ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Expediente da publicación: "Los últimos cien años de Cesures"

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.2.7.5.15.459/4

  • Título Expediente da publicación: "Los últimos cien años de Cesures"

  • Data(s) 1989 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Deputación de Pontevedra. Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico(1836-) O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico insírese no organigrama da Deputación de Pontevedra como natural desenvolvemento do Arquivo-Biblioteca, consecuencia da evolución e ampliación das funcións e actividades que, de forma específica, se levan a cabo nos campos documental e bibliográfico, co fin de difundir a información e a cultura. O Arquivo da Deputación é, loxicamente, un Servizo que nace parellamente á propia Institución Provincial, polo que, case sempre, se tivo un especial coidado, como ben o amasaba a Corporación na sesión de 19 de xullo de 1836, poucos meses despois da súa instalación, na que se pide ao Secretario que " ... alugue por canto da Deputación, un galeón preparado para poñer a salvo de calquera continxencia os papeis da secretaría.. . " . A continxencia á que se alude refírese, naturalmente, ao perigo das gavillas carlistas. Son innumerables as referencias ao Arquivo de que dispoñemos, referíndose á súa organización, fondos, materiais, locais e ao persoal profesional que o atendeu ininterrumpidamente, desde a primeira aparición no cadro de persoal da praza de Arquiveiro en 1853 até o cese de Enrique Villamil no ano 1955, a partir do cal, a praza, permanecería sen cubrir, até o ano 1977 en que comenzou os seus traballos o Arquiveiro Miguel Pereira Figueroa. Instalado ata 1890 nos locais do exconvento dos Padres Franciscanos, e trasladándose nese mesmo ano, conxuntamente coa Deputación, ao actual Palacio da Alameda, onde permanecería ata o ano 1983, no que o Arquivo se dividiu en dúas seccións diferenciadas, ocupando, cada unha delas, un local distante entre si. A partires de aqui intentase recompoñer o arquivo. Refórzanse as instalacións do Pazo Provincial na pranta alta, recupérase a totalidade da documentación depositada no Museo e abrense novas instalacións, no Convento de Xesuitas xunto con algúns locais mais, manténdose os do Pazo Provincial. Impulsouse o traballo de instrumentos descriptivos, ampliouse considerablemente o persoal, melloráronse as instalacións e ampliáronse os fondos con novos ingresos por depósito e compra. Ven de levarse a cabo a a reforma integral do edificio da rúa Padre Amoedo, o que proporciona unhas instalacións modernas e espaciosas, adecuadas para o desenvolvemento das actuacións e servizos que se veñen prestando. Entre as premisas do proxecto destaca o resalte da edificación mediante unha fachada na que destaca a parte central, que se transforma nun corpo transparente e diáfano, combinando cobre e pedra, que abre o edificio á cidade. O proxecto, obra do arquitecto José Enrique Pérez-Ardá Criado, da como resultado unha nova distribución interna con cinco plantas: dous sotos para depósito de fondos documentais cunha superficie de 1.100 m2, nos que se instala estantería compactada; unha planta baixa cun gran patio distribuidor central, despachos e zonas de servizos comúns, coma o salón de usos múltiples. Nas plantas superiores van as zonas de traballo e consulta das diferentes seccións do Servizo do Patrimonio Documental e Bibliográfico: arquivo, biblioteca e publicacións, cada un deles cos seus medios e instalacións inherentes.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Titulo: LOS ÚLTIMOS CIEN AÑOS DE CESURES. Autor: José Piñeiro Ares. Exemplar. Solicitude de adxudicación. Resolución presidencial 14 de marzo de 1989. Factura e albará de recepción.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias Publicación España Galicia Pontevedra Pontecesures

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Pontecesures

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico (Tema) (Creador)

Área de control da descrición