unha comisión do Concello de Pontevedra, coa novidade de incluírse as Fillas da Caridade, que controlan a administración e o réxime interior. Varios problemas co concello, que abandona a Xunta, por cuestións relativas á banda de música e outras, obrigan ó hospicio a abandonar o local de Santo Domingo. Ata 1885 estaba restrinxido ós nados ou veciños da capital. A partir de 1903 pasa ó convento de xesuítas e comeza a depender economicamente da Deputación. Entre 1930 e 1949 o abandono da Xunta é absoluto. As Fillas da Caridade fan e desfán ó seu aire chegando mesmo a situacións de malos tratos. Co fin de transformar a situación toman a iniciativa o presidente da Audiencia da Xunta de Protección de Menores, e baixo a presidencia do presidente da Deputación celébrase unha Xunta do Padroado do Hospicio que incorpora a figura do administrador xeral. No ano 1953 fúndese nun só centro o Hospicio e a Inclusa para formar o Fogar Provincial, que funcionará ata 1976, data en que se crea a Cidade Infantil Príncipe Felipe.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Documentación relacionada coa contabilidade e xestión dos presupostos anuais e coa súa execución. Entre elas os presupostos mensuais ordinarios e adicionais, cargaremes e libramentos e mandamentos de pago e ingreso. Tamén atopamos o libro diario de contabilidade ou o libro maior de contas, libro de gastos e ingresos e libros rexistro de mandamentos de pago e ingreso que recollen a contabilidade de todos os gastos e ingresos diarios do Hospicio. Son 53 libros con información entre 1834 e 1965.

  • Organizació

    Contén información de interese para coñecer a realidade económica e o funcionamento da Inclusa e especialmente os nomes e descrición das nodrizas como receptoras habituais de pagos.
    
    3. CONTABILIDADE:
    
    3.1.- Contabilidade do Hospicio (1834-1968).

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Pode haber información nos propios presupostos da Deputación provincial que se puideran conservar.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Hospicio (Tema) (Creador)

Área de control da descrición